Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A presente programación didáctica, elaborada para a materia de Valores do 3ª curso da ESO, ten como referencia o currículo que establece o Decreto 157/2022, do 2022, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

A materia de valores éticos debe atender a unha formación integral da persoa e afondar no tratamento transversal dos problemas coa finalidade de proporcionar as bases para unha formación autónoma do alumnado nos valores dunha cidadanía plural, dialogante e democrática.

A materia é unha oportunidade para poñer en práctica metodoloxías didácticas activas e contextualizadas que faciliten a participación crítica do alumnado en traballos cooperativos, a realización de tarefas, a aprendizaxe baseada en problemas, o estudo de casos, o traballo por retos, etc., metodoloxías todas elas que lle confiren ao alumnado o papel de axente activo e autónomo na súa propia formación.

Metdolóxicamente se prima o diálogo e o debate como ferramentas, coas taboas de indicadores (con rúbricas de coavalición entre pares) como formato fundamental de avaliación.

Dado que a materia ten unha presenza semanal de 1 hora, semella importante seleccionar moi ben a metodoloxía e os contidos a desenvolver para que a aprendizaxe sexa significativa.

O grupo seleccionado de 3º ESO, está composto por 30 alumnos e alumnas con idades comprendidas ao inicio do curso entre os 14 e os 15 anos.

(Non hai repetidores nin alumnado ca materia pendente de 2º de bacharelato. Hai un alumno con síndrome de Donw ao cal se lle realizan probas específicas).

Todos estes aspectos serán tidos en conta a nivel metodolóxico.


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Inquirir e investigar canto se refire á identidade humana e a cuestións éticas relativas ao propio proxecto vital, analizando criticamente información fiable e xerando unha actitude reflexiva respecto diso, para promover o autocoñecemento e a elaboración de formulacións e xuízos morais de maneira autónoma e razoada.
OBX2 Actuar e interactuar de acordo con normas e valores cívicos e éticos, a partir do recoñecemento fundado da súa importancia para regular a vida comunitaria e a súa aplicación efectiva e xustificada en distintos contextos, para promover unha convivencia pacífica, respectuosa, democrática e comprometida co ben común.
OBX3 Entender a natureza interconectada e inter e ecodependente das actividades humanas, mediante a identificación e a análise de problemas ecosociais de relevancia, para promover hábitos e actitudes eticamente comprometidos co logro de formas de vida sustentables.
OBX4 Mostrar unha adecuada estima de si mesmo e da contorna, recoñecendo e valorando as emocións e os sentimentos propios e alleos, para lograr unha actitude empática e coidadosa con respecto aos demais e á natureza.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 .Quen son eu? E quen es ti? Adentrámonos en aquelo que nos caracteriza como persoas e como nos relacionamos coas persoas do noso entorno. 10 4
2 Que me leva a actua como actúo? Importancia de desenvolver o pensamento crítico, e analizar o papel que a moral e a ética ten nas nosas accións. 24 10
3 Vivir en sociedade. Vivir en democracia Analise das diversas formas de organización social e política, así como o fenómeno migratorio, desigualdade social, memoria democrática 17 6
4 Os dereitos humanos Estudaremos as súas características, evolución histórica até chegar á Declaración Universal. 17 6
5 Desigualdade nun mundo global En que consiste a globalización e as desigualdade que xera entre países e dentro deles. 16 5
6 R-evolución-ate Que podes facer ti para que o mundo sexa un lugar mellor, tendo como referencia movementos, persoas activistas, analizaremos a nosa resposabilidade. 16 4

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Autocoñecemento e autonomía moral
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA1.1 - Construír e expresar un concepto axustado de si mesmo recoñecendo as múltiples dimensións da súa natureza e personalidade, así como da dimensión cívica e moral desta, a partir da investigación e do diálogo arredor de diversas concepcións sobre a natureza humana.
CA1.2 - Identificar, xestionar e comunicar ideas, emocións, afectos e desexos con comprensión e empatía cara ás demais persoas, demostrando autoestima e compartindo un concepto adecuado do que deben ser as relacións con outras persoas, incluíndo o ámbito afectivo-sexual.
CA1.3 - Desenvolver e demostrar autonomía moral mediante a práctica da deliberación racional, o uso de conceptos éticos e o diálogo respectuoso cos demais, arredor de distintos valores e modos de vida, así como a problemas relacionados co exercicio dos dereitos individuais, o uso responsable e seguro das redes, as condutas adictivas e o acoso escolar.
CA1.4 - Desenvolver unha actitude de xestión equilibrada das emocións, de estima e coidado de si e das demais persoas, identificando, analizando e expresando de maneira asertiva as propias emocións e sentimentos, e recoñecendo e valorando os dos demais en distintos contextos e arredor de actividades creativas e de reflexión individual ou dialogada sobre cuestións éticas e cívicas.
Contidos
C1.1 - A ética dentro do conxunto de saberes filosóficos.
C1.1.1 - O obxecto da ética.
C1.1.2 - A aplicación da ética: a orientación para a resolución de problemas complexos sobre como actuar.
C1.2 - A natureza humana.
C1.2.1 - Liberdade e moralidade como características especificamente humanas.
C1.2.2 - A identidade persoal, o cruzamento de camiños entre a natureza, a crianza e o proxecto vital.
C1.3 - A educación de emocións e sentimentos.
C1.3.1 - A autoestima persoal.
C1.3.2 - A igualdade e o respecto nas relacións con outras persoas.
C1.3.3 - A educación afectivo-sexual.
C1.4 - Análise das accións.
C1.4.1 - Os motivos da acción: desexos e razóns.
C1.4.2 - A vontade como razón práctica.
C1.4.3 - A autonomía da vontade.
C1.4.4 - A responsabilidade das accións.
C1.5 - A ética e as éticas como guías das nosas accións.
C1.5.1 - O xuízo moral: as normas, o valor e o valioso, as virtudes, os sentimentos morais.
C1.5.2 - Universalismo e pluralismo moral.
C1.5.3 - Éticas da felicidade, éticas do deber, éticas da virtude.
C1.6 - Ética e dereito.
C1.6.1 - Semellanzas e diferenzas entre ética e dereito.
C1.6.2 - O conflito lexitimidade-legalidade.
C1.6.3 - A obxección de conciencia.
C1.6.4 - Os dereitos individuais e os deberes cidadáns.
C1.6.5 - O debate sobre a liberdade de expresión.
C1.7 - A ética na sociedade actual.
C1.7.1 - O problema da desinformación.
C1.7.2 - A protección de datos e o dereito á intimidade.
C1.7.3 - O ciberacoso e outras formas de violencia nas redes sociais.
C1.7.4 - As condutas adictivas.
Bloque B2. Sociedade, xustiza e democracia
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA2.1 - Promover e demostrar unha convivencia pacífica, respectuosa, democrática e comprometida co ben común, a partir da investigación sobre a natureza social e política do ser humano e o uso e comprensión crítica dos conceptos de lei, poder, soberanía, xustiza, Estado, democracia, memoria democrática, dignidade e dereitos humanos.
CA2.2 - Fomentar o exercicio da cidadanía activa e democrática a través do coñecemento do movemento asociativo e a participación respectuosa, dialogante e construtiva en actividades de grupo que impliquen tomar decisións colectivas, planificar accións coordinadas e resolver problemas aplicando procedementos e principios cívicos, éticos e democráticos explícitos.
CA2.3 - Contribuír a xerar un compromiso activo co ben común a través da análise e a toma razoada e dialogante de posición arredor de cuestións éticas de actualidade como a loita contra a desigualdade e a pobreza, o dereito ao traballo, a saúde, a educación e a xustiza, así como sobre os fins e límites éticos da investigación científica.
CA2.4 - Tomar consciencia da loita por unha efectiva igualdade de xénero e do problema da violencia e explotación sobre as mulleres, a través da análise das diversas xeracións e correntes do feminismo e das medidas de prevención da desigualdade, a violencia e a discriminación por razón de xénero e orientación sexual, mostrando igualmente coñecemento dos dereitos LGTBIQ+ e recoñecendo a necesidade de respectalos.
CA2.5 - Contribuír activamente ao benestar social adoptando unha posición propia, explícita, informada e eticamente fundamentada sobre o valor e pertinencia dos dereitos humanos, o respecto pola diversidade etnocultural, a consideración dos bens públicos globais, a percepción do valor social dos impostos.
CA2.6 - Contribuír á consecución dun mundo máis xusto e pacífico a través da análise e recoñecemento da historia democrática do noso país e das funcións do estado de dereito e as súas institucións, os organismos internacionais, as asociacións civís e os corpos e forzas de seguridade do Estado, no seu empeño por lograr a paz e a seguridade integral, atender as vítimas da violencia e promover a solidariedade e cooperación entre as persoas e os pobos.
Contidos
C2.1 - A sociedade humana: natureza e orixe.
C2.1.1 - As estruturas sociais e os grupos de pertenza.
C2.1.2 - Cooperación e altruísmo fronte a competencia e egoísmo.
C2.2 - A convivencia social.
C2.2.1 - As virtudes do diálogo e as normas de argumentación.
C2.2.2 - A resolución pacífica de conflitos.
C2.2.3 - A empatía cos demais.
C2.3 - A política.
C2.3.1 - Conceptos clave: lei, poder, soberanía, xustiza e dignidade.
C2.3.2 - Formas de Estado e tipos de goberno.
C2.3.3 - A democracia: principios, procedementos e institucións.
C2.3.4 - O Estado español como estado social e democrático de dereito.
C2.3.5 - Valores constitucionais.
C2.3.6 - A memoria democrática.
C2.4 - Os dereitos humanos.
C2.4.1 - Referente moral da democracia e a xustiza social.
C2.4.2 - Xeracións e historia dos dereitos humanos.
C2.4.3 - Dereitos da infancia.
C2.4.4 - Os dereitos económicos, sociais e culturais: o dereito ao traballo, á saúde, á educación e á xustiza.
C2.5 - A participación democrática: ser cidadáns.
C2.5.1 - Outras formas de participación social: o asociacionismo e o voluntariado.
C2.6 - A procura da xustiza social.
C2.6.1 - A desigualdade económica e a loita contra a pobreza.
C2.6.2 - Globalización económica e bens públicos globais.
C2.6.3 - O comercio xusto.
C2.6.4 - O valor social dos impostos.
C2.7 - A igualdade de xénero.
C2.7.1 - As diversas ondas e correntes do feminismo.
C2.7.2 - A prevención da explotación e a violencia contra nenas e mulleres.
C2.7.3 - A corresponsabilidade nas tarefas domésticas e de coidados.
C2.8 - A sociedade e a cidadanía plural.
C2.8.1 - O interculturalismo.
C2.8.2 - A inclusión social e o respecto pola diversidade e as identidades étnico-culturais e de xénero.
C2.8.3 - Os dereitos LGTBIQ+.
C2.9 - A convivencia pacífica e segura.
C2.9.1 - A guerra, o terrorismo e outras formas de violencia política.
C2.9.2 - A atención ás vítimas da violencia.
C2.9.3 - Accións individuais e colectivas en favor da paz.
C2.9.4 - A contribución do Estado e os organismos internacionais á paz, á seguridade integral e á cooperación.
C2.9.5 - O dereito internacional e a cidadanía global.
C2.9.6 - As forzas armadas e a defensa ao servizo da paz.
C2.9.7 - O papel das ONG e das ONGD na loita pola paz.
C2.10 - Os desafíos da democracia actual.
C2.10.1 - Os códigos deontolóxicos.
C2.10.2 - As éticas aplicadas.
C2.10.3 - Fins e límites éticos da investigación científica. A bioética.
C2.10.4 - O desafío da intelixencia artificial.
C2.10.5 - As propostas transhumanistas.
Bloque B3. Sustentabilidade e ética ambiental
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA3.1 - Describir as relacións históricas de interconexión, interdependencia e ecodependencia entre as nosas vidas e a contorna a partir da análise das causas e consecuencias dos máis graves problemas ecosociais que nos afectan.
CA3.2 - Valorar distintas formulacións científicas, políticas e éticas coas que afrontar a emerxencia climática e a crise ambiental a través da exposición e o debate argumental arredor destas.
CA3.3 - Promover estilos de vida eticamente comprometidos co logro dun desenvolvemento sustentable, contribuíndo por si mesmo e na súa contorna ao tratamento preventivo dos residuos, a xestión sustentable dos recursos, a mobilidade segura, sustentable e saudable, o comercio xusto, o consumo responsable, o coidado do patrimonio natural, o respecto pola diversidade etnocultural, e o coidado e protección dos animais.
CA3.4 - Desenvolver unha actitude de xestión equilibrada das emocións, de estima e coidado de si mesmo e dos outros, identificando, analizando e expresando de maneira asertiva as propias emocións e sentimentos, e recoñecendo e valorando os dos demais en distintos contextos e arredor de actividades creativas e de reflexión individual ou dialogada sobre cuestións éticas e cívicas.
Contidos
C3.1 - Vida responsable co contorno e protección do medio ambiente.
C3.1.1 - Percorrido crítico sobre as diferentes formas de relación do ser humano coa natureza ao longo da historia e a pegada ecolóxica das accións humanas no planeta.
C3.1.2 - Empatía e responsabilidade co contorno: interdependencia, interconexión e ecodependencia.
C3.1.3 - A protección do medio ambiente e os dereitos para coa natureza: dereitos humanos de terceira xeración.
C3.2 - Consumo responsable para unha vida sustentable no planeta.
C3.2.1 - Os límites do planeta e o esgotamento dos recursos.
C3.2.2 - Obxectivos do desenvolvemento sustentable: axenda cara a 2030 para un planeta sustentable.
C3.2.3 - Economía sustentable e ecolóxica na globalización, e nova lóxica do crecemento: economía circular e economía azul.
C3.2.4 - Hábitos para unha xestión adecuada dos recursos e tratamento preventivo dos residuos. A mobilidade segura, saudable e sustentable.
C3.2.5 - Consumo responsable e soberanía alimentaria.
C3.3 - Propostas científicas e ético-políticas arredor dos problemas ecosociais.
C3.3.1 - Xustiza ecolóxica.
C3.3.2 - Ética medioambiental: ecocentrismo, biocentrismo e extensionismo.
C3.3.3 - Ecofeminismo e ética do coidado.
C3.4 - Protección e dereitos dos animais.
C3.4.1 - Valores éticos e democráticos como fundamento para unha conduta empática e respectuosa cara aos animais.
C3.4.2 - O ser humano como animal político: dereitos humanos da solidariedade para unha conduta cos animais baseada en dereitos.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 .Quen son eu? E quen es ti?
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Construír e expresar un concepto axustado de si mesmo recoñecendo as múltiples dimensións da súa natureza e personalidade, así como da dimensión cívica e moral desta, a partir da investigación e do diálogo arredor de diversas concepcións sobre a natureza humana.
Táboa de indicadores
Expresar de xeito oral ou escrito que capacidades nos caracterizan como humanos e como podemos chegar a coñecernos a nós mesmas. 50
CA1.2 Identificar, xestionar e comunicar ideas, emocións, afectos e desexos con comprensión e empatía cara ás demais persoas, demostrando autoestima e compartindo un concepto adecuado do que deben ser as relacións con outras persoas, incluíndo o ámbito afectivo-sexual.
Táboa de indicadores
Expresar de xeito oral como son as nosas emocións, afectos, desexos cara nós mesmas e as demais persoas 50

2 Que me leva a actua como actúo?
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.3 Desenvolver e demostrar autonomía moral mediante a práctica da deliberación racional, o uso de conceptos éticos e o diálogo respectuoso cos demais, arredor de distintos valores e modos de vida, así como a problemas relacionados co exercicio dos dereitos individuais, o uso responsable e seguro das redes, as condutas adictivas e o acoso escolar.
Táboa de indicadores
Desenvolver de xeito escrito un dilema moral no que se inclúen conceptos éticos básicos, ser capaz de debatilo no grupo clase. 50
CA1.4 Desenvolver unha actitude de xestión equilibrada das emocións, de estima e coidado de si e das demais persoas, identificando, analizando e expresando de maneira asertiva as propias emocións e sentimentos, e recoñecendo e valorando os dos demais en distintos contextos e arredor de actividades creativas e de reflexión individual ou dialogada sobre cuestións éticas e cívicas.
Táboa de indicadores
Fai aportacións en pequeno grupo e no grupo clase de xeito respectuoso e aportando información pertinente. 50

3 Vivir en sociedade. Vivir en democracia
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Promover e demostrar unha convivencia pacífica, respectuosa, democrática e comprometida co ben común, a partir da investigación sobre a natureza social e política do ser humano e o uso e comprensión crítica dos conceptos de lei, poder, soberanía, xustiza, Estado, democracia, memoria democrática, dignidade e dereitos humanos.
Táboa de indicadores
Selecciona información axeitada á hora de investigar sobre a natureza social e política do ser humano e a súa complexidade. 25
CA2.2 Fomentar o exercicio da cidadanía activa e democrática a través do coñecemento do movemento asociativo e a participación respectuosa, dialogante e construtiva en actividades de grupo que impliquen tomar decisións colectivas, planificar accións coordinadas e resolver problemas aplicando procedementos e principios cívicos, éticos e democráticos explícitos.
Táboa de indicadores
Escoita activa no traballo en grupo, fai aportacións persoais que amplían o coñecemento sempre dende o respecto. 25
CA2.3 Contribuír a xerar un compromiso activo co ben común a través da análise e a toma razoada e dialogante de posición arredor de cuestións éticas de actualidade como a loita contra a desigualdade e a pobreza, o dereito ao traballo, a saúde, a educación e a xustiza, así como sobre os fins e límites éticos da investigación científica.
Táboa de indicadores
Artella unha exposición oral no que amosa coñecementos básico arredos das cuestións ética de actualidade. 25
CA2.4 Tomar consciencia da loita por unha efectiva igualdade de xénero e do problema da violencia e explotación sobre as mulleres, a través da análise das diversas xeracións e correntes do feminismo e das medidas de prevención da desigualdade, a violencia e a discriminación por razón de xénero e orientación sexual, mostrando igualmente coñecemento dos dereitos LGTBIQ+ e recoñecendo a necesidade de respectalos.
Táboa de indicadores
Demostra de xeito oral ou escrito un discurso baseado no recoñecemento e necesidade de respectar os dereitos LGTBIQ+ así como a cuestión da loita por unha efectiva igualdade de xénero. 25

4 Os dereitos humanos
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.5 Contribuír activamente ao benestar social adoptando unha posición propia, explícita, informada e eticamente fundamentada sobre o valor e pertinencia dos dereitos humanos, o respecto pola diversidade etnocultural, a consideración dos bens públicos globais, a percepción do valor social dos impostos.
Táboa de indicadores
Coñece e expón de xeito escrito cales son os Dereitos Humanos e a súa importancia para o benestar social. 50
CA2.6 Contribuír á consecución dun mundo máis xusto e pacífico a través da análise e recoñecemento da historia democrática do noso país e das funcións do estado de dereito e as súas institucións, os organismos internacionais, as asociacións civís e os corpos e forzas de seguridade do Estado, no seu empeño por lograr a paz e a seguridade integral, atender as vítimas da violencia e promover a solidariedade e cooperación entre as persoas e os pobos.
Táboa de indicadores
Coñece e expón oralmente os organismos, institucións así como activistas que traballan para contribuír á consecución dun mundo máis xusto e pacífico. 50

5 Desigualdade nun mundo global
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Describir as relacións históricas de interconexión, interdependencia e ecodependencia entre as nosas vidas e a contorna a partir da análise das causas e consecuencias dos máis graves problemas ecosociais que nos afectan.
Táboa de indicadores
Entende e nomea as causas e consecuencias máis graves dos problemas ecosociais. 50
CA3.4 Desenvolver unha actitude de xestión equilibrada das emocións, de estima e coidado de si mesmo e dos outros, identificando, analizando e expresando de maneira asertiva as propias emocións e sentimentos, e recoñecendo e valorando os dos demais en distintos contextos e arredor de actividades creativas e de reflexión individual ou dialogada sobre cuestións éticas e cívicas.
Táboa de indicadores
Á hora de intervir na aula, axúdase dos comentarios e aportancións das compañeiros e compañeiros á hora de enriquecer as súas intervencións. 50

6 R-evolución-ate
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.2 Valorar distintas formulacións científicas, políticas e éticas coas que afrontar a emerxencia climática e a crise ambiental a través da exposición e o debate argumental arredor destas.
Táboa de indicadores
Realiza un traballo escrito sobre as diferentes formulación científicas políticas e éticas que afrontan a emerxencia climática. 50
CA3.3 Promover estilos de vida eticamente comprometidos co logro dun desenvolvemento sustentable, contribuíndo por si mesmo e na súa contorna ao tratamento preventivo dos residuos, a xestión sustentable dos recursos, a mobilidade segura, sustentable e saudable, o comercio xusto, o consumo responsable, o coidado do patrimonio natural, o respecto pola diversidade etnocultural, e o coidado e protección dos animais.
Táboa de indicadores
Plantexar e realizar alo menos unha acción que contribúa a mellorar o desenvolvemento sustentable no seu propio centro. 50

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


As principais cuestións a abordar na materia deberían consistir, respectando sempre os ritmos de aprendizaxe de cada alumno e alumna, na realización de proxectos grupais nos que o propio alumnado teña que resolver conflitos e así desenvolver un fortalecemento da súa autonomía e responsabilidade en coherencia cos valores dunha cidadanía plural, crítica e democrática.

Así mesmo é de especial relevancia que o alumnado coñeza as canles de participación cidadá no marco da sociedade na que vive para que poida desenvolver estilos de vida saudábeis e sustentábeis e sobre todo baseados nunha participación activa e cooperativa na que saiba poñer en práctica os valores comúns e o pensamento crítico que o fornecerá na súa madurez persoal e académica.

Os principios metodolóxicos nos que se basea a materia son a aprendizaxe significativa; isto é partindo dos coñecementos previos do alumnado ser capaces de aprender a aprender e establecer relacións directas entre a materia e a súa realidade. Por outra banda temos a aprendizaxe cooperativa, mediante a cal se desenvolverán proxectos de investigacións, exposicións conxuntas e debates, o que fortalecerá a empatía, as relacións sociais e académicas dentro da aula e no grupo clase. Aprendizaxe mediante o emprego das TICs, parte do traballo de aula será xestionado coa utilización de internet, videos divulgativos, exposicións interactivas, etc, con respecto a este último tipo de aprendizaxe, cómpre salientar a importancia de traballar a busca de información, así como as fake news, e a verificación de fontes á hora de buscar información.

Ao inicio de cada UD traballarase sobre os instrumentos de avaliación e a súa ponderación. Os obxectivos de cada unidade serán explícitamente presentados. Cada UD comezara cunha introdución para activar os coñecementos previos e terminara cun resume ou síntese final que enlazará coa seguinte UD.

A base do traballo que se fará na materia de valores estará encamiñado á investigación e á aprendizaxe autónoma a través de traballos individuais e grupais nos que desenvolver cuestións pertinentes aos contidos dende un punto de vista creativo e de descobrimento, por iso o xeito máis pertinente de avaliar será coa taboa de indicadores que constará de rúbricas de cada fase do traballo que se desenvolva.

- Rúbrica participación

- Rúbrica implicación

- Rúbrica traballo escrito individual

- Rúbrica traballo grupal

- Rúbrica exposición oral

 

Contribuirase ao Plan TICs coa proxección de vídeos, traballos na aula de informática, clases expositivas empregando presentacións dixitais, avaliacións interactivas.

A materia tamén deberá contribuír a outros plans incluídos no Proxecto Educativo do centro como o Plan de Actividades do Departamento de Orientación, o Plan de Acción Titorial, o Plan de Atención á Diversidade ou o Proxecto Lingüístico de Centro, tendo presente en todo momento a Programación Xeral Anual que se redactou a inicio de curso.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
UDs de elaboración propia feitas polo profesorado da materia
Libro de lectura
Caderno persoal
Aula virtual da materia
Bibliografía e libros de consulta
Fichas de actividades de reforzo, ampliación e consolidación
Dotación da aula (encerado dixital, tradicional, mesas, cadeiras...)

Cadas sesión terá lugar nun aula do centro cun ordenaro conectado a internet e a pizarra con proxector e sonido. Os pupitres individuais servirán tanto para o traballo individual como para a formación dos grupos. Os materiais escollidos teñen que ver coa aprendizaxe autónoma que vimos desenvolvendo, por iso os libros de lectura ou consulta xunto coas elaboracións propias que o profesorado pode aportar van ser a base para que o alumnado poida desenvolver o seu traballo dun xeito satisfactorio.

Á hora de desenvolver o traballo de aula, serán as UDs propias elaboradas polo profesorado da materia, as tarefas, traballos, e actividades que o aumnado realice terán como base o caderno persoal, no que se compliarán todas as actividades, reflexións e incluso aportación orais persoais á materia.

Entre os recursos impresos mencionados destacan as fichas de comprensión lectora, os guións de prácticas, as fichas de actividades de consolidación e as actividades de reforzo e de ampliación específicas para cada alumno.


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Nas primeiras dúas semanas de clase se levara a cabo unha proba inicial. Consistirá nun dilema moral ao que alumnado deberá dar resposta usando os argumentos que considere pertinentes e utilizando aqueles conceptos que lle permitan xustificar a súa elección. Esta proba estará baseada en competencias e contidos básicos, o seu obxectivo é facilitar información sobre o alumnado de xeito individual, destrezas previas, dificultades de aprendizaxe ou especificidades que haxa que ter en conta á hora de programar as adaptacións precisas, así como as actividades de reforzo e ampliación.

 

O exercicio valorárase de acordo aos estándares do test moral de Kholberg e permitirá situar o nivel moral do individuo.

Nestas primeiras dúas semanas o docente observara ao alumnado tomando notas nunha rúbrica sobre as destrezas no uso das TICs.

 

Os resultados de dita proba daranse a coñecer durante unha reunión establecida polo centro ao inicio do curso e na que se atopará a totalidade da xunta avaliadora. En función dos resultados obtidos, e sempre coa intervención do Departamento de Orientación levaranse a cabo as medidas de atención pertinentes.

 


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 10.0 24.0 17.0 17.0 16.0 16.0 100.0
Proba escrita 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0
Táboa de indicadores 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0

Ao final de cada avaliación teranse en conta tres porcentaxes:

 

1. As probas escritas, calquera que sexa o seu formato (traballo de investigación, reflexión persoal no caderno individual, comentarios de texto...), suporá o 40 % da cualificación global (ata 4 puntos, media aritmética de dúas probas por trimestre) Esta proba será traballada tamén nas táboas de indicadores.

2. Os traballos en grupo que se propoñan que se avaliarán como proba escrita ou taboa de indicadores suporán un 40% na cualificación. Poderán realizarse varias por trimestre e a súa puntuación será acumulativa.

3. As intervencións orais baseadas nunha argumentación clara, coherente, respectuosa das ideas, así como a implicación baseado no esforzo persoal á hora da responsabilidade co traballo diario da materia suporá un 20%.

4. As actividades voluntarias (lecturas e traballos proposos na Aula Virtual) servirán para redondear/subir a nota.

Á nota de cada avaliación se lle aplicarn as seguintas regras de redondeo: (1) Ao enteiro superior máis próximo no caso de que a cifra das décimas sexa igual ou superior a 5 (un 4.5 ou un 4.6 se redondean ao 5). (2) Ao enteiro inferior máis próximo no caso de que a cifra das décimas sexa inferior a 5 (un 4.4 ou un 4.3 se redondean ao 4) .

Cunha avaliación continua e progresiva, iranse aplicando medidas de recuperacións en cada avaliación para facer un seguimento exhaustivo das dificultades que presente o alumnado. Polo tanto, deberanse realizar con novas indicacións aqueles traballos que non acaden un mínimo dun 5.

Con respecto á recuperación final o alumnado terá un prazo de entrega para completar retrasos nas tarefas, así como modificación dalgunhas non superadas.

 

En atención á Orde do 27 de decembro de 2022 de avaliación na primaria, ESO e bacharelato,o alumnado da ESO,terá dereito a tres sesións de avaliación e unha final. A avaliación realizaráse tendo en conta os seguintes procedementos e instrumentos:

- No caso do alumnado que teña superada as tres avaliacións , a materia considérase superada.

- No caso do alumnado que non teña superada materia realizará unha proba escrita, na que se avaliarán os contidos que non tivera superados. Se a cualificación nesta proba é de 5, considerarase como superada a materia.

- No caso do alumnado que si teña a materia superada e queira mellorar a súa cualificación poderá facer un traballo individual ou en grupo nas sesións presenciais sobre algún dos contidos vistos ao longo do curso. Con este traballo poderá mellorar un máximo de 0,5 na nota correspondente á avaliación final.

 


 

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Terase en conta o Plan de Reforzo (artigo 51 da Orde do 8 de Setembro 2021 de atención á diversidade. O plan deberá ser elaborado polo profesorado que imparte a materia baixo directrices do departamento co coñcemento da titora ou titor.

O plan deberá ter como referentes os obxectivos da materia e adquisición de competencias.

 

Realizaráselle ao alumnado unha proposta de traballo completo e individualizado no que se desenvolvan os criterios mínimos exisibles en cada unidade didáctica.

Está proposta será resultado dun seguimento individualizado que se fará do alumnado revisando os traballos entregados por trimestre para poder asignar un novo traballo final.

 


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Para o alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo proporánse medidas de reforzo adaptadas e individualizadas mediante lecturas, vídeos e outros materiais complementarios. Todos eles dispoñibles a través da aula virtual. Proporánse, ao mesmo tempo, diferentes canles para a presentación das tarefas que, de acordo coa teoría das Intelixencias Múltiples, se adapten mellor a cada un dos alumnos e alumnas. Así en cada unidade serán de elección individual unha batería de tarefas que propoñen formas de realización adaptadas a cada unha destas intelixencias (infografías, comics, videopresentacións, textos...)

 

No caso do alumnado que permaneza un ano máis no mesmo curso debemos ter en conta o plan específico personalizado que desenvolve o artigo 52 da Orde do 8 de setembro de 2021 de atención á diversidade.

 

Por outra banda, tamén están previstas actividades de ampliación para aquel alumnado que presente un maior ritmo de aprendizaxe. Tratarase de actividades motivadoras, que en todo caso vaian máis aló dos xa afianzados mínimos da materia e que supoñan un maior desafío na busca de información, así como a interrelación dos diferentes contidos.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
1 Comprensión lectora
2 Expresión oral e escrita
3 Comunicación audiovisual
4 Fomento da creatividade e espíritu crítico
5 Orientación da conduta cara valores democráticos e éticos
6 Competencia dixital
7 Emprendemento social
8 Igualdade de xénero
9 Educación emocional e en valores

No ambiente da aula, e en todas as tarefas da materia:

- Fomentaranse de maneira transversal a igualdade entre mulleres e homes, a educación para a saúde, incluída a afectivo-sexual, a formación estética, a educación para a sustentabilidade e o consumo responsable, o respecto mutuo e a cooperación entre iguais.

- Promoverase a aprendizaxe da prevención e da resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como dos valores que sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto polos dereitos humanos e o rexeitamento da violencia terrorista, a pluralidade, o respecto polo Estado de dereito, o respecto e a consideración polas vítimas do terrorismo, e a prevención do terrorismo e de calquera tipo de violencia.

- Evitaranse os comportamentos, os estereotipos e os contidos sexistas, así como os que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero.

Como noutras materias do Departamento de Filosofia, tanto os contidos como os instrumentos propios da disciplina, son especialmente axeitados para traballar as liñas trasversais do curriculum.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Olimpíada Filosófica Presentación do alumnado á Olimpíada Filosófica na categoría de Dilemas Morais, Fotografía ou Video a determinar.
Visita e elaboración dun taller nun centro ocupacional Actividade cuxo obxectivo principal é coñecer, entender e programar un taller para persoas dun centro ocupacional. Esta actividade está pensada para desenvovler a autonomía persoal, a empatía e o activismo de cara a persoas diversas que forman parte tamén do mundo que nos rodea.

A olimpíada filosófica é una iniciativa educativa que pretende achegar a Filosofía ao alumnado de diferentes xeitos, e que ten como obxectivo fomentar o espíritu crítico, o coñecemento e respecto de todo o alumnado galego que cursa materias do Departamento de Filosofía. Esta actividade está programada para a 1º e 2º avaliación.O tema deste ano é Fronteiras e xustiza legal e o alumnado de 3º ESO poderá participar nas modalidades de dilema, curta de vídeo e fotografía.

A actividade de visita está pensada para a 3ª avaliación

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
1. Adecuación do deseño das unidades didácticas, temas a partir dos elementos do currículo.
2. Adecuación da secuenciación e da temporalización das unidades didácticas
3. O desenvolvemento da programación respondeu á secuenciación e a temporalización previstas.
4. Adecuación da secuencia de traballo na aula.
5. Adecuación dos materiais didácticos utilizados.
6. Adecuación do plan de avaliación inicial deseñado, incluídas as consecuencias da proba.
7. Adecuación das pautas xerais establecidas para a avaliación continua: probas, traballos, etc.
8. Adecuación dos criterios establecidos para a recuperación
9. Adecuación dos criterios establecidos para a avaliación final
10. Adecuación do desenvovlementos dos contidos ao ritmo de aprendizaxe do alumnado

Cada indicador valorarase nunha escala do 1 ao 4, indicando o 1 a menor consecución e o 4 a maior.

Os resultado desta avaliación recolleranse na memoria final de curso e poñerase en coñecemento na reunión do Departamento para poder incorporar melloras en vindeiros cursos.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


Farase un seguimento a través da aplicación Proens dúas veces por avaliación ( se fose necesario), correspondendo coas dúas unidades didácticas que se desenvolven en cada unha, para poder adiantarnos aos cambios no proceso de ensino aprendizaxe. Estes seguimentos faranse de xeito individual e poñeranse en común nas reunións de departamento.

Neste seguimento terase en conta:

1. Se as sesión prevista por UD foron as suficientes, así como as datas de inicio de final de cada UD.

2. O grao de cumprimento do desenvolvemento das UD.

3. Propostas de mellora

4. Concreción das propostas de mellora para materializar en cursos vindeiros.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver