Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A presente programación didáctica, elaborada para a materia de Bioloxía e Xeoloxía do 3º curso da ESO, ten como referencia o currículo que establece o Decreto 156/2022, do 2022, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Para a elaboración das unidades didácticas que desenvolverá a programación tívose como referencia un currículo que xira durante este segundo ciclo da ESO en torno á anatomía e a fisioloxía do corpo humano, incidindo na importancia de promover hábitos para o coidado da saúde.

 

Outro aspecto que foi tido en conta á hora de deseñar a presente programación foi o centro no que se ía implementar: as características do mesmo, as do seu alumnado e o seu entorno. Esta programación didáctica está pensada para ser levada á práctica nun IES situado en VILA DE CRUCES. Como características un pouco xerais acerca da poboación, pode falarse dun nivel socioeconómico medio. Esta situación está orixinando que a poboación escolar, sen as obrigas de antano, vaia adquirindo paulatinamente formas de vida urbana horarios fixos , alimentación, vestimenta, costumes, tempo libre etc.- provocadas en parte pola influencia televisiva que ocasiona consecuencias importantes, non só culturais senón tamén lingüísticas poñamos por caso, a nivel léxico (traballos ,apeiros, natureza) .

O ambiente familiar e social quizais non sexa demasiado propicio para as inquedanzas culturais. Aínda que están agromando recentemente iniciativas que palían nalgunha medida esas deficiencias: bibliotecas, asociacións culturais , agrupacións musicais etc. nas que participan algúns alumnos do centro.

A maioría do alumnado dispón de ordenador na casa e moitos deles de acceso a internet ou de libros de consulta na casa. A través dos medios de comunicación os alumnos poden seguir os avances tecno-científicos da actualidade, estando presentes na vida cotiá. Isto vai tratar de potenciarse ao longo desta proposta de programación didáctica.

O grupo seleccionado de 3º ESO, está composto por alumnos e alumnas con idades comprendidas ao inicio do curso entre os 13 e os 15 anos.

 

Todos estes aspectos serán tidos en conta a nivel metodolóxico.

 


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Interpretar e transmitir información e datos científicos argumentando sobre eles e utilizando diferentes formatos para analizar conceptos e procesos das ciencias biolóxicas e xeolóxicas.
OBX2 Identificar, localizar e seleccionar información, contrastando a súa veracidade, organizándoa e avaliándoa criticamente para resolver preguntas relacionadas coas ciencias biolóxicas e xeolóxicas.
OBX3 Planificar e desenvolver proxectos de investigación, seguindo os pasos das metodoloxías científicas e cooperando cando sexa necesario para indagar en aspectos relacionados coas ciencias xeolóxicas e biolóxicas.
OBX4 Utilizar o razoamento e o pensamento computacional, analizando criticamente as respostas e solucións e reformulando o procedemento, de ser necesario, para resolver problemas ou dar explicación a procesos da vida cotiá relacionados coa bioloxía e coa xeoloxía.
OBX5 Analizar os efectos de determinadas accións sobre o medio ambiente e a saúde baseándose nos fundamentos das ciencias biolóxicas e da Terra para promover e adoptar hábitos que eviten ou minimicen os impactos ambientais negativos, que sexan compatibles cun desenvolvemento sostible e que permitan manter e mellorar a saúde individual e colectiva.
OBX6 Analizar os elementos dunha paisaxe concreta valorándoo como patrimonio natural e utilizando coñecementos sobre xeoloxía e ciencias da Terra para explicar a súa historia xeolóxica, propoñer accións encamiñadas á súa protección e identificar posibles riscos naturais.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 O traballo científico Nesta unidade abórdanse distintos aspectos sobre o traballo nas ciencias. 5 4
2 O corpo humano Nesta unidade estúdanse os distingos niveis de organización nos seres vivos e os tipos principais de tecidos. 10 8
3 Alimentación, nutrición, dieta e saúde Nesta unidade estúdanse os grupos principais de alimentos e a clasificación de nutrientes segundo a súa función. 10 6
4 Nutrición I. Aparellos dixestivo e respiratorio Nutrición II. Aparellos circulatorio e excretor Nesta unidade estúdase a función de nutrición; os aparatos implicados e as enfermedades asociadas. 20 14
5 A función da relación: sistemas nervioso e endócrino. Órganos dos sentidos. Aparello locomotor Nesta unidade estúdase a función de relación; os sistemas e órganos sensoriais implicados e as enfermedades asociadas. 20 12
6 Reprodución e sexualidade Nesta unidade estúdase a función de reprodución; os aparatos implicados e as enfermedades asociadas. 10 9
7 Saúde e enfermidade Nesta unidade analizase o concepto de saúde e a importancia de manter hábitos saúdables. 10 7
8 Estrutura dos ecosistemas. O ser humano e o medio Nesta unidade realizarase unha introdución aos riscos naturais e un estudo e análise dos riscos xeolóxicos internos. 15 10

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Proxecto científico
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA1.1 - Analizar e explicar conceptos e procesos biolóxicos e xeolóxicos interpretando a información obtida en diferentes formatos (modelos, gráficos, táboas, diagramas, fórmulas, esquemas, símbolos, páxinas web...), mantendo unha actitude crítica e chegando a conclusións fundamentadas.
CA1.2 - Resolver cuestións sobre bioloxía e xeoloxía localizando, seleccionando e organizando información mediante a citación e o uso correctos de distintas fontes.
CA1.3 - Expor preguntas e hipóteses e intentar realizar predicións sobre fenómenos biolóxicos ou xeolóxicos que poidan ser respondidas ou contrastadas utilizando métodos científicos.
CA1.4 - Recoñecer a información sobre temas biolóxicos e xeolóxicos con base científica distinguíndoa de pseudociencias, boatos, teorías conspiradoras e crenzas infundadas... e mantendo unha actitude escéptica ante estes.
CA1.5 - Deseñar e realizar a experimentación, a toma de datos e a análise de fenómenos biolóxicos e xeolóxicos de modo que permitan responder preguntas concretas e contrastar unha hipótese exposta.
CA1.6 - Presentar as conclusións do proxecto de investigación mediante as ferramentas dixitais e o formato adecuado (táboas, gráficos, informes...) interpretando os resultados e a información obtida a través da experimentación e da observación de campo.
CA1.7 - Cooperar dentro dun proxecto científico asumindo responsablemente unha función concreta, utilizando espazos virtuais cando sexa necesario, respectando a diversidade e a igualdade de xénero e favorecendo a inclusión.
CA1.8 - Valorar a contribución da ciencia á sociedade e o labor de persoas dedicadas a ela con independencia da súa etnia, sexo ou cultura, destacando e recoñecendo o papel das mulleres científicas e entendendo a investigación como un labor colectivo e interdisciplinar en constante evolución.
Contidos
C1.1 - Estratexias para a elaboración do proxecto científico:
C1.1.1 - Formulación de preguntas, hipóteses e conxecturas científicas.
C1.1.2 - Estratexias de utilización de ferramentas dixitais para a procura de información, a colaboración e a comunicación de procesos, resultados ou ideas científicas: ferramentas dixitais e formatos de uso frecuente en ciencia (presentación, gráfica, vídeo, póster, informe...).
C1.1.3 - Recoñecemento e utilización de fontes fidedignas de información científica.
C1.1.4 - Métodos de observación e de toma de datos de fenómenos naturais.
C1.1.5 - Deseño de controis experimentais (positivos e negativos) e argumentación sobre a súa esencialidade para obter resultados obxectivos e fiables nun experimento.
C1.1.6 - A resposta a cuestións científicas mediante a experimentación e o traballo de campo: utilización dos instrumentos e espazos necesarios (laboratorio, aulas, contorna...) de forma adecuada.
C1.1.7 - Métodos de análise de resultados. Diferenciación entre correlación e causalidade.
C1.1.8 - Modelado como método de representación e comprensión de procesos ou elementos da natureza.
C1.2 - O labor científico e as persoas dedicadas á ciencia: contribución ás ciencias biolóxicas e xeolóxicas e importancia social. O papel da muller na ciencia.
Bloque B2. Os riscos xeolóxicos internos
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA2.1 - Clasificar os riscos empregando como criterio as causas naturais que os producen.
CA2.2 - Analizar os riscos naturais a través dos factores de risco valorando a importancia das medidas de predición e prevención.
CA2.3 - Explicar a orixe e a distribución da actividade sísmica e volcánica na Terra e os tipos de erupcións volcánicas, integrándoas coa teoría da tectónica de placas.
CA2.4 - Valorar a importancia da análise do risco sísmico e volcánico e as medidas de predición e prevención para minimizar os seus efectos, buscando e aportando exemplos.
CA2.5 - Localizar as áreas con risco sísmico en Galicia seleccionando información mediante o uso correcto de diferentes fontes.
Contidos
C2.1 - Riscos naturais:
C2.1.1 - Definición e clasificación.
C2.1.2 - Análise e planificación.
C2.2 - Actividade sísmica e volcánica na Terra en relación coa teoría da tectónica de placas:
C2.2.1 - Orixe e distribución global dos terremotos e do vulcanismo na Terra.
C2.2.2 - Tipos de erupcións volcánicas.
C2.3 - Análise do risco sísmico e volcánico. Medidas de predición e prevención. O risco sísmico en Galicia.
Bloque B3. A célula
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA3.1 - Analizar e comprender a información sobre procesos biolóxicos ou traballos científicos transmitíndoa de forma clara e utilizando a terminoloxía e o formato adecuados.
CA3.2 - Recoñecer a célula como a unidade estrutural e funcional dos seres vivos a través do coñecemento dos postulados da teoría celular.
CA3.3 - Diferenciar as estruturas básicas dos diferentes tipos de células utilizando diferentes estratexias de observación e comparación e relacionándoas coas súas funcións.
CA3.4 - Describir os virus como formas acelulares causantes dalgunhas patoloxías nos humanos.
Contidos
C3.1 - A teoría celular. Recoñecemento da célula como unidade estrutural e funcional dos seres vivos:
C3.1.1 - Estrutura básica da célula. Tipos de células: procariotas e eucariotas (animais e vexetais).
C3.2 - Observación e comparación de tipos de células ao microscopio e outros medios (vídeos, fotografías...) mediante distintas estratexias e destrezas.
C3.3 - Formas acelulares.
Bloque B4. As funcións vitais no ser humano
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA4.1 - Resolver problemas ou explicar procesos biolóxicos utilizando coñecementos, datos e información achegados, o razoamento lóxico, o pensamento computacional ou recursos dixitais.
CA4.2 - Analizar criticamente a solución a un problema sobre fenómenos biolóxicos e xeolóxicos.
CA4.3 - Identificar os aparellos e sistemas que participan na función de nutrición.
CA4.4 - Reflexionar sobre a importancia da alimentación e da nutrición para o bo funcionamento do organismo recoñecendo as diferenzas entre alimentación e nutrición e diferenciando os nutrientes e as súas funcións básicas.
CA4.5 - Explicar os procesos fundamentais da nutrición relacionándoos coas estruturas dos aparellos e dos sistemas que interveñen nela.
CA4.6 - Recoñecer os órganos, aparatos e sistemas que interveñen na función de relación establecendo as diferenzas e as funcións de cada un e describindo os principais procesos, órganos e estruturas implicadas.
CA4.7 - Comprender a relación funcional entre o sistema nervioso e o sistema endócrino.
CA4.8 - Recoñecer os procesos da reprodución humana identificando as estruturas do aparello reprodutor e endócrino implicadas.
CA4.9 - Reflexionar sobre a reprodución e a sexualidade valorando a súa propia sexualidade e a das persoas da súa contorna.
Contidos
C4.1 - Función de nutrición: aparellos dixestivo, respiratorio, circulatorio e excretor.
C4.1.1 - Importancia da nutrición e relación entre a anatomía e a fisioloxía básica dos aparellos que participan nela.
C4.2 - Función de relación: receptores sensoriais, centros de coordinación e órganos efectores.
C4.2.1 - Análise e visión xeral da función de relación.
C4.3 - Función de reprodución: aparello reprodutor e sistema endócrino.
C4.3.1 - Relación entre a anatomía e a fisioloxía básicas do aparello reprodutor.
C4.3.2 - Reprodución e sexualidade.
C4.4 - Cuestións e problemas prácticos relacionados con coñecementos de fisioloxía e anatomía dos principais sistemas e aparellos do organismo implicados nas funcións de nutrición, relación e reprodución.
Bloque B5. Hábitos saudables
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA5.1 - Resolver cuestións relacionadas con hábitos de vida saudables localizando, seleccionando e organizando información mediante a citación e o uso correctos de distintas fontes.
CA5.2 - Recoñecer a información con base científica sobre cuestións relacionadas coa saúde humana distinguíndoa de pseudociencias, boatos, teorías conspiradoras e crenzas infundadas... e mantendo unha actitude escéptica ante estes.
CA5.3 - Analizar criticamente a solución a un problema relacionado coa alimentación saudable, coas drogas e coa sexualidade.
CA5.4 - Reflexionar sobre a importancia da adquisición de hábitos e estilos de vida saudables como método de prevención de doenzas exemplificando con situacións próximas ao alumnado.
CA5.5 - Analizar a importancia dunha boa alimentación e actividade física percibíndoos como hábitos saudables para o individuo e a sociedade.
CA5.6 - Recoñecer o sexo e a sexualidade desde a perspectiva da igualdade entre homes e mulleres e respectando a diversidade sexual.
CA5.7 - Recoñecer as drogas (incluídas as de curso legal) considerándoas como causa de prexuízos non só para as persoas que as consomen, senón tamén para as que están na súa contorna próxima.
Contidos
C5.1 - Hábitos saudables con relación á alimentación. Características dunha dieta saudable e análise da súa importancia.
C5.2 - Sexo e sexualidade desde a perspectiva da igualdade entre os homes e as mulleres e o respecto á diversidade sexual. Importancia da educación sexual integral como parte dun desenvolvemento harmónico:
C5.2.1 - Infeccións de transmisión sexual (ITS).
C5.2.2 - Métodos de anticoncepción e prácticas sexuais responsables. A asertividade e o autocoidado.
C5.2.3 - As relacións afectivo-sexuais: ideas preconcibidas e estereotipos sexuais.
C5.3 - Efectos prexudiciais das drogas legais e ilegais, tanto para os consumidores coma para quen está na súa contorna próxima.
C5.4 - Hábitos encamiñados á conservación da saúde física, mental e social (hixiene do sono, hábitos posturais, uso responsable das novas tecnoloxías, actividade física, autorregulación emocional, coidado e corresponsabilidade...).
Bloque B6. Saúde e enfermidade
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA6.1 - Analizar conceptos e procesos relacionados coa saúde e coa enfermidade interpretando información en diferentes formatos (modelos, gráficos, táboas, diagramas, fórmulas, esquemas, símbolos, páxinas web¿), mantendo unha actitude crítica e obtendo conclusións fundamentadas.
CA6.2 - Recoñecer a información con base científica en relación coa saúde e coa enfermidade distinguíndoa de pseudociencias, boatos, teorías conspiradoras e crenzas infundadas... e mantendo unha actitude escéptica ante estes.
CA6.3 - Comparar as enfermidades infecciosas e non infecciosas identificando as medidas de prevención e os tratamentos que existen ata o momento.
CA6.4 - Analizar o funcionamento e as estruturas que comprende o sistema inmunitario recoñecendo o seu papel na prevención e superación das enfermidades infecciosas.
Contidos
C6.1 - Enfermidades infecciosas e non infecciosas:
C6.1.1 - Diferenciación en base á súa etioloxía.
C6.1.2 - Medidas de prevención e tratamento de enfermidades infecciosas.
C6.1.3 - O uso adecuado dos antibióticos.
C6.2 - Sistema inmunitario: análise dos diferentes tipos de barreiras e mecanismos de defensa que dificultan a entrada de patóxenos ao organismo.
C6.2.1 - Relación entre o sistema inmunitario e a prevención e superación fronte ás enfermidades infecciosas.
C6.3 - Importancia da vacinación na prevención de enfermidades e na mellora da calidade da vida humana.
C6.4 - Importancia dos transplantes e da doazón de órganos.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 O traballo científico
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Analizar e explicar conceptos e procesos biolóxicos e xeolóxicos interpretando a información obtida en diferentes formatos (modelos, gráficos, táboas, diagramas, fórmulas, esquemas, símbolos, páxinas web...), mantendo unha actitude crítica e chegando a conclusións fundamentadas.
Táboa de indicadores
Analizar e explicar conceptos e procesos biolóxicos e xeolóxicos. 20
CA1.2 Resolver cuestións sobre bioloxía e xeoloxía localizando, seleccionando e organizando información mediante a citación e o uso correctos de distintas fontes.
Táboa de indicadores
Resolver cuestións sobre bioloxía e xeoloxía. 20
CA1.3 Expor preguntas e hipóteses e intentar realizar predicións sobre fenómenos biolóxicos ou xeolóxicos que poidan ser respondidas ou contrastadas utilizando métodos científicos.
Táboa de indicadores
Expor preguntas e hipóteses e intentar realizar predicións sobre fenómenos biolóxicos ou xeolóxicos. 10
CA1.4 Recoñecer a información sobre temas biolóxicos e xeolóxicos con base científica distinguíndoa de pseudociencias, boatos, teorías conspiradoras e crenzas infundadas... e mantendo unha actitude escéptica ante estes.
Táboa de indicadores
Recoñecer a información sobre temas biolóxicos e xeolóxicos con base científica. 10
CA1.5 Deseñar e realizar a experimentación, a toma de datos e a análise de fenómenos biolóxicos e xeolóxicos de modo que permitan responder preguntas concretas e contrastar unha hipótese exposta.
Táboa de indicadores
Deseñar e realizar a experimentación, a toma de datos e a análise de fenómenos biolóxicos e xeolóxicos. 10
CA1.6 Presentar as conclusións do proxecto de investigación mediante as ferramentas dixitais e o formato adecuado (táboas, gráficos, informes...) interpretando os resultados e a información obtida a través da experimentación e da observación de campo.
Táboa de indicadores
Presentar as conclusións do proxecto de investigación. 10
CA1.7 Cooperar dentro dun proxecto científico asumindo responsablemente unha función concreta, utilizando espazos virtuais cando sexa necesario, respectando a diversidade e a igualdade de xénero e favorecendo a inclusión.
Táboa de indicadores
Cooperar dentro dun proxecto científico asumindo responsablemente unha función concreta. 10
CA1.8 Valorar a contribución da ciencia á sociedade e o labor de persoas dedicadas a ela con independencia da súa etnia, sexo ou cultura, destacando e recoñecendo o papel das mulleres científicas e entendendo a investigación como un labor colectivo e interdisciplinar en constante evolución.
Táboa de indicadores
Valorar a contribución da ciencia á sociedade e o labor de persoas dedicadas a ela. 10

2 O corpo humano
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Analizar e comprender a información sobre procesos biolóxicos ou traballos científicos transmitíndoa de forma clara e utilizando a terminoloxía e o formato adecuados.
Proba escrita
Analizar e comprender a información sobre procesos biolóxicos. 20
CA3.2 Recoñecer a célula como a unidade estrutural e funcional dos seres vivos a través do coñecemento dos postulados da teoría celular.
Proba escrita
Recoñecer a célula como a unidade estrutural e funcional dos seres vivos. 30
CA3.3 Diferenciar as estruturas básicas dos diferentes tipos de células utilizando diferentes estratexias de observación e comparación e relacionándoas coas súas funcións.
Proba escrita
Diferenciar as estruturas básicas dos diferentes tipos de células. 30
CA3.4 Describir os virus como formas acelulares causantes dalgunhas patoloxías nos humanos.
Proba escrita
Describir os virus como formas acelulares. 20

3 Alimentación, nutrición, dieta e saúde
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.4 Reflexionar sobre a importancia da alimentación e da nutrición para o bo funcionamento do organismo recoñecendo as diferenzas entre alimentación e nutrición e diferenciando os nutrientes e as súas funcións básicas.
Proba escrita
Reflexionar sobre a importancia da alimentación e da nutrición diferenciando os nutrientes e as súas funcións básicas. 70
CA5.5 Analizar a importancia dunha boa alimentación e actividade física percibíndoos como hábitos saudables para o individuo e a sociedade.
Proba escrita
Analizar a importancia dunha boa alimentación e actividade física 30

4 Nutrición I. Aparellos dixestivo e respiratorio Nutrición II. Aparellos circulatorio e excretor
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1 Resolver problemas ou explicar procesos biolóxicos utilizando coñecementos, datos e información achegados, o razoamento lóxico, o pensamento computacional ou recursos dixitais.
Proba escrita
Resolver problemas ou explicar procesos biolóxicos 10
CA4.2 Analizar criticamente a solución a un problema sobre fenómenos biolóxicos e xeolóxicos.
Proba escrita
Analizar criticamente a solución a un problema sobre fenómenos biolóxicos 10
CA4.3 Identificar os aparellos e sistemas que participan na función de nutrición.
Proba escrita
Identificar os aparellos e sistemas que participan na función de nutrición. 40
CA4.5 Explicar os procesos fundamentais da nutrición relacionándoos coas estruturas dos aparellos e dos sistemas que interveñen nela.
Proba escrita
Explicar os procesos fundamentais da nutrición. 40

5 A función da relación: sistemas nervioso e endócrino. Órganos dos sentidos. Aparello locomotor
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1 Resolver problemas ou explicar procesos biolóxicos utilizando coñecementos, datos e información achegados, o razoamento lóxico, o pensamento computacional ou recursos dixitais.
Proba escrita
Resolver problemas ou explicar procesos biolóxicos. 10
CA4.2 Analizar criticamente a solución a un problema sobre fenómenos biolóxicos e xeolóxicos.
Proba escrita
Analizar criticamente a solución a un problema sobre fenómenos biolóxicos. 10
CA4.6 Recoñecer os órganos, aparatos e sistemas que interveñen na función de relación establecendo as diferenzas e as funcións de cada un e describindo os principais procesos, órganos e estruturas implicadas.
Proba escrita
Recoñecer os órganos, aparatos e sistemas que interveñen na función de relación. 35
CA4.7 Comprender a relación funcional entre o sistema nervioso e o sistema endócrino.
Proba escrita
Identificar a relación funcional entre o sistema nervioso e o sistema endócrino 35
CA5.7 Recoñecer as drogas (incluídas as de curso legal) considerándoas como causa de prexuízos non só para as persoas que as consomen, senón tamén para as que están na súa contorna próxima.
Proba escrita
Identificar as características das drogas 10

6 Reprodución e sexualidade
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.8 Recoñecer os procesos da reprodución humana identificando as estruturas do aparello reprodutor e endócrino implicadas.
Proba escrita
Identificar as estruturas do aparello reprodutor e endócrino implicadas. 40
CA4.9 Reflexionar sobre a reprodución e a sexualidade valorando a súa propia sexualidade e a das persoas da súa contorna.
Proba escrita
Identificar as diferencias entre a reprodución e a sexualidade 30
CA5.2 Recoñecer a información con base científica sobre cuestións relacionadas coa saúde humana distinguíndoa de pseudociencias, boatos, teorías conspiradoras e crenzas infundadas... e mantendo unha actitude escéptica ante estes.
Proba escrita
Recoñecer a información con base científica. 10
CA5.3 Analizar criticamente a solución a un problema relacionado coa alimentación saudable, coas drogas e coa sexualidade.
Proba escrita
Analizar a solución a un problema relacionado coa alimentación saudable, coas drogas e coa sexualidade. 10
CA5.6 Recoñecer o sexo e a sexualidade desde a perspectiva da igualdade entre homes e mulleres e respectando a diversidade sexual.
Proba escrita
Recoñecer o sexo e a sexualidade desde a perspectiva da igualdade entre homes e mulleres e respectando a diversidade sexual. 10

7 Saúde e enfermidade
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA5.1 Resolver cuestións relacionadas con hábitos de vida saudables localizando, seleccionando e organizando información mediante a citación e o uso correctos de distintas fontes.
Proba escrita
Resolver cuestións relacionadas con hábitos de vida saudables. 10
CA5.4 Reflexionar sobre a importancia da adquisición de hábitos e estilos de vida saudables como método de prevención de doenzas exemplificando con situacións próximas ao alumnado.
Proba escrita
Reflexionar sobre a importancia da adquisición de hábitos e estilos de vida saudables. 10
CA5.5 Analizar a importancia dunha boa alimentación e actividade física percibíndoos como hábitos saudables para o individuo e a sociedade.
Proba escrita
Analizar a importancia dunha boa alimentación e actividade física. 10
CA6.1 Analizar conceptos e procesos relacionados coa saúde e coa enfermidade interpretando información en diferentes formatos (modelos, gráficos, táboas, diagramas, fórmulas, esquemas, símbolos, páxinas web¿), mantendo unha actitude crítica e obtendo conclusións fundamentadas.
Proba escrita
Analizar conceptos e procesos relacionados coa saúde e coa enfermidade. 10
CA6.2 Recoñecer a información con base científica en relación coa saúde e coa enfermidade distinguíndoa de pseudociencias, boatos, teorías conspiradoras e crenzas infundadas... e mantendo unha actitude escéptica ante estes.
Proba escrita
Recoñecer a información con base científica. 10
CA6.3 Comparar as enfermidades infecciosas e non infecciosas identificando as medidas de prevención e os tratamentos que existen ata o momento.
Proba escrita
Comparar as enfermidades infecciosas e non infecciosas. 20
CA6.4 Analizar o funcionamento e as estruturas que comprende o sistema inmunitario recoñecendo o seu papel na prevención e superación das enfermidades infecciosas.
Proba escrita
Analizar o funcionamento e as estruturas que comprende o sistema inmunitario. 30

8 Estrutura dos ecosistemas. O ser humano e o medio
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Clasificar os riscos empregando como criterio as causas naturais que os producen.
Proba escrita
Clasificar os riscos xeolóxicos. 30
CA2.2 Analizar os riscos naturais a través dos factores de risco valorando a importancia das medidas de predición e prevención.
Proba escrita
Analizar os riscos naturais. 25
CA2.3 Explicar a orixe e a distribución da actividade sísmica e volcánica na Terra e os tipos de erupcións volcánicas, integrándoas coa teoría da tectónica de placas.
Proba escrita
Explicar a orixe e a distribución da actividade sísmica e volcánica na Terra. 25
CA2.4 Valorar a importancia da análise do risco sísmico e volcánico e as medidas de predición e prevención para minimizar os seus efectos, buscando e aportando exemplos.
Proba escrita
Valorar a importancia da análise do risco sísmico e volcánico. 10
CA2.5 Localizar as áreas con risco sísmico en Galicia seleccionando información mediante o uso correcto de diferentes fontes.
Proba escrita
Localizar as áreas con risco sísmico en Galicia. 10

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


As propostas pedagóxicas elaboraranse tendo en conta a atención á diversidade e os diferentes ritmos de aprendizaxe, favorecendo a capacidade de aprender por si mesmos e promovendo a aprendizaxe en equipo. A metodoloxía didáctica será activa e participativa, favorecendo o traballo individual do alumnado e o traballo cooperativo.

Así mesmo, traballaranse os valores transversais fomentando especialmente a comprensión lectora e a integración e o uso das tecnoloxías da información e da comunicación na aula.

 

* PRINCIPIOS METODOLÓXICOS

No proceso de ensinanza e aprendizaxe han de asegurar distintos tipos de aprendizaxe:

1º: Aprendizaxe significativa. Partindo dos coñecementos previos, os alumnos e alumnas han de de ser capaces de aprender a aprender, para poder establecer relacións entre a materia e a súa propia realidade.

2º: Aprendizaxe funcional. Os novos contidos deberán ser empregados polos alumnos/as cando así estes o precisen. Para iso débese facer unha memorización comprensiva e razoada.

3º: Aprendizaxe cooperativa. Traballar a materia en grupo, no laboratorio, no desenvolvemento de proxectos de investigación ou mediante debates, aumentará o interese pola mesma.

4º: Aprendizaxe mediante o emprego das TICs. Coa utilización de Internet, de vídeos divulgativos e do encerado dixital, que será utilizado como apoio constante ás explicacións

 

* TIPOS DE ACTIVIDADES E PROXECTOS

A metodoloxía didáctica adaptarase ás características de cada alumno/a, favorecendo a súa capacidade para aprender por si mesmo/a e para traballar en equipo, iniciándoo no coñecemento da realidade de acordo cos principios básicos do método científico. Ademais terase en conta:

- Incorporación da dimensión práctica ás áreas.

- Fomentar o traballo en equipo.

- Fomentar a capacidade de autonomía do alumnado e desenvolver a capacidade de aprender a aprender.

 

* DESENVOLVEMENTO DAS UNIDADES

O fío condutor que se seguirá á hora de desenvolver as distintas unidades didácticas será o seguinte:

a) Introdución á unidade didáctica.

b) Análise dos coñecementos previos dos alumnado.

c) Exposición de contidos e desenvolvemento da unidade.

d) Resumo e síntese dos contidos da unidade.

 

 

* TIPOS DE AGRUPAMENTOS

As diversas formas de agrupamento que se utilizarán, divídense en tres tipos:

- Gran grupo.

- Equipos de traballo cooperativo.

- Traballo individual.

 

* CONTRIBUCIÓN A PLANS E PROXECTOS

Preténdese realizar unha adecuada contribución ao Plan Lector do Centro, coa proposta de lectura voluntaria de distintos libros relacionados coa materia, así como coa lecturas de artigos xornalísticos e textos do libro do alumno/a.

 

Así mesmo, contribuirase ao Plan TICs coa proxección de vídeos, traballos na aula de informática, clases expositivas empregando presentacións dixitais, avaliacións interactivas e kahoots.

A materia tamén deberá contribuír a outros plans incluídos no Proxecto Educativo do centro como o Plan de Actividades do Departamento de Orientación, o Plan de Acción Titorial, o Plan de Atención á Diversidade ou o Proxecto Lingüístico de Centro, tendo presente en todo momento a Programación Xeral Anual que se redactou a inicio de curso.

 

 


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Libro de texto: McGraw Hill
Fichas de actividades de consolidación
Fichas de actividades de reforzo
Fichas de actividades de ampliación
Caderno do alumno/a
Dotación da aula (encerado dixital, tradicional, pupitres...)
Laboratorio (instrumentación e materiais propios)

O espazo habitual no que se desenvolverán as clases consiste nunha aula convenientemente equipada cun encerado dixital e outro tradicional, dispoñendo o alumnado de pupitres individuais, o que facilitará os necesarios cambios na súa distribución para o traballo en parellas ou grupal.

 

O espazo empregado para as clases prácticas será o laboratorio de ciencias, dotado do instrumental e materiais presentes de xeito habitual nun laboratorio escolar.

 

No que se refire ás ferramentas que centrarán o traballo do alumnado na aula, as principais serán o libro de texto recomendado polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do centro e o caderno, recurso indispensable que será solicitado periodicamente para a súa avaliación.

 

 

 


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Ao inicio de curso, nas primeiras sesións, realizarase unha proba inicial baseada en competencias e contidos básicos. O seu obxectivo é facilitar información sobre distintos aspectos do alumnado, tales como o seu coñecemento das destrezas da materia así como posibles dificultades de aprendizaxe ou capacidades por riba da media do grupo. Dita información servirá para programar as adaptacións precisas, así como as actividades de reforzo e ampliación no caso de ser necesarias.

 

Os resultados de dita proba daranse a coñecer durante unha reunión establecida polo centro ao inicio do curso e na que se atopará a totalidade da xunta avaliadora. En función dos resultados obtidos, e sempre coa intervención do Departamento de Orientación levaranse a cabo as medidas de atención pertinentes.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 5.0 10.0 10.0 20.0 20.0 10.0 10.0 15.0 100.0
Proba escrita 0.0 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0 95.0
Táboa de indicadores 100.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 5.0

En cada unidade didáctica, en función dos obxectivos, competencias clave e criterios de avaliación establecidos, valoraranse os seguintes aspectos:

 

Compoñente actitudinal e de traballo diario:

- Realización de traballos e actividades: lectura dos libros propostos, manexo de bibliografía, análise e interpretación de datos, espírito crítico, boa presentación, adquisición e manexo de vocabulario científico, nivel de expresión escrita e gráfica.

- Participación nas actividades educativas: resposta ás preguntas formuladas, interese pola realización correcta das actividades, manexo de vocabulario científico, boa expresión oral.

- Participación activa e positiva no grupo de traballo: interese, cooperación e responsabilidade na presentación de resultados.

- Caderno de traballo que será revisado cada pouco tempo valorando os contidos e a presentación.

- Actividades de laboratorio: realización correcta das experiencias, rigor e claridade na presentación dos resultados, coidado e manexo axeitado do material, interese polos procedementos da ciencia.

- O grao acadado das competencias traballadas. (para o cal se empregarán as rúbricas que se recollen no apartado 6 da presente programación).

- O nivel acadado dos contidos desenvolvidos, a actitude do alumnado respecto ao traballo realizado así como o seu desenvolvemento integral en relación coa materia e nivel correspondente.

- O progreso acadado durante o curso na materia correspondente, así como a madurez persoal correspondente ao nivel de cada alumno/a grazas aos contidos traballados.

- O desenvolvemento acadado de capacidades específicas da materia, como por exemplo, interpretación de gráficas, manexo de técnicas de observación da realidade natural, mellora na habilidade de abordar problemas, capacidade de relacionar datos con fórmulas matemáticas.

- A mellora da capacidade de elaborar informes segundo criterios do método científico e o desenvolvemento das capacidades de análise e crítica, o cal se avaliará durante a elaboración de traballos e tarefas que esixan destas habilidades.

 

 

Probas escritas de avaliación:

- Realizaranse, como mínimo, dous exames por avaliación. A cualificación das probas escritas obterase da media das notas acadadas nos exames realizados ao longo desa avaliación; eses exames serán valorados sobre 10 puntos. As probas escritas valerán un 90% mentras que o 10 % restante inclúe a actitude, realización de tarefas e cualificación das mesmas.

- Considerarase superada a avaliación cando o alumno teña todas as probas escritas cunha nota igual ou superior a 5 puntos obteña unha nota igual ou superior a 5 puntos. Os alumnos cunha cualificación inferior terán a posibilidade de realizar unha proba de recuperación. A proba de recuperación farase ao final de curso, no mes de xuño.

- En Xuño, os alumn@s que teñen unha ou máis probas escritas (exames) con nota inferior a 5 teñen que realizar unha proba de recuperación. Do mesmo xeito, os alumnos con todas as probas escritas aprobadas poderán presentarse para mellorar a súa nota.

- As probas de recuperación de cada avaliación , puntuaranse de 1 a 10, sendo a cualificación 5 ou superior = aprobado e menor de 5 = suspenso.

- A cualificación da avaliación final ordinaria obterase da media aritmética das cualificacións das tres avaliacións do curso, tendo en conta que a nota do exame recuperado substitúe a anterior . Considerarase superada a materia cando se obteña unha cualificación final igual ou superior a 5 puntos e se superen ao mesmo tempo as tres avaliacións.

- Todo alumnado que obtivese unha cualificación de suspenso na materia e se deran as circunstancias de promocionar ao seguinte curso, levará a materia pendente e terá que facer no novo ano académico os exercicios, seguimento e exames correspondentes para poder aprobala

 

 

Observacións:

 

o O alumnado repetidor terá un apoio con exercicios e tarefas adaptadas ao seu ritmo de aprendizaxe.

o Está prohibido copiar nos exames (dun compañeiro/a, ou de calquera que sexa o soporte: papel, dispositivo electrónico¿) de ser dar esta circunstancia, o exame poderá ser invalidado na súa totalidade e deberá repetirse. Outra opción será a invalidación da pregunta/s correspondentes e a corrección do resto da proba. A decisión será tomada pola docente.

o Unha mala actitude e/ou desinterese do alumnado nas clases teóricas, prácticas, saídas e todas aqueloutras actividades que se desenvolvan ao longo do curso académico, suporá a repetición daquelas tarefas nas que se deran estas circunstancias.

 

 

 

o CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN E AVALIACIÓN

 

Compoñente actitudinal e traballo diario: Seguindo os aspectos especificados no apartado anterior, vaise outorgar unha porcentaxe de 10% da nota

- Para que poida terse en conta este apartado na nota, debe acadarse un mínimo de. 0,5puntos.

- Probas escritas de avaliación : Atendendo ás pautas sinaladas no apartado anterior, outórgase un 90% da cualificación aos resultados das probas escritas.

- Realizarase, como mínimo, dúas probas por avaliación.

 

Cualificación da avaliación final ordinaria : Faranse os cálculos tendo en conta para a avaliación cada un dos aspectos sinalados con anterioridade.

Considérase superada a materia por avaliacións ou a final de curso, sempre que a puntuación sexa de 5 puntos ou máis.

- Considerarase superada a avaliación cando o alumno teña todas as probas escritas cunha nota igual ou superior a 5 puntos obteña unha nota igual ou superior a 5 puntos. Os alumnos cunha cualificación inferior terán a posibilidade de realizar unha proba de recuperación. A proba de recuperación farase ao final de curso, no mes de xuño.

- En Xuño, os alumn@s que teñen unha ou máis probas escritas (exames) con nota inferior a 5 realizarán unha proba de recuperación como medida de apoio/reforzo, independentemente de que a cualificación da avaliación correspondente fose un aprobado. Do mesmo xeito, os alumnos con todas as probas escritas aprobadas poderán presentarse para mellorar a súa nota.

- As probas de recuperación de cada avaliación , puntuaranse de 1 a 10, sendo a cualificación 5 ou superior = aprobado e menor de 5 = suspenso. sexa igual ou superior a 5.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


No caso de que no grupo haxa un alumno/a coa materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1ºESO pendente, realizarase un seguimento individualizado do mesmo/a a fin de considerar a necesidade de establecer o preceptivo reforzo educativo dirixido a garantir que no seu caso o proceso de ensino non se vexa afectado por este feito.

 

Tanto para os alumnos/as que se atopen na situación anterior, como no caso de os alumnos/as que se estén cursando 4º da ESO coa materia de 3º suspensa, tomaranse as medidas acordadas no Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, en concordancia coas directrices que marque o programa de reforzo para a recuperación de materias pendentes.


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Para os alumnos con Necesidades Específicas de Apoio Educativo serán deseñadas de xeito específico actividades en cada unha das unidades didácticas (enunciados curtos, unir, completar, ordenar, sinalar...), así como probas escritas adaptadas ás súas características específicas. Estas probas, se ben presentarán os mesmos contidos en concordancia cos criterios de avaliación, estarán formuladas de xeito máis directo e compostas por cuestións análogas ás anteriormente comentadas. Todo isto sen prexuízo de que a medida que avance o curso poida detectarse a necesidade deste tipo de actividades individualizadas noutros alumnos/as establecéndose, de ser o caso, os necesarios reforzos educativos.

 

Por outra banda, tamén están previstas actividades de ampliación para aquel alumnado que presente un maior ritmo de aprendizaxe. Tratarase de actividades motivadoras, que en todo caso vaian máis aló dos xa afianzados mínimos da materia e que supoñan un maior desafío na busca de información, así como a interrelación dos diferentes contidos.

 


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
1 Comprensión da lectura
2 Expresión oral e escrita
3 Comunicación audiovisual
4 Competencia dixital
5 Emprendemento social e empresarial
6 Fomento do espírito crítico e científico
7 Educación emocional e en valores
8 Igualdade de xénero
9 Creatividade

No deseño de actividades á hora de traballar en grupo:

- Fomentaranse de maneira transversal a igualdade entre mulleres e homes, a educación para a saúde, incluída a afectivo-sexual, a formación estética, a educación para a sustentabilidade e o consumo responsable, o respecto mutuo e a cooperación entre iguais.

- Promoverase a aprendizaxe da prevención e da resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como dos valores que sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto polos dereitos humanos e o rexeitamento da violencia terrorista, a pluralidade, o respecto polo Estado de dereito, o respecto e a consideración polas vítimas do terrorismo, e a prevención do terrorismo e de calquera tipo de violencia.

- Evitaranse os comportamentos, os estereotipos e os contidos sexistas, así como os que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero.

 

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Charla de Proxecto Home Charla de prevención de consumo de drogas.
Visita a CiMUS Actividade relacionada coas unidades de Bioloxía.

Non se rexistraron observacións

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación do nivel de dificultade ás necesidades do alumnado
Participación activa de todo o alumnado
Adecuación á temporalización das unidades didácticas
Apoio e implicación por parte das familias no traballo do alumnado
Toma de medidas de atención á diversidade para atender ao alumnado con NEAE no deseño das actividades
Toma de medidas de atención á diversidade para atender ao alumnado con NEAE na elaboración de probas escritas
Utilización de distintas estratexias metodolóxicas en función das unidades didácticas
Utilización dos distintos instrumentos de avaliación
Combinación do traballo individual co traballo cooperativo
Eficacia dos programas de apoio, reforzo, recuperación, ampliación

Estes indicadores de logro pretenden avaliar aspectos como a adecuación da proposta educativa ás características do grupo, a idoneidade das metodoloxías empregadas en cada momento, o grao de participación de alumnado e familias no proceso de ensino ou a adecuada resposta ás necesidades específicas do alumnado.

 


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


A principal referencia da que se disporá para este procedemento de seguimento e autoavaliación será a temporalización definida ao inicio do curso, debéndose analizar de xeito periódico se o programado se corresponde coas necesidades do alumnado, de modo que o desenvolvemento das unidades didácticas siga o calendario previsto.

O documento elaborado para levar dito seguimento constituirase como un caderno de traballo na aula. Neste caderno do profesor, reflectirase o desenvolvemento efectivo das sesións, facendo fincapé no aproveitamento destas e dos recursos dispoñibles.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver