Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


O currículo da Educación Secundaria Obrigatoria pretende garantir unha formación adecuada e integral, que se centre no desenvolvemento das competencias e que sexa equilibrada, porque incorpora na súa xusta medida compoñentes formativos asociados á comunicación, á formación artística, ás humanidades, ás ciencias, á tecnoloxía e á actividade física. Unha das finalidades da Educación Secundaria Obrigatoria consiste en lograr que as alumnas e os alumnos adquiran os elementos básicos da cultura, especialmente nos seus aspectos humanístico e artístico, científico-tecnolóxico e motor.

 

O eixe do currículo da materia de Lingua Castelá e Literatura constitúeno as competencias relacionadas coa interacción oral, escrita e audiovisual adecuadas nos distintos ámbitos e contextos e en función de diferentes propósitos comunicativos, así como co fomento do hábito lector, da interpretación de textos literarios e non literarios (académicos, sociais e propios da vida cotiá) e da apropiación dun patrimonio cultural. A reflexión explícita sobre o funcionamento da lingua proporciona a ferramenta necesaria para desenvolver a conciencia lingüística e mellorar os procesos de expresión, comprensión e recepción crítica de textos de diferentes ámbitos.

 

Os obxectivos da materia de Lingua Castelá e Literatura na Educación Secundaria Obrigatoria supoñen unha progresión con respecto aos acadados na Educación Primaria, dos que haberá que partir nesta nova etapa, para pasar dun acompañamento guiado a outro progresivamente autónomo. Esta evolución supón, alén diso, unha maior diversidade e complexidade das prácticas discursivas. Agora a atención céntrase no uso da lingua nos ámbitos educativo e social, sublíñase o papel das convencións literarias e do contexto histórico na comprensión dos textos literarios e outórgaselle un papel máis relevante á reflexión sobre o funcionamento da lingua e os seus usos.

 

Na Educación Secundaria Obrigatoria, a materia de Lingua Castelá e Literatura ten como obxectivo o desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado nas súas vertentes pragmática, lingüística, sociolingüística e literaria. Debe achegar as ferramentas e os coñecementos que articulan os procesos de comprensión e expresión oral e escrita para desenvolverse con éxito en calquera situación comunicativa. O enfoque comunicativo centrado no uso funcional da linguaxe reside na aprendizaxe das destrezas discursivas en diversos ámbitos: o das relacións persoais, o académico, o social e o dos medios de comunicación, cuxo dominio require procedementos e coñecementos explícitos, tanto dos elementos formais, como das normas sociolingüísticas que presiden os intercambios.

 

A reflexión literaria a través da lectura, a comprensión e interpretación de textos significativos da literatura española e da literatura xuvenil favorece o coñecemento das posibilidades expresivas da lingua, desenvolve a capacidade crítica e creativa dos/as estudantes, dálles acceso ao coñecemento doutras épocas e culturas, e enfróntaos a situacións que enriquecen a súa experiencia do mundo e favorecen o coñecemento de si mesmos.

 

O primeiro dos obxectivos da materia oriéntase cara o recoñecemento da diversidade lingüística e dialectal da nosa contorna, de España e do mundo, co propósito de favorecer actitudes de aprecio á devandita diversidade, de combater prexuízos e estereotipos lingüísticos e de estimular a reflexión interlingüística. Un segundo grupo de obxectivos refírese á produción, comprensión e interacción oral e escrita, incorporando as formas de comunicación mediadas pola tecnoloxía e atendendo aos diferentes ámbitos de comunicación: persoal, educativo, social e profesional. Así, os obxectivos segundo e terceiro relaciónanse coa comunicación oral; o cuarto, coa comprensión lectora, e o quinto, coa expresión escrita. A aprendizaxe da lectura estivo durante séculos vinculada de maneira case exclusiva coa lectura literaria, aínda que hai décadas que os enfoques comunicativos subliñan a necesidade de ensinar a ler todo tipo de textos, con diferentes propósitos de lectura. Por outra banda, saber ler hoxe implica tamén navegar e buscar na Rede, seleccionar a información fiable, elaborala e integrala en esquemas propios coa finalidade de transformala en coñecemento. En resposta a iso, o obxectivo sexto pon o foco na alfabetización mediática e informacional, mentres que o sétimo e o oitavo se reservan para a lectura literaria, tanto autónoma coma guiada, na aula. O obxectivo noveno atende á reflexión sobre a lingua e os seus usos, en canto que o décimo, relativo á ética da comunicación, é transversal a todos eles.

 

Os criterios de avaliación e os contidos organízanse en cinco bloques. O primeiro, «As linguas e os seus falantes», correspóndese de maneira directa co obxectivo de apreciar a diversidade lingüística do mundo a partir do recoñecemento das linguas do alumnado e da realidade plurilingüe e pluricultural de España para favorecer a reflexión interlingüística e valorar a diversidade como fonte de riqueza cultural. O segundo e o terceiro, relativos á comunicación, integran os contidos implicados na comunicación oral e escrita e na alfabetización informacional, audiovisual e mediática, vertebrados arredor da realización de tarefas de produción, revisión e edición de textos propios, xunto coa recepción, interpretación e análise crítica de textos alleos. O cuarto bloque, «Educación literaria», recolle as experiencias e os contidos necesarios para consolidar o hábito lector, conformar unha identidade lectora progresivamente autónoma, desenvolver habilidades de interpretación de textos literarios impresos e dixitais e coñecer algunhas obras relevantes da literatura española e universal, estimulando á vez a escritura creativa con intención literaria e aproximándose a prácticas culturais emerxentes. O quinto bloque, «Reflexión sobre a lingua», propón a construción guiada de conclusións sobre o sistema lingüístico, usando para iso a metalinguaxe específica e integrando os niveis morfosintáctico, semántico e pragmático no estudo das formas lingüísticas.

 

Os cinco bloques de contido establecidos para esta etapa aparecen concretados nesta proposta didáctica para 3º de ESO nas seguintes unidades didácticas:

 

- Somos diferentes, somos iguais: con esta unidade, preténdense combater os prexuízos e os estereotipos lingüísticos.

- Do donoso e grande escrutinio: o obxectivo desta unidade consiste en facilitar o tránsito desde unha lectura argumental das obras a outra máis analítica, que abra as portas a textos inicialmente afastados da experiencia inmediata do alumnado. Achegarémonos ao contexto, á corrente literaria e ao autor ou autora, así como o establecemento de parentescos literarios.

- Tomo a palabra: Dedicaremos esta unidade ao estudo da palabra. Analizaremos a súa forma (categoría gramatical) e o seu significado e os procedementos para adquirir palabras e as relacións semánticas entre elas.

- Crebacabezas sintáctico: Analizaremos nesta unidade como se organizan as palabras no discurso, cales son as funcións sintácticas que poden desempeñar e a relación entre os esquemas semántico e sintáctico da oración simple.

- Detrás da noticia: Nesta unidade, imos analizar e producir textos propios das redes sociais e dos medios de comunicación.

- Libros, camiños e días dan ao home sabedoría: Dedicaremos esta unidade á análise textual dunha escolma de fragmentos narrativos, líricos e dramáticos procedentes da literatura medieval e aurisecular, tanto do patrimonio nacional como do universal, para a práctica da interpretación literaria e o establecemento de vínculos e diferenzas entre eles.

- A clase!: Nesta unidade, analizaremos os textos orais e escritos propios do ámbito educativo (exames, os traballos de investigación, as presentacións e os debates) xa que unha expresión adecuada e unha comprensión correcta contribuirán á mellora substancial dos resultados académicos en todas as materias.

- Camiñantes viaxeiros: Esta unidade abordará os textos expositivos do ámbito persoal.

- A pedazos, a ratos, a párpados, a sueños. O sentimento amoroso moi presente en todo o noso patrimonio cultural e artístico será o eixo pola que discurra esta unidade. Tras unha primeira aproximación ao concepto literario do amor, analizaranse as distintas teorías amorosas presentes na literatura clásica para reflexionar, finalmente, sobre os mitos do amor romántico na actualidade e a súa incidencia na educación en igualdade.

 

 


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Describir e apreciar a diversidade lingüística do mundo a partir do recoñecemento das linguas do alumnado e da realidade plurilingüe e pluricultural de España, analizando a orixe e o desenvolvemento sociohistórico das súas linguas e as características das principais variedades dialectais do español, para favorecer a reflexión interlingüística, combater os estereotipos e prexuízos lingüísticos e valorar esta diversidade como fonte de riqueza cultural.
OBX2 Comprender e interpretar textos orais e multimodais recollendo o sentido xeral e a información máis relevante, identificando o punto de vista e a intención do emisor e valorando a súa fiabilidade, a súa forma e o seu contido, para construír coñecemento, formarse unha opinión e ampliar as posibilidades de gozo e de lecer.
OBX3 Producir textos orais e multimodais con coherencia e fluidez e co rexistro adecuado atendendo ás convencións propias dos diferentes xéneros discursivos e participar en interaccións orais cunha actitude cooperativa e respectuosa, tanto para construír coñecemento e establecer vínculos persoais coma para intervir de maneira activa e informada en diferentes contextos sociais.
OBX4 Comprender, interpretar e valorar textos escritos, con sentido crítico e diferentes propósitos de lectura, recoñecendo o sentido global e as ideas principais e secundarias, identificando a intención do emisor, reflexionando sobre o contido e a forma e avaliando a súa calidade e fiabilidade para dar resposta a necesidades e intereses comunicativos diversos e para construír coñecemento.
OBX5 Producir textos escritos e multimodais coherentes, cohesionados, adecuados e correctos atendendo ás convencións propias do xénero discursivo elixido, para construír coñecemento e para dar resposta de maneira informada, eficaz e creativa a demandas comunicativas concretas.
OBX6 Seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes de maneira progresivamente autónoma, avaliando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de manipulación e desinformación e integrala e transformala en coñecemento para comunicala desde un punto de vista crítico e persoal e, ao mesmo tempo, respectuoso coa propiedade intelectual.
OBX7 Seleccionar e ler de maneira autónoma obras diversas como fonte de pracer e coñecemento, configurando un itinerario lector que evolucione en canto á diversidade, complexidade e calidade das obras e compartir experiencias de lectura para construír a propia identidade lectora e gozar da dimensión social da lectura.
OBX8 Ler, interpretar e valorar obras ou fragmentos literarios do patrimonio nacional e universal, utilizando unha metalinguaxe específica e mobilizando a experiencia biográfica e os coñecementos literarios e culturais que permiten establecer vínculos entre textos diversos e con outras manifestacións artísticas, para conformar un mapa cultural, ampliar as posibilidades de gozo da literatura e crear textos de intención literaria.
OBX9 Mobilizar o coñecemento sobre a estrutura da lingua e os seus usos e reflexionar de maneira progresivamente autónoma sobre as eleccións lingüísticas e discursivas, coa terminoloxía adecuada, para desenvolver a conciencia lingüística, aumentar o repertorio comunicativo e mellorar as destrezas tanto de produción oral e escrita coma de recepción crítica.
OBX10 Pór as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática, da resolución dialogada dos conflitos e da igualdade de dereitos de todas as persoas, utilizando unha linguaxe non discriminatoria e desterrando os abusos de poder a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz, senón tamén ético e democrático, da linguaxe.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 O esencial é invisible ós ollos. Con esta unidade, preténdense combater os prexuízos e os estereotipos lingüísticos. Repasamos as clases de palabras, as propiedades textuales, reglas de acentuación. Outro obxectivo é familiarizarse co termo literatura e cos xéneros literarios. 10 10
2 A harmonía da linguaxe oral e escrita. O obxectivo desta unidade consiste en facilitar o tránsito desde unha lectura argumental das obras a outra máis analítica, que abra as portas a textos inicialmente afastados da experiencia inmediata do alumnado. Para iso, é necesario o achegamento ao contexto, á corrente literaria e ao autor ou autora, así como o establecemento de parentescos literarios, conxugando os horizontes nacionais cos universais e as obras literarias con outras manifestacións artísticas. Dedicaremos tempo a explicar en qué consiste a linguaxe literaria e en definir os recursos literarios que se asocian a ela. Definiremos tilde diacrítica. Comezaremos a traballar a literatura medieval. 10 10
3 A diversidade do significado no seu contexto. Dedicaremos esta unidade ao estudo da palabra: a súa forma (categoría gramatical) e o seu significado, os procedementos para adquirir palabras, formar outras novas e cambiar de categoría as existentes, as relacións semánticas entre elas, así como o seu valor denotativo e connotativo en función do contexto e do propósito comunicativo.Engadiremos o traballo con tipos de texto, as relacións semánticas, metáfora e metonimia. Tamén traballaremos o uso de maiúscula. Continuaremos coa literatura medieval (Mester de Clerecía). 10 10
4 A linguaxe como vehículo das nosas sensibilidades. As palabras adoitan aparecer combinadas en unidades progresivamente maiores: sintagmas e oracións. Analizaremos nesta unidade como se organizan as palabras no discurso, cales son as funcións sintácticas que poden desempeñar e a relación entre os esquemas semántico e sintáctico da oración simple. Continuaremos co desenvolvemento das regras ortográficas. Dedicaremos tempo ó cambio semántico. Remataremos a literatura medieval, achegándonos ó teatro e á prosa didáctica. 10 12
5 Equilibrio en novos horizontes. A importancia dos medios de comunicación de masas é inmensa: a súa eficacia como difusores de información é equivalente á súa capacidade propagandística. Continuaremos analizando nesta unidade como se organizan as palabras no discurso, cales son as funcións sintácticas que poden desempeñar e a relación entre os esquemas semántico e sintáctico da oración simple. Cambio semántico II. Focalizaremos no estudio da literatura renacentista. 15 15
6 As cores da vida e os seus contrastes. Dedicaremos esta unidade á análise textual dunha escolma de fragmentos narrativos, líricos e dramáticos procedentes da literatura aurisecular, tanto do patrimonio nacional como do universal, para a práctica da interpretación literaria e o establecemento de vínculos y diferenzas entre eles, configurando así un mapa cultural que sente as bases para a comprensión posterior da literatura moderna e a súa evolución como fenómeno artístico. Traballaremos a argumentación, co obxecto de elaborar un traballo individual destinado a persuadir sobre o acerto das propias ideas. Continuaremos o traballo ortográfico, sintáctico e semántico, asociados se é posible ós textos literarios. 10 10
7 O reflexo dunha realidade social cambiante. Centrarémonos agora nos textos orais e escritos propios do ámbito educativo: os exames, os traballos de investigación, as presentacións e os debates, pois unha expresión adecuada e unha comprensión correcta contribuirán á mellora substancial dos resultados académicos en todas as materias. Ademais, continuaremos desenvolvendo cuestións sintácticas, semánticas, ortográficas e literarias, estas últimas relativas á literatura dos séculos de ouro. 10 13
8 Loucura, cordura e inxenio. Este proxecto, pensado para traballar textos expositivos do ámbito persoal, céntrase na organización por grupos dunha viaxe: elección do destino axustándose ao orzamento dado, selección dos lugares emblemáticos e exposición oral en clase sobre un deles, investigación sobre os usos e costumes da zona... Dende o punto de vista teórico, traballaranse as variedades da lingua, refráns e modismos e continuarase desenvolvendo a sintaxe e a historia da literatura: Cervantes. 15 15
9 O reflexo dramático das experiencias. O sentimento amoroso constitúe un tema constantemente presente non só na historia da literatura senón tamén na totalidade do patrimonio cultural e artístico da humanidade. A clase quedará distribuída en grupos aos que se lles asignará o estudo da evolución amorosa de famosas parellas literarias e cinematográficas (Calisto e Melibea, Romeo e Xulieta, Píramo e Tisbe, Dafne e Apolo..., fronte ás recreadas en filmes como Tres metros sobre el cielo, Crepúsculo ou Brokeback Mountain), presentando as súas conclusións a través dunha exposición multimedia. Tras esa primeira aproximación ao concepto literario do amor, analizaranse as distintas teorías amorosas presentes na literatura clásica para reflexionar, finalmente, sobre os mitos do amor romántico na actualidade e a súa incidencia na educación en igualdade. Ademais, desenvolveranse teoricamente os contidos relacionados co teatro barroco e os seus conflitos amorosos. Sintaxe e ortografía. Semántica. 10 10

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. As linguas e os seus falantes
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA1.1 - Recoñecer e valorar as linguas oficiais de España e as variedades dialectais do español, con atención especial ao galego e ao castelán, a partir da explicación da súa orixe e do seu desenvolvemento histórico e sociolingüístico, cotexando aspectos lingüísticos e discursivos das distintas linguas, así como os trazos dos dialectos do español, diferenciándoos dos trazos sociolectais e de rexistro, en manifestacións orais, escritas e multimodais.
CA1.2 - Identificar e cuestionar prexuízos e estereotipos lingüísticos adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal, a partir da análise da diversidade lingüística na contorna social próxima e da exploración e reflexión próxima aos fenómenos do contacto entre linguas e da indagación dos dereitos lingüísticos individuais e colectivos.
CA1.3 - Identificar e evitar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe, partindo da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación.
CA1.4 - Utilizar estratexias para a resolución dialogada dos conflitos procurando os consensos, tanto no ámbito persoal coma educativo e social.
Contidos
C1.1 - Análise da propia biografía lingüística propia e da diversidade lingüística do centro e mais da localidade.
C1.2 - Desenvolvemento sociohistórico das linguas de España.
C1.3 - Desenvolvemento da reflexión interlingüística.
C1.4 - Exploración e cuestionamento de prexuízos e estereotipos lingüísticos. Os fenómenos do contacto entre linguas: bilingüismo, préstamos, interferencias. Diglosia lingüística e diglosia dialectal.
C1.5 - Indagación arredor dos dereitos lingüísticos e mais da súa expresión nas leis e declaracións institucionais.
Bloque B2. Comunicación: comprensión oral e escrita
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA2.1 - Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais de certa complexidade de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos.
CA2.2 - Valorar a forma e o contido de textos orais e multimodais de certa complexidade, avaliando a súa calidade, fiabilidade e eficacia e a idoneidade da canle utilizada.
CA2.3 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais de certa complexidade que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias e con diferentes propósitos de lectura.
CA2.4 - Valorar criticamente o contido e a forma de textos de certa complexidade avaliando a súa calidade e fiabilidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados.
CA2.5 - Localizar, seleccionar e contrastar de maneira progresivamente autónoma procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura.
CA2.6 - Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sostible e saudable das tecnoloxías dixitais relacionándoos coa busca da información.
CA2.7 - Identificar e solucionar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
CA2.8 - Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e a metalinguaxe específica.
CA2.9 - Identificar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe partindo da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación.
Contidos
C2.1 - Contexto vinculado ás estratexias de comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais de diferentes ámbitos: compoñentes do feito comunicativo.
C2.1.1 -      Análise dos compoñentes do feito comunicativo: grao de formalidade da situación e carácter público ou privado; distancia social entre os interlocutores; propósitos comunicativos e interpretación de intencións; canle de comunicación e elementos non verbais da comunicación.
C2.2 - Xéneros discursivos desde o punto de vista da comprensión e da análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
C2.2.1 -      Comprensión de secuencias textuais, con especial atención ás expositivas.
C2.2.2 -      Análise das propiedades textuais: coherencia, cohesión e adecuación.
C2.2.3 -      Interpretación de xéneros discursivos propios do ámbito persoal: a conversación, con especial atención aos actos de fala que ameazan a imaxe do interlocutor (a discrepancia, a queixa, a orde, a reprobación).
C2.2.4 -      Xéneros discursivos propios do ámbito educativo.
C2.2.5 -      Análise crítica dos xéneros discursivos propios do ámbito social. Riscos de desinformación, manipulación e vulneración da privacidade na Rede. A imaxe e os elementos paratextuais dos textos icónico-verbais e multimodais.
C2.3 - Procesos de comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
C2.3.1 -      Comprensión oral: sentido global do texto e relación entre as súas partes, selección e retención da información relevante. A intención do emisor. Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal. Valoración da forma e do contido do texto.
C2.3.2 -      Comprensión lectora: sentido global do texto e relación entre as súas partes. A intención do emisor. Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal. Usos manipuladores da linguaxe. Os boatos. Valoración da forma e do contido do texto.
C2.3.3 -      Alfabetización informacional: procura e selección da información con criterios de fiabilidade, calidade e pertinencia; análise, valoración, reorganización e síntese da información en esquemas propios.
C2.4 - Recoñecemento e uso discursivo dos elementos lingüísticos en textos orais, escritos e multimodais.
C2.4.1 -      A expresión da subxectividade en textos de carácter expositivo. Identificación das variacións das formas deícticas (fórmulas de confianza e cortesía) en relación coas situacións de comunicación.
C2.4.2 -      Análise dos mecanismos de cohesión. Conectores textuais distributivos, de orde, contraste e explicación. Mecanismos de referencia interna, gramaticais e léxicos (nominalizacións e hiperónimos de significado abstracto).
C2.4.3 -      Uso de dicionarios e de manuais de consulta en soporte analóxico ou dixital.
C2.4.4 -      Recoñecemento dos signos de puntuación como mecanismo organizador do texto escrito. A súa relación co significado.
Bloque B3. Comunicación: expresión oral e escrita
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA3.1 - Realizar exposicións orais de certa extensión e complexidade con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social, educativo e profesional axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez, coherencia e cohesión e co rexistro adecuado en diferentes soportes, utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
CA3.2 - Participar de maneira activa e adecuada en interaccións orais informais, no traballo e en situacións orais formais de carácter dialogado, mantendo actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
CA3.3 - Planificar a redacción de textos escritos e multimodais de certa extensión, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle; redactar borradores e revisalos coa axuda do diálogo entre iguais e instrumentos de consulta e presentar un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado.
CA3.4 - Incorporar procedementos para enriquecer os textos atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.
CA3.5 - Organizar a información e integrala en esquemas propios, reelaborala e comunicala de maneira creativa, adoptando un punto de vista crítico e respectando os principios de propiedade intelectual.
CA3.6 - Elaborar traballos de investigación de maneira progresivamente autónoma en diferentes soportes sobre diversos temas de interese académico, persoal ou social partindo da información seleccionada.
CA3.7 - Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística coa metalinguaxe específica.
CA3.8 - Utilizar estratexias para a resolución dialogada dos conflitos e a procura de consensos, abranguendo o ámbito persoal, educativo e social.
Contidos
C3.1 - Contexto vinculado ás estratexias de produción de textos orais, escritos e multimodais de diferentes ámbitos: compoñentes do feito comunicativo.
C3.1.1 -      Elaboración de textos orais tendo en conta os compoñentes do feito comunicativo: grao de formalidade da situación e carácter público ou privado, distancia social entre os interlocutores, propósitos comunicativos, canle de comunicación e elementos non verbais.
C3.2 - Xéneros discursivos desde o punto de vista da produción de textos orais, escritos e multimodais.
C3.2.1 -      Creación de secuencias textuais, con especial atención ás expositivas.
C3.2.2 -      Respecto polas propiedades textuais nas creacións propias: coherencia, cohesión e adecuación.
C3.2.3 -      Xéneros discursivos propios do ámbito persoal: a conversación, con especial atención aos actos de fala que ameazan a imaxe do interlocutor (a discrepancia, a queixa, a orde, a reprobación).
C3.2.4 -      Xéneros discursivos propios do ámbito educativo.
C3.2.5 -      Xéneros discursivos do ámbito social. Produción de textos propios das redes sociais e medios de comunicación. Etiqueta dixital.
C3.3 - Procesos de produción de textos orais, escritos e multimodais.
C3.3.1 -      Interacción oral e escrita de carácter informal e formal. Cooperación conversacional e cortesía lingüística. Escoita activa, asertividade e resolución dialogada dos conflitos.
C3.3.2 -      Produción escrita: planificación, redacción, revisión e edición en diferentes soportes. Corrección gramatical e ortográfica. Propiedade léxica. Usos da escritura para a organización do pensamento: toma de notas, esquemas, mapas conceptuais, definicións, resumos etc.
C3.3.3 -      Alfabetización mediática e informacional: reorganización e síntese da información en esquemas propios e transformación en coñecemento; comunicación e difusión de maneira creativa e respectuosa coa propiedade intelectual. Utilización de plataformas virtuais e recursos na Rede para a realización de proxectos escolares.
C3.4 - Recoñecemento e uso discursivo dos elementos lingüísticos en textos orais, escritos e multimodais.
C3.4.1 -      A expresión da subxectividade en textos de carácter expositivo. Uso das variacións das formas deícticas (fórmulas de confianza e cortesía) en relación coas situacións de comunicación.
C3.4.2 -      Mecanismos de cohesión. Emprego de conectores textuais distributivos, de orde, contraste e explicación. Mecanismos de referencia interna, gramaticais e léxicos (nominalizacións e hiperónimos de significado abstracto).
C3.4.3 -      Uso coherente das formas verbais nos textos. Correlación temporal na coordinación e subordinación de oracións, e no discurso relatado.
C3.4.4 -      Corrección lingüística e revisión ortográfica e gramatical dos textos. Uso de dicionarios, de manuais de consulta e de correctores ortográficos en soporte analóxico ou dixital.
C3.4.5 -      Utilización dos signos de puntuación como mecanismo organizador do texto escrito. A súa relación co significado.
Bloque B4. Educación literaria
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA4.1 - Participar de maneira activa e adecuada en interaccións orais informais, no traballo e en situacións orais formais de carácter dialogado (como actos culturais vinculados co circuíto literario e lector), adoptando actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
CA4.2 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais de certa complexidade, realizando as inferencias necesarias e con diferentes propósitos de lectura.
CA4.3 - Valorar criticamente o contido e a forma de textos literarios de certa complexidade avaliando a súa calidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados.
CA4.4 - Ler de maneira autónoma textos seleccionados en función dos propios gustos, intereses e necesidades e deixar constancia do progreso do propio itinerario lector e cultural explicando os criterios de selección das lecturas, as formas de acceso á cultura literaria e a experiencia da lectura.
CA4.5 - Compartir a experiencia da lectura en soportes diversos relacionando o sentido da obra coa propia experiencia biográfica, lectora e cultural.
CA4.6 - Explicar e argumentar a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico, atendendo á configuración e á evolución dos xéneros e subxéneros literarios.
CA4.7 - Establecer de maneira progresivamente autónoma vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas e culturais, en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do alumnado na lectura.
CA4.8 - Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e coa axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, partindo da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.
Contidos
C4.1 - Lectura autónoma. Implicación na lectura de obras de forma progresivamente autónoma a partir dunha preselección de textos variados e reflexión sobre os textos lidos e sobre a práctica da lectura.
C4.1.1 -      Criterios e estratexias para a selección de obras variadas a partir da utilización autónoma da biblioteca escolar e pública dispoñible.
C4.1.2 -      Participación activa en actos culturais vinculados co circuíto literario e lector.
C4.1.3 -      Toma de conciencia e verbalización dos propios gustos e identidade lectora: a construción da biografía lectora.
C4.1.4 -      Expresión da experiencia lectora utilizando progresivamente unha metalinguaxe específica. Apropiación dos textos lidos a través de distintas formas de recreación.
C4.1.5 -      Mobilización da experiencia persoal, lectora e cultural para establecer vínculos de maneira argumentada entre a obra lida e aspectos da actualidade, así como con outros textos e manifestacións artísticas e culturais. A lectura compartida e a lectura dialóxica.
C4.1.6 -      Estratexias para a recomendación das lecturas en soportes variados ou ben oralmente entre iguais, enmarcando de maneira básica as obras nos xéneros e subxéneros literarios. Utilización das redes sociais e dos formatos audiovisuais (booktrailers) para o fomento da lectura.
C4.2 - Lectura guiada. Lectura de obras relevantes e fragmentos da literatura do patrimonio literario nacional e universal inscritas en itinerarios temáticos ou de xénero que atravesan épocas, contextos culturais e movementos artísticos.
C4.2.1 -      Estratexias de construción compartida da interpretación das obras a través de conversacións literarias, debates e disertacións literarias, coa incorporación progresiva da metalinguaxe específica.
C4.2.2 -      Estratexias de utilización de información sociohistórica, cultural e artística básica para construír a interpretación das obras literarias, en concreto, o achegamento ao contexto, á corrente literaria e ao autor ou autora, así como o establecemento de parentescos literarios.
C4.2.3 -      Relación e comparación dos textos lidos con outros textos orais, escritos ou multimodais, con outras manifestacións artísticas e culturais e coas formas de ficción en función de temas, tópicos, estruturas e linguaxes. Elementos de continuidade e de ruptura.
C4.2.4 -      Estratexias para interpretar obras e fragmentos literarios a partir da integración dos diferentes aspectos analizados e atendendo aos valores culturais, éticos e estéticos presentes nos textos. Lectura con perspectiva de xénero. Visibilización do universo literario feminino. Literatura ambiental e ecolóxica.
C4.2.5 -      Lectura expresiva, dramatización e recitación dos textos atendendo aos procesos de comprensión, apropiación e oralización implicados.
C4.2.6 -      Creación de textos a partir da apropiación das convencións da linguaxe literaria e en referencia a modelos dados (imitación, transformación, continuación etc.).
Bloque B5. Reflexión sobre a lingua
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA5.1 - Incorporar procedementos para enriquecer os textos atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.
CA5.2 - Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística coa metalinguaxe específica e identificar e emendar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
CA5.3 - Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e a metalinguaxe específica.
CA5.4 - Formular xeneralizacións sobre algúns aspectos do funcionamento da lingua a partir da observación, comparación e transformación de enunciados, así como da formulación de hipóteses e a procura de contraexemplos, utilizando a metalinguaxe específica e consultando de maneira progresivamente autónoma dicionarios, manuais e gramáticas.
Contidos
C5.1 - Elaboración de conclusións propias sobre o funcionamento do sistema lingüístico cunha linguaxe específica a partir da observación, comparación e clasificación de unidades comunicativas e do contraste entre linguas.
C5.1.1 -      Diferenzas relevantes e interseccións entre a lingua oral e a lingua escrita atendendo a aspectos sintácticos, léxicos e pragmáticos.
C5.1.2 -      Recoñecemento da lingua como sistema e das súas unidades básicas tendo en conta os diferentes niveis: o son e sistema de escritura, as palabras (forma e significado) e a súa organización no discurso (orde das palabras, compoñentes das oracións ou conexión entre os significados).
C5.1.3 -      Distinción entre a forma (categoría gramatical) e a función das palabras (funcións sintácticas da oración simple) e consolidación dos procedementos léxicos (afixos) e sintácticos para a mudanza de categoría.
C5.1.4 -      Relación entre os esquemas semántico e sintáctico da oración simple. Observación e transformación de enunciados de acordo con estes esquemas e uso da terminoloxía sintáctica necesaria.
C5.1.5 -      Procedementos de adquisición e formación de palabras. Reflexión sobre as mudanzas no seu significado, as relacións semánticas entre palabras e os seus valores denotativos e connotativos en función do contexto e do propósito comunicativo.
C5.1.6 -      Estratexias de uso progresivamente autónomo de dicionarios e manuais de gramática para obter información gramatical básica. Recursos tecnolóxicos para a aprendizaxe da lingua.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 O esencial é invisible ós ollos.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Recoñecer e valorar as linguas oficiais de España e as variedades dialectais do español, con atención especial ao galego e ao castelán, a partir da explicación da súa orixe e do seu desenvolvemento histórico e sociolingüístico, cotexando aspectos lingüísticos e discursivos das distintas linguas, así como os trazos dos dialectos do español, diferenciándoos dos trazos sociolectais e de rexistro, en manifestacións orais, escritas e multimodais.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 40
CA1.2 Identificar e cuestionar prexuízos e estereotipos lingüísticos adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal, a partir da análise da diversidade lingüística na contorna social próxima e da exploración e reflexión próxima aos fenómenos do contacto entre linguas e da indagación dos dereitos lingüísticos individuais e colectivos.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 35
CA1.3 Identificar e evitar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe, partindo da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación.
Táboa de indicadores
O alumnado evitará os prexuízos e estereotipos lingüísticos e terá que identificar, como mínimo, os elementos verbais que resulten discriminatorios. 15
CA1.4 Utilizar estratexias para a resolución dialogada dos conflitos procurando os consensos, tanto no ámbito persoal coma educativo e social.
Táboa de indicadores
É imprescindible que o alumnado participe e interaccione con actitudes de respecto e tolerancia. 10

2 A harmonía da linguaxe oral e escrita.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1 Participar de maneira activa e adecuada en interaccións orais informais, no traballo e en situacións orais formais de carácter dialogado (como actos culturais vinculados co circuíto literario e lector), adoptando actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
Táboa de indicadores
O alumnado realizará unha escoita activa, respectará as opinións alleas e exporá con claridade expositiva e solidez argumentativa as súas achegas arredor dos temas máis destacados da narrativa actual. 5
CA4.2 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais de certa complexidade, realizando as inferencias necesarias e con diferentes propósitos de lectura.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 20
CA4.3 Valorar criticamente o contido e a forma de textos literarios de certa complexidade avaliando a súa calidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 20
CA4.4 Ler de maneira autónoma textos seleccionados en función dos propios gustos, intereses e necesidades e deixar constancia do progreso do propio itinerario lector e cultural explicando os criterios de selección das lecturas, as formas de acceso á cultura literaria e a experiencia da lectura.
Táboa de indicadores
O alumnado será quen de ler de maneira autónoma textos procedentes da narrativa xuvenil e expresar de forma argumentada os motivos da súa elección e a súa experiencia lectora vinculada a ese xénero. 10
CA4.5 Compartir a experiencia da lectura en soportes diversos relacionando o sentido da obra coa propia experiencia biográfica, lectora e cultural.
Táboa de indicadores
O alumnado será capaz de realizar e compartir coa clase a análise dunha obra procedente da narrativa xuvenil actual empregando un formato audiovisual para expresar as súas conclusións de lectura. 5
CA4.6 Explicar e argumentar a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico, atendendo á configuración e á evolución dos xéneros e subxéneros literarios.
Proba escrita
O alumnado será capaz de interpretar correctamente os textos lidos, vinculándoos ao contexto da obra, á corrente literaria á que pertence e ás características dos xéneros e subxéneros estudados. 15
CA4.7 Establecer de maneira progresivamente autónoma vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas e culturais, en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do alumnado na lectura.
Táboa de indicadores
O alumnado será capaz de establecer vínculos entre os textos procedentes da narrativa actual lidos, agrupalos en parentescos literarios e relacionalos con outras expresións artísticas emerxentes. 5
CA4.8 Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e coa axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, partindo da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 20

3 A diversidade do significado no seu contexto.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA5.2 Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística coa metalinguaxe específica e identificar e emendar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
Táboa de indicadores
O alumnado terá que ser quen de explicar mudanzas no significado das palabras, as relacións semánticas entre elas e os seus valores denotativos e connotativos en función do propósito comunicativo. 25
CA5.3 Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e a metalinguaxe específica.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 40
CA5.4 Formular xeneralizacións sobre algúns aspectos do funcionamento da lingua a partir da observación, comparación e transformación de enunciados, así como da formulación de hipóteses e a procura de contraexemplos, utilizando a metalinguaxe específica e consultando de maneira progresivamente autónoma dicionarios, manuais e gramáticas.
Proba escrita
Como mínimo, o alumnado deberá distinguir entre a forma (categoría gramatical) e a función das palabras (funcións sintácticas da oración simple). 35

4 A linguaxe como vehículo das nosas sensibilidades.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA5.2 Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística coa metalinguaxe específica e identificar e emendar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá utilizar correctamente os signos de puntuación. Tamén será capaz de transformar enunciados relacionando os esquemas semántico e sintáctico das oracións simples. 25
CA5.4 Formular xeneralizacións sobre algúns aspectos do funcionamento da lingua a partir da observación, comparación e transformación de enunciados, así como da formulación de hipóteses e a procura de contraexemplos, utilizando a metalinguaxe específica e consultando de maneira progresivamente autónoma dicionarios, manuais e gramáticas.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 75

5 Equilibrio en novos horizontes.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais de certa complexidade de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos.
Táboa de indicadores
O alumnado captará, como mínimo, a intención comunicativa, o sentido global dos textos orais e a relación entre as súas partes. Tamén deberá seleccionar e reter a información relevante. 10
CA2.2 Valorar a forma e o contido de textos orais e multimodais de certa complexidade, avaliando a súa calidade, fiabilidade e eficacia e a idoneidade da canle utilizada.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 15
CA2.3 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais de certa complexidade que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias e con diferentes propósitos de lectura.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 15
CA2.4 Valorar criticamente o contido e a forma de textos de certa complexidade avaliando a súa calidade e fiabilidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 15
CA2.5 Localizar, seleccionar e contrastar de maneira progresivamente autónoma procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura.
Táboa de indicadores
O alumnado buscará e seleccionará información de textos propios dos medios de comunicación con criterios de fiabilidade, calidade e pertinencia. 5
CA2.6 Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sostible e saudable das tecnoloxías dixitais relacionándoos coa busca da información.
Táboa de indicadores
Como mínimo, o alumnado deberá ser consciente dos riscos de desinformación, manipulación e vulneración da privacidade na Rede. 5
CA2.8 Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e a metalinguaxe específica.
Proba escrita
O alumnado identificará as variacións das formas deícticas (fórmulas de confianza e cortesía) en relación coa situación de comunicación e coa intención comunicativa. 15
CA2.9 Identificar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe partindo da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación.
Táboa de indicadores
Os alumnos e as alumnas detectarán os usos discriminatorios da linguaxe e os boatos nos textos dos medios de comunicación social. 5
CA3.3 Planificar a redacción de textos escritos e multimodais de certa extensión, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle; redactar borradores e revisalos coa axuda do diálogo entre iguais e instrumentos de consulta e presentar un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 10
CA3.5 Organizar a información e integrala en esquemas propios, reelaborala e comunicala de maneira creativa, adoptando un punto de vista crítico e respectando os principios de propiedade intelectual.
Táboa de indicadores
O alumnado será capaz de reorganizar a información e sintetizala en esquemas propios, de xeito que a comunique de maneira creativa e respectuosa coa propiedade intelectual. 5

6 As cores da vida e os seus contrastes.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.2 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais de certa complexidade, realizando as inferencias necesarias e con diferentes propósitos de lectura.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 10
CA4.3 Valorar criticamente o contido e a forma de textos literarios de certa complexidade avaliando a súa calidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 20
CA4.5 Compartir a experiencia da lectura en soportes diversos relacionando o sentido da obra coa propia experiencia biográfica, lectora e cultural.
Táboa de indicadores
O alumnado será capaz de realizar e compartir coa clase a análise e conclusións de lectura dunha escolma de textos literarios medievais e auriseculares, establecendo vínculos e diferenzas entre eles. 15
CA4.6 Explicar e argumentar a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico, atendendo á configuración e á evolución dos xéneros e subxéneros literarios.
Proba escrita
O alumnado será capaz de interpretar correctamente os textos lidos, vinculándoos ao contexto da obra, á corrente literaria á que pertence e ás características dos xéneros e subxéneros estudados. 20
CA4.7 Establecer de maneira progresivamente autónoma vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas e culturais, en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do alumnado na lectura.
Táboa de indicadores
O alumnado será capaz de establecer vínculos entre os textos procedentes da literatura medieval e aurisecular, agrupalos en parentescos literarios e relacionalos con outras expresións artísticas. 15
CA4.8 Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e coa axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, partindo da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 20

7 O reflexo dunha realidade social cambiante.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais de certa complexidade de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos.
Táboa de indicadores
O alumnado captará, como mínimo, a intención comunicativa, o sentido global dos textos orais do ámbito educativo e a relación entre as súas partes. Seleccionará e reterá a información relevante. 5
CA2.2 Valorar a forma e o contido de textos orais e multimodais de certa complexidade, avaliando a súa calidade, fiabilidade e eficacia e a idoneidade da canle utilizada.
Táboa de indicadores
O alumnado valorará nos textos orais do ámbito educativo a claridade expositiva, a dicción, a linguaxe corporal e a utilización de soportes informáticos e audiovisuais para apoiar o discurso. 5
CA2.3 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais de certa complexidade que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias e con diferentes propósitos de lectura.
Proba escrita
Como mínimo, o alumnado recoñecerá a intención comunicativa, o sentido global e a relación entre as partes dos textos escritos propios do ámbito educativo. 15
CA2.4 Valorar criticamente o contido e a forma de textos de certa complexidade avaliando a súa calidade e fiabilidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados.
Proba escrita
Os alumnos e as alumnas terán que identificar, como mínimo, os principais mecanismos de cohesión nos textos escritos de carácter expositivo propios do ámbito educativo. 15
CA2.7 Identificar e solucionar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
Táboa de indicadores
O alumnado aplicará os coñecementos sobre os constituíntes das palabras para inferir o significado de termos técnicos habituais nos textos do ámbito académico. 5
CA3.1 Realizar exposicións orais de certa extensión e complexidade con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social, educativo e profesional axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez, coherencia e cohesión e co rexistro adecuado en diferentes soportes, utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
Táboa de indicadores
O alumnado realizará unha exposición oral de tres minutos sobre un tema educativo con fluidez e coherencia, utilizando o rexistro adecuado. Prestará atención á dicción, á quinésica e á proxémica. 5
CA3.3 Planificar a redacción de textos escritos e multimodais de certa extensión, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle; redactar borradores e revisalos coa axuda do diálogo entre iguais e instrumentos de consulta e presentar un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado.
Proba escrita
O alumnado elaborará textos coherentes e cohesionados, nos que terá en conta o grao de formalidade, o propósito comunicativo e a canle de comunicación sobre contidos relacionados coa Historia da Literatura. 20
CA3.5 Organizar a información e integrala en esquemas propios, reelaborala e comunicala de maneira creativa, adoptando un punto de vista crítico e respectando os principios de propiedade intelectual.
Táboa de indicadores
O alumnado reorganizará a información de distintas fontes de información e sintetizaráa en esquemas propios, de xeito que a comunique de maneira creativa e respectuosa coa propiedade intelectual. 5
CA3.6 Elaborar traballos de investigación de maneira progresivamente autónoma en diferentes soportes sobre diversos temas de interese académico, persoal ou social partindo da información seleccionada.
Proba escrita
Presentación de todos os traballos que se propoñan cun grao suficiente de elaboración en relación a todos os elementos que se avalían. 20
CA5.1 Incorporar procedementos para enriquecer os textos atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá utilizar axeitadamente os dicionarios e manuais de consulta para revisar, corrixir e mellorar os textos propios desde o punto de vista ortográfico, gramatical e léxico. 5

8 Loucura, cordura e inxenio.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.2 Valorar a forma e o contido de textos orais e multimodais de certa complexidade, avaliando a súa calidade, fiabilidade e eficacia e a idoneidade da canle utilizada.
Táboa de indicadores
O alumnado valorará nos textos orais do ámbito social e persoal a utilidade da información, a claridade expositiva, a dicción e a linguaxe corporal. 10
CA2.5 Localizar, seleccionar e contrastar de maneira progresivamente autónoma procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura.
Táboa de indicadores
O alumnado buscará e seleccionará información sobre os destinos turísticos con criterios de fiabilidade, calidade, utilidade e pertinencia. 10
CA2.6 Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sostible e saudable das tecnoloxías dixitais relacionándoos coa busca da información.
Táboa de indicadores
Como mínimo, o alumnado deberá ser consciente dos riscos de desinformación e manipulación na Rede. 5
CA3.1 Realizar exposicións orais de certa extensión e complexidade con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social, educativo e profesional axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez, coherencia e cohesión e co rexistro adecuado en diferentes soportes, utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
Táboa de indicadores
Cada grupo realizará unha exposición oral de cinco minutos sobre o seu plan de viaxe con fluidez e coherencia, utilizando o rexistro adecuado. Prestará atención á dicción, á quinésica e á proxémica. 10
CA3.2 Participar de maneira activa e adecuada en interaccións orais informais, no traballo e en situacións orais formais de carácter dialogado, mantendo actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá contribuír activamente á consecución dos obxectivos do equipo, respectando en todo momento as normas básicas de cortesía lingüística. 5
CA3.4 Incorporar procedementos para enriquecer os textos atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.
Proba escrita
As alumnas e os alumnos revisarán os seus textos para mellorar a súa estrutura, utilizar o vocabulario máis preciso e lograr un resultado máis claro e eficaz. 20
CA3.5 Organizar a información e integrala en esquemas propios, reelaborala e comunicala de maneira creativa, adoptando un punto de vista crítico e respectando os principios de propiedade intelectual.
Táboa de indicadores
O alumnado reorganizará a información de distintas fontes de información e sintetizaráa en esquemas propios, de xeito que a comunique de maneira creativa e respectuosa coa propiedade intelectual. 5
CA3.7 Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística coa metalinguaxe específica.
Proba escrita
O alumnado deberá utilizar axeitadamente os dicionarios e manuais de consulta para mellorar os textos propios desde o punto de vista estilístico. 30
CA3.8 Utilizar estratexias para a resolución dialogada dos conflitos e a procura de consensos, abranguendo o ámbito persoal, educativo e social.
Táboa de indicadores
No traballo en grupo, os alumnos e as alumnas deberán chegar a acordos de maneira pacífica, mediante o uso dunha argumentación eficaz, respectando en todo momento a diversidade de opinións. 5

9 O reflexo dramático das experiencias.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1 Participar de maneira activa e adecuada en interaccións orais informais, no traballo e en situacións orais formais de carácter dialogado (como actos culturais vinculados co circuíto literario e lector), adoptando actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
Táboa de indicadores
O alumnado realizará unha escoita activa, respectará as opinións alleas e exporá con claridade expositiva e solidez argumentativa as súas achegas arredor do tratamento do amor na literatura e no cine. 10
CA4.2 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais de certa complexidade, realizando as inferencias necesarias e con diferentes propósitos de lectura.
Proba escrita
O alumnado será capaz de comprender e analizar as ideas fundamentais dos textos literarios, interpretando correctamente a intencionalidade do emisor e a situación comunicativa descrita na obra. 25
CA4.3 Valorar criticamente o contido e a forma de textos literarios de certa complexidade avaliando a súa calidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados.
Proba escrita
En textos de certa complexidade, o alumnado deberá localizar os principais recursos expresivos e características da linguaxe literaria presentes neles e valorar o seu efecto sobre o receptor. 20
CA4.6 Explicar e argumentar a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico, atendendo á configuración e á evolución dos xéneros e subxéneros literarios.
Proba escrita
O alumnado será capaz de interpretar correctamente os textos lidos, vinculándoos ao contexto da obra, á corrente literaria á que pertence e ás características dos xéneros e subxéneros estudados. 25
CA4.7 Establecer de maneira progresivamente autónoma vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas e culturais, en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do alumnado na lectura.
Táboa de indicadores
O alumnado analizará axeitadadamente as teorías amorosas presentes na literatura clásica para reflexionar sobre os mitos do amor romántico na actualidade e a súa incidencia na educación en igualdade. 10
CA4.8 Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e coa axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, partindo da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.
Táboa de indicadores
O alumnado abordará adecuadamente o estudo comparativo da evolución amorosa de famosas parellas literarias e cinematográficas, presentando as súas conclusións a través dunha exposición multimedia. 10

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


A intervención educativa en Lingua Castelá e Literatura debe desenvolver de xeito gradual e progresivo as aprendizaxes que faciliten ao alumnado a consecución dos obxectivos da materia e da etapa, así como unha axeitada adquisición das competencias clave. Este enfoque metodolóxico require partir, polo tanto, do nivel competencial previo do alumnado para acadar unha aprendizaxe significativa, eficaz, funcional e aplicable á realidade máis próxima dos/as estudantes. Trátase, pois, de deseñar unha metodoloxía activa, baseada fundamentalmente na dimensión investigadora do alumnado e na toma de decisións responsables, asentadas no pensamento crítico e reflexivo, a través da elaboración de actividades que precisen dun proceso de descubrimento e análise progresivamente autónomos, así como do razoamento e resolución lóxica de problemas. De aí a importancia de empregar métodos diferenciados para dar acollida e resposta aos diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado, favorecendo e fomentando a capacidade de aprender por si mesmos. Atenderase, polo tanto, á diversidade a través de propostas individualizadas en función das necesidades detectadas: aplicación de adaptacións curriculares significativas, dinámicas de reforzo educativo dentro e fóra da aula ordinaria, agrupamentos flexibles, actividades específicas para abordar as destrezas nas que se observen maiores dificultades (comprensión e expresión oral e escrita, comunicación, reflexión lingüística, educación literaria, resolución de problemas, razoamento lóxico, desenvolvemento do pensamento abstracto...).

 

Para que esta metodoloxía acade a efectividade desexada, é imprescindible outorgarlle un carácter interdisciplinar, relacionando a materia de Lingua Castelá e Literatura con outras disciplinas do currículo, traballando de maneira conxunta as competencias clave e dotando ao alumnado da capacidade lingüística que lle permita amosar, relacionar e extrapolar de forma coherente, cohesionada e adecuada os coñecementos adquiridos noutras materias. A colaboración transversal cos departamentos lingüísticos dos centros, co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e coa Biblioteca Escolar constituirá un apoio importante para mellorar a asimilación de capacidades e coñecementos sobre a comunicación. Todos eles, de xeito coordinado, deberán contribuír a mellorar os procesos de produción e recepción oral, escrita e multimodal, así como a alfabetización informacional. As accións concretas favorecen a creación e organización de proxectos colaborativos e significativos para o alumnado. Neste sentido, o deseño de tarefas cooperativas basearase en contextos auténticos e recoñecibles que teñan en conta as vivencias particulares do alumnado, potenciando que cada estudante, dentro do grupo, dispoña dos tempos e espazos necesarios para o recoñecemento da súa valía persoal e da súa capacidade para contribuír a desenvolver a actividade, reforzando así a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade.

 

Estes principios metodolóxicos han de aplicarse arredor de contidos concretos, polo que convén definir o seu campo de actuación en conexión coas actividades máis relevantes da materia de Lingua Castelá e Literatura, relacionadas cos seus bloques de contido: As linguas e os seus falantes, Comunicación, Educación literaria e Reflexión sobre a lingua. Polo tanto, plantexarase o traballo na aula a partir das seguintes concrecións metodolóxicas:

 

1) Deseño de actividades a partir de textos extraídos do ámbito persoal, social e académico do alumnado. Estas tarefas, diversificadas e organizadas por niveis de dificultade, permitirán o traballo competencial e favorecerán o desenvolvemento do pensamento crítico e creativo.

 

2) Distribución flexible dos espazos, sempre que sexa posible, propiciando o traballo colaborativo a través de distintos tipos de agrupamentos. Así, o gran grupo é axeitado para a posta en común e corrección de tarefas, a identificación dos coñecementos previos do alumnado á hora de iniciar unha nova unidade didáctica, a revisión e síntese final, os debates, a realización de exposicións orais ou multimedia ou o visionado de recursos audiovisuais. Os pequenos grupos son idóneos para o desenvolvemento de proxectos de investigación. Pola súa parte, o traballo por parellas enriquece as exposicións orais e as actividades de creación literaria. Finalmente, as actividades individuais son aplicables ás probas escritas, ás actividades de reforzo ou á lectura interior.

 

3) Emprego de estratexias para a comprensión e a recomendación lectora:

 

-Lectura compartida de textos propios do ámbito persoal, social e académico para procurar a interacción entre iguais, posto que todo o alumnado participará na lectura en voz alta dos fragmentos escollidos, a escoita activa, a comprensión oral e a explicación e argumentación arredor da interpretación dos mesmos.

 

-Lectura de textos adscritos aos distintos xéneros discursivos para captar a información esencial, realizar as inferencias necesarias para a súa correcta comprensión, recoñecer a idea principal e as secundarias, identificar a súa estrutura e interpretar os fragmentos propostos tendo en conta as súas características formais e temáticas.

 

-Lectura dixital (e-book, blogues, foros, wikis, textos procedentes das redes sociais), para o desenvolvemento dunha competencia lectora parcialmente diferente á empregada na comprensión e análise dos textos impresos. No caso dos xéneros dixitais, é necesaria a correcta observación e interpretación do hipertexto para asimilar completamente a multiplicidade de significados do fragmento base.

 

-Lectura comprensiva e expresiva de textos pertencentes aos distintos xéneros literarios (lectura compartida, recitado de poemas, dramatización de textos dialogados), arredor de temas próximos á realidade e aos gustos do alumnado, acompañados de estratexias de comprensión lectora, como a aclaración dos propósitos de lectura, a activación dos coñecementos previos dos estudantes, a atención aos contidos principais do texto e a formulación de predicións de lectura.

 

-Realización dun obradoiro de lectura e escritura creativa na aula para o desenvolvemento de actividades que vinculen as obras lidas con certos aspectos de actualidade, outros textos e manifestacións artísticas e culturais. A partir da lectura das obras seleccionadas, deseñaranse catálogos ou menús literarios, produtos multimedia nas que se condensen as reflexións e conclusións de lectura e coloquios literarios.

 

-Composición de recomendacións ou recensións das obras de lectura traballadas a través de exposicións orais, booktrailers e outras aplicacións multimedia de carácter compilatorio.

 

4) Utilización de recursos para mellorar a oralidade a través de actividades contextualizadas en situacións reais e próximas ao alumnado, mediante o emprego de audios, vídeos e recreación de conversas veraces que poidan producirse na contorna dos estudantes. Proporase, así, unha ampla variedade de situacións comunicativas espontáneas e planificadas e de contextos formais e informais, co fin de abordar desde un punto de vista eminentemente práctico os distintos rexistros, elementos e principios da comunicación.

 

5) Creación de textos escritos con diversas finalidades (narrar, describir, informar, expoñer, argumentar...), pertencentes aos ámbitos persoal, social e académico, seguindo as distintas fases da construción textual: a planificación das ideas a través dun borrador, determinando o propósito comunicativo e o destinatario; a redacción; a revisión e a edición final, incidindo na corrección formal (puntuación, ortografía, estruturas gramaticais, ampliación de vocabulario e presentación).

 

6) Elaboración de resumos, esquemas, sínteses e mapas conceptuais a partir de textos orais e escritos para fomentar no alumnado a conciencia da propia comprensión textual.

 

7) Exercitación de comentarios e actividades de comprensión de textos escritos e multimodais literarios e non literarios a través de tarefas secuenciadas e guiadas referidas á forma e ao contido dos fragmentos propostos.

 

8) Creación de textos con intención literaria a partir de modelos dados ou de discursos non literarios (noticias, reportaxes, crónicas, textos instrutivos...).

 

9) Emprego de dicionarios impresos e dixitais, propiciando o seu uso como unha forma de ampliar o caudal léxico do alumnado e resolver as súas dúbidas lingüísticas e morfosintácticas. Realizaranse, ademais, actividades para a composición e deseño de glosarios temáticos.

 

10) Manexo dos recursos propios das Tecnoloxías da Información e a Comunicación para a procura de datos, a realización de traballos multimedia, a consulta da prensa dixital e a creación de espazos virtuais con material didáctico integrado.

 

11) Utilización dos fondos, servizos e recursos da Biblioteca escolar como espazo creativo de aprendizaxe e construción de novos coñecementos a través da consulta de libros, dicionarios, xornais, materiais audiovisuais, potenciando tamén a lectura autónoma para a creación dunha identidade lectora sólida e definida, fundamentada no enriquecemento cultural e a interrelación entre as distintas áreas do saber.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Escolma de textos variados orais, escritos e multimodais en diversos formatos e soportes.
Selección de fragmentos e/ou obras de lectura obrigatorias e voluntarias coas súas correspondentes guías de lectura.
Boletíns con actividades de reforzo, ampliación e recuperación.
Actividades interactivas, animacións, vídeos e espazos dixitais para a construción de novas aprendizaxes.
Recursos e aplicacións informáticas e multimedia.
Materiais de investigación e consulta.
Emprego do debate como ferramenta que estimula o seu interese e a súa capacidade para reflexionar, relacionar, consolidar coñecementos, respectar opinións e extraer conclusións.

A selección dos materiais docentes que integran a programación didáctica da materia de Lingua Castelá e Literatura debe adaptarse ao modelo de intervención educativa proposto. Neste sentido, ha de dar resposta á adecuación ao contexto do centro, á correspondencia cos obxectivos trazados, á coherencia cos contidos e temas transversais estudados e o seu grao de adquisición e dificultade e aos criterios de avaliación definidos para cada curso. Ademais, debe abarcar unha grande variedade de actividades individuais e grupais que poñan en práctica os conceptos e procedementos estudados e aborden axeitadamente a atención á diversidade na aula. Finalmente, todos os recursos utilizados han de presentar unha claridade expositiva que favoreza a inmediata comprensión oral e escrita do alumnado.

 

Así pois, a proposta metodolóxica para a materia de Lingua Castelá e Literatura supón, ademais dos materiais teóricos necesarios para o desenvolvemento de cada unidade didáctica, o emprego dunha grande variedade de textos orais, escritos e multimodais procedentes de diversas tipoloxías e situacións comunicativas para a súa análise e comentario.

 

O achegamento do alumnado á realidade na que vive a través da interpretación textual outorga á materia unha dimensión funcional innegable. Por iso, convén traballar tamén con discursos extraídos dos xéneros xornalísticos, que aproximen aos estudantes á comprensión de temas de actualidade e lles permitan ser críticos co contexto que os rodea.

 

A escolma de fragmentos e obras de lectura obrigatorias e voluntarias, como obxecto de observación, reflexión e crítica, pretende favorecer o hábito lector do alumnado, partindo de textos próximos aos seus intereses e expectativas para ir achegándoos progresivamente á literatura clásica.

 

O emprego de fichas de traballo, actividades interactivas, animacións, vídeos e aplicacións multimedia permiten o reforzo, consolidación e afondamento das aprendizaxes adquiridas, a escoita activa, a empatía e o debate a través de tarefas competenciais próximas á realidade do alumnado. Favorece tamén a investigación sobre temas de actualidade e problemas reais e a activación de estratexias e mecanismos de comprensión lectora a partir de textos literarios e non literarios, posto que implica a procura de información, a interpretación e relación dos datos obtidos e a reflexión sobre o contido e a forma.

 

O visionado de material cinematográfico e audiovisual sentará as bases do coloquio posterior e servirá para afondar nos contidos abordados en cada unidade, ademais de propiciar o traballo investigador, grupal e por proxectos proposto nalgunha das unidades didácticas da materia.

 

O emprego das TIC constitúe un recurso ineludible, pois actúa como ferramenta fundamental para a obtención de información, a súa transformación en coñecemento propio e a difusión dos resultados de proxectos e traballos de investigación. Neste sentido, recoméndanse, entre outros, os seguintes materiais de consulta:

 

Aplicación Eva E-Dixgal.

Dicionario da Real Academia Española: www.rae.es

Dicionario Panhispánico de Dúbidas: www.rae.es/dpd

Medios de comunicación: https://www.prensaescrita.com/prensadigital.php

Compilación da obra lírica dos poetas más relevantes en lingua castelá: www.los-poetas.com

Espazo para a creación poética propia, a confección de libros virtuais, a compilación lírica e o comentario de textos de outros autores: www.poemas-del-alma.com

Ampla colección de audio e videopoemas: www.palabravirtual.com

Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes: http://cervantesvirtual.com

Testeando. Xogos de preguntas e respostas de opcións distribuídos por niveis educativos: https://www.testeando.es/

Portal de recursos educativos Leer.es: https://leer.es/

Prácticas de lectura intensiva e comprensión lectora: http://www.xtec.cat/~jgenover/complec.htm

Biblioteca dixital con máis de catro mil títulos de Literatura clásica e contemporánea en castelán: http://eleo.mecd.gob.es/opac/?locale=es#indice

Plataforma educativa para traballar a comprensión lectora: https://www.intralineas.com/

Materiales de Lengua y Literatura: http://www.materialesdelengua.org/

Aula de Letras: http://www.auladeletras.net/Aula_de_Letras/Inicio/Inicio.html

Morderse la lengua: https://cvc.cervantes.es/actcult/morderse_lengua/default.htm

Analizador morfosintáctico do Ministerio de Educación: https://intef.es/?enlace=1&prev=2

Exercicios interactivos para traballar o léxico: http://www.xtec.cat/~jgenover/lexico.htm

Actividades interactivas sobre sintaxe: http://www.xtec.cat/~jgenover/sinta.htm

Actividades interactivas sobre ortografía, lingua e diversidade: http://www.xtec.cat/~jgenover/miscel.html

Páxina web do ITE (Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas: https://intef.es/recursos-educativos/recursos-para-el-aprendizaje-en-linea/

 


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Na primeira semana de clase, haberá unha proba escrita que recabará datos para a avaliación inicial. A proba constará de cuestións que avalíen especificamente a capacidade de comprensión e expresión escrita, e tamén contará con preguntas prácticas sobre os contidos curriculares básicos da materia a nivel de 2º de ESO.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 10.0 10.0 10.0 10.0 15.0 10.0 10.0 15.0 10.0 100.0
Proba escrita 75.0 75.0 75.0 75.0 70.0 70.0 70.0 50.0 70.0 69.0
Táboa de indicadores 25.0 25.0 25.0 25.0 30.0 30.0 30.0 50.0 30.0 31.0

A. VALORACIÓN DA COMPETENCIA LINGÜÍSTICA.

Xa que esta competencia é na que se basea a programación de Lingua Castelá e Literatura e na que deben centrarse o maior número de observacións y valoracións, daráselle o peso da cualificación final desta área ou materia.

1. Controis periódicos: un 70 % da nota trimestral. Farase a media destas probas, que se valorarán de 0 a 10 puntos. Estos controis incluen:

¿ Controis de tres temas por trimestre. 70% obtido das cualificacións das probas obxectivas que se programarán para cada trimestre. Realizaranse dous controis ó longo de cada avaliación (6 en total), cun valor individual do 35% da nota trimestral, sendo necesario obter polo menos un 3.5 en cada un deles para que se faga media co anterior ou seguinte.

 

2. Controis de lectura (avaliase comprensión e expresión oral ou escrita): un 10% da nota trimestral. Ainda que as lecturas o son de forma ¿obrigatoria¿, o Departamento acordou ofrecer ó alumnado un estímulo á lectura, que revirta directamente nas súas cualificacións. Propóñense como lecturas obrigatorias tres libros, un por trimestre, que se avaliarán mediante exames e / ou traballos. Se no se len, ainda que o alumno/a non suspenderá a asignatura, terá que recuperar as probas específicas (exame e/ou traballo) para demostrar telos lido.

Os alumnos poden ler, opcionalmente, algún libro de lectura proposto polo profesor para "redondear" a nota dentro dese 10% do apartado 2. Cada libro incrementa entre 0.25 y 0.5 puntos a nota trimestral dependendo do seu tamaño, dificultade de comprensión, etc. Cos libros de lectura voluntaria poderase mellorar ata un máximo de 0.5 puntos por avaliación.

 

B. COMPETENCIA PERSOAL, SOCIAL E DE APRENDER A APRENDER.

A competencia de aprender a aprender relacionase cas aprendizaxes que o alumno/a desenvolve e mellora por sí mesmo coa axuda do ou da docente. Por esa razón incluímos aquí as tarefas completadas diariamente polo alumnado, na aula ou na casa.

¿ Traballo diario: 10 % da nota trimestral que se valorarán cun número de obsevacións a cada alumno por trimestre que oscilará entre as 5 e as 10, detalladas no caderno do profesor. Inclue:

o As tarefas diarias, tanto as realizadas na clase como na casa. En 3º de la ESO medirase, ademáis, a destreza na resolución de tarefas en formato dixital.

o Prácticas de exercicios específicos que o profesor/a recolla coa intención de devolverllas ó alumnado unha vez corrixidas. Avaliaranse exercicios en formatos tradicionais e/ou en formato dixital.

Realización dun caderno de ortografía (cando o profesor ou profesora o considere oportuno).

C. COMPETENCIAS DIXITAL, CIDADÁ E DE CONCIENCIA Y EXPRESIÓNS CULTURAIS.

Un 5% da cualificación trimestral, presente tamén na avaliación ordinaria, procederá das probas orais (exposición oral de contidos que se preguntarán a diario) ou os pequenos traballos de investigación (p. ex. Un pequeno ensaio, análise dunha canción, lectura de un poema, etc.), que irán acompañados dun soporte dixital (por exemplo, diapositivas). En 3º de la ESO este 5% tamén terá relación directa coa destreza na resolución de tarefas en formato dixital.

O 5% restante obterase valorando os seguintes aspectos, recollidos en rúbricas que se adxuntan a esta Programación e que corresponden ás competencias cidadá y de conciencia y expresións culturais.

o Desenvolvemento progresivo da capacidade de reflexión observando, analizando e explicando a relación entre diversas manifestacións artísticas de todas as épocas (música, pintura, cine, etc.).

o Respecto pola opinión allea, respecto de turnos de palabra, coidado do material, responsabilidade, emprego de valores...

Se o alumno non traballa estes aspectos, será penalizado cun negativo que será recollido no caderno do profesor . Estes negativos restarán 0.1 á nota trimestral.

¿ As faltas de ortografía restarán 0,1 cando se trate de faltas relacionadas coa acentuación e e coas grafías, excepto naqueles casos en que o erro sexa moi grave, que restará 0.2. A nota final dos exames é a que resulta de restar á nota inicial as faltas ortográficas. Descontarase un máximo de 2 puntos por faltas de ortografía en cada proba escrita

¿ Para a avaliación final ordinaria farase a media das cualificacións obtidas nas tres avaliacións, sempre que se teña acadado un 5 en cada unha delas.

Aqueles alumnos que participen activa e regularmente durante o curso no Club de Lectura sumarán 0,5 puntos á nota final do curso.

 

  • Durante o presente ano académico 23-24 estanse realizando recuperacións das avaliacións suspensas no período inmediatamente posterior á data de avaliación. Esta medida afecta a todos os cursos e niveis da ESO, incluido 3º.

  • O alumnado que supere a materia na 3ª avaliación debe manter unha actitude de interés e traballar nas tarefas que o profesorado propoña entre o 12 e o 21 de xuño, xa que a cualificación definitiva será a final.

  • O alumnado que suspendera algunha avaliación ou a materia completa despois de ter completado as probas de recuperación parcial feitas durante o curso, poderápresentarse a unha proba final no mes de xuño, na que se examinará  da asignatura na súa totalidade. Considerarase aprobado o alumnado que na proba final obteña unha cualificación de 5 ou superior. Estes alumnos e alumnas traballarán tarefas de reforzo e recuperación propostas polo profesorado, sen que en ningún caso formen parte da cualificación. 

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


INSTRUMENTOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN DE PENDENTES

Renovados na CCP do 6 de outubro de 2014

1. ALUMNADO DE ESO CON MATERIAS PENDENTES

a) Instrumentos de avaliación

- Tarefas semanais

- A xestión da entrega, recollida, corrección e avaliación das tarefas farase a través do Coordinador de materias pendentes.

Os departamentos implicados entregarán as tarefas ó coordinador antes da data marcada no calendario.

O coordinador entregará as tarefas semanalmente ó alumnado e recolleraas xa resoltas.

Os departamentos recibirán as tarefas para corrixilas e avalialas dentro do prazo sinalado no calendario.

o O total de entregas previstas para todo o curso é de 12, seguindo o calendario fixado.

o Déixanse libres as semanas de exames das avaliacións ordinarias e mais as de exames específicos de pendentes de xaneiro.

o Para facilitar a coordinación e o seguimento do alumnado, as xefaturas de departamento recibirán un calendario de entregas.

o Correccións: o profesorado corrixirá as tarefas antes das datas fixadas no calendario.

Exame/s

 

Cada departamento indicará claramente se vai realizar dous exames (xaneiro e abril) ou só o oficial (obrigatorio) de abril.

Os departamentos deberán:

- Explicar con claridade os contidos de cada exame (en consonancia coas tarefas que se vaian realizando).

- Establecer con claridade como computa cada exame na cualificación final.

- Comprobar que o alumnado entregou como mínimo 4 tarefas das 6 propostas antes de cada un dos exames ou 8 de 12 no caso dosdepartamentos que só fagan un exame. Se non cumpriu con este requisito mínimo, perdería o dereito a esta proba.

Cando un alumno/a acade unha nota menor que 5 na cualificación global do plan de reforzo, terá dereito a realizar unha proba final na que se examinará de toda a materia.

En calquera caso, os exames axustaranse sempre aos contidos mínimos establecidos nas respectivas programacións.

 

b) Criterios de cualificación do plan de reforzo:

 

Tarefas : 50% da cualificación global.

Exame/s parciais : 50% da cualificación global. Cada un dos departamentos que realice dous exames debe especificar o seu sistema de cómputo

dentro deste 50%. Nota mínima do exame necesaria para poder facer media coa nota das tarefas:3.25.

c) Criterios de cualificación da proba final:

2.Para o alumnado que presente un mínimo de oito tarefas das 12 propostas, os criterios de cualificación serán os mesmos que rexen para os exames

parciais.

3.Para o alumnado que NON presente un mínimo de oito tarefas das 12 propostas, a nota do exame será o 100% da cualificación global.

d) Cualificación na avaliación final:

A nota na avaliación final será a máis alta de entre estas dúas:

- A cualificación global do plan de reforzo

- A cualificación da proba final.

 

O Departamento de Lingua Castelá decidíu, en relación ó acordo anterior, realizar examen de materias pendentes en febreiro, ademáis do obligatorio de maio. O seu peso na cualificación definitiva será o mesmo, é dicir, corresponderíalle a cada uno un 25% da misma. O 50% restante obteríao o alumnado, como se explicita no Plan de Reforzo, coa entrega das tarefas. Debido á supresión da proba extraordinaria de setembro, que supoñía unha última oportunidade para o alumnado de recuperar a materia antes de incorporarse a un novo curso, o equipo de coordinación de materias pendientes propuxo, con carácter excepcional, a convocatoria dunha proba final posterior á obrigatoria de maio o pasado 22-23, que é previsible que se manteña durante este ano académico.

 


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


As aulas reflicten a diversidade da sociedade na que vivimos. O recoñecemento da diversidade do alumnado constitúe un principio fundamental que debe rexer toda acción educativa. Unha das finalidades da educación é asegurar a igualdade de oportunidades de todos os alumnos e alumnas poñendo os medios para evitar o fracaso escolar e o risco de abandono do sistema educativo.

 

A atención á diversidade enténdese como o conxunto de actuacións educativas dirixidas a dar resposta ás diferentes capacidades, motivacións e intereses, ritmos e estilos de aprendizaxe e situacións persoais do alumnado. Estas medidas oriéntanse a acadar os obxectivos e as competencias establecidas para a ESO e réxense polos principios de equidade, calidade e igualdade de oportunidades, non discriminación, integración, accesibilidade e cooperación da comunidade educativa.

 

As medidas de atención á diversidade deben atender ao principio de inclusión educativa. Isto supón recoñecer a lexitimidade das diferenzas de todas os individuos, asumíndoas como un valor que enriquece o contexto educativo. Este principio establece que todos os/as estudantes, sexa cal sexa a súa condición persoal, dispoñan na súa contorna educativa das condicións necesarias de acceso a unha formación integral e outorgue experiencias de aprendizaxe significativas para todos e todas.

 

Neste sentido, faise preciso establecer medidas, metodoloxías e compoñentes que permitan ao profesorado abordar con garantías a diversidade das súas aulas. O plan de atención concretarase nos seguintes elementos:

 

- Combinación de metodoloxías e fíos condutores das unidades didácticas, vinculados ao desenvolvemento emocional do alumnado e á súa integración no grupo. Uso de métodos diferenciados que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado e favorezan a capacidade de aprender por si mesmos.

- Diversidade de agrupamentos e tarefas propostos, articulación de itinerarios diferenciados e combinación de linguaxes e soportes orientados a satisfacer as esixencias de aprendizaxe de cada alumno ou alumna e a permitir o seu desenvolvemento individual.

- Deseño de programas específicos reforzo e ampliación destinados a mellorar as posibilidades de alcanzar os obxectivos da etapa.

- Realización de proxectos significativos para o alumnado. O deseño de tarefas e proxectos de traballo deben basearse en contextos auténticos e recoñecibles para resultar significativos e deben ter en conta as vivencias particulares do alumnado (como, por exemplo, os oficios locais, as materias primas e a toponimia). Alén diso, o traballo colaborativo en proxectos debe potenciar que cada adolescente teña os seus tempos e os seus espazos de protagonismo e o recoñecemento da súa valía persoal e da súa capacidade de contribuír a desenvolver a actividade, reforzando así a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade.

- O traballo cooperativo, coa proposta de tarefas nas que o alumnado debe regular a súa conduta, a súa expresión e a súa capacidade para relacionarse cos demais. A través do diálogo e da interacción entre o alumnado, contribuirase a desenvolver a capacidade de participar activamente nun equipo, a reflexión sobre as propias ideas, o respecto crítico a outros puntos de vista, o recoñecemento dos propios valores e limitacións, a adaptación ás necesidades colectivas, a asunción de responsabilidades e o respecto ás normas acordadas.

- A resolución de problemas e conflitos en colaboración e a toma de decisións baseadas en xuízos morais, co fin de contribuír á adquisición das competencias necesarias para seguir os procesos de pensamento, utilizar o razoamento e analizar criticamente os problemas sociais e históricos.

- A gradación da aprendizaxe. O desenvolvemento das capacidades e dos contidos deberá facerse dun xeito gradual e progresivo, de maneira que se vaian adquirindo habilidades máis complexas que propicien a aprendizaxe individual e autónoma. A gradación entre cursos non se establece principalmente mediante a distribución diferenciada de contidos, senón en función da diferente complexidade dos textos, das habilidades de comprensión ou expresión requiridas, da metalinguaxe necesaria para a reflexión sobre os usos ou do grao de autonomía do alumnado.

 

O Departamento de Lingua Castelá e Literatura elaborará e fará o seguimento dunha Adaptación Curricular Significativa para un alumno deste curso. Para o desempeño axeitado das dúas tarefas seguirá sempre as indicacións do Departamento de Orientación e dos especialistas en Pedagoxía Terapéutica.

 


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
1 Prevención e resolución pacífica de conflitos
2 Educación cívica e en valores
3 Formación estética
4 Igualdade entre mulleres e homes
5 Respecto mutuo e cooperación entre iguais
6 Liberdade de expresión
7 Fomento do espírito crítico e científico

 

Ademais dos contidos transversais distribuidos en cada unha das unidades do curso, o centro, dirixido pola Coordinación de Biblioteca, decidíu traballar conxuntamente baixo o epígrafe Os camiños. O tema organizarase en tres liñas que se desenvolverán cada unha nun trimestre e que reciben o nome de Camiños culturais, Camiños naturais e Camiños emocionais.

Este Departamento considera que a lingua e a literatura traballan os tres subtemas; por suposto, os camiños culturais foron deseñados ó longo do tempo empregando a lingua para a súa descrición e tendo en conta a literatura como un emblema cultural, que identifica e distingue ós pobos entre sí, pero tamén os unifica. Os camiños naturais están tamén asociados á lingua, xa que o coñecemento pormenorizado das xeografías humana e territorial precisa para a súa divulgación da lingua e tamén da literatura, de xeito que se produce unha simbiose entre camiño cultural e natural. Finalmente, os camiños emocionais son moi a miúdo a preocupación máis visible dos escritores de todos os tempos, e as súas reflexións e percepcións axudan a delimitar e madurar as emocións propias.

Co obxectivo de traballar en concreto os tres tipos de camiños, pódense propoñer traballos escíficos relativos a algunha obra concreta, coa intención de difundilos xunto con outros elaborados noutras áreas ou materias. Estes traballos poden en ocasións incluirse dentro daqueles que impliquen unha exposición individual ou grupal planificada, sempre obxecto dunha valoración propia da materia, ademáis de transversal. Os contidos dos mesmos poden variar en función do curso ou grupo e da docente.

 

 

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Organización dun club de lectura Esta é unha actividade idónea para fomentar o gusto pola lectura de textos que non forman parte do currículo escolar. Tamén é unha actividade a través da que podemos fomentar a expresión oral e o debate en clase. Ademais, permite introducir temas transversais como o respecto pola quenda de palabra, a convivencia, o traballo en grupo e a formación estética.
Celebración de efemérides como o Día do Libro e o Día das Letras Galegas Coa celebración destas datas, o alumnado pode realizar traballos de búsqueda de información de determinados autores e autoras. O profesorado deberá traballar en equipo con compañeiros e compañeiras doutros departamentos, polo tanto é unha actividade ideal para desenvolver tarefas cooperativas de xeito interdisciplinar.
Visionado de películas O visionado de películas é un excelente vehículo para completar e enriquecer as aprendizaxes do noso alumnado. Podemos visionar filmes baseados nalgúns dos libros lidos en clase ou nos clubs de lectura do centro. Esta actividade, ademais de relacionar linguaxes distintas, axudará a mellorar as destrezas de comunicación do alumnado, as habilidades sociais (capacidades conversacionais, tanto verbais como non verbais) e a expresión de emocións. Tamén é unha actividade idónea para potenciar a autoestima dos/as participantes.
En busca da noticia Na sociedade actual, o alumnado debe coñecer a linguaxe dos medios de comunicación. Esta actividade permite que se acheguen a este medio e que, a través dunha proposta de aula, se convertan por un tempo en redactores de noticias. Podemos buscar un tema do programa de clase ou de actualidade e, cunhas instrucións precisas, elaborar unha noticia e compartila na aula.
Cine e teatro en directo O alumnado asistirá a representacións teatrais ou estreas de películas sempre que se relacionen coa temática incluída no curriculo e que sexa posible.
Saídas culturais O Departamento organizará o participará en saídas culturais de 4 ou 5 días, sempre que o itinerario e os obxectivos da saída se relacionen co currículo de LCL.

Non se rexistraron observacións

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Ao inicio de cada unidade didáctica, realízase unha introdución sobre o tema e actividades de recoñecemento e activación dos coñecementos previos do alumnado ao respecto.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Ao comezo do desenvolvemento de cada unidade, proporciónase ao alumnado un cadro sinóptico ou mapa conceptual do tema para orientalo sobre a evolución do seu proceso de ensino-aprendizaxe.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Os contidos e actividades de cada unidade didáctica parten dos coñecementos previos do alumnado, vinculándose cos seus intereses e necesidades, e favorecen a construción progresivamente autónoma de novas aprendizaxes.
Medidas de atención á diversidade As actividades propostas son variadas en canto á súa tipoloxía e sistema de traballo (individual, por parellas, en pequeno grupo, en gran grupo), favorecendo a adquisición das competencias clave.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico A planificación e distribución do tempo asignado a cada tarefa é axeitada.
Metodoloxía empregada Aplicáronse estratexias de aprendizaxe como a lectura comprensiva, a procura de información significativa, a planificación do traballo, o desenvolvemento de técnicas de síntese, análise e redacción...
Metodoloxía empregada Aplicouse a metodoloxía didáctica establecida na programación.
Medidas de atención á diversidade Desenvolvéronse as medidas de atención á diversidade necesarias aos alumnos que así o requiren.
Medidas de atención á diversidade Leváronse a cabo medidas de reforzo educativo dirixidas ao alumnado con dificultades de aprendizaxe, propoñendo novas actividades que faciliten a adquisición dos obxectivos non acadados.
Medidas de atención á diversidade Deséñanse e aplícanse actividades de ampliación e afondamento para o alumnado que acade de maneira significativa os obxectivos propostos.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Realízanse as actividades complementarias programadas.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Explicáronse e corrixíronse na aula as actividades levadas a cabo nas distintas unidades didácticas.
Metodoloxía empregada Empregáronse os materiais e recursos didácticos programados.
Clima de traballo na aula Puxéronse en práctica medidas para estimular o hábito lector.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Aplicáronse os procedementos e criterios de avaliación establecidos na programación didáctica.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Utilizáronse diferentes instrumentos de avaliación (probas, traballos individuais e en grupo, exposicións orais, redaccións, proxectos de investigación...)
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Desenvolvéronse procedementos e actividades de recuperación para o alumnado con algunha avaliación suspensa ou coa materia pendente de cursos anteriores.

A avaliación da práctica docente favorece os procedementos de análise, reflexión e debate arredor da realidade educativa do centro sobre os seguintes aspectos:

-A xestión adecuada do tempo para a planificación do proceso de ensino-aprendizaxe na aula.

-A concreción do currículo, a súa adaptación ao contexto e a organización efectiva dos contidos, actividades e obxectivos propostos.

-A avaliación dos resultados obtidos polo alumnado e a adopción das medidas de mellora adaptadas ás súas necesidades de aprendizaxe.

-A inclusión e atención á diversidade como resposta educativa á totalidade do alumnado para promover a consecución do éxito escolar.

-A construción dun clima de empatía, confianza e convivencia harmónica na aula.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


A programación didáctica da materia de Lingua Castelá e Literatura estará á disposición da comunidade educativa do centro e, ademais, a comezos de curso, proporcionarase ao alumnado un extracto da mesma cos seus puntos esenciais: obxectivos, criterios, instrumentos e procedementos de avaliación, materiais didácticos e sistema de recuperación.

 

A programación didáctica será obxecto de seguimento e avaliación a través da aplicación PROENS e poderá sufrir as modificacións precisas para adaptarse ás necesidades educativas do alumnado, en beneficio da correcta evolución do proceso de ensino-aprendizaxe e da consecución dos obxectivos establecidos. Ditas modificacións, debidamente xustificadas, figurarán tamén nas actas das reunións de departamento e na memoria final da materia.

 

A avaliación da programación realizarase a través dos seguintes indicadores de logro:

 

-A programación didáctica elaborouse de maneira coordinada coa colaboración de todos os integrantes do departamento.

-A programación didáctica especifica e completa as decisións adoptadas na concreción curricular fixada no Proxecto Educativo de Centro.

-Os criterios de avaliación establecidos valoran con efectividade a consecución dos obxectivos propostos.

-Os procedementos e instrumentos de avaliación axústanse aos criterios de avaliación indicados.

-As actividades desenvoltas adáptanse á metodoloxía didáctica programada.

-A programación didáctica contempla e manexa con eficacia os recursos e materiais necesarios para favorecer a adquisición dos contidos e obxectivos.

-A programación didáctica organiza axeitadamente os espazos e tempos destinados á realización das actividades previstas.

-A programación didáctica inclúe actividades de reforzo, ampliación e recuperación adecuados ao perfil, características e necesidades do alumnado.

-A programación didáctica é revisada ao longo do curso e inclúense nela as modificacións pactadas e realizadas.

-A programación didáctica adáptase ao contexto escolar do centro educativo.

 

Así mesmo, realizarase o seguimento de cada unidade didáctica a través da aplicación PROENS, estipulando e modificando, de ser o caso, a data de inicio e final da explicación de cada unha delas, o número de sesións dedicadas ao seu desenvolvemento, especificando as previstas ao comezo e as realizadas finalmente, así como o grao de cumprimento dos obxectivos indicados.

 

As propostas de mellora da programación didáctica derivarán da análise da efectividade da mesma e dos resultados académicos obtidos nas distintas avaliacións e examinados nas reunións de departamento celebradas ao longo do curso, cuxo contido quedará reflectido nas actas correspondentes. Ademais, na memoria final, contemplaranse as propostas de mellora, vinculadas especialmente á adaptación da metodoloxía, materiais e recursos empregados para favorecer a consecución dos obxectivos establecidos.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver