Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


Situación:

O IES Marco do Camballón está situado no concello de Vila de Cruces (Pontevedra), na saída da vila en dirección a Lalín.

 

Persoal e alumnado do centro:

Conta con entre 240-250 alumnas e alumnos matriculados, 40 profesoras e profesores, unha administrativa, 3 limpadoras e 2 bedeis e 1 auxiliar de conversa.

 

Centros adscritos:

O centro conta con dous centros adscritos, todos do concello de Vila de Cruces, pero ubicados en diferentes núcleos de poboación: CEIP Nosa Señora da Piedade (Vila de Cruces) e CEIP de Cerdeiriñas (Piloño).

 

Ensinanzas que oferta o centro:

O centro oferta na actualidade dúas modalidades de bacharelato (Ciencias e mais Humanidades e Ciencias sociais), formación profesional básica de Servizos Administrativos, ciclo formativo de grao medio na especialidade de Soldadura e Caldeirería (2000 horas) e ciclo formativo de grao medio na especialidade Atención a persoas en situación de dependencia (2000 horas).

As materias que se imparten en cada curso en galego ou castelán están concretadas no Proxecto Lingüístico de Centro. Ademais, o centro fomenta a competencia plurilingüe do alumnado coa oferta dunha sección bilingüe de inglés en 1º de ESO, 2º de ESO e 3º de ESO, na meteira de Educación física.

 

Características singulares:

A Escola Municipal de Música conta cunha matrícula elevada debido, sobre todo, á gran tradición musical da zona, que conta con dúas bandas de música: Unión Musical de Ponteledesma e Banda Artística de Merza, sendo esta última unha das bandas populares máis antigas de Galicia.

A vila conta ademáis co Club de Loita Keltoi Cruces, que goza de deportistas gañadores de premios nacionais e internacionais, e mesmo agúns deses loitadores son integrantes na selección española de loita.

 

CARACTERÍSTICAS DO ALUMNADO

Lingua materna dominante: A lingua materna dominante no centro é o galego.

Problemas sociais destacados (abandono escolar, poboación emigrante, absentismo, violencia e/ou acoso escolar): Casos illados de alumnado con familias desestruturadas e en situación socioeconómica desfavorecida, que adoitan presentar problemas educativos.

Outras características: O alumnado de ESO e bacharelato reside, case na súa totalidade, no propio concello, pero tanto o dos ciclos como o profesorado procede de distintas partes de Galicia. Vila de Cruces é un concello extenso (28 parroquias), cunha poboación escasa e diseminada (5556 habitantes en 2015), que continúa descendendo e avellentándose (51,8 anos de idade media en 2015). O seu PIB por habitante é bastante inferior á media galega: 12714€ fronte a 19748€ (IGE, 2012).


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Interpretar elementos ou conxuntos arquitectónicos e de enxeñaría, empregando recursos asociados á percepción, ao estudo, á construción e á investigación de formas, para analizar as estruturas xeométricas e os elementos técnicos utilizados.
OBX2 Utilizar razoamentos indutivos, dedutivos e lóxicos en problemas de índole gráfico-matemática, aplicando fundamentos da xeometría plana para resolver graficamente operacións matemáticas, relacións, construcións e transformacións.
OBX3 Desenvolver a visión espacial, utilizando a xeometría descritiva en proxectos sinxelos, considerando a importancia do debuxo na arquitectura e nas enxeñarías, para resolver problemas e interpretar e recrear graficamente a realidade tridimensional sobre a superficie do plano.
OBX4 Formalizar e definir deseños técnicos aplicando as normas UNE e ISO de maneira apropiada e valorando a importancia que ten o esbozo para documentar graficamente proxectos arquitectónicos e de enxeñaría.
OBX5 Investigar, experimentar e representar dixitalmente elementos, planos e esquemas técnicos mediante o uso de programas específicos CAD de xeito individual ou grupal, apreciando o seu uso nas profesións actuais, para virtualizar obxectos e espazos en dúas dimensións e tres dimensións.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 TANXENCIAS E ENLACES Concepto de lugar xeométrico. Arco capaz. Aplicacións dos lugares xeométricos ás construcións fundamentais da xeometría plana. Tanxencias básicas. 8 14
2 CURVAS TÉCNICAS Óvalos e ovoides, construccións dados diferentes datos. Espirales de núcleo poligonal. Apicacións no deseño. 8 10
3 POLÍGONOS Triángulos, cuadriláteros e polígonos regulares. Propiedades e métodos de construción específicos e xerais. Construccións dado o lado e inscritos na circunferencia. 8 6
4 DESENVOLVEMENTO HISTÓRICO Desenvolvemento histórico do debuxo técnico. Campos de acción e aplicacións: debuxo arquitectónico, mecánico, proxectivo, eléctrico e electrónico, xeolóxico, urbanístico, etc. Orixes da xeometría. Thales, Pitágoras, Euclides, Hipatia de Alexandría. 2 2
5 PROPORCIONALIDADE, EQUIVALENCIA, SEMELLANZA Diferencia entre elas , exemplos de construccións e aplicacións das mesmas. 9 15
6 SISTEMA DIÉDRICO Fundamentos da xeometría proxectiva. Sistema diédrico: representación de punto, recta e plano. Trazas con planos de proxección. Determinación do plano. Pertenzas. Relacións entre elementos: interseccións, paralelismo e perpendicularidade. Obtención de distancias: punto a punto, punto a recta, recta a plano, plano a plano, dúas rectas paralelas e mínima distancia entre dúas rectas que se cruzan. 11 17
7 SISTEMA AXONOMÉTRICO Sistema axonométrico, ortogonal e oblicuo. Perspectivas isométrica e cabaleira. Disposición dos eixes e uso dos coeficientes de redución. Elementos básicos: punto, recta e plano. 11 16
8 SISTEMA DE PLANOS ACOTADOS Sistema de planos acotados. Fundamentos e elementos básicos: punto, recta e plano. Identificación de elementos para a súa interpretación en planos. 10 13
9 SISTEMA CÓNICO Sistema cónico: fundamentos e elementos do sistema. Perspectiva frontal e oblicua. 11 17
10 NORMALIZACIÓN E ESCALAS Escalas numéricas e gráficas. Construción e uso. Formatos. Dobradura de planos. Concepto de normalización. As normas fundamentais UNE, ISO e DIN. Aplicacións da normalización: simboloxía industrial e arquitectónica. Elección de vistas necesarias. Liñas normalizadas. Acotación. 11 15
11 SISTEMAS CAD Utilización da computadora na representación gráfica de proxectos 11 15

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Fundamentos xeométricos
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11
CA1.1 - Analizar, ao longo da historia, a relación entre as matemáticas e o debuxo xeométrico, valorando a súa importancia en diferentes campos como a arquitectura ou a enxeñaría, desde a perspectiva de xénero e a diversidade cultural, empregando adecuadamente o vocabulario específico técnico e artístico.
CA1.2 - Solucionar graficamente cálculos matemáticos e transformacións básicas aplicando conceptos e propiedades da xeometría plana.
CA1.3 - Resolver graficamente tanxencias e trazar curvas aplicando as súas propiedades, cunha actitude de rigor na súa execución.
CA1.4 - Trazar graficamente construcións poligonais baseándose nas súas propiedades e amosando interese pola precisión, a claridade e a limpeza.
CA1.5 - Valorar o rigor gráfico do proceso; a claridade, a precisión e o proceso de resolución e construción gráfica.
Contidos
C1.1 - Desenvolvemento histórico do debuxo técnico. Campos de acción e aplicacións: debuxo arquitectónico, mecánico, proxectivo, eléctrico e electrónico, xeolóxico, urbanístico, etc.
C1.2 - Orixes da xeometría. Thales, Pitágoras, Euclides, Hipatia de Alexandría.
C1.3 - Concepto de lugar xeométrico. Arco capaz. Aplicacións dos lugares xeométricos ás construcións fundamentais da xeometría plana.
C1.4 - Proporcionalidade, equivalencia e semellanza.
C1.5 - Triángulos, cuadriláteros e polígonos regulares. Propiedades e métodos de construción específicos e xerais.
C1.6 - Tanxencias básicas. Curvas técnicas.
C1.7 - Interese polo rigor nos razoamentos, e precisión, claridade e limpeza nas execucións.
Bloque B2. Xeometría proxectiva
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11
CA2.1 - Representar en sistema diédrico elementos básicos no espazo determinando a súa relación de pertenza, posición e distancia
CA2.2 - Definir elementos e figuras planas en sistemas axonométricos valorando a súa importancia como métodos de representación espacial.
CA2.3 - Representar e interpretar elementos básicos no sistema de planos acotados facendo uso dos seus fundamentos.
CA2.4 - Debuxar elementos no espazo empregando a perspectiva cónica.
CA2.5 - Valorar o rigor gráfico do proceso, a claridade, a precisión e o proceso de resolución e construción gráfica.
Contidos
C2.1 - Fundamentos da xeometría proxectiva.
C2.2 - Sistema diédrico: representación de punto, recta e plano. Trazas con planos de proxección. Determinación do plano. Pertenzas.
C2.3 - Relacións entre elementos: interseccións, paralelismo e perpendicularidade. Obtención de distancias: punto a punto, punto a recta, recta a plano, plano a plano, dúas rectas paralelas e mínima distancia entre dúas rectas que se cruzan.
C2.4 - Sistema axonométrico, ortogonal e oblicuo. Perspectivas isométrica e cabaleira. Disposición dos eixes e uso dos coeficientes de redución. Elementos básicos: punto, recta e plano.
C2.5 - Sistema de planos acotados. Fundamentos e elementos básicos: punto, recta e plano. Identificación de elementos para a súa interpretación en planos.
C2.6 - Sistema cónico: fundamentos e elementos do sistema. Perspectiva frontal e oblicua.
Bloque B3. Normalización e documentación gráfica de proxectos
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11
CA3.1 - Solucionar graficamente cálculos matemáticos e transformacións básicas aplicando conceptos e propiedades da xeometría plana.
CA3.2 - Documentar graficamente obxectos sinxelos mediante as súas vistas acotadas aplicando a normativa UNE e ISO na utilización de sintaxe, escalas e formatos, valorando a importancia de usar unha linguaxe técnica común.
CA3.3 - Valorar o rigor gráfico do proceso, a claridade, a precisión e o proceso de resolución e construción gráfica.
CA3.4 - Utilizar o esbozo e o bosquexo como elementos de reflexión na aproximación e indagación de alternativas e solucións aos procesos de traballo.
Contidos
C3.1 - Escalas numéricas e gráficas. Construción e uso.
C3.2 - Formatos. Dobradura de planos.
C3.3 - Concepto de normalización. As normas fundamentais UNE, ISO e DIN. Aplicacións da normalización: simboloxía industrial e arquitectónica.
C3.4 - Elección de vistas necesarias. Liñas normalizadas. Acotación.
Bloque B4. Sistemas CAD
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11
CA4.1 - Crear figuras planas e tridimensionais mediante programas de debuxo vectorial, usando as ferramentas que achegan e as técnicas asociadas.
CA4.2 - Recrear virtualmente pezas en tres dimensións aplicando operacións alxébricas entre primitivas para a presentación de proxectos en grupo.
CA4.3 - Utilizar o esbozo e o bosquexo como elementos de reflexión na aproximación e na indagación de alternativas e solucións aos procesos de traballo nos que interveñen sistemas CAD.
Contidos
C4.1 - Aplicacións vectoriais 2D-3D.
C4.2 - Fundamentos de deseño de pezas en tres dimensións.
C4.3 - Modelaxe de caixa. Operacións básicas con primitivas.
C4.4 - Aplicacións de traballo en grupo para conformar pezas complexas a partir doutras máis sinxelas.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 TANXENCIAS E ENLACES
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.3 Resolver graficamente tanxencias e trazar curvas aplicando as súas propiedades, cunha actitude de rigor na súa execución.
Proba escrita
SABER IDENTIFICAR O MÉTODO DE RESOLUCIÓN DE ENTRE OS VISTOS NA CLASE, REALIZANDO AO MENOS O PLANTEAMIENTO DO PROCESO 85
CA1.5 Valorar o rigor gráfico do proceso; a claridade, a precisión e o proceso de resolución e construción gráfica.
Proba escrita
MOSTRAR CON CLARIDADE OS DIFERENTES ELEMENTOS DO EXERCICIO, NOMEÁNDOLOS E FACENDO DISTINCIÓN ENTRE OS TRAZADOS AUXILIARES E OS PRINCIPAIS. ELIXIR ADECUADAMENTE O MATERIAL DE DEBUXO, TELO EN BO ESTADO E LIMPO. 15

2 CURVAS TÉCNICAS
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.3 Resolver graficamente tanxencias e trazar curvas aplicando as súas propiedades, cunha actitude de rigor na súa execución.
Proba escrita
SABER IDENTIFICAR O MÉTODO DE RESOLUCIÓN DE ENTRE OS VISTOS NA CLASE, REALIZANDO AO MENOS O PLANTEAMIENTO DO PROCESO 80
CA1.5 Valorar o rigor gráfico do proceso; a claridade, a precisión e o proceso de resolución e construción gráfica.
Proba escrita
MOSTRAR CON CLARIDADE OS DIFERENTES ELEMENTOS DO EXERCICIO, NOMEÁNDOLOS E FACENDO DISTINCIÓN ENTRE OS TRAZADOS AUXILIARES E OS PRINCIPAIS. ELIXIR ADECUADAMENTE O MATERIAL DE DEBUXO, TELO EN BO ESTADO E LIMPO. 20

3 POLÍGONOS
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.4 Trazar graficamente construcións poligonais baseándose nas súas propiedades e amosando interese pola precisión, a claridade e a limpeza.
Proba escrita
SABER IDENTIFICAR O MÉTODO DE RESOLUCIÓN DE ENTRE OS VISTOS NA CLASE, REALIZANDO AO MENOS O PLANTEAMIENTO DO PROCESO. 80
CA1.5 Valorar o rigor gráfico do proceso; a claridade, a precisión e o proceso de resolución e construción gráfica.
Proba escrita
MOSTRAR CON CLARIDADE OS DIFERENTES ELEMENTOS DO EXERCICIO, NOMEÁNDOLOS E FACENDO DISTINCIÓN ENTRE OS TRAZADOS AUXILIARES E OS PRINCIPAIS. ELIXIR ADECUADAMENTE O MATERIAL DE DEBUXO, TELO EN BO ESTADO E LIMPO. 20

4 DESENVOLVEMENTO HISTÓRICO
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Analizar, ao longo da historia, a relación entre as matemáticas e o debuxo xeométrico, valorando a súa importancia en diferentes campos como a arquitectura ou a enxeñaría, desde a perspectiva de xénero e a diversidade cultural, empregando adecuadamente o vocabulario específico técnico e artístico.
Táboa de indicadores
REALIZAR UNHA BUSCA DA INFORMACIÓN ESENCIAL, BEN RESUMIDA E AXUSTADA AOS TEMPOS DA EXPOSICIÓN, ACOMPAÑADA POR AO MENOS 3 IMAXES E CAS REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS COMPLETAS. 100

5 PROPORCIONALIDADE, EQUIVALENCIA, SEMELLANZA
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Solucionar graficamente cálculos matemáticos e transformacións básicas aplicando conceptos e propiedades da xeometría plana.
Proba escrita
SABER IDENTIFICAR O MÉTODO DE RESOLUCIÓN DE ENTRE OS VISTOS NA CLASE, REALIZANDO AO MENOS O PLANTEAMIENTO DO PROCESO. 80
CA1.5 Valorar o rigor gráfico do proceso; a claridade, a precisión e o proceso de resolución e construción gráfica.
Proba escrita
MOSTRAR CON CLARIDADE OS DIFERENTES ELEMENTOS DO EXERCICIO, NOMEÁNDOLOS E FACENDO DISTINCIÓN ENTRE OS TRAZADOS AUXILIARES E OS PRINCIPAIS. ELIXIR ADECUADAMENTE O MATERIAL DE DEBUXO, TELO EN BO ESTADO E LIMPO. 20

6 SISTEMA DIÉDRICO
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Representar en sistema diédrico elementos básicos no espazo determinando a súa relación de pertenza, posición e distancia
Proba escrita
REPRESENTAR PUNTOS, RECTAS E PLANOS NO SISTEMA, TANTO VULGARES COMO EN POSICIÓNS ESPECIALES, MARCANDO AS PROYECCIÓNS E AS TRAZAS, E COÑECENDO A ORDE DE PERTENZA PUNTO-RECTA-PLANO. 80
CA2.5 Valorar o rigor gráfico do proceso, a claridade, a precisión e o proceso de resolución e construción gráfica.
Proba escrita
MOSTRAR CON CLARIDADE OS DIFERENTES ELEMENTOS DO EXERCICIO, NOMEÁNDOLOS E FACENDO DISTINCIÓN ENTRE OS TRAZADOS AUXILIARES E OS PRINCIPAIS. ELIXIR ADECUADAMENTE O MATERIAL DE DEBUXO, TELO EN BO ESTADO E LIMPO. 20

7 SISTEMA AXONOMÉTRICO
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.2 Definir elementos e figuras planas en sistemas axonométricos valorando a súa importancia como métodos de representación espacial.
Proba escrita
REPRESENTAR PUNTOS, RECTAS E PLANOS NO SISTEMA, TANTO VULGARES COMO EN POSICIÓNS ESPECIALES, MARCANDO AS PROYECCIÓNS E AS TRAZAS, E COÑECENDO A ORDE DE PERTENZA PUNTO-RECTA-PLANO. 80
CA2.5 Valorar o rigor gráfico do proceso, a claridade, a precisión e o proceso de resolución e construción gráfica.
Proba escrita
MOSTRAR CON CLARIDADE OS DIFERENTES ELEMENTOS DO EXERCICIO, NOMEÁNDOLOS E FACENDO DISTINCIÓN ENTRE OS TRAZADOS AUXILIARES E OS PRINCIPAIS. ELIXIR ADECUADAMENTE O MATERIAL DE DEBUXO, TELO EN BO ESTADO E LIMPO. 20

8 SISTEMA DE PLANOS ACOTADOS
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.3 Representar e interpretar elementos básicos no sistema de planos acotados facendo uso dos seus fundamentos.
Proba escrita
REPRESENTAR PUNTOS, RECTAS E PLANOS NO SISTEMA, TANTO VULGARES COMO EN POSICIÓNS ESPECIALES, MARCANDO AS PROYECCIÓNS E AS TRAZAS, E COÑECENDO A ORDE DE PERTENZA PUNTO-RECTA-PLANO. 80
CA2.5 Valorar o rigor gráfico do proceso, a claridade, a precisión e o proceso de resolución e construción gráfica.
Proba escrita
MOSTRAR CON CLARIDADE OS DIFERENTES ELEMENTOS DO EXERCICIO, NOMEÁNDOLOS E FACENDO DISTINCIÓN ENTRE OS TRAZADOS AUXILIARES E OS PRINCIPAIS. ELIXIR ADECUADAMENTE O MATERIAL DE DEBUXO, TELO EN BO ESTADO E LIMPO. 20

9 SISTEMA CÓNICO
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.4 Debuxar elementos no espazo empregando a perspectiva cónica.
Proba escrita
REPRESENTAR PUNTOS, RECTAS E PLANOS NO SISTEMA, TANTO VULGARES COMO EN POSICIÓNS ESPECIALES, MARCANDO AS PROYECCIÓNS E AS TRAZAS, E COÑECENDO A ORDE DE PERTENZA PUNTO-RECTA-PLANO. 80
CA2.5 Valorar o rigor gráfico do proceso, a claridade, a precisión e o proceso de resolución e construción gráfica.
Proba escrita
MOSTRAR CON CLARIDADE OS DIFERENTES ELEMENTOS DO EXERCICIO, NOMEÁNDOLOS E FACENDO DISTINCIÓN ENTRE OS TRAZADOS AUXILIARES E OS PRINCIPAIS. ELIXIR ADECUADAMENTE O MATERIAL DE DEBUXO, TELO EN BO ESTADO E LIMPO. 20

10 NORMALIZACIÓN E ESCALAS
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Solucionar graficamente cálculos matemáticos e transformacións básicas aplicando conceptos e propiedades da xeometría plana.
Proba escrita
SABER IDENTIFICAR O MÉTODO DE RESOLUCIÓN DE ENTRE OS VISTOS NA CLASE, REALIZANDO AO MENOS O PLANTEAMIENTO DO PROCESO. 40
CA3.2 Documentar graficamente obxectos sinxelos mediante as súas vistas acotadas aplicando a normativa UNE e ISO na utilización de sintaxe, escalas e formatos, valorando a importancia de usar unha linguaxe técnica común.
Táboa de indicadores
CORRECTA INTERPRETACIÓN DAS VISTAS EN OBXECTOS SINXELOS, E CORRECTA DISPOSICIÓN DAS MESMAS SEN XERAR EXCESIVAS CONFUSIÓNS NA MENSAXE. 40
CA3.3 Valorar o rigor gráfico do proceso, a claridade, a precisión e o proceso de resolución e construción gráfica.
Táboa de indicadores
MOSTRAR CON CLARIDADE OS DIFERENTES ELEMENTOS DO EXERCICIO, NOMEÁNDOLOS E FACENDO DISTINCIÓN ENTRE OS TRAZADOS AUXILIARES E OS PRINCIPAIS. ELIXIR ADECUADAMENTE O MATERIAL DE DEBUXO, TELO EN BO ESTADO E LIMPO. 10
CA3.4 Utilizar o esbozo e o bosquexo como elementos de reflexión na aproximación e indagación de alternativas e solucións aos procesos de traballo.
Táboa de indicadores
ADQUIRIR CERTA DESTREZA NA TOMA DE DIMENSIÓNS E FORMAS ESQUEMÁTICAS. 10

11 SISTEMAS CAD
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1 Crear figuras planas e tridimensionais mediante programas de debuxo vectorial, usando as ferramentas que achegan e as técnicas asociadas.
Táboa de indicadores
CREACIÓN DE POLÍGONOS REGULARES E IRREGULARES, TAMÉN CIRCUNFERENCIAS. CREACIÓN DE DE PRISMAS E CILINDROS. 40
CA4.2 Recrear virtualmente pezas en tres dimensións aplicando operacións alxébricas entre primitivas para a presentación de proxectos en grupo.
Táboa de indicadores
RECREACIÓN DE PEZAS SINXELAS (POR EXEMPLO PRISMAS E PIRÁMIDES RECTOS) 20
CA4.3 Utilizar o esbozo e o bosquexo como elementos de reflexión na aproximación e na indagación de alternativas e solucións aos procesos de traballo nos que interveñen sistemas CAD.
Táboa de indicadores
UTILIZACIÓN DO ESBOZA NA FASE PREVIA AO DESEÑO, INTUÍNDOSE A CORRESPONDENCIA ENTRE ESBOZO E RESULTADO FINAL. 40

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


1. Aspectos xerais:

- Partir da competencia inicial do alumnado

- Ter en conta a diversidade: respectar os ritmos e estilos de aprendizaxe

- Potenciar as metodoloxías activas: combinar traballo individual e cooperativo, e o aprendizaxe por proxectos

- Enfoque orientado á realización de tarefas e resolución deproblemas

- Uso habitual das TIC

- Papel facilitador do profesor/a

 

2. Estratexias metodolóxicas:

- Suscitar, na medida do posible, actividades con fins creativos.

- Manter algún elemento ou dato á libre elección do alumno.

- A interacción entre os alumnos, a fin de lograr que uns aprendan doutros,baixo a supervisión do profesorado.

- A secuenciación gradual dos contidos en función do grado de dificultade, partindo sempre dos de menor grao de dificultade e terminando cos que esixen un maior grao de atención e destreza.

- Os contidos deberán ser significativos.

- A retroalimentación do sistema, aspecto sempre a ter en conta para saber que aprenden os alumnos e en que grao o fan.

- Fuxir das clases magistrais, nas que o alumnado se convérte nun mero receptor, e fomentar a participación do alumnado.

- Resolución de problemas

- Estudo de casos (proxectos)

 

3. Secuenciación habitual de traballo na aula:

Motivación:

- Presentación actividade con mapas, gráficos, textos,fotos,etc.

Información do profesor/a:

- Información básica para todo o alumnado

- Información complementaria para reforzo e apoio

- Información complementaria para afondamento e ampliación

Traballo persoal

- Lectura e comprensión de bocexos, croquis e planosacoutados.

- Análise de documentación técnica e obras de arte, deseño industrial, etc

- Resolución de problemas

- Realización de exposicións públicas

- Memorización comprensiva

Avaliación:

- Análise de producións: traballos, exercicios, proxectos, mediante rúbricas

- Exposicións orais

- Traballos individuais e en grupo

- Observación do traballo na aula

- Probas obxectivas

 

4. Agrupamentos:

Búscase unha grande interacción entre os alumnos/as e tamén ca profesora.

O reducido número de alumnado fai que as clases sexan moi personalizadas e dinámicas.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Encerado para a explicación diaria dos procedimientos
Proxector para a visualización de exemplos e a presentación de traballos por parte do alumnado
Fichas para a elaboración de exercicios que mostren as aplicación reais dos procedimientos estudados
Na aula disponse de material de debuto técnico (compás, escuadro, cartabón, lapis duro) para 6 personas, no caso de que algún alumno/a non teña
No terceiro trimestre haberá que usar a aula de informática para praticar cas ferramentas CAD

O centro dispón dunha aula de plástica e debuxo técnico ampla, equipada con mesas de debuxo, e ben iluminada.

A aula está dotada cos seguintes elementos:

- 24 mesas de debuxo de 1,20x0,80m.

- 1 pizarra branca de 2,5x1,20m e una pizarra clásica, a cal será máis utilizada.

- 1 pantalla de proxección

- 1canón de proxección

- 1 ordenador portátil

- 15 cabaletes

- 1 tórculo

- 10 tornetas para modelar

- 2 piletas con auga corrente

- 1 corcho

- 2 xogos de escadra, cartabón, reglas e compás para debuxar na pizarra.

 

Ademais, na aula haberá sempre a disposición do alumnado material funxible: folios, material de debuxo técnico, lápices, lápices de cores, ceras, rotuladores, pegamento, pinceis, témperas, acrílico, etc...

A maiores do material do centro, os alumnos deberán dispoñer de material propio: folios e utensilios de debuxo técnico (escadra, cartabón, regla milimetrada, compás, lápices 2H e 2B, goma, etc.)

No necesitrán libro de texto.

Materiais necesarios no caso de ensinanza semipresencial e/ou non presencial: os memos materiais que no caso da ensinanza presencial e, ademáis, un ordenador con webcam e conexión a internet.

Recursos didácticos:

- Libros de texto de debuxo técnico, de diversas editoriais.

- Paquete educativo de aplicacións GSuite: Classroom, Meet, Drive, Gmail, etc

- Diversas páxinas web de debuxo técnico.

- Programas de debuxo asistido por ordenador


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


A avaliación inicial realizarase ao comezar o curso académico, no mes de setembro.

Consistirá na realización de exercicios de debuxo técnico relacionados cos estándares de aprendizaxe do curso anterior e tamén de 3º da ESO. Hai que ter en conta que non todos os alumnos que cursen Debuxo Técnico 1 cursaron previamente EPV 4, xa que esta é unha materia optativa

A información recabada na avaliación inicial será transladada ao titor do grupo de referencia, e este, á súa vez, informará a familia cando esta o solicite.

Os resultados teranse en conta para comezar o curso con contidos adaptados ao nivel do alumnado, de tal xeito que a aprendizaxe sexa significativa para eles.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 8.0 8.0 8.0 2.0 9.0 11.0 11.0 10.0 11.0 11.0 11.0 100.0
Proba escrita 100.0 100.0 100.0 0.0 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0 40.0 0.0 80.4
Táboa de indicadores 0.0 0.0 0.0 100.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 60.0 100.0 19.6

As probas escritas e as exposicións públicas valoraránse de 0 a 10 puntos. O traballo na aula e a actitude tamén se valorará de 0 a 10 puntos, mediante unha taboa de observación diaria.

BAREMACIÓN NA AVALIACIÓN DOS CONTIDOS: Nota de cada avaliación = (traballos x 0,1) + apuntes x 0,1) + (probas x 0,8)

- Actividades de aula (apuntes) e traballos para expoñer: 20% da nota de cada avaliación. A nota global das actividades de cada avaliación será a media aritmética das mesmas.

- Probas específicas: 80% da nota de cada avaliación

- A nota global das probas específicas será a media aritmética das cualificacións de todas elas. Será necesario acadar, polo menos, cinco puntos na media aritmética das probas específicas para poder superar cada avaliación.

A nota final do curso será a media aritmética da nota das tres avaliacións, sempre que o alumno teña aprobadas, como mínimo, dúas e que na avaliación suspensa acadara unha cualificación mínima de tres puntos sobre dez.

Na nota final aplicarase a lei do redondeo, xa que a cualificación final do alumnado no XADE non pode incluir decimáis (cando o valor da décima e inferior a cinco, redondéase á unidade anterior, e cando o valor da décima é igual ou superior a cinco, redondéase á unidade superior)

 

Aspectos se van a valorar dentro da observación do traballo na aula: Elaborarase una lista de control na que se valorarán os seguintes indicadores:

- Capacidade de traballo individual

- Exposición adecuada dos traballos en público

- Capacidade de traballo en grupo

- Traballo de forma ordenada, pulcro e preciso

- Aporte do material necesario para o normal desenvolvemento das clases

- Coidado do material e as instalacións do centro

As probas non se recuperan individualmente, senón por avaliacións. Cando na media aritmética das probas específicas de cada avaliación non se acaden os cinco puntos sobre dez esixidos, realizarase unha nova proba co contido de todo o trimestre, na que non se considerarán os traballos realizados na aula nin a actitude. Se o alumno alcanza a nota requirida, esta substituirá á anterior.

 

AVALIACIÓN FINAL

Deberán ir á proba final aqueles alumnos/as que suspendan dúas ou tres avaliacións, e aqueles alumnos/as que, tendo suspensa unha avaliación, obteñan unha media aritméticadas tres avaliación menor que cinco puntos sobre dez..

A proba será escrita e contenrá exercicios sobre os estándares de aprendizaxe valorados nas probas realizadas durante o curso. A proba incluirá unicamente os estándares de aprendizaxe susceptibles de valorarse mediante unha proba escrita. O alumnado deberá obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 para superar o curso. Non se considerarán as prácticas nin o traballo na aula.

Na nota final aplicarase a lei do redondeo, xa que a cualificación final do alumnado no pode incluír decimais (cando o valor da décima e inferior a cinco, redondéase á unidade anterior, e cando o valor da décima é igual ou superior a cinco, redondéase á unidade superior).

Para recuperar a materia realizarse unha proba extraordinaria. Ao igual que na proba final da avaliación ordinaria, esta proba incluirá únicamente os estandares de aprendizaxe susceptibles de valorarse mediante unha proba escrita.

Valorarase unicamente esta proba final, e o alumno deberá obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 para superar o curso. Non se considerarán as actividades nin o traballo de aula.

Na nota final aplicarase a lei do redondeo, xa que a cualificación final do alumnado no pode incluir demáis (cando o valor da décima e inferior a cinco, redondéase á unidade anterior, e cando o valor da décima é igual ou superior a cinco, redondéase á unidade superior)

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Se na proba extraordinaria, o alumno non demostra a adquisición dos contidos mínimos e obtén de novo unha cualificación insuficiente, poderán darse dous casos:

a) Se o alumno non promociona de curso, deberá cursar de novo a asignatura.

b) Se o alumno promociona de curso, a asignatura de Debuxo Técnico I terá consideración de materia pendente. En tal caso, e para a superación da mesma, o alumno deberá realizar duas probas. A primeira será no mes de xaneiro e versará sobre a metade dos contidos do curso. A segunda proba será no mes de maio. Aqueles alumnos que teñan superada a proba de xaneiro (mínimo 5 puntos sobre 10) examinaranse no mes de maio da materia restante; pero, aqueles que suspenderan a devandita proba deberán examinarse de toda a materia do curso. Os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe serán os mesmos que se o alumno estivesse cursando o curso ordinario.

 

O alumno/a recuperará a materia se se da algunha das seguintes condicións:

- No caso de ter aprobado a proba de xaneiro, deberá acadar como mínimo 5 puntos (sobre 10) na media aritmética das probas de xaneiro e maio.

- No caso de ter suspendido a proba de xaneiro, deberá acadar como mínimo 5 puntos (sobre 10) na proba de maio

Se o alumno non recupera a materia no mes de maio terá dereito a presentarse a unha proba extraordinaria no mes de xuño.

A coordinación e seguimiento da avaliación das aprendizaxes do alumno que teña materias pendentes de cursos anteriores será responsabilidade da Xefa de Departamento.


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


O alumno ou alumna deberá matricularse na materia como pendente.


6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Segundo as características do alumnado, as adaptaciones realizadas serán de carácter ordinario, e serán:

- adaptación dos tempos, espacialmente nos traballos largos e exames, para alumnado máis minucioso ou en proceso de axilizar o trazado.

- reforzos, se é necesario, durante a hora do recreo

- deseño de actividades de reforzo e de ampliación para todas as unidades didácticas


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11
1 Comprensión lectora
2 Comunicación oral e escrita
3 Comunicación audiovisual
4 Competencia dixital
5 Emprendemento, autonomía, iniciativa e creatividade
6 Competencia emocional
7 Valores democráticos e xustiza
8 Resolución pacífica de conflictos, rexeitamento da violencia
9 Rechazo ao sexismo e á discriminación LGTBIQ+
10 Traballo en equipo

A maioría dos diferentes valores e elementos transversais que contén o curriculum da etapa son obxecto de traballo diario ao longo de todo o curso, debido a que:

- a metodoloxía que combina diferentes formas de cooperación as cales axudan á convivencia

- é necesario traballar con autonomía e autocrítica, así como amosar iniciativa, para levar a cabo as diferentes actividades propostas

- a expresión oral traballarase especialmente á hora de expoñer os traballos

- será necesario realizar búsquedas de información na rede.

Por outra banda, destinarse un tempo á lectura, segundo o plan lector do centro.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Actividade por definir Organizaranse actividades complementarias, preferentemente en colaboración con outros departamentos, para así aproveitar as saídas para traballar contidos de diferentes materias.

As actividades complementarias e extraescolares que se realizarán serán: saídas, visitas culturais (museos, exposicións,...), participación nas actividades programadas polo centro e outras, sempre de índole cultural.

Estas serán organizadas en coordinación coa Vicedirección do Centro e comunicadas con tempo suficiente a alumnos e pais.

Terase especial coidado en que estas actividades complementarias e extraescolares non supoñan un obstáculo para a consecución dos obxectivos suscitados, senón todo o contrario. Polo tanto, non se programarán actividades complementarias no último mes de cada avaliación, de ser posible.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico O nivel de dificultade foi adecuado ás características do alumnado?
Metodoloxía empregada Conseguiuse crear un conflito cognitivo que favoreza a aprendizaxe?
Metodoloxía empregada Conseguíuse motivar para conseguir a súa actividade intelectual e física?
Metodoloxía empregada Conseguiuse a participación activa de todo o alumnado?
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais Contouse co apoio e implicación das familias no traballo do alumnado?
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais Mantívose un contacto periódico coa familia por parte do profesorado?
Medidas de atención á diversidade Tomouse algunha medida curricular para atender al alumnado con NEAE?
Medidas de atención á diversidade Tomouse algunha medida organizativa para atender al alumnado con NEAE?
Medidas de atención á diversidade Atendeuse adecuadamente á diversidade do alumnado?
Medidas de atención á diversidade Usáronse distintos instrumentos de avaliación?
Medidas de atención á diversidade Dáse un peso real á observación do traballo na aula?
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Valorouse adecuadamente o traballo colaborativo do alumnado dentro do grupo?
Metodoloxía empregada Como norma xeral fanse explicacións xerais para todo o alumnado
Medidas de atención á diversidade Ofrécese a cada alumno/a as explicacións individualizadas que precisa?
Medidas de atención á diversidade Elabóranse actividades de distinta dificultade atendendo á diversidade
Medidas de atención á diversidade Elabóranse actividades de distinta dificultade atendendo á diversidade
Metodoloxía empregada Utilízanse distintas estratexias metodolóxicas en función dos temas a tratar?
Metodoloxía empregada Intercálase o traballo individual e en equipo?
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Poténcianse estratexias de animación á lectura e de comprensión e expresión oral?
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Incorpóranse ás TIC aos procesos de ensino - aprendizaxe
Metodoloxía empregada Préstase atención aos temas transversais vinculados a cada estándar?
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Ofrécese ao alumnado de forma inmediata os resultados das probas/exames,etc?
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Coméntase co alumnado os fallos máis significativos das probas /exames, etc?
Metodoloxía empregada Dáselle ao alumnado a posibilidade de visualizar e comentar os seus fallos?
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais Cal é o grao de implicación nas funcións de titoría e orientación do profesorado?
Medidas de atención á diversidade Realizáronse as ACS propostas e aprobadas?

A avaliación realizarase tanto de forma continua como a final de curso, utilizando escalas elaboradas cos indicadores de logro enumerados, os 12 primeiros para a avaliación do proceso de ensino, e os 12 restantes para a práctica docente.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


MECANISMO DE REVISIÓN

A programación didáctica revisarase unha vez o mes. Os resultados de dita revisión recolleranse nas actas de departamento.

En caso de desfase refarase a programación de aula, deseñando unidades didácticas que engloben máis contidos e, se fora o caso, eliminando aqueles que afecten a estándares de aprendizaxe que non teñen peso na cualificación.

 

MECANISMO DE AVALIACIÓN E MODIFICACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

 

Procederase á avaliación e posterior modic¡ficación se é o caso, da programación didáctica, en base aos seguintes indicadores de logro:

1.- Deseñáronse unidades didácticas ou temas a partir dos elementos do currículo?

2.- Secuenciáronse e temporalizáronse as unidades didácticas/temas/proxectos?

3.- O desenvolvemento da programación respondeu á secunciación e temporalización?

4.- Engadiuse algún contido non previsto á programación?

5.- Foi necesario eliminar algún aspecto da programación prevista?

6.- Secuenciáronse os estándares para cada unha das unidades/temas

7.- Fixouse un grao mínimo de consecución de cada estándar para superar a materia?

8.- Asignouse a cada estándar o peso correspondente na cualificación ?

9.- Vinculouse cada estándar a un/varios instrumentos para a súa avaliación?

10.- Asociouse con cada estándar os temas transversais a desenvolver?

11.- Fixouse a estratexia metodolóxica común para todo o departamento?

12.- Estableceuse a secuencia habitual de traballo na aula?

13.- Son adecuados os materiais didácticos utilizados?

14.- O libro de texto é adecuado, atractivo e de fácil manipulación para o alumnado?

15.- Deseñouse un plan de avaliación inicial fixando as consecuencias da mesma?

16.- Elaborouse unha proba de avaliación inicial a partir dos estándares?

17.- Fixouse para o bacharelato un procedementos de acreditación de coñecementos previos?

18.- Establecéronse pautas xerais para a avaliación continua: probas, exames, etc.

19.- Establecéronse criterios para a recuperación dun exame e dunha avaliación

20.- Fixáronse criterios para a avaliación final?

21.- Establecéronse criterios para a avaliación extraordinaria?

22- Establecéronse criterios para o seguimento de materias pendentes?

23.- Fixáronse criterios para a avaliación desas materias pendentes?

24.- Elaboráronse os exames tendo en conta o valor de cada estándar?

25.- Definíronse programas de apoio, recuperación, etc. vinculados aos estándares?

26.- Leváronse a cabo as medidas específicas de atención ao alumnado con NEE?

27.- Leváronse a cabo as actividades complementarias e extraescolares previstas?

28.- Informouse ás familias sobre criterios de avaliación, estándares e instrumentos?

29.- Informouse ás familias sobre os criterios de promoción? (Arto 21o, 5 do D.86/15)

30.- Seguiuse e revisouse a programación ao longo do curso

31.- Contribuíuse desde a materia ao plan de lectura do centro?

32.- Usáronse as TIC no desenvolvemento da materia?


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver