Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A finalidade da materia de Lingua Galega e Literatura na educación secundaria obrigatoria oriéntase tanto á eficacia comunicativa como a favorecer un uso ético da linguaxe que poña as palabras ao servizo da convivencia democrática, a resolución dialogada dos conflitos e a construción de vínculos persoais e sociais baseados no respecto e na igualdade de dereitos de todas as persoas. Desta maneira, a materia contribúe ao desenvolvemento de todas as competencias recollidas no perfil de saída do alumnado ao remate do ensino básico. Estes obxectivos supoñen unha progresión respecto dos formulados na educación primaria, dos que haberá que partir, para pasar dun acompañamento guiado a outro progresivamente autónomo.

 

O currículo da materia de Lingua Galega e Literatura de ESO establece, ademais de obxectivos, os criterios de avaliación e os contidos que se deben abordar no nivel. Aparecen distribuídos en catro bloques:

 

O primeiro bloque, «As linguas e os seus falantes» incide no recoñecemento da diversidade lingüística do alumnado, de Galicia, de España e do mundo, en especial do ámbito lusófono. O segundo bloque, «Comunicación», integra os contidos implicados na comunicación oral e escrita e na alfabetización mediática e informacional. O terceiro bloque, «Educación literaria», recolle as experiencias e os contidos necesarios para consolidar o hábito lector, conformar a propia identidade lectora e desenvolver habilidades de interpretación de textos literarios. O cuarto bloque, «Reflexión sobre a lingua», propón a construción guiada de conclusións sobre o sistema lingüístico usando unha metalinguaxe específica.

 

Nesta proposta didáctica de 1º de ESO os catro bloques concrétanse en nove unidades didácticas denominadas cos contidos xerais de cada unidade. Cada unidade iniciarase cunha breve explicación sobre a palabra referida o concepto referido no título.

 

Nas tres unidades de cada trimestre trataranse contidos dos catro bloques.

 

Alén dos contidos lingüísticos, sociolingüísticos e literarios que inclúe a programación da materia de Lingua Galega e Literatura deste curso, cómpre tamén salientar a incorporación de nocións básicas das linguas da Península Ibérica, particularmente, da portuguesa.

 

Este fomento do ensino-aprendizaxe do portugués está en consonancia coa Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, e coas directrices da Unión Europea relativas ao coñecemento das variedades lingüísticas próximas e, de modo especial, ás transfronteirizas que presentan vínculos históricos e estruturais tan evidentes como acontece co galego e o portugués. A coñecida tamén como Lei Valentín Paz Andrade incide nesta idea ao establecer que «a lingua propia de Galicia, polo feito de ser intercomprensible co portugués, outórgalle unha valiosa vantaxe competitiva á cidadanía galega» e prosegue, «por iso debemos dotarnos de métodos formativos e comunicativos que nos permitan desenvolvernos con naturalidade nunha lingua que nos é moi próxima e nos concede unha grande proxección internacional».

 

Neste primeiro trimestre abordaremos de xeito moi especial a importancia dos recursos, á hora de facer pesquisas, do portugués. Como material de referencia e así acostumar ao alumnado a non procurar información para esta materia en lingua castelá.

 

No segundo trimestre a atención recaerá nas mensaxes e contidos que se difunden a través dos medios de comunicación e das redes sociais. Ao ser o inicio da adolescencia unha etapa especialmente vulnerable, é moi importante que o alumnado destas idades desenvolva o seu espírito crítico e sexa consciente dos riscos da Rede e do uso dalgúns destes medios.

 

As últimas semanas do curso destinaranse a preparar unha lectura teatralizada, entendida esta como unha actividade lúdica que non só axudará a presentar os trazos do xénero dramático e a mellorar a competencia comunicativa do alumnado, senón tamén a potenciar a súa creatividade e o seu talento artístico.

 


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Describir e apreciar a diversidade lingüística do mundo a partir do recoñecemento das linguas do alumnado e a realidade plurilingüe e pluricultural da Península Ibérica, analizando a orixe e o desenvolvemento sociohistórico das súas linguas (e, máis concretamente, a do portugués, catalán e éuscaro), e as características das principais variedades dialectais do galego, para favorecer a reflexión interlingüística, combater os estereotipos e prexuízos e valorar a devandita diversidade como fonte de riqueza cultural.
OBX2 Comprender e interpretar textos orais e multimodais recollendo o sentido xeral e a información máis relevante, identificando o punto de vista e a intención do emisor e valorando a súa fiabilidade, a súa forma e o seu contido, para construír coñecemento, formar opinión e ampliar as posibilidades de gozo e de lecer.
OBX3 Producir textos orais e multimodais con coherencia e fluidez e co rexistro adecuado, atendendo ás convencións propias dos diferentes xéneros discursivos, e participar en interaccións orais con actitude cooperativa e respectuosa, tanto para construír coñecemento e establecer vínculos persoais como para intervir de maneira activa e informada en diferentes contextos sociais.
OBX4 Comprender, interpretar e valorar textos escritos, con sentido crítico e diferentes propósitos de lectura recoñecendo o sentido global e as ideas principais e secundarias, identificando a intención do emisor, reflexionando sobre o contido e a forma e avaliando a súa calidade e fiabilidade para dar resposta ás necesidades e aos intereses comunicativos diversos e para construír coñecemento.
OBX5 Producir textos escritos e multimodais coherentes, cohesionados, adecuados e correctos atendendo ás convencións propias do xénero discursivo elixido, para construír coñecemento e para dar resposta de maneira informada, eficaz e creativa a demandas comunicativas concretas.
OBX6 Seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes de maneira progresivamente autónoma, avaliando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de manipulación e desinformación, e integrala e transformala en coñecemento para comunicala desde un punto de vista crítico e persoal e, ao mesmo tempo, respectuoso coa propiedade intelectual.
OBX7 Seleccionar e ler de maneira autónoma obras diversas como fonte de pracer e coñecemento, configurando un itinerario lector que evolucione en canto á diversidade, complexidade e calidade das obras e compartir experiencias de lectura para construír a propia identidade lectora e para gozar da dimensión social da lectura.
OBX8 Ler, interpretar e valorar obras ou fragmentos literarios do patrimonio galego, portugués e universal, utilizando unha metalinguaxe específica e mobilizando a experiencia biográfica e os coñecementos literarios e culturais que permitan establecer vínculos entre textos diversos e con outras manifestacións artísticas, para conformar un mapa cultural, ampliar as posibilidades de gozo da literatura e crear textos de intención literaria.
OBX9 Mobilizar o coñecemento sobre a estrutura da lingua e os seus usos e reflexionar de maneira progresivamente autónoma sobre as eleccións lingüísticas e discursivas, coa terminoloxía axeitada, para desenvolver a conciencia lingüística, aumentar o repertorio comunicativo e mellorar as destrezas tanto de produción oral e escrita coma de recepción crítica.
OBX10 Pór as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática, da resolución dialogada dos conflitos e da igualdade de dereitos de todas as persoas, utilizando unha linguaxe non discriminatoria e desterrando os abusos a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz, senón tamén ético e democrático, da linguaxe.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Unidade 1. A comunicación O coñecemento dos elementos que interveñen en calquera proceso comunicativo será o punto de partida para presentar unha das secuencias textuais máis básicas, a dialogada, e tamén algúns xéneros discursivos propios do ámbito persoal, particularmente, a presentación persoal e a conversa. Así mesmo, a análise e produción deste tipo de textos facilitará a abordaxe doutro aspecto importante da unidade, as diferenzas máis relevantes entre a lingua oral e a lingua escrita. Por outra banda, o desenvolvemento desta programación debe contemplar o protagonismo do alumnado e facelo partícipe, en primeira persoa, de contidos que terán continuidade noutras unidades do curso ou en niveis superiores. Neste sentido, é fundamental que os alumnos e as alumnas rexistren a súa experiencia na aprendizaxe de linguas (presentación da súa biografía lingüística) e vaian perfilando a súa identidade lectora e gustos literarios (obradoiro de poesía). A avaliación inicial realizarase os primeiros días do curso. 10 9
2 Unidade 2. As modalidades textuais A segunda unidade centrarase nas secuencias textuais descritivas e na descrición de obxectos, elementos da natureza, animais e persoas. Exporanse os trazos máis salientables desta tipoloxía textual e redactaranse descricións (persoas, animais, obxectos, paisaxes) nas que se identifiquen as características propias deste xénero. En canto aos contidos literarios, cumprirá analizar e avaliar a forma e o contido do libro de lectura obrigatoria do trimestre, un poemario, (o sentido global, a temática, os recursos). Por outra banda, o coñecemento das familias lingüísticas do mundo e de trazos básicos dalgunhas linguas, con especial atención ás do alumnado foráneo (as fórmulas de saúdo e despedida, de agradecemento e desculpa e os sistemas de escritura) será o punto de partida para afondar nalgunhas das unidades comunicativas mínimas do galego, concretamente, no son (sistema vocálico e consonántico) e no sistema de escritura (soletreo dos grafemas, dígrafos e regras de acentuación básicas). 10 14
3 Unidade 3. As linguas da península ibérica. O portugués Nesta unidade realizarase unha primeira aproximación ao coñecemento e valoración das linguas da Península Ibérica, particularmente do portugués, a través nun proxecto monográfico sobre a lusofonía. Trataranse contidos relacionados cos países de lingua portuguesa e nocións lingüísticas básicas. A lectura dalgúns fragmentos literarios en portugués servirá para coñecer algunhas autoras e autores do ámbito lusófono e para exemplificar os contidos estudados (sistema ortográfico, expresións básicas da vida cotiá...). O desenvolvemento deste proxecto incluirá, ademais, a abordaxe das secuencias textuais expositivas, co fin de preparar o alumnado para que elabore unha exposición sobre algún dos aspectos máis salientables da unidade. Tamén se proporán outras actuacións como un intercambio físico ou virtual con alumnado dun centro luso, un vídeo de presentación das vilas do alumnado dos dous centros e unha convocatoria dun concurso de Mail Art con mensaxes de felicitación de Nadal. 10 10
4 Unidade 4. As linguas da península ibérica: éuscaro O inicio ao estudo dalgúns aspectos básicos do éuscaro (localización xeográfica, grafías, fórmulas de saúdo, de despedida e de agradecemento e desculpa) será o contido máis singular da unidade. Non obstante, o maior protagonismo terano as secuencias textuais narrativas. Aproveitarase o estudo deste tipo de textos para afondar no emprego dos signos de puntuación básicos (punto, coma e dous puntos). En canto á reflexión lingüística, atenderase aos procedementos de organización do discurso (orde de palabras, compoñentes das oracións, conexións entre significados...). A respecto dos contidos literarios, abordarase a análise do libro da narrativa xuvenil actual, e algún fragmento do ámbito lusófono, e recoñeceranse nestes textos as principais características do xénero narrativo. Tamén se estableceran vínculos entre a obra de lectura obrigatoria e aspectos da actualidade, así como con outras manifestacións artísticas e culturais. 10 9
5 Unidade 5. As linguas da península ibérica: catalán Nesta unidade, ademais de iniciar o estudo dalgúns trazos básicos do catalán, porase o foco na produción de cartas (formais e informais). Incidirase na revisión e corrección lingüística destas e doutros textos, con especial atención á conxugación verbal e á correlación temporal dos verbos nos discursos relatados. Por outra banda, a reflexión lingüística xirará tamén arredor da incorporación de procedementos que contribúan a enriquecer os textos (precisión léxica, corrección gramatical...) e emendar erros a través de distintos recursos (dicionarios, manuais de consulta, procesadores de texto e correctores ortográficos). A respecto dos contidos literarios, analizarase e avaliarase a forma e o contido do libro de lectura obrigatoria de narrativa xuvenil actual (o sentido global, a temática etc.) e poranse en práctica estratexias para expresar a experiencia lectora e recomendar lecturas, o que se concretará na gravación dun booktráiler sobre a dita obra. 10 9
6 Unidade 6. O galego nas redes sociais e nos medios de comunicación Esta unidade desenvolverase a través dun proxecto centrado nos xéneros discursivos propios do ámbito social que se difunden nas redes sociais e nos medios de comunicación (mensaxes instantáneas, correos electrónicos, comentarios dun blog, noticias). O obxectivo non só é coñecer as súas características formais, senón tamén analizar os seus contidos desde un punto de vista crítico. A partir desta análise, o alumnado producirá os seus propios textos, que serán presentados na aula virtual. Entre as actividades que se realizarán está un traballo de investigación sobre as redes sociais no que se responderá a preguntas como: que son?, como se orixinaron?, para que serven?, cales son as súas vantaxes e inconvenientes? etc. Tamén se elaborará un díptico en formato dixital que inclúa información sobre os perigos da Rede e recomendacións para evitalos. Por último, gravaranse pílulas informativas nas que se exemplifiquen e rexeiten usos discriminatorios da linguaxe e abusos a través da palabra. 10 14
7 Unidade 7. Variedades dialectais O coñecemento e a identificación de fenómenos dialectais dos diferentes bloques dialectais. característicos da co( será o punto de partida para desterrar posibles prexuízos do alumnado e reflexionar sobre a riqueza lingüística da lingua galega. No entanto, o eixe da unidade serán os xéneros discursivos propios do ámbito educativo: a súa planificación, textualización, revisión e corrección lingüística de textos en distintos soportes. Realizaranse actividades de subliñado, resumo e esquematización de textos non académicos relacionados coa ecoloxía. A respecto dos contidos literarios, alén de comezar a lectura da obra teatral obrigatoria e dalgún fragmento do ámbito lusófono, tamén se proporá crear, a partir de modelos dados e a través de procedementos de imitación, un álbum ilustrado colectivo no que debe estar presente a temática ambiental. O coñecemento e identificación das principais funcións sintácticas (SUX, PDO, CD, CI e CC) completarán a materia da unidade. 10 11
8 Unidade 8. Sociolingüística. Os prexuízos lingüísticos Nesta unidade concretaranse algúns prexuízos que lle afectan ao galego, en particular os relativos á utilidade da lingua galega fóra de Galicia. Ademais de abordar as causas que subxacen nesta consideración, cumprirá incidir nos argumentos para contrarrestalos. No que se refire á literatura comentarase e analizarase desde unha perspectiva de xénero o libro de lectura obrigatoria do trimestre. Texto narrativo ou dramático.Identificaranse e cuestionaranse, neste e outros textos, situacións de desigualdade, discriminación, prexuízos, hábitos sexistas etc. En canto á reflexión lingüística a atención estará posta na palabra, na súa forma (mudanzas gramaticais a través de distintos procedementos de formación de palabras) e no seu significado (coñecemento e identificación das categorías gramaticais...). A detección e corrección de castelanismos léxicos frecuentes en textos do ámbito persoal, social e académico tamén será un dos contidos salientables que se tratarán na unidade. 10 14
9 Unidade 9. O texto dramático A última unidade do curso abordaremos o texto dramático. Sobre un libro deste xénero afondaremos nesta xénero literario. Será eminentemente de práctica na aula. 20 15

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. As linguas e os seus falantes
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA1.1 - Recoñecer as linguas da Península Ibérica, especialmente as características básicas do portugués, do éuscaro e do catalán, e identificar algúns trazos dos repertorios lingüísticos e das variedades dialectais do alumnado, contrastándoos en manifestacións orais, escritas e multimodais.
CA1.2 - Identificar, a partir da observación da diversidade lingüística da contorna, prexuízos e estereotipos lingüísticos, adoptando unha actitude de respecto e de valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal.
Contidos
C1.1 - Observación da propia biografía lingüística e da diversidade lingüística da aula. As familias lingüísticas e as lin-guas do mundo. Sistemas de escritura. Nocións básicas: fórmulas de saúdo e despedida, agradecemento e des-culpa.
C1.2 - Recoñecemento das linguas da Península Ibérica, especialmente do portugués, do éuscaro e do catalán.
C1.3 - Os países lusófonos: localización, poboación, costumes... Coñecemento das primeiras nocións de lingua portu-guesa. A ortografía. Semellanzas e diferenzas existentes cos sistemas ortográficos galegos. Iniciación ao coñe-cemento do léxico.
C1.4 - Iniciación á reflexión interlingüística.
C1.5 - Estratexias de identificación de prexuízos e estereotipos lingüísticos do galego e exploración das formas de os evitar.
Bloque B2. Comunicación
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA2.1 - Valorar a forma e o contido de textos escritos, orais e multimodais sinxelos, avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
CA2.2 - Realizar narracións e exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez e coherencia e co rexistro adecuado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
CA2.3 - Participar en interaccións orais informais, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado de maneira activa e adecuada, con actitudes de escoita activa e facendo uso de estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
CA2.4 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
CA2.5 - Planificar e redactar textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle, presentando, despois da súa revisión, un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado.
CA2.6 - Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira guiada procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura, adoptando un punto de vista crítico e respectando os principios de propiedade intelectual.
CA2.7 - Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable das tecnoloxías dixitais con relación á procura e á comunicación da información, reflexionando sobre as posibles manipulacións presentes nas canles de transmisión da información.
CA2.8 - Revisar os propios textos de maneira guiada e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e cunha metalinguaxe específica e identificar e retocar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
CA2.9 - Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e unha metalinguaxe específica.
CA2.10 - Identificar e desterrar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe partindo da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación.
Contidos
C2.1 - Contexto vinculado ás estratexias de produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimo-dais de diferentes ámbitos.
C2.1.1 - Compoñentes do feito comunicativo: grao de formalidade da situación e carácter público ou privado, distancia social entre os interlocutores, propósitos comunicativos e interpretación de intencións, canle de comunicación e elementos non verbais da comunicación.
C2.2 - Xéneros discursivos desde o punto de vista da produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
C2.2.1 - Aproximación ás secuencias textuais básicas, con especial atención ás narrativas, descritivas, dialogadas e expositivas.
C2.2.2 - Xéneros discursivos propios do ámbito persoal: a conversa.
C2.2.3 - Xéneros discursivos propios do ámbito educativo.
C2.2.4 - Xéneros discursivos propios do ámbito social. Redes sociais e medios de comunicación. Etiqueta dixital. Ris-cos de desinformación, manipulación e vulneración da privacidade na Rede. Análise da imaxe e elementos paratextuais dos textos icónico-verbais e multimodais.
C2.3 - Procesos de produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
C2.3.1 - Interacción oral e escrita de carácter informal: tomar e ceder a palabra. Cooperación conversacional e cortesía lingüística. Escoita activa, asertividade e resolución dialogada dos conflitos.
C2.3.2 - Comprensión oral: sentido global do texto e relación entre as súas partes, selección e retención da informa-ción relevante. Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal, dos abusos a través da pa-labra e dos usos manipuladores da linguaxe.
C2.3.3 - Produción oral formal: planificación e procura de información, textualización e revisión. Adecuación á audien-cia e ao tempo de exposición. Elementos non verbais. Trazos discursivos e lingüísticos da oralidade formal.
C2.3.4 - Comprensión lectora: sentido global do texto e relación entre as súas partes. A intención do emisor. Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal. Os abusos de poder e a manipulación a través da linguaxe.
C2.3.5 - Produción escrita: planificación, textualización, revisión e edición en diferentes soportes. Corrección gramati-cal e ortográfica. Propiedade léxica. Usos da escritura para a organización do pensamento: toma de notas, esquemas, mapas conceptuais, resumos etc.
C2.4 - Recoñecemento e uso discursivo dos elementos lingüísticos en textos orais, escritos e multimodais.
C2.4.1 - Uso coherente das formas verbais nos textos. Correlación temporal no discurso relatado.
C2.4.2 - Corrección lingüística e revisión ortográfica e gramatical dos textos. Uso de dicionarios, de manuais de consul-ta e de correctores ortográficos en soporte analóxico ou dixital.
C2.4.3 - Os signos básicos de puntuación como mecanismo organizador do texto escrito. A súa relación co significado.
C2.4.4 - Promoción dun modelo lingüístico afastado da castelanización e da deturpación para conseguir un modelo de lingua de calidade.
Bloque B3. Educación literaria
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA3.1 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
CA3.2 - Valorar a forma e o contido de textos sinxelos avaliando a súa calidade, fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
CA3.3 - Elixir e ler textos a partir de preseleccións guiándose polos propios gustos, intereses e necesidades e deixando constancia do propio itinerario lector e da experiencia da lectura.
CA3.4 - Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración dos xéneros e subxéneros literarios.
CA3.5 - Establecer de maneira guiada vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do lector na lectura.
CA3.6 - Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e con axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, a partir da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.
Contidos
C3.1 - Lectura autónoma. Implicación na lectura de obras de maneira progresivamente autónoma a partir dunha prese-lección de textos variados e reflexión sobre os textos lidos e sobre a propia práctica da lectura.
C3.1.1 - Criterios e estratexias para a selección de obras variadas de maneira orientada a partir da exploración guiada da biblioteca escolar e pública dispoñible.
C3.1.2 - Participación activa en actos culturais vinculados co circuíto literario e lector
C3.1.3 - Toma de conciencia progresiva dos propios gustos e identidade lectora.
C3.1.4 - Expresión da experiencia lectora, con apoio de exemplos e utilizando progresivamente unha metalinguaxe específica. Apropiación dos textos lidos a través de distintas formas de recreación.
C3.1.5 - Mobilización da experiencia persoal e lectora como forma de establecer vínculos entre a obra lida e aspectos da actualidade, así como con outros textos e manifestacións artísticas e culturais.
C3.1.6 - Estratexias para a recomendación das lecturas en soportes variados ou ben oralmente entre iguais.
C3.2 - Lectura guiada. Lectura de obras relevantes da literatura xuvenil contemporánea galega e do patrimonio literario lusófono, inscritas en itinerarios temáticos ou de xénero, que atravesan épocas, contextos culturais e movemen-tos artísticos.
C3.2.1 - Estratexias para a construción compartida da interpretación das obras a través de conversas literarias, coa in-corporación progresiva da metalinguaxe específica.
C3.2.2 - Relación e comparación dos textos lidos con outros textos, con outras manifestacións artísticas e coas novas formas de ficción en función de temas, tópicos, estruturas e linguaxes.
C3.2.3 - Expresión pautada a través de procesos e soportes diversificados, da interpretación e da valoración persoal de obras e fragmentos literarios.
C3.2.4 - Lectura con perspectiva de xénero.
C3.2.5 - Lectura con perspectiva ambiental e ecolóxica, con especial incidencia na mudanza climática e na protección e benestar dos animais.
C3.2.6 - Lectura expresiva, dramatización e recitación de textos sinxelos atendendo aos procesos de comprensión, apropiación e oralidade implicados.
C3.2.7 - Creación de textos a partir da apropiación das convencións da linguaxe literaria e en referencia a modelos dados (imitación, transformación, continuación etc.).
Bloque B4. Reflexión sobre a lingua
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA4.1 - Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.
CA4.2 - Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira progresivamente autónoma procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e adoptando un punto de vista crítico e de respecto aos principios de propiedade intelectual.
CA4.3 - Revisar os textos propios de maneira guiada e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e cunha metalinguaxe específica e identificar e solucionar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
CA4.4 - Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e unha metalinguaxe específica.
CA4.5 - Formular xeneralizacións sobre aspectos básicos do funcionamento da lingua a partir da observación, comparación e transformación de enunciados, así como da formulación de hipóteses e a procura de contraexemplos utilizando unha metalinguaxe específica e consultando de maneira guiada dicionarios, manuais e gramáticas.
Contidos
C4.1 - Elaboración de conclusións propias sobre o funcionamento do sistema lingüístico cunha linguaxe específica a partir da observación, comparación e clasificación de unidades comunicativas e do contraste entre linguas.
C4.1.1 - Diferenzas relevantes e interseccións entre a lingua oral e a lingua escrita atendendo a aspectos sintácticos, léxicos e pragmáticos.
C4.1.2 - Aproximación á lingua como sistema e ás súas unidades básicas tendo en conta os diferentes niveis: o son e sistema de escritura, as palabras (forma e significado) e a súa organización no discurso (orde das palabras, compoñentes das oracións ou conexión entre os significados).
C4.1.3 - Relación entre os esquemas semántico e sintáctico da oración simple. Observación e transformación de enunciados de acordo con estes esquemas e uso da terminoloxía sintáctica necesaria. Orde das palabras e concordancia.
C4.1.4 - Estratexias de uso progresivamente autónomo de dicionarios e manuais de gramática para obter información gramatical básica.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Unidade 1. A comunicación
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Recoñecer as linguas da Península Ibérica, especialmente as características básicas do portugués, do éuscaro e do catalán, e identificar algúns trazos dos repertorios lingüísticos e das variedades dialectais do alumnado, contrastándoos en manifestacións orais, escritas e multimodais.
Proba escrita
O alumnado localiza nun mapa da Península Ibérica a situación xeográfica das linguas de España e Portugal, coñece datos sobre a súa orixe e recoñece a área dialectal na que se insire a súa bisbarra. 15
CA2.1 Valorar a forma e o contido de textos escritos, orais e multimodais sinxelos, avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Proba escrita
O alumnado identifica os principais elementos do feito comunicativo (emisor, receptor...) e recoñece trazos característicos das secuencias textuais. 20
CA2.2 Realizar narracións e exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez e coherencia e co rexistro adecuado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
Táboa de indicadores
Traballo monográfico. Presentación coherente e cohesionada e uso da variedade estándar. 20
CA2.3 Participar en interaccións orais informais, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado de maneira activa e adecuada, con actitudes de escoita activa e facendo uso de estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
Táboa de indicadores
O alumnado participa activamente, respectando a quenda de palabra, con boa actitude e cortesía lingüística, nunha conversa. 9
CA3.1 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
Táboa de indicadores
O alumnado realiza as actividades propostas sobre distintos xéneros narrativos 10
CA3.3 Elixir e ler textos a partir de preseleccións guiándose polos propios gustos, intereses e necesidades e deixando constancia do propio itinerario lector e da experiencia da lectura.
Táboa de indicadores
Participa activamente e voluntariamente no plan lector do centro 1
CA3.4 Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración dos xéneros e subxéneros literarios.
Proba escrita
O alumnado xustifica a lectura activa e comprensiva do libro de lectura obrigatorio 10
CA4.1 Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.
Proba escrita
O alumnado coñece e sabe distinguir os trazos diferenciais entre a lingua oral e a lingua escrita, atendendo a aspectos sintácticos, léxicos e pragmáticos. 15

2 Unidade 2. As modalidades textuais
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Recoñecer as linguas da Península Ibérica, especialmente as características básicas do portugués, do éuscaro e do catalán, e identificar algúns trazos dos repertorios lingüísticos e das variedades dialectais do alumnado, contrastándoos en manifestacións orais, escritas e multimodais.
Proba escrita
O alumnado debe recoñecer nun mapamundi as principais familias lingüísticas e linguas do mundo e identificar algúns sistemas de escritura destas. 25
CA2.1 Valorar a forma e o contido de textos escritos, orais e multimodais sinxelos, avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Táboa de indicadores
O alumnado sabe identificar, en textos escritos, orais ou multimodais, as características das secuencias textuais descritivas (estrutura, tipos...). 5
CA2.2 Realizar narracións e exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez e coherencia e co rexistro adecuado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
Táboa de indicadores
O alumnado realiza, de acordo coas pautas da tipoloxía descritiva, unha descrición dun obxecto, unha paisaxe, un animal ou unha persoa. 20
CA2.3 Participar en interaccións orais informais, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado de maneira activa e adecuada, con actitudes de escoita activa e facendo uso de estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
Táboa de indicadores
O alumnado participa activamente, respectando a quenda de palabra, con boa actitude e cortesía lingüística, nunha conversa. 9
CA3.1 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
Táboa de indicadores
O alumnado comprende o sentido global (información relevante, intencionalidade...) de diferentes textos 3
CA3.2 Valorar a forma e o contido de textos sinxelos avaliando a súa calidade, fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Táboa de indicadores
O alumnado valora o contido e algúns aspectos formais (temática, recursos...) de diferentes textos 2
CA3.3 Elixir e ler textos a partir de preseleccións guiándose polos propios gustos, intereses e necesidades e deixando constancia do propio itinerario lector e da experiencia da lectura.
Táboa de indicadores
Participa activamente no Plan lector do centro 1
CA3.4 Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración dos xéneros e subxéneros literarios.
Proba escrita
O alumnado xustifica a lectura activa e comprensiva do libro de lectura obrigatorio 10
CA4.1 Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.
Proba escrita
O alumnado sabe soletrear os grafemas e os dígrafos do galego. Tamén sabe aplicar correctamente as regras de acentuación básicas. 25

3 Unidade 3. As linguas da península ibérica. O portugués
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Recoñecer as linguas da Península Ibérica, especialmente as características básicas do portugués, do éuscaro e do catalán, e identificar algúns trazos dos repertorios lingüísticos e das variedades dialectais do alumnado, contrastándoos en manifestacións orais, escritas e multimodais.
Proba escrita
Identificar as linguas da península e recoñecer a orixe común do portugués e o galego 40
CA2.2 Realizar narracións e exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez e coherencia e co rexistro adecuado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
Táboa de indicadores
Traballo monográfico. Presentación coherente e cohesionada e uso da variedade estándar. 20
CA2.3 Participar en interaccións orais informais, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado de maneira activa e adecuada, con actitudes de escoita activa e facendo uso de estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
Táboa de indicadores
O alumnado participa activamente, respectando a quenda de palabra, con boa actitude e cortesía lingüística, nunha conversa. 10
CA2.5 Planificar e redactar textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle, presentando, despois da súa revisión, un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado.
Táboa de indicadores
O alumnado redacta un texto ben organizado, empregando o rexistro adecuado, mantendo a coherencia e sen erros lingüísticos nin formais salientables (palabras, letras repetidas...). 5
CA2.6 Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira guiada procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura, adoptando un punto de vista crítico e respectando os principios de propiedade intelectual.
Táboa de indicadores
O alumnado consulta e selecciona, coa axuda do profesorado, a información pertinente, sen copiala textualmente, respectando os dereitos de propiedade intelectual. 5
CA3.1 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
Proba escrita
Comprende e interpreta o sentido global. E a intención do emisor de textos escritos e multimodais. 5
CA3.3 Elixir e ler textos a partir de preseleccións guiándose polos propios gustos, intereses e necesidades e deixando constancia do propio itinerario lector e da experiencia da lectura.
Táboa de indicadores
Participa activamente e voluntariamente no plan lector do centro 5
CA3.4 Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración dos xéneros e subxéneros literarios.
Proba escrita
O alumnado xustifica a lectura activa e comprensiva do libro de lectura obrigatorio 10

4 Unidade 4. As linguas da península ibérica: éuscaro
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Recoñecer as linguas da Península Ibérica, especialmente as características básicas do portugués, do éuscaro e do catalán, e identificar algúns trazos dos repertorios lingüísticos e das variedades dialectais do alumnado, contrastándoos en manifestacións orais, escritas e multimodais.
Proba escrita
O alumnado coñece algúns aspectos básicos do éuscaro: extensión xeográfica, grafías e algunhas expresións cotiás deste idioma (fórmulas de saúdo e de despedida e de agradecemento e desculpa etc.). 15
CA2.2 Realizar narracións e exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez e coherencia e co rexistro adecuado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
Táboa de indicadores
Traballo monográfico. Presentación coherente e cohesionada e uso da variedade estándar. 20
CA2.3 Participar en interaccións orais informais, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado de maneira activa e adecuada, con actitudes de escoita activa e facendo uso de estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
Táboa de indicadores
O alumnado participa activamente, respectando a quenda de palabra, con boa actitude e cortesía lingüística, nunha conversa. 9
CA2.4 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
Proba escrita
O alumnado sabe empregar correctamente e detectar erros relativos ao emprego dos signos de puntuación básicos (punto, coma, dous puntos). 20
CA3.1 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
Táboa de indicadores
O alumnado comprende o sentido global (información relevante, intencionalidade...) de diferentes textos 10
CA3.3 Elixir e ler textos a partir de preseleccións guiándose polos propios gustos, intereses e necesidades e deixando constancia do propio itinerario lector e da experiencia da lectura.
Táboa de indicadores
Participa activamente e voluntariamente no plan lector do centro 1
CA3.4 Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración dos xéneros e subxéneros literarios.
Proba escrita
O alumnado xustifica a lectura activa e comprensiva do libro de lectura obrigatorio 10
CA4.1 Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.
Proba escrita
O alumnado sabe recoñecer e aplicar algúns procedementos de organización do discurso (orde de palabras, compoñentes das oracións, conexións entre significados...). 15

5 Unidade 5. As linguas da península ibérica: catalán
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Recoñecer as linguas da Península Ibérica, especialmente as características básicas do portugués, do éuscaro e do catalán, e identificar algúns trazos dos repertorios lingüísticos e das variedades dialectais do alumnado, contrastándoos en manifestacións orais, escritas e multimodais.
Proba escrita
O alumnado coñece algúns aspectos básicos do catalán: localización xeográfica e algunhas expresións cotiás deste idioma (fórmulas de saúdo, despedida, agradecemento e desculpa etc.). 10
CA2.2 Realizar narracións e exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez e coherencia e co rexistro adecuado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
Táboa de indicadores
Traballo monográfico. Presentación coherente e cohesionada e uso da variedade estándar. 20
CA2.3 Participar en interaccións orais informais, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado de maneira activa e adecuada, con actitudes de escoita activa e facendo uso de estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
Táboa de indicadores
O alumnado participa activamente, respectando a quenda de palabra, con boa actitude e cortesía lingüística, nunha conversa. 9
CA2.4 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
Proba escrita
O alumnado usa coherentemente as formas verbais e recoñece erros relativos á correlación temporal dos verbos. 20
CA2.8 Revisar os propios textos de maneira guiada e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e cunha metalinguaxe específica e identificar e retocar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
Proba escrita
O alumnado, logo de revisar a carta coa axuda do profesorado, detecta problemas léxicos e gramatícais, e é capaz de solucionalos e explicalos cunha metalinguaxe específica. 5
CA3.1 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
Proba escrita
O alumnado comprende de maneira global o sentido de diferentes textos 5
CA3.2 Valorar a forma e o contido de textos sinxelos avaliando a súa calidade, fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Táboa de indicadores
O alumnado valora o contido e algúns aspectos formais (temática, recursos...) de diferentes textos 10
CA3.3 Elixir e ler textos a partir de preseleccións guiándose polos propios gustos, intereses e necesidades e deixando constancia do propio itinerario lector e da experiencia da lectura.
Táboa de indicadores
Participa activamente e voluntariamente no plan lector do centro 1
CA3.4 Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración dos xéneros e subxéneros literarios.
Proba escrita
O alumnado xustifica a lectura activa e comprensiva do libro de lectura obrigatorio 10
CA4.1 Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.
Proba escrita
O alumnado utiliza axeitadamente dicionarios, manuais de gramática e correctores ortográficos para emendar erros lingüísticos básicos. 10

6 Unidade 6. O galego nas redes sociais e nos medios de comunicación
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.2 Realizar narracións e exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez e coherencia e co rexistro adecuado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
Táboa de indicadores
Traballo monográfico. Presentación coherente e cohesionada e uso da variedade estándar. 15
CA2.3 Participar en interaccións orais informais, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado de maneira activa e adecuada, con actitudes de escoita activa e facendo uso de estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
Táboa de indicadores
O alumnado participa activamente, respectando a quenda de palabra, con boa actitude e cortesía lingüística, nunha conversa. 10
CA2.5 Planificar e redactar textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle, presentando, despois da súa revisión, un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado.
Proba escrita
O alumnado redacta textos escritos multimodais sinxelos a tendendo á situación comunicativa. 10
CA2.7 Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable das tecnoloxías dixitais con relación á procura e á comunicación da información, reflexionando sobre as posibles manipulacións presentes nas canles de transmisión da información.
Táboa de indicadores
O alumnado familiarízase cos riscos da Rede e as recomendacións que se deben seguir para evitalos. 5
CA2.10 Identificar e desterrar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe partindo da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación.
Proba escrita
Utilizar unha linguaxe inclusiva e sen prexuízos lingüísticos 15
CA3.1 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
Táboa de indicadores
Comprende e interpreta o sentido global do emisor e dos diferentes ámbitos que se responda cos propósitos da lectura 5
CA3.3 Elixir e ler textos a partir de preseleccións guiándose polos propios gustos, intereses e necesidades e deixando constancia do propio itinerario lector e da experiencia da lectura.
Táboa de indicadores
Participa activamente e voluntariamente no plan lector do centro 5
CA3.4 Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración dos xéneros e subxéneros literarios.
Proba escrita
O alumnado xustifica a lectura activa e comprensiva do libro de lectura obrigatorio 10
CA4.1 Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.
Proba escrita
O alumnado utiliza o léxico preciso e enriquece o vocabulario dos seus traballos con axuda de dicionarios, tanto en soporte analóxico como dixital. 20
CA4.2 Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira progresivamente autónoma procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e adoptando un punto de vista crítico e de respecto aos principios de propiedade intelectual.
Táboa de indicadores
O alumnado, logo de contrastar con axuda do profesorado varias versións dunha mesma noticia, redacta a súa propia versión, respectando os principios de propiedade intelectual. 5

7 Unidade 7. Variedades dialectais
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Identificar, a partir da observación da diversidade lingüística da contorna, prexuízos e estereotipos lingüísticos, adoptando unha actitude de respecto e de valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal.
Proba escrita
O alumnado identifica algúns trazos dialectais da súa área lingüística (seseo, gheada...) e valora estes fenómenos como mostra da riqueza do galego. 20
CA2.2 Realizar narracións e exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez e coherencia e co rexistro adecuado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
Táboa de indicadores
Traballo monográfico. Presentación coherente e cohesionada e uso da variedade estándar. 20
CA2.3 Participar en interaccións orais informais, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado de maneira activa e adecuada, con actitudes de escoita activa e facendo uso de estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
Táboa de indicadores
O alumnado participa activamente, respectando a quenda de palabra, con boa actitude e cortesía lingüística, nunha conversa. 9
CA2.4 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
Proba escrita
O alumnado recoñece e explica erros léxicos, gramaticais e ortográficos coa axuda de dicionarios e de manuais de consulta en textos escritos e multimodais dados do ámbito persoal, social e académico. 15
CA3.2 Valorar a forma e o contido de textos sinxelos avaliando a súa calidade, fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Táboa de indicadores
O alumnado reflexiona sobre a calidade dos textos 2
CA3.3 Elixir e ler textos a partir de preseleccións guiándose polos propios gustos, intereses e necesidades e deixando constancia do propio itinerario lector e da experiencia da lectura.
Táboa de indicadores
Participa activa e voluntariamente no plan lector do centro 1
CA3.4 Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración dos xéneros e subxéneros literarios.
Proba escrita
O alumnado xustifica a lectura activa e comprensiva do libro de lectura obrigatorio 10
CA3.6 Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e con axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, a partir da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.
Táboa de indicadores
O alumnado elabora de forma individual un modelo sinxelo de banda deseñada 5
CA4.1 Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.
Proba escrita
O alumnado sabe redactar correctamente oracións simples e localizar nelas as frases e funcións sintácticas principais (SUX, PDO, CD, CI e CC). 15
CA4.3 Revisar os textos propios de maneira guiada e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e cunha metalinguaxe específica e identificar e solucionar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
Táboa de indicadores
O alumnado revisa un texto dado e soluciona problemas lingüísticos coa axuda dicionarios, de manuais de gramática e de correctores ortográficos, en soporte analóxico e dixital. 3

8 Unidade 8. Sociolingüística. Os prexuízos lingüísticos
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Identificar, a partir da observación da diversidade lingüística da contorna, prexuízos e estereotipos lingüísticos, adoptando unha actitude de respecto e de valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal.
Proba escrita
O alumnado detecta nun texto oral, escrito ou multimodal prexuízos e/ou estereotipos lingüísticos relativos á utilidade da lingua galega e expón algún argumento para refutalos. 10
CA2.2 Realizar narracións e exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez e coherencia e co rexistro adecuado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
Táboa de indicadores
Traballo monográfico. Presentación coherente e cohesionada e uso da variedade estándar. 20
CA2.3 Participar en interaccións orais informais, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado de maneira activa e adecuada, con actitudes de escoita activa e facendo uso de estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
Táboa de indicadores
O alumnado participa activamente, respectando a quenda de palabra, con boa actitude e cortesía lingüística, nunha conversa. 9
CA2.4 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
Táboa de indicadores
O alumnado recoñece castelanismos léxicos frecuentes en textos escritos e multimodais dados do ámbito persoal, social e académico e sabe substituílos pola forma galega correcta. 5
CA3.2 Valorar a forma e o contido de textos sinxelos avaliando a súa calidade, fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Táboa de indicadores
O alumnado é capaz de interpretar o sentido dalgúns textos literarios dende unha perspectiva de xénero. Identifica situacións de desigualdade, discriminación, prexuízos, linguaxe sexista etc. 5
CA3.3 Elixir e ler textos a partir de preseleccións guiándose polos propios gustos, intereses e necesidades e deixando constancia do propio itinerario lector e da experiencia da lectura.
Táboa de indicadores
Participa activamente e voluntariamente no plan lector do centro 1
CA3.4 Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración dos xéneros e subxéneros literarios.
Proba escrita
O alumnado xustifica a lectura activa e comprensiva do libro de lectura obrigatorio 10
CA4.1 Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.
Proba escrita
O alumnado incorpora, nun texto dado, palabras sinónimas, hiperónimas e hipónimas co obxectivo de evitar repeticións no discurso. 10
CA4.4 Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e unha metalinguaxe específica.
Proba escrita
O alumnado localiza en textos narrativos e descritivos, distintos tipos de palabras e identifica cales son as categorías gramaticais predominantes. 15
CA4.5 Formular xeneralizacións sobre aspectos básicos do funcionamento da lingua a partir da observación, comparación e transformación de enunciados, así como da formulación de hipóteses e a procura de contraexemplos utilizando unha metalinguaxe específica e consultando de maneira guiada dicionarios, manuais e gramáticas.
Proba escrita
O alumnado é quen de explicar a mudanza gramatical dunha palabra mediante procedementos como a adición de prefixos e sufixos. 15

9 Unidade 9. O texto dramático
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.2 Realizar narracións e exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez e coherencia e co rexistro adecuado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
Táboa de indicadores
Traballo monográfico. Presentación coherente e cohesionada e uso da variedade estándar. 20
CA2.3 Participar en interaccións orais informais, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado de maneira activa e adecuada, con actitudes de escoita activa e facendo uso de estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
Táboa de indicadores
O alumnado participa activamente, respectando a quenda de palabra, con boa actitude e cortesía lingüística, nunha conversa. 9
CA2.9 Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e unha metalinguaxe específica.
Táboa de indicadores
O alumnado recoñece e emprega o rexistro lingüístico axeitado para ese contexto comunicativo 20
CA3.1 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
Táboa de indicadores
O alumnado é quen de utilizar as fontes de consulta axeitadas para resolver dúbidas sobre a información requerida 20
CA3.2 Valorar a forma e o contido de textos sinxelos avaliando a súa calidade, fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Táboa de indicadores
O alumnado é quen de realizar unha lectura expresiva e posterior dramatización da obra atendendo aos procesos de comprensión, apropiación e oralidade implicados no seu desenvolvemento. 10
CA3.3 Elixir e ler textos a partir de preseleccións guiándose polos propios gustos, intereses e necesidades e deixando constancia do propio itinerario lector e da experiencia da lectura.
Táboa de indicadores
Participa activamente e voluntariamente no plan lector do centro 1
CA3.4 Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración dos xéneros e subxéneros literarios.
Proba escrita
O alumnado xustifica a lectura activa e comprensiva do libro de lectura obrigatorio 10
CA3.5 Establecer de maneira guiada vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do lector na lectura.
Táboa de indicadores
O alumnado coñece algúns dos temas e tópicos máis frecuentes na literartura (o amor, a vida, a morte etc.) e sabe identificalos na obra de lectura obrigatoria (peza teatral). 10

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


Orientacións pedagóxicas

 

Antes de comezar cada unidade, segundo a indicación do pedagogo galego, Miguel Vázquez Freire, trataranse de pescudar na aula os coñecementos previos do alumnado, para relacionalos progresivamente cos novos contidos que se impartan, só así se poderá conseguir unha aprendizaxe significativa e construtiva na que os novos coñecementos e o proceso de aprendizaxe estean relacionados co desenvolvemento psicolóxico, o ritmo evolutivo e as capacidades e contidos adquiridos previamente polas alumnas e alumnos. De calquera xeito, é preferible aprender poucos conceptos e facelo de xeito rigoroso e non moitos de maneira superficial, como sucede coa aprendizaxe memorística asignificativa.

 

Tamén se proporán preguntas que supoñan un revulsivo para as/os estudantes e que incrementen a súa atención por medio da interacción co/coa docente. É moi relevante para o profesor/a a premisa de ensinar a aprender segundo a cal, a aprendizaxe é un proceso que se desenvolve ao longo da vida, por iso lle corresponde á/ao docente ir dotando o seu alumnado dunha progresiva autonomía que lle permita "aprender a aprender", a buscaren por si mesmos a información que teñen ao seu alcance para que o día de mañá saiban desenvolverse. Por outra banda, é preciso sinalar que sería moi efectivo crear unha liña metodolóxica común ao longo de toda a etapa, para evitar cambios ou desaxustes bruscos na/o alumna/o ao mudar de curso.

 

Sabemos que o desenvolvemento intelectual pode ser acelerado mediante o emprego de determinadas estratexias didácticas, por iso, metodoloxía de ensino en Lingua Galega e Literatura tratará de ser o máis activa posible e alternará traballos individuais con traballos cooperativos que melloren os vínculos entre o alumnado e mesmo favorezan as relacións interculturais, por suposto, incluíndo na mesma liña a ensinanza por competencias. Segundo a Teoría de Intelixencias Múltiples de Gardner existen diferentes estilos de aprendizaxe, por conseguinte, tratarase na medida do posible de atender os diferentes ritmos para que todo o alumnado vaia adquirindo os coñecementos básicos.

 

Alén do expresado anteriormente sobre os aspectos metodolóxicos, cómpre salientar que as liñas de actuación versarán sobre:

 

- O uso de distintos métodos que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado, favorezan a capacidade de aprender por si mesmos e promovan o traballo en equipo.

 

- A realización de proxectos significativos para o alumnado e a resolución colaborativa de problemas, reforzando a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade.

 

- A énfase na atención á diversidade do alumnado, na atención individualizada, na prevención das dificultades de aprendizaxe e na posta en práctica de mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten estas dificultades.

 

- O uso de estratexias para traballar transversalmente a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, a competencia dixital e o fomento da creatividade, do espírito científico e do emprendemento.

 

- O desenvolvemento dos contidos gradual e progresivo, de maneira que, ademais de incrementar a dificultade dos procesos e situacións comunicativas, tamén se vaian adquirindo habilidades máis complexas que propicien a aprendizaxe individual e autónoma.

 

- O traballo interdisciplinario e a coordinación con outros departamentos e equipos do centro, especialmente co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca. Esta colaboración incidirá na mellora dos procesos comunicativos e permitirá incorporar xéneros discursivos doutras materias e ámbitos de interese.

 

- A potenciación do tratamento integrado de linguas (TIL), que se reflectirá na incorporación de nocións básicas dalgunhas linguas da Península Ibérica, especialmente da portuguesa, e que se fomentará con actuacións que lle faciliten ao alumnado galegofalante a intercomunicación nos dous idiomas (intercambios lingüísticos, concursos, glosarios bilingües/multilingües...). Cómpre que sexa consciente da utilidade deste coñecemento, non só para reforzar os vínculos culturais, sociais e económicos con Portugal e con toda a comunidade de países lusófonos, senón tamén para que a lingua galega adquira unha maior proxección internacional.

 

- A presentación de recursos dixitais en lingua galega que faciliten a busca de información, a revisión dos textos e a súa posterior divulgación, sempre con respecto aos dereitos de propiedade intelectual. Ademais de consultar datos e de ampliar contidos, o alumnado debe familiarizarse co manexo de tradutores, correctores ortográficos e dicionarios ou manuais de estilo que lle axuden a mellorar a redacción dos seus escritos.

 

- A énfase nas estratexias que fomenten a oralidade e as competencias activas, co fin de que o alumnado adquira as habilidades necesarias para expresarse correctamente nunha ampla variedade de situacións comunicativas (espontáneas ou planificadas) e de contextos (formais e informais). Entre o amplo abano de actuacións que contribúen ao desenvolvemento desta destreza e, asemade, a incorporación de contidos literarios, están as dramatizacións e representacións teatrais e todo tipo de iniciativas en formato audiovisual (booktráilers).

 

- A promoción dun modelo lingüístico afastado da castelanización e da deturpación para conseguir unha lingua de calidade, valorando o dominio dos sistema fonético-fonolóxico tanto vocálico coma consonántico, o uso do léxico tradicional e o emprego das estruturas morfosintácticas galegas.

 

- A erradicación dos prexuízos lingüísticos derivados da situación sociolingüística de Galicia nos últimos séculos, particularmente os que teñen que ver cos usos diglósicos do galego en determinados ámbitos.

 

- A detección e eliminación dos usos discriminatorios e ofensivos da lingua, de modo que se propicie a reflexión sobre os principios democráticos e se favoreza a análise crítica dos conflitos, tanto no centro educativo coma noutros ámbitos. Fomentarase un uso ético da linguaxe, a resolución dialogada dos conflitos e a construción de vínculos persoais e sociais baseados no respecto e na igualdade de dereitos de todas as persoas.

 

- A proposta de obras e fragmentos de textos, literarios ou non, atendendo a valores socioculturais e éticos que promovan a defensa dos dereitos humanos e a conciencia ambiental. Tamén se deben abordar lecturas desde unha perspectiva de xénero. As charlas con escritoras e escritores, os clubs de lectura ou os obradoiros literarios resultarán unha boa ferramenta para afondar nestes contidos.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Xornal mensual. O papagaio
Material de lingua galega e literatura. Proxecto Cotovía.org
Cunha, Celsa & Cintra, Lindley (2017). (7ª Ed.). Nova gramática do português contemporâneo de acordo com a nova ortografía. Rio de janeiro: Lexikon Editora Digital.
Dicionario Xerais castelán-galego de usos, frases e sinónimos (2007) Xerais. Vigo
Dosil, Benxamín (2015). Escrita doada: consellos para redactar ben. Vigo: Xerais.
Dosil, Benxamín (2021). Manual de uso da lingua galega. Vigo: Xerais.
Feixó Cid, Xosé G. (2021). Gramática da lingua galega. Síntese práctica (6ª Edición). Vigo: Xerais.
Fernández Fernández, Isaac (2010). Diccionario galego-euscaro, euskara-galiziera. Vigo: Universidade de Vigo.
Fernández Salgado, Benigno (Dir.) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da Lingua Galega. Vigo. Galaxia.
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2013). Estilística da Lingua Galega. Vigo: Xerais de Galicia
Xornal Nós. Sermos Galiza.
Méndez Álvarez, Mª Xesús (2004). Ortografía da Lingua Galega. Vigo: Xerais de Galicia.
López Viñas, Xoán; Lourenço Módia, Cilha & Moreda Leirado, Marisa (2011). (2ª Ed. Corrixida). Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión. A Coruña: Baía Edicións.
Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, 2003 (edición revisada) RAG/ILG
Novo Folgueira, Paulino (1999). Dicionario de uso para a comunicación. Vigo: Xerais de Galicia
Regueira, Xosé Luís (2010). Dicionario de pronuncia da lingua galega. A Coruña: Real Academia Galega.
Rosales Cereijo, Manuel (2002). A linguaxe literaria. Guía de recursos para a análise textual. Vigo: Xerais de Galicia
Torres Santomé, Jurjo (1995). O Curriculum oculto. Portugal: Porto.
Vázquez Freire, Miguel (1992). O Curriculum. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Vilagrasa Grandia, Albert (2018). A punt 1. Publicacions de l`Abadia de Montserrat. Bastons Vilallonga, Núria, Bernardó Fernández, Cristina, Comajoan Colomé, Llorenç (2011). Gramàtica Pràctica del catalá. Barcelona. Teide

As aulas e a biblioteca son os lugares en que o alumnado ten ao seu alcance a maioría dos recursos e materiais do centro. A biblioteca ofrece, ademais, obras de lectura, libros de texto, mapas, revistas, xornais e recursos dixitais para consultar información, realizar traballos de investigación etc. En resumo, dispoñemos de:

 

- Medios audiovisuais: ordenadores, pantallas dixitais, canón, impresoras, tablets...

- Recursos dixitais: dicionarios en liña, xornais dixitais e acceso a diversos portais da lingua (Portal da Lingua Galega, Portal das Palabras), blogs, aplicacións etc.

- Material bibliográfico: libros de lectura, libros de texto e de consulta, dicionarios en papel, xornais, revistas, mapas etc.

 

Tamén se debe contemplar, tal como se especifica no artigo 78 da Orde do 8 de setembro de 2021, a necesidade de materiais axeitados para a atención á diversidade. O centro dispón dunha equipación adecuada para todo o alumnado, mesmo para aquel que teña dificultades de accesibilidade ás súas instalacións (cadeiras de rodas, elevadores, escada rolante, muletas etc.)

 

Se se precisa algún outro material complementario adaptado a este tipo de alumnado, será solicitado á Consellería a través dos informes correspondentes.

 

Alén dos materiais citados tamén se recomendan outros recursos en formato dixital:

 

- Aulas Galegas: https://aulasgalegas.org/category/linguas/galego/

 

- Dicionario castelán-galego, Rinoceronte Editora: https://rinoceronte.gal/dicionario/

 

- Dicionario da Real Academia Galega: http://www.realacademiagalega.org/dicionario#inicio.do

 

- Dicionario de pronuncia da lingua galega: http://ilg.usc.es/pronuncia/

 

- Dicionario visual interactivo: www.edu.xunta.es/contidos/dicionariovisual/dicionario.html

 

- O Portal das Palabras, Real Academia Galega e Fundación Barrié: http://www.portaldaspalabras.org/

 

- Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLG), RAG / ILG, Galaxia: http://www.realacademiagalega.org/recursos-volg


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Procedemento para a avaliación inicial

 

A avaliación inicial, cuxo fin é diagnosticar e valorar o nivel de coñecementos previos do alumnado, efectuarase nas primeiras sesións do curso. Será, xunto coa información obtida a través do Departamento de Orientación e da consulta do expediente académico do alumno ou alumna no XADE, unha ferramenta esencial para que o profesorado poida coñecer o nivel académico do alumnado nas distintas competencias, co fin de poder adaptar o seu proceso de ensinanza e a súa proposta didáctica a ese nivel.

 

Alén diso, a avaliación inicial constitúe un factor preventivo esencial na atención á diversidade, especialmente cando se trata de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

 

Os resultados da avaliación inicial servirán como referente para adoptar as decisións de tipo educativo que correspondan e, nos casos en que for necesario, para demandar da xefatura do Departamento de Orientación a realización dunha avaliación psicopedagóxica.

 

Esta proba, que poderá partir dun texto literario, xornalístico... constará das seguintes partes:

 

- Comprensión oral. O alumnado deberá responder, a partir da escoita ou visionado dun audio ou vídeo, preguntas sobre o seu contido.

- Comprensión escrita. O alumnado deberá contestar preguntas fechadas sobre o contido dun texto escrito.

- Produción oral. O alumnado realizará intervencións orais a respecto dos contidos e/ou temática do audio ou vídeo proposto.

- Produción escrita. O alumnado realizará unha pequena composición escrita sobre o contido e/ou temática do audio ou vídeo proposto.

 

Á parte disto, a proba incluirá diversas cuestións relacionadas coa reflexión sobre a lingua, sociolingüística, literatura e hábitos lectores referidos ao aprendido no nivel ou etapa anterior.

 

Se fose posible, poderíase pasar un test sociométrico cuxos resultados nos servirán á hora de facer os agrupamentos para as diferentes actividades do curso.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 20.0 100.0
Proba escrita 60.0 60.0 55.0 60.0 60.0 55.0 60.0 60.0 10.0 49.0
Táboa de indicadores 40.0 40.0 45.0 40.0 40.0 45.0 40.0 40.0 90.0 51.0

Para o cálculo da nota de cada avaliación, teranse en conta as seguintes porcentaxes:

- 50% proba escrita.

- 20% traballo monográfico en equipo

- 20% actividades realizadas na aula/casa

- 10% proba de comprobación do libro de lectura obrigatoria

A nota da avaliación final será calculada como a media aritmética das notas das tres avaliacións parciais. Considerarase unha avaliación positiva a partir do 5.

 

Atendendo á Orde dictada pola Consellaría de educación do 3 de maio de 2023 pola que se establece o calendario escolar do curso 2023.24 dos centros públicos de Galiza  O alumnado que non teña superadas as tres avaliacións cunha media de 5 terá a posibilidade de recuperar aquelas avaliacións e contidos que non teña superados nos días habilitados para facer as recuperacións nas datas aprobadas pola CCP do centro que de seguro terá lugar no mes de maio. A s datas habilitadas, aínda sen conretar, serán no mes de xuño, uns días antes da avaliación final ordinaria do mes de xuño.  Este alumnado superará a materia co mesmo criterio sumativo de media de 5 entre as tres avaliacións. Nos días  previos ás datas das recuperacións, o alumnado con partes pendentes da materia  recibirá atención e material de reforzo e repaso para as probas que realizará nos días previstos para as recuperacións. O alumnado que teña as tres avaliacións superardas seguirá un normal desenvolvemento da materia até a data da celebración da 3ª e avaliación e a avaliación final que se levará a cabo a partir do día 22 de xuño. 

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


O artigo 7.7. da Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia establece que: «Ao longo de cada curso realizaranse para cada grupo tres sesións de avaliación parciais. Así mesmo, farase o seguimento da recuperación das materias ou dos ámbitos pendentes, se for o caso. A derradeira destas tres avaliacións realizarase nas datas que se determinen na norma que estableza o calendario escolar para cada curso».

 

En primeiro lugar, seguirase o disposto no Artigo 51 da Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que alude ao Plan de reforzo para as alumnas e alumnos que pasen de curso con materias sen superar:

 

1. O alumnado de educación secundaria obrigatoria que se promova de curso con materias sen superar deberá seguir un plan de reforzo en cada unha desas materias, destinado á súa recuperación e á súa superación.

 

2. O plan de reforzo será elaborado polo profesorado que imparte a materia que a alumna ou o alumno teñan pendente de superar, baixo as directrices do correspondente departamento didáctico e co coñecemento do profesorado titor, e terá como referentes os obxectivos da materia e a contribución á adquisición das competencias. Igualmente, será un plan que se adapte ás particularidades de cada alumna ou alumno destinatarios. O departamento didáctico velará pola realización do plan por parte da alumna ou do alumno.

 

3. O plan de reforzo debe incluír, cando menos:

 

a) Identificación da alumna ou do alumno.

b) Información relevante sobre a materia ou as materias sen superar. A alumna ou alumno e os seus familiares ou titores legais serán informados polo profesor/a da materia dos contidos do plan de reforzo e, máis concretamente, dos requisitos necesarios para aprobar a materia pendente. Desta información quedará constancia por escrito no departamento.

c) Currículo para desenvolver, con especificación dos criterios de avaliación. Serán os establecidos na PD, coas oportunas modificacións, se for necesario.

d) Estratexias metodolóxicas que se utilizarán no seu desenvolvemento, que serán distintas ás empregadas habitualmente co resto do alumnado, xa que a falta de presencialidade na aula obriga a establecer uns mecanismos de seguimento máis ríxidos para que a alumna/o siga implicada/o na materia.

e) Recursos necesarios para o seu desenvolvemento: computadores portátiles, impresoras, libros de consulta, dicionarios dixitais ou en papel. Así mesmo, empregaranse outros medios dixitais como a aula virtual, ABALAR e/ou Edixgal.

f) Tarefas para desenvolver, coa debida temporalización. O alumnado deberá realizar para a súa preparación as actividades propostas de cada unidade, que deberá entregar ao xefe de departamento da materia para seren corrixidas e, ao mesmo tempo, para poder consultar e resolver dúbidas.

g) Seguimento e avaliación. O seguimento deste tipo de alumado establecerase a través de actividades, traballos, probas e reunións virtuais ou presenciais de periodicidade mensual na hora de atención ao alumnado e ás familias. Poderanse ultilizar medios telemáticos (aula virtual, programas específicos, ABALAR e outros medios dixitais).

h) Acreditación da información á familia. Farase mediante un modelo existente no centro en que conste toda a información a respecto da avaliación e dos resultados do alumno que, unha vez asinado pola nai, pai ou titores legais, será remitido ao departamento.

 

En cada sesión de avaliación farase o seguimento do plan de reforzo e, se for necesario, realizaránselle os axustes que procedan. Na sesión de avaliación final do curso en que estean escolarizados o alumno ou a alumna, a profesora ou o profesor da materia pendente decidirá sobre a súa avaliación, nos termos que se establecen na normativa que regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria. En todo caso, para superar a materia pendente, a alumna ou o alumno deberá obter avaliación positiva no plan de reforzo correspondente, o que se terá en conta para os efectos de promoción e/ou titulación.

 

Para a avaliación deste alumnado débense ter en conta os contidos impartidos na materia no curso anterior. Polo tanto, o plan de reforzo de materias pendentes deberá elaborarse considerando esas aprendizaxes e competencias non adquiridas.

 

Aquelas actividades que non sexan susceptibles da súa repetición (presentacións, traballos colectivos etc.) serán adaptadas e avaliadas de modo que se poida comprobar a superación dos criterios de avaliación implicados.

 

Para demostrar que adquiriron os mínimos de consecución e as aprendizaxes imprescindibles para superar a materia, deberán realizar dúas probas extraordinarias, nos meses de xaneiro e maio. O alumnado que aprobe a primeira metade en xaneiro, só deberá realizar en maio a segunda parte. Aqueles que en xaneiro non superen a proba, deberán examinarse en maio da totalidade dos contidos. A realización das actividades do plan de reforzo en forma e prazo pode eximir a/o alumna/o de realizar a proba escrita se a/o profesor/a o considerar oportuno.

 

En canto á superación dos proxectos contidos nas tres unidades didácticas o alumnado debe entregar en tempo e forma os proxectos trimestrais non superados e/ou non entregados no curso anterior.

 

Para este alumnado coa materia pendente, utilizaranse os mesmos instrumentos de avaliación que para o resto do alumnado, e aplicaránselle as mesmas porcentaxes.

No centro hai un plan xeral de atención a pendentes. Estas directrices son iguais para todo o alumnado que teña materias pendentes.

 


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


As medidas de atención á diversidade enténdese como o conxunto de actuacións educativas dirixidas a dar resposta ás diferentes capacidades, motivacións e intereses, ritmos e estilos de aprendizaxe e situacións persoais do alumnado. Estas medidas oriéntanse a alcanzar os obxectivos e as competencias establecidas para a ESO e réxense polos principios de equidade, calidade e igualdade de oportunidades, non discriminación, integración, accesibilidade e cooperación da comunidade educativa.

 

Segundo o artigo 49 da Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación, as administracións educativas asegurarán os recursos necesarios para que os alumnos e alumnas que requiran unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentar necesidades educativas especiais, por atraso madurativo, por trastornos do desenvolvemento da linguaxe e a comunicación, por trastornos de atención ou de aprendizaxe, por descoñecemento grave da lingua de aprendizaxe, por atoparse en situación de vulnerabilidade socioeducativa, polas súas altas capacidades intelectuais, por terse incorporado tarde ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de historia escolar, poidan acadar o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades persoais e, en todo caso, os obxectivos establecidos con carácter xeral para todo o alumnado».

 

A partir da avaliación inicial do alumnado, proporanse as correspondentes actuacións de seguimento e atención ao alumnado, tanto as medidas ordinarias como extraordinarias. Faranse actividades especificamente deseñadas para cada caso.

Así, en concreto, o plan específico personalizado para o alumnado que permaneza un ano máis no mesmo curso, obrigado polo artigo 52 da Orde do 8 setembro de 2021 de atención á diversidade incluirá os seguintes apartados:

a) Identificación da alumna ou do alumno.

b) Relación das necesidades educativas que motivaron a repetición do curso.

c) Medidas ordinarias aplicadas no curso anterior.

d) Estratexias metodolóxicas que se utilizarán no seu desenvolvemento.

e) Recursos necesarios para o desenvolvemento do plan.

f) Se for o caso, oferta de medidas extraordinarias.

g) Acreditación da información á familia.

 

En cada sesión de avaliación farase o seguimento do plan específico personalizado e, se for necesario, realizaránselle os axustes que procedan. Ao final do curso, na mesma sesión de avaliación, informarase sobre o seu desenvolvemento e o seu aproveitamento.

 

Débese ter en conta o establecido no artigo 41 da citada Orde que, de conformidade co artigo 7 do Decreto 229/2011, do 7 de decembro, define as medidas de atención á diversidade como as actuacións, estratexias e/ou programas destinados a proporcionar unha resposta axustada ás necesidades educativas do alumnado.

Estas medidas clasifícanse en ordinarias e extraordinarias e deberán estar recollidas no Plan xeral de atención á diversidade e nas concrecións anuais do dito plan.

Nas medidas ordinarias, por exemplo, teranse en conta os reforzos educativos (RE) e nas extraordinarias as adaptacións curriculares (ACS)

No caso dos RE, se for necesaria a súa aplicación, elaborarase, un informe individual final de curso sobre as medidas de reforzo educativo onde consten os datos do alumno ou alumna e os datos do reforzo educativo en que se inclúa a data de comezo e de remate e a descrición das medidas desenvolvidas (o motivo, descrición das medidas, temporalización, axuda do profesorado, corrección, e valoración final e coa previsión para o seguinte curso se ten que continuar ou non o RE.

 

Ante esta situación as medidas concretas que se van aplicar son as seguintes:

 

-Alumno con TDAH: aplicación do Protocolo de Consenso sobre TDAH na Infancia e na Adolescencia nos Ámbitos Educativo e Sanitario.

Entre as pautas e as estratexias que deben estar presentes no contorno da aula aplicaranse as seguintes actuacións:

O alumno con TDAH debe estar nunha aula con bo clima de traballo e, se for posible, na que non coincida con alumnado con problemáticas semellantes. Estará sentado cerca da mesa do profesorado e ao lado de compañeiras ou compañeiros que lle sirvan de modelo de tranquilidade, de orde e de axuda. Contará cunha axenda que o axudará na súa organización. Evitarase a proximidade a portas, xanelas, papeleiras e lugares de maior tránsito, así como estímulos sonoros ou visuais.

 

Implementaranse outras medidas como:

 

-Alternar actividades teóricas con traballo práctico.

-Antes de empezar unha actividade, explicarase en que consiste de xeito claro e sinxelo, e asegurarase de que a entendeu todo o alumnado.

-Empregar estratexias para captar a atención inicial, como mudanzas de entoación, xesticulación e dramatización.

-Segmentar as actividades longas e limitar o número destas.

-Supervisar frecuentemente a realización, para reforzar positivamente ou para reconducir a execución ou as distraccións.

-Usar reforzos e apoios visuais na instrución oral.

-Combinar actividades máis estimulantes con outras menos motivadoras.

-Propor exercicios variados.

-Conseguir a colaboración dun compañeiro ou dunha compañeira para que o axude a comprender e a realizar as tarefas; o que á súa vez contribuirá a potenciar a súa zona de desenvolvemento próximo, segundo a teoría de Vygotsky.

-Utilizar reforzos positivos para motivar (eloxios privados e públicos, colocar os seus traballos no taboleiro da clase, levar os traballos á casa cunha felicitación, utilizar un sistema de puntos ou economía de fichas etc.)

 

En canto ás tarefas ou deberes que se lle proporán terase presente o seguinte:

 

-Reducir e fragmentar as actividades.

-Supervisar os exercicios e asegurarse de que entendeu o que ten que facer.

-Utilizar reforzos e apoios visuais na instrución oral.

-Non sobrecargar de tarefas para a casa, cómpre que o profesorado do curso se coordine e seleccione aquelas que se consideren máis importantes.

 

En canto ás probas escritas e, co fin de as mellorar, será necesario:

-Fixar as datas dos exames con suficiente antelación.

-Traballar con mostras de formato de exames. Serve de gran axuda para todos poder adestrarse con exercicios e formatos tipo do que van atopar no día sinalado.

-Utilizar diferentes formas e instrumentos de avaliación.

-Acurtar os exames escritos e formular preguntas breves, pechadas, claras e con vocabulario sinxelo. En ningún caso se formularán preguntas que poidan resultar ambiguas ou que teñan unha dobre interpretación.

-Complementar os exames escritos de forma oral, cando se observa que están incompletos.

-Alternar a forma de presentación das cuestións que ten que responder o alumnado (de forma oral, escrita ou coas novas tecnoloxías).

-Pactar a fórmula máis idónea para realizar os exames (oralmente ou utilizando o computador).

-Dar máis tempo para realizar as probas ou os exames escritos, inclusive dividilos en dúas sesións, e ser flexibles na súa duración.

-Presentar escrito o texto dos exames, salientando en letra negra as partes máis importantes de cada cuestión e, no caso de preguntas complexas, diferenciando ben cada tarefa. Na media do posible, utilizar un tipo de letra de maior tamaño.

-Deixar suficiente espazo entre as preguntas (dobre espazo e, preferiblemente, un exercicio por páxina), e supervisar a súa comprensión e execución durante o tempo no que se desenvolva o exame.

-Posibilitar que o alumnado poida recuperar, durante a avaliación, os exames suspensos.

-Pedir que se revisen os traballos e os exames antes de entregalos.

-Supervisar que a/o alumna/o respondeu a todas as cuestións antes de entregar o exame.

 

Para os dous alumnos con previsión de lles aplicar unha ACS, que terá que ser autorizada pola inspección educativa, o procedemento para a súa elaboración (Orde do 8 de setembro de 2021), será o seguinte:

 

a) Realización da avaliación psicopedagóxica e posterior elaboración do informe psicopedagóxico por parte da xefatura do Departamento de Orientación en que conste o seu nivel de competencia curricular. Ese nivel de competencia será o punto de partida para o axuste do currículo. Os referentes para determinar o currículo adaptado serán a competencia curricular e a zona de desenvolvemento próximo da alumna ou do alumno, determinadas, ambas, no informe psicopedagóxico.

b) Convocatoria e coordinación, por parte da xefatura de estudos, dunha reunión á cal deben asistir o equipo docente do alumno e a xefatura do Departamento de Orientación. Nesta reunión analizaranse os resultados da avaliación psicopedagóxica e decidirase a pertinencia ou non de realizar a adaptación do currículo e a materia para adaptar. A xefa ou o xefe do Departamento de Orientación redactará e custodiará a acta desta reunión.

c) Elaboración da proposta de adaptación da materia por parte do profesorado que a imparte e no modelo que o centro teña establecido no seu Plan xeral de atención á diversidade. Igualmente, ese profesorado será o responsable do desenvolvemento e da avaliación da adaptación curricular, en colaboración, se for o caso, co profesorado de apoio ao alumnado con NEAE. En todo ese proceso o profesorado contará co asesoramento da xefatura do Departamento de Orientación.

 

A xefatura do Departamento de Orientación conformará o expediente da adaptación, que se axustará ao modelo que figura no anexo II da citada Orde, e xuntaráselle copia da acta da reunión en que se decidiu realizar a adaptación curricular. A dirección do centro docente enviará o expediente da adaptación curricular ao servizo territorial de Inspección Educativa, a quen lle compete a autorización. Con carácter xeral, a solicitude da dirección do centro docente farase antes da finalización do mes de novembro, excepto no caso das adaptacións curriculares que forman parte dos expedientes de flexibilización da duración do período de escolarización. Formarán parte do expediente da alumna ou do alumno unha copia da adaptación curricular e a súa autorización polo servizo territorial de Inspección Educativa.

 

O desenvolvemento das adaptacións curriculares realizarase, na medida do posible, no contexto da aula ordinaria da alumna ou do alumno, coordinado polo profesorado titor, quen convocará as reunións de seguimento que se consideren necesarias ou, cando menos, as que figuren no expediente da adaptación curricular.

 

A avaliación do alumnado nas áreas ou materias adaptadas será realizada polo profesorado que as imparte, coas achegas do profesorado de apoio, de ser o caso, e conforme os criterios de avaliación establecidos na adaptación curricular. As cualificacións expresaranse nos mesmos termos que os establecidos na normativa xeral que regula a avaliación na ESO. Os referentes da avaliación do alumnado con adaptación curricular serán os incluídos na dita adaptación, sen que isto poida impedirlle a promoción ou titulación.

 

A información sobre as avaliacións que se lles facilite ás familias reflectirá as cualificacións obtidas, segundo os criterios de avaliación que constan nas correspondentes adaptacións curriculares. Nesta información contemplarase tamén unha valoración cualitativa do progreso da alumna ou do alumno.

 

O profesorado titor será o responsable, coa colaboración do equipo docente e da xefatura do Departamento de Orientación, de elaborar e trasladar esa información.

A duración das adaptacións propostas será dun curso.

As nais, os pais ou as persoas titoras legais do alumnado teñen dereito, logo de remitir a solicitude correspondente, a que o centro lles facilite unha copia da adaptación curricular autorizada.

 

Ás ACS deste alumnado adaptaránselles os contidos e os criterios de avaliación. No primeiro caso, reduciranse os contidos aos establecidos nos mínimos de consecución e nos criterios de avaliación serán avaliados tendo en conta a redución das porcentaxes indicadas nos criterios de avaliación da PD e na non aplicación de todos eles.

 

No caso de que ao longo do curso se matriculase algún alumno ou alumna con algunha destas problemáticas: dislexia, discapacidade auditiva, TEA, altas capacidades, Down ou discapacidade intelectual, TDAH, absentismo, atención temperá seguiranse os protocolos establecidos pola Consellería.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
1 A comunicación audivisual
2 A competencia dixital
3 O fomento do espírito crítico e científico
4 A educación emocional e en valores
5 A igualdade de xénero
6 A creatividade
7 Educación para a sustentabilidade e o consumo responsable
8 O emprendemento social e empresarial
9 A comprensión lectora
10 A expresión oral e escrita

O Decreto do currículo de ESO establece que en todas as materias e, polo tanto, en Lingua Galega e Literatura de 1º de ESO, se traballarán os seguintes elementos transversais:

 

- a comprensión lectora

- a expresión oral e escrita

- a comunicación audiovisual

- a competencia dixital

- o emprendemento social e empresarial

- o fomento do espírito crítico e científico

- a educación emocional e en valores

- a igualdade de xénero

- a creatividade

 

Alén diso, pola peculiaridade da materia de Lingua Galega e Literatura, a comprensión lectora e a comunicación oral e escrita, ao formar parte do currículo, serán elementos tratados dunha ou doutra maneira en todas as unidades didácticas, polo que non aparecen singularizados en ningunha delas.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Visita á Fundación Xosé Neira Vilas. No primeiro trimestre o alumnado deste nivel, unha vez lido o romance máis importante do autor Xosé Neira Vilas. Memorias dun neno labrego. Faremos unha visita á FUndación e unha homenaxe ao protagonista da obra, Balbino.
Asistencia a unha obra de teatro do grupo Sarabela baseada na obra Made in Galiza de Séchu Sende o alumnado ten no currículo deste curso o texto dramático e a súa posta en cena.
Participación activa no proxecto da biblioteca. Descobre a ¿tua contorna con os valores arqueolóxicos, arquitectura tradicional, flora da contorna... Participación activa no proxecto da biblioteca nos universos literarios das obras que van lendo ao longo do curso o curso

Cómpre ter en conta que todas estas actividades teñen relación directa coa materia, polo que non se considerarán nin se inclúen aquí as actividades complementarias organizadas polo centro.

 

O número de actividades complementarias programadas non excederá das tres por curso, unha por trimestre. As que se desenvolven fóra do centro, contarán co permiso por escrito da nai, do pai ou dos titores legais e deberán figurar na PXA do centro.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
1. Propiciouse un ambiente motivador na aula.
2. Respectouse o alumnado e demostrouse sensibilidade ante os seus problemas e as súas diferenzas tanto culturais, como de procedencia.
3. Atendeuse adecuadamente a diversidade do alumnado e aplicáronse os protocolos correspondentes.
4. Logo de realizarse a avaliación inicial e de recibir a información transmitida polo Departamento de Orientación, mantívose o seguimento personalizado de todo o alumnado ao longo do curso.
5. O alumnado foi informado detalladamente dos criterios e instrumentos de avaliación, cualificación e puntuación establecidos.
6. As explicacións foron claras e amenas e as exemplificacións sinxelas e comprensibles.
7. Respectouse a puntualidade á hora de entrar na aula e mostrouse unha actitude entusiasta e dinámica.
8. O profesorado mantívose actualizado tanto no que se refire a aspectos didácticos xerais e específicos da súa materia como no ámbito das novas tecnoloxías.
9. Existiu un seguimento continuo da programación didáctica ao longo do curso e realizáronse as modificacións e adaptacións necesarias.
10. Estableceuse unha comunicación fluída e constante con outros departamentos, equipos e grupos de traballo específicos (EDLG, Biblioteca, Club de Ciencia etc.).
11. Estableceuse unha comunicación continuada co alumnado imposibilitado para asistir temporalmente ao centro: atención domiciliaria, hospitalización etc., a través da aula virtual ou doutras comunicacións telemáticas.
12. Conseguíronse adecuar as unidades didácticas á temporalización indicada e desenvolvéronse as actividades propostas de acordo á súa temporalización.
13. Mantívose a coherencia entre obxectivos, contidos, criterios de avaliación e niveis de desempeño mínimos.
14. Os procedementos, criterios e instrumentos de avaliación utilizados foron os adecuados.
15. Empregouse unha metodoloxía precisa e variada, con uso de materiais diversos.
16. Propuxéronse e concretáronse actividades de seguimento para atender a diversidade do alumnado: NEAE, repetidores/as, ACS, reforzos.
17. Participouse no Plan lector do centro e en actividades programadas por outros grupos ou equipos docentes (EDLG, Equipo de Biblioteca etc.).
18. Asistiuse ás reunións de departamento achegando ideas, información e modificacións á PD, avaliando os resultados das avaliacións do alumnado e propondo estratexias de mellora.
19. Analizouse a cualificación do alumnado e valoráronse as porcentaxes de alumnado que superou e non superou a materia.
20. Potenciouse a participación, o diálogo e a reflexión dentro da aula.
21. As probas de avaliación foron corrixidas no prazo establecido, entregadas ao alumnado para analizalas e comentalas na clase.
24. Fomentouse que o alumnado utilizase a lingua galega habitualmente na clase co profesor ou profesora e cos seus compañeiros e compañeiras.
22. Mantívose contacto regular coas familias para seren informadas de todo o proceso de ensino-aprendizaxe das filla ou fillos.
23. Pasóuselle ao alumnado un cuestionario-enquisa a respecto da práctica docente do profesor ou profesora.

Resulta fundamental que o profesorado posúa ferramentas e empregue procedementos útiles para avaliar o proceso do ensino e a súa práctica docente. Esta valoración efectúase, tal e como indica a normativa vixente, a través duns indicadores de logro "o profesorado avaliará tanto as aprendizaxes do alumnado como os procesos de ensino e a súa propia práctica docente, para o cal establecerá indicadores de logro nas programacións docentes".

Estes indicadores xiran arredor de tres aspectos: o referente á actitude profesional dentro da aula, ao coñecemento e á actitude a respecto do alumnado e ao cumprimento do establecido na programación didáctica.

Os ditos indicadores de logro valoraranse nunha escala de 0 a 10, e os seus resultados deben ser inseridos dentro da memoria final.

Para recompilar información e elaborar os indicadores de logro poderanse utilizar os cuestionarios que lle foron proporcionados ao alumnado, mesmo ao final de cada trimestre e ao remate do curso.

Todos estes datos formarán parte de memoria final e deben terse en conta para que se poidan corrixir as deficiencias detectadas na PD do próximo curso.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


Para a elaboración da programación didáctica partiuse do seguimento das directrices establecidas pola Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP). Alén diso, tivéronse en conta as propostas de mellora existentes na memoria do curso anterior.

 

A estrutura da PD inclúe os apartados que recolle a Resolución do 26 de maio de 2022 que se expresan a seguir:

 

-Introdución

-Obxectivos e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias

-Relación de unidades didácticas coa súa secuencia e temporalización, e que conteñen a parte do currículo da materia que se traballou e a relación dos instrumentos de avaliación.

-Metodoloxía, coas concrecións metodolóxicas e os materiais e recursos didácticos

-A avaliación, que refire o procedemento para a avaliación inicial, os criterios de cualificación coa indicación do mínimo de consecución para superar a materia

-Medidas de atención á diversidade

-A concreción dos elementos transversais

-As actividades complementarias

-A práctica docente, que inclúe o procedemento para avaliar o proceso de ensino e a práctica docente cos seus indicadores de logro e o procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora da propia programación didáctica

 

En previsión de calquera circunstancia imprevista, tipo COVID ou outras, achegaríase unha addenda coas correspondentes modificacións, basicamente en canto a modificación da metodoloxía e dos indicadores de logro mínimos por se fose necesaria unha atención virtual do alumnado.

 

Rematado o curso, para proceder a unha avaliación, revisión e propostas de mellora da PD, débense considerar os seguintes apartados:

 

-A programación entregouse no prazo establecido normativamente.

-O desenvolvemento da programación didáctica foi analizado e revisado na última reunión de departamento de cada trimestre.

-Valorouse o grao de cumprimento da secuenciación e temporalización das respectivas unidades didácticas, e se o seu deseño se axustou aos distintos elementos do currículo.

-Valorouse a metodoloxía seguida e se os materiais e recursos didácticos empregados deron os resultados previstos.

-En canto á avaliación, analizouse se o deseño das probas de avaliación inicial e os mecanismos para a súa realización foron os adecuados.

-Así mesmo, valorouse se os criterios de avaliación, tanto os establecidos para as distintas recuperacións de probas ou avaliacións como os seguidos para a avaliación final foron os axeitados.

-Revisáronse as medidas adoptadas a respecto do alumnado NEAE presente nas aulas.

-Valorouse a pertinencia dos distintos elementos transversais e o grao de cumprimento e participación en actividades complementarias.

-Analizouse se os mecanismos de información ás familias estaban dando os resultados previstos e se foron útiles e axeitados.

-Incluíuse a avaliación da práctica docente e da propia PD.

-Para a elaboración da programación didáctica partiuse do seguimento das directrices establecidas pola Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP). Tamén se tiveron en conta en conta as propostas existentes na memoria do curso anterior.

 

Para levar a cabo esta análise e comprobación da adecuada aplicación da PD, elaboráronse os seguintes indicadores de logro, que deberán ir acompañados das correspondentes puntuacións nunha táboa de 1 a 5.

 

1. Conseguise acadar o grao de cumprimento dos obxectivos didácticos propostos, co correspondente desenvolvemento das competencias clave.

2. A secuenciación das UD propostas foi a axeitada, así como o número delas e a súa distribución cronolóxica.

3. As concrecións metodolóxicas e os materiais e recursos didácticos utilizados axustáronse aos fins perseguidos.

4. Os criterios de avaliación foron ben aplicados.

5. Os instrumentos de avaliación foron os adecuados.

6. Os mínimos de consecución para cada criterio de avaliación estiveron ben establecidos.

7. Atendeuse debidamente a diversidade do alumnado (seguindo os protocolos de actuación correspondentes).

8. Atendéronse suficientemente os contidos transversais e as actividades complementarias.

9. A materia contribuíu aos distintos plans do centro: PLC, Plan lector, TIC, Convivencia....

10. Realizouse un seguimento regular da PD por parte do departamento.

11. Avaliouse o cumprimento da PD aplicando unha escala de 1 a 5 .

12. Establecéronse propostas para emendar as deficiencias observadas na aplicación da PD.

13. Estas propostas foron incluídas na memoria final do departamento.

 

Na acta da última reunión do departamento recolleranse todas as modificacións ou adaptacións feitas ao longo do curso e as propostas de mellora suxeridas. Todos estes datos incluiranse, ademais, na memoria final do departamento para seren tidas en conta na PD do próximo curso; tamén serán transmitidas e expostas, se for o caso, na primeira reunión da Comisión de Coordinación Pedagóxica.

 

Por último, convén sinalar que todos os membros do departamento didáctico realizarán a necesaria actualización para poderen elaborar e facer o correspondente seguimento da PD a través da aplicación PROENS.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver