Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A materia de Lingua Galega en primeiro de bacharelato continúa o trazado establecido na etapa anterior; aínda que presenta uns fins determinados de acordo aos obxectivos desta etapa. Por unha banda, preténdese mellorar a eficacia comunicativa do alumnado na produción, recepción e interacción oral, escrita e multimodal e pola outra, favorecer un uso ético da linguaxe.

 

Tendo en conta que a aprendizaxe da lingua progresa en espiral, os contidos que se abordan en primeiro de bacharelato non son significativamente diferentes aos de cursos anteriores, senón que a diferenza radica no grao de profundidade coa que son tratados; pero coa singularidade de que no bacharelato, o desenvolvemento das competencias do alumnado requirirá unha maior atención a textos académicos e dos medios de comunicación.

 

Os criterios de avaliación e os contidos distribúense en catro bloques. En primeiro lugar, «As linguas e os seus falantes» recolle diferentes aspectos sociolingüísticos, facendo fincapé na diversidade lingüística. É de vital importancia que neste momento o alumnado repare na realidade lingüística de Galicia, así como no lugar que ocupa o noso idioma no contexto peninsular co propósito de que desenvolva unha actitude de respecto e aprecio pola lingua, carente de prexuízos de índole idiomática. O segundo bloque, «Comunicación» abarca os saberes implicados na comunicación oral e escrita e a alfabetización informacional e mediática. O terceiro bloque, «Educación literaria» procura consolidar o hábito lector do alumnado, incrementar a súa capacidade para interpretar textos literarios e realizar un achegamento ao contexto histórico-cultural comprendido entre a Idade Media e a literatura, «Antre dous séculos». E o cuarto bloque, «Reflexión sobre a lingua», pretende acometer a aprendizaxe sistemática da gramática a través de procesos de indagación.

 

Alén dos contidos lingüísticos, sociolingüísticos e literarios que inclúe a programación da materia de Lingua Galega e Literatura deste curso, cómpre tamén salientar a incorporación de nocións básicas das linguas da Península Ibérica, particularmente, da portuguesa.

 

Este fomento do ensino/aprendizaxe do portugués está en consonancia coa Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, e coas directrices da Unión Europea relativas ao coñecemento das variedades lingüísticas próximas e, de modo especial, ás transfronteirizas que presentan vínculos históricos e estruturais tan evidentes como acontece co galego e o portugués. A coñecida tamén como Lei Valentín Paz Andrade incide nesta idea ao establecer que «a lingua propia de Galicia, polo feito de ser intercomprensible co portugués, outórgalle unha valiosa vantaxe competitiva á cidadanía galega» e prosegue, «por iso debemos dotarnos de métodos formativos e comunicativos que nos permitan desenvolvernos con naturalidade nunha lingua que nos é moi próxima e nos concede unha grande proxección internacional».

 

A proposta didáctica que se presenta para primeiro de bacharelato está articulada arredor de nove unidades didácticas cuxos títulos gardan relación co propio contido da unidade. Abórdanse en todas elas os catro bloques de contidos e están articuladas segundo a Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

.

En cada un dos trimestres, o alumnado desenvolverá diferentes proxectos. Realizados en grupo e presentado nunha exposición oral. Nestes traballos de pesquisa os temas estarán vinculados cos contidos ou con elementos transversais. Ecoloxismo, ecolingüismo, música, literatura medieval, autores do século XIX.

 

Finalmente, hai que indicar que as lecturas obrigatorias propostas para cada trimestre corresponden a diferentes temáticas, autores e xéneros literarios.

 


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Explicar e apreciar a diversidade lingüística do mundo a partir do coñecemento da realidade plurilingüe e pluricultural da Península Ibérica (e, máis concretamente, do portugués, catalán e éuscaro) e a riqueza dos bloques e áreas dialectais do galego, así como da reflexión sobre os fenómenos do contacto entre linguas, para favorecer a reflexión interlingüística, para combater os estereotipos e prexuízos lingüísticos e para valorar esta diversidade como fonte de patrimonio cultural.
OBX2 Comprender e interpretar textos orais e multimodais, con especial atención aos textos académicos e dos medios de comunicación, recollendo o sentido xeral e a información máis relevante, identificando o punto de vista e a intención do emisor e valorando a súa fiabilidade, a súa forma e o seu contido, para construír coñecemento, para formarse opinión e para ampliar as posibilidades de gozo e lecer.
OBX3 Producir textos orais e multimodais, con atención preferente aos de carácter académico, con rigor, fluidez, coherencia, cohesión e o rexistro adecuado, atendendo ás convencións propias dos diferentes xéneros discursivos, e participar en interaccións orais con actitude cooperativa e respectuosa, tanto para construír coñecemento e establecer vínculos persoais, como para intervir de maneira activa e informada en diferentes contextos sociais.
OBX4 Comprender, interpretar e valorar textos escritos, con sentido crítico e diferentes propósitos de lectura con especial atención a textos académicos e dos medios de comunicación, recoñecendo o sentido global e as ideas principais e secundarias, integrando a información explícita e realizando as inferencias necesarias, identificando a intención do emisor, reflexionando sobre o contido e a forma e avaliando a súa calidade e fiabilidade, para dar resposta a necesidades e intereses comunicativos diversos e para construír coñecemento.
OBX5 Producir textos escritos e multimodais coherentes, cohesionados, adecuados e correctos, con especial atención aos xéneros discursivos do ámbito académico, para construír coñecemento e dar resposta de maneira informada, eficaz e creativa a demandas comunicativas concretas.
OBX6 Seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes, avaliando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de manipulación e desinformación, e integrala e transformala en coñecemento para comunicala, cun punto de vista crítico e persoal á vez que respectuoso coa propiedade intelectual, especialmente no marco da realización de traballos de investigación sobre temas do currículo ou vinculados ás obras literarias lidas.
OBX7 Seleccionar e ler de maneira autónoma obras relevantes da literatura contemporánea como fonte de pracer e coñecemento, configurando un itinerario lector que se enriqueza progresivamente en canto á diversidade, complexidade e calidade das obras, e partillar experiencias lectoras para construír a propia identidade lectora e gozar da dimensión social da lectura.
OBX8 Ler, interpretar e valorar obras relevantes do patrimonio galego, lusófono e universal, utilizando unha metalinguaxe específica e mobilizando a experiencia biográfica e os coñecementos literarios e culturais que permiten establecer vínculos entre textos diversos, para conformar un mapa cultural, para alargar as posibilidades de gozo da literatura e para crear textos de intención literaria.
OBX9 Consolidar e afondar no coñecemento explícito e sistemático sobre a estrutura da lingua e os seus usos, e reflexionar de maneira autónoma sobre as eleccións lingüísticas e discursivas, coa terminoloxía adecuada, para desenvolver a conciencia lingüística, para aumentar o repertorio comunicativo e para mellorar as destrezas tanto de produción oral e escrita como de comprensión e interpretación crítica.
OBX10 Pór as prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática, a resolución dialogada dos conflitos e a igualdade de dereitos de todas as persoas, utilizando unha linguaxe non discriminatoria e desterrando os abusos de poder a través da palabra, para favorecer un uso non só eficaz senón tamén ético e democrático da linguaxe.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Os elementos da comunicación. A orixe do galego. Introdución á literatura medieval. Realización dunha avaliación inicial nas primeiras sesións. Abordaxe do coñecemento da realidade multilingüe do Estado español. Atenderase especialmente ao desenvolvemento sociohistórico do galego e do portugués. Estudo do acento diacrítico e breve presentación das categorías gramaticais. Verase o uso correcto de todos os signos de puntuación, avanzarase no emprego eficaz do corrector ortográfico en liña, OrtoGal. O alumnado coñecerá ferramentas lingüísticas dixitais para ter toda a terminoloxía á súa disposición. Estudaranse as características do texto oral e do texto escrito. Focalizarase a atención nun dos principais textos académicos: o ensaio. Atenderase á súa estrutura básica e características. Pescuda bibliográfica de ensaios en galego sobre diferentes temáticas, a partir da recomendación da/o docente. Iniciarase o estudo da literatura medieval galego-portuguesa. Difundiranse entre o alumnado fontes de consulta relacionadas coa tradición literaria medieval galego-portuguesa. 10 10
2 A lírica profana. As cantigas de amigo e de amor. Estudo dos trazos lingüísticos distintivos das linguas da Península Ibérica, con especial atención ao éuscaro e ao catalán. Abordaxe da situación sociolingüística das linguas do Estado español. Tratamento dos elementos que participan no proceso de comunicación: emisor, receptor, canle, código, mensaxe, referente e situación; así como dos elementos non verbais da comunicación: xestos, miradas, postura, ton e velocidade da voz. O estudo das seguintes propiedades textuais I: a coherencia e a cohesión, con especial atención á cohesión a través do uso dos tempos verbais. Lectura obrigatoria dun libro da literatura actual con temática medieval. Atenderase á temática que aborda este xénero, á súa estrutura e estilo; así como aos valores éticos e estéticos que transmite. Repaso xeral dos diferentes niveis da lingua: fonolóxico, gramatical (morfosintáctico) e léxico. Estudo da lírica profana e concretamente, da cantiga de amigo e da cantiga de amor. 10 11
3 A lírica profana. As cantigas satíricas de escarnio e maldizer. Os xéneros menores. Planificación da temática e procura de información dun traballo de exposición en grupo relacionado co ecoloxismo, o ecolingüismo. Terase en conta a audiencia á que vai destinada, o tempo de exposición, controlaranse os aspectos da linguaxe non verbal e aplicaranse os trazos discursivos e lingüísticos característicos da oralidade formal. As cantigas de escarnio e maldicir e os xéneros menores da lírica profana. 15 14
4 Sociolingüística. Os prexuízos e os estereotipos lingüísticos. Remedios. Identificación de prexuízos e estereotipos relacionados coa lingua e estratexias para contrarrestalos. Estudo dos xéneros discursivos do ámbito social. Por unha banda, estudarase a conversa sincrónica (chat) como exemplo referido ás redes sociais e pola outra, a crónica informativa ou xornalística como exemplificación dun xénero discursivo característico dos medios de comunicación. O alumnado aprenderá a gardar información académica nunha plataforma de almacenamento persoal na Rede. Do punto de vista do funcionamento da lingua, nesta unidade abordaranse os principais elementos que poden aparecer no esquema semántico dunha oración en exemplos achegados polo profesor/a. Afondarase na lírica relixiosa medieval, na decadencia da lírica galego-portuguesa e na prosa medieval. Relacionaranse algunhas composicións con outras obras (clásicas e actuais) e con outras experiencias artísticas e culturais. O alumnado deberá saber interpretar as obras ao abeiro do seu contexto sociohistórico. 10 8
5 As linguas en contacto. Interferencias lingüísticas. O bilingüismo e a diglosia lingüística. Os séculos escuros. A ilustración. Análise dos fenómenos do contacto entre linguas: bilingüismo, préstamos, interferencias. Diglosia lingüística e diglosia dialectal. Influencia das redes sociais e dos medios de comunicación nestes fenómenos. Estudo dos textos orais e concretamente, do diálogo. Emprenderase o estudo do diálogo espontáneo ou conversa e do diálogo planificado, centrando a atención no debate, no faladoiro e na entrevista. Tratamento da literatura do período do galego medio (Séculos Escuros e Ilustración). Lectura dun poemario de carácter amoroso do século XXI. Realización dun booktráiler sobre esta obra con análise dos seus elementos constitutivos e relación entre a temática dos poemas e a lírica profana medieval estudada. A lectura desta obra será o precedente para efectuar o tratamento do canon literario e o estudo da distinción entre literatura canónica e de consumo, clásicos e bestsellers. 10 12
6 O contexto sociolingüístico dos precursores, O Rexurdimento. Falamos e escribimos formalmente. Os textos académicos. Inicio da unidade cunha lectura de carácter sociolingüístico con análise dos usos discriminatorios da lingua e da manipulación da linguaxe. Xéneros discursivos do ámbito académico II: a recensión. Estrutura básica e características. Estudo das propiedades textuais III: conectores, marcadores discursivos e outros procedementos léxico-semánticos e gramaticais que contribúen á cohesión do texto. Niveis de lingua e niveis de fala e con estes, os usos lingüísticos para adecuar o rexistro á situación de comunicación. Proxecto de creación literaria de microrrelatos. Pescuda de obras da literatura galega e lusófona que constitúan precedentes. O Rexurdimento e a figura de Rosalía de Castro. Lectura da súa obra con perspectiva de xénero e vínculos intertextuais con obras doutros autores. Elaboración dun traballo de investigación sobre a figura de Rosalía na actualidade. Como se vende e se compra a imaxe e a obra desta autora no século XXI. 10 13
7 O galego e as Leis. Os textos xornalísticos. A noticia. As falsas noticias. A obra de Curros Enríquez. Estudo dos dereitos lingüísticos, a súa expresión en leis e declaracións institucionais. Atenderase á alfabetización informacional a través do estudo da noticia, abordaranse aspectos como a propiedade intelectual, as noticias falsas e o ciberanzol. Nocións de tecnoética: o copyright. Estudo da vida e obra de Curros Enríquez. Análise da súa obra ao abeiro do contexto sociohistórico e da tradición literaria. O alumnado declamará algúns dos seus poemas ao tempo que se fará unha interpretación dunha serie de composicións seleccionadas pola/o docente das súas obras, "Aires da miña terra" e de "O divino sainete" que serán posteriormente sometidos a discusión e conversas literarias . Veranse as influencias doutros autores na obra de Curros Enríquez. 10 9
8 Mudan os tempos mudan os significados. As relacións semánticas. Vida e obra de Eduardo Pondal. Nesta unidade abordaranse os modelos de convivencia entre as linguas, as súas causas e consecuencias. A seguir, ensinaranse estratexias de cooperación conversacional e cortesía lingüística. Amais disto, veranse os procedementos de adquisición e formación de palabras e reflexionarase sobre as mudanzas no seu significado. Posteriormente, estudaranse as relacións semánticas destas. E, finalmente, abordaranse os valores denotativos e connotativos en función da súa adecuación ao contexto e ao propósito comunicativo. Lectura dunha novela gráfica que ten como protagonista a Pondal e que se relacionará, á súa vez, co contexto da súa época. Estudo da biografía e obra de Eduardo Pondal, relacionando as súas composicións co seu contexto sociohistórico e coa tradición literaria. 10 8
9 A linguaxe publicitaria. O sexismo na publicidade. Linguas hexemónicas. As linguas minoritarias e minorizadas. A literatura galega "antre dous Séculos" (1890-1916) Nesta unidade veranse varios conceptos de carácter sociolingüístico: As linguas hexemónicas, as linguas minoritarias e as linguas minorizadas. Abordarase tamén o ecolingüismo. Elaboración e exposición dun traballo acerca do sexismo na publicidade, partindo dunha investigación bibliográfica a partir de recomendacións da/o docente. Avaliarase a elaboración, a corrección gramatical e ortográfica, e a propiedade léxica e a exposición oral. Elaboración dun pequeno traballo de investigación sobre unha das categorías gramaticais abordadas ao longo do curso. Uso autónomo de dicionarios, manuais de gramática e outras fontes de consulta, en soporte analóxico e dixital. Estudo da literatura galega da etapa, «Antre dous Séculos» (1890-1916). 15 20

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. As linguas e os seus falantes
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA1.1 - Recoñecer e valorar as linguas da Península Ibérica e as variedades dialectais do ámbito lingüístico galego-portugués, con especial atención ás do propio territorio, a partir da explicación do seu desenvolvemento histórico e da situación actual, contrastando de maneira explícita e coa metalinguaxe apropiada aspectos lingüísticos e discursivos das distintas linguas (especialmente da éuscara e catalá), así como das variantes dialectais do tronco lingüístico galego-portugués, en manifestacións orais, escritas e multimodais
CA1.2 - Cuestionar e refutar prexuízos e estereotipos lingüísticos adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal, a partir da exploración e reflexión arredor dos fenómenos do contacto entre linguas, con especial atención ao papel das redes sociais e dos medios de comunicación, e da investigación sobre os dereitos lingüísticos e diversos modelos de convivencia entre linguas.
CA1.3 - Identificar e desterrar os usos discriminatorios da lingua, os abusos de poder a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe a partir da reflexión e análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais que rexen a comunicación entre as persoas.
CA1.4 - Utilizar estratexias para a resolución dialogada dos conflitos e a procura de consensos tanto no ámbito persoal como educativo e social.
Contidos
C1.1 - Desenvolvemento sociohistórico e situación actual das linguas da Península Ibérica.
C1.2 - Estudo comparativo das principais variedades dialectais do galego e do portugués (especialmente de Portugal e do Brasil).
C1.3 - Semellanzas e diferenzas lingüísticas e discursivas máis salientables entre as linguas da Península Ibérica (con especial atención ao éuscaro e ao catalán), contrastándoas en manifestacións orais, escritas e multimodais.
C1.4 - Estratexias de reflexión interlingüística e sociolingüística.
C1.5 - Estratexias de detección de prexuízos e estereotipos lingüísticos coa finalidade de os combater.
C1.6 - Os fenómenos do contacto entre linguas: bilingüismo, préstamos, interferencias. Diglosia lingüística e diglosia dialectal. O papel actual das redes sociais e dos medios de comunicación.
C1.7 - Dereitos lingüísticos, a súa expresión en leis e declaracións institucionais. Modelos de convivencia entre linguas, as súas causas e consecuencias. Linguas hexemónicas. Linguas minoritarias e linguas minorizadas. Ecoloxía e sostibilidade lingüística.
Bloque B2. Comunicación
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA2.1 - Identificar o sentido global, a estrutura, a información relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais complexos propios de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos.
CA2.2 - Valorar a forma e o contido de textos orais e multimodais complexos, avaliando a súa calidade, fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
CA2.3 - Realizar exposicións e argumentacións orais formais con diferente grao de planificación sobre temas de interese científico e cultural e de relevancia académica e social, axustándose ás convencións propias de cada xénero discursivo con fluidez, rigor, coherencia, cohesión e o rexistro adecuado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
CA2.4 - Participar de maneira activa e adecuada en interaccións orais (formais e informais) e no traballo en equipo con actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e cortesía lingüística.
CA2.5 - Identificar o sentido global, a estrutura, a información relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais especializados, con especial atención a textos académicos e dos medios de comunicación, realizando as inferencias necesarias e con diferentes propósitos de lectura.
CA2.6 - Valorar criticamente a forma e o contido de textos complexos avaliando a súa calidade, a fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
CA2.7 - Elaborar textos académicos coherentes, cohesionados e co rexistro adecuado sobre temas curriculares ou de interese social e cultural, precedidos dun proceso de planificación que atenda á situación comunicativa, destinatario, propósito e canle de redacción e revisión de borradores de maneira individual ou entre iguais, ou mediante outros instrumentos de consulta.
CA2.8 - Incorporar procedementos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.
CA2.9 - Elaborar traballos de investigación de maneira autónoma, en diferentes soportes, sobre temas curriculares de interese cultural que impliquen localizar, seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes; calibrar a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura; organizala e integrala en esquemas propios; e reelaborala e comunicala de maneira creativa, adoptando un punto de vista crítico e respectuoso coa propiedade intelectual.
CA2.10 - Avaliar a veracidade de noticias e informacións, con especial atención ás redes sociais e outros contornos dixitais, seguindo pautas de análise, contraste e verificación, facendo uso da ferramenta adecuada e mantendo unha actitude crítica fronte ás posibles desviacións da información.
Contidos
C2.1 - Contexto vinculado ás estratexias de comprensión, produción e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais de diferentes ámbitos.
C2.1.1 - Compoñentes do feito comunicativo: grao de formalidade da situación e carácter público ou privado; distancia social entre os interlocutores; propósitos comunicativos e interpretación de intencións; canle de comunicación e elementos non verbais da comunicación.
C2.2 - Xéneros discursivos desde o punto de vista da comprensión, produción e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
C2.2.1 - Propiedades textuais: coherencia, cohesión e adecuación.
C2.2.2 - Xéneros discursivos propios do ámbito educativo. Os textos académicos.
C2.2.3 - Xéneros discursivos propios do ámbito social. As redes sociais e os medios de comunicación.
C2.3 - Procesos de comprensión, produción e análise crítica de diversos tipos de textos orais, escritos e multimodais.
C2.3.1 - Interacción oral e escrita de carácter formal. Tomar e deixar a palabra. Cooperación conversacional e cortesía lingüística
C2.3.2 - Comprensión oral: sentido global do texto e relación entre as súas partes, selección e retención da información relevante. A intención do emisor. Detección dos usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal. Valoración da forma e contido do texto.
C2.3.3 - Produción oral formal: planificación e procura de información, textualización e revisión. Adecuación á audiencia e ao tempo de exposición. Elementos non verbais. Trazos discursivos e lingüísticos da oralidade formal. A deliberación oral argumentada.
C2.3.4 - Comprensión lectora: sentido global do texto e relación entre as súas partes. A intención do emisor. Detección dos usos discriminatorios da linguaxe verbal e icónica. Valoración da forma e contido do texto.
C2.3.5 - Produción escrita. Proceso de elaboración: planificación, redacción, revisión e edición en diferentes soportes. Corrección gramatical e ortográfica. Propiedade léxica.
C2.3.6 - Alfabetización informacional: busca autónoma e selección da información con criterios de fiabilidade, calida-de e pertinencia; análise, valoración, reorganización e síntese da información en esquemas propios e trans-formación en coñecemento; comunicación e difusión da información reelaborada de maneira creativa e res-pectuosa coa propiedade intelectual. Noticias falsas e verificación de feitos. O ciberanzol.
C2.4 - Recoñecemento e uso discursivo dos elementos lingüísticos en textos orais, escritos e multimodais.
C2.4.1 - Formas lingüísticas para a expresión da subxectividade e da obxectividade e das súas formas de expresión nos textos.
C2.4.2 - Recursos lingüísticos para adecuar o rexistro á situación de comunicación.
C2.4.3 - Conectores, marcadores discursivos e outros procedementos léxico-semánticos e gramaticais que contribúen á cohesión do texto.
C2.4.4 - Relacións entre as formas verbais como procedementos de cohesión do texto, con especial atención á valoración e ao uso dos tempos verbais.
C2.4.5 - Corrección lingüística e revisión ortográfica, gramatical e tipográfica dos textos. Uso eficaz de dicionarios, manuais de consulta e de correctores ortográficos en soporte analóxico ou dixital.
C2.4.6 - Os signos de puntuación como mecanismo organizador do texto escrito e a súa relación co significado.
Bloque B3. Educación literaria
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA3.1 - Identificar o sentido global, a estrutura, a información relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais especializados, con especial atención a textos académicos e dos medios de comunicación, realizando as inferencias necesarias e con diferentes propósitos de lectura.
CA3.2 - Valorar a forma e o contido de textos complexos avaliando a súa calidade, a fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
CA3.3 - Elixir e ler de maneira autónoma obras relevantes da literatura clásica e contemporánea e deixar constancia do progreso do itinerario lector e cultural persoal mediante a explicación argumentada dos criterios de selección das lecturas, as formas de acceso á cultura literaria e da experiencia de lectura.
CA3.4 - Partillar a experiencia lectora utilizando unha metalinguaxe específica e elaborar unha interpretación persoal establecendo vínculos argumentados con outras obras e outras experiencias artísticas e culturais.
CA3.5 - Explicar e argumentar a interpretación das obras lidas mediante a análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico e coa tradición literaria, utilizando unha metalinguaxe específica e incorporando xuízos de valor vinculados á apreciación estética das obras.
CA3.6 - Desenvolver proxectos de investigación que se concreten nunha exposición oral, un ensaio ou unha presentación multimodal, establecendo vínculos argumentados entre os clásicos da literatura galega ¿e tamén da lusófona¿ obxecto de lectura guiada e outros textos e manifestacións artísticas clásicas ou contemporáneas, en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe, recursos expresivos e valores éticos e estéticos, e explicitando a implicación e a resposta persoal do lector na lectura.
CA3.7 - Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e coa axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, a partir da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.
CA3.8 - Revisar os propios textos e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e interlingüística e utilizando unha metalinguaxe específica, e identificar e emendar problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
Contidos
C3.1 - Lectura autónoma de obras relevantes contemporáneas de autoras e autores, da literatura galega ¿e tamén do ámbito lusófono¿, que susciten reflexión sobre o propio itinerario lector, así como a inserción no debate interpre-tativo da cultura. Procesos e estratexias.
C3.1.1 - Selección das obras coa axuda de recomendacións especializadas.
C3.1.2 - Participación activa no circuíto literario e lector en contexto presencial e dixital. Utilización autónoma de todo tipo de bibliotecas. Acceso a outras experiencias culturais.
C3.1.3 - Expresión argumentada dos gustos lectores persoais. Diversificación do corpus lido, atendendo aos circuítos comerciais do libro e distinguindo entre literatura canónica e de consumo, clásicos e bestsellers. O debate sobre o canon literario.
C3.1.4 - Comunicación da experiencia lectora utilizando unha metalinguaxe específica e atendendo a aspectos temáticos, xénero e subxénero, elementos da estrutura e o estilo e valores éticos e estéticos das obras.
C3.1.5 - Mobilización da experiencia persoal, lectora e cultural para establecer vínculos entre a obra lida e aspectos da actualidade e outras manifestacións literarias ou artísticas.
C3.1.6 - Recomendación das lecturas en soportes variados, atendendo a aspectos temáticos, formais e intertextuais. Utilización das redes sociais e dos formatos audiovisuais para o fomento da lectura.
C3.2 - Lectura guiada de clásicos da literatura galega desde a Idade Media ata a época das Irmandades, inscritos en itinerarios temáticos ou de xénero. Procesos e estratexias
C3.2.1 - Construción compartida da interpretación das obras a través de discusións ou conversacións literarias.
C3.2.2 - Análise dos elementos constitutivos do xénero literario e a súa relación co sentido da obra. Efectos na recepción dos seus recursos expresivos.
C3.2.3 - Utilización da información sociohistórica, cultural e artística para interpretar as obras e comprender o seu lugar na tradición literaria.
C3.2.4 - Vínculos intertextuais entre obras e outras manifestacións artísticas en función de temas, tópicos, estruturas e linguaxes. Elementos de continuidade e ruptura.
C3.2.5 - Expresión argumentada da interpretación dos textos, integrando os diferentes aspectos analizados e atendendo aos seus valores culturais, éticos e estéticos. Lectura con perspectiva de xénero.
C3.2.6 - Lectura expresiva, dramatización e recitado atendendo aos procesos de comprensión, apropiación e oralización implicados.
C3.2.7 - Creación de textos de intención literaria a partir das obras lidas.
Bloque B4. Reflexión sobre a lingua
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA4.1 - Revisar os propios textos e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e interlingüística e utilizando unha metalinguaxe específica, e identificar e emendar problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
CA4.2 - Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e unha metalinguaxe específica.
CA4.3 - Elaborar e presentar os resultados de pequenos proxectos de investigación sobre aspectos relevantes do funcionamento da lingua, formulando hipóteses e establecendo xeneralizacións, utilizando os conceptos e a terminoloxía lingüística adecuada e consultando de maneira autónoma dicionarios, manuais e gramáticas en soporte analóxico e dixital.
Contidos
C4.1 - Elaboración de conclusións propias sobre o funcionamento do sistema lingüístico cunha metalinguaxe específica a partir da observación, comparación e clasificación de unidades comunicativas e do contraste entre linguas.
C4.1.1 - Diferenzas relevantes e interseccións entre lingua oral e lingua escrita, atendendo a aspectos sintácticos, léxicos e pragmáticos.
C4.1.2 - A lingua como sistema interconectado con diferentes niveis: fonolóxico, morfolóxico, sintáctico e semántico.
C4.1.3 - Distinción entre a forma (categorías gramaticais) e a función das palabras (funcións sintácticas da oración simple e composta).
C4.1.4 - Relación entre a estrutura semántica (significados verbais e argumentos) e sintáctica (suxeito, predicado e complementos) da oración simple e composta en función do propósito comunicativo.
C4.1.5 - Procedementos de adquisición e formación de palabras e reflexión sobre as mudanzas no seu significado. As relacións semánticas entre palabras. Valores denotativos e connotativos en función da súa adecuación ao contexto e ao propósito comunicativo.
C4.1.6 - Uso autónomo de dicionarios, manuais de gramática e outras fontes de consulta, en soporte analóxico e dixital, para obter información gramatical de carácter xeral.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Os elementos da comunicación. A orixe do galego. Introdución á literatura medieval.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Recoñecer e valorar as linguas da Península Ibérica e as variedades dialectais do ámbito lingüístico galego-portugués, con especial atención ás do propio territorio, a partir da explicación do seu desenvolvemento histórico e da situación actual, contrastando de maneira explícita e coa metalinguaxe apropiada aspectos lingüísticos e discursivos das distintas linguas (especialmente da éuscara e catalá), así como das variantes dialectais do tronco lingüístico galego-portugués, en manifestacións orais, escritas e multimodais
CA1.1.1. Recoñecer e valorar as linguas da Península Ibérica e as variedades dialectais do ámbito lingüístico galego-portugués, con especial atención ás do propio territorio, a partir da explicación do seu desenvolvemento histórico e da situación actual.
Táboa de indicadores
Recoñece e valora as variedades dialectais do ámbito lingüístico galego-portugués. 15
CA2.8 Incorporar procedementos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.
Proba escrita
Usa correctamente o acento diacrítico, coñece as categorías gramaticais e emprega axeitadamente todos os signos de puntuación. 30
CA3.1 Identificar o sentido global, a estrutura, a información relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais especializados, con especial atención a textos académicos e dos medios de comunicación, realizando as inferencias necesarias e con diferentes propósitos de lectura.
Táboa de indicadores
Coñece a estrutura básica e as características do ensaio. 15
CA3.5 Explicar e argumentar a interpretación das obras lidas mediante a análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico e coa tradición literaria, utilizando unha metalinguaxe específica e incorporando xuízos de valor vinculados á apreciación estética das obras.
Proba escrita
Coñece o contexto sociohistórico e a xénese da lírica medieval galego-portuguesa. 30
CA4.1 Revisar os propios textos e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e interlingüística e utilizando unha metalinguaxe específica, e identificar e emendar problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
Proba escrita
Coñece as características do texto oral e do texto escrito. 10

2 A lírica profana. As cantigas de amigo e de amor.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Recoñecer e valorar as linguas da Península Ibérica e as variedades dialectais do ámbito lingüístico galego-portugués, con especial atención ás do propio territorio, a partir da explicación do seu desenvolvemento histórico e da situación actual, contrastando de maneira explícita e coa metalinguaxe apropiada aspectos lingüísticos e discursivos das distintas linguas (especialmente da éuscara e catalá), así como das variantes dialectais do tronco lingüístico galego-portugués, en manifestacións orais, escritas e multimodais
CA1.1.2. Contrastar de maneira explícita e coa metalinguaxe apropiada aspectos lingüísticos e discursivos das distintas linguas (especialmente da éuscara e catalá).
Táboa de indicadores
Contrasta os trazos lingüísticos distintivos do éuscaro e do catalán. 10
CA2.1 Identificar o sentido global, a estrutura, a información relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais complexos propios de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos.
Proba escrita
Identifica os elementos que participan no proceso de comunicación: emisor, receptor, canle, código, mensaxe, referente e situación; así como os elementos non verbais da comunicación: xestos, ton... 20
CA2.2 Valorar a forma e o contido de textos orais e multimodais complexos, avaliando a súa calidade, fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Táboa de indicadores
Distingue e aplica con corrección as propiedades textuais (coherencia e cohesión) nos textos orais e multimodais. Emprega tempos verbais para dotar de cohesión este tipo de textos. 15
CA2.6 Valorar criticamente a forma e o contido de textos complexos avaliando a súa calidade, a fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Táboa de indicadores
Recoñece a temática, as características e a estrutura que aborda o ensaio como lectura obrigatoria deste trimestre. 15
CA3.2 Valorar a forma e o contido de textos complexos avaliando a súa calidade, a fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Proba escrita
Realiza a lectura dun ensaio sobre sociolingüística. Establece vínculos da súa temática coa actualidade. 15
CA3.5 Explicar e argumentar a interpretación das obras lidas mediante a análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico e coa tradición literaria, utilizando unha metalinguaxe específica e incorporando xuízos de valor vinculados á apreciación estética das obras.
Proba escrita
Recoñece os trazos distintivos da lírica profana e concretamente, das características da cantiga de amigo e da cantiga de amor. 15
CA4.1 Revisar os propios textos e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e interlingüística e utilizando unha metalinguaxe específica, e identificar e emendar problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
Proba escrita
Coñece os diferentes niveis da lingua: fonolóxico, gramatical (morfosintáctico) e léxico. 10

3 A lírica profana. As cantigas satíricas de escarnio e maldizer. Os xéneros menores.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Recoñecer e valorar as linguas da Península Ibérica e as variedades dialectais do ámbito lingüístico galego-portugués, con especial atención ás do propio territorio, a partir da explicación do seu desenvolvemento histórico e da situación actual, contrastando de maneira explícita e coa metalinguaxe apropiada aspectos lingüísticos e discursivos das distintas linguas (especialmente da éuscara e catalá), así como das variantes dialectais do tronco lingüístico galego-portugués, en manifestacións orais, escritas e multimodais
CA1.1.3. Contrastar de maneira explícita e coa metalinguaxe apropiada as variantes dialectais do tronco lingüístico galego-portugués, en manifestacións orais, escritas e multimodais.
Táboa de indicadores
Compara as variedades dialectais do galego e do portugués de Portugal e de Brasil. 10
CA2.3 Realizar exposicións e argumentacións orais formais con diferente grao de planificación sobre temas de interese científico e cultural e de relevancia académica e social, axustándose ás convencións propias de cada xénero discursivo con fluidez, rigor, coherencia, cohesión e o rexistro adecuado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
Táboa de indicadores
Realiza unha deliberación oral argumentada sobre unha temática relacionada co ámbito xuvenil. Planifica a temática. Pescuda información. Aplica trazos discursivos e lingüísticos da oralidade formal. 15
CA3.3 Elixir e ler de maneira autónoma obras relevantes da literatura clásica e contemporánea e deixar constancia do progreso do itinerario lector e cultural persoal mediante a explicación argumentada dos criterios de selección das lecturas, as formas de acceso á cultura literaria e da experiencia de lectura.
Proba escrita
Participa en conversas literarias na aula, dando a súa interpretación das cantigas de escarnio e maldicir e dos xéneros menores da lírica profana que seleccionou previamente para traballar neste espazo. 15
CA3.5 Explicar e argumentar a interpretación das obras lidas mediante a análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico e coa tradición literaria, utilizando unha metalinguaxe específica e incorporando xuízos de valor vinculados á apreciación estética das obras.
Proba escrita
Identifica as características das cantigas de escarnio e maldicir e dos xéneros menores da lírica profana. 30
CA3.6 Desenvolver proxectos de investigación que se concreten nunha exposición oral, un ensaio ou unha presentación multimodal, establecendo vínculos argumentados entre os clásicos da literatura galega ¿e tamén da lusófona¿ obxecto de lectura guiada e outros textos e manifestacións artísticas clásicas ou contemporáneas, en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe, recursos expresivos e valores éticos e estéticos, e explicitando a implicación e a resposta persoal do lector na lectura.
Táboa de indicadores
Desenvolve un proxecto da cultura galega e lusófona. literatura e música. 20
CA4.1 Revisar os propios textos e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e interlingüística e utilizando unha metalinguaxe específica, e identificar e emendar problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
Proba escrita
Localiza os pronomes, as preposicións e as conxuncións nun fragmento dun ensaio achegado pola/o docente. 10

4 Sociolingüística. Os prexuízos e os estereotipos lingüísticos. Remedios.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Recoñecer e valorar as linguas da Península Ibérica e as variedades dialectais do ámbito lingüístico galego-portugués, con especial atención ás do propio territorio, a partir da explicación do seu desenvolvemento histórico e da situación actual, contrastando de maneira explícita e coa metalinguaxe apropiada aspectos lingüísticos e discursivos das distintas linguas (especialmente da éuscara e catalá), así como das variantes dialectais do tronco lingüístico galego-portugués, en manifestacións orais, escritas e multimodais
CA1.1.4. . Cuestionar e refutar prexuízos e estereotipos lingüísticos adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal, a partir da exploración e reflexión arredor dos fenómenos do contacto entre linguas.
Táboa de indicadores
Identifica prexuízos e estereotipos relacionados coa lingua. Dá argumentos para contrarrestalos. 15
CA2.5 Identificar o sentido global, a estrutura, a información relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais especializados, con especial atención a textos académicos e dos medios de comunicación, realizando as inferencias necesarias e con diferentes propósitos de lectura.
Proba escrita
Identifica o sentido, a estrutura e a información máis importante da conversa sincrónica (chat), como exemplo dunha rede social e da crónica informativa ou xornalística, como exemplo dun medio de comunicación. 30
CA3.4 Partillar a experiencia lectora utilizando unha metalinguaxe específica e elaborar unha interpretación persoal establecendo vínculos argumentados con outras obras e outras experiencias artísticas e culturais.
Táboa de indicadores
Relaciona algunhas composicións da lírica relixiosa medieval e da prosa medieval con outras obras (clásicas e actuais). 25
CA3.5 Explicar e argumentar a interpretación das obras lidas mediante a análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico e coa tradición literaria, utilizando unha metalinguaxe específica e incorporando xuízos de valor vinculados á apreciación estética das obras.
Proba escrita
Coñece a lírica relixiosa medieval, as causas da decadencia da lírica galego-portuguesa e distingue os tipos de prosa medieval. Interpreta composicións ao abeiro do contexto sociohistórico. 20
CA4.1 Revisar os propios textos e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e interlingüística e utilizando unha metalinguaxe específica, e identificar e emendar problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
Proba escrita
Recoñece os principais elementos que poden aparecer no esquema semántico dunha oración en exemplos achegados polo profesor/a: proceso, actor ou axente, obxecto ou paciente, beneficiario, locativo, instrumento, tempo. 10

5 As linguas en contacto. Interferencias lingüísticas. O bilingüismo e a diglosia lingüística. Os séculos escuros. A ilustración.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Cuestionar e refutar prexuízos e estereotipos lingüísticos adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal, a partir da exploración e reflexión arredor dos fenómenos do contacto entre linguas, con especial atención ao papel das redes sociais e dos medios de comunicación, e da investigación sobre os dereitos lingüísticos e diversos modelos de convivencia entre linguas.
Proba escrita
Coñece os fenómenos do contacto entre linguas: bilingüismo, préstamos, interferencias e diglosia. Reflexiona sobre o impacto das redes sociais e dos medios de comunicación nestes fenómenos. 15
CA2.1 Identificar o sentido global, a estrutura, a información relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais complexos propios de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos.
Táboa de indicadores
Coñece as características do diálogo espontáneo ou conversa; así como as do diálogo planificado. Diferencia entre debate, faladoiro e entrevista. 30
CA3.3 Elixir e ler de maneira autónoma obras relevantes da literatura clásica e contemporánea e deixar constancia do progreso do itinerario lector e cultural persoal mediante a explicación argumentada dos criterios de selección das lecturas, as formas de acceso á cultura literaria e da experiencia de lectura.
Táboa de indicadores
Lectura dun poemario dun autor actual. Realiza unha lectura comparada e procura vínculos entre a temática destes poemas e a lírica profana. Distingue literatura canónica e de consumo, clásicos e bestsellers. 30
CA3.5 Explicar e argumentar a interpretación das obras lidas mediante a análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico e coa tradición literaria, utilizando unha metalinguaxe específica e incorporando xuízos de valor vinculados á apreciación estética das obras.
Proba escrita
Coñece as características básicas da literatura do período do galego medio (Séculos Escuros e Ilustración). Interpreta as composicións ao abeiro do seu contexto sociohistórico. 15
CA4.1 Revisar os propios textos e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e interlingüística e utilizando unha metalinguaxe específica, e identificar e emendar problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
Proba escrita
Distingue os tipos de oracións compostas por coordinación aparecidas en textos alleos de diversa complexidade. 10

6 O contexto sociolingüístico dos precursores, O Rexurdimento. Falamos e escribimos formalmente. Os textos académicos.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.3 Identificar e desterrar os usos discriminatorios da lingua, os abusos de poder a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe a partir da reflexión e análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais que rexen a comunicación entre as persoas.
Proba escrita
Analiza os usos discriminatorios da lingua e como se manipula a linguaxe de cara a conseguir uns determinados fins. 5
CA2.7 Elaborar textos académicos coherentes, cohesionados e co rexistro adecuado sobre temas curriculares ou de interese social e cultural, precedidos dun proceso de planificación que atenda á situación comunicativa, destinatario, propósito e canle de redacción e revisión de borradores de maneira individual ou entre iguais, ou mediante outros instrumentos de consulta.
Proba escrita
Coñece as características e a estrutura básica da recensión. É capaz de elaborar este tipo de texto académico, aplicando os mecanismos de coherencia, cohesión e adecuación. 10
CA3.4 Partillar a experiencia lectora utilizando unha metalinguaxe específica e elaborar unha interpretación persoal establecendo vínculos argumentados con outras obras e outras experiencias artísticas e culturais.
Proba escrita
Busca vínculos intertextuais entre as composicións de Rosalía de Castro e as obras doutras/os autoras/es e establece relacións entre as creacións literarias de Rosalía e outras manifestacións artísticas. 15
CA3.5 Explicar e argumentar a interpretación das obras lidas mediante a análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico e coa tradición literaria, utilizando unha metalinguaxe específica e incorporando xuízos de valor vinculados á apreciación estética das obras.
Táboa de indicadores
Interpretación, con perspectiva de xénero, de fragmentos de obras de Rosalía de Castro; atendendo tamén ao contexto sociohistórico da época. 15
CA3.6 Desenvolver proxectos de investigación que se concreten nunha exposición oral, un ensaio ou unha presentación multimodal, establecendo vínculos argumentados entre os clásicos da literatura galega ¿e tamén da lusófona¿ obxecto de lectura guiada e outros textos e manifestacións artísticas clásicas ou contemporáneas, en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe, recursos expresivos e valores éticos e estéticos, e explicitando a implicación e a resposta persoal do lector na lectura.
Táboa de indicadores
Desenvolve un proxecto de investigación establecendo vículos entre a litaratura actual e a dos considerados clásicos. 15
CA3.7 Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e coa axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, a partir da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.
Táboa de indicadores
Pescuda, coas orientacións da/o docente, precedentes na literatura galega e portuguesa de microrrelatos, co propósito de ter un punto de partida sobre o que basearse para facer o proxecto deste trimestre. 20
CA3.8 Revisar os propios textos e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e interlingüística e utilizando unha metalinguaxe específica, e identificar e emendar problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
Táboa de indicadores
Crea microrrelatos baseándose en obras lidas (nomeadamente da literatura lusófona), revisa as súas creacións e fai propostas de mellora. 15
CA4.2 Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e unha metalinguaxe específica.
Proba escrita
Localiza as funcións sintácticas que hai en oracións compostas por coordinación. 5

7 O galego e as Leis. Os textos xornalísticos. A noticia. As falsas noticias. A obra de Curros Enríquez.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.3 Identificar e desterrar os usos discriminatorios da lingua, os abusos de poder a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe a partir da reflexión e análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais que rexen a comunicación entre as persoas.
Proba escrita
Coñece os seus dereitos lingüísticos e a súa expresión en leis: Estatuto de Autonomía (1981), Lei de normalización lingüística (1983), Plan xeral de normalización da lingua galega (2004). 15
CA2.10 Avaliar a veracidade de noticias e informacións, con especial atención ás redes sociais e outros contornos dixitais, seguindo pautas de análise, contraste e verificación, facendo uso da ferramenta adecuada e mantendo unha actitude crítica fronte ás posibles desviacións da información.
Táboa de indicadores
Recoñece as partes da noticia e desenvolve estratexias de verificación de noticias falsas e aplica pautas para evitar o ciberanzol. 20
CA3.3 Elixir e ler de maneira autónoma obras relevantes da literatura clásica e contemporánea e deixar constancia do progreso do itinerario lector e cultural persoal mediante a explicación argumentada dos criterios de selección das lecturas, as formas de acceso á cultura literaria e da experiencia de lectura.
Táboa de indicadores
Selecciona poemas das obras "Aires da miña terra" e "O divino sainete" para seren posteriormente sometidos a discusión en conversas literarias na biblioteca do centro 20
CA3.5 Explicar e argumentar a interpretación das obras lidas mediante a análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico e coa tradición literaria, utilizando unha metalinguaxe específica e incorporando xuízos de valor vinculados á apreciación estética das obras.
Proba escrita
Coñece a biografía de Curros Enríguez e o contexto histórico da súa época. Interpreta fragmentos das súas obras "Aires da miña terra" e de "O divino sainete". 25
CA4.2 Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e unha metalinguaxe específica.
Proba escrita
Constrúe, de xeito autónomo, oracións compostas coordinadas: copulativas, adversativas, disxuntivas, distributivas e xustapostas. 20

8 Mudan os tempos mudan os significados. As relacións semánticas. Vida e obra de Eduardo Pondal.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.4 Utilizar estratexias para a resolución dialogada dos conflitos e a procura de consensos tanto no ámbito persoal como educativo e social.
Proba escrita
Coñece os modelos de convivencia entre linguas en contacto, a planificación lingüística e o proceso de normalización. 15
CA2.4 Participar de maneira activa e adecuada en interaccións orais (formais e informais) e no traballo en equipo con actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e cortesía lingüística.
Táboa de indicadores
Domina, en interaccións orais, as estratexias de cooperación conversacional e cortesía lingüística. 30
CA3.3 Elixir e ler de maneira autónoma obras relevantes da literatura clásica e contemporánea e deixar constancia do progreso do itinerario lector e cultural persoal mediante a explicación argumentada dos criterios de selección das lecturas, as formas de acceso á cultura literaria e da experiencia de lectura.
Proba escrita
Le unha novela gráfica da época do Rexurdimento e pona en relación co contexto cultural desta época. 25
CA3.5 Explicar e argumentar a interpretación das obras lidas mediante a análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico e coa tradición literaria, utilizando unha metalinguaxe específica e incorporando xuízos de valor vinculados á apreciación estética das obras.
Proba escrita
Coñecemento da obra de Eduardo Pondal. 20
CA4.2 Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e unha metalinguaxe específica.
Proba escrita
Coñece os procedementos de adquisición e formación de palabras e os valores denotativos e connotativos en función da súa adecuación ao contexto e ao propósito comunicativo. 10

9 A linguaxe publicitaria. O sexismo na publicidade. Linguas hexemónicas. As linguas minoritarias e minorizadas. A literatura galega "antre dous Séculos" (1890-1916)
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.3 Identificar e desterrar os usos discriminatorios da lingua, os abusos de poder a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe a partir da reflexión e análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais que rexen a comunicación entre as persoas.
Proba escrita
Domina os conceptos de lingua hexemónica, lingua minoritaria, lingua minorizada e ecolingüismo. 20
CA2.9 Elaborar traballos de investigación de maneira autónoma, en diferentes soportes, sobre temas curriculares de interese cultural que impliquen localizar, seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes; calibrar a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura; organizala e integrala en esquemas propios; e reelaborala e comunicala de maneira creativa, adoptando un punto de vista crítico e respectuoso coa propiedade intelectual.
Táboa de indicadores
Elabora un pequeno traballo de investigación sobre o sexismo na publicidade. 20
CA3.5 Explicar e argumentar a interpretación das obras lidas mediante a análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico e coa tradición literaria, utilizando unha metalinguaxe específica e incorporando xuízos de valor vinculados á apreciación estética das obras.
Proba escrita
Coñece a obra dos autores da denominada literatura, "Antre dous Séculos" (1890-1916) 20
CA3.6 Desenvolver proxectos de investigación que se concreten nunha exposición oral, un ensaio ou unha presentación multimodal, establecendo vínculos argumentados entre os clásicos da literatura galega ¿e tamén da lusófona¿ obxecto de lectura guiada e outros textos e manifestacións artísticas clásicas ou contemporáneas, en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe, recursos expresivos e valores éticos e estéticos, e explicitando a implicación e a resposta persoal do lector na lectura.
Táboa de indicadores
Desenvolve un proxecto de investigación sobre algún autor da denominada literatura, "Antre dous séculos" 25
CA4.3 Elaborar e presentar os resultados de pequenos proxectos de investigación sobre aspectos relevantes do funcionamento da lingua, formulando hipóteses e establecendo xeneralizacións, utilizando os conceptos e a terminoloxía lingüística adecuada e consultando de maneira autónoma dicionarios, manuais e gramáticas en soporte analóxico e dixital.
Táboa de indicadores
Desenvolve un traballo de exposición sobre unha categoría gramatical de entre as explicadas ao longo do curso. 15

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


Antes de comezar cada unidade, trataranse de pescudar na aula os coñecementos previos do alumnado, para relacionalos progresivamente cos novos contidos que se impartan, só así se poderá conseguir unha aprendizaxe significativa e construtiva na que os novos coñecementos e o proceso de aprendizaxe estean relacionados co desenvolvemento psicolóxico, o ritmo evolutivo e as capacidades e contidos adquiridos previamente polas alumnas e alumnos. De calquera xeito, é preferible aprender poucos conceptos e facelo de xeito rigoroso e non moitos de maneira superficial, como sucede coa aprendizaxe memorística significativa.

 

Tamén se proporán preguntas que supoñan un revulsivo para as/os estudantes e que incrementen a súa atención por medio da interacción co/coa docente. É moi relevante para o profesor/a a premisa de ensinar a aprender segundo a cal, a aprendizaxe é un proceso que se desenvolve ao longo da vida, por iso correspóndelle á/ao docente ir dotando o seu alumnado dunha progresiva autonomía que lle permita "aprender a aprender", a buscaren por si mesmos a información que teñen ao seu alcance para que o día de mañá saiban desenvolverse. Por outra banda, é preciso sinalar que sería moi efectivo crear unha liña metodolóxica común entre todos os membros do Departamento de Lingua Galega ao longo de toda a etapa, para evitar cambios ou desaxustes bruscos na/o alumna/o ao mudar de curso. Para iso, é indispensable a estreita cooperación de todos os compoñentes do Departamento.

 

LIÑAS METODOLÓXICAS:

 

O principal propósito que se procura é mellorar a competencia comunicativa en lingua galega. Non esquezamos que a clase de lingua estivo tradicionalmente orientada, na meirande parte dos casos, á realización dunha serie de actividades pouco motivadoras, encamiñadas a conseguir uns contidos formais que dificilmente teñen relación co uso real da lingua.

 

Sabemos que o desenvolvemento intelectual pode ser acelerado mediante o emprego de determinadas estratexias didácticas, por iso, metodoloxía de ensino en Lingua Galega e Literatura tratará de ser o máis activa posible e alternará traballos individuais con traballos cooperativos que melloren os vínculos entre o alumnado e mesmo favorezan as relacións interculturais, por suposto, incluíndo na mesma liña a ensinanza por competencias. Segundo a Teoría de Intelixencias Múltiples de Gardner existen diferentes estilos de aprendizaxe, por conseguinte, tratarase na medida do posible de atender os diferentes ritmos para que todo o alumnado vaia adquirindo os coñecementos básicos.

 

Outra cuestión a ter en conta é o traballo da oralidade, pois en boa parte dos casos o uso da lingua polos rapaces e rapazas queda relegado a unha práctica ritual forzada polas clases de Lingua Galega e as outras materias que se imparten obrigatoriamente en galego. Por outra parte, somos moi conscientes de que a propia actitude do profesorado inflúe na motivación e rendemento do alumnado, pois como sinalou Jurjo Torres Santomé na súa teoría sobre o currículo oculto, en moitos aspectos, os valores transmitidos informalmente dende as aulas poden ter efectos moito máis determinantes e poderosos que os contidos curriculares explícitos. Teremos isto en conta para que non se produza ningún tipo de desaxuste na conformación do autoconcepto nin na traxectoria académica do alumnado.

 

LIÑAS DE ACTUACIÓN NO PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE:

 

-O uso de distintos métodos que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado, favorezan a capacidade de aprender por si mesmos e que o capaciten para acceder á formación superior ou ao futuro profesional de forma competente.

 

-A realización de tarefas complexas, de xeito que o alumnado teña que mobilizar un amplo conxunto de recursos e saberes para afrontar con éxito as diferentes situacións comunicativas e sexa quen de responder aos retos da sociedade do século XXI, que require persoas cultas, críticas e ben informadas.

 

-O deseño de proxectos significativos para o alumnado, baseados en contextos recoñecibles, que teñan en conta, se for posible, as súas vivencias particulares e o reforzo do seu compromiso co desenvolvemento sostible, a defensa dos dereitos humanos e a convivencia igualitaria, inclusiva, pacífica e democrática. A análise do sexismo na publicidade, a comparación de escenas de películas, a elaboración de trípticos... servirían como exemplos que hai que seguir.

 

-O traballo cooperativo, coa proposta de tarefas nas que o alumnado debe regular a súa conduta e a súa capacidade para se relacionar cos demais, estimulando o respecto crítico a outros puntos de vista, o recoñecemento dos propios valores e limitacións, a adaptación ás necesidades colectivas, a asunción de responsabilidades e o respecto ás normas acordadas.

Alén diso, o traballo colaborativo en proxectos debe potenciar que cada persoa teña os seus tempos e os seus espazos de recoñecemento da súa valía persoal e da súa capacidade de contribuír a desenvolver a actividade, reforzando así a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade. Por exemplo, en primeiro de bacharelato, para desenvolver un programa de televisión en liña, pódese organizar, o traballo por equipos para o deseño do grafismo do programa, a selección da música, a elaboración do guión, a escolma das noticias, as entrevistas, a creación dun anuncio promocional e a gravación final.

 

-A énfase na atención á diversidade, na atención individualizada, na prevención das dificultades de aprendizaxe e na posta en práctica de mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten estas dificultades ou de tarefas de ampliación para aquel alumado que precise afondar máis nos contidos.

 

-Uso de estratexias para traballar transversalmente a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, a competencia dixital, o fomento da creatividade, do espírito científico e do emprendemento. A adquisición destas destrezas pode acadarse a través da lectura de distintos tipos de textos, da súa comprensión e da reflexión arredor deles.

 

-O desenvolvemento gradual e progresivo dos obxectivos e dos contidos de maneira que, alén de incrementar a dificultade dos procesos e situacións comunicativas, tamén se vaian adquirindo habilidades máis complexas que propicien a aprendizaxe individual e autónoma.

 

-A potenciación da reflexión interlingüística, centrada especialmente na lingua galega e portuguesa e mais nas súas respectivas variantes. Os coñecementos básicos de portugués adquiridos na educación secundaria obrigatoria e as novas aprendizaxes sobre as súas variedades noutros territorios serán o punto de partida para desenvolver estratexias que, alén de facilitaren a intercomunicación nos dous idiomas, favorezan a adquisición doutras habilidades que, como a mediación, poden resultar moi útiles na futura traxectoria profesional da mocidade galega. Con este fin, os centros educativos, a través do profesorado de Lingua Galega, o equipo de dinamización da lingua galega, a biblioteca ou outros departamentos, poderán promover actuacións que, de xeito presencial ou virtual, propicien os intercambios lingüísticos entre o alumnado galego e lusófono (encontros, concursos, festivais...).

 

-Traballo interdisciplinario e a coordinación con outros departamentos e equipos do centro, especialmente co equipo de dinamización da lingua galega e o equipo de biblioteca como mellor vía para promover actuacións tanto de xeito presencial como virtual: saídas didácticas, exposicións, espectáculos...

 

-A proposta de lectura de obras que, alén de ampliar os ámbitos de coñecemento do alumnado e de melloraren o seu nivel de capacidade verbal, promovan a defensa de valores socioculturais e éticos (dereitos humanos, conciencia ambiental, benestar animal...).

 

-A recomendación de lecturas en soportes variados, enmarcando as obras nos xéneros literarios e evitando a memorización descontextualizada dun conxunto de características, autores e títulos de obras.

 

-A énfase nas estratexias que fomenten a oralidade e as competencias activas co fin de que o alumnado adquira os recursos necesarios para se expresar correctamente nunha ampla variedade de situacións comunicativas (espontáneas ou planificadas) e de contextos (formais e informais) para que, unha vez rematado o bacharelato, xa alcanzase, entre outros, o dominio do sistema fonético-fonolóxico do galego. Entre o amplo abano de actuacións que contribúen ao desenvolvemento desta destreza, están o cinema, as dramatizacións e representacións teatrais, a radio coas súas múltiples posibilidades (informativos, publicidade, teatro radiofónico...), a música (rap, poemas musicados...) e todo tipo de iniciativas en formato audiovisual.

 

-O cultivo da sensibilidade estética e cultural do alumnado para que sexa quen de apreciar a beleza das obras literarias e para fomentar o enriquecemento do seu acervo cultural e das súas posibilidades de expresión, a través, por exemplo, da realización de exposicións, comentarios, adaptacións audiovisuais de relatos etc.

 

-O desenvolvemento da competencia dixital en lingua galega a través das TIC e o coñecemento de recursos dixitais que faciliten a procura de información, a revisión dos textos e a súa posterior divulgación, sempre respectando os dereitos da propiedade intelectual.

 


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Lingua galega e literatura. 1º bacharelato. Editorial Consorcio.
Ausubel, David (1976). Psicología Educativa. Un punto de vista cognoscitivo. México: Trillas.
Bastons Vilallonga, Núria, Bernardó Fernández, Cristina, Comajoan Colomé, Llorenç (2011). Gramàtica Pràctica del catalá. Barcelona. Teide
Beltrán Carballeira, Ramón X. (2019). Manual práctico de galego. A Coruña: Baía Edicións.
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (22 de agosto de 2022). Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa. http://bernal.cirp.gal/ords/f?p=MEDDB3:2
Cunha, Celsa & Cintra, Lindley (2017). (7ª Ed.). Nova gramática do português contemporâneo de acordo com a nova ortografía. Rio de janeiro: Lexikon Editora Digital.
Díaz-Castroverde, Fernando (2011). Microbios e outros paquidermos. Vigo: Galaxia.
Dosil, Benxamín (2021). Manual de uso da lingua galega. Vigo: Xerais.
Dosil, Benxamín (2015). Escrita doada: consellos para redactar ben. Vigo: Xerais.
Feixó Cid, Xosé G. (2021). Gramática da lingua galega. Síntese práctica (6ª Edición). Vigo: Xerais.
Fernández Rei, Francisco (2003). Dialectoloxía da lingua galega. Vigo: Xerais de Galicia.
Fernández Salgado, Benigno (Dir.) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da Lingua Galega. Vigo. Galaxia.
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2013). Estilística da Lingua Galega. Vigo: Xerais de Galicia
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2020). Idioma e sociedade. Sobre normalización e planificación da lingua galega. Santiago: Laiovento.
García Negro, María Pilar (2015). No tempo de Follas Novas. Unha viaxe pola literatura universal. Santiago de Compostela: Alvarellos.
Gutiérrez Izquierdo, Ramón (2000). Lecturas de nós. Introducción á Literatura galega. Vigo. Xerais.
Instituto da Lingua Galega (25 de agosto de 2022). Dicionario de dicionarios do galego medieval. http://ilg.usc.gal/ddgm/
Larson, Pär (2019). A lingua das cantigas. Gramática do galego-portugués. Vigo: Xerais.
López Viñas, Xoán; Lourenço Módia, Cilha & Moreda Leirado, Marisa (2011). (2ª Ed. Corrixida). Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión. A Coruña: Baía Edicións.
Méndez Álvarez, Mª Xesús (2004). Ortografía da Lingua Galega. Vigo: Xerais de Galicia.
Monteagudo, Henrique (2017). Historia social da lingua galega: idioma, sociedade e cultura a través do tempo. Vigo: Galaxia.
Monteagudo, Henrique (2021). O Idioma galego baixo o franquismo. Da resistencia á normalización. Vigo: Galaxia.
Novo Folgueira, Paulino (1999). Dicionario de uso para a comunicación. Vigo: Xerais de Galicia.
Pena, Xosé Ramón (2013). Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853. Vigo: Xerais.
Pena, Xosé Ramón (2014). Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento. Vigo: Xerais.
Regueira, Xosé Luís (2010). Dicionario de pronuncia da lingua galega. A Coruña: Real Academia Galega.
Resende de Oliveira, António (1995) . Trobadores e xograres. Contexto histórico. Vigo: Xerais.
Rodari, Gianni (2017). Contos por teléfono. Pontevedra: Kalandraka Editora.
Rodríguez Carnota, Miguel (2022). Lingua, poder e adolescencia. Vigo: Xerais.
Rosales Cereijo, Manuel (2002). A linguaxe literaria. Guía de recursos para a análise textual. Vigo: Xerais de Galicia
Sánchez Rei, Xosé Manuel (2021). O portugués esquecido. O galego e os dialectos portugueses setentrionais. Santiago: Laiovento.
Torres Santomé, Jurjo (1995). O Curriculum oculto. Portugal: Porto.
Vázquez Freire, Miguel (1992). O Curriculum. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Vilagrasa Grandia, Albert (2018). A punt 1. Publicacions de l`Abadia de Montserrat.

As aulas e a biblioteca son os lugares en que o alumnado ten ao seu alcance a maioría dos recursos e materiais do centro (pantalla dixital, canon, computador fixo, computadores portátiles, conexión a internet, encerado dixital.

 

A biblioteca ofrece, ademais de obras de lectura, libros de texto, mapas, revistas, xornais, recursos dixitais para consultar información, realizar traballos de investigación etc. (computadores, impresoras, mesas e cadeiras apropiadas...)

 

Tamén se deben contemplar, tal como se especifica no artigo 78 da Orde do 8 de setembro de 2021, a necesidade de materiais axeitados para a atención á diversidade. O centro dispón dunha equipación adecuada para todo o alumnado, mesmo para aquel que teña dificultades de accesibilidade ás súas instalacións (cadeiras de rodas, elevadores, muletas etc.)

 

Se se precisa algún outro material complementario adaptado a este tipo de alumnado, será solicitado á Consellería a través dos informes correspondentes.

 

Outros recursos didácticos:

 

- Aulas Galegas: https://aulasgalegas.org/category/linguas/galego/

 

- Dicionario castelán-galego, Rinoceronte Editora: https://rinoceronte.gal/dicionario/

 

- Dicionario da Real Academia Galega: http://www.realacademiagalega.org/dicionario#inicio.do

 

- Dicionario de pronuncia da lingua galega: http://ilg.usc.es/pronuncia/

 

- Dicionario visual interactivo: www.edu.xunta.es/contidos/dicionariovisual/dicionario.html

 

- O Portal das Palabras, Real Academia Galega e Fundación Barrié: http://www.portaldaspalabras.org/

 

- Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLG), RAG / ILG, Galaxia: http://www.realacademiagalega.org/recursos-volg

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


A avaliación inicial, cuxo fin é diagnosticar e valorar o nivel de coñecementos previos do alumnado, efectuarase nas primeiras sesións do curso.

 

Será, xunto coa información obtida a través do Departamento de Orientación e da consulta do expediente académico da alumna ou alumno no XADE, unha ferramenta esencial para que o profesorado poida coñecer o nivel académico do alumnado nas distintas competencias, co fin de poder adaptar o seu proceso de ensinanza e a súa proposta didáctica a ese nivel.

 

Alén diso, a avaliación inicial constitúe un factor preventivo esencial na atención á diversidade, especialmente cando se trata de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

 

Os resultados da avaliación inicial servirán como referente para adoptar as decisións de tipo educativo que correspondan e, nos casos en que for necesario, para demandar da xefatura do Departamento de Orientación a realización dunha avaliación psicopedagóxica.

 

Esta proba, que poderá partir dun texto literario, xornalístico, etc. constará das seguintes partes:

 

- Comprensión escrita. O alumnado deberá contestar a preguntas pechadas sobre o contido dun texto escrito.

 

- Comprensión oral. Exposición sobre as partes do texto. Análise crítica do mesmo.

 

Á parte disto, a proba incluirá diversas cuestións relacionadas coa reflexión sobre a lingua, sociolingüística, literatura e hábitos lectores referidos ao aprendido no nivel ou etapa anterior.

 

 


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 10.0 10.0 15.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 15.0 100.0
Proba escrita 70.0 60.0 55.0 60.0 40.0 35.0 60.0 70.0 40.0 53.75
Táboa de indicadores 30.0 40.0 45.0 40.0 60.0 65.0 40.0 30.0 60.0 46.25

Coa vontade de desenvolver un proceso de ensinanza-aprendizaxe competencial nesta programación apostouse por unha didáctica que lle dese importancia ao desenvolvemento de proxectos e de actividades centradas na utilización da lingua oral, o cal redunda na presenza dunha maior porcentaxe no valor das táboas de indicadores fronte ao das probas escritas, como se pode ver na distribución dos instrumentos de avaliación un 30% a través de táboas de indicadores fronte a un 70% a través de probas escritas.

 

Por incompatibiliade cos procesos de avaliación non se pode incluír ningún mecanismo de suba de nota por fóra das porcentaxes incluídas para cada criterio de avaliación nin tampouco existe ningún criterio de avaliación nin actividade en solitario cuxa non superación impida que o alumnado supere a materia.

 

Utilización da lingua galega e penalizacións por incorreccións lingüísticas:

 

O alumnado desenvolverá as probas en lingua galega, no caso das probas de avaliación escritas, ademais dos criterios de cualificación específicos de cada proba, aplicarase unha penalización de nota por incorreccións lingüísticas que no caso de 1ºde bacharelato non superará os 2 puntos de rebaixa.

 

Nos casos de avaliación oral é o profesorado do nivel o que establece os criterios de penalización por incorreccións lingüísticas que en ningún caso poderán superar os 2 puntos en 1º de bacharelato.

 

No Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, no artigo 12 establécese:

 

"2. Nas clases de lingua e literatura galega e lingua e literatura castelá, usarase, respectivamente, o galego e o castelán, tanto por parte do profesorado como por parte do alumnado".

 

O incumpriento deste artigo por parte da alumna ou alumno no desenvolvemento das sesións de clase provocará un suspenso na materia en tanto que demostra falta de coñecemento ou respecto pola utilización da nosa lingua que é o núcleo da propia materia.

 

Seguindo o Decreto tamén, o alumnado deberá falar e escribir en galego nas súas probas e, de non facelo, a proba en cuestión será cualificada con 0 puntos. Entenderase que unha proba está noutra lingua e non en galego cando o nivel de incorreccións supere o dobre do permitido, isto é, cando a unha proba de 1º bacharelato lle corresponderían os 2 puntos de rebaixa por incorreccións lingüísticas.

 

Cualificación trimestral:

 

A nota de cada trimestre corresponderase coa cualificación das actividades de avaliación das unidades didácticas abranguidas nel aplicando a ponderación de nota correspondente entre elas.

A cualificación de cada trimestre será do seguinte xeito:

 

- 70% de nota a proba escrita de contidos das tres unidades do trimestre.

- 10% a proba dun libro de lectura obrigatoria oral ou escrita dependendo do trimestre, para escoller entre unha listaxe de cinco obras de autores da literatura galega ou de outras linguas da península traducidas ao galego.

- 20% O desenvolvemento e exposición oral dun traballo de investigación relacionados con temas de; ecoloxía e medioambiente, cultura galega, historia da Galiza, cultura e lingua e música da lusofonía. Traballos relacionados coas outras linguas do estado español: Catalán e Éuscaro,

Para superar a materia unha vez ponderadas as notas será obrigatorio ter unha media de 5.

 

Cualificación ordinaria:

 

Para o cálculo da cualificación ordinaria do curso, farase a media aritmética das notas medias dos tres trimestres.

 

Cualificación final:

 

O alumnado para superar a materia deberá ter unha media aritmética de cualificación de 5 puntos ou superior tendo en conta o conxunto de actividades de avaliación (e recuperacións no seu caso), sendo as probas escritas só unha parte delas.

 

O período abranguido entre a terceira avaliación ordinaria e a avaliación extraordinaria (para bacharelato) dedicarase a actividades de apoio, reforzo, consolidación e recuperación e non se impartirán novas unidades didácticas. Nese sentido, para o alumnado que teña contidos da materia sen superar logo de realizada a terceira avaliación ordinaria. Terá a oportunidade de facer unha proba escrita por cada unha das avaliacións que teña sen superar.

 

Especificacións para os mecanismos e criterios de recuperación:

 

1. O alumnado que teña algunha avaliación suspensa no terceiro trimestre, antes da avaliación ordinaria, concorrerá con toda a materia de cada unha das dúas avaliacións que teña sen superar antes da proba da terceira avaliación ordinaria.

 

2. O resto de probas e entregas do curso, tanto de lingua oral como de lingua escrita, poderán recuperarse no período abranguido entre a 3ª avaliación ordinaria e a avaliación final.

 

3. Aqueles mecanismos de avaliación que non sexan susceptibles da súa repetición, por exemplo, unha presentación ou actuación en grupo, serán avaliados mediante a adaptación a unha versión individual que permita comprobar a superación dos criterios de avaliación implicados mantendo os mesmos instrumentos de avaliación.

 

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Segundo o artigo  pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia: «Ao longo de cada curso realizaranse para cada grupo tres sesións de avaliación parciais. Así mesmo, farase o seguimento da recuperación das materias pendentes, se for o caso. A derradeira destas tres sesións poderá coincidir coa avaliación final do período ordinario. Haberá, así mesmo, unha sesión de avaliación logo da realización das probas extraordinarias. As avaliacións finais ordinaria e extraordinaria realizaranse nas datas que se determinen na norma que estableza o calendario escolar para cada curso».

 

En primeiro lugar, seguirase o disposto no Artigo 51. da Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación que alude ao Plan de reforzo para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que pase de curso con materias sen superar e que dita o seguinte:

 

1. O alumnado de educación secundaria obrigatoria que se promova de curso con materias sen superar deberá seguir un plan de reforzo en cada unha desas materias, destinado á súa recuperación e á súa superación.

 

2. O plan de reforzo será elaborado polo profesorado que imparte a materia que a alumna ou o alumno teñan pendente de superar, baixo as directrices do correspondente departamento didáctico e co coñecemento do profesorado titor, e terá como referentes os obxectivos da materia e a contribución á adquisición das competencias. Igualmente, será un plan que se adapte ás particularidades de cada alumna ou alumno destinatarios. O departamento didáctico velará pola realización do plan por parte da alumna ou do alumno.

 

3. O plan de reforzo debe incluír, cando menos:

 

a) Identificación da alumna ou do alumno.

 

b) Información relevante sobre a materia ou as materias sen superar.

 

A alumna ou alumno e os seus familiares ou titores legais serán informados polo profesor/a da materia dos contidos do plan de reforzo e, máis concretamente, dos requisitos necesarios para aprobar a materia pendente. Desta información quedará constancia por escrito no departamento.

 

c) Currículo para desenvolver, con especificación dos criterios de avaliación. Serán os establecidos na PD, coas oportunas modificacións, se for necesario.

 

d) Estratexias metodolóxicas que se utilizarán no seu desenvolvemento. As estratexias serán distintas ás empregadas habitualmente na aula co resto do alumnado, xa que a falta de presencialidade na aula obriga a establecer uns mecanismos de seguimento máis ríxidos para que a alumna/o non esqueza dedicarse tamén a esa materia.

 

e) Recursos necesarios para o seu desenvolvemento. Os recursos materiais son: computador portátil, impresora, libros de consulta, dicionarios dixitais ou en papel.

 

f) Tarefas para realizar, coa debida temporalización. O alumnado deberá realizar para a súa preparación as actividades propostas de cada unidade, que deberá entregar ao profesor/a do curso no que se atope actualmente para seren corrixidas, ao tempo que poden consultar dúbidas.

 

g) Seguimento e avaliación. O seguimento deste tipo de alumado establecerase a través de actividades, traballos, probas e reunións presenciais de periodicidade mensual na hora de atención ao alumnado e ás familias. Atenderase a través de medios telemáticos (aula virtual, programas específicos, ABALAR e outros medios dixitais).

 

En cada sesión de avaliación farase o seguimento do plan de reforzo e, de ser necesario, realizaránselle os axustes que procedan. Na sesión de avaliación final do curso en que estean escolarizados o alumno ou a alumna, a profesora ou o profesor da materia pendente decidirán sobre a súa avaliación, nos termos que se establecen na normativa que regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria. En todo caso, para superar a materia pendente, a alumna ou o alumno deberán obter avaliación positiva no plan de reforzo correspondente, o que se terá en conta para os efectos de promoción e/ou titulación.

 

Para a avaliación do alumnado que ten materias pendentes débense ter en conta os contidos impartidos na materia no curso anterior. Polo tanto, o plan de reforzo de materias pendentes deberá elaborarse considerando esas aprendizaxes e competencias non adquiridas.

 

Aqueles mecanismos de avaliación que non sexan susceptibles da súa repetición, por exemplo, unha presentación ou actuación en grupo, serán avaliados mediante a adaptación a unha versión individual que permita comprobar a superación dos criterios de avaliación implicados.

 

Para demostrar que adquiriron os mínimos de consecución e as aprendizaxes imprescindibles para superar a materia, deberán realizar dúas probas extraordinarias, nos meses de xaneiro e maio. O alumnado que aprobe a primeira metade en xaneiro, só deberá realizar en maio a segunda parte. Aqueles que en xaneiro non superen a proba ou os que non se presentasen ao exame, deberán examinarse en maio da totalidade dos contidos.

 

Teranse en conta estes aspectos:

 

A realización das actividades do plan de reforzo en forma e prazo pode eximir a/o alumna/o de realizar a proba escrita se o profesor/a o considera oportuno, de non ser así, terá que realizar os exames.

 

As porcentaxes que se aplicarán serán as seguintes:

 

Táboa de indicadores (probas orais, proxectos etc.): 30%

 

Proba escrita: 70%

 

h) Acreditación da información á familia. Farase mediante un modelo existente no centro en que conste toda a información a respecto da avaliación e dos resultados do alumno que, unha vez asinado pola nai, pai ou titores legais, será remitido ao departamento.

 

 


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Este apartado non procede neste curso.


6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


De conformidade co artigo 3 do Decreto 229/2011, do 7 de decembro, as medidas de atención á diversidade que deben atender ao principio de inclusión educativa enténdese como «o conxunto de accións que teñen como finalidade adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e preferencias de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado».

 

Estas medidas oriéntanse a alcanzar os obxectivos e as competencias establecidas para a ESO e o bacharelato e réxense polos principios de equidade, calidade e igualdade de oportunidades, non discriminación, integración, accesibilidade e cooperación da comunidade educativa.

 

Segundo o artigo 49 da Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, as Administracións educativas asegurarán os recursos necesarios para os alumnos e alumnas que requiran unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentar necesidades educativas especiais, por atraso madurativo, por trastornos do desenvolvemento da linguaxe e a comunicación, por trastornos de atención ou de aprendizaxe, por descoñecemento grave da lingua de aprendizaxe, por atoparse en situación de vulnerabilidade socioeducativa, polas súas altas capacidades intelectuais, por terse incorporado tarde ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de historia escolar; para que poidan acadar o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades persoais e, en todo caso, os obxectivos establecidos con carácter xeral para todo o alumnado.

 

Aínda que no momento da elaboración desta PD non se coñece a natureza dos alumnos e alumnas que cursarán esta materia, e aínda pendentes da avaliación inicial, logo de analizar os informes do centro de procedencia e da información facilitada polo orientador/a, espérase contar cun alumno que constitúe un caso de incorporación tardía ao sistema educativo, xa que chegou en setembro de 2022 de Suíza e vive cos seus avós, mentres que seus pais continúan traballando nese país. Ademais, presenta dificultades para lograr os obxectivos e as competencias propios da súa idade debido ao descoñecemento que amosa da lingua galega.

 

Neste caso, terase en conta o artigo 10 da Orde do 8 de setembro de 2021 de atención á diversidade que inclúe os seguintes puntos:

 

1. Unha alumna ou un alumno presentan necesidade específica de apoio educativo por incorporación tardía ao sistema educativo cando, por procederen doutros países ou por calquera outro motivo xustificado, se escolarizan tardiamente no noso sistema educativo e presentan dificultades para acadaren os obxectivos e as competencias que lles corresponderían pola súa idade. Esas dificultades maniféstanse, especialmente, no descoñecemento dalgunha das linguas oficiais de Galicia e/ou no desfasamento curricular.

 

2. Os centros docentes garantirán que a escolarización do alumnado que acceda de xeito tardío ao sistema educativo galego se realice atendendo ás súas circunstancias, ás súas competencias, á súa idade e ao seu historial académico, de maneira que se incorpore ao curso máis adecuado ás súas características e ao seu nivel de competencia, cos apoios oportunos, co fin de continuar con aproveitamento a súa educación.

 

3. Os centros docentes informarán e asesorarán as nais, os pais ou as persoas titoras legais sobre os dereitos, os deberes e as oportunidades que comporta a incorporación ao sistema educativo galego.

 

Á parte disto, tamén poderá optar a unha exención temporal da cualificación das probas de avaliación da materia de Lingua Galega durante un máximo de dous cursos escolares consecutivos, segundo o disposto na Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se desenvolve o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, con relación á exención da materia de lingua galega.

 

A nivel metodolóxico, durante o desenvolvemento da clase de Lingua Galega, faráselle un reforzo na aula con exercicios adaptados que irán progresivamente incrementado o grao de complexidade para que poida ir seguindo, na medida do posible, o ritmo do resto da clase. Amais disto, ao longo de cada unidade, proporánselle actividades de reforzo e consolidación en Lingua Galega dos contidos impartidos na aula.

 

Aplicaranse metodoloxías baseadas no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos para potenciar a zona de desenvolvemento próximo, favorecerase a titoría entre iguais, a aprendizaxe por proxectos (nesta programación didáctica figuran tres proxectos ao longo do curso) e outras medidas que promovan a súa inclusión.

 

Á parte disto, terán prioridade os métodos que favorezan a expresión directa e a comunicación, como por exemplo, as exposicións, as deliberacións orais argumentadas (véxase unidade 3), o intercambio de gustos lectores a través de conversas literarias na biblioteca (unidade 7). Introduciranse contidos relacionados coa diversidade sociocultural e persoal.

 

Tamén se espera contar cunha alumna que repite 1º de Bacharelato. A esta alumna aplicaráselle o plan específico personalizado para o alumnado que permanece un ano máis no mesmo curso, segundo o artigo 52 da Orde do 8 de setembro de 2021 de atención á diversidade .

 

Este plan ten como finalidade adaptar as condicións curriculares ás necesidades da alumna, para tratar de superar as dificultades detectadas. Elaborarao o equipo docente, baixo a coordinación do profesor/a titor/a, e desenvolverase ao longo de todo o curso.

 

O plan específico personalizado debe incluír, cando menos, as seguintes partes:

 

a) Identificación da alumna.

 

b) Relación das necesidades educativas que motivaron a repetición do curso.

 

c) Medidas ordinarias aplicadas no curso anterior.

 

d) Estratexias metodolóxicas que se utilizarán no seu desenvolvemento.

 

e) Recursos necesarios para o desenvolvemento do plan.

 

f) De ser o caso, oferta de medidas extraordinarias.

 

g) Acreditación da información á familia.

 

Posteriormente, en cada sesión de avaliación farase o seguimento do plan específico personalizado e, de ser necesario, realizaránselle os axustes que procedan. Ao final do curso, na mesma sesión de avaliación, informarase sobre o seu desenvolvemento e o seu aproveitamento.

 

Segundo o disposto no artigo 13.4. da Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, en caso de non superar algunha materia, logo da avaliación final do período ordinario, coa finalidade de lle facilitar a súa recuperación, terá dereito a realizar unha proba extraordinaria nas datas que se determinen na norma que estableza o calendario escolar.

 

Por outra parte, as actuacións metodolóxicas que se leven a cabo neste caso teñen que ir orientadas a elaborar actividades que teñan diferentes graos de realización, introduciranse unha ampla variedade de actividades individuais, que se adecúen ao ritmo de traballo de todo o alumnado, con especial atención a este caso. Tamén é preciso situar a alumna preto da mesa da docente para poder prestarlle unha atención individualizada. Realizaránselle actividades de reforzo e consolidación en cada unidade didáctica. Desenvolverase unha avaliación formativa orientada a valorar o proceso e o avance na consecución dos obxectivos.

 

No Plan Xeral de Atención á Diversidade do centro educativo deberán concretarse as medidas que se tomen en Bacharelato co alumnado que permaneza un ano máis no mesmo curso.

 

Como se pode apreciar nestes dous casos de NEAE, estas son medidas de carácter ordinario que teñen o propósito de prestar unha atención educativa de calidade, inclusiva e para a diversidade, e non repercuten nos obxectivos, contidos, nin nos criterios de avaliación.

 

No caso de que ao longo do curso se matricule algún alumno ou alumna con algunha destas problemáticas: dislexia, discapacidade auditiva, TEA, altas capacidades, Down ou discapacidade intelectual, TDAH, absentismo, atención temperá seguiranse os protocolos establecidos pola Consellería.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
1 Comprensión lectora.
2 Expresión oral e escrita.
3 Comunicación audiovisual.
4 Competencia dixital.
5 Emprendemento social e empresarial.
6 Fomento do espírito crítico e científico.
7 Educación emocional e en valores.
8 Creatividade.
9 Igualdade de xénero.
10 P.revención e resolución pacífica de conflitos.
11 Pluralidade (lingüística).

O Decreto polo que se establece a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (nesta altura aínda sen publicar), establece que en todas as materias e, polo tanto, en Lingua Galega e Literatura de 1º de bacharelato, se traballarán os seguintes elementos transversais:

 

- a comprensión lectora

 

- a expresión oral e escrita

 

- a comunicación audiovisual

 

- a competencia dixital

 

- o emprendemento social e empresarial

 

- o fomento do espírito crítico e científico

 

- a educación emocional e en valores

 

- a igualdade de xénero

 

- a creatividade

 

 

Amais dos elementos transversais indicados anteriormente, segundo o artigo 19.2, «promoverase a aprendizaxe da prevención e resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social [...] e a pluralidade». Por último, atendendo ao artigo 19.3. do Anteproxecto de Decreto polo que se establece a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia , «evitaranse os comportamentos, os estereotipos e os contidos sexistas, así como aqueles que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero».

 

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Asistencia a unha obra de teatro do grupo Sarabela baseada na obra literaria Made in Galiza de Séchu Sende O lumnado asisterá a posta en cena da obra no auditorio da localidade.
Visionado dun filme relacionado cos valores ecoloxistas. Visitará tamén o Banquete de Conxo O alumnado viaxará a Compostela para asistir a un filme na sala Numax sobre a defensa do territorio e a importancia do activismo neste eido.
O universo literario na biblioteca. Principais autores e obras. A escolla de cinco obras da literatura galega que foron imprescindibles nas súas lecturas. Elaboración de material acompañado polo persoal encarregado da biblioteca do centro sobre o tema deste ano " O universo"

Cómpre ter en conta que todas estas actividades teñen relación directa coa materia, polo que non se considerarán nin se inclúen aquí as actividades complementarias organizadas polo centro.

 

O número de actividades complementarias programadas non excederá das tres por curso, unha por trimestre. As que se desenvolven fóra do centro, contarán co permiso por escrito da nai, do pai ou dos titores legais e deberán figurar na PXA do centro.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
1. Propiciouse un ambiente motivador na aula.
2. Respectouse o alumnado e demostrouse sensibilidade ante os seus problemas e as súas diferenzas tanto culturais, como de procedencia.
3. Atendeuse adecuadamente a diversidade do alumnado e aplicáronse os protocolos correspondentes.
4. Logo de realizarse a avaliación inicial e de recibir a información transmitida polo Departamento de Orientación, mantívose o seguimento personalizado de todo o alumnado ao longo do curso.
5. O alumnado foi informado detalladamente dos criterios e instrumentos de avaliación e cualificación establecidos.
6. As explicacións foron claras e amenas e as exemplificacións sinxelas e comprensibles.
7. Respectouse a puntualidade á hora de entrar na aula e mostrouse unha actitude entusiasta e dinámica.
8. O profesorado mantívose actualizado tanto no que se refire a aspectos didácticos xerais e específicos da súa materia como no ámbito das novas tecnoloxías.
9. Existiu un seguimento continuo da programación didáctica ao longo do curso e realizáronse as modificacións e adaptacións necesarias.
10. Estableceuse unha comunicación fluída e constante con outros departamentos, equipos e grupos de traballo específicos (EDLG, a Biblioteca, Club de Ciencia, etc.).
11. Estableceuse unha comunicación continuada co alumnado imposibilitado para asistir temporalmente ao centro: atención domiciliaria, hospitalización etc., a través da aula virtual ou doutras comunicacións telemáticas.
12. Conseguíronse adecuar as unidades didácticas á temporalización indicada e desenvolvéronse as actividades propostas de acordo á súa temporalización.
13. Mantívose a coherencia entre obxectivos, contidos, criterios de avaliación e mínimos de consecución.
14. Os procedementos, criterios e instrumentos de avaliación utilizados foron os adecuados.
15. Empregouse unha metodoloxía precisa e variada, con uso de materiais diversos.
16. Propuxéronse e concretáronse actividades de seguimento para atender a diversidade do alumnado: NEAE, repetidoras/es, ACS, reforzos.
17. Participouse no Proxecto lector do centro e en actividades programadas por outros grupos ou equipos docentes (EDLG, Equipo de Biblioteca etc.).
18. Asistiuse ás reunións de departamento achegando ideas, información e modificacións á PD, avaliando os resultados das avaliacións do alumnado e propondo mecanismos de mellora.
19. Analizouse a cualificación do alumnado e valoráronse as porcentaxes de alumnado que superou e non superou a materia.
20. Potenciouse a participación, o diálogo e a reflexión dentro da aula.
21. As probas de avaliación foron corrixidas no prazo establecido, entregadas ao alumnado, analizadas e comentadas na clase.
22. Mantívose contacto regular coas familias para seren informadas de todo o proceso de ensino-aprendizaxe das filla ou fillos.
23. Pasóuselle ao alumnado un cuestionario-enquisa a respecto da práctica docente do profesor ou profesora.
24. Fomentouse que o alumnado utilizase a lingua galega habitualmente na clase co profesor ou profesora e cos seus compañeiros e compañeiras.

Resulta fundamental que o profesorado posúa ferramentas e empregue procedementos útiles para avaliar o proceso do ensino e a súa práctica docente. Esta valoración efectúase, tal e como indica a normativa vixente, a través duns indicadores de logro "o profesorado avaliará tanto as aprendizaxes do alumnado como os procesos de ensino e a súa propia práctica docente, para o cal establecerá indicadores de logro nas programacións docentes".

Estes indicadores xiran arredor de tres aspectos: o referente á actitude profesional dentro da aula, ao coñecemento e á actitude a respecto do alumnado e ao cumprimento do establecido na programación didáctica.

Os ditos indicadores de logro valoraranse nunha escala de 0 a 10, e os seus resultados deben ser inseridos dentro da memoria final

Para recompilar información e elaborar os indicadores de logro poderanse utilizar os cuestionarios que lle foron proporcionados ao alumnado, mesmo ao final de cada trimestre e ao remate do curso.

Todos estes datos formarán parte de memoria final e deben terse en conta para que se poidan corrixir as deficiencias detectadas na PD do próximo curso.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


Para a elaboración da programación didáctica partiuse do seguimento das directrices establecidas pola Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP). Alén diso, tivéronse en conta as propostas existentes na memoria do curso anterior.

 

Cumpriuse o prazo de entrega indicado normativamente.

 

A estrutura da PD incluíu os apartados que recolle a Resolución do 26 de maio de 2022 que se expresan a seguir:

 

-Introdución.

 

-Obxectivos e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias.

 

-Relación de unidades didácticas coa súa secuencia e temporalización, e que conteñen a parte do currículo da materia que se traballou e a relación dos instrumentos de avaliación.

 

-Metodoloxía, coas concrecións metodolóxicas e os materiais e recursos didácticos.

 

-A avaliación, que refire o procedemento para a avaliación inicial, os criterios de cualificación coa indicación do mínimo de consecución para a superación da materia.

 

-Medidas de atención á diversidade.

 

-A concreción dos elementos transversais .

 

-As actividades complementarias.

 

-A práctica docente, que inclúe o procedemento para avaliar o proceso de ensino e a praxe docente cos seus indicadores de logro e o procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora da propia programación didáctica.

 

Ademais, en previsión de calquera circunstancia, tipo COVID ou outras, achegouse unha addenda coas correspondentes modificacións, basicamente en canto a metodoloxía e indicadores de logro mínimos, por se fose necesaria unha atención virtual do alumnado.

 

O desenvolvemento da programación didáctica foi analizado e revisado na última reunión de departamento de cada trimestre.

 

Valorarase o grao de cumprimento da secuenciación e temporalización das respectivas unidades didácticas, e se o seu deseño se axustou aos distintos elementos do currículo.

 

Tamén se valorará se a metodoloxía seguida e se os materiais e recursos didácticos empregados estaban dando os resultados previstos.

 

En canto á avaliación, analizouse se o deseño das probas e os mecanismos para a súa realización foron os adecuados.

 

Revisáronse as medidas adoptadas a respecto do alumnado NEAE presente nas aulas.

 

Valorouse a pertinencia dos distintos elementos transversais e o grao de cumprimento e participación en actividades complementarias.

 

Analizouse se os mecanismos de información ás familias deron os resultados previstos e se foron útiles e adecuados.

 

Incluíse a avaliación da práctica docente e da propia PD.

 

Para comprobar a aplicación adecuada da PD elaboráronse os indicadores de logro que se enumeran a continuación:

 

1. Conseguiuse acadar o grao de cumprimento dos obxectivos didácticos propostos, co correspondente desenvolvemento das competencias clave.

 

2. A secuenciación das UD propostas foi a axeitada, así como o número delas e a súa distribución cronolóxica.

 

3. As concrecións metodolóxicas e os materiais e recursos didácticos utilizados axustáronse aos fins perseguidos.

 

4. Os criterios de avaliación foron ben aplicados.

 

5. Os instrumentos de avaliación foron os adecuados.

 

6. Os mínimos de consecución para cada criterio de avaliación estiveron ben establecidos.

 

7. Atendeuse debidamente a diversidade do alumnado (seguindo os correspondentes protocolos de actuación).

 

8. Atendéronse suficientemente os contidos transversais e as actividades complementarias.

 

9. A materia contribuíu aos distintos Plans do centro: proxecto lingüístico, proxecto lector, TIC, Convivencia....

 

10. Realizouse un seguimento regular da PD por parte do departamento.

 

11. Avaliouse a PD aplicando unha escala de 1 a 5 a respecto do seu cumprimento.

 

12. Establecéronse propostas de mellora das deficiencias observadas na aplicación da PD. Estas propostas foron incluídas na memoria final do departamento.

 

Na última reunión do departamento didáctico recolleranse todas as modificacións ou adaptacións feitas ao longo do curso e, en consecuencia, a incorporación das propostas de mellora; incluiranse na memoria final do departamento para seren tidas en conta na PD do próximo curso.

 

 


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver