Vista preliminar da
Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.
1. Introdución (Elaborado)
A presente programación didáctica da materia de Lingua Inglesa en 4º ESO ten como obxectivo principal a adquisición da competencia comunicativa apropiada, de modo que o alumnado sexa quen de comprender, expresarse e interactuar na devandita lingua con eficacia; asemade procura o enriquecemento e a expansión da súa conciencia intercultural e plurilingüe.
O alumnado, ademais, con esta materia poderá desenvolverse mellor nas contornas dixitais, xa que estas ferramentas aproveitaranse plenamente para reforzar a aprendizaxe, o ensino e a avaliación da lingua e cultura inglesa. Por iso, o desenvolvemento do pensamento crítico, a alfabetización mediática e o uso adecuado, seguro, ético e responsable da tecnoloxía supoñen un elemento moi relevante nesta programación.
Por outra banda, aquí, o profesorado atopará un protocolo específico para abordar con eficacia e seguridade as diferentes circunstancias que poden xurdir ao longo dun curso e, ao mesmo tempo, flexible para permitir o uso da súa creatividade e a improvisación necesaria para adaptarse á grande diversidade das aulas.
Finalmente, a metodoloxía seguida responde ao enfoque comunicativo aconsellado dende o Marco Común Europeo de Referencia, polo que non só os obxectivos e contidos, senón tamén as actividades, as tarefas e as unidades a desenvolver representarán situacións reais e efectivas de comunicación.
4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)
Seguindo o Marco Común Europeo de Referencia, a nosa metodoloxía deberá ser activa, participativa, progresiva e continuada; a isto responde a total transversalidade dos bloques da nosa materia, pois todos están incorporados en todas as unidades de maneira integrada.
O noso labor docente terá un enfoque orientado á acción a través de deseños fundamentados na análise de necesidades e construídos arredor de tarefas da vida real. A este respecto, a lingua inglesa debe ter unha presenza activa non só dentro da aula senón tamén no centro educativo en xeral; o profesorado debe fomentar que as situacións cotiás de comunicación oral co alumnado se desenvolvan en inglés.
Dentro das aulas, o traballo colaborativo en grupos reducidos e heteroxéneos, a aprendizaxe por proxectos e outras dinámicas de ensino cooperativo que promoven a inclusión do alumnado de diferentes niveis favorecerán a integración e a socialización, a función comunicativa e a adquisición das competencias clave e fomentarán o espírito científico e crítico e o emprendemento, conforme se nos solicita na ORDE do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011 do 7 de decembro e que regula a atención á diversidade no seu Artigo 45.
Prestarase, asemade, especial atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) proporcionándolles materiais de reforzo e DUA.
A metodoloxía do noso proxecto desenvólvese como se indica a continuación:
On Track é un novo curso desenvolto especificamente para estudantes en España. Este curso fácil de usar baséase nunha estrutura familiar e unha metodoloxía probada. Inclúe unha innovadora serie de materiais de apoio accesibles non só en Oxford Premium e no Active Learning Kit.
En On Track, cada situación de aprendizaxe establece un tema auténtico e atractivo. A nova linguaxe preséntase de forma clara e directa, con imaxes atractivas para os conxuntos de vocabulario e táboas gramaticais de fácil lectura. O apoio á presentación da gramática e o vocabulario está dispoñible no iPack, onde as animacións gramaticais e as presentacións de vocabulario axudan aos alumnos para familiarizarse coa nova linguaxe. A linguaxe practícase e recíclase ao longo da situación de aprendizaxe , con actividades de práctica coidadosamente deseñadas que guían aos estudantes cara a oportunidades de comunicación significativas e personalizadas.
O programa de gramática, vocabulario e habilidades hase graduado coidadosamente ao longo do curso para garantir unha progresión constante e apoiada, aliñada cos requisitos educativos españois. Ademais, as competencias específicas cóbrense ao longo do curso como parte dos exercicios estándar do Student’s Book. As situacións de aprendizaxe na sección Options ofrecen un proxecto de colaboración manexable, paso a paso, no que os estudantes traballan xuntos para identificar e resolver un problema.
On Track ten unha metodoloxía probada de presentación, práctica e produción da lingua. O tema de cada situación de aprendizaxe constitúe un piar central en torno ao cal se presentan e practican o vocabulario, a gramática e as habilidades en contextos auténticos e significativos. Xunto a isto, as competencias clave e as competencias lingüísticas esenciais, como a mediación, se entretejen ao longo das leccións.
Finalmente o uso das tecnoloxías como recurso motivador e favorecedor de espazos comunicativos tales como programas internacionais e/ou plataformas de intercambio e cooperación; o fomento da comprensión oral mediante a utilización de recursos audiovisuais variados, adecuados, motivadores e, na medida do posible, auténticos e o uso da lectura en inglés a través de diversos soportes coa necesaria gradación atendendo á diversidade das aulas, fornecerán a autoconfianza no alumnado e o avance no coñecemento e na adquisición da lingua.
5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)
A avaliación inicial desenvolverase a través dalgún dos seguintes procedementos:
1. Dinámicas de cohesión de grupo ( por exemplo a maleta viaxeira, a tea de araña, two truths and one lie, etc)
2. Cuestionario de lecer e afeccións
3. Proba de nivel
4. Xogo que desenvolva a destreza lingüística oral e/ou (por exemplo, Find someone who, Ruleta aleatoria de temas).
As probas serán o complemento da observación na clase nas primeiras semanas.
5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)
5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)
6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)
As medidas ordinarias de atención á diversidade responden ás instrucións da orde do 8 de setembro de 2021 que regula a atención á diversidade do alumnado.
En coordinación co profesorado titor e o departamento de Orientación, deseñarase unha avaliación inicial que facilite a detección das necesidades do alumnado. As medidas de atención á diversidade serán algunhas das seguintes:
1. Adaptación dos graos de consecución dos criterios de avaliación.
2. Gradación da dificultade das actividades de aprendizaxe.
3. Actividades diversas e variadas adaptadas aos distintos ritmos de aprendizaxe.
4. Materiais e recursos diversificados e inclusivos (DUA) que se adapten ás necesidades individualizadas do alumnado.
5. Actividades de reforzo e consolidación.
6. Aprendizaxe por Proxectos.
7. Traballo colaborativo.
8. Procedementos e Instrumentos de avaliación variados e individualizados.
9. Flexibilidade nos tempos de realización de tarefas e probas.
10. Retroalimentación ao alumnado sobre o seu proceso de aprendizaxe.
PROTOCOLO DE SEGUIMENTO DO ALUMNADO QUE PERMANECE UN ANO MÁIS NO MESMO CURSO:
Plan específico para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que permaneza un ano máis no mesmo curso
En cumprimento do artigo 52 da Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado, o equipo docente coordinado polo profesorado titor elaborará un plan específico que ten como finalidade adaptar as condicións curriculares ás necesidades da alumna ou do alumno, para tratar de superar as dificultades detectadas.
O plan específico personalizado debe incluír, cando menos:
a) Identificación da alumna ou do alumno.
b) Relación das necesidades educativas que motivaron a repetición do curso.
c) Medidas ordinarias aplicadas no curso anterior.
d) Estratexias metodolóxicas que se utilizarán no seu desenvolvemento.
e) Recursos necesarios para o desenvolvemento do plan.
f) De ser o caso, oferta de medidas extraordinarias.
g) Acreditación da información á familia.
En cada sesión de avaliación farase o seguimento do plan específico personalizado e, de ser necesario, realizaránselle os axustes que procedan. Ao final do curso, na mesma sesión de avaliación, informarase sobre o seu desenvolvemento e o seu aproveitamento.
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)
A avaliación da programación do departamento é necesaria para a mellora do proceso de ensino-aprendizaxe. Esta avaliación debe ser continua e levarase a cabo ao longo de todo o curso nas reunións de departamento, o que permitirá facer os axustes necesarios para conseguir a mellora dos resultados obtidos.
Nas reunións , os membros do departamento analizarán e valorarán o proceso de ensino-aprendizaxe: o ritmo ao que se desenvolve a programación, as posibles causas que dificultan o seu normal desenvolvemento, a consecución ou non dos obxectivos marcados, etc. Ademais, trimestralmente, antes e despois das sesións de avaliación, nas reunións de departamento farase un seguimento detallado da marcha do curso que incluirá todos os aspectos, dende o seguimento da programación e a consecución dos seus obxectivos, ata a disciplina do alumnado, a adecuación dos items programados, a adecuada secuenciación dos contidos e os obxectos de aprendizaxe, etc.; é dicir, todos aqueles factores que axuden a que a avaliación da programación sexa satisfactoria. Na reunión do departamento posterior ás sesión de avaliacións analizaranse os resultados obtidos polo alumnado, indagando nas causas que puideron existir cando estes resultados non sexan satisfactorios e reflexionando sobre como melloralos.
O seguimento da pogramación farase a través da aplicación PROENS ao remate de cada unidade didáctica, referenciando cada elemento relevante nas mesmas (temporalización, secuenciación, grao de cumprimento e propostas de mellora).
Nas reunións de final de curso previas á memoria final do departamento analizarase a idoneidade ou non da metodoloxía utilizada, da secuenciación prevista, dos materiais didácticos utilizados, da adecuación dos criterios de avaliación, da contribución á adquisición das competencias clave, etc.