Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A materia de Xeografía e Historia contribúe á percepción e á análise dunha realidade cada vez máis diversa e cambiante. A comprensión do seu devir a través do tempo e do espazo, e a análise do cambio como froito da acción humana implica concibir a aprendizaxe do alumnado como unha invitación ao coñecemento de si mesmo e do mundo que o rodea, á participación e ao compromiso social. Vivir en sociedade, interactuar na contorna e comprender como son as relacións que esta-blecemos e as normas de funcionamento que as rexen resultan esenciais para que o alumnado poida asumir os seus dereitos e responsabilidades, exercitar a cidadanía e orientar o seu compor-tamento cívico, cuestións estas de especial importancia nunha etapa educativa na que o alumnado adolescente precisa de experiencias formativas que lle permitan construír o seu criterio, a súa iden-tidade e a súa autonomía para desenvolverse na súa contorna social. Esta complexa transición prodúcese da etapa de educación primaria á de educación secundaria obrigatoria e, no noso ámbito, implica poñerse en contacto cunha sociedade complexa que lle formula dilemas e na que o alum-nado debe aprender a tomar decisións informadas. A toma de conciencia dos desafíos aos que nos enfrontamos na actualidade, así como a valoración crítica das respostas que, ao longo da historia, se lles deron aos retos e problemas que se foron sucedendo, dispón a mocidade en situación de actuar xa no presente para garantir a sustentabilidade do planeta e o benestar da humanidade no futuro.

Aínda que se vincula e continúa co proceso de desenvolvemento competencial da área de Cien-cias Sociais da educación primaria, a atención particular que se concede agora tanto á Xeografía como á Historia queda xustificada polo seu acusado carácter comprensivo, global e integrador e pola súa conexión con outras ciencias sociais, o que permite contribuír ao logro dos obxectivos e competencias que marcan o perfil de saída do alumnado ao termo do ensino básico. Os obxectivos da materia confírenlle un perfil pertinente no desenvolvemento de dimensións fundamentais da aprendizaxe, como son o traballo sobre a información e as súas fontes a través de recursos varia-dos, incluídos os dixitais, a contextualización das aprendizaxes na contorna local e global, o interese polos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, o exercicio da solidariedade e a cohesión so-cial, o respecto á diversidade cultural e ás diferentes identidades, o afrontar a convivencia e os conflitos empregando o xuízo ético baseado en valores e prácticas democráticas, a valoración e conservación do patrimonio, a defensa da igualdade real entre mulleres e homes, así como a loita contra calquera tipo de discriminación. Para iso hai que combinar as ferramentas e estratexias pro-pias dos métodos de estudo de cada unha destas dúas disciplinas ¿o pensamento xeográfico e o histórico¿ coa capacidade crítica e de concienciación. O pensamento xeográfico enténdese como un conxunto de habilidades para analizar, comprender, transformar e producir novas formas de coñecemento espacial ao redor de conceptos como proximidade, conexión, localización ou distribu-ción espacial, utilizando a escala adecuada en cada caso, desde o local ao global. E é que entender as razóns que configuran o territorio e as paisaxes permite considerar alternativas e, polo tanto, outorga a posibilidade de actuar para construír espazos que favorezan a xustiza social, o equilibrio ambiental e a cidadanía global. Isto require a aplicación de procedementos de análise xeográfica; establecer relacións causais entre diversas variables que explican a complexidade dos fenómenos sociais no espazo; propoñer hipóteses explicativas, e comunicar resultados dunha procura sinxela utilizando as técnicas de representación do espazo e o vocabulario xeográfico. O pensamento his-tórico defínese como o proceso levado a cabo para interpretar as fontes do pasado e xerar as na-rrativas históricas a través da reflexión sobre a súa relevancia, a análise de fontes, a discusión sobre as causas e consecuencias dos acontecementos, así como a análise dos cambios e continuidades entre estes, desde unha perspectiva temporal e contextualizada, e con relación a determinados criterios éticos e cívicos. Pero a Xeografía e a Historia non só abordan o pasado, senón tamén o presente e o futuro nun dobre plano: os estudantes deben comprender a súa realidade inmediata a partir dos coñecementos do pasado para tomar decisións futuras sen prexuízos, como cidadáns autónomos e coherentes. E nun segundo plano, a Xeografía e a Historia permiten explicar e enten-der o presente como un proceso inacabado (eliminando posturas teleolóxicas) sobre o que é posible actuar desde unha perspectiva científica, para modelar o futuro.

Tanto nos obxectivos como nos criterios de avaliación e nos contidos queda reflectida a visión funcional e activa das aprendizaxes propias da materia. A avaliación dos obxectivos realízase a través dos criterios de avaliación, que miden tanto os resultados como os procesos dunha maneira aberta, flexible e interconectada dentro do currículo. Establécense certas etapas históricas e deter-minados ámbitos temáticos nos distintos cursos, pero a progresión de contidos está condicionada principalmente pola complexidade dos procesos que se poñen en acción e a madurez persoal e cívica do alumnado, acorde co seu desenvolvemento e capacidades. É precisamente esta multidi-mensionalidade da avaliación, que relaciona a adquisición de coñecementos, o desenvolvemento e a posta en acción de destrezas e procesos, así como o exercicio e incorporación de actitudes, va-lores e compromisos, a que debe facer dos criterios a guía das intencións e das estratexias educa-tivas. Porque todas estas facetas formativas deben verse comprometidas nas iniciativas e a apren-dizaxe do alumnado con base nunha consideración integral da súa formación. Hai, polo tanto, un avance na óptica curricular que profunda na substitución da acumulación enumerativa enciclope-dista baseada na memorización de datos polo afondamento do coñecemento, a aplicación práctica da aprendizaxe e o desenvolvemento de competencias que permitan avaliar o alumnado desde unha perspectiva multifocal. A aplicación dunhas metodoloxías máis activas contribuirá a que o alumnado mostre e potencie todas as súas capacidades, o que fomentará máis a súa motivación e predisposición á aprendizaxe.

Neste sentido, os criterios de avaliación e os contidos, estruturados por cursos e en tres bloques, son concibidos como unha meta e non só como unha base da que partir, situando no alumnado o protagonismo na súa construción para dotalos de significado e comprender con eles o mundo no que vive. Trátase de non incorrer en enfoques exclusivamente academicistas na presentación e organización dos contidos, tradicionalmente dispostos en campos disciplinares estancos, excesiva-mente concretos, pechados en ámbitos temáticos e a través de secuencias diacrónicas sucesivas, promovendo unha perspectiva máis aberta e flexible, na que as dimensións do espazo e do tempo poidan ser interpretadas e desenvoltas ao longo de todos os cursos, permitindo combinar a xeogra-fía e a historia e conectar os seus métodos e campos de estudo.


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Buscar, seleccionar, tratar e organizar información sobre temas relevantes do presente e do pasado, usando criticamente fontes históricas e xeográficas, para adquirir coñecementos, elaborar e expresar contidos en varios formatos.
OBX2 Indagar, argumentar e elaborar produtos propios sobre problemas xeográficos, históricos e sociais que resulten relevantes na actualidade, desde o local ao global, para desenvolver un pensamento crítico, respectuoso coas diferenzas, que contribúa á construción da propia identidade e a enriquecer o acervo común.
OBX3 Coñecer os principais desafíos aos que se enfrontaron distintas sociedades ao longo do tempo, identificando as causas e consecuencias dos cambios producidos e os problemas aos que se enfrontan na actualidade, mediante o desenvolvemento de proxectos de investigación e o uso de fontes fiables, para realizar propostas que contribúan ao desenvolvemento sustentable.
OBX4 Identificar e analizar os elementos da paisaxe e a súa articulación en sistemas complexos naturais, rurais e urbanos, así como a súa evolución no tempo, interpretando as causas das transformacións e valorando o grao de equilibrio existente nos distintos ecosistemas, para promover a súa conservación, mellora e uso sustentable.
OBX5 Analizar de forma crítica formulacións históricas e xeográficas explicando a construción dos sistemas democráticos e os principios constitucionais que rexen a vida en comunidade, así como asumindo os deberes e dereitos propios do noso marco de convivencia, para promover a participación cidadá e a cohesión social.
OBX6 Comprender os procesos xeográficos, históricos e culturais que conformaron a realidade multicultural na que vivimos, coñecendo e difundindo a historia e a cultura das minorías étnicas presentes no noso país, e valorando a achega dos movementos en defensa da igualdade e a inclusión, para reducir estereotipos, evitar calquera tipo de discriminación e violencia, e recoñecer a riqueza da diversidade.
OBX7 Identificar os fundamentos que sosteñen as diversas identidades propias e as alleas, a través do coñecemento e posta en valor do patrimonio material e inmaterial que compartimos para conservalo e respectar os sentimentos de pertenza, así como para favorecer procesos que contribúan á cohesión e solidariedade territorial no tocante aos valores do europeísmo e da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
OBX8 Tomar conciencia do papel dos ciclos demográficos, o ciclo vital, as formas de vida e as relacións interxeracionais e de dependencia na sociedade actual e a súa evolución ao longo do tempo, analizándoas de forma crítica, para promover alternativas saudables, sustentables, enriquecedoras e respectuosas coa dignidade humana e o compromiso coa sociedade e a contorna.
OBX9 Coñecer e valorar a importancia da seguridade integral cidadá na cultura de convivencia nacional e internacional, recoñecendo a contribución do Estado, as súas institucións e outras entidades sociais á cidadanía global, á paz, á cooperación internacional e ao desenvolvemento sustentable, para promover a consecución dun mundo máis seguro, solidario, sustentable e xusto.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 A organización política dos Estados Trata de explicar as funcións dos Estados, as relacións internacionais e a UE. 10 10
2 Globalización. A organización da economía Abordarase a globalización, os sistemas económicos e as multinacionais 5 8
3 Un mundo de migrantes. Poboación e poboamento en España e Galicia. Explicaremos os movementos da poboación e os principais retos demográficos de España 10 8
4 O sector primario Trata sobre as características da agricultura, gandaría e pesca 10 10
5 O sector secundario Trata das fontes de enerxía, rexións industriais do mundo e deslocalización 10 9
6 O sector terciario Esturademos o sector servizos, o turismo, transportes e comercio. Impacto ambiental. 10 11
7 Paisaxes humanizadas e os sectores produtivos na UE, España e Galicia e o mercado común europeo. Os sectores económicos na UE, a transición enerxética e o modelo de desenvolvemento económico substentable 5 7
8 A distribución desigual dos recursos e do traballo nun mundo globalizado. Trata de explicar o Índice de desenvolvemento humano, a distribución da riqueza no mundo e retos medioambientais 10 8
9 O Século da Razón. Transformación política. Da servidume á cidadanía. Trata sobre a sociedade estamental, monarquía absoluta, comercio triangular, ascenso da burguesía, Ilustración e Guerra de Sucesión española 10 9
10 A revolución francesa Abordaremos as causas, desenvolvemento e consecuencias da revolución francesa. Arte no século XVIII 5 9
11 A revolución industrial. A sociedade de clases Analizaremos as causas da Primeira revolución industrial: revolución agrícola, demográfica e de transportes. A difusión da Revolución industrial e a nova sociedade de clases. 10 8
12 A industrialización en España e os movementos artísticos no século XIX. Estudaremos o atraso da industrialización en España e a sociedade do século XIX 5 8

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Retos do mundo actual
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12
CA1.1 - Elaborar contidos propios en distintos formatos, mediante aplicacións e estratexias de recollida e representación de datos máis complexas, usando e contrastando criticamente fontes fiables, tanto analóxicas como dixitais, do presente e da historia contemporánea, identificando a desinformación e a manipulación.
CA1.2 - Xerar produtos orixinais e creativos mediante a reelaboración de coñecementos previos a través de ferramentas de investigación que permitan explicar problemas presentes e pasados da humanidade a distintas escalas temporais e espaciais, do local ao global, utilizando conceptos, situacións e datos relevantes.
CA1.3 - Coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, realizando propostas que contribúan ao seu logro, aplicando métodos e proxectos de investigación, incidindo no uso de mapas e outras representacións gráficas, así como de medios accesibles de interpretación de imaxes.
CA1.4 - Identificar os elementos da contorna e comprender o seu funcionamento como un sistema complexo por medio da análise multicausal das súas relacións naturais e humanas, presentes e pasadas, valorando o grao de conservación e de equilibrio dinámico.
CA1.5 - Rexeitar actitudes discriminatorias e recoñecer a riqueza da diversidade, a partir da análise da relación entre os aspectos xeográficos, históricos, ecosociais e culturais que conformaron a sociedade globalizada e multicultural actual, e o coñecemento da achega dos movementos en defensa dos dereitos das minorías e en favor da inclusión e a igualdade real, especialmente das mulleres e doutros colectivos discriminados.
CA1.6 - Recoñecer os trazos que van conformando a identidade propia e a dos demais, a riqueza das identidades múltiples en relación con distintas escalas espaciais, a través da investigación e a análise dos seus fundamentos xeográficos, históricos, artísticos, ideolóxicos e lingüísticos, e o recoñecemento das súas expresións culturais.
Contidos
C1.1 - Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Emerxencia climática e sustentabilidade. Relación entre factores naturais e antrópicos. Modificacións, efectos e ameazas na Terra e a contorna próxima de España e Galicia. Os avances tecnolóxicos e a conciencia ecosocial.
C1.2 - Globalización. Os movementos migratorios e interculturalidade no ámbito mundial. Conflitos ideolóxicos e etnoculturais.
C1.3 - Sociedade da información. Procura, tratamento da información, uso de datos en contornas dixitais e avaliación e contraste da fiabilidade das fontes. O problema da desinformación. Uso específico do léxico relativo aos ámbitos histórico, artístico e xeográfico.
C1.4 - Cultura mediática. Técnicas e métodos das Ciencias Sociais: análise de textos, interpretación e elaboración de mapas, esquemas e sínteses, representación de gráficos e interpretación de imaxes a través de medios dixitais accesibles. Tecnoloxías da información xeográfica.
C1.5 - O global e o local. A investigación en Ciencias Sociais. O estudo multicausal e a análise comparada do espazo natural, rural e urbano. A súa evolución en España e Galicia e os retos de futuro.
C1.6 - Análise e interpretación de conceptos espaciais: localización, escala, conexión e proximidade espacial.
C1.7 - Estruturas económicas no mundo actual: unha economía globalizada. Os sectores produtivos na Unión Europea, España e Galicia, a súa transformación e evolución. A Unión Europea como exemplo do funcionamento dos mercados. A eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
C1.8 - Dilemas e incertezas ante o crecemento, a empregabilidade e a sustentabilidade.
C1.9 - Igualdade de xénero e formas de violencia contra as mulleres. Actitudes e comportamentos sexistas
C1.10 - Diversidade social, etnocultural e de xénero. Migracións, multiculturalidade e mestizaxe en sociedades abertas. Historia e recoñecemento do pobo xitano e outras minorías étnicas do noso país. España, país de migrantes. Novas formas de identificación cultural.
Bloque B2. Sociedades e territorios
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12
CA2.1 - Analizar procesos de cambio histórico e comparar casos da Historia e a Xeografía a través do uso de fontes de información diversas, tendo en conta as transformacións de curta e longa duración (conxuntura e estrutura), as continuidades e permanencias en diferentes períodos e lugares.
CA2.2 - Utilizar secuencias cronolóxicas complexas nas que identificar, comparar e relacionar feitos e procesos en diferentes períodos e lugares históricos (simultaneidade, duración, causalidade), utilizando termos e conceptos específicos do ámbito da Historia e da Xeografía.
CA2.3 - Transferir adecuadamente a información e o coñecemento por medio de narracións, pósteres, presentacións, exposicións orais, medios audiovisuais e outros produtos.
CA2.4 - Identificar os principais feitos históricos nos diferentes contextos e valorar os cambios que propiciaron nos aspectos ideolóxicos, sociais, políticos e económicos conformando as bases do mundo contemporáneo e actual; así mesmo, xustificar que feitos do pasado teñen unha incidencia no presente establecendo relacións de causalidade e consecuencialidade que todo acontecemento histórico vai provocar no futuro.
CA2.5 - Idear e adoptar, cando sexa posible, comportamentos e accións que contribúan á conservación e mellora da contorna natural, rural e urbana, a través do respecto a todos os seres vivos, mostrando comportamentos orientados ao logro dun desenvolvemento sustentable das devanditas contornas, e defendendo o acceso universal, xusto e equitativo aos recursos que nos ofrece o planeta.
CA2.6 - Coñecer, valorar e exercitar responsabilidades, dereitos e deberes e actuar en favor do seu desenvolvemento e a defensa dos valores constitucionais e democráticos.
CA2.7 - Recoñecer movementos e causas que xeren unha conciencia solidaria, promovan a cohesión social, e traballen para a eliminación da desigualdade, especialmente a motivada por cuestión de xénero, e para o pleno desenvolvemento da cidadanía, mediante a mobilización de coñecementos e estratexias de participación, traballo en equipo, mediación e resolución pacífica de conflitos.
CA2.8 - Recoñecer os trazos que van conformando a identidade propia e a dos demais, a riqueza das identidades múltiples en relación con distintas escalas espaciais, a través da investigación e a análise dos seus fundamentos xeográficos, históricos, artísticos, ideolóxicos e lingüísticos, e o recoñecemento das súas expresións culturais.
Contidos
C2.1 - Métodos de investigación no ámbito da Xeografía e da Historia. Metodoloxías do pensamento histórico e do pensamento xeográfico.
C2.2 - As fontes históricas como base para a construción do coñecemento sobre o pasado contemporáneo. Contraste entre interpretacións de historiadores.
C2.3 - A transformación política dos seres humanos: da servidume á cidadanía. Transicións, revolucións e resistencias: permanencias e cambios na época contemporánea. A conquista dos dereitos individuais e colectivos na época contemporánea. Orixe, evolución e adaptación dos sistemas liberais en España e no mundo a través das fontes.
C2.4 - A chegada a España dunha nova dinastía, uniformismo e reformismo borbónico. Crise do Antigo Réxime en España e Galicia ata 1814. O reformismo ilustrado en Galicia.
C2.5 - A industrialización en Europa, España e Galicia. Transicións, revolucións, permanencias e cambios na nova orde mundial. Nacemento dunha nova sociedade.
C2.6 - A transformación humana do territorio e a distribución desigual dos recursos e do traballo. Evolución dos sistemas económicos.
C2.7 - Os ciclos e réximes demográficos. O reto demográfico en España e Galicia: Envellecemento e políticas demográficas. Cambios dos modos de vida e dos modelos de organización social.
C2.8 - Interpretación do territorio e da paisaxe. Do éxodo rural á concentración urbana. O problema do despoboamento rural no ámbito estatal e autonómico. Ordenación do territorio e transformación do espazo. A importancia do espazo público. A pegada humana e a protección do medio natural.
C2.9 - O nacemento das novas expresións artísticas e culturais ata a metade do século XIX e a súa relación coas artes clásicas. A personalidade independente de Goya. Respecto e conservación do patrimonio material e inmaterial.
C2.10 - Organización política das sociedades. Ordenamento normativo autonómico, constitucional e supranacional como garante do desenvolvemento de dereitos e liberdades para o exercicio da cidadanía. Cidadanía europea e cosmopolita.
Bloque B3. Compromiso cívico e global
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12
CA3.1 - Establecer conexións e relacións entre os coñecementos e informacións adquiridos, elaborando sínteses interpretativas e explicativas, mediante informes, estudos ou dosieres informativos, que reflictan un dominio e consolidación dos contidos tratados.
CA3.2 - Realizar propostas que contribúan ao logro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, aplicando métodos e proxectos de investigación, incidindo no uso de mapas e outras representacións gráficas, así como de medios accesibles de interpretación de imaxes.
CA3.3 - Entender e afrontar, desde un enfoque ecosocial, problemas e desafíos pasados, actuais ou futuros das sociedades contemporáneas tendo en conta as súas relacións de interdependencia e ecodependencia.
CA3.4 - Recoñecer movementos e causas que xeren unha conciencia solidaria, promovan a cohesión social e traballen para a eliminación da desigualdade, especialmente a motivada por cuestión de xénero, e para o pleno desenvolvemento da cidadanía, mediante a mobilización de coñecementos e estratexias de participación, traballo en equipo, mediación e resolución pacífica de conflitos.
CA3.5 - Rexeitar actitudes discriminatorias e recoñecer a riqueza da diversidade, a partir da análise da relación entre os aspectos xeográficos, históricos, ecosociais e culturais que conformaron a sociedade globalizada e multicultural actual, e o coñecemento da achega dos movementos en defensa dos dereitos das minorías e en favor da inclusión e a igualdade real, especialmente das mulleres e doutros colectivos discriminados.
CA3.6 - Contribuír ao benestar individual e colectivo a través do deseño, exposición e posta en práctica de iniciativas orientadas a promover un compromiso activo cos valores comúns, a mellora da contorna e o servizo á comunidade.
CA3.7 - Adoptar un papel activo e comprometido coa contorna, de acordo con aptitudes, aspiracións, intereses e valores propios, a partir da análise crítica da realidade económica, da distribución e xestión do traballo, e a adopción de hábitos responsables, saudables, sustentables e respectuosos coa dignidade humana e a doutros seres vivos, así como da reflexión ética ante os usos da tecnoloxía e a xestión do tempo libre.
CA3.8 - Contribuír á consecución dun mundo máis seguro, xusto, solidario e sustentable, a través da análise dos principais conflitos do presente e o recoñecemento das institucións do Estado, e das asociacións civís que garanten a seguridade integral e a convivencia social, así como dos compromisos internacionais do noso país en favor da paz, a seguridade, a cooperación, a sustentabilidade, os valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
Contidos
C3.1 - Diversidade social e multiculturalidade. Integración e cohesión social. Medidas e accións en favor da igualdade e da plena inclusión.
C3.2 - Implicación na defensa e protección do medio ambiente. Acción e posición ante a emerxencia climática.
C3.3 - O patrimonio como ben e como recurso. Posta en valor, difusión e xestión da riqueza patrimonial.
C3.4 - Emprego e traballo na sociedade da información, aprendizaxe permanente e ao longo de toda a vida.
C3.5 - A transformación humana do territorio e a distribución desigual dos recursos e do traballo. Evolución dos sistemas económicos, dos ciclos demográficos, dos modos de vida e dos modelos de organización social. A loita polos dereitos laborais e sociais: o estado do benestar.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 A organización política dos Estados
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Elaborar contidos propios en distintos formatos, mediante aplicacións e estratexias de recollida e representación de datos máis complexas, usando e contrastando criticamente fontes fiables, tanto analóxicas como dixitais, do presente e da historia contemporánea, identificando a desinformación e a manipulación.
Táboa de indicadores
identificando e describindo aceptablemente que é Estado, tipos de Estado, rexímenes e a organización territorial do Estado 5
CA1.5 Rexeitar actitudes discriminatorias e recoñecer a riqueza da diversidade, a partir da análise da relación entre os aspectos xeográficos, históricos, ecosociais e culturais que conformaron a sociedade globalizada e multicultural actual, e o coñecemento da achega dos movementos en defensa dos dereitos das minorías e en favor da inclusión e a igualdade real, especialmente das mulleres e doutros colectivos discriminados.
Táboa de indicadores
É capaz de plasmar con certa soltura a proposta de traballo na que plama o rexeitamento contra actitudes discriminatorias e recoñece a riqueza da diversidade a partir de aspectos xeográficos e históricos. 10
CA1.6 Recoñecer os trazos que van conformando a identidade propia e a dos demais, a riqueza das identidades múltiples en relación con distintas escalas espaciais, a través da investigación e a análise dos seus fundamentos xeográficos, históricos, artísticos, ideolóxicos e lingüísticos, e o recoñecemento das súas expresións culturais.
Proba escrita
Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando saber e comprender que tipos de rexímenes existen, as diferenzas entre monarquía e república e como se organiza o Estado español. 10
CA2.6 Coñecer, valorar e exercitar responsabilidades, dereitos e deberes e actuar en favor do seu desenvolvemento e a defensa dos valores constitucionais e democráticos.
Proba escrita
Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando saber e comprender cales son as características fundamentais dun sistema democrático en antítesis ao ditatorial. 10
CA2.7 Recoñecer movementos e causas que xeren unha conciencia solidaria, promovan a cohesión social, e traballen para a eliminación da desigualdade, especialmente a motivada por cuestión de xénero, e para o pleno desenvolvemento da cidadanía, mediante a mobilización de coñecementos e estratexias de participación, traballo en equipo, mediación e resolución pacífica de conflitos.
Táboa de indicadores
Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando coñecer condutas que xeren unha conciencia solidaria. 5
CA2.8 Recoñecer os trazos que van conformando a identidade propia e a dos demais, a riqueza das identidades múltiples en relación con distintas escalas espaciais, a través da investigación e a análise dos seus fundamentos xeográficos, históricos, artísticos, ideolóxicos e lingüísticos, e o recoñecemento das súas expresións culturais.
Proba escrita
Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando saber e comprender cales son as características fundamentais dun sistema democrático 10
CA3.4 Recoñecer movementos e causas que xeren unha conciencia solidaria, promovan a cohesión social e traballen para a eliminación da desigualdade, especialmente a motivada por cuestión de xénero, e para o pleno desenvolvemento da cidadanía, mediante a mobilización de coñecementos e estratexias de participación, traballo en equipo, mediación e resolución pacífica de conflitos.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura a proposta de traballo, no que plasma a importancia do sentido cívico, o respecto polas diferenzas e opinións dos demais e sobre o recoñecemento da muller. 10
CA3.5 Rexeitar actitudes discriminatorias e recoñecer a riqueza da diversidade, a partir da análise da relación entre os aspectos xeográficos, históricos, ecosociais e culturais que conformaron a sociedade globalizada e multicultural actual, e o coñecemento da achega dos movementos en defensa dos dereitos das minorías e en favor da inclusión e a igualdade real, especialmente das mulleres e doutros colectivos discriminados.
Proba escrita
Rexeita actitudes discriminatorias e recoñece os movementos en defensa das minorías e das tradicións culturais e lingüísticas de cada territorio 10
CA3.6 Contribuír ao benestar individual e colectivo a través do deseño, exposición e posta en práctica de iniciativas orientadas a promover un compromiso activo cos valores comúns, a mellora da contorna e o servizo á comunidade.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura a proposta de traballo, identificando e describindo os problemas de convivencia que hai na súa contorna e as solucións que proporía. 10
CA3.8 Contribuír á consecución dun mundo máis seguro, xusto, solidario e sustentable, a través da análise dos principais conflitos do presente e o recoñecemento das institucións do Estado, e das asociacións civís que garanten a seguridade integral e a convivencia social, así como dos compromisos internacionais do noso país en favor da paz, a seguridade, a cooperación, a sustentabilidade, os valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
Proba escrita
Realiza un exercicio escrito no que indique certas institucións do Estado e de asociacións que promoven un mundo máis seguro e unha mellor convivencia. 20

2 Globalización. A organización da economía
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Xerar produtos orixinais e creativos mediante a reelaboración de coñecementos previos a través de ferramentas de investigación que permitan explicar problemas presentes e pasados da humanidade a distintas escalas temporais e espaciais, do local ao global, utilizando conceptos, situacións e datos relevantes.
Táboa de indicadores
É capaz de É capaz de realizar con certa soltura un traballo sobre que é globalización, causas e aspectos negativos e positivos. 50
CA1.4 Identificar os elementos da contorna e comprender o seu funcionamento como un sistema complexo por medio da análise multicausal das súas relacións naturais e humanas, presentes e pasadas, valorando o grao de conservación e de equilibrio dinámico.
Proba escrita
É capa de identificar os elementos da contorna e comprender o seu funcionamento nunha proba escrita. 50

3 Un mundo de migrantes. Poboación e poboamento en España e Galicia.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.4 Identificar os elementos da contorna e comprender o seu funcionamento como un sistema complexo por medio da análise multicausal das súas relacións naturais e humanas, presentes e pasadas, valorando o grao de conservación e de equilibrio dinámico.
Táboa de indicadores
É capaz de interpretar e identificar con certa seguridade elementos da súa contorna. 10
CA1.5 Rexeitar actitudes discriminatorias e recoñecer a riqueza da diversidade, a partir da análise da relación entre os aspectos xeográficos, históricos, ecosociais e culturais que conformaron a sociedade globalizada e multicultural actual, e o coñecemento da achega dos movementos en defensa dos dereitos das minorías e en favor da inclusión e a igualdade real, especialmente das mulleres e doutros colectivos discriminados.
Táboa de indicadores
É capaz de expor con certa claridade un traballo sobre a mobilidade da poboación e a multiculturalidade e o respecto ás minorías. 10
CA1.6 Recoñecer os trazos que van conformando a identidade propia e a dos demais, a riqueza das identidades múltiples en relación con distintas escalas espaciais, a través da investigación e a análise dos seus fundamentos xeográficos, históricos, artísticos, ideolóxicos e lingüísticos, e o recoñecemento das súas expresións culturais.
Táboa de indicadores
É capaz de recoñecer trazos da súa identidade e de identidades múltiples. 10
CA2.1 Analizar procesos de cambio histórico e comparar casos da Historia e a Xeografía a través do uso de fontes de información diversas, tendo en conta as transformacións de curta e longa duración (conxuntura e estrutura), as continuidades e permanencias en diferentes períodos e lugares.
Proba escrita
Responde a preguntas cun nivel suficiente, demostrando saber e comprender o que é globalización, causas, consecuencias e aspectos negativos e positivos e o que é Desenvolvemento Sostible. 10
CA2.7 Recoñecer movementos e causas que xeren unha conciencia solidaria, promovan a cohesión social, e traballen para a eliminación da desigualdade, especialmente a motivada por cuestión de xénero, e para o pleno desenvolvemento da cidadanía, mediante a mobilización de coñecementos e estratexias de participación, traballo en equipo, mediación e resolución pacífica de conflitos.
Proba escrita
É capaz de recoñecer movementos que xeran unha conciencia social e eliminen a desigualdade. 10
CA3.1 Establecer conexións e relacións entre os coñecementos e informacións adquiridos, elaborando sínteses interpretativas e explicativas, mediante informes, estudos ou dosieres informativos, que reflictan un dominio e consolidación dos contidos tratados.
Proba escrita
Responde a preguntas cun nivel suficiente, demostrando saber e comprender o que é globalización, causas, consecuencias e aspectos negativos e positivos e o que é Desenvolvemento Sostible. 20
CA3.3 Entender e afrontar, desde un enfoque ecosocial, problemas e desafíos pasados, actuais ou futuros das sociedades contemporáneas tendo en conta as súas relacións de interdependencia e ecodependencia.
Proba escrita
Responde a preguntas cun nivel suficiente, demostrando saber e comprender os retos futuros da globalización, 10
CA3.4 Recoñecer movementos e causas que xeren unha conciencia solidaria, promovan a cohesión social e traballen para a eliminación da desigualdade, especialmente a motivada por cuestión de xénero, e para o pleno desenvolvemento da cidadanía, mediante a mobilización de coñecementos e estratexias de participación, traballo en equipo, mediación e resolución pacífica de conflitos.
Proba escrita
Responde a preguntas cun nivel suficiente, demostrando saber e comprender movementos que xeren unha conciencia solidaria ou promovan a eliminación da desigualdade. 10
CA3.5 Rexeitar actitudes discriminatorias e recoñecer a riqueza da diversidade, a partir da análise da relación entre os aspectos xeográficos, históricos, ecosociais e culturais que conformaron a sociedade globalizada e multicultural actual, e o coñecemento da achega dos movementos en defensa dos dereitos das minorías e en favor da inclusión e a igualdade real, especialmente das mulleres e doutros colectivos discriminados.
Proba escrita
Responde a preguntas cun nivel suficiente, rexeitando actitudes discriminatorias e recoñecendo a diversidade dun mundo globalizado a través de documentos xeográficos ou históricos. 10

4 O sector primario
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.3 Coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, realizando propostas que contribúan ao seu logro, aplicando métodos e proxectos de investigación, incidindo no uso de mapas e outras representacións gráficas, así como de medios accesibles de interpretación de imaxes.
Proba escrita
Realiza un exercicio escrito no que teña que explicar algún dos dezasete ODS empregando imaxes, mapas, gráficas... e fai propostas a problemas e retos do futuro. 20
CA1.4 Identificar os elementos da contorna e comprender o seu funcionamento como un sistema complexo por medio da análise multicausal das súas relacións naturais e humanas, presentes e pasadas, valorando o grao de conservación e de equilibrio dinámico.
Proba escrita
Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando saber que tipos de poboamento que hai en España e Galicia e como evolucionaron e cales son os problemas que presentan. 20
CA3.2 Realizar propostas que contribúan ao logro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, aplicando métodos e proxectos de investigación, incidindo no uso de mapas e outras representacións gráficas, así como de medios accesibles de interpretación de imaxes.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura a lectura de gráficas, mapas e imaxes sobre as actividades económicas e a súa incidencia no medio e determinar cal dos ODS se deben cumprir ao respecto. 20
CA3.3 Entender e afrontar, desde un enfoque ecosocial, problemas e desafíos pasados, actuais ou futuros das sociedades contemporáneas tendo en conta as súas relacións de interdependencia e ecodependencia.
Proba escrita
Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando saber e comprender como evolucionou a actividade económica, os axentes económicos e os retos do futuro. 30
CA3.7 Adoptar un papel activo e comprometido coa contorna, de acordo con aptitudes, aspiracións, intereses e valores propios, a partir da análise crítica da realidade económica, da distribución e xestión do traballo, e a adopción de hábitos responsables, saudables, sustentables e respectuosos coa dignidade humana e a doutros seres vivos, así como da reflexión ética ante os usos da tecnoloxía e a xestión do tempo libre.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura a proposta de traballo, identificando e describindo como se distribúe a riqueza económica e o traballo e achega algunha solución ao desigual reparto. 10

5 O sector secundario
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.3 Coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, realizando propostas que contribúan ao seu logro, aplicando métodos e proxectos de investigación, incidindo no uso de mapas e outras representacións gráficas, así como de medios accesibles de interpretación de imaxes.
Táboa de indicadores
Realiza exercicios coñecendo cun suficiente nivel os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. 10
CA1.4 Identificar os elementos da contorna e comprender o seu funcionamento como un sistema complexo por medio da análise multicausal das súas relacións naturais e humanas, presentes e pasadas, valorando o grao de conservación e de equilibrio dinámico.
Proba escrita
Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando saber e comprender cales son as características económicas de España e Galicia. 20
CA3.1 Establecer conexións e relacións entre os coñecementos e informacións adquiridos, elaborando sínteses interpretativas e explicativas, mediante informes, estudos ou dosieres informativos, que reflictan un dominio e consolidación dos contidos tratados.
Proba escrita
Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando saber e comprender a evolución dos sistemas económicos e interpreta medianamente algunha fonte de información. 20
CA3.2 Realizar propostas que contribúan ao logro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, aplicando métodos e proxectos de investigación, incidindo no uso de mapas e outras representacións gráficas, así como de medios accesibles de interpretación de imaxes.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura a lectura de gráficas, mapas e imaxes sobre as actividades económicas e a súa incidencia no medio e determinar cal dos ODS se deben cumprir ao respecto. 10
CA3.6 Contribuír ao benestar individual e colectivo a través do deseño, exposición e posta en práctica de iniciativas orientadas a promover un compromiso activo cos valores comúns, a mellora da contorna e o servizo á comunidade.
Proba escrita
Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente demostrando iniciativas para promover o compromiso activo para promover a mellora da contorna. 10
CA3.7 Adoptar un papel activo e comprometido coa contorna, de acordo con aptitudes, aspiracións, intereses e valores propios, a partir da análise crítica da realidade económica, da distribución e xestión do traballo, e a adopción de hábitos responsables, saudables, sustentables e respectuosos coa dignidade humana e a doutros seres vivos, así como da reflexión ética ante os usos da tecnoloxía e a xestión do tempo libre.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura a proposta de traballo, identificando e describindo como se distribúe a riqueza económica e o traballo e achega algunha solución ao desigual reparto. 10
CA3.8 Contribuír á consecución dun mundo máis seguro, xusto, solidario e sustentable, a través da análise dos principais conflitos do presente e o recoñecemento das institucións do Estado, e das asociacións civís que garanten a seguridade integral e a convivencia social, así como dos compromisos internacionais do noso país en favor da paz, a seguridade, a cooperación, a sustentabilidade, os valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura a proposta de traballo sobre a función do Estado nas crises económicas e a tendencia dos sistemas económicos pola globalización. 20

6 O sector terciario
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.3 Coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, realizando propostas que contribúan ao seu logro, aplicando métodos e proxectos de investigación, incidindo no uso de mapas e outras representacións gráficas, así como de medios accesibles de interpretación de imaxes.
Proba escrita
Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando que sabe e comprende os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, a partir do uso de mapas ou outras representacións gráficas. 10
CA1.4 Identificar os elementos da contorna e comprender o seu funcionamento como un sistema complexo por medio da análise multicausal das súas relacións naturais e humanas, presentes e pasadas, valorando o grao de conservación e de equilibrio dinámico.
Proba escrita
Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando que sabe e comprende cales son sectores económicos e cal é o da súa contorna. 25
CA1.6 Recoñecer os trazos que van conformando a identidade propia e a dos demais, a riqueza das identidades múltiples en relación con distintas escalas espaciais, a través da investigación e a análise dos seus fundamentos xeográficos, históricos, artísticos, ideolóxicos e lingüísticos, e o recoñecemento das súas expresións culturais.
Proba escrita
Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando que sabe cal é o reparto dos diferentes sistemas económicos no mundo e indica trazos e características e o reparto do traballo. 25
CA3.6 Contribuír ao benestar individual e colectivo a través do deseño, exposición e posta en práctica de iniciativas orientadas a promover un compromiso activo cos valores comúns, a mellora da contorna e o servizo á comunidade.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura propostas de traballo, propoñendo iniciativas orientadas ao compromiso activo cos valores comúns. 10
CA3.7 Adoptar un papel activo e comprometido coa contorna, de acordo con aptitudes, aspiracións, intereses e valores propios, a partir da análise crítica da realidade económica, da distribución e xestión do traballo, e a adopción de hábitos responsables, saudables, sustentables e respectuosos coa dignidade humana e a doutros seres vivos, así como da reflexión ética ante os usos da tecnoloxía e a xestión do tempo libre.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura a proposta de traballo, identificando e describindo aceptablemente o reparto desigual do traballo e o relaciona cos movementos poboacionais. 10
CA3.8 Contribuír á consecución dun mundo máis seguro, xusto, solidario e sustentable, a través da análise dos principais conflitos do presente e o recoñecemento das institucións do Estado, e das asociacións civís que garanten a seguridade integral e a convivencia social, así como dos compromisos internacionais do noso país en favor da paz, a seguridade, a cooperación, a sustentabilidade, os valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura a proposta de traballo sobre a función do Estado nas crises económicas e a tendencia dos sistemas económicos pola globalización. 20

7 Paisaxes humanizadas e os sectores produtivos na UE, España e Galicia e o mercado común europeo.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Elaborar contidos propios en distintos formatos, mediante aplicacións e estratexias de recollida e representación de datos máis complexas, usando e contrastando criticamente fontes fiables, tanto analóxicas como dixitais, do presente e da historia contemporánea, identificando a desinformación e a manipulación.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar un escrito analizando fontes como graficas e mapas sobre os sectores produtivos da UE. 10
CA1.3 Coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, realizando propostas que contribúan ao seu logro, aplicando métodos e proxectos de investigación, incidindo no uso de mapas e outras representacións gráficas, así como de medios accesibles de interpretación de imaxes.
Proba escrita
Realiza o exercicio escrito sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable na UE 10
CA1.6 Recoñecer os trazos que van conformando a identidade propia e a dos demais, a riqueza das identidades múltiples en relación con distintas escalas espaciais, a través da investigación e a análise dos seus fundamentos xeográficos, históricos, artísticos, ideolóxicos e lingüísticos, e o recoñecemento das súas expresións culturais.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura unha proposta de traballo no que expoña as características da zona onde vive e as actividades económica da súa contorna e como condiciona o medio á economía. 10
CA3.2 Realizar propostas que contribúan ao logro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, aplicando métodos e proxectos de investigación, incidindo no uso de mapas e outras representacións gráficas, así como de medios accesibles de interpretación de imaxes.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura gráficas e mapas nas que se plasmen as zonas por sectores de produtividade e tamén fai, entende e explica suficientemente os datos dunha gráfica temática. 10
CA3.3 Entender e afrontar, desde un enfoque ecosocial, problemas e desafíos pasados, actuais ou futuros das sociedades contemporáneas tendo en conta as súas relacións de interdependencia e ecodependencia.
Proba escrita
Realiza o exercicio escrito sobre a evolución dos sectores produtivos e os retos de futuro e como estes van ligados ao cambio no medio natural. 20
CA3.5 Rexeitar actitudes discriminatorias e recoñecer a riqueza da diversidade, a partir da análise da relación entre os aspectos xeográficos, históricos, ecosociais e culturais que conformaron a sociedade globalizada e multicultural actual, e o coñecemento da achega dos movementos en defensa dos dereitos das minorías e en favor da inclusión e a igualdade real, especialmente das mulleres e doutros colectivos discriminados.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura un informe sobre como poder aproveitar o medio de Galicia, España e a UE que sexa respectuoso coa riqueza da diversidade 10
CA3.7 Adoptar un papel activo e comprometido coa contorna, de acordo con aptitudes, aspiracións, intereses e valores propios, a partir da análise crítica da realidade económica, da distribución e xestión do traballo, e a adopción de hábitos responsables, saudables, sustentables e respectuosos coa dignidade humana e a doutros seres vivos, así como da reflexión ética ante os usos da tecnoloxía e a xestión do tempo libre.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura a proposta de traballo, identificando por exemplo, o abandono de certos sectores económicos e a tendencia á terciarización e as repercusións no mundo laboral. 20
CA3.8 Contribuír á consecución dun mundo máis seguro, xusto, solidario e sustentable, a través da análise dos principais conflitos do presente e o recoñecemento das institucións do Estado, e das asociacións civís que garanten a seguridade integral e a convivencia social, así como dos compromisos internacionais do noso país en favor da paz, a seguridade, a cooperación, a sustentabilidade, os valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
Proba escrita
Realiza un exercicio sobre o aproveitamento do medio de Galicia, España e a UE que sexa respectuoso co Desenvolvemento Sostible. 10

8 A distribución desigual dos recursos e do traballo nun mundo globalizado.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Elaborar contidos propios en distintos formatos, mediante aplicacións e estratexias de recollida e representación de datos máis complexas, usando e contrastando criticamente fontes fiables, tanto analóxicas como dixitais, do presente e da historia contemporánea, identificando a desinformación e a manipulación.
Táboa de indicadores
Demostra que sabe pescudar e expresar o significado de termos históricos como Globalización, Capitalismo, Multinacionais, etc. 5
CA1.2 Xerar produtos orixinais e creativos mediante a reelaboración de coñecementos previos a través de ferramentas de investigación que permitan explicar problemas presentes e pasados da humanidade a distintas escalas temporais e espaciais, do local ao global, utilizando conceptos, situacións e datos relevantes.
Táboa de indicadores
Realiza un traballo sobre a deslocalización e as multinacionais. 10
CA1.5 Rexeitar actitudes discriminatorias e recoñecer a riqueza da diversidade, a partir da análise da relación entre os aspectos xeográficos, históricos, ecosociais e culturais que conformaron a sociedade globalizada e multicultural actual, e o coñecemento da achega dos movementos en defensa dos dereitos das minorías e en favor da inclusión e a igualdade real, especialmente das mulleres e doutros colectivos discriminados.
Táboa de indicadores
Rexeita nun exercicio escrito, as condicións de vida dos traballadores das grandes multinacionais en determinados países. 5
CA1.6 Recoñecer os trazos que van conformando a identidade propia e a dos demais, a riqueza das identidades múltiples en relación con distintas escalas espaciais, a través da investigación e a análise dos seus fundamentos xeográficos, históricos, artísticos, ideolóxicos e lingüísticos, e o recoñecemento das súas expresións culturais.
Proba escrita
ealiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando que sabe cal é o reparto dos diferentes sistemas económicos no mundo e indica trazos e características e o reparto do traballo. 15
CA2.5 Idear e adoptar, cando sexa posible, comportamentos e accións que contribúan á conservación e mellora da contorna natural, rural e urbana, a través do respecto a todos os seres vivos, mostrando comportamentos orientados ao logro dun desenvolvemento sustentable das devanditas contornas, e defendendo o acceso universal, xusto e equitativo aos recursos que nos ofrece o planeta.
Proba escrita
Contesta ás preguntas cun nivel suficiente e de forma bastante detallada sobre as maneiras de conservar o medio natural, rural e urbano e coñece accións que se promoven desde diferentes ámbitos. 5
CA2.6 Coñecer, valorar e exercitar responsabilidades, dereitos e deberes e actuar en favor do seu desenvolvemento e a defensa dos valores constitucionais e democráticos.
Táboa de indicadores
Elabora unha proposta sobre o consumo sostible na actualidade e os nosos dereitos e deberes. 5
CA2.7 Recoñecer movementos e causas que xeren unha conciencia solidaria, promovan a cohesión social, e traballen para a eliminación da desigualdade, especialmente a motivada por cuestión de xénero, e para o pleno desenvolvemento da cidadanía, mediante a mobilización de coñecementos e estratexias de participación, traballo en equipo, mediación e resolución pacífica de conflitos.
Táboa de indicadores
Elabora un informe ou resumo sobre as os sistemas económicos e a súa evolución e permanencia no tempo e é capaz de establecer certas relacións co mundo globalizado co dominio dunha economía liberal. 5
CA2.8 Recoñecer os trazos que van conformando a identidade propia e a dos demais, a riqueza das identidades múltiples en relación con distintas escalas espaciais, a través da investigación e a análise dos seus fundamentos xeográficos, históricos, artísticos, ideolóxicos e lingüísticos, e o recoñecemento das súas expresións culturais.
Proba escrita
Recoñece a relación multicultural intercontinental con distintas escalas espaciais a través da análise de documentos xeográficos e históricos (mapas) 5
CA3.1 Establecer conexións e relacións entre os coñecementos e informacións adquiridos, elaborando sínteses interpretativas e explicativas, mediante informes, estudos ou dosieres informativos, que reflictan un dominio e consolidación dos contidos tratados.
Proba escrita
Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando saber e comprender a evolución dos sistemas económicos e interpreta medianamente algunha fonte de información. 10
CA3.2 Realizar propostas que contribúan ao logro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, aplicando métodos e proxectos de investigación, incidindo no uso de mapas e outras representacións gráficas, así como de medios accesibles de interpretación de imaxes.
Proba escrita
Responde a preguntas cun nivel suficiente, demostrando saber e comprender o que é globalización, causas, consecuencias e aspectos negativos e positivos e o que é Desenvolvemento Sostible. 5
CA3.3 Entender e afrontar, desde un enfoque ecosocial, problemas e desafíos pasados, actuais ou futuros das sociedades contemporáneas tendo en conta as súas relacións de interdependencia e ecodependencia.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura un traballo mural sobre medio ambiente, identificando e describindo aceptablemente as principais características e causas e consecuencias do seu deterioro. 5
CA3.4 Recoñecer movementos e causas que xeren unha conciencia solidaria, promovan a cohesión social e traballen para a eliminación da desigualdade, especialmente a motivada por cuestión de xénero, e para o pleno desenvolvemento da cidadanía, mediante a mobilización de coñecementos e estratexias de participación, traballo en equipo, mediación e resolución pacífica de conflitos.
Proba escrita
Responde a preguntas cun nivel suficiente, demostrando saber e comprender os movementos actuais que xeran unha conciencia solidaria. 5
CA3.5 Rexeitar actitudes discriminatorias e recoñecer a riqueza da diversidade, a partir da análise da relación entre os aspectos xeográficos, históricos, ecosociais e culturais que conformaron a sociedade globalizada e multicultural actual, e o coñecemento da achega dos movementos en defensa dos dereitos das minorías e en favor da inclusión e a igualdade real, especialmente das mulleres e doutros colectivos discriminados.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura a proposta de traballo, identificando e describindo aceptablemente o reparto desigual do traballo e o relaciona cos movementos poboacionais. 10
CA3.8 Contribuír á consecución dun mundo máis seguro, xusto, solidario e sustentable, a través da análise dos principais conflitos do presente e o recoñecemento das institucións do Estado, e das asociacións civís que garanten a seguridade integral e a convivencia social, así como dos compromisos internacionais do noso país en favor da paz, a seguridade, a cooperación, a sustentabilidade, os valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura a proposta de traballo sobre a función do Estado nas crises económicas e a tendencia dos sistemas económicos pola globalización. 10

9 O Século da Razón. Transformación política. Da servidume á cidadanía.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Analizar procesos de cambio histórico e comparar casos da Historia e a Xeografía a través do uso de fontes de información diversas, tendo en conta as transformacións de curta e longa duración (conxuntura e estrutura), as continuidades e permanencias en diferentes períodos e lugares.
Proba escrita
esponde cun nivel de suficiencia ás cuestións planteadas no exame sobre o Antigo Réxime e as súas características política, económicas e sociais. 20
CA2.2 Utilizar secuencias cronolóxicas complexas nas que identificar, comparar e relacionar feitos e procesos en diferentes períodos e lugares históricos (simultaneidade, duración, causalidade), utilizando termos e conceptos específicos do ámbito da Historia e da Xeografía.
Proba escrita
Realiza con certo nivel de coñecemento un exame escrito sobre o concepto de Ilustración e sinala algunha das súas críticas ao Antigo Réxime e medios de difusións. 20
CA2.3 Transferir adecuadamente a información e o coñecemento por medio de narracións, pósteres, presentacións, exposicións orais, medios audiovisuais e outros produtos.
Táboa de indicadores
Realiza unha narración sobre as características do Antigo Réxime. 5
CA2.4 Identificar os principais feitos históricos nos diferentes contextos e valorar os cambios que propiciaron nos aspectos ideolóxicos, sociais, políticos e económicos conformando as bases do mundo contemporáneo e actual; así mesmo, xustificar que feitos do pasado teñen unha incidencia no presente establecendo relacións de causalidade e consecuencialidade que todo acontecemento histórico vai provocar no futuro.
Proba escrita
Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente un comentario histórico guiado sobre os cambios políticos e económicos derivados da Ilustración. 20
CA2.6 Coñecer, valorar e exercitar responsabilidades, dereitos e deberes e actuar en favor do seu desenvolvemento e a defensa dos valores constitucionais e democráticos.
Táboa de indicadores
Redacta e expón o legado das correntes ilustradas na actualidade e indica algunha institución do Estado e características das democracias e demostra o valor do sistema constitucional e democrático. 25
CA2.7 Recoñecer movementos e causas que xeren unha conciencia solidaria, promovan a cohesión social, e traballen para a eliminación da desigualdade, especialmente a motivada por cuestión de xénero, e para o pleno desenvolvemento da cidadanía, mediante a mobilización de coñecementos e estratexias de participación, traballo en equipo, mediación e resolución pacífica de conflitos.
Táboa de indicadores
É capaz de expresar con certa claridade as permanencias da Ilustración na actualidade e plasma nun resumo, informe, o valor do presente en función dos cambios producidos no século XVIII. 10

10 A revolución francesa
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Analizar procesos de cambio histórico e comparar casos da Historia e a Xeografía a través do uso de fontes de información diversas, tendo en conta as transformacións de curta e longa duración (conxuntura e estrutura), as continuidades e permanencias en diferentes períodos e lugares.
Proba escrita
Analiza a través de fontes de información (textos, gráficos..) os procesos de cambio histórico relacionados co fin do Antigo Réxime. 20
CA2.2 Utilizar secuencias cronolóxicas complexas nas que identificar, comparar e relacionar feitos e procesos en diferentes períodos e lugares históricos (simultaneidade, duración, causalidade), utilizando termos e conceptos específicos do ámbito da Historia e da Xeografía.
Táboa de indicadores
capaz de realizar con certo nivel unha liña do tempo na que se representen os procesos revolucionarios da época: Revolución Americana, Francesa, etapa de Napoleón, Revolución Industrial... 20
CA2.3 Transferir adecuadamente a información e o coñecemento por medio de narracións, pósteres, presentacións, exposicións orais, medios audiovisuais e outros produtos.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura unha presentación en posters, ppt, para expor sobre un personaxe (home ou muller) da época e sobre o papel das mulleres nos procesos revolucionarios. 20
CA2.4 Identificar os principais feitos históricos nos diferentes contextos e valorar os cambios que propiciaron nos aspectos ideolóxicos, sociais, políticos e económicos conformando as bases do mundo contemporáneo e actual; así mesmo, xustificar que feitos do pasado teñen unha incidencia no presente establecendo relacións de causalidade e consecuencialidade que todo acontecemento histórico vai provocar no futuro.
Proba escrita
Explica dun xeito suficiente o concepto de revolución burguesa e cita algúns obxectivos políticos revolucionarios en contraposición co Antigo Réxime. 20
CA2.6 Coñecer, valorar e exercitar responsabilidades, dereitos e deberes e actuar en favor do seu desenvolvemento e a defensa dos valores constitucionais e democráticos.
Proba escrita
Sabe recoñecer nun exercicio escrito o legado da revolución francesa e os valores democráticos e constitucionais. 20

11 A revolución industrial. A sociedade de clases
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Analizar procesos de cambio histórico e comparar casos da Historia e a Xeografía a través do uso de fontes de información diversas, tendo en conta as transformacións de curta e longa duración (conxuntura e estrutura), as continuidades e permanencias en diferentes períodos e lugares.
Táboa de indicadores
É capaz de analizar con certo nivel documentos (gráficas, mapas...) sobre as transformacións na mecanización para chegar á Revolución Industrial. 20
CA2.2 Utilizar secuencias cronolóxicas complexas nas que identificar, comparar e relacionar feitos e procesos en diferentes períodos e lugares históricos (simultaneidade, duración, causalidade), utilizando termos e conceptos específicos do ámbito da Historia e da Xeografía.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certo nivel unha liña do tempo na que se representen os procesos revolucionarios da época: Revolución Americana, Francesa, etapa de Napoleón, Revolución Industrial... 15
CA2.3 Transferir adecuadamente a información e o coñecemento por medio de narracións, pósteres, presentacións, exposicións orais, medios audiovisuais e outros produtos.
Proba escrita
Realiza unha narración explicando o modo de vida das dúas novas clases sociais: o proletariado fronte ao modo de vida da burguesía. 20
CA2.4 Identificar os principais feitos históricos nos diferentes contextos e valorar os cambios que propiciaron nos aspectos ideolóxicos, sociais, políticos e económicos conformando as bases do mundo contemporáneo e actual; así mesmo, xustificar que feitos do pasado teñen unha incidencia no presente establecendo relacións de causalidade e consecuencialidade que todo acontecemento histórico vai provocar no futuro.
Proba escrita
Explica dun xeito suficiente as revolucións paralelas que levan á Revolución Industrial. 20
CA2.7 Recoñecer movementos e causas que xeren unha conciencia solidaria, promovan a cohesión social, e traballen para a eliminación da desigualdade, especialmente a motivada por cuestión de xénero, e para o pleno desenvolvemento da cidadanía, mediante a mobilización de coñecementos e estratexias de participación, traballo en equipo, mediación e resolución pacífica de conflitos.
Proba escrita
Recoñece dun xeito suficientes as diferentes ideoloxías do movemento obreiro. 25

12 A industrialización en España e os movementos artísticos no século XIX.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Analizar procesos de cambio histórico e comparar casos da Historia e a Xeografía a través do uso de fontes de información diversas, tendo en conta as transformacións de curta e longa duración (conxuntura e estrutura), as continuidades e permanencias en diferentes períodos e lugares.
Proba escrita
Analiza as transformacións económicas, sociais e políticas na España do século XIX a través de diversas fontes de información (textos, mapas, gráficos...) 20
CA2.2 Utilizar secuencias cronolóxicas complexas nas que identificar, comparar e relacionar feitos e procesos en diferentes períodos e lugares históricos (simultaneidade, duración, causalidade), utilizando termos e conceptos específicos do ámbito da Historia e da Xeografía.
Proba escrita
É capaz de realizar con certo nivel unha liña do tempo na que se representen os procesos revolucionarios da época: etapa de Napoleón, Revolución Industrial... 20
CA2.3 Transferir adecuadamente a información e o coñecemento por medio de narracións, pósteres, presentacións, exposicións orais, medios audiovisuais e outros produtos.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura unha presentación en posters, ppt, para expor sobre un personaxe (home ou muller) da época e sobre o papel das mulleres nos procesos revolucionarios. 20
CA2.4 Identificar os principais feitos históricos nos diferentes contextos e valorar os cambios que propiciaron nos aspectos ideolóxicos, sociais, políticos e económicos conformando as bases do mundo contemporáneo e actual; así mesmo, xustificar que feitos do pasado teñen unha incidencia no presente establecendo relacións de causalidade e consecuencialidade que todo acontecemento histórico vai provocar no futuro.
Proba escrita
Explica dun xeito suficiente por que a Industrialización foi tardía en España con respecto ao resto de Europa. 40

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


A metodoloxía empregada á hora de traballar no curso de terceiro os contidos da materia debe permitir que o alumnado adquira o coñecemento dos feitos e fenómenos xeográficos e históricos nun sentido amplo para que poida establecer relacións e detectar as repercusións que estes tiveron no seu momento e aínda teñen no presente. Unha vantaxe da Xeografía e Historia é que o alumando adoita a ter coñecementos previos por experiencias vividas, polo que é preciso aproveitalos para favorecer que siga construíndo a súa aprendizaxe, actuando o profesorado de guía e propiciador do progreso dos saberes.

 

As unidades temáticas do curso poden abordarse desde unha perspectiva cronolóxica ou transversal, en función dos obxectivos didácticos e as situacións de aprendizaxe propostas, incidindo na contextualización histórica e xeográfica desde un enfoque multicausal e desde unha perspectiva de estudo comparado. Para iso, pódense priorizar contidos e ir ao esencial co fin de traballar dun xeito operativo, práctico e comprensible.

 

Seguindo a máxima de que se aprende facendo é recomendable o emprego de metodoloxías abertas, flexibles e activas que poñan ao alumnado no reto de resolver as tarefas encomendadas que conduzan a aumentar o seu interese, a súa motivación e a súa autonomía. Neste aspecto é viable aplicar neste curso diversos métodos como o traballo por proxectos; a clase invertida; aprendizaxe baseada no xogo ou baseada nun problema, etc. Todos eles propician que o alumnado traballe e afonde nas súas competencias e se lle valoren os progresos e non só os resultados.

 

En efecto, diversificar as metodoloxías segundo a Unidade a traballar, ademais de romper coa rutina, vai axudar a que o docente teña maior perspectiva de coñecemento do alumnado nas diferentes facetas e detectar, así mesmo, as dificultades de aprendizaxe que aparezan e aplicar, en consonancia, os mecanismos de reforzo axeitados (discriminando tarefas, regulando a esixencia, propoñendo alternativas...).

 

Por medio de actividades como o deseño de rutas; simulacións de feitos históricos ou de personaxes; investigacións sobre temas curriculares; elaboración de xornais de época; redacción de pequenos comentarios históricos e artísticos; exposicións orais; debates; planteamentos e retos, etc., incentívase a iniciativa, a creatividade e o emprendemento do alumnado facendo que se sinta parte activa do proceso de ensinanza-aprendizaxe.

 

O emprego de mecanismos como a formulación de interrogantes, tormenta de ideas, debates, recreación de feitos, asembleas, poñerse "en situación de" .... facilitan o intercambio de información, o desenvolvemento crítico e a creación dun criterio persoal ou xuízo de valor que conduce á madurez e desenvolvemento dos estudantes.

 

Outro aspecto a ter en conta son as dinámicas de grupo (constrúe unha historia, adiviña quen son, ordena a historia, resolve e soluciona...) xa que a aprendizaxe entre iguais é moi efectiva. Poden propoñerse tarefas a desenvolver de xeito individual, pequeno grupo ou gran grupo buscando o maior rendemento do alumnado e unha maior interactuación entre eles. Posteriormente, coa posta en común do traballado estableceríase un diálogo moi enriquecedor para a comprensión dos contidos.

 

Por suposto, é recomendable establecer unha diversificación dos itinerarios de aprendizaxe, así como a aplicación de criterios de flexibilidade que permitan poñer en acción propostas e iniciativas educativas que favorezan a inclusión. En relación a isto, o profesorado poderá facer emprego de distintas estratexias que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado para que adquiran autonomía e aprendan por si mesmos, o que vai permitir reforzar a autonomía, a reflexión e a responsabilidade.

 

Así pois, a innovación, o deseño, a actividade, a creatividade son características a contemplar nos métodos que se aplican na aula escapando das clases exclusivamente expositivas e unidireccionais que non permiten coñecer as capacidades reais do alumnado, as súas habilidades, destrezas e intereses.

 


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Materiais e recursos didácticos

Libro de texto

Apuntamentos do docente

Aula Virtual do centro

Caderno ou cartafol de traballo do alumnado

Fichas fotocopiables

Materiais informáticos

Material audiovisual

Xogos históricos

Mapas xeográficos e históricos

Novelas históricas, novelas gráficas, comics

Material funxible

Prensa

Cine ou documentais

 

Hoxe en día contamos cunha grande diversidade de recursos pedagóxicos para cada momento didáctico ou metodoloxía a empregar.

O libro de texto é un importante apoio para o profesorado e para o alumnado xa que aglutina todas as unidades que se van traballar ao longo do curso e tamén ofrece diversas e numerosas actividades a desenvolver. Non obstante, débese ter en conta que non debe condicionar a función do docente nin a súa metodoloxía, polo que o profesorado, como profesional que é, determinará e xestionará o seu uso.

Ademais do libro de texto empregarase material complementario, incluso elaborado polo docente, que se acomode ás oportunidades que se presenten na aula. Así mesmo, o/a profesor/a pode dispor do seu propio blog didáctico para programar traballos e actividades (visualizar vídeos, realizar tarefas interactivas...) que enriquezan a didáctica.

O alumnado requirirá dun caderno de traballo onde plasmará as tarefas de xeito ordenado e con boa presentación. Dito cartafol será unha mostra máis do traballo do/a alumno/a e da súa progresión.

Logo están os recursos que se ofrecen a través da Aula Virtual que poden realizarse e entregarse a través da plataforma. Así mesmo, a Aula Virtual permite ao docente deseñar diferentes tipos de tarefas avaliables e perfectamente adaptables aos contidos que se están a impartir e é un medio idóneo para que o alumnado se comunique co profesorado, consulte dúbidas, obteña aclaracións, etc.

Hoxe en día o manexo das TIC son necesarias pois ofrecen moitas vantaxes pero o docente será selectivo no seu emprego e transmitirá ao alumnado a necesidade do seu uso responsable.

As novelas ou o cine que traten algún dos aspectos do currículo de terceiro adoitan ser un material atractivo para afondar e comprender os contidos. Estes poden ser traballados na súa totalidade ou parcialmente segundo a organización e disponibilidade temporal.

Pode dispoñerse de xogos históricos para ser empregados nalgunha ocasión pois favorecen un bo clima escolar.

Malia que estamos nun momento moi tecnolóxico non se poden descartar os traballos de carácter manual, elaborados con material funxible, como os pósteres ou murais temáticos xa que é importante que o alumnado planifique, deseñe e constrúa co fin de que desenvolva as súas destrezas e a súa proactividade.

No curso de terceiro abórdanse temáticas que, en grande medida, están en boga como a globalización, o medio ambiente, o mundo laboral, as migracións, a democracia...etc, polo que o emprego da prensa resulta interesante para darlle ese enfoque práctico e de realidade á aprendizaxe.

En definitiva, deben empregarse diferentes materiais didácticos coa intención de diversificar non só a metodoloxía senón tamén a aprendizaxe individual.


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Ao comezo de curso realizarase unha proba diagnóstica inicial co fin de detectar o nivel de competencia e a capacidade dos/das alumnos e alumnas. Así mesmo permitirá valorar as diferenzas académicas do alumnado para, en consecuencia, poder establecer as medidas oportunas para atender á diversidade que nos atopamos na aula.

Dita avaliación inicial consistirá en exercicios orais e escritos de diferente índole. Por unha banda, farase unha proba escrita (de preguntas, de completar textos, de relacionar, de ordenar, etc.) na que se avaliarán contidos histórico-xeográficos; pola outra banda, desenvolverase unha avaliación máis aberta e expositiva sobre diversos temas curriculares que permita coñecer as destrezas orais.

Así mesmo é preciso unha proba diagnóstica ao comezo de cada Unidade Didáctica coa finalidade de saber os coñecementos previos que ten o alumnado sobre o tema que se vai abordar para, a partir deles, seguir construíndo os seus saberes. Dita proba inicial realizarase axustándose a cada unidade, pero en liñas xerais consistirá na elaboración de cuestionarios, test, enunciados de verdadeiro falso, tormenta de ideas, entrevistas, asembleas, redaccións, visualización comentada de pequenos audiovisuais, pescudas....

Outra das vantaxes da avaliación inicial é a de ofrecer información sobre a predisposición do alumnado cara o tema que se vai a traballar, permitindo concretar os contidos que suscitan maior interese ou que se descoñecen totalmente. Ademais dá pé a definir a didáctica e a metolodoxía para abordar a unidade.

Outro aspecto importante destas probas diagnósticas é que permiten detectar as confusións e incorreccións que os estudantes teñen sobre os contidos a tratar e que van precisar aclaración e rectificación, sendo idóneo plantearlles que sexan eles/elas mesmos/as os que, por medio de pescudas, cheguen ás conclusións exactas.

Por último, puntualizar que estas probas iniciais non teñen por que se valoradas numéricamente xa que non entran no cómputo de cálculo da cualificación do alumnado.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 10.0 5.0 10.0 10.0 10.0 10.0 5.0 10.0 10.0 5.0 10.0 5.0 100.0
Proba escrita 60.0 50.0 70.0 70.0 50.0 60.0 40.0 45.0 60.0 60.0 65.0 80.0 59.5
Táboa de indicadores 40.0 50.0 30.0 30.0 50.0 40.0 60.0 55.0 40.0 40.0 35.0 20.0 40.5

A avaliación do curso establécese segundo o proceso de avaliación continua e criterios de ponderación a varios niveis. Por unha banda establécese unha ponderación por unidades didácticas, de tal xeito que cada unha delas ten un peso específico no global do curso. Por outra banda os instrumentos de avaliación, probas escritas e táboa de indicadores, réxense por uns criterios de puntuación e así mesmo de ponderación.

 

O curso de terceiro comprende 22 C.A distribuídos e axustados a cada unha das 12 U.D e, nesta programación, o 50% dos criterios de avaliación serán avaliados por medio de probas escritas e o outro 50% mediante táboa de indicadores. Por unidades didácticas estableceuse o peso que se lle daba aos instrumentos de avaliación resultando que as probas escritas é do 80% e o das táboas de indicadores un 20%.

 

A probas escritas puntuaranse nunha escala de 1 a 10 e consistirán na contestación dunha serie de preguntas de diverso formato, por exemplo, poden ser tipo test; de desenvolver; de relacionar conceptos; de identificar e comentar imaxes; de definir termos; etc. Sempre se especificará o valor de cada pregunta, entendendo que se está contestada correctamente levará a puntuación máxima pero, de non ser así, a puntuación diminuirá en consecuencia cuns criterios obxectivos que o docente debe ter previamente fixados. Finalmente a cualificación do exame será o resultado da suma total da puntuación acadada en cada cuestión.

 

A táboa de indicadores comprenderá todas as tarefas e aspectos procedimentais que se encomenden ao alumnado que poden ser traballos escritos; informes e redaccións; presentacións en ordenador; cadernos e cartafol; resumos; pósteres; exposicións orais, etc. Para a corrección destes traballos empregaranse as rúbricas adaptadas a cada tarefa entre as que figurará unha que recolla a actitude e implicación do/da alumno/a no traballo, deste xeito considérase o interese como aspecto a valorar. Para as rúbricas establécense os seguintes parámetros: execelente 10; ben 7; regular 5; moi regular 4, valores cos que logo se extrae a media.

 

A nota da avaliación será o resultado de:

 

Nota avaliación= [ (Media Ex. x 80)+ (Media rúbricas T.I. x 20)] / 100.

 

Unha vez realizadas as operacións, aplicarase o redondeo tendo en conta que cando o decimal é superior a 5 o redondeo irá á alza e, pola contra, se é inferior, irá á baixa. A avaliación estará aprobada cando a cualificación sexa 5 ou superior. Se o docente observa que o alumno ou alumna aprobou a avaliación pero ten algunha parte ou tema pouco afianzado, poderá poñerlle algún traballo de reforzo. No caso de resultar unha avaliación negativa levarase a cabo un plan de recuperación.

 

Para a cualificación final de curso terase en conta o peso porcentual ou ponderado que se lle aplicou ás unidades de cada avaliación, polo tanto será o resultado de:

 

Nota final= [(Nota 1ª aval. x 33) + (Nota 2ª aval. x 33) + (Nota 3ª aval. x 33)] / 100.

 

Se o resultado final non chega a un 5 o/a alumno/a terá que presentarse a unha proba extraordinaria en xuño dos contidos das tres avaliacións. Consistirá nunha proba escrita final no que se examinarán todos os criterios de avaliación de todas as unidades didácticas. Novamente, a cualificación deberá ser superior a 5 (nunha escala de 1-10) para ter a materia aprobada, en caso contrario quedaría pendente e, en canto ao redondeo, aplicaráselle o establecido para as avaliacións.

Co alumnado que non aprobe as avaliacións levarase a cabo un plan de recuperación. Farase unha proba escrita de recuperación por trimestre sobre as preguntas propostas polo docente e que foron previamente traballadas polo/a alumno/a que se cualificará nunha escala de 1 a 10 (especificando en cada pregunta o seu valor).  Levarase a cabo un redondeo da cualificación e este será á alza cando o decimal é superir a 5 ou á baixa cando o decimal sexa menor de 5. A avaliación considerarase aprobada cando se obtén 5 ou máis. 

Segundo a orde do 27 de decembro de 2022, que modifica o calendario escolar para este curso, a terceira avaliación na ESO coincidirá coa avaliación final. Elimínase así o período de recuperación/reforzo. 

Ante este cambio o Departamento decide realizar unha proba escrita de recuperación en cada un dos cursos da ESO, que será fixada antes do 21 de xuño. Nesta proba o alumnado examinarase daquelas avaliacións que non teña superadas, nas que non acadou unha cualificación de 5 ou máis. 

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


O artigo 51 da Orde do 8 de setembro de 2021 establece o Plan de reforzo para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que pase de curso con materias sen superar. Nel indícase que o alumnado deberá seguir un plan de reforzo en cada unha das materias non superadas, destinado á súa recuperación e á súa superación.

 

O plan de reforzo será elaborado polo profesorado que imparte a materia que a alumna ou o alumno teñan pendente de superar, baixo as directrices do correspondente departamento didáctico e co coñecemento do profesorado titor, e terá como referentes os obxectivos da materia e a contribución á adquisición das competencias. Igualmente, será un plan que se adapte ás particularidades de cada alumna ou alumno destinatarios. O departamento didáctico velará pola realización do plan por parte da alumna ou do alumno.

 

O plan de reforzo debe incluír, cando menos:

 

a) Identificación da alumna ou do alumno.

b) Información relevante sobre a materia ou as materias sen superar.

c) Currículo para desenvolver, con especificación dos criterios de avaliación.

d) Estratexias metodolóxicas que se utilizarán no seu desenvolvemento.

e) Recursos necesarios para o seu desenvolvemento.

f) Tarefas para realizar, coa debida temporalización.

g) Seguimento e avaliación.

g) Acreditación da información á familia.

 

 

Segundo o indicado, o alumnado coa materia pendente será convocado ao inicio do curso para explicarlle o plan de recuperación. Este consistirá na elaboración dun cartafol de traballo baseado en tarefas a través das cales se traballan as competencias básicas. Ademais disto vai ter que realizar exames escritos sobre as preguntas que se lle proporcionaron xunto co cartafol.

 

O alumno/a será guiado regularmente polo/a profesor/a, o que permitirá facer un seguimento do seu traballo e aclarar as dúbidas que se lle presenten.

 

A entrega do cartafol de traballo e a realización do exame será por trimestre.

 

En virtude de todo isto a cualificación suporá:

50% da nota acadada no exame escrito sobre as preguntas que se lle entregaron e que previamente tivo que preparar.

50% da nota acadada polo traballo realizado cuxa cualificación está determinada polas rúbricas específicas, resultando a media de todas elas.

 

Polo tanto a nota é o resultado de:

 

Nota trimestral da materia pendente= (Nota Ex. + Nota Traballo) /2.

 

No caso de que o/a alumno/a non aprobase o exame realizaríaselle, cando se indicase, unha recuperación consistente nunha proba escrita en base ás preguntas preparadas e puntuada nunha escala de 1 a 10 non tendo que presentar o traballo se este xa foi entregado e valorado positivamente, en caso contrario, si debe corrixilo e adxuntalo de novo.

 

En virtude do anterior, en cada sesión de avaliación farase o seguimento do plan de reforzo e, de ser necesario, realizaránselle os axustes que proceda.

 

Para a nota final de curso sería o resultado de:

 

Nota final de curso: (Nota 1ª Av. + Nota 2ª Av.+ Nota 3ª Av.) / 3.

 

Na sesión de avaliación final do curso en que estean escolarizados o alumno ou a alumna, a profesora ou o profesor da materia pendente decidirán sobre a súa avaliación, nos termos que se establecen na normativa que regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria. En todo caso, para superar a materia pendente, a alumna ou o alumno deberán obter avaliación positiva no plan de reforzo correspondente, o que se terá en conta para os efectos de promoción e/ou titulación

 


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


As medidas de atención á diversidade danse en dous niveis:

 

Para o alumnado con dificultades de aprendizaxe levarase a cabo un traballo de reforzo e recuperación cunha proposta de material de traballo adaptado para facerlo máis comprensible. Deste xeito o alumnado con dificultades pode decatarse dos seus logros e automotivase máis.

 

Ao alumnado de altas capacidades proporcionaránselle tarefas de ampliación e afondamento. Ditas actividades poden ir sendo cada vez máis complexas segundo as necesidades pero sempre terán un compoñente motivador para evitar que dito alumnado decaia no seu esforzo.

 

As medidas ordinarias de atención á diversidade responden ás instrucións da Orde do 8 de setembro de 2021 que regula a atención á diversidade do alumnado na que se indica que, en coordinación co profesorado titor e o departamento de Orientación, deseñarase unha avaliación inicial que facilite a detección das necesidades do alumnado. As medidas de atención á diversidade serán as seguintes:

 

1. Adaptación dos graos de consecución dos criterios de avaliación.

2. Gradación da dificultade das actividades de aprendizaxe.

3. Actividades diversas e variadas adaptadas aos distintos ritmos de aprendizaxe.

4. Materiais e recursos diversificados e inclusivos (DUA) que se adapten ás necesidades individualizadas do alumnado.

5. Actividades de reforzo e consolidación.

6. Aprendizaxe por Proxectos.

7. Traballo colaborativo.

8. Procedementos e Instrumentos de avaliación variados e individualizados.

9. Flexibilidade nos tempos de realización de tarefas e probas.

10. Retroalimentación ao alumnado sobre o seu proceso de aprendizaxe.

 

Contémplase tamén un Plan específico personalizado para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que permaneza un ano máis no mesmo curso.

 

En cumprimento do artigo 52 da Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado, o equipo docente coordinado polo profesorado titor elaborará un plan específico personalizado que ten como finalidade adaptar as condicións curriculares ás necesidades da alumna ou do alumno, para tratar de superar as dificultades detectadas.

 

O plan específico personalizado incluírá, cando menos:

a) Identificación da alumna ou do alumno.

b) Relación das necesidades educativas que motivaron a repetición do curso.

c) Medidas ordinarias aplicadas no curso anterior.

d) Estratexias metodolóxicas que se utilizarán no seu desenvolvemento.

e) Recursos necesarios para o desenvolvemento do plan.

f) De ser o caso, oferta de medidas extraordinarias.

g) Acreditación da información á familia.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12
1 Educación cívico-social.
2 Educación ambiental.
3 Educación para a igualdade.
4 Emprendemento.
5 Comprensión lectora, oral e escrita.
6 Obxectivos do Desenvolvemento Sostible.
7 Educación para a paz
8 Educación para o consumidor

Serán traballados todos os elementos transversais, en especial a comprensión lectora e a expresión oral e escrita pois o alumnado vai ter que ler en diferentes formatos e redactar resumos, opinións, textos, comentarios xeográficos e históricos, etc.

Por suposto traballar a educación cívica, a igualdade, o coidado do medio ambiente, educación para paz, en definitiva, os ODS...é prioritario nesta materia e neste curso xa que gran parte dos temas curriculares xiran arredor destes aspectos.

Así mesmo, a comunicación audiovisual será aproveitada dun xeito responsable en todas as unidades pois servirán de apoio á práctica docente e ao desenvolvemento das competencias das TIC do alumnado.

Como tema transversal incluíuse a comunicación pois vanse promover os debates ordenados nos que se cumpran as normas de respecto e a tolerancia polas opinións contrarias que, en definitiva, conlevan a unha actitude cívica e a asunción dos valores constitucionais e democráticos.

O emprendemento tamén se considera importante por canto se pretende que o alumnado realice propostas e promova unha actitude proactiva e participativa para levar a cabo os traballos de aula e/ou emitir propostas que enriquezan o clima da aula.

 

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Asistencia a charlas Complementaria
Excursións de interese didáctico Complementaria
Proxección de cine de interese para a materia Complementaria
Visitas a exposicións e museos Complementaria
Asistencia a representacións teatrais Complementaria

Todas as actividades complementarias axudan a potenciar a motivación, a comprensión e a aprendizaxe do alumnado así como a saír da rutina.

Permiten afondar nos contidos do currículo e comprobar a súa aplicación real .

A nivel persoal, facilitan a socialización do alumnado, desenvolver a súa creatividade e descubrir as súas habilidades fóra do ámbito escolar.

 

Agora ben, é preciso que estas sexan escollidas adecuadamente, sexan motivadoras e se adapten ao nivel de comprensión do alumnado.

 

Establécense tres fases para a preparación e desenvolvemento destas actividades:

 

-Unha primeira fase previa que consiste na preparación do alumnado. Nela dáselle información do tema e propóñense tarefas para desenvolver durante a actividade.

-Unha segunda fase ou fase central consistente na actividade propiamente dita durante a cal o alumnado deberá coller datos e información.

-Xa na aula unha terceira fase de feed-back para comprobar o resultado da experiencia.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Demostra coñecemento da materia
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Planifica leccións, ensina e avalía
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Avalía e xulga en función dos criterios da programación
Metodoloxía empregada Crea ambiente de aprendizaxe
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Emprega variedade de recursos
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Motiva ao alumnado
Medidas de atención á diversidade Ofrece oportunidades de recuperación
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos É ordenado nas explicacións
Clima de traballo na aula Explica con claridade
Clima de traballo na aula Explica con claridade
Metodoloxía empregada É innovador/a
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Aplica criterios de avaliación coñecidos e claros
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais Revisa a realización das tarefas propostas
Medidas de atención á diversidade Valora o esforzo
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Sabe dirixir a clases
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Cumpriu co horario de clase
Clima de traballo na aula Valoración xeral da materia.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Os obxectivos didácticos están ben formulados.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico A selección e temporalización dos contidos e actividades foi axustada
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Os criterios de avaliación e cualificación foron claros.
Metodoloxía empregada Os contidos e actividades relacionáronse cos interese do alumnado.
Metodoloxía empregada As actividades foron variadas e motivadoras
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico A temporalización foi adecuada.
Medidas de atención á diversidade Realizouse a avaliación inicial
Medidas de atención á diversidade Empregáronse diferentes instrumentos de avaliación.
Medidas de atención á diversidade Os criterios de cualificación foron axustados.

O profesorado debe someterse á avaliación do seu proceso de ensino e práctica docente.

 

En canto á práctica docente, esta realizarase por medio de enquisas e rúbricas que conteñen unha escala de valoración e que xiran entorno a "sabe", "sabe ser", "sabe facer que" e "sabe como facer", é dicir, sobre coñecementos, motivación, metodoloxía, avaliación, puntualidade e xestión da aula.

Este cuestionario en base á responder SI ou NON será proporcionado ao alumnado ao final de cada avaliación ou ao remate do curso para ser respondido de forma anónima. O balance dos resultados vai permitir reconsiderar determinadas actuacións e reformular a programación e a metodoloxía.

 

Igual de importante é avaliar o proceso do ensino para o cal disponse dun cuestionario de autoavaliación cos indicadores de logro puntuables nunha escala de 1 a 10. O cuestionario versa sobre a programación (obxectivos, contidos e temporalización, criterios de avaliación e programación). Sobre o desenvolvemento da programación (contidos, actividades, distribución do tempo, recursos..) e sobre a avaliación (se houbo avaliación inicial, instrumentos axeitados, criterios de cualificación xustos...)


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


O profesorado realizará de xeito contínuo o seguimento da programación atendendo á súa temporalización, criterios establecidos de avaliación, contidos a impartir, metodoloxía, etc....todo isto coa finalidade de ir axustando e incluso modificando aqueles aspectos didácticos que crea convenientes para que dita programación resulte máis real, aplicable e operativa.

Farase un seguimento da programación e da práctica docente a través da aplicación Proens por avaliación trimestral, recolléndose datos sobre a temporalización, os axustes dos Criterios de Avaliación, os instrumentos de avaliación, a ponderación dos mesmos, etc.. Toda esta información xunto coa referida aos contidos, metodoloxía, avaliación, etc., será valorada polo docente e os/as membros do Departamento indicando, sobre todo, as posibles razóns das dificultades do desenvolvemento da programación (polo clima da aula, recursos, diversidade de alumnado, etc.). De todo isto se elaborará un informe detallado nas actas do departamento.

Para avaliar o proceso de ensino deben empregaranse os indicadores de logro establecidos na programación e comprobar o seu grao de cumprimento.

Finalmente, nas memorias de final de curso aparecerán recollidas as propostas de mellora que fosen necesarias poñer en práctica nos cursos sucesivos, procurando ir axustando a programación á temporalidade e á realidade.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver