Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A música, como ben cultural, como linguaxe universal e medio de comunicación non verbal, constitúe un elemento de gran valor na vida das persoas. A súa repercusión supera a propia individualidade artística cara a outros campos do coñecemento, pois xa desde a antigüidade se establecen vínculos con outras manifestacións escénicas, como a danza ou o teatro. Na actualidade, estamos en contacto permanente con ela. Ademais, favorece o desenvolvemento integral do ser humano, intervén na súa formación emocional e intelectual, a través do coñecemento do feito musical como manifestación cultural e histórica, e contribúe ao afianzamento dunha postura aberta, reflexiva e crítica no alumnado.

O desenvolvemento tecnolóxico e a globalización permiten a escoita simultánea de toda a produción musical mundial e abríu novas canles para a interpretación e a creación musical, tanto de músicos profesionais como de calquera persoa interesada en facer música.

Ademáis, a música contribúe activamente no desenvolvemento cognitivo, emocional e psicomotor do alumnado, así como no fomento de valores como o esforzo, a constancia, perseveranza, disciplina, toma de decisións, autonomía, compromiso e espírito emprendedor entre outros; valores que contribúen ao desenvolvemento integral da persoa, ademáis de mellorar a atención, a xestión das emocións e a autoestima, así como a capacidade de comunicación e traballo en grupo adoitando diferentes roles dentro deste.

A materia de Música na educación secundaria obrigatoria fundaméntase e constrúese desde a área de Música e Danza na educación primaria. Agora desenvolveranse as capacidades e as competencias adquiridas nos cursos anteriores e afianzaranse os contidos aprendidos previamente polo alumnado.

Nesta programación para 2º curso de ESO concrétanse uns obxectivos, contidos e criterios de avaliación articulados en tres bloques que integran os coñecementos, destrezas e actitudes que se pretenden alcanzar sempre desde a súa interiorización a través da práctica, para pasar despois a teorización.

Os obxectivos propostos para toda a ESO pretenden desenvolver a identidade e a recepción cultural, contribuír a autoexpresión a través da creación e da interpretación, centrarse na produción artística e estudar, entender e coñecer o patrimonio musical e dancístico da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre traballados desde unha aprendizaxe baseada na práctica que lle permita ao alumnado experimentar a música e máis a danza.

Os criterios de avaliación son ferramentas para medir o nivel de adquisición das competencias segundo os seus compoñentes cognitivos, procedimentais e actitudinais.

Os contidos articúlanse en tres bloques:

- "Escoita e percepción", contidos indispensables para desenvolver o concepto de identidade cultural, a través da exposición a diferentes propostas audiovisuais que permitan o achegamento do patrimonio musical e dancístico como fonte de inspiración e coñecemento das posibilidades da arte e como medio de expresión de sentimentos e emocións.

- «Interpretación, improvisación e creación escénica», co que se pretende a aprendizaxe de conceptos clave da linguaxe musical desde o entendemento da aula como un espazo dinámico no que o alumnado se sinta cómodo expresando as súas ideas, tanto a través da utilización meditada do seu corpo e dos instrumentos musicais, como do uso libre de distintas linguaxes. Aprender a música a través da experiencia de ser músico, baseándonos no traballo por proxectos grupais.

- «Contextos e culturas», aproximación aos diferentes xéneros e estilos musicais máis representativos do patrimonio musical. Con isto proponse un achegamento de maneira global e ordenada ás diferentes manifestacións musicais producidas ao longo da historia, tanto por mulleres como por homes, e que ofreza unha visión da importancia da arte como medio de expresión.

Neste 2º curso de ESO, a materia centrarase no traballo, coñecemento e dominio dos principais elementos da linguaxe musical que permitan entender e executar partituras básicas; na escoita, recoñecemento e creación de formas musicais, dancísticas e texturas básicas; asentar os principios técnicos da interpretación instrumental e vocal; comprender e respectar as normas básicas da actuación en público e asistencia a espectáculos musicais e dancísticos; e no coñecemento das tradicións musicias e dancísticas da nosa comunidade así como doutras partes do mundo.

Esta proposta didáctica está pensada para seguir traballando moitos dos contidos non só na unidade na que se presentan por primeira vez, senón para que estes contidos sigan aparecendo nas seguintes unidades e sexan manexados, afianzados e ampliados de forma continua ao longo de todo o curso, xa que a música ao igual que o resto das linguaxes, é unha materia onde os contidos son acumulativos, e imos construindo a sintaxe musical manexando os conceptos previos dos que partimos e construindo sobre estes novas estruturas máis complexas a través do aprendizaxe en espiral.

Queremos recalcar como principal obxectivo desta programación e unidades didácticas, a creación dun público crítico que saiba valorar a calidade das músicas que escoita e os medios de comunicación que escolle para a súa reprodución, e isto articulado a través da experiencia de ser músico ou bailarín, de comprender o oficio, e de saber poñerse no lugar de traballo dos artistas. Soamente a través de experiencia podemos comprender o mundo en sí da música, os contidos, o traballo en equipo, de perseveranza, de autonomía e de compromiso cos demáis, que supón subirse a un escenario a estrenar un proxecto, e a esa experiencia é a que pretendemos chegar co traballo realizado ao longo do curso.

Neste ano académico este Departamento de Música vai estar constituído soamente por un membro. Este profesor será o encargado de impartir docencia nos dous grupos de 2º ESO e nos dous grupos de 3º da ESO. Para completar o seu horario impartirá as materias de Dixitalización en 4º ESO e o módulo de Ciencias aplicadas de FP Básica II.

Entre o alumnado que cursará este ano na ESO hai que indicar que hai varios alumnos-as que xa tocan algún instrumento (vento madeira e metal) por formar parte das Bandas do concello (Merza e Ponteledesma principalmente). Un par de puntos a salientar son que O IES Marco do Camballón de Vila de Cuces é un centro situado no pequeno núcleo urbano dun concello eminentemente rural que non chega aos6.000 habitantes (5.097 a 1 de xaneiro de 2021 segundo os datos do INE). A maioría do alumnado pertence a clases sociais medias e baixas. Con respecto á música, neste concello hai unha gran tradición representada polas súas bandas, en particular pola Banda de Merza e a de Ponteledesma, na cal se forman ou estudan algúns e algunhas estudantes do Instituto.


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Analizar obras de diferentes épocas e culturas identificando as súas principais características estilísticas e establecendo relacións co seu contexto, para valorar o patrimonio musical e dancístico como fonte de gozo e de enriquecemento persoal.
OBX2 Explorar as posibilidades expresivas de diferentes técnicas musicais e dancísticas, a través de actividades de improvisación, para incorporalas ao repertorio persoal de recursos e desenvolver un criterio de selección das técnicas máis adecuadas á intención expresiva.
OBX3 Interpretar pezas musicais e dancísticas xestionando adecuadamente as emocións e empregando diversas estratexias e técnicas vocais, corporais ou instrumentais, para ampliar as posibilidades de expresión persoal.
OBX4 Crear propostas artístico-musicais, de xeito individual ou grupal, empregando a voz, o corpo, instrumentos musicais e ferramentas tecnolóxicas para potenciar a creatividade e identificar oportunidades de desenvolvemento persoal, social, académico e profesional.
OBX5 Coñecer, valorar e respectar o patrimonio artístico e musical de Galicia e da contorna, a través das achegas relevantes na cultura e na sociedade galegas, para apreciar a importancia do noso acervo dentro dos procesos de globalización.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Parámetros do son: ruido, música e silencio. Unidade introductoria sobre os elementos que conforman a música (duración, altura, intensidade e timbre), coa fin de averiguar, a modo de avaliación diagnóstica, qué contidos interiorizou o alumnado na educación primaria, e amplialos. Os distintos parámetros do son trataranse de xeito máis minucioso nas seguintes unidades. Tamén traballaremos nesta unidade a importancia da escoita activa, e o concepto de contaminación acústica e as súas consecuencias. 5 4
2 Elemetos rítmicos e melódicos: duración e altura. Nesta unidade traballaremos os princpipais elementos rítmicos e melódicos que conforman a música (compases básicos de subdivisión binaria e ternaria, figuras musicais e signos que alongan ditas figuras, notas en clave de sol en 2ª liña, concepto de intervalo...), sempre desde un punto de vista práctico, sentindo o ritmo a través do corpo, do movemento e da percusión corporal, e analizando as melodías a través da escoita activa mediante actividades de soundpainting ou similares e do uso da voz para entonar ou instrumentos. Partimos de coñecer os sons e as melodías a nivel auditivo. Partimos da práctica para despois comprender os conceptos desde unha perspectiva teórica. 10 8
3 Harmonía: introdución aos acordes básicos. Dise que a harmonía é a parte máis cerebral que conforma a música. Así como o ritmo se asocia á parte física e corporal máis elemental do ser humano, e a melodía coa parte emocional, porén o concepto de harmonía aparece máis adiante na historia da música e é o elemento racional desta. A maioría das melodías que escoita o noso alumnado hoxe en día, adoitan ter textura de melodía acompañada, isto é unha melodía asentada sobre unha base ou sucesión de acordes, por iso é importante que dito alumnado comprenda o concepto de acorde, a formación de acordes básicos, especialmente os tríade maiores e menores, e as funcións tonáis básicas de tónica, dominante e subdominante. 5 4
4 Texturas e formas musicais Tanto a forma como a textura son dous dos elementos musicais que axudan a poñer orde na música, facilitando así a súa comprensión. A textura é o modo en que combinamos os elementos rítmicos, melódicos e harmónicos nunha composición ou fragmento musical. Nesta unidade traballaremos de xeito xeral os 4 tipos de textura: monodia, polifonía, contrapunto e melodía acompañada e a súa aparición ao longo da historia da música. A forma musical é a estrutura utilizada polos compositores no momento de crear unha obra, coa fin de ordenar os distintos elementos que conforman a música e facer que sexa así comprensible. O concepto de forma comeza coa comprensión dos motivos, frases e semifrases, para diferenciar despois seccións máis longas e procedementos de creación como a repetición e a variación. Clasificamos as princpiais formas en vocais e instrumentais. Neste curso intoduciremos algunhas delas como a forma binaria e ternaria, a forma rondó e algunhas formas da música popular e urbana. 10 8
5 Instrumentos da tradición musical occidental Europea: Timbre I Nesta unidade aprenderemos as características básicas das familias instrumentais (aerófonos, cordófonos, idiófonos, membranófonos e electrófonos), centrándonos principalmente nos instrumentos da tradición musical occidental Europea e as pirncipais agrupacións desta, así como a súa evolución (tríos, cuartetos, quintetos, a orquestra e a súa evolución na historia), estudando nas unidades seguintes outros instrumentos musicais propios doutras culturas e das músicas populares e urbanas. 10 6
6 A voz: produción do son, clasificación das voces e agrupacións vocais. Técnicas de canto. Timbre II A voz humana, e polo tanto o canto, é a forma máis natural e completa de expresión musical. Cada voz é única e inimitable, e consegue mover as emocións do ser humano. Nesta unidade aprenderemos como funciona o noso corpo para producir a voz e o canto, así como a clasificación das distintas voces segundo a súa tesitura e as principais agrupacións vocais para as que ao longo da historia, as compositoras e compositores, teñen escrito música. Tamén diferenciaremos técnicas e formas de cantar ao longo da historia da música, desde a voz impostada da ópera ata outras técnicas utilizadas nas músicas populares, no jazz e nas músicas urbanas, sempre a través dun enfoque práctico, co que coñeceremos o noso corpo e as posibilidades da nosa propia voz. 10 6
7 Música e danza en Galicia: desde o tradicional ata a actualidade. A música e a danza tradicional e popular en Galicia ten peculiaridades que a diferencian das músicas do resto do país e do mundo, por iso compre escoitalas, analizalas e estudalas, xa que son as músicas da nosa contorna. Ademáis, eses rasgos específicos da nosa cultura musical e dancística inflúen e mistúranse na actualidade con outros estilos que están presentes en todo o mundo a través da globalización como a música clásica contemporánea, o jazz, e os estilos urbanos. Así nesta unidade, descubriremos ademáis do noso folclore e tradición, as fusións entre este e outras músicas, coñecendo outros estilos, artistas e agrupacións actuáis que interpretan jazz, rock, pop ... feitos en Galicia. 10 6
8 Música e danzas de España e do mundo A variedade de músicas que existen no mundo é infinita desde as orixes do ser humano. Índa que as músicas de diferentes lugares parecen moi diferentes ás da nosa contorna, porén, existen certas similitudes básicas entre todas elas, pois todas se basean en patróns rítmicos ou melódicos dalgún tipo. A organización deses elementos é o que as fai diferentes e diversas. Nesta unidade interpretaremos e estudaremos algunhas músicas de diferentes lugares de España e do mundo, coa fin de apreciar as súas características e as similitudes e diferenzas entre todas elas, así como a súa importancia e influencia nas músicas actuais. 10 6
9 A improvisación na música e na danza: improvisación libre e guiada, introdución ao Jazz. Improvisar é a arte de crear e executar no momento, de xeito espontáneo seguindo ou non unhas pautas. A improvisación é imprescindible na educación para desenvolver a creatividade, as nosas propias ideas partindo do noso mundo musical interiorizado, por iso é preciso traballar distintas técnicas de improvisación desde libre ata directrices establecidas en certos tipos de música. Xa desde a Idade Media a improvisación estaba presente tanto na música relixiosa como secular, e durante o período Renacentista, Barroco e Clásico os intérpretes improvisaban entre outros os adornos das melodías e as cadencias dos concertos. Xa no século XX, o jazz é a música onde a improvisación reina e máis se ten desenvolvido, tanto na parte musical como nas danzas asociadas a este estilo. Nesta unidade traballaremos de xeito práctico a improvisación, comezando pola improvisación libre, ata chegar a directrices guiadas, pasando pola comprensión de cómo se constrúe a improvisación nun estándar de jazz. 10 6
10 Música popular urbana, medios de comunicación e cine. A música popular urbana xorde no século XX, aparecendo despois da II Guerra Mundial primeiro nos Estados Unidos de América e despois difúndese ao resto de Europa masivamente a través dos medios de comunicación como a radio, a televisión e o cine. Nesta unidade pretendemos achegarnos ás principais correntes da música actual, analizando e comprendendo as súas características, e desenvolvendo a capacidade crítica no alumnado coa fin de fomentar un consumo consciente e responsable de música. 10 6
11 Música e tecnoloxía: Ferramentas dixitais de edición, recepción e creación. A fináis do século XIX logrouse por primeira vez capturar o son rexistrándoo nun soporte. Desde ese instante, a relación entre música e tecnoloxía ten ido da man ata a actualidade. As novas tecnoloxías da comunicación e da información están presentes en todo o proceso musical, desde a composición á interpretación, pasando pola forma de consumo de música. Sen a tecnoloxía electrónica e os medios de comunicación de masas a música popular urbana e a música no cine serían inconcebibles. A educación musical non pode ser allea a esta relación, por iso é importante formar ao alumnado no uso e manexo consciente das distintas ferramentas tecnolóxicas e dixitais para a recepción, edición e creación de música, sempre a través da práctica e implicándose na creación de proxectos grupais que plasmen as súas inquedanzas tecnolóxicas. 5 5
12 Música en vivo: Son músico e son público A música está feita principalmente para ser interpretada en público, en vivo e en directo. O traballo dun músico faise principalmente antes do concerto, en todas as horas de ensaios e estudo persoal previas ao concerto. Participar en actividades musicais de montaxe de repertorio coa fin de interpretalo en público, fainos comprender, apreciar e valorar o papel dos músicos na sociedade, e convértenos nun público máis sensible e respectuoso. Por iso, é importante educar ao noso alumnado como público desde a experimentación do traballo de músico, vivindo a emoción e os nervios de subirse a un escenario a interpretar o repertorio preparado. 5 5

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Escoita e percepción
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12
CA1.1 - Identificar os principais trazos estilísticos de obras musicais e dancísticas de diferentes épocas e culturas, evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na súa escoita ou no seu visionamento.
CA1.2 - Explicar cun vocabulario apropiado e cunha actitude aberta e respectuosa as ideas, sentimentos e emocións propias que nos suxiran as propostas estudadas, así como as funcións desempeñadas por determinadas producións musicais e dancísticas, relacionándoas coas principais características do seu contexto histórico, social e cultural, a través da audición, do visionamento ou da asistencia a eventos musicais.
CA1.3 - Ler, escoitar e analizar partituras sinxelas, a través de diferentes soportes audiovisuais, identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical.
CA1.4 - Apreciar a importancia do silencio, da concentración e da atención para traballar a escoita activa, así como crear un marco de respecto aplicando as normas de comportamento individual e grupal.
Contidos
C1.1 - O silencio, o son, o ruído e a escoita activa. Sensibilidade ante a polución sonora e a creación de ambientes saudables de escoita.
C1.2 - Elementos básicos da linguaxe musical. Parámetros do son, intervalos, escalas musicais e acordes básicos.
C1.3 - Texturas monofónicas e polifónicas, melodía acompañada. Formas musicais: motivo, frase, formas binarias, ternarias, forma rondó, formas musicais da canción popular urbana.
C1.4 - Obras musicais e dancísticas características do patrimonio cultural e musical galego, español ou do mundo: análise, descrición e valoración dos seus trazos básicos.
C1.5 - Compositoras e compositores, artistas, intérpretes e agrupacións internacionais, nacionais, rexionais e locais, con especial atención aos da Comunidade Autónoma de Galicia.
C1.6 - Concertos, actuacións musicais e outras manifestacións artístico-musicais en vivo e rexistradas.
C1.7 - Ferramentas dixitais para a recepción musical: diferentes soportes audiovisuais.
C1.8 - Normas de comportamento básicas na recepción musical: respecto e valoración.
Bloque B2. Interpretación, improvisación e creación escénica
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12
CA2.1 - Participar, con iniciativa, confianza e creatividade, na exploración de técnicas musicais e dancísticas básicas, por medio de improvisacións pautadas, individuais ou grupais, nas que se empreguen a voz, o corpo, instrumentos musicais ou ferramentas tecnolóxicas.
CA2.2 - Expresar ideas, sentimentos e emocións en actividades pautadas de improvisación, seleccionando as técnicas máis adecuadas de entre as que conforman o repertorio persoal de recursos.
CA2.3 - Ler partituras sinxelas, identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical, demostrando coñecemento dos elementos estudados, así como habilidades musicais básicas individuais e grupais.
CA2.4 - Empregar técnicas básicas de interpretación vocal, corporal ou instrumental, aplicando estratexias de memorización e valorando os ensaios como espazos de escoita e aprendizaxe, así como mostrando iniciativa nos procesos creativos e interpretativos.
CA2.5 - Interpretar con corrección pezas musicais e dancísticas sinxelas, individuais e grupais, dentro e fóra da aula, xestionando de forma guiada a ansiedade e o medo escénico e mantendo a concentración e o respecto cara aos demais.
CA2.6 - Planificar e desenvolver, con creatividade, propostas artístico-musicais, tanto individuais coma colaborativas, empregando medios musicais e dancísticos, así como ferramentas analóxicas e dixitais, con actitude inclusiva e cohesionadora.
CA2.7 - Interpretar e crear a través da voz, do corpo ou dos instrumentos, de maneira individual ou en grupo, diferentes pezas musicais, escénicas e dancísticas con elementos propios da cultura galega.
Contidos
C2.1 - A partitura: identificación e aplicación de grafías convencionais e non convencionais, lectura e escritura musical.
C2.2 - Coñecemento práctico da linguaxe musical como instrumento efectivo nas actividades de creación e interpretación: lectura rítmica e melódica en clave de sol, claves, células rítmicas básicas nos compases simples e compostos. Signos que modifican a duración.
C2.3 - Repertorio vocal, instrumental ou corporal, individual ou grupal, de distintos tipos de música do patrimonio musical propio e doutras culturas.
C2.4 - Técnicas básicas para a interpretación: técnicas vocais, instrumentais e corporais, técnicas de estudo e de control de emocións.
C2.5 - Técnicas de improvisación guiada e libre.
C2.6 - Normas de comportamento e participación en actividades musicais e escénicas de interpretación.
C2.7 - Ferramentas dixitais para a creación musical: manexo de secuenciadores e editores de partituras.
Bloque B3. Contextos e culturas
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12
CA3.1 - Valorar a importancia do noso patrimonio musical e dancístico tradicional e popular, así como o doutras culturas musicais do mundo, sendo consciente da súa relevancia e influencia na evolución da música ata a actualidade.
CA3.2 - Identificar as características e os elementos técnicos de propostas musicais da nosa cultura e doutras, analizando os aspectos comúns e as diferenzas entre elas.
CA3.3 - Interpretar con corrección pezas musicais e dancísticas sinxelas, individuais e grupais, das diferentes culturas estudadas, valorando e mantendo unha actitude de respecto cara ao patrimonio artístico das diferentes culturas que conforman o mundo.
CA3.4 - Participar activamente na planificación e na execución de propostas artístico-musicais colaborativas, valorando as achegas do resto dos integrantes do grupo e descubrindo oportunidades de desenvolvemento persoal, social, académico e profesional, usando medios audiovisuais e tecnoloxías dixitais.
CA3.5 - Identificar as características culturais e sociais, así como os elementos propios da linguaxe musical das obras propostas que constitúen o patrimonio artístico musical galego e da nosa contorna, con actitude de respecto.
CA3.6 - Utilizar as características e os elementos propios da cultura musical galega como base para crear diferentes composicións musicais, escénicas e/ou dancísticas executadas a través da voz, do corpo ou dos instrumentos.
Contidos
C3.1 - A voz e os instrumentos: clasificación xeral por familias e características. Principais agrupacións musicais.
C3.2 - As músicas tradicionais en España e a súa diversidade cultural: instrumentos, cancións, danzas e bailes. Estudo das súas características e interpretación.
C3.3 - A música en Galicia: instrumentos, formas tradicionais, danzas e xéneros tradicionais, populares e urbanos. Análise, interpretación e creación.
C3.4 - Tradicións musicais e dancísticas doutras culturas do mundo: características e funcións. Instrumentos, cancións, danzas e bailes en África, Asia, América, Europa e Oceanía.
C3.5 - Músicas populares, urbanas e contemporáneas: análise, interpretación e creación dun proxecto propio baseado nos estilos estudados.
C3.6 - O son e a música nos medios audiovisuais e as tecnoloxías dixitais.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Parámetros do son: ruido, música e silencio.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.3 Ler, escoitar e analizar partituras sinxelas, a través de diferentes soportes audiovisuais, identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical.
Proba escrita
Recoñecer na partitura os elementos que representan os parámetros do son: figuras musicais, clave, notas musicais, matices e instrumentos para os que está escrita. 35
CA1.4 Apreciar a importancia do silencio, da concentración e da atención para traballar a escoita activa, así como crear un marco de respecto aplicando as normas de comportamento individual e grupal.
Táboa de indicadores
Manter silencio na escoita para apreciar as características estudadas na música. Respectar as preguntas dos demáis e falar nas quendas indicadas. 35
CA2.3 Ler partituras sinxelas, identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical, demostrando coñecemento dos elementos estudados, así como habilidades musicais básicas individuais e grupais.
Proba escrita
Ler as partituras propostas con corrección, recoñecendo os elementos básicos que conforman os parámetros do son e recoñecendo a súa representación gráfica na música. 30

2 Elemetos rítmicos e melódicos: duración e altura.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.3 Ler, escoitar e analizar partituras sinxelas, a través de diferentes soportes audiovisuais, identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical.
Proba escrita
Recoñecer os principais elementos rítmicos e melódicos nas partituras traballadas: compás, figuras musicais, notas musicais, clave de sol en 2ª liña, intervalos, tipos de melodías. 20
CA1.4 Apreciar a importancia do silencio, da concentración e da atención para traballar a escoita activa, así como crear un marco de respecto aplicando as normas de comportamento individual e grupal.
Táboa de indicadores
Respectar as producións dos compañeiros e gardar silencio nos momentos nos que os demáis estean formulando dúbidas ou executando o seu papel no conxunto, intervindo cando o profesorado o indique. 20
CA2.3 Ler partituras sinxelas, identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical, demostrando coñecemento dos elementos estudados, así como habilidades musicais básicas individuais e grupais.
Proba escrita
Ler e executar coa destreza esixida neste curso os exercicios e partituras de percusión corporal, movemento, pequena percusión ou lectura traballados durante as sesións desta unidade. 30
CA2.4 Empregar técnicas básicas de interpretación vocal, corporal ou instrumental, aplicando estratexias de memorización e valorando os ensaios como espazos de escoita e aprendizaxe, así como mostrando iniciativa nos procesos creativos e interpretativos.
Táboa de indicadores
Executar con precisión as técnicas instrumentais, vocais ou corporais traballadas nas partituras utilizadas nesta unidade. 30

3 Harmonía: introdución aos acordes básicos.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Explicar cun vocabulario apropiado e cunha actitude aberta e respectuosa as ideas, sentimentos e emocións propias que nos suxiran as propostas estudadas, así como as funcións desempeñadas por determinadas producións musicais e dancísticas, relacionándoas coas principais características do seu contexto histórico, social e cultural, a través da audición, do visionamento ou da asistencia a eventos musicais.
Táboa de indicadores
Explicar cun vocabulario axeitado as ideas, sentimentos e emocións suxeridos polas obras e exercicios traballados nesta unidade segundo a sucesión e tipos de acordes escoitados. 20
CA1.3 Ler, escoitar e analizar partituras sinxelas, a través de diferentes soportes audiovisuais, identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical.
Proba escrita
Recoñecer e explicar nas partituras e obras a executar, os tipos de acordes e funcións tonáis traballados nesta unidade. 40
CA2.3 Ler partituras sinxelas, identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical, demostrando coñecemento dos elementos estudados, así como habilidades musicais básicas individuais e grupais.
Proba escrita
Ler e recoñecer nas partituras traballadas os tipos de acordes e funcións tonáis estudados nesta unidade. 20
CA2.4 Empregar técnicas básicas de interpretación vocal, corporal ou instrumental, aplicando estratexias de memorización e valorando os ensaios como espazos de escoita e aprendizaxe, así como mostrando iniciativa nos procesos creativos e interpretativos.
Táboa de indicadores
Executar vocal ou instrumentalmente con corrección as pezas propostas nesta unidade, con especial atención á afinación dos acordes nas pezas a 3 ou máis voces. 20

4 Texturas e formas musicais
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Identificar os principais trazos estilísticos de obras musicais e dancísticas de diferentes épocas e culturas, evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na súa escoita ou no seu visionamento.
Proba escrita
Identificar as diferentes texturas e formas estudadas e encadralas na época histórica axeitada. 30
CA1.3 Ler, escoitar e analizar partituras sinxelas, a través de diferentes soportes audiovisuais, identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical.
Proba escrita
Recoñecer auditivamente e na lectura das partituras traballadas, os tipos de textura e formas estudados nesta unidade. 30
CA1.4 Apreciar a importancia do silencio, da concentración e da atención para traballar a escoita activa, así como crear un marco de respecto aplicando as normas de comportamento individual e grupal.
Táboa de indicadores
Manter silencio na escoita para apreciar as características estudadas na música. Respectar as preguntas dos demáis e falar nas quendas indicadas. 10
CA3.2 Identificar as características e os elementos técnicos de propostas musicais da nosa cultura e doutras, analizando os aspectos comúns e as diferenzas entre elas.
Proba escrita
Identificar as diferenzas entre as formas musicais da música clásica ou culta e as formas musicais da música popular e urbana traballadas nesta unidade. 30

5 Instrumentos da tradición musical occidental Europea: Timbre I
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Identificar os principais trazos estilísticos de obras musicais e dancísticas de diferentes épocas e culturas, evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na súa escoita ou no seu visionamento.
Proba escrita
Identificar os diferentes instrumentos e agrupacións e clasificalos por familias e época correspondente. 20
CA1.2 Explicar cun vocabulario apropiado e cunha actitude aberta e respectuosa as ideas, sentimentos e emocións propias que nos suxiran as propostas estudadas, así como as funcións desempeñadas por determinadas producións musicais e dancísticas, relacionándoas coas principais características do seu contexto histórico, social e cultural, a través da audición, do visionamento ou da asistencia a eventos musicais.
Táboa de indicadores
Expresar cun vocabulario axeitado ideas, emocións e opinións sobre os diferentes timbres instrumentais traballados nesta unidade. 20
CA2.3 Ler partituras sinxelas, identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical, demostrando coñecemento dos elementos estudados, así como habilidades musicais básicas individuais e grupais.
Proba escrita
Ler e executar as partituras instrumentais propostas nesta unidade. 20
CA3.1 Valorar a importancia do noso patrimonio musical e dancístico tradicional e popular, así como o doutras culturas musicais do mundo, sendo consciente da súa relevancia e influencia na evolución da música ata a actualidade.
Táboa de indicadores
Mostrar respecto cara os instrumentos e agrupacións traballados nesta unidade, valorando a súa importancia e influencia nas músicas actuáis. 20
CA3.2 Identificar as características e os elementos técnicos de propostas musicais da nosa cultura e doutras, analizando os aspectos comúns e as diferenzas entre elas.
Proba escrita
Identificar as caracteristicas técnicas específicas dos diferentes instrumentos musicais estudados. 20

6 A voz: produción do son, clasificación das voces e agrupacións vocais. Técnicas de canto. Timbre II
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Explicar cun vocabulario apropiado e cunha actitude aberta e respectuosa as ideas, sentimentos e emocións propias que nos suxiran as propostas estudadas, así como as funcións desempeñadas por determinadas producións musicais e dancísticas, relacionándoas coas principais características do seu contexto histórico, social e cultural, a través da audición, do visionamento ou da asistencia a eventos musicais.
Táboa de indicadores
Explicar, cun vocabulario adecuado, a función do canto das distintas agrupacións vocais e formas de colocar a voz segundo o seu contexto histórico e época. 10
CA2.3 Ler partituras sinxelas, identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical, demostrando coñecemento dos elementos estudados, así como habilidades musicais básicas individuais e grupais.
Proba escrita
Ler partituras sinxelas a unha ou dúas voces, para poder interpretalas mediante o canto. 20
CA2.4 Empregar técnicas básicas de interpretación vocal, corporal ou instrumental, aplicando estratexias de memorización e valorando os ensaios como espazos de escoita e aprendizaxe, así como mostrando iniciativa nos procesos creativos e interpretativos.
Táboa de indicadores
Cantar de forma individual e grupal seguindo as indicacións técnicas e musicais do profesorado. 20
CA2.5 Interpretar con corrección pezas musicais e dancísticas sinxelas, individuais e grupais, dentro e fóra da aula, xestionando de forma guiada a ansiedade e o medo escénico e mantendo a concentración e o respecto cara aos demais.
Táboa de indicadores
Interpretar con corrección as pezas vocais propostas nesta unidade, a nivel individual e interpretando o rol indicado no grupo. 20
CA3.2 Identificar as características e os elementos técnicos de propostas musicais da nosa cultura e doutras, analizando os aspectos comúns e as diferenzas entre elas.
Proba escrita
Identificar os distintos tipos de voz, as distintas agrupacións vocais estudadas e formas de cantar, analizando os aspectos comúns e diferenzas entre elas. 30

7 Música e danza en Galicia: desde o tradicional ata a actualidade.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.7 Interpretar e crear a través da voz, do corpo ou dos instrumentos, de maneira individual ou en grupo, diferentes pezas musicais, escénicas e dancísticas con elementos propios da cultura galega.
Táboa de indicadores
Interpretar con corrección pezas musicais e dancísticas cos elementos estudados nesta unidade, seguindo as pautas dadas polo profesorado. 20
CA3.1 Valorar a importancia do noso patrimonio musical e dancístico tradicional e popular, así como o doutras culturas musicais do mundo, sendo consciente da súa relevancia e influencia na evolución da música ata a actualidade.
Táboa de indicadores
Valorar e respectar as músicas e danzas do noso patrimonio traballadas e estudadas nesta unidade. 20
CA3.2 Identificar as características e os elementos técnicos de propostas musicais da nosa cultura e doutras, analizando os aspectos comúns e as diferenzas entre elas.
Proba escrita
Identificar os rasgos característicos das músicas e danzas da nosa cultura: instrumentos utilizados, tipos de compás, estruturas, tipos de danzas. 20
CA3.5 Identificar as características culturais e sociais, así como os elementos propios da linguaxe musical das obras propostas que constitúen o patrimonio artístico musical galego e da nosa contorna, con actitude de respecto.
Proba escrita
Describir as características culturais e sociais das obras propostas do noso patrimonio artístico galego. 20
CA3.6 Utilizar as características e os elementos propios da cultura musical galega como base para crear diferentes composicións musicais, escénicas e/ou dancísticas executadas a través da voz, do corpo ou dos instrumentos.
Táboa de indicadores
Crear pezas propias (individuais ou en grupo, musicais ou dancísticas), baseándonos nos elementos propios da cultura musical galega. 20

8 Música e danzas de España e do mundo
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Valorar a importancia do noso patrimonio musical e dancístico tradicional e popular, así como o doutras culturas musicais do mundo, sendo consciente da súa relevancia e influencia na evolución da música ata a actualidade.
Táboa de indicadores
Expoñer ideas sobre as músicas e danzas tradicionáis e populares do noso patrimonio e doutras culturas do mundo, recoñecendo a influencia de certos ritmos tradicionais nas músicas actuais. 30
CA3.2 Identificar as características e os elementos técnicos de propostas musicais da nosa cultura e doutras, analizando os aspectos comúns e as diferenzas entre elas.
Proba escrita
Diferenciar as características musicais (instrumentos, ritmo, características melódicas...) das distintas culturas estudadas, asociándoas a cada lugar específico. 40
CA3.3 Interpretar con corrección pezas musicais e dancísticas sinxelas, individuais e grupais, das diferentes culturas estudadas, valorando e mantendo unha actitude de respecto cara ao patrimonio artístico das diferentes culturas que conforman o mundo.
Táboa de indicadores
Interpretar instrumental ou vocalmente con corrección, de maneira individual e grupal, as pezas propostas nesta unidade. 30

9 A improvisación na música e na danza: improvisación libre e guiada, introdución ao Jazz.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Participar, con iniciativa, confianza e creatividade, na exploración de técnicas musicais e dancísticas básicas, por medio de improvisacións pautadas, individuais ou grupais, nas que se empreguen a voz, o corpo, instrumentos musicais ou ferramentas tecnolóxicas.
Proba escrita
Participar activamente, achegando ideas propias e con respecto cara as suestións dos demáis, nas actividades de improvisación musical e dancísticas prpostas nesta unidade. 25
CA2.2 Expresar ideas, sentimentos e emocións en actividades pautadas de improvisación, seleccionando as técnicas máis adecuadas de entre as que conforman o repertorio persoal de recursos.
Táboa de indicadores
Expresar ideas propias, sentimentos e emocións nas actividades de improvisación propostas nesta unidade, investigando con mentalidade aberta as propias posibilidades e recursos improvisatorios. 30
CA3.4 Participar activamente na planificación e na execución de propostas artístico-musicais colaborativas, valorando as achegas do resto dos integrantes do grupo e descubrindo oportunidades de desenvolvemento persoal, social, académico e profesional, usando medios audiovisuais e tecnoloxías dixitais.
Táboa de indicadores
Contribuir a crear un proxecto de repertorio grupal propio, no que se inclúan fragmentos improvisados, seguindo as técnicas propostas polo profesorado. 45

10 Música popular urbana, medios de comunicación e cine.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Identificar os principais trazos estilísticos de obras musicais e dancísticas de diferentes épocas e culturas, evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na súa escoita ou no seu visionamento.
Proba escrita
Describir as principais características das músicas urbanas, así como a función da música no cine e medios de comunicación. 20
CA2.4 Empregar técnicas básicas de interpretación vocal, corporal ou instrumental, aplicando estratexias de memorización e valorando os ensaios como espazos de escoita e aprendizaxe, así como mostrando iniciativa nos procesos creativos e interpretativos.
Táboa de indicadores
Empregar a técnica básica que permita executar instrumental, vocal ou corporalmente as músicas traballadas nesta unidade. 10
CA2.6 Planificar e desenvolver, con creatividade, propostas artístico-musicais, tanto individuais coma colaborativas, empregando medios musicais e dancísticos, así como ferramentas analóxicas e dixitais, con actitude inclusiva e cohesionadora.
Táboa de indicadores
Participar na planificación e creación de propostas artístico-musicais grupais desenvolvidas nesta unidade. 20
CA3.3 Interpretar con corrección pezas musicais e dancísticas sinxelas, individuais e grupais, das diferentes culturas estudadas, valorando e mantendo unha actitude de respecto cara ao patrimonio artístico das diferentes culturas que conforman o mundo.
Táboa de indicadores
Interpretar con corrección as músicas propostas nesta unidade. 20
CA3.4 Participar activamente na planificación e na execución de propostas artístico-musicais colaborativas, valorando as achegas do resto dos integrantes do grupo e descubrindo oportunidades de desenvolvemento persoal, social, académico e profesional, usando medios audiovisuais e tecnoloxías dixitais.
Táboa de indicadores
Contribuir a crear un proxecto de repertorio grupal propio, no que se inclúan pezas de música urbana ou cinematográfica, seguindo as directrices propostas polo profesorado. 10
CA3.6 Utilizar as características e os elementos propios da cultura musical galega como base para crear diferentes composicións musicais, escénicas e/ou dancísticas executadas a través da voz, do corpo ou dos instrumentos.
Táboa de indicadores
Crear ou interpretar unha peza musical ou dancística con elementos propios da cultura musical galega, e propoñer o seu uso para unha escena cinematográfica ou anuncio de radio ou televisión. 20

11 Música e tecnoloxía: Ferramentas dixitais de edición, recepción e creación.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.3 Ler, escoitar e analizar partituras sinxelas, a través de diferentes soportes audiovisuais, identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical.
Táboa de indicadores
Coñecer e utilizar diferentes soportes audiovisuais para escoitar, visualizar e analizar diferentes partituras e pezas musicais e dancísticas. 30
CA2.6 Planificar e desenvolver, con creatividade, propostas artístico-musicais, tanto individuais coma colaborativas, empregando medios musicais e dancísticos, así como ferramentas analóxicas e dixitais, con actitude inclusiva e cohesionadora.
Táboa de indicadores
Coñecer e manexar as ferramentas dixitais de edición, creación e secuenciación de partituras traballadas nesta unidade. 30
CA3.4 Participar activamente na planificación e na execución de propostas artístico-musicais colaborativas, valorando as achegas do resto dos integrantes do grupo e descubrindo oportunidades de desenvolvemento persoal, social, académico e profesional, usando medios audiovisuais e tecnoloxías dixitais.
Táboa de indicadores
Crear un proxecto musical, individual ou grupal, seguindo as pautas dadas polo profesorado, no que se utilicen medios audiovisuais e tecnoloxías dixitais. 40

12 Música en vivo: Son músico e son público
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.3 Ler partituras sinxelas, identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical, demostrando coñecemento dos elementos estudados, así como habilidades musicais básicas individuais e grupais.
Táboa de indicadores
Ler con corrección as partituras que conforman o repertorio a interpretar nesta unidade. 10
CA2.4 Empregar técnicas básicas de interpretación vocal, corporal ou instrumental, aplicando estratexias de memorización e valorando os ensaios como espazos de escoita e aprendizaxe, así como mostrando iniciativa nos procesos creativos e interpretativos.
Táboa de indicadores
Empregar a técnica básica necesaria instrumental, vocal e corporal estudada ao longo do curso para preparar o repertorio traballado nesta unidade. 10
CA2.5 Interpretar con corrección pezas musicais e dancísticas sinxelas, individuais e grupais, dentro e fóra da aula, xestionando de forma guiada a ansiedade e o medo escénico e mantendo a concentración e o respecto cara aos demais.
Táboa de indicadores
Interpretar con corrección as pezas musicais e dancísticas propostas nesta unidade, tanto na clase como en público, xestionando o medo escénico e mantendo a concentración e respecto cara aos demáis. 20
CA2.6 Planificar e desenvolver, con creatividade, propostas artístico-musicais, tanto individuais coma colaborativas, empregando medios musicais e dancísticos, así como ferramentas analóxicas e dixitais, con actitude inclusiva e cohesionadora.
Táboa de indicadores
Participar na planificación e creación da proposta escénico-artística ideada para esta unidade. 10
CA3.3 Interpretar con corrección pezas musicais e dancísticas sinxelas, individuais e grupais, das diferentes culturas estudadas, valorando e mantendo unha actitude de respecto cara ao patrimonio artístico das diferentes culturas que conforman o mundo.
Táboa de indicadores
Interpretar con corrección, na clase e en público repertorio das diferentes culturas musicais estudadas. 20
CA3.4 Participar activamente na planificación e na execución de propostas artístico-musicais colaborativas, valorando as achegas do resto dos integrantes do grupo e descubrindo oportunidades de desenvolvemento persoal, social, académico e profesional, usando medios audiovisuais e tecnoloxías dixitais.
Táboa de indicadores
Participar na creación de medios audiovisuáis que acompañen o repertorio proposto nesta unidade, e axudar a xestionar a organización das actuacións en vivo con dito repertorio. 20
CA3.6 Utilizar as características e os elementos propios da cultura musical galega como base para crear diferentes composicións musicais, escénicas e/ou dancísticas executadas a través da voz, do corpo ou dos instrumentos.
Táboa de indicadores
Crear composicións musicais ou dancísticas con elementos propios da cultura galega, para interpretalos en vivo co resto do repertorio proposto nesta unidade. 10

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


A metodoloxía didáctica neste etapa será activa e participativa, favorecendo o traballo individual e o cooperativo do alumnado, así como o logro dos obxectivos e das competencias correspondentes. Neste sentido teremos en conta a diversidade do alumnado, atendendo ás necesidades de cada un dos alumnos-as e poñendo en práctica as medidas de reforzo que se precisen para un correcto proceso de aprendizaxe.

Traballaremos todas as competencias clave, fomentando a súa adquisición e o seu desenvolvemento.

Coa finalidade de promover a comprensión de lectura e de uso da información, dedicarase un tempo á lectura na práctica docente. Neste sentido, faranse lecturas de artigos e novas musicais, recollidos na web, sendo as lecturas tanto individuais como grupais.

 

Promoverase a integración e o uso das tecnoloxías da información e da comunicación na aula, como recurso metodolóxico eficaz para desenvolver as tarefas de ensino e aprendizaxe. Empregaremos neste sentido as posibilidades que nos ofrece a nosa Aula Virtual e a plataforma Moodle, a Gsuite (Classroom), a disponibilidade de portátiles por parte do alumnado (aulas EdixGal) o uso de blogs, de podcasts, de Youtube (creación de contas e de listas de reprodución...), etc.

Procurarase o traballo coordinado con outros departamentos didácticos do centro co obxecto de proporcionar un enfoque multidisciplinar do proceso educativo, programando conxuntamente actividades complementarias e extraescolares, procurando abordar a mesma temática dende as distintas disciplinas (programación por proxectos) e traballando conxuntamente coa biblioteca do centro e cos proxectos que se leven a cabo dende ela.

 

Empregaranse metodoloxías como: tormenta de ideas -Brainstorm- (moi adecuada como introdución ás unidades didácticas); traballos individuais e/ou en grupo sobre distintos contidos das unidades, coa exposición e presentación oral deses traballos coa axuda das tecnoloxías adecuadas (fomentaranse as habilidades dialécticas do alumnado e, por tanto, a competencia lingüística); explicacións do profesor dende o plano teórico e práctico dos distintos conceptos musicais (ritmo, harmonía, interpretación, creación, etc.); traballo coas novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas á música (procesamento, almacenamento e transmisión de datos musicais); aplicación de xogos musicais para asentar determinados conceptos da linguaxe musical, valéndonos para elo de programas musicais e dalgunhas páxinas web interesantes (www.musycom.com, www.teoria.com ...); aplicaranse metodoloxías xa recoñecidas no ámbito educativo musical, como o método Bapne, método Kodaly, etc

 

Daquela, para desenvolver as capacidades que presenta o alumnado de secundaria sempre se terán presentes as seguintes metodoloxías:

 

* Fomentar a participación, a reflexión, tanto individual como grupal.

* Operar non só sobre o concreto senón tamén sobre conceptos, ideas.

* Fomentar a formulación de hipóteses.

* Buscar, seleccionar e tratar a información.

* Fomentar a confrontación clara e respectuosa

* Insistir na ordenación das ideas, comparación, xerarquización.

* Elaborar percorridos ordenados, lóxicos desde a formulación de hipóteses á comprobación dos resultados.

* Expresar correcta, clara e ordenadamente os resultados.

* Comprobar noutros contextos diferentes aos utilizados para o traballo.

* Relacionar os saberes aprendidos nas distintas materias.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Roca Vidal, F.; "Percusión corporal: piezas y ejercicios de percusión para instrumentos corporales". Año 2017; Edimusica; ISBN: 978-84-95307088
Nelson M., Sheila; "Flip a rhythm Vol.1-2"; Editorial Boosey and Hawkes, ISBN: 979-0-060-09771-3
Nelson M., Sheila; "Flip a Rhythm Vol.3-4", Editorial Boosey and Hawkes, ISBN: 978-0-851-62193-7
Saint-James, G; Saint-James, J; "Body Tap 1". Fuzzeau. ISBN: 3-549540-068936
Pesdelán; "Na punta do pé". Kalandraka. ISBN: 978-84-8464-752-2
Zamora, A.; "danzas del mundo 2". Editorial CCS; Madrid 2005; ISBN: 84-8316-864-2
Sharma, E.; "Músicas del mundo". Ediciones Akal; Madrid 2006; ISBN: 978-84-460-2256-5
Wuytacj, J; "Musicalia Orff-instrumentarium". Uitgeverij de garve-brugge.
Ducros, D.; "Breve historia del rock. 5 composiciones adaptadas a la enseñanza de la flauta dulce u otros instrumentos en do". Fuzeau 2008. Ref. 6713
Saint-James, G.; "Pequeña historia del Jazz". Fuzeau 2008. Ref. 6712
"El canto en la historia y en el mundo". Fuzeau. Ref. 8765
"Voyage a capella. Du chant choral à la création vocale. Vol. 1 y 2". Fuzeau. Ref. 70735
Carmona, A.; Folklore Musical Español. Madrid.
Schnitzer, R. Moeller, M. (2011). Chorbuch, singen ist klasse. Schott Music.
Elorriaga, A. "Cantos tradicionales españoles arreglados para voces adolescentes". Anexo Editorial.
Elorriaga, A: "Cuatro espirituales para voces adolescentes". Anexo editorial.
Villagar, A. "Cómo enseñar a cantar a niños y adolescentes. Fundamentos técnicos y pedagógicos de la voz cantada". Año 2019. Ediciones Robinbook. ISBN: 978-84-120812-7-5.
Elorriaga, A. "El sonido se transforma: educación coral para adolescentes". Año 2018. Anexo editoral. ISBN: 978-84-941134-8-2.
Der junge Pop Chor. Vol. 1 a 10. Ediciones Bosworth.
Bedford, D.; "An exciting new game for children os all ages". Londres. Universal Edition.
Apps e programas informáticos: Musescore, audacity, garageband, music maker jam, ireal, music studi lite, loopstation.
Web www.atrilcoral.com

No noso IES todo os cursos da ESO están incorporados ao proxecto E-Dixgal. Daquela o alumnado disporá de portátiles cos que traballaremos na aula determinados contidos (Aula Virtual, Classroom, Abalar, EdixGal, Youtube, internet...), valéndonos a súa vez, puntualmente, de fichas e fotocopias que se lles irán repartindo na UD que se precise Para o traballo diario da clase o alumnado debe dispoñer do material proposto polo profesorado: caderno de apuntes, caderno pautado, frauta... O alumnado non terá libro de texto, aínda que se lles indicarán os libros que lles poden servir de axuda para seguir a programación. Neste sentido haberá na aula de Música e na Biblioteca do centro libros de texto, libros de consulta e dicionarios que poderán consultar.

A aula de música conta cun reprodutor de discos compactos e cunha pequena fonoteca de clásicos e música popular. Ademais existe un reprodutor de DVD e algunhas películas musicais. A aula conta tamén cunha pizarra pautada e cun ordenador portátil, cun proxector coa súa pantalla, unha mesa de mesturas, unha etapa de potencia, dous altofalantes, micrófonos... A aula conta tamén con outro portátil que temos en préstamo para traballar coa maqueta Abalar propia do proxecto E-dixgal Existen frautas doces a disposición do alumno así como outros idiófonos e membranófonos. Entre os cordófonos a aula conta con dúas guitarras clásicas (unha delas amplificada), unha acústica (amplificada), un ukelele (amplificado), unha guitarra eléctrica, dous teclados, unha gravadora dixital, micrófonos dinámicos e de condensador e auriculares. Tamén se dispón de distintos tipos de cables de audio. No centro contamos ademais con tres salas de ordenadores (30+20+24 postos) con conexión a internet e un canón

Bibliografía:

- "Percusión corporal": Libro con pequenas pezas de percusión corporal para ler individualmente ou en grupo. Recoméndanse os primeiros exercicios do libro para utilizar nas unidades 2, 4,12, para traballar desde o ritmo ata as dinámicas, as texturas, a forma musical e preparar algunhas das pezas do libro para interpretar en público.

- "Flip a rhythm" 4 volúmenes en dous libros con exercicios rítmicos para percutir a dúas mans, ou en parellas ou grupos. Práctico para comezar a ler figuras musicais en distintos compases. Tarxetas combinables para utilizar na unidade 2.

- "Body Tap" pezas grupais de percusión corporal con CD con bases musicais para tocar por enriba. Estilos de samba, reggae, swing... Pezas que se poderían usar nas unidades 2, 4,12.

- "Na punta do pé". Músicas e danzas tradicionais de Galicia. Libro con CD e DVD. Para utilizar na unidade 7 e 12.

- "Danzas del mundo 2" libro para traballar danzas de distintos lugares na unidade .8

- "Músicas del mundo" libro e CD sobre músicas de distintos lugares do mundo: África, Bali, India, China... para utilizar na unidade 8.

- "Musicalia Orff-instrumentarium" libro de arranxos instrumentais para instrumentos Orff. Para traballar en distintas unidades ao longo do curso. Dependendo das pezas, cada unha dela encaixa en unidades distintas ao longo desta programación.

- "Breve historia del rock". Libro e CD con acompañamento sobre diferentes estilos de rock. Para utilizar na unidade 10 e 12.

- "Breve historia del jazz" libo e CD con acompañamento para 5 pezas orixinais que ilustran as principais correntes do jazz. Para utilizar nas unidades 9 e 12.

- "El canto en la historia y en el mundo". Libro e CDs con fragmentos musicais de distintos estilos, ilustracións, bibliografías de cantantes, e dúas partes diferenciadas sobre o a historia do canto e o canto no mundo. Para utilizar na unidade 6.

- "Voyage a capella". Método de canto coral para iniciarse no canto e na lectura musical. Unidades 6 e 12.

- ""Folklore musical Español" coleción de 12 libros co cancioneiro de Nadal, cancioneiro infantil español, cancioneiros de distintas comunidades autonómicas de España. Unidades 7, 8 e 12.

- "Chorchurch". Partituras a unha e dúas voces con acompañamento de piano en inglés e alemán, para coro escolar. Unidades 6, 9, 10 e 12.

- "Cantos tradicionales españoles" selección de cantos tradicionais españois con arranxos pensados para coro de xoves con flexibilidade en dúas ou tres partes vocais. Unidades 6, 9 e 12.

- "Cuatro espirituales para voces adolescentes": espirituais tradicionais dos Estados Unidos con arranxos expresamente pensados para un coro mixto de adolescentes en dúas ou tres partes vocais adaptables a diferentes oitavas segundo o desenvolvemento larínxeo. Unidades 6, 8, e 12.

- "Cómo enseñar a cantar a niños y adolescentes": este libro afronta a cuestión de cómo aprender a cantar a nenos e adolescentes tendo en conta os condicionamentos físicos, mentais e emocionais de cada fase de desenvolvemento infantil e xuvenil. Unidade 6.

- "El sonido se transforma": repertorio coral adaptado ao cambio de voz na adolescencia, didáctica do canto en grupo, exercicios de técnica vocal para adolescentes, e explicacóns de como realizar arranxos vocais para esta etapa. Unidade 6.

- "Der junge Pop chor": 10 volúmenes de arranxos de pezas de pop para dúas voces femeninas, que se poden cambiar de oitava. Arranxos pensados para coro xuvenil con acompañamento de piano. Texto en inglés. Unidades 6, 10 e 12.

- ""An exciting new game for children of all ages". Partitura de música contemporánea, disposta coma un tableiro de xogos no que os movementos realízanse lanzando os dados e os participantes producen sons, ou silencio segundo as instrucións dadas. Pode interpretarse con todo tipo de instrumentos. Unidades 5, 8 e 12.

- "Musescore": programa gratuito de edición de partituras. Unidade 11.

- "Audacity": programa gratuito para mezclar e manipular pistas de audio. Unidade 11

- "Garageband": programa gratuito para sistema Mac co que se pode grabar música e misturar e manipular pistas de audio. Unidade 11.

- "Music maker jam": app que é un pequeno estudo de grabación de 8 pistas nas que podemos misturar loops e usar instrumentos virtuais. Gratuita con algúns contidos de pago. Unidade 11.

- "ireal": app de pago que funciona como un "Play alone", é dicir, toca os acordes de cancións para que poidamos cantar ou tocar por enriba. Podemos atopar cancións xa feitas ou escribir nós o esquema harmónico da canción usando cifrado americano. Pódese cambiar o tempo e estilo da forma de interpretar a canción e os instrumentos que a interpretan. Unidade 11.

- "Music studio lite": app cun piano virtual e instrumentos gratuitos para tocar e grabar. Algúns instrumentos son de pago. Unidade 14.

- "Loopstation" app para misturar distintos loops. Gratuita con algunhas partes de pago. Unidade 11.

- "Web atril coral": web con partituras de coro gratuitas de todas as épocas e estilos. Válido para todas as unidades didácticas.

 


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


A Avaliación inicial neste 2º curso de ESO terá por obxecto averiguar os coñecementos musicais e dancísticos que o alumnado aprendeu e lembra da etapa da educación primaria, xa que no 1º curso de ESO a asignatura de música non está contemplada na comunidade autónoma de Galicia.

 

Para dita avaliación inicial utilizaremos a primeira unidade onde facemos un repaso dos parámetros do son e como se representan estes na partitura. Moitas destas cuestións de escritura e linguaxe musical son as que se traballan na educación primaria.

 

Para dita avaliación inicial presentaremos uns cuestionarios sobre linguaxe musical e os parámetros do son, e unha pequena partitura onde o alumnado terá que nomear os símbolos que aparecen nela, así como lela e interpretala coa frauta ou instrumentos de praca.

 

O profesorado disporá dunha táboa para tomar notas de cada alumna e alumno interpretando a parte instrumental, onde se recollerán items como: a continuidade no pulso, calidade do son, interpretación das figuras musicais, interpretación das notas musicais, interpretación dos matices.

 

Para comprobar o coñecemento dos signos musicais, na propia partitura que se lles entrega terán que sinalar e nomear os elementos indicados e entregala.

 

Outras cuestións como as destrezas no movemento e danza, o manexo da tecnoloxía, o coñecemento dos instrumentos ou a voz teranse que ir comprobando ao inicio das sucesivas unidades didácticas ao longo do curso, por iso cada unidade sempre comeza cunha actividade introductoria de coñecementos previos sobre os contidos a tratar.

 

A avaliación inicial indicará o punto de partida do alumnado para saber se podemos aplicar a programación tal cual, ou facer nas unidades correspondentes as adaptacións adecuadas, e levarase a cabo na primeira ou dúas primeiras sesións do curso dependendo do número de alumnado por aula.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 5.0 10.0 5.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 5.0 5.0 100.0
Proba escrita 65.0 50.0 60.0 90.0 60.0 50.0 40.0 40.0 25.0 20.0 0.0 0.0 43.75
Táboa de indicadores 35.0 50.0 40.0 10.0 40.0 50.0 60.0 60.0 75.0 80.0 100.0 100.0 56.25

 

Criterios de cualificación

Os  criterios de cualificación de cada avaliación serán a suma ponderada das medias dos resultados do alumnado nos diferentes instrumentos de avaliación empregados para avaliar os contidos das unidades didácticas: 30% Expresión musical, 50% Media ponderada dos instrumentos de avaliación empregados durante cada un dos trimestres (avaliación mediante probas escritas e probas prácticas) , 20% Traballo de aula (media ponderada das tarefas semanais que se desenvolvan na clase e/ou haxa que rematar ou facer na casa)

50% Media dos instrumentos de avaliación empregados :

Faremos as probas escritas oportunas para avaliar os contidos das UDs da maneira máis obxectiva posible.

Para cualificar a Expresión musical (vocal -10%- e instrumental -20%-) iremos avaliando as participacións e interpretacións do alumnado ao longo da avaliación. Na práctica instrumental este curso o alumnado empregará a frauta doce. A avaliación será a través dunha proba sobre as cancións ou pezas traballadas acordes a un nivel básico de iniciciación. Cada alumno-a aportará o seu instrumento, sendo moi importante que nas sesións nas que se indique traian o mesmo, de xeito que puntuará negativamente o feito de non traelo nos días que se sinalen. Neste sentido, por cada sesión que o alumno-a non traia o seu instrumento se lle descontará na puntuación do apartado de Expresión musical seguindo o seguinte criterio:

Dúas faltas por trimestre: -0.5. Tres falats: 1. Catro faltas: 1.5,  etc

A avaliación desta parte será preferentemente nas horas de clase e/ou nos recreos. Non obstante, tamén poderá ser a través dos vídeos que o alumnado terá que ir entregando coas súas interpretacións das pezas sinaladas. Esa entrega farase vía Aula virtual ou vía Classroom segundo se vaia indicando ao longo do trimestre.

Importante: no caso de non avaliarse a expresión vocal (10%), esa porcentaxe pasaría a formar parte da cualificación do resto dos instrumentos de avaliación onde se miden e avalían os contidos traballados na aula en cada unha das avaliacións. Por exemplo, a 1ª Avaliación podería quedar do seguinte modo:

  • Interpretación instrumental: 30% (3 pezas de frauta cun 10% cada unha)

  • Proba sobre contidos traballados: 30% (proba escrita sobre os contidos teóricos traballados)

  • Proba de linguaxe musical: 10% 

  • Proba de Ditados Rítmicos: 10%

  • Traballo de Aula: 20% ( media das cualificacións obtidas nas tarefas traballadas na aula ou na casa)


De todos estes aspectos e pormenores de cada avaliación o alumnado será sempre informado, tanto ao principio de cada trimestre como ao longo do mesmo en función das adaptacións que poidan ter lugar.


Para acadar o aprobado (4,5) facendo media entre as partes, o alumno-a nunca poderá obter en máis dunha delas unha nota inferior a 3.5. Dado o caso dun alumno que obteña de media unha nota igual ou superior ao 4,5 pero con dúas ou máis partes valoradas por debaixo do 3.5, ese alumno-a sempre acadará un 4 como nota da avaliación correspondente. Neste caso ese alumno-a só tería que recuperar a parte-s que teña valorada-s por debaixo do 3.5 Nota importante: o alumnado que teña unha parte da avaliación valorado cun 0 quedará sempre cun 4 como nota máxima na avaliación.

A nota que levará no boletín será redondeada co seguinte criterio:


1 cando obteña menos de 1,5           6 cando obteña entre 5,5 e 6,5

2 cando obteña entre 1,5 e 2,5          7 cando obteña entre 6,5 e 7,5

3 cando obteña entre 2,5 e 3,5          8 cando obteña entre 7,5 e 8,5

4 cando obteña entre 3,5 e 4,5          9 cando obteña entre 8,5 e 9,5

5 cando obteña entre 4,5 e 5,5         10 cando obteña entre 9,5 e 10


 

A Nota da Avaliación Final acadada por cada un dos alumnos será a obtida ao facer a seguinte media: 1º Trimestre= 33 %, 2º Trimestre= 33%, 3º Trimestre= 34%. A este respecto as notas de cada trimestre non serán as redondeadas que aparecen no boletín trimestral do alumno, senón as que obran no caderno de notas do profesor redondeadas a dous decimais.


Nota importante: A nota media final ponderada será igual ou distinta do que acade en cada unha das avaliacións, é dicir, non polo feito de aprobar a 3ª Avaliación ten que aprobar a Final, e viceversa, isto é, polo feito de suspender a 3ª non ten por que suspender a Final.

 

O alumnado que empregue métodos fraudulentos nos exames (copiar por compañeiros, utilizar calquera método tecnolóxico ou artesanal de copia...) e sexa sorprendido no intento se lle anularán as preguntas obxecto de intento de copia. O resto das preguntas do exame se corrixirán normalmente. De intentar unha copia masiva das preguntas ou se non se pode adiviñar cales se intentaban copiar, ao alumno-a invitaráselle a que faga un novo exame Por outra parte, se é posible comprobar que o alumno-a copiou sen ser sorprendido-a no momento, pero tendo probas suficientes para demostrarse, procederase a anular a pregunta que se considere "copiada". Isto aplicarase tanto nos probas específicas de avaliación, como nas probas e nos traballos individuais.


Por outra parte seguiremos aplicando o criterio común acordado polo claustro de descontar a partir da quinta falta ortográfica nas distintas probas e traballos presentados. Así, a partir da 5ª descontaremos 0.05 por cada catro faltas propias e 0.05 por cada dúas falats copiadas.

 

Cualificación:  puntuaranse de 0 a 10 as actividades de interpretación instrumental, vocal exercicios prácticos de lectura rítmica/melódica, traballo na aula e na casa, etc

A parte práctica avaliarase mediante a observación sistemática con táboa de indicadores ou rúbricas.

En relación á interpretación instrumental hai que ter en conta os diferentes niveis do alumnado, polo que o profesorado facilitará no posible as medidas necesarias para aquel alumnado que o precise (dispoñibilidade horaria no recreo, adecuación das partituras ao nivel, etc.).

 

 

O alumnado cunha avaliación suspensa terá as oportunas probas de recuperación desa avaliación nas partes que non lograra superar, conservando as cualificacións daquelas outras partes nas que fora avaliado positivamente. O alumnado quedará definitivamente na avaliación en cuestión, a efectos da nota final do curso, coa nova nota que consiga acadar, que nunca será inferior á obtida no trimestre ordinario. 

Unha vez feitas e avaliadas xa todas as probas de recuperación procederase a calcular a nota media final do curso en base ao establecido nos Criterios de Avaliación e Cualificación: entre outros aspectos para recalcular as medias de cada avaliación afectada seguiranse a ter en conta os criterios de cualificación de cada unha das avaliacións que están especificados con anterioridade (non acadar 0 nalgunha das partes, non ter máis dunha parte por debaixo do 3.5, etc). Consecuentemente refaranse as medias de cada avaliación e da Avaliación Final seguindo as mesmas porcentaxes de ponderación xa sinaladas máis arriba.

No mes de xuño, entre a 1ª e 2ª semana, o alumnado terá que ter xa a súa cualificación da terceira avaliación na materia de Música.

Daquela, a última semana e media de curso adicarémola a facer as probas das partes non superadas da 3ª Avaliación.

O alumnado con media final bastante por debaixo de 4.5 e que previsiblemente non vaia poder aprobar a materia suspensa, poderá optar a unha proba final de recuperaciónde toda a materia, sempre e cando ao longo do curso non deixara de entregar, de xeito constante, as tarefas, vídeos, interpretacións...ou que foran bastante recurrentemente avaliadas cun 0. Nesa proba se avaliará unha parte práctica de interpretación (40%), unha parte cos contidos teóricos e prácticos traballados ao longo do curso (60%) tendo que cadar un mínimo de 5 entre as dúas partes e non ter menos de 3.5 en ningunha delas

Os alumnos-as que xa resulten cunha media de aprobado trala terceira avaliación seguirán a traballar nos contidos e tarefas propostos polo profesor co fin de mellorar a súa cualificación no apartado de Traballo de Aula (20%).

 

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


A Orde do 25 de xaneiro de 2022, de avaliación na primaria, ESO e bacharelato, establece que o alumnado que acade a promoción de curso con materias sen superar deberá seguir un plan de reforzo en cada unha desas materias, destinado á súa recuperación e á súa superación.

Para a elaboración e o seguimento do plan de reforzo a que se refire o punto anterior, seguirase o establecido no artigo 51 da Orde do 8 de setembro de 2021, pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

Para dar cumprimento á Orde no relativo a ese Plan de reforzo, o centro, dentro da liña 01 QUÉDA-T, dos contratos-programa INCLÚE, vén desenvolvendo nos últimos anos un proxecto denominado "Plan de atención a pendentes". Este Plan aparece recollido con todos os seus detalles na Programación de 3º ESO.


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Prestaremos especial atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, ofrecendo diferentes formas de organización dos espazos e tempos da clase, e metodoloxías variadas que permitan a todo o alumnado seguir as explicacións e actividades propostas.

O obxectivo fundamental é asegurar a normalización, inclusión e non-discriminación deste alumnado coa fin de que poida acceder a unha educación de calidade con igualdade de condicións.

Para garantir un apoio adecuado a este alumnado é fundamental establecer canles de colaboración entre o diverso profesorado que intervén na súa educación, e organizar os recursos persoais e materiais do centro coa fin de desenvolver actividades encamiñadas á inserción e promoción.

Estudiaranse as circunstancias concretas de cada caso, con especial atención ao alumnado con dificultades de aprendizaxe, tendo en conta os diferentes ritmos e estilos de aprendizaxe, establecendo as liñas educativas a seguir e garantindo así os apoios necesarios. Para elo, a función da coordinación entre docentes, alumnado e familias é fundamental a través da titoría.

Poderanse realizar adaptacións curriculares e organizativas ofrecendo entre outros, programas de reforzo ademáis de medidas de apoio personalizado para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo, e para aqueles que permanezan un ano máis no mesmo curso, coa fin de permitir a todo o alumnado o desenvolvemento das competencias clave previsto no perfil de saída e a consecución dos obxectivos xerais da educación secundaria obrigatoria, así como alcanzar o máximo desenvolvemento das súas capacidades persoais.

Con todo, para a atención á diversidade do alumnado de educación secundaria obrigatoria estarase ao disposto na lexislación vixente na Comunidade Autónoma de Galicia.

Algunhas posibles ferramentas para organizar a atención á diversidade serían:

1. Organizar ao alumnado en diferentes agrupamentos nas actividades segundo os seus intereses e motivacións.

2. Utilizar materiais variados en ditas actividades: escritos, audiovisuais, etc.

3. Aplicar diversas técnicas e metodoloxías para explicar un mesmo contido.

4. Manter o contacto permanente con este alumnado a través de entrevista persoal e titorías coas familias para saber que parte da asignatura cóstalles máis seguir.

5. Ofrecerlle tempo extra para asimilar as explicacións (por exemplo algún recreo a semana para consultar dúbidas) e para resolver probas específicas.

 


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12
1 Comprensión lectora
2 Creatividade
3 Autonomía
4 Traballo en equipo, emprendemento social e empresarial
5 Igualdade entre sexos
6 Consumo responsable: fomento do espírito crítico
7 Respeto mutuo: educación emocional e en valores
8 Expresión oral e escrita
9 Competencia dixital e comunicación audiovisual

- Comprensión lectora: Traballarase principalmente nas unidades 1, 4, 5 e 6 a través dos textos para aprender os contidos teóricos. - Creatividade: traballarase nas unidades 2, 6, 9, 10 e 11 a través da composición de exercicios e pezas propias de percusión corporal, uso de tecnoloxías, creación de letras, improvisación... - Autonomía: traballarase nas unidades 2, 3, 6, 11 e 12 a través de actividades de improvisación, creación de contidos e proxectos propios tanto a nivel individual como grupal. - Traballo en equipo, emprendemento social e empresarial: unidades 2, 6, 7, 8, 9, 10, 12. Actividades que implican creación de proxectos grupais. - Igualdade entre sexos: unidades 2, 4, 6, 7, 8, 9 e 10. Utilización de obras de diversos estilos e épocas compostas tanto por homes como por mulleres, fomentando especialmente o repertorio composto por mulleres e intérpretes femininas. - Consumo responsable: fomento do espírito crítico. Unidades 2, 5, 6, 7, 8, 9 e 10. A través da comprensión dos elementos que conforman a música e dos distintos estilos e xéneros musicais o alumnado conformará unha opinión obxectiva e crítica e isto contribuirá a fomentar un consumo musical responsable . - Respecto mutuo: educación emocional e en valores. Unidades 2, 3, 6, 7, 8, 9, 10 e 12. Actividades musicais grupais nas que é primordial respectar as producións musicais dos demáis e axudarse mutuamente para conseguir un son de conxunto. - Expresión oral e escrita: unidades 1 e 4. A través da redacción de textos explicativos e traballos de exposición oral como por exemplo explicar os parámetros que conforman o son, a forma dunha canción, a importancia do silencio na nosa saúde e nas nosas vidas, etc. - Competencia dixital e comunicación audiovisual: unidades 11 e 12 a través da creación de músicas con ferramentas dixitais e de eventos musicais que engloben non so música e danza, senón tamén propostas audiovisuais que as acompañen, creando así unha performance global.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Actuacións do alumnado en diversos eventos ou actividades culturais que se programen ao longo do curso O alumnado de Música interpretará as pezas ensaiadas na aula e nos recreos nos diversos actos artísticos e culturais organizados no centro, en colaboración con outros departamentos, coa Biblioteca e co equipo directivo
Asistencia como público a un concerto didáctico Propiciarase a asistencia do grupo a un concerto didáctico, para poñer en práctica as normas de comportamento aprendidas na clase, así como vivr a experiencia de escoitar música en directo.
Participación nun obradoiro de eco percusión Recoñecemento de diferentes materiais reciclables con potencial para seren reconvertidos en instrumentos de percusión. Aprendizaxe de ritmos, traballo en equipo, improvisación...
Visita a algún museo de artesanía-antropoloxía musical Dar a coñecer a riqueza patrimonial e cultural da nosa Comunidade visitando museos onde teñan cabida as visitas didácticas (Museo do Pobo Galego, colección de Instrumentos Musicais del Centrad...)

Estas actividades coordinaranse con outros departamentos, aproveitando así a saída para facer outras actividades e amortizar o desprazamento. Así, na medida do tempo dispoñible, aproveitaríase a viaxe para facer algunha visita didáctica guiada a algún museo ou centro cultural-artístico da cidade.

 

Para poder participar nestas actividades extraescolares o alumnado deberá pagar os prezos do desprazamento en autobús, sen prexuízo das axudas que se poidan establecer por parte do centro para a financiamento destas viaxes. Ademais, o alumnado que teña acumulado amoestacións disciplinarias polo seu mal comportamento no centro (tanto en períodos lectivos como noutros momentos da xornada no centro) non poderá asistir a estas actividades

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Ben ,acadado. Non acadado, mellorable
Metodoloxía empregada Mellorable, Ben.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Ben ou Mellorable
Medidas de atención á diversidade Boa, regular, mellorable.
Clima de traballo na aula Bo, regular, malo
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais Boa, regular, mellorable
Outros Ben, regular, mal

A programación é un documento aberto e susceptible de cambios segundo observemos os procedementos que funcionan e os que non. Debe revisarse cada ano co fin de adaptala mellor á realidade das aulas. A posta en práctica de dita programación é o que nos permite mellorala, recollendo a través dos procedementos de avaliación da propia programación e da práctica docente, a información necesaria para reformala. O proceso de avaliación da propia programación e da práctica docente realízase dentro do Departamento coa información recollida polos docentes sobre diferentes aspectos do desenvolvemento da mesma.

O profesor irá programando sesión a sesión a materia a impartir e o traballo que se vai levar a cabo. Irase cotexando a posible desviación entre o programado e o realmente feito, buscando os motivos de dicha desviación (variación realizadas nas actividades, problemas de tempo, ritmos propios de aprendizaxe,...). As anotacións feitas no día a día irán servindo para ir levando a cabo as oportunas correccións da programación ao ter que adaptala á realidade do proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado en cuestión. Faremos que esta programación sexa sempre un ente vivo, revisable e renovable. Recollerase información do propio alumnado para obter conclusións construtivas que permitan valorar dende diferentes ópticas a programación didáctica e a súa aplicación.

 

Empregaremos as distintas sesións de departamento, de avaliación e CCP para ir tomando nota dos distintos factores que poden estar incidindo no proceso de ensino-aprendizaxe dos distintos alumnos-as e grupos. Manteremos tamén continuo contacto co departamento de Orientación para tratar de poñer remedio ás distintas desviacións que ese estean a dar nas aprendizaxes do alumnado e que trascendan máis alá do que atinxe a este departamento

 

Prestarase atención á porcentaxe de alumnos que nas distintas avaliacións queden coa materia pendente. Compararemos os resultados con anos anteriores e recolleranse, na memoria final, os aspectos máis relevantes das problemáticas que afecten á desviación da programación, plasmando os resultados das avaliacións ordinaria e extraordinaria.

En xeral, para avaliar o proceso de ensino-aprendizaxe teremos presente os seguintes items:

  • Realiza a avaliación inicial a fin de tomar as medidas individuais ou colectivas necesarias.
  • Analiza os procesos e os resultados das prácticas, proxectos, exercicios probas e actividades en xeral.
  • Establece medidas que permitan introducir melloras.
  • Fai posible a retroalimentación na entrega e avaliación de prácticas e traballos indicando os aspectos nos que o alumnado pode e debe introducir melloras.
  • Establece un adecuado ambiente de comunicación co alumnado que lle permita a este aclarar todo tipo de dúbidas
  • Proporciona indicacións durante as interpretacións, realización de traballos, exercicios, gravacións...
  • Supervisa de forma continua a resolución de exercicios e realización de tarefas que se desenvolven durante as sesións de traballo.
  • Favorece os procesos de autoavaliación.
  • Propón actividades complementarias para resolver problemas que xorden durante o proceso de ensino-aprendizaxe.
  • Informa con claridade e transparencia desde o principio de curso cales son os criterios de avaliación e de cualificación.
  • Informa ao alumnado e ás súas familias dos resultados obtidos.
  • Fomenta un bo ambiente na aula
  • Promove a participación activa do alumnado.
  • Establece tempos fóra das sesións de traballo para atender ao alumnado.
  • Utiliza diferentes soportes durante as sesións de traballo.
  • Selecciona prácticas, traballos e actividades que permitan alcanzar os estándares de aprendizaxe e a adquisición das competencias clave

 

Outro bloque de items a contemplar para avaliar a propia programación e a práctica docente mediante rúbrica son os seguintes:

 

- Comprobarción dos obxectivos propostos: se estes se adaptan ao curso correspondente, se se poden acadar coas unidades propostas, a porcentaxe de alumnado que consegue ditos obxectivos, etc.

- Idoneidade das unidades didácticas propostas: se hai correlación entre obxectivos, contidos e criterios de cualificación nestas, a correción da temporalización. e se contribúen realmente a acadar as competencias clave.

- Utilidade materiais didácticos empregados: comprobar se o alumnado os entende, se son variados, se están adaptados para o alumnado con necesidades educativas específicas e de apoio educativo, se inclúen TIC, etc.

- Valoración dos criterios e instrumentos de avaliación e cualificación: se son útis e precisos, se os instrumentos de avaliación inclúen métodos cualitativod e cuantitativos, se se inclúen procedementos de recuperación, etc.

- Grao de implicación dos estudantes no proceso de ensino-aprendizaxe: coñecen os obxectivos propostos, o repertorio e actividades parécenlles adecuados, coñecen os criterios de avaliación e cualificación, etc.

- Tido en conta o anterior, elaboración de propostas de mellora.

 

Os ítems anteriores avaliaranse mediante os indicadores ben ou acadado, mal ou non acadado e regular ou mellorable no caso de que sexa acadado pero que se poida revisar e mellorar.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


Para o seguimento da programación, avaliación desta e propostas de melloras utilizaremos unha táboa de indicadores considerando os ítems expostos no punto anterior: "avaliación do proceso de ensino e práctica docente" , valorando para cada un deses ítems o grao de consecución e facendo propostas de mellora naqueles puntos que se observen carencias. Así o procedemento de seguimento e avaliación da programación e da práctica docente farase mediante táboas de indicadores, ficha con preguntas a cubrir polo alumnado e entrevista persoal co alumnado.

A partir da análise dos datos extraídos destes procedementos de seguimento, faranse as correspondentes propostas de mellora.

Dito seguimento farase trimestralmente acordando en reunión de departamento os cambios a introducir na programación a través da aplicación proens en cada trimestre e a final de curso de cara ao ano seguinte.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver