Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


Elaborar unha programación implica organizar por anticipado a acción educativa, establecendo unha planificación concreta para un período determinado dentro dos obxectivos fixados polas autoridades educativas. Esta medida contribúe á mellora da calidade do ensino porque reforza a conciencia da finalidade e os obxectivos, promove a participación e a colaboración entre o profesorado, facilita a adaptación a distintos contextos académicos e fai rendibles o esforzo, o tempo e os recursos.

 

No apartado dos obxectivos, non fixemos modificación ningunha con respecto aos descritores sinalados no currículo por parecernos suficientes e, sobre todo, xa que pode ter influencia no peso relativo da materia na adquisición das competencias clave; aspecto que debería ser acordado na concreción curricular.

 

Esta programación pretende organizar os contidos dos catro bloques do currículo en unidades didácticas que compatibilicen os de carácter cultural e os lingüísticos. Así, situamos na primeira avaliación as UD referidas á xeografía e historia da lingua, aínda que o apartado de escritura, transcrición e lectura seguirá a traballarse en todo o curso. Repartidas nos tres trimestres estarán as de historia, sociedade, relixión e etimoloxía e, por último, a modo de recompilación, no terceiro trimestre unha UD sobre legado e patrimonio. En canto ao peso das unidades didácticas, cómpre dicir que as de contidos non lingüísticos teñen un peso que equivale aproximadamente ao 25 % da materia, reservándose o 75 % restante para as unidades didácticas lingüísticas. Evidentemente, tanto o peso das distintas unidades didácticas como a súa distribución en trimestres poden ser modificadas facilmente por cada docente.

 

No apartado metodolóxico explicamos que apostamos por un ensino maioritariamente gramaticalista da lingua grega o cal non impide a súa combinación con un tratamento semellante aos das linguas modernas cos métodos chamados naturais ou activos. En todo caso, a secuenciación de contidos adaptase perfectamente a os dous ensinos.

 

En canto á avaliación, será necesario revisar especialmente os criterios, xa que este é o apartado no que o profesorado pode personalizar máis a súa práctica docente atendendo ao contexto do seu centro e alumnado.

 

Finalmente, no que atinxe á avaliación da práctica docente, nesta programación propóñense unha serie de cuestións as que o docente dará resposta para avaliala de xeito obxectivo. A finalidade non é outra que a de mellorar a programación de cara a seguintes versións, especialmente no que se refire ás sesións dedicadas a cada UD, a distribución por trimestres, os instrumentos de avaliación e mesmo o peso de cada criterio de avaliación.

 

- Contexto do IES e características do alumnado:

 

O IES Marco do Camballón está situado no núcleo urbano de Vila de Cruces, pero a súa contorna é eminentemente rural e dun nivel socioeconómico medio-baixo. Neste centro impártense ensinanzas de ESO, bacharelato, un CM de Soldadura e Caldeirería, un CM de Atención a Persoas Dependentes e Formación Profesional Básica. No que atinxe aos usos lingüísticos, a maioría do alumnado é galego falante habitual.

O departamento de Latín durante o curso 2023/24 estará constituído por un único membro, o docente Nonito Rodríguez Iglesias, con destino definitivo e xefe do Departamento, que impartirá as seguintes materias:

 

* Latín, 4º ESO, con tres horas semanais

* Latín I, de 1º de bacharelato, con catro horas semanais.

* Latín II, de 2º de bacharelato, con catro horas semanais.

* Grego I, de 1º de bacharelato, con catro horas semanais.

*MCYS, de 2ª FP básica, con catro horas semanais.

 

Complétase horario con gardas de aula, xefatura de Departamento e atención a pais.

 

 

 


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Comprender e/ou producir textos gregos de dificultade crecente e xustificar a súa comprensión e/ou produción, identificando e analizando os aspectos básicos da lingua grega, as unidades lingüísticas e reflexionando sobre elas mediante a comparación coas linguas de ensino e con outras linguas do repertorio individual do alumnado, en especial e cando sexa posible co grego moderno, e poñendo en práctica, se se considera oportuno, habilidades comunicativas tanto orais como escritas, para realizar unha lectura comprensiva, directa e eficaz e unha interpretación razoada do seu contido e, de ser o caso, unha produción oral e/ou escrita correcta.
OBX2 Distinguir os étimos e formantes gregos presentes no léxico de uso cotián, identificando os cambios semánticos que tivesen lugar e establecendo unha comparación coas linguas de ensino e outras linguas do repertorio individual do alumnado, en especial e cando sexa posible co grego moderno, para deducir o significado etimolóxico do léxico coñecido e os significados de léxico novo ou especializado.
OBX3 Ler, interpretar e comentar textos gregos de diferentes xéneros e épocas, asumindo o proceso creativo como complexo e inseparable do contexto histórico, social e político e das súas influencias artísticas, para identificar a súa xenealoxía e a súa achega á literatura europea.
OBX4 Analizar as características da civilización grega no ámbito persoal, relixioso e sociopolítico, adquirindo coñecementos sobre o mundo heleno e comparando criticamente o presente e o pasado, para valorar as achegas do mundo clásico grego á nosa contorna como base dunha cidadanía democrática e comprometida.
OBX5 Valorar criticamente o patrimonio histórico, arqueolóxico, artístico e cultural herdado da civilización grega, promovendo a súa sustentabilidade e recoñecéndoo como produto da creación humana e como testemuño da historia, para explicar o legado material e inmaterial grego como transmisor de coñecemento e fonte de inspiración de creacións modernas e contemporáneas.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Xeografía Marco xeográfico en que se desenvolve a civilización grega. Localización de fitos xeográficos e enclaves concretos relevantes. 4 4
2 Historia Marco histórico da civilización grega: das civilizacións minoica e micénica ao mundo helenístico. Etapas, feitos importantes e mulleres e homes relevantes. Presenza de Grecia na Península Ibérica. 6 12
3 Sociedade e formas de goberno Nesta unidade didáctica hanse traballar os contidos referidos á sociedade e as formas de goberno de Grecia, tomando como exemplo as polis de Esparta e Atenas. Sistemas políticos. Urbanismo, obras públicas e artes plásticas. A familia. A situación da muller. Nacemento e educación. Traballo e lecer: oficios, ciencia e técnica. Festas e espectáculos: teatro e deporte. 6 12
4 Relixión e mitoloxía Cosmogonía, divindades e heroes. Formas de culto. Santuarios. 4 9
5 Historia da lingua grega. O alfabeto Do indoeuropeo ao grego moderno: micénico, xónico-ático, koiné e grego moderno. O alfabeto grego na historia da escritura. Orixes e características. A súa relación co alfabeto fenicio e con outros alfabetos. Escritura. Signos ortográficos. Clasificación dos sons. Pronunciación erasmiana e histórica. Normas de transcrición. Lectura fluída. 10 10
6 Morfoloxía nominal I: declinacións Sistema casual. Artigo. 1.ª e 2.ª declinacións. Adxectivos 212. 3.ª declinación. Adxectivos da 3ª declinación. Adxectivos irregulares. Graos dos adxectivos. 10 15
7 Morfoloxía nominal II: pronomes Pronomes demostrativos. Pronomes persoais e posesivos. Pronomes indefinidos. Pronomes relativos. 10 9
8 Morfoloxía verbal I Modo indicativo do verbo copulativo (eimí) e dos verbos en -w. Voz activa e medio-pasiva. 10 15
9 Morfoloxía verbal II. formas nominais Construcións de infinitivo e de participio. 8 14
10 Sintaxe I: valores dos casos Valores dos casos: vocativo, dobre acusativo, dativo posesivo, xenitivo partitivo, complementos circunstanciais, complemento axente. Uso das preposicións. 8 12
11 Sintaxe II: oración de relativo Pronome de relativo. Oracións subordinadas de relativo. 8 5
12 Vocabulario e etimoloxía Vocabulario básico relacionado cos contidos morfolóxicos explicados. Léxico de uso frecuente e principais prefixos e sufixos. Descomposición de palabras nos seus formantes. Helenismos máis frecuentes do vocabulario común e do léxico especializado, e o seu mantemento: termos patrimoniais, cultismos e neoloxismos. Identificación de lexemas, sufixos e prefixos helénicos usados na lingua propia. Familias etimolóxicas e semánticas. 10 15
13 Legado grego Nesta unidade didáctica hanse tratar dun modo sintético todos os eidos da vida moderna onde se pode achar o legado de Grecia. Esta unidade pode ser concibida, en certa medida, como un repaso das anteriores, dado que se precisa dos coñecementos adquiridos para poder entender e, sobre todo, facer as conexións e relacións imprescindibles. 6 8

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Comprensión e interpretación dos textos
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13
CA1.1 - Realizar traducións directas e/ou inversas de textos ou fragmentos adaptados ou orixinais de dificultade adecuada e progresiva con corrección ortográfica e expresiva, identificando e analizando, cando se considere necesario, unidades lingüísticas regulares da lingua e apreciando variantes e coincidencias con outras linguas coñecidas.
CA1.2 - Seleccionar de maneira progresivamente autónoma o significado apropiado de palabras polisémicas e xustificar a decisión, tendo en conta a información cotextual ou contextual e utilizando ferramentas diversas de apoio ao proceso de tradución en distintos soportes, cando se considere necesario.
CA1.3 - Revisar e emendar de maneira progresiva­mente autónoma as propias traducións e as das compañeiras e compañeiros, realizando propostas de mellora e argumentando os cambios con terminoloxía especializada a partir da reflexión lingüística.
CA1.4 - Realizar a lectura directa de textos gregos sinxelos identificando as unidades lingüísticas básicas da lingua grega, comparándoas coas das linguas do repertorio lingüístico propio e asimilando os aspectos morfolóxicos, sintácticos e léxicos elementais do grego.
CA1.5 - Rexistrar os progresos e dificultades de aprendizaxe da lingua grega, seleccionando as estratexias máis adecuadas e eficaces para superar esas dificultades e consolidar a súa aprendizaxe, realizando actividades de planificación da propia aprendizaxe, autoavaliación e coavaliación, como as propostas no Portfolio Europeo das Linguas (PEL) ou nun diario de aprendizaxe, facéndoos explícitos e compartíndoos.
CA1.6 - Extraer, analizar e reflectir oralmente e/ou por escrito, preferentemente en grego, ou ben na lingua de uso do alumnado, as ideas principais de textos de certa lonxitude, orais e/ou escritos, e adaptados ao nivel de lingua e temas coñecidos polo alumnado, expresados de forma clara e, no caso dos textos orais, preferentemente na pronuncia histórica.
CA1.7 - Planificar e participar, cando se considere necesario, en diálogos breves e sinxelos sobre temas cotiáns, próximos á súa experiencia, apoiándose en recursos tales como a repetición, o ritmo pausado ou a linguaxe non verbal, e mostrando empatía e respecto pola cortesía lingüística e as opinións das persoas interlocutoras.
CA1.8 - Redactar en grego, a partir de criterios dados, textos básicos de estrutura clara, evitando erros que impidan a comprensión.
CA1.9 - Explicar, de maneira guiada, a relación do grego coas linguas modernas, analizando os elementos lingüísticos comúns de orixe grega e utilizando estratexias e coñecementos das linguas e linguaxes que conforman o repertorio propio.
Contidos
C1.1 - Unidades lingüísticas da lingua grega.
C1.1.1 -     Alfabeto, prosodia e signos gráficos da lingua grega clásica. Aproximación ás principais leis fonéticas.
C1.1.2 -     Clases de palabras.
C1.1.3 -     Concepto de lingua flexiva: flexión nominal e pronominal (sistema casual e declinacións); flexión verbal (introdución á tipoloxía do verbo grego).
C1.1.4 -     Sintaxe oracional: funcións básicas e sintaxe elemental dos casos.
C1.1.5 -     Estruturas oracionais. A concordancia e a orde de palabras en oracións simples e oracións compostas. Comparativa coa orde natural das palabras nas oracións das linguas de repertorio do alumnado para unha mellor comprensión.
C1.1.6 -     Formas nominais do verbo.
C1.2 - A tradución: técnicas, procesos e ferramentas.
C1.2.1 -     A análise morfosintáctica como ferramenta complementaria de tradución.
C1.2.2 -     Estratexias de tradución: formulación de expectativas a partir, entre outros, de: contorna textual e do propio texto, contexto, coñecemento do tema, descrición da estrutura e xénero, peculiaridades lingüísticas dos textos traducidos, erros frecuentes de tradución e técnicas para os evitar.
C1.2.3 -     Ferramentas de tradución, cando se considere necesario.
C1.2.4 -     Lectura comparada de diferentes traducións e comentario de textos bilingües a partir de terminoloxía metalingüística.
C1.2.5 -     Recursos estilísticos frecuentes e a súa relación co contido do texto.
C1.2.6 -     Estratexias básicas de retroversión de textos breves. Concepto e uso de expresións idiomáticas.
C1.2.7 -     A tradución como instrumento que pode favorecer o razoamento lóxico, a resolución de problemas e a capacidade de análise e síntese, dentro dos límites e inconsistencias propias da tradución.
C1.2.8 -     Aceptación do erro como parte do proceso de aprendizaxe e actitude positiva de superación.
C1.2.9 -     Estratexias e ferramentas, analóxicas e dixitais, individuais e cooperativas, para a autoavaliación, a coavaliación e a autorreparación.
C1.3 - Destrezas comunicativas do uso da lingua grega.
C1.3.1 -     Estratexias para a planificación, execución e reparación da comprensión, a produción e a coprodución de textos orais, escritos e/ou multimodais.
C1.3.2 -     Funcións comunicativas adecuadas ao ámbito e ao contexto: describir acontecementos simples; dar instrucións básicas; narrar, reformular e/ou resumir acontecementos pasados, presentes e/ou futuros; expresar emocións básicas e opinións.
C1.3.3 -     Léxico común de interese e/ou uso cotián para o alumnado: espazo, tempo e/ou vida diaria. Estratexias de enriquecemento léxico (derivación, polisemia, sinonimia...).
C1.3.4 -     Estratexias básicas conversacionais para iniciar, manter e rematar a comunicación, tomar e ceder a palabra, pedir e dar aclaracións e explicacións etc.
C1.3.5 -     Ferramentas analóxicas e dixitais para a aprendizaxe, a comunicación e o desenvolvemento de proxectos con falantes ou estudantes de grego en grego, cando fose posible.
Bloque B2. Grego e plurilingüismo
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13
CA2.1 - Deducir o significado etimolóxico dun termo de uso común e inferir o significado de termos de nova aparición ou procedentes de léxico especializado aplicando, de maneira guiada, estratexias de recoñecemento de étimos e formantes gregos atendendo aos cambios fonéticos, morfolóxicos ou semánticos que tivesen lugar.
CA2.2 - Explicar, de maneira guiada, a relación do grego coas linguas modernas, analizando os elementos lingüísticos comúns de orixe grega e utilizando con iniciativa estratexias e coñecementos das linguas e linguaxes que conforman o repertorio propio.
CA2.3 - Identificar prexuízos e estereotipos lingüísticos adoptando unha actitude de respecto e valoración da diversidade como riqueza cultural, lingüística e dialectal, a partir de criterios dados.
CA2.4 - Crear textos individuais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e con axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, a partir da lectura de obras ou fragmentos significativos da civilización e a cultura grega como fonte de inspiración.
Contidos
C2.1 - Sistemas de escritura ao longo da historia.
C2.2 - O alfabeto grego: a súa historia e influencia posterior. Regras de transcrición do alfabeto grego ás linguas do repertorio do alumnado.
C2.3 - Do indoeuropeo ao grego. Etapas da lingua grega.
C2.4 - Influencia do grego na evolución da lingua de ensino e do resto de linguas que conforman o repertorio lingüístico individual do alumnado.
C2.5 - Léxico.
C2.5.1 -     Procedementos básicos de composición e derivación na formación de palabras gregas.
C2.5.2 -     Lexemas, sufixos e prefixos de orixe grega no léxico de uso común e no específico das ciencias e a técnica nos léxicos especializados doutros campos.
C2.5.3 -     Significado e definición de palabras de uso común na lingua de ensino a partir dos seus étimos gregos nas linguas repertorio lingüístico do alumnado; reflexión sobre significado etimolóxico e significado semántico.
C2.5.4 -     Importancia e versatilidade do grego para crear neoloxismos ao longo da historia e na actualidade.
C2.5.5 -     Técnicas básicas para a elaboración de familias léxicas e dun vocabulario básico grego de frecuencia.
C2.6 - Interese por coñecer o significado etimolóxico das palabras e recoñecemento da importancia do uso adecuado do vocabulario como instrumento básico na comunicación.
C2.7 - Expresións e léxico específico básico para reflexionar e compartir a reflexión sobre a comunicación, a lingua, a aprendizaxe e as ferramentas de comunicación e aprendizaxe (metalinguaxe).
C2.8 - Respecto por todas as linguas e aceptación das diferenzas culturais das xentes que as falan.
C2.9 - Aproximación aos termos e expresións máis usuais de uso frecuente do grego moderno.
C2.10 - Ferramentas analóxicas e dixitais para a aprendizaxe, a comunicación e o desenvolvemento de proxectos con estudantes de grego no ámbito transnacional.
Bloque B3. A antiga Grecia
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13
CA3.1 - Explicar, a partir de criterios dados, os procesos históricos e políticos, as institucións, os modos de vida e os costumes da sociedade helena, comparándoos cos das sociedades actuais, valorando as adaptacións e os cambios experimentados e favorecendo o desenvolvemento dunha cultura compartida.
CA3.2 - Debater sobre a importancia, evolución, asimilación ou cuestionamento de diferentes aspectos do legado grego na nosa sociedade, mediando entre posturas, seleccionando e contrastando información.
CA3.3 - Investigar, de maneira guiada, o patrimonio histórico, arqueolóxico, artístico e cultural herdado da civilización grega, actuando de forma adecuada, empática e respectuosa e interesándose polos procesos de preservación e por aquelas actitudes cívicas que aseguran a súa sustentabilidade.
Contidos
C3.1 - Xeografía da antiga Grecia: topografía, nome e función dos principais sitios. Viaxeiros ilustres.
C3.2 - Historia.
C3.2.1 -     Etapas: fitos históricos do mundo grego entre os séculos VIII a. C. e V d. C.
C3.2.2 -     Lendas e principais episodios históricos.
C3.2.3 -     Persoeiros da historia de Grecia e a súa relevancia para a historia de Europa.
C3.3 - Historia e organización política e social de Grecia como parte esencial da historia e a cultura da sociedade actual. Desmitificación da democracia ateniense.
C3.4 - Institucións, crenzas e formas de vida da civilización grega e o seu reflexo e persistencia na sociedade actual: escravitude e exclusión da muller.
C3.5 - Influencias da cultura grega na civilización latina.
C3.6 - A achega de Grecia á cultura e ao pensamento da sociedade occidental.
C3.7 - Relación de Grecia con culturas estranxeiras: luces (modelo de cultura) e sombras (xenofobia).
C3.8 - O mar Mediterráneo como encrucillada de culturas onte e hoxe: Grecia como ponte de transmisión de cultura.
C3.9 - A importancia do discurso público para a vida política e social.
Bloque B4. Legado e patrimonio
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13
CA4.1 - Explicar, a partir de criterios dados, os procesos históricos e políticos, os modos de vida, as institucións e os costumes da sociedade helena, comparándoos cos das sociedades actuais, valorando as adaptacións e os cambios experimentados e favorecendo o desenvolvemento dunha cultura compartida.
CA4.2 - Debater sobre a importancia, evolución, asimilación ou cuestionamento de diferentes aspectos do legado grego na nosa sociedade, mediando entre posturas, seleccionando e contrastando información.
CA4.3 - Investigar de maneira progresivamente autónoma aspectos do legado da civilización grega no ámbito persoal, relixioso e sociopolítico localizando, seleccionando, contrastando e reelaborando información procedente de diferentes fontes, calibrando a súa fiabilidade e pertinencia e respectando os principios de rigor e propiedade intelectual.
CA4.4 - Identificar e explicar o legado material e inmaterial da civilización grega como fonte de inspiración, analizando producións culturais e artísticas posteriores a partir de criterios dados.
CA4.5 - Investigar, de maneira guiada, o patrimonio histórico, arqueolóxico, artístico e cultural herdado da civilización grega, actuando de forma adecuada, empática e respectuosa e interesándose polos procesos de preservación e por aquelas actitudes cívicas que aseguran a súa sostibilidade.
CA4.6 - Explorar o legado grego na contorna do alumnado a partir de criterios dados, aplicando os coñecementos adquiridos e reflexionando sobre as implicacións dos seus distintos usos, dando exemplos da persistencia da Antigüidade clásica na súa vida cotiá e presentando os resultados a través de diferentes soportes.
Contidos
C4.1 - Conceptos de legado, herdanza e patrimonio.
C4.2 - A mitoloxía clásica e a súa persistencia en manifestacións literarias e artísticas. A presenza da mitoloxía clásica na publicidade, o deporte e outras manifestacións populares actuais.
C4.3 - Obras públicas e urbanismo: construción, conservación, preservación e restauración.
C4.4 - As representacións e festivais teatrais, a súa evolución e persistencia na actualidade.
C4.5 - As competicións atléticas e a súa persistencia na actualidade.
C4.6 - As institucións políticas gregas, a súa influencia e persistencia no sistema político actual.
C4.7 - A educación na antiga Grecia: os modelos educativos de Atenas e Esparta e a súa comparación cos sistemas actuais.
C4.8 - Principais obras artísticas da Antigüidade grega.
C4.9 - Principais sitios arqueolóxicos, museos ou festivais relacionados coa Antigüidade clásica.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Xeografía
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.3 Investigar, de maneira guiada, o patrimonio histórico, arqueolóxico, artístico e cultural herdado da civilización grega, actuando de forma adecuada, empática e respectuosa e interesándose polos procesos de preservación e por aquelas actitudes cívicas que aseguran a súa sustentabilidade.
Proba escrita
Investigar a localización dos principais fitos xeográficos e enclaves concretos relevantes e algúns dos elementos do patrimonio helénico relacionados con eles. 25
CA4.3 Investigar de maneira progresivamente autónoma aspectos do legado da civilización grega no ámbito persoal, relixioso e sociopolítico localizando, seleccionando, contrastando e reelaborando información procedente de diferentes fontes, calibrando a súa fiabilidade e pertinencia e respectando os principios de rigor e propiedade intelectual.
Táboa de indicadores
Investigar o legado da civilización grega de acordo coas normas de busca, selección e reelaboración da información. 50
CA4.5 Investigar, de maneira guiada, o patrimonio histórico, arqueolóxico, artístico e cultural herdado da civilización grega, actuando de forma adecuada, empática e respectuosa e interesándose polos procesos de preservación e por aquelas actitudes cívicas que aseguran a súa sostibilidade.
Proba escrita
Investigar a localización dos principais fitos xeográficos e enclaves concretos relevantes e algúns dos elementos do patrimonio helénico relacionados con eles. 25

2 Historia
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.6 Extraer, analizar e reflectir oralmente e/ou por escrito, preferentemente en grego, ou ben na lingua de uso do alumnado, as ideas principais de textos de certa lonxitude, orais e/ou escritos, e adaptados ao nivel de lingua e temas coñecidos polo alumnado, expresados de forma clara e, no caso dos textos orais, preferentemente na pronuncia histórica.
Táboa de indicadores
Extraer e explicar de forma oral, preferentemente, as ideas principais dun texto sobre a historia de Grecia. 20
CA3.1 Explicar, a partir de criterios dados, os procesos históricos e políticos, as institucións, os modos de vida e os costumes da sociedade helena, comparándoos cos das sociedades actuais, valorando as adaptacións e os cambios experimentados e favorecendo o desenvolvemento dunha cultura compartida.
Proba escrita
Coñecer, explicar e relacionar as épocas e acontecementos da historia de Grecia e os procesos históricos e políticos. 70
CA3.2 Debater sobre a importancia, evolución, asimilación ou cuestionamento de diferentes aspectos do legado grego na nosa sociedade, mediando entre posturas, seleccionando e contrastando información.
Táboa de indicadores
Debater sobre a importancia, evolución, asimilación ou cuestionamento de diferentes aspectos do legado grego, utilizando recursos retóricos e seleccionando e contrastando información e experiencias. 10

3 Sociedade e formas de goberno
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.6 Extraer, analizar e reflectir oralmente e/ou por escrito, preferentemente en grego, ou ben na lingua de uso do alumnado, as ideas principais de textos de certa lonxitude, orais e/ou escritos, e adaptados ao nivel de lingua e temas coñecidos polo alumnado, expresados de forma clara e, no caso dos textos orais, preferentemente na pronuncia histórica.
Táboa de indicadores
Extraer e explicar de forma oral, preferentemente, as ideas principais dun texto sobre a sociedade e a política grega. 10
CA3.1 Explicar, a partir de criterios dados, os procesos históricos e políticos, as institucións, os modos de vida e os costumes da sociedade helena, comparándoos cos das sociedades actuais, valorando as adaptacións e os cambios experimentados e favorecendo o desenvolvemento dunha cultura compartida.
Proba escrita
Coñecer, explicar e relacionar os modos de vida e os costumes da sociedade helena, comparándoos cos das sociedades actuais. 30
CA3.2 Debater sobre a importancia, evolución, asimilación ou cuestionamento de diferentes aspectos do legado grego na nosa sociedade, mediando entre posturas, seleccionando e contrastando información.
Táboa de indicadores
Debater sobre a importancia e asimilación de diferentes aspectos da sociedade grega, utilizando recursos retóricos e seleccionando e contrastando información e experiencias. 10
CA4.2 Debater sobre a importancia, evolución, asimilación ou cuestionamento de diferentes aspectos do legado grego na nosa sociedade, mediando entre posturas, seleccionando e contrastando información.
Táboa de indicadores
Defender e argumentar axeitadamente a postura escollida ou asignada sobre a importancia do legado grego na nosa sociedade e formas de goberno. 20
CA4.3 Investigar de maneira progresivamente autónoma aspectos do legado da civilización grega no ámbito persoal, relixioso e sociopolítico localizando, seleccionando, contrastando e reelaborando información procedente de diferentes fontes, calibrando a súa fiabilidade e pertinencia e respectando os principios de rigor e propiedade intelectual.
Proba escrita
Investigar o legado da civilización grega relacionado coa sociedade e o ámbito persoal de acordo coas normas de busca, selección e reelaboración da información. 30

4 Relixión e mitoloxía
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.6 Extraer, analizar e reflectir oralmente e/ou por escrito, preferentemente en grego, ou ben na lingua de uso do alumnado, as ideas principais de textos de certa lonxitude, orais e/ou escritos, e adaptados ao nivel de lingua e temas coñecidos polo alumnado, expresados de forma clara e, no caso dos textos orais, preferentemente na pronuncia histórica.
Táboa de indicadores
Extraer e explicar de forma oral, preferentemente, as ideas principais dun texto sobre a mitoloxái e a relixión. 20
CA3.3 Investigar, de maneira guiada, o patrimonio histórico, arqueolóxico, artístico e cultural herdado da civilización grega, actuando de forma adecuada, empática e respectuosa e interesándose polos procesos de preservación e por aquelas actitudes cívicas que aseguran a súa sustentabilidade.
Táboa de indicadores
Investigar algúns dos elementos do patrimonio arqueolóxico, artístico e cultural herdado da civilización grega relacionados coa mitoloxía e a relixión. 40
CA4.3 Investigar de maneira progresivamente autónoma aspectos do legado da civilización grega no ámbito persoal, relixioso e sociopolítico localizando, seleccionando, contrastando e reelaborando información procedente de diferentes fontes, calibrando a súa fiabilidade e pertinencia e respectando os principios de rigor e propiedade intelectual.
Táboa de indicadores
Investigar o legado da civilización grega relacionado coa mitoloxía e a relixión de acordo coas normas de busca, selección e reelaboración da información. 40

5 Historia da lingua grega. O alfabeto
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.6 Extraer, analizar e reflectir oralmente e/ou por escrito, preferentemente en grego, ou ben na lingua de uso do alumnado, as ideas principais de textos de certa lonxitude, orais e/ou escritos, e adaptados ao nivel de lingua e temas coñecidos polo alumnado, expresados de forma clara e, no caso dos textos orais, preferentemente na pronuncia histórica.
Táboa de indicadores
Extraer, analizar e reflectir oralmente en grego as ideas principais de textos adaptados ao nivel de lingua do alumnado, utilizando correctamente a prosodia e preferentemente na pronuncia histórica. 20
CA1.9 Explicar, de maneira guiada, a relación do grego coas linguas modernas, analizando os elementos lingüísticos comúns de orixe grega e utilizando estratexias e coñecementos das linguas e linguaxes que conforman o repertorio propio.
Proba escrita
Detectar e explicar o uso actual do alfabeto grego noutras linguas e noutros sistemas de escritura. 20
CA2.2 Explicar, de maneira guiada, a relación do grego coas linguas modernas, analizando os elementos lingüísticos comúns de orixe grega e utilizando con iniciativa estratexias e coñecementos das linguas e linguaxes que conforman o repertorio propio.
Proba escrita
Explicar a relación do grego clásico con outras linguas, especialmente co grego moderno, a través de elementos como o vocabulario e os neoloxismos. 20
CA2.3 Identificar prexuízos e estereotipos lingüísticos adoptando unha actitude de respecto e valoración da diversidade como riqueza cultural, lingüística e dialectal, a partir de criterios dados.
Táboa de indicadores
Identificar prexuízos e estereotipos con respecto ás familias lingüísticas e ao alfabeto, adoptando actitudes de respecto e valorando a diversidade. 20
CA3.3 Investigar, de maneira guiada, o patrimonio histórico, arqueolóxico, artístico e cultural herdado da civilización grega, actuando de forma adecuada, empática e respectuosa e interesándose polos procesos de preservación e por aquelas actitudes cívicas que aseguran a súa sustentabilidade.
Táboa de indicadores
Investigar os elementos do patrimonio herdado da civilización grega relacionados co alfabeto e o seu uso axeitado. 20

6 Morfoloxía nominal I: declinacións
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Realizar traducións directas e/ou inversas de textos ou fragmentos adaptados ou orixinais de dificultade adecuada e progresiva con corrección ortográfica e expresiva, identificando e analizando, cando se considere necesario, unidades lingüísticas regulares da lingua e apreciando variantes e coincidencias con outras linguas coñecidas.
Proba escrita
Realizar traducións de textos adaptados ou orixinais de dificultade adecuada e progresiva con corrección, identificando e analizando elementos da morfoloxía nominal. 20
CA1.3 Revisar e emendar de maneira progresiva­mente autónoma as propias traducións e as das compañeiras e compañeiros, realizando propostas de mellora e argumentando os cambios con terminoloxía especializada a partir da reflexión lingüística.
Proba escrita
Revisar e emendar elementos da morfoloxía nominal nas traducións, realizando propostas de mellora e argumentando os cambios. 15
CA1.4 Realizar a lectura directa de textos gregos sinxelos identificando as unidades lingüísticas básicas da lingua grega, comparándoas coas das linguas do repertorio lingüístico propio e asimilando os aspectos morfolóxicos, sintácticos e léxicos elementais do grego.
Táboa de indicadores
Realizar a lectura directa de textos gregos sinxelos identificando as unidades lingüísticas básicas da lingua grega e asimilando os aspectos da morfoloxía nominal. 15
CA1.5 Rexistrar os progresos e dificultades de aprendizaxe da lingua grega, seleccionando as estratexias máis adecuadas e eficaces para superar esas dificultades e consolidar a súa aprendizaxe, realizando actividades de planificación da propia aprendizaxe, autoavaliación e coavaliación, como as propostas no Portfolio Europeo das Linguas (PEL) ou nun diario de aprendizaxe, facéndoos explícitos e compartíndoos.
Táboa de indicadores
Rexistrar os progresos e dificultades de aprendizaxe de elementos da morfoloxía nominal, realizando actividades de planificación, autoavaliación e coavaliación. 15
CA1.7 Planificar e participar, cando se considere necesario, en diálogos breves e sinxelos sobre temas cotiáns, próximos á súa experiencia, apoiándose en recursos tales como a repetición, o ritmo pausado ou a linguaxe non verbal, e mostrando empatía e respecto pola cortesía lingüística e as opinións das persoas interlocutoras.
Táboa de indicadores
Planificar e participar en diálogos breves e sinxelos sobre temas cotiáns, utilizando correctamente elementos da morfoloxía nominal. 15
CA1.8 Redactar en grego, a partir de criterios dados, textos básicos de estrutura clara, evitando erros que impidan a comprensión.
Proba escrita
Redactar en grego, a partir de criterios dados, textos básicos de estrutura clara, evitando erros no que respecta á morfoloxía nominal. 20

7 Morfoloxía nominal II: pronomes
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Realizar traducións directas e/ou inversas de textos ou fragmentos adaptados ou orixinais de dificultade adecuada e progresiva con corrección ortográfica e expresiva, identificando e analizando, cando se considere necesario, unidades lingüísticas regulares da lingua e apreciando variantes e coincidencias con outras linguas coñecidas.
Proba escrita
Realizar traducións de textos adaptados ou orixinais de dificultade adecuada e progresiva con corrección, identificando e analizando elementos do sistema pronominal. 20
CA1.3 Revisar e emendar de maneira progresiva­mente autónoma as propias traducións e as das compañeiras e compañeiros, realizando propostas de mellora e argumentando os cambios con terminoloxía especializada a partir da reflexión lingüística.
Proba escrita
Revisar e emendar elementos da morfoloxía pronominal nas traducións, realizando propostas de mellora e argumentando os cambios. 15
CA1.4 Realizar a lectura directa de textos gregos sinxelos identificando as unidades lingüísticas básicas da lingua grega, comparándoas coas das linguas do repertorio lingüístico propio e asimilando os aspectos morfolóxicos, sintácticos e léxicos elementais do grego.
Táboa de indicadores
Realizar a lectura directa de textos gregos sinxelos identificando as unidades lingüísticas básicas da lingua grega e asimilando os aspectos da morfoloxía pronominal. 15
CA1.5 Rexistrar os progresos e dificultades de aprendizaxe da lingua grega, seleccionando as estratexias máis adecuadas e eficaces para superar esas dificultades e consolidar a súa aprendizaxe, realizando actividades de planificación da propia aprendizaxe, autoavaliación e coavaliación, como as propostas no Portfolio Europeo das Linguas (PEL) ou nun diario de aprendizaxe, facéndoos explícitos e compartíndoos.
Táboa de indicadores
Rexistrar os progresos e dificultades de aprendizaxe de elementos da morfoloxía pronominal, realizando actividades de planificación, autoavaliación e coavaliación. 15
CA1.7 Planificar e participar, cando se considere necesario, en diálogos breves e sinxelos sobre temas cotiáns, próximos á súa experiencia, apoiándose en recursos tales como a repetición, o ritmo pausado ou a linguaxe non verbal, e mostrando empatía e respecto pola cortesía lingüística e as opinións das persoas interlocutoras.
Táboa de indicadores
Planificar e participar en diálogos breves e sinxelos sobre temas cotiáns, utilizando correctamente elementos da morfoloxía pronominal. 15
CA1.8 Redactar en grego, a partir de criterios dados, textos básicos de estrutura clara, evitando erros que impidan a comprensión.
Proba escrita
Redactar en grego, a partir de criterios dados, textos básicos de estrutura clara, evitando erros no que respecta á morfoloxía nominal. 20

8 Morfoloxía verbal I
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Realizar traducións directas e/ou inversas de textos ou fragmentos adaptados ou orixinais de dificultade adecuada e progresiva con corrección ortográfica e expresiva, identificando e analizando, cando se considere necesario, unidades lingüísticas regulares da lingua e apreciando variantes e coincidencias con outras linguas coñecidas.
Proba escrita
Realizar traducións de textos adaptados ou orixinais de dificultade adecuada e progresiva con corrección, identificando e analizando elementos da morfoloxía verbal. 20
CA1.3 Revisar e emendar de maneira progresiva­mente autónoma as propias traducións e as das compañeiras e compañeiros, realizando propostas de mellora e argumentando os cambios con terminoloxía especializada a partir da reflexión lingüística.
Proba escrita
Revisar e emendar elementos da morfoloxía verbal nas traducións, realizando propostas de mellora e argumentando os cambios. 15
CA1.4 Realizar a lectura directa de textos gregos sinxelos identificando as unidades lingüísticas básicas da lingua grega, comparándoas coas das linguas do repertorio lingüístico propio e asimilando os aspectos morfolóxicos, sintácticos e léxicos elementais do grego.
Táboa de indicadores
Realizar a lectura directa de textos gregos sinxelos identificando as unidades lingüísticas básicas da lingua grega e asimilando os aspectos da morfoloxía verbal. 15
CA1.5 Rexistrar os progresos e dificultades de aprendizaxe da lingua grega, seleccionando as estratexias máis adecuadas e eficaces para superar esas dificultades e consolidar a súa aprendizaxe, realizando actividades de planificación da propia aprendizaxe, autoavaliación e coavaliación, como as propostas no Portfolio Europeo das Linguas (PEL) ou nun diario de aprendizaxe, facéndoos explícitos e compartíndoos.
Táboa de indicadores
Rexistrar os progresos e dificultades de aprendizaxe de elementos da morfoloxía verbal, realizando actividades de planificación, autoavaliación e coavaliación. 15
CA1.7 Planificar e participar, cando se considere necesario, en diálogos breves e sinxelos sobre temas cotiáns, próximos á súa experiencia, apoiándose en recursos tales como a repetición, o ritmo pausado ou a linguaxe non verbal, e mostrando empatía e respecto pola cortesía lingüística e as opinións das persoas interlocutoras.
Táboa de indicadores
Planificar e participar en diálogos breves e sinxelos sobre temas cotiáns, utilizando correctamente elementos da morfoloxía verbal. 15
CA1.8 Redactar en grego, a partir de criterios dados, textos básicos de estrutura clara, evitando erros que impidan a comprensión.
Proba escrita
Redactar en grego, a partir de criterios dados, textos básicos de estrutura clara, evitando erros no que respecta á morfoloxía verbal. 20

9 Morfoloxía verbal II. formas nominais
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Realizar traducións directas e/ou inversas de textos ou fragmentos adaptados ou orixinais de dificultade adecuada e progresiva con corrección ortográfica e expresiva, identificando e analizando, cando se considere necesario, unidades lingüísticas regulares da lingua e apreciando variantes e coincidencias con outras linguas coñecidas.
Proba escrita
Realizar traducións de textos adaptados ou orixinais de dificultade adecuada e progresiva con corrección, identificando e analizando as formas nominais dos verbos. 20
CA1.3 Revisar e emendar de maneira progresiva­mente autónoma as propias traducións e as das compañeiras e compañeiros, realizando propostas de mellora e argumentando os cambios con terminoloxía especializada a partir da reflexión lingüística.
Proba escrita
Revisar e emendar elementos das formas nominais dos verbos nas traducións, realizando propostas de mellora e argumentando os cambios. 15
CA1.4 Realizar a lectura directa de textos gregos sinxelos identificando as unidades lingüísticas básicas da lingua grega, comparándoas coas das linguas do repertorio lingüístico propio e asimilando os aspectos morfolóxicos, sintácticos e léxicos elementais do grego.
Táboa de indicadores
Realizar a lectura directa de textos gregos sinxelos identificando as unidades lingüísticas básicas do sistema verbal grego e asimilando as formas nominais dos verbos. 15
CA1.5 Rexistrar os progresos e dificultades de aprendizaxe da lingua grega, seleccionando as estratexias máis adecuadas e eficaces para superar esas dificultades e consolidar a súa aprendizaxe, realizando actividades de planificación da propia aprendizaxe, autoavaliación e coavaliación, como as propostas no Portfolio Europeo das Linguas (PEL) ou nun diario de aprendizaxe, facéndoos explícitos e compartíndoos.
Táboa de indicadores
Rexistrar os progresos e dificultades de aprendizaxe das formas nominais dos verbos, realizando actividades de planificación, autoavaliación e coavaliación. 15
CA1.7 Planificar e participar, cando se considere necesario, en diálogos breves e sinxelos sobre temas cotiáns, próximos á súa experiencia, apoiándose en recursos tales como a repetición, o ritmo pausado ou a linguaxe non verbal, e mostrando empatía e respecto pola cortesía lingüística e as opinións das persoas interlocutoras.
Táboa de indicadores
Planificar e participar en diálogos breves e sinxelos sobre temas cotiáns, utilizando correctamente as formas nominais dos verbos. 15
CA1.8 Redactar en grego, a partir de criterios dados, textos básicos de estrutura clara, evitando erros que impidan a comprensión.
Proba escrita
Redactar en grego, a partir de criterios dados, textos básicos de estrutura clara, evitando erros no que respecta ás formas nominais dos verbos. 20

10 Sintaxe I: valores dos casos
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Realizar traducións directas e/ou inversas de textos ou fragmentos adaptados ou orixinais de dificultade adecuada e progresiva con corrección ortográfica e expresiva, identificando e analizando, cando se considere necesario, unidades lingüísticas regulares da lingua e apreciando variantes e coincidencias con outras linguas coñecidas.
Proba escrita
Realizar traducións de textos adaptados ou orixinais de dificultade adecuada e progresiva con corrección, identificando e analizando os valores dos casos. 20
CA1.3 Revisar e emendar de maneira progresiva­mente autónoma as propias traducións e as das compañeiras e compañeiros, realizando propostas de mellora e argumentando os cambios con terminoloxía especializada a partir da reflexión lingüística.
Proba escrita
Revisar e emendar os valores dos casos nas traducións, realizando propostas de mellora e argumentando os cambios. 15
CA1.4 Realizar a lectura directa de textos gregos sinxelos identificando as unidades lingüísticas básicas da lingua grega, comparándoas coas das linguas do repertorio lingüístico propio e asimilando os aspectos morfolóxicos, sintácticos e léxicos elementais do grego.
Táboa de indicadores
Realizar a lectura directa de textos gregos sinxelos identificando as unidades lingüísticas básicas da lingua grega e asimilando os valores dos casos. 15
CA1.5 Rexistrar os progresos e dificultades de aprendizaxe da lingua grega, seleccionando as estratexias máis adecuadas e eficaces para superar esas dificultades e consolidar a súa aprendizaxe, realizando actividades de planificación da propia aprendizaxe, autoavaliación e coavaliación, como as propostas no Portfolio Europeo das Linguas (PEL) ou nun diario de aprendizaxe, facéndoos explícitos e compartíndoos.
Táboa de indicadores
Rexistrar os progresos e dificultades de aprendizaxe dos valores dos casos, realizando actividades de planificación, autoavaliación e coavaliación. 15
CA1.7 Planificar e participar, cando se considere necesario, en diálogos breves e sinxelos sobre temas cotiáns, próximos á súa experiencia, apoiándose en recursos tales como a repetición, o ritmo pausado ou a linguaxe non verbal, e mostrando empatía e respecto pola cortesía lingüística e as opinións das persoas interlocutoras.
Táboa de indicadores
Planificar e participar en diálogos breves e sinxelos sobre temas cotiáns, utilizando correctamente os valores dos casos. 15
CA1.8 Redactar en grego, a partir de criterios dados, textos básicos de estrutura clara, evitando erros que impidan a comprensión.
Proba escrita
Redactar en grego, a partir de criterios dados, textos básicos de estrutura clara, evitando erros no que respecta aos valores dos casos. 20

11 Sintaxe II: oración de relativo
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Realizar traducións directas e/ou inversas de textos ou fragmentos adaptados ou orixinais de dificultade adecuada e progresiva con corrección ortográfica e expresiva, identificando e analizando, cando se considere necesario, unidades lingüísticas regulares da lingua e apreciando variantes e coincidencias con outras linguas coñecidas.
Proba escrita
Realizar traducións de textos adaptados ou orixinais de dificultade adecuada e progresiva con corrección, identificando e analizando elementos da subordinación e da oración de relativo. 20
CA1.3 Revisar e emendar de maneira progresiva­mente autónoma as propias traducións e as das compañeiras e compañeiros, realizando propostas de mellora e argumentando os cambios con terminoloxía especializada a partir da reflexión lingüística.
Proba escrita
Revisar e emendar elementos da subordinación e da oración de relativo nas traducións, realizando propostas de mellora e argumentando os cambios. 15
CA1.4 Realizar a lectura directa de textos gregos sinxelos identificando as unidades lingüísticas básicas da lingua grega, comparándoas coas das linguas do repertorio lingüístico propio e asimilando os aspectos morfolóxicos, sintácticos e léxicos elementais do grego.
Táboa de indicadores
Realizar a lectura directa de textos gregos sinxelos identificando as unidades lingüísticas básicas da lingua grega e asimilando os aspectos da subordinación e da oración de relativo. 15
CA1.5 Rexistrar os progresos e dificultades de aprendizaxe da lingua grega, seleccionando as estratexias máis adecuadas e eficaces para superar esas dificultades e consolidar a súa aprendizaxe, realizando actividades de planificación da propia aprendizaxe, autoavaliación e coavaliación, como as propostas no Portfolio Europeo das Linguas (PEL) ou nun diario de aprendizaxe, facéndoos explícitos e compartíndoos.
Táboa de indicadores
Rexistrar os progresos e dificultades de aprendizaxe de elementos da subordinación e da oración de relativo, realizando actividades de planificación, autoavaliación e coavaliación. 15
CA1.7 Planificar e participar, cando se considere necesario, en diálogos breves e sinxelos sobre temas cotiáns, próximos á súa experiencia, apoiándose en recursos tales como a repetición, o ritmo pausado ou a linguaxe non verbal, e mostrando empatía e respecto pola cortesía lingüística e as opinións das persoas interlocutoras.
Táboa de indicadores
Planificar e participar en diálogos breves e sinxelos sobre temas cotiáns, utilizando correctamente elementos da subordinación e da oración de relativo. 15
CA1.8 Redactar en grego, a partir de criterios dados, textos básicos de estrutura clara, evitando erros que impidan a comprensión.
Proba escrita
Redactar en grego, a partir de criterios dados, textos básicos de estrutura clara, evitando erros no que respecta á subordinación e á oración de relativo. 20

12 Vocabulario e etimoloxía
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Realizar traducións directas e/ou inversas de textos ou fragmentos adaptados ou orixinais de dificultade adecuada e progresiva con corrección ortográfica e expresiva, identificando e analizando, cando se considere necesario, unidades lingüísticas regulares da lingua e apreciando variantes e coincidencias con outras linguas coñecidas.
Proba escrita
Interpretar textos e realizar traducións directas escollendo os significados axeitados para cada termo valorando as coincidencias con outras linguas. 15
CA1.2 Seleccionar de maneira progresivamente autónoma o significado apropiado de palabras polisémicas e xustificar a decisión, tendo en conta a información cotextual ou contextual e utilizando ferramentas diversas de apoio ao proceso de tradución en distintos soportes, cando se considere necesario.
Proba escrita
Seleccionar os significados apropiados en cada texto utilizando ferramentas diversas de apoio ao proceso de tradución en distintos soportes, cando se considere necesario. 15
CA1.3 Revisar e emendar de maneira progresiva­mente autónoma as propias traducións e as das compañeiras e compañeiros, realizando propostas de mellora e argumentando os cambios con terminoloxía especializada a partir da reflexión lingüística.
Táboa de indicadores
Revisar e emendar de maneira progresiva­mente autónoma as traducións, realizando propostas de mellora. 5
CA1.4 Realizar a lectura directa de textos gregos sinxelos identificando as unidades lingüísticas básicas da lingua grega, comparándoas coas das linguas do repertorio lingüístico propio e asimilando os aspectos morfolóxicos, sintácticos e léxicos elementais do grego.
Táboa de indicadores
Realizar a lectura directa de textos gregos sinxelos identificando os significados e os aspectos léxicos, comparándoos cos das linguas do repertorio lingüístico propio. 5
CA1.5 Rexistrar os progresos e dificultades de aprendizaxe da lingua grega, seleccionando as estratexias máis adecuadas e eficaces para superar esas dificultades e consolidar a súa aprendizaxe, realizando actividades de planificación da propia aprendizaxe, autoavaliación e coavaliación, como as propostas no Portfolio Europeo das Linguas (PEL) ou nun diario de aprendizaxe, facéndoos explícitos e compartíndoos.
Táboa de indicadores
Rexistrar os progresos e dificultades de aprendizaxe da lingua grega. 5
CA1.6 Extraer, analizar e reflectir oralmente e/ou por escrito, preferentemente en grego, ou ben na lingua de uso do alumnado, as ideas principais de textos de certa lonxitude, orais e/ou escritos, e adaptados ao nivel de lingua e temas coñecidos polo alumnado, expresados de forma clara e, no caso dos textos orais, preferentemente na pronuncia histórica.
Táboa de indicadores
Extraer, analizar e reflectir oralmente e/ou por escrito, en grego, ou ben na lingua de uso do alumnado, as ideas principais de textos de certa lonxitude utilizando o vocabulario apropiado. 5
CA1.7 Planificar e participar, cando se considere necesario, en diálogos breves e sinxelos sobre temas cotiáns, próximos á súa experiencia, apoiándose en recursos tales como a repetición, o ritmo pausado ou a linguaxe non verbal, e mostrando empatía e respecto pola cortesía lingüística e as opinións das persoas interlocutoras.
Táboa de indicadores
Planificar e participar, cando se considere necesario, en diálogos breves e sinxelos sobre temas cotiáns, próximos á súa experiencia utilizando o vocabulario apropiado. 5
CA1.8 Redactar en grego, a partir de criterios dados, textos básicos de estrutura clara, evitando erros que impidan a comprensión.
Proba escrita
Redactar en grego, a partir de criterios dados, textos básicos de estrutura clara utilizando o vocabulario apropiado. 5
CA1.9 Explicar, de maneira guiada, a relación do grego coas linguas modernas, analizando os elementos lingüísticos comúns de orixe grega e utilizando estratexias e coñecementos das linguas e linguaxes que conforman o repertorio propio.
Proba escrita
Atopar e explicar semellanzas de vocabulario entre as diversas linguas coñecidas polo alumnado. 10
CA2.1 Deducir o significado etimolóxico dun termo de uso común e inferir o significado de termos de nova aparición ou procedentes de léxico especializado aplicando, de maneira guiada, estratexias de recoñecemento de étimos e formantes gregos atendendo aos cambios fonéticos, morfolóxicos ou semánticos que tivesen lugar.
Proba escrita
Deducir o significado etimolóxico de vocabulario de nova aparición ou procedentes de léxico especializado aplicando raíces e formantes gregos coñecidos. 5
CA2.2 Explicar, de maneira guiada, a relación do grego coas linguas modernas, analizando os elementos lingüísticos comúns de orixe grega e utilizando con iniciativa estratexias e coñecementos das linguas e linguaxes que conforman o repertorio propio.
Proba escrita
Explicar a relación do grego clásico con outras linguas, especialmente co grego moderno, a través de elementos como o vocabulario e os neoloxismos. 10
CA2.3 Identificar prexuízos e estereotipos lingüísticos adoptando unha actitude de respecto e valoración da diversidade como riqueza cultural, lingüística e dialectal, a partir de criterios dados.
Táboa de indicadores
Identificar prexuízos e estereotipos con respecto ao léxico, adoptando actitudes de respecto e valorando a diversidade. 5
CA2.4 Crear textos individuais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e con axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, a partir da lectura de obras ou fragmentos significativos da civilización e a cultura grega como fonte de inspiración.
Proba escrita
Crear textos individuais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes, utilizando o vocabulario apropiado. 5
CA3.3 Investigar, de maneira guiada, o patrimonio histórico, arqueolóxico, artístico e cultural herdado da civilización grega, actuando de forma adecuada, empática e respectuosa e interesándose polos procesos de preservación e por aquelas actitudes cívicas que aseguran a súa sustentabilidade.
Táboa de indicadores
Investigar os elementos do patrimonio herdado da civilización grega relacionados co vocabulario e a etimoloxía. 5

13 Legado grego
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.2 Explicar, de maneira guiada, a relación do grego coas linguas modernas, analizando os elementos lingüísticos comúns de orixe grega e utilizando con iniciativa estratexias e coñecementos das linguas e linguaxes que conforman o repertorio propio.
Táboa de indicadores
Atopar e explicar elementos lingüísticos do grego nas linguas modernas, utilizando estratexias e coñecementos das linguas e linguaxes que conforman o repertorio propio. 15
CA2.3 Identificar prexuízos e estereotipos lingüísticos adoptando unha actitude de respecto e valoración da diversidade como riqueza cultural, lingüística e dialectal, a partir de criterios dados.
Táboa de indicadores
Identificar prexuízos e estereotipos lingüísticos nas linguas que conforman o repertorio propio, adoptando actitudes de respecto e valorando a diversidade. 10
CA3.3 Investigar, de maneira guiada, o patrimonio histórico, arqueolóxico, artístico e cultural herdado da civilización grega, actuando de forma adecuada, empática e respectuosa e interesándose polos procesos de preservación e por aquelas actitudes cívicas que aseguran a súa sustentabilidade.
Táboa de indicadores
Investigar o patrimonio herdado da civilización grega e sinalar elementos necesarios para a súa preservación e utilización axeitada. 10
CA4.1 Explicar, a partir de criterios dados, os procesos históricos e políticos, os modos de vida, as institucións e os costumes da sociedade helena, comparándoos cos das sociedades actuais, valorando as adaptacións e os cambios experimentados e favorecendo o desenvolvemento dunha cultura compartida.
Táboa de indicadores
Coñecer, explicar e relacionar os procesos históricos e políticos, as institucións, os modos de vida e os costumes da sociedade helena, comparándoos cos das sociedades actuais. 10
CA4.2 Debater sobre a importancia, evolución, asimilación ou cuestionamento de diferentes aspectos do legado grego na nosa sociedade, mediando entre posturas, seleccionando e contrastando información.
Táboa de indicadores
Defender e argumentar axeitadamente a postura escollida ou asignada sobre a importancia do legado grego na nosa sociedade. 15
CA4.3 Investigar de maneira progresivamente autónoma aspectos do legado da civilización grega no ámbito persoal, relixioso e sociopolítico localizando, seleccionando, contrastando e reelaborando información procedente de diferentes fontes, calibrando a súa fiabilidade e pertinencia e respectando os principios de rigor e propiedade intelectual.
Táboa de indicadores
Investigar o legado da civilización grega facendo unha busca, selección e reelaboración axeitada e respectuosa da información. 15
CA4.4 Identificar e explicar o legado material e inmaterial da civilización grega como fonte de inspiración, analizando producións culturais e artísticas posteriores a partir de criterios dados.
Táboa de indicadores
Analizar obras de arte dadas e identificar e explicar o legado da civilización grega como fonte de inspiración. 15
CA4.6 Explorar o legado grego na contorna do alumnado a partir de criterios dados, aplicando os coñecementos adquiridos e reflexionando sobre as implicacións dos seus distintos usos, dando exemplos da persistencia da Antigüidade clásica na súa vida cotiá e presentando os resultados a través de diferentes soportes.
Táboa de indicadores
Explorar o legado grego na contorna do alumnado, aplicando os coñecementos adquiridos e reflexionando sobre os seus distintos usos e presentando os resultados a través de diferentes soportes. 10

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


A materia de Grego, como a de Latín, ten unha serie de elementos que obrigan a facer un uso amplo e diverso de metodoloxías. Por unha banda, a lingua grega é iso, unha lingua, o que supón o emprego de metodoloxías propias da aprendizaxe de calquera outra lingua que permitan a adquisición de destrezas, como son a expresión oral e escrita e a comprensión oral e escrita, ademais da interacción oral.

A consideración das linguas clásicas como linguas mortas propiciou nos últimos dous séculos a consolidación dunha metodoloxía moi particular de aprendizaxe, baseado nun profundo coñecemento gramatical e na utilización constante de glosarios ou dicionarios para poder entender os textos a través da tradución dos textos gregos cara á lingua propia.

Por outra parte, cómpre considerar que o currículo conta tamén cun importante grupo de contidos non lingüísticos relacionados coa xeografía, historia, sociedade, relixión e legado para os cales hai que utilizar unha metodoloxía ben diferente.

METODOLOXÍA PARA AS UNIDADES CON CONTIDOS NON LINGÜÍSTICOS.

1. Explicación por parte do profesorado e traballo posterior do alumnado mediante a elaboración de exercicios e traballos guiados e que se avalía fundamentalmente a través de táboas de indicadores como rúbricas.

METODOLOXÍA PARA AS UNIDADES CON CONTIDOS LINGÜÍSTICOS.

Empregaremos dous enfoques: un enfoque maioritariamente gramaticalista (tamén chamado tradicional) e unha aproximación a partir de métodos activos. Ambos os dous métodos teñen cabida no currículo.

1. Metodoloxía para un enfoque gramaticalista de aprendizaxe de linguas. Este enfoque parte da premisa de que o grego clásico é unha lingua morta, ou cando menos, non falada, e, consecuentemente, as destrezas e coñecementos precisos para o uso da mesma non poden ou non deben ser traballados. En tanto que o obxectivo é a tradución correcta de textos orixinais literarios, priorízase a aprendizaxe profunda e completa da gramática, tanto a morfoloxía como a sintaxe, en detrimento do vocabulario e as construcións idiomáticas, que se deixan para a súa procura no dicionario. Crea, porén, a sensación no alumnado de que a aproximación a un texto dunha lingua clásica supón un traballo de lóxica e aplicación de normas que o asemella moito á resolución de exercicios doutro tipo de materias. En calquera caso, o alumnado que se achega ao latín e ao grego por esta vía asocia esta materia máis como unha materia auxiliar para a lingua castelá ou galega ca coas linguas estranxeiras do seu repertorio.

A metodoloxía habitual nesta aproximación parte da explicación gramatical e sintáctica por parte do persoal docente, para pasar despois á elaboración de exercicios nos que se exemplifica ou reforza os coñecementos adquiridos. Normalmente, para alixeirar a acumulación duns contidos tan áridos inclúense nas unidades didácticas aspectos doutros bloques de contidos que poidan introducir certa variedade.

2. Metodoloxía a partir de métodos activos. Esta perspectiva parte da premisa de que o grego é unha lingua e que, por tanto, o proceso de aprendizaxe da mesma debe ser o máis semellante posible ao proceso de adquisición de calquera outra lingua. O obxectivo final é que o alumnado poida acceder aos textos da literatura grega a través da súa lectura, entendéndoa como o acto automático polo que unha persoa comprende un texto combinando dun modo non consciente ou reflexivo as normas de gramática da lingua e o coñecemento do significado das palabras. Por tanto, neste enfoque os aspectos lingüísticos a traballar veñen determinados pola frecuencia do uso, tanto no que atinxe á gramática como ao vocabulario, e pola procura da intelección non reflexiva, cando menos en principio, do texto.

A metodoloxía propia deste enfoque pasa por unha lectura constante de textos de dificultade graduada, na que o profesorado, mediante preguntas, uso de palabras ou expresións sinónimas, asociación constante de determinadas expresións a unha xestualidade concreta e a realización constante de exercicios de uso da lingua, consegue que progresivamente o alumnado vaia adquirindo o correcto uso das formas dun modo case intuitivo. Isto non implica, porén, que nesta aproximación non haxa explicación gramatical ou aclaracións de natureza sintáctica. O que acontece é que a diferenza do enfoque gramaticalista, neste caso a aprendizaxe de gramática e sintaxe non é máis ca unha ferramenta de apoio a usar puntualmente e sempre despois de experimentar o seu uso nos textos.

Entre as grandes vantaxes deste enfoque pódense destacar basicamente dúas. Por unha banda, o alumnado afaise dende o principio a ler e entender textos longos en grego, desenvolvendo estratexias para deducir o significado de palabras ou expresións en función do contexto. Pola outra, o alumnado desenvolve unha grande capacidade de lectura e pronuncia correcta do grego. Neste punto cómpre facer fincapé no uso da pronunciación histórica sobre a erasmiana, simplemente polas vantaxes que ofrece de cara á comprensión do grego moderno.

Finalmente, cómpre salientar que estes métodos anteriormente mencionados non teñen por que ser necesariamente contrarios, ficando en mans de cada docente decidir o emprego de aspectos dun ou doutro en función das súas preferencias e/ou das características dos grupos.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Sófocles: Edipo Rey (Gredos, 2014)
Homero: Odisea (Gredos, 2014). Capítulo IX
José Manuel Bértolo Ballesteros e Matilde de Cal Cortina: Grego Bacharelato. Baía edicións (Consorcio editorial galego), A Coruña, 2017. Apoio para actividades e explicacións.
Rosemary Sutcliff: Las aventuras de Ulises. La historia de la Odisea. Vicens Vives, Clásicos adaptados, Barcelona, 2014.
Helade. Exercicios de grego I (Bosch).
Enderezo electrónico, acceso a internet, aula virtual do IES.
Caderno de aula elaborado polo propio docente e outro material fotocopiable.
https://www.dicciogriego.es/

LIBROS DE TEXTO / LECTURA

- Sófocles: Edipo Rey (Gredos, 2014). Libro de lectura obrigatoria para unha avaliación do cal se fará a conseguinte proba escrita.

- Homero: Odisea (Gredos, 2014). Capítulo IX. Traballo de investigación para unha avaliación que o alumno entregará ao docente para a súa corrección.

- José Manuel Bértolo Ballesteros e Matilde de Cal Cortina: Grego Bacharelato. Baía edicións (Consorcio editorial galego), A Coruña, 2017. Libro para Grego I e II editado en galego e cun enfoque gramatical. Conta con numerosos e variados exercicios e cunha perspectiva moi práctica para a parte dos contidos culturais.

- Rosemary Sutcliff: Las aventuras de Ulises. La historia de la Odisea. Vicens Vives, Clásicos adaptados, Barcelona, 2014. Versión adaptada da Odisea con exercicios e guía de lectura que permite un achegamento á obra de Homero. Proba de lectura obrigatoria para un trimestre.

- Helade. Exercicios de grego I (Bosch). De apoio ao caderno de aula para traballar a morfoloxía e a sintaxe.

- Caderno de aula. Trátase dun caderno secuenciado en unidades didácticas acorde aos contidos do currículo.

OUTROS RECURSOS

- Recursos en rede asociados cos métodos descritos:

https://sites.google.com/view/culturaclasicaediciones/home/lingua-graeca/recursos?authuser=0

https://aulavirtual.baiaedicions.gal/10

https://www.flipsnack.com/vv2020/las-aventuras-de-ulises-cl-sicos-adaptados/full-view.html

https://www.dicciogriego.es/

- Acceso á aula virtual do IES.


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Aínda que se trata dunha materia que o alumnado non cursou con anterioridade, hai que considerar o posible alumnado repetidor e os coñecementos previos sobre o mundo grecorromano que poidan ter adquirido en cursos previos noutras materias como Cultura Clásica ou Latín na ESO. Por esta razón e para adecuar as explicacións ao nivel de coñecementos da clase, presentaremos nas primeiras sesións lectivas un diálogo informal co alumnado que nos permitirá observar os seguintes obxectivos:

1. Saber que alumnado cursou Cultura Clásica e/ou Latín de 4.º de ESO.

2. Coñecer as motivacións do alumnado para a escolla da materia de Grego I.

3. Identificar o alumnado con necesidade específica de apoio educativo (ACNEAE)

4. Valorar o coñecemento que o alumnado ten do mundo e cultura helénica en xeral e da lingua grega en particular.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 4.0 6.0 6.0 4.0 10.0 10.0 10.0 10.0 8.0 8.0 8.0 10.0 6.0 100.0
Proba escrita 50.0 70.0 60.0 0.0 40.0 55.0 55.0 55.0 55.0 55.0 55.0 65.0 0.0 50.000000000000014
Táboa de indicadores 50.0 30.0 40.0 100.0 60.0 45.0 45.0 45.0 45.0 45.0 45.0 35.0 100.0 50.00000000000002

Cualificación de cada avaliación:

A nota resultante obtida en cada avaliación das probas escritas máis a da táboa de indicadores ponderará un 50% (nota x 0,5), xa que se reserva un 10% para a actitude do alumno na aula, un 20 % para a proba de lectura obrigatoria e outro 20% para un traballo sobre temas relacionados co mundo clásico (literatura, legado...),sumando así o 100 %. Engadir que, no caso de non levar a cabo algún dos dous últimos instrumentos, esta porcentaxe engadirase a das probas escritas.

Aprobará o alumno que na aplicación desta fórmula obteña unha nota igual a cinco puntos ou superior.

A cualificación final de curso hase obter mediante a seguinte fórmula:

((Cualificación 1.ª aval. x 0,25) + (Cualificación 2.ª aval. x 0,3) + (Cualificación 3.ª aval. x 0,45))

Aprobará o alumnado que na aplicación desta fórmula obteña ao final de curso unha cualificación igual ou superior a 5 puntos.

 

ADVERTENCIAS:

 

1. REDONDEO: O redondeo da media final da cualificación de avaliación para poñer no boletín farase por aproximación ao enteiro máis próximo. Por exemplo, 6,49 será redondeado en 6 e 6,51 será redondeado en 7. Mais hai que ter presente que a cualificación a ter en conta para a cualificación final será a real e non a redondeada que aparecerá no boletín.

2. RECUPERACIÓN: O alumnado que non obteña ao remate da 3ª avaliación unha nota de cinco puntos como mínimo de media, terá dereito a un exame de recuperación global da materia, considerándose o aprobado en cinco puntos.

A programación é, en todo caso, e debe ser un documento flexible.

 

 

O alumnado que ao final de cada avaliación non obteña en aplicación das fórmulas previamente expostas unha cualificación igual ou superior a 5 puntos, será obxecto dun programa de recuperación específico.

O alumnado recibirá un breve informe cos obxectivos non alcanzados na avaliación No caso de que a avaliación non superada sexa a 1ª o alumnado recibirá un plan de traballo específico servindo a cualificación da segunda avaliación para aprobar e no caso de que a avaliación non superada fose a 2.ª, o alumnado recibirá un plan de traballo específico servindo servindo a cualificación da 3.ª para a/as recuperar. A avaliación suspensa e superada por aprobar unha avaliación superior terá unha nota máxima de cinco puntos para o cálculo da nota final.

Avaliación extraordinaria: consistirá nunha proba totalizadora e global. O aprobado físaxe en cinco puntos e a nota desta avaliación será tamén de cinco puntos.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Non procede neste curso.

 

 


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non procede neste curso.


6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


O principal obxectivo destas medidas é o seguimento do alumnado que require unha atención especial en función das súas características, motivacións ou circunstancias educativas e persoais, e o de aquel alumnado que permanece un ano máis no mesmo curso.

Sendo o Grego I unha materia de opción de modalidade que o alumnado escolle de forma voluntaria, xa constitúe unha das vías que establecen resposta á diversidade de intereses e necesidades do alumnado. Con carácter xeral a ensinanza debe ter unha natureza individualizada, que tome en consideración o punto de partida de cada alumno ou alumna, traballando na medida do posible de xeito particular sobre a súa motivación, os seus intereses e as súas capacidades de aprendizaxe. Neste sentido débese prestar atención especial ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. De xeito ordinario adoptaranse unha serie de medidas encamiñadas a previr ou compensar dificultades leves mediante a adecuación do currículo vixente, sen alterar ningún dos seus elementos prescritivos, co fin de que a diversidade do alumnado acade as capacidades establecidas nos obxectivos. Logo da avaliación inicial e seguindo as indicacións do Departamento de Orientación, adoptaranse medidas como:

- Adecuación da estrutura organizativa do centro (horarios, agrupamentos, espazos) e da organización e xestión da aula ás características do alumnado. Trátase neste punto, por exemplo, da colocación do alumnado na aula (proximidade á persoa docente, agrupación en parellas, etc.)

- Adecuación da programación didáctica ao contorno e ao alumnado. Este punto é básico e debe determinar dende o primeiro momento a programación de todas as materias do centro.

- Adaptación dos tempos e instrumentos ou procedementos de avaliación. Esta medida será unha das máis frecuentes e de fácil aplicación.

- Programas de recuperación. A elaboración dun programa específico para recuperar as avaliacións e tamén a materia no seu conxunto debe ser unha medida a considerar no caso de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

- Reunións periódicas do equipo docente convocadas polo profesorado titor. Seguimento de casos e intervención cando a situación o aconselle.

Estas medidas poderanse tomar nos seguintes casos:

- alumnado con altas capacidades intelectuais.

- alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

- alumnado con integración tardía no sistema educativo.

- alumnado que permanece máis dun ano no mesmo curso.

En todo caso, a posta en práctica destas medidas ou de calquera outra non relacionada anteriormente deberá facerse baixo a supervisión e en estreita colaboración co Departamento de Orientación e o resto do equipo docente.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13
1 A comprensión lectora.
2 A expresión oral e escrita.
3 A comunicación audiovisual.
4 A competencia dixital.
5 O emprendemento social e empresarial.
6 O fomento do espírito crítico e científico.
7 A educación emocional e en valores.
8 A igualdade de xénero.
9 A creatividade.
10 A educación para a paz.

Os elementos transversais son valores que teñen unha traxectoria histórica e, baixo o exemplo civilizador do mundo clásico, intégranse no currículo desde a perspectiva dos contidos de Grecia e Roma e tradúcense nunha vontade permanente de exemplificar a través deles e destacar o respecto a dereitos e liberdades fundamentais, á participación, á liberdade, á xustiza, á igualdade, ao pluralismo político, á paz e á democracia, desenvolvendo a través da metodoloxía do currículo unha educación para a convivencia e o respecto nas relacións interpersoais, impulso da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a tolerancia e o recoñecemento da diversidade e rexeitamento a calquera forma de violencia.

É importante mencionar o interese que a metodoloxía do currículo ten en educar a capacidade de escoita activa, a empatía e o diálogo. Igualmente o autocontrol no uso das tecnoloxías da información e a comunicación, a convivencia e os hábitos de vida saudable, motivando o espírito emprendedor que xera un emprego sostible a través dunha posta en valor e uso respectuoso da herdanza clásica que o rico patrimonio clásico atesoura.

Como eixes vertebradores deste apartado, teranse en conta a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, as tecnoloxías da información e a comunicación, o emprendemento, a educación emocional, a igualdade de xénero e a creatividade.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Xornadas de Teatro Grecolatino de Lugo. Ademais, aproveitaremos para coñecer un pouco do Lugo romano. Participación na viaxe que a SEEC Galicia organiza para alumnado de Clásicas alternativamente a Grecia e a Italia durante a semana do Entroido.
2. Visita a un castro e/ou monumentos de época prerromana ou romana. O alumnado poderá visitar un castro e/ou algún outro monumento de época prerromana ou romana coa finalidade de ver o contraste entre os modos de vida previos á chegada dos romanos e os que traen estes consigo.
3. Visita a un museo arqueolóxico Esta visita é realmente complementaria á actividade anterior, podéndose desenvolver nunha mesma xornada se se visita un museo local. Parece especialmente recomendable a visita do Museo Arqueológico Nacional en Madrid.
4. Obradoiros e actividades relacionadas co mundo clásico Este tipo de actividades permiten un achegamento máis distendido é práctico ao mundo antigo, dado que o alumnado non soamente ve, senón que tamén pode aprender dun modo práctico aspectos do mundo antigo tan interesantes e relevantes para a nosa tradición cultural como, por exemplo, a escritura sobre soportes como papiro e pergameo, etc.

- Teatro. A asistencia ao teatro é unha actividade que permite traballar a un mesmo tempo distintos aspectos da materia. Por unha banda, o alumnado asiste a dúas representacións teatrais que, como espectáculo vivo, vai desencadear nel reaccións diversas; dende o rexeitamento e o aburrimento, ata o interese e paixón por un espectáculo, o teatro, que cada vez é menos accesible. Ao mesmo tempo vai permitir traballar previamente na aula unha serie de contidos do máximo interese para a propia materia: o espectáculo teatral na antigüidade, os xéneros teatrais do mundo clásico e a súa influencia e pervivencia no mundo actual e os costumes, crenzas, valores, sociedade, etc. do mundo clásico.

-Visita a un castro e/ou monumentos de época prerromana ou romana. Esta actividade permite que o alumnado poida ver dun modo directo os cambios que supuxo a chegada dos romanas a Galicia, observando os hábitos de vida e as modificacións introducidas polos novos conquistadores. Esta actividade é tamén unha grande oportunidade para a desmitificación de determinadas visións da chegada dos romanos a Galicia, en particular, e a Hispania, en xeral, para destacar, por exemplo, os métodos de sometemento brutais das poboacións autóctonas e a explotación sistemática dos seus recursos.

- Visita a un museo arqueolóxico. Esta visita é realmente complementaria á actividade anterior, podéndose desenvolver nunha mesma xornada se se visita un museo local. Parece especialmente recomendable a visita do Museo Arqueológico Nacional en Madrid.

- Obradoiros e actividades de recreación do mundo clásico. Este tipo de actividades permiten un achegamento máis distendido é práctico ao mundo antigo, dado que o alumnado non soamente ve, senón que tamén pode aprender dun modo práctico aspectos do mundo antigo tan interesantes e relevantes para a nosa tradición cultural como, por exemplo, a escritura sobre soportes como papiro e pergameo, etc.

En todo caso, estas actividades hai que entendelas como propostas.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 1 O traballo de aula (contidos, metodoloxía, temporalización) correspóndese co previsto na programación.
Metodoloxía empregada 2 Os resultados de avaliación son os esperados a partir do traballo e actitude mostrada polo alumnado.
Metodoloxía empregada 3 Os resultados de avaliación ao final de curso son os esperados en función do traballo e actitude mostrada polo alumnado e reflicten as medidas tomadas durante o curso.
Medidas de atención á diversidade 4 Detéctanse con celeridade as/os ACNEAE, identifícase a súa casuística particular e póñense en marcha as medidas precisas en colaboración co Departamento de Orientación.
Clima de traballo na aula 5 O grao de satisfacción do alumnado coa materia é alto e responde ao planificado na programación.

Estes cinco indicadores son esenciais neste punto da programación e esixen unhas metodoloxías, instrumentos e temporalizacións distintas para poderen ser medidos.

 

1. O traballo de aula (contidos, metodoloxía, temporalización) correspóndese co previsto na programación. Para avaliar este indicador de logro a persoa docente debe revisar con regularidade que tanto os contidos, os tempos e o modo en que se está a traballar na aula son os que se corresponden co establecido na programación. En caso de que haxa diverxencias, estas, así como as súas causas, deben ser consignadas nas actas de departamento para, ao cabo do curso, facer unha valoración que sirva para modificar a programación do curso seguinte. O feito de que a aplicación PROENS estableza un seguimento por UD, marca xa a temporalización deste traballo. Instrumento: táboa de indicadores.

 

2. Os resultados de avaliación son os esperados a partir do traballo e actitude mostrada polo alumnado. A persoa docente, especialmente en grupos que adoitan ter un número de alumnado pequeno, normalmente ten unha previsión dos resultados que terán as persoas discentes en base ás súas observacións diarias na aula. É importante que esta previsión se cumpra, dado que iso evidenciará que a observación e as impresións recibidas durante a avaliación son as correctas. Este acerto na previsión permitirá á persoa docente dar consellos útiles e, no seu caso, tomar as medidas oportunas para que o alumnado mellore o seu rendemento académico, de ser o caso. Instrumento: táboa de indicadores onde se exprese a relación entre o resultado previsto e o resultado conseguido.

 

3. Os resultados ao final de curso son os esperados en función do traballo e actitude mostrada polo alumnado e reflicten as medidas tomadas durante o curso. Derivación lóxica do indicador de logro anterior, este pretende medir o acerto da observación como, en particular, a efectividade das medidas tomadas durante o curso para mellorar o rendemento académico do alumnado. Instrumento: táboa de indicadores onde se exprese a relación entre o resultado previsto e o resultado conseguido.

 

4. Detéctanse con celeridade as/os ACNEAE, a súa casuística particular e póñense en marcha as medidas precisas en colaboración co Departamento de Orientación. A avaliación deste indicador de logro pódese facer a principios do mes de novembro, momento no que todo o alumnado con necesidades especiais de apoio educativo debería estar identificado e as medidas a tomar xa planificadas. Ademais da observación directa da persoa docente na aula, é moito importante o correcto aproveitamento e deseño da avaliación inicial e, en especial, a coordinación e contacto habitual co Departamento de Orientación.

 

5. O grao de satisfacción do alumnado coa materia é alto e responde ao planificado na programación. A satisfacción do alumnado co traballo realizado na aula pola persoa docente é, seica, un dos aspectos menos desenvolvidos na práctica docente en xeral e que, porén, pode, ben administrado, ser unha fonte moi positiva e rendible de información tanto para o enfoque da materia dende un punto de vista académico como dende o punto de vista do labor docente.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


A nosa programación constitúese como un instrumento vivo que o docente seguirá como marco de referencia e que permite introducir as correccións e melloras pertinentes, evitando así as improvisacións. Todo iso conseguirase seguindo as directrices desenvolvidas nos puntos e elementos anteriores dunha maneira flexible e adaptándose ás circunstancias concretas do centro e do alumnado.

 

A programación, nos puntos que se estime, revisarase nas reunións que o Departamento celebra, como mínimo cada mes, especialmente despois de analizar os resultados de cada unha das avaliacións, así como en calquera momento no que os membros do Departamento o consideren oportuno. Calquera cambio que se realice será comunicado aos membros da comunidade educativa que se vexan afectados.

 

Os elementos que serán revisados de maneira especial serán os seguintes:

- Número de sesións previstas e número de sesións utilizadas en cada UD.

- Orde dos contidos explicados.

- Actividades realizadas.

- Grao de cumprimento da UD.

- Obxectivos alcanzados.

- Propostas de mellora.

 

Estes cambios e adaptacións serán recollidos nas correspondentes actas de reunión, no apartado de seguimento da propia plataforma Proens e posteriormente na memoria final de curso.

 

Na derradeira reunión de departamento recolleranse as propostas de mellora de cara a modificar e mellorar a programación da materia no vindeiro curso.

 


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver