Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A materia de portugués está dentro do departamento de Lingua galega e literatura e vén sendo unha ferramenta normalizadora para a nosa lingua propia.

Nesta epígrafe imos centrarnos nas cuestións referidas á materia de Portugués, xa que as características do centro, recursos e marco normativo xa está especificado nesta mesma epígrafe da Programación do departamento de Lingua Galega; aínda así deixamos unhas notas que sempre deben estar presentes:

- Uso habitual da lnigua galega no centro por parte do alumnado

- Pouco alumnado nas aulas.

- Pouco alumnado inmigrante.

 

No grupo hai tres niveis de experiencia co portugués. Hai alumnado que xa cursou esta lingua en primeiro e segundo da ESO , outro grupo que cursou en 2º da ESO e outro que comezou este ano. Por tanto, hai tres niveis ben diferentes.

 

Hai un nivel medio alto na competencia lingüística debuido á enorme proximidade entre galego e portugués.

 

O alumnado que escolle a materia de 2ª lingua estranxeira, portugués, case trae incorporados os coñecementos que se piden nun nivel elemental segundo o MCERL. É capaz de comprender expresións familiares e cotiás, así como enunciados moi simples desde o primeiro día e cunhas pequenas indicacións xa se presentan e comunican de modo simple.

 

Esta programación, en todos os seus aspectos, pero particularmente no referente a contidos mínimos impartidos e esixidos, a temporalizacións e a alternativas de avaliación e cálculo de cualificacións pode sufrir modificacións dependendo en cada caso das circunstancias xerais e mesmo particulares de cada momento e de cada alumno/a ou grupo de alumnado.

 


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Comprender o sentido xeral e información relevante e predicible en textos sinxelos e ben estruturados, en lingua estándar relativos a experiencias e a coñecementos propios da súa idade e do nivel escolar, e facendo uso de estratexias como a inferencia de significados, para responder a necesidades comunicativas concretas.
OBX2 Producir textos de extensión media, sinxelos e cunha organización clara, usando estratexias tales como a planificación, a compensación ou a autorreparación, para expresar de forma adecuada e coherente mensaxes que respondan a propósitos comunicativos cotiáns.
OBX3 Interactuar con outras persoas usando expresións sinxelas, recorrendo a estratexias de cooperación e empregando recursos analóxicos e dixitais, para responder a necesidades inmediatas do seu interese en intercambios comunicativos respectuosos coas normas de cortesía.
OBX4 Mediar entre distintas linguas, usando estratexias e coñecementos sinxelos orientados a explicar conceptos simples, resumir ou simplificar mensaxes, para transmitir información de maneira eficaz, clara e responsable.
OBX5 Recoñecer, ampliar e usar os repertorios lingüísticos persoais entre distintas linguas, reflexionando sobre o seu funcionamento e identificando as estratexias e coñecementos propios, para mellorar a resposta a necesidades comunicativas concretas en situacións coñecidas.
OBX6 Valorar criticamente e adecuarse á diversidade lingüística, cultural e artística a partir da lingua estranxeira, identificando e compartindo as semellanzas e as diferenzas entre linguas e culturas, para actuar de forma empática e respectuosa en situacións interculturais.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Combinamos nos tempos livres ou ficamos em casa? Unidade inicial do curso onde se van repasar os seguintes contidos: Vocabulario do restuarante e da cidade e contidos comunicativos para desenvolverse en restaurantes, cafés, pastelarías..., organizar convites, asistencia a concertos, teatro, cinema e outras actividades. Tamén se desenvolven diálogos ao teléfono. Revisión de cuestións gramaticais (indefinidos, pretérito imperfeito e pret. perfeito simples, posesivos, conxuncións e interxecións, pronomes persoais). Tamén os contidos comunicativos para desenvolverse nas viaxes (coller medios de transporte, organizar visitas, falar do tempo, preferencias...) e para falar de hábitos alimentares e saúde. Tamém desenvolveremos un proxecto arredor do Zeca Afonso. 30 35
2 De lado a lado pelos países lusófonos Unidade que vai ter como fío condutor unha viaxe polos países da lusofonía. A través deste proxecto vanse explorar diferentes elementos relacionados coa cultura lusófona en sentido amplo. Ao mesmo tempo vanse ir incrementando os coñecementos sintáctico discursivos correspondentes a este nivel. Mais polo miúdo, imos traballar: Gramática: verbos reflexos, comparativos e superlativos, perífrases. Comunicar sobre tarefas domésticas en diferentes lugares. Interactuar falando de rutinas diarias. Pedir e dar información sobre obrigatoriedade e exprimir obrigación, intención, prohibición. Aceptar e rexeitar axuda. Desenvolveremos secuencias didácticas como: Viaxe pela gastronomía lusófona, Multilingüismo ou Do batuko ao samba: músicas e outras artes. 30 35
3 Vamos lá a Portugal Está unidade didáctica vai estar composta por diferentes secuencias que terán como fío condutor a viaxe ao país veciño, con paradas en diferentes lugares que nos vai dar, non só para afondar na cultura e paisaxe propias de cada lugar, senón tamén ir subindo chanzos nos aspectos linguísticos diferenciais entre o galego e o portugués. Entraremos a estudar a fraseoloxía e expresións idiomáticas típicas. Desenvolveremos secuencias didácticas como: Viagem do Cholocalate; Queijadas de Évora ou Pastéis de Nata?, Lisboa menina e moça, Brincar de norte a sul... entre outras. 40 35

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Comunicación
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3
CA1.1 - Extraer o sentido global e información relevante e previsible en textos orais, escritos e multimodais breves, sinxelos e estruturados con conectores moi básicos, sobre temas frecuentes e cotiáns de relevancia persoal e próximos á súa experiencia, propios dos ámbitos persoal, educativo e público, expresados de forma comprensible, clara e en lingua estándar a través de distintos soportes.
CA1.2 - Comprender a información esencial en situacións de comunicación oral ou escrita, de xeito presencial ou telemático, e dos medios de comunicación social que aborden conversas, narracións e/ou descricións predicibles, e presentacións moi sinxelas emitidas con estruturas e léxico moi básico, e co apoio de imaxes moi redundantes, que traten sobre asuntos da vida cotiá e de necesidade inmediata, previamente traballados e que ¿no caso da oralidade¿ estean articuladas moi claramente, con ritmo pausado, aínda que sexa necesario escoitalas máis dunha vez.
CA1.3 - Usar estratexias básicas de comprensión do sentido xeral, a información esencial, os puntos e as ideas principais ou os detalles relevantes de textos sinxelos e básicos: anticipación do contido xeral do que se escoita con axuda de elementos verbais e non verbais, recursos ás imaxes, títulos e outras informacións visuais moi evidentes, e uso dos coñecementos previos sobre a situación, que dan lugar a inferencias do significado baseadas no contexto, e utilizando as experiencias e os coñecementos transferidos desde as linguas do seu repertorio lingüístico.
CA1.4 - Comprender descricións, narracións, instrucións e opinións claras formuladas a través de diversos soportes de xeito simple, sobre asuntos prácticos da vida diaria e sobre temas do seu interese traballados previamente, e, no caso da posibilidade de interacción oral, se a persoa interlocutora está disposta a repetir ou reformular o dito con ritmo pausado.
CA1.5 - Producir oralmente textos curtos e moi sinxelos, a partir de modelos sinxelos e básicos, sobre temas cotiáns e habituais pronunciando de maneira intelixible, prestando atención ao ritmo, á acentuación e á entoación, reparando os erros básicos de pronuncia.
CA1.6 - Redactar textos curtos a partir de modelos sinxelos e básicos, e mensaxes e notas moi sinxelos con información, instrucións e indicacións básicas relacionadas con actividades cotiás e de necesidade inmediata, amosando interese pola presentación limpa e ordenada do texto.
CA1.7 - Completar formularios e documentos moi básicos nos que se solicite información persoal, en soporte tanto impreso como dixital.
CA1.8 - Aplicar e compartir coñecementos e estratexias básicas para producir textos escritos (adecuación á persoa destinataria, finalidade do escrito, planificación, redacción do borrador, revisión do texto e versión final) a partir de modelos moi estruturados e con axuda previa.
CA1.9 - Participar en situacións interactivas breves e sinxelas, producindo textos intelixibles e reparando os erros básicos de pronuncia cando as persoas interlocutoras teñan que solicitar repeticións para entender a mensaxe.
CA1.10 - Interactuar de xeito simple pero suficiente, pedindo que se lle repitan os puntos clave se o necesita e sen que as súas posibles vacilacións e reformulación de expresións ou estruturas impidan a comunicación.
CA1.11 - Interactuar respondendo e facendo preguntas e dando e comprendendo informacións sinxelas, relativas á información persoal básica (nome, idade, gustos, afeccións e intereses etc.), así como instrucións e peticións relativas ao ámbito escolar.
CA1.12 - Utilizar estratexias de activación dos coñecementos previos sobre modelos e secuencias de interacción, e elementos lingüísticos previamente asimilados e memorizados, compensando as carencias lingüísticas mediante procedementos lingüísticos e paralingüísticos.
CA1.13 - Amosar unha actitude de respecto cara a si mesmo/a e cara ás demais persoas para comprender e facerse comprender, considerando o erro como fonte de aprendizaxe.
Contidos
C1.1 - Curiosidade e interese por coñecer outras linguas e culturas. Actitude reflexiva ante o erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe.
C1.2 - Uso de estratexias de uso común para a planificación, execución, control e reparación da comprensión, a produción e a coprodución de textos orais, escritos e multimodais breves, básicos e contextualizados.
C1.3 - Utilización dos coñecementos, destrezas e actitudes que permiten levar a cabo actividades de mediación en situacións básicas e cotiás (identificar unha persoa, transmitir horarios, notas, costumes ou hábitos¿).
C1.4 - Funcións comunicativas básicas de uso común adecuadas ao ámbito e ao contexto comunicativo: intercambiar información sobre cuestións cotiás; instrucións e ordes básicas; ofrecer, aceptar e rexeitar axuda, proposicións ou suxestións sinxelas; expresar o gusto ou o interese e emocións moi básicas; enlazar frases de forma sinxela para narrar acontecementos pasados, describir situacións presentes e enunciar sucesos futuros; expresar a opinión; dar explicacións moi sinxelas; realizar hipóteses moi básicas; expresar en textos moi sinxelos a posibilidade e a dúbida.
C1.5 - Uso de modelos contextuais e xéneros discursivos de uso moi común na comprensión, produción e coprodución de textos orais, escritos e multimodais, breves e moi sinxelos, organización e estruturación segundo o xénero (narrativo, descritivo e instrutivo).
C1.6 - Utilización de unidades lingüísticas básicas de uso común e significados asociados ás devanditas unidades, tales como expresión da entidade (obxectos, persoas, accións, sucesos etc.) e as súas propiedades (existencia, inexistencia, dimensións...), cantidade e calidade (forma, tamaño, cor, idade...), o espazo e as relacións espaciais (distancia, dirección, orixe...), o tempo e as relacións temporais (datación, frecuencia, secuencia...), formas básicas da afirmación, a negación, a interrogación e a exclamación, relacións lóxicas básicas.
C1.7 - Utilización de léxico de uso común e de interese para o alumnado, relativo a identificación persoal, relacións interpersoais básicas, lugares e contornas máis habituais, lecer e tempo libre, estudos, saúde e actividade física, vida cotiá, vivenda e fogar, clima e contorna natural.
C1.8 - Utilización e recoñecemento de patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación básicos: sons e fonemas vocálicos, sons e fonemas consonánticos, acento fónico dos elementos léxicos illados e na oración e identificación e expresión de intencións comunicativas básicas asociadas a eses patróns.
C1.9 - Utilización e recoñecemento de patróns gráficos e convencións ortográficas: uso das normas básicas de ortografía da palabra, utilización adecuada da ortografía da oración: coma, punto e coma, puntos suspensivos, parénteses e comiñas, identificación e expresión de intencións comunicativas básicas asociadas a eses patróns.
C1.10 - Utilización de convencións e estratexias conversacionais elementais, en formato síncrono ou asíncrono, para iniciar e terminar a comunicación, tomar a palabra, comparar, colaborar etc.
C1.11 - Uso de recursos para a aprendizaxe e estratexias de uso común de procura e selección de información como dicionarios, bibliotecas, recursos dixitais (tradutores, conxugadores...) e informáticos (correctores ortográficos, gramaticais etc.).
C1.12 - Respecto da propiedade intelectual e dereitos de autor sobre as fontes consultadas e contidos utilizados.
C1.13 - Utilización de ferramentas analóxicas e dixitais básicas de uso común para a comprensión, produción e coprodución oral, escrita e multimodal; e plataformas virtuais de interacción e colaboración educativa (aulas virtuais, videoconferencias, ferramentas dixitais colaborativas...) para a aprendizaxe, a comunicación e o desenvolvemento de proxectos con falantes e estudantes da lingua estranxeira.
Bloque B2. Plurilingüismo e reflexión sobre a aprendizaxe
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3
CA2.1 - Transmitirlles a terceiras persoas información simple e previsible, de interese inmediato, de textos moi curtos e moi simples como sinais, paneis de información, carteis, programas, folletos, palabras de menús, horarios etc., mostrando respecto e empatía polas persoas interlocutoras e polas linguas empregadas.
CA2.2 - Aplicar de forma guiada estratexias elementais que axuden a crear pontes e faciliten a comunicación, identificando aqueles factores socioculturais máis evidentes que dificulten a comunicación, e usando recursos e apoios físicos ou dixitais en función das necesidades de cada momento.
CA2.3 - Comparar e contrastar as similitudes e diferenzas entre distintas linguas do seu repertorio lingüístico, reflexionando de maneira progresivamente autónoma sobre o seu funcionamento.
CA2.4 - Utilizar e diferenciar de forma progresivamente autónoma os coñecementos e estratexias que forman o seu repertorio lingüístico, para mellorar a súa capacidade de comunicar e de aprender a lingua estranxeira, co apoio doutros participantes e de soportes analóxicos e dixitais, valorando as competencias que posúe como persoa plurilingüe.
CA2.5 - Identificar os progresos e dificultades da súa aprendizaxe da lingua estranxeira, realizando de forma guiada actividades de autoavaliación e coavaliación, recoñecendo e valorando estratexias de logro propias e alleas; reproducindo aqueles aspectos que axudan a mellorar, facéndoos explícitos e compartíndoos con outros participantes.
CA2.6 - Explicar o proceso de produción de textos e de hipóteses de significados tomando en consideración o coñecemento do mundo e os coñecementos e as experiencias noutras linguas.
Contidos
C2.1 - Uso de elementos coñecidos obtidos de modelos moi sinxelos de textos e de frases feitas e locucións básicas para elaborar os propios textos.
C2.2 - Comparación das linguas e variedades que conforman o repertorio lingüístico persoal para recoñecer estratexias de uso máis común (identificar, organizar, reter, recuperar e utilizar unidades lingüísticas ¿léxico, morfosintaxe, patróns sonoros etc.¿).
C2.3 - Uso de estratexias e ferramentas de uso común, analóxicas e dixitais, para a autoavaliación, a coavaliación e a autorreparación.
C2.4 - Manexo de expresións e léxico específico de uso común para referirse aos usos da lingua e comprendelos, e as ferramentas de comunicación e aprendizaxe (metalinguaxe).
C2.5 - Comparación entre linguas a partir de elementos da lingua estranxeira e outras linguas para mellorar a súa aprendizaxe e lograr unha competencia comunicativa integrada.
Bloque B3. Interculturalidade
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3
CA3.1 - Recoñecer estereotipos, rexeitando aqueles que supoñen discriminación e prexuízos lingüísticos e culturais, e utilizar estratexias para explicar e comprender a diversidade lingüística, cultural e artística.
CA3.2 - Aceptar e respectar a diversidade lingüística, cultural e artística propia de países onde se fala a lingua estranxeira como fonte de enriquecemento persoal, amosando interese por comprender elementos culturais e lingüísticos.
CA3.3 - Participar en proxectos nos que se utilizan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais e valorando as competencias que posúe como persoa plurilingüe.
CA3.4 - Utilizar adecuadamente as convencións orais e escritas básicas propias da lingua estranxeira no desenvolvemento do proceso comunicativo oral e escrito (saúdos, despedidas, fórmulas moi básicas de tratamento etc.), e amosar respecto polas diferenzas culturais que poidan existir.
Contidos
C3.1 - Consideración da lingua estranxeira como medio de comunicación e relación con persoas doutros países, e como medio para coñecer culturas e modos de vida diferentes.
C3.2 - Interese na participación en intercambios comunicativos planificados, a través de diferentes medios, con estudantes da lingua estranxeira.
C3.3 - Interese por coñecer aspectos socioculturais e sociolingüísticos elementais relativos aos costumes, á vida cotiá (hábitos, horarios, actividades ou celebracións máis significativas) e ás relacións interpersoais básicas, comida, lecer, deportes, comportamentos proxémicos básicos etc.; e os costumes, valores e actitudes moi básicos e máis evidentes sobre aspectos propios da súa idade nos países onde se fala a lingua estranxeira.
C3.4 - Utilización de estratexias de uso común para entender e apreciar a diversidade lingüística, cultural e artística, atendendo a valores ecosociais e democráticos.
C3.5 - Identificación dalgunhas similitudes e diferenzas básicas e máis significativas nos costumes cotiáns entre os países onde se fala a lingua estranxeira e o propio.
C3.6 - Actitude receptiva e respectuosa cara ás persoas, os países e as comunidades lingüísticas que falan outra lingua e teñen unha cultura diferente á propia.
C3.7 - Sensibilidade ante usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Combinamos nos tempos livres ou ficamos em casa?
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Extraer o sentido global e información relevante e previsible en textos orais, escritos e multimodais breves, sinxelos e estruturados con conectores moi básicos, sobre temas frecuentes e cotiáns de relevancia persoal e próximos á súa experiencia, propios dos ámbitos persoal, educativo e público, expresados de forma comprensible, clara e en lingua estándar a través de distintos soportes.
Táboa de indicadores
Extrae o sentido global e información relevante e previsible en textos orais, escritos e multimodais breves, sinxelos, sobre temas frecuentes e cotiáns de relevancia persoal e próximos á súa experiencia, propios dos ámbitos persoal, educativo e público, expresados de forma comprensible. 10
CA1.2 Comprender a información esencial en situacións de comunicación oral ou escrita, de xeito presencial ou telemático, e dos medios de comunicación social que aborden conversas, narracións e/ou descricións predicibles, e presentacións moi sinxelas emitidas con estruturas e léxico moi básico, e co apoio de imaxes moi redundantes, que traten sobre asuntos da vida cotiá e de necesidade inmediata, previamente traballados e que ¿no caso da oralidade¿ estean articuladas moi claramente, con ritmo pausado, aínda que sexa necesario escoitalas máis dunha vez.
Táboa de indicadores
Comprende descricións, narracións, instrucións e opinións claras formuladas a través de diversos soportes de xeito simple, sobre asuntos prácticos da vida diaria e sobre temas do seu interese traballados previamente. 6
CA1.3 Usar estratexias básicas de comprensión do sentido xeral, a información esencial, os puntos e as ideas principais ou os detalles relevantes de textos sinxelos e básicos: anticipación do contido xeral do que se escoita con axuda de elementos verbais e non verbais, recursos ás imaxes, títulos e outras informacións visuais moi evidentes, e uso dos coñecementos previos sobre a situación, que dan lugar a inferencias do significado baseadas no contexto, e utilizando as experiencias e os coñecementos transferidos desde as linguas do seu repertorio lingüístico.
Táboa de indicadores
Redacta textos curtos a partir de modelos sinxelos e básicos, e mensaxes e notas moi sinxelos con información, instrucións e indicacións básicas relacionadas con actividades cotiás e de necesidade inmediata, amosando interese pola presentación limpa e ordenada do texto. 6
CA1.4 Comprender descricións, narracións, instrucións e opinións claras formuladas a través de diversos soportes de xeito simple, sobre asuntos prácticos da vida diaria e sobre temas do seu interese traballados previamente, e, no caso da posibilidade de interacción oral, se a persoa interlocutora está disposta a repetir ou reformular o dito con ritmo pausado.
Táboa de indicadores
Comprende descricións, narracións, instrucións e opinións claras formuladas a través de diversos soportes de xeito simple, sobre asuntos prácticos da vida diaria e sobre temas do seu interese traballados previamente. 6
CA1.5 Producir oralmente textos curtos e moi sinxelos, a partir de modelos sinxelos e básicos, sobre temas cotiáns e habituais pronunciando de maneira intelixible, prestando atención ao ritmo, á acentuación e á entoación, reparando os erros básicos de pronuncia.
Táboa de indicadores
Produce oralmente textos curtos e sinxelos sobre temas cotiás prestando atención aos fenómenos lingüisticos básicos 6
CA1.9 Participar en situacións interactivas breves e sinxelas, producindo textos intelixibles e reparando os erros básicos de pronuncia cando as persoas interlocutoras teñan que solicitar repeticións para entender a mensaxe.
Táboa de indicadores
Participa en situación interactivas cotiás e básicas. 6
CA1.10 Interactuar de xeito simple pero suficiente, pedindo que se lle repitan os puntos clave se o necesita e sen que as súas posibles vacilacións e reformulación de expresións ou estruturas impidan a comunicación.
Táboa de indicadores
Interactúa de xeito simple e suficiente. 6
CA1.11 Interactuar respondendo e facendo preguntas e dando e comprendendo informacións sinxelas, relativas á información persoal básica (nome, idade, gustos, afeccións e intereses etc.), así como instrucións e peticións relativas ao ámbito escolar.
Táboa de indicadores
Realiza e responde a preguntas sinxelas 6
CA1.12 Utilizar estratexias de activación dos coñecementos previos sobre modelos e secuencias de interacción, e elementos lingüísticos previamente asimilados e memorizados, compensando as carencias lingüísticas mediante procedementos lingüísticos e paralingüísticos.
Táboa de indicadores
É consciente e realiza estratexias de activación lingüística 6
CA1.13 Amosar unha actitude de respecto cara a si mesmo/a e cara ás demais persoas para comprender e facerse comprender, considerando o erro como fonte de aprendizaxe.
Táboa de indicadores
Mostra respecto ao proceso de ensino aprendizaxe 6
CA2.1 Transmitirlles a terceiras persoas información simple e previsible, de interese inmediato, de textos moi curtos e moi simples como sinais, paneis de información, carteis, programas, folletos, palabras de menús, horarios etc., mostrando respecto e empatía polas persoas interlocutoras e polas linguas empregadas.
Táboa de indicadores
Transmite información sinxela a outras persoas. 6
CA2.3 Comparar e contrastar as similitudes e diferenzas entre distintas linguas do seu repertorio lingüístico, reflexionando de maneira progresivamente autónoma sobre o seu funcionamento.
Táboa de indicadores
Compara distintos fenómenos entre linguas diferentes. 6
CA2.5 Identificar os progresos e dificultades da súa aprendizaxe da lingua estranxeira, realizando de forma guiada actividades de autoavaliación e coavaliación, recoñecendo e valorando estratexias de logro propias e alleas; reproducindo aqueles aspectos que axudan a mellorar, facéndoos explícitos e compartíndoos con outros participantes.
Táboa de indicadores
Identifica e comunica obstáculos e avances na súa aprendizaxe 6
CA3.1 Recoñecer estereotipos, rexeitando aqueles que supoñen discriminación e prexuízos lingüísticos e culturais, e utilizar estratexias para explicar e comprender a diversidade lingüística, cultural e artística.
Táboa de indicadores
Recoñece e oponse aos prexuízos e estereotipos. 6
CA3.2 Aceptar e respectar a diversidade lingüística, cultural e artística propia de países onde se fala a lingua estranxeira como fonte de enriquecemento persoal, amosando interese por comprender elementos culturais e lingüísticos.
Táboa de indicadores
Respecta a diversidade lingüística e cultural 6
CA3.4 Utilizar adecuadamente as convencións orais e escritas básicas propias da lingua estranxeira no desenvolvemento do proceso comunicativo oral e escrito (saúdos, despedidas, fórmulas moi básicas de tratamento etc.), e amosar respecto polas diferenzas culturais que poidan existir.
Proba escrita
Utiliza adecuadamente as convencións orais e escrtias básicas 6

2 De lado a lado pelos países lusófonos
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Extraer o sentido global e información relevante e previsible en textos orais, escritos e multimodais breves, sinxelos e estruturados con conectores moi básicos, sobre temas frecuentes e cotiáns de relevancia persoal e próximos á súa experiencia, propios dos ámbitos persoal, educativo e público, expresados de forma comprensible, clara e en lingua estándar a través de distintos soportes.
Táboa de indicadores
Extrae o sentido global en textos orais, escitos e multimodeias sinxelos 6
CA1.2 Comprender a información esencial en situacións de comunicación oral ou escrita, de xeito presencial ou telemático, e dos medios de comunicación social que aborden conversas, narracións e/ou descricións predicibles, e presentacións moi sinxelas emitidas con estruturas e léxico moi básico, e co apoio de imaxes moi redundantes, que traten sobre asuntos da vida cotiá e de necesidade inmediata, previamente traballados e que ¿no caso da oralidade¿ estean articuladas moi claramente, con ritmo pausado, aínda que sexa necesario escoitalas máis dunha vez.
Táboa de indicadores
Comprender información esencial en situacións cotiás de diferentes xéneros orais e escritos. 8
CA1.3 Usar estratexias básicas de comprensión do sentido xeral, a información esencial, os puntos e as ideas principais ou os detalles relevantes de textos sinxelos e básicos: anticipación do contido xeral do que se escoita con axuda de elementos verbais e non verbais, recursos ás imaxes, títulos e outras informacións visuais moi evidentes, e uso dos coñecementos previos sobre a situación, que dan lugar a inferencias do significado baseadas no contexto, e utilizando as experiencias e os coñecementos transferidos desde as linguas do seu repertorio lingüístico.
Táboa de indicadores
Usa insturmentos básicos de comprensión de textos sinxelos. 6
CA1.4 Comprender descricións, narracións, instrucións e opinións claras formuladas a través de diversos soportes de xeito simple, sobre asuntos prácticos da vida diaria e sobre temas do seu interese traballados previamente, e, no caso da posibilidade de interacción oral, se a persoa interlocutora está disposta a repetir ou reformular o dito con ritmo pausado.
Táboa de indicadores
Comprende descricións, narracións, instrucións e opinións básicas sobre a vida diaria. 8
CA1.5 Producir oralmente textos curtos e moi sinxelos, a partir de modelos sinxelos e básicos, sobre temas cotiáns e habituais pronunciando de maneira intelixible, prestando atención ao ritmo, á acentuación e á entoación, reparando os erros básicos de pronuncia.
Táboa de indicadores
Produce textos orais curtos e sinxelos. 6
CA1.6 Redactar textos curtos a partir de modelos sinxelos e básicos, e mensaxes e notas moi sinxelos con información, instrucións e indicacións básicas relacionadas con actividades cotiás e de necesidade inmediata, amosando interese pola presentación limpa e ordenada do texto.
Táboa de indicadores
Redacta textos sinxelos e básicos. 6
CA1.9 Participar en situacións interactivas breves e sinxelas, producindo textos intelixibles e reparando os erros básicos de pronuncia cando as persoas interlocutoras teñan que solicitar repeticións para entender a mensaxe.
Táboa de indicadores
Participa en situacións interativas, breves e sinxelas e produce textos intelixíbeis. 6
CA1.10 Interactuar de xeito simple pero suficiente, pedindo que se lle repitan os puntos clave se o necesita e sen que as súas posibles vacilacións e reformulación de expresións ou estruturas impidan a comunicación.
Táboa de indicadores
Interactúa de forma básica sen vacilacións notábeis 6
CA1.11 Interactuar respondendo e facendo preguntas e dando e comprendendo informacións sinxelas, relativas á información persoal básica (nome, idade, gustos, afeccións e intereses etc.), así como instrucións e peticións relativas ao ámbito escolar.
Táboa de indicadores
Interactúa facendo preguntas e comprendendo informacións sinxelas 6
CA1.12 Utilizar estratexias de activación dos coñecementos previos sobre modelos e secuencias de interacción, e elementos lingüísticos previamente asimilados e memorizados, compensando as carencias lingüísticas mediante procedementos lingüísticos e paralingüísticos.
Táboa de indicadores
Activa os instrumentos previos relacionando habilidades lingüísticas. 6
CA1.13 Amosar unha actitude de respecto cara a si mesmo/a e cara ás demais persoas para comprender e facerse comprender, considerando o erro como fonte de aprendizaxe.
Táboa de indicadores
Compórtase con respecto no proceso de aprendizaxe 6
CA2.1 Transmitirlles a terceiras persoas información simple e previsible, de interese inmediato, de textos moi curtos e moi simples como sinais, paneis de información, carteis, programas, folletos, palabras de menús, horarios etc., mostrando respecto e empatía polas persoas interlocutoras e polas linguas empregadas.
Táboa de indicadores
Transmite información simple en diferentes xéneros e tos de textos. 7
CA2.3 Comparar e contrastar as similitudes e diferenzas entre distintas linguas do seu repertorio lingüístico, reflexionando de maneira progresivamente autónoma sobre o seu funcionamento.
Táboa de indicadores
Compara as distintas linguas que cioñece 7
CA2.5 Identificar os progresos e dificultades da súa aprendizaxe da lingua estranxeira, realizando de forma guiada actividades de autoavaliación e coavaliación, recoñecendo e valorando estratexias de logro propias e alleas; reproducindo aqueles aspectos que axudan a mellorar, facéndoos explícitos e compartíndoos con outros participantes.
Táboa de indicadores
Identifica e supera estereotipos lingüísticos e culturais 7
CA3.1 Recoñecer estereotipos, rexeitando aqueles que supoñen discriminación e prexuízos lingüísticos e culturais, e utilizar estratexias para explicar e comprender a diversidade lingüística, cultural e artística.
Táboa de indicadores
Recoñece e supera estereotipos 3
CA3.2 Aceptar e respectar a diversidade lingüística, cultural e artística propia de países onde se fala a lingua estranxeira como fonte de enriquecemento persoal, amosando interese por comprender elementos culturais e lingüísticos.
Táboa de indicadores
Respecta a diversidade cultural 3
CA3.4 Utilizar adecuadamente as convencións orais e escritas básicas propias da lingua estranxeira no desenvolvemento do proceso comunicativo oral e escrito (saúdos, despedidas, fórmulas moi básicas de tratamento etc.), e amosar respecto polas diferenzas culturais que poidan existir.
Táboa de indicadores
Utiliza as convencións básicas 3

3 Vamos lá a Portugal
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Comprender a información esencial en situacións de comunicación oral ou escrita, de xeito presencial ou telemático, e dos medios de comunicación social que aborden conversas, narracións e/ou descricións predicibles, e presentacións moi sinxelas emitidas con estruturas e léxico moi básico, e co apoio de imaxes moi redundantes, que traten sobre asuntos da vida cotiá e de necesidade inmediata, previamente traballados e que ¿no caso da oralidade¿ estean articuladas moi claramente, con ritmo pausado, aínda que sexa necesario escoitalas máis dunha vez.
Táboa de indicadores
Comprende información esencial oral e escrita 6
CA1.5 Producir oralmente textos curtos e moi sinxelos, a partir de modelos sinxelos e básicos, sobre temas cotiáns e habituais pronunciando de maneira intelixible, prestando atención ao ritmo, á acentuación e á entoación, reparando os erros básicos de pronuncia.
Táboa de indicadores
Produce textos orais curtos de forma sinxela 6
CA1.6 Redactar textos curtos a partir de modelos sinxelos e básicos, e mensaxes e notas moi sinxelos con información, instrucións e indicacións básicas relacionadas con actividades cotiás e de necesidade inmediata, amosando interese pola presentación limpa e ordenada do texto.
Proba escrita
Redacta textos sinxelos 10
CA1.7 Completar formularios e documentos moi básicos nos que se solicite información persoal, en soporte tanto impreso como dixital.
Proba escrita
Preenche formularios básicos 5
CA1.8 Aplicar e compartir coñecementos e estratexias básicas para producir textos escritos (adecuación á persoa destinataria, finalidade do escrito, planificación, redacción do borrador, revisión do texto e versión final) a partir de modelos moi estruturados e con axuda previa.
Proba escrita
Redaixe textos escritos seguindo estratexias sinxelas de redacción 5
CA1.9 Participar en situacións interactivas breves e sinxelas, producindo textos intelixibles e reparando os erros básicos de pronuncia cando as persoas interlocutoras teñan que solicitar repeticións para entender a mensaxe.
Táboa de indicadores
Participa en situacións interactivas sinxelas 5
CA1.10 Interactuar de xeito simple pero suficiente, pedindo que se lle repitan os puntos clave se o necesita e sen que as súas posibles vacilacións e reformulación de expresións ou estruturas impidan a comunicación.
Táboa de indicadores
interactúa de xeito simple pedindo axuda en caso necesario 5
CA1.11 Interactuar respondendo e facendo preguntas e dando e comprendendo informacións sinxelas, relativas á información persoal básica (nome, idade, gustos, afeccións e intereses etc.), así como instrucións e peticións relativas ao ámbito escolar.
Táboa de indicadores
Interactúa facendo preguntas e respondendo nun diálogo básico 6
CA1.12 Utilizar estratexias de activación dos coñecementos previos sobre modelos e secuencias de interacción, e elementos lingüísticos previamente asimilados e memorizados, compensando as carencias lingüísticas mediante procedementos lingüísticos e paralingüísticos.
Táboa de indicadores
Utiliza estratexias de comunicación tendo en conta a súa experiencia lingÜística previa. 5
CA1.13 Amosar unha actitude de respecto cara a si mesmo/a e cara ás demais persoas para comprender e facerse comprender, considerando o erro como fonte de aprendizaxe.
Táboa de indicadores
Mostra respecto polo proceso de aprendizaxe 6
CA2.1 Transmitirlles a terceiras persoas información simple e previsible, de interese inmediato, de textos moi curtos e moi simples como sinais, paneis de información, carteis, programas, folletos, palabras de menús, horarios etc., mostrando respecto e empatía polas persoas interlocutoras e polas linguas empregadas.
Táboa de indicadores
Sabe transmitir información simple en diferentes formatos e xéneros 6
CA2.2 Aplicar de forma guiada estratexias elementais que axuden a crear pontes e faciliten a comunicación, identificando aqueles factores socioculturais máis evidentes que dificulten a comunicación, e usando recursos e apoios físicos ou dixitais en función das necesidades de cada momento.
Táboa de indicadores
Aplica estratexias que facilitan a comunicación 5
CA2.3 Comparar e contrastar as similitudes e diferenzas entre distintas linguas do seu repertorio lingüístico, reflexionando de maneira progresivamente autónoma sobre o seu funcionamento.
Táboa de indicadores
Compara as linguas reflexionando sobre semellanzas e diferencias. 5
CA2.4 Utilizar e diferenciar de forma progresivamente autónoma os coñecementos e estratexias que forman o seu repertorio lingüístico, para mellorar a súa capacidade de comunicar e de aprender a lingua estranxeira, co apoio doutros participantes e de soportes analóxicos e dixitais, valorando as competencias que posúe como persoa plurilingüe.
Táboa de indicadores
Utiliza estratexias para mellorar a sua capacidade comunicativa 5
CA2.5 Identificar os progresos e dificultades da súa aprendizaxe da lingua estranxeira, realizando de forma guiada actividades de autoavaliación e coavaliación, recoñecendo e valorando estratexias de logro propias e alleas; reproducindo aqueles aspectos que axudan a mellorar, facéndoos explícitos e compartíndoos con outros participantes.
Táboa de indicadores
Identifica problemas e procura solucións na aprendizaxe 3
CA2.6 Explicar o proceso de produción de textos e de hipóteses de significados tomando en consideración o coñecemento do mundo e os coñecementos e as experiencias noutras linguas.
Táboa de indicadores
Explica o proceso de produción de textos breves 3
CA3.1 Recoñecer estereotipos, rexeitando aqueles que supoñen discriminación e prexuízos lingüísticos e culturais, e utilizar estratexias para explicar e comprender a diversidade lingüística, cultural e artística.
Táboa de indicadores
Recoñece e superar estereotipos 3
CA3.2 Aceptar e respectar a diversidade lingüística, cultural e artística propia de países onde se fala a lingua estranxeira como fonte de enriquecemento persoal, amosando interese por comprender elementos culturais e lingüísticos.
Táboa de indicadores
Respecta a diversidade cultural 3
CA3.3 Participar en proxectos nos que se utilizan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais e valorando as competencias que posúe como persoa plurilingüe.
Táboa de indicadores
Participa en proxectos plurilingües 3
CA3.4 Utilizar adecuadamente as convencións orais e escritas básicas propias da lingua estranxeira no desenvolvemento do proceso comunicativo oral e escrito (saúdos, despedidas, fórmulas moi básicas de tratamento etc.), e amosar respecto polas diferenzas culturais que poidan existir.
Táboa de indicadores
Utiliza as convencións orais e escritas básicas 5

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


O achegamento a unha segunda lingua estranxeira como é o portugués para o alumnado galego require unhas concrecións metodolóxicas moi específicas e que se deben ir adaptando a cada grupo-aula. Nesta materia aplícase o principio básico para o organización e tratamento de contidos baseado en que o que se aprende depende fundamentalmente do xa aprendido (coñecementos previos), e ademais quen aprende constrúe o significado do aprendido a partir da propia experiencia.

 

Nas diferentes unidades didácticas intégranse contidos dos diferentes bloques e polo tanto, en cada unha delas vanse aplicar diferentes metodoloxías que van desde as exposicións e explicacións máis tradicionais e necesarias para facer

comprender determinados contidos, a outras máis indagatorias e dedutivas para que o alumnado acade coñecementos, pasando por aquelas máis activas e participativas en actividades de produción tanto oral como escrita.

 

O profesorado vai buscar sempre actuar como guía e mediador para facilitar a construción da aprendizaxe das competencias comunicativas e sempre se tenderá a

 

- Fomentar a participación e reflexión sobre o proceso de aprendizaxe, este ano especialmente individual mais ca grupal.

- Comprobar a aprendizaxe noutros contextos diferentes ao utilizado na aula.

- Relacionar os saberes aprendidos nas diferentes materias.

 

Tamén se proporán preguntas que supoñan un revulsivo para as/os estudantes e que incrementen a súa atención por medio da interacción co/coa docente. É moi relevante para o profesor/a a premisa de ensinar a aprender, segundo a cal a aprendizaxe é un proceso que se desenvolve ao longo da vida, por iso, correspóndelle á/ao docente ir dotando o seu alumnado dunha progresiva autonomía que lle permita "aprender a aprender", a buscaren por si mesmos a información que teñen ao seu alcance para que o día de mañá saiban desenvolverse. Por outra banda, é preciso sinalar que sería moi efectivo crear unha liña metodolóxica común entre o profesorado da materia de Portugués e o resto dos membros do departamento de Lingua Galega ao longo de toda a etapa. E xa ideal sería reactivar o TIL e traballarmos todos os departamentos de linguas no tratamento integrado de linguas, mais mentres non se avanza neste aspecto, polo menos tentaremos que todo o departamento vaia na mesma liña.

 

LIÑAS METODOLÓXICAS:

 

O principal propósito que se procura é mellorar a competencia comunicativa en lingua galega. Por tanto, analizaranse e comentaranse todos os contidos lingüísticos teóricos que permitan mellorar na práctica a devandita competencia, e realizaranse actividades encamiñadas a conseguir uns contidos que teñan relación e influencia directa no uso real da lingua. Sabemos que o desenvolvemento intelectual pode ser acelerado mediante o emprego de determinadas estratexias didácticas, por iso, a metodoloxía de ensino en Portugués tratará de ser o máis activa posible, para mellorar os vínculos entre o alumnado e mesmo que favoreza as relacións interculturais, por suposto incluíndo na mesma liña a ensinanza por competencias. Tratarase, na medida do posible, de atender os diferentes ritmos para que todo o alumnado de cada grupo vaia adquirindo os coñecementos básicos.

 

Outra cuestión para ter en conta é o traballo da oralidade, pois como esta materia ten relación directa coa de Lingua Galega e Literatura e consideramos que ten que servir tamén como apoio para ela, cómpre reforzar a oralidade tamén en Portugués para que lle poida servir de axuda a uns rapaces e rapazas para os que oa lingua galega queda relegada a unha práctica ritual forzada nas aulas, case exclusivamente de galego. Así, tanto cuestións fonéticas coincidentes, como o léxico ou elementos da morfosintaxe que son coincidentes explícanse baixo o paraugas dun tratamento integrado das linguas, sinalando tamén sempre aquilo que é diferente e que pode ser un falso amigo entre o galego e o portugués.

 

LIÑAS DE ACTUACIÓN NO PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE

 

-Uso de distintos métodos que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado, favorezan a capacidade de aprender por si mesmos e que o capaciten para acceder á formación superior ou ao futuro profesional de forma competente.

Deseño de proxectos significativos para o alumnado, baseados en contextos recoñecibles, que teñan en conta, se for posible, as súas vivencias particulares e o reforzo do seu compromiso co desenvolvemento sostible, a defensa dos dereitos humanos e a convivencia igualitaria, inclusiva, pacífica e democrática.

-Traballo cooperativo, coa proposta de tarefas nas que o alumnado debe regular a súa conduta e a súa capacidade para se relacionar cos demais, estimulando o respecto crítico a otros puntos de vista, o recoñecemento dos propios valores e limitacións, a adaptación ás necesidades colectivas, a asunción de responsabilidades e o respecto ás normas acordadas.

-Atención á diversidade, con atención individualizada dentro das posibilidades do grupo, na prevención das dificultades de aprendizaxe, con tarefas de ampliación para aquel alumado que precise afondar máis nos contidos.

 

-Uso de estratexias para traballar transversalmente a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, a competencia dixital, o fomento da creatividade, do espírito científico e do emprendemento. A adquisición destas destrezas pode acadarse a través da lectura de distintos tipos de textos, da súa comprensión e da reflexión arredor deles.

-Desenvolvemento gradual e progresivo dos obxectivos e dos contidos de maneira que, alén de incrementar a dificultade dos procesos e situacións comunicativas, tamén se vaian adquirindo habilidades máis complexas que propicien a aprendizaxe individual e autónoma.

-Potenciación da reflexión interlingüística, centrada especialmente na lingua galega e portuguesa. Buscamos a intercomunicación nos dous idiomas con actividades que favorezan a adquisición doutras habilidades que, como a mediación, poden resultar moi útiles na futura traxectoria profesional da mocidade galega. Con este fin, os centros educativos, a través do profesorado de Portugués (á par dos de Lingua Galega, o Equipo de dinamización da lingua galega, a biblioteca ou outros departamentos así como a través de programas internacionais) poderán promover actuacións que, de xeito presencial ou virtual, propicien os intercambios lingüísticos entre o alumnado galego e lusófono (encontros, concursos, festivais...).

-Traballo interdisciplinar e a coordinación con outros departamentos e equipos do centro, especialmente co equipo de dinamización da lingua galega e o equipo de biblioteca como mellor vía para promover actuacións tanto de xeito presencial como virtual: saídas didácticas, exposicións, espectáculos...

 


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Materiais e recursos didçacticos

O achegamento a unha segunda lingua estranxeira como é o portugués para o alumando galego require unhas concrecións metodolóxicas moi específicas e que se deben ir adaptando a cada grupo-aula.

 

Para cada unidade didáctica contamos con materiais creados para este nivel de portugués. En cada un deles hai contidos gramaticais e fonéticos, textos informativos e exercicios interactivos que se autoavalían.

 

Pero ademais da AV, imos empregar os seguintes materiais e recursos didácticos:

 

1- Materiais de audio para potenciar a comprensión de textos orais (en CD ou arquivos de mp3).

 

2- Materiais audivisuais (vídeos) para potenciar a comprensión da oralidade e a competencia sociocultural. Tamén a comprensión escrita cando os vídeos teñen subtítulos.

 

a. Acudiremos moito a vídeos musicados colgados na canle de youtube.

b. Algunhas series de debuxos animados adaptados ao nivel e apoiados con subtítulos. c. Filmes que se poidan descargar da rede.

d. Filmes en DVD que temos a nivel particular e na biblioteca do centro.

3- Textos literarios: contos, fragmentos de obras clásicas, textos xuvenís¿ tanto en papel como en pdf.

4- Páxinas web nas que haxa textos de carácter xeral ou máis específico adaptados aos seus intereses e motivacións.

5- Revistas de diferentes temáticas (cociña, deportes...) para que lean textos apoiados de imaxes.

6- Fotocopias de textos reais ou inventados, en papel ou formato dixital, que sirvan de mostra de: notas breves, postais, cartas informais, menús, listas de prezos...

7- Fotocopias con exercicios específicos para aqueles contidos sintáctico-discursivos que sexa preciso traballar á marxe das actividades comunicativas.

8- Xogos de temática lingüística e cultural que se atopan na rede.

9.Livro d etexto na onda do português 2. Editora Lidel

 


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Nos primeiros días de cada curso e coa finalidade de adecuar o ensino da materia ao alumnado e facilitar a progresión satisfactoria do seu proceso de aprendizaxe, realizaremos unha avaliación inicial, que será o punto de referencia para a toma de decisións relativas ao desenvolvemento do currículo, así como para adoptar aquelas medidas de apoio, reforzo e recuperación que se consideren oportunas para cada alumna ou alumno.

 

A avaliación inicial será, xunto coa información obtida a través do Departamento de Orientación e da consulta do expediente académico da alumna ou alumno no XADE, unha ferramenta esencial para que o profesorado poida coñecer o nivel académico do alumnado nas distintas competencias, co fin de poder adaptar o seu proceso de ensinanza e a súa proposta didáctica a ese nivel.

 

A avaliación inicial constitúe o factor preventivo por excelencia na atención á diversidade en xeral, e na atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, en particular. Será de grande importancia a coordinación de todo o profesorado que imparta docencia en cada grupo co fin de tomar medidas conxuntas que faciliten o progreso do alumnado. Seguiremos, en todo caso, as directrices que establezan o Departamento de Orientación, a Xefatura de Estudos e a Comisión de Coordinación Pedagóxica.

 

Para a realización da avaliación inicial poderanse empregar algúns dos seguintes procedementos e instrumentos:

1. Realización de probas escritas nas que se obteña información sobre os coñecementos previos do alumnado e o grao de desenvolvemento das competencias clave. Estas probas poderán incluír os seguintes criterios de avaliación:

1.1. Apreciación da capacidade de comprensión lectora (destacar as ideas fundamentais dun texto, ou resumilo).

1.2. Valoración da capacidade de expresión escrita (redactar un texto acorde a unhas determinadas temáticas vistas o curso anterior.

1.3. Valoración da capacidade de comprender e valorar aspectos da cultura lusófona estudados en niveis anteriores. 2. Probas de comprensión e expresión oral.

 

2. Realización e probas orais.

 

3. Cuestionarios de actitudes e intereses.

4. Análise dos informes finais individualizados do alumnado na etapa ou curso anterior.

5. Información obtida a través da persoa titora e do profesorado que impartiu a materia no curso anterior, e especialmente a comunicada polo Departamento de Orientación sobre alumnado con dificultades de aprendizaxe.

 


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 30.0 30.0 40.0 100.0
Proba escrita 6.0 0.0 20.0 9.8
Táboa de indicadores 94.0 100.0 80.0 90.2

Antes de expoñer os criterios de avaliación queremos explicar que:

 

1. Ademais de ter en conta o esforzo, a capacidade de traballo e a actitude na clase, os coñecementos do alumnado valorarase a través dos seguintes instrumentos de avaliación:

Control do traballo diario.

Control da progresión na adquisición das destrezas básicas (comprender textos orais e escritos e producir textos orais e escritos)

 

2. O alumnado con necesidades específicas terá unha adaptación destes instrumentos conforme as súas necesidades.

Basicamente esta adaptación consistirá:

Exames escritos máis curtos, con preguntas breves, cerradas,

claras e con vocabulario o máis sinxelo posíbel. No entanto, estes

exames teñen que ir adaptados ao nivel de estudos que cursa o alumno/a.

Deixar máis tempo para a os exames e probas escritas, ser flexíbeis na súa duración e mesmo dividilas en dúas sesións.

Cando se observa que os exames escritos fican incompletos, completalos de forma oral.

 

Criterios de avaliación

 

Ao final de cada trimestre avaliarase aos alumnos dos contidos impartidos até esa data segundo os seguintes

criterios.

 

1. Actitude e participación: 20%. Este apartado terá en conta os seguintes aspectos:

Competencia Aprender a Aprender (10%) e Competencia Social e Cívica (10%)

Neste apartado actitudinal valorarase:

Puntualidade na chegada á aula

Presenta as tarefas realizadas para o momento indicado, sen atrasos

Trae o material escolar preciso

Mostra vontade de aprender e esfórzase nas tarefas

Presenta as correccións e emendas indicadas na aula con limpeza e orde

Esta atenta/o ás explicacións, fai preguntas pertinentes e responde

correctamente.

Presenta e conserva correctamente os materiais e fichas

entregados na aula

Mostra respecto polo/a profesor/a

Mostra respecto polos/as alumnos/as

 

 

2. Contidos e habilidades lingüísticas e comunicativas: 80%

Valorarase o coñecemento dos distintos aspectos da lingua, a capacidade de comprensión e expresión a través de probas

específicas.

 

Estas probas específicas constarán de:

2.1. Expresión e comprensión escrita:

Unha proba de comprensión escrita, que consistirá en responder unhas preguntas de comprensión e expresión sobre un texto cun grao de dificultade adaptado a este nivel. Unhas breves preguntas sobre contidos gramaticais, ortográficos e léxicos (40 %)

Actividades na aula e na casa: (20%)

 

Expresión oral:

Proba do libro de lectura  (10%)

Proba de oralidade (10%)

 

 

 

A avaliación neste materia será continua. O alumnado terá a oportunidade de superar contidos nos que presentase dificuldades nas probas da 3ª avaliación parcial. Aquel alumndo que non teña superado a materia na 3ª avaliación ordinaria terá a oportunidade de facer unha proba de recuperación antes da avaliación final do mes de xuño. 

As recuperacións realizaranse mediante un exame, de modo que serán avaliados os estándares CCL. A cualificación global da recuperación calcularíase outorgándolle ao exame a mesma porcentaxe que durante o curso ten a CCL (70% na 1º e 70% na 2ª e 3ª avaliacións) e sumándolle as notas correspondentes da CCA, CSC, CCEC e CD; sería necesario obter 5 puntos para considerala aprobada.

Este alumnado que ten que facer recuperacións nas datas acordadas e aprobadas pola CCP. Este alumnado recibirá unha atención individualizada, material de repaso e reforzo daquelas partes da materia que teña que recuperar. O resto do alumnado seguirá co normal desenvolvemento das aulas até o día 22 de xuño que rematan as aulas. A 3ª avaliación e a avaliación final serán a partir do  día 22 de xuño segundo a Orde da Consellaría.

 

 

 

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Aqueles alumnos e alumnas da ESO que teñan a materia pendente dun curso anterior poderán superala por medio dun dos dous procedementos seguintes, que non son excluíntes:

1º) Mediante unha avaliación continuada que realizará o profesorado que imparta a materia no curso e grupo ao que estea asignado o alumno/a. Cada profesor ou profesora entregaralle ao alumnado que teña coa materia pendente, nos grupos en que imparte docencia, material de traballo para preparar as posteriores probas de control, tomando como base os obxectivos, estándares de aprendizaxe e mínimos esixibles indicados na correspondente programación de cada nivel. Este material estará dividido en dúas partes. O alumnado realizará este traballo, que será supervisado periodicamente polo profesor/a do seu grupo e entregado a este/a, para

a súa supervisión e corrección, nas datas límite que se establezan cada curso académico para cada unha das dúas partes; finalmente o profesor/a faralle ao alumno/a unha proba de control de cada unha das partes (aproximadamente nos meses de xaneiro e de abril, respectivamente). Se non se fixo entrega en prazo de cada un dos dous bloques de actividades, e correctamente realizadas a xuízo do profesor/a responsable, enténdese que o alumno/a renuncia a preparar a materia pendente por esta vía e non terá por tanto opción de realizar a proba de control correspondente. Do mesmo xeito, se non se realiza o primeiro bloque ou a súa proba de control, non se terá opción de realizar tampouco o segundo bloque nin a súa respectiva proba de control. O profesorado outorgará unha cualificación, de 0 a 10, a cada unha das probas de control correspondentes a cadanseu bloque de traballo. A nota media das dúas probas para considerar a materia superada será de 5 puntos. A devandita cualificación, se existe, seralle comunicada á xefatura de departamento para que conste na acta de avaliación correspondente. Aquel alumnado que supere a materia por esta vía non terá que presentarse á proba final que se explica no punto seguinte.

2º) En caso de non aprobar a materia pola anterior vía, ou de renunciar a facer uso dela ou dalgunha das súas partes, o alumnado poderá realizar as correspondentes probas finais ordinarias únicas establecidas legalmente. A eses efectos, antes do 31 de maio, o profesorado con alumnado pendente ao seu cargo comunicaranlle á xefatura de departamento as cualificacións correspondentes, coa finalidade de comprobar qué alumnado deberá realizar a proba final e cal non por ter a materia aprobada pola vía anteriormente explicada. No que se

refire aos contidos, criterios de avaliación etc., de cada nivel, remitimos ao establecido e indicado na

correspondente programación dos respectivos cursos. En canto aos contidos mínimos esixibles de 1º, 2º e 3º da ESO remitimos aos indicados na correspondente programación dos mencionados cursos.

 


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


As medidas de atención á diversidade enténdese como o conxunto de actuacións educativas dirixidas a dar resposta ás diferentes capacidades, motivacións e intereses, ritmos e estilos de aprendizaxe e situacións persoais do alumnado. Estas medidas oriéntanse a alcanzar os obxectivos e as competencias establecidas para a ESO e réxense polos principios de equidade, calidade e igualdade de oportunidades, non discriminación, integración, accesibilidade e cooperación da comunidade educativa.

Segundo o artigo 49 da Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación, as administracións educativas asegurarán os recursos necesarios para que os alumnos e alumnas que requiran unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentar necesidades educativas especiais, por atraso madurativo, por trastornos do desenvolvemento da linguaxe e a comunicación, por trastornos de atención ou de aprendizaxe, por descoñecemento grave da lingua de aprendizaxe, por atoparse en situación de vulnerabilidade socioeducativa, polas súas altas capacidades intelectuais, por terse incorporado tarde ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de historia escolar, poidan acadar o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades persoais e, en todo caso, os obxectivos establecidos con carácter xeral para todo o alumnado».

A partir da avaliación inicial do alumnado, proporanse as correspondentes actuacións de seguimento e atención ao alumnado, tanto as medidas ordinarias como extraordinarias. Faranse actividades especificamente deseñadas para cada caso.

Así, en concreto, o plan específico personalizado para o alumnado que permaneza un ano máis no mesmo curso, obrigado polo artigo 52 da Orde do 8 setembro de 2021 de atención á diversidade incluirá os seguintes apartados:

a) Identificación da alumna ou do alumno.

b) Relación das necesidades educativas que motivaron a repetición do curso.

c) Medidas ordinarias aplicadas no curso anterior.

d) Estratexias metodolóxicas que se utilizarán no seu desenvolvemento.

e) Recursos necesarios para o desenvolvemento do plan.

f) Se for o caso, oferta de medidas extraordinarias.

g) Acreditación da información á familia.

En cada sesión de avaliación farase o seguimento do plan específico personalizado e, se for necesario, realizaránselle os axustes que procedan. Ao final do curso, na mesma sesión de avaliación, informarase sobre o seu desenvolvemento e o seu aproveitamento.

Débese ter en conta o establecido no artigo 41 da citada Orde que, de conformidade co artigo 7 do Decreto 229/2011, do 7 de decembro, define as medidas de atención á diversidade como as actuacións, estratexias e/ou programas destinados a proporcionar unha resposta axustada ás necesidades educativas do alumnado.

Estas medidas clasifícanse en ordinarias e extraordinarias e deberán estar recollidas no Plan xeral de atención á diversidade e nas concrecións anuais do dito plan.

Algunhas das medidas concretas que se poderán aplicar, cando corresponda, e segundo o caso ou o diagnóstico específico, son:

-Alumnado con TDAH: aplicación do Protocolo de Consenso sobre TDAH na Infancia e na Adolescencia nos Ámbitos Educativo e Sanitario.

-Alternar actividades teóricas con traballo práctico.

-Antes de empezar unha actividade, explicarase en que consiste de xeito claro e sinxelo, e asegurarase de que a entendeu todo o alumnado.

-Empregar estratexias para captar a atención inicial, como mudanzas de entoación, xesticulación e dramatización. -Segmentar as actividades longas e limitar o número destas.

-Supervisar frecuentemente a realización, para reforzar positivamente ou para reconducir a execución ou as distraccións.

-Usar reforzos e apoios visuais na instrución oral.

-Combinar actividades máis estimulantes con outras menos motivadoras.

-Propor exercicios variados.

-Pedir a colaboración dun compañeiro ou dunha compañeira para que o axude a comprender e a realizar as tarefas. -Utilizar reforzos positivos para motivar.

-Fragmentar as actividades.

-Supervisar os exercicios e asegurarse de que entendeu o que ten que facer.

-Non sobrecargar de tarefas para a casa.

-Fixar as datas dos exames con suficiente antelación.

-Utilizar diferentes formas e instrumentos de avaliación.

-Acurtar os exames escritos e formular preguntas breves, pechadas, claras e con vocabulario sinxelo. -Dar máis tempo para realizar as probas ou os exames escritos.

-Supervisar a súa comprensión e execución durante o tempo no que se desenvolva o exame. -Pedir que se revisen os traballos e os exames antes de entregalos.

-Supervisar que a/o alumna/o respondeu a todas as cuestións antes de entregar o exame.

Para os alumnos con previsión de lles aplicar unha ACS, que terá que ser autorizada pola inspección educativa, o procedemento para a súa elaboración seguirá o establecido na Orde do 8 de setembro de 2021.

No caso de que ao longo do curso se matriculase algún alumno ou alumna con algunha destas problemáticas: dislexia, discapacidade auditiva, TEA, altas capacidades, Down ou discapacidade intelectual, TDAH, absentismo, atención temperá seguiranse os protocolos establecidos pola Consellería.

 


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3
1 Comprensión lectora
2 Expresión oral e escrita
3 Comunicación audiovisual
4 Competencia dixital
5 Emprendementos social e empresarial
6 Fomento do espírito crítico
7 Educación emocional e en valores
8 Igualdade de xénero
9 Creatividade

Observacións:

Observacións:

O Decreto do currículo de ESO establece que en todas as materias e, polo tanto, na Segunda Lingua Estranxeira (Português) de 3º de ESO, vanse traballar os seguintes elementos transversais:

- a comprensión lectora

- a expresión oral e escrita

- a comunicación audiovisual

- a competencia dixital

- o emprendemento social e empresarial

- o fomento do espírito crítico e científico

- a educación emocional e en valores

- a igualdade de xénero

- a creatividade

Alén diso, pola peculiaridade da materia de Portugués, a comprensión lectora e a comunicación oral e escrita, ao formar parte do currículo, serán elementos tratados dunha ou doutra maneira en todas as unidades didácticas, polo que non aparecen singularizados en ningunha delas.

 

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Excursión a Portugal Viaxe de estudos ao parque nacional do Gerês

As actividades complementarias son importantes para a aplicación práctica dos coñecementos adquiridos.

A viaxe a Portugal no segundo trimestre do curso enfocada a coñecer o territorio a visitar e a practicar as interaccións que se van realizar na excursión, desde a cultura musical até a gastronomía e a historia e as actividades na natureza.

Ademais, é posíbel que realicemos algunha actividade online con alumnado de Cabo Verde, dentro do proxecto Estórias que se contam, sobre recollida de patrimonio oral na Galiza, en Cabo Verde e en Portugal.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Avaliación do proceso de ensino e a práctica docente

Resulta fundamental que o profesorado posúa ferramentas e empregue procedementos útiles para avaliar o proceso do ensino e a súa práctica docente. Esta valoración efectúase, tal e como indica a normativa vixente, a través duns indicadores de logro "o profesorado avaliará tanto as aprendizaxes do alumnado como os procesos de ensino e a súa propia práctica docente, para o cal establecerá indicadores de logro nas programacións docentes".

Estes indicadores xiran arredor de tres aspectos: o referente á actitude profesional dentro da aula, ao coñecemento e á actitude a respecto do alumnado e ao cumprimento do establecido na programación didáctica.

Estes indicadores de logro valoraranse nunha escala de 0 a 10.

 


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


Para a elaboración da programación didáctica partiuse do seguimento das directrices establecidas pola Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP). Alén diso, tivéronse en conta as propostas de mellora existentes na memoria do curso anterior.

A estrutura da PD inclúe os apartados que recolle a Resolución do 26 de maio de 2022 que se expresan a seguir: -Introdución

-Obxectivos e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias

-Relación de unidades didácticas coa súa secuencia e temporalización, e que conteñen a parte do currículo da materia que se traballou e a relación dos instrumentos de avaliación.

-Metodoloxía, coas concrecións metodolóxicas e os materiais e recursos didácticos

-A avaliación, que refire o procedemento para a avaliación inicial, os criterios de cualificación coa indicación do mínimo de consecución para superar a materia

-Medidas de atención á diversidade

-A concreción dos elementos transversais

-As actividades complementarias

-A práctica docente, que inclúe o procedemento para avaliar o proceso de ensino e a práctica docente cos seus indicadores de logro e o procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora da propia programación didáctica

En previsión de calquera circunstancia imprevista, tipo COVID ou outras, achegaríase unha addenda coas correspondentes modificacións, basicamente en canto a modificación da metodoloxía e dos indicadores de logro mínimos por se fose necesaria unha atención virtual do alumnado.

 

 

Rematado o curso, para proceder a unha avaliación, revisión e propostas de mellora da PD, débense considerar os seguintes apartados:

-A programación entregouse no prazo establecido normativamente.

-O desenvolvemento da programación didáctica foi analizado e revisado na última reunión de departamento de cada trimestre.

-Valorouse o grao de cumprimento da secuenciación e temporalización das respectivas unidades didácticas, e se o seu deseño se axustou aos distintos elementos do currículo.

-Valorouse a metodoloxía seguida e se os materiais e recursos didácticos empregados deron os resultados previstos.

-En canto á avaliación, analizouse se o deseño das probas de avaliación inicial e os mecanismos para a súa realización foron os adecuados.

-Así mesmo, valorouse se os criterios de avaliación, tanto os establecidos para as distintas recuperacións de probas ou avaliacións como os seguidos para a avaliación final foron os axeitados.

-Revisáronse as medidas adoptadas a respecto do alumnado NEAE presente nas aulas.

-Valorouse a pertinencia dos distintos elementos transversais e o grao de cumprimento e participación en actividades complementarias.

-Analizouse se os mecanismos de información ás familias estaban dando os resultados previstos e se foron útiles e axeitados.

-Incluíuse a avaliación da práctica docente e da propia PD.

Para levar a cabo esta análise e comprobación da adecuada aplicación da PD, elaboráronse os seguintes indicadores de logro, que deberán ir acompañados das correspondentes puntuacións nunha táboa de 1 a 5.

1. Conseguise acadar o grao de cumprimento dos obxectivos didácticos propostos, co correspondente desenvolvemento das competencias clave.

2. A secuenciación das UD propostas foi a axeitada, así como o número delas e a súa distribución cronolóxica. 3. As concrecións metodolóxicas e os materiais e recursos didácticos utilizados axustáronse aos fins perseguidos. 4. Os criterios de avaliación foron ben aplicados.

5. Os instrumentos de avaliación foron os adecuados.

6. Os mínimos de consecución para cada criterio de avaliación estiveron ben establecidos. 7. Atendeuse debidamente a diversidade do alumnado (seguindo os protocolos de actuación correspondentes). 8. Atendéronse suficientemente os contidos transversais e as actividades complementarias. 9. A materia contribuíu aos distintos plans do centro: PLC, Plan lector, TIC, Convivencia....

10. Realizouse un seguimento regular da PD por parte do departamento.

11. Avaliouse o cumprimento da PD aplicando unha escala de 1 a 5 .

12. Establecéronse propostas para emendar as deficiencias observadas na aplicación da PD. 13. Estas propostas foron incluídas na memoria final do departamento.

 


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver