Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A presente programación didáctica, elaborada para a materia de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 1ºBAC ten como referencia o Decreto 157/2022, do 2022, que establece o currículo da Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

A materia de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 1.º de bacharelato contribúe a través dos seus obxectivos, criterios de avaliación e contidos a un maior grao de desenvolvemento das competencias clave. O seu fin último é mellorar a formación científica e a comprensión do mundo natural por parte do alumnado e así reforzar o seu compromiso polo ben común e as súas destrezas para responder á inestabilidade e ao cambio. Con todo isto búscase mellorar a súa calidade de vida presente e futura para conseguir, a través do sistema educativo, unha sociedade máis xusta, equitativa e comprometida co medio ambiente e coa súa sostibilidade.

 

Os rapaces e rapazas deste curso sitúanse na última etapa de operacións formais onde o individuo vólvese un ser reflexivo, capaz de aprender sistemas abstractos do pensamento que lle permiten usar a lóxica proposicional (inferencia obtida a partires da relación entre dúas premisas), o razoamento científico (pensamento hipotético-dedutivo), o razoamento combinatorio (busca de múltiples combinacións) e o razoamento proporcional (cálculo ou estimación de probabilidades) o que lle permite abordar os contidos desta materia, sempre e cando o proceso de ensino e aprendizaxe se axuste as súas necesidades.

 

Para a elaboración das unidades didácticas que desenvolverá a programación tívose como referencia un currículo que profundiza nos coñecementos adquiridos na Educación Secundaria Obrigatoria analizando con maior detalle o comportamento da Terra como un planeta en continua actividade , ademais dos impactos antrópicos xerados sobre el e as actuacións para diminuilos. Así mesmo séguese un desenvolvemento de complexidade crecente, estudando dende os niveis máis simples (molecular, celular e tecido) antes de estudar a a complexidade dos diferentes seres vivos. Nese sentido abordarse, coa madurez intelectual dos alumnos desta idade a visión comparativa entre os diferentes grupos de seres vivos dende un punto de vista do seu funcionamento e adaptación no medio no que habitan.

 

Outro aspecto que foi tido en conta á hora de deseñar a presente programación foi o centro no que se ía implementar: as características do mesmo, as do seu alumnado e o seu entorno. Esta programación didáctica está pensada para ser levada á práctica nun IES situado

en Vila de Cruces. Centro que maioritariamente recibe alumnado de 28 parroquias que integran o concello, agás unha pequena porcentaxe de A Golada e Lalín.

En canto ao alumnado cabe destacar que na súa maioría son galegofalantes. Estes proceden de cursar con anterioridade a Educación Primaria nos tres centros existentes no concello: CEIP Nosa Señora da Piedade de Vila de Cruces, CEIP de Cerdeiriñas de Piloño e CEIP de Merza .

Como características un pouco xerais acerca da poboación, pode falarse dun nivel socioeconómico medio. Esta situación está orixinando que a poboación escolar, sen as obrigas de antano, vaia adquirindo paulatinamente formas de vida urbana ¿ horarios fixos , alimentación, vestimenta, costumes, tempo libre etc.- provocadas en parte pola influencia televisiva que ocasiona consecuencias importantes, non só culturais senón tamén lingüísticas poñamos por caso, a

nivel léxico (traballos ,apeiros, natureza¿) .

O ambiente familiar e social quizais non sexa demasiado propicio para as inquedanzas culturais. Aínda que están agromando recentemente iniciativas que palían nalgunha medida esas deficiencias: bibliotecas, asociacións culturais , agrupacións musicais etc. nas que participan algúns alumnos do centro.

A maioría do alumnado dispón de ordenador na casa e moitos deles de acceso a internet ou de libros de consulta na casa. A través dos medios de comunicación os alumnos poden seguir os avances tecno-científicos da actualidade, estando presentes na vida cotiá. Isto vai tratar de potenciarse ao longo desta proposta de programación didáctica.

 

Nesta materia de 1ºBAC o alumnado está agrupado en 1 grupo e está composto de 7 estudantes e é impartida por 1 docentes. A idade ao inicio de curso está comprendida entre os 16 e 17 anos.

 

 

 

 

 

 


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Interpretar e transmitir información e datos científicos argumentando sobre estes con precisión e utilizando diferentes formatos para analizar procesos, métodos, experimentos ou resultados das ciencias biolóxicas, xeolóxicas e ambientais.
OBX2 Localizar e utilizar fontes fiables identificando, seleccionando e organizando a información, avaliándoa criticamente e contrastando a súa veracidade para resolver preguntas expostas de forma autónoma relacionadas coas ciencias biolóxicas, xeolóxicas e ambientais de forma autónoma.
OBX3 Deseñar, planear e desenvolver proxectos de investigación seguindo os pasos das diversas metodoloxías científicas, tendo en conta os recursos dispoñibles de forma realista e buscando vías de colaboración para indagar en aspectos relacionados coas ciencias biolóxicas, xeolóxicas e ambientais.
OBX4 Buscar e utilizar estratexias na resolución de problemas analizando criticamente as solucións e respostas achadas e reformulando o procedemento se fose necesario para explicar os fenómenos relacionados coas ciencias biolóxicas, xeolóxicas e ambientais.
OBX5 Deseñar, promover e executar iniciativas relacionadas coa conservación do medio ambiente, coa sostibilidade e coa saúde, baseándose nos fundamentos das ciencias biolóxicas, xeolóxicas e ambientais, para fomentar hábitos sostibles e saudables.
OBX6 Analizar os elementos do rexistro xeolóxico utilizando fundamentos científicos para relacionalos cos grandes eventos ocorridos ao longo da historia da Terra e coa magnitude temporal en que se desenvolveron.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 A terra. Estructura e materiales Esta unidade estuda a estrutura e comportamento das capas que forman o interior terrestre e os materiais: minerais 7 6
2 Tectónica de placas Nesta unidade trabállanse os desprazamentos continentais. O ciclo xeolóxico. O motor das placas tectónicas. Riscos sísmicos en relación ca tectónica de placas 7 12
3 Os procesos internos: magmatismo y metamorfismo Esta unidade aborda os conceptos e caracteristicas do magmatismo e metamorfismo. As aplicacións das rochas magmáticas e metamórficas 7 10
4 Os procesos externos e deformacións das rochas Esta unidade estúdase os procesos xeolóxicos externos. Clasificación das rochas sedimenatarias. Deformación das rochas e o relevo 7 10
5 Historia da Terra Esta unidade analiza os principais acontecementos, paleoxeográficos, climáticos e biolóxicos da Terra. O tempo en xeoloxía e a escala xeolóxica do tempo 7 8
6 Unidade estructural e funcional da vida Nesta unidade estúdase os niveis de organización dos seres vivos. A composición química e a célula como unidade estrutural a funcional dos seres vivos 7 12
7 Evolución e clasificación dos seres vivos Esta unidade aborda a clasificación e a evolución dos seres vivos: a orixe da biodiversidade e clasificación dos seres vivos 7 12
8 Os microorganismos, formas acelulares e saúde Neste unidade estúdase os diferentes tipos de microorganismos e as enfermidades asociadas 7 8
9 Histoloxía animal e vexetal Nesta unidade estúdase organización pluricelular. Os tecidos animais e vextais 7 8
10 Funcións vitais das plantas Esta unidade trata sobre as funcións de relación,nutrición e reprodución (sexual e asexual, ciclos biolóxicos das briófitas, pteridófitas e espermatófitas) 8 10
11 Fucións vitais dos animais Nesta unidade estúdase as funcións de nutrición, relacións e producción dos animis 8 12
12 Cara un desenvolvemento sostible Esta unidade aborda contidos de medio ambiente, relacións da humanidade coa natureza, desenvolvemento sostible a ecoeficiencia e prevención e corrección de riscos 7 8
13 A sustentabilidade dos ecosistemas Nesta unidade estúdase o funcionamento dos ecosistemas, os ciclos da materia na natureza, os ecosistemas ao longo do tempo e a sustentabilidade dos ecosistemas 7 12
14 As capas fluídas e o clima Nesta unidade trabállanse os seguintes puntos: a atmosfera (estructura e dinámica), a dinámica das masas fluídas, o tempo e clima e os diferentes climas terrestres 7 12

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Proxecto científico
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 UD 14
CA1.1 - Expor preguntas, realizar predicións e formular hipóteses que poidan ser respondidas ou contrastadas utilizando métodos científicos e que tenten explicar fenómenos biolóxicos, xeolóxicos ou ambientais.
CA1.2 - Deseñar a experimentación, a toma de datos e a análise de fenómenos biolóxicos, xeolóxicos e ambientais e seleccionar os instrumentos necesarios, de modo que permitan responder preguntas concretas e contrastar unha hipótese exposta minimizando os rumbos na medida do posible.
CA1.3 - Realizar experimentos e tomar datos cuantitativos e cualitativos sobre fenómenos biolóxicos, xeolóxicos e ambientais seleccionando e utilizando os instrumentos, ferramentas ou técnicas adecuadas con corrección e precisión.
CA1.4 - Interpretar e analizar resultados obtidos nun proxecto de investigación utilizando, cando sexa necesario, ferramentas matemáticas e tecnolóxicas e recoñecendo o seu alcance e limitacións e obtendo conclusións razoadas e fundamentadas ou valorando a imposibilidade de facelo.
CA1.5 - Establecer colaboracións dentro e fóra do centro educativo nas distintas fases do proxecto científico co fin de traballar con maior eficiencia, utilizando ferramentas tecnolóxicas adecuadas, valorando a importancia da cooperación na investigación, respectando a diversidade e favorecendo a inclusión.
CA1.6 - Argumentar sobre a contribución da ciencia á sociedade e o labor das persoas dedicadas a ela destacando o papel da muller e entendendo a investigación como un labor colectivo e interdisciplinar en constante evolución e influída polo contexto político e os recursos económicos.
Contidos
C1.1 - A evolución histórica do saber científico: a ciencia como labor colectivo, interdisciplinar e en continua construción e evolución.
C1.2 - Estratexias para a elaboración dun proxecto científico.
C1.2.1 - Formulación de hipóteses, preguntas e conxecturas científicas.
C1.2.2 - Procura, recoñecemento e utilización de fontes fiables de información científica.
C1.2.3 - Experiencias científicas de laboratorio e/ou de campo: deseño, planificación e realización.
C1.2.4 - Controis experimentais e contraste de hipóteses.
C1.2.5 - Método de análise de resultados científicos: organización, representación e ferramentas estatísticas.
C1.2.6 - Comunicación científica de procesos e resultados con vocabulario científico e a través de ferramentas dixitais e formatos de uso frecuente en ciencia (presentación, gráfica, vídeo, pósteres, informe e outros).
C1.3 - Importancia social da contribución e do labor científico das persoas dedicadas á ciencia. O papel da muller na ciencia.
Bloque B2. A xeodinámica interna
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 UD 14
CA2.1 - Explicar os modelos da estrutura e dinámica do interior terrestre diferenciando a composición e o comportamento das diferentes capas a través da información proporcionada polos principais métodos de estudo indirectos e directos.
CA2.2 - Reflexionar sobre o xurdimento da teoría da tectónica de placas recoñecendo os antecedentes e probas que confirmaron o mobilismo e adoptando unha actitude crítica cara a informacións de dubidosa procedencia e sen unha base científica.
CA2.3 - Argumentar desde a teoría da tectónicas de placas os fenómenos xeolóxicos da superficie terrestre relacionándoos cos movementos das placas litosféricas e cos procesos térmicos do interior terrestre e describindo as estruturas xeolóxicas asociadas.
CA2.4 - Analizar a definición e a clasificación dos minerais atendendo á súa composición química e recoñecer as súas propiedades relacionándoas coa súa estrutura interna.
CA2.5 - Recoñecer os tipos de rochas e interpretar os procesos xeolóxicos implicados na súa formación utilizando o ciclo xeolóxico á luz da teoría da tectónica de placas.
CA2.6 - Identificar minerais mediante a observación das súas propiedades e as principais rochas segundo a súa composición, orixe e textura utilizando exemplos da contorna, relacionándoos coas súas aplicacións na vida cotiá e promovendo a explotación e o uso sostible e a súa relevancia como patrimonio xeolóxico.
CA2.7 - Analizar os riscos a través dos seus factores e localizar áreas sísmicas e volcánicas en España interpretando información en diferentes formatos (mapas, gráficos, táboas, diagramas, esquemas...) e valorando a importancia das medidas de predición, prevención e corrección.
Contidos
C2.1 - O estudo da Terra: métodos directos e indirectos.
C2.2 - Os modelos da estrutura e dinámica da xeosfera.
C2.3 - Os procesos xeolóxicos internos. O relevo e a relación coa tectónica de placas.
C2.3.1 - Antecedentes: deriva continental, expansión do fondo oceánico e paleomagnetismo.
C2.3.2 - As placas litosféricas. A convección terrestre.
C2.3.3 - Tipos de bordos de placas. Estruturas e fenómenos xeolóxicos asociados aos límites e ás zonas de intraplaca.
C2.3.4 - Consecuencias: a deformación das rochas. Pregamentos e fallas.
C2.4 - Os minerais: concepto, propiedades e clasificación.
C2.5 - As rochas.
C2.5.1 - Magmatismo, metamorfismo e sedimentación.
C2.5.2 - Clasificación segundo a súa orixe e composición. Rochas magmáticas, metamórficas e sedimentarias.
C2.5.3 - Relación coa tectónica de placas. O ciclo das rochas.
C2.6 - Clasificación e identificación dos minerais e rochas relevantes e da contorna. Explotación e uso sostible. Importancia da conservación do patrimonio xeolóxico.
C2.7 - Os riscos xeolóxicos internos.
C2.7.1 - Factores de risco.
C2.7.2 - Medidas de predición, prevención e corrección.
C2.8 - O risco sísmico e volcánico en España.
Bloque B3. A xeodinámica externa. Historia da Terra
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 UD 14
CA3.1 - Describir a acción dos axentes xeolóxicos externos recoñecendo as formas de relevo asociadas e analizando o relevo en Galicia e a paisaxe próxima.
CA3.2 - Explicar os procesos edafoxenéticos identificando os factores de formación do solo e a importancia da súa conservación.
CA3.3 - Relacionar os grandes eventos da historia terrestre con determinados elementos do rexistro xeolóxico e cos sucesos que ocorren na actualidade utilizando os principios xeolóxicos básicos e o razoamento lóxico.
CA3.4 - Resolver problemas de datación analizando elementos do rexistro xeolóxico e fósil e aplicando métodos de datación relativa.
CA3.5 - Interpretar e deducir en mapas e cortes a historia xeolóxica aplicando principios xeolóxicos básicos (intersección, horizontalidade...) determinando as descontinuidades estratigráficas e empregando fósiles guía.
CA3.6 - Analizar criticamente os riscos xeolóxicos externos relacionándoos coas actividades humanas e valorando a importancia das medidas de predición, prevención e corrección.
Contidos
C3.1 - Os procesos xeolóxicos externos: axentes causais e consecuencias sobre o relevo.
C3.2 - A evolución dun solo: procesos, factores e conservación.
C3.3 - Os métodos e principios do estudo do rexistro xeolóxico: reconstrución da historia xeolóxica.
C3.4 - O tempo xeolóxico: magnitude, escala e métodos de datación absoluta e relativa.
C3.5 - A historia da Terra: principais acontecementos xeolóxicos, paleoxeográficos, climáticos e biolóxicos.
C3.6 - Os riscos xeolóxicos externos e a súa relación coa actividade humana. Medidas de predición, prevención e corrección.
Bloque B4. Os seres vivos: niveis de organización, composición, diversidade e evolución
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 UD 14
CA4.1 - Identificar os niveis de organización dos seres vivos exemplificando cada un deles e utilizando diferentes formatos para a súa diferenciación (esquemas, diagramas, táboas...).
CA4.2 - Distinguir bioelementos a través de exemplos e identificar as diferentes biomoléculas, recoñecendo os monómeros constituíntes de cada unha e as súas respectivas funcións biolóxicas demostrando a uniformidade química dos seres vivos.
CA4.3 - Diferenciar as formas de organización celular procariota e eucariota utilizando diferentes formatos (debuxos, esquemas, microfotografías, vídeos¿) e identificar os distintos orgánulos celulares relacionándoos coa súa función.
CA4.4 - Relacionar os tecidos animais e vexetais coas células constituíntes a través de imaxes obtidas con diferentes técnicas indicando xustificadamente as súas funcións e valorando as vantaxes evolutivas da organización pluricelular.
CA4.5 - Analizar os criterios utilizados para a clasificación dos seres vivos describindo as características dos tres dominios e os cinco reinos e xustificando desde a perspectiva evolutiva os cambios nos grandes grupos.
CA4.6 - Diferenciar os principais grupos taxonómicos dos seres vivos recoñecendo as súas características e achegando exemplos de seu propio medio, así como utilizar claves dicotómicas para a súa determinación.
CA4.7 - Describir o proceso de especiación e argumentar sobre aspectos relacionados coa evolución utilizando as probas e os mecanismos evolutivos defendendo unha postura de forma razoada e cunha actitude aberta, flexible, receptiva ante a opinión dos demais.
Contidos
C4.1 - Os niveis de organización dos seres vivos e a unidade de composición química.
C4.2 - A composición química dos seres vivos.
C4.2.1 - Os bioelementos: concepto e clasificación.
C4.2.2 - As biomoléculas: clasificación, monómeros e funcións biolóxicas.
C4.3 - A organización celular dos seres vivos.
C4.3.1 - Organización procariota e eucariota: semellanzas e diferenzas.
C4.4 - A organización pluricelular dos seres vivos.
C4.4.1 - Histoloxía animal e vexetal.
C4.4.2 - Órganos, aparellos e sistemas.
C4.4.3 - Perspectiva evolutiva.
C4.5 - Os principais grupos taxonómicos dos seres vivos: características fundamentais.
C4.6 - As principais teorías evolutivas: probas e mecanismos da evolución. A especiación.
C4.7 - A historia da vida na Terra: xustificación desde a perspectiva evolutiva dos principais cambios nos grupos de seres vivos.
Bloque B5. Os vexetais: funcións e adaptacións
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 UD 14
CA5.1 - Explicar a fotosíntese como un proceso de nutrición autótrofa relacionándoa cos mecanismos e estruturas involucradas no transporte dos zumes e argumentando a súa relevancia para o mantemento da vida na Terra.
CA5.2 - Recoñecer a función de relación das plantas diferenciando as nastias e os tropismos asociando cada estímulo coa súa resposta e relacionando as principais hormonas coa súa función.
CA5.3 - Describir as diferenzas entre a reprodución sexual e asexual recoñecendo as vantaxes e inconvenientes de cada unha e analizándoas desde unha perspectiva evolutiva.
CA5.4 - Explicar os ciclos biolóxicos dos diferentes grupos de plantas analizando as súas fases e estruturas características a través de debuxos, esquemas e gráficos.
CA5.5 - Recoñecer os procesos implicados na reprodución sexual e os tipos de reprodución asexual recoñecendo nesta última a súa aplicación no campo da agricultura.
CA5.6 - Explicar a relación das adaptacións dos vexetais co medio en que se desenvolven utilizando exemplos significativos e recoñecendo a influencia de diferentes factores.
Contidos
C5.1 - A función de nutrición vexetal.
C5.1.1 - A fotosíntese: balance xeral e importancia ecolóxica para a vida na Terra.
C5.1.2 - Mecanismos de transporte do zume bruto e do zume elaborado nas plantas vasculares.
C5.2 - A función de relación.
C5.2.1 - Tipos de respostas dos vexetais aos distintos tipos de estímulos.
C5.2.2 - As fitohormonas e o seu papel na fisioloxía vexetal.
C5.3 - A función de reprodución.
C5.3.1 - A reprodución asexual e a reprodución sexual. Relevancia ecolóxica e evolutiva.
C5.3.2 - Os ciclos biolóxicos nos diferentes tipos de vexetais.
C5.4 - As adaptacións dos vexetais ao medio.
Bloque B6. Os animais: funcións e adaptacións
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 UD 14
CA6.1 - Identificar os órganos, aparatos e sistemas que interveñen na función de nutrición, relación e reprodución recoñecendo a función de cada un nos diferentes grupos taxonómicos.
CA6.2 - Recoñecer os aparatos dixestivos, os pigmentos e aparatos respiratorios, os tipos de circulación, os produtos de excreción e os procesos que interveñen na nutrición animal.
CA6.3 - Describir os receptores sensoriais, sistemas de coordinación e órganos efectores de xeito comparado nos principais grupos de animais.
CA6.4 - Describir e comparar os tipos de reprodución sexual e asexual, os tipos de fecundación e as estruturas implicadas na reprodución en diferentes grupos de animais analizando os ciclos biolóxicos máis representativos.
CA6.5 - Explicar a relación das adaptacións dos animais co medio en que se desenvolven utilizando exemplos significativos e recoñecendo a influencia de diferentes factores.
CA6.6 - Expor e resolver cuestións relacionadas cos diferentes animais localizando e citando fontes adecuadas e seleccionando, organizando e analizando criticamente a información.
Contidos
C6.1 - A función de nutrición animal.
C6.1.1 - Procesos e estruturas implicadas nos diferentes grupos taxonómicos.
C6.2 - A función de relación.
C6.2.1 - Funcionamento dos sistemas de coordinación (nervioso e endócrino) nos diferentes grupos taxonómicos.
C6.3 - A función de reprodución.
C6.3.1 - Procesos e estruturas implicadas nos diferentes grupos taxonómicos.
C6.3.2 - Importancia biolóxica.
C6.4 - As adaptacións dos animais ao medio.
Bloque B7. Os microorganismos e as formas acelulares
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 UD 14
CA7.1 - Identificar os diferentes tipos de microorganismos clasificándoos nos dominios e reinos correspondentes.
CA7.2 - Argumentar sobre a importancia ecolóxica dos microorganismos relacionándoos cos ciclos bioxeoquímicos.
CA7.3 - Describir os principais mecanismos de reprodución bacteriana facendo fincapé na transferencia xenética horizontal e nas súas consecuencias para a saúde humana.
CA7.4 - Recoñecer as principais técnicas de cultivo de microorganismos a través da observación de vídeos, páxinas web, fotografías ou da práctica no laboratorio
CA7.5 - Identificar as formas acelulares (virus, viroides e prións) e contrastar e xustificar a veracidade da información recoñecendo a súa importancia biolóxica, utilizando fontes fiables e adoptando unha actitude crítica e escéptica cara a informacións sen unha base científica, como pseudociencias, teorías conspiratorias, crenzas infundadas, noticias falsas...
CA7.6 - Comunicar informacións e describir as enfermidades infecciosas máis importantes relacionadas cos microorganismos reflexionando sobre o papel dos antibióticos no seu tratamento e sobre o problema da resistencia, transmitíndoas de forma rigorosa e utilizando a terminoloxía e o formato adecuados (gráficos, táboas, vídeos e informes, entre outros) e ferramentas dixitais.
Contidos
C7.1 - Concepto e características xerais dos microorganismos.
C7.2 - O metabolismo dos microorganismos. Ciclos bioxeoquímicos e importancia ecolóxica.
C7.3 - A reprodución bacteriana. Mecanismos de transferencia xenética horizontal en bacterias.
C7.4 - As técnicas de esterilización, cultivo e illamento.
C7.5 - As formas acelulares: virus, viroides e prións. Características, mecanismos de infección e importancia biolóxica.
C7.6 - As enfermidades infecciosas.
C7.6.1 - Clasificación segundo os microorganismos causantes.
C7.6.2 - Resistencia aos antibióticos. Uso responsable destes.
Bloque B8. Ecoloxía e sustentabilidade
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 UD 14
CA8.1 - Explicar a dinámica das capas fluídas da Terra recoñecendo a interrelación entre todos os subsistemas terrestres utilizando exemplos significativos.
CA8.2 - Recoñecer un ecosistema describindo as relacións tróficas, os ciclos bioxeoquímicos e o fluxo de enerxía a través dos diferentes elos e identificando a súa interdependencia.
CA8.3 - Resolver problemas relacionados coas interaccións tróficas nos ecosistemas buscando e utilizando recursos variados, como coñecementos propios, datos e información obtidos, razoamento lóxico, pensamento computacional ou ferramentas dixitais.
CA8.4 - Analizar as causas e as consecuencias ecolóxicas, sociais e económicas dos principais problemas ambientais, desde unha perspectiva individual, local e global, concibíndoos como grandes retos da humanidade.
CA8.5 - Analizar criticamente a solución a un problema ambiental relacionándoo coas causas e consecuencias que o orixinan.
CA8.6 - Avaliar diferentes problemas ambientais promovendo o desenvolvemento sostible como modelo para a conservación do medio ambiente.
CA8.7 - Propoñer e poñer en práctica hábitos de vida e iniciativas sostibles e saudables no eido local e global argumentando sobre os seus efectos positivos e sobre a urxencia de adoptalos.
Contidos
C8.1 - Estrutura, dinámica e funcións da atmosfera e da hidrosfera.
C8.2 - A dinámica dos ecosistemas.
C8.2.1 - As relacións tróficas. O fluxo de enerxía e os ciclos da materia.
C8.2.2 - Resolución de problemas e cuestións relacionados cos parámetros e coas relacións tróficas.
C8.3 - Os principais impactos ambientais antrópicos.
C8.3.1 - O cambio climático. Causas e consecuencias e estratexias para a mitigación e a adaptación.
C8.3.2 - A perda da biodiversidade: causas e consecuencias ambientais e sociais. Importancia da súa conservación
C8.3.3 - Os residuos: efectos, prevención e xestión.
C8.4 - Desenvolvemento sostible: concepto e dimensións.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 A terra. Estructura e materiales
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Expor preguntas, realizar predicións e formular hipóteses que poidan ser respondidas ou contrastadas utilizando métodos científicos e que tenten explicar fenómenos biolóxicos, xeolóxicos ou ambientais.
Táboa de indicadores
Expor preguntas, realizar predicións e formular hipóteses 5
CA1.4 Interpretar e analizar resultados obtidos nun proxecto de investigación utilizando, cando sexa necesario, ferramentas matemáticas e tecnolóxicas e recoñecendo o seu alcance e limitacións e obtendo conclusións razoadas e fundamentadas ou valorando a imposibilidade de facelo.
Táboa de indicadores
Analizar os resultados obtidos nun proxecto de investigación. 15
CA2.1 Explicar os modelos da estrutura e dinámica do interior terrestre diferenciando a composición e o comportamento das diferentes capas a través da información proporcionada polos principais métodos de estudo indirectos e directos.
Proba escrita
Describir as caracterísiticas das capas do interior terrestre Diferenciar os modelos xeoquímico e dinámico Identificar as ondas sísmicas internas 60
CA8.1 Explicar a dinámica das capas fluídas da Terra recoñecendo a interrelación entre todos os subsistemas terrestres utilizando exemplos significativos.
Proba escrita
Identificar os subsistemas terrestres Recoñecer o papel da atmosfera e hidrosfera 20

2 Tectónica de placas
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.6 Argumentar sobre a contribución da ciencia á sociedade e o labor das persoas dedicadas a ela destacando o papel da muller e entendendo a investigación como un labor colectivo e interdisciplinar en constante evolución e influída polo contexto político e os recursos económicos.
Táboa de indicadores
Argumentar sobre a contribución da ciencia á sociedade e o labor das persoas dedicadas a ela en relación ás evidencias que levaron a formular a teoría da Tectónica de Placas 20
CA2.2 Reflexionar sobre o xurdimento da teoría da tectónica de placas recoñecendo os antecedentes e probas que confirmaron o mobilismo e adoptando unha actitude crítica cara a informacións de dubidosa procedencia e sen unha base científica.
Proba escrita
Recoñecer a expansión do fondo oceánico Citar as probas da teoría da Deriva Continental Recoñecer o paleomagnetismo 20
CA2.3 Argumentar desde a teoría da tectónicas de placas os fenómenos xeolóxicos da superficie terrestre relacionándoos cos movementos das placas litosféricas e cos procesos térmicos do interior terrestre e describindo as estruturas xeolóxicas asociadas.
Proba escrita
Explicar os tipos de movementos entre placas litosféricas Identificar as estruturas xeolóxicas asociadas aos movementos de placa Describir a convección terrestre 40
CA2.7 Analizar os riscos a través dos seus factores e localizar áreas sísmicas e volcánicas en España interpretando información en diferentes formatos (mapas, gráficos, táboas, diagramas, esquemas...) e valorando a importancia das medidas de predición, prevención e corrección.
Proba escrita
Identificar os factores do risco Recoñecer dúas medidas de predición e prevención en relación aos terremotos e volcáns 20

3 Os procesos internos: magmatismo y metamorfismo
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Expor preguntas, realizar predicións e formular hipóteses que poidan ser respondidas ou contrastadas utilizando métodos científicos e que tenten explicar fenómenos biolóxicos, xeolóxicos ou ambientais.
Táboa de indicadores
Expor preguntas, realizar predicións e formular hipóteses 1
CA1.2 Deseñar a experimentación, a toma de datos e a análise de fenómenos biolóxicos, xeolóxicos e ambientais e seleccionar os instrumentos necesarios, de modo que permitan responder preguntas concretas e contrastar unha hipótese exposta minimizando os rumbos na medida do posible.
Táboa de indicadores
Deseñar a experimentación, a toma de datos e a análise de fenómenos xeolóxicos (por exemplo con respecto á identificación dos minerais e dos tipos de rochas) 4
CA1.3 Realizar experimentos e tomar datos cuantitativos e cualitativos sobre fenómenos biolóxicos, xeolóxicos e ambientais seleccionando e utilizando os instrumentos, ferramentas ou técnicas adecuadas con corrección e precisión.
Táboa de indicadores
Realizar experimentos e tomar datos cuantitativos e cualitativos sobre fenómenos xeolóxicos con respecto á identificación dos minerais e dos tipos de rochas 11
CA1.5 Establecer colaboracións dentro e fóra do centro educativo nas distintas fases do proxecto científico co fin de traballar con maior eficiencia, utilizando ferramentas tecnolóxicas adecuadas, valorando a importancia da cooperación na investigación, respectando a diversidade e favorecendo a inclusión.
Táboa de indicadores
Establecer colaboracións dentro e fóra do centro educativo nas distintas fases do proxecto científico respectando a diversidade e favorecendo a inclusión. 4
CA2.4 Analizar a definición e a clasificación dos minerais atendendo á súa composición química e recoñecer as súas propiedades relacionándoas coa súa estrutura interna.
Proba escrita
Definir mineral Clasificar nas principais clases os diferentes minerais Explicar as principais propiedades dos minerais 25
CA2.5 Recoñecer os tipos de rochas e interpretar os procesos xeolóxicos implicados na súa formación utilizando o ciclo xeolóxico á luz da teoría da tectónica de placas.
Proba escrita
Identificar os diferentes tipos de rochas Explicar a orixe de cada rocha utilizando o ciclo xeolóxico 40
CA2.6 Identificar minerais mediante a observación das súas propiedades e as principais rochas segundo a súa composición, orixe e textura utilizando exemplos da contorna, relacionándoos coas súas aplicacións na vida cotiá e promovendo a explotación e o uso sostible e a súa relevancia como patrimonio xeolóxico.
Proba escrita
Identificar coa axuda dunha clave dicotómica os principais minerais e rochas Citar algunhas aplicacións de minerais e rochas 15

4 Os procesos externos e deformacións das rochas
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Expor preguntas, realizar predicións e formular hipóteses que poidan ser respondidas ou contrastadas utilizando métodos científicos e que tenten explicar fenómenos biolóxicos, xeolóxicos ou ambientais.
Táboa de indicadores
Expor preguntas, realizar predicións e formular hipóteses 1
CA1.4 Interpretar e analizar resultados obtidos nun proxecto de investigación utilizando, cando sexa necesario, ferramentas matemáticas e tecnolóxicas e recoñecendo o seu alcance e limitacións e obtendo conclusións razoadas e fundamentadas ou valorando a imposibilidade de facelo.
Táboa de indicadores
Analizar resultados obtidos nun proxecto de investigación 19
CA3.1 Describir a acción dos axentes xeolóxicos externos recoñecendo as formas de relevo asociadas e analizando o relevo en Galicia e a paisaxe próxima.
Proba escrita
Identificar os axentes xeolóxicos externos Describir as principais formas dos modelados: glaciar, fluvial, eólico, kárstico e granítico 40
CA3.2 Explicar os procesos edafoxenéticos identificando os factores de formación do solo e a importancia da súa conservación.
Proba escrita
Identificar os procesos edafoxenéticos 20
CA3.6 Analizar criticamente os riscos xeolóxicos externos relacionándoos coas actividades humanas e valorando a importancia das medidas de predición, prevención e corrección.
Proba escrita
Identificar os tipos de movementos de ladeira Recoñecer dúas medidas de predición e prevención en relación aos procesos gravitacionais e as inundacións 20

5 Historia da Terra
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Expor preguntas, realizar predicións e formular hipóteses que poidan ser respondidas ou contrastadas utilizando métodos científicos e que tenten explicar fenómenos biolóxicos, xeolóxicos ou ambientais.
Táboa de indicadores
Expor preguntas, realizar predicións e formular hipóteses 1
CA1.4 Interpretar e analizar resultados obtidos nun proxecto de investigación utilizando, cando sexa necesario, ferramentas matemáticas e tecnolóxicas e recoñecendo o seu alcance e limitacións e obtendo conclusións razoadas e fundamentadas ou valorando a imposibilidade de facelo.
Táboa de indicadores
Analizar resultados obtidos nun proxecto de investigación 19
CA3.3 Relacionar os grandes eventos da historia terrestre con determinados elementos do rexistro xeolóxico e cos sucesos que ocorren na actualidade utilizando os principios xeolóxicos básicos e o razoamento lóxico.
Proba escrita
Describir os principais acontecementos eolóxicos, paleoxeográficos, climáticos e biolóxicos acontecidos na historia da Terra. 30
CA3.4 Resolver problemas de datación analizando elementos do rexistro xeolóxico e fósil e aplicando métodos de datación relativa.
Proba escrita
Resolver problemas de datación 10
CA3.5 Interpretar e deducir en mapas e cortes a historia xeolóxica aplicando principios xeolóxicos básicos (intersección, horizontalidade...) determinando as descontinuidades estratigráficas e empregando fósiles guía.
Proba escrita
Describir a historia xeolóxica dunha zona aplicando os principios básicos xeolóxicos Identificar as descontinuidades estratigráficas 40

6 Unidade estructural e funcional da vida
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Expor preguntas, realizar predicións e formular hipóteses que poidan ser respondidas ou contrastadas utilizando métodos científicos e que tenten explicar fenómenos biolóxicos, xeolóxicos ou ambientais.
Táboa de indicadores
Expor preguntas, realizar predicións e formular hipóteses 1
CA1.2 Deseñar a experimentación, a toma de datos e a análise de fenómenos biolóxicos, xeolóxicos e ambientais e seleccionar os instrumentos necesarios, de modo que permitan responder preguntas concretas e contrastar unha hipótese exposta minimizando os rumbos na medida do posible.
Táboa de indicadores
Deseñar a experimentación, a toma de datos e a análise de fenómenos biolóxicos (por exemplo: en relación as biomoléculas inorgánicas e/ou visualización microscópica dos tecidos) 3
CA1.3 Realizar experimentos e tomar datos cuantitativos e cualitativos sobre fenómenos biolóxicos, xeolóxicos e ambientais seleccionando e utilizando os instrumentos, ferramentas ou técnicas adecuadas con corrección e precisión.
Táboa de indicadores
Realizar experimentos e tomar datos cuantitativos e cualitativos sobre fenómenos biolóxicos (por exemplo con respecto á auga e/ou visualización microscópica dos tecidos) 12
CA1.5 Establecer colaboracións dentro e fóra do centro educativo nas distintas fases do proxecto científico co fin de traballar con maior eficiencia, utilizando ferramentas tecnolóxicas adecuadas, valorando a importancia da cooperación na investigación, respectando a diversidade e favorecendo a inclusión.
Táboa de indicadores
Establecer colaboracións nas distintas fases do proxecto científico respectando a diversidade e favorecendo a inclusión. 4
CA4.1 Identificar os niveis de organización dos seres vivos exemplificando cada un deles e utilizando diferentes formatos para a súa diferenciación (esquemas, diagramas, táboas...).
Proba escrita
Identificar os niveis de organización 10
CA4.2 Distinguir bioelementos a través de exemplos e identificar as diferentes biomoléculas, recoñecendo os monómeros constituíntes de cada unha e as súas respectivas funcións biolóxicas demostrando a uniformidade química dos seres vivos.
Proba escrita
Clasificar os bioelementos e biomoléculas Explicar o enlace da auga Recoñecer os monómeros das biomoléculas orgánicas Citar as funcións das biomoléculas 20
CA4.3 Diferenciar as formas de organización celular procariota e eucariota utilizando diferentes formatos (debuxos, esquemas, microfotografías, vídeos¿) e identificar os distintos orgánulos celulares relacionándoos coa súa función.
Proba escrita
Diferenciar a organización procariota e eucariota 20
CA4.4 Relacionar os tecidos animais e vexetais coas células constituíntes a través de imaxes obtidas con diferentes técnicas indicando xustificadamente as súas funcións e valorando as vantaxes evolutivas da organización pluricelular.
Proba escrita
Identificar os tecidos animais e vexetais Citar as funcións de cada un 30

7 Evolución e clasificación dos seres vivos
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Expor preguntas, realizar predicións e formular hipóteses que poidan ser respondidas ou contrastadas utilizando métodos científicos e que tenten explicar fenómenos biolóxicos, xeolóxicos ou ambientais.
Táboa de indicadores
Expor preguntas, realizar predicións e formular hipóteses 1
CA1.4 Interpretar e analizar resultados obtidos nun proxecto de investigación utilizando, cando sexa necesario, ferramentas matemáticas e tecnolóxicas e recoñecendo o seu alcance e limitacións e obtendo conclusións razoadas e fundamentadas ou valorando a imposibilidade de facelo.
Táboa de indicadores
Analizar resultados obtidos nun proxecto de investigación 19
CA4.5 Analizar os criterios utilizados para a clasificación dos seres vivos describindo as características dos tres dominios e os cinco reinos e xustificando desde a perspectiva evolutiva os cambios nos grandes grupos.
Táboa de indicadores
Identificar os criterios de clasificación dos tres dominios e os cinco reinos 20
CA4.6 Diferenciar os principais grupos taxonómicos dos seres vivos recoñecendo as súas características e achegando exemplos de seu propio medio, así como utilizar claves dicotómicas para a súa determinación.
Proba escrita
Identificar os principais grupos taxonómicos 30
CA4.7 Describir o proceso de especiación e argumentar sobre aspectos relacionados coa evolución utilizando as probas e os mecanismos evolutivos defendendo unha postura de forma razoada e cunha actitude aberta, flexible, receptiva ante a opinión dos demais.
Proba escrita
Diferenciar lamarckismo e darwinismo Identificar os procesos de especiación 30

8 Os microorganismos, formas acelulares e saúde
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Deseñar a experimentación, a toma de datos e a análise de fenómenos biolóxicos, xeolóxicos e ambientais e seleccionar os instrumentos necesarios, de modo que permitan responder preguntas concretas e contrastar unha hipótese exposta minimizando os rumbos na medida do posible.
Táboa de indicadores
Deseñar a experimentación, a toma de datos e a análise de fenómenos biolóxicos, 8
CA1.3 Realizar experimentos e tomar datos cuantitativos e cualitativos sobre fenómenos biolóxicos, xeolóxicos e ambientais seleccionando e utilizando os instrumentos, ferramentas ou técnicas adecuadas con corrección e precisión.
Táboa de indicadores
Realizar experimentos sobre fenómenos biolóxicos 8
CA1.6 Argumentar sobre a contribución da ciencia á sociedade e o labor das persoas dedicadas a ela destacando o papel da muller e entendendo a investigación como un labor colectivo e interdisciplinar en constante evolución e influída polo contexto político e os recursos económicos.
Táboa de indicadores
Argumentar sobre a contribución da ciencia á sociedade e o labor das persoas dedicadas a ela 4
CA7.1 Identificar os diferentes tipos de microorganismos clasificándoos nos dominios e reinos correspondentes.
Proba escrita
Clasificar os diferentes tipos de microorganismos nos seus dominios e reinos correspondenetes 15
CA7.2 Argumentar sobre a importancia ecolóxica dos microorganismos relacionándoos cos ciclos bioxeoquímicos.
Proba escrita
Identificar a importancia ecolóxica dos microorganismos 12
CA7.3 Describir os principais mecanismos de reprodución bacteriana facendo fincapé na transferencia xenética horizontal e nas súas consecuencias para a saúde humana.
Proba escrita
Describir os principais mecanismos de reprodución bacteriana facendo fincapé na transferencia xenética 12
CA7.4 Recoñecer as principais técnicas de cultivo de microorganismos a través da observación de vídeos, páxinas web, fotografías ou da práctica no laboratorio
Proba escrita
Citar as principais técnicas de cultivo de microorganismos 11
CA7.5 Identificar as formas acelulares (virus, viroides e prións) e contrastar e xustificar a veracidade da información recoñecendo a súa importancia biolóxica, utilizando fontes fiables e adoptando unha actitude crítica e escéptica cara a informacións sen unha base científica, como pseudociencias, teorías conspiratorias, crenzas infundadas, noticias falsas...
Proba escrita
Diferenciar virus, viroides e prións 15
CA7.6 Comunicar informacións e describir as enfermidades infecciosas máis importantes relacionadas cos microorganismos reflexionando sobre o papel dos antibióticos no seu tratamento e sobre o problema da resistencia, transmitíndoas de forma rigorosa e utilizando a terminoloxía e o formato adecuados (gráficos, táboas, vídeos e informes, entre outros) e ferramentas dixitais.
Proba escrita
Relacionar as principais enfermidades infecciosas cos microorganismos implicados 15

9 Histoloxía animal e vexetal
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Expor preguntas, realizar predicións e formular hipóteses que poidan ser respondidas ou contrastadas utilizando métodos científicos e que tenten explicar fenómenos biolóxicos, xeolóxicos ou ambientais.
Táboa de indicadores
Expor preguntas, realizar predicións e formular hipóteses 2
CA1.2 Deseñar a experimentación, a toma de datos e a análise de fenómenos biolóxicos, xeolóxicos e ambientais e seleccionar os instrumentos necesarios, de modo que permitan responder preguntas concretas e contrastar unha hipótese exposta minimizando os rumbos na medida do posible.
Táboa de indicadores
Deseñar a experimentación, a toma de datos e a análise de fenómenos biolóxicos 20
CA1.3 Realizar experimentos e tomar datos cuantitativos e cualitativos sobre fenómenos biolóxicos, xeolóxicos e ambientais seleccionando e utilizando os instrumentos, ferramentas ou técnicas adecuadas con corrección e precisión.
Táboa de indicadores
Realizar experimentos sobre fenómenos biolóxicos 20
CA5.1 Explicar a fotosíntese como un proceso de nutrición autótrofa relacionándoa cos mecanismos e estruturas involucradas no transporte dos zumes e argumentando a súa relevancia para o mantemento da vida na Terra.
Proba escrita
Explicar a fotosíntese como un proceso de nutrición autótrofa 35
CA5.2 Recoñecer a función de relación das plantas diferenciando as nastias e os tropismos asociando cada estímulo coa súa resposta e relacionando as principais hormonas coa súa función.
Proba escrita
Diferenciar as nastias e os tropismos 23

10 Funcións vitais das plantas
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Expor preguntas, realizar predicións e formular hipóteses que poidan ser respondidas ou contrastadas utilizando métodos científicos e que tenten explicar fenómenos biolóxicos, xeolóxicos ou ambientais.
Táboa de indicadores
Expor preguntas, realizar predicións e formular hipóteses 2
CA5.3 Describir as diferenzas entre a reprodución sexual e asexual recoñecendo as vantaxes e inconvenientes de cada unha e analizándoas desde unha perspectiva evolutiva.
Proba escrita
Identificar as diferenzas entre a reprodución sexual e asexual 20
CA5.4 Explicar os ciclos biolóxicos dos diferentes grupos de plantas analizando as súas fases e estruturas características a través de debuxos, esquemas e gráficos.
Proba escrita
Describir os ciclos biolóxicos dos diferentes grupos de plantas 23
CA5.5 Recoñecer os procesos implicados na reprodución sexual e os tipos de reprodución asexual recoñecendo nesta última a súa aplicación no campo da agricultura.
Proba escrita
Recoñecer os procesos implicados na reprodución sexual e os tipos de reprodución asexual 25
CA5.6 Explicar a relación das adaptacións dos vexetais co medio en que se desenvolven utilizando exemplos significativos e recoñecendo a influencia de diferentes factores.
Proba escrita
Identificar a relación das adaptacións dos vexetais co medio en que se desenvolve 30

11 Fucións vitais dos animais
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Expor preguntas, realizar predicións e formular hipóteses que poidan ser respondidas ou contrastadas utilizando métodos científicos e que tenten explicar fenómenos biolóxicos, xeolóxicos ou ambientais.
Táboa de indicadores
Expor preguntas, realizar predicións e formular hipóteses 2
CA1.2 Deseñar a experimentación, a toma de datos e a análise de fenómenos biolóxicos, xeolóxicos e ambientais e seleccionar os instrumentos necesarios, de modo que permitan responder preguntas concretas e contrastar unha hipótese exposta minimizando os rumbos na medida do posible.
Táboa de indicadores
Deseñar a experimentación de fenómenos biolóxicos 8
CA1.3 Realizar experimentos e tomar datos cuantitativos e cualitativos sobre fenómenos biolóxicos, xeolóxicos e ambientais seleccionando e utilizando os instrumentos, ferramentas ou técnicas adecuadas con corrección e precisión.
Táboa de indicadores
Realizar experimentos sobre fenómenos biolóxicos 10
CA6.1 Identificar os órganos, aparatos e sistemas que interveñen na función de nutrición, relación e reprodución recoñecendo a función de cada un nos diferentes grupos taxonómicos.
Proba escrita
Identificar os órganos, aparatos e sistemas que interveñen na función de nutrición, relación e reprodución 20
CA6.2 Recoñecer os aparatos dixestivos, os pigmentos e aparatos respiratorios, os tipos de circulación, os produtos de excreción e os procesos que interveñen na nutrición animal.
Proba escrita
Identificar os aparatos dixestivos, os pigmentos e aparatos respiratorios, os tipos de circulación, os produtos de excreción e os principais procesos que interveñen na nutrición animal. 60

12 Cara un desenvolvemento sostible
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Expor preguntas, realizar predicións e formular hipóteses que poidan ser respondidas ou contrastadas utilizando métodos científicos e que tenten explicar fenómenos biolóxicos, xeolóxicos ou ambientais.
Táboa de indicadores
Expor preguntas, realizar predicións e formular hipóteses 5
CA1.2 Deseñar a experimentación, a toma de datos e a análise de fenómenos biolóxicos, xeolóxicos e ambientais e seleccionar os instrumentos necesarios, de modo que permitan responder preguntas concretas e contrastar unha hipótese exposta minimizando os rumbos na medida do posible.
Táboa de indicadores
Deseñar a experimentación de fenómenos biolóxicos 20
CA1.3 Realizar experimentos e tomar datos cuantitativos e cualitativos sobre fenómenos biolóxicos, xeolóxicos e ambientais seleccionando e utilizando os instrumentos, ferramentas ou técnicas adecuadas con corrección e precisión.
Táboa de indicadores
Realizar experimentos sobre fenómenos biolóxicos 35
CA1.5 Establecer colaboracións dentro e fóra do centro educativo nas distintas fases do proxecto científico co fin de traballar con maior eficiencia, utilizando ferramentas tecnolóxicas adecuadas, valorando a importancia da cooperación na investigación, respectando a diversidade e favorecendo a inclusión.
Táboa de indicadores
Establecer colaboracións dentro e fóra do centro educativo , respectando a diversidade e favorecendo a inclusión. 10
CA6.3 Describir os receptores sensoriais, sistemas de coordinación e órganos efectores de xeito comparado nos principais grupos de animais.
Proba escrita
Identificar os receptores sensoriais, sistemas de coordinación e órganos efectores nos principais grupos de animais 30

13 A sustentabilidade dos ecosistemas
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Expor preguntas, realizar predicións e formular hipóteses que poidan ser respondidas ou contrastadas utilizando métodos científicos e que tenten explicar fenómenos biolóxicos, xeolóxicos ou ambientais.
Táboa de indicadores
Expor preguntas, realizar predicións e formular hipóteses 1
CA1.2 Deseñar a experimentación, a toma de datos e a análise de fenómenos biolóxicos, xeolóxicos e ambientais e seleccionar os instrumentos necesarios, de modo que permitan responder preguntas concretas e contrastar unha hipótese exposta minimizando os rumbos na medida do posible.
Táboa de indicadores
Deseñar a experimentación de fenómenos biolóxicos, 4
CA1.3 Realizar experimentos e tomar datos cuantitativos e cualitativos sobre fenómenos biolóxicos, xeolóxicos e ambientais seleccionando e utilizando os instrumentos, ferramentas ou técnicas adecuadas con corrección e precisión.
Táboa de indicadores
Analizar experimentos sobre fenómenos biolóxicos 15
CA6.4 Describir e comparar os tipos de reprodución sexual e asexual, os tipos de fecundación e as estruturas implicadas na reprodución en diferentes grupos de animais analizando os ciclos biolóxicos máis representativos.
Proba escrita
Identificar os tipos de reprodución sexual e asexual, os tipos de fecundación e as estruturas implicadas na reprodución en diferentes grupos de animais 30
CA6.5 Explicar a relación das adaptacións dos animais co medio en que se desenvolven utilizando exemplos significativos e recoñecendo a influencia de diferentes factores.
Proba escrita
identificar a relación das adaptacións dos animais co medio en que se desenvolven 30
CA6.6 Expor e resolver cuestións relacionadas cos diferentes animais localizando e citando fontes adecuadas e seleccionando, organizando e analizando criticamente a información.
Proba escrita
Expor e resolver cuestións relacionadas cos diferentes animais 20

14 As capas fluídas e o clima
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.4 Interpretar e analizar resultados obtidos nun proxecto de investigación utilizando, cando sexa necesario, ferramentas matemáticas e tecnolóxicas e recoñecendo o seu alcance e limitacións e obtendo conclusións razoadas e fundamentadas ou valorando a imposibilidade de facelo.
Táboa de indicadores
Analizar resultados obtidos nun proxecto de investigación 10
CA8.2 Recoñecer un ecosistema describindo as relacións tróficas, os ciclos bioxeoquímicos e o fluxo de enerxía a través dos diferentes elos e identificando a súa interdependencia.
Proba escrita
Identificar os compoñentes dun ecosistema Citar os niveis tróficos Analizar os principais ciclos bioxeoquímicos Recoñecer o ciclo da materia e a transferencia unidireccional da enerxía 20
CA8.3 Resolver problemas relacionados coas interaccións tróficas nos ecosistemas buscando e utilizando recursos variados, como coñecementos propios, datos e información obtidos, razoamento lóxico, pensamento computacional ou ferramentas dixitais.
Proba escrita
Recoñecer a importancia das relacións tróficas nun ecosistema 10
CA8.4 Analizar as causas e as consecuencias ecolóxicas, sociais e económicas dos principais problemas ambientais, desde unha perspectiva individual, local e global, concibíndoos como grandes retos da humanidade.
Proba escrita
Identificar as causas e consecuencias do cambio climático, a introdución de especies invasoras, a destrución de hábitats e a sobreexplotación 30
CA8.5 Analizar criticamente a solución a un problema ambiental relacionándoo coas causas e consecuencias que o orixinan.
Táboa de indicadores
Analizar criticamente a solución a un problema ambiental 10
CA8.6 Avaliar diferentes problemas ambientais promovendo o desenvolvemento sostible como modelo para a conservación do medio ambiente.
Táboa de indicadores
Avaliar diferentes problemas ambientais 10
CA8.7 Propoñer e poñer en práctica hábitos de vida e iniciativas sostibles e saudables no eido local e global argumentando sobre os seus efectos positivos e sobre a urxencia de adoptalos.
Táboa de indicadores
Propoñer e poñer en práctica hábitos de vida e iniciativas sostibles 10

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


No bacharelato dada as características do alumnado en canto á madurez intelectual é posible aumentar a autonomía na aprendizaxe respecto a cursos anteriores. Dita autonomía non significa que os estudantes traballen só individualmente, senón que poderán traballar en pequenos grupos, desenvolvendo actitudes de cooperación entre eles.

 

As propostas pedagóxicas elaboraranse tendo en conta a atención á diversidade e os diferentes ritmos de aprendizaxe e a metodoloxía didáctica será activa, potenciadora da aprendizaxe construtiva favorecendo a capacidade de aprender por si mesmos, promovendo o traballo cooperativo e aplicando os métodos apropiados de investigación suliñando a relación dos aspectos teóricos coas súas aplicacións prácticas. É por iso que utilizarase estratexias didácticas variadas, que combinen, dun xeito en que cada docente considere máis apropiada, as estratexias expositivas acompañadas de actividades de aplicación e as estratexias de indagación.

 

PRINCIPIOS PEDAGÓXICOS

 

No proceso de ensinanza e aprendizaxe han de asegurar distintos tipos de aprendizaxe:

 

1º: Aprendizaxe significativa: partindo dos coñecementos previos, os alumnos e alumnas han de ser capaces de aprender a aprender, adquirindo unha serie de coñecementos, habilidades e actitudes para poder establecer relacións entre a materia e a súa propia realidade.

 

2º: Aprendizaxe funcional: os novos contidos deberán ser aplicados en diferentes contextos cando os estudantes o precisen.

 

3º: Aprendizaxe cooperativa: traballar a materia en grupo, no laboratorio, no desenvolvemento de proxectos de investigación ou mediante debates favorecerá o interese pola mesma e axuda ao estudante no seu perfeccionamento persoal e social.

 

4º: Aprendizaxe mediante o emprego das TICs: coa utilización de Internet, de vídeos divulgativos e do encerado dixital, que será utilizado como recurso

 

Baseándonos no anterior, e co fin de desenvolver as capacidades que os obxectivos de bacharelato requiren propóñense as seguintes estratexias metodolóxicas:

 

- Crear na aula un clima que favoreza as aprendizaxes significativas, que desenvolva o interese pola materia e os seus estudos posteriores, e que permita a comunicación e o intercambio de saberes e experiencias na aula como base para o desenvolvemento integral como persoas.

- Propiciar a construción dunha imaxe da ciencia, e en particular da bioloxía e xeoloxía, non estática, entendendo que a provisionalidade das súas conclusións e teorías é unha das súas características fundamentais.

- Ter en conta as ideas previas do alumnado para o deseño e a secuencia de actividades, e facilitar a construción de aprendizaxes cooperativas que propicien o cambio conceptual, metodolóxico e actitudinal.

- Dotar ao alumnado de ferramentas que lle permitan iniciarse nos métodos de investigación mediante a preparación de actividades nas que un dos obxectivos sexa o desenvolvemento de procedementos facendo especial fincapé nas actividades prácticas de laboratorio.

- Propoñer actividades que poñan de manifesto a correlación entre os fenómenos estudados na aula e os da vida cotiá, mediante análise de situacións concretas, comentarios de novas de actualidade ou realizando saídas didácticas (centros de investigación, itinerarios xeolóxicos, etc.) combinadas con informes ou traballos específicos utilizando diferentes formatos.

-Favorecer o uso das tecnoloxías da información e a comunicación valorando a súa importancia na sociedade actual e propiciando a súa integración na aula.

 

 

TIPOS DE ACTIVIDADES

 

Realizaranse actividades diversas de acordo coa seguinte secuencia didáctica:

 

-Actividades de iniciación: necesarias para coñecer as ideas previas do alumnado sobre os contidos que se van tratar con posterioridade; para que os alumnos e alumnas recorden coñecementos e comproben que estes deben ser ampliados e transformalos e para dispoñelos favorablemente para a aprendizaxe.

-Actividades de desenvolvemento e estruturación: serven para que o alumnado tome contacto, poña en práctica e asimile os contidos, compare os coñecementos anteriores cos novos e para que incorpore os novos contidos á súa experiencia persoal.

-Actividades de aplicación e afondamento: necesarias para que os estudantes amplíen e apliquen as novas situacións e contextos os coñecementos adquiridos.

-Actividades de consolidación e síntese: para dar solidez e firmeza ao aprendido.

-Actividades de reforzo: para aqueles estudantes que non progresan adecuadamente.

-Actividades específicas de avaliación que serven para comprobar o grao de aprendizaxe logrado polos alumnos e alumnas e para detectar erros, inexactitudes e dificultades nos coñecementos adquiridos e para reforzar aprendizaxes

 

DESENVOLVEMENTO DAS UNIDADES

O fío condutor que se seguirá á hora de desenvolver as distintas unidades didácticas será o seguinte:

 

a) Introdución á unidade didáctica.

b) Análise dos coñecementos previos do alumnado.

c) Desenvolvemento da unidade a través de diferentes tarefas e actividades.

d) Resumo e síntese dos contidos da unidade.

 

TIPOS DE AGRUPAMENTOS

As diversas formas de agrupamento que se utilizarán, divídense en tres tipos:

- Gran grupo.

- Equipos de traballo cooperativo (por parellas ou máis)

- Traballo individual.

 

CONTRIBUCIÓN A PLANS E PROXECTOS

Preténdese realizar unha adecuada contribución ao Plan Lector do Centro, coa proposta de lectura voluntaria de distintos libros ou capítulos relacionados coa materia, así como coa lecturas de artigos xornalísticos e textos do libro do estudante. Así mesmo, contribuirase ao Plan TICs coa utilización de diferentes recursos (proxección de vídeos, simulacións, presentacións, avaliacións interactivas, kahoots...).

A materia tamén deberá contribuír a outros plans incluídos no Proxecto Educativo do centro como o Plan de Actividades do Departamento de Orientación, o Plan de Acción Titorial, o Plan de Atención á Diversidade ou o Proxecto Lingüístico de Centro, tendo presente en todo momento a Programación Xeral Anual que se redactou a inicio de curso.

 


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Libro de texto (indicar cal) McGraw Hill
Aula virtual da materia
Caderno ou portfolio do estudante
Dotación da aula (proxector, encerado dixital, tradicional, pupitres...)
Laboratorio (instrumental e materias propios)
Actividades de iniciación, de desenvolvemento, estruturación, aplicación, afondamento, consolidación, síntese, específicas de avaliación
Libros de divulgación científica
Materiais audiovisuais: vídeos didácticos, documentais...
Modelos moleculares, redes cristalinas...

O espazo habitual no que se desenvolverán as sesións consiste nunha aula convenientemente equipada cun encerado dixital ou proxector e outro tradicional, dispoñendo o alumnado de pupitres individuais, o que facilitará os necesarios cambios na súa distribución para o traballo en parellas ou grupal.

O espazo empregado para as clases prácticas será o laboratorio de bioloxía e de xeoloxía , dotado do instrumental e materiais presentes de xeito habitual nun laboratorio escolar.

 

No que se refire ás ferramentas que centrarán o traballo do alumnado na aula, as principais serán o libro de texto recomendado polo Departamento e todos os materiais que formen parte dos contidos da aula virtual da materia, na súa maioría deseñadas polo docente.

 

Os docentes do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía facilitarán ás alumnas e alumnos todos os materiais bibliográficos que necesiten e, na medida do posible, os incorporará á aula virtual da materia para que poda ser compartido por todo o alumnado da materia, ademáis en dita aula o docente colgará material para o alumnado que por razóns xustificadas non asista de forma prolongada ao centro.


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


A avaliación inicial permítenos coñecer e valorar o punto de partida do estudante e así atopar as dificultades de aprendizaxe dos discentes e as súas carencias, para así adoptar posteriormente as medidas de reforzo educativo que se consideren máis axeitadas.

 

Ao inicio de curso, nas primeiras sesións, realizarase unha proba inicial baseada en competencias e contidos necesarios para enfrontar a materia. O seu obxectivo é facilitar información sobre distintos aspectos do alumnado, tales como o seu coñecemento das destrezas da materia así como posibles dificultades de aprendizaxe ou capacidades por riba da media do grupo. Dita información servirá para programar as adaptacións precisas, así como as actividades de reforzo e ampliación no caso de ser necesarias.

 

Os resultados da avaliación inicial formarán parte da orde do día dunha reunión dos membros do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía e as conclusións obtidas a partir da súa análise quedarán reflectidas no caderno do profesorado e na acta da reunión do Departamento.

 

Os resultados de dita proba daranse a coñecer tamén a xefatura de estudos que, xunto co Departamento de Orientación levarán a cabo as medidas pertinentes.

 

 


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 UD 14 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 7.0 7.0 7.0 7.0 7.0 7.0 7.0 7.0 7.0 8.0 8.0 7.0 7.0 7.0 100.0
Proba escrita 80.0 80.0 80.0 80.0 80.0 80.0 60.0 80.0 58.0 98.0 80.0 30.0 80.0 60.0 73.60000000000001
Táboa de indicadores 20.0 20.0 20.0 20.0 20.0 20.0 40.0 20.0 42.0 2.0 20.0 70.0 20.0 40.0 26.400000000000002

Os criterios de avaliación serán o referente fundamental para valorar tanto o grao de adquisición das competencias clave como a consecución dos obxectivos.

 

En cada un dos tres trimestres realizaranse polo menos dúas probas escritas cos contidos específicos asociados aos criterios de avaliación.

 

En cada avaliación teranse en conta os seguintes criterios:

 

Realización de probas escritas: a media da nota obtida nas probas representará o 90% da nota da avaliación.

 

O 10% restante obterase da corrección de exercicios e tarefas de aula, proxectos de investigación e informes de actividades prácticas no laboratorio. As producións do alumnado serán refrendadas cun rexistro do docente

 

A cualificación só será positiva se a suma dos pocentaxes do compoñente actitudinal (10%) e as probas dos contidos (90%) suman 5 puntos ou máis

 

A cualificación final da materia será a media aritmética das notas globais das tres avaliacións do curso (no caso de ter que recuperar algún exame, a nota da recuperación sustitúe a anterior).

 

No caso de decimais na nota final de cada avaliación seguirase os seguintes criterios:

 

- Decimais menores a 5 serán redondeados á enteiro inferior (exemplo: 6,4 correspóndelle un 6 na avaliación).

- Decimais iguais ou maiores a 5 serán redondeados ao enteiro superior (exemplo: 6.6 correspóndelle un 7 na avaliación)

 

 

O alumnado que teña unha cualificación negativa nalgunha das tres avaliacións do curso realizará no mes de xuño unha proba na que teña que recuperar os exames suspensos de cada avaliación. Igualmente, o alumnado que teña as tres avaliacions aprobadas pero con algún/s exame/s suspenso terá que facer unha proba escrita deses exames como medida de apoi e/ou reforzo dos contidos, coa finalidade de mellorar a súa cualificación final. En calquera caso, a media aritmética farase coa nota da recuperación, polo tanto esta sustitúe a anterior.

 

Avaliación extraordinaria

Os alumnos e as alumnas que ao remate do período ordinario non supere a materia poderán realizar unha proba escrita extraordinaria a finais de xuño que incluirá toda a materia impartida.

A cualificación nesta convocatoria será 100% do resultado de dita proba. A materia estará aprobada se o alumando logra unha puntuación igual ou superior a 5.

 

No caso de decimais na cualificación final ordinaria ou extraordinaria, seguiranse os seguintes criterios:

 

- Decimais menores a 5 serán redondeados á enteiro inferior (exemplo: 6,4 correspóndelle un 6 na avaliación).

- Decimais iguais ou maiores a 5 serán redondeados ao enteiro superior (exemplo: 6.6 correspóndelle un 7 na avaliación).

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Non se aplica


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non se aplica


6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


No bacharelato, etapa na que as diferenzas persoais en capacidades específicas e intereses están a miúdo bastante definidas, a organización da ensinanza permite que o propio alumnado resolva esta diversidade mediante a elección de modalidades e optativas.

 

Sen embargo, consideramos conveniente dar resposta, xa desde as mesmas materias, a un feito corroborado: a diversidade dos estudantes que se manifestan en intereses, motivacións, capacidades e estilos de aprendizaxe. É preciso, entón, ter en conta os estilos diferentes de aprendizaxe dos escolares e adoptar medidas oportunas para afrontar esta diversidade (estudantes reflexivos, impulsivos, analíticos, sintéticos..).

Dar resposta a esta diversidade é imprescindible, pois a intención última de todo proceso educativo é lograr que o alumnado acade os obxectivos propostos. Así para acometer o tratamento da diversidade neste materia se realice principalmente por dúas vías:

 

- A atención á diversidade na programación dos contidos, presentándoos dende dúas fases: a información xeral e a información básica, que se tratará mediante esquemas, resumos, mapas conceptuais, paradigmas, etc.

.- A atención á diversidade na programación das actividades. As actividades constitúen un excelente instrumento de atención ás diferenzas individuais dos alumnos e das alumnas. A variedade e a abundancia de actividades con distinto nivel de dificultade permiten a adaptación ás diversas capacidades, intereses e motivación.

 

O profesorado buscará o xeito de atender á diversidade de alumnado que curse esta materia en coordinación co Departamento de Orientación e a Xefatura de estudos


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 UD 14
1 Comprensión da lectura
2 Expresión oral e escrita
3 Comunicación audiovisual
4 Competencia dixital
5 Emprendemento social e empresarial
6 Fomento do espírito crítico e científico
7 Educación emocional e en valores
8 Igualdade de xénero
9 Creatividade

Realizaranse as seguintes accións:

-Promoverase a aprendizaxe da prevención e resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como dos valores que sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto polos dereitos humanos e o rexeitamento da violencia terrorista, a pluralidade, o respecto polo Estado de dereito, o respecto e a consideración polas vítimas do terrorismo, e a prevención do terrorismo e de calquera tipo de violencia.

-Evitaranse os comportamentos, os estereotipos e os contidos sexistas, así como aqueles que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Itinerario xeolóxico Visita a unha zona de interés xeolóxico acompañado dun experto
Conferencias online Conferencias de interés bioloxíco ou xeolóxico realizadas de forma online por un experto
Saída intermareal Visita a un ecosistema litoral para a observación da súa flora e fauna

Non se rexistraron observacións

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación do nivel de dificultade ás necesidades do alumnado
Participación activa de todo o alumnado
Adecuación á temporalización das unidades didácticas
Colaboración das familias
Toma de medidas de atención á diversidade para atender ao alumnado con dificultades de aprendizaje
Toma de medidas de atención á diversidade para atender ao alumnado con dificultades de aprendizaje na elaboración de probas escritas
Utilización de distintas estratexias metodolóxicas en función das unidades didácticas
Utilización dos distintos instrumentos de avaliación
Combinación do traballo individual co traballo cooperativo
Eficacia dos programas de apoio, reforzo, recuperación, ampliación

Estes indicadores de logro pretenden avaliar aspectos como a adecuación da proposta educativa ás características do grupo, a idoneidade das metodoloxías empregadas en cada momento, o grao de participación de alumnado e familias no proceso de ensino ou a adecuada resposta ás necesidades específicas do alumnado.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


A principal referencia da que se disporá para este procedemento de seguimento e auto-avaliación será a temporalización definida ao inicio do curso, debéndose analizar de xeito periódico se o programado se corresponde coas necesidades do alumnado, de modo que o desenvolvemento das unidades didácticas siga o calendario previsto. O documento elaborado para levar dito seguimento constituirase como un caderno de traballo na aula. Neste caderno do profesor, reflectirase o desenvolvemento efectivo das sesións, facendo fincapé no aproveitamento destas e dos recursos dispoñibles.

Ademais nas reunións de departamento comentarse o grao de consecución dos criterios de avaliación das materias e constarán en actas as posibles modificacións. Xunto con estas reflexións e acordos tomados polos membros do departamento, a memoria final de curso será tamén un instrumento para concretar os principais problemas e boas prácticas en relación á programación. Con todos estes datos os membros do departamento tomarán acordos e realizarán as modificacións pertinentes que se deberán incluír na programación dos cursos correspondentes.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver