Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


O currículo da Educación Secundaria Obrigatoria pretende garantir unha formación adecuada e integral, que se centre no desenvolvemento das competencias e que sexa equilibrada, porque incorpora na súa xusta medida compoñentes formativos asociados á comunicación, á formación artística, ás humanidades, ás ciencias, á tecnoloxía e á actividade física. Unha das finalidades da Educación Secundaria Obrigatoria consiste en lograr que as alumnas e os alumnos adquiran os elementos básicos da cultura, especialmente nos seus aspectos humanístico e artístico, científico-tecnolóxico e motor.

 

O eixe do currículo da materia de Lingua Castelá e Literatura constitúeno as competencias relacionadas coa interacción oral, escrita e audiovisual adecuadas nos distintos ámbitos e contextos e en función de diferentes propósitos comunicativos, así como co fomento do hábito lector, da interpretación de textos literarios e non literarios (académicos, sociais e propios da vida cotiá) e da apropiación dun patrimonio cultural. A reflexión explícita sobre o funcionamento da lingua proporciona a ferramenta necesaria para desenvolver a conciencia lingüística e mellorar os procesos de expresión, comprensión e recepción crítica de textos de diferentes ámbitos.

 

Os obxectivos da materia de Lingua Castelá e Literatura na Educación Secundaria Obrigatoria supoñen unha progresión con respecto aos acadados na Educación Primaria, dos que haberá que partir nesta nova etapa, para pasar dun acompañamento guiado a outro progresivamente autónomo. Esta evolución supón, alén diso, unha maior diversidade e complexidade das prácticas discursivas. Agora a atención céntrase no uso da lingua nos ámbitos educativo e social, sublíñase o papel das convencións literarias e do contexto histórico na comprensión dos textos literarios e outórgaselle un papel máis relevante á reflexión sobre o funcionamento da lingua e os seus usos.

 

Na Educación Secundaria Obrigatoria, a materia de Lingua Castelá e Literatura ten como obxectivo o desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado nas súas vertentes pragmática, lingüística, sociolingüística e literaria. Debe achegar as ferramentas e os coñecementos que articulan os procesos de comprensión e expresión oral e escrita para desenvolverse con éxito en calquera situación comunicativa. O enfoque comunicativo centrado no uso funcional da linguaxe reside na aprendizaxe das destrezas discursivas en diversos ámbitos: o das relacións persoais, o académico, o social e o dos medios de comunicación, cuxo dominio require procedementos e coñecementos explícitos tanto dos elementos formais como das normas sociolingüísticas que presiden os intercambios.

 

A reflexión literaria a través da lectura, a comprensión e interpretación de textos significativos da literatura española e da literatura xuvenil favorece o coñecemento das posibilidades expresivas da lingua, desenvolve a capacidade crítica e creativa dos/as estudantes, dálles acceso ao coñecemento doutras épocas e culturas, e enfróntaos a situacións que enriquecen a súa experiencia do mundo e favorecen o coñecemento de si mesmos.

 

O primeiro dos obxectivos da materia oriéntase ao recoñecemento da diversidade lingüística e dialectal da nosa contorna, de España e do mundo, co propósito de favorecer actitudes de aprecio á devandita diversidade, de combater prexuízos e estereotipos lingüísticos e de estimular a reflexión interlingüística. Un segundo grupo de obxectivos refírese á produción, comprensión e interacción oral e escrita, incorporando as formas de comunicación mediadas pola tecnoloxía e atendendo aos diferentes ámbitos de comunicación: persoal, educativo, social e profesional. Así, os obxectivos segundo e terceiro relaciónanse coa comunicación oral; o cuarto, coa comprensión lectora, e o quinto, coa expresión escrita. A aprendizaxe da lectura estivo durante séculos vinculada de maneira case exclusiva coa lectura literaria, aínda que hai décadas que os enfoques comunicativos subliñan a necesidade de ensinar a ler todo tipo de textos, con diferentes propósitos de lectura. Por outra banda, saber ler hoxe implica tamén navegar e buscar na Rede, seleccionar a información fiable, elaborala e integrala en esquemas propios coa finalidade de transformala en coñecemento. En resposta a iso, o obxectivo sexto pon o foco na alfabetización mediática e informacional, mentres que o sétimo e o oitavo se reservan para a lectura literaria, tanto autónoma coma guiada, na aula. O obxectivo noveno atende á reflexión sobre a lingua e os seus usos, en canto que o décimo, relativo á ética da comunicación, é transversal a todos eles.

 

 

 

 

 


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Describir e apreciar a diversidade lingüística do mundo a partir do recoñecemento das linguas do alumnado e da realidade plurilingüe e pluricultural de España, analizando a orixe e o desenvolvemento sociohistórico das súas linguas e as características das principais variedades dialectais do español, para favorecer a reflexión interlingüística, combater os estereotipos e prexuízos lingüísticos e valorar esta diversidade como fonte de riqueza cultural.
OBX2 Comprender e interpretar textos orais e multimodais recollendo o sentido xeral e a información máis relevante, identificando o punto de vista e a intención do emisor e valorando a súa fiabilidade, a súa forma e o seu contido, para construír coñecemento, formarse unha opinión e ampliar as posibilidades de gozo e de lecer.
OBX3 Producir textos orais e multimodais con coherencia e fluidez e co rexistro adecuado atendendo ás convencións propias dos diferentes xéneros discursivos e participar en interaccións orais cunha actitude cooperativa e respectuosa, tanto para construír coñecemento e establecer vínculos persoais coma para intervir de maneira activa e informada en diferentes contextos sociais.
OBX4 Comprender, interpretar e valorar textos escritos, con sentido crítico e diferentes propósitos de lectura, recoñecendo o sentido global e as ideas principais e secundarias, identificando a intención do emisor, reflexionando sobre o contido e a forma e avaliando a súa calidade e fiabilidade para dar resposta a necesidades e intereses comunicativos diversos e para construír coñecemento.
OBX5 Producir textos escritos e multimodais coherentes, cohesionados, adecuados e correctos atendendo ás convencións propias do xénero discursivo elixido, para construír coñecemento e para dar resposta de maneira informada, eficaz e creativa a demandas comunicativas concretas.
OBX6 Seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes de maneira progresivamente autónoma, avaliando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de manipulación e desinformación e integrala e transformala en coñecemento para comunicala desde un punto de vista crítico e persoal e, ao mesmo tempo, respectuoso coa propiedade intelectual.
OBX7 Seleccionar e ler de maneira autónoma obras diversas como fonte de pracer e coñecemento, configurando un itinerario lector que evolucione en canto á diversidade, complexidade e calidade das obras e compartir experiencias de lectura para construír a propia identidade lectora e gozar da dimensión social da lectura.
OBX8 Ler, interpretar e valorar obras ou fragmentos literarios do patrimonio nacional e universal, utilizando unha metalinguaxe específica e mobilizando a experiencia biográfica e os coñecementos literarios e culturais que permiten establecer vínculos entre textos diversos e con outras manifestacións artísticas, para conformar un mapa cultural, ampliar as posibilidades de gozo da literatura e crear textos de intención literaria.
OBX9 Mobilizar o coñecemento sobre a estrutura da lingua e os seus usos e reflexionar de maneira progresivamente autónoma sobre as eleccións lingüísticas e discursivas, coa terminoloxía adecuada, para desenvolver a conciencia lingüística, aumentar o repertorio comunicativo e mellorar as destrezas tanto de produción oral e escrita coma de recepción crítica.
OBX10 Pór as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática, da resolución dialogada dos conflitos e da igualdade de dereitos de todas as persoas, utilizando unha linguaxe non discriminatoria e desterrando os abusos de poder a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz, senón tamén ético e democrático, da linguaxe.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Linguas diferentes. Riqueza cultural Nesta unidade didáctica, estudaremos as propiedades textuais prestando especial atención aos mecanismos de cohesión, que traballaremos a partir de distintos textos. Estudaremos os rexistros lingüísticos e os trazos propios de cada un, así como os neoloxismos e préstamos lingüísticos e as súas tipoloxías. Repasaremos as normas ortográficas propias do guion. Tamén se estudarán as características do Romanticismo e do seu legado na literatura posterior. Leranse e analizaranse textos que evidencien os trazos máis relevantes do movemento e as mostras máis significativas da produción artística de escritores/as destacados/as. 11 13
2 Real como a vida mesma Nesta unidade didáctica estudaranse os textos descritivos e a súa tipoloxía, centrándose especialmente nos trazos lingüísticos desta tipoloxía. Tamén se estudarán os substantivos, adxectivos e verbos, as súas características e subtipos. Explicaranse tamén as normas de uso das letras maiúsculas. Despois de facer un repaso dos elementos constitutivos das palabras, estudarase o procedemento da derivación, facendo fincapé no significado dos prefixos e sufixos máis empregados. Por último, estudaremos as características do Realismo e o Naturalismo en España, aplicándoas ás obras dos autores máis representativos de ambos movementos literarios. 11 13
3 Unha viaxe asombrosa Nesta unidade abordarase a narración e todos os seus compoñentes, centrándose fundamentalmente nos aspectos lingüísticos desta tipoloxía textual. Estudaranse os procedementos da composición, a parasíntese e a acronimia, así como as normas de uso das grafías b/v, x, y/ll e g/j. Farase un repaso das categorías gramaticais invariables, profundizando en cada clase. Por último, estudaranse os trazos principais do Modernismo (Antonio Machado, Juan Ramón Jiménez) e do Grupo poético do 27, así como os seus autores e autoras principais. 12 13
4 Fábrica de soños Nesta unidade traballaremos a mensaxe publicitaria en toda a súa complexidade: o concepto de publicidade, os estereotipos e valores que manexa, a súa finalidade, a interrelación de códigos (lingüístico, visual e auditivo), etc. Tamén estudaremos as palabras patrimoniais, cultismos e semicultismos, así como as regras de uso da grafía h e dos grupos consonánticos. Centrarémonos na análise das clases de oracións. Analizaremos os trazos na novela de preguerra e do Novecentismo, así como a literatura dos seus autores máis coñecidos. 11 11
5 I e D Nesta unidade abordaremos os textos expositivos, os seus tipos e trazos lingüísticos máis relevantes. Repasaremos as normas de acentuación e estudaremos as clases de frases ou sintagmas, así como as súas funcións sintácticas internas. Estudarase o significado connotativo e o denotativo, tendo en conta sempre o contexto lingüístico e extralingüístico dos termos. Estudarase o teatro español de preguerra e as súas manifestacións principais, centrándonos nas obras de Benavente, Valle Inclán e García Lorca. 11 11
6 Comer para vivir Nesta unidade traballaremos os textos instrutivos e as súas características. Tamén se estudarán as relacións de significado (sinonimia, antonimia, polisemia e homonimia), prestando especial atención á súa función cohesiva e cohesionadora. Abordaranse as funcións sintácticas da oración simple e as regras de acentuación das palabras con til diacrítico e dos compostos. Por último, estudarase a poesía española posterior á Guerra Civil, as súas manifestacións máis relevantes e os seus autores representativos. 11 11
7 Falamos...? Nesta unidade abordaremos o texto dialogado, centrándonos nos seus trazos máis importantes. Estudaremos a oración composta e os seus subtipos, así como as funcións sintácticas presentes nelas. Traballaremos coas unidades léxicas simples e complexas, que adoitan crear confusión, proporcionando exemplos de uso. Abordaranse as relacións semánticas (hiperonimia e hiponimia, campo léxico, campo semántico e familia léxica). Estudaranse as características do teatro español dende a posguerra ata a actualidade, así como as súas principais manifestacións e autores (Buero Vallejo e Arrabal). 11 11
8 Pluma VS espada Esta unidade xirará en torno á entrevista como exemplo de texto opinativo. Tamén se estudarán as oracións coordinadas e xustapostas e as súas funcións sintáticas. Abordaremos o concepto de palabra baúl e veremos algúns dos exemplos máis comúns co obxectivo de buscar alternativas e ampliar o léxico do alumnado. Estudarase a novela dende a posguerra ata a actualidade, atendendo ás súas características, tipoloxías e autores máis relevantes. 11 11
9 Douche a miña palabra Nesta unidade estudarase a argumentación, centrándonos no método ARE para a creación de argumentos sólidos. Estudaremos as palabras tabú e os eufemismos correspondentes, así como as abreviacións léxicas. Analizaremos as oracións subordinadas, así como a súa tipoloxía e funcións sintácticas. Tamén se abordarán as últimas novidades normativas. Estudarase a literatura hispanoamericana na segunda metade do século XX, abordando as súas características, principais manifestacións e obras e autores representativos. 11 11

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. As linguas e os seus falantes
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA1.1 - Recoñecer e valorar as linguas oficiais de España e as variedades dialectais do español, con atención especial ao galego e ao castelán, a partir da explicación da súa orixe e do seu desenvolvemento histórico e sociolingüístico, contrastando aspectos lingüísticos e discursivos das distintas linguas, así como trazos dos dialectos do español, diferenciándoos dos trazos sociolectais e de rexistro en manifestacións orais, escritas e multimodais.
CA1.2 - Identificar e cuestionar prexuízos e estereotipos lingüísticos adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal a partir da análise da diversidade lingüística na contorna escolar e social próxima e da exploración e reflexión sociolingüística sobre os fenómenos de contacto entre as linguas e da indagación dos dereitos lingüísticos individuais e colectivos.
CA1.3 - Identificar e evitar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe partindo da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación.
CA1.4 - Utilizar estratexias para a resolución dialogada dos conflitos e a procura de consensos, abarcando o ámbito persoal, educativo e social.
Contidos
C1.1 - Comparación de trazos das principais variedades dialectais do castelán, con especial atención á do propio territorio.
C1.2 - Desenvolvemento da reflexión interlingüística.
C1.3 - Diferenzas entre os trazos propios das variedades dialectais (fónicos, gramaticais e léxicos) e os relativos aos sociolectos e aos rexistros.
C1.4 - Exploración e cuestionamento de prexuízos e estereotipos lingüísticos. Os fenómenos de contacto entre linguas: bilingüismo, préstamos, interferencias. Diglosia lingüística e diglosia dialectal.
C1.5 - Indagación arredor dos dereitos lingüísticos e da súa expresión nas leis e declaracións institucionais.
Bloque B2. Comunicación: comprensión oral e escrita
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA2.1 - Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais de certa complexidade de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos.
CA2.2 - Valorar a forma e o contido de textos orais e multimodais de certa complexidade, avaliando a calidade, fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
CA2.3 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais de certa complexidade, realizando as inferencias necesarias e con diferentes propósitos de lectura.
CA2.4 - Valorar criticamente o contido e a forma de textos de certa complexidade, avaliando a súa calidade e fiabilidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados.
CA2.5 - Localizar, seleccionar e contrastar de maneira progresivamente autónoma procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura.
CA2.6 - Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sostible e saudable das tecnoloxías dixitais relacionándoos coa busca e coa comunicación da información.
CA2.7 - Identificar e solucionar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
CA2.8 - Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e a metalinguaxe específica.
CA2.9 - Identificar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe partindo da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación.
Contidos
C2.1 - Xéneros discursivos desde o punto de vista da comprensión e da análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
C2.1.1 -      Comprensión e análise crítica de secuencias textuais básicas, con especial atención ás argumentativas.
C2.1.2 -      Análise das propiedades textuais: coherencia, cohesión e adecuación.
C2.1.3 -      Interpretación de xéneros discursivos propios do ámbito social. Riscos de desinformación, manipulación e vulneración da privacidade na Rede. Análise da imaxe e dos elementos paratextuais dos textos icónico-verbais e multimodais.
C2.2 - Procesos de comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
C2.2.1 - Comprensión oral: sentido global do texto e relación entre as súas partes, selección e retención da información relevante. A intención do emisor. Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal, dos abusos a través da palabra e dos usos manipuladores da linguaxe. Valoración da forma e do contido do texto
C2.2.2 - Comprensión lectora: sentido global do texto e relación entre as súas partes. A intención do emisor. Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e icónica. Os abusos de poder e a manipulación a través da linguaxe. As falsas noticias. Valoración da forma e do contido do texto
C2.2.3 -      Alfabetización informacional: procura e selección da información con criterios de fiabilidade, calidade e pertinencia; análise, valoración, reorganización e síntese da información en esquemas propios.
C2.3 - Recoñecemento dos elementos lingüísticos en textos orais, escritos e multimodais.
C2.3.1 -      Identificación dos recursos lingüísticos para adecuar o rexistro á situación de comunicación. Procedementos explicativos básicos: a aposición e as oracións de relativo.
C2.3.2 -      Análise dos mecanismos de cohesión. Conectores textuais de causa, consecuencia, condición e hipótese.
C2.3.3 -      Recoñecemento dos signos de puntuación como mecanismo organizador do texto escrito. A súa relación co significado.
Bloque B3. Comunicación: expresión oral e escrita
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA3.1 - Realizar argumentacións orais de certa extensión e complexidade con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social, educativo e profesional, axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez, coherencia, cohesión e co rexistro adecuado en diferentes soportes, utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
CA3.2 - Participar de maneira activa e adecuada en interaccións orais informais, no traballo e en situacións orais formais de carácter dialogado, mostrando actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
CA3.3 - Planificar a redacción de textos escritos e multimodais de certa extensión, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle; redactar borradores e revisalos coa axuda do diálogo entre iguais e de instrumentos de consulta e presentar un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado.
CA3.4 - Incorporar procedementos para enriquecer os textos atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.
CA3.5 - Organizar e integrar a información en esquemas propios e reelaborala e comunicala de maneira creativa, adoptando un punto de vista crítico con respecto aos principios de propiedade intelectual.
CA3.6 - Elaborar traballos de investigación de maneira progresivamente autónoma en diferentes soportes sobre diversos temas de interese académico, persoal ou social partindo da información seleccionada.
CA3.7 - Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e facer propostas de mellora, argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística coa metalinguaxe específica.
CA3.8 - Utilizar estratexias para a resolución dialogada dos conflitos e a procura de consensos, abarcando o ámbito persoal, educativo e social.
Contidos
C3.1 - Xéneros discursivos desde o punto de vista da produción de textos orais, escritos e multimodais de diferentes ámbitos.
C3.1.1 -      Elaboración de secuencias textuais, con especial atención ás argumentativas.
C3.1.2 -      Respecto polas propiedades textuais nas creacións propias: coherencia, cohesión e adecuación.
C3.1.3 -      Xéneros discursivos do ámbito social. Produción de textos propios das redes sociais e medios de comunicación. Etiqueta dixital.
C3.1.4 -      Xéneros discursivos propios do ámbito profesional: o currículo, a carta de motivación e a entrevista de traballo.
C3.2 - Procesos de produción de textos orais, escritos e multimodais.
C3.2.1 -      Interacción oral e escrita de carácter informal e formal. Cooperación conversacional e cortesía lingüística. Escoita activa, asertividade e resolución dialogada dos conflitos.
C3.2.2 -      Produción oral formal: planificación e procura de información, creación e revisión. Adecuación á audiencia e ao tempo de exposición. Elementos non verbais. Trazos discursivos e lingüísticos da oralidade formal. A deliberación oral argumentada.
C3.2.3 -      Produción escrita: planificación, redacción, revisión e edición en diferentes soportes. Corrección gramatical e ortográfica. Propiedade léxica. Usos da escritura para a organización do pensamento: toma de notas, esquemas, mapas conceptuais, definició
C3.2.4 -      Alfabetización mediática e informacional: Reorganización e síntese da información en esquemas propios e transformación en coñecemento; comunicación e difusión de maneira creativa e respectuosa coa propiedade intelectual. Utilización de plataformas vi
C3.3 - Uso discursivo dos elementos lingüísticos en textos orais, escritos e multimodais.
C3.3.1 -      Uso de recursos lingüísticos para adecuar o rexistro á situación de comunicación. Procedementos explicativos básicos: a aposición e as oracións de relativo.
C3.3.2 -      Mecanismos de cohesión. Emprego de conectores textuais de causa, consecuencia, condición e hipótese.
C3.3.3 -      Uso coherente das formas verbais nos textos. Correlación temporal na coordinación e subordinación de oracións e no discurso relatado.
C3.3.4 -      Corrección lingüística e revisión ortográfica e gramatical dos textos. Uso de dicionarios, de manuais de consulta e de correctores ortográficos en soporte analóxico ou dixital.
C3.3.5 -      Utilización dos signos de puntuación como mecanismo organizador do texto escrito. A súa relación co significado.
Bloque B4. Educación literaria
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA4.1 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais de certa complexidade, realizando as inferencias necesarias e con diferentes propósitos de lectura.
CA4.2 - Valorar criticamente o contido e a forma de textos literarios de certa complexidade avaliando a súa calidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados.
CA4.3 - Incorporar procedementos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.
CA4.4 - Ler de maneira autónoma textos seleccionados en función dos propios gustos, intereses e necesidades e deixar constancia do progreso do propio itinerario lector e cultural explicando os criterios de selección das lecturas, as formas de acceso á cultura literaria e a experiencia da lectura.
CA4.5 - Compartir a experiencia da lectura en soportes diversos relacionando o sentido da obra coa propia experiencia biográfica, lectora e cultural.
CA4.6 - Explicar e argumentar a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico, atendendo á configuración e á evolución dos xéneros e subxéneros literarios.
CA4.7 - Establecer de maneira progresivamente autónoma vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais e outras manifestacións artísticas e culturais en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do alumnado na lectura.
CA4.8 - Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e coa axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, partindo da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.
Contidos
C4.1 - Lectura autónoma. Implicación na lectura de obras de forma progresivamente autónoma a partir dunha preselección de textos variados e reflexión sobre os textos lidos e sobre a práctica da lectura.
C4.1.1 -      Criterios e estratexias para a selección de obras variadas, a partir da utilización autónoma da biblioteca escolar e pública dispoñible.
C4.1.2 -      Participación activa en actos culturais vinculados co circuíto literario e lector.
C4.1.3 -      Toma de conciencia e verbalización dos propios gustos e identidade lectora: a construción da biografía lectora.
C4.1.4 -      Expresión da experiencia lectora utilizando progresivamente unha metalinguaxe específica. Apropiación dos textos lidos a través de distintas formas de recreación.
C4.1.5 - Mobilización da experiencia persoal, lectora e cultural para establecer vínculos de maneira argumentada entre a obra lida e aspectos da actualidade, así como con outros textos e manifestacións artísticas e culturais. A lectura compartida e a lectura dialóxica.
C4.1.6 - Estratexias para a recomendación das lecturas en soportes variados ou ben oralmente entre iguais, enmarcando de maneira básica as obras nos xéneros e subxéneros literarios. Utilización das redes sociais e dos formatos audiovisuais (booktrailers) para o fomento da lectura.
C4.2 - Lectura guiada. Lectura de obras relevantes e fragmentos da literatura do patrimonio literario nacional e universal inscritas en itinerarios temáticos ou de xénero que atravesan épocas, contextos culturais e movementos artísticos.
C4.2.1 -      Estratexias de construción compartida da interpretación das obras a través de conversas literarias, debates ou emisión razoada das opinións persoais, coa incorporación progresiva da metalinguaxe específica.
C4.2.2 -      Relación entre os elementos constitutivos do xénero literario e a construción do sentido da obra. Efectos dos seus recursos expresivos na recepción.
C4.2.3 - Estratexias de utilización de información sociohistórica, cultural e artística básica para construír a interpretación das obras literarias; en concreto, o achegamento ao contexto, á corrente literaria e ao autor ou autora, así como o establecemento de parentescos literarios.
C4.2.4 - Relación e comparación dos textos lidos con outros textos orais, escritos ou multimodais, con outras manifestacións artísticas e culturais e coas formas de ficción en función de temas, tópicos, estruturas e linguaxes. Elementos de continuidade e de ruptura.
C4.2.5 - Estratexias para interpretar obras e fragmentos literarios a partir da integración dos diferentes aspectos analizados e atendendo aos valores culturais, éticos e estéticos presentes nos textos. Lectura con perspectiva de xénero. Visibilización do universo literario feminino.
C4.2.6 -      Procesos de indagación ao redor das obras lidas que promovan o interese por construír a interpretación destas e establecer conexións entre textos.
C4.2.7 -      Lectura expresiva, dramatización e recitación dos textos, atendendo aos procesos de comprensión, apropiación e oralización implicados.
C4.2.8 -      Creación de textos a partir da apropiación das convencións da linguaxe literaria e en referencia a modelos dados (imitación, transformación, continuación etc.).
Bloque B5. Reflexión sobre a lingua
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA5.1 - Incorporar procedementos para enriquecer os textos atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.
CA5.2 - Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística coa metalinguaxe específica e identificar e solucionar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
CA5.3 - Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e a metalinguaxe específica.
CA5.4 - Formular xeneralizacións sobre algúns aspectos do funcionamento da lingua a partir da observación, comparación e transformación de enunciados, así como da formulación de hipóteses e da procura de contraexemplos, utilizando a metalinguaxe específica e consultando de maneira progresivamente autónoma dicionarios, manuais e gramáticas.
Contidos
C5.1 - Elaboración de conclusións propias sobre o funcionamento do sistema lingüístico cunha linguaxe específica a partir da observación, comparación e clasificación de unidades comunicativas e do contraste entre linguas.
C5.1.1 -      Distinción entre a forma (categoría gramatical) e a función das palabras (funcións sintácticas da oración simple) e consolidación dos procedementos léxicos (afixos) e sintácticos para a mudanza de categoría.
C5.1.2 -      Relación entre os esquemas semántico e sintáctico da oración simple. Observación e transformación de enunciados de acordo con estes esquemas e uso da terminoloxía sintáctica necesaria.
C5.1.3 -      Estratexias de uso progresivamente autónomo de dicionarios e manuais de gramática para obter información gramatical básica.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Linguas diferentes. Riqueza cultural
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Recoñecer e valorar as linguas oficiais de España e as variedades dialectais do español, con atención especial ao galego e ao castelán, a partir da explicación da súa orixe e do seu desenvolvemento histórico e sociolingüístico, contrastando aspectos lingüísticos e discursivos das distintas linguas, así como trazos dos dialectos do español, diferenciándoos dos trazos sociolectais e de rexistro en manifestacións orais, escritas e multimodais.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 35
CA1.2 Identificar e cuestionar prexuízos e estereotipos lingüísticos adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal a partir da análise da diversidade lingüística na contorna escolar e social próxima e da exploración e reflexión sociolingüística sobre os fenómenos de contacto entre as linguas e da indagación dos dereitos lingüísticos individuais e colectivos.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá valorar a riqueza cultural e lingüística, adoptando actitudes de respecto cara os demais. 10
CA1.3 Identificar e evitar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe partindo da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá evitar os usos discriminatorios da lingua, adoptando actitudes de respecto cara os demais. 10
CA1.4 Utilizar estratexias para a resolución dialogada dos conflitos e a procura de consensos, abarcando o ámbito persoal, educativo e social.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá evitar os usos discriminatorios da lingua, adoptando actitudes de respecto cara os demais para chegar a acordos. 10
CA4.1 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais de certa complexidade, realizando as inferencias necesarias e con diferentes propósitos de lectura.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 35

2 Real como a vida mesma
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.6 Elaborar traballos de investigación de maneira progresivamente autónoma en diferentes soportes sobre diversos temas de interese académico, persoal ou social partindo da información seleccionada.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá realizar traballos de investigación cun grao suficiente de elaboración en relación aos elementos avaliados. 10
CA4.2 Valorar criticamente o contido e a forma de textos literarios de certa complexidade avaliando a súa calidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá valorar de xeito crítico os textos literarios propostos cun grao suficiente. 10
CA4.6 Explicar e argumentar a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico, atendendo á configuración e á evolución dos xéneros e subxéneros literarios.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 70
CA4.8 Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e coa axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, partindo da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá crear textos de intención literaria cun grao suficiente en relación aos elementos requeridos. 10

3 Unha viaxe asombrosa
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.3 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais de certa complexidade, realizando as inferencias necesarias e con diferentes propósitos de lectura.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 10
CA3.2 Participar de maneira activa e adecuada en interaccións orais informais, no traballo e en situacións orais formais de carácter dialogado, mostrando actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá participar activamente nas interaccións amosando respecto cara os demais e aportando información cun grao suficiente de interese sobre os temas propostos. 15
CA3.4 Incorporar procedementos para enriquecer os textos atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 15
CA4.1 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais de certa complexidade, realizando as inferencias necesarias e con diferentes propósitos de lectura.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 15
CA4.2 Valorar criticamente o contido e a forma de textos literarios de certa complexidade avaliando a súa calidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 20
CA4.4 Ler de maneira autónoma textos seleccionados en función dos propios gustos, intereses e necesidades e deixar constancia do progreso do propio itinerario lector e cultural explicando os criterios de selección das lecturas, as formas de acceso á cultura literaria e a experiencia da lectura.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá ler de maneira autónoma os textos do seu gusto, adoptando una actitude crítica. 15
CA4.7 Establecer de maneira progresivamente autónoma vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais e outras manifestacións artísticas e culturais en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do alumnado na lectura.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 10

4 Fábrica de soños
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais de certa complexidade de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 35
CA2.2 Valorar a forma e o contido de textos orais e multimodais de certa complexidade, avaliando a calidade, fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Táboa de indicadores
O alumnado valorará os textos dados tendo en conta os elementos requeridos. 15
CA2.9 Identificar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe partindo da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación.
Táboa de indicadores
O alumnado identificará os usos discriminatorios da lingua e amosará respecto polos demais. 15
CA4.3 Incorporar procedementos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 35

5 I e D
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.5 Organizar e integrar a información en esquemas propios e reelaborala e comunicala de maneira creativa, adoptando un punto de vista crítico con respecto aos principios de propiedade intelectual.
Táboa de indicadores
O alumnado será quen de organizar e reelaborar a información lida para adecuala aos requisitos requeridos. 10
CA3.6 Elaborar traballos de investigación de maneira progresivamente autónoma en diferentes soportes sobre diversos temas de interese académico, persoal ou social partindo da información seleccionada.
Táboa de indicadores
O alumnado será quen de organizar e reelaborar a información lida para adecuala aos requisitos requeridos. 10
CA4.1 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais de certa complexidade, realizando as inferencias necesarias e con diferentes propósitos de lectura.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 35
CA4.6 Explicar e argumentar a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico, atendendo á configuración e á evolución dos xéneros e subxéneros literarios.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 35
CA5.4 Formular xeneralizacións sobre algúns aspectos do funcionamento da lingua a partir da observación, comparación e transformación de enunciados, así como da formulación de hipóteses e da procura de contraexemplos, utilizando a metalinguaxe específica e consultando de maneira progresivamente autónoma dicionarios, manuais e gramáticas.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá formular xeneralizacións e hipóteses a partir de casos concretos dados co suficiente grao de precisión. 10

6 Comer para vivir
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.7 Identificar e solucionar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
Táboa de indicadores
O alumnado aplicará os coñecementos lingüísticos para a interpretación de textos. 10
CA2.8 Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e a metalinguaxe específica.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 30
CA3.3 Planificar a redacción de textos escritos e multimodais de certa extensión, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle; redactar borradores e revisalos coa axuda do diálogo entre iguais e de instrumentos de consulta e presentar un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá preparar e redactar textos escritos co grao suficiente de destreza. 10
CA3.4 Incorporar procedementos para enriquecer os textos atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 20
CA3.8 Utilizar estratexias para a resolución dialogada dos conflitos e a procura de consensos, abarcando o ámbito persoal, educativo e social.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá chegar a consenso cos compañeiros a través de estratexias para a resolución pacífica de conflitos 10
CA4.3 Incorporar procedementos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 20

7 Falamos...?
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.2 Participar de maneira activa e adecuada en interaccións orais informais, no traballo e en situacións orais formais de carácter dialogado, mostrando actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
Táboa de indicadores
O alumnado participará activamente nas actividades propostas mostrando respecto cara os demais. 10
CA3.7 Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e facer propostas de mellora, argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística coa metalinguaxe específica.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá corrixir os seus textos cun grao suficiente de destreza aplicando os coñecementos adquiridos. 10
CA4.4 Ler de maneira autónoma textos seleccionados en función dos propios gustos, intereses e necesidades e deixar constancia do progreso do propio itinerario lector e cultural explicando os criterios de selección das lecturas, as formas de acceso á cultura literaria e a experiencia da lectura.
Táboa de indicadores
Deberán ler textos escollidos en función dos seus gustos e valoralos cun grao suficiente en relación aos elementos requeridos. 10
CA4.6 Explicar e argumentar a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico, atendendo á configuración e á evolución dos xéneros e subxéneros literarios.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 35
CA5.2 Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística coa metalinguaxe específica e identificar e solucionar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 35

8 Pluma VS espada
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.5 Localizar, seleccionar e contrastar de maneira progresivamente autónoma procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura.
Táboa de indicadores
O alumnado será quen de seleccionar a información obtida en distintas fontes cun grao suficiente de destreza. 5
CA2.6 Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sostible e saudable das tecnoloxías dixitais relacionándoos coa busca e coa comunicación da información.
Táboa de indicadores
O alumnado será quen de seleccionar a información obtida en distintas fontes cun grao suficiente de destreza. 5
CA3.4 Incorporar procedementos para enriquecer os textos atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 35
CA3.7 Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e facer propostas de mellora, argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística coa metalinguaxe específica.
Táboa de indicadores
O alumnado será quen de revisar os seus textos para detectar e corrixir os erros a partir dos seus coñecementos. 10
CA4.5 Compartir a experiencia da lectura en soportes diversos relacionando o sentido da obra coa propia experiencia biográfica, lectora e cultural.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá compartir cos compañeiros os seus gustos e experiencias lectoras adoptando unha actitude crítica. 10
CA5.1 Incorporar procedementos para enriquecer os textos atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 35

9 Douche a miña palabra
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.4 Valorar criticamente o contido e a forma de textos de certa complexidade, avaliando a súa calidade e fiabilidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 30
CA2.9 Identificar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe partindo da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación.
Táboa de indicadores
O alumnado será quen de detectar os usos discriminatorios da lingua e tratará de aplicar os seus coñecementos a situacións dadas cun grao suficiente de destreza. 15
CA3.1 Realizar argumentacións orais de certa extensión e complexidade con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social, educativo e profesional, axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez, coherencia, cohesión e co rexistro adecuado en diferentes soportes, utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá argumentar de xeito razoado as súas opinións mostrando respecto cara os demais e construíndo textos cun grao suficiente de corrección. 15
CA4.7 Establecer de maneira progresivamente autónoma vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais e outras manifestacións artísticas e culturais en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do alumnado na lectura.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 20
CA5.3 Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e a metalinguaxe específica.
Proba escrita
Grao suficiente de destreza na resolución da proba, atendendo a todos os elementos que se avalían. 20

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


A intervención educativa en Lingua Castelá e Literatura debe desenvolver de xeito gradual e progresivo as aprendizaxes que faciliten ao alumnado a consecución dos obxectivos da materia e da etapa, así como unha axeitada adquisición das competencias clave. Este enfoque metodolóxico require partir, polo tanto, do nivel competencial previo do alumnado para acadar unha aprendizaxe significativa, eficaz, funcional e aplicable á realidade máis próxima dos/as estudantes. Trátase, pois, de deseñar unha metodoloxía activa, baseada fundamentalmente na dimensión investigadora do alumnado e na toma de decisións responsables, asentadas no pensamento crítico e reflexivo, a través da elaboración de actividades que precisen dun proceso de descubrimento e análise progresivamente autónomos, así como do razoamento e resolución lóxica de problemas. De aí a importancia de empregar métodos diferenciados para dar acollida e resposta aos diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado, favorecendo e fomentando a capacidade de aprender por si mesmos. Atenderase, polo tanto, á diversidade a través de propostas individualizadas en función das necesidades detectadas: aplicación de adaptacións curriculares significativas, dinámicas de reforzo educativo dentro e fóra da aula ordinaria, agrupamentos flexibles, actividades específicas para abordar as destrezas nas que se observen maiores dificultades (comprensión e expresión oral e escrita, comunicación, reflexión lingüística, educación literaria, resolución de problemas, razoamento lóxico, desenvolvemento do pensamento abstracto...).

 

Para que esta metodoloxía acade a efectividade desexada, é imprescindible outorgarlle un carácter interdisciplinar, relacionando a materia de Lingua Castelá e Literatura con outras disciplinas do currículo, traballando de maneira conxunta as competencias clave e dotando ao alumnado da capacidade lingüística que lle permita amosar, relacionar e extrapolar de forma coherente, cohesionada e adecuada os coñecementos adquiridos noutras materias. A colaboración transversal cos departamentos lingüísticos dos centros, co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e coa Biblioteca Escolar constituirá un apoio importante para mellorar a asimilación de capacidades e coñecementos sobre a comunicación. Todos eles, de xeito coordinado, deberán contribuír a mellorar os procesos de produción e recepción oral, escrita e multimodal, así como a alfabetización informacional. As accións concretas favorecen a creación e organización de proxectos colaborativos e significativos para o alumnado. Neste sentido, o deseño de tarefas cooperativas basearase en contextos auténticos e recoñecibles que teñan en conta as vivencias particulares do alumnado, potenciando que cada estudante, dentro do grupo, dispoña dos tempos e espazos necesarios para o recoñecemento da súa valía persoal e da súa capacidade para contribuír a desenvolver a actividade, reforzando así a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade.

 

Estes principios metodolóxicos han de aplicarse arredor de contidos concretos, polo que convén definir o seu campo de actuación en conexión coas actividades máis relevantes da materia de Lingua Castelá e Literatura, relacionadas cos seus bloques de contido: As linguas e os seus falantes, Comunicación, Educación literaria e Reflexión sobre a lingua. Polo tanto, plantexarase o traballo na aula a partir das seguintes concrecións metodolóxicas:

 

1) Deseño de actividades a partir de textos extraídos do ámbito persoal, social e académico do alumnado. Estas tarefas, diversificadas e organizadas por niveis de dificultade, permitirán o traballo competencial e favorecerán o desenvolvemento do pensamento crítico e creativo.

 

2) Distribución flexible dos espazos, sempre que sexa posible, propiciando o traballo colaborativo a través de distintos tipos de agrupamentos. Así, o gran grupo é axeitado para a posta en común e corrección de tarefas, a identificación dos coñecementos previos do alumnado á hora de iniciar unha nova unidade didáctica, a revisión e síntese final, os debates, a realización de exposicións orais ou multimedia ou o visionado de recursos audiovisuais. Os pequenos grupos son idóneos para o desenvolvemento de proxectos de investigación. Pola súa parte, o traballo por parellas enriquece as exposicións orais e as actividades de creación literaria. Finalmente, as actividades individuais son aplicables ás probas escritas, ás actividades de reforzo ou á lectura interior.

 

3) Emprego de estratexias para a comprensión e a recomendación lectora:

 

-Lectura compartida de textos propios do ámbito persoal, social e académico para procurar a interacción entre iguais, posto que todo o alumnado participará na lectura en voz alta dos fragmentos escollidos, a escoita activa, a comprensión oral e a explicación e argumentación arredor da interpretación dos mesmos.

 

-Lectura de textos adscritos aos distintos xéneros discursivos para captar a información esencial, realizar as inferencias necesarias para a súa correcta comprensión, recoñecer a idea principal e as secundarias, identificar a súa estrutura e interpretar os fragmentos propostos tendo en conta as súas características formais e temáticas.

 

-Lectura dixital (e-book, blogues, foros, wikis, textos procedentes das redes sociais), para o desenvolvemento dunha competencia lectora parcialmente diferente á empregada na comprensión e análise dos textos impresos. No caso dos xéneros dixitais, é necesaria a correcta observación e interpretación do hipertexto para asimilar completamente a multiplicidade de significados do fragmento base.

 

-Lectura comprensiva e expresiva de textos pertencentes aos distintos xéneros literarios (lectura compartida, recitado de poemas, dramatización de textos dialogados), arredor de temas próximos á realidade e aos gustos do alumnado, acompañados de estratexias de comprensión lectora, como a aclaración dos propósitos de lectura, a activación dos coñecementos previos dos estudantes, a atención aos contidos principais do texto e a formulación de predicións de lectura.

 

-Realización dun obradoiro de lectura e escritura creativa na aula para o desenvolvemento de actividades que vinculen as obras lidas con certos aspectos de actualidade, outros textos e manifestacións artísticas e culturais. A partir da lectura das obras seleccionadas, deseñaranse catálogos ou menús literarios, produtos multimedia nas que se condensen as reflexións e conclusións de lectura e coloquios literarios.

 

-Composición de recomendacións ou recensións das obras de lectura traballadas a través de exposicións orais, booktrailers e outras aplicacións multimedia de carácter compilatorio.

 

4) Utilización de recursos para mellorar a oralidade a través de actividades contextualizadas en situacións reais e próximas ao alumnado, mediante o emprego de audios, vídeos e recreación de conversas veraces que poidan producirse na contorna dos estudantes. Proporase, así, unha ampla variedade de situacións comunicativas espontáneas e planificadas e de contextos formais e informais, co fin de abordar desde un punto de vista eminentemente práctico os distintos rexistros, elementos e principios da comunicación.

 

5) Creación de textos escritos con diversas finalidades (narrar, describir, informar, expoñer, argumentar...), pertencentes aos ámbitos persoal, social e académico, seguindo as distintas fases da construción textual: a planificación das ideas a través dun borrador, determinando o propósito comunicativo e o destinatario; a redacción; a revisión e a edición final, incidindo na corrección formal (puntuación, ortografía, estruturas gramaticais, ampliación de vocabulario e presentación).

 

6) Elaboración de resumos, esquemas, sínteses e mapas conceptuais a partir de textos orais e escritos para fomentar no alumnado a conciencia da propia comprensión textual.

 

7) Exercitación de comentarios e actividades de comprensión de textos escritos e multimodais literarios e non literarios a través de tarefas secuenciadas e guiadas referidas á forma e ao contido dos fragmentos propostos.

 

8) Creación de textos con intención literaria a partir de modelos dados ou de discursos non literarios (noticias, reportaxes, crónicas, textos instrutivos...).

 

9) Emprego de dicionarios impresos e dixitais, propiciando o seu uso como unha forma de ampliar o caudal léxico do alumnado e resolver as súas dúbidas lingüísticas e morfosintácticas. Realizaranse, ademais, actividades para a composición e deseño de glosarios temáticos.

 

10) Manexo dos recursos propios das Tecnoloxías da Información e a Comunicación para a procura de datos, a realización de traballos multimedia, a consulta da prensa dixital e a creación de espazos virtuais con material didáctico integrado.

 

11) Utilización dos fondos, servizos e recursos da Biblioteca escolar como espazo creativo de aprendizaxe e construción de novos coñecementos a través da consulta de libros, dicionarios, xornais, materiais audiovisuais, potenciando tamén a lectura autónoma para a creación dunha identidade lectora sólida e definida, fundamentada no enriquecemento cultural e a interrelación entre as distintas áreas do saber.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Documentos e recursos elaborados ou facilitados polo docente.
Escolma de textos variados orais, escritos e multimodais en diversos formatos e soportes.
Selección de fragmentos e/ou obras de lectura obrigatorias e voluntarias coas súas correspondentes guías de lectura.
Boletíns con actividades de reforzo, ampliación e recuperación.
Actividades interactivas, animacións, vídeos e espazos dixitais para a construción de novas aprendizaxes.
Recursos e aplicacións informáticas e multimedia.
Materiais de investigación e consulta.
Emprego do debate como ferramenta que estimula o seu interese e a súa capacidade para reflexionar, relacionar, consolidar coñecementos, respectar opinións e extraer conclusións.

A selección dos materiais docentes que integran a programación didáctica da materia de Lingua Castelá e Literatura debe adaptarse ao modelo de intervención educativa proposto. Neste sentido, ha de dar resposta á adecuación ao contexto do centro, á correspondencia cos obxectivos trazados, á coherencia cos contidos e temas transversais estudados e o seu grao de adquisición e dificultade e aos criterios de avaliación definidos para cada curso. Ademais, debe abarcar unha grande variedade de actividades individuais e grupais que poñan en práctica os conceptos e procedementos estudados e aborden axeitadamente a atención á diversidade na aula. Finalmente, todos os recursos utilizados han de presentar unha claridade expositiva que favoreza a inmediata comprensión oral e escrita do alumnado.

 

Así pois, a proposta metodolóxica para a materia de Lingua Castelá e Literatura supón, ademais dos materiais teóricos necesarios para o desenvolvemento de cada unidade didáctica, o emprego dunha grande variedade de textos orais, escritos e multimodais procedentes de diversas tipoloxías e situacións comunicativas para a súa análise e comentario.

 

O achegamento do alumnado á realidade na que vive a través da interpretación textual outorga á materia unha dimensión funcional innegable. Por iso, convén traballar tamén con discursos extraídos dos xéneros xornalísticos, que aproximen aos estudantes á comprensión de temas de actualidade e lles permitan ser críticos co contexto que os rodea.

 

A escolma de fragmentos e obras de lectura obrigatorias e voluntarias, como obxecto de observación, reflexión e crítica, pretende favorecer o hábito lector do alumnado, partindo de textos próximos aos seus intereses e expectativas para ir achegándoos progresivamente á literatura clásica.

 

O emprego de fichas de traballo, actividades interactivas, animacións, vídeos e aplicacións multimedia permiten o reforzo, consolidación e afondamento das aprendizaxes adquiridas, a escoita activa, a empatía e o debate a través de tarefas competenciais próximas á realidade do alumnado. Favorece tamén a investigación sobre temas de actualidade e problemas reais e a activación de estratexias e mecanismos de comprensión lectora a partir de textos literarios e non literarios, posto que implica a procura de información, a interpretación e relación dos datos obtidos e a reflexión sobre o contido e a forma.

 

O visionado de material cinematográfico e audiovisual sentará as bases do coloquio posterior e servirá para afondar nos contidos abordados en cada unidade, ademais de propiciar o traballo investigador, grupal e por proxectos proposto nalgunha das unidades didácticas da materia.

 

O emprego das TIC constitúe un recurso ineludible, pois actúa como ferramenta fundamental para a obtención de información, a súa transformación en coñecemento propio e a difusión dos resultados de proxectos e traballos de investigación. Neste sentido, recoméndanse, entre outros, os seguintes materiais de consulta:

 

Dicionario da Real Academia Española: www.rae.es

Dicionario Panhispánico de Dúbidas: www.rae.es/dpd

Medios de comunicación: https://www.prensaescrita.com/prensadigital.php

Compilación da obra lírica dos poetas más relevantes en lingua castelá: www.los-poetas.com

Espazo para a creación poética propia, a confección de libros virtuais, a compilación lírica e o comentario de textos de outros autores: www.poemas-del-alma.com

Ampla colección de audio e videopoemas: www.palabravirtual.com

Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes: http://cervantesvirtual.com

Testeando. Xogos de preguntas e respostas de opcións distribuídos por niveis educativos: https://www.testeando.es/

Portal de recursos educativos Leer.es: https://leer.es/

Prácticas de lectura intensiva e comprensión lectora: http://www.xtec.cat/~jgenover/complec.htm

Biblioteca dixital con máis de catro mil títulos de Literatura clásica e contemporánea en castelán: http://eleo.mecd.gob.es/opac/?locale=es#indice

Plataforma educativa para traballar a comprensión lectora: https://www.intralineas.com/

Materiales de Lengua y Literatura: http://www.materialesdelengua.org/

Aula de Letras: http://www.auladeletras.net/Aula_de_Letras/Inicio/Inicio.html

Morderse la lengua: https://cvc.cervantes.es/actcult/morderse_lengua/default.htm

Analizador morfosintáctico do Ministerio de Educación: https://intef.es/?enlace=1&prev=2

Exercicios interactivos para traballar o léxico: http://www.xtec.cat/~jgenover/lexico.htm

Actividades interactivas sobre sintaxe: http://www.xtec.cat/~jgenover/sinta.htm

Actividades interactivas sobre ortografía, lingua e diversidade: http://www.xtec.cat/~jgenover/miscel.html

Páxina web do ITE (Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas: https://intef.es/recursos-educativos/recursos-para-el-aprendizaje-en-linea/

 


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Debido a que a docente xa lle impartiu clase a todo o alumnado que está en 4º da ESO en anos anteriores, non se considera necesario realizar proba de avaliación inicial, xa que coñece de que situación parte cada alumno.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 11.0 11.0 12.0 11.0 11.0 11.0 11.0 11.0 11.0 100.0
Proba escrita 70.0 70.0 70.0 70.0 70.0 70.0 70.0 70.0 70.0 70.00000000000001
Táboa de indicadores 30.0 30.0 30.0 30.0 30.0 30.0 30.0 30.0 30.0 30.00000000000001

A.    VALORACIÓN DA COMPETENCIA LINGÜÍSTICA.

 Xa que esta competencia é a que articula a programación de Lingua castelá e Literatura e na que se deben centrar o Mario número de observación e valoración, a ela outorgaráselle o peso da cualificación final desta área ou materia.  

 1.      Controis periódicos: un 80% da nota trimestre. Farase a media destas probas que se valorarán de 0 a 10 puntos. Estes controis inclúen:

a)      Controis de cada tema e medio (70% obtido das cualificacións das probas obxectivas que se programarán para cada trimestre). Realizaranse dous controis ao longo de cada avaliación (6 en total), cun valor individual do 35% da nota trimestral, sendo necesario obter, como mínimo, un 3.5 en cada un deles para que se faga a media co anterior ou seguinte.

b)      Controis de lectura (avalíase a comprensión e expresión escrita): un 10% da nota trimestral. Aínda que as lecturas son “obrigatorias”, o Departamento acodou ofrecerlle ao alumnado un estímulo á lectura, que revirta directamente nas súas cualificacións. Propóñense como lecturas obrigatorias tres libros, un por trimestre, que se avaliarán mediante exames e/ou traballos. Se non se len, aínda que o alumno non suspendera a materia, terá que recuperar as probas específicas (exame e/ou traballo) para demostrar que os liu. Os alumnos poden ler, opcionalmente, algún libro de lectura proposto pola profesora para “redondear” a nota dentro dese 10% do apartado b. Cada libro incrementa entre 0.25 e 0.5 puntos a nota trimestral dependendo do seu tamaño, nivel de comprensión, etc. Cos libros de lectura voluntaria poderase mellorar ata un máximo de 0.5 puntos por avaliación.

 B.      COMPETENCIA PERSOAL, SOCIAL E DE APRENDER A APRENDER

Ademais dos estándares que se lle atribúen especificamente no Decreto 86/2015 para 4º de ESO, a competencia de aprender a aprender relaciónase en gran medida coas aprendizaxes que o alumno desenvolve e mellora por si mesmo coa axuda da docente. Por esa razón, incluimos aquí as tarefas completadas diariamente polo alumnado, tanto na aula coma na casa.

1.      Traballo diario: 10 % da nota trimestral que se valorará cun número de notas a cada alumno por trimestre que oscilará entre as 5 e as 10, detalladas no caderno do profesor. Inclúe:

a)      Tarefas diarias, tanto as realizadas na clase como na casa.

b)      Prácticas de exercicios específicos que a profesora recolla coa intención de devolverllas ao alumnado unha vez corrixidas.

c)      Realización dun caderno de ortografía (cando o profesor ou profesora o considere oportuno)

 C.    COMPETENCIA DIXITAL E DE CONCIENCIA E EXPRESIÓN CULTURAIS.

Un 5% da cualificación trimestral, presente tamén na avalición ordinaria, procederá das probas orais (exposición oral de contidos que se preguntarán a diario) ou dos pequeños traballos de investigación (entrevistas, análises de canción, lecturas de poemas…) que irán acompañados dun soporte dixital (por exemplo, Power Point). En 4º da ESO a profesora pode utilizar os contidos correspondentes á literatura para a súa exposición en parellas ou grupos reducidos, sempre acompañados de presentación que apoien e axuden no seu desenvolvemento para todo o grupo clase.

 O 5% restante obterase valorando os seguintes aspectos, recollidos en rúbricas que se adxuntan a esta Programacion e que corresponden ás competencias de conciencia e expresión culturais:

a)      Desenvolvemento progresivo da capacidade de reflexión observando, analizando e explicando a relación entre diversas manifestacións artísticas de todas as épocas (música, pintura, cine, etc.).

b)      Respecto cara a opinión allea, respecto dos turnos de palabra, coidado do material, responsabilidade, emprego de valores…

Se o alumno non traballa estes aspectos, será penalizado cun negativo que será recollido no caderno do docente. Estes negativos restarán 0.1 á nota trimestral.

 

As faltas de ortografía restarán cada 0.1 cando se trate dunha falta de acentuación ou de grafías que se considere leve. No caso de que a falta sexa grave restarase 0.2. A nota final dos exames é a que resulta de restarlle á cualificación inicial as faltas ortográficas. Descontarase un máximo de 2 puntos por faltas de ortografía en cada proba escrita.

 Non se fará unha recuperacion de cada una das avaliacións, senón que o alumno terá a oportunidade de presentarse a unha proba a comezos de xuño, antes da celebracion da avaliación ordinaria, na que poderá recuperar independentemente cada unha das avaliacións pendentes.

Só se o profesor o considera necesario ou pertinente programaranse recuperación de avaliacións de modo puntual, atendendo a criterios de necesidades colectivas ou individuais.  

O exame que corresponde á convocatoria extraordinaria, agora programada polas autoridades educativas antes do 21 de xuño, será de todo o contido do curso, incluíndo os libros de lectura. Considerarase que o alumno superou a materia se na convocatoria extraordinaria obtén polo menos un 5 como cualificación.

 Aqueles alumnos que participen activamente durante todo el curso no Club de Lectura terán como recompensa 0,5 puntos na nota final do curso.

 Para aa avaliación final ordinaria farase a media das 6 pruebas escritas elaboradas ao longo do curso. Para a avaliación extraordinaria terase en conta tan só o resultado dunha única proba que se realizará antes do 21 de xuño. Para a recuperación da materia realizaranse dúas probas (unha en xaneiro e outra en maio).

 Mencionamos, para finalizar, os instrumentos de avaliación que lle servirán ao docente para resolver a cualificación final:

·         Observación da participacion do alumno na clase.

·         Realización de tarefas individuais.

·         Participación e implicación en traballos cooperativos.

·         Exposicións orais e escritas con recursos TIC

·         Autonomía no traballo.

·         Correcións a partir das revisións do traballo realizado.

·         Competencia lingüística e textual adecuada á etapa educativa.

·         Competencia literaria adecuada ao currículo da ESO.

·         Probas orais e escritas.

En caso de non ter superada a materia segundo os anteriores supostos, esta poderá recuperarse mediante a realización dun exame da avaliación ou avaliacións suspensas.

Non se fará unha recuperacion de cada una das avaliacións, senón que o alumno terá a oportunidade de presentarse a unha proba a comezos de xuño, antes da celebracion da avaliación ordinaria, na que poderá recuperar independentemente cada unha das avaliacións pendentes.

Só se o profesor o considera necesario ou pertinente programaranse recuperación de avaliacións de modo puntual, atendendo a criterios de necesidades colectivas ou individuais.  

O exame que corresponde á convocatoria extraordinaria, agora programada polas autoridades educativas antes do 21 de xuño, será de todo o contido do curso, incluíndo os libros de lectura. Considerarase que o alumno superou a materia se na convocatoria extraordinaria obtén polo menos un 5 como cualificación.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Non resulta de aplicación neste curso

5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


As aulas reflicten a diversidade da sociedade na que vivimos. O recoñecemento da diversidade do alumnado constitúe un principio fundamental que debe rexer toda acción educativa. Unha das finalidades da educación é asegurar a igualdade de oportunidades de todos os alumnos e alumnas poñendo os medios para evitar o fracaso escolar e o risco de abandono do sistema educativo.

 

A atención á diversidade enténdese como o conxunto de actuacións educativas dirixidas a dar resposta ás diferentes capacidades, motivacións e intereses, ritmos e estilos de aprendizaxe e situacións persoais do alumnado. Estas medidas oriéntanse a acadar os obxectivos e as competencias establecidas para a ESO e réxense polos principios de equidade, calidade e igualdade de oportunidades, non discriminación, integración, accesibilidade e cooperación da comunidade educativa.

 

As medidas de atención á diversidade deben atender ao principio de inclusión educativa. Isto supón recoñecer a lexitimidade das diferenzas de todas os individuos, asumíndoas como un valor que enriquece o contexto educativo. Este principio establece que todos os/as estudantes, sexa cal sexa a súa condición persoal, dispoñan na súa contorna educativa das condicións necesarias de acceso a unha formación integral e outorgue experiencias de aprendizaxe significativas para todos e todas.

 

Neste sentido, faise preciso establecer medidas, metodoloxías e compoñentes que permitan ao profesorado abordar con garantías a diversidade das súas aulas. O plan de atención concretarase nos seguintes elementos:

 

- Combinación de metodoloxías e fíos condutores das unidades didácticas, vinculados ao desenvolvemento emocional do alumnado e á súa integración no grupo. Uso de métodos diferenciados que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado e favorezan a capacidade de aprender por si mesmos.

- Diversidade de agrupamentos e tarefas propostos, articulación de itinerarios diferenciados e combinación de linguaxes e soportes orientados a satisfacer as esixencias de aprendizaxe de cada alumno ou alumna e a permitir o seu desenvolvemento individual.

- Deseño de programas específicos reforzo e ampliación destinados a mellorar as posibilidades de alcanzar os obxectivos da etapa.

- Realización de proxectos significativos para o alumnado. O deseño de tarefas e proxectos de traballo deben basearse en contextos auténticos e recoñecibles para resultar significativos e deben ter en conta as vivencias particulares do alumnado (como, por exemplo, os oficios locais, as materias primas e a toponimia). Alén diso, o traballo colaborativo en proxectos debe potenciar que cada adolescente teña os seus tempos e os seus espazos de protagonismo e o recoñecemento da súa valía persoal e da súa capacidade de contribuír a desenvolver a actividade, reforzando así a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade.

- O traballo cooperativo, coa proposta de tarefas nas que o alumnado debe regular a súa conduta, a súa expresión e a súa capacidade para relacionarse cos demais. A través do diálogo e da interacción entre o alumnado, contribuirase a desenvolver a capacidade de participar activamente nun equipo, a reflexión sobre as propias ideas, o respecto crítico a outros puntos de vista, o recoñecemento dos propios valores e limitacións, a adaptación ás necesidades colectivas, a asunción de responsabilidades e o respecto ás normas acordadas.

- A resolución de problemas e conflitos en colaboración e a toma de decisións baseadas en xuízos morais, co fin de contribuír á adquisición das competencias necesarias para seguir os procesos de pensamento, utilizar o razoamento e analizar criticamente os problemas sociais e históricos.

- A gradación da aprendizaxe. O desenvolvemento das capacidades e dos contidos deberá facerse dun xeito gradual e progresivo, de maneira que se vaian adquirindo habilidades máis complexas que propicien a aprendizaxe individual e autónoma. A gradación entre cursos non se establece principalmente mediante a distribución diferenciada de contidos, senón en función da diferente complexidade dos textos, das habilidades de comprensión ou expresión requiridas, da metalinguaxe necesaria para a reflexión sobre os usos ou do grao de autonomía do alumnado.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
1 Prevención e resolución pacífica de conflitos
2 Educación cívica e en valores
3 Formación estética
4 Igualdade entre mulleres e homes
5 Respecto mutuo e cooperación entre iguais
6 Liberdade de expresión
7 Fomento do espírito crítico e científico

No artigo 18 do Anteproxecto do Decreto polo que se establece a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia establécese que, sen prexuízo do seu tratamento específico nalgunhas das materias da etapa, a comprensión de lectura, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, a competencia dixital, o emprendemento social e empresarial, o fomento do espírito crítico e científico, a educación emocional e en valores, a igualdade de xénero e a creatividade traballaranse en todas as materias.

 

A acción educativa debe fomentar de maneira transversal valores como a igualdade entre homes e mulleres, a non discriminación por calquera condición ou circunstancia persoal ou social, a resolución pacífica de conflitos, a educación para a saúde, a formación estética, a educación para a sustentabilidade e o consumo responsable, o respecto mutuo e a cooperación entre iguais. Así mesmo, promoveremos a defensa da liberdade, a igualdade, os dereitos humanos e a paz, e o rexeitamento de calquera tipo de violencia, racismo ou xenofobia.

 

Evitaremos os comportamentos e os contidos sexistas e os estereotipos que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero.

 

A materia debe contribuír tamén a incorporar elementos relacionados co desenvolvemento sostible e a protección do medio ambiente e coas situacións de risco derivadas do uso das TIC.

Ademais dos contidos transversais distribuidos en cada unha das unidades do curso, o centro, dirixido pola Coordinación de Biblioteca, decidíu traballar conxuntamente baixo o epígrafe Os camiños. O tema organizarase en tres liñas que se desenvolverán cada unha nun trimestre e que reciben o nome de Camiños culturais, Camiños naturais e Camiños emocionais

Este Departamento considera que a lingua e a literatura traballan os tres subtemas; por suposto, os camiños culturais foron deseñados ó longo do tempo empregando a lingua para a súa descrición e tendo en conta a literatura como un emblema cultural, que identifica e distingue ós pobos entre sí, pero tamén os unifica. Os camiños naturais están tamén asociados á lingua, xa que o coñecemento pormenorizado das xeografías humana e territorial precisa para a súa divulgación da lingua e tamén da literatura, de xeito que se produce unha simbiose entre camiño cultural e natural. Finalmente, os camiños emocionais son moi a miúdo a preocupación máis visible dos escritores de todos os tempos, e as súas reflexións e percepcións axudan a delimitar e madurar as emocións propias. 

Co obxectivo de traballar en concreto os tres tipos de camiños, pódense propoñer traballos escíficos relativos a algunha obra concreta, coa intención de difundilos xunto con outros elaborados noutras áreas ou materias. Estes traballos poden en ocasións incluirse dentro daqueles que impliquen unha exposición individual ou grupal planificada, sempre obxecto dunha valoración propia da materia, ademáis de transversal. Os contidos dos mesmos poden variar en función do curso ou grupo e da docente.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Organización dun club de lectura Esta é unha actividade idónea para fomentar o gusto pola lectura de textos que non forman parte do currículo escolar. Tamén é unha actividade a través da que podemos fomentar a expresión oral e o debate en clase. Ademais, permite introducir temas transversais como o respecto pola quenda de palabra, a convivencia, o traballo en grupo e a formación estética.
Celebración de efemérides como o Día do Libro e o Día das Letras Galegas Coa celebración destas datas, o alumnado pode realizar traballos de búsqueda de información de determinados autores e autoras. O profesorado deberá traballar en equipo con compañeiros e compañeiras doutros departamentos, polo tanto é unha actividade ideal para desenvolver tarefas cooperativas de xeito interdisciplinar.
Gravación de podcast con textos literarios Alumnado do centro de distintas nacionalidades pode gravar textos literarios (narrativos ou mellor poéticos) cada quen na súa lingua. O carácter inclusivo desta actividade e a motivación que pode espertar no alumnado fai que sexa unha actividade ideal para traballar o aprecio polas diferenzas, a educación cívica e a cooperación entre iguais.
Obradoiros de escritura creativa Este obradoiro permitirá achegarnos á linguaxe desde un enfoque máis vivencial. Implica un traballo coa escritura e coa a lectura, en tanto que son competencias transversais no currículo académico. Supón reforzar a capacidade de comprensión do alumnado, a adquisición dun espírito crítico, o desenvolvemento da creatividade e dun hábito lector.
Visionado de películas O visionado de películas é un excelente vehículo para completar e enriquecer as aprendizaxes do noso alumnado. Podemos visionar filmes baseados nalgúns dos libros lidos en clase ou nos clubs de lectura do centro. Esta actividade, ademais de relacionar linguaxes distintas, axudará a mellorar as capacidades de comunicación do alumnado, as habilidades sociais (destrezas conversacionais tanto verbais como non verbais) e a expresión de emocións. Tamén é unha actividade idónea para potenciar a autoestima dos participantes.

Non se rexistraron observacións

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Ao comezo de cada unidade, infórmase ao alumnado sobre os obxectivos propostos, as competencias que se van a desenvolver, as actividades que se realizarán e os instrumentos e criterios de avaliación.
Metodoloxía empregada Ao inicio de cada unidade didáctica, realízase unha introdución sobre o tema e actividades de recoñecemento e activación dos coñecementos previos do alumnado ao respecto.
Metodoloxía empregada Ao comezo do desenvolvemento de cada unidade, proporciónase ao alumnado un cadro sinóptico ou mapa conceptual do tema para orientalo sobre a evolución do seu proceso de ensino-aprendizaxe.
Medidas de atención á diversidade Os contidos e actividades de cada unidade didáctica parten dos coñecementos previos do alumnado, vinculándose cos seus intereses e necesidades, e favorecen a construción progresivamente autónoma de novas aprendizaxes.
Medidas de atención á diversidade As actividades propostas son variadas en canto á súa tipoloxía e sistema de traballo (individual, por parellas, en pequeno grupo, en gran grupo), favorecendo a adquisición das competencias clave.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico A planificación e distribución do tempo asignado a cada tarefa é axeitada.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Empregáronse recursos e materiais didácticos variados (impresos, dixitais, audiovisuais, aplicacións informáticas de carácter educativo...)
Metodoloxía empregada Aplicáronse estratexias de aprendizaxe como a lectura comprensiva, a procura de información significativa, a planificación do traballo, o desenvolvemento de técnicas de síntese, análise e redacción...
Metodoloxía empregada Aplicouse a metodoloxía didáctica establecida na programación.
Medidas de atención á diversidade Desenvolvéronse as medidas de atención á diversidade necesarias aos alumnos que así o requiren.
Medidas de atención á diversidade Leváronse a cabo medidas de reforzo educativo dirixidas ao alumnado con dificultades de aprendizaxe, propoñendo novas actividades que faciliten a adquisición dos obxectivos non acadados.
Medidas de atención á diversidade Deséñanse e aplícanse actividades de ampliación e afondamento para o alumnado que acade de maneira significativa os obxectivos propostos.
Metodoloxía empregada Realízanse as actividades complementarias programadas.
Metodoloxía empregada Explicáronse e corrixíronse na aula as actividades levadas a cabo nas distintas unidades didácticas.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Empregáronse os materiais e recursos didácticos programados.
Metodoloxía empregada Puxéronse en práctica medidas para estimular o hábito lector.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Aplicáronse os procedementos e criterios de avaliación establecidos na programación didáctica.
Metodoloxía empregada Utilizáronse diferentes instrumentos de avaliación (probas, traballos individuais e en grupo, exposicións orais, redaccións, proxectos de investigación...)
Medidas de atención á diversidade Desenvolvéronse procedementos e actividades de recuperación para o alumnado con algunha avaliación suspensa ou coa materia pendente de cursos anteriores.

A avaliación da práctica docente favorece os procedementos de análise, reflexión e debate arredor da realidade educativa do centro sobre os seguintes aspectos:

-A xestión adecuada do tempo para a planificación do proceso de ensino-aprendizaxe na aula.

-A concreción do currículo, a súa adaptación ao contexto e a organización efectiva dos contidos, actividades e obxectivos propostos.

-A avaliación dos resultados obtidos polo alumnado e a adopción das medidas de mellora adaptadas ás súas necesidades de aprendizaxe.

-A inclusión e atención á diversidade como resposta educativa á totalidade do alumnado para promover a consecución do éxito escolar.

-A construción dun clima de empatía, confianza e convivencia harmónica na aula.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


A programación didáctica da materia de Lingua Castelá e Literatura estará á disposición da comunidade educativa do centro e, ademais, a comezos de curso, proporcionarase ao alumnado un extracto da mesma cos seus puntos esenciais: obxectivos, criterios, instrumentos e procedementos de avaliación, materiais didácticos e sistema de recuperación.

 

A programación didáctica será obxecto de seguimento e avaliación a través da aplicación PROENS e poderá sufrir as modificacións precisas para adaptarse ás necesidades educativas do alumnado, en beneficio da correcta evolución do proceso de ensino-aprendizaxe e da consecución dos obxectivos establecidos. Ditas modificacións, debidamente xustificadas, figurarán tamén nas actas das reunións de departamento e na memoria final da materia.

 

A avaliación da programación realizarase a través dos seguintes indicadores de logro:

 

-A programación didáctica elaborouse de maneira coordinada coa colaboración de todos os integrantes do departamento.

-A programación didáctica especifica e completa as decisións adoptadas na concreción curricular fixada no Proxecto Educativo de Centro.

-Os criterios de avaliación establecidos valoran con efectividade a consecución dos obxectivos propostos.

-Os procedementos e instrumentos de avaliación axústanse aos criterios de avaliación indicados.

-As actividades desenvoltas adáptanse á metodoloxía didáctica programada.

-A programación didáctica contempla e manexa con eficacia os recursos e materiais necesarios para favorecer a adquisición dos contidos e obxectivos.

-A programación didáctica organiza axeitadamente os espazos e tempos destinados á realización das actividades previstas.

-A programación didáctica inclúe actividades de reforzo, ampliación e recuperación adecuados ao perfil, características e necesidades do alumnado.

-A programación didáctica é revisada ao longo do curso e inclúense nela as modificacións pactadas e realizadas.

-A programación didáctica adáptase ao contexto escolar do centro educativo.

 

Así mesmo, realizarase o seguimento de cada unidade didáctica a través da aplicación PROENS, estipulando e modificando, de ser o caso, a data de inicio e final da explicación de cada unha delas, o número de sesións dedicadas ao seu desenvolvemento, especificando as previstas ao comezo e as realizadas finalmente, así como o grao de cumprimento dos obxectivos indicados.

 

As propostas de mellora da programación didáctica derivarán da análise da efectividade da mesma e dos resultados académicos obtidos nas distintas avaliacións e examinados nas reunións de departamento celebradas ao longo do curso, cuxo contido quedará reflectido nas actas correspondentes. Ademais, na memoria final, contemplaranse as propostas de mellora, vinculadas especialmente á adaptación da metodoloxía, materiais e recursos empregados para favorecer a consecución dos obxectivos establecidos.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver