Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A materia de Tecnoloxía e Dixitalización é necesaria para valorar a achega fundamental da tecnoloxía na sociedade actual e comprender a importancia de utilizala dun xeito crítico, responsable e sostible. Nun mundo cada vez máis dixitalizado, a materia contribúe a mellorar a competencia dixital do alumnado tratando que utilice o gran potencial das ferramentas dixitais, pero sen deixar de lado a seguridade, a ética e o benestar.

 

O principal eixe do proceso de ensino e aprendizaxe será o desenvolvemento de proxectos que resolvan problemas concretos, aplicando os contidos da materia. Así mesmo incorporaranse as tecnoloxías dixitais e potenciarase o pensamento computacional, coma bases destacables neste proceso. Trátase de que o alumnado traballe coñecementos científicos e técnicos, desenvolvendo ideas e solucións cunha actitude creativa, emprendedora e de cooperación así coma crítica e comprometida coa sostibilidade.

 


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Buscar e seleccionar a información adecuada proveniente de diversas fontes, de maneira crítica e segura, aplicando procesos de investigación, métodos de análise de produtos e experimentando con ferramentas de simulación, para definir problemas tecnolóxicos e iniciar procesos de creación de solucións a partir da información obtida.
OBX2 Abordar problemas tecnolóxicos con autonomía e actitude creativa, aplicando coñecementos interdisciplinarios e traballando de forma cooperativa e colaborativa, para deseñar e planificar solucións a un problema ou necesidade de forma eficaz, innovadora e sostible.
OBX3 Aplicar de forma apropiada e segura distintas técnicas e coñecementos interdisciplinarios utilizando operadores, sistemas tecnolóxicos e ferramentas, tendo en conta a planificación e o deseño previo para construír ou fabricar solucións tecnolóxicas e sostibles que dean resposta a necesidades en diferentes contextos.
OBX4 Describir, representar e intercambiar ideas ou solucións a problemas tecnolóxicos ou dixitais, utilizando medios de representación, simboloxía e vocabulario axeitados, así como os instrumentos e os recursos dispoñibles, e valorando a utilidade das ferramentas dixitais para comunicar e difundir información e propostas.
OBX5 Desenvolver algoritmos e aplicacións informáticas en distintas contornas, aplicando os principios do pensamento computacional e incorporando as tecnoloxías emerxentes, para crear solucións a problemas concretos, automatizar procesos e aplicalos en sistemas de control ou en robótica.
OBX6 Comprender os fundamentos do funcionamento dos dispositivos e aplicacións habituais da súa contorna dixital de aprendizaxe, analizando os seus compoñentes e funcións e axustándoos ás súas necesidades para facer un uso máis eficiente e seguro destes e para detectar e resolver problemas técnicos sinxelos.
OBX7 Facer un uso responsable e ético da tecnoloxía, mostrando interese por un desenvolvemento sostible, identificando as súas repercusións e valorando a contribución das tecnoloxías emerxentes para identificar as achegas e o impacto do desenvolvemento tecnolóxico na sociedade e na contorna.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 A tecnoloxía Introdución á tecnoloxía. 2 2
2 Deseño e fabricación Conceptos básicos de debuxo técnico para o deseño de produtos. Uso básico de aplicacións CAD en 2D para a representación gráfica no deseño de produtos. Iniciación ao deseño 3D. Introdución á fabricación dixital. 5 4
3 Utilización das TIC no proceso tecnolóxico Utilización de hardware e software no proceso tecnolóxico, respectando a propiedade intelectual, a etiqueta dixital. Uso da rede con seguridade para os datos, os equipos e as persoas. 3 4
4 Proxecto de estruturas Deseño e fabricación dunha estrutura que resolva un problema proposto. 20 24
5 Documentación de proxectos Documentar e presentar os proxectos técnicos creados utilizando ferramentas dixitais. 5 4
6 Proxecto mecanismos Deseño e fabricación dun sistema mecánico que resolva un problema proposto. 25 23
7 Proxecto electricidade Deseño e montaxe dun sistema mediante circuítos eléctricos que resolva un problema proposto. 25 24
8 Programación Resolución de problemas mediante algoritmos. Desenvolvemento de aplicacións sinxelas para ordenador ou outros dispositivos. 8 8
9 Sistemas de control e robots Deseño, montaxe e programación dun sistema de control ou robot sinxelos. 7 12

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. O proxecto tecnolóxico
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA1.1 - Definir problemas ou necesidades expostas, buscando e contrastando información procedente de diferentes fontes de maneira crítica e segura e avaliando a súa fiabilidade e pertinencia.
CA1.2 - Comprender e examinar obxectos tecnolóxicos sinxelos de uso habitual a través da análise de obxectos e sistemas, empregando o método científico e utilizando ferramentas de simulación na construción de coñecemento.
CA1.3 - Recoñecer a influencia da actividade tecnolóxica na sociedade e na sostibilidade ambiental identificando as súas achegas e repercusións e valorando a súa importancia para o desenvolvemento sostible.
CA1.4 - Identificar as achegas das tecnoloxías emerxentes ao benestar, á igualdade social e á diminución do impacto ambiental, facendo un uso responsable e ético destas.
Contidos
C1.1 - Estratexias, técnicas e marcos de resolución de problemas en diferentes contextos e as súas fases.
C1.2 - Estratexias de procura crítica de información durante a investigación e a definición dos problemas expostos.
C1.3 - Análise de produtos e de sistemas tecnolóxicos sinxelos para a construción de coñecemento desde distintos enfoques e ámbitos.
C1.4 - Emprendemento, resiliencia, perseveranza e creatividade para abordar problemas desde unha perspectiva interdisciplinaria.
C1.5 - Desenvolvemento tecnolóxico: creatividade, innovación, investigación, obsolescencia e impacto social e ambiental.
C1.6 - Ética e aplicacións das tecnoloxías emerxentes.
C1.7 - Tecnoloxía sostible. Valoración crítica da contribución da tecnoloxía á consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS).
Bloque B2. Deseño e fabricación
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA2.1 - Idear e deseñar solucións eficaces, innovadoras e sostibles a problemas definidos, aplicando conceptos, técnicas e procedementos interdisciplinarios, así como criterios de sostibilidade, con actitude emprendedora, perseverante e creativa.
CA2.2 - Seleccionar, planificar e organizar os materiais e as ferramentas, así como as tarefas necesarias para a construción dunha solución a un problema exposto, traballando individualmente ou en grupo de maneira cooperativa e colaborativa.
CA2.3 - Fabricar obxectos ou modelos sinxelos empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde.
CA2.4 - Deseñar e construír mediante ferramentas de fabricación dixital obxectos e modelos sinxelos, respectando as normas de seguridade e saúde.
Contidos
C2.1 - Técnicas de representación gráfica para deseño de pezas utilizadas nos proxectos. Acoutamento e escalas.
C2.2 - Aplicacións CAD en 2D para a representación de esquemas, circuítos e planos sinxelos.
C2.3 - Iniciación ao deseño 3D.
C2.4 - Uso de materiais tecnolóxicos para a fabricación de obxectos ou modelos nun proxecto tecnolóxico e o seu impacto ambiental.
C2.5 - Uso e manipulación de ferramentas básicas. Técnicas de mecanización de materiais na construción de obxectos e prototipos.
C2.6 - Respecto das normas de seguridade e hixiene.
C2.7 - Introdución á fabricación dixital. Deseño e construción de pezas sinxelas con impresión 3D e/ou corte.
Bloque B3. Elementos de máquinas, sistemas e robots
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA3.1 - Deseñar e fabricar máquinas e sistemas empregando estruturas, mecanismos e circuítos eléctricos sinxelos que cumpran unha función determinada dentro do sistema resolvendo os problemas propostos.
CA3.2 - Montar sistemas de control e/ou robots sinxelos mediante a incorporación dos elementos necesarios para a resolución dos problemas propostos.
Contidos
C3.1 - Estruturas para a construción de modelos.
C3.2 - Identificación de sistemas mecánicos básicos de transmisión e transformación do movemento: montaxes físicas e/ou uso de simuladores.
C3.3 - Electricidade básica para a montaxe de circuítos físicos ou simulados. Montaxe e/ou simulación de circuítos sinxelos con operadores eléctricos: xeradores, elementos de manobra ou control e receptores. Compoñentes básicos e simboloxía.
C3.4 - Deseño de sistemas que incorporen estruturas, mecanismos e circuítos eléctricos sinxelos para a resolución de problemas técnicos. Interpretación, deseño e aplicación en proxecto.
C3.5 - Compoñentes básicos e funcionamento dun sistema de control ou robot sinxelo: sensores, actuadores e controladores.
C3.6 - Montaxe de sistemas de control ou robots sinxelos para a resolución de problemas técnicos.
Bloque B4. Programación, control e robótica
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA4.1 - Describir, interpretar e deseñar solucións a problemas informáticos a través de algoritmos e diagramas de fluxo, aplicando os elementos e as técnicas de programación de maneira creativa.
CA4.2 - Programar aplicacións sinxelas empregando os elementos de programación de maneira apropiada e aplicando ferramentas de edición.
CA4.3 - Automatizar procesos, máquinas e obxectos sinxelos, mediante a análise e a programación de robots e sistemas de control.
Contidos
C4.1 - Algorítmica e diagramas de fluxo.
C4.2 - Aplicacións informáticas sinxelas para ordenador.
C4.3 - Sistemas de control programado: uso de simuladores e programación sinxela de dispositivos.
C4.4 - Fundamentos da robótica: control programado de robots sinxelos de maneira física ou por medio de simuladores.
C4.5 - Autoconfianza e iniciativa: o erro, a reavaliación e a depuración de erros como parte do proceso de aprendizaxe.
Bloque B5. Documentación e comunicación dixital
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA5.1 - Representar e comunicar o proceso de creación dun produto desde o seu deseño ata a súa difusión, elaborando documentación técnica e gráfica coa axuda de ferramentas dixitais, empregando os formatos e o vocabulario técnico axeitados, de maneira colaborativa, tanto presencialmente como en remoto.
CA5.2 - Facer un uso eficiente e seguro dos dispositivos dixitais de uso cotián na resolución de problemas sinxelos coñecendo os riscos e adoptando medidas de seguridade para a protección de datos e equipos.
CA5.3 - Crear contidos, elaborar materiais configurando correctamente as ferramentas dixitais habituais da contorna de aprendizaxe, axustándoas ás súas necesidades e respectando os dereitos de autor e a etiqueta dixital.
CA5.4 - Organizar a información de maneira estruturada aplicando técnicas de almacenamento seguro.
CA5.5 - Adoptar medidas preventivas para a protección dos dispositivos, dos datos e da saúde persoal, identificando problemas e riscos relacionados co uso da tecnoloxía e facendo unha análise ética e crítica.
Contidos
C5.1 - Vocabulario técnico apropiado.
C5.2 - Habilidades básicas de comunicación interpersoal. Pautas de conduta propias da contorna virtual, etiqueta dixital.
C5.3 - Ferramentas dixitais para a elaboración de documentación técnica relativa a proxectos.
C5.4 - Dispositivos dixitais. Elementos do hardware e do software. Identificación e resolución de problemas técnicos sinxelos.
C5.5 - Ferramentas e plataformas de aprendizaxe: configuración, mantemento e uso crítico.
C5.6 - Ferramentas de edición e creación de contidos: instalación, configuración e uso responsable.
C5.7 - Propiedade intelectual e etiqueta dixital.
C5.8 - Técnicas de tratamento, organización e almacenamento seguro da información. Copias de seguridade.
C5.9 - Seguridade na Rede: riscos, ameazas e ataques.
C5.10 - Medidas de protección de datos e información. Benestar dixital: prácticas seguras e riscos (ciberacoso, sextorsión, vulneración da propia imaxe e da intimidade, acceso a contidos inadecuados, adiccións...).

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 A tecnoloxía
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Comprender e examinar obxectos tecnolóxicos sinxelos de uso habitual a través da análise de obxectos e sistemas, empregando o método científico e utilizando ferramentas de simulación na construción de coñecemento.
Táboa de indicadores
Comprender obxectos tecnolóxicos sinxelos. 34
CA1.3 Recoñecer a influencia da actividade tecnolóxica na sociedade e na sostibilidade ambiental identificando as súas achegas e repercusións e valorando a súa importancia para o desenvolvemento sostible.
Táboa de indicadores
Recoñecer a influencia da tecnoloxía na sociedade. Comprender a importancia dun desenvolvemento sostible. 33
CA1.4 Identificar as achegas das tecnoloxías emerxentes ao benestar, á igualdade social e á diminución do impacto ambiental, facendo un uso responsable e ético destas.
Táboa de indicadores
Identificar as tecnoloxías emerxentes e a súa influencia na sociedade. 33

2 Deseño e fabricación
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.4 Deseñar e construír mediante ferramentas de fabricación dixital obxectos e modelos sinxelos, respectando as normas de seguridade e saúde.
CA2.4.1. Comprender e utilizar conceptos básicos de debuxo técnico para construír mediante ferramentas de fabricación dixital obxectos e modelos sinxelos.
Proba escrita
Comprender e utilizar conceptos de debuxo técnico. 50
CA2.4.2. Deseñar e construír mediante ferramentas de fabricación dixital obxectos e modelos sinxelos, respectando as normas de seguridade e saúde.
Táboa de indicadores
Deseñar un obxecto sinxelo que se poida construír mediante ferramentas de fabricación dixital, respectando as normas de seguridade e saúde. 50

3 Utilización das TIC no proceso tecnolóxico
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA5.2 Facer un uso eficiente e seguro dos dispositivos dixitais de uso cotián na resolución de problemas sinxelos coñecendo os riscos e adoptando medidas de seguridade para a protección de datos e equipos.
Táboa de indicadores
Utilizar de xeito xeito eficiente e seguro distintos dispositivos dixitais para resolver problemas. 40
CA5.4 Organizar a información de maneira estruturada aplicando técnicas de almacenamento seguro.
Táboa de indicadores
Organizar a información de maneira estruturada e segura. 20
CA5.5 Adoptar medidas preventivas para a protección dos dispositivos, dos datos e da saúde persoal, identificando problemas e riscos relacionados co uso da tecnoloxía e facendo unha análise ética e crítica.
Táboa de indicadores
Protexer os dispositivos e datos utilizados no desenvolvemento do taballo. Evitar os riscos para a súa saúde derivados do mal uso da tecnoloxía. 40

4 Proxecto de estruturas
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Definir problemas ou necesidades expostas, buscando e contrastando información procedente de diferentes fontes de maneira crítica e segura e avaliando a súa fiabilidade e pertinencia.
Táboa de indicadores
Buscar e contrastar información que axude a resolver un problema proposto. 2
CA2.1 Idear e deseñar solucións eficaces, innovadoras e sostibles a problemas definidos, aplicando conceptos, técnicas e procedementos interdisciplinarios, así como criterios de sostibilidade, con actitude emprendedora, perseverante e creativa.
Táboa de indicadores
Idear e deseñar solucións que resolvan un problema proposto. 2
CA2.2 Seleccionar, planificar e organizar os materiais e as ferramentas, así como as tarefas necesarias para a construción dunha solución a un problema exposto, traballando individualmente ou en grupo de maneira cooperativa e colaborativa.
Táboa de indicadores
Seleccionar e organizar os materiais axeitados para construir unha solución a un problema proposto. 3
CA2.3 Fabricar obxectos ou modelos sinxelos empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde.
Táboa de indicadores
Fabricar un obxecto sinxelo empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde. 3
CA3.1 Deseñar e fabricar máquinas e sistemas empregando estruturas, mecanismos e circuítos eléctricos sinxelos que cumpran unha función determinada dentro do sistema resolvendo os problemas propostos.
CA3.1.1. Coñecer os conceptos básicos sobre estruturas, para deseñar e fabricar sistemas empregando estruturas, que cumpran unha función determinada resolvendo os problemas propostos.
Proba escrita
Coñecer os conceptos básicos sobre estruturas. 50
CA3.1.2. Deseñar e fabricar sistemas empregando estruturas, que cumpran unha función determinada resolvendo os problemas propostos.
Táboa de indicadores
Deseñar e fabricar unha estrutura que resolva un problema proposto. 40

5 Documentación de proxectos
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA5.1 Representar e comunicar o proceso de creación dun produto desde o seu deseño ata a súa difusión, elaborando documentación técnica e gráfica coa axuda de ferramentas dixitais, empregando os formatos e o vocabulario técnico axeitados, de maneira colaborativa, tanto presencialmente como en remoto.
Táboa de indicadores
Elaborar documentos técnicos con ferramentas dixitais, para representar o proceso de creación dun produto. Proporcionar formato axeitado á documentación creada. Empregar vocabulario técnico axeitado. 50
CA5.3 Crear contidos, elaborar materiais configurando correctamente as ferramentas dixitais habituais da contorna de aprendizaxe, axustándoas ás súas necesidades e respectando os dereitos de autor e a etiqueta dixital.
Táboa de indicadores
Crear contidos configurando correctamente as ferramentas dixitais utilizadas. Respectar os dereitos de autor e a etiqueta dixital. 50

6 Proxecto mecanismos
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Definir problemas ou necesidades expostas, buscando e contrastando información procedente de diferentes fontes de maneira crítica e segura e avaliando a súa fiabilidade e pertinencia.
Táboa de indicadores
Buscar e contrastar información que axude a resolver un problema proposto. 2
CA2.1 Idear e deseñar solucións eficaces, innovadoras e sostibles a problemas definidos, aplicando conceptos, técnicas e procedementos interdisciplinarios, así como criterios de sostibilidade, con actitude emprendedora, perseverante e creativa.
Táboa de indicadores
Idear e deseñar solucións que resolvan un problema proposto. 2
CA2.2 Seleccionar, planificar e organizar os materiais e as ferramentas, así como as tarefas necesarias para a construción dunha solución a un problema exposto, traballando individualmente ou en grupo de maneira cooperativa e colaborativa.
Táboa de indicadores
Seleccionar e organizar os materiais axeitados para construir unha solución a un problema proposto. 3
CA2.3 Fabricar obxectos ou modelos sinxelos empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde.
Táboa de indicadores
Fabricar un obxecto sinxelo empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde. 3
CA3.1 Deseñar e fabricar máquinas e sistemas empregando estruturas, mecanismos e circuítos eléctricos sinxelos que cumpran unha función determinada dentro do sistema resolvendo os problemas propostos.
CA3.1.3. Coñecer os operadores mecánicos básicos, para deseñar e fabricar máquinas e sistemas empregando mecanismos, que cumpran unha función determinada resolvendo os problemas propostos.
Proba escrita
Coñecer os conceptos básicos sobre mecanismos. 50
CA3.1.4. Deseñar e fabricar máquinas e sistemas empregando mecanismos, que cumpran unha función determinada resolvendo os problemas propostos.
Táboa de indicadores
Deseñar e fabricar un sistema empregando mecanismos que resolva un problema proposto. 40

7 Proxecto electricidade
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Definir problemas ou necesidades expostas, buscando e contrastando información procedente de diferentes fontes de maneira crítica e segura e avaliando a súa fiabilidade e pertinencia.
Táboa de indicadores
Buscar e contrastar información que axude a resolver un problema proposto. 2
CA2.1 Idear e deseñar solucións eficaces, innovadoras e sostibles a problemas definidos, aplicando conceptos, técnicas e procedementos interdisciplinarios, así como criterios de sostibilidade, con actitude emprendedora, perseverante e creativa.
Táboa de indicadores
Idear e deseñar solucións que resolvan un problema proposto. 2
CA2.2 Seleccionar, planificar e organizar os materiais e as ferramentas, así como as tarefas necesarias para a construción dunha solución a un problema exposto, traballando individualmente ou en grupo de maneira cooperativa e colaborativa.
Táboa de indicadores
Seleccionar e organizar os materiais axeitados para construir unha solución a un problema proposto. 3
CA2.3 Fabricar obxectos ou modelos sinxelos empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde.
Táboa de indicadores
Fabricar un obxecto sinxelo empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde. 3
CA3.1 Deseñar e fabricar máquinas e sistemas empregando estruturas, mecanismos e circuítos eléctricos sinxelos que cumpran unha función determinada dentro do sistema resolvendo os problemas propostos.
CA3.1.5. Coñecer os operadores eléctricos básicos, para deseñar e fabricar máquinas e sistemas empregando circuítos eléctricos, que cumpran unha función determinada resolvendo os problemas propostos.
Proba escrita
Coñecer os operadores eléctricos básicos. 50
CA3.1.6. Deseñar e fabricar máquinas e sistemas empregando circuítos eléctricos, que cumpran unha función determinada resolvendo os problemas propostos.
Táboa de indicadores
Deseñar e fabricar un sistema empregando circuítos eléctricos que resolva un problema proposto. 40

8 Programación
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1 Describir, interpretar e deseñar solucións a problemas informáticos a través de algoritmos e diagramas de fluxo, aplicando os elementos e as técnicas de programación de maneira creativa.
Táboa de indicadores
Interpretar algoritmos sinxelos. Dar solución a problemas sinxelos a través de algoritmos. 30
CA4.2 Programar aplicacións sinxelas empregando os elementos de programación de maneira apropiada e aplicando ferramentas de edición.
Táboa de indicadores
Programar aplicacións sinxelas. 70

9 Sistemas de control e robots
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.2 Montar sistemas de control e/ou robots sinxelos mediante a incorporación dos elementos necesarios para a resolución dos problemas propostos.
CA3.2.1. Coñecer os elementos básicos dun sistema de control ou robot, para montar sistemas de control e/ou robots sinxelos para a resolución dos problemas propostos.
Proba escrita
Coñecer os elementos básicos dun sistema de control ou robot. 20
CA3.2.2. Montar sistemas de control e/ou robots sinxelos mediante a incorporación dos elementos necesarios para a resolución dos problemas propostos.
Táboa de indicadores
Montar un sistema de control ou robot sinxelo que resolva un problema proposto. 30
CA4.3 Automatizar procesos, máquinas e obxectos sinxelos, mediante a análise e a programación de robots e sistemas de control.
Táboa de indicadores
Automatizar un proceso ou máquina sinxelos, programando un sistema de contro ou robot. 50

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


A materia debe afrontarse cunha metodoloxía eminentemente práctica e cun enfoque competencial do currículo que potencie a aprendizaxe significativa do alumnado.

 

O eixe vertebrador será a realización de proxectos tecnolóxicos con metodoloxías que fomenten a resolución de problemas mediante o deseño e construción de sistemas técnicos e propotipos eléctricos, mecánicos, robóticos, etc. Durante a realización dos proxectos, o alumnado terá a oportunidade de levar a cabo determinadas tarefas mentres explora, descobre, experimenta, aplica e reflexiona sobre o que fai, o que favorecerá a súa implicación no proceso de aprendizaxe e fará que este sexa máis significativo e duradeiro.

 

Promoverase a participación do alumnado,resaltando o traballo colectivo como forma de afrontar os desafíos e os retos tecnolóxicos que propón a nosa sociedade para reducir as fendas dixital e de xénero, prestando especial atención á desaparición de estereotipos que dificultan a adquisición de competencias en condicións de igualdade.

 

Utilizaranse estratexias que promovan un uso eficiente, seguro e ético de diferentes aplicacións dixitais para diversas funcións como o deseño, a simulación e a comunicación e difusión de ideas ou solucións.

 

Utilizaranse distintos métodos que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe e a diversidade do alumnado, que favorezan a capacidade de aprender por si mesmos e que promovan o traballo en equipo, guiando o alumnado desde proxectos sinxelos ata proxectos máis complexos que permitan o seu logro e satisfacción por parte do devandito alumnado poñendo en práctica, se fose necesario, mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten dificultades.

 

 

 

 

 


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Aula-taller de tecnoloxía.
Ordenadores con conexión a internet. Un ordenador por alumna/o.
Software de uso xeral (sistema operativo,ofimática....) e de uso específico (editores de arquivos audiovisuais, simuladores, entornos de programación...). En todo caso e salvo que non sexa posible, utilizarase software libre.
Materiais para a fabricación, tratando de potenciar a reutilización.
Ferramentas manuais e eléctricas propias do taller de tecnoloxía.
Operadores e compoñentes eléctricos e electrónicos.
Dispositivos de fabricación dixital: impresoras 3D e cortadora láser.
Dispositivos de robótica.
Compoñentes para sistemas de control programados: sensores, actuadores, placas controladoras con conexión a internet (IOT). En todo caso e salvo que non sexa posible, utilizarase hardware libre.
Materiais e recursos de creación propia e recursos educativos abertos.
Aula virtual do centro ou do plan Edixgal.
Non se rexistrou texto

5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Nas primeiras semanas do curso, realizarase un cuestionario acerca das competencias adquiridas en primaria relacionadas coa tecnoloxía e dixitalización.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 2.0 5.0 3.0 20.0 5.0 25.0 25.0 8.0 7.0 100.0
Proba escrita 0.0 50.0 0.0 50.0 0.0 50.0 50.0 0.0 20.0 38.9
Táboa de indicadores 100.0 50.0 100.0 50.0 100.0 50.0 50.0 100.0 80.0 61.1

CONCRECIÓN DOS PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN POR UNIDADES DIDÁCTICAS

 

UD 1. A TECNOLOXÍA

 

Procedemento de Avaliación: tarefas de clase . Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD: 100% Criterios de Avaliación Avaliados: CA1.2, CA1.3, CA1.4

 

UD 2. DESEÑO E FABRICACIÓN

 

Procedemento de Avaliación: proba obxectiva escrita. Instrumento de Avaliación: proba escrita. Peso no total da UD: 50% Criterios de Avaliación Avaliados: CA2.4.1

 

Procedemento de Avaliación: tarefas de clase. Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD: 50% Criterios de Avaliación Avaliados: CA2.4.2

 

UD 3. UTILIZACIÓN DAS TIC NO PROCESO TECNOLÓXICO

 

Procedemento de Avaliación: tarefas de clase . Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD: 100% Criterios de Avaliación Avaliados: CA5.2, CA5.5, CA5.5

 

UD 4. PROXECTO ESTRUTURAS

 

Procedemento de Avaliación: proba obxectiva escrita. Instrumento de Avaliación: proba escrita. Peso no total da UD: 50% Criterios de Avaliación Avaliados: CA3.1.1

 

Procedemento de Avaliación: proxecto técnico. Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD: 50% Criterios de Avaliación Avaliados: CA1.1 , CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA3.1.2

 

UD 5. DOCUMENTACIÓN DE PROXECTOS

 

Procedemento de Avaliación: creación e comunicación de documentación técnica. Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD: 100% Criterios de Avaliación Avaliados: CA5.1, CA5.3

 

Esta unidade didáctica desenvolverase de xeito transversal na primeira e na segunda avaliación, outorgando a metade do peso en cada unha delas.

 

UD 6. PROXECTO MECANISMOS

 

Procedemento de Avaliación: proba obxectiva escrita. Instrumento de Avaliación: proba escrita. Peso no total da UD: 45% Criterios de Avaliación Avaliados: CA3.1.3

 

Procedemento de Avaliación: proxecto técnico. Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD: 50% Criterios de Avaliación Avaliados: CA1.1 , CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA3.1.4

 

UD 7. PROXECTO ELECTRICIDADE

 

Procedemento de Avaliación: proba obxectiva escrita. Instrumento de Avaliación: proba escrita. Peso no total da UD: 50% Criterios de Avaliación Avaliados: CA3.1.5

 

Procedemento de Avaliación: proxecto técnico. Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD: 50% Criterios de Avaliación Avaliados: CA1.1 , CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA3.1.6

 

UD 8. PROGRAMACIÓN

 

Procedemento de Avaliación: tarefas de clase . Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD: 30% Criterios de Avaliación Avaliados: CA4.1

Procedemento de Avaliación: proxecto . Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD: 70% Criterios de Avaliación Avaliados: CA4.2

 

UD 9. SISTEMAS DE CONTROL E ROBOTS

 

Procedemento de Avaliación: proba obxectiva escrita. Instrumento de Avaliación: proba escrita. Peso no total da UD: 20% Criterios de Avaliación Avaliados: CA3.2.1

Procedemento de Avaliación: tarefas de clase e proxecto . Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD: 80% Criterios de Avaliación Avaliados: CA3.2.2, CA4.3

 

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

 

 

* Probas escritas 50% e Proxectos e/ou traballos 50% (a avaliación do proxecto farase empregando a rúbrica deseñada). No caso de non poder desenvolverse os traballos e proxecto, o exame de avaliación terá un valor do 100% na nota da avaliación.

 

* As faltas por conductas inadecuadas as normas de convivencia poden supoñer a pérdida ata 1 punto sobre a media da avliación

 

* Haberá 1 exáme ao final de cada bloque de contidos no que entrarán os contidos impartidos nese trimestre tendo en conta as competencias e os estándares de aprendizaxe correspondentes, podéndose realizar preguntas dos contidos de avaliacións anteriores.

 

* Nos exámenes e proxectos, requírise unha cualificación dun mínimo de 3 puntos sobre 10 en, algunha das partes ( exame/proxecto), para poder facer a media de ambas que aportará a nota da avaliación.

 

* Os traballos e proxectos deben ser entregados en tempo e forma para que poidan ser avaliados. Se non se cumpre terán como nota un cero.

 

* A nota mínima para aprobar a materia é 5 sobre 10 na media obtida entre a nota doproxecto é o exame escrito de teoría/exercicios.

 

* Calquera alumno que nunha proba escrita, oral ou por ordenador utilice materiais non permitidos, chuletas, apuntes, mo¿viles ; ou que estea a falar con outro tratando de copiar, será anulada a parte da proba correspondente .

 

* As probas destinadas a recuperar a materia procurarase que sexan antes da avaliación. No caso de que por motivos de datas resultase imposible de realizalas, faranse despois da avaliación. A nota obtida na proba de recuperación substitúe a nota da proba anterior.

* A proba escrita da terceira avaliación debe realizarse semnpre antes das dúas últimas semanas do curso.

* A nota da avaliación final de Xuño será a media aritmética das notas das 3 avaliacións, sempre que teñan unha nota igual o superior a 5 en cada unha das avaliacións. É necesario ter superadas todas as avaliacións para aprobar a materia.

 

* Os alumnos/as que no superen algunha das avaliacions, unha vez finalizada a terceira avaliación, terán un período de reforzo antes de afrontar o exame final, onde examinaranse das avaliacións non superadas.

* O exame final estará formado por cuestións ou exercicios referentes as avaliacións non superadas ó longo do curso. É necesario obter unha nota mínima dun 5 na parte correspondente a cada avaliación non superada. A nota obtida substituirá a nota da avaliación non superada e fará media ca nota do proxecto correspondente a dita avaliación. O valor obtido na media é a nota da avaliación non superada.

 

Criterio de redondeo:

 

- Parte decimal entre 0,1 e 0,75 figurará no boletín o numero enteiro correspondente a nota do exame.

- Parte decimal entre 0,75 e 0,99 figurará no boletín o numero enteiro seguinte o correspondente a nota do exame.

 

 

  • Ao longo do curso, o profesorado concretará aqueles traballos e tarefas que o alumnado poderá entregar de novo dentro dun prazo establecido para recuperalos.
  • De cada proba escrita obxectiva realizarase unha segunda de recuperación. A realización da proba de recuperación será obrigatoria para o alumnado que obteña unha cualificación inferior ao 50% do máximo na primeira proba, o resto do alumnado poderá realizala de xeito voluntario. A cualificación final de cada proba corresponderá á maior das obtidas en cada unha das oportunidades.
  • A proba escrita da terceira avaliación debe realizarse semnpre antes das dúas últimas semanas do curso.
  • O período correspodente dende a realización da proba da terceira avaliación ata a avaliación final, será empregado para rematar e recuperar as avaliacións non aprobadas. Os alumnos/as empregarán as sesións lectivas para estudar, realizar tarefas de reforzo ou plantexar dúbidas sobre a materia. Os alumnos/as que o desexen poden presentarse as probas de recuperación de forma voluntaria para subir nota.
  • A nota final será a media das tres avaliacións e sempre será obrigatorio superar todas as avaliacións.

 

 

 

 

 

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


O alumnado que teña a materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º ESO pendente de superar, ao non tela superado no ano anterior, deberá realizar as seguintes actividades :

 

- Realización e entrega periódica, de actividades relativas ás unidades didácticas do curso.O total de entregas previstas para todo o curso é de 12, seguindo o calendario fixado.

 

- En calquera caso, o exame axustaranse sempre aos contidos mínimos establecidos nas respectivas programacións.

 

- Farase1 probas escrita no mes de maio. (Datas por confirmar,. Serán anunciadas en tempo e forma).

Criterios de cualificación

 

- Tarefas: 50% da cualificación global.

 

- Exame/s: 50% da cualificación global. Cada un dos departamentos que realicen dous exames debe especificar o seu sistema de cómputo dentro deste 50%. Nota mínima do exame necesaria para poder facer media coa nota das tarefas: 3.25

 

- No caso de que o alumno ou alumna non supere a materia deste xeito poderá realizar unha proba escrita final en data por definir. Esta proba abranguerá os contidos de toda a materia.Criterios de cualificación para a convocatoria extraordinaria

 

- A nota do exame será o 100% da cualificación global En tal caso, darase por superada a materia nesta proba cando a cualificación sexa igual ou superior a 5.

 

- A recuperación será coordinada pola xefatura de departamento. O profesor/a que lle imparte clase no curso onde estea matriculado, fará un seguimento do traballo do alumno/a. No caso de que non estea a cursar ningunha materia do departamento, será o xefe ou xefa de departamento quen faga o seguimento.

 


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Entre outras, contémplanse as seguintes medidas de atención á diversidade:

 

- Aplicación dos protocolos educativos específicos (TEA, TDAH, etc.) ao alumnado que o requira.

- Adecuación da organización e xestión da aula ás características do alumnado.

- Adaptación dos tempos, instrumentos ou procedementos de Avaliación

- Desdobramento de grupos

- Reforzo educativo e apoio con profesorado do departamento

- Programas de enriquecemento curricular (a.a.c.c.)

- Adaptacións curriculares

 

No caso do alumnado que permaneza un ano máis no mesmo curso, seguiranse o establecido no plan específico personalizado elaborado polo equipo docente baixo a coordinación do profesorado titor.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
1 Comprensión de lectura.
2 Expresión oral e escrita.
3 Comunicación audiovisual.
4 Competencia dixital.
5 Emprendemento social e empresarial.
6 Fomento do espírito crítico e científico.
7 Educación emocional e en valores.
8 Igualdade de xénero.
9 Creatividade.
10 Educación para a saúde.
11 Formación estética.
12 Educación para a sostibilidade e o consumo responsable.
13 Respecto mutuo e cooperación entre iguais.

Comprensión de lectura: tarefas de clase e proxectos, nas que o alumnado terá que comprender os distintos enunciados e procurar información para investigar e resolver os problemas propostos. Expresión oral e escrita: resolución das tarefas de clase e coa elaboración de documentación técnica. Farase maior fincapé no uso do vocabulario e a linguaxe técnica. Comunicación audiovisual: presentación de resultados de prácticas e proxectos mediante creacións audiovisuais. Competencia dixital: intrínseca aos contidos propios da materia. Emprendemento social e empresarial: desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos. Espírito crítico e científico: procura de información e a investigación nas tarefas e proxectos tecnolóxicos. Educación emocional e en valores: contidos sobre seguridade na rede e benestar dixital. O desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos fomentará o traballo en equipo. A igualdade de xénero no ámbito científico e tecnolóxico é unha necesidade na sociedade actual, que tratará de cubrirse mediante un axeitado reparto de roles no traballo colaborativo en grupos á hora de desenvolver proxectos. Creatividade: Desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos. Educación para a saúde: importancia do respecto polas normas de seguridade e hixiene no taller. Contidos relacionados co benestar dixital, tan importante para conservar a saúde emocional na actualidade. Formación estética: procesos de deseño e acabado nos proxectos tecnolóxicos. Educación para a sostibilidade e o consumo responsable: contidos sobre tecnoloxía sostible, respecto pola propiedade intelectual na elaboración de contidos e aplicación de criterios de sostibilidade nos proxectos tecnolóxicos, sobre todo na elección de materiais e fontes de enerxía. Respecto mutuo: contidos relacionados coa etiqueta dixital. Este respecto e a cooperación entre iguais serán fundamentais no traballo en equipo no desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Saídas didácticas relacionadas coa materia. Saídas didácticas relacionadas coa materia.

Calquera actividade complementaria proposta deberá axudar a reforzar os contidos das distintas unidades didácticas do curso.

 

Asemade, cada actividade contará coa aprobación e apoio do Equipo Directivo do centro.

 

Para cada actividade complementaria indicaranse as seguintes características:

 

- Obxectivos

- Profesorado responsable.

- Alumnado participante.

- Datas e lugar de celebración.

- Repercusións económicas.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Realizouse unha avaliación inicial para coñecer o punto de partida do alumnado.
Metodoloxía empregada A selección e temporalización de contidos foi axeitada.
Outros Facilitáronse ao alumnado estratexias de aprendizaxe: lectura comprensiva, búsqueda de información crítica, redacción de documentación técnica....
Clima de traballo na aula O ambiente da clase foi axeitado e produtivo.
Outros Os recursos e materiais utilizados foron axeitados.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico As actividades propostas foron variadas e axeitadas para favorecer o desenvolvemento dos contidos.
Medidas de atención á diversidade As medidas de atención á diversidade foron axeitadas para atender ás necesidades de todo o alumnado.
Outros As actividades complementarias cumpliron os obxectivos cos que foron propostas.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Os criterios de avaliación e calificación foron claros e rigurosos e permitiron un seguemento do progreso do alumnado.
Outros Facilitouse ao alumnado e as familias o coñecemento dos criterios de avaliación e calificación de cada unidade didáctica, ao comezo da mesma.
Outros Proporcionouse ao alumnado información sobre o seu progreso e calificacións.
Outros Proporcionáronse actividades e procedementos para que o alumnado fose recuperando as partes non superadas da materia.
Medidas de atención á diversidade Existiu coordinación entre os distintos profesores/as.

Farase un seguimento da relación de elementos de avaliación do proceso de ensino e a práctica docente que se indican.

Nas reunións de departamento, utilizaranse táboas de cotexo baseadas nos indicadores de logro para obter a información.

A retroalimentación co alumnado farase a través de cuestionarios na aula virtual docentro ou na do plan Edixgal.

 


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


O seguimento da programación realizarase periodicamente nas distintas reunións de departamento, e a través do apartado de "Seguimento" da aplicación Proens.

 

Para cada UD comprobaranse as datas de inicio e final, a correspondencia entre sesións previstas e realizadas e o grado de cumprimento do programado para a unidade.

 

No caso de detectar problemas realizaranse as propostas de mellora e correccións necesarias.

 

Ao remate do curso realizarase unha avaliación da programación mediante unha táboa de cotexo, baseada nos indicadores de logro do apartado 8.1 desta programación.

 

Na última semana do curso realizarase entre o alumnado unha avaliación da actividade docente, baseada nos indicadores de logro do apartado 8.1 desta programación.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver