Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A presente programación didáctica, elaborada para a materia de Proxecto Competencial do 4º curso da ESO, ten como referencia o currículo que establece Decreto 156/2022 do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Proxecto Competencial que o Departamento de Lingua Castelá e Literatura desenvolverá durante o presente 2023-24 chámase Dramatización e pretende traballar  aspectos relacionados coa expresión corporal e a interpretación teatral, entendidos coma  procesos artísticos que reunen técnicas expresivas e comunicativas destinadas a permitir que o alumnado mellore o coñecemento de si mesmo e do seu entorno social e cultural.  

Dramatización será cursada por un total de doce alumnos/as de 4º de ESO do IES Marco do Camballón, divididos en dous grupos. Como se trata de adolescentes, preténdese mellorar o seu autocoñecemento, fomentar a seguridade neles mesmos e o recoñecemento das súas capacidades, desinhibir bloqueos físicos e psicomotrices producto do medo ó xuizo alleo e potenciar o desenvolvemento de relacións equilibradas cos demais.Como, ademais, a Dramatización se fundamenta, ó mesmo tempo, no traballo en grupo, estimulará a colaboración entre os seus membros, a comunicación entre eles e as actitudes tolerantes e participativas.

Finalmente, este Proxecto Competencial xirará en torno ó traballo coa improvisación e o xogo dramático, a análise da escenografía dos textos teatrais, as técnicas de representación e as de montaxe dunha obra. 


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Deseñar un plan de traballo para a realización dun proxecto ou a resolución dun problema a través da definición de obxectivos e das accións para acadalos, tendo en conta as necesidades da contorna.
OBX2 Desenvolver o proxecto segundo a planificación prevista mobilizando conxuntamente as competencias transversais que se requiran.
OBX3 Presentar os resultados asociados ao proxecto competencial empregando dun xeito respectuoso estratexias e ferramentas de comunicación adecuadas cunha linguaxe verbal e corporal positiva, control das emocións negativas e, de ser o caso, co uso de recursos informáticos e audiovisuais.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Son unha personaxe. Traballaremos a relaxación. concentración, as memorias sensorial e afectiva, o movemento corporal, a linguaxe xestual, a voz, a observación e imitación e a caracterización dunha personaxe. 25 9
2 Desplazamento O alumnado centrarase no movemento como resultado da intención e do carácter da súa personaxe. Analizará os recorridos, os encontros con outras personaxes e a planificación dos desplazamentos. 25 8
3 Situación dramática: representación teatral dunha obra de teatro. O conflito: progresión, crise e desenlace dunha acción. Accións internas e externas: sentimento, pensamento e acción. 50 18

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Definición de proxectos
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3
CA1.1 - Recoñecer a importancia da temática do proxecto que se pretende abordar.
CA1.2 - Identificar e determinar os recursos e materiais necesarios para a realización do proxecto.
CA1.3 - Identificar, seleccionar e analizar a información que se precisa.
CA1.4 - Realizar a secuencia e a temporalización das actuacións necesarias para a execución do proxecto.
CA1.5 - Prever as incidencias que se poidan producir no desenvolvemento das actuacións do proxecto e propoñer posibles solucións a estas.
Contidos
C1.1 - Procura e selección de información relacionada cos proxectos.
C1.2 - Planificación: secuenciación e temporalización.
Bloque B2. Execución de proxectos
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3
CA2.1 - Executar as actuacións asociadas coa secuencia e a temporalización prevista.
CA2.2 - Aplicar os coñecementos axeitados e mobilizar as competencias cos niveis de calidade requiridos.
CA2.3 - Empregar, de ser o caso, os recursos e materiais previstos para a execución das actuacións.
CA2.4 - Resolver, dentro do seu nivel de autonomía, ou comunicar as incidencias xurdidas durante a execución das actuacións.
CA2.5 - Valorar os resultados logrados ao termo da execución do proxecto.
Contidos
C2.1 - Execución de proxectos: dinámicas e roles.
Bloque B3. Presentación de proxectos
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3
CA3.1 - Presentar o proxecto realizado e, de ser o caso, os produtos finais obtidos.
CA3.2 - Empregar unha linguaxe verbal con corrección e claridade, para enxalzar a expresividade e eficacia do discurso.
CA3.3 - Empregar unha linguaxe corporal e a presenza escénica como códigos comunicativos para enxalzar a expresividade e eficacia do discurso.
CA3.4 - Potenciar as emocións positivas na exposición e controlar, de ser o caso, a conduta asociada ás emocións negativas.
CA3.5 - Empregar recursos dixitais, audiovisuais ou plásticos como apoio na presentación do proxecto.
Contidos
C3.1 - Presentación de proxectos: a expresión verbal e corporal; control das emocións e da conduta.
C3.2 - Uso de recursos dixitais, audiovisuais ou plásticos de apoio á comunicación para a presentación do proxecto.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Son unha personaxe.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Recoñecer a importancia da temática do proxecto que se pretende abordar.
Táboa de indicadores
Recoñecer e disfrutar a creación dunha personaxe teatral, que permita ó alumnado explorarse a sí mesmo como observador do mundo que lle rodea, como explorador do seu propio interior e como creador de características individuais que distingan a súa personaxe. 30
CA1.2 Identificar e determinar os recursos e materiais necesarios para a realización do proxecto.
Táboa de indicadores
Seleccionar recursos e materiais para a realización da obra teatral. 15
CA1.3 Identificar, seleccionar e analizar a información que se precisa.
Táboa de indicadores
Identificar, seleccionar e analizar a información necesaria para a realización do proxecto. 25
CA1.4 Realizar a secuencia e a temporalización das actuacións necesarias para a execución do proxecto.
Táboa de indicadores
Temporalizar alternativamente o tempo necesario para a lectura dramática, os exercicios de construcción da personaxe e a memorización do texto. 15
CA1.5 Prever as incidencias que se poidan producir no desenvolvemento das actuacións do proxecto e propoñer posibles solucións a estas.
Táboa de indicadores
Solventar incidencias que poidan xurdir. 15

2 Desplazamento
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Executar as actuacións asociadas coa secuencia e a temporalización prevista.
Táboa de indicadores
Executar as actuacións planificadas. 20
CA2.2 Aplicar os coñecementos axeitados e mobilizar as competencias cos niveis de calidade requiridos.
Táboa de indicadores
Aplicar os coñecementos axeitados. 20
CA2.3 Empregar, de ser o caso, os recursos e materiais previstos para a execución das actuacións.
Táboa de indicadores
Empregar recursos e materiais necesarios. 20
CA2.4 Resolver, dentro do seu nivel de autonomía, ou comunicar as incidencias xurdidas durante a execución das actuacións.
Táboa de indicadores
Resolver as incidencias xurdidas. 20
CA2.5 Valorar os resultados logrados ao termo da execución do proxecto.
Táboa de indicadores
Valorar os resultados logrados. 20

3 Situación dramática: representación teatral dunha obra de teatro.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Presentar o proxecto realizado e, de ser o caso, os produtos finais obtidos.
Táboa de indicadores
Representación da obra teatral. 40
CA3.2 Empregar unha linguaxe verbal con corrección e claridade, para enxalzar a expresividade e eficacia do discurso.
Táboa de indicadores
Empregar unha linguaxe verbal con corrección e claridade. 30
CA3.3 Empregar unha linguaxe corporal e a presenza escénica como códigos comunicativos para enxalzar a expresividade e eficacia do discurso.
Táboa de indicadores
Empregar unha linguaxe corporal e a presenza escénica axeitadas. 10
CA3.4 Potenciar as emocións positivas na exposición e controlar, de ser o caso, a conduta asociada ás emocións negativas.
Táboa de indicadores
Potenciar as emocións positivas na representación. 10
CA3.5 Empregar recursos dixitais, audiovisuais ou plásticos como apoio na presentación do proxecto.
Táboa de indicadores
Empregar recursos plásticos na presentación da escenografía da obra teatral. . 10

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


Ao longo de todo o curso levarase a cabo o seguinte proxecto: "Dramatización". 

As actividades propostas ao longo do curso están dirixidas a reforzar os aspectos máis transversais do currículo, favorecendo a interdisciplinariedade e a conexión entre os distintos tipos de coñecemento. A finalidade é fomentar o interese pola lectura, a cultura e a arte e desenvolver a confianza, autoestima, autonomía e traballo en equipo. O proxecto será realizado en grupos de traballo cooperativo, nos cales cada alumna ou alumno adopta un rol concreto e asume tarefas individuais que integrarán o resultado final do proxecto.

Na PRIMEIRA AVALIACIÓN, explícase a finalidade do proxecto: traballo de técnicas teatrais iniciais para abordar a representación dunha obra de teatro na terceira avaliación. 

Escollerase a obra a representar.. Farase un plan de traballo, planificando tarefas, tempos, recursos e materiais que se van empregar. Iniciarase nesta avaliación a lectura dramática, a selección da personaxe a interpretar (castings teatrais) e as primeiras aproximacións ós ensaios teatrais.

Na SEGUNDA AVALIACIÓN, levarase a cabo o traballo sobre desprazamentos escénicos, interpretación teatral, expresión corporal, tratando de incrementar o ritmo de ensaios e avaliando a memorización do papel asignado. 

Na TERCEIRA AVALIACIÓN, o alumnado fará unha representación teatral aberta a toda a comunidade educativa do IES Marco do Camballón, empregando o auditorio do Concello.

Neste proxecto, trabállanse as todas as competencias clave contribuindo interdisciplinarmente as seguintes materias:

- Lingua Castelá (expresión oral e escrita, comprensión da información, lectura de textos...).

- Lingua Galega (expresión oral e escrita, comprensión da información, lectura de textos...).

- Xeografía e Historia (contexto histórico da obra representada).

- Educación en Valores Cívicos e Éticos (comportamento social, toma de conciencia das inxustizas sociais...).

- Educación Plástica, Visual e Audiovisual (escenografía, decorados).

- Música (escolla da música, deseño da actuación...).


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Ordenador.
Vestimentas, maquillaxe para caracterización...
Equipamento de gravación (móbiles, tablets...)
Material de Polos Creativos.

Durante o ano académico o traballo realizarase na "aula dos espellos", un espazo acondicionado de xeito especial para este tipo de proxectos. A final de curso, a representación teatral realizarase no Auditorio Municipal Xosé Casal, previa autorización do Concello. 

Materiais bibliográficos empregados: 

Dramatización. Materias Optativas dell segundo ciclo de la ESO, varios autores. 

- Como practicar la dramatización con niños de 4 a 14 años, Centro Virtual Cervantes. 

- Taller de teatro, Pablo Rojas Durán y Beatriz González Fulle. 

- Manual de ejercicios teatrales, Jorge Holowatuck y Débora Astrosky. 


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


A avaliación inicial será a gravación de improvisacións de esceas propostas pola docente. Delas extraerase a información necesaria para fortalecer o interese pola interpretación teatral. 


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 25.0 25.0 50.0 100.0
Proba escrita 0.0 0.0 0.0 0.0
Táboa de indicadores 100.0 100.0 100.0 100.0

Entre os procedementos de avaliación:

- PRIMEIRA AVALIACIÓN: participación activa nas actividades de expresión corporal, relaxación e interpretación que propoña a docente. Gravación de esceas improvisadas e de ensaios grupais. 

- SEGUNDA AVALIACIÓN: Traballo en equipo. Adopción de rol concreto. Participación activa nos ensaios e compromiso coa memorización do papel asignado na obra teatral. 

- TERCEIRA AVALIACIÓN: Representación da obra de teatro. 

Como instrumentos de avaliación, empregaranse os materiais gravados en grupo ou de xeito individual e as observacións da docente nas listas de cotexo. 

A nota da avaliación ordinaria en xuño virá dada pola media aritmética das notas das avaliacións parciais.

No caso de que un alumna/o non realice as tarefas asignadas ou non cooperede adecuadamente no grupo de traballo dificultando o desenvolvemento do proxecto, terá que realizar unha proba escrita, a cal constará de distintas preguntas test de resposta única sobre diferentes aspectos traballados neste proxecto.

A nota de dita proba representará a nota da avaliación parcial correspondente.

De igual xeito, no caso de que unha alumna/o teña dúas avaliacións suspensas, deberá realizar unha proba escrita final, con preguntas test de resposta única sobre diferentes aspectos traballados neste proxecto.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Non resulta de aplicación neste curso

5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Para os alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo serán deseñadas de xeito específico de modo que se facilite o desempeño do seu rol no proxecto. Do mesmo modo, prestaráselle unha maior atención na aula e nas acividades fóra da aula, estando pendentes en todo momento do seu desempeño así como da consecución das súas tarefas individuais. Todo isto sen prexuízo de que a medida que avance o curso poida detectarse a necesidade deste tipo de actividades individualizadas noutros alumnos/as establecéndose, de ser o caso, os necesarios reforzos educativos.

Por outra banda, tamén están previstas actividades de ampliación para aquel alumnado que presente un maior ritmo de aprendizaxe. Tratarase de actividades motivadoras, que en todo caso vaian máis aló dos xa afianzados mínimos da materia e que supoñan un maior desafío na busca de información, así como a interrelación dos diferentes contidos.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3
1 Comprensión da Lectura
2 Expresión Oral e Escrita
3 Fomento do espírito crítico e científico
4 Educación emocional e en valores
5 Igualdade de xénero
6 Creatividade

No deseño de actividades á hora de traballar en grupo:

- Fomentaranse de maneira transversal a igualdade entre mulleres e homes, a educación para a saúde, incluída a afectivo-sexual, a formación estética, o respecto mutuo e a cooperación entre iguais.

- Promoverase a aprendizaxe da prevención e da resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como dos valores que sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto polos dereitos humanos e o rexeitamento da violencia terrorista, a pluralidade, o respecto polo Estado de dereito, o respecto polas vítimas  de calquera tipo de violencia.

- Evitaranse os comportamentos, os estereotipos e os contidos sexistas, así como os que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero.

- Fomentaranse os contidos integradores, que combatan as desigualdades sociais ou a discriminación baseada na orixe racial ou étnica do alumnado. 

Ademais dos contidos transversais distribuidos en cada unha das unidades do curso, o centro, dirixido pola Coordinación de Biblioteca, decidíu traballar conxuntamente baixo o epígrafe Os camiños. O tema organizarase en tres liñas que se desenvolverán cada unha nun trimestre e que reciben o nome de Camiños culturais, Camiños naturais e Camiños emocionais.

Este Departamento considera que a lingua e a literatura traballan os tres subtemas; por suposto, os camiños culturais foron deseñados ó longo do tempo empregando a lingua para a súa descrición e tendo en conta a literatura como un emblema cultural, que identifica e distingue ós pobos entre sí, pero tamén os unifica. Os camiños naturais están tamén asociados á lingua, xa que o coñecemento pormenorizado das xeografías humana e territorial precisa para a súa divulgación da lingua e tamén da literatura, de xeito que se produce unha simbiose entre camiño cultural e natural. Finalmente, os camiños emocionais son moi a miúdo a preocupación máis visible dos escritores de todos os tempos, e as súas reflexións e percepcións axudan a delimitar e madurar as emocións propias.

Co obxectivo de traballar en concreto os tres tipos de camiños, pódense propoñer traballos escíficos relativos a algunha obra concreta, coa intención de difundilos xunto con outros elaborados noutras áreas ou materias. Estes traballos poden en ocasións incluirse dentro daqueles que impliquen unha exposición individual ou grupal planificada, sempre obxecto dunha valoración propia da materia, ademáis de transversal. Os contidos dos mesmos poden variar en función do curso ou grupo e da docente.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Representación da obra teatral a final de curso. Difusión informativa do proxecto.

Representación da obra de teatro para toda a Comunidade Educativa do IES Marco do Camballón a final de curso. 

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Metodoloxía empregada Adecuación do nivel de dificultade ás necesidades do alumnado.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Participación activa de todo o alumnado.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Adecuación á temporalización das unidades didácticas.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Utilización de distintas estratexias metodolóxicas en función das unidades didácticas.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Utilización dos distintos instrumentos de avaliación.

Estes indicadores de logro pretenden avaliar aspectos como a adecuación da proposta educativa ás características do grupo, a idoneidade das metodoloxías empregadas en cada momento, o grao de participación de alumnado no proceso de ensino ou a adecuada resposta ás necesidades específicas do alumnado.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


A principal referencia da que se disporá para este procedemento de seguimento e autoavaliación será a temporalización definida ao inicio do curso, debéndose analizar de xeito periódico se o programado se corresponde coas necesidades do alumnado, de modo que o desenvolvemento das unidades didácticas siga o calendario previsto.

O documento elaborado para levar dito seguimento constituirase como un caderno de traballo na aula. Neste caderno do docente, reflectirase o desenvolvemento efectivo das sesións, facendo fincapé no aproveitamento destas e dos recursos dispoñibles.

O propio seguimento da programación será realizado en Proens cando menos, unha vez ao mes, tal e como se reflicte na normtativa, deixando constancia nas actas de reunión de departamento.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver