Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A música, como ben cultural, como linguaxe universal e medio de comunicación non verbal,

constitúe un elemento de gran valor na vida das persoas. A súa repercusión supera a propia

individualidade artística cara a outros campos do coñecemento, pois xa desde a antigüidade

se establecen vínculos con outras manifestacións escénicas, como a danza ou o teatro. Na

actualidade, estamos en contacto permanente con ela. Ademais, favorece o desenvolvemento

integral do ser humano, intervén na súa formación emocional e intelectual, a través do

coñecemento do feito musical como manifestación cultural e histórica, e contribúe ao

afianzamento dunha postura aberta, reflexiva e crítica no alumnado.

O desenvolvemento tecnolóxico modificou considerablemente os referentes musicais da

sociedade grazas á posibilidade dunha escoita simultánea de toda a produción musical

mundial a través dos discos, da radio, da televisión, dos xogos electrónicos, do cinema, da

publicidade, de Internet etc. Ese mesmo desenvolvemento tecnolóxico abriu, pola súa vez,

novas canles para a interpretación e a creación musical, tanto de músicos profesionais coma

de calquera persoa interesada en facer música.

A música contribúe activamente no desenvolvemento cognitivo, emocional e psicomotor do

alumnado. Na súa vertente cognitiva, a atención, a percepción, a memoria, a análise, os

elementos propios da linguaxe musical e a contextualización das producións musicais,

xuntamente co traballo da parte máis física relacionada coa práctica vocal e instrumental, o

desenvolvemento psicomotriz fino, a mellora da lateralidade, da respiración e da posición

corporal son parte inherente do proceso de desenvolvemento da sensibilidade emocional, da

empatía, do respecto cara á diversidade cultural, que se traballa a través da escoita activa, da

creación e da interpretación musical.

Ademais, a materia de Música contribúe ao desenvolvemento de valores como o esforzo, a

constancia, a perseveranza, a disciplina, a toma de decisións, a autonomía, o compromiso, a

asunción de responsabilidades e o espírito emprendedor, innovador e crítico, que contribúen

ao desenvolvemento integral da persoa.

A práctica musical mellora a memoria, a concentración, a atención, a psicomotricidade, a

xestión das emocións, o fortalecemento da autoestima, as habilidades para enfrontarse a un

público ou a capacidade para traballar en grupo. A música potencia o desenvolvemento de

capacidades como a comunicación oral e escrita, o pensamento matemático ou o

coñecemento tecnolóxico e científico, que axudan á adquisición das competencias e, ademais,

contribúe a un ensino integral e axuda na maduración do alumnado.

A materia de Música na educación secundaria obrigatoria fundaméntase e constrúese desde a

área de Música e Danza na educación primaria. Agora desenvolveranse as capacidades e as

competencias adquiridas nos cursos anteriores e afianzaranse os contidos aprendidos

previamente polo alumnado.

O currículo estrutúrase en dúas partes: unha primeira engloba os cursos de 2º a 3º da

educación secundaria obrigatoria e a segunda o 4º curso desta. Para cada unha delas

concretáronse uns criterios de avaliación e uns contidos que se articulan en tres bloques e

integran os coñecementos, destrezas e actitudes que se pretenden alcanzar a través dun

traballo procedemental, co fin de que os coñecementos teóricos se asimilen despois dunha familiarización e inmersión na linguaxe musical.

Na educación secundaria obrigatoria, coa materia de Música preténdense atinxir os seguintes

obxectivos: o primeiro, desenvolver a identidade e a recepción cultural; o segundo e o terceiro

contribuír á autoexpresión a través da creación e da interpretación; o cuarto céntrase na

produción artística e un quinto obxectivo focalízase especificamente no patrimonio musical e

dancístico da Comunidade Autónoma de Galicia. O logro destes cinco obxectivos debe realizarse a partir

dunha aprendizaxe baseada na práctica que lle permita ao alumnado experimentar a música e

mais a danza.

Neste ano académico este Departamento de Música vai estar constituído soamente

por un membro. Este profesor será o encargado de impartir docencia nos dous grupos de 2º

ESO e nos dous grupos de 3º da ESO. Para completar o seu horario impartirá as materias de

TIC en 4º ESO e o módulo de Ciencias aplicadas de FP Básica II.

Entre o alumnado que cursará este ano na ESO hai que indicar que hai varios alumnos-as que

xa tocan algún instrumento (vento madeira e metal) por formar parte das Bandas do concello (

Merza e Ponteledesma principalmente).

Un par de puntos a salientar son que O IES Marco do Camballón de Vila de Cuces é un centro

situado no pequeno núcleo urbano dun concello eminentemente rural que non chega aos

6.000 habitantes (5.097 a 1 de xaneiro de 2021 segundo os datos do INE). A maioría do alumnado pertence a clases sociais medias e baixas. Con respecto á música, neste concello hai unha gran tradición representada

polas súas bandas, en particular pola Banda de Merza e a de Ponteledesma, na cal se forman

ou estudan algúns e algunhas estudantes do Instituto


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Analizar obras de diferentes épocas e culturas identificando as súas principais características estilísticas e establecendo relacións co seu contexto, para valorar o patrimonio musical e dancístico como fonte de gozo e de enriquecemento persoal.
OBX2 Explorar as posibilidades expresivas de diferentes técnicas musicais e dancísticas, a través de actividades de improvisación, para incorporalas ao repertorio persoal de recursos e desenvolver un criterio de selección das técnicas máis adecuadas á intención expresiva.
OBX3 Interpretar pezas musicais e dancísticas xestionando adecuadamente as emocións e empregando diversas estratexias e técnicas vocais, corporais ou instrumentais, para ampliar as posibilidades de expresión persoal.
OBX4 Crear propostas artístico-musicais, de xeito individual ou grupal, empregando a voz, o corpo, instrumentos musicais e ferramentas tecnolóxicas para potenciar a creatividade e identificar oportunidades de desenvolvemento persoal, social, académico e profesional.
OBX5 Coñecer, valorar e respectar o patrimonio artístico e musical de Galicia e da contorna, a través das achegas relevantes na cultura e na sociedade galegas, para apreciar a importancia do noso acervo dentro dos procesos de globalización.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 O ostinato musical Nesta UD o alumnado aprenderá o que é un ostinato e un "riff" e os distintos tipos que existen. Faremos un percorrido histórico-musical-cultural por distintos estilos (clásica, rock, popular, etc) e estudaremos o emprego dos ostinatos rítmicos, melódicos e harmónicos. 6 4
2 A Idade Media musical Nesta UD traballaremos coa música medieval, coa relixiosa e a profana. Estudaremos os comezos da escritura musical, o Canto Gregoriano e a música dos trovadores, con especial referencia á música dos trovadores galegos e do Camiño de Santiago, a iconografía musical (Pórticos, códices...) e o nacemento da polifonía. O alumnado interpretará alguna peza medieval 10 7
3 A linguaxe musical Nesta UD traballaremos coas ferramentas básicas da linguaxe musical: as claves, as notas, as figuras, os compases, as escalas maiores, menores e pentatónicas, os intervalos, acordes, os signos de prolongación, as indicacións de tempo e intensidade. 18 12
4 A textura musical Nesta UD o alumnado coñecerá o concepto de textura musical, identificando as texturas monódicas e aprendendo a distinguir as principais texturas polifónicas. Faremos un percorrido por distintos períodos e estilos da Historia da Música,desde a Idade Media ata a música popular urbana dos séculos XX e XXI. Traballaremos nesta UD a evolución da historia musical a través dos distintos tipos de texturas 9 6
5 A interpretación musical Nesta UD traballaremos ao longo do curso a interpretación con instrumentos de aula, coa voz e co corpo de distintas pezas que iremos propoñendo ao alumnado ao longo de cada un dos trimestres. Abordaremos conceptos como a forma musical, o tempo e a pulsación, o acompañamento (harmonía), as técnicas de relaxación, as ferramentas de gravación e edición musical das interpretacións, os instrumentos Orff, as ferramentas dixitais de axuda á interpretación (editores de partituras, metrónomos...), etc 26 18
6 O Renacemento musical Nesta UD o alumnado traballará os aspectos máis trascendente período: contexto socio-cultural, la importancia da imprenta para a evolución da Música, a eclosión dos instrumentos, dos compositores, a música relixiosa e a profana. 10 7
7 A ópera e a danza Nesta UD abordaremos o periodo do nacemento da ópera, os principais compositores deste xénero (Monteverdi, Mozart, Verdi, Wagner...), as características do xénero, as voces, os actos, as escenas, o libreto, as arias, o recitativo, os coros... En relación con ela abordaremos a Historia da Danza, as funcións da danza e do baile ao longo da Historia, os tipos de danzas e bailes (danza clásica, bailes populares...), os compositores de Ballets (Tchaikovsky, Stravinsky...) 11 8
8 O compositor e o intérprete Nesta UD abordaremos a evolución da figura do compositor e o intérprete ao longo da Historia e o seu papel dentro da sociedade, desde a época grega clásica ata a actualidade. O alumnado coñecerá os principais intérpretes e compositores da Historia da Música (Bach, Vivaldi, Haendel, Haydn, Mozart, Beethoven, Schubert, Chopin, Wagner, Liszt, Brahms..., Gould, Barenboim, etc), os seus instrumentos, a orquestra barroca e a romántica, as súas formas musicais preferidas, as texturas empregadas... Faremos especial mención á música dos compositores galegos (Adalid, Gaos, Bal y Gay...) e aos nosos grupos e intérpretes (Carlos Núñez, Ugía Pedreira, Luar na Lubre, Fuxan os ventos, Milladoiro, os novos grupos e intérpretes, etc). Nesta UD afondaremos no papel da muller ao longo da Historia, tanto de compositora como de intérprete, sendo o alumnado o que xogue o papel protagonista neste descubrimento coa súa labor de investigación 10 8

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Escoita e percepción
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA1.1 - Identificar os principais trazos estilísticos de obras musicais e dancísticas de diferentes épocas e culturas, evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na súa escoita ou no seu visionamento.
CA1.2 - Establecer conexións entre manifestacións musicais e dancísticas de diferentes épocas e culturas, valorando a súa influencia sobre a música e a danza actuais.
CA1.3 - Explicar, con actitude aberta e respectuosa, as funcións desempeñadas por determinadas producións musicais e dancísticas, relacionándoas coas principais características do seu contexto histórico, social e cultural.
CA1.4 - Ler partituras sinxelas identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical, con ou sen apoio da audición.
CA1.5 - Comentar cun vocabulario apropiado as ideas, sentimentos e emocións propias que nos suxiran as propostas musicais estudadas, a través da audición, do visionamento ou da asistencia a eventos musicais.
CA1.6 - Identificar as características culturais e sociais, así como os elementos propios da linguaxe musical das obras propostas que constitúen o patrimonio artístico musical galego e da nosa contorna, con actitude de respecto.
Contidos
C1.1 - Obras musicais e dancísticas: análise, descrición e valoración das súas características básicas. Xéneros da música e da danza.
C1.2 - Voces e instrumentos: clasificación xeral dos instrumentos por familias e características. Agrupacións.
C1.3 - Compositores e compositoras, artistas, intérpretes e agrupacións internacionais, nacionais, rexionais e locais, con especial atención á Comunidade Autónoma de Galicia.
C1.4 - Concertos, actuacións musicais e outras manifestacións artístico-musicais en vivo e rexistradas.
C1.5 - Mitos, estereotipos e roles de xénero transmitidos a través da música e da danza.
C1.6 - Normas de comportamento básicas na recepción musical e escénica: respecto e valoración.
C1.7 - Ferramentas dixitais para a recepción musical: diferentes soportes audiovisuais.
C1.8 - Estratexias de procura, selección e reelaboración de información fiable, pertinente e de calidade.
Bloque B2. Interpretación, improvisación e creación escénica
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA2.1 - Participar, con iniciativa, confianza e creatividade, na exploración de técnicas musicais e dancísticas básicas, por medio de improvisacións pautadas, individuais ou grupais, nas que se empreguen a voz, o corpo, instrumentos musicais ou ferramentas tecnolóxicas.
CA2.2 - Expresar ideas, sentimentos e emocións en actividades pautadas de improvisación, seleccionando as técnicas máis adecuadas de entre as que conforman o repertorio persoal de recursos.
CA2.3 - Relacionar manifestacións musicais e dancísticas de distintos contextos e momentos históricos, recoñecendo a súa influencia sobre a música e a danza actuais.
CA2.4 - Empregar técnicas básicas de interpretación vocal, corporal ou instrumental, aplicando estratexias de memorización e valorando os ensaios como espazos de escoita e de aprendizaxe.
CA2.5 - Interpretar música a través da lectura de partituras do nivel adecuado, recoñecendo a través de guías cada elemento da linguaxe musical, con ou sen apoio da audición.
CA2.6 - Interpretar con corrección pezas musicais e dancísticas sinxelas, individuais e grupais, dentro e fóra da aula, xestionando de forma guiada a ansiedade e o medo escénico e mantendo a concentración.
CA2.7 - Planificar e desenvolver, con creatividade, propostas artístico-musicais, tanto individuais coma colaborativas, empregando medios musicais e dancísticos, así como ferramentas analóxicas e dixitais.
CA2.8 - Participar activamente na planificación e na execución de propostas artístico-musicais colaborativas, valorando as achegas do resto dos integrantes do grupo e descubrindo oportunidades de desenvolvemento persoal, social, académico e profesional.
Contidos
C2.1 - A partitura. Identificación e aplicación de grafías, lectura e escritura musical.
C2.2 - Elementos básicos da linguaxe musical: parámetros do son, intervalos. Tonalidade: escalas musicais, a armadura e os acordes básicos. Texturas. Formas musicais ao longo dos períodos históricos e na actualidade.
C2.3 - Principais xéneros musicais e escénicos do patrimonio cultural, con especial atención á Comunidade Autónoma de Galicia.
C2.4 - Repertorio vocal, instrumental ou corporal individual ou grupal de distintos tipos de música do patrimonio musical propio e doutras culturas.
C2.5 - Técnicas básicas para a interpretación: técnicas vocais, instrumentais e corporais, técnicas de estudo e de control de emocións.
C2.6 - Técnicas de improvisación guiada e libre.
C2.7 - Proxectos musicais e audiovisuais: emprego da voz, do corpo, dos instrumentos musicais, dos medios e das aplicacións tecnolóxicas.
C2.8 - A propiedade intelectual e cultural: formulacións éticas e responsables. Hábitos de consumo musical responsable.
C2.9 - Normas de comportamento e participación en actividades musicais e escénicas.
C2.10 - Ferramentas dixitais para a creación musical. Secuenciadores e editores de partituras.
Bloque B3. Contextos e culturas
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA3.1 - Recoñecer os aspectos comúns de expresións musicais e dancísticas de épocas e culturas anteriores, valorando a súa proxección sobre a música e a danza actuais.
CA3.2 - Observar positivamente os aspectos estilísticos básicos de obras musicais e dancísticas en diferentes contextos e momentos históricos, mostrando unha actitude de consideración, atención e apertura na súa recepción, mediante a escoita ou o visionamento destas.
CA3.3 - Expoñer, de forma atenta e respectuosa, as funcións asignadas a determinadas producións musicais e dancísticas, recoñecendo a súa conexión cos aspectos máis importantes do seu contexto histórico, social e cultural.
CA3.4 - Identificar as características culturais e sociais, así como os elementos propios da linguaxe musical das obras propostas que constitúen o patrimonio artístico musical galego e da nosa contorna, con actitude de respecto.
Contidos
C3.1 - Historia da música e da danza occidental: períodos, características, xéneros, voces, instrumentos e agrupacións.
C3.2 - Compositoras e compositores de cada período da historia da música desde unha perspectiva igualitaria e aberta, atendendo á composición na Comunidade Autónoma de Galicia.
C3.3 - Principais composicións musicais de cada período histórico.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 O ostinato musical
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Identificar os principais trazos estilísticos de obras musicais e dancísticas de diferentes épocas e culturas, evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na súa escoita ou no seu visionamento.
Proba escrita
Distinguir na partitura e na audición a presenza dun ostinato que se evidencia con claridade, e saber distinguir se é rítmico ou melódico 20
CA1.2 Establecer conexións entre manifestacións musicais e dancísticas de diferentes épocas e culturas, valorando a súa influencia sobre a música e a danza actuais.
Proba escrita
Comprender que o ostinato é un recurso compositivo básico, ser consciente da súa presenza en todo tipo de músicas e períodos históricos 10
CA1.3 Explicar, con actitude aberta e respectuosa, as funcións desempeñadas por determinadas producións musicais e dancísticas, relacionándoas coas principais características do seu contexto histórico, social e cultural.
Proba escrita
Saber expresar cun mínimo de claridade a función que tiveron ou teñen as músicas traballadas na aula dentro da súa época e momento histórico.. 10
CA1.4 Ler partituras sinxelas identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical, con ou sen apoio da audición.
Proba escrita
Distinguir na partitura as distintas voces, saber seguir a audición e entender o básico da escritura musical e a función de cada elemento da grafía musical no conxunto da obra. 20
CA1.5 Comentar cun vocabulario apropiado as ideas, sentimentos e emocións propias que nos suxiran as propostas musicais estudadas, a través da audición, do visionamento ou da asistencia a eventos musicais.
Proba escrita
Expresar cun mínimo de espíritu crítico, de respecto e de síntese analítica os seus sentimentos e valoracións das pezas traballadas na aula ou noutros eventos. 20
CA1.6 Identificar as características culturais e sociais, así como os elementos propios da linguaxe musical das obras propostas que constitúen o patrimonio artístico musical galego e da nosa contorna, con actitude de respecto.
Proba escrita
Distinguir e comentar os rasgos característicos da linguaxe musical que presentan as partituras e audicións analizadas, e saber situar esas obras no seu contexto histórico e socio-cultural. 20

2 A Idade Media musical
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Recoñecer os aspectos comúns de expresións musicais e dancísticas de épocas e culturas anteriores, valorando a súa proxección sobre a música e a danza actuais.
Proba escrita
Enumerar e explicar brevemente as grandes aportacións da Idade Media á Historia da música e valorar a súa importancia no desenvolvemento da música ata os nosos días 25
CA3.2 Observar positivamente os aspectos estilísticos básicos de obras musicais e dancísticas en diferentes contextos e momentos históricos, mostrando unha actitude de consideración, atención e apertura na súa recepción, mediante a escoita ou o visionamento destas.
Proba escrita
Explicar e identificar os rasgos estilísticos básicos da música medieval relixiosa e profana, da monódica e da polifónica. 25
CA3.3 Expoñer, de forma atenta e respectuosa, as funcións asignadas a determinadas producións musicais e dancísticas, recoñecendo a súa conexión cos aspectos máis importantes do seu contexto histórico, social e cultural.
Proba escrita
Contextualizar adecuadamente as músicas medievais, tanto as profanas como as relixiosas, analizando adecuadamente os papeis que xogaban esas producións artísticas nos seus momentos. 25
CA3.4 Identificar as características culturais e sociais, así como os elementos propios da linguaxe musical das obras propostas que constitúen o patrimonio artístico musical galego e da nosa contorna, con actitude de respecto.
Proba escrita
Explcar as características da música medieval galega. Coñecer e saber comunicar o papel fundamental que teñen en Galicia e na Hª da Música os trovadores, as cantigas, a iconografía musical... 25

3 A linguaxe musical
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Identificar os principais trazos estilísticos de obras musicais e dancísticas de diferentes épocas e culturas, evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na súa escoita ou no seu visionamento.
Proba escrita
Distinguir pezas modélicas de distintos periodos traballados en base aos rasgos estilísticos e de linguaxe musical aprendidos. 20
CA1.2 Establecer conexións entre manifestacións musicais e dancísticas de diferentes épocas e culturas, valorando a súa influencia sobre a música e a danza actuais.
Proba escrita
Recoñecer rasgos de linguaxe musical típicos dun periodo e comparalos cos anteriores, posteriores ou actuais 10
CA1.4 Ler partituras sinxelas identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical, con ou sen apoio da audición.
Proba escrita
Identificar a plasmación dos parámetros do son na partitura: claves, notas, figuras, compases, alteracións, signos de prolongación, de dinámica, etc 20
CA1.6 Identificar as características culturais e sociais, así como os elementos propios da linguaxe musical das obras propostas que constitúen o patrimonio artístico musical galego e da nosa contorna, con actitude de respecto.
Proba escrita
Identificar e describir os rasgos das pezas do patrimonio musical galego e doutras culturas próximas traballadas na aula. 16
CA2.3 Relacionar manifestacións musicais e dancísticas de distintos contextos e momentos históricos, recoñecendo a súa influencia sobre a música e a danza actuais.
Proba escrita
Recoñecer rasgos de linguaxe musical típicos dun periodo e comparalos cos anteriores, posteriores ou actuais. 10
CA2.5 Interpretar música a través da lectura de partituras do nivel adecuado, recoñecendo a través de guías cada elemento da linguaxe musical, con ou sen apoio da audición.
Táboa de indicadores
Interpretar pezas de nivel básico traballadas na aula e saber analizar os aspectos básicos da partitura no referente á linguaxe musical 18
CA2.6 Interpretar con corrección pezas musicais e dancísticas sinxelas, individuais e grupais, dentro e fóra da aula, xestionando de forma guiada a ansiedade e o medo escénico e mantendo a concentración.
Táboa de indicadores
Interpretar pezas en grupo e individuamente mantendo o control da ansiedade e ficando concentrado-a na tarefa 6

4 A textura musical
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Identificar os principais trazos estilísticos de obras musicais e dancísticas de diferentes épocas e culturas, evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na súa escoita ou no seu visionamento.
Proba escrita
Distinguir e saber explicar co vocabulario adecuado a textura musical que se está a empregar na partitura, na audición e/ou no visionado. 25
CA1.2 Establecer conexións entre manifestacións musicais e dancísticas de diferentes épocas e culturas, valorando a súa influencia sobre a música e a danza actuais.
Proba escrita
Explicar a importancia das distintas texturas en cada contexto cultural e histórico e ser consciente da súa evolución e de como se adaptan aos distintos estilos musicais pasados e actuais. 10
CA1.4 Ler partituras sinxelas identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical, con ou sen apoio da audición.
Proba escrita
Distinguir as texturas musicais básicas na partitura, con apoio de audios e vídeos. 20
CA1.5 Comentar cun vocabulario apropiado as ideas, sentimentos e emocións propias que nos suxiran as propostas musicais estudadas, a través da audición, do visionamento ou da asistencia a eventos musicais.
Proba escrita
Facer unha mínima valoración crítica e construtiva das obras traballadas na aula ou fóra dela, aplicar os conceptos e a linguaxe musical aprendida e reflexionar sobre a experiencia artística. 10
CA1.6 Identificar as características culturais e sociais, así como os elementos propios da linguaxe musical das obras propostas que constitúen o patrimonio artístico musical galego e da nosa contorna, con actitude de respecto.
Proba escrita
Distinguir e saber explicar co vocabulario adecuado a textura musical que se está a empregar na partitura, na audición e/ou no visionado. 5
CA2.4 Empregar técnicas básicas de interpretación vocal, corporal ou instrumental, aplicando estratexias de memorización e valorando os ensaios como espazos de escoita e de aprendizaxe.
Táboa de indicadores
Ensaiar as pezas propostas cunha actitude adecuada e respectuosa e empregar a memorización como técnica de interpretación. 5
CA2.5 Interpretar música a través da lectura de partituras do nivel adecuado, recoñecendo a través de guías cada elemento da linguaxe musical, con ou sen apoio da audición.
Táboa de indicadores
Interpretar cun mínimo de soltura as pezas básicas traballadas na aula e recoñecer os elementos básicos da linguaxe musical, principalmente a textura. 10
CA2.6 Interpretar con corrección pezas musicais e dancísticas sinxelas, individuais e grupais, dentro e fóra da aula, xestionando de forma guiada a ansiedade e o medo escénico e mantendo a concentración.
Táboa de indicadores
Interpretar as pezas propostas controlando a ansiedade e permanecendo concentrado. 5
CA3.2 Observar positivamente os aspectos estilísticos básicos de obras musicais e dancísticas en diferentes contextos e momentos históricos, mostrando unha actitude de consideración, atención e apertura na súa recepción, mediante a escoita ou o visionamento destas.
Táboa de indicadores
Permanecer atento e critico nos visionados e audicións das propostas que exemplifican as distintas texturas traballadas. 5
CA3.4 Identificar as características culturais e sociais, así como os elementos propios da linguaxe musical das obras propostas que constitúen o patrimonio artístico musical galego e da nosa contorna, con actitude de respecto.
Proba escrita
Distinguir e saber explicar co vocabulario adecuado a textura musical que se está a empregar na partitura, na audición e/ou no visionado. 5

5 A interpretación musical
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Identificar os principais trazos estilísticos de obras musicais e dancísticas de diferentes épocas e culturas, evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na súa escoita ou no seu visionamento.
Proba escrita
Saber explicar co vocabulario adecuado os rasgos básicos de estilo e de linguaxe musical empregados nas pezas que se interpretan na aula e se traballan nas audicións e/ou no visionado. 10
CA1.4 Ler partituras sinxelas identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical, con ou sen apoio da audición.
Táboa de indicadores
Ler e interpretar cun mínimo de soltura as pezas básicas traballadas na aula, con apoio de audios de acompañamento. 20
CA1.5 Comentar cun vocabulario apropiado as ideas, sentimentos e emocións propias que nos suxiran as propostas musicais estudadas, a través da audición, do visionamento ou da asistencia a eventos musicais.
Proba escrita
Facer unha mínima valoración crítica e construtiva das obras interpretadas na aula ou fóra dela, aplica os conceptos e a linguaxe musical aprendida e reflexiona sobre a experiencia artística 10
CA1.6 Identificar as características culturais e sociais, así como os elementos propios da linguaxe musical das obras propostas que constitúen o patrimonio artístico musical galego e da nosa contorna, con actitude de respecto.
Proba escrita
Distinguir e saber explicar co vocabulario adecuado os rasgos musicais principais que se empregan na partitura, na audición e/ou no visionado. 10
CA2.1 Participar, con iniciativa, confianza e creatividade, na exploración de técnicas musicais e dancísticas básicas, por medio de improvisacións pautadas, individuais ou grupais, nas que se empreguen a voz, o corpo, instrumentos musicais ou ferramentas tecnolóxicas.
Táboa de indicadores
Participar nas improvisacións que se propoñen sobre ideas musicais básicas, tanto rítmicas, melódicas como de coreografía. 5
CA2.2 Expresar ideas, sentimentos e emocións en actividades pautadas de improvisación, seleccionando as técnicas máis adecuadas de entre as que conforman o repertorio persoal de recursos.
Táboa de indicadores
Expresarse artísticamente, ou cando menos intentalo, nas improvisacións que se propoñen sobre ideas musicais básicas, tanto rítmicas, melódicas como de coreografía. 5
CA2.4 Empregar técnicas básicas de interpretación vocal, corporal ou instrumental, aplicando estratexias de memorización e valorando os ensaios como espazos de escoita e de aprendizaxe.
Táboa de indicadores
Ensaiar as pezas propostas cunha actitude adecuada e respectuosa e empregar a memorización como técnica de interpretación 5
CA2.5 Interpretar música a través da lectura de partituras do nivel adecuado, recoñecendo a través de guías cada elemento da linguaxe musical, con ou sen apoio da audición.
Táboa de indicadores
Interpretar cun mínimo de soltura as pezas básicas traballadas na aula e recoñecer os elementos básicos da linguaxe musical. 20
CA2.6 Interpretar con corrección pezas musicais e dancísticas sinxelas, individuais e grupais, dentro e fóra da aula, xestionando de forma guiada a ansiedade e o medo escénico e mantendo a concentración.
Táboa de indicadores
Interpretar as pezas propostas controlando a ansiedade e permanecendo concentrado. 5
CA2.7 Planificar e desenvolver, con creatividade, propostas artístico-musicais, tanto individuais coma colaborativas, empregando medios musicais e dancísticos, así como ferramentas analóxicas e dixitais.
Táboa de indicadores
Participar coas súas ideas no deseño e posta en práctica das actividades musicais coas ferramentas propostas 5
CA2.8 Participar activamente na planificación e na execución de propostas artístico-musicais colaborativas, valorando as achegas do resto dos integrantes do grupo e descubrindo oportunidades de desenvolvemento persoal, social, académico e profesional.
Proba escrita
Participa activamente no deseño e posta en práctica de creacións musicais e artísticas xunto aos compañeiros-as, e escoitar e valorar as propostas de cada un dos membros do conxunto. 5

6 O Renacemento musical
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Identificar os principais trazos estilísticos de obras musicais e dancísticas de diferentes épocas e culturas, evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na súa escoita ou no seu visionamento.
Proba escrita
Recoñecer as pezas do Renacemento que cumpren cos rasgos estilísticos traballados na aula e enumerar algúns deses rasgos de estilo e linguaxe musical. 30
CA1.2 Establecer conexións entre manifestacións musicais e dancísticas de diferentes épocas e culturas, valorando a súa influencia sobre a música e a danza actuais.
Proba escrita
Rrelacionar a música do Renacemento coa medieval e comprender a trascendencia que terá nas posteriores épocas, principalmente no Barroco. 5
CA1.3 Explicar, con actitude aberta e respectuosa, as funcións desempeñadas por determinadas producións musicais e dancísticas, relacionándoas coas principais características do seu contexto histórico, social e cultural.
Proba escrita
Comprender e saber explicar a función social e cultural da Música e da Danza na época do Renacemento. 5
CA1.4 Ler partituras sinxelas identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical, con ou sen apoio da audición.
Proba escrita
Seguir partituras sinxelas propias do Renacemento que se traballan na aula, e saber explicar os fundamentos da linguaxe musical que se empregan nelas. 20
CA1.5 Comentar cun vocabulario apropiado as ideas, sentimentos e emocións propias que nos suxiran as propostas musicais estudadas, a través da audición, do visionamento ou da asistencia a eventos musicais.
Proba escrita
Facer unha mínima valoración crítica e construtiva das obras traballadas na aula ou fóra dela, aplicar os conceptos e a linguaxe musical aprendida e reflexionar sobre a experiencia artística. 10
CA3.1 Recoñecer os aspectos comúns de expresións musicais e dancísticas de épocas e culturas anteriores, valorando a súa proxección sobre a música e a danza actuais.
Proba escrita
Relacionar a música do Renacemento coa medieval e comprender a trascendencia que terá nas posteriores épocas, principalmente no Barroco. 5
CA3.2 Observar positivamente os aspectos estilísticos básicos de obras musicais e dancísticas en diferentes contextos e momentos históricos, mostrando unha actitude de consideración, atención e apertura na súa recepción, mediante a escoita ou o visionamento destas.
Táboa de indicadores
Amosarse receptivo e aberto á escoita e asimilación das propostas musicais propias do Renacemento. 10
CA3.3 Expoñer, de forma atenta e respectuosa, as funcións asignadas a determinadas producións musicais e dancísticas, recoñecendo a súa conexión cos aspectos máis importantes do seu contexto histórico, social e cultural.
Proba escrita
Comprender e saber explicar a función social e cultural da Música e da Danza na época do Renacemento. 5
CA3.4 Identificar as características culturais e sociais, así como os elementos propios da linguaxe musical das obras propostas que constitúen o patrimonio artístico musical galego e da nosa contorna, con actitude de respecto.
Proba escrita
Comprender o papel social e culltural da expresión musical e dancística no Renacemento e saber identificar os rasgos propios dese estilo no tocante á linguaxe musical. 10

7 A ópera e a danza
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Identificar os principais trazos estilísticos de obras musicais e dancísticas de diferentes épocas e culturas, evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na súa escoita ou no seu visionamento.
Proba escrita
Identificar os rasgos principais dunha produción operística e de ballet. Saber explicar o que é unha ópera e un ballet, cando se crean estes xéneros e como evolucionan. 30
CA1.2 Establecer conexións entre manifestacións musicais e dancísticas de diferentes épocas e culturas, valorando a súa influencia sobre a música e a danza actuais.
Proba escrita
Sabe asociar e relacionar a ópera, a danza e o ballet con outras manifestacións artísticas. 5
CA1.3 Explicar, con actitude aberta e respectuosa, as funcións desempeñadas por determinadas producións musicais e dancísticas, relacionándoas coas principais características do seu contexto histórico, social e cultural.
Proba escrita
Comprender e sabe explicar a función social e cultural da Música e da Danza nas distintas épocas e culturas 10
CA1.4 Ler partituras sinxelas identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical, con ou sen apoio da audición.
Proba escrita
Seguir as partituras sinxelas que se traballan na aula de fragmentos de ópera e de ballet, identificando as partes esenciais. 10
CA1.5 Comentar cun vocabulario apropiado as ideas, sentimentos e emocións propias que nos suxiran as propostas musicais estudadas, a través da audición, do visionamento ou da asistencia a eventos musicais.
Proba escrita
Facer fai unha mínima valoración crítica e construtiva das obras traballadas na aula ou fóra dela, aplicar os conceptos e a linguaxe musical aprendida e reflexionar sobre a experiencia artística. 5
CA1.6 Identificar as características culturais e sociais, así como os elementos propios da linguaxe musical das obras propostas que constitúen o patrimonio artístico musical galego e da nosa contorna, con actitude de respecto.
Proba escrita
Distinguir e saber explicar co vocabulario adecuado o contexto cultural e social e os rasgos principais da linguaxe musical empregados na partitura, na audición e/ou no visionado. 10
CA2.3 Relacionar manifestacións musicais e dancísticas de distintos contextos e momentos históricos, recoñecendo a súa influencia sobre a música e a danza actuais.
Proba escrita
Saber asociar e relacionar a ópera, a danza e o ballet con outras manifestacións artísticas. 5
CA3.1 Recoñecer os aspectos comúns de expresións musicais e dancísticas de épocas e culturas anteriores, valorando a súa proxección sobre a música e a danza actuais.
Proba escrita
Saber asociar e relacionar a ópera, a danza e o ballet con outras manifestacións artísticas 5
CA3.2 Observar positivamente os aspectos estilísticos básicos de obras musicais e dancísticas en diferentes contextos e momentos históricos, mostrando unha actitude de consideración, atención e apertura na súa recepción, mediante a escoita ou o visionamento destas.
Táboa de indicadores
Amosarse receptivo e aberto á escoita e asimilación das propostas musicais (ópera e ballet) analizadas e traballadas na aula. 5
CA3.3 Expoñer, de forma atenta e respectuosa, as funcións asignadas a determinadas producións musicais e dancísticas, recoñecendo a súa conexión cos aspectos máis importantes do seu contexto histórico, social e cultural.
Proba escrita
Comprender e saber explicar a función social e cultural da Ópera e da Danza nas distintas épocas, relacionando as temáticas e as postas en escena cos seus contextos históricos e culturais. 10
CA3.4 Identificar as características culturais e sociais, así como os elementos propios da linguaxe musical das obras propostas que constitúen o patrimonio artístico musical galego e da nosa contorna, con actitude de respecto.
Proba escrita
Distinguir e saber explicar co vocabulario adecuado a linguaxe muscal e o contexto cultural, social e histórico que se está a empregar na partitura, na audición e/ou no visionado. 5

8 O compositor e o intérprete
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.3 Relacionar manifestacións musicais e dancísticas de distintos contextos e momentos históricos, recoñecendo a súa influencia sobre a música e a danza actuais.
Proba escrita
Coñecer aos principais compositores da Historia e a súa trascendencia. Comprender a relación compositor-intérprete e explicar o rol do intérprete na transmisión da obra do compositor. 30
CA2.5 Interpretar música a través da lectura de partituras do nivel adecuado, recoñecendo a través de guías cada elemento da linguaxe musical, con ou sen apoio da audición.
Táboa de indicadores
Interpretar algunha peza adaptada dalgún compositor senlleiro, identificar os rasgos da linguaxe musical empregados. 20
CA2.6 Interpretar con corrección pezas musicais e dancísticas sinxelas, individuais e grupais, dentro e fóra da aula, xestionando de forma guiada a ansiedade e o medo escénico e mantendo a concentración.
Táboa de indicadores
Interpretar as pezas propostas controlando a ansiedade e permanecendo concentrado. 5
CA3.1 Recoñecer os aspectos comúns de expresións musicais e dancísticas de épocas e culturas anteriores, valorando a súa proxección sobre a música e a danza actuais.
Proba escrita
Identificar os rasgos de estilo e de linguaxe, así como a súa trascendencia histórica, das obras de compositores senlleiros 20
CA3.2 Observar positivamente os aspectos estilísticos básicos de obras musicais e dancísticas en diferentes contextos e momentos históricos, mostrando unha actitude de consideración, atención e apertura na súa recepción, mediante a escoita ou o visionamento destas.
Táboa de indicadores
Apreciar, valorar e escoitar con atención as creacións artísticas dos compositores e intérpretes de distintas épocas e culturas. 5
CA3.3 Expoñer, de forma atenta e respectuosa, as funcións asignadas a determinadas producións musicais e dancísticas, recoñecendo a súa conexión cos aspectos máis importantes do seu contexto histórico, social e cultural.
Proba escrita
Comprender e explicar a función social e cultural do compositor e do intérprete nas distintas épocas, relacionando as súas creacións artísticas cos seus contextos históricors e culturais. 5
CA3.4 Identificar as características culturais e sociais, así como os elementos propios da linguaxe musical das obras propostas que constitúen o patrimonio artístico musical galego e da nosa contorna, con actitude de respecto.
Proba escrita
Explicar co vocabulario adecuado a linguaxe muscal e o contexto cultural, social e histórico que subxace na partitura, na audición e/ou no visionado de compositores e intérpretes galegos-as 15

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


A metodoloxía didáctica neste etapa será activa e participativa, favorecendo o traballo individual e o cooperativo do alumnado, así como o logro dos obxectivos e das competencias correspondentes. Neste sentido teremos en conta a diversidade do alumnado, atendendo ás necesidades de cada un dos alumnos-as e poñendo en práctica as medidas de reforzo que se precisen para un correcto proceso de aprendizaxe.

Traballaremos todas as competencias clave, fomentando a súa adquisición e o seu desenvolvemento.

Coa finalidade de promover a comprensión de lectura e de uso da información, dedicarase un tempo á lectura na práctica docente. Neste sentido, faranse lecturas de artigos e novas musicais, recollidos na web, sendo as lecturas tanto individuais como grupais.

Promoverase a integración e o uso das tecnoloxías da información e da comunicación na aula, como recurso metodolóxico eficaz para desenvolver as tarefas de ensino e aprendizaxe. Empregaremos neste sentido as posibilidades que nos ofrece a nosa Aula Virtual e a plataforma Moodle, a Gsuite (Classroom), a disponibilidade de portátiles por parte do alumnado (aulas EdixGal) o uso de blogs, de podcasts, de Youtube (creación de contas e de listas de reprodución...), etc.

Procurarase o traballo coordinado con outros departamentos didácticos do centro co obxecto de proporcionar un enfoque multidisciplinar do proceso educativo, programando conxuntamente actividades complementarias e extraescolares, procurando abordar a mesma temática dende as distintas disciplinas (programación por proxectos) e traballando conxuntamente coa biblioteca do centro e cos proxectos que se leven a cabo dende ela.

Empregaranse metodoloxías como: tormenta de ideas -Brainstorm- (moi adecuada como introdución ás unidades didácticas); traballos individuais e/ou en grupo sobre distintos contidos das unidades, coa exposición e presentación oral deses traballos coa axuda das tecnoloxías adecuadas (fomentaranse as habilidades dialécticas do alumnado e, por tanto, a competencia lingüística); explicacións do profesor dende o plano teórico e práctico dos distintos conceptos musicais (ritmo, harmonía, interpretación, creación, etc.); traballo coas novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas á música (procesamento, almacenamento e transmisión de datos musicais); aplicación de xogos musicais para asentar determinados conceptos da linguaxe musical, valéndonos para elo de programas musicais e dalgunhas páxinas web interesantes (www.musycom.com, www.teoria.com ...); aplicaranse metodoloxías xa recoñecidas no ámbito educativo musical, como o método Bapne, método Kodaly, etc

Daquela, para desenvolver as capacidades que presenta o alumnado de secundaria sempre se terán presentes as seguintes metodoloxías:

* Fomentar a participación, a reflexión, tanto individual como grupal.

* Operar non só sobre o concreto senón tamén sobre conceptos, ideas.

* Fomentar a formulación de hipóteses.

* Buscar, seleccionar e tratar a información.

* Fomentar a confrontación clara e respectuosa

* Insistir na ordenación das ideas, comparación, xerarquización.

* Elaborar percorridos ordenados, lóxicos desde a formulación de hipóteses á comprobación dos resultados.

* Expresar correcta, clara e ordenadamente os resultados.

* Comprobar noutros contextos diferentes aos utilizados para o traballo.

* Relacionar os saberes aprendidos nas distintas materias.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Materias e recursos didácticos na Aula de Música

No noso IES todo os cursos da ESO están incorporados ao proxecto E-Dixgal. Daquela o

alumnado disporá de portátiles cos que traballaremos na aula determinados contidos (Aula

Virtual, Classroom, Abalar, EdixGal, Youtube, internet...), valéndonos a súa vez, puntualmente,

de fichas e fotocopias que se lles irán repartindo na UD que se precise

Para o traballo diario da clase o alumnado debe dispoñer do material proposto polo

profesorado: caderno de apuntes, caderno pautado, frauta... O alumnado non terá libro de

texto, aínda que se lles indicarán os libros que lles poden servir de axuda para seguir a

programación. Neste sentido haberá na aula de Música e na Biblioteca do centro libros de

texto, libros de consulta e dicionarios que poderán consultar.

A aula de música conta cun reprodutor de discos compactos e cunha pequena fonoteca de

clásicos e música popular. Ademais existe un reprodutor de DVD e algunhas películas

musicais. A aula conta tamén cunha pizarra pautada e cun ordenador portátil, cun proxector

coa súa pantalla, unha mesa de mesturas, unha etapa de potencia, dous altofalantes,

micrófonos... A aula conta tamén con outro portátil que temos en préstamo para traballar coa

maqueta Abalar propia do proxecto E-dixgal

Existen frautas doces a disposición do alumno así como outros idiófonos e membranófonos.

Entre os cordófonos a aula conta con dúas guitarras clásicas (unha delas amplificada), unha

acústica (amplificada), un ukelele (amplificado), unha guitarra eléctrica, dous teclados, unha

gravadora dixital, micrófonos dinámicos e de condensador e auriculares. Tamén se dispón de

distintos tipos de cables de audio

No centro contamos ademais con tres salas de ordenadores (30+20+24 postos) con conexión

a internet e un canón


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


A Avaliación inicial no 3º curso de ESO terá por obxecto averiguar os coñecementos musicais e dancísticos previos que aprendeu e lembra o alumnado do curso anterior.

Con estas actividades comprobaremos as destrezas adquiridas en anteriores cursos.

1. Realizaranse exercicios en formación orquestral de interpretación melódica con acompañamento harmónico. Esta actividade será realizada por imitación. Utilizaremos para iso as placas, a pequena percusión ou obxectos de son, ou outro instrumento que consideremos idóneo. Con esta tarefa comprobaremos as destrezas motrices aplicadas á rítmica, á memoria harmónica e melódica, ao sentido do pulso ou á capacidade de escoita para adecuarse ao conxunto.

2. Realizaranse exercicios de lectura rítmica e melódica, e interpretación de pequenas partituras (4/8 compases). Con esta actividade avaliaremos o grao de interiorización rítmico-melódico e a capacidade de interpretación dos códigos da linguaxe musical. Para a interpretación usaranse os instrumentos de placas ou a frauta doce.

3. Proba escrita de análise de partitura (8 compases). O alumnado identificará e describirá todos os símbolos que recoñece nela e realizará unha análise melódico-rítmica da mesma

4. Proba escrita de respostas breves dos contidos básicos da música en relación á linguaxe musical e á historia da música.

Con estas actividades de avaliación o alumnado informaranos sobre os coñecementos previos que posúe e o grao de asimilación. Para avaliar as actividades prácticas usaremos táboas de indicadores específicas con diferentes items que reflictan as capacidades psicomotrices, rítmicas, auditivas e interpretativas do alumnado. As probas prácticas daranos a información dos coñecementos teóricos do alumnado.

Outras cuestións como as destrezas no movemento e danza ou o manexo da tecnoloxía irémolas avaliando nas sucesivas unidades.

Á luz dos resultados da avaliación inicial decidiremos aplicar a programación tal e como foi deseñada ou realizar as correspondentes e necesarias adaptacións.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 6.0 10.0 18.0 9.0 26.0 10.0 11.0 10.0 100.0
Proba escrita 100.0 100.0 76.0 75.0 35.0 90.0 95.0 70.0 71.97999999999998
Táboa de indicadores 0.0 0.0 24.0 25.0 65.0 10.0 5.0 30.0 28.020000000000007

Criterios de cualificación

Os  criterios de cualificación de cada avaliación serán a suma ponderada das medias dos resultados do alumnado nos diferentes instrumentos de avaliación empregados para avaliar os contidos das unidades didácticas: 30% Expresión musical, 50% Media ponderada dos instrumentos de avaliación empregados durante cada un dos trimestres (avaliación mediante probas escritas e probas prácticas) , 20% Traballo de aula (media ponderada das tarefas semanais que se desenvolvan na clase e/ou haxa que rematar ou facer na casa)

50% Media dos instrumentos de avaliación empregados :

Faremos as probas escritas oportunas para avaliar os contidos das UDs da maneira máis obxectiva posible.

Para cualificar a Expresión musical (vocal -10%- e instrumental -20%-) iremos avaliando as participacións e interpretacións do alumnado ao longo da avaliación. Na práctica instrumental este curso o alumnado aprenderá a tocar o ukelele, cubrindo así a práctica cun instumentos polifónico. A avaliación será a través dunha proba sobre as cancións ou pezas traballadas acordes a un nivel básico de inicicación. Cada alumno-a aportará o seu instrumento, sendo moi importante que nas sesións nas que se indique traian o mesmo, de xeito que puntuará negativamente o feito de non traelo nos días que se sinalen. Neste sentido, por cda sesión que o alumno-a non traia o seu instrumento se lle descontará na puntuación do aparatado de Expresión musical seguindo o seguinte criterio:

Unha falta: -0.5. Dúas faltas: - 1. Tres faltas: 1.5 punto,  etc

A avaliación desta parte será preferentemente nas horas de clase e/ou nos recreos. Non obstante, tamén poderá ser a través dos vídeos que o alumnado terá que ir entregando coas súas interpretacións das pezas sinaladas. Esa entrega farase vía Aula virtual ou vía Classroom segundo se vaia indicando ao longo do trimestre.

Importante: no caso de non avaliarse a expresión vocal (10%), esa porcentaxe pasaría a formar parte da cualificación do resto dos instrumentos de avaliación onde se miden e avalían os contidos traballados na aula en cada unha das avaliacións. Por exemplo, a 2ª Avaliación podería quedar do seguinte modo:

  • Interpretación instrumental: 30%

  • Proba sobre contidos traballados: 30%

  • Proba de linguaxe musical: 10%

  • Proba de Ditados Rítmicos: 10%

  • Traballo de Aula: 20%


De todos estes aspectos e pormenores de cada avaliación o alumnado será sempre informado, tanto ao principio de cada trimestre como ao longo do mesmo en función das adaptacións que poidan ter lugar.


Para acadar o aprobado (4,5) facendo media entre as partes, o alumno-a nunca poderá obter en máis dunha delas unha nota inferior a 3.5. Dado o caso dun alumno que obteña de media unha nota igual ou superior ao 4,5 pero con dúas ou máis partes valoradas por debaixo do 3.5, ese alumno-a sempre acadará un 4 como nota da avaliación correspondente. Neste caso ese alumno-a só tería que recuperar a parte-s que teña valorada-s por debaixo do 3.5 Nota importante: o alumnado que teña unha parte da avaliación valorado cun 0 quedará sempre cun 4 como nota máxima na avaliación.

A nota que levará no boletín será redondeada co seguinte criterio:


1 cando obteña menos de 1,5           6 cando obteña entre 5,5 e 6,5

2 cando obteña entre 1,5 e 2,5          7 cando obteña entre 6,5 e 7,5

3 cando obteña entre 2,5 e 3,5          8 cando obteña entre 7,5 e 8,5

4 cando obteña entre 3,5 e 4,5          9 cando obteña entre 8,5 e 9,5

5 cando obteña entre 4,5 e 5,5         10 cando obteña entre 9,5 e 10


 

A Nota da Avaliación Final acadada por cada un dos alumnos será a obtida ao facer a seguinte media: 1º Trimestre= 33 %, 2º Trimestre= 33%, 3º Trimestre= 34%. A este respecto as notas de cada trimestre non serán as redondeadas que aparecen no boletín trimestral do alumno, senón as que obran no caderno de notas do profesor redondeadas a dous decimais.


Nota importante: A nota media final ponderada será igual ou distinta do que acade en cada unha das avaliacións, é dicir, non polo feito de aprobar a 3ª Avaliación ten que aprobar a Final, e viceversa, isto é, polo feito de suspender a 3ª non ten por que suspender a Final.

 

O alumnado que empregue métodos fraudulentos nos exames (copiar por compañeiros, utilizar calquera método tecnolóxico ou artesanal de copia...) e sexa sorprendido no intento se lle anularán as preguntas obxecto de intento de copia. O resto das preguntas do exame se corrixirán normalmente. De intentar unha copia masiva das preguntas ou se non se pode adiviñar cales se intentaban copiar, ao alumno-a invitaráselle a que faga un novo exame Por outra parte, se é posible comprobar que o alumno-a copiou sen ser sorprendido-a no momento, pero tendo probas suficientes para demostrarse, procederase a anular a pregunta que se considere ¿copiada¿. Isto aplicarase tanto nos probas específicas de avaliación, como nas probas e nos traballos individuais.


 

Por outra parte seguiremos aplicando o criterio común acordado polo claustro de descontar a partir da quinta falta ortográfica nas distintas probas e traballos presentados. Así, a partir da 5ª descontaremos 0.05 por cada dúas faltas propias e 0.05 por cada falta copiada.

 

O alumnado cunha avaliación suspensa terá as oportunas probas de recuperación desa avaliación nas partes que non lograra superar, conservando as cualificacións daquelas outras partes nas que fora avaliado positivamente. O alumnado quedará definitivamente na avaliación en cuestión, a efectos da nota final do curso, coa nova nota que consiga acadar, que nunca será inferior á obtida no trimestre ordinario. 

Unha vez feitas e avaliadas xa todas as probas de recuperación procederase a calcular a nota media final do curso en base ao establecido nos Criterios de Avaliación e Cualificación: entre outros aspectos para recalcular as medias de cada avaliación afectada seguiranse a ter en conta os criterios de cualificación de cada unha das avaliacións que están especificados con anterioridade (non acadar 0 nalgunha das partes, non ter máis dunha parte por debaixo do 3.5, etc). Consecuentemente refaranse as medias de cada avaliación e da Avaliación Final seguindo as mesmas porcentaxes de ponderación xa sinaladas máis arriba.

No mes de xuño, entre a 1ª e 2ª semana, o alumnado terá que ter xa a súa cualificación da terceira avaliación na materia de Música.

Daquela, a última semana e media de curso adicarémola a facer as probas das partes non superadas da 3ª Avaliación.

O alumnado con media final bastante por debaixo de 4.5 e que previsiblemente non vaia poder aprobar a materia suspensa, poderá optar a unha proba final de recuperaciónde toda a materia, sempre e cando ao longo do curso non deixara de entregar, de xeito constante, as tarefas, vídeos, interpretacións...ou que foran bastante recurrentemente avaliadas cun 0. Nesa proba se avaliará unha parte práctica de interpretación (40%), unha parte cos contidos teóricos e prácticos traballados ao longo do curso (60%) tendo que cadar un mínimo de 5 entre as dúas partes e non ter menos de 3.5 en ningunha delas

Os alumnos-as que xa resulten cunha media de aprobado trala terceira avaliación seguirán a traballar nos contidos e tarefas propostos polo profesor co fin de mellorar a súa cualificación no apartado de Traballo de Aula (20%).


 

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


A Orde do 25 de xaneiro de 2022, de avaliación na primaria, ESO e bacharelato, establece que o alumnado que acade a promoción de curso con materias sen superar deberá seguir un plan de reforzo en cada unha desas materias, destinado á súa recuperación e á súa superación.

Para a elaboración e o seguimento do plan de reforzo a que se refire o punto anterior, seguirase o establecido no artigo 51 da Orde do 8 de setembro de 2021, pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

Para dar cumprimento á Orde no relativo a ese Plan de reforzo, o centro, dentro da liña 01 QUÉDA-T, dos contratos-programa INCLÚE, vén desenvolvendo nos últimos anos un proxecto denominado ¿Plan de atención a pendentes¿, cuxos obxectivos son os seguintes:

 

1. Reducir os niveis de fracaso e abandono escolar prematuro provocados pola acumulación de materias pendentes.

2. Atender de xeito máis individualizado e adecuado o alumnado con materias pendentes, tratando de activar a súa motivación e o seu nivel de responsabilidade no propio proceso de aprendizaxe, ademais de axudalos a superar as súas dificultades para aprender, incidindo especialmente na adquisición de competencias básicas.

3. Impulsar o emprego de adaptacións, innovacións e recursos metodolóxicos que se axusten ás necesidades educativas deste alumnado en risco de abandono.

4. Impulsar o uso das plataformas de ensino virtual e o correo corporativo de centro entre o alumnado do plan, non só co obxectivo xeral de centro de promoción das novas tecnoloxías e da alfabetización dixital, senón tamén como medida para encarar baixas de alumnado, peche de aulas ou incluso de centro que poida carrexar a situación de pandemia que condiciona este curso.

5. Implicar ás familias no proceso de aprendizaxe e integración dos seus fillos e fillas no sistema educativo.

 

Durante o proceso de implantación deste Plan de atención a pendentes, a comisión de coordinación pedagóxica do centro aprobou os seguintes instrumentos e criterios de avaliación de pendentes, comúns a todos os departamentos didácticos:

 

INSTRUMENTOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN DE PENDENTES

a) Instrumentos de avaliación

1 Tarefas semanais

 A xestión da entrega, recollida, corrección e avaliación das tarefas farase a través de Classroom:

1 Os departamentos implicados entregarán as tarefas á coordinadora antes da data marcada no calendario.

2 A coordinadora subirá as tarefas a Classroom e encargarase de que os alumnos accedan a elas.

3 Os departamentos accederán a Classroom a partir da data límite de devolución das tarefas para corrixilas e avalialas dentro do prazo sinalado no calendario.

4 A partir desta data, o alumnado accederá á aula virtual para coñecer a corrección e avaliación da súa tarefa.

O total de entregas previstas para todo o curso é de 12, seguindo o calendario fixado.

 Déixanse libres as semanas de exames das avaliacións ordinarias e mais as de exames específicos de pendentes de xaneiro.

 Para facilitar a coordinación e o seguimento do alumnado, as xefaturas de departamento recibirán un calendario de entregas.

 Correccións: o profesorado corrixirá as tarefas na plataforma Classroom antes das datas fixadas no calendario.

 

2 Exame/s

 Cada departamento indicará claramente se vai realizar dous exames (xaneiro e abril) ou só o oficial (obrigatorio) de abril.

Os departamentos deberán:

1) Explicar con claridade os contidos de cada exame (en consonancia coas tarefas que se vaian realizando).

2) Establecer con claridade como computa cada exame na cualificación final.

Comprobar que o alumnado entregou como mínimo 4 tarefas das 6 propostas antes de cada un dos exames ou 8 de 12 no caso dos departamentos que só fagan un exame. Se non cumpriu con este requisito mínimo, perdería o dereito a esta proba.

Cando un alumno/a acade unha nota menor que 5 na cualificación global do plan de reforzo, terá dereito a realizar unha proba final na que se examinará de toda a materia. Neste caso, o exame da materia de Música versará sobre os contidos traballados nas tarefas entregadas ao longo do curso tendo dúas partes avaliables e ponderadas do seguinte xeito:

1. Preguntas baseadas nas tarefas entregadas durante o curso (60%)

2. Interpretación de dúas pezas, a escoller polo alumno-a, das propostas durante o curso nas tarefas do Plan. (40%= 20%+20%)

Nota importante: para aprobar con esta proba final o alumno-a non pode obter en ningunha das dúas partes unha nota inferior a 3.25

 

 En calquera caso, os exames axustaranse sempre aos contidos mínimos establecidos nas respectivas programacións.

 

b) Criterios de cualificación do plan de reforzo:

1 Tarefas: 50% da cualificación global.

2 Exame/s parciais: 50% da cualificación global. Cada un dos departamentos que realice dous exames debe especificar o seu sistema de cómputo dentro deste 50%. Nota mínima do exame necesaria para poder facer media coa nota das tarefas:3.25.

 

c) Criterios de cualificación da proba final:

 Para o alumnado que presente un mínimo de oito tarefas das 12 propostas, os criterios de cualificación serán os mesmos que rexen para os exames parciais.

 Para o alumnado que NON presente un mínimo de oito tarefas das 12 propostas, a nota do exame será o 100% da cualificación global.

 

d) Cualificación na avaliación final:

 

A nota na avaliación final será a máis alta de entre estas dúas:

 

 A cualificación global do plan de reforzo

 A cualificación da proba final.

 

Todas as actividades propostas serán corrixidas e entregadas ao alumno, servíndolle de orientación cara os exames.

Os contidos mínimos que se lle esixirán aos alumnos con materias pendentes serán os mesmos que se lle esixiron no curso en que non conseguiu superar a materia.

A súa vez contará positivamente o interese amosado polo alumno ao longo do curso (consultas ao profesor, solicitude de material bibliográfico, uso da biblioteca como medio de consulta e de información musical...).

 

 

Naqueles casos que se necesite, establecerase dacordo co departamento de orientación, un plan de reforzo e adaptación aos casos de necesidades específicas de apoio educativo e atención á diversidade, adaptando os contidos, os exames e incluso o tempo dado para resolver ditas probas segundo cada caso concreto, e establecendo un recreo cada semana para solventar dúbidas e axudar a preparar a parte práctica instrumental e vocal.


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Prestaremos especial atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, ofrecendo diferentes formas de organización dos espazos e tempos da clase, e metodoloxías variadas que permitan a todo o alumnado seguir as explicacións e actividades propostas.

O obxectivo fundamental é asegurar a normalización, inclusión e non-discriminación deste alumnado coa fin de que poida acceder a unha educación de calidade con igualdade de condicións.

Para garantir un apoio adecuado a este alumnado é fundamental establecer canles de colaboración entre o diverso profesorado que intervén na súa educación, e organizar os recursos persoais e materiais do centro coa fin de desenvolver actividades encamiñadas á inserción e promoción.

Estudiaranse as circunstancias concretas de cada caso, con especial atención ao alumnado con dificultades de aprendizaxe, tendo en conta os diferentes ritmos e estilos de aprendizaxe, establecendo as liñas educativas a seguir e garantindo así os apoios necesarios. Para elo, a función da coordinación entre docentes, alumnado e familias é fundamental a través da titoría.

Poderanse realizar adaptacións curriculares e organizativas ofrecendo entre outros, programas de reforzo ademais de medidas de apoio personalizado para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo, e para aqueles que permanezan un ano máis no mesmo curso, coa fin de permitir a todo o alumnado o desenvolvemento das competencias clave previsto no perfil de saída e a consecución dos obxectivos xerais da educación secundaria obrigatoria, así como alcanzar o máximo desenvolvemento das súas capacidades persoais.

Con todo, para a atención á diversidade do alumnado de educación secundaria obrigatoria estarase ao disposto na lexislación vixente na Comunidade Autónoma de Galicia.

Algunhas posibles ferramentas para organizar a atención á diversidade serían:

1. Organizar ao alumnado en diferentes agrupamentos nas actividades segundo os seus intereses e motivacións.

2. Utilizar materiais variados en ditas actividades: escritos, audiovisuais, etc.

3. Aplicar diversas técnicas e metodoloxías para explicar un mesmo contido.

4. Manter o contacto permanente con este alumnado a través de entrevista persoal e titorías coas familias para saber que parte da asignatura cóstalles máis seguir.

5. Ofrecerlle tempo extra para asimilar as explicacións (por exemplo algún recreo a semana para consultar dúbidas) e para resolver probas específicas.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
1 Comprensión lectora
2 Creatividade
3 Autonomía
4 Traballo en equipo
5 Igualdade entre sexos
6 Educación para a paz
7 Expresión oral e escrita
8 Competencia dixital
9 Educación ambiental
10 Educación para a saúde

- Comprensión lectora: Traballarase principalmente través dos textos para aprender os contidos teóricos. - Creatividade: traballarase a través da composición de exercicios e pezas propias de percusión corporal, uso de tecnoloxías, creación de letras, improvisación... - Autonomía: traballarase de actividades de improvisación, creación de contidos e proxectos propios tanto a nivel individual como grupal. - Traballo en equipo, Actividades que implican creación de proxectos grupais. - Igualdade entre sexos :Utilización de obras de diversos estilos e épocas compostas tanto por homes como por mulleres. Por en valor a música creada e interpretada por mulleres - Educación para a paz: solidariedade, tolerancia, respecto á diversidade e capacidade de diálogo e de participación social. A música é unha arte que nos permite poñer en contacto a persoas de todo tipo e condición, provocando unha comuñón entre seres humanos que é difícil de experimentar dende outros planos artísticos ou creativos. - Expresión oral e escrita: A través da redacción de textos explicativos e traballos de exposición oral como por exemplo explicar os parámetros que conforman o son, a forma dunha canción, a importancia do silencio na nosa saúde e nas nosas vidas, etc. - Competencia dixital e comunicación audiovisual: desenvolver as capacidades e coñecementos tecnolóxicos do alumnado (edición, gravación, manexo de programas e apps...). Traballar cos códigos da linguaxe audiovisual -Educación ambiental: reflexión sobre o enorme problema de contaminación acústica que está a padecer a nosa sociedade.. -Educación para a saúde: o correcto uso da voz, coñecendo as súas posibilidades e as súas limitacións. Sinalar como a voz é susceptible de verse enormemente prexudicada por axentes nocivos como o tabaco, o alcol, os ambientes contaminados... Deixar claro os efectos prexudiciais a contaminación acústica provoca na saúde das persoas que a padecen.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Actuacións do alumnado en diversos eventos ou actividades culturais que se programen ao longo do curso O alumnado de Música interpretará as pezas ensaiadas na aula e nos recreos nos diversos actos artísticos e culturais organizados no centro, en colaboración con outros departamentos, coa Biblioteca e co equipo directivo
Asistencia a concertos didácticos O alumnado de 3º terá a posibilidade de asistir aos concertos didácticos que se organicen en Santiago de Compostela ou outras vilas cercanas
Participación nun obradoiro de eco percusión Recoñecemento de diferentes materiais reciclables con potencial para seren reconvertidos en instrumentos de percusión. Aprendizaxe de ritmos, traballo en equipo, improvisación...
Visita a algún museo de artesanía-antropoloxía musical Dar a coñecer a riqueza patrimonial e cultural da nosa Comunidade visitando museos onde teñan cabida as visitas didácticas (Museo do Pobo Galego, colección de Instrumentos Musicais del Centrad...)

Estas actividades coordinaranse con outros departamentos, aproveitando así a saída para facer outras actividades e amortizar o desprazamento. Así, na medida do tempo dispoñible, aproveitaríase a viaxe para facer algunha visita didáctica guiada a algún museo ou centro cultural-artístico da cidade.

 

Para poder participar nestas actividades extraescolares o alumnado deberá pagar os prezos do desprazamento en autobús, sen prexuízo das axudas que se poidan establecer por parte do centro para a financiamento destas viaxes. Ademais, o alumnado que teña acumulado amoestacións disciplinarias polo seu mal comportamento no centro (tanto en períodos lectivos como noutros momentos da xornada no centro) non poderá asistir a estas actividades

 

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Ben ou acadado
Regular ou mellorable
Mal ou non acadado

A programación é un documento aberto e susceptible de cambios segundo observemos os procedementos que funcionan e os que non. Debe revisarse cada ano co fin de adaptala mellor á realidade das aulas. A posta en práctica de dita programación é o que nos permite mellorala, recollendo a través dos procedementos de avaliación da propia programación e da práctica docente, a información necesaria para reformala. O proceso de avaliación da propia programación e da práctica docente realízase dentro do Departamento coa información recollida polos docentes sobre diferentes aspectos do desenvolvemento da mesma.

O profesor irá programando sesión a sesión a materia a impartir e o traballo que se vai levar a cabo. Irase cotexando a posible desviación entre o programado e o realmente feito, buscando os motivos de dicha desviación (variación realizadas nas actividades, problemas de tempo, ritmos propios de aprendizaxe,...). As anotacións feitas no día a día irán servindo para ir levando a cabo as oportunas correccións da programación ao ter que adaptala á realidade do proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado en cuestión. Faremos que esta programación sexa sempre un ente vivo, revisable e renovable. Recollerase información do propio alumnado para obter conclusións construtivas que permitan valorar dende diferentes ópticas a programación didáctica e a súa aplicación.

Empregaremos as distintas sesións de departamento, de avaliación e CCP para ir tomando nota dos distintos factores que poden estar incidindo no proceso de ensino-aprendizaxe dos distintos alumnos-as e grupos. Manteremos tamén continuo contacto co departamento de Orientación para tratar de poñer remedio ás distintas desviacións que ese estean a dar nas aprendizaxes do alumnado e que trascendan máis alá do que atinxe a este departamento

Prestarase atención á porcentaxe de alumnos que nas distintas avaliacións queden coa materia pendente. Compararemos os resultados con anos anteriores e recolleranse, na memoria final, os aspectos máis relevantes das problemáticas que afecten á desviación da programación, plasmando os resultados das avaliacións ordinaria e extraordinaria.

En xeral, para avaliar o proceso de ensino-aprendizaxe teremos presente os seguintes items:

¿ Realiza a avaliación inicial a fin de tomar as medidas individuais ou colectivas necesarias.

¿ Analiza os procesos e os resultados das prácticas, proxectos, exercicios probas e actividades en xeral.

¿ Establece medidas que permitan introducir melloras.

¿ Fai posible a retroalimentación na entrega e avaliación de prácticas e traballos indicando os aspectos nos que o alumnado pode e debe introducir melloras.

¿ Establece un adecuado ambiente de comunicación co alumnado que lle permita a este aclarar todo tipo de dúbidas

¿ Proporciona indicacións durante as interpretacións, realización de traballos, exercicios, gravacións...

¿ Supervisa de forma continua a resolución de exercicios e realización de tarefas que se desenvolven durante as sesións de traballo.

¿ Favorece os procesos de autoavaliación.

¿ Propón actividades complementarias para resolver problemas que xorden durante o proceso de ensino-aprendizaxe.

¿ Informa con claridade e transparencia desde o principio de curso cales son os criterios de avaliación e de cualificación.

¿ Informa ao alumnado e ás súas familias dos resultados obtidos.

¿ Fomenta un bo ambiente na aula

¿ Promove a participación activa do alumnado.

¿ Establece tempos fóra das sesións de traballo para atender ao alumnado.

¿ Utiliza diferentes soportes durante as sesións de traballo.

¿ Selecciona prácticas, traballos e actividades que permitan alcanzar os estándares de aprendizaxe e a adquisición das competencias clave

Outro bloque de items a contemplar para avaliar a propia programación e a práctica docente mediante rúbrica son os seguintes:

- Comprobarción dos obxectivos propostos: se estes se adaptan ao curso correspondente, se se poden acadar coas unidades propostas, a porcentaxe de alumnado que consegue ditos obxectivos, etc.

- Idoneidade das unidades didácticas propostas: se hai correlación entre obxectivos, contidos e criterios de cualificación nestas, a correción da temporalización. e se contribúen realmente a acadar as competencias clave.

- Utilidade materiais didácticos empregados: comprobar se o alumnado os entende, se son variados, se están adaptados para o alumnado con necesidades educativas específicas e de apoio educativo, se inclúen TIC, etc.

- Valoración dos criterios e instrumentos de avaliación e cualificación: se son útis e precisos, se os instrumentos de avaliación inclúen métodos cualitativod e cuantitativos, se se inclúen procedementos de recuperación, etc.

- Grao de implicación dos estudantes no proceso de ensino-aprendizaxe: coñecen os obxectivos propostos, o repertorio e actividades parécenlles adecuados, coñecen os criterios de avaliación e cualificación, etc.

- Tido en conta o anterior, elaboración de propostas de mellora.

Os ítems anteriores avaliaranse mediante os indicadores ben ou acadado, mal ou non acadado e regular ou mellorable no caso de que sexa acadado pero que se poida revisar e mellorar.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


Para o seguimento da programación, avaliación desta e propostas de melloras utilizaremos unha táboa de indicadores considerando os ítems expostos no punto anterior: "avaliación do proceso de ensino e práctica docente" , valorando para cada un deses ítems o grao de consecución e facendo propostas de mellora naqueles puntos que se observen carencias. Así o procedemento de seguimento e avaliación da programación e da práctica docente farase mediante táboas de indicadores.

A partir da análise dos datos extraídos destes procedementos de seguimento, faranse as correspondentes propostas de mellora.

Dito seguimento farase trimestralmente acordando en reunión de departamento os cambios a introducir na programación a través da aplicación proens en cada trimestre e a final de curso de cara ao ano seguinte.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver