Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A materia Dixitalización dá resposta á necesidade de adaptación á forma en que a sociedade actual obtén a información e en que se relaciona e produce coñecemento no alumnado que lle permita satisfacer as necesidades, individuais ou colectivas, que se foron establecendo de forma progresiva na vida das persoas e no funcionamento da sociedade e da cultura dixital. Pero a formación da cidadanía actual vai máis alá da alfabetización dixital, xa que require unha atención específica á adquisición dos coñecementos necesarios para usar os medios tecnolóxicos de maneira ética, responsable, segura e crítica.

A materia aborda determinados temas que teñen unha clara relación coas características propias da sociedade e da cultura dixital, tales como: o consumo responsable, o logro dunha vida saudable, o compromiso ante situacións de iniquidade e exclusión, a resolución pacífica dos conflitos en contornas virtuais, o aproveitamento crítico, ético e responsable da cultura dixital, a aceptación e o manexo da incerteza, a valoración da diversidade persoal e cultural, o compromiso cidadán no ámbito local e global e a confianza no coñecemento como motor do desenvolvemento. Promove, a través da participación de todo o alumnado, o logro dunha visión integral dos problemas, o desenvolvemento dunha cidadanía dixital crítica e a consecución dunha efectiva igualdade de xénero.

Tamén trata de favorecer aprendizaxes que lle permitan ao alumnado facer un uso competente das tecnoloxías, tanto na xestión de dispositivos e contornas de aprendizaxe coma no fomento do benestar dixital, o que posibilita que o alumnado tome conciencia e constrúa unha identidade dixital adecuada. Esta materia ten un carácter interdisciplinario, polo que contribúe á consecución das competencias clave do perfil de saída do alumnado ao termo da educación básica e á adquisición dos obxectivos de etapa.

A materia afonda nos coñecementos, destrezas e actitudes en competencia dixital cunha metodoloxía práctica e abórdase cun enfoque transversal e continuado ao longo do curso dos contidos necesarios para poder exercer unha cidadanía dixital activa e comprometida de modo seguro, completando o proceso de formación dixital do alumnado.

Os criterios de avaliación están enfocados a que o alumnado reflexione sobre a propia práctica tomando conciencia dos seus hábitos e a que xere rutinas dixitais saudables, sostibles e seguras, á vez que críticas, con prácticas inadecuadas. A aplicación deste enfoque competencial conduce ao desenvolvemento de coñecementos, destrezas e actitudes no alumnado que fomentan distintas formas de organización do traballo en equipo e o debate interdisciplinario ante a diversidade de situacións de aprendizaxe que interveñen na materia.

O desenvolvemento da materia permite conectar coa realidade do alumnado partindo das súas dúbidas e problemas en relación cos usos tecnolóxicos particulares, á vez que sociais, académicos e laborais. Tamén debe supoñer un avance informado e práctico na mellora da propia seguridade na Rede, nas interaccións coas outras persoas e coas distintas aplicacións usadas polo alumnado, axudándolles a entender que Internet é un espazo no que é necesario aplicar criterios para contextualizar e contrastar a información, as súas fontes e os seus propósitos, así como unha ferramenta imprescindible para o desenvolvemento da aprendizaxe ao longo da vida.

Neste ano académico este Departamento de Tecnoloxía vai estar constituído por tres membros. Esta materia vai ser impartida polo profesor de Música que completa o seu horario con esta materia.  Este profesor será o encargado de impartir docencia nos Un par de puntos a salientar son que O IES Marco do Camballón de Vila de Cuces é un centro situado no pequeno núcleo urbano dun concello eminentemente rural que non chega aos 6.000 habitantes (5.097 a 1 de xaneiro de 2021 segundo os datos do INE). A maioría do alumnado pertence a clases sociais medias e baixas. 


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Identificar e resolver problemas técnicos sinxelos e conectar e configurar dispositivos a Redes domésticas, aplicando os coñecementos de hardware e sistemas operativos para xestionar as ferramentas e instalacións informáticas e de comunicación de uso cotián.
OBX2 Configurar a contorna persoal de aprendizaxe interactuando e aproveitando os recursos do ámbito dixital para optimizar e xestionar a aprendizaxe permanente.
OBX3 Desenvolver hábitos que fomenten o benestar dixital aplicando medidas preventivas e correctivas para protexer dispositivos, datos persoais e a propia saúde.
OBX4 Exercer unha cidadanía dixital crítica coñecendo as posibles accións que se realizan na Rede, identificando as súas repercusións para facer un uso activo, responsable e ético da tecnoloxía.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Dispositivos dixitais, sistemas operativos e de comunicación Conexión de dispositivos dixitais. Configuración de sistemas operativos e de comunicación. 5 3
2 Creación e maquetaxe de textos Tratamento de textos e presentación. 10 9
3 Tratamento da información con follas de cálculo Creación e edición informes e gráficos con follas de cálculo. 10 15
4 Tratamento da información con bases de datos Creación e edición informes e gráficos derivados de bases de datos. 10 15
5 Creación e publicación de presentacións dixitais e infografías Comunicación de información e contidos dixitais mediante presentacións dixitais e infografías. 10 15
6 Edición e montaxe audiovisual Creación de contido audiovisual. 20 18
7 Realidade virtual, aumentada e mixta Utilización da realidade virtual, aumentada e mixta. 5 3
8 Pensamento computacional: programación Desenvolvemento de aplicacións sinxelas para ordenadores, dispositivos móbiles e/ou webs. Introdución á intelixencia artificial. 20 18
9 Seguridade e benestar dixital. Seguridade e ptrotección na rede 5 6
10 Cidadanía dixital crítica A etiqueta dixital. Interacción na rede. 5 3

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Dispositivos dixitais, sistemas operativos e de comunicación
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10
CA1.1 - Conectar dispositivos e xestionar redes locais aplicando os coñecementos e procesos asociados a sistemas de comunicación con e sen fíos con autonomía e dun xeito activo.
CA1.2 - Instalar e manter sistemas operativos configurando as súas características en función das súas necesidades persoais.
CA1.3 - Identificar e resolver problemas técnicos sinxelos analizando compoñentes e funcións dos dispositivos dixitais, avaliando as solucións de maneira crítica e, en caso necesario, reformulando o procedemento.
Contidos
C1.1 - Arquitectura de ordenadores: elementos, montaxe, configuración e resolución de problemas sinxelos.
C1.2 - Sistemas operativos: instalación e configuración de usuario. Instalación de software de uso habitual para a creación de contidos e a xestión de arquivos.
C1.3 - Sistemas operativos: operacións básicas de organización e almacenamento da información.
C1.4 - Sistemas de comunicación e Internet: dispositivos de Rede e funcionamento. Procedemento de configuración dunha Rede doméstica e conexión de dispositivos.
C1.5 - Dispositivos conectados (IoT+ Wearables): configuración e conexión de dispositivos.
Bloque B2. Creación e edición de información e contidos dixitais
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10
CA2.1 - Xestionar a aprendizaxe no ámbito dixital configurando a contorna persoal de aprendizaxe mediante a integración de recursos dixitais de maneira autónoma.
CA2.2 - Buscar, seleccionar e arquivar información en función das súas necesidades facendo uso das ferramentas da contorna persoal de aprendizaxe con sentido crítico e seguindo normas básicas de seguridade na Rede.
CA2.3 - Crear, integrar e reelaborar contidos dixitais de forma individual ou colectiva, seleccionando as ferramentas máis apropiadas para xerar novo coñecemento e contidos dixitais de maneira creativa e respectando dereitos de autor e licenzas de uso.
CA2.4 - Interactuar en espazos virtuais de comunicación e plataformas de aprendizaxe colaborativa, compartindo e publicando información e datos, adaptándose a diferentes audiencias cunha actitude participativa e respectuosa.
Contidos
C2.1 - Procura e selección e arquivo de información.
C2.2 - Creación, maquetaxe e publicación de textos.
C2.3 - Tratamento da información: creación de informes e gráficos derivados do tratamento de datos con follas de cálculo e bases de datos.
C2.4 - Edición e montaxe de materiais audiovisuais a partir de fontes diversas. Captura de imaxe, de son e de vídeo e conversión a outros formatos.
C2.5 - Comunicación de información e contidos dixitais. Presentacións dixitais e infografías en diferentes plataformas dixitais.
C2.6 - Colaboración en Rede. Ferramentas de creación de contidos e aprendizaxe colaborativa na Rede.
C2.7 - Utilización da realidade virtual, aumentada e mixta.
C2.8 - Publicación e difusión responsable en redes.
Bloque B3. Pensamento computacional
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10
CA3.1 - Comprender o fundamento básico dos algoritmos de intelixencia artificial, valorando a importancia de facer un uso ético do tratamento da información na elaboración de aplicacións.
CA3.2 - Desenvolver e programar aplicacións sinxelas para ordenadores, dispositivos móbiles ou web, dando solución a problemas definidos cunha actitude emprendedora, perseverante e creativa.
Contidos
C3.1 - Utilización de estruturas de programación: secuenciais, de selección e iterativas.
C3.2 - Utilización de funcións. Parámetros, código e retorno.
C3.3 - Uso de datos. Constantes, variables e estruturas de datos.
C3.4 - Desenvolvemento de aplicacións sinxelas para ordenadores, dispositivos móbiles e/ou webs.
C3.5 - Introdución á intelixencia artificial. Creación de aplicacións prácticas da IA.
C3.6 - Ética no desenvolvemento de aplicacións: nesgo algorítmico, obsolescencia programada.
Bloque B4. Seguridade e benestar dixital.
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10
CA4.1 - Protexer os datos persoais e a pegada dixital xerada en Internet configurando as condicións de privacidade das redes sociais e dos espazos virtuais de traballo.
CA4.2 - Configurar e actualizar contrasinais, sistemas operativos e antivirus de forma periódica nos distintos dispositivos dixitais de uso habitual.
CA4.3 - Identificar e saber reaccionar ante situacións que representan unha ameaza na Rede escollendo a mellor solución entre diversas opcións, desenvolvendo prácticas saudables e seguras e valorando o benestar físico e mental, tanto persoal coma colectivo.
Contidos
C4.1 - Seguridade de dispositivos: accións de configuración específicas. Contrasinais e aplicacións relacionadas, medidas preventivas e correctivas para facer fronte a riscos, ameazas e ataques a dispositivos.
C4.2 - Seguridade e protección de datos: identidade, reputación dixital, privacidade e pegada dixital. Medidas preventivas na configuración nas redes sociais e na xestión de identidades virtuais.
C4.3 - Seguridade na saúde física e mental: aplicacións ou medidas que se han adoptar fronte aos riscos e ameazas ao benestar persoal. Opcións de resposta e prácticas de uso saudable. Situacións de violencia e de risco na Rede (ciberacoso, sextorsión, acceso a c
Bloque B5. Cidadanía dixital crítica
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10
CA5.1 - Facer un uso ético dos datos e das ferramentas dixitais aplicando as normas de etiqueta dixital e respectando a privacidade e as licenzas de uso e propiedade intelectual na comunicación, colaboración e participación activa na Rede.
CA5.2 - Recoñecer as achegas das tecnoloxías dixitais nas xestións administrativas e no comercio electrónico, sendo consciente da brecha social de acceso, uso e aproveitamento das devanditas tecnoloxías para diversos colectivos.
CA5.3 - Valorar a importancia da oportunidade, facilidade e liberdade de expresión que supoñen os medios dixitais conectados, analizando de forma crítica as mensaxes que se reciben e transmiten tendo en consideración a súa obxectividade, ideoloxía, intencionalida
CA5.4 - Analizar a necesidade e os beneficios globais dun uso e desenvolvemento ecosociable responsable das tecnoloxías dixitais, tendo en conta criterios de accesibilidade, sostibilidade e impacto.
Contidos
C5.1 - Interacción na Rede: liberdade de expresión, etiqueta dixital, propiedade intelectual e licenzas de uso. Formas de licenciar unha obra ou un contido.
C5.2 - Educación mediática: xornalismo dixital, blogosfera, estratexias comunicativas e uso crítico da Rede. Ferramentas para detectar noticias falsas e fraudes.
C5.3 - Xestións administrativas: servizos públicos en liña, rexistros dixitais e certificados oficiais.
C5.4 - Comercio electrónico: facturas dixitais, formas de pago e criptomoedas.
C5.5 - Ética no uso de datos e ferramentas dixitais: intelixencia artificial, nesgos algorítmicos e ideolóxicos, soberanía tecnolóxica e dixitalización sostible.
C5.6 - Activismo en liña: plataformas de iniciativa cidadá, cibervoluntariado e comunidades de hardware e software libres.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Dispositivos dixitais, sistemas operativos e de comunicación
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Conectar dispositivos e xestionar redes locais aplicando os coñecementos e procesos asociados a sistemas de comunicación con e sen fíos con autonomía e dun xeito activo.
Táboa de indicadores
Conectar dispositivos a redes locais aplicando os coñecementos e procesos asociados a sistemas de comunicación con e sen fíos. 30
CA1.2 Instalar e manter sistemas operativos configurando as súas características en función das súas necesidades persoais.
Táboa de indicadores
Manter sistemas operativos configurando as súas características en función das súas necesidades persoais. 30
CA1.3 Identificar e resolver problemas técnicos sinxelos analizando compoñentes e funcións dos dispositivos dixitais, avaliando as solucións de maneira crítica e, en caso necesario, reformulando o procedemento.
Táboa de indicadores
Identificar problemas técnicos sinxelos analizando compoñentes e funcións dos dispositivos dixitais. 40

2 Creación e maquetaxe de textos
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Xestionar a aprendizaxe no ámbito dixital configurando a contorna persoal de aprendizaxe mediante a integración de recursos dixitais de maneira autónoma.
Táboa de indicadores
Configurar a contorna persoal de aprendizaxe mediante a integración de recursos dixitais de maneira autónoma. 10
CA2.2 Buscar, seleccionar e arquivar información en función das súas necesidades facendo uso das ferramentas da contorna persoal de aprendizaxe con sentido crítico e seguindo normas básicas de seguridade na Rede.
Táboa de indicadores
Buscar e seleccionar información en función das súas necesidades facendo uso das ferramentas da contorna persoal de aprendizaxe con sentido crítico. 20
CA2.3 Crear, integrar e reelaborar contidos dixitais de forma individual ou colectiva, seleccionando as ferramentas máis apropiadas para xerar novo coñecemento e contidos dixitais de maneira creativa e respectando dereitos de autor e licenzas de uso.
Táboa de indicadores
Crear contidos dixitais, seleccionando as ferramentas máis apropiadas de maneira creativa e respectando dereitos de autor e licenzas de uso. 50
CA2.4 Interactuar en espazos virtuais de comunicación e plataformas de aprendizaxe colaborativa, compartindo e publicando información e datos, adaptándose a diferentes audiencias cunha actitude participativa e respectuosa.
Táboa de indicadores
Interactuar en espazos virtuais de comunicación e plataformas de aprendizaxe colaborativa. 20

3 Tratamento da información con follas de cálculo
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Xestionar a aprendizaxe no ámbito dixital configurando a contorna persoal de aprendizaxe mediante a integración de recursos dixitais de maneira autónoma.
Táboa de indicadores
Configurar a contorna persoal de aprendizaxe mediante a integración de recursos dixitais de maneira autónoma. 10
CA2.2 Buscar, seleccionar e arquivar información en función das súas necesidades facendo uso das ferramentas da contorna persoal de aprendizaxe con sentido crítico e seguindo normas básicas de seguridade na Rede.
Táboa de indicadores
Buscar e seleccionar información en función das súas necesidades facendo uso das ferramentas da contorna persoal de aprendizaxe con sentido crítico. 20
CA2.3 Crear, integrar e reelaborar contidos dixitais de forma individual ou colectiva, seleccionando as ferramentas máis apropiadas para xerar novo coñecemento e contidos dixitais de maneira creativa e respectando dereitos de autor e licenzas de uso.
Táboa de indicadores
Crear contidos dixitais, seleccionando as ferramentas máis apropiadas de maneira creativa e respectando dereitos de autor e licenzas de uso. 50
CA2.4 Interactuar en espazos virtuais de comunicación e plataformas de aprendizaxe colaborativa, compartindo e publicando información e datos, adaptándose a diferentes audiencias cunha actitude participativa e respectuosa.
Táboa de indicadores
Interactuar en espazos virtuais de comunicación e plataformas de aprendizaxe colaborativa. 20

4 Tratamento da información con bases de datos
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Xestionar a aprendizaxe no ámbito dixital configurando a contorna persoal de aprendizaxe mediante a integración de recursos dixitais de maneira autónoma.
Táboa de indicadores
Configurar a contorna persoal de aprendizaxe mediante a integración de recursos dixitais de maneira autónoma. 10
CA2.2 Buscar, seleccionar e arquivar información en función das súas necesidades facendo uso das ferramentas da contorna persoal de aprendizaxe con sentido crítico e seguindo normas básicas de seguridade na Rede.
Táboa de indicadores
Buscar e seleccionar información en función das súas necesidades facendo uso das ferramentas da contorna persoal de aprendizaxe con sentido crítico. 20
CA2.3 Crear, integrar e reelaborar contidos dixitais de forma individual ou colectiva, seleccionando as ferramentas máis apropiadas para xerar novo coñecemento e contidos dixitais de maneira creativa e respectando dereitos de autor e licenzas de uso.
Táboa de indicadores
Crear e integrar contidos dixitais, seleccionando as ferramentas máis apropiadas para xerar novo coñecemento e contidos dixitais de maneira creativa e respectando dereitos de autor e licenzas de uso. 50
CA2.4 Interactuar en espazos virtuais de comunicación e plataformas de aprendizaxe colaborativa, compartindo e publicando información e datos, adaptándose a diferentes audiencias cunha actitude participativa e respectuosa.
Táboa de indicadores
Interactuar en espazos virtuais de comunicación e plataformas de aprendizaxe colaborativa. 20

5 Creación e publicación de presentacións dixitais e infografías
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Xestionar a aprendizaxe no ámbito dixital configurando a contorna persoal de aprendizaxe mediante a integración de recursos dixitais de maneira autónoma.
Táboa de indicadores
Configurar a contorna persoal de aprendizaxe mediante a integración de recursos dixitais de maneira autónoma. 10
CA2.2 Buscar, seleccionar e arquivar información en función das súas necesidades facendo uso das ferramentas da contorna persoal de aprendizaxe con sentido crítico e seguindo normas básicas de seguridade na Rede.
Táboa de indicadores
Buscar e seleccionar información en función das súas necesidades facendo uso das ferramentas da contorna persoal de aprendizaxe con sentido crítico. 20
CA2.3 Crear, integrar e reelaborar contidos dixitais de forma individual ou colectiva, seleccionando as ferramentas máis apropiadas para xerar novo coñecemento e contidos dixitais de maneira creativa e respectando dereitos de autor e licenzas de uso.
Táboa de indicadores
Crear contidos dixitais, seleccionando as ferramentas máis apropiadas de maneira creativa e respectando dereitos de autor e licenzas de uso. 50
CA2.4 Interactuar en espazos virtuais de comunicación e plataformas de aprendizaxe colaborativa, compartindo e publicando información e datos, adaptándose a diferentes audiencias cunha actitude participativa e respectuosa.
Táboa de indicadores
Interactuar en espazos virtuais de comunicación e plataformas de aprendizaxe colaborativa. 20

6 Edición e montaxe audiovisual
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Xestionar a aprendizaxe no ámbito dixital configurando a contorna persoal de aprendizaxe mediante a integración de recursos dixitais de maneira autónoma.
Táboa de indicadores
Configurar a contorna persoal de aprendizaxe mediante a integración de recursos dixitais de maneira autónoma. 10
CA2.2 Buscar, seleccionar e arquivar información en función das súas necesidades facendo uso das ferramentas da contorna persoal de aprendizaxe con sentido crítico e seguindo normas básicas de seguridade na Rede.
Táboa de indicadores
Buscar e seleccionar información en función das súas necesidades facendo uso das ferramentas da contorna persoal de aprendizaxe con sentido crítico. 20
CA2.3 Crear, integrar e reelaborar contidos dixitais de forma individual ou colectiva, seleccionando as ferramentas máis apropiadas para xerar novo coñecemento e contidos dixitais de maneira creativa e respectando dereitos de autor e licenzas de uso.
Táboa de indicadores
Crear contidos dixitais, seleccionando as ferramentas máis apropiadas de maneira creativa e respectando dereitos de autor e licenzas de uso. 50
CA2.4 Interactuar en espazos virtuais de comunicación e plataformas de aprendizaxe colaborativa, compartindo e publicando información e datos, adaptándose a diferentes audiencias cunha actitude participativa e respectuosa.
Táboa de indicadores
Interactuar en espazos virtuais de comunicación e plataformas de aprendizaxe colaborativa. 20

7 Realidade virtual, aumentada e mixta
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Xestionar a aprendizaxe no ámbito dixital configurando a contorna persoal de aprendizaxe mediante a integración de recursos dixitais de maneira autónoma.
Táboa de indicadores
Configurar a contorna persoal de aprendizaxe mediante a integración de recursos dixitais de maneira autónoma. 10
CA2.2 Buscar, seleccionar e arquivar información en función das súas necesidades facendo uso das ferramentas da contorna persoal de aprendizaxe con sentido crítico e seguindo normas básicas de seguridade na Rede.
Táboa de indicadores
Buscar e seleccionar información en función das súas necesidades facendo uso das ferramentas da contorna persoal de aprendizaxe con sentido crítico. 20
CA2.3 Crear, integrar e reelaborar contidos dixitais de forma individual ou colectiva, seleccionando as ferramentas máis apropiadas para xerar novo coñecemento e contidos dixitais de maneira creativa e respectando dereitos de autor e licenzas de uso.
Táboa de indicadores
Crear contidos dixitais, seleccionando as ferramentas máis apropiadas de maneira creativa e respectando dereitos de autor e licenzas de uso. 50
CA2.4 Interactuar en espazos virtuais de comunicación e plataformas de aprendizaxe colaborativa, compartindo e publicando información e datos, adaptándose a diferentes audiencias cunha actitude participativa e respectuosa.
Táboa de indicadores
Interactuar en espazos virtuais de comunicación e plataformas de aprendizaxe colaborativa. 20

8 Pensamento computacional: programación
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Comprender o fundamento básico dos algoritmos de intelixencia artificial, valorando a importancia de facer un uso ético do tratamento da información na elaboración de aplicacións.
Táboa de indicadores
Comprender o fundamento básico dos algoritmos de intelixencia artificial. 20
CA3.2 Desenvolver e programar aplicacións sinxelas para ordenadores, dispositivos móbiles ou web, dando solución a problemas definidos cunha actitude emprendedora, perseverante e creativa.
Táboa de indicadores
Programar aplicacións sinxelas para ordenadores, dispositivos móbiles ou web, dando solución a problemas definidos. 80

9 Seguridade e benestar dixital.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1 Protexer os datos persoais e a pegada dixital xerada en Internet configurando as condicións de privacidade das redes sociais e dos espazos virtuais de traballo.
Táboa de indicadores
Configurar as condicións de privacidade das redes sociais e dos espazos virtuais de traballo. 30
CA4.2 Configurar e actualizar contrasinais, sistemas operativos e antivirus de forma periódica nos distintos dispositivos dixitais de uso habitual.
Táboa de indicadores
Configurar e actualizar contrasinais. 30
CA4.3 Identificar e saber reaccionar ante situacións que representan unha ameaza na Rede escollendo a mellor solución entre diversas opcións, desenvolvendo prácticas saudables e seguras e valorando o benestar físico e mental, tanto persoal coma colectivo.
Táboa de indicadores
Identificar situacións que representan unha ameaza na Rede, desenvolvendo prácticas saudables e seguras. 40

10 Cidadanía dixital crítica
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA5.1 Facer un uso ético dos datos e das ferramentas dixitais aplicando as normas de etiqueta dixital e respectando a privacidade e as licenzas de uso e propiedade intelectual na comunicación, colaboración e participación activa na Rede.
Táboa de indicadores
Facer un uso ético dos datos e das ferramentas dixitais e respectar a privacidade e as licenzas de uso e propiedade intelectual na comunicación, colaboración e participación activa na Rede. 25
CA5.2 Recoñecer as achegas das tecnoloxías dixitais nas xestións administrativas e no comercio electrónico, sendo consciente da brecha social de acceso, uso e aproveitamento das devanditas tecnoloxías para diversos colectivos.
Táboa de indicadores
Recoñecer as achegas das tecnoloxías dixitais nas xestións administrativas e no comercio electrónico. 25
CA5.3 Valorar a importancia da oportunidade, facilidade e liberdade de expresión que supoñen os medios dixitais conectados, analizando de forma crítica as mensaxes que se reciben e transmiten tendo en consideración a súa obxectividade, ideoloxía, intencionalida
Táboa de indicadores
Analizar de forma crítica as mensaxes que se reciben e transmiten tendo en consideración a súa obxectividade, ideoloxía, intencionalidade. 25
CA5.4 Analizar a necesidade e os beneficios globais dun uso e desenvolvemento ecosociable responsable das tecnoloxías dixitais, tendo en conta criterios de accesibilidade, sostibilidade e impacto.
Táboa de indicadores
Analizar a necesidade e os beneficios globais dun uso e desenvolvemento ecosociable responsable das tecnoloxías dixitais. 25

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


A materia debe afrontarse cunha metodoloxía eminentemente práctica e cun enfoque competencial do currículo que potencie a aprendizaxe significativa do alumnado. Utilizarase unha metodoloxía activa con traballos prácticos, para coñecer e configurar os distintos dispositivos dixitais de uso cotián, que permitan mellorar as destrezas para escoller e utilizar as ferramentas máis axeitadas para producir documentos dixitais de diversos tipos e sempre respectando as licenzas e dereitos de autor.

 

O eixe vertebrador será a realización de proxectos dixitais con metodoloxías que fomenten a resolución colaborativa e creativa de problemas, reforzando a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade, promovendo a participación do alumnado cunha visión integral da disciplina.

 

Durante a realización dos proxectos, o alumnado terá a oportunidade de levar a cabo determinadas tarefas mentres explora, descobre, experimenta, aplica e reflexiona sobre o que fai, o que favorecerá a súa implicación no proceso de aprendizaxe e fará que este sexa máis significativo e duradeiro.

 

O desenvolvemento de proxectos que teñan por obxectivo a creación de aplicacións sinxelas que resolvan problemas, afondarán no coñecemento do pensamento computacional.

 

A difusión dos contidos dixitais creados en plataformas dixitais, promovera a liberdade de expresión o respecto polos demais e aplicando as normas da etiqueta dixital.

 

Promoverase a participación do alumnado, resaltando o traballo colectivo como forma de afrontar os desafíos e os retos que propón a nosa sociedade para reducir as fendas dixital e de xénero, prestando especial atención á desaparición de estereotipos que dificultan a adquisición de competencias en condicións de igualdade.

 

Utilizaranse estratexias que promovan un uso eficiente, seguro e ético de diferentes aplicacións dixitais para diversas funcións como o deseño, a simulación e a comunicación e difusión de ideas ou solucións.

 

Utilizaranse distintos métodos que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe e a diversidade do alumnado, que favorezan a capacidade de aprender por si mesmos e que promovan o traballo en equipo, guiando o alumnado desde proxectos sinxelos ata proxectos máis complexos que permitan o seu logro e satisfacción por parte do devandito alumnado poñendo en práctica, se fose necesario, mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten dificultades.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Ordenador persoal - dispositivos dixitais.
Aula virtual do centro ou do plan Edixgal.
Software de uso xeral (sistema operativo,ofimática....) e de uso específico (editores de arquivos audiovisuais, simuladores, entornos de programación...). En todo caso e salvo que non sexa posible, utilizarase software libre.
Materiais e recursos de creación propia e recursos educativos abertos.

Cada alumno/a terá acceso en todas as clases a un ordenador, no que se atopen instalados todos os programas informáticos necesarios e terá tamén conexión de Internet. Tamén cada alumno/a terá acceso aos dispositivos dixitais necesarios para o seguimento das unidades didácticas propostas.


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Realizaráse unha pequena proba práctica no ordenador ao comenzo de curso, para avaliar os coñecementos básicos relacionados.

Esta proba inicial non computará de ningunha maneira nas cualificacións da avaliación, pero servirá para saber de onde partimos, pois hai que ter en conta que o alumnado chega a esta materia sen unha formación específica concreta, aínda que teñen coñecementos  considerables, aínda que moi desorganizados e pouco rigorosos, propios dunha mocidade bastante dixitalizada principalmente para o seu ocio e socialización.

 

Á luz dos resultados da avaliación inicial decidiremos aplicar a programación tal e como foi deseñada ou realizar as correspondentes e necesarias adaptacións, tantp para afondar nos aspectos que vexamos máis necesarios como para alixerar aqueles contidos nos que vexamos moita soltura e coñecemento xa por parte do alumnado.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 5.0 10.0 10.0 10.0 10.0 20.0 5.0 20.0 5.0 5.0 100.0
Proba escrita 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0
Táboa de indicadores 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

A cualificación de cada unha das 3 avaliacións do curso, virá dada pola media ponderada das cualificacións das unidades didácticas desenvolvidas na avaliación. A ponderación establecerase en base aos pesos otorgados a cada unidade didáctica no apartado 3.1 desta programación.

A calificación final do curso virá dada pola media ponderada das cualificacións de cada unha das 3 avaliacións do curso. A ponderación establecerase en base aos pesos otorgados a cada unidade didáctica no apartado 3.1 desta programación.

Cáculo da nota final:

Nota final = 33% da 1ª avaliación + 33% da 2ª avaliación + 34% da 3ª avaliación

 

 

 A nota da avaliación trimestral será o resultado da correcta asimilación dos contidos, das capacidades e competencias básicas acadadas polo alumno, así como o esforzo realizado na súa procura. Para avaliar o proceso de ensino-aprendizaxe recorrerase ás probas escritas, probas obxectivas, terase presente o diario de clase coas anotacións do profesor sobre os progresos, traballo e resultados do alumnado, ademais da observación directa diaria dos esforzos e das actividades que se fagan na aula durante o trimestre. Para facer isto de xeito adecuado as primeiras sesións adicaranse a coñecer o nivel medio da clase, para desta maneira partirmos dun nivel adecuado ao grupo.

Así, o criterio de cualificación será a suma ponderada das medias dos resultados do alumnado nos diferentes instrumentos de avaliación:

  1. 60% Proba escrita e sobre o ordenador sobre os estándares de aprendizaxe traballados en cada avaliación,

  2. 30% Traballo de aula (en base as anotacións do libro diario do profesor e a rúbrica que especificamos máis abaixo),

  3. 10% Traballo para entregar ou para expoñer individualmente ou en grupo (grupos de 2 ou 3). Cando os alumnos-as fagan un traballo en grupo valorarase a participación de cada un á hora de expoñer o traballo diante dos compañeiros-as (falar en público, manexo das novas tecnoloxías, asimilación de contidos traballados...) polo que a nota pode variar dun membro do grupo con respecto aos outros.

     

Nota: se nunha avaliación non se procedera a elaboración de traballos a porcentaxe do 10% dese apartado C repartiríase do seguinte modo; 5% pasaría a computar no apartado A e o 5% no B, quedando polo tanto o A = 65% e o B = 35%

 

 

Nota Avaliacións:

 

Traballo de aula: (30% ou 35% segundo proceda)

Ao final de cada trimestre o alumnado será avaliado polo traballo na aula durante a avaliación, e será cualificado segundo as notas obtidas ao longo do trimestre polas tarefas desenvolvidas na aula e as que se manden rematar ou facer na casa. Desas cualificacións farase a media aritmética (no caso de ponderar algunha tarefa máis, sempre será con previo aviso ao alumnado), sendo a rúbrica que se especifica abaixo unha nota máis a engadir para o cálculo desa media.

TRABALLO DE AULA (30% ou 35% segundo corresponda)

Indicador: Nivel de traballo na aula

Entre 0 e 1: Non realiza as actividades propostas ou as realiza moi insatisfactoriamente. Ten que ser chamado á orde todos os días por molestar o traballo dos demais

Entre 1 e 2: Realiza as actividades de maneira incompleta e prexudica puntualmente o traballo dos compañeiros-as. Ten que ser chamado á orde de vez en cando

Entre 2 e 3: Realiza as actividades de maneira imprecisa, pero traballa adecuadamente e consulta as dúbidas cos compañeiros-as e/ou co profesor

Entre 3 e 4: Realiza as actividades de maneira satisfactoria, traballa adecuadamente e consulta as dúbidas cos compañeiros-as e/ou co profesor e axuda aos demais a superar os posibles atrancos. Acaba o traballo no tempo estipulado

Entre 4 e 5: Realiza as actividades de maneira moi satisfactoria, traballa concentrado-a e consulta as dúbidas cos compañeiros-as e/ou co profesor e axuda aos demais a superar os posibles atrancos. Remata sempre en tempo e adica o tempo sobrante a axudar aos demais ou a ampliar os coñecementos adquiridos

 

Nesta rúbrica poderá obter un máximo de 10 (multiplicamos a nota da rúbrica por 2)

 

Para acadar o aprobado (4,5) facendo media entre as partes, o alumno-a nunca poderá obter en ningunha delas unha nota inferior a 3.5. Dado o caso dun alumno que obteña de media unha nota igual ou superior ao 4,5 pero cunha das partes valorada por debaixo do 3.5, ese alumno-a sempre acadará un 4 como nota da avaliación correspondente. Neste caso ese alumno-a só tería que recuperar a parte que teña valorada por debaixo do 3.5 (no caso de ser o traballo de aula a parte valorada por debaixo dese límite o alumnado poderá recuperar esa parte se na seguinte avaliación amosa unha melloría no seu traballo diario e volva a entregar as tarefas que teña por debaixo de 5 ao longo do trimestre). A nota que levará no boletín será redondeada co seguinte criterio:

1 cando obteña menos de 1,5                      6 cando obteña entre 5,5 e 6,5

2 cando obteña entre 1,5 e 2,5                     7 cando obteña entre 6,5 e 7,5

3 cando obteña entre 2,5 e 3,5                     8 cando obteña entre 7,5 e 8,5

4 cando obteña entre 3,5 e 4,5                     9 cando obteña entre 8,5 e 9,5

5 cando obteña entre 4,5 e 5,5                    10 cando obteña entre 9,5 e 10

 

A Nota Final da Avaliación Ordinaria acadada por cada un dos alumnos será a obtida ao facer a seguinte media: 1º Trimestre= 33 %, 2º Trimestre= 33%, 3º Trimestre= 34%. A este respecto as notas de cada trimestre non serán as redondeadas que aparecen no boletín do alumno, senón as que obran no caderno de notas do profesor redondeadas a dous decimais.

 

 

O alumnado que empregue métodos fraudulentos nos exames (copiar por compañeiros-as, utilizar calquera método tecnolóxico ou artesanal de copia...) e sexa sorprendido-a no intento, se lle retirará o dereito a ser avaliado e cualificado nas preguntas que se consideren que pretendía “copiar”, obtendo como nota nesa-s pregunta-s “0”. Por outra parte, se é posible comprobar que o alumno-a copiou sen ser sorprendido-a no momento, pero tendo probas suficientes para demostrarse, procederase a avaliar a pregunta que se considere “copiada” cun “0”. Isto aplicarase tanto nas probas específicas de avaliación, como nas probas e nos traballos individuais.

Por outra parte seguiremos aplicando o criterio común acordado polo claustro de descontar a partir da quinta falta ortográfica nas distintas probas e traballos presentados. Así, a partir da 5ª descontaremos 0.05 por cada dúas faltas propias e 0.05 por cada falta copiada.

 

Período extraordinario entre a 3ª Avaliación e a Final

 

Este período de aproximadamente 6 sesións, será adicado a repasar o contidos que poidan ter pendentes parte do alumnado, ás tarefas que aínda poidan ter avaliadas negativamente ou os traballos pendentes de entregar. O obxectivo deste período será que o alumnado que teña algunha avaliación suspensa volva a presentar as tarefas e/ ou presentarse ás probas de recuperación que se establezan nos días finais de curso.

O alumnado que teña xa aprobado o curso trala 3ª avaliación poderá optar a subir a nota presentando as partes nas que se considere que pode mellorar e/ou presentándose á proba que se lle sinalará oportunamente. Neste caso o alumno-a nunca poderá baixar a súa media previa á realización desas tarefas e/ou probas.

O alumnado que xa non poda optar ao aprobado desta maneira terá unha última oportunidade se cumpre os requisitos indicados no aparatado de abaixo (Criterios de recuperación)

 

 

 

 

   Ao longo do curso, o profesorado concretará aqueles traballos e tarefas que o alumnado poderá entregar de novo dentro dun prazo establecido para recuperalos.

Nas últimas semanas do curso, o alumnado que o precise, deberá realizar tarefas e probas obxectivas de recuperación no ordenador daquelas unidades didácticas que non superase no seu momento.

A recuperación realizarase por cada unidade didáctica. A nota final calcularase tendo en conta as novas cualificacións obtidas e seguindo o procedemento establecido.

 

Nota importante: o alumnado que non conseguira aprobar as avaliacións ordinarias nin no seu momento nin coas probas de recuperación que se lles farán ao longo da seguinte avaliación, e facendo a media final non consiga o aprobado, terá unha úlltima proba extraordinaria na semana fiinal do curso, proba que versará sobre todas as unidades didácticas traballadas. Só poderá acceder a esta proba se ao longo do curso entregou as tarefas de cada avaliación e ten nelas unha media de aprobado nas mesmas.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Non resulta de aplicación neste curso

5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Prestaremos especial atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, ofrecendo diferentes formas de organización dos espazos e tempos da clase, e metodoloxías variadas que permitan a todo o alumnado seguir as explicacións e actividades propostas.

O obxectivo fundamental é asegurar a normalización, inclusión e non-discriminación deste alumnado coa fin de que poida acceder a unha educación de calidade con igualdade de condicións.

Para garantir un apoio adecuado a este alumnado é fundamental establecer canles de colaboración entre o diverso profesorado que intervén na súa educación, e organizar os recursos persoais e materiais do centro coa fin de desenvolver actividades encamiñadas á inserción e promoción.

Estudiaranse as circunstancias concretas de cada caso, con especial atención ao alumnado con dificultades de aprendizaxe, tendo en conta os diferentes ritmos e estilos de aprendizaxe, establecendo as liñas educativas a seguir e garantindo así os apoios necesarios. Para elo, a función da coordinación entre docentes, alumnado e familias é fundamental a través da titoría.

Entre outras, contémplanse as seguintes medidas de atención á diversidade:

 

- Aplicación dos protocolos educativos específicos (TEA, TDAH, etc.) ao alumnado que o requira

- Adecuación da organización e xestión da aula ás características do alumnado

- Adaptación dos tempos, instrumentos ou procedementos de Avaliación

- Desdobramento de grupos

- Reforzo educativo e apoio con profesorado do departamento

- Programas de enriquecemento curricular (a.a.c.c.)

- Adaptacións curriculares

 

No caso do alumnado que permaneza un ano máis no mesmo curso, seguiranse o establecido no plan específico personalizado elaborado polo equipo docente baixo a coordinación do profesorado titor.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10
1 Comprensión de lectura
2 Expresión oral e escrita
3 Comunicación audiovisual
4 Competencia dixital
5 Emprendemento social e empresarial
6 Fomento do espírito crítico e científico
7 Educación emocional e en valores
8 Igualdade de xénero
9 Creatividade
10 Educación para a saúde
11 Formación estética
12 Educación para a sostibilidade e o consumo responsable
13 Respecto mutuo e cooperación entre iguais

Comprensión de lectura: tarefas de clase e proxectos, nas que o alumnado terá que comprender os distintos enunciados e procurar información para investigar e resolver os problemas plantexados.

 

Expresión oral e escrita: resolución das tarefas de clase e elaboración de documentación. Farase maior fincapé no uso do vocabulario e a linguaxe técnica, tamén traballarase técnicas de comunicación de ideas.

.

Comunicación audiovisual: presentación de proxectos mediante creacións audiovisuais.

 

Competencia dixital: intrínseca aos contidos propios da materia.

 

Emprendemento social e empresarial: desenvolvemento de proxectos.

 

Espírito crítico e científico: procura de información e a investigación nas tarefas e proxectos.

 

Educación emocional e en valores: contidos sobre seguridade na rede e benestar dixital. O desenvolvemento de proxectos fomentará o traballo en equipo.

 

Igualdade de xénero: buscarase o reparto axeitado de roles no traballo colaborativo en grupos á hora de desenvolver proxectos, evitando nos proxectos os nesgos de xénero, e aplicando criterios de igualdade.

 

Creatividade: desenvolvemento de proxectos.

 

Educación para a saúde: Contidos relacionados co benestar dixital, tan importante para conservar a saúde emocional na actualidade.

 

Formación estética: deseño e presentación dos traballos e proxectos.

 

Educación para a sostibilidade e o consumo responsable: contidos sobre tecnoloxía sostible, respecto pola propiedade intelectual na elaboración de contidos e aplicación de criterios de sostibilidade.

 

Respecto mutuo: contidos relacionados coa etiqueta dixital. Este respecto e a cooperación entre iguais serán fundamentais no traballo en equipo no desenvolvemento de proxectos.

 

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Saídas didácticas relacionadas coa materia. Saídas didácticas relacionadas coa materia.
Andainas relacionadas co CP EduSostibilidade O alumnadode Dixitalización participará activamente no Contrato Progrma de EduSostibilidade que se desenvolve este curso no centro
Visita a Sogama Dentro do CP EduSostibilidade o alumnado de 3º ESO, 4º ESO e FP Básica II realizará unha visita ás instalacións de Sogama

Calquera actividade complementaria proposta deberá axudar a reforzar os contidos desdenvolvidos nas distintas unidades didácticas do curso.

Asemade, cada actividade contará coa aprobación e apoio do Equipo Directivo do centro.

Para cada actividade complementaria indicaranse, entre outras, as seguintes características. Cubrirase formulario e entregarase en Videdirección no Departamentode Actividades Extraescolare e Complementarias:

- Obxectivos

- Profesorado responsable.

- Alumnado participante.

 

O CP EduSostibilidade ten como eixo vertebrador facer partícipe a toda a comunidade educativa da importancia do bo uso dos recursos e da correcta reciclaxe. A base é a Regla das tres Erres. Unha parte fundamental do proxecto é o desenvolvemento, xestión e actualización da App que temos elaborada, co cal este alumnado de Dixitalización é parte esencial do CP.

- Datas e lugar de celebración.

- Repercusións económicas.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Metodoloxía empregada Realizouse unha avaliación inicial para coñecer o punto de partida do alumnado.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico A selección e temporalización de contidos foi axeitada.
Metodoloxía empregada Facilitáronse ao alumnado estratexias de aprendizaxe: lectura comprensiva, búsqueda de información crítica, redacción de documentación técnica....
Clima de traballo na aula O ambiente da clase foi axeitado e produtivo.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Os recursos e materiais utilizados foron axeitados.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico As actividades propostas foron variadas e axeitadas para favorecer o desenvolvemento dos contidos.
Medidas de atención á diversidade As medidas de atención á diversidade foron axeitadas para atender ás necesidades de todo o alumnado.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico As actividades complementarias cumpliron os obxectivos cos que foron propostas.
Metodoloxía empregada Os criterios de avaliación e calificación foron claros e rigurosos e permitiron un seguemento do progreso do alumnado.
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais Facilitouse ao alumnado e as familias o coñecemento dos criterios de avaliación e calificación de cada unidade didáctica, ao comezo da mesma.
Outros Proporcionouse ao alumnado información sobre o seu progreso e calificacións.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Proporcionáronse actividades e procedementos para que o alumnado fose recuperando as partes non superadas da materia.
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais Existiu coordinación entre os distintos profesores/as.

Farase un seguimento da relación de elementos de avaliación do proceso de ensino e a práctica docente que se indican. Nas reunións de departamento, utilizaranse táboas de cotexo baseadas nos indicadores de logro para obter a información.

A retroalimentación co alumnado farase a través de cuestionarios na aula virtual do centro ou na do plan Edixgal.

 

A programación é un documento aberto e susceptible de cambios segundo observemos os procedementos que funcionan e os que non. Debe revisarse cada ano co fin de adaptala mellor á realidade das aulas. A posta en práctica de dita programación é o que nos permite mellorala, recollendo a través dos procedementos de avaliación da propia programación e da práctica docente, a información necesaria para reformala. O proceso de avaliación da propia programación e da práctica docente realízase dentro do Departamento coa información recollida polos docentes sobre diferentes aspectos do desenvolvemento da mesma.

O profesor irá programando sesión a sesión a materia a impartir e o traballo que se vai levar a cabo. Irase cotexando a posible desviación entre o programado e o realmente feito, buscando os motivos de dicha desviación (variación realizadas nas actividades, problemas de tempo, ritmos propios de aprendizaxe,...). As anotacións feitas no día a día irán servindo para ir levando a cabo as oportunas correccións da programación ao ter que adaptala á realidade do proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado en cuestión. Faremos que esta programación sexa sempre un ente vivo, revisable e renovable. Recollerase información do propio alumnado para obter conclusións construtivas que permitan valorar dende diferentes ópticas a programación didáctica e a súa aplicación.

 

Empregaremos as distintas sesións de departamento, de avaliación e CCP para ir tomando nota dos distintos factores que poden estar incidindo no proceso de ensino-aprendizaxe dos distintos alumnos-as e grupos. Manteremos tamén continuo contacto co departamento de Orientación para tratar de poñer remedio ás distintas desviacións que ese estean a dar nas aprendizaxes do alumnado e que trascendan máis alá do que atinxe a este departamento

 

Prestarase atención á porcentaxe de alumnos que nas distintas avaliacións queden coa materia pendente. Compararemos os resultados con anos anteriores e recolleranse, na memoria final, os aspectos máis relevantes das problemáticas que afecten á desviación da programación, plasmando os resultados das avaliacións ordinaria e extraordinaria.

En xeral, para avaliar o proceso de ensino-aprendizaxe teremos presente os seguintes items:

  •  Realiza a avaliación inicial a fin de tomar as medidas individuais ou colectivas necesarias.
  •  Analiza os procesos e os resultados das prácticas, proxectos, exercicios probas e actividades en xeral.
  •  Establece medidas que permitan introducir melloras.
  •  Fai posible a retroalimentación na entrega e avaliación de prácticas e traballos indicando os aspectos nos que o alumnado pode e debe introducir melloras.
  •  Establece un adecuado ambiente de comunicación co alumnado que lle permita a este aclarar todo tipo de dúbidas
  •  Proporciona indicacións durante as interpretacións, realización de traballos, exercicios, gravacións...
  •  Supervisa de forma continua a resolución de exercicios e realización de tarefas que se desenvolven durante as sesións de traballo.
  •  Favorece os procesos de autoavaliación.
  •  Propón actividades complementarias para resolver problemas que xorden durante o proceso de ensino-aprendizaxe.
  •  Informa con claridade e transparencia desde o principio de curso cales son os criterios de avaliación e de cualificación.
  •  Informa ao alumnado e ás súas familias dos resultados obtidos.
  •  Fomenta un bo ambiente na aula
  •  Promove a participación activa do alumnado.
  •  Establece tempos fóra das sesións de traballo para atender ao alumnado.
  •  Utiliza diferentes soportes durante as sesións de traballo.
  •  Selecciona prácticas, traballos e actividades que permitan alcanzar os estándares de aprendizaxe e a adquisición das competencias clave

 

Outro bloque de items a contemplar para avaliar a propia programación e a práctica docente mediante rúbrica son os seguintes:

 

- Comprobarción dos obxectivos propostos: se estes se adaptan ao curso correspondente, se se poden acadar coas unidades propostas, a porcentaxe de alumnado que consegue ditos obxectivos, etc.

- Idoneidade das unidades didácticas propostas: se hai correlación entre obxectivos, contidos e criterios de cualificación nestas, a correción da temporalización. e se contribúen realmente a acadar as competencias clave.

- Utilidade materiais didácticos empregados: comprobar se o alumnado os entende, se son variados, se están adaptados para o alumnado con necesidades educativas específicas e de apoio educativo, se inclúen TIC, etc.

- Valoración dos criterios e instrumentos de avaliación e cualificación: se son útis e precisos, se os instrumentos de avaliación inclúen métodos cualitativod e cuantitativos, se se inclúen procedementos de recuperación, etc.

- Grao de implicación dos estudantes no proceso de ensino-aprendizaxe: coñecen os obxectivos propostos, o repertorio e actividades parécenlles adecuados, coñecen os criterios de avaliación e cualificación, etc.

- Tido en conta o anterior, elaboración de propostas de mellora.

 

Os ítems anteriores avaliaranse mediante os indicadores ben ou acadado, mal ou non acadado e regular ou mellorable no caso de que sexa acadado pero que se poida revisar e mellorar.

 


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


O seguimento da programación realizarase periodicamente nas distintas reunións de departamento, e a través do apartado de "Seguimento" da aplicación Proens.

 

Para cada UD comprobaranse as datas de inicio e final, a correspondencia entre sesións previstas e realizadas e o grado de cumprimento do programado para a unidade.

 

No caso de detectar problemas realizaranse as propostas de mellora e correccións necesarias.

 

Ao remate do curso realizarase unha avaliación da programación mediante unha táboa de cotexo, baseada nos indicadores de logro do apartado 8.1 desta programación.

 

Na última semana do curso realizarase entre o alumnado unha avaliación da actividade docente, baseada nos indicadores de logro do apartado 8.1 desta programación.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver