Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


Esta programación didáctica desenvolve a materia de Filosofía para o 1º curso de Bacharelato tendo como referencia o Decreto 157/2022 de 2022 onde se define o curriculum da ESO e Bacharelato na CCAA de Galicia.

Na elaboración das unidades didácticas tivose en conta en primeiro lugar a especificidade da filosofía. Neste sentido é importante ter en conta que a filosofía proponse fomentar a reflexión sobre os problemas universais e fundacionais ao mesmo tempo que ofrecer unha caixa de ferramentas para a reflexión crítica e racional sobre eles. Sempre coa intención de promover a madurez persoal e social do alumnado, dende a súa autonomía, coa adquisicións de instrumentos e a súa posta en práctica.

Polo tanto, a materia de 1º de Bacharelato se constitúe como unha introdución á filosofía con tres finalidades: (1) Por un lado, ofrecer un marco conceptual e metodolóxico das inquietudes universais e fundacionais do ser humano; (2) Por outro lado, fomentar os intrumentos de dialogo e escoita racional dunha sociedade democrática e ética coas ferramentas da argumentación racional; e finalmente (3) adquirir as ferramentas para a reflexión crítica e creativa sobre un mesmo e sobre os problemas da sociedade contemporánea.

En coherencia con estes plantexamentos a materia de 1º de Bacharelato é unha introdución á filosofía. Busca fomentar a adquisición no alumnado de: (a) unha perspectiva holística e interdiciplinar sobre os principais problemas filosóficos; (b) un uso rigoroso e non dogmático da pluralidade de perspectivas filosóficas; (c) o pensamento autónomo e rigoroso; e finalmente, (d) o recoñecemento das diversas concepción e ideas sobre os problemas filosóficos.

Os criterios de correción e os indicadores de logro especificados son en consecuencia coherentes coas finalidades e obxectivos indicados, Desenvolvense polo tanto na programación ao longo dunha avaliación continua en nove unidades didácticas. Comezamos cunha introdución a disciplina e a súas ferramentes, para logo percorrer as preguntas filosóficas nas ramas da filosofía: antropoloxía, epistemoloxía, metafísica, filosofía política, ética e finalmente a estética cunha unidade didáctica centrada en Filosofía e xénero.

Outro aspecto tido en conta no deseño da programacion foi a especificidade do noso centro educativo, o seu entorno e as características do alumnado. A presente programación se desenvolve no IES Marco do Camballón e nun entorno rural. A maioría do alumnado procede das parroquias do concello e tamén da propia vila.

O grupo de 1 de Bacharelato esta composto por 29 alumnos e alumnas de entre 15 e 16 anos. Hai un alumno repetidor con TDAH.

Na elaboración das unidades didácticas tivose en conta en primeiro lugar a especificidade da filosofía. Neste sentido é importante ter en conta que a filosofía proponse fomentar a reflexión sobre os problemas universais e fundacionais ao mesmo tempo que ofrecer unha caixa de ferramentas para a reflexión crítica e racional sobre eles. Sempre coa intención de promover a madurez persoal e social do alumnado, dende a súa autonomía, coa adquisicións de instrumentos e a súa posta en práctica.

Polo tanto, a materia de 1º de Bacharelato se constitúe como unha introdución á filosofía con tres finalidades: (1) Por un lado, ofrecer un marco conceptual e metodolóxico das inquietudes universais e fundacionais do ser humano; (2) Por outro lado, fomentar os intrumentos de dialogo e escoita racional dunha sociedade democrática e ética coas ferramentas da argumentación racional; e finalmente (3) adquirir as ferramentas para a reflexión crítica e creativa sobre un mesmo e sobre os problemas da sociedade contemporánea.

En coherencia con estes plantexamentos a materia de 1º de Bacharelato é unha introdución á filosofía. Busca fomentar a adquisición no alumnado de: (a) unha perspectiva holística e interdiciplinar sobre os principais problemas filosóficos; (b) un uso rigoroso e non dogmático da pluralidade de perspectivas filosóficas; (c) o pensamento autónomo e rigoroso; e finalmente, (d) o recoñecemento das diversas concepción e ideas sobre os problemas filosóficos.

Os criterios de correción e os indicadores de logro especificados son en consecuencia coherentes coas finalidades e obxectivos indicados, Desenvolvense polo tanto na programación ao longo dunha avaliación continua en nove unidades didácticas. Comezamos cunha introdución a disciplina e a súas ferramentes, para logo percorrer as preguntas filosóficas nas ramas da filosofía: antropoloxía, epistemoloxía, metafísica, filosofía política, ética e finalmente a estética cunha unidade didáctica centrada en Filosofía e xénero.

 

 


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Adquirir unha perspectiva global, sistémica e transdisciplinaria á hora de identificar problemas e formular cuestións fundamentais e de actualidade, analizando e categorizando os seus múltiples aspectos, distinguindo o máis substancial do accesorio, e integrando información e ideas de distintos ámbitos disciplinarios, desde a perspectiva fundamental da filosofía, para recoñecer a radicalidade e transcendencia de tales cuestións, así como a necesidade de afrontalas para desenvolver unha vida reflexiva e consciente de si, e para tratar estes problemas complexos de modo crítico, creativo e transformador.
OBX2 Buscar, xestionar, interpretar, producir e transmitir correctamente información relativa a cuestións filosóficas, a partir da análise e interpretación de textos e outras formas de expresión filosófica e cultural, do emprego contrastado e seguro de fontes, o uso e análise rigoroso destas, o emprego de procedementos elementais de investigación e comunicación, e o uso e valoración adecuada de argumentos e estruturas argumentais para apreciar distintos tipos de discurso, desenvolver unha actitude indagadora, autónoma, rigorosa e creativa no ámbito da reflexión filosófica, e evitar así modos dogmáticos, falaces e nesgados de soster opinións e hipóteses.
OBX3 Practicar o exercicio do diálogo filosófico de maneira rigorosa, crítica, tolerante e empática, interiorizando as pautas éticas e formais que este require, mediante a participación en actividades grupais e a través da formulación dialóxica das cuestións filosóficas, para promover o contraste e intercambio de ideas e o exercicio dunha cidadanía activa e democrática.
OBX4 Recoñecer o carácter plural das concepcións, ideas e argumentos arredor de cada un dos problemas fundamentais da filosofía, comprendendo as principais ideas e teorías filosóficas das máis importantes pensadoras e pensadores, mediante a análise crítica e dialéctica das diversas teses relevantes e dos problemas fundamentais aos que estas responden, para xerar unha concepción complexa e non dogmática das devanditas cuestións e ideas e formarse unha visión rigorosa e persoal do que significa a filosofía, da súa riqueza e influencia cultural e histórica, e da súa achega ao patrimonio común, promovendo así unha actitude aberta, tolerante e comprometida coa resolución racional e pacífica dos conflitos.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Introdución á filosofía Introdución ao saber filosófico entre as diferentes formas de coñecemento humano. 11 15
2 Antropoloxía: natureza ou cultura? Introducción a reflexión filosófica sobre o ser humano 11 10
3 Filosofía e xénero Análise crítico das ausencias e discriminacións que cuestionan a tradición. 12 12
4 Epistemoloxía: que é coñecemento? Introdución a reflexión filosófica sobre o coñecemento: que é que, tipos.... 12 10
5 Pensando loxicamente Agumentación formalmente válida, informal, incorrecta. 8 8
6 Ontoloxía: porque existe algo e non máis ben a nada? Introdución a reflexión filosófica sobre a realidade. 12 15
7 Ética: de onde ven o ben e o mal? Introdución a reflexión filosófica sobre as diferentes concepción morais e éticas 12 15
8 Filosofía Política: que é o ben común? Introdución a reflexión filosófica sobre o ben común. 12 10
9 Estética: existe a beleza? Introdución a reflexión filosófica sobre a beleza e a arte 10 10

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. A filosofía e o ser humano
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA1.1 - Recoñecer a radicalidade e transcendencia dos problemas filosóficos mediante o seu recoñecemento, análise e reformulación en textos e outros medios de expresión, tanto filosóficos como literarios, históricos, científicos, artísticos ou relativos a calquera outro ámbito cultural.
CA1.2 - Afrontar cuestións e problemas complexos, de carácter fundamental e de actualidade, de modo interdisciplinario, sistemático e creativo, utilizando conceptos, ideas e procedementos provenientes de distintos campos do saber, e orientándoos e articulándoos criticamente desde unha perspectiva filosófica.
CA1.3 - Demostrar un coñecemento práctico dos procedementos elementais da investigación filosófica e desenvolver unha actitude indagadora, autónoma e activa no ámbito da reflexión filosófica, a través de tarefas como a identificación de fontes fiables, a procura eficiente e segura de información, e a correcta organización, deseño, análise, interpretación, avaliación, produción e comunicación desta, tanto dixitalmente como a través de medios máis tradicionais en forma de produtos orixinais, tales como traballos de investigación, disertacións, comentarios de texto ou outros discursos argumentativos, orais e escritos, sobre cuestións e problemas filosóficos, demostrando un uso correcto de normas e pautas lóxicas, retóricas e argumentativas.
CA1.4 - Promover o contraste e intercambio de ideas e a práctica dunha cidadanía activa e democrática a través da participación en actividades grupais, en especial o exercicio do diálogo racional, respectuoso, aberto e construtivo, sobre cuestións e problemas filosoficamente relevantes, diálogo no que detectar e evitar modos dogmáticos, falaces e nesgados de soster opinións e hipóteses, recoñecendo a importancia da cooperación, o compromiso coa busca da verdade, o respecto á pluralidade e o rexeitamento de toda actitude discriminatoria ou arbitraria, aplicando os devanditos principios á práctica argumentativa e ao diálogo cos demais.
CA1.5 - Xerar unha concepción complexa e non dogmática do que supón a filosofía como saber fundamental, crítico e universal, distinguíndoo doutros saberes e actividades humanas, e valorando a súa vixencia no momento actual, comprendendo os pensamentos sobre o momento actual como froito dun proceso dinámico e sempre aberto de reflexión e diálogo filosófico.
CA1.6 - Adquirir e demostrar un coñecemento significativo das ideas e teorías filosóficas sobre o ser humano, o fundamento, valor e sentido da súa existencia e a súa realidade, dalgunhas das máis importantes pensadoras e pensadores da historia, mediante a aplicación e a análise crítica daquelas no contexto da práctica individual ou colectiva da indagación filosófica.
CA1.7 - Analizar problemas éticos e políticos fundamentais e de actualidade mediante a exposición crítica e dialéctica de distintas posicións filosoficamente pertinentes na súa interpretación e resolución, desenvolvendo así o xuízo propio e a autonomía moral, mediante a análise filosófica dos devanditos problemas, considerando as distintas posicións en disputa, e elaborando, argumentando, expoñendo e sometendo ao diálogo cos demais as propias teses respecto diso.
Contidos
C1.1 - A reflexión filosófica sobre a propia filosofía. O problema filosófico da definición de filosofía.
C1.1.1 - Características da filosofía.
C1.1.2 - Concepcións da filosofía.
C1.2 - A tradición filosófica.
C1.2.1 - Breve síntese das grandes épocas históricas da filosofía.
C1.2.2 - A variedade de intereses, temas e perspectivas empregadas no facer filosófico.
C1.3 - As ausencias de colectivos e as posibles discriminacións que cuestionan a tradición.
C1.3.1 - Filosofía e condición social: a discriminación social.
C1.3.2 - Filosofía e xénero: a discriminación da muller na historia da filosofía.
C1.3.3 - Filosofía e eurocentrismo: a discriminación étnico-cultural.
C1.4 - A filosofía como saber.
C1.4.1 - A filosofía como experiencia humana. A necesidade humana de lle dar sentido racional á realidade, ás nosas accións e ao noso ser social.
C1.4.2 - Filosofía e infancia: a infancia como momento propicio para a experiencia filosófica.
C1.4.3 - Comparación con outros campos do saber: mitoloxía, relixión, ciencia, saber común, razón poética.
C1.4.4 - As grandes subdisciplinas da filosofía: os saberes filosóficos tradicionais.
C1.4.5 - Os métodos da filosofía.
C1.5 - O traballo filosófico.
C1.5.1 - Uso e análise crítico de fontes.
C1.5.2 - O traballo con textos filosóficos: comprensión e interpretación.
C1.5.3 - O traballo con materiais non filosóficos: a identificación de problemas filosóficos.
C1.5.4 - A argumentación sólida como base do pensamento e o diálogo filosóficos.
C1.5.5 - A investigación e a disertación filosóficas.
C1.6 - O sentido da filosofía no século XXI.
C1.6.1 - Sentido e finalidade da filosofía.
C1.6.2 - A vixencia da reflexión filosófica ante os retos do século XXI.
C1.6.3 - Novos temas e áreas actuais de investigación filosófica.
C1.7 - O ser humano como suxeito da experiencia filosófica e como obxecto principal da reflexión filosófica.
C1.7.1 - As grandes concepcións filosóficas sobre o ser humano.
C1.7.2 - A filosofía e a existencia humana.
C1.8 - O debate sobre a xénese e a definición da natureza humana.
C1.8.1 - A especificidade natural do Homo sapiens.
C1.8.2 - Os condicionantes históricos, sociais e culturais que nos fan ser como somos.
C1.9 - Personalidade e identidade persoal.
C1.9.1 - A estrutura psicosomática da personalidade.
C1.9.2 - Ámbitos do psiquismo: sensibilidade, emotividade, desexos, volición e facultades cognitivas.
C1.9.3 - Consciencia e linguaxe.
C1.9.4 - O problema da identidade persoal: tipos e modos de identidade.
C1.9.5 - Máis alá dos límites humanos. A especulación sobre o transhumanismo.
Bloque B2. Coñecemento e realidade
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA2.1 - Recoñecer a radicalidade e transcendencia dos problemas filosóficos mediante o seu recoñecemento, análise e reformulación en textos e outros medios de expresión, tanto filosóficos como literarios, históricos, científicos, artísticos ou relativos a calquera outro ámbito cultural.
CA2.2 - Afrontar cuestións e problemas complexos, de carácter fundamental e de actualidade, de modo interdisciplinario, sistemático e creativo, utilizando conceptos, ideas e procedementos provenientes de distintos campos do saber, e orientándoos e articulándoos criticamente desde unha perspectiva filosófica.
CA2.3 - Demostrar un coñecemento práctico dos procedementos elementais da investigación filosófica e desenvolver unha actitude indagadora, autónoma e activa no ámbito da reflexión filosófica, a través de tarefas como a identificación de fontes fiables, a procura eficiente e segura de información, e a correcta organización, deseño, análise, interpretación, avaliación, produción e comunicación desta, tanto dixitalmente como a través de medios máis tradicionais en forma de produtos orixinais, tales como traballos de investigación, disertacións, comentarios de texto ou outros discursos argumentativos, orais e escritos sobre cuestións e problemas filosóficos, demostrando un uso correcto de normas e pautas lóxicas, retóricas e argumentativas.
CA2.4 - Promover o contraste e intercambio de ideas e a práctica dunha cidadanía activa e democrática a través da participación en actividades grupais, en especial o exercicio do diálogo racional, respectuoso, aberto e construtivo, sobre cuestións e problemas filosoficamente relevantes, diálogo no que detectar e evitar modos dogmáticos, falaces e nesgados de soster opinións e hipóteses, recoñecendo a importancia da cooperación, o compromiso coa busca da verdade, o respecto á pluralidade e o rexeitamento de toda actitude discriminatoria ou arbitraria, aplicando os devanditos principios á práctica argumentativa e ao diálogo cos demais.
CA2.5 - Tomar consciencia da riqueza e influencia do pensamento filosófico sobre a realidade e a existencia, e outros problemas metafísicos, identificando e analizando as principais ideas e teorías filosóficas en textos ou documentos pertencentes a ámbitos culturais diversos, así como poñéndoas en relación con experiencias, accións ou acontecementos comúns e de actualidade.
CA2.6 - Abordar desde distintas perspectivas e disciplinas o problema filosófico do coñecemento en xeral e do coñecemento científico e tecnolóxico en particular, identificando e analizando de xeito crítico, complexo e rigoroso as ideas e teorías filosóficas que algunhas das máis importantes pensadoras e pensadores da historia propuxeron para interpretalo, a través da análise comparativa dos argumentos, principios, metodoloxías e enfoques das devanditas teses e teorías.
CA2.7 - Comprender e apreciar a importancia da solidez e validez das formas argumentativas, a partir da súa análise tanto formal como informal, e identificar as falacias e os nesgos que se poden encontrar en textos ou documentos pertencentes a ámbitos culturais diversos, como usos argumentativos ilexítimos, explicando a natureza ou mecanismo das devanditas falacias e nesgos.
Contidos
C2.1 - O problema filosófico do coñecemento.
C2.1.1 - Definición, posibilidade e límites do coñecemento.
C2.1.2 - A teoría do coñecemento: racionalismo, empirismo e outras teorías.
C2.2 - A verdade como obxectivo do coñecemento.
C2.2.1 - As teorías da verdade.
C2.2.2 - O fenómeno da desinformación e a «posverdade».
C2.3 - O razoamento e a argumentación.
C2.3.1 - A argumentación formalmente válida: a lóxica formal. Simbolización, táboas de verdade, e dedución natural da lóxica proposicional.
C2.3.2 - A argumentación informal.
C2.3.3 - A argumentación incorrecta: falacias e nesgos cognitivos.
C2.4 - O saber científico: definición, demarcación e metodoloxías científicas. A filosofía da ciencia: natureza, problemas e límites do coñecemento científico.
C2.5 - A dimensión social e política do coñecemento.
C2.5.1 - O papel da muller na ciencia e nos outros saberes.
C2.5.2 - Coñecemento e interese.
C2.5.3 - Saber e poder.
C2.5.4 - A tecnociencia contemporánea.
C2.6 - O problema metafísico do real.
C2.6.1 - Aparencia e realidade. As realidades virtuais.
C2.6.2 - Unidade e pluralidade.
C2.6.3 - Categorías e modos de ser.
C2.6.4 - Entidades físicas e obxectos ideais: o problema dos universais.
C2.6.5 - O problema filosófico do tempo e do cambio.
C2.7 - O problema mente-corpo desde a Idade Moderna á intelixencia artificial.
C2.7.1 - O problema do determinismo. Necesidade, azar e liberdade.
C2.8 - O problema filosófico da existencia de Deus.
C2.8.1 - Teísmo, ateísmo e agnosticismo.
Bloque B3. Acción e creación
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA3.1 - Recoñecer a radicalidade e transcendencia dos problemas filosóficos mediante o seu recoñecemento, análise e reformulación en textos e outros medios de expresión, tanto filosóficos como literarios, históricos, científicos, artísticos ou relativos a calquera outro ámbito cultural.
CA3.2 - Afrontar cuestións e problemas complexos, de carácter fundamental e de actualidade, de modo interdisciplinario, sistemático e creativo, utilizando conceptos, ideas e procedementos provenientes de distintos campos do saber, e orientándoos e articulándoos criticamente desde unha perspectiva filosófica.
CA3.3 - Demostrar un coñecemento práctico dos procedementos elementais da investigación filosófica e desenvolver unha actitude indagadora, autónoma e activa no ámbito da reflexión filosófica, a través de tarefas como a identificación de fontes fiables, a procura eficiente e segura de información, e a correcta organización, deseño, análise, interpretación, avaliación, produción e comunicación desta, tanto dixitalmente como a través de medios máis tradicionais en forma de produtos orixinais, tales como traballos de investigación, disertacións, comentarios de texto ou outros discursos argumentativos, orais e escritos, sobre cuestións e problemas filosóficos, demostrando un uso correcto de normas e pautas lóxicas, retóricas e argumentativas.
CA3.4 - Promover o contraste e intercambio de ideas e a práctica dunha cidadanía activa e democrática a través da participación en actividades grupais, en especial o exercicio do diálogo racional, respectuoso, aberto e construtivo sobre cuestións e problemas filosoficamente relevantes, diálogo no que detectar e evitar modos dogmáticos, falaces e nesgados de soster opinións e hipóteses, recoñecendo a importancia da cooperación, o compromiso coa busca da verdade, o respecto á pluralidade e o rexeitamento de toda actitude discriminatoria ou arbitraria, aplicando os devanditos principios á práctica argumentativa e ao diálogo cos demais.
CA3.5 - Adquirir e demostrar un coñecemento significativo das ideas e teorías filosóficas sobre o ser humano, o fundamento, valor e sentido da súa existencia e a súa realidade, dalgunhas das máis importantes pensadoras e pensadores da historia, mediante a aplicación e a análise crítica daquelas no contexto da práctica individual ou colectiva da indagación filosófica.
CA3.6 - Analizar problemas éticos e políticos fundamentais e de actualidade mediante a exposición crítica e dialéctica de distintas posicións filosoficamente pertinentes na súa interpretación e resolución, desenvolvendo así o xuízo propio e a autonomía moral, mediante a análise filosófica dos devanditos problemas, considerando as distintas posicións en disputa e elaborando, argumentando, expoñendo e sometendo ao diálogo cos demais as propias teses respecto diso.
CA3.7 - Desenvolver a sensibilidade e a comprensión crítica da arte e outras manifestacións e actividades con valor estético mediante o exercicio do pensamento filosófico sobre a beleza e a creación artística, contribuíndo así á educación dos sentimentos e ao desenvolvemento dunha actitude reflexiva con respecto á linguaxe e sentido das imaxes, e xerando un adecuado equilibrio entre o aspecto racional e emotivo na consideración destes problemas filosóficos do ámbito da estética, a través da reflexión expresa arredor da arte, e doutras actividades ou experiencias con valor estético, e a análise do papel das imaxes e a linguaxe audiovisual na cultura contemporánea.
Contidos
C3.1 - O feito ético e a razón práctica.
C3.1.1 - Separación entre ética, moral e dereito: racionalidade ética, conciencia moral e lexitimidade política.
C3.1.2 - A liberdade como condición para o diálogo ético e o xuízo moral.
C3.2 - Metaética e ética normativa.
C3.2.1 - Cognitivismo ético fronte ao emotivismo e o intuicionismo.
C3.2.2 - Formalismo ético fronte a materialismo ético.
C3.2.3 - Universalismo e relativismos éticos.
C3.2.4 - Ética do coidado: necesidade de igualdade efectiva de dereitos entre mulleres e homes.
C3.2.5 - Éticas aplicadas.
C3.2.6 - A valoración das accións á marxe da moral: alén do ben e do mal.
C3.3 - Problemas éticos actuais.
C3.3.1 - A guerra, o terrorismo e outras formas de violencia.
C3.3.2 - As desigualdades e a pobreza.
C3.3.3 - A discriminación e o respecto polas minorías.
C3.3.4 - Problemas ecosociais e medioambientais.
C3.4 - Os dereitos humanos e a posibilidade dunha ética universal de mínimos: entre a ética e o dereito.
C3.4.1 - Orixe, lexitimidade e vixencia.
C3.4.2 - Xeracións dos dereitos humanos.
C3.4.3 - Os dereitos da infancia.
C3.4.4 - Dereitos dos animais.
C3.5 - O ser humano como animal político.
C3.5.1 - Os fundamentos da organización social e do poder político: naturalismo, iusnaturalismo e contractualismo.
C3.5.2 - Definición do político: legalidade e lexitimidade.
C3.5.3 - Os principios políticos fundamentais: igualdade e liberdade; individuo e Estado; traballo, propiedade e distribución da riqueza.
C3.5.4 - O debate político contemporáneo: liberalismo, utilitarismo e comunitarismo.
C3.5.5 - Cidadanía e Estado de benestar.
C3.6 - Xustiza e democracia.
C3.6.1 - A xustiza como problema filosófico.
C3.6.2 - A reflexión filosófica sobre a democracia.
C3.6.3 - Ideais, utopías e distopías.
C3.7 - Os movementos sociais e políticos.
C3.8 - O feminismo e a perspectiva de xénero.
C3.9 - Definición, ámbitos e problemas da estética: arte, beleza e gusto.
C3.10 - Teorías sobre a beleza e a arte.
C3.10.1 - Teorías clásicas e modernas sobre a beleza e a arte.
C3.10.2 - Teorías e problemas estéticos contemporáneos.
C3.11 - A relación do estético con outros ámbitos da cultura: a reflexión sobre a imaxe e a cultura audiovisual.
C3.12 - A estética e as súas implicacións filosóficas coa ética e a política.
C3.12.1 - Ética e estética.
C3.12.2 - O papel político da arte.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Introdución á filosofía
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Recoñecer a radicalidade e transcendencia dos problemas filosóficos mediante o seu recoñecemento, análise e reformulación en textos e outros medios de expresión, tanto filosóficos como literarios, históricos, científicos, artísticos ou relativos a calquera outro ámbito cultural.
Táboa de indicadores
Comprender e reformular textos filosóficos e diferencialos dos históricos, literarios, artísticos ou científicos 24
CA1.2 Afrontar cuestións e problemas complexos, de carácter fundamental e de actualidade, de modo interdisciplinario, sistemático e creativo, utilizando conceptos, ideas e procedementos provenientes de distintos campos do saber, e orientándoos e articulándoos criticamente desde unha perspectiva filosófica.
Táboa de indicadores
Articula un ensaio crítico empregando conceptos filosóficos 23
CA1.3 Demostrar un coñecemento práctico dos procedementos elementais da investigación filosófica e desenvolver unha actitude indagadora, autónoma e activa no ámbito da reflexión filosófica, a través de tarefas como a identificación de fontes fiables, a procura eficiente e segura de información, e a correcta organización, deseño, análise, interpretación, avaliación, produción e comunicación desta, tanto dixitalmente como a través de medios máis tradicionais en forma de produtos orixinais, tales como traballos de investigación, disertacións, comentarios de texto ou outros discursos argumentativos, orais e escritos, sobre cuestións e problemas filosóficos, demostrando un uso correcto de normas e pautas lóxicas, retóricas e argumentativas.
Táboa de indicadores
Busca, analiza e expón de xeito correcto a información e as fontes de información que emprega para desenvolver as taboas. 23
CA1.5 Xerar unha concepción complexa e non dogmática do que supón a filosofía como saber fundamental, crítico e universal, distinguíndoo doutros saberes e actividades humanas, e valorando a súa vixencia no momento actual, comprendendo os pensamentos sobre o momento actual como froito dun proceso dinámico e sempre aberto de reflexión e diálogo filosófico.
Proba escrita
Definir de xeito claro e rigoroso as características e instrumentos fundamentais da filosofía 30

2 Antropoloxía: natureza ou cultura?
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.4 Promover o contraste e intercambio de ideas e a práctica dunha cidadanía activa e democrática a través da participación en actividades grupais, en especial o exercicio do diálogo racional, respectuoso, aberto e construtivo, sobre cuestións e problemas filosoficamente relevantes, diálogo no que detectar e evitar modos dogmáticos, falaces e nesgados de soster opinións e hipóteses, recoñecendo a importancia da cooperación, o compromiso coa busca da verdade, o respecto á pluralidade e o rexeitamento de toda actitude discriminatoria ou arbitraria, aplicando os devanditos principios á práctica argumentativa e ao diálogo cos demais.
Táboa de indicadores
Nos traballos en grupo intercambia ideas, aporta de xeito construtivo e argumenta de xeito oral e escrito as súas aportacións. 33
CA1.5 Xerar unha concepción complexa e non dogmática do que supón a filosofía como saber fundamental, crítico e universal, distinguíndoo doutros saberes e actividades humanas, e valorando a súa vixencia no momento actual, comprendendo os pensamentos sobre o momento actual como froito dun proceso dinámico e sempre aberto de reflexión e diálogo filosófico.
Proba escrita
Xera unha reflexión acerca do que é a filosofía e a antropoloxía distinguíndoa doutros saberes. 33
CA1.6 Adquirir e demostrar un coñecemento significativo das ideas e teorías filosóficas sobre o ser humano, o fundamento, valor e sentido da súa existencia e a súa realidade, dalgunhas das máis importantes pensadoras e pensadores da historia, mediante a aplicación e a análise crítica daquelas no contexto da práctica individual ou colectiva da indagación filosófica.
Táboa de indicadores
Analiza criticamente mediante unha exposición escrita ou oral as teorías filosóficas do ser humano, así como as pensadoras e pensadores máis relevantes. 34

3 Filosofía e xénero
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.4 Promover o contraste e intercambio de ideas e a práctica dunha cidadanía activa e democrática a través da participación en actividades grupais, en especial o exercicio do diálogo racional, respectuoso, aberto e construtivo, sobre cuestións e problemas filosoficamente relevantes, diálogo no que detectar e evitar modos dogmáticos, falaces e nesgados de soster opinións e hipóteses, recoñecendo a importancia da cooperación, o compromiso coa busca da verdade, o respecto á pluralidade e o rexeitamento de toda actitude discriminatoria ou arbitraria, aplicando os devanditos principios á práctica argumentativa e ao diálogo cos demais.
Táboa de indicadores
Nos traballos en grupo intercambia ideas, aporta de xeito construtivo e argumenta de xeito oral e escrito as súas aportacións. 33
CA1.6 Adquirir e demostrar un coñecemento significativo das ideas e teorías filosóficas sobre o ser humano, o fundamento, valor e sentido da súa existencia e a súa realidade, dalgunhas das máis importantes pensadoras e pensadores da historia, mediante a aplicación e a análise crítica daquelas no contexto da práctica individual ou colectiva da indagación filosófica.
Táboa de indicadores
Analiza criticamente mediante unha exposición escrita ou oral as teorías filosóficas do ser humano, así como as pensadoras e pensadores máis relevantes. 33
CA1.7 Analizar problemas éticos e políticos fundamentais e de actualidade mediante a exposición crítica e dialéctica de distintas posicións filosoficamente pertinentes na súa interpretación e resolución, desenvolvendo así o xuízo propio e a autonomía moral, mediante a análise filosófica dos devanditos problemas, considerando as distintas posicións en disputa, e elaborando, argumentando, expoñendo e sometendo ao diálogo cos demais as propias teses respecto diso.
Proba escrita
Elabora unha argumentación razonada oral e escrita algún dos problemas filosóficos máis relevantes da historia, desenvolvendo ao mesmo tempo unha opinión persoal 34

4 Epistemoloxía: que é coñecemento?
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Recoñecer a radicalidade e transcendencia dos problemas filosóficos mediante o seu recoñecemento, análise e reformulación en textos e outros medios de expresión, tanto filosóficos como literarios, históricos, científicos, artísticos ou relativos a calquera outro ámbito cultural.
Táboa de indicadores
Analiza de xeito argumental a trascendencia dos problemas filosóficos e a súa relación con algunha disciplina. 33
CA2.2 Afrontar cuestións e problemas complexos, de carácter fundamental e de actualidade, de modo interdisciplinario, sistemático e creativo, utilizando conceptos, ideas e procedementos provenientes de distintos campos do saber, e orientándoos e articulándoos criticamente desde unha perspectiva filosófica.
Táboa de indicadores
Argumenta sobre cuestión de actualidade empregando conceptos filosóficos. 33
CA2.6 Abordar desde distintas perspectivas e disciplinas o problema filosófico do coñecemento en xeral e do coñecemento científico e tecnolóxico en particular, identificando e analizando de xeito crítico, complexo e rigoroso as ideas e teorías filosóficas que algunhas das máis importantes pensadoras e pensadores da historia propuxeron para interpretalo, a través da análise comparativa dos argumentos, principios, metodoloxías e enfoques das devanditas teses e teorías.
Proba escrita
Compara cuestións concretas dos diferentes teorías sobre o coñecemento de xeito argumentado. 34

5 Pensando loxicamente
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.3 Demostrar un coñecemento práctico dos procedementos elementais da investigación filosófica e desenvolver unha actitude indagadora, autónoma e activa no ámbito da reflexión filosófica, a través de tarefas como a identificación de fontes fiables, a procura eficiente e segura de información, e a correcta organización, deseño, análise, interpretación, avaliación, produción e comunicación desta, tanto dixitalmente como a través de medios máis tradicionais en forma de produtos orixinais, tales como traballos de investigación, disertacións, comentarios de texto ou outros discursos argumentativos, orais e escritos sobre cuestións e problemas filosóficos, demostrando un uso correcto de normas e pautas lóxicas, retóricas e argumentativas.
Táboa de indicadores
Emprega medios dixitais axeitadamente á hora da exposición de contidos, así como unha exposición oral e escrita coherente dos mesmos. 50
CA2.4 Promover o contraste e intercambio de ideas e a práctica dunha cidadanía activa e democrática a través da participación en actividades grupais, en especial o exercicio do diálogo racional, respectuoso, aberto e construtivo, sobre cuestións e problemas filosoficamente relevantes, diálogo no que detectar e evitar modos dogmáticos, falaces e nesgados de soster opinións e hipóteses, recoñecendo a importancia da cooperación, o compromiso coa busca da verdade, o respecto á pluralidade e o rexeitamento de toda actitude discriminatoria ou arbitraria, aplicando os devanditos principios á práctica argumentativa e ao diálogo cos demais.
Táboa de indicadores
Nos traballos en grupo intercambia ideas, aporta de xeito construtivo e argumenta de xeito oral e escrito as súas aportacións. 50

6 Ontoloxía: porque existe algo e non máis ben a nada?
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.5 Tomar consciencia da riqueza e influencia do pensamento filosófico sobre a realidade e a existencia, e outros problemas metafísicos, identificando e analizando as principais ideas e teorías filosóficas en textos ou documentos pertencentes a ámbitos culturais diversos, así como poñéndoas en relación con experiencias, accións ou acontecementos comúns e de actualidade.
Táboa de indicadores
Analiza as ideas principais dun textos filosófico e ponas en relación con outros problemas principais da filosofía ou da actualidade. 33
CA2.6 Abordar desde distintas perspectivas e disciplinas o problema filosófico do coñecemento en xeral e do coñecemento científico e tecnolóxico en particular, identificando e analizando de xeito crítico, complexo e rigoroso as ideas e teorías filosóficas que algunhas das máis importantes pensadoras e pensadores da historia propuxeron para interpretalo, a través da análise comparativa dos argumentos, principios, metodoloxías e enfoques das devanditas teses e teorías.
Proba escrita
Compara cuestións concretas dos diferentes teorías sobre o coñecemento de xeito argumentado. 34
CA2.7 Comprender e apreciar a importancia da solidez e validez das formas argumentativas, a partir da súa análise tanto formal como informal, e identificar as falacias e os nesgos que se poden encontrar en textos ou documentos pertencentes a ámbitos culturais diversos, como usos argumentativos ilexítimos, explicando a natureza ou mecanismo das devanditas falacias e nesgos.
Táboa de indicadores
Analiza de xeito formal e informal a argumentación textual e identifica as falacias e nesgos. 33

7 Ética: de onde ven o ben e o mal?
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Recoñecer a radicalidade e transcendencia dos problemas filosóficos mediante o seu recoñecemento, análise e reformulación en textos e outros medios de expresión, tanto filosóficos como literarios, históricos, científicos, artísticos ou relativos a calquera outro ámbito cultural.
Táboa de indicadores
Comprender e reformular textos filosóficos e diferencialos dos históricos, literarios, artísticos ou científicos 20
CA3.2 Afrontar cuestións e problemas complexos, de carácter fundamental e de actualidade, de modo interdisciplinario, sistemático e creativo, utilizando conceptos, ideas e procedementos provenientes de distintos campos do saber, e orientándoos e articulándoos criticamente desde unha perspectiva filosófica.
Táboa de indicadores
Articula un ensaio crítico empregando conceptos filosóficos 20
CA3.3 Demostrar un coñecemento práctico dos procedementos elementais da investigación filosófica e desenvolver unha actitude indagadora, autónoma e activa no ámbito da reflexión filosófica, a través de tarefas como a identificación de fontes fiables, a procura eficiente e segura de información, e a correcta organización, deseño, análise, interpretación, avaliación, produción e comunicación desta, tanto dixitalmente como a través de medios máis tradicionais en forma de produtos orixinais, tales como traballos de investigación, disertacións, comentarios de texto ou outros discursos argumentativos, orais e escritos, sobre cuestións e problemas filosóficos, demostrando un uso correcto de normas e pautas lóxicas, retóricas e argumentativas.
Táboa de indicadores
Busca, analiza e expón de xeito correcto a información e as fontes de información que emprega para desenvolver as taboas. 20
CA3.4 Promover o contraste e intercambio de ideas e a práctica dunha cidadanía activa e democrática a través da participación en actividades grupais, en especial o exercicio do diálogo racional, respectuoso, aberto e construtivo sobre cuestións e problemas filosoficamente relevantes, diálogo no que detectar e evitar modos dogmáticos, falaces e nesgados de soster opinións e hipóteses, recoñecendo a importancia da cooperación, o compromiso coa busca da verdade, o respecto á pluralidade e o rexeitamento de toda actitude discriminatoria ou arbitraria, aplicando os devanditos principios á práctica argumentativa e ao diálogo cos demais.
Táboa de indicadores
Nos traballos en grupo intercambia ideas, aporta de xeito construtivo e argumenta de xeito oral e escrito as súas aportacións. 20
CA3.6 Analizar problemas éticos e políticos fundamentais e de actualidade mediante a exposición crítica e dialéctica de distintas posicións filosoficamente pertinentes na súa interpretación e resolución, desenvolvendo así o xuízo propio e a autonomía moral, mediante a análise filosófica dos devanditos problemas, considerando as distintas posicións en disputa e elaborando, argumentando, expoñendo e sometendo ao diálogo cos demais as propias teses respecto diso.
Proba escrita
Dialoga e expón de xeito escrito as diferentes posturas éticas e morais, relacionadas dos dilemas morais que se presentan na actualidade, elaborando así mesmo un xuizo argumentado e propio. 20

8 Filosofía Política: que é o ben común?
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.2 Afrontar cuestións e problemas complexos, de carácter fundamental e de actualidade, de modo interdisciplinario, sistemático e creativo, utilizando conceptos, ideas e procedementos provenientes de distintos campos do saber, e orientándoos e articulándoos criticamente desde unha perspectiva filosófica.
Táboa de indicadores
Articula un ensaio crítico empregando conceptos filosóficos 25
CA3.4 Promover o contraste e intercambio de ideas e a práctica dunha cidadanía activa e democrática a través da participación en actividades grupais, en especial o exercicio do diálogo racional, respectuoso, aberto e construtivo sobre cuestións e problemas filosoficamente relevantes, diálogo no que detectar e evitar modos dogmáticos, falaces e nesgados de soster opinións e hipóteses, recoñecendo a importancia da cooperación, o compromiso coa busca da verdade, o respecto á pluralidade e o rexeitamento de toda actitude discriminatoria ou arbitraria, aplicando os devanditos principios á práctica argumentativa e ao diálogo cos demais.
Táboa de indicadores
Nos traballos en grupo intercambia ideas, aporta de xeito construtivo e argumenta de xeito oral e escrito as súas aportacións. 25
CA3.5 Adquirir e demostrar un coñecemento significativo das ideas e teorías filosóficas sobre o ser humano, o fundamento, valor e sentido da súa existencia e a súa realidade, dalgunhas das máis importantes pensadoras e pensadores da historia, mediante a aplicación e a análise crítica daquelas no contexto da práctica individual ou colectiva da indagación filosófica.
Proba escrita
Expón de xeito oral e escrito a influencia das diferentes pensadoras e pensadores ao longo da historia da filosofía. 25
CA3.6 Analizar problemas éticos e políticos fundamentais e de actualidade mediante a exposición crítica e dialéctica de distintas posicións filosoficamente pertinentes na súa interpretación e resolución, desenvolvendo así o xuízo propio e a autonomía moral, mediante a análise filosófica dos devanditos problemas, considerando as distintas posicións en disputa e elaborando, argumentando, expoñendo e sometendo ao diálogo cos demais as propias teses respecto diso.
Táboa de indicadores
Dialoga e expón de xeito escrito as diferentes posturas éticas e morais, relacionadas dos dilemas morais que se presentan na actualidade, elaborando así mesmo un xuizo argumentado e propio. 25

9 Estética: existe a beleza?
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Recoñecer a radicalidade e transcendencia dos problemas filosóficos mediante o seu recoñecemento, análise e reformulación en textos e outros medios de expresión, tanto filosóficos como literarios, históricos, científicos, artísticos ou relativos a calquera outro ámbito cultural.
Táboa de indicadores
Comprender e reformular textos filosóficos e diferencialos dos históricos, literarios, artísticos ou científicos 33
CA3.2 Afrontar cuestións e problemas complexos, de carácter fundamental e de actualidade, de modo interdisciplinario, sistemático e creativo, utilizando conceptos, ideas e procedementos provenientes de distintos campos do saber, e orientándoos e articulándoos criticamente desde unha perspectiva filosófica.
Táboa de indicadores
Articula un ensaio crítico empregando conceptos filosóficos 33
CA3.7 Desenvolver a sensibilidade e a comprensión crítica da arte e outras manifestacións e actividades con valor estético mediante o exercicio do pensamento filosófico sobre a beleza e a creación artística, contribuíndo así á educación dos sentimentos e ao desenvolvemento dunha actitude reflexiva con respecto á linguaxe e sentido das imaxes, e xerando un adecuado equilibrio entre o aspecto racional e emotivo na consideración destes problemas filosóficos do ámbito da estética, a través da reflexión expresa arredor da arte, e doutras actividades ou experiencias con valor estético, e a análise do papel das imaxes e a linguaxe audiovisual na cultura contemporánea.
Proba escrita
Reflexiona de xeito oral e escrito cuestións de relevancia arredor da crítica e do papel das imaxes, arte e linguaxe audiovisual. 34

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


Coa finalidade de que o alumnado alcance unha actitude crítica e reflexiva, débeselle dotar das ferramentas necesarias para a expresión do propio pensamento. O esquema ensino-aprendizaxe que se utilizará persegue este obxectivo ao poñer a aprendizaxe dos conceptos en íntima relación coa actividade práctica de expresar as ideas persoais facendo uso das ferramentas de traballo intelectual tradicionalmente usadas no quefacer filosófico (comentario de texto, disertación, recesión, valoración de dilemas morais...). O obxectivo fundamental será o de estimular ao alumnado a pensar de xeito autónomo, aprendendo filosofía á vez que filosofan e tratando de fundamentar o que digan ou escriba con autonomía e espírito crítico.

As orientacións metodolóxicas propostas a continuación apuntan á potenciación e consolidación de competencias traballadas xa en etapas educativas anteriores. De acordo con este criterio, as metodoloxías concretas empregadas polo profesorado nesta materia deberán orientarse a:

-Potenciar unha autonomía progresiva, por parte do alumnado, na obtención, análise e procesamento da información referida ás cuestións e problemas propostos.

-Promover o diálogo e o debate horizontal entre iguais como un medio para desenvolver estratexias de conceptualización, información e comunicación intelectual.

-Manter un modelo de aprendizaxe funcional no cal as nocións que se van adquirindo sexan aplicadas á vida real ou virtual.

-Promover a lectura e análise de textos, así como a composición de textos propios e exposicións orais e escritas.

-Normalizar o uso de vocabulario técnico específico e esixir uns niveis de rigor lóxico e de coherencia argumentativa tanto nas producións orais coma nas escritas.

-Manter unha perspectiva histórica que permita rastrexar as orixes das cuestións filosóficas ou ideolóxicas simetidas a elaboración, análise ou debate

-Ofrecer instrumentos e estratexias de autoanálise e autoavaliación para detectar os avances e carencias no proceso de aprendizaxe.

-Actuar seguindo pautas de estándares profesionais na esixencia do traballo individual e colectivo: puntualidade, dedicación, actitude, rendementos, seguimento das instruccións de traballo, resultados materiais e formais, etc.

Ao inicio de cada unidade didáctica exporanse os instrumentos de avaliación a aplicar e a súa ponderación. Deixando claro os obxectivos concretos mínimos. A continuación faraxe unha introdución a cada UD activando os coñecementos previos do alumnado. Logo, desenvolveránse as actividades e proxectos propios da UD cun resume ou síntese final dos contidos e procesos presentado.

Nas aulas o alumnado traballará en grupos: dende o grupo aula aos grupos de traballo cooperativo. Realizaranse tamén tarefas individuais.

Cada proba, individual ou grupal, escrita ou oral, contará cunha rúbrica na que os instrumentos de avaliación e os obxectivos se especifiquen. Cada rúbrica será traballada na aula .Deseñaranse e aplicaranse probas e tarefas axustadas ás características do alumnado, actividades de avaliación con diferentes niveis de complexidade, activando diferentes recursos cognitivos.

Avaliación continua nunha ampla variedade de situacións, avaliando tarefas individuais e grupais. Nas tarefas grupais avaliararanse, ademais dos progresos na aprendizaxe, a implicación e aportacións do alumnado participante. Se informara individualmente dos resultados ofrecendo en cada caso propostas de mellora.

Preténdese realizar unha adecuada contribución ao Plan Lector do Centro, coa proposta de lectura voluntaria de distintos libros relacionados coa materia, así como coa lecturas de artigos xornalísticos e textos do libro do alumno/a.

Así mesmo, contribuirase ao Plan TICs coa proxección de vídeos, traballos na aula de informática, clases expositivas empregando presentacións dixitais, avaliacións interactivas e kahoots.

A materia tamén deberá contribuír a outros plans incluídos no Proxecto Educativo do centro como o Plan de Actividades do Departamento de Orientación, o Plan de Acción Titorial, o Plan de Atención á Diversidade ou o Proxecto Lingüístico de Centro, tendo presente en todo momento a Programación Xeral Anual que se redactou a inicio de curso.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Apuntamentos propios do profesorado
Caderno filosófico
Dossier conceptual
Libro de texto
Libros de lectura
Ordenador conectado a internet, proxector, altavoces
Aula virtual da materia

Cada sesión terá lugar nun aula no centro cun ordenador conectado a internet e unha pantalla con proxector e sonido, Os pupitres individuais serviran tanto para o traballo individual como para conformar diversos grupos segundo as necesidades de cada UD. En cada aula usaranse os apuntamentos ou o libro de texto, folios para escribir e diversos documentos impresos entregados ao longo do curso: textos, mapas conceptuais, fotocopias con actividades diversas. O cuaderno filosófico servirá de diario da aula. Os libros de lectura serán actividades voluntarias para redondear ou subir a nota final. A aula virtual na web do centro servira como repositorio de materias, como lugar de entrega de traballos, ferramenta de avaliación e como instrumento de comunicación.


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Nas dúas primeiras semanas do curso realizarase unha proba escrita que consistirá na lectura dun texto básico de filosofía con cuestións e un comentario crítico. Buscarase determinar tanto a comprensión lectora, expresión escrita como o grao de familiaridade cos conceptos filosóficos.

Servirá para avaliar tanto os coñecementos previos do alumnado como a súa capacidade na expresión escrita clara e rigurosa. Permirá adaptar os procesos de ensino aprendizaxe aos rascos específicos e individuais do alumnado.

Cunha tabao de indicadores baseada na observación das dúas primeiras semanas, mediante a observación na aula, se avaliara asi mesmo a autonomía do alumnado no uso das TICs.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 11.0 11.0 12.0 12.0 8.0 12.0 12.0 12.0 10.0 100.0
Proba escrita 30.0 33.0 34.0 34.0 0.0 34.0 20.0 25.0 34.0 27.97
Táboa de indicadores 70.0 67.0 66.0 66.0 100.0 66.0 80.0 75.0 66.0 72.02999999999999

Os criterios de cualificación serán os seguintes:

1. As probas escritas, calquera que sexa o seu formato (exames, probas escritas de lecturas, comentario de texto, composición, argumentación escrita ou oral...), suporá o 70 % da cualificación global (ata 7 puntos, media aritmética de dúas probas por trimestre). Esta proba será traballada tamén nas táboas de indicadores.

2. Os traballos en grupo que se propoñan que se avaliarán como proba escrita ou taboa de indicadores suporán un 20% na cualificación. Poderán realizarse varias por trimestre e a súa puntuación será acumulativa.

3. As intervencións orais baseadas nunha argumentación clara, coherente, respectuosa das ideas, así como a implicación baseado no esforzo persoal á hora da responsabilidade co traballo diario da materia suporá un 10%.

4. As actividades voluntarias (lecturas e traballos na aula virtual) servirán para redondear ou/subir a nota.

Todos estes criterios serán avaliados mediante rúbrica con indicadores claros diferenciados, comprensibles e traballados na aula co o alumnado.

A nota da avaliación final será calculada como a media aritmética das notas das tres avaliacións parciais.

Á nota de cada avaliación se lle aplicarn as seguintas regras de redondeo: (1) Ao enteiro superior máis próximo no caso de que a cifra das décimas sexa igual ou superior a 5 (un 4.5 ou un 4.6 se redondean ao 5). (2) Ao enteiro inferior máis próximo no caso de que a cifra das décimas sexa inferior a 5 (un 4.4 ou un 4.3 se redondean ao 4) .

Entenderase superada a avaliación cando o alumnado obteña unha cualificación igual ou superior ao 5, unha vez aplicados os criterios anteriores.

O procedemento de recuperación será por trimestre a través da posibilidade refacer traballos non superados ou unha proba, a determinar polo profesorado do departamento no caso de ter que ter en conta algunha cuestión concreta para favorecer a adaptación aoalumnado.

Cando un alumno/a teña dúas ou tres avaliacións suspensas, terá a oportunidade de facer unha proba extraordinaria baseada nos criterios mínimos das unidades correspondentes. A avaliación será superada cando a súa nota sexa igual ou superior a 5.

A partir do 5 de xuño darase prioridade á realización de actividades de apoio, de reforzo e de recuperación para o alumnado con materias sen superar e preparación das probas extraordinarias.

Logo da avaliación final do período ordinario ata o remate do período lectivo o alumnado terá dereito a preparar e realizar unha proba extraordinaria en xuño no caso de non ter superada algunha das avaliación ou todas suspensas.

O alumnado que si teña superada a materia nese mesmo período fará actividades de apoio, reforzo, recuperación ou ampliación.

A cualificación da avaliación extraordinaria estará composta exclusivamente polo resultado dunha proba escrita diseñada polo departamento de Filosofía (aplicarase ao resultado final o redondeo xa detallado na programación). O alumnado supera a materia cando acada una cualificación igual ou superior a 5, unha vez aplicado o redondeo.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Terase en conta o Plan de Reforzo (artigo 51 da Orde do 8 de Setembro 2021 de atención á diversidade). O plan deberá ser elaborado polo profesorado que imparte a materia baixo directrices do departamento co coñcemento da titora ou titor.

O plan deberá ter como referentes os obxectivos da materia e adquisición de competencias.

Realizaráselle ao alumnado unha proposta de traballo completo e individualizada no que se desenvolvan os criterios mínimos exisibles en cada unidade didáctica.

O alumnado que se matricule no curso académico 2022/23 no segundo curso do bacharelato e teña materias pendentes de primeiro curso ou teña que cursalas como pendentes poderá recuperalas durante o curso 2022/23 co currículo da materia que se extingue. De non superalas durante ese curso, a partir do curso 2023/24 terá que facelo co novo currículo nas condicións que se determinen. (Disposición transitoria segunda. Resolución do 26 de maio de 2022).

O departamento de Filosofía propón na aula virtual un plan de traballo con expresión dos contidos mínimos esixibles e as actividades recomendadas. Os instrumentos de avaliación a empregar serán Táboas de Indicadores (TI) sobre as actividades propostas na aula virtual e Probas Escritas (PE) que serán aplicadas en dous parciais.

Primeira proba parcial: UD da 1 a 4

Segunda proba parcial: UD: da 5 a 9.

Á nota de cada avaliación se lle aplicarn as seguintas regras de redondeo: (1) Ao enteiro superior máis próximo no caso de que a cifra das décimas sexa igual ou superior a 5 (un 4.5 ou un 4.6 se redondean ao 5). (2) Ao enteiro inferior máis próximo no caso de que a cifra das décimas sexa inferior a 5 (un 4.4 ou un 4.3 se redondean ao 4).

No caso de non superar as probas parciais o alumnado será convocado a unha proba final (Artigo 11. Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia) que se adecuará ás datas previstas para a ABAU e que versará sobre a totalidade dos contidos. Neste caso a cualificación estará composta exclusivamente polo resultado da proba final (PE) proposta (aplicarase ao resultado final o redondeo explicado e recollido na programación).

A aula virtual xogara un papel esencial no seguimento, avaliación e recuperación da materia. De ser preciso, programaranse clases fóra do horario lectivo (presenciais e/ou telemáticas) para facilitar o progreso do alumnado.

O seguimento do alumnado con materias pendentes corresponderá á xefatura de departamento en coordinación co profesorado de nivel que imparte docencia ao alumno ou alumna.


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta materia

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Non se pode fomentar un proceso de aprendixaze ensinanza da filosofía sen individualizalo a cada alumnado. Neste sentido as medidas de atención a diversidade son actuacións, estratexias e / ou programas destinadas a proporcionar resposta ás necesidade educativas do alumnado (artigo 7 decreto 229/2011, da lei orgánica 2/2006 de 3 maio).

Na avaliación previa e en coordinación coa xunta de avaliación e o departamento de orientación se desenvolveran as seguintes medidas no caso de ser precisas.

ORDINARIAS: Facilitan a adecuación do curriculum sen alteracións significativas dos obxectivos, contidos nin dos Criterios de avaliación Dan resposta as diferenzas en competencias, motivación, estratexias , estilos e ritmos de aprendizase. Sinalamos as seguintes:

1) Adapatción da xestión da aula as características concretas da aual, favorenzo o acceso aos recursoe e a convicencia.

2) Adecuación da programación ao alumnado e circunstancias do seu contorno. Logo de identificadas as barreiras (accesibilidade física, sensorial, cognitiva e emocional) deseñaranse actividades partindo dos principios do deseño universal de aprendizaxe para que as aprendizaxes sexan accesibles.

3) Metodoloxías baseadas no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos, titoría entre iguais, aprendizaxes por proxectos.

4) Adaptación dos tempos, dos instrumentos e dos procedementos de avaliación ás circunstancias do alumnado, tales como, forma de comunicación co alumnado, secuenciación de tarefas, verificación da comprensión das tarefas, dispoñibilidade dos recursos tecnolóxicos, concesión do tempo necesario. Aplicaranse as propostas recollidas nos plans, proxectos, programas, guías e protocolos elaborados pola Consellería.

5) Aulas de atención educativa e convivencia. No caso de ser preciso derivar alumnado, o profesorado proporcionará as tarefas que debe realizar, que serán corrixidas e avaliadas.

6) Reforzo educativo. Posta en práctica de mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten dificultades no progreso do alumnado.

7) Programas de enriquecemento curricular para o alumnado que presenta altas capacidades intelectuais.

EXTRAORDINARIAS. Diseñadas para atender necesidade específicas de apoio que reguiran modificacións significativas do curriculum ou supoñan unhamodificaión organizativa ou ben do xeito de acceder ao curriculum ou da modalidade de escolarización. Serán aplicadas cando as ordinarias sexan insuficientes ou se demostren esgotadas. Son casos nos que ai barreiras singificativas para conseguir os obxectivos da aprendixase axeitadas ao seu desenvolvemento (atraso madurativo, transtornos do desenvolvemento relacionados coa linguaxe e/ou comunicación, descoñecemento da (s) lingua(s) de aprendizaxe, vulnerabilidade socio educativa ou polas altas capacidades entre outras).

(1) Flexibilización da duración do período de escolarización na etapa de bacharelato. Dirixido a alumnado con altas capacidades intelectuais ou alumnado con necesidades educativas especiais.

(2) Atención educativa ao alumnado que, por circunstancias diversas, presenta dificultades para unha asistencia continuada ao centro. O docente coordinado polo profesorado titor e co asesoramento da xefatura do departamento de orientación, elaborará unha proposta de actividades educativas empregando medios telemáticos para a entrega, seguimiento e avaliación e adoptará medidas que promovan a súa inclusión.

En colaboración co titor e o departamento de orientación se fara unha planificación e desenvolvemento de actuacións destinadas ao axuste dos procesos de ensino e aprendizaxe. Na avaliación inicial permitirá adaptar as ensinanzas ao alumnado e facilitar a debida progresión na súa aprendizaxe.

No proceso de avaliación promoverase o uso de instrumentos de avaliación variados, diversos, flexibles e adaptados ás distintas situacións de aprendizaxe que permitan a valoración obxectiva do alumnado e garantan que as condicións de realización dos procesos asociados á avaliación se adapten ás necesidades do alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Proporánse medidas de reforzo individualizadas mediante lecturas, vídeos e outros materiais complementarios para alumnado que presente dificultades coas competencias básicas. Todos eles dispoñibles a través da aula virtual.

Proporánse diferentes canles para a presentación das tarefas que, de acordo coa teoría das Intelixencias Múltiples, se adapten mellor a cada un dos alumnos e alumnas. Así en cada unidade serán de elección unha serie de tarefas que propoñen formas de realización adaptadas a cada unha destas intelixencias (infografías, comics, videopresentacións, textos...)

Neste sentido para os alumnos con Necesidades Específicas de Apoio Educativo serán deseñadas de xeito específico actividades en cada unha das unidades didácticas (enunciados curtos, unir, completar, ordenar, sinalar...), así como probas escritas adaptadas ás súas características específicas. Estas probas, se ben presentarán os mesmos contidos en concordancia cos criterios de avaliación, estarán formuladas de xeito máis directo e compostas por cuestións análogas ás anteriormente comentadas. Sempre coa finalidade de potenciar o espirto critico, a autonomía do alumnado propios da filosofía. Todo isto sen prexuízo de que a medida que avance o curso poida detectarse a necesidade deste tipo de actividades individualizadas noutros alumnos/as establecéndose, de ser o caso, os necesarios reforzos educativos.

Por outra banda, tamén están previstas actividades de ampliación para aquel alumnado que presente un maior ritmo de aprendizaxe. Tratarase de actividades motivadoras, que en todo caso vaian máis aló dos xa afianzados mínimos da materia e que supoñan un maior desafío na busca de información, así como a interrelación dos diferentes contidos. Nas actividades voluntarias especificadas na metodoloxia ofreceránse este tipo de reforzos.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
1 Comprensión lectora
2 Expresión oral e escrita
3 Comunicación audiovisual
4 Competencia dixital
5 Emprendemento social
6 Fomento do espíritu crítico e científico
7 Educación emocional e en valores
8 Igualdade de xénero
9 Creatividade

A materia de filosofía é un instrumentos clave na consecución dos elementos tranversais recollidos na lexislación. Ao provover o espíritu crítico para adquirir ferramentas teóricas e prácticas no uso autónomo da razón do alumnado contribúe explícitamente, como se ven espeficando en tódolos apartados da programación, nesta transversalidade.

A educación emocional en valores democáticos, respectusos coa diversidades e consciente da discriminacións (eurocentrismo, machismo, racismo...) cunha metodoloxía de traballo en grupos e por proxectos será a clave.

A filosofía se fundamenta en textos e nas ferramentas de lectura e comentario crítico dos mesmos. O uso de ferramentas dixitais e alfabetización no uso de buscadores en internet serán outro dos pilares da materia.

No deseño de actividades á hora de traballar en grupo:

- Fomentaranse a igualdade entre mulleres e homes, a educación para a saúde, incluída a afectivo-sexual, a formación estética, a educación para a sustentabilidade e o consumo responsable, o respecto mutuo e a cooperación entre iguais.

- Promoverase a aprendizaxe da prevención e da resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como dos valores que sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto polos dereitos humanos e o rexeitamento da violencia terrorista, a pluralidade, o respecto polo Estado de dereito, o respecto e a consideración polas vítimas do terrorismo, e a prevención do terrorismo e de calquera tipo de violencia.

- Evitaranse os comportamentos, os estereotipos e os contidos sexistas, así como os que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Olimpíada Filosófica Presentación do alumnado á Olimpíada Filosófica na categoría de Disertación Filosofica, Fotografía ou Video a determinar.

A olimpíada filosófica é una iniciativa educativa que pretende achegar a Filosofía ao alumnado de diferentes xeitos, e que ten como obxectivo fomentar o espíritu crítico, o coñecemento e respecto de todo o alumnado galego que cursa materias do Departamento de Filosofía.

No caso de bacharelato a modalidade específica é Disertación, ferramenta que se traballa durante o curso, tendo como complementarias Video e Fotografía.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
1. Adecuación do deseño das unidades didácticas, temas a partir dos elementos do currículo.
2. Adecuación da secuenciación e da temporalización das unidades didácticas
3. O desenvolvemento da programación respondeu á secuenciación e a temporalización previstas.
4. Adecuación da secuencia de traballo na aula.
5. Adecuación dos materiais didácticos utilizados.
6. Adecuación do plan de avaliación inicial deseñado, incluídas as consecuencias da proba.
7. Adecuación das pautas xerais establecidas para a avaliación continua: probas, traballos, etc.
8. Adecuación dos criterios establecidos para a recuperación
9. Adecuación dos criterios establecidos para a avaliación final
10. Adecuación do desenvovlementos dos contidos ao ritmo de aprendizaxe do alumnado

Cada indicador valorarase nunha escala do 1 ao 4, indicando o 1 a menor consecución e o 4 a maior.

Os resultado desta avaliación recolleranse na memoria final de curso e poñerase en coñecemento na reunión do Departamento para poder incorporar melloras en vindeiros cursos.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


Farase un seguimento a través da aplicación Proens dúas veces por avaliación, correspondendo coas dúas unidades didácticas que se desenvolven en cada unha, para poder adiantarnos aos cambios no proceso de ensino aprendizaxe. Estes seguimentos faranse de xeito individual e poñeranse en común nas reunións de departamento.

Neste seguimento terase en conta:

1. Se as sesión prevista por UD foron as suficientes e se anortaran datas de inicio e final de cada UD.

2. O grao de cumprimento do desenvolvemento das UD.

3. Propostas de mellora

4. Concreción das propostas de mellora para materializar en cursos vindeiros.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver