Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A materia de Tecnoloxía dálle continuidade á materia de Tecnoloxía e Dixitalización cursada nos primeiros anos da etapa de educación secundaria obrigatoria. Permite, ademais, profundar na adquisición de competencias, así como desenvolver unha actitude emprendedora con vistas a realizar estudos posteriores ou ao desempeño de actividades profesionais.

 

Os obxectivos da materia están intimamente relacionados con algúns dos elementos esenciais que conforman esta materia e que determinan o proceso de ensino e aprendizaxe desta: a natureza transversal propia da tecnoloxía, o impulso da colaboración e do traballo en equipo, o pensamento computacional e as súas implicacións na automatización e na conexión de dispositivos a Internet, así como o fomento de actitudes como a creatividade, a perseveranza, a responsabilidade no desenvolvemento tecnolóxico sostible ou o emprendemento incorporando as tecnoloxías dixitais. Por outra banda, cómpre salientar a resolución de problemas interdisciplinarios como eixe vertebrador da materia que reflicte o enfoque competencial desta.

 


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Identificar e propor problemas tecnolóxicos con iniciativa e creatividade, estudando as necesidades da súa contorna próxima e aplicando estratexias e procesos colaborativos e iterativos relativos a proxectos, para idear e planificar solucións de maneira eficiente, accesible, sostible e innovadora.
OBX2 Aplicar de forma apropiada e segura distintas técnicas e coñecementos interdisciplinarios utilizando procedementos e recursos tecnolóxicos, ao tempo que se analiza o ciclo de vida de produtos para fabricar solucións tecnolóxicas accesibles e sostibles que dean resposta ás necesidades expostas.
OBX3 Expresar, comunicar e difundir ideas, propostas ou solucións tecnolóxicas en diferentes foros de maneira efectiva cunha linguaxe inclusiva e non sexista, empregando os recursos dispoñibles e aplicando os elementos e as técnicas necesarias para intercambiar a información de maneira responsable e fomentar o traballo en equipo.
OBX4 Desenvolver solucións automatizadas a problemas expostos aplicando os coñecementos necesarios e incorporando tecnoloxías emerxentes para deseñar e construír sistemas de control programables e robóticos.
OBX5 Aproveitar e empregar de maneira responsable as posibilidades das ferramentas dixitais, adaptándoas ás súas necesidades, configurándoas e aplicando coñecementos interdisciplinarios para a resolución de tarefas dunha maneira máis eficiente.
OBX6 Analizar procesos tecnolóxicos, tendo en conta o seu impacto na sociedade e a contorna aplicando criterios de sostibilidade e accesibilidade, para facer un uso ético e ecosocialmente responsable da tecnoloxía.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 O proxecto tecnolóxico Introdución aos proxectos tecnolóxicos 3 3
2 Elementos de máquinas, sistemas e robots: electrónica analóxica Elementos e circuítos analóxicos. 10 9
3 Elementos de máquinas, sistemas e robots: electrónica dixital Resolución de problemas con circuítos lóxicos. 10 12
4 Elementos de máquinas, sistemas e robots: pneumática Elementos e circuítos pneumáticos 12 12
5 Deseño e fabricación Fabricación mecánica e dixital de diversos materiais. 9 9
6 Automatización e robótica: elementos e programación Prácticas de control programado de circuítos e introdución a IoT, BD e IA 17 18
7 Proxecto de Control e robótica: deseño Deseño dun sistema de control e robótica que resolva un problema determinado. 9 9
8 Proxecto de Control e robótica: construción Contrución do sistema de control e robótica previamente deseñado, aplicando os coñecementos adquiridos de elementos de máquinas, sistemas e robots e de fabricación. 9 9
9 Proxecto de Control e robótica: programación Programación, posta en funcionamento, verificación e, no seu caso, redeseño do sistema deseñado e construído. 15 18
10 Documentación Presentar e compartir o proxecto realizado, con todos os planos, esquemas, programas, material gráfico e audiovisual. 6 6

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. O proxecto tecnolóxico
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10
CA1.1 - Idear e planificar solucións tecnolóxicas emprendedoras que xeren un valor para a comunidade a partir da observación e da análise da contorna máis próxima, estudando as súas necesidades, requisitos e posibilidades de mellora.
CA1.2 - Aplicar con iniciativa estratexias colaborativas de xestión de proxectos cunha perspectiva interdisciplinaria e seguindo un proceso iterativo de validación desde a fase de ideación ata a difusión da solución.
CA1.3 - Abordar a xestión do proxecto de forma creativa, aplicando estratexias e técnicas colaborativas axeitadas, así como métodos de investigación para a ideación de solucións o máis eficientes, accesibles e innovadoras posibles.
CA1.4 - Analizar o deseño dun produto que dea resposta a unha necesidade exposta, avaliando a súa demanda, evolución e previsión de fin de ciclo de vida, cun criterio ético, responsable e inclusivo.
CA1.5 - Intercambiar información e fomentar o traballo en equipo de maneira asertiva.
CA1.6 - Analizar os beneficios que, no coidado da contorna, achegan a arquitectura bioclimática e o eco-transporte, valorando a contribución das tecnoloxías ao desenvolvemento sostible.
CA1.7 - Identificar e valorar a repercusión e os beneficios do desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos de carácter social por medio de comunidades abertas, accións de voluntariado ou proxectos de servizo á comunidade.
Contidos
C1.1 - Aplicación de técnicas de ideación, estratexias de xestión de proxectos colaborativos e técnicas de resolución de problemas iterativas utilizando vocabulario técnico axeitado.
C1.2 - Estudo de necesidades do centro, locais, rexionais etc. Deseño de proxectos colaborativos ou cooperativos.
C1.3 - Emprendemento, perseveranza, iniciativa e creatividade na resolución de problemas desde unha perspectiva interdisciplinaria da actividade tecnolóxica e satisfacción e interese polo traballo e a calidade deste.
C1.4 - Ciclo de vida dun produto e as súas fases. Análises sinxelas.
C1.5 - Tecnoloxía sostible: aforro enerxético no transporte e nas edificacións. Arquitectura bioclimática.
C1.6 - Comunidades abertas, voluntariado tecnolóxico e proxectos de servizo á comunidade.
Bloque B2. Deseño e fabricación
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10
CA2.1 - Fabricar produtos e solucións tecnolóxicas aplicando ferramentas de deseño asistido, técnicas de elaboración manual, mecánica e dixital e utilizando os materiais e recursos mecánicos, eléctricos, electrónicos e dixitais adecuados.
CA2.2 - Facer un uso responsable da tecnoloxía, mediante a análise e a aplicación de criterios de sostibilidade e accesibilidade na selección dos materiais e no seu deseño, así como nos procesos de fabricación de produtos tecnolóxicos, minimizando o impacto negativo sobre a sociedade e o medio ambiente.
Contidos
C2.1 - Estratexias de selección de materiais en base ás súas propiedades ou requisitos.
C2.2 - Sostibilidade e accesibilidade na selección de materiais e no deseño de procesos, produtos e sistemas tecnolóxicos.
C2.3 - Ferramentas de deseño asistido por ordenador en tres dimensións na representación e/ou fabricación de pezas aplicadas a proxectos.
C2.4 - Técnicas de fabricación manual e mecánica. Aplicacións prácticas.
C2.5 - Técnicas de fabricación dixital. Impresión en tres dimensións e corte. Aplicacións prácticas.
Bloque B3. Elementos de máquinas, sistemas e robots
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10
CA3.1 - Deseñar, construír, controlar e/ou simular sistemas automáticos ou robots que sexan capaces de realizar tarefas de forma autónoma, aplicando coñecementos de mecánica, electrónica, pneumática e compoñentes dos sistemas de control, así como outros coñecementos interdisciplinarios.
CA3.2 - Utilizar vocabulario técnico, símbolos e esquemas de sistemas tecnolóxicos apropiados.
Contidos
C3.1 - Electrónica analóxica. Compoñentes básicos, simboloxía, análise de circuítos elementais.
C3.2 - Electrónica dixital básica. Compoñentes básicos. Resolución de problemas lóxicos e circuítos.
C3.3 - Pneumática básica. Compoñentes e circuítos básicos.
C3.4 - Deseño, montaxe física e/ou simulada de circuítos electrónicos e/ou pneumáticos elementais, enfocado á resolución de problemas técnicos e proxectos.
C3.5 - Compoñentes de sistemas de control programado: controladores, sensores e actuadores. Elementos mecánicos, electrónicos e pneumáticos aplicados á robótica.
C3.6 - Deseño e montaxe física ou simulada dun sistema automático ou robot.
Bloque B4. Programación, automatización e robótica
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10
CA4.1 - Automatizar procesos, máquinas e sistemas, mediante a análise, a programación de robots e os sistemas de control.
CA4.2 - Utilizar, con sentido crítico e ético, aplicacións informáticas e tecnoloxías dixitais de control e simulación como a internet das cousas, o big data e/ou a intelixencia artificial.
CA4.3 - Resolver tarefas propostas de maneira eficiente mediante o uso e a configuración de diferentes aplicacións e ferramentas dixitais, aplicando coñecementos interdisciplinarios con autonomía.
Contidos
C4.1 - O ordenador e os dispositivos móbiles como elementos de programación e control.
C4.2 - Traballo con simuladores informáticos na verificación e comprobación do funcionamento dos sistemas deseñados.
C4.3 - Robótica. Control de robots sinxelos de maneira física ou simulada.
C4.4 - Telecomunicacións en sistemas de control dixital. A Internet das cousas: elementos, comunicacións e control. Aplicacións prácticas.
C4.5 - Iniciación á intelixencia artificial e ao big data: aplicacións prácticas. Espazos compartidos e discos virtuais.
Bloque B5. Documentación e comunicación dixital
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10
CA5.1 - Crear contidos, elaborar materiais e difundilos en distintas plataformas, configurando correctamente as ferramentas dixitais habituais da contorna de aprendizaxe, axustándoas ás súas necesidades e respectando os dereitos de autor.
CA5.2 - Presentar e difundir as propostas ou solucións tecnolóxicas de maneira efectiva, empregando a entoación, expresión, xestión do tempo e adaptación adecuada do discurso, así como unha linguaxe inclusiva e non sexista.
CA5.3 - Organizar a información de maneira estruturada aplicando técnicas de almacenamento seguro.
Contidos
C5.1 - Vocabulario técnico apropiado.
C5.2 - Presentación e difusión do proxecto empregando ferramentas dixitais e audiovisuais. Elementos, técnicas e ferramentas.
C5.3 - Comunicación efectiva: entoación, expresión, xestión do tempo, adaptación do discurso e uso dunha linguaxe inclusiva, libre de estereotipos sexistas.
C5.4 - Propiedade intelectual.
C5.5 - Técnicas de tratamento, organización e almacenamento seguro da información. Copias de seguridade.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 O proxecto tecnolóxico
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Idear e planificar solucións tecnolóxicas emprendedoras que xeren un valor para a comunidade a partir da observación e da análise da contorna máis próxima, estudando as súas necesidades, requisitos e posibilidades de mellora.
Táboa de indicadores
Idear solucións tecnolóxicas a problemas predefinidos 40
CA1.4 Analizar o deseño dun produto que dea resposta a unha necesidade exposta, avaliando a súa demanda, evolución e previsión de fin de ciclo de vida, cun criterio ético, responsable e inclusivo.
Táboa de indicadores
Analizar o deseño dun produto 40
CA1.6 Analizar os beneficios que, no coidado da contorna, achegan a arquitectura bioclimática e o eco-transporte, valorando a contribución das tecnoloxías ao desenvolvemento sostible.
Táboa de indicadores
Utilizar criterios de sostibilidade no desenvolvemento dos proxectos 10
CA1.7 Identificar e valorar a repercusión e os beneficios do desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos de carácter social por medio de comunidades abertas, accións de voluntariado ou proxectos de servizo á comunidade.
Táboa de indicadores
Valorar os proxectos tecnolóxicos ao servizo da comunidade 10

2 Elementos de máquinas, sistemas e robots: electrónica analóxica
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Deseñar, construír, controlar e/ou simular sistemas automáticos ou robots que sexan capaces de realizar tarefas de forma autónoma, aplicando coñecementos de mecánica, electrónica, pneumática e compoñentes dos sistemas de control, así como outros coñecementos interdisciplinarios.
CA3.1.1. Coñecer compoñentes electrónicos analóxicos básicos, a súa función e simboloxía.
Proba escrita
Identificar os compoñentes electrónicos analóxicos básicos e a súa función. 40
CA3.1.4. Realizar prácticas de circuítos representativos para a súa aplicación en proxectos
Táboa de indicadores
Realizar montaxes prácticas básicas. 40
CA3.2 Utilizar vocabulario técnico, símbolos e esquemas de sistemas tecnolóxicos apropiados.
Proba escrita
Utilizar correctamente os símbolos e esquemas electrónicos. 20

3 Elementos de máquinas, sistemas e robots: electrónica dixital
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Deseñar, construír, controlar e/ou simular sistemas automáticos ou robots que sexan capaces de realizar tarefas de forma autónoma, aplicando coñecementos de mecánica, electrónica, pneumática e compoñentes dos sistemas de control, así como outros coñecementos interdisciplinarios.
CA3.1.2. Coñecer os elementos dun sistema electrónico dixital e resolver problemas lóxicos sinxelos.
Proba escrita
Resolución de problemas sinxelos de electrónica dixital 40
CA3.1.4. Realizar prácticas de circuítos representativos para a súa aplicación en proxectos
Táboa de indicadores
Montaxes prácticas ou simuladas de circuítos electrónicos dixitais a partir de esquemas ou da formulación dun problema. 40
CA3.2 Utilizar vocabulario técnico, símbolos e esquemas de sistemas tecnolóxicos apropiados.
Proba escrita
Identificación de compoñentes e a súa función, interpretar circuítos e resolver problemas 20

4 Elementos de máquinas, sistemas e robots: pneumática
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Deseñar, construír, controlar e/ou simular sistemas automáticos ou robots que sexan capaces de realizar tarefas de forma autónoma, aplicando coñecementos de mecánica, electrónica, pneumática e compoñentes dos sistemas de control, así como outros coñecementos interdisciplinarios.
CA3.1.3. Coñecer compoñentes básicos dun sistema pneumático, a súa función e simboloxía.
Proba escrita
Identificar os diferentes elementos dun circuíto pneumático e a súa función. 40
CA3.1.4. Realizar prácticas de circuítos representativos para a súa aplicación en proxectos
Táboa de indicadores
Montaxes prácticas de circuítos pneumáticos a partir de esquemas ou a partir da formulación dun problema a resolver. 40
CA3.2 Utilizar vocabulario técnico, símbolos e esquemas de sistemas tecnolóxicos apropiados.
Proba escrita
Utilizar correctamente os símbolos e interpretar esquemas de circuítos pneumáticos. 20

5 Deseño e fabricación
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Fabricar produtos e solucións tecnolóxicas aplicando ferramentas de deseño asistido, técnicas de elaboración manual, mecánica e dixital e utilizando os materiais e recursos mecánicos, eléctricos, electrónicos e dixitais adecuados.
CA2.1.1. Comprender e utilizar conceptos básicos de debuxo asistido por ordenador para o deseño de obxectos
Táboa de indicadores
Realización de prácticas de deseño por ordenador de obxectos e sistemas en 2D e 3D. . 40
CA2.1.2. Deseñar e construír mediante ferramentas de fabricación dixital e manual obxectos e modelos sinxelos
Táboa de indicadores
Deseño e fabricación de obxectos e modelos que cumpran cunha necesidade ou solucionen un problema determinado. 40
CA2.2 Facer un uso responsable da tecnoloxía, mediante a análise e a aplicación de criterios de sostibilidade e accesibilidade na selección dos materiais e no seu deseño, así como nos procesos de fabricación de produtos tecnolóxicos, minimizando o impacto negativo sobre a sociedade e o medio ambiente.
Táboa de indicadores
Uso responsable e sostible dos materiais e utilización da maquinaria e instrumentación respectando as medidas de seguridade e hixiene. 20

6 Automatización e robótica: elementos e programación
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Deseñar, construír, controlar e/ou simular sistemas automáticos ou robots que sexan capaces de realizar tarefas de forma autónoma, aplicando coñecementos de mecánica, electrónica, pneumática e compoñentes dos sistemas de control, así como outros coñecementos interdisciplinarios.
CA3.1.5. Coñecer os elementos dun sistema automático ou robot e a súa función no conxunto.
Proba escrita
Coñecemento dos elementos, función e funcionamento dos elementos dun sistema de control: controlador, sensores, actuadores e outros. 15
CA4.1 Automatizar procesos, máquinas e sistemas, mediante a análise, a programación de robots e os sistemas de control.
Táboa de indicadores
Realizar pequenas prácticas ou retos de sistemas de control e robótica que resolvan problemas predefinidos utilizando diferentes tipos de sensores e actuadores 45
CA4.2 Utilizar, con sentido crítico e ético, aplicacións informáticas e tecnoloxías dixitais de control e simulación como a internet das cousas, o big data e/ou a intelixencia artificial.
CA4.2.1. Deseñar, construír e programar un proxecto sinxelo de IoT
Táboa de indicadores
Conectar un dispositivo na nube utilizando coñecementos básicos de IoT 15
CA4.2.2. Comprender os conceptos básicos de BD e IA
Proba escrita
Comprender os conceptos básicos de BD e IA 10
CA4.3 Resolver tarefas propostas de maneira eficiente mediante o uso e a configuración de diferentes aplicacións e ferramentas dixitais, aplicando coñecementos interdisciplinarios con autonomía.
Táboa de indicadores
Configuración básica das aplicacións. 5
CA5.3 Organizar a información de maneira estruturada aplicando técnicas de almacenamento seguro.
Táboa de indicadores
Organización eficiente y segura de los programas realizados. 10

7 Proxecto de Control e robótica: deseño
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.5 Intercambiar información e fomentar o traballo en equipo de maneira asertiva.
Táboa de indicadores
Actitude colaborativa no traballo en equipo. 10
CA2.1 Fabricar produtos e solucións tecnolóxicas aplicando ferramentas de deseño asistido, técnicas de elaboración manual, mecánica e dixital e utilizando os materiais e recursos mecánicos, eléctricos, electrónicos e dixitais adecuados.
CA2.1.2. Deseñar e construír mediante ferramentas de fabricación dixital e manual obxectos e modelos sinxelos
Táboa de indicadores
Deseño do proxecto utilizando os bosquexos e esquemas necesarios respectando a normativa e simboloxía dos recursos utilizados (estrutura, mecánica, electrónica, pneumática, sistema de control, ...) 75
CA2.2 Facer un uso responsable da tecnoloxía, mediante a análise e a aplicación de criterios de sostibilidade e accesibilidade na selección dos materiais e no seu deseño, así como nos procesos de fabricación de produtos tecnolóxicos, minimizando o impacto negativo sobre a sociedade e o medio ambiente.
Táboa de indicadores
Uso responsable e sostible dos materiais, máquinas e instrumentación utilizada. 5
CA3.1 Deseñar, construír, controlar e/ou simular sistemas automáticos ou robots que sexan capaces de realizar tarefas de forma autónoma, aplicando coñecementos de mecánica, electrónica, pneumática e compoñentes dos sistemas de control, así como outros coñecementos interdisciplinarios.
CA3.1.5. Coñecer os elementos dun sistema automático ou robot e a súa función no conxunto.
Táboa de indicadores
Identificación dos elementos básicos dun sistema automático ou robot. 10

8 Proxecto de Control e robótica: construción
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Aplicar con iniciativa estratexias colaborativas de xestión de proxectos cunha perspectiva interdisciplinaria e seguindo un proceso iterativo de validación desde a fase de ideación ata a difusión da solución.
Táboa de indicadores
Actitude colaborativa durante o proceso de construción e montaxe. 5
CA1.3 Abordar a xestión do proxecto de forma creativa, aplicando estratexias e técnicas colaborativas axeitadas, así como métodos de investigación para a ideación de solucións o máis eficientes, accesibles e innovadoras posibles.
Táboa de indicadores
Actitude creativa para a resolución dos problemas que xurdan na montaxe. 10
CA1.5 Intercambiar información e fomentar o traballo en equipo de maneira asertiva.
Táboa de indicadores
Actitude colaborativa durante o traballo en equipo 5
CA3.1 Deseñar, construír, controlar e/ou simular sistemas automáticos ou robots que sexan capaces de realizar tarefas de forma autónoma, aplicando coñecementos de mecánica, electrónica, pneumática e compoñentes dos sistemas de control, así como outros coñecementos interdisciplinarios.
Táboa de indicadores
Aplicación correcta dos contidos tratados con anterioridade (mecánica, electrónica, pneumática, robótica, etc.) no sistema deseñado e verificación do funcionamento. 70
CA4.2 Utilizar, con sentido crítico e ético, aplicacións informáticas e tecnoloxías dixitais de control e simulación como a internet das cousas, o big data e/ou a intelixencia artificial.
CA4.2.1. Deseñar, construír e programar un proxecto sinxelo de IoT
Táboa de indicadores
Programación dun proxecto sinxelo de IoT. 10

9 Proxecto de Control e robótica: programación
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Aplicar con iniciativa estratexias colaborativas de xestión de proxectos cunha perspectiva interdisciplinaria e seguindo un proceso iterativo de validación desde a fase de ideación ata a difusión da solución.
Táboa de indicadores
Actitude colaborativa durante o proceso de programación 5
CA1.3 Abordar a xestión do proxecto de forma creativa, aplicando estratexias e técnicas colaborativas axeitadas, así como métodos de investigación para a ideación de solucións o máis eficientes, accesibles e innovadoras posibles.
Táboa de indicadores
Actitude creativa durante o proceso de programación 5
CA1.5 Intercambiar información e fomentar o traballo en equipo de maneira asertiva.
Táboa de indicadores
Actitude colaborativa durante o traballo en equipo 5
CA4.1 Automatizar procesos, máquinas e sistemas, mediante a análise, a programación de robots e os sistemas de control.
Táboa de indicadores
Aplicación correcta dos contidos de programación tratados con anterioridade no sistema deseñado e verificación do funcionamento. 70
CA4.2 Utilizar, con sentido crítico e ético, aplicacións informáticas e tecnoloxías dixitais de control e simulación como a internet das cousas, o big data e/ou a intelixencia artificial.
CA4.3 Resolver tarefas propostas de maneira eficiente mediante o uso e a configuración de diferentes aplicacións e ferramentas dixitais, aplicando coñecementos interdisciplinarios con autonomía.
Táboa de indicadores
Configurar correctamente as aplicacións utilizadas 5
CA5.3 Organizar a información de maneira estruturada aplicando técnicas de almacenamento seguro.
Táboa de indicadores
Organizar la información de maneira estruturada e segura 10

10 Documentación
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.5 Intercambiar información e fomentar o traballo en equipo de maneira asertiva.
Táboa de indicadores
Utilización dunha contorna online para compartir a información. 10
CA3.2 Utilizar vocabulario técnico, símbolos e esquemas de sistemas tecnolóxicos apropiados.
Táboa de indicadores
Utilizar correctamente o vocabulario técnico, simboloxía e esquemas na documentación. 15
CA5.1 Crear contidos, elaborar materiais e difundilos en distintas plataformas, configurando correctamente as ferramentas dixitais habituais da contorna de aprendizaxe, axustándoas ás súas necesidades e respectando os dereitos de autor.
Táboa de indicadores
Crear e difundir na rede a documentación do proxecto, respectando os dereitos de autoría do material documental e gráfico utilizado.. 40
CA5.2 Presentar e difundir as propostas ou solucións tecnolóxicas de maneira efectiva, empregando a entoación, expresión, xestión do tempo e adaptación adecuada do discurso, así como unha linguaxe inclusiva e non sexista.
Táboa de indicadores
Presentar o proxecto de xeito que se entenda correctamente o propósito e funcionamento. 20
CA5.3 Organizar a información de maneira estruturada aplicando técnicas de almacenamento seguro.
Táboa de indicadores
Presentar toda a documentación de forma organizada e segura. 15

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


Para levar a cabo esta programación necesítase estar traballando continuamente nun taller con dispoñibilidade de ordenadores, maquinaria de fabricación e material de electrónica, pneumática e control e robótica.

 

A metodoloxía será eminentemente práctica, pois todas as unidades didácticas están enfocadas á preparación para a realización dun proxecto de atomatización, control e robótica.

 

A materia debe afrontarse cun enfoque competencial do currículo que potencie a aprendizaxe significativa do alumnado.

O eixe vertebrador será a realización de proxectos tecnolóxicos con metodoloxías que fomenten a resolución de problemas mediante o deseño e construción de sistemas técnicos. Durante a realización dos proxectos, o alumnado terá a oportunidade de levar a cabo determinadas tarefas mentres explora, descobre, experimenta, aplica e reflexiona sobre o que fai, o que favorecerá a súa implicación no proceso de aprendizaxe e fará que este sexa máis significativo e duradeiro.

 

Promoverase a participación do alumnado,resaltando o traballo colectivo como forma de afrontar os desafíos e os retos tecnolóxicos que propón a nosa sociedade para reducir as fendas dixital e de xénero, prestando especial atención á desaparición de estereotipos que dificultan a adquisición de competencias en condicións de igualdade.

 

Utilizaranse estratexias que promovan un uso eficiente, seguro e ético de diferentes aplicacións dixitais para diversas funcións como o deseño, a simulación e a comunicación e difusión de ideas ou solucións.

 

Utilizaranse distintos métodos que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe e a diversidade do alumnado, que favorezan a capacidade de aprender por si mesmos e que promovan o traballo en equipo, guiando o alumnado desde proxectos sinxelos ata proxectos máis complexos que permitan o seu logro e satisfacción por parte do devandito alumnado

poñendo en práctica, se fose necesario, mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten dificultades.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Aula-taller de tecnoloxía
Ordenadores con conexión a internet. Un ordenador por alumna/o.
Materiais para a fabricación, tratando de potenciar a reutilización.
Ferramentas manuais e eléctricas propias do taller de tecnoloxía.
Dispositivos de fabricación dixital: impresoras 3D e cortadora láser.
Compoñentes eléctricos e electrónicos e elementos meánicos e estruturais.
Equipos para control e robótica: Placas controladoras, sensores, actuadores, fontes de alimentación, etc.
Dispositivos para comunicación e IoT: placas controladoras con conexión a internet.
Materiais e recursos de creación propia e recursos educativos abertos.
Aula virtual do centro.

Os recursos teóricos serán proporcionados polo profesorado a través da aula virtual, e para a realización de prácticas utilizarase o material dispoñible ( soldador, compoñentes, placas...) no taller de tecnoloxía.


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Nas primeiras semanas do curso, realizarase un cuestionario acerca das competencias adquiridas en relación coa materia Tecnoloxía e Dixitalización de 1º e 2º de ESO.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 3.0 10.0 10.0 12.0 9.0 17.0 9.0 9.0 15.0 6.0 100.0
Proba escrita 0.0 60.0 60.0 60.0 0.0 25.0 0.0 0.0 0.0 0.0 23.45
Táboa de indicadores 100.0 40.0 40.0 40.0 100.0 75.0 100.0 100.0 100.0 100.0 76.55000000000003

CONCRECIÓN DOS PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN POR UNIDADES DIDÁCTICAS


UD 1. A TECNOLOXÍA
Procedemento de Avaliación: tarefas de clase . Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD:100% Criterios de Avaliación Avaliados: CA1.1, CA1.4, CA1.6, CA1.7
UD 2. ELEMENTOS DE MÁQUINAS, SISTEMAS E ROBOTS: ELECTRÓNICA ANALÓXICA
Procedemento de Avaliación: proba obxectiva escrita. Instrumento de Avaliación: proba escrita. Peso no total da UD:50% Criterios de Avaliación Avaliados: CA3.1.1, CA3.2
Procedemento de Avaliación: tarefas de clase. Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD:50% Criterios de Avaliación Avaliados: CA3.1.4
UD 3. ELEMENTOS DE MÁQUINAS, SISTEMAS E ROBOTS: ELECTRÓNICA DIXITAL2
Procedemento de Avaliación: proba obxectiva escrita. Instrumento de Avaliación: proba escrita. Peso no total da UD:50% Criterios de Avaliación Avaliados: CA3.1.2, CA3.2
Procedemento de Avaliación: tarefas de clase. Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD:50% Criterios de Avaliación Avaliados: CA3.1.4
UD 4. ELEMENTOS DE MÁQUINAS, SISTEMAS E ROBOTS: PNEUMÁTICA
Procedemento de Avaliación: tarefas de clase. Instrumento de Avaliación: proba escrita. Peso no total da UD: 5% Criterios de Avaliación Avaliados: CA3.1.3, CA3.2
Procedemento de Avaliación: proba obxectiva escrita. Instrumento de Avaliación: proba escrita. Peso no total da UD:55% Criterios de Avaliación Avaliados: CA3.1.3, CA3.2
Procedemento de Avaliación: tarefas de clase. Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD:40% Criterios de Avaliación Avaliados: CA3.1.4
UD 5. DESEÑO E FABRICACIÓN
Procedemento de Avaliación: tarefas de clase. Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD:100% Criterios de Avaliación Avaliados: CA2.1.1, CA2.1.2, CA2.2
UD 6. AUTOMATIZACIÓN E ROBÓTICA: ELEMENTOS E PROGRAMACIÓN
Procedemento de Avaliación: proba obxectiva escrita. Instrumento de Avaliación: proba escrita. Peso no total da UD:25% Criterios de Avaliación Avaliados: CA3.1.5, CA4.2.2
Procedemento de Avaliación: tarefas de clase. Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD:75% Criterios de Avaliación Avaliados: CA4.1, CA4.2.1,CA4.3, CA5.3
UD 7. PROXECTO DE CONTROL E ROBÓTICA: DESEÑO
Procedemento de Avaliación: proxecto técnico. Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD:100% Criterios de Avaliación Avaliados: CA1.5, CA2.1.2, CA2.2, CA3.1.5.
UD 8. PROXECTO DE CONTROL E ROBÓTICA: CONSTRUCIÓN
Procedemento de Avaliación: proxecto técnico. Instrumento de Avaliación: táboa 1de indicadores. Peso no total da UD:100% Criterios de Avaliación Avaliados: CA1.2, CA1.3, CA1.5, CA3.1, CA 4.2.1.
UD 9. PROXECTO DE CONTROL E ROBÓTICA: DESEÑO
Procedemento de Avaliación: proxecto técnico. Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD:100% Criterios de Avaliación Avaliados: CA1.2, CA1.3, CA1.5, CA4.1, CA4.3,CA5.3
UD 10. DOCUMENTACIÓN
Procedemento de Avaliación: proxecto técnico. Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD:100% Criterios de Avaliación Avaliados: CA1.5, CA3.2, CA5.1, CA5.2, CA5.3,CA5.3

 

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:

* Probas escritas 50% e Proxectos e/ou traballos 50% (a avaliación do proxecto farase empregando a rúbrica deseñada). No caso de non poder desenvolverse os traballos e proxecto, o exame de avaliación terá un valor do 100% na nota da avaliación.

* As faltas por conductas inadecuadas as normas de convivencia poden supoñer a pérdida ata 1 punto sobre a media da avliación.

*As faltas reinteradas no cumprimento das obrigas adquiridas ( non trae material, traballar inadecuadamente, falta de respecto …) con levan perdida de puntos sobre a nota do proxecto.

* Haberá 1 exáme ao final de cada bloque de contidos no que entrarán os contidos impartidos nese trimestre tendo en conta as competencias e os estándares de aprendizaxe correspondentes, podéndose realizar preguntas dos contidos de avaliacións anteriores.

* Nos exámenes e proxectos, requírise unha cualificación dun mínimo de 3 puntos sobre 10 en, algunha das partes ( exame/proxecto), para poder facer a media de ambas que aportará a nota da avaliación.

* Os traballos e proxectos deben ser entregados en tempo e forma para que poidan ser avaliados. Se non se cumpre terán como nota un cero.

* A nota mínima para aprobar a materia é 5 sobre 10 na media obtida entre a nota doproxecto é o exame escrito de teoría/exercicios.

* Calquera alumno que nunha proba escrita, oral ou por ordenador utilice materiais non permitidos, chuletas, apuntes, mo¿viles ; ou que estea a falar con outro tratando de copiar, será anulada a parte da proba correspondente .

* As probas destinadas a recuperar a materia procurarase que sexan antes da avaliación. No caso de que por motivos de datas resultase imposible de realizalas, faranse despois da avaliación. A nota obtida na proba de recuperación substitúe a nota da proba anterior.

* A proba escrita da terceira avaliación debe realizarse semnpre antes das dúas últimas semanas do curso.

* A nota da avaliación final de Xuño será a media aritmética das notas das 3 avaliacións, sempre que teñan unha nota igual o superior a 5 en cada unha das avaliacións. É necesario ter superadas todas as avaliacións para aprobar a materia.

* Os alumnos/as que no superen algunha das avaliacions, unha vez finalizada a terceira avaliación, terán un período de reforzo antes de afrontar o exame final, onde examinaranse das avaliacións non superadas.

* O exame final estará formado por cuestións ou exercicios referentes as avaliacións non superadas ó longo do curso. É necesario obter unha nota mínima dun 5 na parte correspondente a cada avaliación non superada. A nota obtida substituirá a nota da avaliación non superada e fará media ca nota do proxecto correspondente a dita avaliación. O valor obtido na media é a nota da avaliación non superada.

Criterio de redondeo:

- Parte decimal entre 0,1 e 0,75 figurará no boletín o numero enteiro correspondente a nota do exame.

- Parte decimal entre 0,75 e 0,99 figurará no boletín o numero enteiro seguinte o correspondente a nota do exame.

 

Criterios de recuperación

  • Ao longo do curso, o profesorado concretará aqueles traballos e tarefas que o alumnado poderá entregar de novo dentro dun prazo establecido para recuperalos.

  • De cada proba escrita obxectiva realizarase unha segunda de recuperación. A realización da proba de recuperación será obrigatoria para o alumnado que obteña unha cualificación inferior ao 50% do máximo na primeira proba, o resto do alumnado poderá realizala de xeito voluntario. A cualificación final de cada proba corresponderá á maior das obtidas en cada unha das oportunidades.

  • A proba escrita da terceira avaliación debe realizarse semnpre antes das dúas últimas semanas do curso.

  • O período correspodente dende a realización da proba da terceira avaliación ata a avaliación final, será empregado para rematar e recuperar as avaliacións non aprobadas. Os alumnos/as empregarán as sesións lectivas para estudar, realizar tarefas de reforzo ou plantexar dúbidas sobre a materia. Os alumnos/as que o desexen poden presentarse as probas de recuperación de forma voluntaria para subir nota.

  • A nota final será a media das tres avaliacións e sempre será obrigatorio superar todas as avaliacións.

 

 

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Non resulta de aplicación neste curso

5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Entre outras, contémplanse as seguintes medidas de atención á diversidade:

- Aplicación dos protocolos educativos específicos (TEA, TDAH, etc.) ao alumnado que o requira.

- Adecuación da organización e xestión da aula ás características do alumnado

- Adaptación dos tempos, instrumentos ou procedementos de Avaliación

- Desdobramento de grupos

- Reforzo educativo e apoio con profesorado do departamento

- Programas de enriquecemento curricular (a.a.c.c.)

- Adaptacións curriculares

No caso do alumnado que permaneza un ano máis no mesmo curso, seguiranse o establecido

no plan específico personalizado elaborado polo equipo docente baixo a coordinación do

profesorado titor.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10
1 Comprensión lectora
2 Expresión oral e escrita
3 Comunicación audiovisual
4 Competencia dixital
5 Emprendemento social e empresarial
6 Espírito crítico e científico
7 Educación emocional e en valores:
8 Igualdade de xénero
9 Creatividade
10 Educación para a saúde
11 Formación estética
12 Educación para a sostibilidade e o consumo responsable
13 Respecto mutuo e cooperación entre iguais

Comprensión de lectura: tarefas de clase e proxectos, nas que o alumnado terá que comprender os distintos enunciados e procurar información para investigar e resolver os problemas propostos. Expresión oral e escrita: resolución das tarefas de clase e coa elaboración de documentación técnica. Farase maior fincapé no uso do vocabulario e a linguaxe técnica. Comunicación audiovisual: presentación de resultados de prácticas e proxectos mediante creacións audiovisuais. Competencia dixital: intrínseca aos contidos propios da materia. Emprendemento social e empresarial: desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos. Espírito crítico e científico: procura de información e a investigación nas tarefas e proxectos tecnolóxicos. Educación emocional e en valores: contidos sobre seguridade na rede e benestar dixital. O desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos fomentará o traballo en equipo. A igualdade de xénero no ámbito científico e tecnolóxico é unha necesidade na sociedade actual, que tratará de cubrirse mediante un axeitado reparto de roles no traballo colaborativo en grupos á hora de desenvolver proxectos. Creatividade: Desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos. Educación para a saúde: importancia do respecto polas normas de seguridade e hixiene no taller. Contidos relacionados co benestar dixital, tan importante para conservar a saúde emocional na actualidade. Formación estética: procesos de deseño e acabado nos proxectos tecnolóxicos. Educación para a sostibilidade e o consumo responsable: contidos sobre tecnoloxía sostible, respecto pola propiedade intelectual na elaboración de contidos e aplicación de criterios de sostibilidade nos proxectos tecnolóxicos, sobre todo na elección de materiais e fontes de enerxía. Respecto mutuo: contidos relacionados coa etiqueta dixital. Este respecto e a cooperación entre iguais serán fundamentais no traballo en equipo no desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Saídas didácticas Visitas a empresas que teñan unha actividade relacionada cos contidos da materia.

Calquera actividade complementaria proposta deberá axudar a reforzar os contidos nas distintas unidades didácticas do curso. Asemade, cada actividade contará coa aprobación e apoio do Equipo Directivo do centro.

Para cada actividade complementaria indicaranse as seguintes características:

- Obxectivos

- Profesorado responsable.

- Alumnado participante.

- Datas e lugar de celebración.

- Repercusións económicas.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Realizouse unha avaliación inicial para coñecer o punto de partida do alumnado.
A selección e temporalización de contidos foi axeitada.
acilitáronse ao alumnado estratexias de aprendizaxe: lectura comprensiva, búsqueda de información crítica, redacción de documentación técnica...
O ambiente da clase foi axeitado e produtivo.
Os recursos e materiais utilizados foron axeitados.
As actividades propostas foron variadas e axeitadas para favorecer o desenvolvemento dos contidos.
As medidas de atención á diversidade foron axeitadas para atender ás necesidades de todo o alumnado.
As actividades complementarias cumpliron os obxectivos cos que foron propostas.
Os criterios de avaliación e cualificación foron claros e rigorosos e permitiron un seguimento do progreso do alumnado.
Facilitouse ao alumnado e as familias o coñecemento dos criterios de avaliación e calificación de cada unidade didáctica, ao comezo da mesma.
Proporcionouse ao alumnado información sobre o seu progreso e cualificacións.
Proporcionáronse actividades e procedementos para que o alumnado fose recuperando as partes non superadas da materia.
Existiu coordinación entre os distintos profesores/as.

Farase un seguimento da relación de elementos de avaliación do proceso de ensino e a práctica docente que se indican.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


O seguimento da programación realizarase periodicamente nas distintas reunións de departamento, e a través do apartado de "Seguimento" da aplicación Proens.

Para cada UD comprobaranse as datas de inicio e final, a correspondencia entre sesións previstas e realizadas e o grado de cumprimento do programado para a unidade.

No caso de detectar problemas realizaranse as propostas de mellora e correccións necesarias.

Ao remate do curso realizarase unha avaliación da programación mediante unha táboa de cotexo, baseada nos indicadores de logro do apartado 8.1 desta programación.

Na última semana do curso realizarase entre o alumnado unha avaliación da actividade docente, baseada nos indicadores de logro do apartado 8.1 desta programación.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver