Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


O currículo da Educación Secundaria Obrigatoria pretende garantir unha formación adecuada e integral, que se centre no desenvolvemento das competencias e que sexa equilibrada, porque incorpora na súa xusta medida compoñentes formativos asociados á comunicación, á formación artística, ás humanidades, ás ciencias, á tecnoloxía e á actividade física. Unha das finalidades da Educación Secundaria Obrigatoria consiste en lograr que as alumnas e os alumnos adquiran os elementos básicos da cultura, especialmente nos seus aspectos humanístico e artístico, científico-tecnolóxico e motor.

 

O eixe do currículo da materia de Lingua Castelá e Literatura constitúeno as competencias relacionadas coa interacción oral, escrita e audiovisual adecuadas nos distintos ámbitos e contextos e en función de diferentes propósitos comunicativos, así como co fomento do hábito lector, da interpretación de textos literarios e non literarios (académicos, sociais e propios da vida cotiá) e da apropiación dun patrimonio cultural. A reflexión explícita sobre o funcionamento da lingua proporciona a ferramenta necesaria para desenvolver a conciencia lingüística e mellorar os procesos de expresión, comprensión e recepción crítica de textos de diferentes ámbitos.

 

Os obxectivos da materia de Lingua Castelá e Literatura na Educación Secundaria Obrigatoria supoñen unha progresión con respecto aos acadados na Educación Primaria, dos que haberá que partir nesta nova etapa, para pasar dun acompañamento guiado a outro progresivamente autónomo. Esta evolución supón, alén diso, unha maior diversidade e complexidade das prácticas discursivas. Agora a atención céntrase no uso da lingua nos ámbitos educativo e social, sublíñase o papel das convencións literarias e do contexto histórico na comprensión dos textos literarios e outórgaselle un papel máis relevante á reflexión sobre o funcionamento da lingua e os seus usos.

 

Na Educación Secundaria Obrigatoria, a materia de Lingua Castelá e Literatura ten como obxectivo o desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado nas súas vertentes pragmática, lingüística, sociolingüística e literaria. Debe achegar as ferramentas e os coñecementos que articulan os procesos de comprensión e expresión oral e escrita para desenvolverse con éxito en calquera situación comunicativa. O enfoque comunicativo centrado no uso funcional da linguaxe reside na aprendizaxe das destrezas discursivas en diversos ámbitos: o das relacións persoais, o académico, o social e o dos medios de comunicación, cuxo dominio require procedementos e coñecementos explícitos, tanto dos elementos formais, como das normas sociolingüísticas que presiden os intercambios.

 

A reflexión literaria a través da lectura, a comprensión e interpretación de textos significativos da literatura española e da literatura xuvenil favorece o coñecemento das posibilidades expresivas da lingua, desenvolve a capacidade crítica e creativa dos/as estudantes, dálles acceso ao coñecemento doutras épocas e culturas, e enfróntaos a situacións que enriquecen a súa experiencia do mundo e favorecen o coñecemento de si mesmos.

 

O primeiro dos obxectivos da materia oriéntase cara o recoñecemento da diversidade lingüística e dialectal da nosa contorna, de España e do mundo, co propósito de favorecer actitudes de aprecio á devandita diversidade, de combater prexuízos e estereotipos lingüísticos e de estimular a reflexión interlingüística. Un segundo grupo de obxectivos refírese á produción, comprensión e interacción oral e escrita, incorporando as formas de comunicación mediadas pola tecnoloxía e atendendo aos diferentes ámbitos de comunicación: persoal, educativo, social e profesional. Así, os obxectivos segundo e terceiro relaciónanse coa comunicación oral; o cuarto, coa comprensión lectora, e o quinto, coa expresión escrita. A aprendizaxe da lectura estivo durante séculos vinculada de maneira case exclusiva coa lectura literaria, aínda que hai décadas que os enfoques comunicativos subliñan a necesidade de ensinar a ler todo tipo de textos, con diferentes propósitos de lectura. Por outra banda, saber ler hoxe implica tamén navegar e buscar na Rede, seleccionar a información fiable, elaborala e integrala en esquemas propios coa finalidade de transformala en coñecemento. En resposta a iso, o obxectivo sexto pon o foco na alfabetización mediática e informacional, mentres que o sétimo e o oitavo se reservan para a lectura literaria, tanto autónoma coma guiada, na aula. O obxectivo noveno atende á reflexión sobre a lingua e os seus usos, en canto que o décimo, relativo á ética da comunicación, é transversal a todos eles.

 

Os criterios de avaliación e os contidos organízanse en cinco bloques. O primeiro, «As linguas e os seus falantes», correspóndese de maneira directa co obxectivo de apreciar a diversidade lingüística do mundo a partir do recoñecemento das linguas do alumnado e da realidade plurilingüe e pluricultural de España para favorecer a reflexión interlingüística e valorar a diversidade como fonte de riqueza cultural. O segundo e o terceiro, relativos á comunicación, integran os contidos implicados na comunicación oral e escrita e na alfabetización informacional, audiovisual e mediática, vertebrados arredor da realización de tarefas de produción, revisión e edición de textos propios, xunto coa recepción, interpretación e análise crítica de textos alleos. O cuarto bloque, «Educación literaria», recolle as experiencias e os contidos necesarios para consolidar o hábito lector, conformar unha identidade lectora progresivamente autónoma, desenvolver habilidades de interpretación de textos literarios impresos e dixitais e coñecer algunhas obras relevantes da literatura española e universal, estimulando á vez a escritura creativa con intención literaria e aproximándose a prácticas culturais emerxentes. O quinto bloque, «Reflexión sobre a lingua», propón a construción guiada de conclusións sobre o sistema lingüístico, usando para iso a metalinguaxe específica e integrando os niveis morfosintáctico, semántico e pragmático no estudo das formas lingüísticas.

 

Os cinco bloques de contido establecidos para esta etapa aparecen concretados nesta proposta didáctica para 2º de ESO nas seguintes unidades didácticas:

 

1 .Empezamos un nuevo curso.

2. En la escuela.

3. Leer es vivir dos veces.

4. La amistad es un tesoro.

5.Vamos a vivir en paz.

6. Somos de colores.

7. La importancia del arte.

8. Nuestras palabras. 

9. Navegar con seguridad.

 


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Describir e apreciar a diversidade lingüística do mundo a partir do recoñecemento das linguas do alumnado e da realidade plurilingüe e pluricultural de España, analizando a orixe e o desenvolvemento sociohistórico das súas linguas e as características das principais variedades dialectais do español, para favorecer a reflexión interlingüística, combater os estereotipos e prexuízos lingüísticos e valorar esta diversidade como fonte de riqueza cultural.
OBX2 Comprender e interpretar textos orais e multimodais recollendo o sentido xeral e a información máis relevante, identificando o punto de vista e a intención do emisor e valorando a súa fiabilidade, a súa forma e o seu contido, para construír coñecemento, formarse unha opinión e ampliar as posibilidades de gozo e de lecer.
OBX3 Producir textos orais e multimodais con coherencia e fluidez e co rexistro adecuado atendendo ás convencións propias dos diferentes xéneros discursivos e participar en interaccións orais cunha actitude cooperativa e respectuosa, tanto para construír coñecemento e establecer vínculos persoais coma para intervir de maneira activa e informada en diferentes contextos sociais.
OBX4 Comprender, interpretar e valorar textos escritos, con sentido crítico e diferentes propósitos de lectura, recoñecendo o sentido global e as ideas principais e secundarias, identificando a intención do emisor, reflexionando sobre o contido e a forma e avaliando a súa calidade e fiabilidade para dar resposta a necesidades e intereses comunicativos diversos e para construír coñecemento.
OBX5 Producir textos escritos e multimodais coherentes, cohesionados, adecuados e correctos atendendo ás convencións propias do xénero discursivo elixido, para construír coñecemento e para dar resposta de maneira informada, eficaz e creativa a demandas comunicativas concretas.
OBX6 Seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes de maneira progresivamente autónoma, avaliando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de manipulación e desinformación e integrala e transformala en coñecemento para comunicala desde un punto de vista crítico e persoal e, ao mesmo tempo, respectuoso coa propiedade intelectual.
OBX7 Seleccionar e ler de maneira autónoma obras diversas como fonte de pracer e coñecemento, configurando un itinerario lector que evolucione en canto á diversidade, complexidade e calidade das obras e compartir experiencias de lectura para construír a propia identidade lectora e gozar da dimensión social da lectura.
OBX8 Ler, interpretar e valorar obras ou fragmentos literarios do patrimonio nacional e universal, utilizando unha metalinguaxe específica e mobilizando a experiencia biográfica e os coñecementos literarios e culturais que permiten establecer vínculos entre textos diversos e con outras manifestacións artísticas, para conformar un mapa cultural, ampliar as posibilidades de gozo da literatura e crear textos de intención literaria.
OBX9 Mobilizar o coñecemento sobre a estrutura da lingua e os seus usos e reflexionar de maneira progresivamente autónoma sobre as eleccións lingüísticas e discursivas, coa terminoloxía adecuada, para desenvolver a conciencia lingüística, aumentar o repertorio comunicativo e mellorar as destrezas tanto de produción oral e escrita coma de recepción crítica.
OBX10 Pór as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática, da resolución dialogada dos conflitos e da igualdade de dereitos de todas as persoas, utilizando unha linguaxe non discriminatoria e desterrando os abusos de poder a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz, senón tamén ético e democrático, da linguaxe.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Empezamos un nuevo curso Esta unidad está centrada en el estudio de la comunicación y de la unidad máxima comunicativa, es decir, el texto. También se abordará el concepto de literatura y convenciones relacionadas con los géneros literarios. 10 11
2 En la escuela Esta unidad didáctica abordará el estudio de los textos periodísticos, con especial atención a los textos periodísticos de opinión. También llevaremos a cabo una revisión de las distintas clases de palabras y analizaremos la distinción entre significado denotativo y connotativo . Por último se tratarán cuestiones relacionadas con el ritmo poético. 15 11
3 Leer es vivir dos veces Esta unidad está centrada en el estudio de los textos periodísticos informativos, el sintagma nominal y la métrica. 10 11
4 La amistad es un tesoro Esta unidad está centrada en el estudio de los recursos estilísticos y relacionados con ellos abordaremos los cambios semánticos con especial atención a la metáfora y metominia. Tambíén se estudiarán los géneros periodísticos mixtos y el sintagma adjetival. 10 12
5 Vamos a vivir en paz Esta unidad está centrada en en el análisis del sintagma verbal y el estudio de las relaciones semánticas (sinonimia, antonimia, polisemia, homonimia y paronimia). También se abordarán los subgéneros de la lírica (oda, elegía, égloga, sátira, himno,epigrama, letrillas, epitalamio y madrigal) 10 12
6 Somos de colores Esta unidad está centrada en el estudio de los textos expositivos, el sintagma adverbial, el género dramático así como de las pautas para la realización de exposiciones orales. 10 12
7 La importancia del arte Esta unidad está centrada en el estudio de los textos instructivos y el análisis sintáctico. También se abordarán los conceptos de eufemismo y palabras tabú y los subgéneros dramáticos. 10 12
8 Nuestras palabras Esta unidad está centrada en el estudio de los textos administrativos (instancias y actas) y del ¿éxico administrativo. Tan+mbién se abordará el texto narrativo con especial atención a los subgéneros: cuento, fábula y leyenda. 15 12
9 Navegar con seguridad Esta unidad está centrada en el estudio de textos digitales como correos electrónicos y la mensajería instantánea así como del vocabulario tecnológico de Internet. También se estudiarán las perífrasis verbales y los signos de puntuación. 10 12

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. As linguas e os seus falantes
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA1.1 - Recoñecer as linguas oficiais de España e as variedades dialectais do español, con atención especial ao galego e ao castelán, identificando as nocións básicas das linguas, tanto de España coma das que forman os repertorios lingüísticos do alumnado, e contrastando algúns dos seus trazos en manifestacións orais, escritas e multimodais.
CA1.2 - Identificar prexuízos e estereotipos lingüísticos adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal partindo da análise da diversidade lingüística da contorna.
CA1.3 - Identificar e evitar os usos discriminatorios da lingua, así como a manipulación a través da palabra, partindo da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais que rexen a comunicación entre as persoas.
Contidos
C1.1 - Aproximación ás linguas de signos.
C1.2 - Comparación de trazos das principais variedades dialectais do castelán, con especial atención á do propio territorio.
C1.3 - Iniciación á reflexión interlingüística.
C1.4 - Estratexias de identificación de prexuízos e estereotipos lingüísticos e exploración de formas de evitalos.
Bloque B2. Comunicación: comprensión oral e escrita
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA2.1 - Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos.
CA2.2 - Valorar a forma e o contido de textos orais e multimodais sinxelos, avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
CA2.3 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
CA2.4 - Valorar a forma e o contido de textos sinxelos, avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade, a súa eficacia e a idoneidade da canle utilizada.
CA2.5 - Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira guiada procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura.
CA2.6 - Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sostible e saudable das tecnoloxías dixitais en relación coa busca e coa comunicación da información.
CA2.7 - Identificar e solucionar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
CA2.8 - Identificar os usos discriminatorios da lingua, os abusos de poder a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe a partir da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais que rexen a comunicación entre as persoas.
Contidos
C2.1 - Xéneros discursivos desde o punto de vista da comprensión e da análise crítica de textos orais, escritos e multimodais de diferentes ámbitos.
C2.1.1 -      Comprensión e análise crítica de secuencias textuais básicas, con especial atención ás dialogadas e expositivas.
C2.1.2 -      Análise das propiedades textuais en textos sinxelos: coherencia, cohesión e adecuación.
C2.1.3 -      Xéneros discursivos propios do ámbito educativo: a exposición.
C2.1.4 -      Interpretación de xéneros discursivos propios do ámbito social. Riscos de desinformación, manipulación e vulneración da privacidade na Rede. Análise da imaxe e dos elementos paratextuais dos textos icónico-verbais e multimodais.
C2.2 - Procesos de comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
C2.2.1 -      Comprensión oral: sentido global do texto e relación entre as súas partes, selección e retención da información relevante. Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal.
C2.2.2 -      Comprensión lectora: sentido global do texto e relación entre as súas partes. A intención do emisor. Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e icónica.
C2.2.3 -      Alfabetización informacional: procura e selección da información con criterios de fiabilidade, calidade e pertinencia; análise, valoración, reorganización e síntese da información en esquemas propios e transformación en coñecemento.
C2.3 - Recoñecemento dos elementos lingüísticos en textos orais, escritos e multimodais.
C2.3.1 -      Detección dos recursos lingüísticos para mostrar a implicación do emisor nos textos: formas de deíxe (persoal, temporal e espacial) e procedementos de modalización.
C2.3.2 -      Identificación dos recursos lingüísticos para adecuar o rexistro á situación de comunicación.
C2.3.3 -      Análise dos mecanismos de cohesión. Conectores textuais temporais, explicativos, de orde e de contraste. Mecanismos de referencia interna gramaticais (substitucións pronominais e adverbiais) e léxicos (repeticións, sinónimos, campos semánticos, hiperónimos e elipses).
C2.3.4 -      Uso de dicionarios, de manuais de consulta e de correctores ortográficos en soporte analóxico ou dixital.
Bloque B3. Comunicación: expresión oral e escrita
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA3.1 - Realizar exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo axustándose ás convencións propias do xénero discursivo, con fluidez, coherencia, cohesión e co rexistro adecuado en diferentes soportes, utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
CA3.2 - Participar de maneira activa e adecuada en interaccións orais informais, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado, adoptando actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
CA3.3 - Planificar a redacción de textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle; redactar borradores e revisalos coa axuda do diálogo entre iguais e dos instrumentos de consulta e presentar un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado.
CA3.4 - Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, mostrando precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.
CA3.5 - Organizar a información e integrala en esquemas propios e reelaborala e comunicala de maneira creativa, adoptando un punto de vista crítico que respecte os principios de propiedade intelectual.
CA3.6 - Elaborar traballos de investigación de maneira guiada en diferentes soportes sobre diversos temas de interese académico, persoal ou social partindo da información seleccionada.
CA3.7 - Revisar os textos propios de maneira guiada e facer propostas de mellora, argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e interlingüística e cunha metalinguaxe específica, consultando de forma progresivamente autónoma dicionarios, manuais e gramáticas.
CA3.8 - Utilizar estratexias para a resolución dialogada dos conflitos e a procura de consensos, abarcando o ámbito persoal, educativo e social.
Contidos
C3.1 - Xéneros discursivos desde o punto de vista da produción de textos orais, escritos e multimodais de diferentes ámbitos.
C3.1.1 -      Creación de secuencias textuais, con especial atención ás dialogadas e expositivas.
C3.1.2 -      Respecto polas propiedades textuais nos escritos propios: coherencia, cohesión e adecuación.
C3.1.3 -      Xéneros discursivos do ámbito educativo: elaboración de exposicións orais e escritas.
C3.1.4 -      Xéneros discursivos propios do ámbito social. Produción de textos propios das redes sociais e medios de comunicación. Etiqueta dixital.
C3.2 - Procesos de produción de textos orais, escritos e multimodais.
C3.2.1 -      Interacción oral e escrita de carácter informal e formal: tomar e deixar a palabra. Cooperación conversacional e cortesía lingüística. Escoita activa, asertividade e resolución dialogada dos conflitos.
C3.2.2 -      Produción oral formal: planificación e procura de información, creación e revisión. Adecuación á audiencia e ao tempo de exposición. Elementos non verbais. Trazos discursivos e lingüísticos da oralidade formal.
C3.2.3 -      Produción escrita: planificación, redacción, revisión e edición en diferentes soportes. Corrección gramatical e ortográfica. Propiedade léxica. Usos da escritura para a organización do pensamento: toma de notas, esquemas, mapas conceptuais, definicións, resumos etc.
C3.2.4 -      Alfabetización mediática e informacional: reorganización e síntese da información en esquemas propios e transformación en coñecemento, comunicación e difusión creativa e respectuosa coa propiedade intelectual. Utilización de plataformas virtuais e de recursos na Rede para a realización de proxectos escolares.
C3.3 - Uso discursivo dos elementos lingüísticos en textos orais, escritos e multimodais.
C3.3.1 -      Utilización de recursos lingüísticos para amosar a implicación do emisor nos textos: formas de deíxe (persoal, temporal e espacial) e procedementos de modalización.
C3.3.2 -      Emprego de recursos lingüísticos para adecuar o rexistro á situación de comunicación.
C3.3.3 -      Mecanismos de cohesión. Emprego de conectores textuais temporais, explicativos, de orde e de contraste. Mecanismos de referencia interna gramaticais (substitucións pronominais e adverbiais) e léxicos (repeticións, sinónimos, campos semánticos, hiperónimos e elipses).
C3.3.4 -      Corrección lingüística e revisión ortográfica e gramatical dos textos. Uso de dicionarios, de manuais de consulta e de correctores ortográficos en soporte analóxico ou dixital.
C3.3.5 -      Utilización dos signos de puntuación como mecanismo organizador do texto escrito. A súa relación co significado.
Bloque B4. Educación literaria
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA4.1 - Participar de maneira activa e adecuada en interaccións orais informais acerca de obras literarias, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado (como actos culturais vinculados co circuíto literario e lector), mantendo actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
CA4.2 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos literarios escritos e multimodais sinxelos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
CA4.3 - Valorar a forma e o contido de textos literarios sinxelos avaliando a súa calidade e a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
CA4.4 - Elixir e ler textos a partir de preseleccións guiándose polos propios gustos, intereses e necesidades, deixando constancia do propio itinerario lector e da experiencia da lectura.
CA4.5 - Compartir a experiencia da lectura en soportes diversos relacionando o sentido da obra coa propia experiencia biográfica e lectora.
CA4.6 - Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración e á evolución dos xéneros e subxéneros literarios.
CA4.7 - Establecer de maneira guiada vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas e culturais en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do alumnado na lectura.
CA4.8 - Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e coa axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, partindo da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.
Contidos
C4.1 - Lectura autónoma. Implicación na lectura de obras de xeito progresivamente autónomo a partir dunha preselección de textos variados que inclúan obras de autoras e autores e reflexión sobre os textos lidos e sobre a propia práctica da lectura.
C4.1.1 -      Criterios e estratexias para a selección de obras variadas de forma orientada, a partir da exploración guiada da biblioteca escolar e pública dispoñible.
C4.1.2 -      Toma de conciencia progresiva dos propios gustos e identidade lectora.
C4.1.3 -      Participación activa en actos culturais vinculados co circuíto literario e lector.
C4.1.4 -      Estratexias de toma de conciencia dos propios gustos e identidade lectora.
C4.1.5 -      Expresión da experiencia lectora co apoio de exemplos e utilizando progresivamente unha metalinguaxe específica. Apropiación dos textos lidos a través de distintas formas de recreación.
C4.1.6 -      Mobilización da experiencia persoal e lectora como forma de establecer vínculos entre a obra lida e aspectos da actualidade, así como con outros textos e manifestacións artísticas e culturais.
C4.1.7 -      Estratexias para a recomendación das lecturas, en soportes variados, ou ben oralmente entre iguais.
C4.2 - Lectura guiada. Lectura de obras e fragmentos relevantes da literatura xuvenil contemporánea e do patrimonio literario universal, inscritas en itinerarios temáticos ou de xénero que atravesan épocas, contextos culturais e movementos artísticos.
C4.2.1 -      Estratexias para a construción compartida da interpretación das obras a través das conversas literarias, coa incorporación progresiva da metalinguaxe específica.
C4.2.2 -      Relación entre os elementos constitutivos do xénero literario e a construción do sentido da obra. Análise básica do valor dos recursos expresivos e dos seus efectos na recepción.
C4.2.3 -      Relación e comparación dos textos lidos con outros textos e con outras manifestacións artísticas e culturais en función de temas, tópicos, estruturas e linguaxes.
C4.2.4 -      Expresión pautada, a través de procesos e soportes diversificados e da interpretación e valoración persoal de obras e fragmentos literarios.
C4.2.5 -      Lectura con perspectiva de xénero. Visibilización do universo literario feminino.
C4.2.6 -      Lectura expresiva, dramatización e recitación dos textos conforme aos procesos de comprensión, apropiación e oralidade implicados.
C4.2.7 -      Creación de textos partindo da apropiación das convencións da linguaxe literaria e en referencia a modelos dados (imitación, transformación, continuación etc.).
Bloque B5. Reflexión sobre a lingua
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA5.1 - Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.
CA5.2 - Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira guiada procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e adoptando un punto de vista crítico e de respecto aos principios de propiedade intelectual.
CA5.3 - Revisar os textos propios de maneira guiada e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e interlingüística e cunha metalinguaxe específica e identificar e solucionar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
CA5.4 - Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e unha metalinguaxe específica.
CA5.5 - Formular xeneralizacións sobre aspectos básicos do funcionamento da lingua a partir da observación, comparación e transformación de enunciados, así como da formulación de hipóteses e da procura de contraexemplos, utilizando unha metalinguaxe específica e consultando de maneira guiada dicionarios, manuais e gramáticas.
Contidos
C5.1 - Elaboración de conclusións propias sobre o funcionamento do sistema lingüístico cunha linguaxe específica a partir da observación, comparación e clasificación de unidades comunicativas e do contraste entre linguas.
C5.1.1 -      Distinción entre a forma (categoría gramatical) e a función das palabras (funcións sintácticas) e coñecemento dos procedementos léxicos (afixos) e sintácticos para a mudanza de categoría. Orde das palabras e concordancia.
C5.1.2 -      Relación entre os esquemas semántico e sintáctico da oración simple. Observación e transformación de enunciados de acordo con estes esquemas e uso da terminoloxía sintáctica necesaria.
C5.1.3 -      Procedementos de adquisición e formación de palabras. Reflexión sobre os cambios no seu significado, as relacións semánticas entre palabras e os seus valores denotativos e connotativos en función do contexto e do propósito comunicativo.
C5.1.4 -      Estratexias de uso progresivamente autónomo de dicionarios e manuais de gramática para obter información gramatical básica.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Empezamos un nuevo curso
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Recoñecer as linguas oficiais de España e as variedades dialectais do español, con atención especial ao galego e ao castelán, identificando as nocións básicas das linguas, tanto de España coma das que forman os repertorios lingüísticos do alumnado, e contrastando algúns dos seus trazos en manifestacións orais, escritas e multimodais.
Proba escrita
Proba práctica na que o alumnado deberá, como mínimo, diferenciar as variedades dialectais do castelán. 45
CA1.2 Identificar prexuízos e estereotipos lingüísticos adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal partindo da análise da diversidade lingüística da contorna.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá valorar a riqueza cultural que supón a diversidade lingüística e ser respectuoso coas diferentes linguas e dialectos. Iniciará unha aproximación ás linguas de signos. 25
CA1.3 Identificar e evitar os usos discriminatorios da lingua, así como a manipulación a través da palabra, partindo da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais que rexen a comunicación entre as persoas.
Táboa de indicadores
O alumnado evitará os prexuízos e estereotipos lingüísticos e terá que identificar os elementos verbais e non verbais que resulten discriminatorios. 30

2 En la escuela
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA5.1 Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá prestar especial atención ás relacións semánticas entre palabras e os seus valores denotativos e connotativos en función do contexto e do propósito comunicativo. 15
CA5.2 Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira guiada procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e adoptando un punto de vista crítico e de respecto aos principios de propiedade intelectual.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá facer un uso progresivamente autónomo de dicionarios e manuais de gramática para obter información gramatical básica. 15
CA5.3 Revisar os textos propios de maneira guiada e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e interlingüística e cunha metalinguaxe específica e identificar e solucionar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
Táboa de indicadores
Mediante a transformación de enunciados, o alumnado incluirá propostas de mellora atendendo á relación entre os esquemas semántico e sintáctico da oración simple. 20
CA5.4 Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e unha metalinguaxe específica.
Proba escrita
O alumnado deberá ser capaz de identificar as categorías gramaticais predominantes nas diferentes tipoloxías textuais en función do propósito comunicativo. 25
CA5.5 Formular xeneralizacións sobre aspectos básicos do funcionamento da lingua a partir da observación, comparación e transformación de enunciados, así como da formulación de hipóteses e da procura de contraexemplos, utilizando unha metalinguaxe específica e consultando de maneira guiada dicionarios, manuais e gramáticas.
Proba escrita
O alumnado identificará as clases de palabras e explicará, como mínimo, a mudanza de categoría gramatical mediante a utilización de afixos. Deberá recoñecer tamén as funcións sintácticas. 25

3 Leer es vivir dos veces
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1 Participar de maneira activa e adecuada en interaccións orais informais acerca de obras literarias, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado (como actos culturais vinculados co circuíto literario e lector), mantendo actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
Táboa de indicadores
O alumnado realizará unha escoita activa, respectará as opinións alleas e exporá con claridade expositiva e solidez argumentativa as súas achegas arredor dos relatos audiovisuais creados na aula. 10
CA4.2 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos literarios escritos e multimodais sinxelos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
Proba escrita
O alumnado será capaz de comprender e analizar as ideas fundamentais dos textos literarios, interpretando correctamente a intencionalidade do emisor e a situación comunicativa descrita na obra. 15
CA4.3 Valorar a forma e o contido de textos literarios sinxelos avaliando a súa calidade e a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Proba escrita
En contos literarios sinxelos, o alumnado deberá localizar os principais recursos expresivos e características formais e temáticas presentes neles, valorando o seu efecto sobre o receptor. 15
CA4.4 Elixir e ler textos a partir de preseleccións guiándose polos propios gustos, intereses e necesidades, deixando constancia do propio itinerario lector e da experiencia da lectura.
Táboa de indicadores
O alumnado escollerá un dos textos da narrativa universal actual que integran a escolma proporcionada en clase e expresará de forma argumentada os motivos da súa elección e a súa experiencia lectora. 10
CA4.5 Compartir a experiencia da lectura en soportes diversos relacionando o sentido da obra coa propia experiencia biográfica e lectora.
Táboa de indicadores
O alumnado será quen de realizar e compartir coa clase a análise dunha obra procedente da narrativa universal actual, empregando unha guía de lectura para expresar as súas conclusións interpretativas. 10
CA4.6 Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración e á evolución dos xéneros e subxéneros literarios.
Proba escrita
O alumnado será capaz de interpretar coa axuda dunha guía de lectura os textos lidos, vinculándoos ao contexto da obra, á corrente literaria á e ás características dos xéneros e subxéneros estudados. 10
CA4.7 Establecer de maneira guiada vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas e culturais en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do alumnado na lectura.
Táboa de indicadores
O alumnado será quen de establecer vínculos entre os contos lidos, agrupalos en parentescos literarios e relacionalos con outras expresións artísticas como os anuncios publicitarios revisados na aula. 15
CA4.8 Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e coa axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, partindo da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.
Proba escrita
O alumnado será quen de producir textos de intención literaria respectando as convencións dos xéneros e empregando con eficacia os principais recursos expresivos a través dun formato audiovisual. 15

4 La amistad es un tesoro
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.3 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
Proba escrita
O alumnado terá que responder a preguntas precisas sobre o sentido global, a intención do emisor, a estrutura do texto expositivo e a información máis importante. 10
CA2.4 Valorar a forma e o contido de textos sinxelos, avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade, a súa eficacia e a idoneidade da canle utilizada.
Proba escrita
O alumnado deberá recoñecer os procedementos expositivos máis habituais: definicións, enumeración de propiedades, exemplificacións e analoxías. 10
CA2.5 Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira guiada procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura.
Proba escrita
Os alumnos e as alumnas teñen que discriminar a información en función da súa fiabilidade e pertinencia á hora de documentarse para elaborar textos expositivos. 10
CA2.7 Identificar e solucionar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
Táboa de indicadores
Os alumnos e as alumnas terán que deducir o significado das palabras a partir de formantes coñecidos e utilizar adecuadamente o dicionario nos restantes casos. 5
CA3.1 Realizar exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo axustándose ás convencións propias do xénero discursivo, con fluidez, coherencia, cohesión e co rexistro adecuado en diferentes soportes, utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
Táboa de indicadores
O alumnado será quen de producir textos expositivos orais adecuados, coherentes e ben cohesionados con fluidez, adaptándose ao tempo predeterminado. 15
CA3.3 Planificar a redacción de textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle; redactar borradores e revisalos coa axuda do diálogo entre iguais e dos instrumentos de consulta e presentar un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado.
Táboa de indicadores
As alumnas e os alumnos terán que elaborar borradores e presentar textos expositivos escritos ben estruturados nos que expliquen a cuestión tratada de forma clara e ordenada. 10
CA3.4 Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, mostrando precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá incorporar aos seus textos expositivos vocabulario rigorosamente denotativo, tecnicismos, conectores textuais para organizar a información e oracións de modalidade enunciativa. 10
CA3.5 Organizar a información e integrala en esquemas propios e reelaborala e comunicala de maneira creativa, adoptando un punto de vista crítico que respecte os principios de propiedade intelectual.
Táboa de indicadores
Os textos expositivos que elabore o alumnado axustaranse ao esquema básico de introdución, desenvolvemento e conclusión, cunha ordenación lóxica dos contidos (estrutura analizante ou sintetizante). 10
CA3.6 Elaborar traballos de investigación de maneira guiada en diferentes soportes sobre diversos temas de interese académico, persoal ou social partindo da información seleccionada.
Proba escrita
O alumnado prestará especial atención á adecuación (rexistro), o respecto polas convencións dos textos expositivos, a ortografía, a presentación e a elección correcta do léxico. 15
CA3.7 Revisar os textos propios de maneira guiada e facer propostas de mellora, argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e interlingüística e cunha metalinguaxe específica, consultando de forma progresivamente autónoma dicionarios, manuais e gramáticas.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá verificar o uso da terceira persoa, o predominio do presente de indicativo, o uso habitual das oracións impersonais e atributivas, así como o emprego recorrente da coordinación. 5

5 Vamos a vivir en paz
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos.
Proba escrita
O alumnado deberá ser capaz, como mínimo, de captar a idea principal e a información máis relevante dos textos dialogados. 20
CA2.2 Valorar a forma e o contido de textos orais e multimodais sinxelos, avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Proba escrita
Os alumnos e as alumnas terán que valorar a axilidade e a naturalidade propias dos textos dialogados e identificar o uso de vocativos, retrousos, interxeccións e exclamacións. 15
CA2.8 Identificar os usos discriminatorios da lingua, os abusos de poder a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe a partir da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais que rexen a comunicación entre as persoas.
Táboa de indicadores
O alumnado será quen de identificar e evitar a expresións sexistas ou discriminatorias. 15
CA3.2 Participar de maneira activa e adecuada en interaccións orais informais, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado, adoptando actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
Táboa de indicadores
Ademais de participar activamente e respectar a quenda de palabra, o alumnado deberá ser claro e cortés: ofrecerá opcións sen impoñer o seu criterio, cooperará e recorrerá a usos verbais mitigadores. 20
CA3.5 Organizar a información e integrala en esquemas propios e reelaborala e comunicala de maneira creativa, adoptando un punto de vista crítico que respecte os principios de propiedade intelectual.
Táboa de indicadores
Na confrontación de opinións propia dos debates, o alumnado deberá participar con intervencións curtas e dinámicas nas que, tras unha escoita activa, persuada expoñendo as ideas de forma creativa. 15
CA3.8 Utilizar estratexias para a resolución dialogada dos conflitos e a procura de consensos, abarcando o ámbito persoal, educativo e social.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá coñecer e respectar as normas de interacción e de cortesía lingüística. 15

6 Somos de colores
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1 Participar de maneira activa e adecuada en interaccións orais informais acerca de obras literarias, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado (como actos culturais vinculados co circuíto literario e lector), mantendo actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
Táboa de indicadores
O alumnado realizará unha escoita activa, respectará as opinións alleas e exporá con claridade expositiva e solidez argumentativa as súas achegas arredor dos temas da novela gráfica Persépole. 10
CA4.2 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos literarios escritos e multimodais sinxelos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
Proba escrita
O alumnado será quen de comprender e analizar as ideas fundamentais de Persépole e da súa versión teatral, interpretando axeitadamente a intención do emisor e a situación comunicativa descrita. 15
CA4.3 Valorar a forma e o contido de textos literarios sinxelos avaliando a súa calidade e a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Proba escrita
O alumnado deberá localizar os principais recursos expresivos e características formais e temáticas presentes en Persépole e na súa adaptación teatral, valorando o seu efecto sobre o receptor. 15
CA4.5 Compartir a experiencia da lectura en soportes diversos relacionando o sentido da obra coa propia experiencia biográfica e lectora.
Táboa de indicadores
O alumnado será quen de compartir coa clase a análise comparativa entre a novela gráfica Persépole e a súa versión teatral, incidindo nas consecuencias das desigualdades sociais vinculadas á muller. 15
CA4.6 Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración e á evolución dos xéneros e subxéneros literarios.
Proba escrita
O alumnado será capaz de interpretar coa axuda dunha guía de lectura ambos textos, vinculándoos ao contexto da obra, á corrente literaria á e ás características dos xéneros e subxéneros estudados. 15
CA4.7 Establecer de maneira guiada vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas e culturais en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do alumnado na lectura.
Táboa de indicadores
O alumnado establecerá vínculos entre Persépole, a súa versión teatral e outras obras que denuncian as desigualdades de xénero, relacionándoos con outras expresións artísticas como o cómic. 15
CA4.8 Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e coa axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, partindo da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.
Proba escrita
En pequenos grupos, o alumnado será quen de producir textos de intención literaria respectando as convencións xenéricas en diversos formatos a partir dunha listaxe de proxectos proporcionados na aula. 15

7 La importancia del arte
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.3 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
Proba escrita
O alumnado terá que responder adecuadamente a preguntas precisas sobre o sentido global, a intención do emisor, a estrutura de textos multimodais propios da Rede e a súa información máis importante. 20
CA2.4 Valorar a forma e o contido de textos sinxelos, avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade, a súa eficacia e a idoneidade da canle utilizada.
Proba escrita
En textos escritos sinxelos, o alumnado será quen de valorar a calidade, a fiabilidade e os principais procedementos comunicativos empregados para enriquecelos. 15
CA2.5 Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira guiada procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura.
Táboa de indicadores
Os alumnos e as alumnas teñen que discriminar a información útil e percibir as diferenzas entre a información e as opinións. 15
CA2.6 Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sostible e saudable das tecnoloxías dixitais en relación coa busca e coa comunicación da información.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá ser capaz de valorar a fiabilidade das fontes nas que se informa e ser consciente dos perigos que supón para a privacidade facilitar información persoal na Rede. 15
CA2.8 Identificar os usos discriminatorios da lingua, os abusos de poder a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe a partir da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais que rexen a comunicación entre as persoas.
Táboa de indicadores
O alumnado terá que detectar, como mínimo, os usos sexistas e discriminatorios na linguaxe verbal e icónica. 10
CA3.3 Planificar a redacción de textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle; redactar borradores e revisalos coa axuda do diálogo entre iguais e dos instrumentos de consulta e presentar un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado.
Proba escrita
O alumnado será quen de producir textos propios das redes sociais utilizando o rexistro adecuado e presentando as ideas de maneira coherente e cohesionada. 15
CA3.7 Revisar os textos propios de maneira guiada e facer propostas de mellora, argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e interlingüística e cunha metalinguaxe específica, consultando de forma progresivamente autónoma dicionarios, manuais e gramáticas.
Táboa de indicadores
O alumnado utilizará correctamente o dicionario, os manuais de consulta e os correctores ortográficos para a revisión lingüística, ortográfica e gramatical dos textos (signos de puntuación incluídos). 10

8 Nuestras palabras
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.2 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos literarios escritos e multimodais sinxelos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
Proba escrita
O alumnado será quen de comprender e analizar composicións seleccionadas da lírica actual, interpretando axeitadamente a intención do emisor e a situación comunicativa descrita. 20
CA4.3 Valorar a forma e o contido de textos literarios sinxelos avaliando a súa calidade e a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Proba escrita
En textos procedentes da lírica actual, o alumnado deberá localizar os principais recursos expresivos e características formais e temáticas presentes neles, valorando o seu efecto sobre o receptor. 20
CA4.4 Elixir e ler textos a partir de preseleccións guiándose polos propios gustos, intereses e necesidades, deixando constancia do propio itinerario lector e da experiencia da lectura.
Táboa de indicadores
Cada alumno/a escollerá dous poemas da escolma proporcionada en clase e expresará de forma argumentada os motivos da súa elección, vinculándoos con outras mostras poéticas coñecidas por el/ela. 10
CA4.5 Compartir a experiencia da lectura en soportes diversos relacionando o sentido da obra coa propia experiencia biográfica e lectora.
Táboa de indicadores
O alumnado será quen de compartir coa clase a análise das dúas composicións líricas escollidas, empregando unha guía de lectura para expresar as súas conclusións interpretativas. 10
CA4.6 Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración e á evolución dos xéneros e subxéneros literarios.
Proba escrita
O alumnado será capaz de interpretar coa axuda dunha guía de lectura os textos lidos, vinculándoos ao contexto da obra, á corrente literaria á e ás características dos xéneros e subxéneros estudados. 10
CA4.7 Establecer de maneira guiada vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas e culturais en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do alumnado na lectura.
Táboa de indicadores
O alumnado será quen de establecer vínculos entre os textos lidos, agrupalos en parentescos literarios e relacionalos con outras expresións artísticas como os collage, a pintura e as matemáticas. 15
CA4.8 Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e coa axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, partindo da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.
Proba escrita
Nun obradoiro de escritura creativa, o alumnado será quen de producir mostras de cadáveres exquisitos e poemas elásticos, en diversos formatos, respectando as convencións xenéricas e artísticas. 15

9 Navegar con seguridad
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos.
Proba escrita
O alumnado deberá ser capaz, como mínimo, de captar a idea principal e a información máis relevante dos textos argumentativos dixitais 15
CA2.2 Valorar a forma e o contido de textos orais e multimodais sinxelos, avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Proba escrita
O alumnado terá que valorar a axilidade e a naturalidade propias dos textos dialogados e identificar o uso de vocativos, retrousos, interxeccións e exclamacións. 10
CA2.3 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
Proba escrita
O alumno deberá contestar a varias preguntas relacionadas coa comprensión lectora de varios textos e analizar a súa estrutura 15
CA2.4 Valorar a forma e o contido de textos sinxelos, avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade, a súa eficacia e a idoneidade da canle utilizada.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá recoñecer os procedementos expositivos máis habituais: definicións, enumeración de propiedades, exemplificacións e analoxías. 10
CA2.5 Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira guiada procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura.
Táboa de indicadores
Os alumnos e as alumnas teñen que discriminar a información en función da súa fiabilidade e pertinencia á hora de documentarse para elaborar textos expositivos. 10
CA2.6 Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sostible e saudable das tecnoloxías dixitais en relación coa busca e coa comunicación da información.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá ser capaz de valorar a fiabilidade das fontes nas que se informa e ser consciente dos perigos que supón para a privacidade facilitar información persoal na Rede. 10
CA3.3 Planificar a redacción de textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle; redactar borradores e revisalos coa axuda do diálogo entre iguais e dos instrumentos de consulta e presentar un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado.
Táboa de indicadores
As alumnas e os alumnos terán que elaborar borradores e presentar textos expositivos escritos ben estruturados nos que expliquen a cuestión tratada de forma clara e ordenada. 10
CA3.4 Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, mostrando precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá incorporar aos seus textos expositivos vocabulario rigorosamente denotativo, tecnicismos, conectores textuais para organizar a información e oracións de modalidade enunciativa. 10
CA3.7 Revisar os textos propios de maneira guiada e facer propostas de mellora, argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e interlingüística e cunha metalinguaxe específica, consultando de forma progresivamente autónoma dicionarios, manuais e gramáticas.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá verificar o uso da terceira persoa, o predominio do presente de indicativo, o uso habitual das oracións impersonais e atributivas, así como o emprego recorrente da coordinación. 10

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


A intervención educativa en Lingua Castelá e Literatura debe desenvolver de xeito gradual e progresivo as aprendizaxes que faciliten ao alumnado a consecución dos obxectivos da materia e da etapa, así como unha axeitada adquisición das competencias clave. Este enfoque metodolóxico require partir, polo tanto, do nivel competencial previo do alumnado para acadar unha aprendizaxe significativa, eficaz, funcional e aplicable á realidade máis próxima dos/as estudantes. Trátase, pois, de deseñar unha metodoloxía activa, baseada fundamentalmente na dimensión investigadora do alumnado e na toma de decisións responsables, asentadas no pensamento crítico e reflexivo, a través da elaboración de actividades que precisen dun proceso de descubrimento e análise progresivamente autónomos, así como do razoamento e resolución lóxica de problemas. De aí a importancia de empregar métodos diferenciados para dar acollida e resposta aos diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado, favorecendo e fomentando a capacidade de aprender por si mesmos. Atenderase, polo tanto, á diversidade a través de propostas individualizadas en función das necesidades detectadas: aplicación de adaptacións curriculares significativas, dinámicas de reforzo educativo dentro e fóra da aula ordinaria, agrupamentos flexibles, actividades específicas para abordar as destrezas nas que se observen maiores dificultades (comprensión e expresión oral e escrita, comunicación, reflexión lingüística, educación literaria, resolución de problemas, razoamento lóxico, desenvolvemento do pensamento abstracto...).

 

Para que esta metodoloxía acade a efectividade desexada, é imprescindible outorgarlle un carácter interdisciplinar, relacionando a materia de Lingua Castelá e Literatura con outras disciplinas do currículo, traballando de maneira conxunta as competencias clave e dotando ao alumnado da capacidade lingüística que lle permita amosar, relacionar e extrapolar de forma coherente, cohesionada e adecuada os coñecementos adquiridos noutras materias. A colaboración transversal cos departamentos lingüísticos dos centros, co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e coa Biblioteca Escolar constituirá un apoio importante para mellorar a asimilación de capacidades e coñecementos sobre a comunicación. Todos eles, de xeito coordinado, deberán contribuír a mellorar os procesos de produción e recepción oral, escrita e multimodal, así como a alfabetización informacional. As accións concretas favorecen a creación e organización de proxectos colaborativos e significativos para o alumnado. Neste sentido, o deseño de tarefas cooperativas basearase en contextos auténticos e recoñecibles que teñan en conta as vivencias particulares do alumnado, potenciando que cada estudante, dentro do grupo, dispoña dos tempos e espazos necesarios para o recoñecemento da súa valía persoal e da súa capacidade para contribuír a desenvolver a actividade, reforzando así a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade.

 

Estes principios metodolóxicos han de aplicarse arredor de contidos concretos, polo que convén definir o seu campo de actuación en conexión coas actividades máis relevantes da materia de Lingua Castelá e Literatura, relacionadas cos seus bloques de contido: As linguas e os seus falantes, Comunicación, Educación literaria e Reflexión sobre a lingua. Polo tanto, plantexarase o traballo na aula a partir das seguintes concrecións metodolóxicas:

 

1) Deseño de actividades a partir de textos extraídos do ámbito persoal, social e académico do alumnado. Estas tarefas, diversificadas e organizadas por niveis de dificultade, permitirán o traballo competencial e favorecerán o desenvolvemento do pensamento crítico e creativo.

 

2) Distribución flexible dos espazos, sempre que sexa posible, propiciando o traballo colaborativo a través de distintos tipos de agrupamentos. Así, o gran grupo é axeitado para a posta en común e corrección de tarefas, a identificación dos coñecementos previos do alumnado á hora de iniciar unha nova unidade didáctica, a revisión e síntese final, os debates, a realización de exposicións orais ou multimedia ou o visionado de recursos audiovisuais. Os pequenos grupos son idóneos para o desenvolvemento de proxectos de investigación. Pola súa parte, o traballo por parellas enriquece as exposicións orais e as actividades de creación literaria. Finalmente, as actividades individuais son aplicables ás probas escritas, ás actividades de reforzo ou á lectura interior.

 

3) Emprego de estratexias para a comprensión e a recomendación lectora:

 

-Lectura compartida de textos propios do ámbito persoal, social e académico para procurar a interacción entre iguais, posto que todo o alumnado participará na lectura en voz alta dos fragmentos escollidos, a escoita activa, a comprensión oral e a explicación e argumentación arredor da interpretación dos mesmos.

 

-Lectura de textos adscritos aos distintos xéneros discursivos para captar a información esencial, realizar as inferencias necesarias para a súa correcta comprensión, recoñecer a idea principal e as secundarias, identificar a súa estrutura e interpretar os fragmentos propostos tendo en conta as súas características formais e temáticas.

 

-Lectura dixital (e-book, blogues, foros, wikis, textos procedentes das redes sociais), para o desenvolvemento dunha competencia lectora parcialmente diferente á empregada na comprensión e análise dos textos impresos. No caso dos xéneros dixitais, é necesaria a correcta observación e interpretación do hipertexto para asimilar completamente a multiplicidade de significados do fragmento base.

 

-Lectura comprensiva e expresiva de textos pertencentes aos distintos xéneros literarios (lectura compartida, recitado de poemas, dramatización de textos dialogados), arredor de temas próximos á realidade e aos gustos do alumnado, acompañados de estratexias de comprensión lectora, como a aclaración dos propósitos de lectura, a activación dos coñecementos previos dos estudantes, a atención aos contidos principais do texto e a formulación de predicións de lectura.

 

-Realización dun obradoiro de lectura e escritura creativa na aula para o desenvolvemento de actividades que vinculen as obras lidas con certos aspectos de actualidade, outros textos e manifestacións artísticas e culturais. A partir da lectura das obras seleccionadas, deseñaranse catálogos ou menús literarios, produtos multimedia nas que se condensen as reflexións e conclusións de lectura e coloquios literarios.

 

-Composición de recomendacións ou recensións das obras de lectura traballadas a través de exposicións orais, booktrailers e outras aplicacións multimedia de carácter compilatorio.

 

4) Utilización de recursos para mellorar a oralidade a través de actividades contextualizadas en situacións reais e próximas ao alumnado, mediante o emprego de audios, vídeos e recreación de conversas veraces que poidan producirse na contorna dos estudantes. Proporase, así, unha ampla variedade de situacións comunicativas espontáneas e planificadas e de contextos formais e informais, co fin de abordar desde un punto de vista eminentemente práctico os distintos rexistros, elementos e principios da comunicación.

 

5) Creación de textos escritos con diversas finalidades (narrar, describir, informar, expoñer, argumentar...), pertencentes aos ámbitos persoal, social e académico, seguindo as distintas fases da construción textual: a planificación das ideas a través dun borrador, determinando o propósito comunicativo e o destinatario; a redacción; a revisión e a edición final, incidindo na corrección formal (puntuación, ortografía, estruturas gramaticais, ampliación de vocabulario e presentación).

 

6) Elaboración de resumos, esquemas, sínteses e mapas conceptuais a partir de textos orais e escritos para fomentar no alumnado a conciencia da propia comprensión textual.

 

7) Exercitación de comentarios e actividades de comprensión de textos escritos e multimodais literarios e non literarios a través de tarefas secuenciadas e guiadas referidas á forma e ao contido dos fragmentos propostos.

 

8) Creación de textos con intención literaria a partir de modelos dados ou de discursos non literarios (noticias, reportaxes, crónicas, textos instrutivos...).

 

9) Emprego de dicionarios impresos e dixitais, propiciando o seu uso como unha forma de ampliar o caudal léxico do alumnado e resolver as súas dúbidas lingüísticas e morfosintácticas. Realizaranse, ademais, actividades para a composición e deseño de glosarios temáticos.

 

10) Manexo dos recursos propios das Tecnoloxías da Información e a Comunicación para a procura de datos, a realización de traballos multimedia, a consulta da prensa dixital e a creación de espazos virtuais con material didáctico integrado.

 

11) Utilización dos fondos, servizos e recursos da Biblioteca escolar como espazo creativo de aprendizaxe e construción de novos coñecementos a través da consulta de libros, dicionarios, xornais, materiais audiovisuais, potenciando tamén a lectura autónoma para a creación dunha identidade lectora sólida e definida, fundamentada no enriquecemento cultural e a interrelación entre as distintas áreas do saber.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Documentos e recursos elaborados ou facilitados polo docente.
Escolma de textos variados orais, escritos e multimodais en diversos formatos e soportes.
Selección de fragmentos e/ou obras de lectura obrigatorias e voluntarias coas súas correspondentes guías de lectura.
Boletíns con actividades de reforzo, ampliación e recuperación.
Actividades interactivas, animacións, vídeos e espazos dixitais para a construción de novas aprendizaxes.
Recursos e aplicacións informáticas e multimedia.
Materiais de investigación e consulta.
Emprego do debate como ferramenta que estimula o seu interese e a súa capacidade para reflexionar, relacionar, consolidar coñecementos, respectar opinións e extraer conclusións.

A selección dos materiais docentes que integran a programación didáctica da materia de Lingua Castelá e Literatura debe adaptarse ao modelo de intervención educativa proposto. Neste sentido, ha de dar resposta á adecuación ao contexto do centro, á correspondencia cos obxectivos trazados, á coherencia cos contidos e temas transversais estudados e o seu grao de adquisición e dificultade e aos criterios de avaliación definidos para cada curso. Ademais, debe abarcar unha grande variedade de actividades individuais e grupais que poñan en práctica os conceptos e procedementos estudados e aborden axeitadamente a atención á diversidade na aula. Finalmente, todos os recursos utilizados han de presentar unha claridade expositiva que favoreza a inmediata comprensión oral e escrita do alumnado.

 

Así pois, a proposta metodolóxica para a materia de Lingua Castelá e Literatura supón, ademais dos materiais teóricos necesarios para o desenvolvemento de cada unidade didáctica, o emprego dunha grande variedade de textos orais, escritos e multimodais procedentes de diversas tipoloxías e situacións comunicativas para a súa análise e comentario.

 

O achegamento do alumnado á realidade na que vive a través da interpretación textual outorga á materia unha dimensión funcional innegable. Por iso, convén traballar tamén con discursos extraídos dos xéneros xornalísticos, que aproximen aos estudantes á comprensión de temas de actualidade e lles permitan ser críticos co contexto que os rodea.

 

A escolma de fragmentos e obras de lectura obrigatorias e voluntarias, como obxecto de observación, reflexión e crítica, pretende favorecer o hábito lector do alumnado, partindo de textos próximos aos seus intereses e expectativas para ir achegándoos progresivamente á literatura clásica.

 

O emprego de fichas de traballo, actividades interactivas, animacións, vídeos e aplicacións multimedia permiten o reforzo, consolidación e afondamento das aprendizaxes adquiridas, a escoita activa, a empatía e o debate a través de tarefas competenciais próximas á realidade do alumnado. Favorece tamén a investigación sobre temas de actualidade e problemas reais e a activación de estratexias e mecanismos de comprensión lectora a partir de textos literarios e non literarios, posto que implica a procura de información, a interpretación e relación dos datos obtidos e a reflexión sobre o contido e a forma.

 

O visionado de material cinematográfico e audiovisual sentará as bases do coloquio posterior e servirá para afondar nos contidos abordados en cada unidade, ademais de propiciar o traballo investigador, grupal e por proxectos proposto nalgunha das unidades didácticas da materia.

 

O emprego das TIC constitúe un recurso ineludible, pois actúa como ferramenta fundamental para a obtención de información, a súa transformación en coñecemento propio e a difusión dos resultados de proxectos e traballos de investigación. Neste sentido, recoméndanse, entre outros, os seguintes materiais de consulta:

 

Dicionario da Real Academia Española: www.rae.es

Dicionario Panhispánico de Dúbidas: www.rae.es/dpd

Medios de comunicación: https://www.prensaescrita.com/prensadigital.php

Compilación da obra lírica dos poetas más relevantes en lingua castelá: www.los-poetas.com

Espazo para a creación poética propia, a confección de libros virtuais, a compilación lírica e o comentario de textos de outros autores: www.poemas-del-alma.com

Ampla colección de audio e videopoemas: www.palabravirtual.com

Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes: http://cervantesvirtual.com

Testeando. Xogos de preguntas e respostas de opcións distribuídos por niveis educativos: https://www.testeando.es/

Portal de recursos educativos Leer.es: https://leer.es/

Prácticas de lectura intensiva e comprensión lectora: http://www.xtec.cat/~jgenover/complec.htm

Biblioteca dixital con máis de catro mil títulos de Literatura clásica e contemporánea en castelán: http://eleo.mecd.gob.es/opac/?locale=es#indice

Plataforma educativa para traballar a comprensión lectora: https://www.intralineas.com/

Materiales de Lengua y Literatura: http://www.materialesdelengua.org/

Aula de Letras: http://www.auladeletras.net/Aula_de_Letras/Inicio/Inicio.html

Morderse la lengua: https://cvc.cervantes.es/actcult/morderse_lengua/default.htm

Analizador morfosintáctico do Ministerio de Educación: https://intef.es/?enlace=1&prev=2

Exercicios interactivos para traballar o léxico: http://www.xtec.cat/~jgenover/lexico.htm

Actividades interactivas sobre sintaxe: http://www.xtec.cat/~jgenover/sinta.htm

Actividades interactivas sobre ortografía, lingua e diversidade: http://www.xtec.cat/~jgenover/miscel.html

Páxina web do ITE (Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas: https://intef.es/recursos-educativos/recursos-para-el-aprendizaje-en-linea/


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Na primeira semana de clase, haberá unha proba escrita que recabará datos para a avaliación inicial. A proba constará de dúas partes: comentario de texto e cuestionario tipo test. O comentario de texto avalía especificamente a capacidade de comprensión e expresión escrita, e o test recolle os contidos curriculares básicos da materia a nivel de 1º de ESO.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 10.0 15.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 15.0 10.0 100.0
Proba escrita 45.0 50.0 55.0 45.0 35.0 60.0 50.0 65.0 40.0 50.25
Táboa de indicadores 55.0 50.0 45.0 55.0 65.0 40.0 50.0 35.0 60.0 49.75

A. VALORACIÓN DA COMPETENCIA LINGÜÍSTICA.

Xa que esta competencia é na que se basea a programación de Lingua Castelá e Literatura e na que deben centrarse o maior número de observacións y valoracións, daráselle o peso da cualificación final desta área ou materia.

1. Controis periódicos: un 70 % da nota trimestral. Farase a media destas probas, que se valorarán de 0 a 10 puntos. Estos controis incluen:

1.1. Controis de aproximadamente un tema e medio. 70% obtido das cualificacións das probas obxectivas que se programarán para cada trimestre. Realizaranse dous controis ó longo de cada avaliación (6 en total), cun valor individual do 35% da nota trimestral, sendo necesario obter polo menos un 3.5 en cada un deles para que se faga media co anterior ou seguinte.

 

2. Controis de lectura (avaliase comprensión e expresión oral ou escrita): un 10% da nota trimestral. Ainda que as lecturas o son de forma obrigatoria, o Departamento acordou ofrecer ó alumnado un estímulo á lectura, que revirta directamente nas súas cualificacións. Propóñense como lecturas obrigatorias tres libros, un por trimestre, que se avaliarán mediante exames e / ou traballos. Se no se len, ainda que o alumno/a non suspenderá a asignatura, terá que recuperar as probas específicas (exame e/ou traballo) para demostrar telos lido.

Os alumnos poden ler, opcionalmente, algún libro de lectura proposto polo profesor para "redondear" a nota dentro dese 10% do apartado 2. Cada libro incrementa entre 0.25 y 0.5 puntos a nota trimestral dependendo do seu tamaño, dificultade de comprensión, etc. Cos libros de lectura voluntaria poderase mellorar ata un máximo de 0.5 puntos por avaliación.

 

B. COMPETENCIA PERSOAL, SOCIAL E DE APRENDER A APRENDER.

A competencia de aprender a aprender relacionase cas aprendizaxes que o alumno/a desenvolve e mellora por sí mesmo coa axuda do ou da docente. Por esa razón incluímos aquí as tarefas completadas diariamente polo alumnado, na aula ou na casa.

- Traballo diario: 10 % da nota trimestral que se valorarán cun número de obsevacións a cada alumno por trimestre que oscilará entre as 5 e as 10, detalladas no caderno do profesor. Inclue:

o As tarefas diarias, tanto as realizadas na clase como na casa. En 2º de la ESO medirase, ademáis, a destreza na resolución de tarefas en formato dixital.

o Prácticas de exercicios específicos que o profesor/a recolla coa intención de devolverllas ó alumnado unha vez corrixidas. Avaliaranse exercicios en formatos tradicionais e/ou en formato dixital.

Realización dun caderno de ortografía (cando o profesor ou profesora o considere oportuno).

C. COMPETENCIAS DIXITAL, CIDADÁ E DE CONCIENCIA Y EXPRESIÓNS CULTURAIS.

Un 5% da cualificación trimestral, presente tamén na avaliación ordinaria, procederá das probas orais (exposición oral de contidos que se preguntarán a diario) ou os pequenos traballos de investigación (p. ex. Un pequeno ensaio, análise dunha canción, lectura de un poema, etc.), que irán acompañados dun soporte dixital (por exemplo, diapositivas). En 2º de la ESO este 5% tamén terá relación directa coa destreza na resolución de tarefas en formato dixital.

O 5% restante obterase valorando os seguintes aspectos, recollidos en rúbricas que se adxuntan a esta Programación e que corresponden ás competencias cidadá y de conciencia y expresións culturais.

o Desenvolemento progresivo da capacidade de reflexión observando, analizando e explicando a relación entre diversas manifestacións artísticas de todas as épocas (música, pintura, cine, etc.).

o Respecto pola opinión allea, respecto de turnos de palabra, coidado do material, responsabilidade, emprego de valores...

Se o alumno non traballa estes aspectos, será penalizado cun negativo que será recollido no caderno do profesor . Estes negativos restarán 0.1 á nota trimestral.

- As faltas de ortografía restarán cada unha 0,1 en 2º de ESO. A nota final dos exames é a que resulta de restar á nota inicial as faltas ortográficas. Descontarase un máximo de 2 puntos por faltas de ortografía en cada proba escrita

- Para a avaliación final ordinaria farase a media das cualificacións obtidas nas tres avaliacións, sempre que se teña acadado un 5 en cada unha delas.

- Aqueles alumnos que participen activa e regularmente durante o curso no Club de Lectura sumarán 0,5 puntos á nota final do curso.

 

 

  • Durante o presente ano académico 23-24 realizaranse recuperacións das avaliacións suspensas no período inmediatamente posterior á data de avaliación. Esta medida afecta a todos os cursos e niveis da ESO, incluido 2º.
  • O alumnado que supere a materia na 3ª avaliación debe manter unha actitude de interés e traballar nas tarefas que o profesorado propoña entre o 12 e o 21 de xuño, xa que a cualificación definitiva será a final.
  • O alumnado que suspendera algunha avaliación ou a materia completa despois de ter completado as probas de recuperación parcial feitas durante o curso, poderá presentarse a unha proba final, na que se examinará da asignatura na súa totalidade. Considerarase aprobado o alumnado que na proba final obteña unha cualificación de 5 ou superior. Durante o periodo que vai do 12 ó 21 de xuño, estes alumnos e alumnas traballarán tarefas de reforzo e recuperación propostas polo profesorado, sen que en ningún caso formen parte da cualificación. 

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Para os alumnos que teñan pendente a materia de 1º da ESO realizaranse dous exames ó longo do curso: un  examen de materias pendentes en febreiro, ademais do obrigatorio do mes de maio. O seu peso na  calificación definitiva será  o mesmo, é dicir,  corresponderíalle  a cada un un 25% da nota final  e de ahí obterase o 50% da nota final.O 50% restante da nota  o alumnado obteríaa a través da realización  de diversas  tarefas recollidas no Plande Reforzo que propón ó centro dirixido precisamente ós alumnos con materias pendentes. A materia de lingua Castelá a través de este plan de reforzo proporase ós alumnos a realización dun total de 12 tarefas ó longo do curso . Os alumnos terán que presentar un mínimo de oto tarefas das 12 propostas e de non facelo a nota do exame será o 100% da cualificación global. Para aqueles alumnos que si entreguen as tarefas a nota na avaliación final será a máis alta de entre estas dúas:

  •  A cualificación global do plan de reforzo
  • A cualificación da proba final.

 

 


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


As aulas reflicten a diversidade da sociedade na que vivimos. O recoñecemento da diversidade do alumnado constitúe un principio fundamental que debe rexer toda acción educativa. Unha das finalidades da educación é asegurar a igualdade de oportunidades de todos os alumnos e alumnas poñendo os medios para evitar o fracaso escolar e o risco de abandono do sistema educativo.

 

A atención á diversidade enténdese como o conxunto de actuacións educativas dirixidas a dar resposta ás diferentes capacidades, motivacións e intereses, ritmos e estilos de aprendizaxe e situacións persoais do alumnado. Estas medidas oriéntanse a acadar os obxectivos e as competencias establecidas para a ESO e réxense polos principios de equidade, calidade e igualdade de oportunidades, non discriminación, integración, accesibilidade e cooperación da comunidade educativa.

 

As medidas de atención á diversidade deben atender ao principio de inclusión educativa. Isto supón recoñecer a lexitimidade das diferenzas de todas os individuos, asumíndoas como un valor que enriquece o contexto educativo. Este principio establece que todos os estudantes, sexa cal sexa a súa condición persoal, dispoñan na súa contorna educativa das condicións necesarias de acceso a unha formación integral e outorgue experiencias de aprendizaxe significativas para todos e todas.

 

Neste sentido, faise preciso establecer medidas, metodoloxías e compoñentes que permitan ao profesorado abordar con garantías a diversidade das súas aulas. O plan de atención concretarase nos seguintes elementos:

 

- Combinación de metodoloxías e fíos condutores das unidades didácticas, vinculados ao desenvolvemento emocional do alumnado e á súa integración no grupo. Uso de métodos diferenciados que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado e favorezan a capacidade de aprender por si mesmos.

- Diversidade de agrupamentos e tarefas propostos, articulación de itinerarios diferenciados e combinación de linguaxes e soportes orientados a satisfacer as esixencias de aprendizaxe de cada alumno ou alumna e a permitir o seu desenvolvemento individual.

- Deseño de programas específicos reforzo e ampliación destinados a mellorar as posibilidades de alcanzar os obxectivos da etapa.

- Realización de proxectos significativos para o alumnado. O deseño de tarefas e proxectos de traballo deben basearse en contextos auténticos e recoñecibles para resultar significativos e deben ter en conta as vivencias particulares do alumnado (como, por exemplo, os oficios locais, as materias primas e a toponimia). Alén diso, o traballo colaborativo en proxectos debe potenciar que cada adolescente teña os seus tempos e os seus espazos de protagonismo e o recoñecemento da súa valía persoal e da súa capacidade de contribuír a desenvolver a actividade, reforzando así a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade.

- O traballo cooperativo, coa proposta de tarefas nas que o alumnado debe regular a súa conduta, a súa expresión e a súa capacidade para relacionarse cos demais. A través do diálogo e da interacción entre o alumnado, contribuirase a desenvolver a capacidade de participar activamente nun equipo, a reflexión sobre as propias ideas, o respecto crítico a outros puntos de vista, o recoñecemento dos propios valores e limitacións, a adaptación ás necesidades colectivas, a asunción de responsabilidades e o respecto ás normas acordadas.

- A resolución de problemas e conflitos en colaboración e a toma de decisións baseadas en xuízos morais, co fin de contribuír á adquisición das competencias necesarias para seguir os procesos de pensamento, utilizar o razoamento e analizar criticamente os problemas sociais e históricos.

- A gradación da aprendizaxe. O desenvolvemento das capacidades e dos contidos deberá facerse dun xeito gradual e progresivo, de maneira que se vaian adquirindo habilidades máis complexas que propicien a aprendizaxe individual e autónoma. A gradación entre cursos non se establece principalmente mediante a distribución diferenciada de contidos, senón en función da diferente complexidade dos textos, das habilidades de comprensión ou expresión requiridas, da metalinguaxe necesaria para a reflexión sobre os usos ou do grao de autonomía do alumnado.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
1 Prevención e resolución pacífica de conflitos
2 Educación para a sustentabilidade e o consumo responsable
3 Educación cívica e en valores
4 Formación estética
5 Igualdade entre mulleres e homes
6 Respecto mutuo e cooperación entre iguais
7 Liberdade de expresión

No artigo 18 do Anteproxecto do Decreto polo que se establece a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia establécese que, sen prexuízo do seu tratamento específico nalgunhas das materias da etapa, a comprensión de lectura, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, a competencia dixital, o emprendemento social e empresarial, o fomento do espírito crítico e científico, a educación emocional e en valores, a igualdade de xénero e a creatividade traballaranse en todas as materias.

 

A acción educativa debe fomentar de maneira transversal valores como a igualdade entre homes e mulleres, a non discriminación por calquera condición ou circunstancia persoal ou social, a resolución pacífica de conflitos, a educación para a saúde, a formación estética, a educación para a sustentabilidade e o consumo responsable, o respecto mutuo e a cooperación entre iguais. Así mesmo, promoveremos a defensa da liberdade, a igualdade, os dereitos humanos e a paz, e o rexeitamento de calquera tipo de violencia, racismo ou xenofobia.

 

Evitaremos os comportamentos e os contidos sexistas e os estereotipos que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero.

 

A materia debe contribuír tamén a incorporar elementos relacionados co desenvolvemento sostible e a protección do medio ambiente e coas situacións de risco derivadas do uso das TIC.

 

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Organización dun club de lectura Esta é unha actividade idónea para fomentar o gusto pola lectura de textos que non forman parte do currículo escolar. Tamén é unha actividade a través da que podemos fomentar a expresión oral e o debate en clase. Ademais, permite introducir temas transversais como o respecto pola quenda de palabra, a convivencia, o traballo en grupo e a formación estética.
Visita de autores e autoras Esta actividade posibilita que o alumnado coñeza de primeira man os recursos que os autores e autoras utilizan ao elaborar unha obra literaria. Permite que os/as estudantes participen en debates e coñezan as motivacións que levan aos escritores e escritoras a crear obras de arte.
Celebración de efemérides como o Día do Libro e o Día das Letras Galegas Coa celebración destas datas, o alumnado pode realizar traballos de búsqueda de información de determinados autores e autoras. O profesorado deberá traballar en equipo con compañeiros e compañeiras doutros departamentos, polo tanto é unha actividade ideal para as tarefas cooperativas de xeito interdisciplinar.
Gravación de podcast con textos literarios Alumnado do centro de distintas nacionalidades poden gravar textos literarios (narrativos ou mellor poéticos) cada quen na súa lingua. O carácter inclusivo desta actividade e a motivación que pode espertar no alumnado fai que sexa unha actividade ideal para traballar o aprecio polas diferenzas, a educación cívica e a cooperación entre iguais.
Elaboración de booktráilers con recomendacións lectoras e exposicións dos mesmos. Esta actividade, conectada con traballo do club de lectura, é idónea para abordar o fomento da lectura e a exposición de contidos realizada entre iguais. Ademais, as recomendacións realizadas polo propio alumnado espertarán máis interese entre os/as estudantes.
Lecturas en novos formatos dixitais. Achegamento a narrativas trasmedia Esta proposta desenvolve competencias lectoras diferentes ás do libro impreso. A lectura dos novos xéneros dixitais como o blogue, as wikis e as redes sociais prodúcese de maneira fragmentada, cun protagonismo extraordinario do lector ou lectora, que non só interpreta o texto senón que é o creador do itinerario de lectura, apoiándose no hipertexto fronte á linealidade da lectura tradicional.
Creación de historias utilizando ferramentas dixitais Este é un recurso didáctico moi interesante. Pode orientarse a que o alumnado cree un cómic. Esta actividade serve para transformar o proceso de aprendizaxe. Ademais, facilita que se adquiran competencias como a comprensión lectora, a capacidade analítica, o traballo en equipo ou o desenvolvemento da autonomía persoal. Tamén é moi útil para traballar valores como a empatía e a autoestima.

Non se rexistraron observacións

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Ao comezo de cada unidade, infórmase ao alumnado sobre os obxectivos propostos, as competencias que se van a desenvolver, as actividades que se realizarán e os instrumentos e criterios de avaliación.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Ao inicio de cada unidade didáctica, realízase unha introdución sobre o tema e actividades de recoñecemento e activación dos coñecementos previos do alumnado ao respecto.
Metodoloxía empregada Ao comezo do desenvolvemento de cada unidade, proporciónase ao alumnado un cadro sinóptico ou mapa conceptual do tema para orientalo sobre a evolución do seu proceso de ensino-aprendizaxe.
Metodoloxía empregada Os contidos e actividades de cada unidade didáctica parten dos coñecementos previos do alumnado, vinculándose cos seus intereses e necesidades, e favorecen a construción progresivamente autónoma de novas aprendizaxes.
Medidas de atención á diversidade As actividades propostas son variadas en canto á súa tipoloxía e sistema de traballo (individual, por parellas, en pequeno grupo, en gran grupo), favorecendo a adquisición das competencias clave.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos A planificación e distribución do tempo asignado a cada tarefa é axeitada.
Medidas de atención á diversidade Empregáronse recursos e materiais didácticos variados (impresos, dixitais, audiovisuais, aplicacións informáticas de carácter educativo...)
Metodoloxía empregada Aplicáronse estratexias de aprendizaxe como a lectura comprensiva, a procura de información significativa, a planificación do traballo, o desenvolvemento de técnicas de síntese, análise e redacción...
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Aplicouse a metodoloxía didáctica establecida na programación.
Medidas de atención á diversidade Desenvolvéronse as medidas de atención á diversidade necesarias aos alumnos que así o requiren.
Medidas de atención á diversidade Leváronse a cabo medidas de reforzo educativo dirixidas ao alumnado con dificultades de aprendizaxe, propoñendo novas actividades que faciliten a adquisición dos obxectivos non acadados.
Medidas de atención á diversidade Deséñanse e aplícanse actividades de ampliación e afondamento para o alumnado que acade de maneira significativa os obxectivos propostos.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Realízanse as actividades complementarias programadas.
Metodoloxía empregada Explicáronse e corrixíronse na aula as actividades levadas a cabo nas distintas unidades didácticas.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Empregáronse os materiais e recursos didácticos programados.
Metodoloxía empregada Puxéronse en práctica medidas para estimular o hábito lector.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Aplicáronse os procedementos e criterios de avaliación establecidos na programación didáctica.
Medidas de atención á diversidade Utilizáronse diferentes instrumentos de avaliación (probas, traballos individuais e en grupo, exposicións orais, redaccións, proxectos de investigación...)
Medidas de atención á diversidade Desenvolvéronse procedementos e actividades de recuperación para o alumnado con algunha avaliación suspensa ou coa materia pendente de cursos anteriores.

A avaliación da práctica docente favorece os procedementos de análise, reflexión e debate arredor da realidade educativa do centro sobre os seguintes aspectos:

-A xestión adecuada do tempo para a planificación do proceso de ensino-aprendizaxe na aula.

-A concreción do currículo, a súa adaptación ao contexto e a organización efectiva dos contidos, actividades e obxectivos propostos.

-A avaliación dos resultados obtidos polo alumnado e a adopción das medidas de mellora adaptadas ás súas necesidades de aprendizaxe.

-A inclusión e atención á diversidade como resposta educativa á totalidade do alumnado para promover a consecución do éxito escolar.

-A construción dun clima de empatía, confianza e convivencia harmónica na aula.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


A programación didáctica da materia de Lingua Castelá e Literatura estará á disposición da comunidade educativa do centro e, ademais, a comezos de curso, proporcionarase ao alumnado un extracto da mesma cos seus puntos esenciais: obxectivos, criterios, instrumentos e procedementos de avaliación, materiais didácticos e sistema de recuperación.

 

A programación didáctica será obxecto de seguimento e avaliación a través da aplicación PROENS e poderá sufrir as modificacións precisas para adaptarse ás necesidades educativas do alumnado, en beneficio da correcta evolución do proceso de ensino-aprendizaxe e da consecución dos obxectivos establecidos. Ditas modificacións, debidamente xustificadas, figurarán tamén nas actas das reunións de departamento e na memoria final da materia.

 

A avaliación da programación realizarase a través dos seguintes indicadores de logro:

 

-A programación didáctica elaborouse de maneira coordinada coa colaboración de todos os integrantes do departamento.

-A programación didáctica especifica e completa as decisións adoptadas na concreción curricular fixada no Proxecto Educativo de Centro.

-Os criterios de avaliación establecidos valoran con efectividade a consecución dos obxectivos propostos.

-Os procedementos e instrumentos de avaliación axústanse aos criterios de avaliación indicados.

-As actividades desenvoltas adáptanse á metodoloxía didáctica programada.

-A programación didáctica contempla e manexa con eficacia os recursos e materiais necesarios para favorecer a adquisición dos contidos e obxectivos.

-A programación didáctica organiza axeitadamente os espazos e tempos destinados á realización das actividades previstas.

-A programación didáctica inclúe actividades de reforzo, ampliación e recuperación adecuados ao perfil, características e necesidades do alumnado.

-A programación didáctica é revisada ao longo do curso e inclúense nela as modificacións pactadas e realizadas.

-A programación didáctica adáptase ao contexto escolar do centro educativo.

 

Así mesmo, realizarase o seguimento de cada unidade didáctica a través da aplicación PROENS, estipulando e modificando, de ser o caso, a data de inicio e final da explicación de cada unha delas, o número de sesións dedicadas ao seu desenvolvemento, especificando as previstas ao comezo e as realizadas finalmente, así como o grao de cumprimento dos obxectivos indicados.

 

As propostas de mellora da programación didáctica derivarán da análise da efectividade da mesma e dos resultados académicos obtidos nas distintas avaliacións e examinados nas reunións de departamento celebradas ao longo do curso, cuxo contido quedará reflectido nas actas correspondentes. Ademais, na memoria final, contemplaranse as propostas de mellora, vinculadas especialmente á adaptación da metodoloxía, materiais e recursos empregados para favorecer a consecución dos obxectivos establecidos.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
1. Anexo modificación Programación por cambio calendario escolar.
  • Durante o presente ano académico 23-24 estanse realizando recuperacións das avaliacións suspensas no período inmediatamente posterior á data de avaliación. Esta medida afecta a todos os cursos e niveis da ESO, incluido 2º.
  • O alumnado que supere a materia na 3ª avaliación debe manter unha actitude de interés e traballar nas tarefas que o profesorado propoña entre o 12 e o 21 de xuño, xa que a cualificación definitiva será a final.
  • O alumnado que suspendera algunha avaliación ou a materia completa despois de ter completado as probas de recuperación parcial feitas durante o curso, poderá presentarse a unha proba final, na que se examinará da parte ou partes nas que non acadara o nivel suficiente. Considerarase aprobado o alumnado que na proba final obteña unha cualificación de 5 ou superior. 

Volver