Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A presente programación didáctica, elaborada para a materia de Proxecto Competencial do 1ºcurso da ESO, ten como referencia o currículo que establece Decreto 156/2022 do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Para a elaboración das unidades didácticas que desenvolverá a programación tívose como referencia un currículo que ten como obxectivo o desenvolvemento das competencias transversais mediante a realización de proxectos significativos para o alumnado e a resolución colaborativa de problemas, reforzando a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade. e que se pode configurará neste curso como un proxecto interdisciplinar en colaboración con distintos axentes sociais.

 

Outro aspecto que foi tido en conta á hora de deseñar a presente programación foi o centro no que se ía implementar: as características do mesmo, as do seu alumnado e o seu entorno.

Esta programación didáctica está pensada para ser levada á práctica nun centro situado en Vila de Cruces. IES Marco do Camballón (Pontevedra). O contexto socioeconómico está vinculado ao sector primario, agricultura e gandaría. Na vila a actividade económica é de pequeno comercio e unha industria de maquinaria pesada. O alumnado matriculado no Proxecto Competencial de 1º ESO "Horta e produción sostíbel" está moi motivado e amosa moito interese polo proxecto. O proxecto é eminentemente práctico.

O número de alumnos e alumnas é de 20 de idades comprendidas entre os 11 e os 13 anos no inicio do curso.

 

 


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Deseñar un plan de traballo para a realización dun proxecto ou a resolución dun problema a través da definición de obxectivos e das accións para acadalos, tendo en conta as necesidades da contorna.
OBX2 Desenvolver o proxecto segundo a planificación prevista mobilizando conxuntamente as competencias transversais que se requiran.
OBX3 Presentar os resultados asociados ao proxecto competencial empregando dun xeito respectuoso estratexias e ferramentas de comunicación adecuadas cunha linguaxe verbal e corporal positiva, control das emocións negativas e, de ser o caso, co uso de recursos informáticos e audiovisuais.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Preparado da terra e plantación dos produtos de outono e inverno. Visionado dun modelo de plantas de tempada e os seus valores nutritivos. Nesta unidade estúdase a importancia do adubo da terra, as plantas estacionais e unha correcta combinación. Así como os valores nutritivos das hortalizas. Tamén traballaremos na aula o deseño de cartaces de madeira para identificar os produtos plantados e as denominacións en galego estándar. 30 10
2 Recollemos e volvemos plantar. Tamén plantas aromáticas. Enfeitan e protexen os nosos cultivos Nesta unidade o alumnado recolle os produtos plantados no inicio do curso e fai unha nova plantación cos produtos que se recollen na primavera. Plantamos plantas aromáticas nos bancais do exterior do invernadoiro. Estudamos a importancia das plantas aromáticas como antiplaguicidas e como teñen propiedades medicinais. 35 10
3 Recollemos e platamos para o verán. Unidade de novo recollemos o que plantamos no inicio do 2º trimestre e plantamos cara ao verán. Faremos tamén receitas cos produtos recollidos, é importante aprender a comer dun xeito saboroso os produtos da horta. Innovamos cos nosos produtos. 35 15

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Definición de proxectos
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3
CA1.1 - Recoñecer a importancia da temática do proxecto que se pretende abordar.
CA1.2 - Identificar e determinar os recursos e materiais necesarios para a realización do proxecto.
CA1.3 - Identificar, seleccionar e analizar a información que se precisa.
CA1.4 - Realizar a secuencia e a temporalización das actuacións necesarias para a execución do proxecto.
CA1.5 - Prever as incidencias que se poidan producir no desenvolvemento das actuacións do proxecto e propoñer posibles solucións a estas.
Contidos
C1.1 - Procura e selección de información relacionada cos proxectos.
C1.2 - Planificación: secuenciación e temporalización.
Bloque B2. Execución de proxectos
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3
CA2.1 - Executar as actuacións asociadas coa secuencia e a temporalización prevista.
CA2.2 - Aplicar os coñecementos axeitados e mobilizar as competencias cos niveis de calidade requiridos.
CA2.3 - Empregar, de ser o caso, os recursos e materiais previstos para a execución das actuacións.
CA2.4 - Resolver, dentro do seu nivel de autonomía, ou comunicar as incidencias xurdidas durante a execución das actuacións.
CA2.5 - Valorar os resultados logrados ao termo da execución do proxecto.
Contidos
C2.1 - Execución de proxectos: dinámicas e roles.
Bloque B3. Presentación de proxectos
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3
CA3.1 - Presentar o proxecto realizado e, de ser o caso, os produtos finais obtidos.
CA3.2 - Empregar unha linguaxe verbal con corrección e claridade, para enxalzar a expresividade e eficacia do discurso.
CA3.3 - Empregar unha linguaxe corporal e a presenza escénica como códigos comunicativos para enxalzar a expresividade e eficacia do discurso.
CA3.4 - Potenciar as emocións positivas na exposición e controlar, de ser o caso, a conduta asociada ás emocións negativas.
CA3.5 - Empregar recursos dixitais, audiovisuais ou plásticos como apoio na presentación do proxecto.
Contidos
C3.1 - Presentación de proxectos: a expresión verbal e corporal; control das emocións e da conduta.
C3.2 - Uso de recursos dixitais, audiovisuais ou plásticos de apoio á comunicación para a presentación do proxecto.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Preparado da terra e plantación dos produtos de outono e inverno. Visionado dun modelo de plantas de tempada e os seus valores nutritivos.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Recoñecer a importancia da temática do proxecto que se pretende abordar.
Táboa de indicadores
Identificar a importancia do preparado da terra e dos produtos d etemapada 40
CA1.2 Identificar e determinar os recursos e materiais necesarios para a realización do proxecto.
Táboa de indicadores
Seleccionar recursos e materiais para a realización do proxecto. Compra e coidado das plantas. Correcta identificación dos cultivos. 15
CA1.3 Identificar, seleccionar e analizar a información que se precisa.
Táboa de indicadores
Identificar, seleccionar e analizar a información necesaria para a realización do proxecto. 15
CA1.4 Realizar a secuencia e a temporalización das actuacións necesarias para a execución do proxecto.
Táboa de indicadores
Temporalizar as distintas fases do proxecto. 15
CA1.5 Prever as incidencias que se poidan producir no desenvolvemento das actuacións do proxecto e propoñer posibles solucións a estas.
Táboa de indicadores
Solventar incidencias que poidan xurdir. 15

2 Recollemos e volvemos plantar. Tamén plantas aromáticas. Enfeitan e protexen os nosos cultivos
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Executar as actuacións asociadas coa secuencia e a temporalización prevista.
Táboa de indicadores
Executar as actuacións planificadas. 20
CA2.2 Aplicar os coñecementos axeitados e mobilizar as competencias cos niveis de calidade requiridos.
Táboa de indicadores
Aplicar os coñecementos axeitados. 20
CA2.3 Empregar, de ser o caso, os recursos e materiais previstos para a execución das actuacións.
Táboa de indicadores
Empregar recursos e materiais necesarios. 20
CA2.4 Resolver, dentro do seu nivel de autonomía, ou comunicar as incidencias xurdidas durante a execución das actuacións.
Táboa de indicadores
Resolver as incidencias xurdidas. 20
CA2.5 Valorar os resultados logrados ao termo da execución do proxecto.
Táboa de indicadores
Valorar os resultados logrados. 20

3 Recollemos e platamos para o verán.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Presentar o proxecto realizado e, de ser o caso, os produtos finais obtidos.
Táboa de indicadores
Recollemos, cociñamos e valorizamos os produtos estacionais. 40
CA3.2 Empregar unha linguaxe verbal con corrección e claridade, para enxalzar a expresividade e eficacia do discurso.
Táboa de indicadores
Empregar unha linguaxe verbal con corrección e claridade. 30
CA3.3 Empregar unha linguaxe corporal e a presenza escénica como códigos comunicativos para enxalzar a expresividade e eficacia do discurso.
Táboa de indicadores
Empregar unha linguaxe corporal e a presenza escénica axeitadas. 10
CA3.4 Potenciar as emocións positivas na exposición e controlar, de ser o caso, a conduta asociada ás emocións negativas.
Táboa de indicadores
Potenciar as emocións positivas na exposición. 10
CA3.5 Empregar recursos dixitais, audiovisuais ou plásticos como apoio na presentación do proxecto.
Táboa de indicadores
Empregar recursos dixitais na presentación do proxecto. 10

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


Ao longo de todo o curso levarase a cabo o seguinte proxecto: "Horta e produción sostíbel"

 

As actividades propostas ao longo do curso están dirixidas a reforzar os aspectos máis transversais do currículo, favorecendo a interdisciplinariedade e a conexión entre os distintos tipos de coñecemento.

 

 

O proxecto será realizado en grupos de traballo cooperativo, nos cales cada alumna ou alumno adopta un rol concreto asumindo tarefas individuais que integrarán o resultado final do proxecto.

 

Na PRIMEIRA AVALIACIÓN, realizarase unha análise da importancia dun bon tratamento da terra con adubo orgánico e sen ningún fertilizante químico. O crecemento das plantas cun ritmo natural. As vantaxes dos produtos de tempada e estacional. Valorización dos produtos da nosa horta e como facer receitas e identificacións atractivas.

O alumnado deseñará unha planificación na procura e selección das fontes de información, visionado de modelos de hortos escolares.

 

Na SEGUNDA AVALIACIÓN, Seguiremos plantando os produtos estacionais, primavera e alén diso plantaremos plantas aromáticas e medicinais. Estudarán a importancia da combinación das plantas aromáticas como antiplaguicidas así como as súas propiedades medicinais e como tempero de alimentos.

 

Nesta etapa, recollerán datos e analizarán o seu impacto dunha produción sostíbel e de lento crecemento.

 

Na TERCEIRA AVALIACIÓN, O alumnado seguirá plantando e recollendo os produtos xa en fase de recolección e os produtos que quedarán plantados durante o período vacacional do verán. Nesta avaliación elaboraremos receitas cos produtos recollidos.

 

 

Neste proxecto, trabállanse as todas as competencias clave contribuíndo interdisciplinariamente ás seguintes áreas:

 

- Lingua Galega (expresión oral e escrita, comprensión da información, campos semánticos relacionados co proxecto coidando o emprego da variedade estándar)

- Bioloxía e Xeoloxía (funcións vitais, problemas ambientais, agricultura ecolóxica)

- Xeografía e Historia (coñecemento dos cultivos propios da comarca)

- Matemáticas (medidas de superficie e distribución das plantas)

- Física e Química (importancia do adubo orgánico)

- Economía ( xestión de recursos e dos produtos da horta como medida de aforro para as familias)

- Tecnoloxía e Dixitalización (buscas de información en rede, e visionado de modelos de hortos escolares)

- Educación Plástica e Visual (deseño de cartaces en madeira para identificar cada un dos produtos plantados)

 


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Ordenador (Proxecto E-Dixgal) ou Aula de ordenadores
Caderno

O espazo habitual no que se desenvolverá o proxecto é no invernadoiro do centro e nos bancais do exterior do invernadoiro. Así como. nalgunha sesión de aula para a o deseño dos cartaces identificativos das plantas. Tamén os ordenadores para a procura de modelos e información de hortos escolares e propiedades das plantas aromáticas e medicinais.


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Ao inicio de curso, nas primeiras sesións, realizarase unha proba inicial baseada en competencias clave. O seu obxectivo é facilitar información sobre distintos aspectos do alumnado, tales como posibles dificultades de aprendizaxe ou capacidades por riba da media do grupo. Dita información servirá para programar as adaptacións precisas, así como as actividades de reforzo e ampliación no caso de ser necesarias.

Os resultados de dita proba daranse a coñecer durante unha reunión establecida polo centro ao inicio do curso e na que se atopará a totalidade da xunta avaliadora. En función dos resultados obtidos, e sempre coa intervención do

Departamento de Orientación levaranse a cabo as medidas de atención pertinentes.

 


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 30.0 35.0 35.0 100.0
Proba escrita 0.0 0.0 0.0 0.0
Táboa de indicadores 100.0 100.0 100.0 100.0

Entre os procedementos de avaliación:

 

- PRIMEIRA AVALIACIÓN: Traballo colaborativo e disposición para a posta en práctica do traballo da terra e do plantado dos produtos.

- SEGUNDA AVALIACIÓN: Traballo colaborativo e disposición para a posta en práctica do traballo da terra e do plantado dos produtos. Deseño dos cartaces.

- TERCEIRA AVALIACIÓN: Traballo colaborativo e disposición para a posta en práctica do traballo da terra e do plantado e recollida dos produtos. Elaboración das receitas.

 

Como instrumentos de avaliación, empregaranse distintas listas de cotexo e rúbricas asociadas aos anteriores procedementos. Nestas rúbricas avaliaranse aspectos de traballo cooperativo, desempeño de rol concreto, realización de tarefas individuais e en grupo.

 

A nota ordinaria en xuño virá dada pola media aritmética das notas das avaliacións parciais.

 Atendendo á Orde do 3 de maio de 2023 do calendario escolar para o curso 2023-24.  No caso de que un alumna/o non realice as tarefas asignadas ou non coopere adecuadamente no grupo de traballo dificultando o desenvolvemento do proxecto, terá que realizar unha proba escrita, a cal constará de distintas preguntas test de resposta única sobre diferentes aspectos do proxecto. Esta proba escrita de recuperación levarase a cabo nas datas previstas polo centro para as recuperacións no mes de xuño antes da avaliación final ordinaria que posiblemente será a aprtir do día 22 de xuño d e2024.

A nota de dita proba representará a nota da avaliación final da materia. 

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Non aplica.


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Para os alumnos/as con Necesidades Específicas de Apoio Educativo serán deseñadas de xeito específico de modo que se facilite o desempeño do seu rol no proxecto. Do mesmo modo, prestaráselle unha maior atención na aula e nas acividades fóra da aula, estando pendentes en todo momento do seu desempeño así como da consecución das súas tarefas individuais. Todo isto sen prexuízo de que a medida que avance o curso poida detectarse a necesidade deste tipo de actividades individualizadas noutros alumnos/as establecéndose, de ser o caso, os necesarios reforzos educativos.

Por outra banda, tamén están previstas actividades de ampliación para aquel alumnado que presente un maior ritmo de aprendizaxe. Tratarase de actividades motivadoras, que en todo caso vaian máis aló dos xa afianzados mínimos da materia e que supoñan un maior desafío na busca de información, así como a interrelación dos diferentes contidos.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3
1 Comprensión da Lectura
2 Expresión Oral e Escrita
3 Comunicación Audiovisual
4 Competencia dixital
5 Emprendemento social e empresarial
6 Fomento do espírito crítico e científico
7 Educación emocional e en valores
8 Igualdade de xénero
9 Creatividade

No deseño de actividades á hora de traballar en grupo:

- Fomentaranse de maneira transversal a igualdade entre mulleres e homes, a educación para a saúde, incluída a afectivo-sexual, a formación estética, a educación para a sustentabilidade e o consumo responsable, o respecto mutuo e a cooperación entre iguais.

- Promoverase a aprendizaxe da prevención e da resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como dos valores que sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o

respecto polos dereitos humanos e o rexeitamento da violencia terrorista, a pluralidade, o respecto polo Estado de dereito, o respecto e a consideración polas vítimas do terrorismo, e a prevención do terrorismo e de calquera tipo de violencia.

- Evitaranse os comportamentos, os estereotipos e os contidos sexistas, así como os que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Presentación na aula de modelos de hortos escolares Guión do proxecto
Entrevista a un familiar para a recollida de información sobre a recollida de sementes e a súa conservación. Presentación das entrevistas
Visita a Entrelampo proxecto de produción de horta ecolóxica no psiquiátrico de Conxo. Santiago de Compostela. produción de plantas aromáticas O alumnado visitará as instalacións, sitas na horta do psiquiátrico de Conxo. Santiago de Compostela e asistirá a unha palaestra sobre o funcionamento do proxecto e a comercialización dos produtos.
Charla dun técnico en educación ambiental sobre o tratamento e separación de refugallos o alumnado asistirá a unha palestra sobre o tratamento de refugallos e un obradoiro práctico.
Visita ao centro Raíña. Escola de agricultura ecolóxica. Visita e posta en práctica de plantado e aproveitamento de produtos na escola Raíña en Vilasantar.

Non se rexistraron observacións

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Adecuación do nivel de dificultade ás necesidades do alumnado
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Participación activa de todo o alumnado
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Adecuación á temporalización das unidades didácticas
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Apoio e implicación por parte das familias no traballo do alumnado
Medidas de atención á diversidade Toma de medidas de atención á diversidade para atender ao alumnado con NEAE no deseño das actividades
Clima de traballo na aula Utilización de distintas estratexias metodolóxicas en función das unidades didácticas
Metodoloxía empregada Utilización dos distintos instrumentos de avaliación
Metodoloxía empregada Eficacia dos programas de apoio, reforzo, recuperación, ampliación

Estes indicadores de logro pretenden avaliar aspectos como a adecuación da proposta educativa ás características do grupo, a idoneidade das etodoloxías empregadas en cada momento, o grao de participación de alumnado e familias no proceso de ensino ou a adecuada resposta ás necesidades específicas do alumnado.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


A principal referencia da que se disporá para este procedemento de seguimento e autoavaliación será a temporalización definida ao inicio do curso, debéndose analizar de xeito periódico se o programado se corresponde coas necesidades do alumnado, de modo que o desenvolvemento das unidades didácticas siga o calendario previsto.

O documento elaborado para levar dito seguimento constituirase como un caderno de traballo na aula. Neste caderno da profesora, reflectirase o desenvolvemento efectivo das sesións, facendo fincapé no aproveitamento destas e dos recursos dispoñibles.

 


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver