Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A presente programación didáctica, elaborada para a materia de Formación e Orientación Persoal e Profesional do 4º curso da ESO, ten como referencia o currículo que establece Decreto 156/2022 do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para a elaboración das unidades didácticas que desenvolverá a programación tívose como referencia un currículo que ten como obxectivo o desenvolvemento das competencias transversais mediante a realización de proxectos significativos para o alumnado e a resolución colaborativa de problemas, reforzando a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade. Con esta materia preténdese que o alumnado se coñeza a si mesmo e sexa consciente da contorna sociocultural en que se atopa, de modo que facilite a súa aprendizaxe ao longo da vida e o seu desempeño académico e profesional.

Outro aspecto que foi tido en conta á hora de deseñar a presente programación foi o centro no que se ía implementar: as características do mesmo, as do seu alumnado e a súa contorna.

Esta programación didáctica está pensada para ser levada á práctica no IES Marco do Camballón de Vila de Cruces.

O IES Marco do Camballón, construído no ano 1998, é un centro educativo situado no Concello de Vila de Cruces, na provincia de Pontevedra. 

En canto ao contexto socioeconómico, cabe destacar que Vila de Cruces é un concello rural cunha poboación que ronda as 5.000 persoas. Nos últimos anos, o concello está a sufrir un forte despoboamento debido a factores como o desprazamento da xente nova a espazos urbanos para traballar e vivir ou o saldo vexetativo negativo.

En todo o concello, existen preto de 700 empresas sendo a maioría empresas familiares de pequeno tamaño a excepción da empresa Industrias Guerra S.A. que conta cuns 200 traballadores é resulta un dos principais motores económicos da zona. Dentro do texido empresarial, cabe destacar o importante peso que ten o sector primario xa que case a metade das empresas do concello son explotacións gandeiras de carácter familiar.

O IES Marco do Camballón é un centro de carácter rural cuxo alumnado ronda as 250 persoas repartidas nas seguintes etapas educativas:

-Educación Secundaria Obrigatoria

-Bacharelato

-Formación Profesional Básica de servizos administrativos

-Formación Profesional de Grao medio de soldadura e caldeiraría

-Formación Profesional de grao medio de atención a persoas en situación de dependencia

O grupo seleccionado de 4º ESO, está composto por 18 alumnos e alumnas que elixiron cursar esta materia optativa. Para posibilitar a impartición da mesma foi necesario subdividir o grupo en dous subgrupos.

Todos estes aspectos serán tidos en conta a nivel metodolóxico.


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Comprender os procesos físicos e psicolóxicos implicados na cognición, a motivación e a aprendizaxe, xunto coas principais características do desenvolvemento evolutivo da persoa estudadas polas ciencias sociais, analizando as súas implicacións na conduta, considerando os factores persoais e socioculturais que interveñen na configuración psicolóxica da persoa, para obter un bo coñecemento axeitado de si mesmos que lles permita construír o seu proxecto persoal de vida.
OBX2 Analizar e describir aqueles elementos da madurez que condicionan os comportamentos, identificando as calidades persoais e de relación social propias e dos demais, desenvolvendo estratexias de xestión emocional e do propio proceso de aprendizaxe, e estratexias e habilidades sociais adecuadas a contextos cambiantes e a grupos diferentes, para mellorar o desempeño no ámbito persoal, social e académico e lograr maior control sobre as accións e as súas consecuencias, e para potenciar, así, aquelas calidades persoais no alumnado que favorecen a autonomía e permiten afrontar de forma eficaz os novos retos aos que se van enfrontar na súa entrada á idade madura.
OBX3 Explorar as oportunidades académicas e profesionais que ofrece a contorna, descubrindo e priorizando as necesidades e intereses persoais e vocacionais e desenvolvendo o espírito de iniciativa e de superación, así como as destrezas necesarias na toma de decisións, para levar a cabo un proxecto persoal, académico e profesional propio e realizar unha primeira aproximación ao deseño dun plan de procura activa de emprego.
OBX4 Coñecer e comprender o ser humano, nas súas dimensións social e antropolóxica, e atender á variedade de sociedades e culturas, analizando con empatía a súa diversidade e complexidade desde diferentes perspectivas para comprenderse a un mesmo e interactuar cos demais desde o respecto á diversidade persoal, social e cultural, e fomentar o espírito crítico sobre aspectos que dirixen o funcionamento do ser humano nestes ámbitos.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 A identidade persoal e a sociedade Esta unidade aborda o coñecemento do ser humano desde a perspectiva das ciencias humanas e sociais relacionadas coa psicoloxía, a antropoloxía e a socioloxía. 34 38
2 A aprendizaxe e a formación individual Nesta unidade analízase a importancia da formación e orientación persoal cara á vida adulta así como a posibilidade de coñecer a oferta formativa da contorna e optimizar a xestión dos itinerarios de aprendizaxe. 33 35
3 O mundo laboral e a busca de emprego Unidade enfocada á orientación profesional vinculada á exploración de contextos de traballo, que permita coñecer o funcionamento do mercado laboral e as distintas vías profesionais, así como o coñecemento das ferramentas de busca de emprego. 33 32

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. O ser humano e o coñecemento dun mesmo
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3
CA1.1 - Reflexionar de maneira crítica sobre a condición humana, a sociedade e a cultura, a partir do coñecemento que proporcionan as ciencias humanas e sociais.
CA1.2 - Analizar os factores persoais e socioculturais que interveñen na configuración psicolóxica da persoa a partir do coñecemento comparado da dimensión social e antropolóxica do ser humano.
CA1.3 - Analizar a relación da cognición, a motivación, a aprendizaxe e a xestión emocional coa conduta, tanto propia como dos demais, a partir das bases teóricas fundamentais dos procesos físicos e psicolóxicos que interveñen neles.
CA1.4 - Identificar e aplicar os procesos que interveñen na aprendizaxe, analizando as súas implicacións e desenvolvendo estratexias que favorezan a adquisición de coñecementos, destrezas e actitudes.
CA1.5 - Analizar a importancia do compoñente emocional, tomando conciencia da súa repercusión na aprendizaxe e desenvolvendo estratexias que o melloren.
CA1.6 - Analizar e comprender no desenvolvemento evolutivo das persoas as principais características da madurez que conforman a persoa nos distintos planos: físico, cognitivo, social, emocional e sexual.
CA1.7 - Desenvolver estratexias e habilidades que faciliten a adaptación a novos grupos e contextos a partir do coñecemento social e antropolóxico do ser humano.
CA1.8 - Analizar a diversidade persoal, social e cultural desde distintas perspectivas a partir do coñecemento que proporcionan as ciencias humanas e sociais, mostrando actitudes de respecto e empatía polo diferente, e valorando a equidade e a non discriminación.
CA1.9 - Valorar a diversidade, desde o respecto, a inclusión e a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, considerándoa un elemento enriquecedor no ámbito persoal, social e cultural.
Contidos
C1.1 - As ciencias sociais e o coñecemento que nos proporcionan do ser humano. A visión da psicoloxía, da antropoloxía e da socioloxía.
C1.1.1 - Presentación da psicoloxía.
C1.1.2 - Presentación da antropoloxía.
C1.1.3 - Presentación da socioloxía: a socioloxía como disciplina e a racionalidade da acción social.
C1.1.4 - As perspectivas das ciencias sociais sobre o debate entre o herdado e o aprendido. Bioloxía e cultura.
C1.2 - Os fundamentos psicobiolóxicos da conduta.
C1.2.1 - Neurociencia, xenética e endocrinoloxía.
C1.2.2 - A neurona, o impulso neuroeléctrico, a sinapse, as redes neurais.
C1.2.3 - O sistema nervioso central. As principais estruturas do encéfalo. O sistema límbico.
C1.2.4 - O sistema nervioso periférico.
C1.3 - A compoñente emocional do noso psiquismo.
C1.3.1 - Recoñecemento e control das emocións.
C1.3.2 - A motivación.
C1.3.3 - Benestar e hábitos saudables.
C1.3.4 - Os circuítos de recompensa e os problemas de adiccións relacionados.
C.1.4 - Outros ámbitos do psiquismo: cognición, intelixencia, personalidade
C.1.4.1 - A cognición e os procesos asociados.
C.1.4.2 - Intelixencia cognitiva, intelixencia emocional, intelixencia executiva.
C.1.4.3 - A constitución da personalidade: influencias biolóxicas e da contorna. As teorías dos trazos.
C.1.5 - O desenvolvemento evolutivo do psiquismo.
C.1.5.1 - O desenvolvemento das capacidades cognitivas ao longo da vida.
C.1.5.2 - O desenvolvemento da personalidade.
C.1.5.3 - A adolescencia como momento evolutivo clave no desenvolvemento do noso psiquismo. As características da mente adolescente.
C1.6 - A psicoloxía social.
C1.6.1 - A necesidade individual de pertenza a grupos.
C1.6.2 - A influencia do grupo.
C1.6.3 - O desenvolvemento individual dentro do grupo.
C1.7 - Antropoloxía. O ser humano como ser cultural.
C1.7.1 - Concepto antropolóxico de cultura. O ser humano como construción cultural.
C1.7.2 - Humanización e cultura.
C1.7.3 - O papel da muller na humanización.
C1.7.4 - Diversidade cultural (etnocentrismo, relativismo cultural e transculturalidade).
C1.8 - Concepto de sociedade e o ser humano como ser social.
C1.8.1 - Comunicación, linguaxe e simbolismo.
C1.8.2 - Proceso de socialización e axentes de socialización: familia, grupos, institucións, asociacións e organizacións.
C1.8.3 - O ser humano como Homo oeconomicus. Teorías críticas.
C1.9 - Vida en sociedade.
C1.9.1 - Normas, roles, status e estereotipos: a cohesión social.
C1.9.2 - Estratexias de inclusión e cohesión social: interacción social e discriminación.
C1.9.3 - Igualdade de xénero.
C1.9.4 - Condutas prosociais e antisociais.
C1.10 - Adolescentes na sociedade.
C1.10.1 - O adolescente e as súas relacións cos demais: a convivencia positiva.
C1.10.2 - O grupo: importancia, valor e diversidade.
C1.10.3 - A autonomía e a asunción progresiva de responsabilidades.
C1.11 - O proceso de aprendizaxe e formación desde as ciencias sociais.
C1.11.1 - Aprendizaxe e procesos psicolóxicos involucrados: atención, motivación, memoria.
C1.11.2 - Estratexias de aprendizaxe e estilos de aprendizaxe.
C1.11.3 - A aprendizaxe desde a socioloxía: aprendizaxe formal institucionalizada, non formal e informal.
Bloque B2. Formación e orientación persoal e profesional cara á vida adulta
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3
CA2.1 - Analizar e comprender no desenvolvemento evolutivo das persoas as principais características da madurez que conforman a persoa nos distintos planos: físico, cognitivo, social, emocional e sexual.
CA2.2 - Identificar calidades persoais e sociais propias e dos demais reflexionando sobre a importancia de potenciar aquelas que permitan afrontar novos retos eficazmente e de modo progresivamente autónomo, e faciliten así o proceso de transición da adolescencia á vida adulta.
CA2.3 - Mellorar o desempeño persoal, social e académico aplicando estratexias de aprendizaxe e xestión emocional que permitan maior control sobre as accións e as súas consecuencias.
CA2.4 - Desenvolver estratexias e habilidades que faciliten a adaptación a novos grupos e contextos a partir do coñecemento social e antropolóxico do ser humano.
CA2.5 - Realizar un proxecto persoal, académico e profesional propio e aproximarse ao proceso de procura activa de emprego, priorizando as necesidades e descubrindo os intereses persoais e vocacionais mediante a exploración das oportunidades académicas e profesionais que ofrece a contorna presencial e virtual, e desenvolvendo as destrezas necesarias no proceso de toma de decisións.
CA2.6 - Explorar a contorna próxima identificando as oportunidades académicas e profesionais que ofrece, valorando aquelas que mellor se adaptan ás calidades e intereses persoais e potenciando o espírito de iniciativa e superación.
CA2.7 - Analizar a diversidade persoal, social e cultural desde distintas perspectivas a partir do coñecemento que proporcionan as ciencias humanas e sociais, mostrando actitudes de respecto e empatía polo diferente, e valorando a equidade e a non discriminación.
CA2.8 - Valorar a diversidade desde o respecto, a inclusión e a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres, considerándoa un elemento enriquecedor no ámbito persoal, social e cultural.
Contidos
C.2.1 - A formación cara á vida adulta: características persoais, habilidades sociais e de organización e xestión, traballo en equipo.
C.2.1.1 - Autocoñecemento, autonomía persoal e autopercepción. Estilo atribucional. Capacidade autocrítica. Iniciativa persoal. Pensamento creativo. Confianza, perseveranza e seguridade nun mesmo. Estratexias para enfrontarse ao fracaso e á frustración.
C.2.1.2 - Habilidades sociais e habilidades de comunicación. Estratexias para superar as eivas de comunicación.
C.2.1.3 - Ferramentas dixitais na interacción cos demais. Pegada e reputación dixital. Xestión de identidades dixitais: persoal e profesional.
C.2.1.4 - Habilidades de organización e xestión.
C.2.1.5 - Os equipos de traballo. O liderado como trazo da personalidade. O conflito: concepto, causas, tipos e resolución. A negociación.
C2.2 - A formación académica.
C2.2.1 - Programas, oportunidades e axudas para a formación. Servizos de orientación académica.
C2.2.2 - Información sobre a estrutura do sistema educativo.
C2.2.3 - Itinerarios académicos: información sobre as opcións para cursar no bacharelato, na FP e nos estudos superiores.
C2.2.4 - Itinerarios académico-profesionais: información sobre traxectorias académico-profesionais na lexislación vixente.
C2.3 - A formación profesional.
C2.3.1 - Servizos de orientación profesional. Orientación académico-profesional para a igualdade de oportunidades.
C2.3.2 - A transición á vida activa.
C2.3.3 - Valoración da importancia da formación permanente para a traxectoria laboral e profesional.
C2.3.4 - Información xeral sobre sectores económicos e produtivos.
C2.3.5 - Retos da revolución dixital.
C2.3.6 - O emprendedurismo: emprendemento e intraemprendemento.
C2.3.7 - Participación social activa.
C2.3.8 - Colaboración e voluntariado.
Bloque B3. Proxecto persoal, académico-profesional e aproximación á busca activa de emprego
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3
CA3.1 - Realizar un proxecto persoal, académico e profesional propio e aproximarse ao proceso de procura activa de emprego, priorizando as necesidades e descubrindo os intereses persoais e vocacionais mediante a exploración das oportunidades académicas e profesionais que ofrece a contorna presencial e virtual, e desenvolvendo as destrezas necesarias no proceso de toma de decisións.
CA3.2 - Explorar a contorna próxima identificando as oportunidades académicas e profesionais que ofrece, valorando aquelas que mellor se adaptan ás calidades e intereses persoais e potenciando o espírito de iniciativa e superación.
CA3.3 - Analizar e comprender no desenvolvemento evolutivo das persoas as principais características da madurez que conforman a persoa nos distintos planos: físico, cognitivo, social, emocional e sexual.
CA3.4 - Identificar calidades persoais e sociais propias e dos demais, reflexionando sobre a importancia de potenciar aquelas que permitan afrontar novos retos eficazmente e de modo progresivamente autónomo, e faciliten así o proceso de transición da adolescencia á vida adulta.
CA3.5 - Mellorar o desempeño persoal, social e académico aplicando estratexias de aprendizaxe e xestión emocional que permitan maior control sobre as accións e as súas consecuencias.
CA3.6 - Desenvolver estratexias e habilidades que faciliten a adaptación a novos grupos e contextos a partir do coñecemento social e antropolóxico do ser humano.
CA3.7 - Analizar a diversidade persoal, social e cultural desde distintas perspectivas a partir do coñecemento que proporcionan as ciencias humanas e sociais, mostrando actitudes de respecto e empatía polo diferente, e valorando a equidade e a non discriminación.
CA3.8 - Valorar a diversidade, desde o respecto, a inclusión e a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, considerándoa un elemento enriquecedor no ámbito persoal, social e cultural.
Contidos
C3.1 - O proxecto persoal: o autocoñecemento.
C3.1.1 - Plans de autocoñecemento e de formación académica e profesional.
C3.1.2 - O coñecemento persoal: habilidades, aptitudes, motivacións e intereses persoais.
C3.1.3 - Análise de fortalezas e debilidades propias.
C3.1.4 - A diversidade como elemento enriquecedor.
C3.1.5 - A intelixencia emocional. Autocoñecemento, autocontrol, automotivación, empatía e habilidades sociais.
C3.1.6 - O proceso de toma de decisións. Organización dunha conduta decisoria.
C3.1.7 - Roles grupais e comprensión dos roles nos que mellor encaixamos.
C3.2 - O proxecto persoal académico-profesional: as aspiracións profesionais.
C3.2.1 - Aspiracións e metas: definición do obxectivo que se quere conseguir.
C3.2.2 - Identificación de intereses, capacidades, motivacións e aptitudes persoais para o proxecto profesional ao que aspiramos.
C3.2.3 - Identificación dos itinerarios académicos e profesionais que se poden seguir.
C3.2.4 - Axudas e recursos para superar carencias e afrontar retos persoais: probas obxectivas e test psicométricos.
C3.2.5 - A toma de decisión na orientación académica e profesional.
C3.2.6 - Avaliación das alternativas e da decisión tomada.
C3.3 - Aproximación a un plan de busca activa de emprego con proxección cara ao futuro.
C3.3.1 - Análise dos intereses, aptitudes e motivacións persoais para a carreira profesional.
C3.3.2 - Identificación de itinerarios formativos relacionados.
C3.3.3 - Definición e análise do sector profesional.
C3.3.4 - Fontes de información.
C3.4 - Estratexias, instrumentos e proceso da busca de emprego en empresas do sector.
C3.4.1 - Fontes de procura de emprego. Información xeral para a busca activa de emprego e de alternativas.
C3.4.2 - A oferta de traballo. Selección de ofertas e perfil da persoa candidata.
C3.4.3 - Información sobre a elaboración e presentación da carta de presentación e do currículo persoal: tipos e contido.
C3.4.4 - A entrevista de traballo.
C3.5 - Os distintos tipos de emprego.
C3.5.1 - Traballo por conta allea e traballo por conta propia.
C3.5.2 - O traballo na Administración pública.
C3.5.3 - Oportunidades de aprendizaxe e emprego en Europa.
C3.5.4 - Axudas e recursos para superar carencias e afrontar retos profesionais: axudas e subvencións á creación de empresas.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 A identidade persoal e a sociedade
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Reflexionar de maneira crítica sobre a condición humana, a sociedade e a cultura, a partir do coñecemento que proporcionan as ciencias humanas e sociais.
Táboa de indicadores
Reflexionar de maneira crítica sobre a condición humana, a sociedade e a cultura. 15
CA1.2 Analizar os factores persoais e socioculturais que interveñen na configuración psicolóxica da persoa a partir do coñecemento comparado da dimensión social e antropolóxica do ser humano.
Táboa de indicadores
Analizar os factores persoais e socioculturais que interveñen na configuración psicolóxica da persoa. 15
CA1.3 Analizar a relación da cognición, a motivación, a aprendizaxe e a xestión emocional coa conduta, tanto propia como dos demais, a partir das bases teóricas fundamentais dos procesos físicos e psicolóxicos que interveñen neles.
Táboa de indicadores
Analizar a relación da cognición, a motivación, a aprendizaxe e a xestión emocional coa conduta, tanto propia como dos demais. 15
CA1.5 Analizar a importancia do compoñente emocional, tomando conciencia da súa repercusión na aprendizaxe e desenvolvendo estratexias que o melloren.
Táboa de indicadores
Analizar a importancia do compoñente emocional, tomando conciencia da súa repercusión na aprendizaxe. 8
CA1.6 Analizar e comprender no desenvolvemento evolutivo das persoas as principais características da madurez que conforman a persoa nos distintos planos: físico, cognitivo, social, emocional e sexual.
Táboa de indicadores
Identificar no desenvolvemento evolutivo das persoas as principais características da madurez que conforman a persoa nos distintos planos: físico, cognitivo, social, emocional e sexual. 15
CA1.7 Desenvolver estratexias e habilidades que faciliten a adaptación a novos grupos e contextos a partir do coñecemento social e antropolóxico do ser humano.
Táboa de indicadores
Desenvolver estratexias e habilidades que faciliten a adaptación a novos grupos e contextos. 7
CA1.8 Analizar a diversidade persoal, social e cultural desde distintas perspectivas a partir do coñecemento que proporcionan as ciencias humanas e sociais, mostrando actitudes de respecto e empatía polo diferente, e valorando a equidade e a non discriminación.
Táboa de indicadores
Analizar a diversidade persoal, social e cultural mostrando actitudes de respecto e empatía polo diferente, e valorando a equidade e a non discriminación. 15
CA1.9 Valorar a diversidade, desde o respecto, a inclusión e a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, considerándoa un elemento enriquecedor no ámbito persoal, social e cultural.
Táboa de indicadores
Valorar a diversidade, desde o respecto, a inclusión e a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes. 10

2 A aprendizaxe e a formación individual
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.4 Identificar e aplicar os procesos que interveñen na aprendizaxe, analizando as súas implicacións e desenvolvendo estratexias que favorezan a adquisición de coñecementos, destrezas e actitudes.
Táboa de indicadores
Identificar e aplicar os procesos que interveñen na aprendizaxe. 25
CA2.1 Analizar e comprender no desenvolvemento evolutivo das persoas as principais características da madurez que conforman a persoa nos distintos planos: físico, cognitivo, social, emocional e sexual.
Táboa de indicadores
Identificar no desenvolvemento evolutivo das persoas as principais características da madurez que conforman a persoa nos distintos planos: físico, cognitivo, social, emocional e sexual. 20
CA2.2 Identificar calidades persoais e sociais propias e dos demais reflexionando sobre a importancia de potenciar aquelas que permitan afrontar novos retos eficazmente e de modo progresivamente autónomo, e faciliten así o proceso de transición da adolescencia á vida adulta.
Táboa de indicadores
Recoñecer calidades persoais e sociais propias e dos demais. 15
CA2.3 Mellorar o desempeño persoal, social e académico aplicando estratexias de aprendizaxe e xestión emocional que permitan maior control sobre as accións e as súas consecuencias.
Táboa de indicadores
Mellorar o desempeño persoal, social e académico. 4
CA2.4 Desenvolver estratexias e habilidades que faciliten a adaptación a novos grupos e contextos a partir do coñecemento social e antropolóxico do ser humano.
Táboa de indicadores
Desenvolver estratexias e habilidades que faciliten a adaptación a novos grupos. 4
CA2.5 Realizar un proxecto persoal, académico e profesional propio e aproximarse ao proceso de procura activa de emprego, priorizando as necesidades e descubrindo os intereses persoais e vocacionais mediante a exploración das oportunidades académicas e profesionais que ofrece a contorna presencial e virtual, e desenvolvendo as destrezas necesarias no proceso de toma de decisións.
Táboa de indicadores
Realizar un proxecto persoal, académico e profesional propio e aproximarse ao proceso de procura activa de emprego, priorizando as necesidades e descubrindo os intereses persoais e vocacionais. 20
CA2.6 Explorar a contorna próxima identificando as oportunidades académicas e profesionais que ofrece, valorando aquelas que mellor se adaptan ás calidades e intereses persoais e potenciando o espírito de iniciativa e superación.
Táboa de indicadores
Explorar a contorna próxima identificando as oportunidades académicas e profesionais que ofrece. 4
CA2.7 Analizar a diversidade persoal, social e cultural desde distintas perspectivas a partir do coñecemento que proporcionan as ciencias humanas e sociais, mostrando actitudes de respecto e empatía polo diferente, e valorando a equidade e a non discriminación.
Táboa de indicadores
Analizar a diversidade persoal, social e cultural mostrando actitudes de respecto e empatía polo diferente, e valorando a equidade e a non discriminación. 4
CA2.8 Valorar a diversidade desde o respecto, a inclusión e a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres, considerándoa un elemento enriquecedor no ámbito persoal, social e cultural.
Táboa de indicadores
Valorar a diversidade, desde o respecto, a inclusión e a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes. 4

3 O mundo laboral e a busca de emprego
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Realizar un proxecto persoal, académico e profesional propio e aproximarse ao proceso de procura activa de emprego, priorizando as necesidades e descubrindo os intereses persoais e vocacionais mediante a exploración das oportunidades académicas e profesionais que ofrece a contorna presencial e virtual, e desenvolvendo as destrezas necesarias no proceso de toma de decisións.
Táboa de indicadores
Realizar un proxecto persoal, académico e profesional propio e aproximarse ao proceso de procura activa de emprego, priorizando as necesidades e descubrindo os intereses persoais e vocacionais. 20
CA3.2 Explorar a contorna próxima identificando as oportunidades académicas e profesionais que ofrece, valorando aquelas que mellor se adaptan ás calidades e intereses persoais e potenciando o espírito de iniciativa e superación.
Táboa de indicadores
Explorar a contorna próxima identificando as oportunidades académicas e profesionais que ofrece. 4
CA3.3 Analizar e comprender no desenvolvemento evolutivo das persoas as principais características da madurez que conforman a persoa nos distintos planos: físico, cognitivo, social, emocional e sexual.
Táboa de indicadores
Identificar no desenvolvemento evolutivo das persoas as principais características da madurez que conforman a persoa nos distintos planos: físico, cognitivo, social, emocional e sexual. 30
CA3.4 Identificar calidades persoais e sociais propias e dos demais, reflexionando sobre a importancia de potenciar aquelas que permitan afrontar novos retos eficazmente e de modo progresivamente autónomo, e faciliten así o proceso de transición da adolescencia á vida adulta.
Táboa de indicadores
Recoñecer calidades persoais e sociais propias e dos demais. 30
CA3.5 Mellorar o desempeño persoal, social e académico aplicando estratexias de aprendizaxe e xestión emocional que permitan maior control sobre as accións e as súas consecuencias.
Táboa de indicadores
Mellorar o desempeño persoal, social e académico. 4
CA3.6 Desenvolver estratexias e habilidades que faciliten a adaptación a novos grupos e contextos a partir do coñecemento social e antropolóxico do ser humano.
Táboa de indicadores
Desenvolver estratexias e habilidades que faciliten a adaptación a novos grupos. 4
CA3.7 Analizar a diversidade persoal, social e cultural desde distintas perspectivas a partir do coñecemento que proporcionan as ciencias humanas e sociais, mostrando actitudes de respecto e empatía polo diferente, e valorando a equidade e a non discriminación.
Táboa de indicadores
Analizar a diversidade persoal, social e cultural mostrando actitudes de respecto e empatía polo diferente, e valorando a equidade e a non discriminación. 4
CA3.8 Valorar a diversidade, desde o respecto, a inclusión e a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, considerándoa un elemento enriquecedor no ámbito persoal, social e cultural.
Táboa de indicadores
Valorar a diversidade desde o respecto, a inclusión e a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes. 4

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


A metodoloxía didáctica nesta materia debe favorecer a capacidade do alumnado por aprender por se mesmo tendo en conta a diversidade e os diferentes ritmos de aprendizaxe e promover a aprendizaxe en equipo facendo fincapé na relación dos aspectos teóricos da materia coas súas aplicacións prácticas na sociedade. Así mesmo, traballaranse os valores transversais fomentando especialmente a comprensión lectora e a integración e o uso das tecnoloxías da información e da comunicación na aula. A metodoloxía didáctica adaptarase ás características de cada estudante, favorecendo a súa capacidade para aprender por si mesmo e para traballar en equipo. Ademais fomentarase a capacidade de autonomía do alumnado e desenvolver a capacidade de aprender a aprender.

* PRINCIPIOS METODOLÓXICOS

No proceso de ensinanza e aprendizaxe han de asegurar distintos tipos de aprendizaxe:

1º: Aprendizaxe significativa: partindo dos coñecementos previos, as alumnas e os alumnos, han de ser capaces de aprender a aprender, adquirindo unha serie de coñecementos, habilidades e actitudes para poder establecer relacións entre a materia e a súa propia realidade.

2º: Aprendizaxe funcional: os novos contidos deberán ser aplicados en diferentes contextos cando os estudantes o precisen.

3º: Aprendizaxe cooperativa: traballar a materia en grupo, no laboratorio, no desenvolvemento de proxectos de investigación ou mediante debates favorecerá o interese pola mesma e axuda ao estudante no seu perfeccionamento persoal e social.

4º: Aprendizaxe mediante o emprego das TICs: coa utilización de Internet, de vídeos divulgativos e do encerado dixital, que será utilizado como recurso de apoio.

A metodoloxía didáctica adaptarase ás características de cada estudante, favorecendo a súa capacidade para aprender por si mesmo e para traballar en equipo. Ademais fomentarase a capacidade de autonomía do alumnado e desenvolver a capacidade de aprender a aprender.

* TIPOS DE ACTIVIDADES E PROXECTO PERSOAL

Entre as distintas actividades que conformarán o portfolio do alumnado, atoparanse:

- Preparación de entrevistas laborais entre os distintos grupos de alumnado. Simulacro e representación da entrevista. Debate grupal e coavaliación.

- Elaboración dun DAFO e deseño dun perfil persoal / profesional. Actividade relacionada co taller impartido por profesionais do sector da orientación laboral no cal traballarán con ferramentas para elaborar perfís profesionais, CV...

- Realización de diversas tarefas que favorezcan o coñecemento da realidade laboral por parte do alumnado para isto pódense organizar charlas, visitas a empresas, entrevistas a profesionais etc...

* DESENVOLVEMENTO DAS UNIDADES

O fío condutor que se seguirá á hora de desenvolver as distintas unidades didácticas será o seguinte:

a) Introdución á unidade didáctica.

b) Análise dos coñecementos previos dos alumnado.

c) Desenvolvemento da unidade a través de diferentes tarefas e actividades.

d) Resumo e síntese dos contidos da unidade.

* TIPOS DE AGRUPAMENTOS

As diversas formas de agrupamento que se utilizarán, divídense en tres tipos:

- Gran grupo.

- Equipos de traballo cooperativo.

- Traballo individual.

* CONTRIBUCIÓN A PLANS E PROXECTOS

Preténdese realizar unha adecuada contribución ao proxecto de Radio do centro coa realización de diversos podcast sobre a materia.

A materia tamén deberá contribuír a outros plans incluídos no Proxecto Educativo do centro como o Plan de Actividades do Departamento de Orientación, o Plan de Acción Titorial, o Plan de Atención á Diversidade ou o Proxecto Lingüístico de Centro, tendo presente en todo momento a Programación Xeral Anual que se redactou a inicio de curso.

 


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Dotación da aula (proxector, encerado dixital, tradicional, pupitres...)
Aula virtual da materia
Caderno do alumno/a
Portfolio
Materiais audiovisuais
Actividades de iniciación, desenvolvemento, estruturación, aplicación, afondamento, consolidación, síntese, reforzo e específicas de avaliación

O espazo habitual no que se desenvolverán as sesións consiste nunha aula convenientemente equipada cun encerado dixital e outro tradicional, dispoñendo o alumnado de pupitres individuais, o que facilitará os necesarios cambios na súa distribución para o traballo en parellas ou grupal. 

No que se refire ás ferramentas que centrarán o traballo do alumnado na aula, as principais serán a aula virtual na que a docente poñerá á disposición do alumnado os apuntamentos da materia así como as tarefas a realizar.

Posto que no  centro se atopa implantado o proxecto E-DixGal en toda a ESO, todo o alumnado conta cun equipo informático persoal a súa disposición.

Como se comentou con anterioridade, dende a materia preténdese contribuír ao proxecto de radio polo que tamén se empregarán as súas instalacións para a realización de diversas actividades.

Na aula virtual a docente colgará material para o alumnado que por razóns xustificadas non asista de forma prolongada ao centro.

 

 


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Ao inicio de curso, nas primeiras sesións, realizarase unha proba inicial baseada en competencias clave. O seu obxectivo é facilitar información sobre distintos aspectos do alumnado, tales como posibles dificultades de aprendizaxe ou capacidades por riba da media do grupo. A dita información servirá para programar as adaptacións precisas, así como para a elaboración das actividades de reforzo e de ampliación no caso de ser necesarias.

Os resultados da dita proba daranse a coñecer durante unha reunión establecida polo centro ao inicio do curso e na que se atopará a totalidade da xunta avaliadora. En función dos resultados obtidos, e sempre coa intervención do departamento de orientación levaranse a cabo as medidas de atención pertinentes.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 34.0 33.0 33.0 100.0
Proba escrita 0.0 0.0 0.0 0.0
Táboa de indicadores 100.0 100.0 100.0 99.99999999999996

Os criterios de avaliación serán o referente fundamental para valorar o grao de adquisición dos obxectivos.

A nota de cada un dos trimestres será calculada a partir de:

  • 30% Traballo en grupo na aula
  • 30% Traballo individual
  • 30% Exposición grupal trimestral
  • 10% Participación activa na aula

A nota da avaliación final será calculada como a media aritmética das notas das tres avaliacións parciais ous das obtidas nas correspondentes recuperacións no seu caso.

No caso de decimais na nota final de cada avaliación e na cualificación final seguiranse os seguintes criterios:

- Decimais menores a 5 serán redondeados á enteiro inferior (exemplo: 6,4 correspóndelle un 6 na avaliación).

- Decimais iguais ou maiores a 5 serán redondeados ao enteiro superior (exemplo: 6.6 correspóndelle un 7 na avaliación)

Cando unha alumna ou un alumno non supere unha avaliación, realizaráselle unha proba escrita de recuperación baseada no grao mínimo de consecución dos criterios de avaliación das unidades asociadas a esa avaliación. A avaliación será superada cando a súa nota sexa igual ou superior a 5.

No caso de decimais na nota final de cada avaliación e na cualificación final seguiranse os seguintes criterios:

- Decimais menores a 5 serán redondeados á enteiro inferior (exemplo: 6,4 correspóndelle un 6 na avaliación).

- Decimais iguais ou maiores a 5 serán redondeados ao enteiro superior (exemplo: 6.6 correspóndelle un 7)

 

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Non resulta de aplicación neste curso

5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo serán deseñadas de xeito específico de modo que se facilite o desempeño do seu rol no proxecto. Do mesmo modo, prestaráselle unha maior atención na aula e nas acividades fóra da aula, estando pendentes en todo momento do seu desempeño así como da consecución das súas tarefas individuais. Todo isto sen prexuízo de que a medida que avance o curso poida detectarse a necesidade deste tipo de actividades individualizadas noutros alumnos/as establecéndose, de ser o caso, os necesarios reforzos educativos.

Por outra banda, tamén están previstas actividades de ampliación para aquel alumnado que presente un maior ritmo de aprendizaxe. Tratarase de actividades motivadoras que, en todo caso, vaian máis alá dos xa afianzados mínimos da materia e que supoñan un maior desafío na busca de información, así como a interrelación dos diferentes contidos.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3
1 Comprensión da lectura
2 Expresión oral e escrita
3 Comunicación audiovisual
4 Competencia dixital
5 Emprendemento social e empresarial
6 Fomento do espírito crítico e científico
7 Educación emocional e en valores
8 Igualdade de xénero
9 Creatividade

No deseño de actividades á hora de traballar en grupo:

- Fomentaranse de maneira transversal a igualdade entre mulleres e homes, a educación para a saúde, incluída a afectivo-sexual, a formación estética, a educación para a sustentabilidade e o consumo responsable, o respecto mutuo e a cooperación entre iguais.

- Promoverase a aprendizaxe da prevención e da resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como dos valores que sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto polos dereitos humanos e o rexeitamento da violencia terrorista, a pluralidade, o respecto polo Estado de dereito, o respecto e a consideración polas vítimas do terrorismo, e a prevención do terrorismo e de calquera tipo de violencia.

- Evitaranse os comportamentos, os estereotipos e os contidos sexistas, así como os que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Charla - coloquio de antigas/os alumnas/os e ou profesionais Talleres para o coñecemento da realidade laboral
Taller de elaboración de perfil profesional/CV Taller impartido por profesionais do sector da orientación laboral no cal traballarán con ferramentas para elaborar perfís profesionais, CV...

Non se rexistraron observacións

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Adecuación do nivel de dificultade ás necesidades do alumnado.
Clima de traballo na aula Participación activa de todo o alumnado.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Adecuación á temporalización das unidades didácticas.
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais Apoio e implicación por parte das familias no traballo do alumnado.
Medidas de atención á diversidade Toma de medidas de atención á diversidade para atender ao alumnado con NEAE no deseño das actividades.
Metodoloxía empregada Utilización de distintas estratexias metodolóxicas en función das unidades didácticas.
Metodoloxía empregada Utilización dos distintos instrumentos de avaliación.
Medidas de atención á diversidade Eficacia dos programas de apoio, reforzo, recuperación, ampliación.

Estes indicadores de logro pretenden avaliar aspectos como a adecuación da proposta educativa ás características do grupo, a idoneidade das metodoloxías empregadas en cada momento, o grao de participación de alumnado e familias no proceso de ensino ou a adecuada resposta ás necesidades específicas do alumnado.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


A principal referencia da que se disporá para este procedemento de seguimento e autoavaliación será a temporalización definida ao inicio do curso, debéndose analizar de xeito periódico se o programado se corresponde coas necesidades do alumnado, de modo que o desenvolvemento das unidades didácticas siga o calendario previsto.

O documento elaborado para levar dito seguimento constituirase como un caderno de traballo na aula. Neste caderno do docente, reflectirase o desenvolvemento efectivo das sesións, facendo fincapé no aproveitamento destas e dos recursos dispoñibles.

O propio seguimento da programación será realizado en Proens cando menos, unha vez ao mes, tal e como se reflicte na normtativa, deixando constancia nas actas de reunión de departamento.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver