Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A finalidade da educación é contribuir a que o alumnado acaden un desenvolvemento pleno e integral da súa personalidade. Non podería existir unha formación integral e unha educación completa e de calidade, se non se permitise o desenvolvemento de todas as dimensións do ser humano, unha das cales é a relixiosa.

O deseño desta programación enmárcase nun modelo educativo de tipo constructivista, que entende a educación como un proceso que pon ás/ós alumnas/os en condición de revisar, modificar e reconstruír as súas categorías e estruturas mentais, para reinterpretar e reconstruír significativamente a realidade.

Facilítase unha aprendizaxe competencial dos contidos, de maneira que as aprendizaxes sexan útiles para a vida dos alumnos, contribuíndo á súa formación integral e á súa inserción social.

A abordaxe dos contidos faise a través de actividades que susciten o interese dos alumnos, que promovan o diálogo e que buscan expor cuestións que fagan reflexionar sobre os grandes interrogantes vitais. Antes de abordar os novos contidos detéctanse os coñecementos previos do alumnado.

Trataremos de ter presente a realidade do noso alumnado: Cunha formación sociocultural media-baixa. No eido relixioso as máis das veces teñen unha fe herdada, rutinaria e monótona nas prácticas relixiosas, que ó mellor lles serviu de nenos, pero que agora ou lles é indiferente ou empezan a cuestionar.

Pretendemos que, mediante a adquisición dunha serie de coñecementos, competencias, destrezas, valores e actitudes, o alumnado desenvolva a súa capacidade reflexivo-crítica, e sexan críticos, responsables e comprometidos coa realidade que os rodea

Dende a área de Relixión pretendemos facer un aporte á dimensión do SABER, pero sen esquecer e fortalecendo e potenciando sobre todo a dimensión do SER.


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Comprender e asumir o proxecto vital persoal, recoñecendo as propias ideas e crenzas, contrastándoas coa antropoloxía cristiá e outras cosmovisións, para inserirse na vida adulta e no mundo profesional.
OBX2 Recoñecer e despregar o carácter relacional do ser humano, como fundamento dos deberes e liberdades, desenvolvendo actitudes cívicas e democráticas, contrastando o Evanxeo con outros humanismos e ideoloxías contemporáneas, para aprender a vivir con outros e contribuír á construción dunha sociedade inclusiva.
OBX3 Interpretar os desafíos democráticos, socioeconómicos e ecolóxicos, analizando as súas causas e consecuencias desde a moral social da Iglesia, discernindo as propostas sociopolíticas das relixións e os movementos sociais, para asumir a ecoloxía integral e a responsabilidade persoal e social no coidado da vida e do planeta.
OBX4 Comprender e admirar o patrimonio cultural, interpretando o seu significado e expresións cos métodos de análises propias de cada disciplina, valorando criticamente as achegas do cristianismo no desenvolvemento dos pobos, para intervir con criterio propio no diálogo intercultural, a creación artística e na construción social do pensamento.
OBX5 Valorar a dimensión espiritual como fonte de sentido e aprendizaxes vitais, a través da análise das experiencias persoais, do coñecemento das tradicións espirituais, e do diálogo interdisciplinar con outras visións da vida e do mundo, para descubrir as oportunidades persoais, sociais e culturais da experiencia espiritual como proposta de plenitude da vida persoal e comunitaria.
OBX6 Coñecer o método propio da Teoloxía e as súas distintas especialidades analizando o seu lugar entre os saberes e disciplinas, establecendo un diálogo transdisciplinar coas outras ciencias, para afrontar criticamente os desafíos éticos e a transformación social.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Identidade do ser humano. Un ser relixioso O ser humano, un ser de relacións: Relación con Deus, relación cos demáis e relación co mundo. Configuración da identidade do ser humano: Os Humanismos, a relixión (panorama mundial das relixións), especificidade da relixión cristiana 25 8
2 Fe e Razón Clarificación da fe e da razón e historia das súa relación (enfrontamentos, encontros, colaboración e complementariedade). 25 6
3 Doutrina Social da Igrexa. Compromiso social do cristián Análise dos Principios da DSI, ver a súa historia e os principais documentos e aplicar logo á realidade social que nos rodea cos seus problemas: Guerra/paz, traballo/paro, migración, pobreza/riqueza, ecoloxía, ... 25 12
4 Expresións relixiosas na cultura da contorna Descubrimento e análise da presencia da Relixión na realidade socio-cultural que nos rodea: Igrexas, Cruceiros, Lendas, Cantigas, Romerías.... 25 9

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Relixión Católica
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4
CA1.1 - Identificar e interpretar as ideas e crenzas que conforman a identidade persoal, contrastándoas con categorías fundamentais da antropoloxía cristiá (creación, imaxe de Deus, liberdade, pecado, finitud, etc.) e doutras cosmovisións.
CA1.2 - Recoñecer os elementos esenciais dun proxecto vital en clave vocacional e profesional desde a autonomía, a liberdade e a responsabilidade social, cunha actitude sincera de procura da verdade, tendo en conta a proposta cristiá e os valores sociais.
CA1.3 - Valorar, no desenvolvemento da identidade persoal, a pertenza a múltiples esferas sociais, promovendo compromisos de respecto á diversidade e inclusión en sociedades democráticas.
CA1.4 - Distinguir os principios fundamentais da mensaxe social cristián, contrastándoos con outros humanismos e ideoloxías contemporáneas, aplicándoos a diferentes situacións sociais.
CA1.5 - Describir os retos políticos e económicos en contornas locais e globais, analizando as súas causas e propoñendo posibles solucións á luz da proposta moral do Reino de Deus e doutras cosmovisións.
CA1.6 - Deseñar proxectos persoais e comunitarios que promovan a plenitude humana e a transformación social, cultivando a responsabilidade individual, a xustiza social e a ecoloxía integral.
CA1.7 - Valorar e admirar as diversas expresións históricas do patrimonio común da humanidade, analizando como o cristianismo se ha integrado na historia, con luces e sombras, impregnando a cultura.
CA1.8 - Participar activamente na creación cultural con sentido crítico, desenvolvendo sentimentos de pertenza á propia tradición e construíndo a diversidade cultural desde criterios humanizadores propios do Evanxeo.
CA1.9 - Identificar a dimensión espiritual da persoa e a diversidade do feito relixioso, valorándoas como unha realidade presente nas culturas que se expresan de diferentes formas nas sociedades plurais.
CA1.10 - Valorar a experiencia cristiá manifestada en Xesucristo e en tantas testemuñas ao longo da historia, como resposta plena ás cuestións vitais e de sentido, en diálogo interdisciplinar con propostas filosóficas diversas.
CA1.11 - Recoñecer as características propias do saber teolóxico, en canto ao seu método, fontes e contido, identificando as semellanzas e diferenzas con outros saberes, en especial coa ciencia, e valorando as súas achegas éticas.
CA1.12 - Discernir os desafíos da civilización actual, establecendo as contribucións que tanto a ciencia como a teoloxía poden realizar transformación social, desde unha mutua colaboración.
Contidos
C1.1 - A vida como vocación persoal e profesional en diálogo co humanismo cristián.
C1.1.1 - Obxectivos vitais, desenvolvemento da vocación persoal e proxecto profesional.
C1.1.2 - A experiencia do encontro con Deus ao longo da historia como fonte de desenvolvemento pleno do humano.
C1.1.3 - Habilidades e destrezas para descubrir, analizar e valorar criticamente as diferentes pertenzas como medio de enriquecemento persoal.
C1.1.4 - A visión integral da persoa na súa dignidade e na súa liberdade segundo a antropoloxía cristiá.
C1.1.5 - A concepción do ser humano noutras cosmovisións filosóficas e relixiosas, en diálogo coa teoloxía cristiá das relixións.
C1.1.6 - Proxectos persoais e profesionais, na vida eclesial e social, desenvoltos en clave vocacional.
C1.1.7 - A vida en sociedade, condición necesaria do desenvolvemento vital da persoa.
C1.1.8 - Sentido artístico e creatividade no diálogo fe-cultura
C1.1.9 - Achegas da experiencia relixiosa cristiá para unha vida con sentido en diálogo con outros paradigmas.
C1.1.10 - Estratexias para o diálogo transdisciplinar e síntese persoal como aprendizaxe ao longo da vida
C1.2 - Diálogo fe-razón e fe-cultura.
C1.2.1 - Fenomenoloxía da experiencia relixiosa: elementos propios e diferenzas do cristianismo con outras tradicións filosóficas e relixiosas.
C1.2.2 - Síntese da Historia da Salvación en clave relacional e trinitaria.
C1.2.3 - O anuncio do Reino de Deus e as súas implicacións persoais, sociopolíticas e escatolóxicas.
C1.2.4 - Humanismo cristián: Xesucristo, salvación e modelo de humanidade plena.
C1.2.5 - As manifestacións sociais e culturais como expresión dos valores e crenzas da identidade dos pobos.
C1.2.6 - O cristianismo e a súa expresión artística na música, a literatura e as artes.
C1.2.7 - Habilidades para a análise e a contemplación de obras de arte sobre relatos bíblicos, historia da salvación e vida de Xesucristo.
C1.2.8 - Experiencia espiritual e relixiosa en figuras históricas de distintas tradicións relixiosas e culturais.
C1.2.9 - Recoñecemento crítico na contorna social e cultural de manifestacións da dimensión espiritual da persoa.
C1.2.10 - Método teolóxico e método científico: contidos e enfoques propios de cada disciplina.
C1.2.11 - Relaciones ciencia e fe ao longo da historia e na actualidade.
C1.2.12 - Diálogo fe-razón na historia da ciencia, a filosofía e a teoloxía.
C1.3 - Inserirse criticamente na sociedade.
C1.3.1 - Valores sociais, pensamento crítico e proxecto persoal e profesional.
C1.3.2 - Principios fundamentais da doutrina social da Iglesia ( DSI).
C1.3.3 - Estratexias para a análise dos principais problemas sociais, políticos, económicos e ecolóxicos do mundo actual, á luz da doutrina social da Igrexa e doutros humanismos.
C1.3.4 - As relacións da Igrexa coa organización política e democrática, nos niveis locais, estatais e globais, na súa dimensión histórica e actual.
C1.3.5 - Coñecemento e valoración das diferentes iniciativas mundiais que buscan lanzar proxectos de futuro sostible, en especial os obxectivos de desenvolvemento sostible ( ODS).
C1.3.6 - Proxectos sociais e de promoción humana da Iglesia, na historia e no presente, e a súa achega á inclusión social e ao ben común.
C1.3.7 - Actitudes de diálogo e colaboración con outras relixións e culturas que posibiliten unha convivencia pacífica e tolerante entre as distintas tradicións.
C1.3.8 - Principais desafíos da humanidade e as súas implicacións éticas: valor da vida, xustiza, ecoloxía, transhumanismo e intelixencia artificial, etc.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Identidade do ser humano. Un ser relixioso
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Identificar e interpretar as ideas e crenzas que conforman a identidade persoal, contrastándoas con categorías fundamentais da antropoloxía cristiá (creación, imaxe de Deus, liberdade, pecado, finitud, etc.) e doutras cosmovisións.
Proba escrita
Reflexiona sobre acontecementos, imaxes, novas...e emite xuizos de valor sobre a necesidade de atopar sentido á vida 20
CA1.5 Describir os retos políticos e económicos en contornas locais e globais, analizando as súas causas e propoñendo posibles solucións á luz da proposta moral do Reino de Deus e doutras cosmovisións.
Táboa de indicadores
Adquire capacidade de reflexión crítica ante novas, comportamentos e actitudes respecto á dignidade das personas, as relacións sociais e o respecto, coidado e defensa da vida e da natureza 20
CA1.8 Participar activamente na creación cultural con sentido crítico, desenvolvendo sentimentos de pertenza á propia tradición e construíndo a diversidade cultural desde criterios humanizadores propios do Evanxeo.
Proba escrita
Identifica e diferenza a diversidade de respostas salvíficas e de sentido que amosan os humanismos e as relixións, descubrindo e valorando a especificidade da resposta cristiana 20
CA1.9 Identificar a dimensión espiritual da persoa e a diversidade do feito relixioso, valorándoas como unha realidade presente nas culturas que se expresan de diferentes formas nas sociedades plurais.
Proba escrita
Identifica e diferenza a diversidade de respostas salvíficas e de sentido que amosan as relixións, descubrindo e valorando a especificidade da resposta cristiana 20
CA1.12 Discernir os desafíos da civilización actual, establecendo as contribucións que tanto a ciencia como a teoloxía poden realizar transformación social, desde unha mutua colaboración.
Táboa de indicadores
Aprecia a relación entre experiencias vitais e a pregunta polo sentido. 20

2 Fe e Razón
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Identificar e interpretar as ideas e crenzas que conforman a identidade persoal, contrastándoas con categorías fundamentais da antropoloxía cristiá (creación, imaxe de Deus, liberdade, pecado, finitud, etc.) e doutras cosmovisións.
Proba escrita
Aporta argumentos para defender racionalmente a súa fe e creenzas. 20
CA1.5 Describir os retos políticos e económicos en contornas locais e globais, analizando as súas causas e propoñendo posibles solucións á luz da proposta moral do Reino de Deus e doutras cosmovisións.
Proba escrita
Analiza casos e debate, de forma razoada, sobre situacións de "conflicto" entre razón e fe. 20
CA1.10 Valorar a experiencia cristiá manifestada en Xesucristo e en tantas testemuñas ao longo da historia, como resposta plena ás cuestións vitais e de sentido, en diálogo interdisciplinar con propostas filosóficas diversas.
Táboa de indicadores
Relaciona o modo de vida dos monxes coa experiencia espiritual que o sustenta e identifica o sentido cristián da oración. 20
CA1.11 Recoñecer as características propias do saber teolóxico, en canto ao seu método, fontes e contido, identificando as semellanzas e diferenzas con outros saberes, en especial coa ciencia, e valorando as súas achegas éticas.
Táboa de indicadores
Identifica diferentes métodos de coñecer a verdade na filosofía, a teoloxía, a ciencia e a técnica. Distingue que aspectos da realidade permite coñecer cada método 20
CA1.12 Discernir os desafíos da civilización actual, establecendo as contribucións que tanto a ciencia como a teoloxía poden realizar transformación social, desde unha mutua colaboración.
Táboa de indicadores
Descubre a colaboración que pode haber entre razón e fe se ambas se respetan 20

3 Doutrina Social da Igrexa. Compromiso social do cristián
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Identificar e interpretar as ideas e crenzas que conforman a identidade persoal, contrastándoas con categorías fundamentais da antropoloxía cristiá (creación, imaxe de Deus, liberdade, pecado, finitud, etc.) e doutras cosmovisións.
Proba escrita
Identifica problemas sociais e analiza a resposta que a a Doutrina Social da Igrexa deu ós mesmos analizando os seus documentos. 20
CA1.2 Recoñecer os elementos esenciais dun proxecto vital en clave vocacional e profesional desde a autonomía, a liberdade e a responsabilidade social, cunha actitude sincera de procura da verdade, tendo en conta a proposta cristiá e os valores sociais.
Táboa de indicadores
Identifica problemas socias da contorna e intenta implicarse e colaborar na búsqueda de solución dos mesmos. 10
CA1.3 Valorar, no desenvolvemento da identidade persoal, a pertenza a múltiples esferas sociais, promovendo compromisos de respecto á diversidade e inclusión en sociedades democráticas.
Táboa de indicadores
Identifica problemas socias da contorna e intenta implicarse e colaborar na búsqueda de solución dos mesmos. 20
CA1.4 Distinguir os principios fundamentais da mensaxe social cristián, contrastándoos con outros humanismos e ideoloxías contemporáneas, aplicándoos a diferentes situacións sociais.
Proba escrita
Analiza os principais documentos da DSI descubrindo os principios fundamentais da mesma e valora a aplicación deses principios. 10
CA1.5 Describir os retos políticos e económicos en contornas locais e globais, analizando as súas causas e propoñendo posibles solucións á luz da proposta moral do Reino de Deus e doutras cosmovisións.
Táboa de indicadores
Comprende o significado de ben común, destino universal dos bens e subsidiariedade. Aplicaos a situacións concretas 20
CA1.11 Recoñecer as características propias do saber teolóxico, en canto ao seu método, fontes e contido, identificando as semellanzas e diferenzas con outros saberes, en especial coa ciencia, e valorando as súas achegas éticas.
Proba escrita
Identifica diferentes métodos de coñecer a verdade na filosofía, a teoloxía,a ciencia e a técnica. Distingue que aspectos da realidade permite coñecer cada método. 10
CA1.12 Discernir os desafíos da civilización actual, establecendo as contribucións que tanto a ciencia como a teoloxía poden realizar transformación social, desde unha mutua colaboración.
Táboa de indicadores
Valora as aportacións que dende os diferentes ámbitos (político, relixioso, científico,...) se da á solución dos problemas sociais. 10

4 Expresións relixiosas na cultura da contorna
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Identificar e interpretar as ideas e crenzas que conforman a identidade persoal, contrastándoas con categorías fundamentais da antropoloxía cristiá (creación, imaxe de Deus, liberdade, pecado, finitud, etc.) e doutras cosmovisións.
Táboa de indicadores
Recoñecer a influencia do contorno socio/relixiosos na nosa configuración personal. 20
CA1.5 Describir os retos políticos e económicos en contornas locais e globais, analizando as súas causas e propoñendo posibles solucións á luz da proposta moral do Reino de Deus e doutras cosmovisións.
Táboa de indicadores
Comprende o significado de ben común, destino universal dos bens e subsidiariedade. Aplícaos a situacións concretas. 20
CA1.6 Deseñar proxectos persoais e comunitarios que promovan a plenitude humana e a transformación social, cultivando a responsabilidade individual, a xustiza social e a ecoloxía integral.
Proba escrita
Apreciar, valorar e respectar as manifestacións relixiosas da contorna, participando activamente. 20
CA1.7 Valorar e admirar as diversas expresións históricas do patrimonio común da humanidade, analizando como o cristianismo se ha integrado na historia, con luces e sombras, impregnando a cultura.
Proba escrita
Apreciar e valorar as manifestacións relixiosas da contorna. Informándose sobre a súa historia, tradición e desencolvemento. 20
CA1.12 Discernir os desafíos da civilización actual, establecendo as contribucións que tanto a ciencia como a teoloxía poden realizar transformación social, desde unha mutua colaboración.
Táboa de indicadores
Descubre a colaboración que pode haber entre razón e fe se ambas se respetan. 20

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


As seguintes orientacións metodolóxicas xiran en torno a dous eixes:

1. Fidelidade e respecto ó alumnado, protagonista da educación.

2. Fidelidade á mensaxe e ós contidos da educación relixiosa cristiá católica.

 

Seguimos o modelo que emana da concepción constructivista da aprendizaxe. Así, temos en conta os seguintes criterios:

a. O protagonista da aprendizaxe é o alumnado, coa súa propia actividade.

b. O que empeza unha nova aprendizaxe, faino a partir dos coñecementos que posúe.

c. O que aprende faino establecendo relacións entre os seus esquemas mentais e os estímulos externos. Só así se logra unha aprendizaxe significativa.

 

Non esquecerémo-la importancia formativa que ten o traballo en grupo, indispensable para potencia-la dimensión social e comunitaria do alumnado.

Utilizaremos distintas linguaxes relixiosas: bíblica, doutrinal, litúrxica, testemuñal, para familiarizar ó alumnado con elas e responda con propiedade á utilización das mesmas.

Fomentaremos a interdisciplinariedade e a complementariedade.

O máis importante será o traballo do alumnado, de aí a importancia que daremos ó caderno de actividades e ós seus traballos, individuais e grupais. Calificaremos moi positivamente o traballo que o alumnado realice fora das horas de clase e dun xeito voluntario: Lectura-recensión de libros de lectura complementarios, realización de pequenos traballos sobre aspectos e temas a tratar.

Non pretendemos que o alumnadoo aprenda de memoria uns cantos conceptos; debe ter claras as nocións básicas e adquirir uns coñecementos teóricos básicos, pero sobre todo pretendemos que poña en xogo o saber adquirido nas situacións que a vida (familia, xogo, amizades, colexio, sociedade) lle plantexa.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Aula virtual
Radio

Aula virtual onde o alumnado pode atopar recursos sincrónicos e asíncronos e onde o profesor poden atopar materiais para crear, ensinar, xestionar, avaliar e supervisar o proceso formativo e a evolución do curso. Ofrece ferramentas para crear e cargar materiais audiovisuais de clase, e outras para seguir a evolución do alumnado ao longo do curso.

Traballaremos coa radio como recurso educativo que pode axudar ás persoas a ser máis creativas, descubrir o seu propio potencial de toma de decisións e aprender a adoptar determinados comportamentos que os motiven a participar na toma de decisións sobre distintas cuestións que afectan aos cidadáns.

Non temos libro de texto polo que usaremos materiais de apoio elaborados polo profesor relacionados coa materia sobre os distintos temas traballamos na materia (textos, fichas...).  Aportaremos ó alumnado guións, fichas,.... con indicacións de traballo, para que él mesmo vaia construindo a súa propia aprendizaxe, elaborando o seu personal libro de texto.

O alumnado fará uso de soportes dixitais sempre e cando a profesora llelo permita para buscar a información e ir construindo a súa aprendizaxe.


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Ao ser a Relixión unha materia de oferta obrigatoria para o centro e de libre elección para o alumno, estes poden acceder á materia mesmo sen tela cursado con anterioridade polo que non é necesario que acrediten coñecementos previos. Con todo, tomarase información dos coñecementos do alumnado, ao comezo do curso, a través dun cuestionario de xeito informal con algún instrumento de gamificación.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 25.0 25.0 25.0 25.0 100.0
Proba escrita 60.0 40.0 40.0 40.0 45.0
Táboa de indicadores 40.0 60.0 60.0 60.0 55.0

A nota de cada avaliación calcularase da seguinte forma:

70%. Realización de probas, traballos e actividades.

   — Elabora traballos a partir dun esquema proposto na aula  tanto individual como en grupo,  e será medido a través de rúbricas e rexistros de control.20%

  — Obtén información de diferentes medios, selecciona e redacta ideas sobre un tema determinado 20%

  — Resolve exercicios tipo test do contido da materia 20%

  — Coordínase e participa realizando tarefas en grupo 10%

 15%. Caderno de clase e reflexión persoal.

   — Realiza as tarefas propostas para a confección do caderno 5%             

  — Produce textos relacionados cos contidos de aprendizaxe 5%

  — É ordenado, coidadoso e responsable co material e actividades realizadas 5%

15%. Aproveitamento en clase e participación.

    — Participa nos debates e tarefas da clase sendo respectuoso e non entorpece o traballo dos demais 15%

A avaliación será aprobada cun 5 despois do redondeo

A nota da avaliación ordinaria calcularase facendo a media das notas reais (sen redondeo) das tres avaliacións que suporá o 100%. 

O redondeo farase igual que nas avaliacións.

Dado que o proceso de avaliación dos alumnos é continuo, as dificultades serán detectadas con rapidez e se facilitará que o alumnado se poña ao día co traballo non realizado ou cos saberes non adquiridos.

No caso de que a media das tres avaliacións sexa 4.5 ou superior superará a materia.

No caso de que media das tres avaliacións sexa inferior a 4.5 deberá realizar a recuperación da avaliación ou avaliacións suspensas.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Neste curso non procede este apartado, xa que as materias pendentes da ESO non se teñen en conta no Bacharelato


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta materia

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


A metodoloxía da materia de Relixión Católica terá en conta os principios do Deseño Universal para a Aprendizaxe para programar propostas didácticas compostas por prácticas de aprendizaxe, ensino e avaliación que contribúan a enriquecer o proceso de desenvolvemento integral do alumnado, promovendo o seu progreso no recoñecemento da tradición relixiosa e cultural da contorna familiar e social, na adquisición de actitudes, valores e crenzas necesarios para a súa vida persoal e en sociedade, no crecemento interior e proxecto vital, así como na expresión das súas propias emocións e experiencias de forma respectuosa e empática xerando contornas inclusivas e interculturais. Foméntanse así procesos pedagóxicos accesibles para todos pola diversidade de estratexias e recursos, de espazos e tempos, que se utilizan na aula e pola adaptación do currículo ás necesidades dos diferentes ritmos de aprendizaxe. No deseño das actividades desta materia terase en conta a flexibilidade do currículo, os contextos de ensino inclusivos, e a utilización de recursos accesibles. A adecuada resposta educativa a todos os alumnos concíbese a partir do principio de inclusión, entendendo que unicamente dese modo garántese o desenvolvemento de todos, favorécese a equidade e contribúese a unha maior cohesión social. A atención á diversidade é unha necesidade que abarca a todas as etapas educativas e a todo o alumnado. É dicir, trátase de contemplar a diversidade dos alumnos como principio e non como unha medida que corresponde ás necesidades duns poucos.

Nos materiais do curso inclúese propostas de atención á diversidade para todos os contidos.

En cumprimento do artigo 52 da orde 8 de setembro 2021 de atención á diversidade. Elaborarase un plan especifico personalizado para os alumnos que deban permanecer un ano máis no mesmo curso que incida nas dificultades detectadas no curso anterior.

 


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4
1 Comprensión de lectura
2 Expresión oral e escrita
3 Comunicación audiovisual
4 Competencia dixital
5 Emprendemento social e empresarial
6 Fomento do espírito crítico e científico
7 Educación emocional e en valores
8 Igualdade de xénero
9 Creatividade
10 Formación estética
11 Educación para a saúde
12 Respecto mutuo e cooperación entre iguais

Ao traballar os mesmos descriptores operativos que as demais materias, a materia de Relixión pode integrarse como unha materia nos proxectos de interdisciplinariedad e o traballo por ámbitos.

 O departamento de Relixión planificou unha serie de actividades por grupo que teñen como eixe os elementos transversais descritos no artigo catro do Decreto 86/2015 e como cada curso coordínase coa Biblioteca, elaborando unha pequena aportación a un proxecto multidisciplinar coas diferentes materias. A proposta deste ano da Biblioteca van ser Camiños ao longo de tres trimestres: Culturais, naturais e emocionais. 

Nos propios saberes recóllese a relación de con outras disciplinas especialmente Lingua, Historia, Xeografía, Educación Plástica e Visual, Bioloxía, etc.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Roteiros culturais pola contorna Duración 1 día. Percorridos polas parroquia da contorna descubrindo e coñecendo elementos culturais, paisaxisticos e relixiosos de gran valor.
25N Actividades que fomenten educar para erradicar a violencia que sofren as mulleres no mundo.
O Nadal Actividades que permitan descubrir o significado desta festividade, orixe e distintas tradicións.
Camiño de Santiago Duración 1 día. Ruta de peregrinación de orixe medieval que se dirixe á tumba de Santiago O Maior.
A paz Biografías e diversas actividades relacionadas coa Paz.
Visita a unha emisora de radio Duración 1 día. Visitas a emisoras cercanas para conocer mellor o seu funcionamento.
Roteiro ao Santuario do Corpiño Duración 1 día. Roteiro ata o santuario. Descubrir elementos culturais e relixiosos dese lugar.
Convivencia CEIPs da contorna e o IES Marco do Camballón Duración 1 día. Compartindo actividades de información e posta en común de traballos realizados na aula.
Visita a unha residencia da terceira idade Actividades de interxeneracionais.
Ruta cidade española e/ou europea Duración 5 días. Visita da contorna desta cidade descubrindo e coñecendo elementos culturais, paisaxisticos e relixiosos de gran valor. Decubrindo unha inmensa cultura relixiosa e os motivos cristiáns presentes.

Traballaremos interdepartamentalmentes coa Biblioteca, Xeografía e Historia, Lingua e Literatura Galega, Lingua e Literatura Castelá,  Educación Visual e Plástica entre outros.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Programación
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Planificación da situación de aprendizaxe
Outros Avaliación

Se a programación se axusta ao marco normativo curricular estatal e autonómico e ao currículo de Relixión, se está adaptada ás características do centro e do grupo, se vincula este curso co perfil de saída, os descritores operativos e obxectivos de cada etapa, se se tivo en conta a diversidade do alumnado en canto a capacidades, distintos niveis cognitivos, ritmos e estilos de traballo, habilidades, estilos de aprendizaxe...

A estrutura da situación de aprendizaxe inclúe todos os elementos formais, planificouse a partir dos criterios de avaliación que establece o currículo utilizando en cada secuencia aqueles saberes que permitían progresar na adquisición da correspondente competencia específica, se tivo en conta os descritores operativos das competencias clave e buscou o diálogo curricular con outras materias, si é adecuada aos criterios de avaliación, se tivo en conta a diversidade do alumnado en canto a capacidades, distintos niveis cognitivos, ritmos e estilos de traballo, habilidades, estilos de aprendizaxe...

Se reflexionei e avaliei o meu labor docente durante todo o desenvolvemento da situación de aprendizaxe, realizando modificacións (nas tarefas, nos contidos, na metodoloxía) cando foi necesario, se utilicei variadas ferramentas de avaliación ao longo da tarefa (rúbricas, observación, probas escritas ou orais), se tiven en conta os criterios de cualificación acordados e difundidos e se estes criterios van referidos non só a resultados de probas senón ao logro de competencias.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


Realizarase o seguemento a través da aplicación Proens, completando os datos que aparecen na aplicación. O resultado dese seguimento permitiranos confirmar ou modificar a programación no vindeiro curso.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver