Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A finalidade da materia de Lingua Galega e Literatura na educación secundaria obrigatoria oriéntase tanto á eficacia comunicativa como a favorecer progresivamente un uso ético da linguaxe, que poña as palabras ao servizo da convivencia democrática, da resolución dialogada dos conflitos e da construción de vínculos persoais e sociais baseados no respecto e na igualdade de dereitos de todas as persoas. Desta maneira, a materia contribúe a seguir avanzando no desenvolvemento de todas as competencias abordadas en primeiro curso.

O currículo da materia de Lingua Galega e Literatura de ESO establece, ademais dos obxectivos, os criterios de avaliación e os contidos que se deben traballar no nivel. Aparecen distribuídos en catro bloques: O primeiro bloque, «As linguas e os seus falantes» incide no recoñecemento da diversidade lingüística do alumnado, de Galicia, de España e do mundo, en especial do ámbito lusófono. O segundo bloque, «Comunicación», integra os contidos implicados na comunicación oral e escrita e na alfabetización mediática e informacional. O terceiro bloque, «Educación literaria», recolle as experiencias e os contidos necesarios para consolidar o hábito lector, conformar a propia identidade lectora e desenvolver habilidades de interpretación de textos literarios. O cuarto bloque, «Reflexión sobre a lingua», propón a construción guiada de conclusións sobre o sistema lingüístico usando unha metalinguaxe específica.

Nesta proposta didáctica de 2º de ESO, os catro bloques concrétanse en oito unidades didácticas denominadas co título de textos que inician cada unidade.  Cada unidade iniciarase cunha breve explicación sobre a palabra referida no título, o que non só contribuirá ao coñecemento e á conservación do léxico tradicional deste campo semántico, senón que tamén propiciará a introdución doutras cuestións lingüísticas e extralingüísticas relativas á materia. 

Alén dos contidos lingüísticos, sociolingüísticos e literarios que inclúe a programación da materia de Lingua Galega e Literatura deste curso, cómpre tamén salientar a incorporación de nocións básicas das linguas da Península Ibérica, e, de ser o caso dalgunhas linguas de procedencia do alumnado.

Tendo en conta este marco, a proposta para o primeiro trimestre consistirá nun aprofundamento sobre o  coñecemento das linguas da Península Ibérica e outros idiomas próximos ao alumnado. Entre outras actuacións, elaborarase un glosario multilingüe  que incluirá léxico cotián en galego, portugués, castelán, catalán, éuscaro, asturiano, mirandés.

No segundo trimestre aprofundaremos no xénero narrativo. os elementos que o conforman. Modelos de textos.

Finalmente, no terceiro trimestre o alumnado, por parellas, deberá gravar un booktráiler ou un booktuber no que se dea a opinión sobre a obra de lectura que se recomendou para este trimestre, se se recomenda a súa lectura. As últimas semanas do curso destinaranse á edición dun boletín informativo que incluirá noticias, entrevistas, crónicas etc. relacionadas co centro, a comunidade educativa e os sucesos máis salientables que aconteceron ao longo de todo o curso. O traballo de redacción destes textos servirá para afondar no coñecemento dalgunhas propiedades textuais e dos mecanismos de cohesión (conectores textuais temporais, explicativos, de orde e de contraste), mecanismos de referencia interna gramaticais (substitucións pronominais e adverbiais) e léxicos (repeticións, sinónimos, hiperónimos e elipses).

Por último, cómpre salientar que os libros de lectura propostos para cada trimestre deberán abordar temáticas diferenciadas e inserirse en distintos xéneros literarios. 


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Describir e apreciar a diversidade lingüística do mundo a partir do recoñecemento das linguas do alumnado e a realidade plurilingüe e pluricultural da Península Ibérica, analizando a orixe e o desenvolvemento sociohistórico das súas linguas (e, máis concretamente, a do portugués, catalán e éuscaro), e as características das principais variedades dialectais do galego, para favorecer a reflexión interlingüística, combater os estereotipos e prexuízos e valorar a devandita diversidade como fonte de riqueza cultural.
OBX2 Comprender e interpretar textos orais e multimodais recollendo o sentido xeral e a información máis relevante, identificando o punto de vista e a intención do emisor e valorando a súa fiabilidade, a súa forma e o seu contido, para construír coñecemento, formar opinión e ampliar as posibilidades de gozo e de lecer.
OBX3 Producir textos orais e multimodais con coherencia e fluidez e co rexistro adecuado, atendendo ás convencións propias dos diferentes xéneros discursivos, e participar en interaccións orais con actitude cooperativa e respectuosa, tanto para construír coñecemento e establecer vínculos persoais como para intervir de maneira activa e informada en diferentes contextos sociais.
OBX4 Comprender, interpretar e valorar textos escritos, con sentido crítico e diferentes propósitos de lectura recoñecendo o sentido global e as ideas principais e secundarias, identificando a intención do emisor, reflexionando sobre o contido e a forma e avaliando a súa calidade e fiabilidade para dar resposta ás necesidades e aos intereses comunicativos diversos e para construír coñecemento.
OBX5 Producir textos escritos e multimodais coherentes, cohesionados, adecuados e correctos atendendo ás convencións propias do xénero discursivo elixido, para construír coñecemento e para dar resposta de maneira informada, eficaz e creativa a demandas comunicativas concretas.
OBX6 Seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes de maneira progresivamente autónoma, avaliando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de manipulación e desinformación, e integrala e transformala en coñecemento para comunicala desde un punto de vista crítico e persoal e, ao mesmo tempo, respectuoso coa propiedade intelectual.
OBX7 Seleccionar e ler de maneira autónoma obras diversas como fonte de pracer e coñecemento, configurando un itinerario lector que evolucione en canto á diversidade, complexidade e calidade das obras e compartir experiencias de lectura para construír a propia identidade lectora e para gozar da dimensión social da lectura.
OBX8 Ler, interpretar e valorar obras ou fragmentos literarios do patrimonio galego, portugués e universal, utilizando unha metalinguaxe específica e mobilizando a experiencia biográfica e os coñecementos literarios e culturais que permitan establecer vínculos entre textos diversos e con outras manifestacións artísticas, para conformar un mapa cultural, ampliar as posibilidades de gozo da literatura e crear textos de intención literaria.
OBX9 Mobilizar o coñecemento sobre a estrutura da lingua e os seus usos e reflexionar de maneira progresivamente autónoma sobre as eleccións lingüísticas e discursivas, coa terminoloxía axeitada, para desenvolver a conciencia lingüística, aumentar o repertorio comunicativo e mellorar as destrezas tanto de produción oral e escrita coma de recepción crítica.
OBX10 Pór as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática, da resolución dialogada dos conflitos e da igualdade de dereitos de todas as persoas, utilizando unha linguaxe non discriminatoria e desterrando os abusos a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz, senón tamén ético e democrático, da linguaxe.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Exeria Logo da avaliación inicial que se realizará os primeiros días do curso, continuarase co coñecemento iniciado en primeiro de ESO dos sistemas ortográficos (grafemas e dígrafos) do galego e do portugués, poñendo o foco agora nas semellanzas e as diferenzas entre ambos os dous sistemas. Os contidos comunicativos xirarán arredor das secuencias narrativas e no emprego de recursos como a deixe. Aproveitaranse os textos relatados para reparar no uso coherente das formas verbais. Por outra banda, a lectura da obra de lectura obrigatoria do primeiro trimestre servirá para analizar os elementos constitutivos do texto narrativo e unha aproximación á mitoloxía clásica . Este será o punto de partida para establecer as relacións internas entre estes e o sentido da obra, de modo que o alumnado sexa quen de diferenciar os elementos que conforman unha novela. Finalmente, en canto á reflexión sobre a lingua, repaso da acentuación. 10 12
2 A trenza O estudo dalgúns aspectos socioculturais relacionados con Portugal e outros países lusófonos ocupará as primeiras sesións da unidade. Non obstante, serán os contidos comunicativos e, en concreto, as secuencias textuais descritivas as que teñan maior protagonismo. Aproveitaranse as descricións propostas para incidir en aspectos ortográficos como o uso dalgúns signos de puntuación, especialmente o punto e coma e a paréntese. En relación á literatura, ademais continuar coa valoración da obra de lectura obrigatoria do primeiro trimestre, afondarase no recoñecemento e análise dalgúns recursos expresivos e figuras estilísticas básicas. A reflexión lingüística centrarase na identificación dos distintos tipos de adverbios (lugar, tempo, modo, cantidade, afirmación, negación e dúbida) e no recoñecemento das interxeccións. 10 12
3 Os nenos da varíola Nesta unidade desenvolverase un proxecto monográfico que xirará arredor do coñecemento das linguas da Península Ibérica. Entre outras actuacións, elaborarase un glosario multilingüe que incluirá léxico cotián en galego, portugués, mirandés. castelán, catalán, éuscaro, aranés, aragonés e asturiano. O xénero do monólogo. Sobre o monólogo e os principais monologuistas e narradores orais do panorama galego actual. 15 14
4 María Casares O coñecemento das características e a estrutura de textos propios do ámbito académico (apuntamentos, exposicións orais e escritas, mapas conceptuais) será o obxectivo fundamental desta unidade. servirá de eixe temático para o desenvolvemento de distintas formatos. No que se refire á literatura proseguirase coa análise do libro de lectura obrigatoria do segundo trimestre, unha obra da narrativa xuvenil actual, e abordarase o estudo dalgúns subxéneros literarios narrativos como o conto, a novela, a fábula ou a lenda. En canto á reflexión sobre a lingua, atenderase especialmente ás relacións semánticas entre palabras e os seus valores denotativos e connotativos. Léxico das viaxes. 10 12
5 Montañas do Courel A análise dos textos que se difunden a través das redes sociais e dos medios de comunicación constitúe un dos aspectos máis salientables da unidade. A partir da lectura e valoración de entrevistas a persoas que manteñan distintos puntos de vista sobre temas ambientais, o alumnado establecerá un debate no que se defendan e/ou rexeiten distintas posturas. O desenvolvemento destas actividades dará pé a insistir na importancia de manter a cortesía conversacional e de aplicar as normas de etiqueta dixital. Aproveitarase este contexto para elaborar un folleto informativo que inclúa un decálogo con estas pautas. Canto á lectura deste trimestre haberá unha proba oral de comprensión da obra. A reflexión sobre a lingua centrarase nas relacións semánticas (sinonimia, antonimia, polisemia...).Léxico: a paisaxe de montaña. Flora, froitos do monte e distribución do territorio. 10 12
6 Plasticus maritimus O texto argumentativo. A publicidade. Léxico da paisaxe mariña. Nesta unidade traballaremos o debate. Gramática: o verbo. Sociolingüística os prexuízos lingüísticos. A poesía. Os acrósticos. 15 13
7 Os efectos do cambio climático Ao comezo da unidade estudaranse os principais trazos fonéticos e morfolóxicos do bloque e área lingüística da contorna do centro. Incidirase, así mesmo, na riqueza dialectal do galego e no rexeitamento de prexuízos lingüísticos. Os contidos literarios xirarán arredor do libro de lectura obrigatoria, unha peza teatral de temática feminista. A partir da análise do contido da obra dende unha perspectiva de xénero, estableceranse vínculos entre esta e aspectos da actualidade, así como con outras manifestacións artísticas. Aproveitarase este marco para introducir aspectos teóricos relacionados coa clasificación dos subxéneros do teatro. O texto xornalístico, a análise das crónicas, artigos de opinión e noticias afondando na temática dos efectos do cambio climático. Léxico o tempo meteorolóxico. 15 15
8 A banda da loba As últimas semanas do curso destinaranse á edición dun boletín informativo que incluirá noticias, entrevistas, crónicas relacionadas co centro, coa comunidade educativa e cos sucesos máis salientables que aconteceron ao longo de todo o curso. O traballo de redacción destes textos servirá para afondar no coñecemento dalgunhas propiedades textuais, particularmente, dos mecanismos de cohesión (conectores textuais temporais, explicativos...); mecanismos de referencia interna gramaticais (substitucións pronominais e adverbiais) e léxicos (repeticións, sinónimos, hiperónimos e elipses). Léxico da música. Xénero da canción. 15 15

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. As linguas e os seus falantes
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA1.1 - Recoñecer as linguas da Península Ibérica, especialmente as características básicas do portugués, do éuscaro e do catalán, e identificar algúns trazos dos repertorios lingüísticos e das variedades dialectais do alumnado contrastándoos en manifestacións orais, escritas e multimodais.
CA1.2 - Identificar, a partir da observación da diversidade lingüística da contorna, prexuízos e estereotipos lingüísticos, adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal.
Contidos
C1.1 - Observación e valoración da diversidade lingüística da aula.
C1.2 - Aproximación ás linguas de signos, con especial atención á variante galega.
C1.3 - Primeiras nocións de lingua portuguesa. A ortografía. Semellanzas e diferenzas existentes cos sistemas ortográ-ficos galegos. Coñecemento do seu léxico máis habitual. Aspectos socioculturais dos países lusófonos.
C1.4 - Introdución á reflexión interlingüística.
C1.5 - Aproximación ao coñecemento das características máis básicas das linguas éuscara e catalá.
C1.6 - Estratexias de identificación de prexuízos e estereotipos lingüísticos do galego e valoración dos recursos para os evitar.
Bloque B2. Comunicación
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA2.1 - Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos.
CA2.2 - Valorar a forma e o contido de textos orais e multimodais sinxelos, avaliando a calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
CA2.3 - Realizar narracións e exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo, axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez e coherencia e co rexistro axeitado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
CA2.4 - Participar en interaccións orais informais, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado de maneira activa e adecuada, con actitudes de escoita activa e facendo uso de estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
CA2.5 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
CA2.6 - Valorar a forma e o contido de textos sinxelos avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
CA2.7 - Planificar e redactar textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle e presentando, despois da súa revisión, un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado.
CA2.8 - Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable das tecnoloxías dixitais con relación á procura e á comunicación da información, reflexionando sobre as posibles manipulacións presentes nas canles de transmisión da información.
CA2.9 - Revisar os propios textos de maneira guiada e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e cunha metalinguaxe específica e identificar e emendar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
CA2.10 - Identificar e desterrar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe a partir da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación.
Contidos
C2.1 - Xéneros discursivos vinculado ás estratexias de produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais de diferentes ámbitos.
C2.1.1 - Secuencias textuais básicas, con especial atención ás narrativas, descritivas, dialogadas e expositivas.
C2.1.2 - Propiedades textuais: coherencia, cohesión e adecuación.
C2.1.3 - Xéneros discursivos propios do ámbito educativo.
C2.1.4 - Xéneros discursivos propios do ámbito social. Redes sociais e medios de comunicación. Etiqueta dixital. Ris-cos de desinformación, manipulación e vulneración da privacidade na Rede. Análise da imaxe e dos elemen-tos paratextuais dos textos icónico-verbais
C2.2 - Procesos desde o punto de vista da produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimo-dais.
C2.2.1 - Interacción oral e escrita de carácter informal: tomar e ceder a palabra. Cooperación conversacional e cortesía lingüística. Escoita activa, asertividade e resolución dialogada dos conflitos.
C2.2.2 - Comprensión oral: sentido global do texto e relación entre as súas partes, selección e retención da informa-ción relevante. Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal.
C2.2.3 - Produción oral formal: planificación e procura de información, textualización e revisión. Adecuación á audien-cia e ao tempo de exposición. Elementos non verbais. Trazos discursivos e lingüísticos da oralidade formal.
C2.2.4 - Comprensión lectora: sentido global do texto e relación entre as súas partes. A intención do emisor. Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal. Os abusos de poder e a manipulación a través da linguaxe.
C2.2.5 - Produción escrita: planificación, textualización, revisión e edición en diferentes soportes. Corrección gramati-cal e ortográfica. Propiedade léxica. Usos da escritura para a organización do pensamento: toma de notas, esquemas, mapas conceptuais, resumos
C2.2.6 - Alfabetización mediática e informacional: procura e selección da información con criterios de fiabilidade, cali-dade e pertinencia; análise, valoración, reorganización e síntese da información en esquemas propios e trans-formación en coñecemento; comunica
C2.3 - Recoñecemento e uso discursivo dos elementos lingüísticos en textos orais, escritos e multimodais.
C2.3.1 - Recursos lingüísticos para mostrar a implicación do emisor nos textos: formas de deíxe (persoal, temporal e espacial) e procedementos de modalización.
C2.3.2 - Recursos lingüísticos para adecuar o rexistro á situación de comunicación.
C2.3.3 - Mecanismos de cohesión. Conectores textuais temporais, explicativos, de orde e de contraste. Mecanismos de referencia interna gramaticais (substitucións pronominais e adverbiais) e léxicos (repeticións, sinónimos, hipe-rónimos e elipses).
C2.3.4 - Uso coherente das formas verbais nos textos. Correlación temporal no discurso relatado.
C2.3.5 - Corrección lingüística e revisión ortográfica e gramatical dos textos. Uso de dicionarios, de manuais de consul-ta e de correctores ortográficos en soporte analóxico ou dixital.
C2.3.6 - Os signos básicos de puntuación como mecanismo organizador do texto escrito. A súa relación co significado.
C2.3.7 - Promoción dun modelo lingüístico afastado da castelanización e da deturpación para conseguir unha lingua de calidade.
Bloque B3. Educación literaria
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA3.1 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
CA3.2 - Valorar a forma e o contido de textos sinxelos avaliando a súa calidade, fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
CA3.3 - Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira guiada procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura, adoptando un punto de vista crítico e respectando os principios de propiedade intelectual.
CA3.4 - Elaborar traballos de investigación de maneira guiada en diferentes soportes sobre diversos temas de interese académico, persoal ou social a partir da información seleccionada.
CA3.5 - Elixir e ler textos a partir de preseleccións guiándose polos propios gustos, intereses e necesidades e deixando constancia do propio itinerario lector e da experiencia da lectura.
CA3.6 - Compartir a experiencia da lectura en soportes diversos relacionando o sentido da obra coa propia experiencia biográfica e lectora.
CA3.7 - Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración dos xéneros e subxéneros literarios.
CA3.8 - Establecer de maneira guiada vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do lector na lectura.
CA3.9 - Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e con axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, a partir da lectura de obras ou fragmentos significativos nos que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.
Contidos
C3.1 - Lectura autónoma. Implicación na lectura de obras de maneira progresivamente autónoma a partir dunha prese-lección de textos variados e reflexión sobre os textos e sobre a propia práctica da lectura.
C3.1.1 - Criterios e estratexias para a selección de obras variadas de maneira orientada a partir da exploración guiada da biblioteca escolar e pública dispoñible.
C3.1.2 - Participación activa en actos culturais vinculados ao circuíto literario e lector.
C3.1.3 - Toma de conciencia progresiva dos propios gustos e identidade lectora.
C3.1.4 - Expresión da experiencia lectora, con apoio de exemplos e utilizando progresivamente unha metalinguaxe específica. Apropiación dos textos lidos a través de distintas formas de recreación.
C3.1.5 - Mobilización da experiencia persoal e lectora como forma de establecer vínculos entre a obra lida e aspectos da actualidade, así como con outros textos e manifestacións artísticas e culturais.
C3.1.6 - Estratexias para a recomendación das lecturas, en soportes variados ou ben oralmente entre iguais.
C3.2 - Lectura guiada. Lectura de obras relevantes da literatura xuvenil contemporánea galega e do patrimonio literario lusófono, inscritas en itinerarios temáticos ou de xénero, que atravesan épocas, contextos culturais e movemen-tos artísticos.
C3.2.1 - Estratexias para a construción compartida da interpretación das obras a través de conversas literarias, coa in-corporación progresiva da metalinguaxe específica.
C3.2.2 - Relación entre os elementos constitutivos do xénero literario e a construción do sentido da obra. Análise bási-ca do valor dos recursos expresivos e dos efectos na recepción.
C3.2.3 - Relación e comparación dos textos lidos con outros textos, con outras manifestacións artísticas e coas novas formas de ficción en función de temas, tópicos, estruturas e linguaxes.
C3.2.4 - Expresión pautada, a través de procesos e soportes diversificados, da interpretación e da valoración persoal de obras e fragmentos literarios.
C3.2.5 - Lectura con perspectiva de xénero.
C3.2.6 - Lectura con perspectiva ambiental e ecolóxica, con especial incidencia na mudanza climática e na protección e benestar dos animais.
C3.2.7 - Lectura expresiva, dramatización e recitación dos textos atendendo aos procesos de comprensión, apropia-ción e oralidade implicados.
C3.2.8 - Creación de textos a partir da apropiación das convencións da linguaxe literaria e en referencia a modelos dados (imitación, transformación, continuación etc.).
Bloque B4. Reflexión sobre a lingua
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA4.1 - Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical, valorando o uso do léxico tradicional e as construcións morfosintácticas máis xenuínas.
CA4.2 - Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira progresivamente autónoma procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e adoptando un punto de vista crítico e respectando os principios de propiedade intelectual.
CA4.3 - Revisar os textos propios de maneira guiada e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e cunha metalinguaxe específica e identificar e emendar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
CA4.4 - Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e unha metalinguaxe específica.
CA4.5 - Formular xeneralizacións sobre aspectos básicos do funcionamento da lingua a partir da observación, comparación e transformación de enunciados, así como da formulación de hipóteses e a procura de contraexemplos utilizando unha metalinguaxe específica e consultando de maneira guiada dicionarios, manuais e gramáticas.
Contidos
C4.1 - Elaboración de conclusións propias sobre o funcionamento do sistema lingüístico cunha linguaxe específica a partir da observación, comparación e clasificación de unidades comunicativas e do contraste entre linguas.
C4.1.1 - Distinción entre a forma (categoría gramatical) e a función das palabras (funcións sintácticas) e coñecemento dos procedementos léxicos (afixos) e sintácticos para a mudanza de categoría.
C4.1.2 - Relación entre os esquemas semánticos e sintácticos da oración simple. Observación e transformación de enunciados de acordo con estes esquemas e uso da terminoloxía sintáctica necesaria. Orde das palabras e concordancia.
C4.1.3 - Procedementos de adquisición e formación de palabras. Reflexión sobre as mudanzas no seu significado, as relacións semánticas entre palabras e os seus valores denotativos e connotativos en función do contexto e do propósito comunicativo.
C4.1.4 - Estratexias de uso progresivamente autónomo de dicionarios e manuais de gramática para obter información gramatical básica.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Exeria
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Recoñecer as linguas da Península Ibérica, especialmente as características básicas do portugués, do éuscaro e do catalán, e identificar algúns trazos dos repertorios lingüísticos e das variedades dialectais do alumnado contrastándoos en manifestacións orais, escritas e multimodais.
Proba escrita
O alumnado recoñece as semellanzas e diferenzas máis salientables entre os sistemas ortográficos (grafemas e dígrafos) do galego e o do portugués. 15
CA2.1 Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos.
Proba escrita
O alumnado comprende o sentido global, a estrutura e a información máis relevante dun texto multimodal sinxelo (p. ex. web do centro) e explica a interacción entre os diferentes códigos. 20
CA2.3 Realizar narracións e exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo, axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez e coherencia e co rexistro axeitado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
Táboa de indicadores
O alumnado relata brevemente a experiencia escolar vivida o curso anterior (aspectos positivos e negativos), axustándose ás convencións das secuencias narrativas, expresándose con fuidez, no rexistro adecuado, empregando recursos como a deíxe e usando con coherencia os tempos verbais. 20
CA3.1 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
Táboa de indicadores
O alumnado acode á biblioteca para investigar sobre mitoloxía. 10
CA3.2 Valorar a forma e o contido de textos sinxelos avaliando a súa calidade, fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Proba escrita
O alumnado analiza algúns dos elementos constitutivos dunha composición sinxela de lectura obrigatoria do primeiro trimestre. 10
CA3.7 Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración dos xéneros e subxéneros literarios.
Proba escrita
O alumnado recoñece algúns subxéneros narrativos sinxelos a partir da análise das relacións internas dos elementos constitutivos co sentido dunha obra. Conto, relato breve. 10
CA4.1 Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical, valorando o uso do léxico tradicional e as construcións morfosintácticas máis xenuínas.
Proba escrita
O alumnado distingue a categoría gramatical e o significado de parellas de palabras que se diferencian polo timbre aberto ou pechado da vogal tónica e sabe empregar correctamente o acento diacrítico. 15

2 A trenza
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Recoñecer as linguas da Península Ibérica, especialmente as características básicas do portugués, do éuscaro e do catalán, e identificar algúns trazos dos repertorios lingüísticos e das variedades dialectais do alumnado contrastándoos en manifestacións orais, escritas e multimodais.
Proba escrita
O alumnado coñece algúns aspectos socioculturais básicos relacionados cos países lusófonos, tanto de Portugal como doutros países como O Brasil (sistemas políticos, manifestacións artísticas, figuras representativas da literatura, música...). 15
CA2.1 Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos.
Proba escrita
O alumnado comprende o sentido global, a estrutura e a información máis relevante dun texto multimodal sinxelo (p.ex. un roteiro do seu concello) e explica a interacción entre os diferentes códigos. 20
CA2.3 Realizar narracións e exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo, axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez e coherencia e co rexistro axeitado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
Táboa de indicadores
O alumnado describe unha persoa coñecida (deportista, cantante, actor/actriz...). Alén das súas características físicas, tamén debe reflectir algún trazo do seu carácter e/ou da súa personalidade. 20
CA2.6 Valorar a forma e o contido de textos sinxelos avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Proba escrita
O alumnado emprega correctamente os signos de puntuación, con especial atención ao punto e coma e á paréntese, no texto descritivo redactado. 10
CA3.1 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
Proba escrita
O alumnado comprende e interpreta o sentido global, a estrutura, a información máis relevante da obra de lectura obrigatoria do primeiro trimestre. 10
CA3.2 Valorar a forma e o contido de textos sinxelos avaliando a súa calidade, fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Proba escrita
O alumnado recoñece e valora algúns recursos expresivos e/ou figuras estilísticas presentes nun poema da obra de lectura obrigatoria do primeiro trimestre. 10
CA4.1 Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical, valorando o uso do léxico tradicional e as construcións morfosintácticas máis xenuínas.
Proba escrita
O alumnado identifica, en textos dados, distintos tipos de adverbios (lugar, tempo, modo, cantidade, afirmación, negación e dúbida). Tamén sabe recoñecer as interxeccións. 15

3 Os nenos da varíola
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Recoñecer as linguas da Península Ibérica, especialmente as características básicas do portugués, do éuscaro e do catalán, e identificar algúns trazos dos repertorios lingüísticos e das variedades dialectais do alumnado contrastándoos en manifestacións orais, escritas e multimodais.
Táboa de indicadores
O alumnado elabora un glosario multilingüe que contén expresións e léxico cotián básico (en galego, portugués, castelán, éuscaro, catalán, asturiano, mirandés...) 25
CA1.2 Identificar, a partir da observación da diversidade lingüística da contorna, prexuízos e estereotipos lingüísticos, adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal.
Táboa de indicadores
O alumnado recoñece fórmulas de saúdo, despedida, agradecemento, desculpa e léxico cotián básico en lingua de signos. 10
CA2.3 Realizar narracións e exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo, axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez e coherencia e co rexistro axeitado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
Táboa de indicadores
O alumnado, exposición oral sobre temas do seu interese relacionados con Galicia (música, deporte,...). Debe utilizar o rexistro adecuado, axustarse ao tempo establecido e ás convencións textuais. 25
CA3.2 Valorar a forma e o contido de textos sinxelos avaliando a súa calidade, fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Táboa de indicadores
O alumnado escolle un poema que teña elementos da natureza. 15
CA3.4 Elaborar traballos de investigación de maneira guiada en diferentes soportes sobre diversos temas de interese académico, persoal ou social a partir da información seleccionada.
Táboa de indicadores
O alumnado elabora, en grupos de 5-6 estudantes, un pequeno traballo sobre a poesía contemporánea en portugués, éuscaro e catalán e inclúe unha breve antoloxía de poemas nestas linguas. Debe seleccionar a información máis relevante e indicar correctamente as fontes consultadas. 15
CA4.1 Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical, valorando o uso do léxico tradicional e as construcións morfosintácticas máis xenuínas.
Táboa de indicadores
O alumnado realiza procuras en manuais e dicionarios da Rede, atendendo a criterios de validez e fiabilidade. Tamén usa correctores ortográficos, procesadores de texto e programas de presentación para mellorar os seus traballos. 10

4 María Casares
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos.
Proba escrita
O alumnado recoñece, en textos dados, as características formais e a estrutura de textos propios do ámbito académico (apuntamentos). 15
CA2.2 Valorar a forma e o contido de textos orais e multimodais sinxelos, avaliando a calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Proba escrita
O alumnado, comprende o sentido global, selecciona a información máis relevante e valora a estrutura e os procedementos comunicativos empregados nun texto expositivo. 10
CA2.4 Participar en interaccións orais informais, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado de maneira activa e adecuada, con actitudes de escoita activa e facendo uso de estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
Táboa de indicadores
O alumnado, en grupos e guiado polo seu profesor ou profesora, participa activamente na preparación dunha entrevista. 10
CA2.5 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
Táboa de indicadores
A partir da lectura do texto sobre María Casares , o alumnado elabora un mapa conceptual sobre a súa vida e obra. 15
CA3.7 Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración dos xéneros e subxéneros literarios.
Proba escrita
O alumnado identifica as características da novela a partir da análise das relacións internas dos elementos constitutivos co sentido da obra narrativa de lectura obrigatoria do 2º trimestre. Tamén coñece algúns trazos básicos doutros subxéneros literarios narrativos (conto, fábula, lenda...) . 20
CA4.1 Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical, valorando o uso do léxico tradicional e as construcións morfosintácticas máis xenuínas.
Proba escrita
O alumnado clasifica as oracións segundo a voz e diferencia entre activas e pasivas. Tamén sabe recoñecer a estrutura das oracións pasivas. 15
CA4.5 Formular xeneralizacións sobre aspectos básicos do funcionamento da lingua a partir da observación, comparación e transformación de enunciados, así como da formulación de hipóteses e a procura de contraexemplos utilizando unha metalinguaxe específica e consultando de maneira guiada dicionarios, manuais e gramáticas.
Proba escrita
O alumnado analiza as relacións semánticas entre palabras e os seus valores denotativos e connotativos en función do contexto e do propósito comunicativo. 15

5 Montañas do Courel
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos.
Proba escrita
O alumnado recoñece, en textos dados, as características formais e a estrutura de textos propios das redes sociais e dos medios de comunicación, tanto analóxicos como dixitais (entrevista). 20
CA2.2 Valorar a forma e o contido de textos orais e multimodais sinxelos, avaliando a calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Táboa de indicadores
O alumnado, logo de escoitar varias entrevistas sobre un tema relacionado co coidado do medio, participa activamente nun debate sobre as opinións reflectidas. Cada alumna/o debe respectar a quenda de palabra e manter unha actitude de cortesía lingüística e cooperación conversacional. 10
CA2.8 Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable das tecnoloxías dixitais con relación á procura e á comunicación da información, reflexionando sobre as posibles manipulacións presentes nas canles de transmisión da información.
Táboa de indicadores
O alumnado, logo de participar no debate e de documentarse sobre o tema tratado, escribe un comentario (para unha rede social ou un blog do centro), no que reflexiona brevemente sobre os contidos debatidos. 15
CA2.10 Identificar e desterrar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe a partir da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación.
Táboa de indicadores
O alumnado coñece as normas de etiqueta dixital e reflicte as que considera máis importantes nun decálogo en formato electrónico que se difundirá na páxina web do centro. 15
CA3.6 Compartir a experiencia da lectura en soportes diversos relacionando o sentido da obra coa propia experiencia biográfica e lectora.
Táboa de indicadores
O alumnado, por parellas, a modo de booktubers, grava un vídeo no que cadaquén dialoga e expresa a súa opinión sobre a obra de lectura obrigatoria do 2º trimestre. 15
CA4.1 Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical, valorando o uso do léxico tradicional e as construcións morfosintácticas máis xenuínas.
Proba escrita
O alumnado sabe identificar e establecer relacións semánticas entre palabras: sinonimia, antonimia, homonimia e polisemia. 15
CA4.4 Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e unha metalinguaxe específica.
Proba escrita
O alumnado sabe clasificar as oracións activas en copulativas (ou atributivas) e predicativas e estas, en persoais e impersoais. 10

6 Plasticus maritimus
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos.
Táboa de indicadores
O alumnado participa activamente sobre a contaminación por plásticos e sabe identificar as súas características formais e os seus principais elementos constitutivos. Texto ensaístico. 15
CA3.1 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
Táboa de indicadores
O alumnado comprende o sentido global de textos escritos de carácter científico divulgativo. Recoñece a importancia deste xénero. 15
CA3.3 Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira guiada procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura, adoptando un punto de vista crítico e respectando os principios de propiedade intelectual.
Táboa de indicadores
O alumnado, en grupos de tres ou catro estudantes, selecciona información para realizar un traballo sobre o cómic en galego (orixes, evolución, temáticas, autoras e autores destacados...). Respéctanse os principios de propiedade intelectual e indícanse correctamente as fontes consultadas. 20
CA3.5 Elixir e ler textos a partir de preseleccións guiándose polos propios gustos, intereses e necesidades e deixando constancia do propio itinerario lector e da experiencia da lectura.
Táboa de indicadores
O alumnado, logo de visitar a biblioteca escolar, elixe un cómic e explícalles ás compañeiras e compañeiros o motivo da súa escolla; tamén pode expresarlles a súa opinión sobre algún lido con anterioridade. 10
CA3.9 Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e con axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, a partir da lectura de obras ou fragmentos significativos nos que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.
Proba escrita
O alumnado, fai unha proba escrita de comprobación e comprensión do libro de lectura obrigatoria deste trimestre. 20
CA4.2 Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira progresivamente autónoma procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e adoptando un punto de vista crítico e respectando os principios de propiedade intelectual.
Táboa de indicadores
O alumnado, logo de localizar e contrastar a información pertinente e de rematar a fase de creación, grava un breve video explicativo sobre o proceso. 10
CA4.3 Revisar os textos propios de maneira guiada e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e cunha metalinguaxe específica e identificar e emendar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
Proba escrita
O alumnado, logo de revisar os traballos incluídos no proxecto coa axuda do profesorado, é capaz de recoñecer e emendar os erros formais e de contido detectados. 10

7 Os efectos do cambio climático
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Identificar, a partir da observación da diversidade lingüística da contorna, prexuízos e estereotipos lingüísticos, adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal.
Táboa de indicadores
O alumnado recoñece os principais trazos fonéticos e morfolóxicos do bloque e área lingüística na que se insire a súa contorna e valora estes fenómenos como mostra da riqueza dialectal do galego. 15
CA2.1 Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos.
Proba escrita
O alumnado sabe detectar, a través de textos dados, as principais propiedades dun texto: coherencia, cohesión e adecuación. 15
CA3.1 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
Proba escrita
O alumnado, logo de representar, en grupos, unha escena representativa da peza teatral de lectura obrigatoria, establece vínculos entre esta e aspectos da actualidade (igualdade de xénero, micromachismos, linguaxe discriminatoria etc.). 15
CA3.2 Valorar a forma e o contido de textos sinxelos avaliando a súa calidade, fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Proba escrita
O alumnado analiza a forma e o contido da obra teatral de lectura obrigatoria do 3º trimestre dende unha perspectiva de xénero e valora os procedementos comunicativos empregados. 15
CA3.7 Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración dos xéneros e subxéneros literarios.
Proba escrita
O alumnado identifica as características básicas dalgúns subxéneros do xénero dramático (traxedia, comedia, drama, obra didáctica...) 15
CA3.8 Establecer de maneira guiada vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do lector na lectura.
Proba escrita
O alumnado relaciona e compara a obra teatral de lectura obrigatoria con outros textos e con outras manifestacións artísticas en función de temas, tópicos, estruturas e linguaxes (cine, música, banda deseñada...). 15
CA4.1 Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical, valorando o uso do léxico tradicional e as construcións morfosintácticas máis xenuínas.
Proba escrita
O alumnado é quen de identificar, en oracións simples, as funcións de complemento axente, atributo e complemento predicativo. 10

8 A banda da loba
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos.
Proba escrita
O alumnado identifica a estrutura e os elementos propios dun boletín informativo e coñece as características formais dos textos que se van incluír na súa publicación (noticias, entrevistas e crónicas). 15
CA2.2 Valorar a forma e o contido de textos orais e multimodais sinxelos, avaliando a calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Táboa de indicadores
O alumnado planifica e organiza a forma e o contido do boletín informativo a través de notas, esquemas, resumos etc. 15
CA2.3 Realizar narracións e exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo, axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez e coherencia e co rexistro axeitado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
Proba escrita
O alumnado sabe empregar nos textos redactados algúns mecanismos de cohesión (conectores textuais temporais e explicativos); mecanismos de referencia interna gramaticais (substitucións pronominais e adverbiais) e léxicos (repeticións, sinónimos e hiperónimos). 25
CA2.4 Participar en interaccións orais informais, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado de maneira activa e adecuada, con actitudes de escoita activa e facendo uso de estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
Táboa de indicadores
O alumnado, en grupos, colabora activamente na elaboración dun boletín informativo con boa actitude e respectando as normas de cortesía conversacional. 10
CA2.7 Planificar e redactar textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle e presentando, despois da súa revisión, un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado.
Táboa de indicadores
O alumnado planifica e colabora na redacción dun boletín informativo ben estruturado, empregando o rexistro adecuado, mantendo a coherencia e sen erros salientables. 15
CA2.9 Revisar os propios textos de maneira guiada e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e cunha metalinguaxe específica e identificar e emendar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
Táboa de indicadores
O alumnado, logo de revisar os textos incluídos no boletín informativo coa axuda do profesorado, é quen de recoñecer e emendar os erros formais e de contido detectados. 10
CA4.1 Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical, valorando o uso do léxico tradicional e as construcións morfosintácticas máis xenuínas.
Táboa de indicadores
O alumnado sabe utilizar dicionarios e manuais de consulta para enriquecer o seu traballo cun léxico máis variado e preciso, e con estruturas morfosintácticas características do galego. 10

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


O desenvolvemento intelectual pode ser acelerado mediante o emprego de determinadas estratexias didácticas, por iso, a metodoloxía de ensino en Lingua Galega e Literatura tratará de ser o máis activa posible e alternará traballos individuais con traballos cooperativos que melloren os vínculos entre o alumnado e mesmo favorezan as relacións interculturais, por suposto, incluíndo na mesma liña a ensinanza por competencias. Segundo a Teoría de Intelixencias Múltiples de Gardner existen diferentes estilos de aprendizaxe, por conseguinte, tratarase, na medida do posible, de atender os diferentes ritmos para que todo o alumnado vaia adquirindo os coñecementos básicos.

Alén do expresado anteriormente sobre algúns aspectos metodolóxicos, cómpre salientar que as liñas de actuación versarán sobre:

- O uso de distintos métodos que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado, favorezan a capacidade de aprender por si mesmos e promovan o traballo en equipo.

- A realización de proxectos significativos para o alumnado e a resolución colaborativa de problemas, reforzando a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade.

- A énfase na atención á diversidade do alumnado, na atención individualizada, na prevención das dificultades de aprendizaxe e na posta en práctica de mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten estas dificultades.

- O uso de estratexias para traballar transversalmente a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, a competencia dixital e o fomento da creatividade, do espírito científico e do emprendemento.

- O desenvolvemento dos contidos gradual e progresivo, de maneira que, ademais de incrementar a dificultade dos procesos e situacións comunicativas, tamén se vaian adquirindo habilidades máis complexas que propicien a aprendizaxe individual e autónoma.

- O traballo interdisciplinario e a coordinación con outros departamentos e equipos do centro, especialmente co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca. Esta colaboración incidirá na mellora dos procesos comunicativos e permitirá incorporar xéneros discursivos doutras materias e ámbitos de interese.

- A potenciación do tratamento integrado de linguas (TIL), que se reflectirá na incorporación de nocións básicas dalgunhas linguas da Península Ibérica, especialmente da portuguesa, e que se fomentará con actuacións que lle faciliten ao alumnado galegofalante a intercomunicación nos dous idiomas (intercambios lingüísticos, concursos, glosarios bilingües/multilingües...).

Cómpre que sexa consciente da utilidade deste coñecemento, non só para reforzar os vínculos culturais, sociais e económicos con Portugal e con toda a comunidade de países lusófonos, senón tamén para que a lingua galega adquira unha maior proxección internacional.

- A presentación de recursos dixitais en lingua galega que faciliten a busca de información, a revisión dos textos e a súa posterior divulgación, sempre con respecto aos dereitos de propiedade intelectual. Ademais de consultar datos e de ampliar contidos, o alumnado debe familiarizarse co manexo de tradutores, correctores ortográficos e dicionarios ou manuais de estilo que lle axuden a mellorar a redacción dos seus escritos.

- A énfase nas estratexias que fomenten a oralidade e as competencias activas, co fin de que o alumnado adquira as habilidades necesarias para expresarse correctamente nunha ampla variedade de situacións comunicativas (espontáneas ou planificadas) e de contextos (formais e informais). Entre o amplo abano de actuacións que contribúen ao desenvolvemento desta destreza e, asemade, a incorporación de contidos literarios, están as dramatizacións e representacións teatrais e todo tipo de iniciativas en formato audiovisual (booktráilers).

- A promoción dun modelo lingüístico afastado da castelanización e da deturpación para conseguir unha lingua de calidade, valorando o dominio dos sistema fonético-fonolóxico tanto vocálico coma consonántico, o uso do léxico tradicional e o emprego das estruturas morfosintácticas galegas.

- A erradicación dos prexuízos lingüísticos derivados da situación sociolingüística de Galicia nos últimos séculos, particularmente os que teñen que ver cos usos diglósicos do galego en determinados ámbitos.

- A detección e eliminación dos usos discriminatorios e ofensivos da lingua, de modo que se propicie a reflexión sobre os principios democráticos e se favoreza a análise crítica dos conflitos, tanto no centro educativo coma noutros ámbitos. Fomentarase un uso ético da linguaxe, a resolución dialogada dos conflitos e a construción de vínculos persoais e sociais baseados no respecto e na igualdade de dereitos de todas as persoas.

- A proposta de obras e fragmentos de textos, literarios ou non, atendendo a valores socioculturais e éticos que promovan a defensa dos dereitos humanos e a conciencia ambiental. Tamén se deben abordar as lecturas desde unha perspectiva de xénero. As charlas con escritoras e escritores, os clubs de lectura ou os obradoiros literarios resultarán unha boa ferramenta para afondar nestes contidos.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Beltrán Carballeira, Ramón X. (2019). Manual práctico de galego. A Coruña: Baía Edicións
Cunha, Celsa & Cintra, Lindley (2017). (7ª Ed.). Nova gramática do português contemporâneo de acordo com a nova ortografía. Rio de janeiro: Lexikon Editora Digital.
Dicionario Xerais castelán-galego de usos, frases e sinónimos (2007) Vigo: Xerais
Dosil, Benxamín (2015). Escrita doada: consellos para redactar ben. Vigo: Xerais
Dosil, Benxamín (2021). Manual de uso da lingua galega. Vigo: Xerais
Feixó Cid, Xosé G. (2021). Gramática da lingua galega. Síntese práctica (6ª Edición). Vigo: Xerais
Fernández Fernández, Isaac (2010). Diccionario galego-euscaro, euskara-galiziera. Vigo: Universidade de Vigo
Fernández Salgado, Benigno (Dir.) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da Lingua Galega. Vigo: Galaxia
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2013). Estilística da Lingua Galega. Vigo: Xerais
Frías Conde, Xavier (2022). O escáncer que sabía de máis e outras micropezas. Barcelona: La vaca voladora
Gran Dicionario Xerais da lingua (2009), VV AA, 2 tomos. Vigo: Xerais
Méndez Álvarez, Mª Xesús (2004). Ortografía da Lingua Galega. Vigo: Xerais
López Viñas, Xoán; Lourenço Módia, Cilha & Moreda Leirado, Marisa (2011). (2ª Ed. Corrixida). Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión. A Coruña: Baía Edicións
Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, 2003 (edición revisada) RAG/ILG
Novo Folgueira, Paulino (1999). Dicionario de uso para a comunicación. Vigo: Xerais
Aulas Galegas: https://aulasgalegas.org/category/linguas/galego/
Regueira, Xosé Luís (2010). Dicionario de pronuncia da lingua galega. A Coruña: Real Academia Galega
Rosales Cereijo, Manuel (2002). A linguaxe literaria. Guía de recursos para a análise textual. Vigo: Xerais
A historia da Banda Deseñada galega (http://culturagalega.gal/noticia.php?id=16710)
Vilagrasa Grandia, Albert (2018). A punt 1. Publicacions de l`Abadia de Montserrat. Bastons Vilallonga, Núria, Bernardó Fernández, Cristina, Comajoan Colomé, Llorenç (2011). Gramàtica Pràctica del catalá. Barcelona:Teide
Dicionario castelán-galego, Rinoceronte Editora: https://rinoceronte.gal/dicionario/
Dicionario de pronuncia da lingua galega: http://ilg.usc.es/pronuncia/
Portal das Palabras, Real Academia Galega e Fundación Barrié: http://www. portaldaspalabras.org/
Portal da Lingua Galega, Secretaría Xeral de Política Lingüística: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega
Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLG), RAG / ILG, Galaxia: http://www. realacademiagalega.org/recursos-volg

As aulas e a biblioteca son os lugares en que o alumnado ten ao seu alcance a maioría dos recursos e materiais do centro. A biblioteca ofrece, ademais, obras de lectura, libros de texto, mapas, revistas, xornais e recursos dixitais para consultar información, realizar traballos de investigación etc. En resumo, o centro dispón de:

- Medios audiovisuais: ordenadores, pantallas dixitais, canón, impresoras, tablets...

- Recursos dixitais: dicionarios en liña, xornais dixitais e acceso a diversos portais da lingua (Portal da lingua galega, Portal das palabras), blogs, aplicacións etc.

- Material bibliográfico: libros de lectura, libros de texto e de consulta, dicionarios en papel, xornais, revistas, mapas etc.

Ademais, débese contemplar, tal como se especifica no artigo 78 da Orde do 8 de setembro de 2021, a necesidade de materiais axeitados para a atención á diversidade. O centro dispón dunha equipación adecuada para todo o alumnado, mesmo para aquel que teña dificultades de accesibilidade ás súas instalacións. Se se precisa algún outro material complementario adaptado a este tipo de alumnado, será solicitado á Consellería a través dos informes correspondentes.


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Procedemento para a avaliación inicial

A avaliación inicial, cuxo fin é diagnosticar e valorar o nivel de coñecementos previos do alumnado, efectuarase nas primeiras sesións do curso. Será, xunto coa información obtida a través do Departamento de Orientación e da consulta do expediente académico do alumno ou alumna no XADE, unha ferramenta esencial para que o profesorado poida coñecer o nivel académico do alumnado nas distintas competencias, co fin de poder adaptar o seu proceso de ensinanza e a súa proposta didáctica a ese nivel.

Alén diso, a avaliación inicial constitúe un factor preventivo esencial na atención á diversidade, especialmente cando se trata de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Os resultados da avaliación inicial servirán como referente para adoptar as decisións de tipo educativo que correspondan e, nos casos en que for necesario, para demandar da xefatura do Departamento de Orientación a realización dunha avaliación psicopedagóxica.

Esta proba, que poderá partir dun texto literario, xornalístico etc., constará das seguintes partes:

- Comprensión escrita. O alumnado deberá contestar preguntas fechadas sobre o contido dun texto escrito.

- Expresión escrita. O alumnado creará un texto sobre un tema proposto pola docente.

Á parte disto, a proba incluirá diversas cuestións relacionadas coa reflexión sobre a lingua abordadas no primeiro curso. 


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 10.0 10.0 15.0 10.0 10.0 15.0 15.0 15.0 100.0
Proba escrita 70.0 80.0 0.0 75.0 45.0 30.0 85.0 40.0 50.25
Táboa de indicadores 30.0 20.0 100.0 25.0 55.0 70.0 15.0 60.0 49.75

Coa vontade de desenvolver un proceso de ensinanza-aprendizaxe competencial, nesta programación apostouse pola realización de tres proxectos trimestrais e unha ampla variedade de actividades comunicativas, o que redunda na presenza dunha maior porcentaxe do valor das táboas de indicadores fronte ao das probas escritas, como se pode ver na distribución dos instrumentos de avaliación: un 40% por medio de táboas de indicadores (rúbricas, escalas de valoración etc), fronte a un 60% a través de probas escritas.

Para aplicar os criterios de cualificación ao longo de todo o curso, tomaranse como referencia as porcentaxes establecidas en cada unidade didáctica para cada un destes instrumentos de avaliación.

Ao longo do curso realizaranse tres avaliacións parciais de maneira que a última coincida coa avaliación final ordinaria.

A nota de cada trimestre corresponderase coa cualificación das actividades de avaliación das unidades didácticas abranguidas nel, aplicando a ponderación establecida entre elas. 

Para superar a materia, o alumnado deberá ter unha media aritmética de cualificación de 5 puntos ou superior tendo en conta o conxunto de actividades de avaliación (e recuperación no seu caso), sendo as probas escritas só unha parte delas.

Ademais diso, cómpre salientar que as incorreccións lingüísticas terán unha penalización que se reflectirá na cualificación de cada proba. Por este motivo, poderase aplicar unha penalización de ata un punto na súa cualificación. O profesorado establecerá a puntuación que hai que descontar por cada unha delas, atendendo á súa gravidade. Así mesmo, e tal como corresponde a unha materia lingüística, todas as respostas ás probas tanto orais como escritas deberán ser contestadas en lingua galega, podendo ser este un motivo de suspenso da proba.

A valoración da lectura comprensiva e reflexiva das obras de lectura obrigatoria establécese nas unidades didácticas correspondentes.

Alén das distintas probas realizadas ao logo do curso, para que o alumnado con parte da materia suspensa poida adquirir as aprendizaxes competenciais pendentes, tamén se establecerán, en cada caso, as medidas oportunas.

Deberanse fixar prazos e espazos de entrega (aula virtual ou Edixgal) para facilitar a presentación das tarefas sen superar.

Aquel alumnado que teña avaliacións sen superar fará probas de recuperación das partes suspensas no inicio do mes de xuño. 

Aqueles mecanismos de avaliación que non sexan susceptibles de repetición, por exemplo, unha presentación ou actuación en grupo, serán avaliados mediante a adaptación a unha versión individual que permita comprobar a superación dos criterios de avaliación implicados mantendo os mesmos instrumentos de avaliación.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


O artigo 7.7. da Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia establece que: «Ao longo de cada curso realizaranse para cada grupo tres sesións de avaliación parciais. Así mesmo, farase o seguimento da recuperación das materias ou dos ámbitos pendentes, se for o caso. A derradeira destas tres avaliacións realizarase nas datas que se determinen na norma que estableza o calendario escolar para cada curso».

En primeiro lugar, seguirase o disposto no Artigo 51 da Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que alude ao Plan de reforzo para as alumnas e alumnos que pasen de curso con materias sen superar:

1. O alumnado de educación secundaria obrigatoria que se promova de curso con materias sen superar deberá seguir un plan de reforzo en cada unha desas materias, destinado á súa recuperación e á súa superación.

2. O plan de reforzo será elaborado polo profesorado que imparte a materia que a alumna ou o alumno teñan pendente de superar, baixo as directrices do correspondente departamento didáctico e co coñecemento do profesorado titor, e terá como referentes os obxectivos da materia e a contribución á adquisición das competencias. Igualmente, será un plan que se adapte ás particularidades de cada alumna ou alumno destinatarios. O departamento didáctico velará pola realización do plan por parte da alumna ou do alumno.

3. O plan de reforzo debe incluír, cando menos:

a) Identificación da alumna ou do alumno.

b) Información relevante sobre a materia ou as materias sen superar. A alumna ou alumno e os seus familiares ou titores legais serán informados polo profesor/a da materia dos contidos do plan de reforzo e, máis concretamente, dos requisitos necesarios para aprobar a materia pendente. Desta información quedará constancia por escrito no departamento.

c) Currículo para desenvolver, con especificación dos criterios de avaliación. Serán os establecidos na PD, coas oportunas modificacións, se for necesario.

d) Estratexias metodolóxicas que se utilizarán no seu desenvolvemento, que serán distintas ás empregadas habitualmente co resto do alumnado, xa que a falta de presencialidade na aula obriga a establecer uns mecanismos de seguimento máis ríxidos para que a alumna/o siga implicada/o na materia.

e) Recursos necesarios para o seu desenvolvemento: computadores portátiles, impresoras, libros de consulta, dicionarios dixitais ou en papel. Así mesmo, empregaranse outros medios dixitais como a aula virtual, ABALAR e/ou Edixgal.

f) Tarefas para desenvolver, coa debida temporalización. O alumnado deberá realizar para a súa preparación as actividades propostas de cada unidade, que deberá entregar ao profesor/a do curso en que se ache actualmente para seren corrixidas e, ao mesmo tempo, para poder consultar e resolver dúbidas.

g) Seguimento e avaliación. O seguimento deste tipo de alumado establecerase a través de actividades, traballos, probas e reunións virtuais ou presenciais de periodicidade mensual na hora de atención ao alumnado e ás familias. Poderanse ultilizar medios telemáticos (aula virtual, programas específicos, ABALAR e outros medios dixitais).

h) Acreditación da información á familia. Farase mediante un modelo existente no centro en que conste toda a información a respecto da avaliación e dos resultados do alumno que, unha vez asinado pola nai, pai ou titores legais, será remitido ao departamento.

En cada sesión de avaliación farase o seguimento do Plan de reforzo e, se for necesario, realizaránselle os axustes que procedan. Na sesión de avaliación final do curso en que estean escolarizados o alumno ou a alumna, a profesora ou o profesor da materia pendente decidirá sobre a súa avaliación, nos termos que se establecen na normativa que regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria. En todo caso, para superar a materia pendente, a alumna ou o alumno deberá obter avaliación positiva no plan de reforzo correspondente, o que se terá en conta para os efectos de promoción e/ou titulación.

Para a avaliación deste alumnado débense ter en conta os contidos impartidos na materia no curso anterior. Polo tanto, o plan de reforzo de materias pendentes deberá elaborarse considerando esas aprendizaxes e competencias non adquiridas.

Aquelas actividades que non sexan susceptibles da súa repetición (presentacións, traballos colectivos etc.) serán adaptadas e avaliadas de modo que se poida comprobar a superación dos criterios de avaliación implicados.

Segundo a Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa, "O seguimento do plan de reforzo e avaliación das materias ou ámbitos pendentes realizarase en cada sesión de avaliación parcial e na sesión de avaliación final. Para estes efectos, programaranse actividades e/ou probas de avaliación ao longo do curso para verificar a superación desas materias ou ámbitos".

A realización das actividades do plan de reforzo en forma e prazo pode eximir a/o alumna/o de realizar as probas escritas se a/o profesor/a o considerar oportuno. Agás a proba de maio.

En canto á superación dos proxectos contidos nas tres unidades didácticas o alumnado debe entregar en tempo e forma os proxectos trimestrais ou as tarefas non superadas.

Para este alumnado coa materia pendente, utilizaranse os mesmos instrumentos de avaliación que para o resto do alumnado, e aplicaránselle as mesmas porcentaxes.


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


As medidas de atención á diversidade enténdense como o conxunto de actuacións educativas dirixidas a darlles resposta ás diferentes capacidades, motivacións e intereses, ritmos e estilos de aprendizaxe e situacións persoais do alumnado. Estas medidas oriéntanse a alcanzar os obxectivos e as competencias establecidas para a ESO e réxense polos principios de equidade, calidade e igualdade de oportunidades, non discriminación, integración, accesibilidade e cooperación da comunidade educativa.

Segundo o artigo 49 da Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación, "as administracións educativas asegurarán os recursos necesarios para que as alumnas e alumnos que requiran unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentaren necesidades educativas especiais, por atraso madurativo, por trastornos do desenvolvemento da linguaxe e a comunicación, por trastornos de atención ou de aprendizaxe, por descoñecemento grave da lingua de aprendizaxe, por se acharen en situación de vulnerabilidade socioeducativa, polas súas altas capacidades intelectuais, por se teren incorporado tarde ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de historia escolar, poidan acadar o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades persoais e, en todo caso, os obxectivos establecidos con carácter xeral para todo o alumnado".

A partir da avaliación inicial, proporanse as correspondentes actuacións de seguimento e atención ao alumnado, tanto as medidas ordinarias como as extraordinarias. Faranse actividades especificamente deseñadas para cada caso.

Así, en concreto, o plan específico personalizado para o alumnado que permaneza un ano máis no mesmo curso, obrigado polo artigo 52 da Orde do 8 setembro de 2021 de atención á diversidade incluirá os seguintes apartados:

a) Identificación da alumna ou do alumno

b) Relación das necesidades educativas que motivaron a repetición do curso

c) Medidas ordinarias aplicadas no curso anterior

d) Estratexias metodolóxicas que se utilizarán no seu desenvolvemento

e) Recursos necesarios para o desenvolvemento do plan

f) Se for o caso, oferta de medidas extraordinarias

g) Acreditación da información á familia

En cada sesión de avaliación farase o seguimento do plan específico personalizado e, se for necesario, realizaránselle os axustes que procedan. Ao final do curso, na mesma sesión de avaliación, informarase sobre o seu desenvolvemento e aproveitamento.

Débese ter en conta o establecido no artigo 41 da citada Orde que, de conformidade co artigo 7 do Decreto 229/2011, do 7 de decembro, define as medidas de atención á diversidade como as actuacións, estratexias e/ou programas destinados a proporcionar unha resposta axustada ás necesidades educativas do alumnado.

Estas medidas clasifícanse en ordinarias e extraordinarias e deberán estar recollidas no Plan xeral de atención á diversidade e nas concrecións anuais do dito plan.

Nas medidas ordinarias, por exemplo, teranse en conta os reforzos educativos (RE) e nas extraordinarias as adaptacións curriculares (ACS)

No caso dos RE, se for precisa a súa aplicación, elaborarase, un informe individual final de curso sobre as medidas de reforzo educativo onde consten os datos do alumno ou alumna e os datos do reforzo educativo en que se inclúa a data de comezo e de remate e a descrición das medidas desenvolvidas (motivo, descrición das medidas, temporalización, axuda do profesorado, corrección, e valoración final e coa previsión para o seguinte curso se ten que continuar ou non o RE.

Aínda que no momento da elaboración desta PD non se coñece a natureza das/os estudantes que cursarán esta materia, e aínda pendentes da avaliación inicial, logo de analizar os informes do centro e da información facilitada polo/a orientador/a, espérase contar cunha alumna de altas capacidades e dous que, con toda probabilidade, van ter que ser propostos para unha ACS. Alén diso, en 2º áchase un alumno coa materia de 1º sen superar, ao cal se lle apllicará o plan de reforzo que aparece descrito no apartado 5.3 desta programación.

Ante esta situación, as medidas concretas que se van aplicar son as seguintes:

- Para a alumna con altas capacidades aplicarase o Protocolo para a atención educativa ao alumnado con altas capacidades intelectuais. Recolleranse no Plan Xeral de Atención á Diversidade as medidas de atención á diversidade para o alumnado con altas capacidades intelectuais escolarizado no centro educativo, incorporando e desenvolvendo estas nas distintas programacións.

Co fin de que o proceso de ensino-aprendizaxe se desenvolva de xeito adecuado e atenda as necesidades da alumna é necesario que o profesorado:

a) Potencie o diálogo e a comunicación, dedicando tempo á reflexión oral grupal e individual, a facer preguntas, a formular hipóteses etc., nun ambiente de respecto e colaboración, considerando o erro como parte esencial da aprendizaxe e xerando confianza para expor os pensamentos e opinións, dada a diverxencia no pensamento deste tipo de alumnado.

b) Respecte a diversidade de todo o alumnado, sendo coidadosas e coidadosos coas expresións usadas nas súas interaccións. En especial, que acepte o feito diferencial do alumnado con altas capacidades intelectuais como elemento enriquecedor do grupo.

c) Fomente un bo clima de aula, consensuando normas e pautas de comportamento, empregando estratexias de cohesión de grupo e de resolución pacífica de conflitos.

d) Interveña ante os posibles prexuízos e/ou estereotipos que poidan xurdir na aula, evitando comparacións entre iguais.

e) Promova habilidades de intelixencia emocional para afrontar situacións que exixan a identificación, expresión e xestión das emocións, así como aqueloutras que requiran empatía, comunicación e comprensión das emocións das demais persoas.

f) Potencie o seu rol como mediador, favorecendo que o alumnado sexa protagonista da súa propia aprendizaxe.

g) Compaxine actividades propostas polo equipo docente con outras de libre elección do alumnado, apoiando a adquisición de estratexias de procura de información e de formulación de preguntas.

h) Posibilite o acceso do alumnado a múltiples materiais e fontes de información para que afonden, de xeito autónomo, nos temas do seu interese, e que lle ensine a planificar o seu traballo.

i) Impulse proxectos que potencien a creatividade e induza situacións de aprendizaxe nas que o alumnado poida enfrontarse a problemas aplicando orixinalidade e flexibilidade, e logrando múltiples solucións.

l) Reforce a creatividade, o pensamento diverxente e a iniciativa emprendedora, valorando positivamente o seu esforzo e recoñecéndoo expresamente.

m) Facilite experiencias que favorezan a abordaxe de retos intelectuais complexos.

n) Promova a motivación intrínseca con aprendizaxes prácticas, útiles, funcionais e con impacto real no seu contorno.

o) Ofreza posibilidades de éxito ao alumnado en base ao desenvolvemento das súas potencialidades.

Alén diso, a esta alumna aplicaráselle un programa de enriquecemento curricular, tal como establece o Artigo 49 da Orde do 8 de setembro de 2021: estes programas de tratamento personalizado están destinados ao alumnado que presenta altas capacidades intelectuais e a súa finalidade é promover e desenvolver os distintos talentos, dando resposta ás inquedanzas, ás potencialidades e ao interese por aprender que manifesten as alumnas e alumnos, e manter o seu nivel de motivación.

Por regra xeral, os programas de enriquecemento curricular deberán realizarse na aula ordinaria e terán como referente o currículo do curso en que estea escolarizado a/o estudante con altas capacidades intelectuais. É competencia e responsabilidade do profesorado da materia, do ámbito ou do módulo a oferta de actividades e a organización da aula para que a diversidade do alumnado se beneficie desa medida.

- Para os dous alumnos con previsión de lles aplicar unha ACS, que terá que ser autorizada pola Inspección Educativa, o procedemento para a súa elaboración (Orde do 8 de setembro de 2021), será o seguinte:

a) Realización da avaliación psicopedagóxica e posterior elaboración do informe psicopedagóxico por parte da xefatura do Departamento de Orientación en que conste o seu nivel de competencia curricular. Ese nivel de competencia será o punto de partida para o axuste do currículo. Os referentes para determinar o currículo adaptado serán a competencia curricular e a zona de desenvolvemento próximo da alumna ou do alumno, determinadas, ambas, no informe psicopedagóxico.

b) Convocatoria e coordinación, por parte da xefatura de estudos, dunha reunión á cal deben asistir o equipo docente do alumno e a xefatura do Departamento de Orientación. Nesta reunión analizaranse os resultados da avaliación psicopedagóxica e decidirase a pertinencia ou non de realizar a adaptación do currículo e a materia para adaptar. A xefa ou o xefe do Departamento de Orientación redactará e custodiará a acta desta reunión.

c) Elaboración da proposta de adaptación da materia por parte do profesorado que a imparte e no modelo que o centro teña establecido no seu Plan xeral de atención á diversidade. Igualmente, ese profesorado será o responsable do desenvolvemento e da avaliación da adaptación curricular, en colaboración, se for o caso, co profesorado de apoio ao alumnado con NEAE. En todo ese proceso o profesorado contará co asesoramento da xefatura do Departamento de Orientación.

Será competencia da xefatura do Departamento de Orientación conformar o expediente da adaptación, que se axustará ao modelo que figura no anexo II da citada Orde, e xuntaráselle copia da acta da reunión en que se decidiu realizar a adaptación curricular. A dirección do centro docente enviará o expediente da adaptación curricular ao servizo territorial de Inspección Educativa, a quen lle compete a autorización. Con carácter xeral, a solicitude da dirección do centro docente farase antes de finalizar o mes de novembro, excepto no caso das adaptacións curriculares que forman parte dos expedientes de flexibilización da duración do período de escolarización. Formarán parte do expediente da alumna ou do alumno unha copia da adaptación curricular e a súa autorización polo servizo territorial de Inspección Educativa.

O desenvolvemento das adaptacións curriculares realizarase, na medida do posible, no contexto da aula ordinaria da alumna ou do alumno, coordinado polo profesorado titor, quen convocará as reunións de seguimento que se consideren necesarias ou, cando menos, as que figuren no expediente da adaptación curricular.

A avaliación do alumnado nas áreas ou materias adaptadas será realizada polo profesorado que as imparte, coas achegas do profesorado de apoio, de ser o caso, e de acordo cos criterios de avaliación establecidos na adaptación curricular. As cualificacións expresaranse nos mesmos termos que os establecidos na normativa xeral que regula a avaliación na ESO. Os referentes da avaliación do alumnado con adaptación curricular serán os incluídos na dita adaptación, sen que isto poida impedirlle a promoción ou titulación.

A información sobre as avaliacións que se lles facilite ás familias reflectirá as cualificacións obtidas, segundo os criterios de avaliación que constan nas correspondentes adaptacións curriculares. Nesta información incluirase tamén unha valoración cualitativa do progreso da alumna ou do alumno. O profesorado titor será o responsable, coa colaboración do equipo docente e da xefatura do Departamento de Orientación, de elaborar e trasladar esa información.

A duración das adaptacións propostas será dun curso.

As nais, os pais ou as persoas titoras legais do alumnado teñen dereito, logo de remitir a solicitude correspondente, a que o centro lles facilite unha copia da adaptación curricular autorizada.

Ás ACS destes dous alumnos adaptaránselles os contidos e os criterios de avaliación. Reduciranse os contidos aos establecidos nos mínimos de consecución e serán avaliados tendo en conta a redución das porcentaxes indicadas nos criterios de avaliación da PD e na non aplicación de todos eles.

No caso de que ao longo do curso se matriculase algún alumno ou alumna con algunha destas problemáticas: dislexia, discapacidade auditiva, TEA, Down ou discapacidade intelectual, TDAH, absentismo, atención temperá seguiranse os protocolos establecidos pola Consellería.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
1 Comunicación audiovisual
2 Competencia dixital
3 Emprendemento social e empresarial
4 Fomento do espírito crítico e científico
5 Educación emocional e en valores
6 Igualdade de xénero
7 Creatividade

O Decreto do currículo de ESO establece que en todas as materias e, polo tanto, en Lingua Galega e Literatura de 2º de ESO, se traballarán os seguintes elementos transversais:

- a comprensión lectora

- a expresión oral e escrita

- a comunicación audiovisual

- a competencia dixital

- o emprendemento social e empresarial

- o fomento do espírito crítico e científico

- a educación emocional e en valores

- a igualdade de xénero

- a creatividade

Alén diso, pola peculiaridade da materia de Lingua Galega e Literatura, a comprensión lectora e a comunicación oral e escrita, ao formar parte do currículo, serán elementos tratados dunha ou doutra maneira en todas as unidades didácticas, polo que non aparecen singularizados en ningunha delas.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Visita á Fundación Neira Vilas O alumnado visitará a fundación Neira Vilas co presidente da Fundación. Participará na lectura da obra Memorias dun neno labrego na propia Fundación, así como unha oferenda floral ao autor e á súa muller no cemiterio de Gres.
Visita ao museo do pobo galego. Exposición da Pedra á palabra O alumnado visitará esta exposición sobre o patrimonio material e inmaterial. Exposición acometida polo IES Marco do Camballón en parcería co IIES do Milladoiro.
Saída ao teatro. A compañía Sarabela encenará a obra Made In Galiza de Séchu Sende noo auditorio da localidade O alumnado acudirá á representación da obra Made in Galiza de Séchu Sende.
Charla didáctica sobre especies invasoras, e obradoiro de tratamento de refugallos. O alumnado asistirá a varias charlas e obradoiros sobre o tratamento de refugallos. Impartidas por educadores ambientais de ADEGA.
Saída didáctica ao Sobreiral do Arnego. Vila de Cruces. No terceiro trimestre faremos un roteiro polo sobreiral do Arnego cun especialista de Adega e abordarase o tema da custodia do teritorio.

Cómpre ter en conta que todas estas actividades teñen relación directa coa materia, polo que non se considerarán nin se inclúen aquí as actividades complementarias organizadas polo centro.

O número de actividades complementarias programadas non excederá das cinco en todo o curso, unha ou dúas por trimestre. As que se desenvolven fóra do centro, contarán co permiso por escrito da nai, do pai ou das/os titoras/es legais e deberán figurar na PXA do centro.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
1. Propiciouse un ambiente motivador na aula.
2. Respectouse o alumnado e demostrouse sensibilidade ante os seus problemas e as súas diferenzas, tanto culturais como de procedencia.
3. Atendeuse adecuadamente a diversidade do alumnado e aplicáronse os protocolos correspondentes.
4. Mantívose o seguimento personalizado de todo o alumnado ao longo do curso.
5. O alumnado foi informado detalladamente dos criterios e instrumentos de avaliación, cualificación e puntuación establecidos.
6. Impartiuse a clase de forma amena, con explicacións claras e exemplificacións sinxelas e comprensibles.
7. Respectouse a puntualidade á hora de entrar na aula e mostrouse unha actitude entusiasta e dinámica.
8. Procurouse a actualización profesional, tanto no que se refire a aspectos didácticos xerais e específicos da materia como no ámbito das novas tecnoloxías.
9. Fíxose un seguimento continuo da programación didáctica ao longo do curso e realizáronse as modificacións e adaptacións necesarias.
10. Estableceuse unha comunicación fluída e constante con outros departamentos, equipos e grupos de traballo específicos.
11. Estableceuse unha comunicación continuada co alumnado imposibilitado para asistir temporalmente ao centro (atención domiciliaria, hospitalización etc.), a través da aula virtual ou doutras comunicacións telemáticas.
12. Axustáronse as unidades didácticas á temporalización indicada e desenvolvéronse as actividades propostas de acordo á súa secuenciación.
13. Mantívose a coherencia entre obxectivos, criterios de avaliación, contidos e os mínimos de consecución.
14. Utilizáronse procedementos, criterios e instrumentos de avaliación adecuados.
15. Empregouse unha metodoloxía precisa e variada, con uso de materiais diversos.
16. Propuxéronse e concretáronse actividades de seguimento para atender a diversidade do alumnado: NEAE, repetidores/as, ACS, reforzos.
17. Participouse no Plan lector do centro e en actividades programadas por outros grupos ou equipos docentes (EDLG, Equipo de Biblioteca etc.).
18. Asistiuse ás reunións de departamento achegando ideas, información e modificacións á PD, valorando os resultados das avaliacións do alumnado e propondo estratexias de mellora.
19. Analizáronse as cualificacións do alumnado e valoráronse as porcentaxes de aprobados e suspensos na materia.
20. Potenciouse a participación, o diálogo e a reflexión dentro da aula.
21. Corrixíronse as probas no prazo establecido, e analizáronse e comentáronse posteriormente na aula.
22. Mantívose contacto regular coas familias para seren informadas de todo o proceso de ensino-aprendizaxe das fillas ou fillos.
23. Pasóuselle ao alumnado un cuestionario-enquisa a respecto da práctica docente do profesor ou profesora.
24. Fomentouse que o alumnado utilizase a lingua galega habitualmente na clase co profesor ou profesora e cos seus compañeiros e compañeiras.

Resulta fundamental que o profesorado posúa ferramentas e empregue procedementos útiles para avaliar o proceso do ensino e a súa práctica docente. Esta valoración efectúase, tal e como indica a normativa vixente, a través duns indicadores de logro "o profesorado avaliará tanto as aprendizaxes do alumnado como os procesos de ensino e a súa propia práctica docente, para o cal establecerá indicadores de logro nas programacións docentes".

Estes indicadores xiran arredor de tres aspectos: ao referente á actitude profesional dentro da aula, ao coñecemento e á actitude a respecto do alumnado e ao cumprimento do establecido na programación didáctica.

Os ditos indicadores de logro valoraranse nunha escala de 0 a 5, e os seus resultados deben ser inseridos dentro da memoria final.

Para recompilar información e elaborar os indicadores de logro poderanse utilizar os cuestionarios que lle foron proporcionados ao alumnado, mesmo ao final de cada trimestre e ao remate do curso.

Todos estes datos formarán parte de memoria final e deben terse en conta para que se poidan corrixir as deficiencias detectadas na PD do próximo curso.

 


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


Para a elaboración da programación didáctica partiuse do seguimento das directrices establecidas pola Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP). Alén diso, tivéronse en conta as propostas de mellora existentes na memoria do curso pasado.

A estrutura da PD inclúe os apartados que recolle a Resolución do 26 de maio de 2022 que se expresan a seguir:

-Introdución

-Obxectivos e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias

-Relación de unidades didácticas, coa súa secuenciación e temporalización, que conteñen a parte do currículo da materia que se traballou e a relación dos instrumentos de avaliación.

-Metodoloxía, coas concrecións metodolóxicas e os materiais e recursos didácticos

-A avaliación, que refire o procedemento para a avaliación inicial, os criterios de cualificación coa indicación dos mínimos de consecución para superar a materia

-Medidas de atención á diversidade

-A concreción dos elementos transversais

-As actividades complementarias

-A práctica docente, que inclúe o procedemento para avaliar o proceso de ensino e a práctica docente cos seus indicadores de logro e o procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora da propia programación didáctica.

En previsión de calquera circunstancia imprevista, tipo COVID ou outras, achegaríase unha addenda coas correspondentes modificacións, basicamente en canto a modificación da metodoloxía e dos indicadores de logro mínimos por se fose necesaria unha atención virtual do alumnado.

Rematado o curso, para proceder a unha avaliación, revisión e propostas de mellora da PD, débense considerar os seguintes apartados:

-A programación entregouse no prazo establecido normativamente.

-O desenvolvemento da programación didáctica foi analizado e revisado na última reunión de departamento de cada trimestre.

-Valorouse o grao de cumprimento da secuenciación e temporalización das respectivas unidades didácticas, e se o seu deseño se axustou aos distintos elementos do currículo.

-Valorouse a metodoloxía seguida e se os materiais e recursos didácticos empregados deron os resultados previstos.

-En canto á avaliación, analizouse se o deseño das probas de avaliación inicial e os mecanismos para a súa realización foron os adecuados.

-Así mesmo, valorouse se os criterios de avaliación establecidos ao longo do curso foron os axeitados.

-Revisáronse as medidas adoptadas a respecto do alumnado NEAE presente nas aulas.

-Valorouse a pertinencia dos distintos elementos transversais e o grao de cumprimento e participación en actividades complementarias.

-Analizouse se os mecanismos de información ás familias estaban dando os resultados previstos e se foron útiles e axeitados.

-Incluíuse a avaliación da práctica docente e da propia PD.

-Partiuse do seguimento das directrices establecidas pola Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP) e tivéronse en conta as propostas existentes na memoria do curso anterior.

Para levar a cabo esta análise e comprobación da adecuada aplicación da PD, elaboráronse os seguintes indicadores de logro, que deberán ir acompañados das correspondentes puntuacións nunha táboa de 1 a 5.

1. Conseguise acadar o grao de cumprimento dos obxectivos didácticos propostos, co correspondente desenvolvemento das competencias clave.

2. A secuenciación das UD propostas foi a axeitada, así como o número delas e a súa distribución cronolóxica.

3. As concrecións metodolóxicas e os materiais e recursos didácticos utilizados axustáronse aos fins perseguidos.

4. Os criterios de avaliación foron ben aplicados.

5. Os instrumentos de avaliación foron os adecuados.

6. Os mínimos de consecución para cada criterio de avaliación estiveron ben establecidos.

7. Atendeuse debidamente a diversidade do alumnado (seguindo os protocolos de actuación correspondentes).

8. Atendéronse suficientemente os contidos transversais e as actividades complementarias.

9. A materia contribuíu aos distintos plans do centro: PLC, Plan lector, TIC, Convivencia....

10. Realizouse un seguimento regular da PD por parte do departamento.

11. Avaliouse o cumprimento da PD aplicando unha escala de 1 a 5 .

12. Establecéronse propostas para emendar as deficiencias observadas na aplicación da PD.

13. Estas propostas foron incluídas na memoria final do departamento.

Na acta da última reunión do departamento recolleranse todas as modificacións ou adaptacións feitas ao longo do curso e as propostas de mellora suxeridas. Todos estes datos incluiranse, ademais, na memoria final do departamento para seren tidas en conta na PD do próximo curso; tamén serán transmitidas e expostas, se for o caso, na primeira reunión da Comisión de Coordinación Pedagóxica.

Por último, convén sinalar que todos os membros do departamento didáctico realizarán a necesaria actualización para poderen elaborar e facer o correspondente seguimento da PD a través da aplicación PROENS.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver