Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A educación financeira das cidadás e os cidadáns é un dos grandes retos da actualidade e un elemento esencial para o logro dos obxectivos de desenvolvemento sustentable da Axenda 2030, establecidos pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, orientados a acadar un futuro mellor e máis sustentable para o conxunto da sociedade. 

A Comisión Europea e a rede Internacional de Educación Financeira (INFE) da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) estableceron un Marco de Competencias Financeiras cuxos temas prioritarios son o diñeiro e as súas transaccións, a planificación e a xestión das finanzas, os riscos e os beneficios, e o coñecemento da contorna financeira actual.

Neste Marco de Competencias FInanceiras destacan tres aspectos transversais. En primeiro lugar, a constante e crecente dixitalización dos servizos, bens, ferramentas e información relacionados coas finanzas, que obriga a ter presente a importancia de desenvolver unha competencia financeira dixital. Como segundo aspecto transversal, a preocupación que a sociedade actual amosa por cuestión estreitamente ligadas coa economía como son o deterioro do medio ambiente, a necesidade dunha xestión responsable dos recursos ou o incremento das desigualdades, que suxiren a conveniencia de desenvolver competencias en finanzas sustentables. Por último, a resiliencia financeira entendida como a capacidade das persoas ou dos fogares para facer fronte e recuperarse de situacións financeiras adversas, é outro dos aspectos que se deben considerar.

A materia de Cultura Financeira ten coma finalidade dar resposta a estas necesidades a través da alfabetización financeira, adoptando un enfoque baseado na sustentabilidade e a xestión responsable dos recursos individuais e colectivos, concienciando ao alumnado das consecuencias que na sociedade xeran os actos individuais e favorecendo que este adopte unha actitude solidaria. 

Partindo do coñecemento e a comprensión dos conceptos e riscos financeiros, buscarase desenvolver as habilidades, motivación e confianza necesarias para tomar decisións financeiras responsables e racionais que se ben nun principio estean encamiñadas a mellorar a situación financeira do individuo, sexan capaces tamén de lograr o benestar financeiro da sociedade a través do fomento de patróns de consumo sostibles no tempo de dunha actitude crítica ante o individualismo económico.

O currículo desta materia organizarase ao redor de catro obxectivos que constitúen a concreción dos descritores das competencias clave definidos no perfil de saída do alumnado ao termo do ensino básico e que pretenden contribuír á consecución dos obxectivos de etapa incidindo especialmente no desenvolvemento no alumnado da iniciativa persoal e da capacidade para planificar, tomar decisión e asumir responsablemente os seus deberes, así como coñecer e exercer con respecto os seus dereitos, practicando a cooperación e a solidariedade entre as persoas e preparándose para o exercicio da cidadanía democrática, contribuíndo á conservación e á mellora do medio ambiente a través da valoración crítica dos hábitos sociais relacionados co consumo.

 

A materia estrutúrase en catro bloques temáticos. O primeiro, «Diñeiro e transaccións», xira ao redor do diñeiro e as súas formas e usos e do recoñecemento de que parte dos ingresos se destinan a¿s necesidades colectivas a través dos impostos. O segundo, «Planificación e orzamento», introduce ao alumnado no manexo das ferramentas básicas, tanto manuais como dixitais, para a elaboración de orzamentos sinxelos, familiarizándoo coas diferentes opcións de aforro e endebedamento. O terceiro, «A xestión bancaria das finanzas persoais. Riscos e rendemento na xestión do diñeiro», pon o foco nos produtos financeiros e no recoñecemento de estafas, fraudes e riscos ci- berne¿ticos. O cuarto e ultimo bloque temático, «Educación ao consumidor» preséntalle ao alumnado a normativa de protección do consumidor e os dereitos e obrigacións que dela emanan, cun enfoque centrado nun consumo sostible, responsable e seguro. 

En conclusión, esta materia optativa persegue por unha banda que o alumnado se inicie na adquisición de competencias económicas e financeiras básicas que toda cidadá¿ ou todo cidadán necesita e, por outra, espertar nela ou nel unha conciencia sostible e solidaria a respecto das consecuencias derivadas do crecemento económico sobre o medio ambiente e a sociedade, xerando un ecosistema que favoreza tamén a iniciativa emprendedora en todas as etapas de vida. 


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Comprender as diferentes características do diñeiro, as formas de obtelo como ingreso e de intercambialo por bens e servizos, reflexionando sobre a contribución persoal e social do consumo ao benestar individual e colectivo.
OBX2 Elaborar plans financeiros sinxelos en contextos persoais ou familiares tendo en conta as consecuencias a curto, medio e longo prazo, valorando a importancia de xestionar de forma eficaz os ingresos e os gastos e as decisións de aforro, inversión e financiamento para dotarse de ferramentas e estratexias coas que lograr melloras no benestar financeiro.
OBX3 Avaliar as vantaxes e as desvantaxes da asunción de riscos na toma de decisións financeiras comprendendo como mitigalos a través de estratexias de seguridade.
OBX4 Coñecer os dereitos e deberes asociados ao consumo e ao uso de produtos e servizos financeiros, así como os mecanismos de protección, de información e de asesoramento financeiro existentes para evitar estafas e fraudes, identificando patróns de consumo responsable.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 O diñeiro Ao longo desta unidade o alumnado deberá ser quen de identificar os diferentes tipos de diñeiro que se poden empregar actualmente diferenciando ademáis entre as formas que existen de pagamento físico e pagamento virtual. Aprenderán cómo distinguir o diñeiro falso do diñeiro auténtico, cómo se leva a cabo a formación dos prezos e cómo a súa variación fai que cambie o que verdadeiramente se pode chegar a mercar. Tamen se explicará a necesidade de contribuir co Estado a través do pago dos impostos e dos seguros sociais a fin de poder desfrutar do actual Estado do benestar. O alumnado aprenderá qué son as facturas e os tiquets e para qué sirven . Por último falaremos de ingresos, brutos e netos para o cal será preciso que distingan dun xeito básico os elementos de un recibo de salarios. 17 20
2 As finanzas persoais A partir do aprendido na unidade anterior achegamos ao alumnado á necesidade de elaborar un orzamento personal para o cal comenzaremos por explicar en qué consiste un orzamento personal e as distintas formas que existen para a súa elaboración. A partir do seu coñecemento e análise comprenderán a necesidade de deixar unha partida destinada ao aforro. Por último o alumnado coñecerá co fin de poder aforrar cómo se poden obter ingresos de xeito legal e como priorizar os seus gastos. 17 20
3 Produtos financeiros A fin de que o alumnado sexa quen de xestionar de xeito consciente as súas finanzas nesta unidade se explican os distintos tipos de productos financieros que existen e o seu funcionamento así como as súas ventaxas e inconvintes. Ademáis analizaránse as formas de roubos e estafas que existen así como os posibles fraudes e riscos que Comenzarase explicando os distintos tipos de productos financieros que existen e o seu funcionamento así como as súas ventaxas e inconvintes para que o alumnado aprenda a xestionar dun xeito consciente as súas finanzas. Ademáis analizaránse as formas de roubos e estafas, así como os posibles fraudes e riscos que se poden atopar a través da rede. 16 15
4 Risco e endebedamento Nesta unidade preténdese que o alumnado sexa consciente do risco das operacións financeiras, comezando por identificar a relación existente entre o risco e a rendibilidade. Incidirase na diversificación da carteira de inversións como instrumento eficaz para reducir o risco. Tamén se abordará a ciberseguridade e o papel dos seguros á hora de mitigar os riscos. 16 15
5 As decisións de consumo O alumnado coñecerá as obrigas que asume no momento da compra dun determinado produto ou servizo, incluídos os financeiros, pero tamén dos dereitos que se adquiren ao facelo e de como as normas de protección das persoas consumidoras están pensadas para axudalo a preservar o seu benestar. Igualmente, o alumnado debe ser consciente de que as súas decisións de consumo poden verse influenciadas por factores externos como a publicidade. Ademais, o alumnado debe identificar as estafas e fraudes máis frecuentes no panorama financeiro e reaccionar adoptando medidas de seguridade e denunciándoas. 17 18
6 Consumo verde e sustentable O alumnado debe ser consciente de que as decisións de consumo poden xerar consecuencias negativas no medio ambiente e na sociedade en xeral. Identificar os procesos de producción, distribución e consumo dos bens e servizos servirá para determinar o seu impacto ambiental, así como desenvolver estratexias para mitigar dito impacto. 17 17

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Diñeiro e transaccións
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA1.1 - Diferenciar as formas que pode adoptar o diñeiro de curso legal sabendo como identificar moedas e billetes auténticos e desenvolvendo a actitude adecuada ante o diñeiro falso.
CA1.2 - Comprender a diferenza entre os distintos métodos de pago, sabendo utilizalos de forma segura.
CA1.3 - Considerar o valor global ou a utilidade dunha posible compra así como o seu prezo, comprendendo que o poder adquisitivo do diñeiro pode variar co tempo debido á inflación.
CA1.4 - Entender o contido dunha factura ou dun tícket de compra dentro dunha transacción comercial sinxela.
CA1.5 - Comprender o significado das partes básicas dun recibo de salarios tipo.
Contidos
C1.1 - O diñeiro e as súas formas. Procedementos para diferenciar o diñeiro auténtico do diñeiro falso.
C1.2 - Os diferentes modos de pago nun entorno de compra física ou virtual.
C1.3 - Os prezos. O poder adquisitivo e a inflación.
C1.4 - A importancia das obrigas fiscais e sociais para o mantemento do estado de benestar.
C1.5 - As facturas e os tíckets de compra: contido básico e conservación como medio de proba de compra ou de garantía.
C1.6 - O recibo de salarios básico.
C1.7 - A diferenza entre ingresos netos e brutos.
Bloque B2. Planificación e orzamento
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA2.1 - Valorar a elaboración de orzamentos de finanzas persoais como forma de resiliencia financeira.
CA2.2 - Elaborar orzamentos de finanzas persoais empregando diferentes técnicas e diferenciando os gastos fixos dos variables.
CA2.3 - Identificar diferentes formas de obter ingresos legais.
CA2.4 - Comprender a necesidade de priorizar os gastos para adecualos aos ingresos.
CA2.5 - Entender o aforro como un compoñente básico do orzamento persoal.
Contidos
C2.1 - Os orzamentos persoais.
C2.2 - Técnicas de elaboración de orzamentos manuais e dixitais.
C2.3 - O aforro como elemento esencial do orzamento para facer fronte a diferentes situacións. Aforros de emerxencia e de alta accesibilidade.
C2.4 - Formas de obtención de ingresos legais e criterios de priorización do gasto.
Bloque B3. A xestión bancaria das finanzas persoais. Riscos e rendemento na xestión do diñeiro
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA3.1 - Analizar o funcionamento das prestacións dunha conta bancaria, especialmente unha conta bancaria de pago básica segundo a normativa europea.
CA3.2 - Analizar as vantaxes e inconvenientes doutros produtos bancarios para unha mellor xestión das finanzas persoais.
CA3.3 - Recoñecer posibles formas de roubos, estafas, fraudes en liña e riscos cibernéticos.
CA3.4 - Valorar as consecuencias de pedir diñeiro prestado na renda dispoñible futura e a importancia de avaliar o custo total do crédito e a probabilidade de poder reembolsalo anticipadamente.
CA3.5 - Ser consciente do endebedamento que pode derivarse dun descuberto ou do uso de créditos de fácil acceso a custo elevado.
CA3.6 - Comprender os riscos relacionados con certos produtos de investimento como os criptoactivos, aprendendo a cuestionar as ofertas de investimento sospeitosamente atractivas e tomando consciencia de que as emocións ou os nesgos cognitivos poden influír nas decisións de inversión de forma imprevista.
Contidos
C3.1 - Os produtos bancarios básicos e dixitais.
C3.2 - Outros produtos financeiros de seguridade e investimento.
C3.3 - Diferentes formas de estafa e fraude na xestión das finanzas persoais.
C3.4 - O risco e os custos do endebedamento.
C3.5 - Produtos financeiros de risco elevado.
Bloque B4. Educación para o consumo
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA4.1 - Aplicar estratexias para manter seguros os datos persoais e a información financeira sendo consciente dos seus dereitos en materia de protección de datos.
CA4.2 - Coñecer os dereitos e obrigas ao adquirir un produto, servizo ou subscrición.
CA4.3 - Entender que o custo real dun ben ou servizo depende de diversos factores como custos de produción, incluída a man de obra, impostos, tipos de cambio ou custos de envío.
CA4.4 - Entender que ao comprar produtos ou servizos en liña, o prezo destes pode ser diferente dependendo, entre outras cousas, da web consultada, o historial de navegación, as condicións de envío aplicadas e o lugar desde onde se realiza a compra.
CA4.5 - Ser consciente de que os bens ou servizos adquiridos poden ter diferentes repercusións medioambientais ou sociais en función da súa orixe, das súas condicións de produción ou da xestión que delas fai a empresa que os ofrece.
CA4.6 - Valorar o mercado de segunda man como unha alternativa sostible fronte ás novas compras así como a reutilización, a reparación e a reciclaxe dos produtos usados.
CA4.7 - Analizar o proceso de compra tendo en conta que a existencia de factores que afectan ao desexo percibido pode levar a realizar compras impulsivas acentuando o exceso de gasto.
Contidos
C4.1 - As estratexias de protección dos propios datos persoais. A ciberseguridade.
C4.2 - Os dereitos e as obrigas da consumidora ou o consumidor.
C4.3 - Factores que inflúen no custo dun ben ou servizo.
C4.4 - O etiquetado verde, de sustentabilidade e de consumo enerxético.
C4.5 - A economía social. O consumo ético e responsable.
C4.6 - A responsabilidade social corporativa.
C4.7 - O proceso de toma de decisión de compra: elementos e factores internos e externos a ter en conta.
C4.8 - A influencia dos distintos tipos de publicidade na decisión de compra.
C4.9 - A xestión das emocións ou dos nesgos cognitivos na toma de decisións de inversión.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 O diñeiro
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Diferenciar as formas que pode adoptar o diñeiro de curso legal sabendo como identificar moedas e billetes auténticos e desenvolvendo a actitude adecuada ante o diñeiro falso.
Táboa de indicadores
Identifica as formas nas que se pode presentar o diñeiro legal e distingue os billetes e moedas auténticos dos falsos. 5
CA1.2 Comprender a diferenza entre os distintos métodos de pago, sabendo utilizalos de forma segura.
Proba escrita
Distingue os distintos métodos de pago e o seu uso. 45
CA1.3 Considerar o valor global ou a utilidade dunha posible compra así como o seu prezo, comprendendo que o poder adquisitivo do diñeiro pode variar co tempo debido á inflación.
Táboa de indicadores
Comprende a relación entre valor global e prezo así como a de poder adquisitivo e inflación. 3
CA1.4 Entender o contido dunha factura ou dun tícket de compra dentro dunha transacción comercial sinxela.
Táboa de indicadores
Interpreta o contido dunha factura ou un ticket sinxelo. 2
CA1.5 Comprender o significado das partes básicas dun recibo de salarios tipo.
Proba escrita
Identifica as partes dun recibo de salarios 45

2 As finanzas persoais
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Valorar a elaboración de orzamentos de finanzas persoais como forma de resiliencia financeira.
Táboa de indicadores
Identifica a importancia de elaborar orzamentos personáis. 2
CA2.2 Elaborar orzamentos de finanzas persoais empregando diferentes técnicas e diferenciando os gastos fixos dos variables.
Proba escrita
Elabora un orzamento personal. 45
CA2.3 Identificar diferentes formas de obter ingresos legais.
Táboa de indicadores
Distingue formas de obter ingresos legais. 3
CA2.4 Comprender a necesidade de priorizar os gastos para adecualos aos ingresos.
Táboa de indicadores
Determina como priorizar os gastos para poder aforrar. 5
CA2.5 Entender o aforro como un compoñente básico do orzamento persoal.
Proba escrita
Establece o aforro necesario nun orzamento persoal. 45

3 Produtos financeiros
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Analizar o funcionamento das prestacións dunha conta bancaria, especialmente unha conta bancaria de pago básica segundo a normativa europea.
Proba escrita
Manexa o funcionamiento dunha conta bancaria, principalmente as de pago básicas según normativa europea 45
CA3.2 Analizar as vantaxes e inconvenientes doutros produtos bancarios para unha mellor xestión das finanzas persoais.
Proba escrita
Diferencia entre productos bancarios segundo as súas vantaxes e inconvenientes. 45
CA3.3 Recoñecer posibles formas de roubos, estafas, fraudes en liña e riscos cibernéticos.
Táboa de indicadores
Identifica posibles roubos e estafas así como fraudes en liña e riscos cibernéticos. 10

4 Risco e endebedamento
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.4 Valorar as consecuencias de pedir diñeiro prestado na renda dispoñible futura e a importancia de avaliar o custo total do crédito e a probabilidade de poder reembolsalo anticipadamente.
Proba escrita
Identifica o custo total dun préstamo, incluíndo o tipo de interés e as distintas comisións. Coñecer o concepto de "reembolso anticipado". 45
CA3.5 Ser consciente do endebedamento que pode derivarse dun descuberto ou do uso de créditos de fácil acceso a custo elevado.
Táboa de indicadores
Identifica o elevado custo dos descubertos e dos créditos de fácil acceso. 10
CA3.6 Comprender os riscos relacionados con certos produtos de investimento como os criptoactivos, aprendendo a cuestionar as ofertas de investimento sospeitosamente atractivas e tomando consciencia de que as emocións ou os nesgos cognitivos poden influír nas decisións de inversión de forma imprevista.
Proba escrita
Identifica o risco elevado dos criptoactivos, así como a influencia das emocións nas decisións de inversión. 45

5 As decisións de consumo
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1 Aplicar estratexias para manter seguros os datos persoais e a información financeira sendo consciente dos seus dereitos en materia de protección de datos.
Táboa de indicadores
Identifica os dereitos relativos á protección de datos persoais. 3
CA4.2 Coñecer os dereitos e obrigas ao adquirir un produto, servizo ou subscrición.
Proba escrita
Coñece os dereitos e obrigas do consumidor. 45
CA4.3 Entender que o custo real dun ben ou servizo depende de diversos factores como custos de produción, incluída a man de obra, impostos, tipos de cambio ou custos de envío.
Proba escrita
Entende o proceso productivo e os diferentes custos para valorar o prezo final dun produto ou servizo. 45
CA4.4 Entender que ao comprar produtos ou servizos en liña, o prezo destes pode ser diferente dependendo, entre outras cousas, da web consultada, o historial de navegación, as condicións de envío aplicadas e o lugar desde onde se realiza a compra.
Táboa de indicadores
Valora a compra dun ben ou servizo dende diferentes páxinas web ou aplicacións. 5
CA4.7 Analizar o proceso de compra tendo en conta que a existencia de factores que afectan ao desexo percibido pode levar a realizar compras impulsivas acentuando o exceso de gasto.
Táboa de indicadores
Identifica os sesgos cognitivos no proceso de compra. 2

6 Consumo verde e sustentable
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.5 Ser consciente de que os bens ou servizos adquiridos poden ter diferentes repercusións medioambientais ou sociais en función da súa orixe, das súas condicións de produción ou da xestión que delas fai a empresa que os ofrece.
Proba escrita
Identifica a repercusión no medio ambiente dunha cesta de consumo, valorando estratexias para reducir dito impacto. 90
CA4.6 Valorar o mercado de segunda man como unha alternativa sostible fronte ás novas compras así como a reutilización, a reparación e a reciclaxe dos produtos usados.
Táboa de indicadores
Identifica mercados de segunda man e a reutilización, reparación e reciclaxe de produtos usados. 10

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


METODOLOXÍA:

A metodoloxía empregada terá as seguintes características:

1.- Activa e participativa, que facilite a iteración entre o profesor e o alumno  favorecendo a súa implicación e  participación activa mediante tarefas e proxectos que partan de contextos actuáis e significativos adecuados ás vivencias do alumnado, tentando que expresen ademáis a súa opinión e se convirtan nos protagonistas da súa propia aprendizaxe, desenvolvendo a súa capacidade de aprender a aprender.

2.- Motivadora: de xeito que o profesorado sexa quen de xerar curiosidade no alumnado.

3.- Construtiva, é dicir, adaptarase ás características dos alumnos/as, favorecerá a capacidade de aprender por si mesmos, o traballo en equipo, e promoverá a creatividade e o dinamismo integrando os recursos das tecnoloxías da información e da comunicación na aprendizaxe.

Os principios básicos empregados para levar adiante este proceso de ensinanza-aprendizaxe serán entre outros:

·        Partir do nivel competencial do alumnado e dos coñecementos previos para favorecer a construción de aprendizaxes novas e significativas, ademais dunha comprensión, sinxela e produtiva.

·        Propiciar situacións de aprendizaxe motivadoras e funcionais que teñan sentido e significado, e onde o alumnado actualice os seus coñecementos, favorecendo así a súa independencia.

·        Organizar os contidos de forma ordenada e lóxica, para que o alumnado poida establecer relacións. Tratando de forma globalizada e integrada os distintos contidos.

·        Fomentar un clima de cooperación nos traballos que favoreza a relativización dos puntos de vista, o incremento do rendemento académico, o proceso de socialización, etc.

·        Fomentar a proxección práctica dos contidos e a súa aplicación ao contorno, tendo en conta os avances tecnolóxicos e os cambios sociais nos hábitos de consumo e nas transccións de diñeiro co fin de asegurar a funcionalidade das aprendizaxes en dous sentidos: o desenvolvemento de capacidades para ulteriores adquisicións e a súa aplicación na vida cotiá

·        Facilitar o uso se estratexias que permitan traballar temas transversais como a competencia dixital, a comunicación audiovisual, a expresión oral e escrita, a comprensión lectora, a creatividade, o espírito crítico, ou o emprendemento, a través de tarefas, proxectos e/ ou traballos prácticos tanto individuais como colectivos que permitan ao alumnado adquirir habilidades, desenvolver as súas competencias e actitudes de cara a manexar de xeito seguro as súas finanzas aprendendo ademáis a a levar a cabo unha análise crítica cos problemas sociais actuais.

·        Ter en conta a diversidade do alumnado e a súa atención,  respectar os ritmos e estilos de traballo, empregando distintos métodos que favorezan a aprendizaxe por si mesmo e promovan o traballo en equipo con perspectiva de xénero. Proporcionando tanto a atención individualizada para a prevención de dificultades de aprendizaxe como  a posta en práctica de mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten dificultades.

·        Planificación de traballos interdisciplinarios e colaborativos con outras materias como as linguas, a educación en valores cívicos e éticos, ou as matemáticas, que proporcionen novas oportunidades de aprendizaxe na reflexión e no cálculo de problemas de índole social e financeira.

·        Empregar técnicas e instrumentos de autoavaliación, coavaliación, avaliación entre iguais que favoreza a aprendizaxe, dende unha perspectiva de reflexión que facilite que o alumnado empregue as súas fortalezas e traballe para mellorar as súas dificultades.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Non se atoparon elementos.

MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS:

A aula virtual.

Manual de economía de 4º E.S.O. da editorial EDB colgado na plataforma EDixgal (só a efectos de libro de consulta).

Apuntamentos do profesorado, así como tarefas e traballos.

Plans, concursos, xogos, proxectos e programas de educación financeira.

Web oficial do Banco de España, da CNMV e do BCE.

Aula de informática (ordenadores).

Software específico: folla de cálculo de openoffice.

Aplicacións de acceso público presentes nas web bancarias e similares: simuladores de amortización de crédito, rendementos dos fondos de investimento, etc.

Libros, noticias, páxinas web de contido económico e financeiro.

Artículos obtidos na prensa especializada, ou aqueles presentes nos medios de comunicación de masas e incluídos na sección de economía e finanzas destes.


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Nas primeiras sesións do curso académico levarase a cabo o proceso de avaliación inicial para coñecer o nivel de partida do alumnado, así como as súas expectativas de cara a materia e as cuestións que maior interese susciten. 

A pesar de que se trata dunha materia de nova creación, certos contidos económico-financeiros básicos son coñecidos polo alumnado, ben pola transmisión oral no fogar (aforro, endebedamento, tarxeta de débito ou crédito, etc.) ou ben polos medios de comunicación e redes sociais (fraude electrónico, criptoactivos, etc.). O que se pretende con esta avaliación inicial é detectar erros na concepción de ditos conceptos e coñecer mellor ao grupo, adaptando deste xeito os recursos e a metodoloxía ás características e coñecementos do alumnado. Para axudar á consecución destes obxectivos proporemos a todos os alumnos e alumnas un breve cuestionario práctico por escrito que deberán respostar facendo uso das ideas preconcebidas e intuicións propias ao respecto da materia.

Como consecuencia do resultado da avaliación inicial, adoptaranse as medidas pertinentes de apoio, ampliación e reforzo para aqueles alumnos e alumnas que o precisen, ou de adaptación curricular de ser o caso, en colaboración co equipo docente e co Departamento de Orientación.

Realizaranse actividades diversas que activen no alumnado os coñecementos e destrezas desenvolvidos con anterioridade. 


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 17.0 17.0 16.0 16.0 17.0 17.0 100.0
Proba escrita 90.0 90.0 90.0 90.0 90.0 90.0 90.00000000000001
Táboa de indicadores 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 9.999999999999998

O cálculo da nota media de cada avaliación obterase do seguinte xeito:

- O 90% da cualificación corresponderase coa media aritmética de dúas probas escritas (aproximadamente, unha por cada unidade didáctica, ou unha cada seis semanas de traballo na aula) que se realizarán ao longo do trimestre.

- O 10% restante corresponderase cas producións do alumnado, tanto individuais como grupais, que se entregarán ao longo do trimestre, e para o que se terán en conta aspectos como a participación do alumno ou da alumna no proceso de ensino - aprendizaxe e tamén a colaboración e solidariedade dentro do grupo.

  A materia estará superada en cada unha das tres avaliacións parciais (como se verá máis adiante) cando a suma das cualificacións das tres ferramentas anteriormente referidas acade 4,5 ou cifra superior.

  Dado que a nota de cada avaliación é numérica exacta, o redondeo será:

- Ao enteiro superior máis próximo no caso de que a cifra das décimas sexa igual ou superior a 5.

- Ao enteiro inferior máis próximo no caso de que a cifra das décimas sexa inferior a 5.

  A cualificación final da avaliación ordinaria calcularase como a media aritmética das cualificacións das avaliacións parciais previas, sen aplicar redondeo ningún, sempre e cando o alumno ou alumna supere cando menos dúas das tres avaliacións parciais.

 Esa cualificación final numérica será redondeada a unidades exactas polo mesmo procedemento ca nos casos das avaliacións parciais:

- Cando a cifra das décimas sexa igual ou superior a 5, redondearemos ao enteiro superior máis próximo.

- Cando a cifra das décimas sexa inferior a 5, redondearemos ao enteiro inferior máis próximo.

Será necesario obter, como mínimo, 5 puntos como nota media final para poder superar a materia. 

As probas escritas serán fundamentalmente preguntas pechadas (tipo test, verdadeiro e falso, completar cadros, etc.), acompañadas de pequenos problemas e cuestións de resolución sinxela. 

As producións do alumnado consistirán nunha ou máis das seguintes:

- Exposicións e intercambios de parecer na aula.

- Lectura e comentario de noticias de prensa, análise e comentario de vídeos autentificados nas redes (só materiais debidamente contrastados).

- Resolución de casos prácticos.

- Investigacións e posterior realización dun informe. 

Para o alumnado que non consiga superar a materia establécense os seguintes criterios:

- Con carácter habitual, ao finalizar cada avaliación realizarase unha proba escrita das dúas unidades didácticas traballadas no trimestre. A recuperación dependerá de que na proba o alumno ou alumna obteña unha nota final de 5 ou máis.

- Excepcionalmente, tamén sería posible esixirlle ao alumno ou alumna que complete ou prepare de novo algunha das tarefas que foron propostas durante o trimestre en cuestión. Neste segundo suposto, a recuperación non requeriría da realización de proba escrita ningunha.

 

 

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Este apartado fai referencia ao alumnado que cursa 4º ESO e ten pendente esta materia de 3º ESO. Este curso é uha opción imposible debido a que esta materia ingresa de novo no Currículo de E.S.O.

 Para o futuro, e no caso de que exista alumnado nesta situación, o departamento didáctico proporá á responsable de pendentes do centro (Ana María Formoso Remesar, xefa de departamento de Francés) un plan de traballo con expresión dos contidos mínimos esixibles e as actividades recomendadas. Os instrumentos de avaliación a empregar serán Táboas de Indicadores (TI) sobre as actividades propostas e Probas Escritas (PE) que serán aplicadas en dous parciais segundo o calendario centralizado disposto ao efecto pola referida responsable profesora Ana Formoso.

  A primeira proba parcial versará sobre os contidos dos tres primeiros bloques. A segunda e última probal parcial versará sobre os contidos dos tres bloques restantes.

  O seguemento do alumnado con materias pendentes corresponderá á xefatura de departamento en contacto estreito coa responsable centralizada de recuperación de materias.


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


As referencias legais para atender á diversidade serán o Decreto 229/201, de 7 de decembro, e a Orde do 8 de setembro de 2021

Son medidas de atención á diversidade as actuacións, estratexias e/ou programas destinados a proporcionar unha resposta axustada ás necesidades educativas do alumnado. 

De ser preciso, desenvolveranse as seguintes medidas de atención á diversidade:

Ordinarias: Aquelas que faciliten a adecuación do currículo ao contexto do centro e ás características do alumnado, sen alteración significativa dos obxectivos, contidos nin criterios de avaliación.

Teñen como finalidade dar resposta ás diferenzas en competencia curricular, motivación, intereses, relación social, estratexias, estilos e ritmos de aprendizaxe, e están destinadas a facilitar a consecución dos obxectivos e competencias establecidas nas diferentes ensinanzas.

- Adecuación da xestión da aula ás características do alumnado, procurando a
participación, o acceso aos recursos, favorecendo a convivencia e aprendizaxe
compartida.

- Adecuación da programación didáctica ao alumnado e circunstancias do seu contorno.

Logo de identificadas as barreiras (accesibilidade física, sensorial, cognitiva e emocional) deseñaranse actividades partindo dos principios do deseño universal de aprendizaxe para que as aprendizaxes sexan accesibles.

- Metodoloxías baseadas no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos, titoría entre iguais, aprendizaxes por proxectos.

- Adaptación dos tempos, dos instrumentos e dos procedementos de avaliación ás circunstancias do alumnado, tales como, forma de comunicación co alumnado, secuenciación de tarefas, verificación da comprensión das tarefas, dispoñibilidade dos recursos tecnolóxicos, concesión do tempo necesario.

Aplicaranse as propostas recollidas nos plans, proxectos, programas, guías e protocolos elaborados pola Consellería.

- Aulas de atención educativa e convivencia. No caso de ser preciso derivar alumnado, o profesorado proporcionará as tarefas que debe realizar, que serán corrixidas e avaliadas.

- Reforzo educativo. Posta en práctica de mecanismos de reforzo tan pronto

como se detecten dificultades no progreso do alumnado.

- Programas de enriquecemento curricular para o alumnado que presenta altas capacidades intelectuais.

Extraordinarias. Aquelas dirixidas a dar resposta ás necesidades educativas do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que poden requirir modificacións significativas do currículo ordinario e/ou supor cambios esenciais no ámbito organizativo, así como, de ser o caso, nos elementos de acceso ao currículo o una modalidade de escolarización. Aplicaranse logo de esgotadas as de carácter ordinario ou por resultaren insuficientes.

O alumnado con necesidade específica de apoio educativo é aquel que require unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentar necesidades educativas especiais, por atraso madurativo, por trastornos do desenvolvemento da linguaxe e da comunicación, por trastornos de atención ou de aprendizaxe, por descoñecemento grave da lengua de aprendizaxe, por se atoparen en situación de vulnerabilidade socioeducativa, polas súas altas capacidades intelectuais, por se teren incorporado tarde ao sistema educativo ou por condición persoais ou de historia escolar.

O alumnado que presenta necesidades educativas especiais é aquel que afronta barreiras que limiten o seu acceso, a súa presenza, a súa participación ou a súa aprendizaxe, derivadas de discapacidade ou de trastornos graves de conduta, da comunicación e da linguaxe, por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, e que require determinados apoios e atención educativas específicas para a consecución dos obxectivos de aprendizaxe adecuados ao seu desenvolvemento.

-Atención educativa ao alumnado que, por circunstancias diversas, presenta dificultades para unha asistencia continuada ao centro.

O docente coordinado polo profesorado titor e co asesoramento da xefatura do departamento de orientación, elaborará unha proposta de actividades educativas empregando medios telemáticos para a entrega, seguimiento e avaliación e adoptará medidas que promovan a súa inclusión.

O docente colaborará co profesorado titor e coa xefatura do departamento de orientación na planificación e desenvolvemento de actuacións destinada ao axuste dos procesos de ensino e aprendizaxe.

A avaliación inicial permitirá adaptar as ensinanzas ao alumnado e facilitar a debida progresión na súa aprendizaxe.

No proceso de avaliación promoverase o uso de instrumentos de avaliación variados, diversos, flexibles e adaptados ás distintas situacións de aprendizaxe que permitan a valoración obxectiva do alumnado e garantan que as condicións de realización dos procesos asociados á avaliación se adapten ás necesidades do alumnado con necesidade específica de apoio educativo.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
1 Comprensión lectora
2 Expresión oral e escrita
3 Comunicación audiovisual
4 Competencia dixital
5 Fomento do espirito crítico
6 Emprendemento
7 Educación en valores
8 Creatividade
9 Igualdade de xénero

Os elementos transversais, tales como a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, competencia dixital, o emprendemento, a creatividade, o espírito crítico, a educación en valores, a igualdade de xénero, entre outros traballaranse posibilitando e fomentando que o proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado sexa o máis completo posible.

Promoverase a aprendizaxe da prevención e resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como dos valores que sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto polos dereitos humanos e o rexeitamento da violencia terrorista, a pluralidade, o respecto polo Estado de dereito, o respecto e a consideración polas vítimas do terrorismo, e a prevención do terrorismo e de calquera tipo de violencia.

Evitaranse os comportamentos, os estereotipos e os contidos sexistas, así como aqueles que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero.

Empregaranse estratexias nas distitnas unidades didácticas para traballar transversalmente a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, a competencia dixital, a creatividade, o espírito crítico ou o emprendemento, entre outros aspectos. Neste sentido, a proposta de proxectos ou traballos prácticos, tanto individuais como en equipo, será variada e baseada na resolución de problemas que incentiven o desenvolvemento das competencias, habilidades e actitudes necesarias para que o alumnado estableza unha contorna segura no manexo das súas finanzas e que lle permita a análise crítica dos problemas sociais actuáis.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Visita a entidades Principalmente entidades de caracter financeiro onde coñecer na práctica o seu funcionamento
Charlas A cargo de expertos financeiros que den a coñecer ao alumnado a súa experiencia.

Para complementar os contidos teórico-prácticos o Departamento de Economía organizará ao longo do curso seminarios, charlas e visitas a entidades financeiras para coñecer de primeira man o traballo dos profesionais no día a día. Permitirá que o alumnado se aproxime ao traballo vencellado coa economía e as finanzas e suscite o seu interese de cara a materia.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais Inclúe os elementos curriculares na programación didáctica adaptándoos ás características do alumnado e contexto do centro.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Elabora as unidades didácticas utilizando como referente a programación didáctica da materia.
Medidas de atención á diversidade Realiza a avaliación inicial co fin de identificar as dificultades do alumnado, así como as súas necesidades de atención educativa.
Medidas de atención á diversidade Planifica, coa antelación suficiente e tendo en conta a dispoñibilidade do alumnado, o calendario de probas a realizar segundo a tipoloxía.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Presenta e publica a programación didáctica incidindo especialmente na metodoloxía, instrumentos e proceso de avaliación e cualificación
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Ofrece ao alumnado múltiples formas de presentación dos contidos e de acción e expresión.
Medidas de atención á diversidade Emprega as tecnoloxías da información e da comunicación na aula como medio didáctico para desenvolver as tarefas de ensino e aprendizaxe.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Propón actividades complementarias que contribúan á mellora da aprendizaxe do alumnado.
Clima de traballo na aula Procura a transparencia do proceso de avaliación.
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais Fomenta e estimula as habilidades de comprensión de lectura e de uso da información, de expresión escrita e en público.
Clima de traballo na aula Selecciona e secuencia de forma progresiva os contidos da programación de aula en función das características do grupo.
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais Planifica a actividade educativa coordinada con outras materias.
Medidas de atención á diversidade Establece criterios e instrumentos de avaliación e autoavaliación que permitan facer o seguimento do progreso do alumnado e comprobar o grao de adquisición de competencias.
Clima de traballo na aula Presenta ao inicio de cada sesión o plan de traballo, sinalando os obxectivos que se pretenden lograr.
Clima de traballo na aula Fomenta a participación do alumnado no desenvolvemento da materia, promovendo o debate e a análise crítica dos temas propostos.
Clima de traballo na aula Organiza actividades complementarias axeitadas que completen a aprendizaxe tendo en conta as inquedanzas do alumnado, na procura de facer atractiva a participación no desenvolvemento das mesmas.
Clima de traballo na aula Analiza os resultados da avaliación cos alumnos e alumnas. Informa dos logros acadados e dificultades atopadas, propoñendo estratexias de mellora.
Clima de traballo na aula Recoñece o esforzo do alumnado, non só os resultados. Relaciona os contidos da materia cos feitos da actualidade.
Clima de traballo na aula Amosa unha actitude aberta e receptiva e fomenta a interacción co alumnado.
Clima de traballo na aula Emprega na aula un discurso que estimula e mantén o interese do alumnado polos contidos obxecto de estudo.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Xestiona a intelixencia emocional na aula, facilitando a expresión do alumnado, ensinando estratexias comunicativas.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Os mínimos de consecución e os criterios de cualificación e recuperación están claramente definidos.
Medidas de atención á diversidade Establece as medidas de atención á diversidade necesarias para facilitar o acceso ó currículo do alumnado.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Propón ao alumnado a realización de actividades de recuperación e reforzo, de enriquecemento e ampliación.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Rexistra e avalía o seguimento da súa propia actuación no desenvolvemento das clases.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Emprega instrumentos de avaliación variados, diversos, flexibles e adaptados ás distintas situacións de aprendizaxe.
Medidas de atención á diversidade Estabece as medidas máis adecuadas para que as condicións de realización das avaliacións se adapten ás necesidades do alumnado.
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais Participa en actividades de formación dirixidas á actualización de coñecementos científico-técnicos, didácticos e/ou psicopedagóxicos.
Clima de traballo na aula Realiza actividades, traballos e proxectos de investigación e innovación educativa relacionados coa práctica docente.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Emprega os resultados da avaliación para mellorar o proceso de ensino.

Tal e como establece a normativa, "O profesorado avaliará tanto as aprendizaxes do alumnado como os procesos de ensino e a súa propia práctica docente, para o cal establecerá indicadores de logro nas programacións docentes".

Tales indicadores consisten nunha serie de items que permiten reflexionar sobre a actuación co alumnado e os aspectos reflectidos na programación:

- planificación,

- a motivación do alumnado,

- desenvolvemento do proceso de ensino,

- idoneidade dos materiais empregados e das actividades propostas

- e seguimento e avaliación do proceso de ensinanza-aprendizaxe

Valoraranse de 0 a 5.

Obxectivos da avaliación da práctica docente:

- Axustala ás peculiaridades do grupo e a cada alumno/a.

- Comparar a planificación curricular coa súa execución.

- Favorecer a reflexión individual e colectiva.

- Mellorar a comunicación e coordinación.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


Ao comenzar un curso elaborarase a programación da materia tendo en conta as propostas de mellora que se recolleran na memoria do departamento o curso anterior.

Esta programación avaliarase por parte do/a profesor/profesora que imparta a materia a través do seguimento na aplicación Proens ao final de cada unidade didáctica e nas reunións mensuais de departamento.

Nas reunión de departamento comprobarase o grao de consecución dos obxectivos programados e as dificultades que se poidan atopar, ademais, poderán introducirse medidas correctoras se estas se estiman oportunas.


Todas as posibles propostas de mellora reflectiranse na Memoria Final para introducir as modificacións necesarias na programación do curso seguinte.

Co fin de analizar o grao de cumprimento dos indicadores de logro poden empregarse as seguintes ferramentas:

- Diario de aula.

- Rúbrica de autoavaliación para cuantificar o grao de consecución de
obxectivos, criterios de avaliación e contidos.

- Estatísticas de resultados.

- Cuestionarios e enquisas ao alumnado.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver