Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A materia proporciónalle ao alumnado coñecementos económicos para entender a sociedade na que vive, trata de espertar o seu interese e promover, tras unha análise crítica, iniciativas dirixidas a actuar sobre a propia realidade. Así mesmo, pon a súa disposición ferramentas que lle permitan tomar decisións tanto individuais como colectivas, con repercusións económicas e financeiras de maneira razoada e responsable.

A formación en economía faise necesaria nun contexto globalizado no cal se están levando a cabo profundas transformacións, aceleradas pola incorporación das novas tecnoloxías a diferentes esferas da nosa vida. A dixitalización está a cambiar non só a estrutura produtiva global e a estrutura económica e financeira, senón tamén a propia sociedade no seu conxunto. Canto mellor entendamos o mundo no que vivimos, máis capaces seremos de tomar decisións que permitan mellorar a nosa vida e a nosa contorna.

Calquera persoa necesita coñecer as regras básicas que explican os acontecementos económicos e a linguaxe específica utilizada por economistas e medios de comunicación para analizar eses feitos. Os indicadores económicos como o PIB, o desemprego, a inflación ou o déficit público están continuamente presentes nos medios de comunicación, e isto xera unha crecente demanda de información e formación na medida que nos afecta para tomar decisións nas que no sentimos implicados. O estudo da economía axuda a percibir e a coñecer o mundo, e posibilita a análise e afondamento nas relacións humanas e proporciona ferramentas para examinar con espírito crítico a realidade social.

Os retos e desafíos que se presentan no mundo actual fan necesaria a interconexión de distintos ámbitos, entre outros, o económico, social, cultural e ambiental. É preciso coñecer e tomar conciencia de como as nosas decisións e formas de vida afectan ao clima, aos recursos dispoñibles, á biodiversidade e á propia sociedade. Esta reflexión está presente en todos os países do mundo e deu como froito o compromiso que supoñen os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) como intento para enfrontarse conxuntamente aos principais desafíos de cara ao futuro.

O currículo, que aborda aprendizaxes significativas, funcionais e de interese para o alumnado, está organizado ao redor da adquisición duns obxectivos que desenvolven diversos aspectos: Tratan de explicar como a escaseza condiciona os comportamentos económicos individuais e colectivos, propoñen analizar a realidade utilizando ferramentas que permitan estudar a economía desde unha perspectiva micro e macroeconómica e, por último, proporciona ferramentas de intervención económica, como as políticas económicas, e expoñen os retos da economía actual para os que hai que buscar novas solucións.

Os criterios de avaliación que se derivan dos mencionados obxectivos, están deseñados para comprobar o grao de consecución dos mesmos por parte de alumnado.

Os criterios de avaliación e o contidos están estruturados en cinco bloques:

1º. O bloque "As decisións económicas" relaciónase co estudo do comportamento económico, individual ou colectivo, das persoas na procura da satisfacción das súas necesidades a partir de recursos escasos e, polo tanto, da toma de decisións económicas a partir da análise da realidade.

2º. O bloque "A realidade económica. Ferramentas para entender o mundo cunha visión microeconómica" vincúlase co coñecemento e uso de ferramentas que permitan que o alumnado entenda a realidade económica desde unha perspectiva microeconómica.

3º. O bloque "A realidade económica. Ferramentas para entender o mundo cunha visión macroeconómica" permítenos profundar no estudo das relacións humanas e a realidade económica desde un punto de vista macroeconómico.

4º. O bloque "As políticas económicas" está ligado aos instrumentos cos que contan os gobernos para dar resposta aos problemas económicos nun marco globalizado.

5º. O bloque "Os retos da economía española nun contexto globalizado" céntrase nos retos da economía actual e en identificar as fortalezas e debilidades da economía española.

O estudo da realidade económica, tendo presente a súa interconexión con outras disciplinas, permitirá ao alumnado adquirir unha cultura económica xeral para tomar decisións fundamentadas e participar dunha forma activa no desenvolvemento dos retos da economía actual.


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Valorar o problema da escaseza e a importancia de adoptar decisións no ámbito económico, analizando a súa repercusión nos distintos sectores e comparando solucións alternativas que ofrecen os diferentes sistemas para comprender o funcionamento da realidade económica.
OBX2 Recoñecer e comprender o funcionamento do mercado, analizando os seus fallos, para estudar a repercusión destes na contorna e facilitar a toma de decisións no ámbito económico.
OBX3 Distinguir e valorar o papel dos distintos axentes económicos que interveñen no fluxo circular da renda recoñecendo, con sentido crítico, os beneficios e os custos que xera, para determinar como se produce o desenvolvemento económico e a súa relación co benestar da sociedade.
OBX4 Coñecer e comprender o funcionamento do sistema financeiro valorando os seus efectos sobre a economía real e analizando os elementos que interveñen nas decisións financeiras relacionadas co investimento, o aforro, os produtos financeiros e a procura de fontes de financiamento para planificar e xestionar con responsabilidade e autonomía as propias finanzas e adoptar decisións financeiras fundamentadas.
OBX5 Identificar e valorar os retos e os desafíos aos que se enfronta a economía actual, analizando o impacto da globalización económica, a nova economía e a revolución dixital para propor iniciativas que fomenten a equidade, a xustiza e a sostibilidade.
OBX6 Analizar os problemas económicos actuais mediante o estudo de casos, a investigación e a experimentación, utilizando ferramentas da análise económica e tendo en conta os factores que condicionan as decisións dos axentes económicos, para facilitar a comprensión deses problemas e expor solucións innovadoras e sostibles que respondan a necesidades individuais e colectivas.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Economía: a ciencia das decisións. Definición de economía. Necesidades, recursos e bens. A escaseza como problema económico básico. O custo de oportunidade e a necesidade de elixir. O estudo da economía: división entre micro e macroeconomía, e economía positiva e normativa. As posibilidades de produción. O crecemento económico. A economía condutual. 6 8
2 A organización económica e os sistemas económicos. Recursos, axentes e sectores produtivos. Os sistemas económicos. O fluxo circular da renda. A economía circular. 7 10
3 A empresa e a produción. Función de produción. Custos, ingresos e beneficios. Obxectivos da empresa. Tipos de empresas. A responsabilidade social da empresa. 7 10
4 O mercado. Mercado e participantes no mercado. Demanda e oferta. Equilibrio no mercado. Elasticidade-prezo. 7 10
5 Tipos de mercado. O mercado e a competencia. Competencia perfecta e monopolística. Oligopolio. Monopolio. Teoría de xogos. 7 10
6 O mercado de traballo. Demanda e oferta de traballo. Produtividade e salarios. Desemprego. Políticas de emprego. Evolución do mercado laboral. 8 12
7 Indicadores e equilibrio macroeconómico. A economía no seu conxunto. Macromagnitudes. Consumo, inversión e aforro. 9 12
8 O papel do Estado. Os fallos do mercado. O estado do benestar. Política macroeconómica. 7 10
9 A política fiscal. Política fiscal. Orzamentos xerais do estado. 9 12
10 O diñeiro e o sistema financeiro. O diñeiro. O sistema financeiro. Os intermediarios financeiros. Os produtos financeiros. O mercado de valores. 9 12
11 A política monetaria. A inflación. A política monetaria. 9 12
12 O Comercio internacional. A integración económica. A Unión Europea. O comercio internacional. Libre comercio e proteccionismo. A balanza de pagamentos. O mercado de divisas. Cooperación económica internacional. A integración económica. A Unión Europea. 8 12
13 Retos da economía mundial A globalización. As consecuencias do crecemento. Crecemento e desenvolvemento. Emigración. O desenvolvemento sostible. 7 10

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. As decisións económicas
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13
CA1.1 - Comprender a realidade económica actual, analizando a repercusión das decisións adoptadas no ámbito económico, valorando os procesos de integración económica e establecendo comparacións sobre as solucións alternativas que ofrecen os distintos sistemas.
CA1.2 - Comprender o problema da escaseza, identificando os motivos e comparando, de maneira xustificada, diferentes estratexias económicas de resolución deste.
CA1.3 - Coñecer os procesos que interveñen na toma das decisións económicas de maneira individual e colectiva analizando o impacto que teñen na sociedade.
CA1.4 - Analizar con espírito crítico os fallos do mercado, avaliando as súas consecuencias e reflexionando sobre as súas posibles solucións segundo os diferentes sistemas económicos.
CA1.5 - Coñecer como se produce o desenvolvemento económico, o benestar social e a redución da pobreza valorando, con sentido crítico, o papel dos distintos axentes económicos que interveñen no fluxo circular da renda.
CA1.6 - Comprender a organización dos axentes económicos no fluxo da renda establecendo relacións entre eles e determinando a súa repercusión no desenvolvemento económico e benestar social.
CA1.7 - Coñecer e comprender o funcionamento do sistema financeiro valorando os seus efectos sobre a economía real e analizando os elementos que interveñen nas decisións financeiras relacionadas co investimento, co aforro, cos produtos financeiros e coa procura de fontes de financiamento, para planificar e xestionar con maior responsabilidade e autonomía as propias finanzas e adoptar decisións financeiras fundamentadas.
CA1.8 - Planificar e xestionar con responsabilidade e progresiva autonomía as finanzas persoais e adoptar decisións fundamentadas a partir do coñecemento e da comprensión do sistema financeiro valorando os elementos que interveñen nas decisións financeiras e os efectos que estes poden provocar na economía real.
CA1.9 - Adquirir coñecementos financeiros a partir da análise do sistema financeiro, do seu funcionamento e dos efectos que se derivan das decisións adoptadas nel e establecendo conexións entre estas aprendizaxes e as súas decisións financeiras persoais que afectan a súa vida cotiá.
CA1.10 - Expor solucións socioeconómicas que respondan a necesidades individuais e colectivas investigando e explorando a realidade económica tendo en conta diversos factores e aplicando as ferramentas propias do ámbito da economía.
Contidos
C1.1 - A economía, as necesidades, os bens e a escaseza. O contido económico das relacións sociais. Pobreza e escaseza. A modelización como ferramenta para entender as interaccións económicas.
C1.2 - O proceso de toma de decisións económicas. A racionalidade. O custo de oportunidade. Os custos irrecuperables. A análise marxinal. Os incentivos e as expectativas. Teoría de xogos. A eficiencia. Risco e incerteza.
C1.3 - A organización económica e os sistemas económicos; valoración e comparación.
C1.4 - Planificación e xestión das decisións financeiras: o investimento, o aforro e o consumo. Diñeiro e transaccións. Funcións do diñeiro e formas do diñeiro. Risco e beneficio. O papel dos bancos na economía. Funcionamento dos produtos financeiros como préstamos, hipotecas e os seus substitutos. Os seguros.
C1.5 - Teoría de xogos. O dilema do prisioneiro. Xogos repetidos e equilibrios cooperativos.
C1.6 - Economía do comportamento. Desviacións da racionalidade económica. Decisións económicas e ética. Experimentos ou ensaios económicos.
C1.7 - Métodos para a análise da realidade económica: o método científico, a modelización e experimentos ou ensaios económicos.
Bloque B2. A realidade económica. Ferramentas para entender o mundo cunha visión microeconómica
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13
CA2.1 - Valorar a repercusión dos fallos do mercado no eido microeconómico e facilitar o proceso de toma de decisións neste ámbito, recoñecendo e comprendendo o seu funcionamento.
CA2.2 - Entender o funcionamento do mercado e a natureza das transaccións que teñen lugar nel, analizando elementos como a oferta, a demanda, os prezos, os tipos de mercado e os axentes implicados e reflexionado sobre a súa importancia como fonte de mellora económica e social.
CA2.3 - Analizar con espírito crítico os fallos do mercado, avaliando as súas consecuencias e reflexionando sobre as súas posibles solucións.
Contidos
C2.1 - Intercambio e mercado. Tipos e funcionamento dos mercados. Representación gráfica.
C2.2 - A elasticidade. Os fallos de mercado. A análise custo-beneficio.
Bloque B3. A realidade económica. Ferramentas para entender o mundo cunha visión macroeconómica
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13
CA3.1 - Analizar o problema da asignación de recursos na satisfacción das necesidades, tanto individuais como colectivas -a escaseza-, identificando os motivos e comparando, de maneira xustificada, diferentes estratexias económicas de resolución deste.
CA3.2 - Entender o funcionamento do mercado laboral e a natureza das transaccións que teñen lugar nel, analizando os axentes implicados e reflexionado sobre a súa importancia como fonte de mellora económica e social.
CA3.3 - Coñecer como se produce o desenvolvemento económico e o benestar social valorando, con sentido crítico, o papel dos distintos axentes económicos que interveñen no fluxo circular da renda.
CA3.4 - Diferenciar os custos e os beneficios xerados no fluxo circular da renda para cada un dos axentes económicos determinando a súa repercusión no desenvolvemento económico e benestar social.
CA3.5 - Coñecer e comprender o funcionamento do sistema financeiro e a súa evolución na era dixital, analizando as novas tendencias tecnolóxicas que supoñen unha disrupción no sector financeiro, para planificar e xestionar con maior responsabilidade e autonomía as propias finanzas e adoptar decisións financeiras fundamentadas.
CA3.6 - Planificar e xestionar con responsabilidade e progresiva autonomía as finanzas persoais e adoptar decisións fundamentadas a partir do coñecemento e da comprensión do sistema financeiro e a súa evolución na era dixital valorando os elementos que interveñen nas decisións financeiras e os efectos que estes poden provocar na economía real.
CA3.7 - Adquirir coñecementos financeiros a partir da análise do sistema financeiro, do seu funcionamento, da súa evolución e dos efectos que se derivan das decisións adoptadas nel e establecendo conexións entre estas aprendizaxes e as súas decisións financeiras persoais que afectan a súa vida cotiá.
CA3.8 - Identificar os retos e os desafíos dunha economía global propondo iniciativas que fomenten a equidade, a xustiza e a sostibilidade e analizando, con sentido crítico, o impacto que provoca a globalización, a nova economía e a revolución dixital no benestar económico e social dos cidadáns.
CA3.9 - Comprender os retos económicos actuais en materia de comercio internacional e procesos de integración económica, analizando de forma crítica e construtiva os efectos económicos-sociais a partir da análise de casos reais e fomentando iniciativas que respondan ás necesidades que supoñen estes retos.
CA3.10 - Expor solucións socioeconómicas que respondan a necesidades individuais e colectivas tanto no marco das relacións nacionais coma internacionais, investigando e explorando a realidade económica tendo en conta diversos factores e aplicando as ferramentas propias do ámbito da economía
Contidos
C3.1 - A macroeconomía. Os axentes económicos e o fluxo circular da renda. A demanda agregada, a oferta agregada e o seu funcionamento.
C3.2 - Crecemento económico e desenvolvemento. Os factores do crecemento. A distribución da renda: relación entre eficiencia e equidade. Indicadores do desenvolvemento social. Benestar e calidade de vida.
C3.3 - Economía laboral. O funcionamento e as tendencias dos mercados de traballo e o impacto dos custos de despedimento. Tipos de desemprego. Efectos e medidas correctoras. A brecha salarial.
C3.4 - O comercio internacional, os procesos de integración económica e os seus efectos. Proteccionismo e libre comercio. A unión europea e monetaria.
C3.5 - O sistema financeiro, o seu funcionamento e os seus efectos. Evolución do panorama financeiro. O diñeiro. Tipoloxía do diñeiro e o seu proceso de creación.
Bloque B4. As políticas económicas
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13
CA4.1 - Comprender a realidade económica actual analizando a repercusión das decisións adoptadas pola intervención do Estado en materia de política económica e establecendo comparacións sobre as solucións alternativas que ofrecen os distintos sistemas.
CA4.2 - Comprender o problema básico da economía da escaseza de recursos para garantir o estado do benestar e analizar as diferentes alternativas de financiamento e os seus efectos no conxunto da sociedade.
CA4.3 - Diferenciar os custos e os beneficios que xera para cada un dos axentes económicos no fluxo da renda establecendo relacións entre eles e determinando a súa repercusión no estado do benestar e no seu financiamento.
CA4.4 - Coñecer e comprender o funcionamento do sistema financeiro, da política monetaria e da estabilidade de prezos valorando os seus efectos sobre a economía real e analizando os elementos que interveñen nas decisións financeiras, como o tipo de xuro, a inflación, o aforro, os produtos financeiros e a procura de fontes de financiamento, para planificar e xestionar con maior responsabilidade e autonomía as propias finanzas e adoptar decisións financeiras fundamentadas.
CA4.5 - Adquirir coñecementos financeiros a partir da análise do sistema financeiro e da política monetaria e establecendo conexións entre estas aprendizaxes e as súas decisións financeiras persoais que afectan a súa vida cotiá.
CA4.6 - Expor solucións socioeconómicas que respondan a necesidades individuais e colectivas propias do estado do benestar investigando e explorando a realidade económica tendo en conta diversos factores e aplicando as ferramentas propias do ámbito da economía.
Contidos
C4.1 - Economía positiva e economía normativa. A intervención do Estado e a súa xustificación. A política económica e os seus efectos.
C4.2 - A política fiscal. O estado do benestar e o seu financiamento. O principio de solidariedade e os impostos. O déficit público, a débeda pública e os seus efectos. A economía mergullada.
C4.3 - A política monetaria e a estabilidade de prezos. Funcionamento do mercado monetario. A inflación: teorías explicativas. Efecto das políticas monetarias sobre a inflación, o crecemento e o benestar.
Bloque B5. Os retos da economía española nun contexto globalizado
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13
CA5.1 - Comprender a realidade económica actual analizando as oportunidades e os riscos dos procesos de integración económica entre países e da globalización e a súa repercusión na redución das desigualdades.
CA5.2 - Analizar a escaseza de recursos e a pobreza para comprender os fluxos migratorios identificando os motivos e comparando, de maneira xustificada, diferentes estratexias económicas de resolución deste.
CA5.3 - Coñecer os procesos que interveñen na toma das decisións económicas de maneira individual e colectiva analizando o impacto que teñen nos retos económicos actuais.
CA5.4 - Analizar, con sentido crítico, como se produce o desenvolvemento económico e o benestar social con relación ao desenvolvemento sostible e aos retos económicos actuais. Estudo de casos.
CA5.5 - Diferenciar os custos e os beneficios que xera para cada un dos axentes económicos no fluxo da renda establecendo relacións entre eles e determinando a súa repercusión no desenvolvemento económico e no benestar social.
CA5.6 - Propor iniciativas que fomenten a equidade, a xustiza e a sostibilidade a partir da identificación dos retos e dos desafíos que supón a economía actual e analizando, con sentido crítico, o impacto que provoca a globalización, a nova economía e a revolución dixital no benestar económico e social dos cidadáns.
CA5.7 - Comprender os retos económicos actuais analizando de forma crítica e construtiva a contorna, identificando aqueles elementos que condicionan e transforman a economía e fomentando iniciativas que respondan ás necesidades que supoñen estes retos.
CA5.8 - Expor solucións socioeconómicas que respondan a necesidades individuais e colectivas con relación aos retos económicos actuais, investigando e explorando a realidade económica tendo en conta diversos factores e aplicando as ferramentas propias do ámbito da economía.
Contidos
C5.1 - A globalización: factores explicativos, oportunidades e riscos. A converxencia económica entre países e a redución das desigualdades.
C5.2 - A nova economía e a revolución dixital. A economía colaborativa. A economía circular. O impacto da revolución dixital sobre o emprego e a distribución da renda. A adaptación da poboación activa ante os retos da revolución dixital.
C5.3 - O futuro do estado do benestar. Sostibilidade das pensións. Os fluxos migratorios e as súas implicacións socioeconómicas.
C5.4 - Teorías sobre o decrecemento económico.
C5.5 - Os obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) e os retos económicos actuais. Estudo de casos.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Economía: a ciencia das decisións.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Comprender o problema da escaseza, identificando os motivos e comparando, de maneira xustificada, diferentes estratexias económicas de resolución deste.
Proba escrita
Recoñece o problema económico básico: recursos escasos e necesidades ilimitadas. Identifica o custo de oportunidade. 45
CA1.3 Coñecer os procesos que interveñen na toma das decisións económicas de maneira individual e colectiva analizando o impacto que teñen na sociedade.
Proba escrita
Identifica os diferentes métodos para a análise da realidade económica. Identifica na economía condutual as desviacións da racionalidade económica. 25
CA1.10 Expor solucións socioeconómicas que respondan a necesidades individuais e colectivas investigando e explorando a realidade económica tendo en conta diversos factores e aplicando as ferramentas propias do ámbito da economía.
Táboa de indicadores
Identifica os contidos asociados á unidade na realidade económica empregando os medios de difusión habituais no alumnado e debate sobre as posibles solucións aos retos que se expoñan. 5
CA3.1 Analizar o problema da asignación de recursos na satisfacción das necesidades, tanto individuais como colectivas -a escaseza-, identificando os motivos e comparando, de maneira xustificada, diferentes estratexias económicas de resolución deste.
Táboa de indicadores
Interpreta modelos simples da realidade económica. 5
CA4.1 Comprender a realidade económica actual analizando a repercusión das decisións adoptadas pola intervención do Estado en materia de política económica e establecendo comparacións sobre as solucións alternativas que ofrecen os distintos sistemas.
Proba escrita
Distingue entre economía positiva e normativa. 20

2 A organización económica e os sistemas económicos.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Comprender a realidade económica actual, analizando a repercusión das decisións adoptadas no ámbito económico, valorando os procesos de integración económica e establecendo comparacións sobre as solucións alternativas que ofrecen os distintos sistemas.
Proba escrita
Identifica os sistemas económicos no ámbito nacional e internacional. 15
CA1.2 Comprender o problema da escaseza, identificando os motivos e comparando, de maneira xustificada, diferentes estratexias económicas de resolución deste.
Proba escrita
Describe a asignación de recursos nos diferentes sistemas económicos. 15
CA1.3 Coñecer os procesos que interveñen na toma das decisións económicas de maneira individual e colectiva analizando o impacto que teñen na sociedade.
Proba escrita
Sintetiza as vantaxes e inconvenientes dos diferentes sistemas económicos. 15
CA1.4 Analizar con espírito crítico os fallos do mercado, avaliando as súas consecuencias e reflexionando sobre as súas posibles solucións segundo os diferentes sistemas económicos.
Táboa de indicadores
Identifica os fallos do mercado e as solucións propostas polos diferentes sistemas económicos. 2
CA1.5 Coñecer como se produce o desenvolvemento económico, o benestar social e a redución da pobreza valorando, con sentido crítico, o papel dos distintos axentes económicos que interveñen no fluxo circular da renda.
Táboa de indicadores
Valora o papel dos axentes económicos no fluxo circular da renda. 3
CA1.6 Comprender a organización dos axentes económicos no fluxo da renda establecendo relacións entre eles e determinando a súa repercusión no desenvolvemento económico e benestar social.
Proba escrita
Representa o fluxo circular da renda e explica os efectos das decisións dos axentes económicos. 15
CA1.10 Expor solucións socioeconómicas que respondan a necesidades individuais e colectivas investigando e explorando a realidade económica tendo en conta diversos factores e aplicando as ferramentas propias do ámbito da economía.
Táboa de indicadores
Explora a resposta dos sistemas económicos actuais á asignación de recursos. 3
CA3.3 Coñecer como se produce o desenvolvemento económico e o benestar social valorando, con sentido crítico, o papel dos distintos axentes económicos que interveñen no fluxo circular da renda.
Táboa de indicadores
Valora o papel dos axentes no desenvolvemento económico e benestar social. 2
CA3.4 Diferenciar os custos e os beneficios xerados no fluxo circular da renda para cada un dos axentes económicos determinando a súa repercusión no desenvolvemento económico e benestar social.
Proba escrita
Identifica os fluxos reais e monetarios entre os distintos axentes que interveñen na actividade económica definindo o seu papel na economía dun país. 15
CA4.1 Comprender a realidade económica actual analizando a repercusión das decisións adoptadas pola intervención do Estado en materia de política económica e establecendo comparacións sobre as solucións alternativas que ofrecen os distintos sistemas.
Proba escrita
Analiza o papel do Estado nos distintos sistemas económicos. 15

3 A empresa e a produción.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.3 Coñecer os procesos que interveñen na toma das decisións económicas de maneira individual e colectiva analizando o impacto que teñen na sociedade.
Proba escrita
Identifica os obxectivos da empresa. Identifica os elementos que participan na análise custo-beneficio. 45
CA2.2 Entender o funcionamento do mercado e a natureza das transaccións que teñen lugar nel, analizando elementos como a oferta, a demanda, os prezos, os tipos de mercado e os axentes implicados e reflexionado sobre a súa importancia como fonte de mellora económica e social.
Táboa de indicadores
Identifica as estratexias de responsabilidade social corporativa de diferentes empresa da contorna. 10
CA3.4 Diferenciar os custos e os beneficios xerados no fluxo circular da renda para cada un dos axentes económicos determinando a súa repercusión no desenvolvemento económico e benestar social.
Proba escrita
Describe o papel da empresa no esquema do fluxo circular da renda. 45

4 O mercado.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.2 Entender o funcionamento do mercado e a natureza das transaccións que teñen lugar nel, analizando elementos como a oferta, a demanda, os prezos, os tipos de mercado e os axentes implicados e reflexionado sobre a súa importancia como fonte de mellora económica e social.
Proba escrita
Define as variables que afectan á oferta e á demanda. Calcula e interpreta o equlibrio no mercado. Calcula e interpreta a elasticidade da oferta e da demanda. 90
CA3.1 Analizar o problema da asignación de recursos na satisfacción das necesidades, tanto individuais como colectivas -a escaseza-, identificando os motivos e comparando, de maneira xustificada, diferentes estratexias económicas de resolución deste.
Táboa de indicadores
Valora na práctica o papel do mercado na asignación de recursos. 10

5 Tipos de mercado.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.3 Coñecer os procesos que interveñen na toma das decisións económicas de maneira individual e colectiva analizando o impacto que teñen na sociedade.
Proba escrita
Analiza o proceso de toma de decisións nos mercados de competencia imperfecta e aplica a teoría de xogos. 20
CA2.1 Valorar a repercusión dos fallos do mercado no eido microeconómico e facilitar o proceso de toma de decisións neste ámbito, recoñecendo e comprendendo o seu funcionamento.
Táboa de indicadores
Identifica mercados de competencia imperfecta e valora os fallos no seu funcionamento. 5
CA2.2 Entender o funcionamento do mercado e a natureza das transaccións que teñen lugar nel, analizando elementos como a oferta, a demanda, os prezos, os tipos de mercado e os axentes implicados e reflexionado sobre a súa importancia como fonte de mellora económica e social.
Proba escrita
Diferencia os tipos de mercado. 70
CA2.3 Analizar con espírito crítico os fallos do mercado, avaliando as súas consecuencias e reflexionando sobre as súas posibles solucións.
Táboa de indicadores
Analiza criticamente os efectos da existencia de mercados de competencia imperfecta. 5

6 O mercado de traballo.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.2 Entender o funcionamento do mercado laboral e a natureza das transaccións que teñen lugar nel, analizando os axentes implicados e reflexionado sobre a súa importancia como fonte de mellora económica e social.
Proba escrita
Identifica as características do mercado laboral e interpreta os principais datos. Diferencia os tipos de desemprego. Identifica as políticas de emprego. 90
CA3.10 Expor solucións socioeconómicas que respondan a necesidades individuais e colectivas tanto no marco das relacións nacionais coma internacionais, investigando e explorando a realidade económica tendo en conta diversos factores e aplicando as ferramentas propias do ámbito da economía
Táboa de indicadores
Analiza a evolución do mercado laboral. Valora políticas de emprego aplicadas ou a aplicar. 10

7 Indicadores e equilibrio macroeconómico.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Analizar o problema da asignación de recursos na satisfacción das necesidades, tanto individuais como colectivas -a escaseza-, identificando os motivos e comparando, de maneira xustificada, diferentes estratexias económicas de resolución deste.
Proba escrita
Describe o equilibrio macroeconómico. 30
CA3.3 Coñecer como se produce o desenvolvemento económico e o benestar social valorando, con sentido crítico, o papel dos distintos axentes económicos que interveñen no fluxo circular da renda.
Proba escrita
Calcula e interpreta o crecemento económico. Diferencia entre crecemento económico e desenvolvemento. 30
CA3.4 Diferenciar os custos e os beneficios xerados no fluxo circular da renda para cada un dos axentes económicos determinando a súa repercusión no desenvolvemento económico e benestar social.
Proba escrita
Calcula e interpreta as macromagnitudes empregando o fluxo circular da renda. Identifica as limitacións das macromagnitudes. 30
CA3.10 Expor solucións socioeconómicas que respondan a necesidades individuais e colectivas tanto no marco das relacións nacionais coma internacionais, investigando e explorando a realidade económica tendo en conta diversos factores e aplicando as ferramentas propias do ámbito da economía
Táboa de indicadores
Emprega os indicadores macroeconómicos na comparación da situación dos diferentes países e analiza as políticas económicas aplicadas. 10

8 O papel do Estado.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.4 Analizar con espírito crítico os fallos do mercado, avaliando as súas consecuencias e reflexionando sobre as súas posibles solucións segundo os diferentes sistemas económicos.
Táboa de indicadores
Valora a necesidade de intervención do Estado como resposta aos fallos de mercado. 5
CA4.1 Comprender a realidade económica actual analizando a repercusión das decisións adoptadas pola intervención do Estado en materia de política económica e establecendo comparacións sobre as solucións alternativas que ofrecen os distintos sistemas.
Proba escrita
Identifica os fallos do mercado. Define política macroeconómica e identifica os diferentes tipos como solución aos fallos do mercado. 30
CA4.2 Comprender o problema básico da economía da escaseza de recursos para garantir o estado do benestar e analizar as diferentes alternativas de financiamento e os seus efectos no conxunto da sociedade.
Proba escrita
Define estado do benestar e identifica diferentes modelos. 30
CA4.3 Diferenciar os custos e os beneficios que xera para cada un dos axentes económicos no fluxo da renda establecendo relacións entre eles e determinando a súa repercusión no estado do benestar e no seu financiamento.
Proba escrita
Identifica as fontes de financiamento do estado do benestar. 30
CA4.6 Expor solucións socioeconómicas que respondan a necesidades individuais e colectivas propias do estado do benestar investigando e explorando a realidade económica tendo en conta diversos factores e aplicando as ferramentas propias do ámbito da economía.
Táboa de indicadores
Recoñece e valora, na práctica, os instrumentos e limitacións dos diferentes modelos de estado do benestar. 5

9 A política fiscal.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1 Comprender a realidade económica actual analizando a repercusión das decisións adoptadas pola intervención do Estado en materia de política económica e establecendo comparacións sobre as solucións alternativas que ofrecen os distintos sistemas.
Proba escrita
Identifica as distintas políticas fiscais. Analiza, en supostos prácticos, os diferentes enfoques sobre a intervención do Estado na economía e políticas fiscais aplicadas. 40
CA4.2 Comprender o problema básico da economía da escaseza de recursos para garantir o estado do benestar e analizar as diferentes alternativas de financiamento e os seus efectos no conxunto da sociedade.
Proba escrita
Identifica as fontes de financiamento do déficit público. 30
CA4.3 Diferenciar os custos e os beneficios que xera para cada un dos axentes económicos no fluxo da renda establecendo relacións entre eles e determinando a súa repercusión no estado do benestar e no seu financiamento.
Proba escrita
Identifica os compoñentes dos orzamentos xerais do Estado. Identifica as razóns da existencia da economía mergullada e o seu impacto no estado do benestar. 20
CA4.6 Expor solucións socioeconómicas que respondan a necesidades individuais e colectivas propias do estado do benestar investigando e explorando a realidade económica tendo en conta diversos factores e aplicando as ferramentas propias do ámbito da economía.
Táboa de indicadores
Analiza o estado do benestar como solución ás necesidades individuais e colectivas. 10

10 O diñeiro e o sistema financeiro.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.7 Coñecer e comprender o funcionamento do sistema financeiro valorando os seus efectos sobre a economía real e analizando os elementos que interveñen nas decisións financeiras relacionadas co investimento, co aforro, cos produtos financeiros e coa procura de fontes de financiamento, para planificar e xestionar con maior responsabilidade e autonomía as propias finanzas e adoptar decisións financeiras fundamentadas.
Proba escrita
Explica o papel do diñeiro. Identifica os intermediarios financeiros e os produtos obxecto de intercambio. 30
CA1.8 Planificar e xestionar con responsabilidade e progresiva autonomía as finanzas persoais e adoptar decisións fundamentadas a partir do coñecemento e da comprensión do sistema financeiro valorando os elementos que interveñen nas decisións financeiras e os efectos que estes poden provocar na economía real.
Proba escrita
Elabora un plan financeiro persoal. Valora a importancia de planificar as finanzas das economías domésticas. 15
CA1.9 Adquirir coñecementos financeiros a partir da análise do sistema financeiro, do seu funcionamento e dos efectos que se derivan das decisións adoptadas nel e establecendo conexións entre estas aprendizaxes e as súas decisións financeiras persoais que afectan a súa vida cotiá.
Proba escrita
Manexa conceptos básicos das finanzas persoais. 15
CA3.5 Coñecer e comprender o funcionamento do sistema financeiro e a súa evolución na era dixital, analizando as novas tendencias tecnolóxicas que supoñen unha disrupción no sector financeiro, para planificar e xestionar con maior responsabilidade e autonomía as propias finanzas e adoptar decisións financeiras fundamentadas.
Táboa de indicadores
Identifica os efectos da era dixital no sistema financeiro: novos medios de pagamento, ciberseguridade... 10
CA3.6 Planificar e xestionar con responsabilidade e progresiva autonomía as finanzas persoais e adoptar decisións fundamentadas a partir do coñecemento e da comprensión do sistema financeiro e a súa evolución na era dixital valorando os elementos que interveñen nas decisións financeiras e os efectos que estes poden provocar na economía real.
Proba escrita
Elabora un plan financeiro persoal nun contexto de transformación dixital. Valora a importancia de seguir as recomendacións de ciberseguridade na práctica. 15
CA3.7 Adquirir coñecementos financeiros a partir da análise do sistema financeiro, do seu funcionamento, da súa evolución e dos efectos que se derivan das decisións adoptadas nel e establecendo conexións entre estas aprendizaxes e as súas decisións financeiras persoais que afectan a súa vida cotiá.
Proba escrita
Manexa conceptos básicos das finanzas persoais nun contexto dixital. 15

11 A política monetaria.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1 Comprender a realidade económica actual analizando a repercusión das decisións adoptadas pola intervención do Estado en materia de política económica e establecendo comparacións sobre as solucións alternativas que ofrecen os distintos sistemas.
Proba escrita
Analiza, en supostos prácticos, os diferentes enfoques sobre a intervención do estado na economía e identica as políticas monetarias desenvolvidas. 20
CA4.4 Coñecer e comprender o funcionamento do sistema financeiro, da política monetaria e da estabilidade de prezos valorando os seus efectos sobre a economía real e analizando os elementos que interveñen nas decisións financeiras, como o tipo de xuro, a inflación, o aforro, os produtos financeiros e a procura de fontes de financiamento, para planificar e xestionar con maior responsabilidade e autonomía as propias finanzas e adoptar decisións financeiras fundamentadas.
Proba escrita
Recoñece causas e efectos da inflación. Explica o funcionamento da política monetaria. 70
CA4.5 Adquirir coñecementos financeiros a partir da análise do sistema financeiro e da política monetaria e establecendo conexións entre estas aprendizaxes e as súas decisións financeiras persoais que afectan a súa vida cotiá.
Táboa de indicadores
Recoñece causas e efectos da inflación. Explica o funcionamento da política monetaria. 10

12 O Comercio internacional. A integración económica. A Unión Europea.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Comprender a realidade económica actual, analizando a repercusión das decisións adoptadas no ámbito económico, valorando os procesos de integración económica e establecendo comparacións sobre as solucións alternativas que ofrecen os distintos sistemas.
Proba escrita
Analiza a repercusión das decisións económicas e valor os procesos de integración económica. 15
CA3.9 Comprender os retos económicos actuais en materia de comercio internacional e procesos de integración económica, analizando de forma crítica e construtiva os efectos económicos-sociais a partir da análise de casos reais e fomentando iniciativas que respondan ás necesidades que supoñen estes retos.
Proba escrita
Valora argumentos a favor e en contra do libre comercio e o proteccionismo. Define os diferentes niveis de integración económica. Coñece o funcionamento do comercio internacional. 50
CA3.10 Expor solucións socioeconómicas que respondan a necesidades individuais e colectivas tanto no marco das relacións nacionais coma internacionais, investigando e explorando a realidade económica tendo en conta diversos factores e aplicando as ferramentas propias do ámbito da economía
Táboa de indicadores
Analiza con espírito crítico os efectos da integración na economía mundial. 10
CA5.1 Comprender a realidade económica actual analizando as oportunidades e os riscos dos procesos de integración económica entre países e da globalización e a súa repercusión na redución das desigualdades.
Proba escrita
Recoñece os efectos na economía dos países dos distintos niveis de integración económica. Recoñece as vantaxes e inconvenientes do proceso de integración europeo. 25

13 Retos da economía mundial
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.8 Identificar os retos e os desafíos dunha economía global propondo iniciativas que fomenten a equidade, a xustiza e a sostibilidade e analizando, con sentido crítico, o impacto que provoca a globalización, a nova economía e a revolución dixital no benestar económico e social dos cidadáns.
Proba escrita
Describe os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible como resposta aos retos económicos actuais. Coñece e valora a estratexia española de desenvolvemento sostible 2030. 30
CA3.9 Comprender os retos económicos actuais en materia de comercio internacional e procesos de integración económica, analizando de forma crítica e construtiva os efectos económicos-sociais a partir da análise de casos reais e fomentando iniciativas que respondan ás necesidades que supoñen estes retos.
Táboa de indicadores
Analiza de forma práctica as respostas dos procesos de integración económica aos retos actuais. 2
CA5.1 Comprender a realidade económica actual analizando as oportunidades e os riscos dos procesos de integración económica entre países e da globalización e a súa repercusión na redución das desigualdades.
Proba escrita
Identifica os factores explicativos da globalización, oportunidades e riscos. 30
CA5.2 Analizar a escaseza de recursos e a pobreza para comprender os fluxos migratorios identificando os motivos e comparando, de maneira xustificada, diferentes estratexias económicas de resolución deste.
Táboa de indicadores
Identifica as causas da pobreza e propón solucións. Valora as implicacións socioeconómicas dos fluxos migratorios. 2
CA5.3 Coñecer os procesos que interveñen na toma das decisións económicas de maneira individual e colectiva analizando o impacto que teñen nos retos económicos actuais.
Táboa de indicadores
Identifica actuacións a desenvolver polos axentes económicos na procura do ODS. 2
CA5.4 Analizar, con sentido crítico, como se produce o desenvolvemento económico e o benestar social con relación ao desenvolvemento sostible e aos retos económicos actuais. Estudo de casos.
Táboa de indicadores
Analiza os indicadores de desenvolvemento de diferentes países. 1
CA5.5 Diferenciar os custos e os beneficios que xera para cada un dos axentes económicos no fluxo da renda establecendo relacións entre eles e determinando a súa repercusión no desenvolvemento económico e no benestar social.
Proba escrita
Identifica as externalidades do fluxo circular da renda. Coñece os indicadores de desenvolvemento e relaciónaos co benestar e calidade de vida. 30
CA5.6 Propor iniciativas que fomenten a equidade, a xustiza e a sostibilidade a partir da identificación dos retos e dos desafíos que supón a economía actual e analizando, con sentido crítico, o impacto que provoca a globalización, a nova economía e a revolución dixital no benestar económico e social dos cidadáns.
Táboa de indicadores
Valora diversas medidas que poidan contribuír á sostenibilidade do estado do benestar. Comprende os factores e consecuencias da nova economía derivadas da revolución dixital. 1
CA5.7 Comprender os retos económicos actuais analizando de forma crítica e construtiva a contorna, identificando aqueles elementos que condicionan e transforman a economía e fomentando iniciativas que respondan ás necesidades que supoñen estes retos.
Táboa de indicadores
Valora a economía colaborativa como alternativa menos desperdiciadora de recursos. Valora a importancia da implantación dunha economía circular. 1
CA5.8 Expor solucións socioeconómicas que respondan a necesidades individuais e colectivas con relación aos retos económicos actuais, investigando e explorando a realidade económica tendo en conta diversos factores e aplicando as ferramentas propias do ámbito da economía.
Táboa de indicadores
Identifica os principios básicos da teoría do decrecemento económico. 1

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


A metodoloxía proposta é de ensinanza activa, na que a participación do alumno é o elemento esencial, procurando a súa formación integral como cidadán. Prestarase atención especial á consecución da súa motivación. Trata de dar unha resposta competencial, pasando da aprendizaxe memorística a aplicar o coñecemento a situacións diversas e cambiantes, cun enfoque interdisciplinar e favorecendo o traballo colaborativo.

 

No deseño da práctica de ensino e aprendizaxe desta materia consideranse os Principios e Orientacións pedagóxicas do Decreto polo que se establece a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

A selección de recursos didácticos e situacións de aprendizaxe realizarase atendendo ás condicións persoais e necesidades específicas do alumnado.

 

Empregaranse múltiples vías (verbal, auditiva, visual...) na presentación de contidos ao tempo que se promoverá que o alumnado exprese o coñecemento empregando diferentes vías.

 

Empregaranse recursos tecnolóxicos accesibles para todo o alumnado, comprobando que coñecen e son quen de manexar as ferramentas precisas para realizar as actividades propostas.

 

Exporanse os obxectivos das tarefas propostas, proporcionando guías de traballo. No estudo de casos, aplicaranse procedementos que permitan verificar os pasos seguidos dende a formulación ata o resultado final.

 

Fomentarase a análise crítica dos contidos, actividades e tarefas propostas.

 

Proporanse tarefas, actividades de síntese con traballos individuais ou grupais que permitan relacionar coñecementos. Resulta fundamental promocionar a participación nos programas e plans educativos do centro que faciliten o desenvolvemento das competencias clave e o tratamento dos elementos transversais.

 

Ao inicio de cada unidade didáctica exporanse os instrumentos de avaliación a aplicar e a súa ponderación.

 

Deseñaranse e aplicaranse probas e tarefas axustadas ás características do alumnado, actividades de avaliación con diferentes niveis de complexidade, activando diferentes recursos cognitivos.

 

Avaliación continua nunha ampla variedade de situacións, avaliando tarefas individuais e grupais. Nas tarefas grupais avaliararanse, ademais dos progresos na aprendizaxe, a implicación e aportacións do alumnado participante.

 

A avaliación, ademais de informar dos erros cometidos e da puntuación acadada, trasladará propostas de mellora. Deseñaranse criterios de avaliación ou rúbricas para autoavaliación ou coavaliación do alumnado.

 

No caso de ser preciso realizar atención educativa non presencial procederase tal como se expón:

- Desenvolvemento das sesións empregando a videoconferencia como ferramenta. Sesións individuais de reforzo ao alumnado que presenta maiores dificultades (desenvoltas en sesións distintas das previstas para a materia nos horarios dos grupos).

- Foros Aula Virtual: facilitadores da comunicación colectiva.

- Mensaxería Aula Virtual: facilitadora das comunicacións individuais.

- Entrega de tarefas Aula Virtual: facilitan o envío dos exercicios propostos.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Economía 1º BACHILLERATO. Editorial McGraw-Hill. Anxo Penalonga Sweers. ISBN: 978-84-486-28744-7 Edición Abril - 2022.
Aula virtual do centro en webs dinámicas: Economía 1º Bach. https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmarcocamballon/aulavirtual/course/view.php?id=284
Servizos de videoconferencia: Eduxunta Webex, Falemos Edu.
Biblioteca.
Aula de informática.
Software específico libre: maqueta abalar, openoffice...

Espazo dixital de traballo que permite dispoñer dun espazo web online para organizar os contidos das unidades didácticas, repositorio de contidos, documentos e enlaces a outros recursos dixitais; espazo de intercambio e comunicación entre profesorado e alumnado (foros e mensaxeria), e de avaliación, seguimento e recuperación (realización de tarefas, cuestionarios, probas ensaio ....).

 

Plataformas de videoconferencia que permite ao docente interactuar en tempo real co alumnado: compartindo contidos e facilitando a exposición dos mesmos, facendo cuestionarios e exercicios en tempo real e de xeito colaborativo...

 

Desenvolvemento de actividades de promoción da lectura no ámbito económico.

 

Desenvolvemento de actividades nos plans, proxectos e programas nos que participa o centro, vinculados aos contidos da materia, fomentando o traballo dos elementos transversais.

 

O acceso á aula de informática é imprescindible para o desenvolvemento dos contidos.

 

 


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


A avaliación inicial realizarase durante as primeiras sesións do curso co fin de favorecer o coñecemento personalizado do alumnado e da súa situación educativa.

 

Formularase por procedementos informais ou como proba escrita coa fin de avaliar os coñecementos previos da materia e o nivel competencial do alumnado.

 

Permitirá axustar o proceso de ensino ás características que presenta o alumnado.

 

Dada condición de ensino non obrigatorio do Bacharelato en España, tampouco será obrigada a proba escrita de avaliación inicial, agás que veña esixida polas condicións ou diversidade dos alumnos e alumnas do grupo.

 

Con carácter xeral, a avaliación inicial do grupo farase de xeito continuo e informal durante as seis primeiras semanas do curso de non existiren condicións obvias dentro do alumnado do grupo que esixan a utilización doutras ferramentas de carácter máis formal, puidendo incluso precisarse o apoio do Departamento de Orientación de chegar a ese caso.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 6.0 7.0 7.0 7.0 7.0 8.0 9.0 7.0 9.0 9.0 9.0 8.0 7.0 100.0
Proba escrita 90.0 90.0 90.0 90.0 90.0 90.0 90.0 90.0 90.0 90.0 90.0 90.0 90.0 90.0
Táboa de indicadores 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.000000000000004

A cualificación de cada avaliación parcial calcularase como media aritmética das cualificacións de cada unidade didáctica determinada pola aplicación dos instrumentos de avaliación referidos.

 

En cada avaliación parcial teremos tres ferramentas que configurarán a cualificación final:

 

* Unha primeira proba escrita, aproximadamente despois de seis semanas de traballo, que terá un valor do 45 % da cualificación final.

 

* Unha segunda proba escrita, no final de cada trimestre, que terá un valor do 45 % da cualificación final.

 

* Un baremo procedente da avaliación continua (con valores entre 0 e 1 sobre 10, ou polo 10 % da cualificación final), no que se valorará a participación do alumno ou da alumna no proceso de ensino - aprendizaxe, a entrega das tarefas propostas e a colaboración xeral e solidariedade dentro do grupo.

 

A materia estará superada en cada unha das avaliacións parciais (como se verá máis adiante) cando a suma das cualificacións das tres ferramentas anteriomente referidas acade 4,5 ou cifra superior.

 

Dado que a nota de cada avaliación é numérica exacta, o redondeo será:

-Ao enteiro superior máis próximo no caso de que a cifra das décimas sexa igual ou superior a 5.

-Ao enteiro inferior máis próximo no caso de que a cifra das décimas sexa inferior a 5.

 

Entenderase superada a avaliación cando o alumnado obteña unha cualificación igual ou superior a 5, unha vez aplicados os criterios anteriores.

 

A cualificación da avaliación ordinaria calcularase como media aritmética das cualificacións das avaliacións parciais sen aplicar o redondeo, sempre e cando sexan superadas cando menos dúas das tres avaliacións parciais.

 

Dado que a cualificación da avaliación ordinaria é numérica exacta, o redondeo será:

-Ao enteiro superior máis próximo no caso de que a cifra das décimas sexa igual ou superior a 5.

-Ao enteiro inferior máis próximo no caso de que a cifra das décimas sexa inferior a 5.

 

 

O alumnado que non supere algunha avaliación será convocado, ao inicio da seguinte, a unha proba escrita que versará sobre os contidos específicos da avaliación non superada. Ademais, abriranse prazos para que poida entregar as tarefas pendentes, ou repetilas, no caso de ser preciso. A cualificación será o resultado de aplicar os instrumentos de avaliación referidos. O alumnado que non superou dúas das avaliacións parciais (ou con media global menor a 4,5) terá que presentarse á proba final extraordinaria (proba escrita), que versará sobre os contidos específicos de toda a programación incluída no presente documento. A cualificación da avaliación ordinaria será calculada como media aritmética das cualificacións das avaliacións parciais superadas, sen aplicar o redondeo, e a cualificación da proba de recuperación posterior correspondente ás avaliacións non superadas sempre e cando sexa maior cá cualificación de partida na avaliación anterior. Dado que a cualificación da avaliación ordinaria é numérica exacta, aplicarase ao resultado final o redondeo detallado na programación. Entenderase superada a materia cando a cualficación da avaliación ordinaria sexa igual ou superior a 5, previamente aplicados os criterios anteriores. A partir do 5 de xuño darase prioridade á realización de actividades de apoio, de reforzo e de recuperación para o alumnado con materias sen superar e preparación das probas extraordinarias. O alumnado que non superou a materia na avaliación ordinaria será convocado a unha proba extraordinaria nas datas determinadas pola dirección do centro segundo estableza a Orde pola que se aproba o calendario escolar para cada curso con todos os contidos. A cualificación da avaliación extraordinaria estará composta exclusivamente polo resultado da proba escrita (aplicarase ao resultado final o redondeo detallado na programación). O alumnado supera a materia cando acada una cualificación igual ou superior a 5, unha vez aplicado o redondeo.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Procedemento destinado a:

- Alumnado que cursa segundo curso de bacharelato e ten pendente a materia de Economía de primeiro.

- Alumnado de cambio de modalidade no bacharelato que deba cursar a materia de primeiro. (Artigo 30. Resolución do 26 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2022/23).

 

O alumnado que se matricule no curso académico 2022/23 no segundo curso do bacharelato e teña materias pendentes de primeiro curso ou teña que cursalas como pendentes poderá recuperalas durante o curso 2022/23 co currículo da materia que se extingue. De non superalas durante ese curso, a partir do curso 2023/24 terá que facelo co novo currículo nas condicións que se determinen. (Disposición transitoria segunda. Resolución do 26 de maio de 2022).

 

O departamento didáctico proporá á responsable de pendentes do centro (Ana Formoso Remesar, xefa de departamento de Francés) un plan de traballo con expresión dos contidos mínimos esixibles e as actividades recomendadas. Os instrumentos de avaliación a empregar serán Táboas de Indicadores (TI) sobre as actividades propostas e Probas Escritas (PE) que serán aplicadas en dous parciais segundo o calendario centralizado disposto ao efecto pola referida responsable, a profesora Ana Formoso.

 

Primeira proba parcial. Versará sobre os contidos:

Bloque 1. Economía e escaseza. A organización da actividade económica.

Bloque 2. A actividade produtiva.

Bloque 3. O mercado e o sistema de prezos.

 

Segunda proba parcial. Versará sobre os contidos:

Bloque 4. A macroeconomía.

Bloque 5. Aspectos financeiros da Economía.

Bloque 6. O contexto internacional da economía.

Bloque 7. Desequilibrios económicos e o papel do Estado na economía.

 

A cualificación de cada avaliación parcial calcularase como media aritmética das cualificacións de cada unidade didáctica determinada pola aplicación dos instrumentos de avaliación referidos.

 

Redondeo da cualificación da avaliación parcial:

-Ao enteiro superior máis próximo no caso de que a cifra das décimas sexa igual ou superior a 5.

-Ao enteiro inferior máis próximo no caso de que a cifra das décimas sexa inferior a 5.

 

A cualificación final calcularase como media ponderada das cualificacións, sen redondear, das anteriores probas parciais e boletíns de actividades propostos. O criterio básico de ponderación será 40 % tarefa, 30 % primeira proba parcial, 30 % segunda proba parcial.

 

Entenderase que o alumnado supera a materia cando obteña unha cualificación, aplicado o redondeo, de mínimo 5.

 

No caso de non superar as probas parciais o alumnado será convocado a unha proba final (Artigo 11. Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia) que se adecuará ás datas previstas para a ABAU e que versará sobre a totalidade dos contidos. Neste caso a cualificación estará composta exclusivamente polo resultado da proba final (PE) proposta (aplicarase ao resultado final o redondeo explicado e recollido na programación).

 

A figura do responsable de materias pendentes xoga un papel fundamental na proposta, seguimento, avaliación e recuperación da materia.

O seguemento do alumnado con materias pendentes corresponderá á xefatura de departamento en contacto estreito co responsable centralizado de recuperación de materias.

 

De ser preciso, a xefatura de departamento programará tarefas fóra do horario lectivo (telemáticas, a través da Aula Virtual) para facilitar o progreso do alumnado.

 

O procedemento de recuperación de materias pendentes vén estruturado polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo, no que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria. Particularmente, establece o seguinte:

 

Artigo 75. 1.- É competencia do xefe ou xefa de departamento:

h) Realizar as convocatorias, cando corresponda, dos exames para os alumnos e alumnas libres, alumnos e alumnas de bacharelato ou ciclos formativos con materias ou módulos profesionais pendentes, así como as probas extraordinarias, sempre en coordinación coa xefatura de estudios. Presidir a realización dos exercicios correspondentes e avalialos en colaboración cos membros do departamento.

 

 

 

 


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta materia

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Son medidas de atención á diversidade as actuacións, estratexias e/ou programas destinados a proporcionar unha resposta axustada ás necesidades educativas do alumnado (Artigo 7, Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación).

 

De ser preciso, desenvolveranse as seguintes medidas de atención á diversidade:

 

Ordinarias. Aquelas que faciliten a adecuación do currículo, sen alteración siginificativa dos obxectivos, contidos nin criterios de avaliación, ao contexto do centro e ás características do alumnado. Teñen como finalidade dar resposta ás diferenzas en competencia curricular, motivación, intereses, relación social, estratexias, estilos e ritmos de aprendizaxe, e están destinadas a facilitar a consecución dos obxectivos e competencias establecidas nas diferentes ensinanzas.

 

- Adecuación da xestión da aula ás características do alumnado, procurando a participación, o acceso aos recursos, favorecendo a convivencia e aprendizaxe compartida.

- Adecuación da programación didáctica ao alumnado e circunstancias do seu contorno. Logo de identificadas as barreiras (accesibilidade física, sensorial, cognitiva e emocional) deseñaranse actividades partindo dos principios do deseño universal de aprendizaxe para que as aprendizaxes sexan accesibles.

- Metodoloxías baseadas no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos, titoría entre iguais, aprendizaxes por proxectos.

- Adaptación dos tempos, dos instrumentos e dos procedementos de avaliación ás circunstancias do alumnado, tales como, forma de comunicación co alumnado, secuenciación de tarefas, verificación da comprensión das tarefas, dispoñibilidade dos recursos tecnolóxicos, concesión do tempo necesario. Aplicaranse as propostas recollidas nos plans, proxectos, programas, guías e protocolos elaborados pola Consellería.

- Aulas de atención educativa e convivencia. No caso de ser preciso derivar alumnado, o profesorado proporcionará as tarefas que debe realizar, que serán corrixidas e avaliadas.

- Reforzo educativo. Posta en práctica de mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten dificultades no progreso do alumnado.

- Programas de enriquecemento curricular para o alumnado que presenta altas capacidades intelectuais.

 

Extraordinarias. Aquelas dirixidas a dar resposta ás necesidades educativas do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que poden requirir modificacións significativas do currículo ordinario e/ou supor cambios esenciais no ámbito organizativo, así como, de ser o caso, nos elementos de acceso ao currículo o una modalidade de escolarización. Aplicaranse logo de esgotadas as de carácter ordinario ou por resultaren insuficientes.

 

O alumnado con necesidade específica de apoio educativo é aquel que require unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentar necesidades educativas especiais, por atraso madurativo, por trastornos do desenvolvemento da linguaxe e da comunicación, por trastornos de atención ou de aprendizaxe, por descoñecemento grave da lengua de aprendizaxe, por se atoparen en situación de vulnerabilidade socioeducativa, polas súas altas capacidades intelectuais, por se teren incorporado tarde ao sistema educativo ou por condición persoais ou de historia escolar.

 

O alumnado que presenta necesidade educativas especiais é aquel que afronta barreiras que limiten o seu acceso, a súa presenza, a súa participación ou a súa aprendizaxe, derivadas de discapacidade ou de trastornos graves de conduta, da comunicación e da linguaxe, por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, e que require determinados apoios e atención educativas específicas para a consecución dos obxectivos de aprendizaxe adecuados ao seu desenvolvemento.

 

-Flexibilización da duración do período de escolarización na etapa de bacharelato. Dirixido a alumnado con altas capacidades intelectuais ou alumnado con necesidades educativas especiais.

-Atención educativa ao alumnado que, por circunstancias diversas, presenta dificultades para unha asistencia continuada ao centro. O docente coordinado polo profesorado titor e co asesoramento da xefatura do departamento de orientación, elaborará unha proposta de actividades educativas empregando medios telemáticos para a entrega, seguimiento e avaliación e adoptará medidas que promovan a súa inclusión.

 

O docente colaborará co profesorado titor e coa xefatura do departamento de orientación na planificación e desenvolvemento de actuacións destinadas ao axuste dos procesos de ensino e aprendizaxe.

 

A avaliación inicial permitirá, de vir esixida polas condicións de base do grupo, adaptar as ensinanzas ao alumnado e facilitar a debida progresión na súa aprendizaxe.

 

No proceso de avaliación promoverase o uso de instrumentos de avaliación variados, diversos, flexibles e adaptados ás distintas situacións de aprendizaxe que permitan a valoración obxectiva do alumnado e garantan que as condicións de realización dos procesos asociados á avaliación se adapten ás necesidades do alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

 


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13
1 Comprensión lectora
2 Expresión oral e escrita
3 Comunicación audiovisual
4 Competencia dixital
5 Creatividade
6 Emprendemento social e empresarial
7 Fomento do espírito crítico e científico
8 Educación emocional e en valores
9 A igualdade de xénero

Do mesmo xeito, promoverase a aprendizaxe da prevención e resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como dos valores que sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto polos dereitos humanos e o rexeitamento da violencia terrorista, a pluralidade, o respecto polo Estado de dereito, o respecto e a consideración polas vítimas do terrorismo, e a prevención do terrorismo e de calquera tipo de violencia.

Evitaranse os comportamentos, os estereotipos e os contidos sexistas, así como aqueles que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Visita a centros de traballo e/ou empresas Coa fin de analizar e comprender o proceso de toma de decisións dun dos principais axentes económicos.

Non se rexistraron observacións

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Inclúe os elementos curriculares na programación didáctica adaptándoos ás características do alumnado e contexto do centro.
Elabora as unidades didácticas utilizando como referente a programación didáctica da materia.
Realiza a avaliación inicial co fin de identificar as dificultades do alumnado, así como as súas necesidades de atención educativa.
Presenta e publica a programación didáctica incidindo especialmente na metodoloxía, instrumentos e proceso de avaliación e cualificación.
Planifica, coa antelación suficiente e tendo en conta a dispoñibilidade do alumnado, o calendario de probas a realizar segundo a tipoloxía.
Ofrece ao alumnado múltiples formas de presentación dos contidos e de acción e expresión.
Emprega as tecnoloxías da información e da comunicación na aula como medio didáctico para desenvolver as tarefas de ensino e aprendizaxe.
Propón actividades complementarias que contribúan á mellora da aprendizaxe do alumnado.
Procura a transparencia do proceso de avaliación.
Fomenta e estimula as habilidades de comprensión de lectura e de uso da información, de expresión escrita e en público.
Selecciona e secuencia de forma progresiva os contidos da programación de aula en función das características do grupo.
Planifica a actividade educativa coordinada con outras materias.
Establece criterios e instrumentos de avaliación e autoavaliación que permitan facer o seguimento do progreso do alumnado e comprobar o grao de adquisición de competencias.
Presenta ao inicio de cada sesión o plan de traballo, sinalando os obxectivos que se pretenden lograr.
Analiza os resultados da avaliación cos alumnos e alumnas. Informa dos logros acadados e dificultades atopadas, propoñendo estratexias de mellora.
Recoñece o esforzo do alumnado, non só os resultados.
Relaciona os contidos da materia cos feitos da actualidade.
Organiza actividades complementarias axeitadas que completen a aprendizaxe tendo en conta as inquedanzas do alumnado, na procura de facer atractiva a participación no desenvolvemento das mesmas.
Fomenta a participación do alumnado no desenvolvemento da materia, promovendo o debate e a análise crítica dos temas propostos.
Emprega na aula un discurso que estimula e mantén o interese do alumnado polos contidos obxecto de estudo.
Amosa unha actitude aberta e receptiva e fomenta a interacción co alumnado.
Xestiona a intelixencia emocional na aula, facilitando a expresión do alumnado, ensinando estratexias comunicativas.
Os mínimos de consecución e os criterios de cualificación e recuperación están claramente definidos.
Establece as medidas de atención á diversidade necesarias para facilitar o acceso ó currículo do alumnado.
Propón ao alumnado a realización de actividades de recuperación e reforzo, de enriquecemento e ampliación.
Rexistra e avalía o seguimento da súa propia actuación no desenvolvemento das clases.
Emprega instrumentos de avaliación variados, diversos, flexibles e adaptados ás distintas situacións de aprendizaxe.
Estabece as medidas máis adecuadas para que as condicións de realización das avaliacións se adapten ás necesidades do alumnado.
Participa en actividades de formación dirixidas á actualización de coñecementos científico-técnicos, didácticos e/ou psicopedagóxicos.
Emprega os resultados da avaliación para mellorar o proceso de ensino.
Realiza actividades, traballos e proxectos de investigación e innovación educativa relacionados coa práctica docente.

Tal e como establece a normativa, "O profesorado avaliará tanto as aprendizaxes do alumnado como os procesos de ensino e a súa propia práctica docente, para o cal establecerá indicadores de logro nas programacións docentes."

Tales indicadores consisten nunha serie de items que permiten reflexionar sobre a actuación co alumnado e os aspectos reflectidos na programación:

- planificación,

- a motivación do alumnado,

- desenvolvemento do proceso de ensino,

- idoneidade dos materiais empregados e das actividades propostas

- e seguimento e avaliación do proceso de ensinanza-aprendizaxe

Valoraranse de 0 a 5.

Obxectivos da avaliación da práctica docente:

- Axustala ás peculiaridades do grupo e a cada alumno/a.

- Comparar a planificación curricular coa súa execución.

- Favorecer a reflexión individual e colectiva.

- Mellorar a comunicación e coordinación.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


Ao iniciar o curso revisarase a programación a partir das propostas de mellora recollidas na correspondente memoria do departamento do curso anterior.

 

A avaliación da presente programación farase a través do seguimento na aplicación Proens ao final de cada unidade didáctica por parte do/a profesor/profesora que imparta a materia e nas reunións mensuais de departamento.

 

Nas reunión de departamento comprobarase o grao de consecución dos obxectivos programados e as dificultades que se poidan atopar, ademais, poderán introducirse medidas correctoras se estas se estiman oportunas. Todas as posibles propostas de mellora reflectiranse na Memoria Final para introducir as modificacións necesarias na programación do curso seguinte.

 

As ferramentas a empregar para analizar o grao de cumprimento dos indicadores de logro poden consistir en:

 

- Diario de aula.

 

- Rúbrica de autoavaliación para cuantificar o grao de consecución de obxectivos, criterios de avaliación e contidos.

 

- Estatísticas de resultados.

 

- Cuestionarios e enquisas ao alumnado.

 


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver