Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A materia proporcionalle ao alumnado unha visión útil e funcional da historia contemporánea, orientada a promover a observación, análise e interpretación da súa contorna real e a exercer unha cidadanía activa e implicada na vida social. O pensamento histórico, con estratexias e métodos que orientan o estudo do pasado, ponse ao servizo da comprensión do presente para afrontar así os retos que nos formula o século XXI. Porque é desde a observación do mundo actual de onde xorde a necesidade de dirixir a nosa mirada á historia, máis ou menos recente, para obter as claves, coas que entender e mellorar o mundo no que vivimos.

 

Os problemas e retos que nos formula a realidade globalizada que configura a nosa contorna son múltiples e ineludibles, e non é posible atendelos sen os recursos que nos ofrece a historia contemporánea, que desde hai algo máis de dous séculos trata de lle dar resposta a boa parte destes mesmos desafíos. A materia proporciona ao alumnado experiencias acumuladas polas xeracións que nos precederon, no que xunto aos grandes logros, tamén cabe atopar erros, fracasos e feitos dolorosos que é preciso afrontar para aprender a evitar situacións semellantes.

 

Doutra banda, a aproximación á metodoloxía histórica obriga ao alumnado ao uso rigoroso e crítico das fontes, á utilización precisa dos conceptos e a historiografía, e ao coñecemento das principais teorías e correntes académicas que foron desenvolvéndose no ámbito da historia e doutras ciencias sociais afíns. Así mesmo, a metodoloxía histórica promove o exercicio de procesos indutivos e de indagación relacionados con estratexias de utilización de documentos e probas, así como á procura e ao tratamento de información e fontes textuais, gráficas, audiovisuais, artísticas, literarias, hemerográficas e sonoras, accesibles en moitos casos grazas a plataformas dixitais.

 

O alumnado debe adquirir o exercicio do pensamento crítico, fundamentado e razoado, do mesmo xeito que a transferencia de información e do coñecemento elaborado, que ademais de supoñer o uso avanzado de medios dixitais implica tamén o desenvolvemento de estratexias comunicativas eficaces.

Trátanse na materia de Historia do Mundo Contemporáneo os temas e acontecementos fundamentais que marcaron o transcurso da historia contemporánea ata o mundo actual, así como os retos que é necesario afrontar no presente para encarar o século XXI.

Precisamente os retos do mundo actual incide na necesidade de ver a historia como un instrumento non só para a análise do presente, senón tamén para a adopción de compromisos ante os retos do século XXI.

 

 

 


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Recoñecer os movementos, accións e transformacións históricas que contribuíron ao afianzamento da liberdade no mundo contemporáneo, a través do estudo comparado de casos e o uso correcto de termos e conceptos históricos, para valorar os logros que supoñen os sistemas democráticos como principal garantía para a convivencia e o exercicio dos dereitos fundamentais.
OBX2 Tomar conciencia do grao de violencia, barbarie e destrución alcanzado polos conflitos da Idade Contemporánea, a través do emprego de fontes históricas fiables, a lectura de textos historiográficos e a elaboración de argumentos propios que preveñan a manipulación da información, para afrontar acontecementos traumáticos do noso pasado recente, evitar a repetición de feitos semellantes, recoñecer as vítimas e defender a aplicación do principio de xustiza universal.
OBX3 Identificar a desigualdade como un dos principais problemas das sociedades contemporáneas, recoñecendo as experiencias históricas de determinados colectivos, empregando a análise multicausal e valorando o papel transformador do suxeito na historia, para comprender como se formaron as actuais sociedades complexas, apreciar a riqueza da diversidade social, valorar os logros alcanzados e asumir os retos que formula a consecución de comunidades máis xustas e cohesionadas.
OBX4 Comprender a importancia das identidades colectivas na configuración social, política e cultural do mundo contemporáneo, utilizando o pensamento histórico, os seus conceptos e métodos, para analizar criticamente como se foron construíndo e conformando a través do tempo, elaborar argumentos propios cos que contribuír a un diálogo construtivo, respectar os sentimentos de pertenza e valorar a riqueza patrimonial e o legado histórico e cultural que produciron.
OBX5 Identificar e recoñecer os principais retos do século XXI a través de procesos avanzados de procura, selección e tratamento da información, o contraste e a lectura crítica de fontes, para entender o fenómeno histórico da globalización, a súa repercusión no ámbito local e planetario e na vida cotiá das persoas, e mostrar a necesidade de adoptar compromisos ecosociais para afrontar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
OBX6 Valorar o significado histórico da idea de progreso e as súas repercusións sociais, ambientais e territoriais no mundo contemporáneo, a través do uso de métodos cuantitativos e da análise multifactorial do desenvolvemento económico, os ritmos de crecemento e a existencia de distintos modelos e sistemas, para tomar conciencia das relacións de subordinación e dependencia, e adoptar un compromiso activo coa sostibilidade, a defensa dos dereitos sociais e o acceso universal a recursos básicos.
OBX7 Interpretar a función que desempeñaron o pensamento e as ideoloxías na transformación da realidade desde as orixes da Idade Contemporánea ata a actualidade, a través da aproximación á historiografía e aos debates sobre temas clave da historia, para valorar criticamente os distintos proxectos sociais, políticos e culturais xerados, as accións levadas a cabo e as experiencias vividas, desde a perspectiva ética contida na Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
OBX8 Describir e analizar os cambios e permanencias que se produciron na sociedade contemporánea, os comportamentos demográficos, os modos de vida e o ciclo vital, prestando especial interese á situación da muller, aos roles de xénero e idade, aos mecanismos de control, dominio e submisión e á loita pola dignidade e contra a discriminación, realizando proxectos de investigación e aplicando o pensamento histórico para recoñecer o valor e importancia dos personaxes anónimos da historia.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 A Revolución francesa e o Imperio Abordarase a crise do Antigo Réxime e os inicios do parlamentarismo con exemplos en Inglaterra e Estados Unidos. O inicio da contemporaneidade a través do estudio da Revolución francesa e o Imperio. Arte Rococó e arte neoclásico. 8 11
2 A nova era industrial Nesta unidade explicarase a importancia da Revolución agrícola e o crecimiento demográfico. Analizarase a importancia dunha nova fonte de enerxía como o vapor. Abordaranse as novas industrias e explicaranse novas correntes como o Liberalismo económico e o capitalismo. Arquitectura e escultura na segunda metade do século XIX. 6 11
3 Os novos movementos sociais Nesta unidade analizaremos a nova sociedade industrial. O crecemento das cidades, consecuencia da nova era industrial. Valoraremos o papel da muller dentro da sociedade traballadora do século XIX. Abordaremos as primeiras organizacións obreiras coas súas propostas revolucionarias. A consolidación dos partidos e sindicatos e explicaremos o primeiro feminismo e o proceso de conquista do dereito ao voto. 7 10
4 Liberalismo e nacionalismo Nesta unidade falaremos dos ciclos revolucionarios de 1830 e 1848. Das unificacións de Italia e de Alemaña e o surximento dos novos estados liberais. Analizaremos os vellos imperios: ruso, austro-húngaro e otomano e finalizaremos falando de dous estados extraeuropeos: os EUA e Xapón. Para finalizar abordaremos o estilo artístico do Romanticismo. 8 11
5 Segunda revolución industrial e colonialismo Nesta unidade seguiremos analizando o crecemento industrial e o desenvolvemento urbano causa e consecuencia da segunda revolución industrial. Falaremos das causas do Imperialismo e das súas consecuencias territoriais. Analizaremos os cambios producidos entre 1870 e 1914. A pintura na segunda metade do século XIX. 5 10
6 A Gran Guerra, un conflito inevitable? Nesta unidade abordaremos e analizaremos as causas da Primeira Guerra Mundial e o seu desenvolvemento. Estudiaremos a Rusia tsarista e explicaremos as revolucións rusas de 1917, pasando pola guerra civil hasta chegar á creación da URSS. Finalizaremos analizando as consecuencias da Primeira Guerra Mundial. As vanguardias artísticas na primeira metade do século XX. 9 11
7 O mundo despois da Primeira Guerra Mundial Nesta unidade falaremos dos felices anos vinte. Empezaremos abordando os duros anos de posguerra, pasando do pesimismo á esperanza. Analizaremos a irrupción da sociedade de masas e a realidade final da crise de 1929 coas súas consecuencias explicando a Gran Depresión e unha posible solución a través do New Deal. A arquitectura e a escultura na primeira metade do século XX. 6 8
8 O auxe dos totalitarismos Nesta unidade analizaremos os ascenso dos totalitarismos e o retroceso das democracias en Europa. Estudiaremos a Stalin e o totalitarismo soviético, ao fascismo italiano e o proceso de nazificación de Alemaña. Facendo unha mención á Guerra Civil Española, a súa internacionalización e o exilio republicano español. 7 8
9 A Segunda Guerra Mundial Nesta unidade desenvolveremos e analizaremos as causas da guerra. A ofensiva nazi e o dominio europeo nazi. Abordaremos o avance e a vitoria dos aliados para finalizar co análise das consecuencias da guerra. Arquitectura e escultura na segunda metade do século XX. 8 8
10 A división do mundo en bloques Nesta unidade explicaremos o concepto de Guerra Fría e os seus inicios. Analizaremos a incursión dun novo protagonista como China. Coñeceremos as numerosas guerras durante a Guerra Fría. Analizaremos a polarización entre sociedades capitalistas e sociedades comunistas. Abordaremos o auxe e a crise da Guerra Fría e finalmente a caída do bloque soviético e a fin da Guerra Fría. A pintura na segunda metade do século XX. 9 10
11 Descolonización e neocolonialismo Nesta unidade explicaremos as causas da descolonización. Desenvolveremos as primeiras independencias en Asia. Analizaremos a Conferencia de Bandung e que significa o non aliñamento. Abordaremos a descolonización de África. Finalizaremos analizando en conxunto a Independencia e as súas consecuencias plasmadas no neocolonialismo. Manifestacións artísticas da segunda metade do século XX. 8 11
12 A construcción da Unión Europea Nesta unidade analizaremos os antecedentes do proxecto europeo, todo o proceso de construción da Unión Europea, o seu funcionamento. Estudiaremos os desafíos globais aos que se enfrenta a Unión Europea. 5 11
13 Xeopolítica no mundo Nesta unidade analizaremos aos Estados Unidos, como primeira potencia mundial. Abordaremos o seu cuestionamento ante China, como novo líder mundial. Estudiaremos a Rusia analizando os conflitos post-soviéticos. Falaremos da zona Indo-Pacífico e explicaremos o concepto de xeopolítica para o desenvolvemento a través de dous exemplos como América e África. 9 10
14 Os retos do mundo actual Nesta unidade explicaremos o ecosistema tecnolóxico, a través da análise dun novo contexto socioeconómico. Explicaremos o concepto de A aldea global. Analizaremos a Axenda 2030. Falaremos do Posmodernismo e das ideoloxias alternativas e para finalizar abordaremos a inestable situación do planeta. Arte e as novas tecnoloxías. 5 10

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Revolución e restauración. Capitalismo, nación e imperio
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 UD 14
CA1.1 - Identificar e recoñecer os logros que supoñen os actuais sistemas democráticos como o resultado non lineal no tempo dos movementos e accións que contribuíron ao afianzamento e articulación do principio de liberdade, a través da análise dos principais procesos históricos que se desenvolveron, a comprensión dos textos políticos e constitucionais fundamentais e o uso adecuado de termos e conceptos históricos.
CA1.2 - Comprender os conceptos de revolución e cambio no mundo contemporáneo e os elementos e factores que os causan e condicionan, a través do estudo de casos significativos das revolucións burguesas e socialistas que ocorreron ao longo da historia contemporánea, así como dos movementos de acción e reacción que xeraron.
CA1.3 - Analizar criticamente como se foron construíndo no tempo as identidades colectivas, empregando os conceptos e métodos do pensamento histórico, respectando a pluralidade e os sentimentos identitarios e valorando o legado histórico e cultural destas.
CA1.4 - Abordar criticamente os principais temas clave da historia e da actualidade, a través da aproximación ás principais correntes historiográficas e aos usos que se fan da historia, valorando criticamente os principais proxectos sociais, políticos e culturais que tiveron lugar na historia contemporánea desde a perspectiva ética contida na Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
CA1.5 - Contrastar o papel relegado da muller na historia contemporánea, identificando e valorando a importancia das figuras individuais e colectivas como protagonistas anónimas da historia contemporánea, así como o papel dos movementos feministas no recoñecemento dos seus dereitos e no logro da igualdade efectiva de mulleres e homes, así como a corresponsabilidade no coidado das persoas.
Contidos
C1.1 - O traballo do historiador: fontes históricas, historiografía e narrativas do pasado. Argumentación histórica. Relevancia, causas e consecuencias, cambio e continuidade. Perspectiva histórica nas narrativas sobre o pasado.
C1.2 - A loita pola liberdade: cambio e revolución na época contemporánea: Revolución Francesa e revolucións europeas de 1830 e 1848. O uso da violencia e da protesta social nos séculos XIX e XX. Revolución e reacción.
C1.3 - A nova sociedade liberal: orixe e funcionamento dos sistemas parlamentarios.
C1.4 - Imperios e cuestión nacional: dos movementos de liberación á descolonización.
C1.5 - O significado histórico e político dos nacionalismos no mundo contemporáneo, factor de conflito e enfrontamento entre pobos e estados: da servidume á cidadanía. Abolicionismo, dereitos civís e dereitos sociais na Idade Contemporánea.
C1.6 - As utopías revolucionarias e os proxectos de transformación social: os movementos democráticos, republicanos e socialistas dos séculos XIX e XX. O papel dos exiliados políticos.
C1.7 - A evolución da situación da muller na sociedade contemporánea: mecanismos de dominación e submisión e cambios socioculturais. O movemento pola emancipación da muller e a loita pola igualdade: orixe e desenvolvemento dos movementos feministas.
C1.8 - Conciencia e memoria democrática: coñecemento dos principios e normas constitucionais, exercicio dos valores cívicos e participación cidadá. Coñecemento e respecto aos principios e normas da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. A memoria democrática no marco do dereito internacional humanitario: verdade, xustiza, reparación e garantía de non repetición.
C1.9 - Igualdade de xénero: situación da muller no mundo e actitudes fronte á discriminación e en favor da igualdade efectiva entre mulleres e homes.
C1.10 - Conservación e difusión do patrimonio histórico: o valor patrimonial, social e cultural da memoria colectiva. Arquivos, museos e centros de divulgación e interpretación histórica.
Bloque B2. Primeira Guerra Mundial. Período de Entreguerras. Segunda Guerra Mundial e Guerra Fría
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 UD 14
CA2.1 - Entender o significado histórico das transicións políticas e dos procesos de democratización da Idade Contemporánea como fundamento e garantía para a convivencia e o exercicio dos dereitos fundamentais, valorando as implicacións que supoñen o exercicio da cidadanía activa e o respecto ao ordenamento constitucional, e xerando xuízos propios tanto con respecto ao cumprimento de aspiracións e expectativas como ás ameazas e riscos da vida en democracia.
CA2.2 - Tomar conciencia do grao de violencia, barbarie e destrución alcanzado polos conflitos ocorridos no mundo contemporáneo, así como das causas das conflagracións bélicas e das múltiples transformacións que se producen nos contendentes, a través do emprego de fontes históricas fiables e do uso de datos contrastados, valorando o impacto social e emocional que supón o uso da violencia e o papel das institucións internacionais que velan pola paz e a mediación.
CA2.3 - Describir a evolución dos conceptos de igualdade e de cidadanía na historia contemporánea e as súas derivacións sociais e políticas, a través da análise multicausal dos principais sistemas políticos e sociais dos séculos XIX e XX, identificando as desigualdades e a concentración do poder en determinados grupos sociais.
CA2.4 - Comprender a importancia das identidades colectivas na configuración social, política e cultural do mundo contemporáneo, identificando as súas múltiples valencias, mediante a análise crítica de textos históricos e historiográficos e de fontes de información actual, elaborando argumentos propios que contribúan a un diálogo construtivo respecto diso.
Contidos
C2.1 - Militarización e carreira armamentística. Diplomacia da ameaza e da disuasión: acordos, alianzas e bloques. O mundo en guerra: as guerras mundiais e os grandes conflitos internacionais. A Guerra Civil española, a súa internacionalización e o exilio republicano español. O holocausto e outros xenocidios e crimes de lesa humanidade na historia contemporánea.
C2.2 - Acción colectiva, movemento de masas e liderado político no século XX: nacemento e funcionamento dos réximes democráticos e totalitarios. Fascismo, nazismo, estalinismo e outros movementos autoritarios nos séculos XX e XXI.
C2.3 - Organismos e institucións para a paz: da Sociedade de Nacións á Organización das Nacións Unidas. A inxerencia humanitaria e a xustiza universal.
C2.4 - Procesos de integración rexional no mundo. A construción da Unión Europea, situación presente e desafíos de futuro. Alianzas internacionais para o logro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
C2.5 - Transicións políticas e procesos de democratización nos séculos XX e XXI. A memoria democrática.
C2.6 - Movementos sociais en favor da igualdade de dereitos, do recoñecemento das minorías e contra a discriminación.
Bloque B3. Desenvolvemento económico, poboación e identidades
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 UD 14
CA3.1 - Analizar as condicións de vida, o mundo do traballo e as relacións laborais e a súa conflitividade a través do estudo multidisciplinario dos movementos sociais, particularmente os relacionados co obrerismo, valorando o papel que representan a acción colectiva e do suxeito na historia para o recoñecemento dos dereitos sociais e o benestar colectivo.
CA3.2 - Deducir a través do estudo crítico de noticias e datos estatísticos a evolución do estado social, identificando os logros e retrocesos experimentados e as medidas adoptadas polos diferentes estados contemporáneos, así como os límites e retos de futuro, desde unha perspectiva solidaria en favor dos colectivos máis vulnerables.
CA3.3 - Analizar criticamente como se foron construíndo no tempo as identidades colectivas, empregando os conceptos e métodos do pensamento histórico, respectando a pluralidade e os sentimentos identitarios e valorando o legado histórico e cultural destas.
CA3.4 - Valorar o significado histórico da idea de progreso e as súas múltiples consecuencias sociais, territoriais e ambientais, a través do tratamento de datos numéricos, a interpretación de gráficos e a comprensión multifactorial dos ritmos e ciclos de crecemento, argumentando a necesidade de adoptar comportamentos ecosociais que garantan a sostibilidade do planeta.
CA3.5 - Comparar os distintos sistemas económicos que se desenvolveron no mundo contemporáneo, a través da súa análise multidisciplinaria e das doutrinas e teorías das que derivan, identificando as relacións de subordinación e de dependencia e os conflitos que xeran, tanto no ámbito nacional como internacional, e xustificando a necesidade do acceso universal aos recursos básicos.
CA3.6 - Analizar os cambios e permanencias na historia, atendendo a procesos de máis longa duración, como os comportamentos demográficos, ciclos vitais e modos de vida na sociedade contemporánea, a través do achegamento ao pensamento histórico e a realización de proxectos de investigación, identificando os mecanismos de control, dominio e submisión, os roles de xénero e idade asignados, así como os escenarios de loita pola dignidade e contra a discriminación de diversos colectivos.
Contidos
C3.1 - Ritmos e modelos de crecemento económico no mundo: as relacións de dependencia. Ciclos e crises dos sistemas económicos contemporáneos. Factores do desenvolvemento económico e as súas implicacións sociais, políticas e ambientais: da revolución industrial á era postindustrial.
C3.2 - Niveis, condicións e modos de vida nas sociedades contemporáneas: grupos, clases sociais e desigualdade social. Clases medias e estado do benestar nas sociedades avanzadas.
C3.3 - Evolución da poboación, ciclos demográficos e modos de vida. Cambios e permanencias nos ciclos vitais e na organización social do mundo contemporáneo. Grupos vulnerables e marxinados. O papel do suxeito colectivo na historia contemporánea.
C3.4 - A evolución histórica da clase traballadora e das organizacións obreiras: experiencias e conflitos en defensa dos dereitos laborais e a mellora das condicións de vida.
C3.5 - O desenvolvemento tecnolóxico e dixital e os novos retos do futuro económico, social e laboral.
C3.6 - Desenvolvemento económico e sostibilidade: da idea do progreso ilimitado do liberalismo clásico aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
C3.7 - Éxodos masivos de poboación: migracións económicas, climáticas e políticas. O novo concepto de refuxiado.
C3.8 - Identidade e sentimentos de pertenza: recoñecemento da diversidade identitaria, tolerancia e respecto ante as manifestacións ideolóxicas e culturais e recoñecemento e defensa da riqueza patrimonial.
C3.9 - Valoración e respecto á diversidade social, étnica e cultural: tolerancia e intolerancia na historia do mundo contemporáneo. Defensa dos dereitos das minorías.
Bloque B4. Un mundo globalizado. Retos do mundo actual
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 UD 14
CA4.1 - Analizar os principais conflitos civís que se produciron na Idade Contemporánea, a través do emprego de textos historiográficos e a elaboración de xuízos argumentados, comprendendo a importancia da memoria histórica e do recoñecemento das vítimas, do principio de xustiza universal e do dereito á verdade, a reparación e a garantía de non repetición.
CA4.2 - Analizar criticamente o fenómeno histórico da globalización e a súa repercusión no ámbito local e planetario, valéndose do manexo de distintas fontes de información e dunha adecuada selección, validación, contraste e tratamento destas, previndo a desinformación e considerando o emprendemento, a innovación e a aprendizaxe permanente como formas de afrontar os retos dunha contorna económica, social e cultural en constante cambio.
CA4.3 - Identificar os principais retos do século XXI e a súa orixe histórica, a través da análise da interconexión entre diversos procesos políticos, económicos, sociais e culturais nun contexto global, argumentando a necesidade de adoptar comportamentos ecosocialmente responsables e orientados á sostibilidade do planeta, a defensa das institucións democráticas, a mellora do benestar colectivo e a solidariedade entre as xeracións presentes e futuras.
CA4.4 - Xerar opinións argumentadas, debater e transferir ideas e coñecementos sobre a función que desempeñaron o pensamento e as ideoloxías na transformación da realidade, desde as orixes da Idade Contemporánea ata a actualidade, comprendendo e contextualizando os devanditos fenómenos a través do traballo sobre textos históricos e historiográficos e de fontes literarias, do cinema e outros documentos audiovisuais.
Contidos
C4.1 - Os conflitos fratricidas no mundo contemporáneo: pasados traumáticos e memoria colectiva. Recoñecemento, reparación e dignificación das vítimas da violencia.
C4.2 - O proceso de globalización no mundo contemporáneo e as súas implicacións na sociedade actual. Aglomeracións urbanas e desafíos no mundo rural.
C4.3 - A nova orde mundial multipolar: choques e alianzas entre civilizacións.
C4.4 - Ameazas rexionais e planetarias: terrorismo, crime organizado, radicalismos, ciberameazas e armas de destrución masiva.
C4.5 - A emerxencia climática e os seus desafíos no presente e no futuro.
C4.6 - Crise das ideoloxías e "fin da historia": a era do escepticismo e dos novos populismos.
C4.7 - Os retos das democracias actuais: corrupción, crise institucional e dos sistemas de partidos, tendencias autoritarias e movementos antisistema.
C4.8 - Comportamento ecosocial: movementos en defensa do medio ambiente e ante a emerxencia climática. Compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
C4.9 - Cidadanía ética dixital: respecto pola propiedade intelectual. Participación e exercicio da cidadanía global a través das tecnoloxías dixitais. Prevención e defensa ante a desinformación e a manipulación.
C4.10 - Solidariedade e cooperación: os grandes desafíos que afectan o mundo e as condutas tendentes ao compromiso social, o asociacionismo e o voluntariado.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 A Revolución francesa e o Imperio
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Identificar e recoñecer os logros que supoñen os actuais sistemas democráticos como o resultado non lineal no tempo dos movementos e accións que contribuíron ao afianzamento e articulación do principio de liberdade, a través da análise dos principais procesos históricos que se desenvolveron, a comprensión dos textos políticos e constitucionais fundamentais e o uso adecuado de termos e conceptos históricos.
Táboa de indicadores
É capaz de entender por que a Revolución francesa considerase o inicio da era contemporánea. Distingue e entende os inicios do parlamentarismo. 20
CA1.2 Comprender os conceptos de revolución e cambio no mundo contemporáneo e os elementos e factores que os causan e condicionan, a través do estudo de casos significativos das revolucións burguesas e socialistas que ocorreron ao longo da historia contemporánea, así como dos movementos de acción e reacción que xeraron.
Proba escrita
Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente demostrando que sabe identificar o proceso de cambio e revolución representado pola revolución francesa. 40
CA1.3 Analizar criticamente como se foron construíndo no tempo as identidades colectivas, empregando os conceptos e métodos do pensamento histórico, respectando a pluralidade e os sentimentos identitarios e valorando o legado histórico e cultural destas.
Táboa de indicadores
É capaz de comprender e explicar as diferentes etapas da Revolución francesa, cos seus correspondientes protagonistas. 20
CA1.4 Abordar criticamente os principais temas clave da historia e da actualidade, a través da aproximación ás principais correntes historiográficas e aos usos que se fan da historia, valorando criticamente os principais proxectos sociais, políticos e culturais que tiveron lugar na historia contemporánea desde a perspectiva ética contida na Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
Táboa de indicadores
É capaz de traballar con diferentes documentos e fontes históricas e de producir traballos de investigación histórica sobre a caída do Antigo réxime e o advenimiento dos ciclos revolucionarios. 20

2 A nova era industrial
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Analizar as condicións de vida, o mundo do traballo e as relacións laborais e a súa conflitividade a través do estudo multidisciplinario dos movementos sociais, particularmente os relacionados co obrerismo, valorando o papel que representan a acción colectiva e do suxeito na historia para o recoñecemento dos dereitos sociais e o benestar colectivo.
Táboa de indicadores
É capaz de analizar e entender as condicións de vida na nova sociedade industrial, a súa confiltividade en relación co obrerismo. Realiza proxectos sobre a historia do movimento obreiro. 20
CA3.5 Comparar os distintos sistemas económicos que se desenvolveron no mundo contemporáneo, a través da súa análise multidisciplinaria e das doutrinas e teorías das que derivan, identificando as relacións de subordinación e de dependencia e os conflitos que xeran, tanto no ámbito nacional como internacional, e xustificando a necesidade do acceso universal aos recursos básicos.
Proba escrita
Contesta á proba escrita cun nivel suficiente e satisfactorio sobre os ciclos económicos e a súa relación social, política e ambiental. Sabe diferenciar entre o liberalismo económico e o capitalismo. 60
CA3.6 Analizar os cambios e permanencias na historia, atendendo a procesos de máis longa duración, como os comportamentos demográficos, ciclos vitais e modos de vida na sociedade contemporánea, a través do achegamento ao pensamento histórico e a realización de proxectos de investigación, identificando os mecanismos de control, dominio e submisión, os roles de xénero e idade asignados, así como os escenarios de loita pola dignidade e contra a discriminación de diversos colectivos.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar proxectos de investigación sobre a evolución da poboación, entende os diferentes ciclos demográficos e exerce empatía hacia os grupos marxinados dunha sociedade. 20

3 Os novos movementos sociais
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.3 Analizar criticamente como se foron construíndo no tempo as identidades colectivas, empregando os conceptos e métodos do pensamento histórico, respectando a pluralidade e os sentimentos identitarios e valorando o legado histórico e cultural destas.
Táboa de indicadores
É capaz de traballar con documentos históricos empregando conceptos e distintos métodos sobre a evolución das organizacións obreiras e do feminismo, as propostas revolucionarias e a súa consolidación. 10
CA1.4 Abordar criticamente os principais temas clave da historia e da actualidade, a través da aproximación ás principais correntes historiográficas e aos usos que se fan da historia, valorando criticamente os principais proxectos sociais, políticos e culturais que tiveron lugar na historia contemporánea desde a perspectiva ética contida na Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
Táboa de indicadores
É capaz de entender e valorar os principais proxectos sociais, políticos e culturais como novos movementos sociais implicados na defensa dos dereitos sociais. 10
CA1.5 Contrastar o papel relegado da muller na historia contemporánea, identificando e valorando a importancia das figuras individuais e colectivas como protagonistas anónimas da historia contemporánea, así como o papel dos movementos feministas no recoñecemento dos seus dereitos e no logro da igualdade efectiva de mulleres e homes, así como a corresponsabilidade no coidado das persoas.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con rigor histórico traballos de investigación sobre as condicións de vida e traballo da muller, a conquista do dereito a voto. 10
CA2.3 Describir a evolución dos conceptos de igualdade e de cidadanía na historia contemporánea e as súas derivacións sociais e políticas, a través da análise multicausal dos principais sistemas políticos e sociais dos séculos XIX e XX, identificando as desigualdades e a concentración do poder en determinados grupos sociais.
Proba escrita
Contesta á proba escrita cun nivel suficiente e satisfactorio sobre os novos movementos sociais: primeiras organizacións obreiras, consolidación de partidos e sindicatos e o 1º feminismo. 50
CA3.1 Analizar as condicións de vida, o mundo do traballo e as relacións laborais e a súa conflitividade a través do estudo multidisciplinario dos movementos sociais, particularmente os relacionados co obrerismo, valorando o papel que representan a acción colectiva e do suxeito na historia para o recoñecemento dos dereitos sociais e o benestar colectivo.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con rigor histórico traballos de investigación sobre a consecución de melloras nas condicións de vida e traballo da clase traballadora. 20

4 Liberalismo e nacionalismo
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Identificar e recoñecer os logros que supoñen os actuais sistemas democráticos como o resultado non lineal no tempo dos movementos e accións que contribuíron ao afianzamento e articulación do principio de liberdade, a través da análise dos principais procesos históricos que se desenvolveron, a comprensión dos textos políticos e constitucionais fundamentais e o uso adecuado de termos e conceptos históricos.
Táboa de indicadores
É capaz de definir e interpretar por medio de producións históricas propias, documentos históricos alleos como se produciu o avance desde o liberalismo cara á democracia. Revolucións do XIX. 40
CA1.2 Comprender os conceptos de revolución e cambio no mundo contemporáneo e os elementos e factores que os causan e condicionan, a través do estudo de casos significativos das revolucións burguesas e socialistas que ocorreron ao longo da historia contemporánea, así como dos movementos de acción e reacción que xeraron.
Proba escrita
Contesta á proba escrita cun nivel suficiente e satisfactorio sobre o ciclo revolucionario do XIX, sobre as unificacións italiana e alemana e avalía os vellos imperios ruso, austro-húngaro e otomano. 60

5 Segunda revolución industrial e colonialismo
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.3 Analizar criticamente como se foron construíndo no tempo as identidades colectivas, empregando os conceptos e métodos do pensamento histórico, respectando a pluralidade e os sentimentos identitarios e valorando o legado histórico e cultural destas.
Táboa de indicadores
É capaz de distinguir e diferenciar a través de distintas fontes que impacto ten o colonialismo do século XIX na actualidade. É capaz de debatir sobre África onte e hoxe. 10
CA3.3 Analizar criticamente como se foron construíndo no tempo as identidades colectivas, empregando os conceptos e métodos do pensamento histórico, respectando a pluralidade e os sentimentos identitarios e valorando o legado histórico e cultural destas.
Táboa de indicadores
É capaz de distinguir e diferenciar a través de distintas fontes que impacto ten o colonialismo do século XIX na actualidade. É capaz de debatir sobre África onte e hoxe. 10
CA3.4 Valorar o significado histórico da idea de progreso e as súas múltiples consecuencias sociais, territoriais e ambientais, a través do tratamento de datos numéricos, a interpretación de gráficos e a comprensión multifactorial dos ritmos e ciclos de crecemento, argumentando a necesidade de adoptar comportamentos ecosociais que garantan a sostibilidade do planeta.
Proba escrita
A través dunha proba escrita avaliar e clasificar a segunda revolución industrial, as causas do imperialismo e os imperios territoriais. 60
CA3.6 Analizar os cambios e permanencias na historia, atendendo a procesos de máis longa duración, como os comportamentos demográficos, ciclos vitais e modos de vida na sociedade contemporánea, a través do achegamento ao pensamento histórico e a realización de proxectos de investigación, identificando os mecanismos de control, dominio e submisión, os roles de xénero e idade asignados, así como os escenarios de loita pola dignidade e contra a discriminación de diversos colectivos.
Táboa de indicadores
É capaz de comparar e contrastar a través de proxectos de investigación o crecemento demográfico e o desenvolvemento urbano. 20

6 A Gran Guerra, un conflito inevitable?
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.4 Abordar criticamente os principais temas clave da historia e da actualidade, a través da aproximación ás principais correntes historiográficas e aos usos que se fan da historia, valorando criticamente os principais proxectos sociais, políticos e culturais que tiveron lugar na historia contemporánea desde a perspectiva ética contida na Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
Táboa de indicadores
É capaz de distinguir e analizar as guerras mundiais e os grandes conflitos internacionais a través do análise de producións históricas e tratamento de fontes historiográficas. 20
CA2.1 Entender o significado histórico das transicións políticas e dos procesos de democratización da Idade Contemporánea como fundamento e garantía para a convivencia e o exercicio dos dereitos fundamentais, valorando as implicacións que supoñen o exercicio da cidadanía activa e o respecto ao ordenamento constitucional, e xerando xuízos propios tanto con respecto ao cumprimento de aspiracións e expectativas como ás ameazas e riscos da vida en democracia.
Táboa de indicadores
Identifica o exercicio dos valores cívicos e a participación cidadá. Analiza o nacemento dos réximes democráticos e totalitarios no século XX, a través de diferentes documentos históricos. 20
CA2.2 Tomar conciencia do grao de violencia, barbarie e destrución alcanzado polos conflitos ocorridos no mundo contemporáneo, así como das causas das conflagracións bélicas e das múltiples transformacións que se producen nos contendentes, a través do emprego de fontes históricas fiables e do uso de datos contrastados, valorando o impacto social e emocional que supón o uso da violencia e o papel das institucións internacionais que velan pola paz e a mediación.
Proba escrita
Contesta a unha proba escrita cun nivel adecuado e satisfactorio sobre as causas e consecuencias dos conflitos ocorridos no mundo contemporáneo. 40
CA2.3 Describir a evolución dos conceptos de igualdade e de cidadanía na historia contemporánea e as súas derivacións sociais e políticas, a través da análise multicausal dos principais sistemas políticos e sociais dos séculos XIX e XX, identificando as desigualdades e a concentración do poder en determinados grupos sociais.
Táboa de indicadores
Distingue os principais sistemas políticos democráticos e autoritarios no século XX e XXI, analiza as súas consecuencias. 20

7 O mundo despois da Primeira Guerra Mundial
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Entender o significado histórico das transicións políticas e dos procesos de democratización da Idade Contemporánea como fundamento e garantía para a convivencia e o exercicio dos dereitos fundamentais, valorando as implicacións que supoñen o exercicio da cidadanía activa e o respecto ao ordenamento constitucional, e xerando xuízos propios tanto con respecto ao cumprimento de aspiracións e expectativas como ás ameazas e riscos da vida en democracia.
Táboa de indicadores
É capaz de analizar fontes historiográficas diversas que foron realmente os felices anos vinte, causas e consecuencias. 20
CA2.4 Comprender a importancia das identidades colectivas na configuración social, política e cultural do mundo contemporáneo, identificando as súas múltiples valencias, mediante a análise crítica de textos históricos e historiográficos e de fontes de información actual, elaborando argumentos propios que contribúan a un diálogo construtivo respecto diso.
Táboa de indicadores
Interpreta mediante unha análise crítica de textos históricos e fontes diversas e actuais a irrupción da sociedade de masas. 20
CA3.2 Deducir a través do estudo crítico de noticias e datos estatísticos a evolución do estado social, identificando os logros e retrocesos experimentados e as medidas adoptadas polos diferentes estados contemporáneos, así como os límites e retos de futuro, desde unha perspectiva solidaria en favor dos colectivos máis vulnerables.
Proba escrita
É capaz de responder satisfactoriamente á unha proba escrita sobre a situación do mundo despois da primeira guerra mundial: a crise do 29. 40
CA3.4 Valorar o significado histórico da idea de progreso e as súas múltiples consecuencias sociais, territoriais e ambientais, a través do tratamento de datos numéricos, a interpretación de gráficos e a comprensión multifactorial dos ritmos e ciclos de crecemento, argumentando a necesidade de adoptar comportamentos ecosociais que garantan a sostibilidade do planeta.
Táboa de indicadores
Analiza diferentes ritmos e modelos de crecemento, e ritmos e modelos de crise, sobre a gran depresión e a solución transitoria do New Deal. 20

8 O auxe dos totalitarismos
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Entender o significado histórico das transicións políticas e dos procesos de democratización da Idade Contemporánea como fundamento e garantía para a convivencia e o exercicio dos dereitos fundamentais, valorando as implicacións que supoñen o exercicio da cidadanía activa e o respecto ao ordenamento constitucional, e xerando xuízos propios tanto con respecto ao cumprimento de aspiracións e expectativas como ás ameazas e riscos da vida en democracia.
Proba escrita
É capaz de responder a valorar de modo satisfactorio e suficiente sobre o retroceso das democracias en Europa e o auxe dos totalitarismos. 40
CA2.3 Describir a evolución dos conceptos de igualdade e de cidadanía na historia contemporánea e as súas derivacións sociais e políticas, a través da análise multicausal dos principais sistemas políticos e sociais dos séculos XIX e XX, identificando as desigualdades e a concentración do poder en determinados grupos sociais.
Táboa de indicadores
Recoñece o totalitarismo soviético, o fascismo e o nazismo por medio de produccións históricas guiadas. 20
CA2.4 Comprender a importancia das identidades colectivas na configuración social, política e cultural do mundo contemporáneo, identificando as súas múltiples valencias, mediante a análise crítica de textos históricos e historiográficos e de fontes de información actual, elaborando argumentos propios que contribúan a un diálogo construtivo respecto diso.
Táboa de indicadores
Interpreta por medio dun informe crítico sobre a represión e terror baixo o totalitarismo. 20
CA3.3 Analizar criticamente como se foron construíndo no tempo as identidades colectivas, empregando os conceptos e métodos do pensamento histórico, respectando a pluralidade e os sentimentos identitarios e valorando o legado histórico e cultural destas.
Táboa de indicadores
Debate sobre a intolerancia e tolerancia na historia do mundo contemporáneo a través de testemuñas de minorías perseguidas. 20

9 A Segunda Guerra Mundial
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.4 Abordar criticamente os principais temas clave da historia e da actualidade, a través da aproximación ás principais correntes historiográficas e aos usos que se fan da historia, valorando criticamente os principais proxectos sociais, políticos e culturais que tiveron lugar na historia contemporánea desde a perspectiva ética contida na Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
Táboa de indicadores
Recoñece por medio de diferentes fontes históricas como a barbarie e a destrución abriron as portas aos dereitos humanos. 20
CA2.2 Tomar conciencia do grao de violencia, barbarie e destrución alcanzado polos conflitos ocorridos no mundo contemporáneo, así como das causas das conflagracións bélicas e das múltiples transformacións que se producen nos contendentes, a través do emprego de fontes históricas fiables e do uso de datos contrastados, valorando o impacto social e emocional que supón o uso da violencia e o papel das institucións internacionais que velan pola paz e a mediación.
Proba escrita
É capaz de valorar por medio dunha proba escrita de modo satisfactorio e suficiente as causa e consecuencias da segunda guerra mundial. 40
CA2.3 Describir a evolución dos conceptos de igualdade e de cidadanía na historia contemporánea e as súas derivacións sociais e políticas, a través da análise multicausal dos principais sistemas políticos e sociais dos séculos XIX e XX, identificando as desigualdades e a concentración do poder en determinados grupos sociais.
Táboa de indicadores
Explica e interpreta grazas a diferentes fontes principalmente históricas quen son as principais vitimas da guerra: a poboación civil. 20
CA2.4 Comprender a importancia das identidades colectivas na configuración social, política e cultural do mundo contemporáneo, identificando as súas múltiples valencias, mediante a análise crítica de textos históricos e historiográficos e de fontes de información actual, elaborando argumentos propios que contribúan a un diálogo construtivo respecto diso.
Táboa de indicadores
Describe mediante produccións bibliográficas e testemuñas da época que actitudes adoptou a poboación civil ante a ocupación nazi. 20

10 A división do mundo en bloques
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.2 Tomar conciencia do grao de violencia, barbarie e destrución alcanzado polos conflitos ocorridos no mundo contemporáneo, así como das causas das conflagracións bélicas e das múltiples transformacións que se producen nos contendentes, a través do emprego de fontes históricas fiables e do uso de datos contrastados, valorando o impacto social e emocional que supón o uso da violencia e o papel das institucións internacionais que velan pola paz e a mediación.
Proba escrita
É capaz de responder a unha proba escrita de modo satisfactorio e suficiente sobre os inicios e desenvolvemento da guerra fría. 40
CA2.3 Describir a evolución dos conceptos de igualdade e de cidadanía na historia contemporánea e as súas derivacións sociais e políticas, a través da análise multicausal dos principais sistemas políticos e sociais dos séculos XIX e XX, identificando as desigualdades e a concentración do poder en determinados grupos sociais.
Táboa de indicadores
Distingue e diferencia a través de diferentes fontes históricas as sociedades capitalistas e as sociedades comunistas. 20
CA2.4 Comprender a importancia das identidades colectivas na configuración social, política e cultural do mundo contemporáneo, identificando as súas múltiples valencias, mediante a análise crítica de textos históricos e historiográficos e de fontes de información actual, elaborando argumentos propios que contribúan a un diálogo construtivo respecto diso.
Táboa de indicadores
Recoñece e explica mediante a análise crítica de textos históricos e historiográficos a loita polos dereitos civis fronte á segregación racial. 20
CA3.5 Comparar os distintos sistemas económicos que se desenvolveron no mundo contemporáneo, a través da súa análise multidisciplinaria e das doutrinas e teorías das que derivan, identificando as relacións de subordinación e de dependencia e os conflitos que xeran, tanto no ámbito nacional como internacional, e xustificando a necesidade do acceso universal aos recursos básicos.
Táboa de indicadores
Contrasta por medio de diversas fontes a caída do bloque soviético e o fin da guerra fría. 20

11 Descolonización e neocolonialismo
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.3 Describir a evolución dos conceptos de igualdade e de cidadanía na historia contemporánea e as súas derivacións sociais e políticas, a través da análise multicausal dos principais sistemas políticos e sociais dos séculos XIX e XX, identificando as desigualdades e a concentración do poder en determinados grupos sociais.
Proba escrita
É capaz de responder do modo satisfactorio e suficiente as causas da descolonización en Ásia, África. 60
CA2.4 Comprender a importancia das identidades colectivas na configuración social, política e cultural do mundo contemporáneo, identificando as súas múltiples valencias, mediante a análise crítica de textos históricos e historiográficos e de fontes de información actual, elaborando argumentos propios que contribúan a un diálogo construtivo respecto diso.
Táboa de indicadores
Describe por medio de textos e fontes de información actuáis como se produciron as primeiras independencias. 20
CA3.3 Analizar criticamente como se foron construíndo no tempo as identidades colectivas, empregando os conceptos e métodos do pensamento histórico, respectando a pluralidade e os sentimentos identitarios e valorando o legado histórico e cultural destas.
Táboa de indicadores
Distingue o non aliñamento enmarcado dentro da conferencia de Bandung e analiza a independencia e o neocolonialismo empregando conceptos e métodos propios do pensamiento histórico. 20

12 A construcción da Unión Europea
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Entender o significado histórico das transicións políticas e dos procesos de democratización da Idade Contemporánea como fundamento e garantía para a convivencia e o exercicio dos dereitos fundamentais, valorando as implicacións que supoñen o exercicio da cidadanía activa e o respecto ao ordenamento constitucional, e xerando xuízos propios tanto con respecto ao cumprimento de aspiracións e expectativas como ás ameazas e riscos da vida en democracia.
Táboa de indicadores
Explica por medio de produccións históricas os antecedentes do proxecto europeo e os desafíos aos que se enfronta. 20
CA2.3 Describir a evolución dos conceptos de igualdade e de cidadanía na historia contemporánea e as súas derivacións sociais e políticas, a través da análise multicausal dos principais sistemas políticos e sociais dos séculos XIX e XX, identificando as desigualdades e a concentración do poder en determinados grupos sociais.
Proba escrita
Ser capaz de contestar nunha proba escrita de modo satisfactorio e suficiente ao proceso de construcción da Unión Europea. 60
CA2.4 Comprender a importancia das identidades colectivas na configuración social, política e cultural do mundo contemporáneo, identificando as súas múltiples valencias, mediante a análise crítica de textos históricos e historiográficos e de fontes de información actual, elaborando argumentos propios que contribúan a un diálogo construtivo respecto diso.
Táboa de indicadores
Interpreta o proxecto europeo ante os desafíos globais aos que se ten que enfrontar, por medio de fontes históricas actuais, da gran recesión económica ao conflito ucraíno. 20

13 Xeopolítica no mundo
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1 Analizar os principais conflitos civís que se produciron na Idade Contemporánea, a través do emprego de textos historiográficos e a elaboración de xuízos argumentados, comprendendo a importancia da memoria histórica e do recoñecemento das vítimas, do principio de xustiza universal e do dereito á verdade, a reparación e a garantía de non repetición.
Táboa de indicadores
Distingue e compara por medio de fontes diversas históricas e actuais sobre cales son as superpotencias actuais e como exercen o seu poder, configurando a nova orde internacional. 50
CA4.4 Xerar opinións argumentadas, debater e transferir ideas e coñecementos sobre a función que desempeñaron o pensamento e as ideoloxías na transformación da realidade, desde as orixes da Idade Contemporánea ata a actualidade, comprendendo e contextualizando os devanditos fenómenos a través do traballo sobre textos históricos e historiográficos e de fontes literarias, do cinema e outros documentos audiovisuais.
Táboa de indicadores
Crítica e discusión por medio de textos históricos, fontes literarias, audiovisuais como exercen as superpotencias a súa influencia nestes últimos anos. 50

14 Os retos do mundo actual
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.2 Analizar criticamente o fenómeno histórico da globalización e a súa repercusión no ámbito local e planetario, valéndose do manexo de distintas fontes de información e dunha adecuada selección, validación, contraste e tratamento destas, previndo a desinformación e considerando o emprendemento, a innovación e a aprendizaxe permanente como formas de afrontar os retos dunha contorna económica, social e cultural en constante cambio.
Táboa de indicadores
Discusión mediante diversas fontes actuais a que nos enfrontamos neste xa entrado século XXI e a que retos se enfronta o planeta e a sociedade como protagonistas indiscutibles. 50
CA4.3 Identificar os principais retos do século XXI e a súa orixe histórica, a través da análise da interconexión entre diversos procesos políticos, económicos, sociais e culturais nun contexto global, argumentando a necesidade de adoptar comportamentos ecosocialmente responsables e orientados á sostibilidade do planeta, a defensa das institucións democráticas, a mellora do benestar colectivo e a solidariedade entre as xeracións presentes e futuras.
Táboa de indicadores
Define os novos movementos sociais, o novo contexto socioeconómico, as ideoloxías alternativas buscando información valéndose das TIC. 50

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


A metodoloxía ten que ser variada e axeitada ás características e aos ritmos de aprendizaxe do alumnado, debe ser tamén activa e participativa, favorecendo o traballo individual e o colaborativo do alumnado, co fin de que os contidos se convertan en coñecementos aplicables con eficacia a situacións reais e aos estudios posteriores.

Dado que as competencias clave están ligadas a un desempeño eficaz nun contexto determinado, as situacións de aprendizaxe deseñadas para o seu desenvolvemento nesta materia de Hª do Mundo Contemporáneo, incorpora tarefas que contextualizan as aprendizaxes e que permiten avanzar en máis dunha competencia ao mesmo tempo. Será unha metodoloxía dirixida a implicar ao alumnado na aprendizaxe para que adquiran as habilidades que lles permitan construír os seus propios esquemas explicativos para comprender o mundo no que viven, construír a súa propia identidade, que poidan interactuar en situacións variadas e para que continúen aprendendo.

 

En definitiva, na aula combinarase a explicación teórica por parte do profesorado á hora da presentación da problemática xeral dos procesos e realidades a explicar (mapas conceptuais, fotografías, presentacións, vídeos, textos, mapas, gráficas, estatísticas) cunha metodoloxía baseada no sistema de reconstrución, é dicir, o alumnado elaborará os contidos a partir dos materiais de traballo (libro de texto ou os materiais diversos proporcionados/apuntados polo profesorado) nunha tarefa cotiá dirixida e orientada polo profesorado. Con isto intentarase evitar unha excesiva memorización de contidos, pero sen renunciar, como complemento, a unha aprendizaxe significativa.

 

Pola súa parte, o profesorado despregará os recursos didácticos necesarios que permitan desenvolver os contidos propios da materia, relacionados coas competencias clave e cos criterios de avaliación, para poder acadar así os obxectivos do currículo. O profesorado deberá buscar situacións próximas ao alumnado para que este poida aplicar en diferentes contextos os contidos dos saberes básicos que conforman cada unha das competencias clave. Creará contextos e situacións que representen retos para o alumnado, que os invite a cuestionarse os seus saberes actuais, que os obrigue a ampliar a súa perspectiva e a contrastar o seu parecer, a xustificar e a interpretar con rigor.

Para poñer en práctica o dominio dos contidos básicos das Ciencias Sociais o alumnado levará a cabo traballos de investigación de maneira individual ou grupal.

 


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Apuntamentos docente.En todas a Unidades didácticas
Blog docente
Libro de texto. Historia do Mundo Contemporáneo , edición en Galego . Edit Vicens -Vives ano 2022
Aula virtual do centro
Portfolio do alumnado
Fichas fotocopiables. De actividades para avaliar competencias
Presentacións interactivas por medio de apps
Material audiovisual. Sempre proxectado no canón da Aula ( documentais e películas)
Gamificación
Novelas históricas, novelas gráficas. Aconsellable pero non de lectura obrigatoria
En xeral a materia trabállase a partir do libro de texto Xeografía e Historia .Editorial Vicens-Vives ISBN 9788468287690 en galego
Traballamos tamén con material fotocopiable ( textos ), películas , documentais

Para a práctica e desenvolvemento na aula contamos cunha grande diversidade de recursos perfectamente utilizables para cada momento didáctico ou metodoloxía a empregar.

O libro de texto é un apoio para o profesorado e para o alumnado xa que aglutina todas as unidades que se van traballar ao longo do curso e tamén ofrece diversas e numerosas actividades a desenvolver. Non obstante, débese ter en conta que non debe determinar a función do docente nin a súa metodoloxía, polo que o profesorado, como profesional que é, determinará e xestionará o seu uso. Ademais do libro de texto empregarase material complementario, elaborado por docentes, que se acomode aos diferentes ritmos de aprendizaxe que se poden dar na aula. Así mesmo, o profesorado utilizará o seu propio blog didáctico a través do cal pode facer propostas de traballo (visualizar vídeos, comentar textos...) así como presentacións interactivas feitas por medio de apps.

 

O alumnado pode utilizar o seu portfólio de traballo, que será observado e avaliado polo profesorado. Logo están os recursos que se ofrecen a través da Aula Virtual, utilizada como repositorio de contidos avaliables.

As novelas históricas e gráficas serán tratadas como apoio aos contidos dunha forma lúdica. A gamificación por medio de cuestionarios (Kahoot, Quizz), daralle un punto divertido e lúdico ao ensino-aprendizaxe.

Empregaranse diferentes materiais, cada vez máis relacionados coas TIC, buscando unha maior diversificación, para dar cobertura aos diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado.


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


A avaliación inicial realizarase nos primeiros días de clase, destinada a comprobar a capacidade de expresión, corrección formal, análise, coherencia expositiva e coñecementos previos.

A proba inicial ou diagnóstica realizarase ao comezo de cada Unidade Didáctica coa finalidade de saber os coñecementos previos que ten o alumnado sobre o tema que se vai abordar para, a partir deles, seguir construíndo os seus saberes.

Outra das vantaxes da avaliación inicial é a de ofrecer información adicional sobre o punto de partida do alumnado cara o tema que se vai a comezar a traballar, permitindo concretar os contidos que suscitan maior interese ou que se descoñecen totalmente. Ademais nos posibilita definir a didáctica e metolodoxía para abordar a unidade e chegar aos distintos ritmos de aprendizaxe.

Outro aspecto importante destas probas diagnósticas é que permiten detectar as posibles confusións e incorreccións que o alumnado ten sobre os contidos a tratar e que precisan aclaración e rectificación.

Dita proba inicial realizararse dependendo de cada unidade, pero en liñas xerais consistirá na elaboración de cuestionarios, test, brainstorming, debates, visionados de material audiovisual.

 


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 UD 14 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 8.0 6.0 7.0 8.0 5.0 9.0 6.0 7.0 8.0 9.0 8.0 5.0 9.0 5.0 100.0
Proba escrita 40.0 60.0 50.0 60.0 60.0 40.0 40.0 40.0 40.0 40.0 60.0 60.0 0.0 0.0 41.5
Táboa de indicadores 60.0 40.0 50.0 40.0 40.0 60.0 60.0 60.0 60.0 60.0 40.0 40.0 100.0 100.0 58.49999999999999

Nas unidades didácticas establecese o peso orientativo que se lle da aos instrumentos de avaliación e en todas elas o peso da cualificación recae maiormente nas probas escritas, nunha porcentaxe entre corenta e sesenta por cento, dependendo da unidade.

 

 

Desta maneira os criterios de cualificación quedarían da seguinte maneira:

O peso da proba escrita é dun 50% e o peso do comentario outro 50%

Na proba escrita temos dúas preguntas cada unha vale 25%

O exame debe estar equilibrado sen deixar ningunha parte en branco , ou só contestar ó comentario ou só ás preguntas .Para aprobar ó comentario se debe de cheagar ó 2,5 sobre 5

 

 

 

En canto aos criterios de recuperación . Só se recuperará a parte suspensa 

As probas escritas faranse por trimestre, e puntuaranse sobre dez e figurando o seu valor en cada pregunta. arriba explicado

 

 

 

 

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Aplicaranse medidas de reforzo, se o considera o docente, naqueles casos nos que se detecte que non se acadaron os obxectivos establecidos ou ben que existen dificultades que impiden o progreso do alumnado. En tal caso propoñeranse actividades que permitan unha recuperación axeitada, así como abordar os contidos de maneira diferente.

A criterio do docente correspondente poderanse indicar as actividades a realizar para mellorar a cualificación naquel alumnado que non acade o 5.

Aquel alumnado que teñan pendente a materia de Xeografía e Historia de cursos anteriores:

Realizarán un boletín de actividades nas que se traballarán os contidos mínimos a acadar para una avaliación positiva.

Realizaranse dúas probas parciais en xaneiro e maio.

Dentro de cada parcial a cualificación será: valoración de ata un 30% do boletín de actividades realizado, e 70% a cualificación da proba parcial.

Pode aprobarse a materia por parciais:

-Aprobando ambos parciais ao obter un 5 como mínimo en cada un deles.

Aquel alumnado que non acadasen deste xeito os contidos mínimos esixidos e, polo tanto, non aprobasen a materia, poderán realizar no mes de maio, e se é necesario na convocatoria extraordinaria, unha proba final na que entrarán todos os contidos. Estas probas terán unha estrutura idéntica ás probas escritas realizadas durante o curso.

 


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta materia

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


As vixentes disposicións e normas indican, tamén no bacharelato, que se debe dar un tratamento específico ao alumnado que, polas súas circunstancias, o precisen e, polo tanto, facer as adaptacións curriculares necesarias.

 

En cada unidade proponse unha asimilación progresiva, de menor a maior dificultade, dos conceptos, termos e procesos históricos estudiados.

O profesorado seleccionará de entre todos os contidos os que mellor se adapten ao nivel do seu alumnado. O proceso de avaliación serviranos tamén para facer o tratamento diferenciado ao alumnado. Utilizando as diferentes actividades propostas nesta programación, descubriremos as carencias e deficiencias fundamentais e, por conseguinte, propoñeremos as tarefas axeitadas para alcanzar os obxectivos específicos adecuados a cada alumno.

 

En xeral, procurarase proporcionar ao alumnado, para os contidos de maior dificultade:

- Esquemas e/ou sínteses cos conceptos fundamentais.

- Actividades con diferentes graos de profundización.

- Páxinas de referencia para resolver dúbidas e/ou ampliar coñecementos.

 


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 UD 14
1 Comprensión lectora e expresión oral e escrita
2 Comunicación audiovisual
3 Competencia dixital
4 Emprendemento social e empresarial
5 Fomento do espírito crítico e científico
6 Educación emocional e en valores
7 Igualdade de xénero
8 Creatividade

Serán traballados todos os elementos transversais, en especial a comprensión lectora e a expresión oral e escrita pois o alumnado vai ter que ler en diferentes formatos e redactar resumos, opinións, textos, comentarios históricos.

A comunicación audiovisual será aproveitada en todas as unidades pois servirán de apoio á práctica docente.

O resto dos elementos transversais tamén serán abordados en maior ou menor medida en case todas as unidades.

O emprendemento tamén se considera importante por canto se pretende que o alumnado realice propostas e promova unha actitude proactiva e participativa.

Importante na materia de Historia será a educación emocional e en valores como actitude do alumnado na aula de respecto e tolerancia.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Visitas a exposicións e museos-Museo arte contemporáneo de Compostela Actividade complementaria programada ao inicio do curso-

Todas as actividades complementarias e extraescolares están definidas e programadas para enriquecer o proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado, polo tanto están consensudas a nivel de departamento didáctico e pensadas para lograr un aproveitamento didáctico diferente fóra das aulas.

Estas actividades están definidas a través de tres fases:

-Primeira fase: preparación na aula previa á saída da UD correspondiente.

-Segunda fase: a visita programada e organizada, o disfrute da actividade.

-Terceira fase: avaliación e comprobación dos saberes adquiridos por medio da actividade.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Realiza avaliación inicial
Outros Demostra o coñecemento da materia
Metodoloxía empregada Planifica, ensina e avalía
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Avalía según os criterios de avaliación da programación
Metodoloxía empregada Emprega unha grande variedade de recursos
Clima de traballo na aula Consigue motivar ao alumnado: as actividades foron variadas e motivadoras
Metodoloxía empregada As explicacións son axeitadas ao grupo clase
Medidas de atención á diversidade Ofrece posibilidades de recuperación
Outros Atende e resolve as dúbidas
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos A práctica docente é innovadora
Metodoloxía empregada Revisa a realización das tarefas
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Valoración da materia: 1. Os obxectivos están ben formulados 2. A seleción e temporalización dos contidos é axeitada 3. Os criterios de avaliación e cualificación son claros 4. Empregánse diferentes instrumentos de avaliación

A práctica do proceso do ensino e a práctica docente realizarse por medio de rúbricas e táboas con niveis de indicadores de logro cunha escala de valoración que irá de Aceptable, Boa e Mellorable. Este cuestionario-rúbrica será proporcionado ao alumnado ao finalizar cada avaliación. Para a valoración do proceso de ensino, disporase dun cuestionario de autoavaliación sobre a programación cos indicadores de logro que serán valorados nunha escala de 1 a 10.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


A avaliación da presente programación supón o seu seguimento a través da aplicación Proens por períodos de avaliación por parte do profesorado que impartan as diversas materias e nas reunións mensuais do departamento.

Nas reunións de departamento se analizará o grao de cumprimento dos obxectivos programados e as dificultades atopadas e poderanse introducir as medidas correctoras que se estimen oportunas. Todos os problemas detectados teranse en conta na Memoria Final para introducir as modificacións precisas na programación do vindeiro curso.

Para avaliar a programación teranse en conta os seguintes criterios:

 

- Consecución de obxectivos: Capacitación progresiva do alumnado nas competencias básicas.

- Evolución progresiva do alumnado na comprensión dos fenómenos histórico-artísticos e dos seus factores multicausais

- Evolución progresiva no coñecemento e manexo das técnicas de estudio propias das Ciencias Sociais.

- Progresiva asimilación de valores e actitudes propios dunha sociedade plural, solidaria e democrática.

- Progresiva adquisición de autonomía no proceso de aprendizaxe: obtención, selección e contraste da información obtida.

- Contribución ao desenvolvemento das competencias dixital e competencia para aprender a aprender.

- Progresiva evolución nas técnicas de lectura comprensiva e de expresión, necesarias para un discurso intelixible e minimamente coherente.

- Adecuación dos obxectivos ao nivel académico do grupo detectado na avaliación inicial.

- Adecuación dos contidos programados e da súa secuenciación ou temporalización prevista.

- Neste aspecto terase en conta a normativa vixente que considera conforme a programación se se cumpre ao menos un 75% dos contidos programados ao principio do curso, se non hai unha desviación na programación por avaliación máis aló dun 20% dos contidos programados ou incluso, nestes casos, cando as razóns sexan de carácter externo e/ou non imputables ao departamento.

- Validez das estratexias metodolóxicas empregadas para a adquisición dos novos contidos.

 


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
1. Curso 1º Bach. Historia do Mundo Contemporáneo

A programación de 1º Bach , para o alumnado do IES Marco do Camballón non é diferente á  do alumnado que vive no ámbito urbano . Vila de Cruces é un concello do interior da provincia de Pontevedra , que ten 5273  habitantes . Onde prima o sector primario e tres industrias ligadas ó metal . O peso da agricultura é moi importante nas 28. parroquias que ten . A poboación do Concello é escasa e moi avellentada  ó atoparse no interior da provincia e ter un ámbito rural .Conta con 5 centros educativos ( CEIP Cerdeiriñas , CEIP Piloño, CEIP Nosa Señora da Piedade,,CEIP Merza e IES Marco do Camballón )

  As Unidades Didácticas que desenvolveremos erán repartidas nas tres avaliacións por trimestres , e contamos cas medidas de recuperación e atención á diversidade .


Volver