Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


As nosas decisións programáticas obedecen ao grande obxectivo educativo e social de conseguir e consolidar falantes para o galego. Neste sentido, a materia de Lingua Galega en 3º de ESO continúa as liñas dos cursos anteriores na etapa coa novidade do achegamento á historia da literatura galega. Preténdese mellorar a eficacia comunicativa do alumnado na produción, recepción e interacción oral, escrita e multimodal e pola outra, favorecer un uso ético da linguaxe.

 

Tendo en conta que a aprendizaxe da lingua progresa en espiral, os contidos deste nivel non son significativamente diferentes aos de cursos anteriores, senón que a diferenza radica no grao de profundidade coa que son tratados.

 

Os criterios de avaliación e os contidos distribúense en catro bloques.

 

En primeiro lugar, «As linguas e os seus falantes» recolle diferentes aspectos sociolingüísticos, facendo fincapé na diversidade lingüística e no desenvolvemento dunha actitude de respecto e aprecio pola lingua, carente de prexuízos de índole idiomática.

 

O segundo bloque, «Comunicación» abarca os saberes implicados na comunicación oral e escrita e a alfabetización informacional e mediática.

 

O terceiro bloque, «Educación literaria» procura consolidar o hábito lector do alumnado, incrementar a súa capacidade para interpretar textos literarios e realizar un achegamento ao contexto histórico-cultural comprendido entre a Idade Media e a literatura, «Antre dous séculos».

 

O cuarto e último bloque, «Reflexión sobre a lingua», pretende acometer a aprendizaxe sistemática da gramática a través de procesos de indagación.

 

Alén dos contidos lingüísticos, sociolingüísticos e literarios que inclúe a programación da materia de Lingua Galega e Literatura deste curso, cómpre tamén salientar a incorporación de nocións básicas doutras linguas como o catalán e o portugués, especialmente este último.

 

Este fomento do ensino/aprendizaxe do portugués está en consonancia coa Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, e coas directrices da Unión Europea relativas ao coñecemento das variedades lingüísticas próximas e, de modo especial, ás transfronteirizas que presentan vínculos históricos e estruturais tan evidentes como acontece co galego e o portugués. A coñecida tamén como Lei Valentín Paz Andrade incide nesta idea ao establecer que «a lingua propia de Galicia, polo feito de ser intercomprensible co portugués, outórgalle unha valiosa vantaxe competitiva á cidadanía galega» e prosegue, «por iso debemos dotarnos de métodos formativos e comunicativos que nos permitan desenvolvernos con naturalidade nunha lingua que nos é moi próxima e nos concede unha grande proxección internacional».

 

A proposta didáctica que se presenta para 3º de ESO está articulada arredor de nove unidades didácticas cuxos títulos dan conta de cancións galegas agás no caso da unidade 7 dedicada á publicidade onde a referencia é un anuncio. As devanditas unidades están articuladas segundo a Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Convén sinalar que cada unidade comeza cun vídeo dunha canción agás no caso da unidade da publicidade que comeza co vídeo dun anuncio na busca de partir sempre de exemplos de oralidade. Á hora de nos achegar a calquera temática, será esta, a da oralidade, a liña fundamental de traballo para conseguir falantes que dominen con fluidez a nosa lingua. Do mesmo xeito estas cancións en varios dos casos xa nos darán pé para tratar os diferentes contidos transversais.

 

En cada un dos trimestres, o alumnado desenvolverá un proxecto centrado nunha parte diferente da materia:

 

No primeiro trimestre o proxecto céntrase no bloque «As linguas e os seus falantes», baixo a denominación «Que conta nas linguas?» levarán a cabo un traballo de campo e logo de análise da valoración social das diferentes linguas do noso contexto no instituto e na súa contorna con especial atención ao galego.

 

O segundo trimestre o proxecto coa denominación «Nós somos a referencia real» céntrase no bloque de «Educación literaria» a partir do estudo da obra rosaliana e tamén da análise das características definitorias da adolescencia na actualidade. O alumnado deste xeito convértese así en autor e obxecto da creación literaria que terán como acto final recitais poéticos dirixidos ao resto do alumnado no Día de Rosalía.

 

Na unidade 9 elaboraremos o proxecto nº 3 que leva por título «Camiños de mellora» centrado no bloque «Comunicación» dedicado aos textos orais e escritos de carácter xornalístico, concretamente á reportaxe de temática social e que dará lugar a unha revista de reportaxes multimodais e a unha canle ou serie de podcast.

 

Nesta unidade inclúese tamén a celebración da Semana das Letras Galegas, dedicada a Francisco Fernández del Riego, unha persoa que salientou polo traballo a prol da nosa cultura e que forma asemade parte dos nosos camiños de mellora da dignificación do idioma e da cultura galega.

 

A escolla das obras de lectura obrigatoria propostas para cada trimestre obedece aos seguintes criterios que se lles aplican á ducia de obras que se len ao longo da etapa:

 

- A inclusión de obras representativas do noso corpus literario.

 

- A inclusión de autoras e autores con obra salientable de xeito que non se repita ningún.

 

- A inclusión de temáticas actualizadas e atractivas para o noso alumnado que promovan a defensa de valores socioculturais e éticos (igualdade, dereitos humanos, benestar animal, conciencia ambiental...).

 

- A non repetición de temas.

 

- E a presenza de todos os xéneros ao longo da etapa: narrativa, poesía, teatro, ensaio divulgativo e cómic.

 


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Describir e apreciar a diversidade lingüística do mundo a partir do recoñecemento das linguas do alumnado e a realidade plurilingüe e pluricultural da Península Ibérica, analizando a orixe e o desenvolvemento sociohistórico das súas linguas (e, máis concretamente, a do portugués, catalán e éuscaro), e as características das principais variedades dialectais do galego, para favorecer a reflexión interlingüística, combater os estereotipos e prexuízos e valorar a devandita diversidade como fonte de riqueza cultural.
OBX2 Comprender e interpretar textos orais e multimodais recollendo o sentido xeral e a información máis relevante, identificando o punto de vista e a intención do emisor e valorando a súa fiabilidade, a súa forma e o seu contido, para construír coñecemento, formar opinión e ampliar as posibilidades de gozo e de lecer.
OBX3 Producir textos orais e multimodais con coherencia e fluidez e co rexistro adecuado, atendendo ás convencións propias dos diferentes xéneros discursivos, e participar en interaccións orais con actitude cooperativa e respectuosa, tanto para construír coñecemento e establecer vínculos persoais como para intervir de maneira activa e informada en diferentes contextos sociais.
OBX4 Comprender, interpretar e valorar textos escritos, con sentido crítico e diferentes propósitos de lectura recoñecendo o sentido global e as ideas principais e secundarias, identificando a intención do emisor, reflexionando sobre o contido e a forma e avaliando a súa calidade e fiabilidade para dar resposta ás necesidades e aos intereses comunicativos diversos e para construír coñecemento.
OBX5 Producir textos escritos e multimodais coherentes, cohesionados, adecuados e correctos atendendo ás convencións propias do xénero discursivo elixido, para construír coñecemento e para dar resposta de maneira informada, eficaz e creativa a demandas comunicativas concretas.
OBX6 Seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes de maneira progresivamente autónoma, avaliando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de manipulación e desinformación, e integrala e transformala en coñecemento para comunicala desde un punto de vista crítico e persoal e, ao mesmo tempo, respectuoso coa propiedade intelectual.
OBX7 Seleccionar e ler de maneira autónoma obras diversas como fonte de pracer e coñecemento, configurando un itinerario lector que evolucione en canto á diversidade, complexidade e calidade das obras e compartir experiencias de lectura para construír a propia identidade lectora e para gozar da dimensión social da lectura.
OBX8 Ler, interpretar e valorar obras ou fragmentos literarios do patrimonio galego, portugués e universal, utilizando unha metalinguaxe específica e mobilizando a experiencia biográfica e os coñecementos literarios e culturais que permitan establecer vínculos entre textos diversos e con outras manifestacións artísticas, para conformar un mapa cultural, ampliar as posibilidades de gozo da literatura e crear textos de intención literaria.
OBX9 Mobilizar o coñecemento sobre a estrutura da lingua e os seus usos e reflexionar de maneira progresivamente autónoma sobre as eleccións lingüísticas e discursivas, coa terminoloxía axeitada, para desenvolver a conciencia lingüística, aumentar o repertorio comunicativo e mellorar as destrezas tanto de produción oral e escrita coma de recepción crítica.
OBX10 Pór as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática, da resolución dialogada dos conflitos e da igualdade de dereitos de todas as persoas, utilizando unha linguaxe non discriminatoria e desterrando os abusos a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz, senón tamén ético e democrático, da linguaxe.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 A oralidade e a escritura: falar non ten cancelas, escribir non ten somieres. Na unidade 1 principiamos o curso coa avaliación inicial. Unha vez realizada esta, temos como primeiro obxectivo analizar a realidade da lingua como un fenómeno oral do que participa toda a poboación en calquera cultura e achegarnos á lingua escrita como principal sistema substitutivo que só nas etapas máis recentes está ao alcance de toda a poboación. Exemplificaremos esta evolución a través da canción popular, da cantiga medieval e da canción actual en galego, portugués e catalán. Iniciaremos deseguido o estudo do desenvolvemento histórico social de galego e portugués. Facilitaremos a comprensión da progresión cronolóxica cun cadro cronolóxico da historia da lingua galega e outro da historia da lingua e da literatura medievais galega, portuguesa e castelá. Buscamos un enfoque centrado no estudo da lingua como un patrimonio común que se vai manter ao longo do curso académico coa inserción de recursos en portugués. Para a súa avaliación utilizaremos unicamente a proba escrita. 10 10
2 Da orixe da lingua á literatura medieval con Nuno Eanes de Cercio Tras o estudo do desenvolvemento histórico social de galego e portugués, xa estaremos en condicións de realizar unha panorámica por toda a literatura medieval. Procuraremos que a literatura sexa entendida como unha forma de divertimento o mesmo que o é hoxe. Centrarémonos na cantiga de amigo (recoñecemento das características temáticas e formais da cantiga medieval, relación coas cancións actuais) e na súa evolución. Dedicaremos tempo a coñecer a vida e obra dun trobador local: Nuno Eanes de Cercio. Para a avaliación utilizaremos a proba escrita nun 70% (para realizar análises literarias e identificar unidades lingüísticas e funcións) e a táboa de indicadores ou rúbrica nun 30% (para o traballo sobre o libro de contido sociolingüístico de lectura obrigatoria). 10 11
3 O noso idioma hoxe: das redes sociais á música Dedicaremos a unidade 3 á elaboración do proxecto nº 1 do curso sobre a análise da valoración social das linguas no instituto e a súa contorna con especial atención ao galego. Esta investigación terá como froito dous produtos: unha exposición oral do proceso de investigación e das súas conclusións e unha produción escrita. Podemos sinalar 4 obxectivos para o alumnado no desenvolvemente deste proxecto. 1º A reflexión sociolingüística sobre a valoración das linguas na súa contorna con especial atención aos prexuízos lingüísticos . 2º Coñecer a presenza da lingua en espazos de socialización adolescente: redes sociais, tempo libre, concertos, etc. 3º A consolidación da metodoloxía da presentación por escrito dun traballo de investigación. 4º O perfeccionamento das técnicas de exposición oral de carácter culto. 15 14
4 Que din os eucaliptos. Coa unidade 4, comezaremos o segundo trimestre achegándonos ao desenvolvemento social e cultural dos Galego Medio e do Rexurdimento e dentro del especialmente á figura de Eduardo Pondal. Ao mesmo tempo aproveitaremos para traballar as tipoloxías textuais de esquema, resumo e mapa conceptual. Ao estudo do léxico achegarémonos por dous camiños, dunha banda aprendendo a facer definicións e doutra banda creando constelacións léxicas mediante a utilización da afixación. 10 8
5 Rosalia improvisadora! Na quinta unidade, tras o estudo do desenvolvemento histórico social dos Séculos Escuros e do Rexurdimento estamos en condicións de afrontar o estudo da figura de Rosalía de Castro e a súa trascendencia literaria e social na nosa cultura. Aprenderemos diferentes estratexias para mellorar os textos centrándonos especialmente na precisión léxica, na ortografía e nas construcións de infinitivo persoal. Por último dedicaremos tamén a unidade ao traballo coa obra de lectura no que buscaremos que o alumnado ademais de realizar unha lectura atenta sexa quen de que realizar unha análise crítica daquilo que le e de relacionalo tanto cos seus coñecementos literarios como coa súa propia experiencia. Finalmente coñeceremos a importancia da oralidade na sociedade desta época e a Rosalia como creadora vinculada ao cancioneiro popular e á oralidade. 10 12
6 Poesia e Regueifesta! A festa da canción improvisada. Rosalia improvisadora. Dedicaremos a unidade 6 á elaboración do proxecto nº 2 do curso neste caso dedicado á creación literaria a partir do estudo da obra rosaliana e os seus vínculos coa oralidade, así como da análise das características definitorias da adolescencia na actualidade. O alumnado convértese así en autor e obxecto da creación literaria. Este traballo terá como froito dous produtos: - a participación na Regueifesta, a festa da improvisación poética galega. - un acto poético colectivo para as aulas do centro no Día de Rosalía. Podemos sinalar 4 obxectivos para o alumnado no desenvolvemento deste proxecto. 1º A creación de textos poéticos improvisados como regueifa, brindo ou rap. 2º O desenvolvemento de técnicas de recitado poético para un público. 3º A integración da obra rosaliana na súa propia proposta poética. 10 13
7 As linguas dos pobos: Regueifa, glosa e bertso. As linguas dos Países Cataláns, Euskal Herria e doutros pobos do estado español. A unidade 7 céntrase no Bloque 2 ,Comunicación, e dentro del, concretamente no mundo dos medios de comunicación nas linguas do estado español. Máis concretamente, as linguas catalá e vasca, con quen participamos na Regueifesta. Alumnado vasco e catalán visitará o noso centro. Trátase de que o alumnado se enfronte de forma consciente á diversidade lingüística. Tamén é importante que ademais recoñecer a situación social desta linguas. O noso alumnado debe ser quen de realizar unha reflexión coherente sobre esta cuestión na procura dunha cidadanía consciente e crítica. Dedicaremos a segunda parte da unidade á publicidade como o exemplo de textualidade multimodal máis presente tanto nos medios de comunicación tradicionais como nas redes sociais. Para isto cada alumna ou alumno deberá analizar a presenza das linguas nos medios de comunicación e redes sociais. 10 9
8 Curros: o rebelde, o punky. A oitava unidade é a da discrepancia, a que busca que o alumnado aprenda, en primeiro lugar, que a liberdade de expresión é un dereito fundamental e que pensar diferente non é algo negativo senón unha mostra de quen somos e completamente lexítima. É por iso que resulta fundamental aprender a discrepar ou queixarse de maneira empática e construtiva. Para discrepar, denunciar e reivindicar no marco da literatura ninguén mellor que Curros Enríquez, o gran ollo crítico do noso Rexudimento. Achegarémonos a el a través das súas composicións máis coñecidas para logo ver tamén outros exemplos da literatura de reivindicación cívica en galego que el iniciou. Por último dedicaremos tamén a unidade ao traballo coa obra de lectura no que buscaremos que o alumnado ademais de realizar unha lectura atenta sexa quen de que realizar unha análise crítica daquilo que le e de relacionalo tanto cos seus coñecementos literarios como coa súa propia experiencia. 10 8
9 Voces do século XXI Na unidade 9 elaboraremos o proxecto nº 3 do curso dedicado aos textos orais e escritos de carácter xornalístico, concretamente á reportaxe de temática social. Esta investigación terá como froito dous produtos: - Un video ao xeito dos audiovisuais das redes sociais. - Unha análise das redes sociais en galego. Os obxectivos para o alumnado neste proxecto son: 1º O estudo da presenza das temáticas sociais nos medios de comunicación. 2º A elaboración dunha reportaxe multimodal. 3º O perfeccionamento da interacción de carácter oral en contextos formais. 4º O traballo cooperativo nun proxecto de aprendizaxe de servizo que denuncia inxustizas sociais e/ou pon en valor persoas e colectivos que melloran a nosa sociedade. Nesta unidade inclúese tamén a celebración da Semana das Letras Galegas, dedicada a Francisco Fernández del Riego, unha persoa que salientou polo traballo a prol da nosa cultura e que forma parte dos nosos camiños de mellora. 15 20

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. As linguas e os seus falantes
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA1.1 - Recoñecer e valorar, a partir da explicación sobre o desenvolvemento histórico do galego e do portugués, as semellanzas e diferenzas entre as dúas linguas, identificando e contrastando algúns dos seus trazos morfolóxicos máis salientables e ampliando o repertorio léxico básico en lingua portuguesa.
CA1.2 - Valorar a lingua catalá, analizando as súas características máis básicas para coñecer e comprender a realidade lingüística de España.
CA1.3 - Identificar e cuestionar prexuízos e estereotipos lingüísticos adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural e lingüística a partir da análise da diversidade lingüística do centro escolar e da contorna social próxima e da exploración e reflexión sociolingüística sobre os fenómenos de contacto entre linguas.
CA1.4 - Elaborar traballos de investigación de maneira progresivamente autónoma en diferentes soportes sobre diversos temas de interese académico, persoal ou social partindo da información seleccionada.
Contidos
C1.1 - Análise da propia biografía e da diversidade lingüística do alumnado do centro e da localidade.
C1.2 - Desenvolvemento sociohistórico da lingua galega e portuguesa.
C1.3 - Desenvolvemento de nocións básicas do portugués. Semellanzas e diferenzas morfolóxicas entre o galego e o portugués. Ampliación do vocabulario de uso cotián. As relacións históricas e políticas entre Galicia e Portugal.
C1.4 - Valoración e comprensión das principais características do catalán e das súas variantes.
C1.5 - Desenvolvemento da reflexión sociolingüística. Exploración e rexeitamento de prexuízos e estereotipos lingüísti-cos. Os fenómenos do contacto entre linguas: bilingüismo, diglosia, préstamos, interferencias.
C1.6 - Elaboración de traballos de investigación relacionados coa diversidade lingüística.
Bloque B2. Comunicación
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA2.1 - Comprender e valorar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais de certa complexidade de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos e avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
CA2.2 - Realizar exposicións orais de certa extensión e complexidade con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez, coherencia e cohesión e co rexistro adecuado en diferentes soportes, utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
CA2.3 - Participar de maneira activa e adecuada en interaccións orais informais e en situacións orais formais de carácter dialogado, mantendo actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
CA2.4 - Comprender, valorar criticamente e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais de certa complexidade que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias e avaliando a súa calidade e fiabilidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados.
CA2.5 - Planificar a redacción de textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle, presentando, despois da súa revisión, un texto final coherente, cohesionado e co rexistro axeitado.
CA2.6 - ocalizar, seleccionar e contrastar información de maneira progresivamente autónoma procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura, adoptando un punto de vista crítico e respectando os principios de propiedade intelectual.
CA2.7 - Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable das tecnoloxías dixitais con relación á procura e á comunicación da información, reflexionando sobre as posibles manipulacións presentes nas canles de transmisión da información.
CA2.8 - Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística coa metalinguaxe específica e identificar e aclarar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
CA2.9 - Identificar e desterrar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe partindo da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación.
CA2.10 - Utilizar estratexias para a resolución dialogada dos conflitos procurando consensos, tanto no ámbito persoal coma no educativo e no social.
Contidos
C2.1 - Xéneros discursivos desde o punto de vista produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
C2.1.1 - Secuencias textuais básicas, con especial atención ás expositivas.
C2.1.2 - Propiedades textuais: coherencia, cohesión e adecuación.
C2.1.3 - Xéneros discursivos propios do ámbito persoal: a conversación, con especial atención aos actos de fala que implican controversia co interlocutor (a discrepancia, a queixa, a orde, a reprobación).
C2.1.4 - Xéneros discursivos propios do ámbito educativo (explicación, exposición...).
C2.1.5 - Xéneros discursivos propios do ámbito social. Redes sociais e medios de comunicación. Etiqueta dixital e ris-cos de desinformación, noticias falsas, manipulación e vulneración da privacidade na Rede. Análise da imaxe e dos elementos paratextuais dos texto
C2.2 - Procesos de produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
C2.2.1 - Comprensión oral: sentido global do texto e relación entre as súas partes, selección e retención da informa-ción relevante. A intención do emisor. Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal. Va-loración da forma e do contido do tex
C2.2.2 - Produción oral formal: planificación e procura de información, textualización e revisión. Adecuación á audien-cia e ao tempo de exposición. Elementos non verbais. Trazos discursivos e lingüísticos da oralidade formal.
C2.2.3 - Interacción oral e escrita de carácter informal e formal: cooperación conversacional e cortesía lingüística. Es-coita activa, asertividade e resolución dialogada dos conflitos.
C2.2.4 - Comprensión lectora: sentido global do texto e relación entre as súas partes. A intención do emisor. Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e icónica. Valoración da forma e do contido do texto.
C2.2.5 - Produción escrita: planificación, textualización, revisión e edición en diferentes soportes. Corrección gramati-cal e ortográfica. Propiedade léxica. Usos da escritura para a organización do pensamento: toma de notas, esquemas, mapas conceptuais, definici
C2.2.6 - Alfabetización mediática e informacional: procura e selección da información con criterios de fiabilidade, cali-dade e pertinencia; análise, valoración, reorganización e síntese da información en esquemas propios e trans-formación en coñecemento; comunica
C2.3 - Recoñecemento e uso discursivo dos elementos lingüísticos en textos orais, escritos e multimodais.
C2.3.1 - A expresión da subxectividade en textos de carácter expositivo. Identificación e uso das variacións das formas deícticas (fórmulas de confianza e cortesía) en relación coas situacións de comunicación.
C2.3.2 - Recursos lingüísticos para adecuar o rexistro á situación de comunicación. Procedementos explicativos bási-cos. A aposición.
C2.3.3 - Mecanismos de cohesión. Conectores textuais distributivos, de orde, contraste, explicación. Mecanismos de referencia interna, gramaticais e léxicos (nominalizacións e hiperónimos de significado abstracto).
C2.3.4 - Uso coherente das formas verbais nos textos. Recoñecemento e utilización do infinitivo flexionado e do futuro de subxuntivo. Contextos de uso.
C2.3.5 - Corrección lingüística e revisión ortográfica e gramatical dos textos. Uso de dicionarios, de manuais de consul-ta e de procesadores de texto e correctores ortográficos en soporte analóxico ou dixital.
C2.3.6 - Os signos de puntuación como mecanismo organizador do texto escrito. A súa relación co significado.
Bloque B3. Educación literaria
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA3.1 - omprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais de certa complexidade que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias e con diferentes propósitos de lectura.
CA3.2 - Valorar criticamente o contido e a forma de textos de certa complexidade avaliando a súa calidade e fiabilidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados.
CA3.3 - Ler de maneira autónoma textos seleccionados en función dos propios gustos, intereses e necesidades e deixar constancia do progreso do propio itinerario lector e cultural explicando os criterios de selección das lecturas, as formas de acceso á cultura literaria e a experiencia da lectura.
CA3.4 - Compartir a experiencia da lectura en soportes diversos relacionando o sentido da obra coa propia experiencia biográfica, lectora e cultural.
CA3.5 - Explicar a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico, atendendo á configuración e á evolución dos xéneros e subxéneros literarios.
CA3.6 - Establecer de maneira progresivamente autónoma vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas e culturais en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do lector na lectura.
CA3.7 - Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e coa axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, a partir da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.
Contidos
C3.1 - Lectura autónoma. Implicación na lectura de obras de forma progresivamente autónoma a partir dunha prese-lección de textos variados e reflexión sobre os textos lidos e sobre a propia práctica da lectura.
C3.1.1 - Criterios e estratexias para a selección de obras variadas que inclúan autoras e autores galegos e, en menor medida, do ámbito lusófono a partir da utilización autónoma da biblioteca escolar e pública dispoñible.
C3.1.2 - Participación activa en actos culturais vinculados co circuíto literario e lector.
C3.1.3 - Toma de conciencia e verbalización dos propios gustos e identidade lectora.
C3.1.4 - Expresión da experiencia lectora utilizando progresivamente unha metalinguaxe específica. Apropiación dos textos lidos a través de distintas formas de recreación.
C3.1.5 - Mobilización da experiencia persoal, lectora e cultural para establecer vínculos de maneira argumentada entre a obra lida e aspectos da actualidade, así como con outros textos e manifestacións artísticas e culturais.
C3.1.6 - Estratexias para a recomendación das lecturas en soportes variados ou ben oralmente entre iguais, enmar-cando de maneira básica as obras nos xéneros e subxéneros literarios.
C3.2 - Lectura guiada. Lectura de obras e fragmentos relevantes da literatura do patrimonio literario galego e mostras do lusófono inscritas en itinerarios temáticos ou de xénero, que atravesan épocas, contextos culturais e move-mentos artísticos.
C3.2.1 - Estratexias de construción compartida da interpretación das obras a través de conversas literarias, coa incor-poración progresiva da metalinguaxe específica.
C3.2.2 - Estratexias de utilización de información sociohistórica, cultural e artística básica para construír a interpreta-ción das obras literarias.
C3.2.3 - Relación e comparación dos textos lidos con outros textos orais, escritos ou multimodais, con outras manifes-tacións artísticas e culturais e coas novas formas de ficción en función de temas, tópicos, estruturas e lingua-xes. Elementos de continuidade e d
C3.2.4 - Estratexias para interpretar obras e fragmentos literarios a partir da integración dos diferentes aspectos anali-zados e atendendo aos valores culturais, éticos e estéticos presentes nos textos, con especial atención ás lec-turas que promovan a defensa do
C3.2.5 - Lectura expresiva, dramatización e recitación dos textos atendendo aos procesos de comprensión, apropia-ción e oralización implicados.
C3.2.6 - Creación de textos a partir da apropiación das convencións da linguaxe literaria e en referencia a modelos dados (imitación, transformación, continuación etc.).
Bloque B4. Reflexión sobre a lingua
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA4.1 - Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical, valorando o dominio do sistema fonético-fonolóxico, o uso do léxico tradicional e as construcións morfosintácticas máis xenuínas (infinitivo persoal, dativo de solidariedade etc).
CA4.2 - Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e identificar e aclarar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
CA4.3 - Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e a metalinguaxe específica.
CA4.4 - Formular xeneralizacións sobre algúns aspectos do funcionamento da lingua a partir da observación, a comparación e a transformación de enunciados, así como da formulación de hipóteses e a procura de contraexemplos, utilizando a metalinguaxe específica e consultando de maneira progresivamente autónoma dicionarios, manuais e gramáticas en distintos formatos.
Contidos
C4.1 - Elaboración de conclusións propias sobre o funcionamento do sistema lingüístico cunha linguaxe específica a partir da observación, comparación e clasificación de unidades comunicativas e do contraste entre linguas.
C4.1.1 - Diferenzas relevantes e interseccións entre a lingua oral e a lingua escrita atendendo a aspectos sintácticos, léxicos e pragmáticos.
C4.1.2 - Recoñecemento da lingua como sistema e das súas unidades básicas tendo en conta os diferentes niveis: o son e sistema de escritura, as palabras (forma e significado) e a súa organización no discurso (orde das pala-bras, compoñentes das oracións ou conexió
C4.1.3 - Distinción entre a forma (categoría gramatical) e a función das palabras e consolidación dos procedementos léxicos (afixos) e sintácticos para a mudanza de categoría. A coordinación.
C4.1.4 - Relación entre os esquemas semántico e sintáctico das oracións coordinadas. Observación e transformación de enunciados de acordo con estes esquemas e uso da terminoloxía sintáctica necesaria.
C4.1.5 - Procedementos de adquisición e formación de palabras. Reflexión sobre as mudanzas no seu significado, as relacións semánticas entre palabras e os seus valores denotativos e connotativos en función do contexto e do propósito comunicativo.
C4.1.6 - Estratexias de uso progresivamente autónomo de dicionarios e manuais de gramáticas, en formato físico ou electrónico, para obter información gramatical básica.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 A oralidade e a escritura: falar non ten cancelas, escribir non ten somieres.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Recoñecer e valorar, a partir da explicación sobre o desenvolvemento histórico do galego e do portugués, as semellanzas e diferenzas entre as dúas linguas, identificando e contrastando algúns dos seus trazos morfolóxicos máis salientables e ampliando o repertorio léxico básico en lingua portuguesa.
Proba escrita
O alumnado, como mínimo, sabe explicar a historia da nosa lingua, a parte diferencial da historia da lingua portuguesa, identifica en textos as diferenzas entre ambas linguas e coñece léxico básico portugués. 60
CA1.2 Valorar a lingua catalá, analizando as súas características máis básicas para coñecer e comprender a realidade lingüística de España.
Proba escrita
O alumnado, como mínimo, identifica nun texto as características máis básicas dun texto en catalán. 10
CA4.1 Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical, valorando o dominio do sistema fonético-fonolóxico, o uso do léxico tradicional e as construcións morfosintácticas máis xenuínas (infinitivo persoal, dativo de solidariedade etc).
Proba escrita
O alumnado, como mínimo sabe explicar as características que diferencian a lingua oral e a lingua escrita valéndose de exemplificacións propias. 10
CA4.4 Formular xeneralizacións sobre algúns aspectos do funcionamento da lingua a partir da observación, a comparación e a transformación de enunciados, así como da formulación de hipóteses e a procura de contraexemplos, utilizando a metalinguaxe específica e consultando de maneira progresivamente autónoma dicionarios, manuais e gramáticas en distintos formatos.
Proba escrita
O alumnado, como mínimo, realiza buscas avanzadas no dicionario da lingua dunha maneira correcta para responder a necesidades lingüísticas concretas. 20

2 Da orixe da lingua á literatura medieval con Nuno Eanes de Cercio
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 omprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais de certa complexidade que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias e con diferentes propósitos de lectura.
Táboa de indicadores
O alumnado, como mínimo, realiza tras a lectura íntegra dunha obra literaria de temática sociolingüística, unha analise apropiada da obra relacionándoa cos fenómenos de linguas en contacto. 18
CA3.2 Valorar criticamente o contido e a forma de textos de certa complexidade avaliando a súa calidade e fiabilidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados.
Táboa de indicadores
O alumnado, como mínimo, comprende e analiza nunha cantiga de amigo medieval a finalidade, a temática, as personaxes, o xénero e subxénero de maneira satisfactoria. 20
CA3.4 Compartir a experiencia da lectura en soportes diversos relacionando o sentido da obra coa propia experiencia biográfica, lectora e cultural.
Táboa de indicadores
O alumnado, como mínimo, relaciona o sentido da obra lida coa súa propia experiencia biográfica, lectora e cultural. 6
CA3.5 Explicar a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico, atendendo á configuración e á evolución dos xéneros e subxéneros literarios.
Proba escrita
O alumnado, como mínimo, pon en relación unha cantiga coa literatura da época, coa evolución do xénero e coa arte actual dunha maneira satisfactoria. 20
CA3.6 Establecer de maneira progresivamente autónoma vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas e culturais en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do lector na lectura.
Táboa de indicadores
O alumnado, como mínimo, relaciona a obra de lectura con outras manifestacións artísticas e culturais en canto á súa temática e/ou a súa forma. 6
CA4.1 Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical, valorando o dominio do sistema fonético-fonolóxico, o uso do léxico tradicional e as construcións morfosintácticas máis xenuínas (infinitivo persoal, dativo de solidariedade etc).
Proba escrita
O alumnado, como mínimo, identifica nun texto as diferentes unidades lingüísticas e as funcións que as constitúen. 20
CA4.3 Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e a metalinguaxe específica.
Proba escrita
O alumnado, como mínimo, localiza e explica a funcionalidade dos recursos formais nunha cantiga medieval. 10

3 O noso idioma hoxe: das redes sociais á música
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.3 Identificar e cuestionar prexuízos e estereotipos lingüísticos adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural e lingüística a partir da análise da diversidade lingüística do centro escolar e da contorna social próxima e da exploración e reflexión sociolingüística sobre os fenómenos de contacto entre linguas.
Táboa de indicadores
O alumnado no traballo de investigación, como mínimo, identifica e cuestiona os prexuízos e estereotipos lingüísticos con actitude de respecto e valoración da riqueza cultural e lingüística. 20
CA1.4 Elaborar traballos de investigación de maneira progresivamente autónoma en diferentes soportes sobre diversos temas de interese académico, persoal ou social partindo da información seleccionada.
Táboa de indicadores
O alumnado, como mínimo, entrega o traballlo de investigación nº 1 sobre a apreciación das linguas na súa contorna e nas redes sociais en formato dixital respectando os requisitos formais e de contido indicados previamente. 10
CA2.1 Comprender e valorar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais de certa complexidade de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos e avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Táboa de indicadores
O alumnado, como mínimo, entrega o traballo de investigación en formato dixital respectando a coherencia, cohesión e adecuación textuais, co corrector pasado e sen erros propios da falta de lectura atenta (p.ex. letras repetidas, palabras unidas, faltas de espazos...). 20
CA2.2 Realizar exposicións orais de certa extensión e complexidade con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez, coherencia e cohesión e co rexistro adecuado en diferentes soportes, utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
Táboa de indicadores
O alumnado expón oralmente a investigacion nº 1, como mínimo, en rexistro culto, con fluidez, coherencia e cohesión, con uso correcto dos elementos non verbais e con contido apropiado e de interese. 40
CA2.3 Participar de maneira activa e adecuada en interaccións orais informais e en situacións orais formais de carácter dialogado, mantendo actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
Táboa de indicadores
O alumnado debe na súa exposición oral, como mínimo, utilizar de maneira correcta todo o paradigma verbal atendendo especialmente ao emprego axeitado do infinitivo persoal. 10

4 Que din os eucaliptos.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.2 Realizar exposicións orais de certa extensión e complexidade con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez, coherencia e cohesión e co rexistro adecuado en diferentes soportes, utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
Táboa de indicadores
O alumnado, como mínimo, realiza e explica un esquema, un resumo e un mapa conceptual a partir dun texto dado e define algúns dos termos aparecidos nel. 40
CA2.3 Participar de maneira activa e adecuada en interaccións orais informais e en situacións orais formais de carácter dialogado, mantendo actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
Táboa de indicadores
O alumnado, como mínimo, utiliza nunha explicación oral mecanismos de referencia interna de carácter léxico por nominalización e hiperonimia abstracta. 10
CA3.2 Valorar criticamente o contido e a forma de textos de certa complexidade avaliando a súa calidade e fiabilidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados.
Táboa de indicadores
O alumnado, como mínimo, xustifica a presenza dos Séculos Escuros na nosa historia cultural e comprende e analiza un texto pondaliano. 30
CA4.1 Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical, valorando o dominio do sistema fonético-fonolóxico, o uso do léxico tradicional e as construcións morfosintácticas máis xenuínas (infinitivo persoal, dativo de solidariedade etc).
Proba escrita
O alumnado, como mínimo recoñece os diferentes afixos para a mudanza de categoría e o seu significado e crea constelacións léxicas dunha palabra mediante a utilización de afixos. 20

5 Rosalia improvisadora!
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 omprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais de certa complexidade que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias e con diferentes propósitos de lectura.
Táboa de indicadores
O alumnado, como mínimo, realiza ,tras a lectura íntegra da obra literaria indicada, unha analise apropiada do volume seguindo as indicacións proporcionadas polo profesorado da materia. 18
CA3.2 Valorar criticamente o contido e a forma de textos de certa complexidade avaliando a súa calidade e fiabilidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados.
Táboa de indicadores
O alumnado, como mínimo, comprende e analiza un texto rosaliano aplicando un modelo de comentario previamente traballado na aula. 30
CA3.4 Compartir a experiencia da lectura en soportes diversos relacionando o sentido da obra coa propia experiencia biográfica, lectora e cultural.
Táboa de indicadores
O alumnado, como mínimo, relaciona o sentido da obra lida coa súa propia experiencia biográfica, lectora e cultural. 6
CA3.5 Explicar a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico, atendendo á configuración e á evolución dos xéneros e subxéneros literarios.
Proba escrita
O alumnado, como mínimo, é capaz de poñer en relación a obra rosaliana coa literatura da época, coa evolución do xénero lírico e coa arte actual. 20
CA3.6 Establecer de maneira progresivamente autónoma vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas e culturais en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do lector na lectura.
Táboa de indicadores
O alumnado, como mínimo, relaciona a obra de lectura con outras manifestacións artísticas e culturais en canto á súa temática e/ou á súa forma.. 6
CA4.1 Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical, valorando o dominio do sistema fonético-fonolóxico, o uso do léxico tradicional e as construcións morfosintácticas máis xenuínas (infinitivo persoal, dativo de solidariedade etc).
Proba escrita
Ao longo da proba o alumnado, como mínimo, emprega en varias ocasións o infinitivo persoal de maneira correcta na forma e coherente no significado en persoas gramaticais diferentes. 10
CA4.2 Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e identificar e aclarar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
Proba escrita
O alumnado, como mínimo, revisa os seus textos tanto lingüística como literariamente de maneira que neles non se poidan detectar erros debidos á falta da revisión apropiada. 10

6 Poesia e Regueifesta! A festa da canción improvisada. Rosalia improvisadora.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 omprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais de certa complexidade que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias e con diferentes propósitos de lectura.
Táboa de indicadores
O alumnado como mínimo crea un espectáculo poético, con improvisación oral en verso, -regueifa-, para outras aulas con textos da súa creación no Día de Rosalía. 10
CA3.2 Valorar criticamente o contido e a forma de textos de certa complexidade avaliando a súa calidade e fiabilidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados.
Táboa de indicadores
O alumnado, como mínimo, recitará de maneira expresiva os textos da súa creación en público. 20
CA3.3 Ler de maneira autónoma textos seleccionados en función dos propios gustos, intereses e necesidades e deixar constancia do progreso do propio itinerario lector e cultural explicando os criterios de selección das lecturas, as formas de acceso á cultura literaria e a experiencia da lectura.
Táboa de indicadores
O alumnado incluirá na súa proposta creativa texots relacionados coa regueifa, Rosalia de Castro e outras autoras vinculadas coa expresión poética actual. 20
CA3.7 Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e coa axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, a partir da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá entregar un traballo textual multimodal de carácter literario sobre algún valor da adolescencia actual poñéndoo en relación coa obra rosaliana e/ou as súas derivacións posteriores. 50

7 As linguas dos pobos: Regueifa, glosa e bertso. As linguas dos Países Cataláns, Euskal Herria e doutros pobos do estado español.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Comprender e valorar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais de certa complexidade de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos e avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Proba escrita
O alumnado, como mínimo, identifica a calidade e fiabilidade de informacións procedentes dos medios de comunicación dada. E procurará a presenza das linguas do estado español nas redes sociais e medios de comunicación 10
CA2.2 Realizar exposicións orais de certa extensión e complexidade con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez, coherencia e cohesión e co rexistro adecuado en diferentes soportes, utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
Táboa de indicadores
O alumnado, como mínimo, analiza oralmente nunha exposición de 3 minutos 3 mensaxes publicitarias buscadas por el , en linguas minorizadas do estado español, (unha institucional, unha destinada á mocidade, unha que conteña usos discriminatorios) tanto na súa forma como no seu contido. 30
CA2.4 Comprender, valorar criticamente e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais de certa complexidade que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias e avaliando a súa calidade e fiabilidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados.
Proba escrita
O alumnado, como mínimo, valora criticamente o sentido e intencionalidade de mensaxes dos medios de comunicación dadas referidas a unha mesma noticia. 10
CA2.6 ocalizar, seleccionar e contrastar información de maneira progresivamente autónoma procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura, adoptando un punto de vista crítico e respectando os principios de propiedade intelectual.
Proba escrita
O alumnado, como mínimo, localiza posibles manipulacións en contidos procedentes dos medios de comunicación. 20
CA2.7 Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable das tecnoloxías dixitais con relación á procura e á comunicación da información, reflexionando sobre as posibles manipulacións presentes nas canles de transmisión da información.
Proba escrita
O alumnado, como mínimo, realiza por escrito unha reflexión coherente sobre as posibles manipulacións nas canles de transmisión de información. 20
CA2.9 Identificar e desterrar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe partindo da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación.
Proba escrita
O alumnado, como mínimo, analiza satisfactoriamente a significación dos elementos non verbais en mensaxes publicitarias. 10

8 Curros: o rebelde, o punky.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Comprender e valorar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais de certa complexidade de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos e avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Táboa de indicadores
O alumnado, como mínimo, é capaz de discrepar, queixarse, ordenar e reprobar dunha maneira empática e construtiva. 10
CA2.10 Utilizar estratexias para a resolución dialogada dos conflitos procurando consensos, tanto no ámbito persoal coma no educativo e no social.
Táboa de indicadores
O alumnado, como mínimo, demostra que sabe utilizar de maneira adecuada estratexias na resolución dialogada de conflitos de maneira espontánea. 10
CA3.1 omprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais de certa complexidade que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias e con diferentes propósitos de lectura.
Táboa de indicadores
O alumnado, como mínimo, realiza, tras a lectura íntegra da obra literaria indicada, unha analise apropiada do volume seguindo as indicacións proporcionadas polo profesorado da materia. 18
CA3.2 Valorar criticamente o contido e a forma de textos de certa complexidade avaliando a súa calidade e fiabilidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados.
Táboa de indicadores
O alumnado, como mínimo, comprende e analiza un texto de Curros aplicando un modelo de comentario previamente traballado na aula. 30
CA3.4 Compartir a experiencia da lectura en soportes diversos relacionando o sentido da obra coa propia experiencia biográfica, lectora e cultural.
Táboa de indicadores
O alumnado, como mínimo, relaciona o sentido da obra lida coa súa propia experiencia biográfica, lectora e cultural. 6
CA3.5 Explicar a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico, atendendo á configuración e á evolución dos xéneros e subxéneros literarios.
Proba escrita
O alumnado, como mínimo, pon en relación a obra de Curros coa literatura da época, coa evolución do xénero lírico e con manifestacións artísticas da actualidade. 20
CA3.6 Establecer de maneira progresivamente autónoma vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas e culturais en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do lector na lectura.
Táboa de indicadores
O alumnado, como mínimo, relaciona a obra de lectura con outras manifestacións artísticas e culturais en canto á súa temática e/ou a súa forma. 6

9 Voces do século XXI
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.2 Realizar exposicións orais de certa extensión e complexidade con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez, coherencia e cohesión e co rexistro adecuado en diferentes soportes, utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
Táboa de indicadores
O alumnado, como mínimo, entrega un podcast cunha reportaxe sobre unha iniciativa de mellora social que esperta interese, respecta as características do xénero e segue as instrucións da profesora. 40
CA2.3 Participar de maneira activa e adecuada en interaccións orais informais e en situacións orais formais de carácter dialogado, mantendo actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
Táboa de indicadores
O alumnado, como mínimo, inclúe unha entrevista a alguén que garde relación coa devandita iniciativa e demostra as súas actitudes de escoita activa e as súas estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística. 10
CA2.5 Planificar a redacción de textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle, presentando, despois da súa revisión, un texto final coherente, cohesionado e co rexistro axeitado.
Táboa de indicadores
O alumnado ,como mínimo, entrega unha reportaxe que esperta interese e que respecta as características dese xénero textual, sobre unha iniciativa de mellora social. 40
CA2.8 Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística coa metalinguaxe específica e identificar e aclarar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
Táboa de indicadores
O alumnado como mínimo entrega a reportaxe co corrector pasado e sen erros propios da falta de lectura atenta (p.ex. letras repetidas, repetición de palabras...). 10

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


Antes de comezar cada unidade, segundo a indicación do pedagogo galego, Miguel Vázquez Freire, trataranse de pescudar na aula os coñecementos previos do alumnado, para relacionalos progresivamente cos novos contidos que se impartan, só así se poderá conseguir unha aprendizaxe significativa e construtiva na que os novos coñecementos e o proceso de aprendizaxe estean relacionados co desenvolvemento psicolóxico, o ritmo evolutivo e as capacidades e contidos adquiridos previamente polas alumnas e alumnos. De calquera xeito, é preferible aprender poucos conceptos e facelo de xeito rigoroso e non moitos de maneira superficial, como sucede coa aprendizaxe memorística significativa.

 

Tamén se proporán preguntas que supoñan un revulsivo para as/os estudantes e que incrementen a súa atención por medio da interacción co/coa docente. É moi relevante para o profesor/a a premisa de ensinar a aprender segundo a cal, a aprendizaxe é un proceso que se desenvolve ao longo da vida, por iso correspóndelle á/ao docente ir dotando o seu alumnado dunha progresiva autonomía que lle permita "aprender a aprender", a buscaren por si mesmos a información que teñen ao seu alcance para que o día de mañá saiban desenvolverse. Por outra banda, é preciso sinalar que sería moi efectivo crear unha liña metodolóxica común entre todos os membros do Departamento de Lingua Galega ao longo de toda a etapa, para evitar cambios ou desaxustes bruscos na/o alumna/o ao mudar de curso. Para iso, é indispensable a estreita cooperación de todos os compoñentes do Departamento.

 

LIÑAS METODOLÓXICAS:

 

O principal propósito que se procura é mellorar a competencia comunicativa en lingua galega. Non esquezamos que a clase de lingua estivo tradicionalmente orientada, na meirande parte dos casos, á realización dunha serie de actividades pouco motivadoras, encamiñadas a conseguir uns contidos formais que dificilmente teñen relación co uso real da lingua.

 

Sabemos que o desenvolvemento intelectual pode ser acelerado mediante o emprego de determinadas estratexias didácticas, por iso, a metodoloxía de ensino en Lingua Galega e Literatura tratará de ser o máis activa posible e alternará traballos individuais con traballos cooperativos que melloren os vínculos entre o alumnado e mesmo favorezan as relacións interculturais, por suposto, incluíndo na mesma liña a ensinanza por competencias. Segundo a Teoría de Intelixencias Múltiples de Gardner existen diferentes estilos de aprendizaxe, por conseguinte, tratarase na medida do posible de atender os diferentes ritmos para que todo o alumnado vaia adquirindo os coñecementos básicos.

 

Outra cuestión a ter en conta é o traballo da oralidade, pois en boa parte dos casos o uso da lingua polos rapaces e rapazas queda relegado a unha práctica ritual forzada polas clases de Lingua Galega e as outras materias que se imparten obrigatoriamente en galego. Por outra parte, somos moi conscientes de que a propia actitude do profesorado inflúe na motivación e rendemento do alumnado, pois como sinalou Jurjo Torres Santomé na súa teoría sobre o currículo oculto, en moitos aspectos, os valores transmitidos informalmente dende as aulas poden ter efectos moito máis determinantes e poderosos que os contidos curriculares explícitos. Teremos isto en conta para que non se produza ningún tipo de desaxuste na conformación do autoconcepto nin na traxectoria académica do alumnado.

 

LIÑAS DE ACTUACIÓN NO PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE:

 

-O uso de distintos métodos que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado, favorezan a capacidade de aprender por si mesmos e que o capaciten para acceder á formación superior ou ao futuro profesional de forma competente.

-A realización de tarefas complexas, de xeito que o alumnado teña que mobilizar un amplo conxunto de recursos e saberes para afrontar con éxito as diferentes situacións comunicativas e sexa quen de responder aos retos da sociedade do século XXI, que require persoas cultas, críticas e ben informadas.

 

-O deseño de proxectos significativos para o alumnado, baseados en contextos recoñecibles, que teñan en conta, se for posible, as súas vivencias particulares e o reforzo do seu compromiso co desenvolvemento sostible, a defensa dos dereitos humanos e a convivencia igualitaria, inclusiva, pacífica e democrática. A análise do sexismo na publicidade, a comparación de escenas de películas, a elaboración de trípticos... servirían como exemplos que hai que seguir.

 

-O traballo cooperativo, coa proposta de tarefas nas que o alumnado debe regular a súa conduta e a súa capacidade para se relacionar cos demais, estimulando o respecto crítico a outros puntos de vista, o recoñecemento dos propios valores e limitacións, a adaptación ás necesidades colectivas, a asunción de responsabilidades e o respecto ás normas acordadas.

Alén diso, o traballo colaborativo en proxectos debe potenciar que cada persoa teña os seus tempos e os seus espazos de recoñecemento da súa valía persoal e da súa capacidade de contribuír a desenvolver a actividade, reforzando así a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade.

 

-A énfase na atención á diversidade, na atención individualizada, na prevención das dificultades de aprendizaxe e na posta en practica de mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten estas dificultades ou de tarefas de ampliación para aquel alumado que precise afondar máis nos contidos.

 

-Uso de estratexias para traballar transversalmente a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, a competencia dixital, o fomento da creatividade, do espírito científico e do emprendemento. A adquisición destas destrezas pode acadarse a través da lectura de distintos tipos de textos, da súa comprensión e da reflexión arredor deles.

-O desenvolvemento gradual e progresivo dos obxectivos e dos contidos de maneira que, alén de incrementar a dificultade dos procesos e situacións comunicativas, tamén se vaian adquirindo habilidades máis complexas que propicien a aprendizaxe individual e autónoma.

 

-A potenciación da reflexión interlingüística, centrada especialmente na lingua galega e portuguesa. Buscamos a intercomunicación nos dous idiomas con actividades que favorezan a adquisición doutras habilidades que, como a mediación, poden resultar moi útiles na futura traxectoria profesional da mocidade galega. Con este fin, os centros educativos, a través do profesorado de Lingua Galega, o equipo de dinamización da lingua galega, a biblioteca ou outros departamentos así como a través de programas internacionais, poderán promover actuacións que, de xeito presencial ou virtual, propicien os intercambios lingüísticos entre o alumnado galego e lusófono (encontros, concursos, festivais...).

 

-Traballo interdisciplinario e a coordinación con outros departamentos e equipos do centro, especialmente co equipo de dinamización da lingua galega e o equipo de biblioteca como mellor vía para promover actuacións tanto de xeito presencial como virtual: saídas didácticas, exposicións, espectáculos...

 

-A proposta de lectura de obras que, alén de ampliar os ámbitos de coñecemento do alumnado e de melloraren o seu nivel de capacidade verbal, promovan a defensa de valores socioculturais e éticos (dereitos humanos, conciencia ambiental, benestar animal...).

 

-A recomendación de lecturas en soportes variados, enmarcando as obras nos xéneros literarios e evitando a memorización descontextualizada dun conxunto de características, autores e títulos de obras.

 

-A énfase nas estratexias que fomenten a oralidade e as competencias activas co fin de que o alumnado adquira os recursos necesarios para se expresar correctamente nunha ampla variedade de situacións comunicativas (espontáneas ou planificadas) e de contextos (formais e informais). Entre o amplo abano de actuacións que contribúen ao desenvolvemento desta destreza, están o cinema, as dramatizacións e representacións teatrais, a radio coas súas múltiples posibilidades (informativos, publicidade, teatro radiofónico...), a música (rap, poemas musicados...) e todo tipo de iniciativas en formato audiovisual.

-O cultivo da sensibilidade estética e cultural do alumnado para que sexa quen de apreciar a beleza das obras literarias e para fomentar o enriquecemento do seu acervo cultural e das súas posibilidades de expresión, a través, por exemplo, da realización de exposicións, comentarios, adaptacións audiovisuais de relatos etc.

 

-O desenvolvemento da competencia dixital en lingua galega a través das TIC e o coñecemento de recursos dixitais que faciliten a procura de información, a revisión dos textos e a súa posterior divulgación, sempre respectando os dereitos da propiedade intelectual.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Beltrán Carballeira, Ramón X. (2019). Manual práctico de galego. Baía Edicións.
Callón Torres, Carlos Manuel (2022) O libro negro da lingua galega . Edicións Xerais de Galicia.
Castro, Rosalía de (2019) Escritos feministas. Fundación Rosalía de Castro.
Cunha, Celsa & Cintra, Lindley (2017). (7ª Ed.). Nova gramática do português contemporâneo de acordo com a nova ortografía. Lexikon Editora Digital.
Dicionario Xerais castelán-galego de usos, frases e sinónimos (2007) Edicións Xerais de Galicia.
Dosil, Benxamín (2015). Escrita doada: consellos para redactar ben. Edicións Xerais de Galicia.
Dosil, Benxamín (2021). Manual de uso da lingua galega. Edicións Xerais de Galicia.
Feixó Cid, Xosé G. (2021). Gramática da lingua galega. Síntese práctica (6ª Edición). Edicións Xerais de Galicia.
Fernández Salgado, Benigno (Dir.) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da Lingua Galega. Galaxia.
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (1998-2003). Gramática da Lingua Galega (Volumes I-II-III e IV,) A Nosa Terra.
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2013). Estilística da Lingua Galega. Edicións Xerais de Galicia.
Gómez Sánchez, Anxo e Queixas Zas, Mercedes (2001) Historia xeral da literatura galega. A Nosa Terra.
Gran Dicionario Xerais da lingua (2009), VV AA, 2 tomos. Edicións Xerais de Galicia.
López Viñas, Xoán; Lourenço Módia, Cilha & Moreda Leirado, Marisa (2011). (2ª Ed. Corrixida). Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión. Baía Edicións.
Méndez Álvarez, Mª Xesús (2004). Ortografía da Lingua Galega. Edicións Xerais de Galicia.
Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, 2003 (edición revisada) RAG/ILG
Novo Folgueira, Paulino (1999). Dicionario de uso para a comunicación. Edicións Xerais de Galicia.
Pena Sánchez, Xosé Ramón (2002) Historia da literatura medieval galego-portuguesa. Sotelo Blanco.
Pena Sánchez, Xosé Ramón (2013) Historia da literatura galega I. Das orixes a 1853. Edicións Xerais de Galicia.
Pena Sánchez, Xosé Ramón (2014) Historia da literatura galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento. Edicións Xerais de Galicia.
Queixas Zas, Mercedes (2016) De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal. Breve historia da literatura galega. Edicións Xerais de Galicia.
Regueira, Xosé Luís (2010). Dicionario de pronuncia da lingua galega. A Coruña: Real Academia Galega.
Rosales Cereijo, Manuel (2002). A linguaxe literaria. Guía de recursos para a análise textual. Edicións Xerais de Galicia.
Torres Santomé, Jurjo (1995). O Curriculum oculto. Porto Editora
Vilagrasa Grandia, Albert (2018). A punt 1. Publicacions de l`Abadia de Montserrat. Bastons Vilallonga, Núria, Bernardó Fernández, Cristina, Comajoan Colomé, Llorenç (2011). Gramàtica Pràctica del catalá. Teide
WEBS
Aulas Galegas.Galego (https://aulasgalegas.org/category/linguas/galego/)
Casa de Rosalía. Fundación Rosalía de Castro (https://rosalia.gal/)
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (22 de agosto de 2022). Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa. (http://bernal.cirp.gal/ords/f?p=MEDDB3:2)
Dicionario castelán-galego. Rinoceronte Editora (https://rinoceronte.gal/dicionario/)
Dicionario de pronuncia da lingua galega (http://ilg.usc.es/pronuncia/)
Dicionario da Real Academia Galega (http://www.realacademiagalega.org/dicionario#inicio.do)
Dicionario visual interactivo (www.edu.xunta.es/contidos/dicionariovisual/dicionario.html)
Fundación Curros Enríquez (http://www.currosenriquez.es/)
Historia da Literatura Galega. AS-PG (http://literaturagalega.as-pg.gal/)
Rosalía de Castro - A Casa de Rosalía de Castro. Lista de Spotify que recolle versións musicadas da obra de Rosalía de Castro (https://open.spotify.com/playlist/2SJGaDUGMjdcBouKLBSjiw?si=da61844b3ee1403b)
Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLG), RAG / ILG, Galaxia (http://www. realacademiagalega.org/recursos-volg)

As aulas e a biblioteca son os lugares en que o alumnado ten ao seu alcance a maioría dosrecursos e materiais do centro. A biblioteca ofrece, ademais, obras de lectura, libros de texto,

mapas, revistas, xornais e recursos dixitais para consultar información, realizar traballos de investigación etc. En resumo, dispoñemos de:

- Medios audiovisuais: ordenadores, pantallas dixitais, canón, impresoras, tablets...

- Recursos dixitais: dicionarios en liña, xornais dixitais e acceso a diversos portais da lingua (Portal da Lingua Galega, Portal das Palabras), blogs, aplicacións etc.

- Material bibliográfico: libros de lectura, libros de texto e de consulta, dicionarios en papel, xornais, revistas, mapas etc.

Tamén se debe contemplar, tal como se especifica no artigo 78 da Orde do 8 de setembro de 2021, a necesidade de materiais axeitados para a atención á diversidade. O centro dispón dunha equipación adecuada para todo o alumnado, mesmo para aquel que teña dificultades de accesibilidade ás súas instalacións (cadeiras de rodas, elevadores, escada rolante, muletas etc.). Se se precisa algún outro material complementario adaptado a este tipo de alumnado, será solicitado á Consellería a través dos informes correspondentes.


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


A avaliación inicial, cuxo fin é diagnosticar e valorar o nivel de coñecementos previos do alumnado, efectuarase nas primeiras sesións do curso.

 

Será, xunto coa información obtida a través do Departamento de Orientación e da consulta do expediente académico da alumna ou alumno no XADE, unha ferramenta esencial para que o profesorado poida coñecer o nivel académico do alumnado nas distintas competencias, co fin de poder adaptar o seu proceso de ensinanza e a súa proposta didáctica a ese nivel.

Alén diso, a avaliación inicial constitúe un factor preventivo esencial na atención á diversidade, especialmente cando se trata de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

 

Os resultados da avaliación inicial servirán como referente para adoptar as decisións de tipo educativo que correspondan e, nos casos en que for necesario, para demandar da xefatura do Departamento de Orientación a realización dunha avaliación psicopedagóxica.

 

Esta proba, que poderá partir dun texto literario, xornalístico, etc. constará das seguintes partes:

 

- Comprensión oral. O alumnado deberá responder, a partir da escoita ou visionado dun audio ou vídeo, a preguntas sobre o seu contido.

 

- Comprensión escrita. O alumnado deberá contestar a preguntas pechadas sobre o contido dun texto escrito.

 

- Produción oral. O alumnado realizará intervencións orais a respecto dos contidos e/ou temática do audio ou vídeo proposto.

 

- Produción escrita. O alumnado realizará unha pequena composición escrita sobre o contido e/ou temática do audio ou vídeo proposto.

 

Á parte disto, a proba incluirá diversas cuestións relacionadas coa reflexión sobre a lingua, sociolingüística, literatura e hábitos lectores referidos ao aprendido no nivel ou etapa anterior.

 

Se fose posible, poderíase pasar un test sociométrico cuxos resultados nos servirán á hora de facer os agrupamentos para as diferentes actividades do curso.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 10.0 10.0 15.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 15.0 100.0
Proba escrita 100.0 50.0 0.0 20.0 40.0 0.0 70.0 20.0 0.0 30.0
Táboa de indicadores 0.0 50.0 100.0 80.0 60.0 100.0 30.0 80.0 100.0 70.0

Coa vontade de desenvolver un proceso de ensinanza-aprendizaxe competencial nesta programación apostouse por unha didáctica que lle dese importancia ao desenvolvemento de proxectos e de actividades centradas na utilización da lingua oral, o cal redunda na presenza dunha maior porcentaxe no valor das táboas de indicadores fronte ao das probas escritas, como se pode ver na distribución dos instrumentos de avaliación un 70% a través de táboas de indicadores fronte a un 30% a través de probas escritas.

 

Por incompatibiliade cos procesos de avaliación non existe ningún criterio de avaliación nin actividade en solitario cuxa non superación impida que o alumnado supere a materia.

 

--- Utilización da lingua galega e penalizacións por incorreccións lingüísticas:

 

O alumnado desenvolverá as probas en lingua galega, no caso das probas de avaliación escritas, ademais dos criterios de cualificación específicos de cada proba, aplicarase unha penalización de nota por incorreccións lingüísticas que no caso de 3º de ESO non superará os 2 puntos de rebaixa.

 

Nos casos de avaliación oral é o profesorado do nivel o que establece os criterios de penalización por incorreccións lingüísticas que en ningún caso poderán superar os 2 puntos en 3º de ESO.

 

No Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, no artigo 12 establécese:

"2. Nas clases de lingua e literatura galega e lingua e literatura castelá, usarase, respectivamente, o galego e o castelán, tanto por parte do profesorado como por parte do alumnado".

 

O incumpriento deste artigo por parte da alumna ou alumno no desenvolvemento das sesións de clase provocará un suspenso na materia en tanto que demostra falta de coñecemento ou respecto pola utilización da nosa lingua que é o núcleo da propia materia.

 

Seguindo o Decreto tamén, o alumnado deberá falar e escribir en galego nas súas probas e, de non facelo, a proba en cuestión será cualificada con 0 puntos. Entenderase que unha proba está noutra lingua e non en galego cando o nivel de incorreccións supere o dobre do permitido, isto é, cando a unha proba de 3º de ESO lle corresponderían os 4 puntos de rebaixa por incorreccións lingüísticas.

 

 

Para 3º de ESO o sistema de cualificación para a avaliación ordinaria será o seguinte:

 

1. Prácticas de expresión oral (individuais ou en grupo): 10%. Avaliaranse mediante un rexistro do profesorado e rúbricas e com probas sobre xéneros orais: asemblea, debate.... En cada práctica oral o profesorado explicará os criterios concretos de puntuación. Realizarase, como mínimo, unha práctica oral planificada (individual ou en grupo) por avaliación.

 

2. Libro de lectura: 10%. Haberá que ler un libro por trimestre escollido do listado que previamente establecerá o profesorado; será avaliado mediante unha proba oral ou escrita. Ademais, o alumnado poderá ler un máximo de dous libros voluntarios por avaliación, que computarán ata 0,3 puntos cada un e que se sumarán á nota global da avaliación, pero sempre a partir do aprobado e despois de realizar a proba de control correspondente.

 

3. Traballos escritos: 20%. Recolleranse diversas actividades e traballos por avaliación (individuais ou en grupo) relacionados con tarefas de comprensión e análise de textos, lingua e sociedade ou literatura.

 

4 Exames: 40%. Realizaranse 1 exame por avaliación. Será necesario obter unha nota mínima de 3,5 puntos para poder sumar os demais apartados. De non acadar esta nota mínima consideraríase suspensa a avaliación.

 

5 Competencia social e cívica (CSC): 10% Valorarase o esforzo, a organización do traballo, a autonomía do alumnado.

 

6 Competencia de aprender a aprender (CAA): 10%. Valorarase a responsabilidade na entrega de tarefas, os prazos, o coidado dos materiais, o respecto polas compañeiras e o docente, a harmonía na aula.

 

8. Ademais, a participación voluntaria do alumnado en actividades educativas do Equipo de Dinamización Lingüística, Clube da lingua do centro, relacionadas directamente coa programación desta materia, poderán ser valoradas para subir nota ata un máximo de 1 punto.

 

Das cualificacións de todas as probas e traballos restarase puntuación por erros ortográficos (máximo -2 puntos) e de presentación (máximo -0,5 puntos); as faltas de ortografía. As faltas de ortografía descontaranse do seguinte xeito:

 

1.a Faltas copiadas ou moi graves: 0,1 puntos cada unha

1.b Resto de faltas, incluídos os acentos gráficos: 0,1 puntos cada 2 faltas

 

Cando se descubra a un alumno ou alumna copiando anularáselle a parte implicada ou a totalidade do exercicio, segundo corresponda; no caso de anular a totalidade do exercicio o profesorado fixará outro día para repetilo.

 

A nota de cada avaliación calcularase sumando as notas de cada unha das competencias sinaladas; para acadar unha cualificación positiva será necesario obter unha nota de 5 puntos ou superior. A cualificación da avaliación final ordinaria obterase mediante o cálculo da media aritmética das tres avaliacións e a posibilidade de sumar até un punto a esa media coas tarefas de revisión e ampliación de materia durante o período abranguido entre a terceira avaliación parcial (07/06/2022) e a avaliación final

ordinaria do (23/06/2022). O alumnado durante ese período fará traballos en grupo de elaboración e exposición de contidos de revisión de materia vista ao longo do curso.

 

 

 

 

 

Atendendo á Orde de modificación do calendario de fin de curso publicada pola Consellaría de educación do 27 de decembro de 2022.

O alumnado que non teña superada todas as avaliacións cunha media aritmética de 5 ao finalizar a 3ª avaliación terá a posibilidade de recuperar as partes da materia que non teña superadas nas datas acordadas na CCP do centro para as recuperacións desde o día 19 ao 21 de xuño de 2023.

As recuperacións realizaranse mediante un exame, de modo que serán avaliados os estándares CCL. Cando un alumno/a teña unha avaliación suspensa pode aprobar directamente sempre que a media das tres avaliacións sexa igual ou superior a 5 puntos; se a media non chega para aprobar directamente ou cando teña suspensas dúas avaliacións deberá realizar un ou dous exames de recuperación (segundo proceda). A cualificación global da recuperación calcularíase outorgándolle ao exame a mesma porcentaxe que durante o curso ten a CCL (70% na 1º e 70% na 2ª e 3ª avaliacións) e sumándolle as notas correspondentes da CCA, CSC, CCEC e CD; sería necesario obter 5 puntos para considerala aprobada.

Este alumnado que ten que facer recuperacións nas datas acordadas, nas dúas semanas anteriores ás recuperacións, recibirá unha atención individualizada, material de repaso e reforzo daquelas partes da materia que teña que recuperar. O resto do alumnado seguirá co normal desenvolvemento das aulas até o día 21 de xuño que rematan as aulas. A 3ª avaliación e a avaliación final serán o día 22 de xuño segundo a Orde da Consellaría.

 

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Segundo o artigo 13.5. da Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia: «Ao longo de cada curso realizaranse para cada grupo tres sesións de avaliación parciais. Así mesmo, farase o seguimento da recuperación das materias pendentes, se for o caso. A derradeira destas tres sesións poderá coincidir coa avaliación final do período ordinario. Haberá, así mesmo, unha sesión de avaliación logo da realización das probas extraordinarias. As avaliacións finais ordinaria e extraordinaria realizaranse nas datas que se determinen na norma que estableza o calendario escolar para cada curso».

 

En primeiro lugar, seguirase o disposto no Artigo 51. da Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación que alude ao Plan de reforzo para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que pase de curso con materias sen superar e que dita o seguinte:

 

1. O alumnado de educación secundaria obrigatoria que se promova de curso con materias sen superar deberá seguir un plan de reforzo en cada unha desas materias, destinado á súa recuperación e á súa superación.

 

2. O plan de reforzo será elaborado polo profesorado que imparte a materia que a alumna ou o alumno teña pendente de superar, baixo as directrices do correspondente departamento didáctico e co coñecemento do profesorado titor, e terá como referentes os obxectivos da materia e a contribución á adquisición das competencias. Igualmente, será un plan que se adapte ás particularidades de cada alumna ou alumno destinatarios. O departamento didáctico velará pola realización do plan por parte da alumna ou do alumno.

 

3. O plan de reforzo debe incluír, cando menos:

 

a) Identificación da alumna ou do alumno.

 

b) Información relevante sobre a materia ou as materias sen superar.

 

A alumna ou alumno e os seus familiares ou titores legais serán informados polo profesor/a da materia dos contidos do plan de reforzo e, máis concretamente, dos requisitos necesarios para aprobar a materia pendente. Desta información quedará constancia por escrito no departamento.

 

c) Currículo para desenvolver, con especificacióndos criterios de avaliación. Serán os establecidos na PD, coas oportunas modificacións, se for necesario.

 

d) Estratexias metodolóxicas que se utilizarán no seu desenvolvemento. As estratexias serán distintas ás empregadas habitualmente na aula co resto do alumnado, xa que a falta de presencialidade na aula obriga a establecer uns mecanismos de seguimento máis ríxidos para que a alumna/o non esqueza dedicarse tamén a esa materia.

 

e) Recursos necesarios para o seu desenvolvemento. Os recursos materiais son: computador portátil, impresora, libros de consulta, dicionarios dixitais ou en papel. Empregarase a aula virtual, ABALAR e/ou Edixgal outros medios dixitais.

 

f) Tarefas para realizar, coa debida temporalización. O alumnado deberá realizar para a su¿a preparación as actividades propostas de cada unidade, que deberá entregar ao profesor/a do curso no que se atope actualmente para seren corrixidas, ao tempo que poden consultar du¿bidas.

 

g) Seguimento e avaliación. O seguimento deste tipo de alumado establecerase a través de actividades, traballos, probas e reunións presenciais de periodicidade mensual na hora de atención ao alumnado e ás familias. Atenderase a través de medios telemáticos (aula virtual, programas específicos, ABALAR e outros medios dixitais).

 

En cada sesión de avaliación farase o seguimento do plan de reforzo e, de ser necesario, realizaránselle os axustes que procedan. Na sesión de avaliación final do curso en que estean escolarizados o alumno ou a alumna, a profesora ou o profesor da materia pendente decidirán sobre a su¿a avaliación, nos termos que se establecen na normativa que regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria. En todo caso, para superar a materia pendente, a alumna ou o alumno deberán obter avaliación positiva no plan de reforzo correspondente, o que se terá en conta para os efectos de promoción e/ou titulación.

 

Para a avaliación do alumnado que ten materias pendentes débense ter en conta os contidos impartidos na materia no curso anterior. Polo tanto, o plan de reforzo de materias pendentes debeá elaborarse considerando esas aprendizaxes e competencias non adquiridas.

 

Aqueles mecanismos de avaliación que non sexan susceptibles da su¿a repetición, por exemplo, unha presentación ou actuación en grupo, serán avaliados mediante a adaptación a unha versión individual que permita comprobar a superación dos criterios de avaliación implicados.

 

Para demostrar que adquiriron os mínimos de consecución e as aprendizaxes imprescindibles para superar a materia, deberán realizar du¿as probas extraordinarias, nos meses de xaneiro e maio. O alumnado que aprobe a primeira metade en xaneiro, só deberá realizar en maio a segunda parte. Aqueles que en xaneiro non superen a proba ou os que non se presentasen ao exame, deberán examinarse en maio da totalidade dos contidos.

 

Teranse en conta estes aspectos:

 

-O alumnado pendente deberá superar os mínimos de consecución marcados na programación do curso no que estea suspenso. Debe entregar en tempo e forma os proxectos trimestrais non superados e/ou non entregados no curso anterior. No mes de xaneiro do curso actual, o alumnado que suspendese o primeiro proxecto do curso anterior poderá volver a entregalo para a su¿a recuperación. No mes de maio, o alumnado que suspendese os proxectos número 2 e/ou número 3 poderá volver a entregalos para a su¿a recuperación.

 

A realización das actividades do plan de reforzo en forma e prazo pode eximir a/o alumna/o de realizar a proba escrita se o profesor/a o considera oportuno, de non ser así, terá que realizar os exames.

 

As porcentaxes que se aplicarán serán as seguintes:

 

Táboa de indicadores (probas orais, proxectos etc.): 50%

 

Proba escrita: 50%

 

A superación da materia nun curso superior, significará o aprobado da materia suspensa no nivel inferior.

 

h) Acreditación da información á familia. Farase mediante un modelo existente no centro en que conste toda a información a respecto da avaliación e dos resultados do alumno que, unha vez asinado pola nai, pai ou titores legais, será remitido ao departamento.


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


As medidas de atención á diversidade enténdese como o conxunto de actuacións educativas dirixidas a dar resposta ás diferentes capacidades, motivacións e intereses, ritmos e estilos de aprendizaxe e situacións persoais do alumnado. Estas medidas oriéntanse a alcanzar os obxectivos e as competencias establecidas para a ESO e réxense polos principios de equidade, calidade e igualdade de oportunidades, non discriminación, integración, accesibilidade e cooperación da comunidade educativa.

 

Segundo o artigo 49 da Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación, as administracións educativas asegurarán os recursos necesarios para que os alumnos e alumnas que requiran unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentar necesidades educativas especiais, por atraso madurativo, por trastornos do desenvolvemento da linguaxe e a comunicación, por trastornos de atención ou de aprendizaxe, por descoñecemento grave da lingua de aprendizaxe, por atoparse en situación de vulnerabilidade socioeducativa, polas súas altas capacidades intelectuais, por terse incorporado tarde ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de historia escolar, poidan acadar o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades persoais e, en todo caso, os obxectivos establecidos con carácter xeral para todo o alumnado».

 

A partir da avaliación inicial do alumnado, proporanse as correspondentes actuacións de seguimento e atención ao alumnado, tanto as medidas ordinarias como extraordinarias. Faranse actividades especificamente deseñadas para cada caso. Así, en concreto, o plan específico personalizado para o alumnado que permaneza un ano máis no mesmo curso, obrigado polo artigo 52 da Orde do 8 setembro de 2021 de atención á diversidade incluirá os seguintes apartados:

 

a) Identificación da alumna ou do alumno.

 

b) Relación das necesidades educativas que motivaron a repetición do curso.

 

c) Medidas ordinarias aplicadas no curso anterior.

 

d) Estratexias metodolóxicas que se utilizarán no seu desenvolvemento.

 

e) Recursos necesarios para o desenvolvemento do plan.

 

f) Se for o caso, oferta de medidas extraordinarias.

 

g) Acreditación da información á familia.

 

En cada sesión de avaliación farase o seguimento do plan específico personalizado e, se for necesario, realizaránselle os axustes que procedan. Ao final do curso, na mesma sesión de avaliación, informarase sobre o seu desenvolvemento e o seu aproveitamento.

 

Aínda que no momento da elaboración desta PD non se coñece a natureza dos alumnos e alumnas que cursarán esta materia, e aínda pendentes da avaliación inicial, logo de analizar os informes do centro de procedencia e da información facilitada polo/a orientador/a, espérase contar cun alumno con TDAH ao que se lle vai aplicar o Protocolo de Consenso sobre TDAH na Infancia e na Adolescencia nos Ámbitos Educativo e Sanitario que se concreta nas seguintes actuacións:

 

O alumno con TDAH debe estar nunha aula con bo clima de traballo e, se for posible, na que non coincida con alumnado con problemáticas semellantes. Estará sentado cerca da mesa do profesorado e ao lado de compañeiras ou compañeiros que lle sirvan de modelo de tranquilidade, de orde e de axuda. Contará cunha axenda que o axudará na súa organización. Evitarase a proximidade a portas, xanelas, papeleiras e lugares de maior tránsito, así como

estímulos sonoros ou visuais.

 

Implementaranse outras medidas como:

 

-Alternar actividades teóricas con traballo práctico.

 

-Antes de empezar unha actividade, explicarase en que consiste de xeito claro e sinxelo, e asegurarase de que a entendeu todo o alumnado.

 

-Empregar estratexias para captar a atención inicial, como mudanzas de entoación, xesticulación e dramatización.

 

-Segmentar as actividades longas e limitar o número destas.

 

-Supervisar frecuentemente a realización, para reforzar positivamente ou para reconducir a execución ou as distraccións.

 

-Usar reforzos e apoios visuais na instrución oral.

 

-Combinar actividades máis estimulantes con outras menos motivadoras.

 

-Propor exercicios variados.

 

-Conseguir a colaboración dun compañeiro ou dunha compañeira para que o axude a comprender e a realizar as tarefas; o que á súa vez contribuirá a potenciar a súa zona de desenvolvemento próximo, segundo a teoría de Vygotsky.

 

-Utilizar reforzos positivos para motivar (eloxios privados e públicos, colocar os seus traballos no taboleiro da clase, levar os traballos á casa cunha felicitación, utilizar un sistema de puntos ou economía de fichas etc.)

 

En canto ás tarefas ou deberes que se lle proporán terase presente o seguinte:

 

-Reducir e fragmentar as actividades.

 

-Supervisar os exercicios e asegurarse de que entendeu o que ten que facer.

 

-Utilizar reforzos e apoios visuais na instrución oral.

 

-Non sobrecargar de tarefas para a casa, cómpre que o profesorado do curso se coordine e seleccione aquelas que se consideren máis importantes.

 

En canto ás probas escritas e, co fin de as mellorar, será necesario:

 

-Fixar as datas dos exames con suficiente antelación.

 

-Traballar con mostras de formato de exames. Serve de gran axuda para todos poder adestrarse con exercicios e formatos tipo do que van atopar no día sinalado.

 

-Utilizar diferentes formas e instrumentos de avaliación.

 

-Acurtar os exames escritos e formular preguntas breves, pechadas, claras e con vocabulario sinxelo. En ningún caso se formularán preguntas que poidan resultar ambiguas ou que teñan unha dobre interpretación.

 

-Complementar os exames escritos de forma oral, cando se observa que están incompletos.

 

-Alternar a forma de presentación das cuestións que ten que responder o alumnado (de forma oral, escrita ou coas novas tecnoloxías).

 

-Pactar a fórmula máis idónea para realizar os exames (oralmente ou utilizando o computador).

 

-Dar máis tempo para realizar as probas ou os exames escritos, inclusive dividilos en dúas sesións, e ser flexibles na súa duración.

 

-Presentar escrito o texto dos exames, salientando en letra negra as partes máis importantes de cada cuestión e, no caso de preguntas complexas, diferenciando ben cada tarefa. Na media do posible, utilizar un tipo de letra de maior tamaño.

 

-Deixar suficiente espazo entre as preguntas (dobre espazo e, preferiblemente, un exercicio por páxina), e supervisar a súa comprensión e execución durante o tempo no que se desenvolva o exame.

 

-Posibilitar que o alumnado poida recuperar, durante a avaliación, os exames suspensos.

 

-Pedir que se revisen os traballos e os exames antes de entregalos.

 

-Supervisar que a/o alumna/o respondeu a todas as cuestións antes de entregar o exame.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
1 a comprensión lectora
2 a expresión oral e escrita
3 a comunicación audiovisual
4 a competencia dixital
5 o emprendemento social e empresarial
6 o fomento do espírito crítico e científico
7 a educación emocional e en valores
8 a igualdade de xénero
9 a creatividade

O Decreto do currículo de ESO establece que en todas as materias e, polo tanto, en Lingua Galega e Literatura de 3º de ESO, se traballarán os seguintes elementos transversais:

- a comprensión lectora

- a expresión oral e escrita

- a comunicación audiovisual

- a competencia dixital

- o emprendemento social e empresarial

- o fomento do espírito crítico e científico

- a educación emocional e en valores

- a igualdade de xénero

- a creatividade

Alén diso, pola peculiaridade da materia de Lingua Galega e Literatura, a comprensión lectora e a comunicación oral e escrita, ao formar parte do currículo, serán elementos tratados dunha ou doutra maneira en todas as unidades didácticas, polo que non aparecen singularizados en ningunha delas.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
1º Trimestre - Encontro co autor Realizarase un encontro co autor do libro de lectura autónoma do trimestre para falar sobre os prexuízos lingüísticos e o futuro da lingua.
2º Trimestre - Roteiro Rosalía de Castro Realizarase o roteiro Rosalía de Castro por Padrón con visita á Casa-Museo de Rosalía para nos achegar á figura fundacional da nosa literatura..
3º Trimestre - Obradoiro de locución radiofónica Realizarase un obradoiro de locución radiofónica co fin de traballar a lingua oral e encamiñado ao seu perfeccionamento de cara á realización da canle de podcast.

As actividades complementarias insírense de cheo nas unidades didácticas da programación, é por iso que o alumnado poderá realizar actividades de carácter voluntario para incrementar a súa nota trimestral mediante proxectos ou actividades asociados a elas. Garantirase sempre que a súa valoración sexa obxectiva e que a súa realización sexa accesible a todo o alumnado independentemente da súa situación económica familiar ou de calquera outra forma de dificultade. O incremento de nota será dun máximo de 2 puntos na cualificación da materia e só se fará efectivo unha vez que a alumna ou alumno teña chegado á cualificación de 5 sobre 10 nos instrumentos de avaliación de cada trimestre. Estas tarefas desenvolveranse fóra da aula e poderán xirar arredor destes aspectos: a) Lectura voluntaria de obras escollidas pola alumna/o e confirmadas pola docente. (0,5 cada obra voluntaria lida) (Máx. 1 punto) b) Investigación arredor de distintos aspectos da cultura, da lingua, da literatura e da sociedade galega propostos pola alumna/o e confirmadas pola docente. (Máximo 1 punto) c) Investigación sobre sociolingüística a través do EDLG ou sobre un tema proposto pola alumna/o e confirmado pola docente. (Máx. 1 punto) ) d) Asistencia probada a aos actos culturais no concello como unha obra de teatro ou unha presentación literaria (0,5 puntos) se vai acompañada da crónica do acto ou dunha entrevista para a web do EDLG (1 punto). e) Colaboración co EDLG, con mostras de traballo evidentes (podcast, textos etc.). (Máx. 2 puntos. Non se sobe nota simplemente por formar parte do EDLG se non hai evidencias de traballo nas iniciativas do EDLG.) Por outro lado e, na medida do posible, procurarase realizar saídas multidisciplinares con outros departamentos. No caso do roteiro de Rosalía de Castro vaise realizar co departamento de bioloxía que aproveitará a visita tanto ao xardín singular da Casa de Rosalía como ao Parque dos Namorados de Padrón.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 1. Propiciouse un ambiente motivador na aula.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 2. Respectouse o alumnado e demostrouse sensibilidade ante os seus problemas e as súas diferenzas tanto culturais, como de procedencia.
Medidas de atención á diversidade 3. Atendeuse adecuadamente a diversidade do alumnado e aplicáronse os protocolos correspondentes.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos 4. Logo de realizarse a avaliación inicial e de recibir a información transmitida polo Departamento de Orientación, mantívose o seguimento personalizado de todo o alumnado ao longo do curso.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 5. O alumnado foi informado detalladamente dos criterios e instrumentos de avaliación, cualificación e puntuación establecidos.
Outros 6. As explicacións foron claras e amenas e as exemplificacións sinxelas e comprensibles.
Clima de traballo na aula 7. Respectouse a puntualidade á hora de entrar na aula e mostrouse unha actitude entusiasta e dinámica.
Outros 8. O profesorado mantívose actualizado tanto no que se refire a aspectos didácticos xerais e específicos da súa materia como no ámbito das novas tecnoloxías.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 9. Existiu un seguimento continuo da programación didáctica ao longo do curso e realizáronse as modificacións e adaptacións necesarias.
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais 10. Estableceuse unha comunicación fluída e constante con outros departamentos, equipos e grupos de traballo específicos (EDLG, Biblioteca, Club de Ciencia etc.).
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos 11. Estableceuse unha comunicación continuada co alumnado imposibilitado para asistir temporalmente ao centro: atención domiciliaria, hospitalización etc., a través da aula virtual ou doutras comunicacións telemáticas.
Metodoloxía empregada 12. Conseguíronse adecuar as unidades didácticas á temporalización indicada e desenvolvéronse as actividades propostas de acordo á súa temporalización.
Metodoloxía empregada 13. Mantívose a coherencia entre obxectivos, contidos, criterios de avaliación e niveis de desempeño mínimos.
Metodoloxía empregada 14. Os procedementos, criterios e instrumentos de avaliación utilizados foron os adecuados.
Metodoloxía empregada 15. Empregouse unha metodoloxía precisa e variada, con uso de materiais diversos.
Metodoloxía empregada 16. Propuxéronse e concretáronse actividades de seguimento para atender a diversidade do alumnado: NEAE, repetidores/as, ACS, reforzos.
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais 17. Participouse no Plan lector do centro e en actividades programadas por outros grupos ou equipos docentes (EDLG, Equipo de Biblioteca etc.).
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais 18. Asistiuse ás reunións de departamento achegando ideas, información e modificacións á PD, avaliando os resultados das avaliacións do alumnado e propondo estratexias de mellora.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 19. Analizouse a cualificación do alumnado e valoráronse as porcentaxes de alumnado que superou e non superou a materia.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 20. Potenciouse a participación, o diálogo e a reflexión dentro da aula.
Metodoloxía empregada 21. As probas de avaliación foron corrixidas no prazo establecido, entregadas ao alumnado para analizalas e comentalas na clase.
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais 22. Mantívose contacto regular coas familias para seren informadas de todo o proceso de ensinoaprendizaxe das fillas ou fillos.
Metodoloxía empregada 23. Pasóuselle ao alumnado un cuestionario-enquisa a respecto da práctica docente do profesor ou profesora.
Metodoloxía empregada 24. Fomentouse que o alumnado utilizase a lingua galega habitualmente na clase co profesor ou profesora e cos seus compañeiros e compañeiras.

Resulta fundamental que o profesorado posúa ferramentas e empregue procedementos útiles para avaliar o proceso do ensino e a súa práctica docente. Esta valoración efectúase, tal e como indica a normativa vixente, a través duns indicadores de logro "o profesorado avaliará tanto as aprendizaxes do alumnado como os procesos de ensino e a súa propia práctica docente, para o cal establecerá indicadores de logro nas programacións docentes".

 

Estes indicadores xiran arredor de tres aspectos: o referente á actitude profesional dentro da aula, ao coñecemento e á actitude a respecto do alumnado e ao cumprimento do establecido na programación didáctica.

 

Os ditos indicadores de logro valoraranse nunha escala de 0 a 10, e os seus resultados deben ser inseridos dentro da memoria final.

 

Para recompilar información e elaborar os indicadores de logro poderanse utilizar os cuestionarios que lle foron proporcionados ao alumnado, mesmo ao final de cada trimestre e ao remate do curso.

 

Todos estes datos formarán parte de memoria final e deben terse en conta para que se poidan corrixir as deficiencias detectadas na PD do próximo curso.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


Para a elaboración da programación didáctica partiuse do seguimento das directrices establecidas pola Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP). Alén diso, tivéronse en conta as propostas de mellora existentes na memoria do curso anterior.

A estrutura da PD inclúe os apartados que recolle a Resolución do 26 de maio de 2022 que se expresan a seguir:

-Introdución.

-Obxectivos e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias.

-Relación de unidades didácticas coa súa secuencia e temporalización, e que conteñen a parte do currículo da materia que se traballou e a relación dos instrumentos de avaliación.

-Metodoloxía, coas concrecións metodolóxicas e os materiais e recursos didácticos.

-A avaliación, que refire o procedemento para a avaliación inicial, os criterios de cualificación coa indicación do mínimo de consecución para superar a materia.

-Medidas de atención á diversidade.

-A concreción dos elementos transversais.

-As actividades complementarias.

-A práctica docente, que inclúe o procedemento para avaliar o proceso de ensino e a práctica docente cos seus indicadores de logro e o procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora da propia programación didáctica.

En previsión de calquera circunstancia imprevista, tipo COVID ou outras, achegaríase unha addenda coas correspondentes modificacións, basicamente en canto a modificación da metodoloxía e dos indicadores de logro mínimos por se fose necesaria unha atención virtual do alumnado.

Rematado o curso, para proceder a unha avaliación, revisión e propostas de mellora da PD, débense considerar os seguintes apartados:

-A programación entregouse no prazo establecido normativamente.

-O desenvolvemento da programación didáctica foi analizado e revisado na última reunión de departamento de cada trimestre.

-Valorouse o grao de cumprimento da secuenciación e temporalización das respectivas unidades didácticas, e se o seu deseño se axustou aos distintos elementos do currículo.

-Valorouse a metodoloxía seguida e se os materiais e recursos didácticos empregados deron os resultados previstos.

-En canto á avaliación, analizouse se o deseño das probas de avaliación inicial e os mecanismos para a súa realización foron os adecuados.

-Así mesmo, valorouse se os criterios de avaliación, tanto os establecidos para as distintas recuperacións de probas ou avaliacións como os seguidos para a avaliación final foron os axeitados.

-Revisáronse as medidas adoptadas a respecto do alumnado NEAE presente nas aulas.

-Valorouse a pertinencia dos distintos elementos transversais e o grao de cumprimento e participación en actividades complementarias.

-Analizouse se os mecanismos de información ás familias estaban dando os resultados previstos e se foron útiles e axeitados.

-Incluíuse a avaliación da práctica docente e da propia PD.

-Para a elaboración da programación didáctica partiuse do seguimento das directrices establecidas pola Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP). Tamén se tiveron en conta en conta as propostas existentes na memoria do curso anterior.

Para levar a cabo esta análise e comprobación da adecuada aplicación da PD, elaboráronse os seguintes indicadores de logro, que deberán ir acompañados das correspondentes puntuacións nunha táboa de 1 a 5.

1. Conseguise acadar o grao de cumprimento dos obxectivos didácticos propostos, co correspondente desenvolvemento das competencias clave.

2. A secuenciación das UD propostas foi a axeitada, así como o número delas e a súa distribución cronolóxica.

3. As concrecións metodolóxicas e os materiais e recursos didácticos utilizados axustáronse aos fins perseguidos.

4. Os criterios de avaliación foron ben aplicados.

5. Os instrumentos de avaliación foron os adecuados.

6. Os mínimos de consecución para cada criterio de avaliación estiveron ben establecidos.

7. Atendeuse debidamente a diversidade do alumnado (seguindo os protocolos de actuación correspondentes).

8. Atendéronse suficientemente os contidos transversais e as actividades complementarias.

9. A materia contribuíu aos distintos plans do centro: PLC, Plan lector, TIC, Convivencia....

10. Realizouse un seguimento regular da PD por parte do departamento.

11. Avaliouse o cumprimento da PD aplicando unha escala de 1 a 5 .

12. Establecéronse propostas para emendar as deficiencias observadas na aplicación da PD.

13. Estas propostas foron incluídas na memoria final do departamento.

Na acta da última reunión do departamento recolleranse todas as modificacións ou adaptacións feitas ao longo do curso e as propostas de mellora suxeridas. Todos estes datos incluiranse, ademais, na memoria final do departamento para seren tidas en conta na PD do próximo curso; tamén serán transmitidas e expostas, se for o caso, na primeira reunión da Comisión de Coordinación Pedagóxica.

Por último, convén sinalar que todos os membros do departamento didáctico realizarán a necesaria actualización para poderen elaborar e facer o correspondente seguimento da PD a través da aplicación PROENS.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver