Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


As nosas decisións programáticas obedecen ao grande obxectivo educativo e social de conseguir e consolidar falantes para o galego. Neste sentido, a materia de Lingua Galega en 4º de ESO continúa as liñas dos cursos anteriores na etapa coa continuidade do achegamento á literatura galega e ten a responsabilidade engadida de ser, para moito do noso alumnado, o último contacto co ensino regrado da nosa lingua e literatura. Preténdese mellorar a eficacia comunicativa do alumnado na produción, recepción e interacción oral, escrita e multimodal e pola outra, favorecer un uso ético da linguaxe.

Tendo en conta que a aprendizaxe da lingua progresa en espiral, os contidos deste nivel non son significativamente diferentes aos de cursos anteriores, senón que a diferenza radica no grao de profundidade coa que son tratados.

Os criterios de avaliación e os contidos distribúense en catro bloques.

En primeiro lugar, «As linguas e os seus falantes» recolle diferentes aspectos sociolingüísticos, facendo fincapé na diversidade lingüística e no desenvolvemento dunha actitude de respecto e aprecio pola lingua, carente de prexuízos de índole idiomática.

O segundo bloque, «Comunicación» abarca os saberes implicados na comunicación oral e escrita e a alfabetización informacional e mediática.

O terceiro bloque, «Educación literaria» procura consolidar o hábito lector do alumnado, incrementar a súa capacidade para interpretar textos literarios e realizar un achegamento ao contexto histórico-cultural nos séculos XX e XXI.

O cuarto e último bloque, «Reflexión sobre a lingua», pretende acometer a aprendizaxe sistemática da gramática a través de procesos de indagación.

Alén dos contidos lingüísticos, sociolingüísticos e literarios que inclúe a programación cómpre tamén salientar a incorporación de nocións básicas doutras linguas como o éuscaro e o portugués, especialmente este último. Este fomento do ensino/aprendizaxe do portugués está en consonancia coa Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, e coas directrices da Unión Europea relativas ao coñecemento das variedades lingüísticas próximas e, de modo especial, ás transfronteirizas que presentan vínculos históricos e estruturais tan evidentes como acontece co galego e o portugués. A coñecida tamén como Lei Valentín Paz Andrade incide nesta idea ao establecer que «a lingua propia de Galicia, polo feito de ser intercomprensible co portugués, outórgalle unha valiosa vantaxe competitiva á cidadanía galega» e prosegue, «por iso debemos dotarnos de métodos formativos e comunicativos que nos permitan desenvolvernos con naturalidade nunha lingua que nos é moi próxima e nos concede unha grande proxección internacional».

A proposta didáctica que se presenta para 4º de ESO está articulada arredor de seis unidades didácticas cuxos títulos dan conta do núcleo temático ao redor do cal van xirar.

As devanditas unidades, están articuladas segundo a ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

As unidades comezarán sempre por un achegamento ao tema da unidade a través dun formato oral ou audiovisual para transmitir en todo momento que estamos a traballar cunha lingua viva chea de vitalidade, a liña fundamental de traballo para conseguir falantes que dominen con fluidez a nosa lingua.

Ao longo do curso o alumnado desenvolverá diferentes proxectos centrados en partes diversas da materia.

No primeiro trimestre o proxecto de investigación «Agrido coa lingua e agrido a túa lingua» céntrase no bloque «As linguas e os seus falantes» e leva a cabo un traballo de campo e logo de análise dos usos lingüísticos discriminatorios tanto coas mulleres como coa propia lingua aplicado ao galego. Trátase dun traballo no que se unen a defensa da muller e da lingua na análise dos ataques e dos prexuízos que actúan sobre ela e que terá como remate a realización dunha intervención didáctica nas aulas do centro para concienciar da importancia que ten o que dicimos cando agredimos alguén ou unha lingua.

O segundo trimestre o proxecto coa denominación «Veño de aquí» céntrase no achegamento ao xénero poético na nosa literatura nos séculos XX e XXI e partindo do verso e da obra de Luísa Villalta o alumnado realizará unha intervención de poesía xeolocalizada para poñer en valor o seu lugar no mundo e todo o patrimonio que posúe.

No terceiro trimestre temos dous proxectos de menores dimensións. O primeiro consiste na creación dunha obra teatral que xire arredor da escolla de futuro ou da procura de traballo. O último do curso buscará un achegamento máis libre do alumnado á literatura galega da última década e en parellas farán unha selección dunha ducia de textos comentados que dea conta do panorama creativo da literatura galega deste momento.

A escolla das obras de lectura obrigatoria propostas para cada trimestre obedece aos seguintes criterios que se lles aplican á ducia de obras que se len ao longo da etapa:

- A inclusión de obras representativas do noso corpus literario.

- A inclusión de autoras e autores con obra salientable de xeito que non se repita ningún.

- A inclusión de temáticas actualizadas e atractivas para o noso alumnado que promovan a defensa de valores socioculturais e éticos (igualdade, dereitos humanos, benestar animal, conciencia ambiental...).

- A non repetición de temas.

- E a presenza de todos os xéneros ao longo da etapa: narrativa, poesía, teatro, ensaio divulgativo e cómic.


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Describir e apreciar a diversidade lingüística do mundo a partir do recoñecemento das linguas do alumnado e a realidade plurilingüe e pluricultural da Península Ibérica, analizando a orixe e o desenvolvemento sociohistórico das súas linguas (e, máis concretamente, a do portugués, catalán e éuscaro), e as características das principais variedades dialectais do galego, para favorecer a reflexión interlingüística, combater os estereotipos e prexuízos e valorar a devandita diversidade como fonte de riqueza cultural.
OBX2 Comprender e interpretar textos orais e multimodais recollendo o sentido xeral e a información máis relevante, identificando o punto de vista e a intención do emisor e valorando a súa fiabilidade, a súa forma e o seu contido, para construír coñecemento, formar opinión e ampliar as posibilidades de gozo e de lecer.
OBX3 Producir textos orais e multimodais con coherencia e fluidez e co rexistro adecuado, atendendo ás convencións propias dos diferentes xéneros discursivos, e participar en interaccións orais con actitude cooperativa e respectuosa, tanto para construír coñecemento e establecer vínculos persoais como para intervir de maneira activa e informada en diferentes contextos sociais.
OBX4 Comprender, interpretar e valorar textos escritos, con sentido crítico e diferentes propósitos de lectura recoñecendo o sentido global e as ideas principais e secundarias, identificando a intención do emisor, reflexionando sobre o contido e a forma e avaliando a súa calidade e fiabilidade para dar resposta ás necesidades e aos intereses comunicativos diversos e para construír coñecemento.
OBX5 Producir textos escritos e multimodais coherentes, cohesionados, adecuados e correctos atendendo ás convencións propias do xénero discursivo elixido, para construír coñecemento e para dar resposta de maneira informada, eficaz e creativa a demandas comunicativas concretas.
OBX6 Seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes de maneira progresivamente autónoma, avaliando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de manipulación e desinformación, e integrala e transformala en coñecemento para comunicala desde un punto de vista crítico e persoal e, ao mesmo tempo, respectuoso coa propiedade intelectual.
OBX7 Seleccionar e ler de maneira autónoma obras diversas como fonte de pracer e coñecemento, configurando un itinerario lector que evolucione en canto á diversidade, complexidade e calidade das obras e compartir experiencias de lectura para construír a propia identidade lectora e para gozar da dimensión social da lectura.
OBX8 Ler, interpretar e valorar obras ou fragmentos literarios do patrimonio galego, portugués e universal, utilizando unha metalinguaxe específica e mobilizando a experiencia biográfica e os coñecementos literarios e culturais que permitan establecer vínculos entre textos diversos e con outras manifestacións artísticas, para conformar un mapa cultural, ampliar as posibilidades de gozo da literatura e crear textos de intención literaria.
OBX9 Mobilizar o coñecemento sobre a estrutura da lingua e os seus usos e reflexionar de maneira progresivamente autónoma sobre as eleccións lingüísticas e discursivas, coa terminoloxía axeitada, para desenvolver a conciencia lingüística, aumentar o repertorio comunicativo e mellorar as destrezas tanto de produción oral e escrita coma de recepción crítica.
OBX10 Pór as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática, da resolución dialogada dos conflitos e da igualdade de dereitos de todas as persoas, utilizando unha linguaxe non discriminatoria e desterrando os abusos a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz, senón tamén ético e democrático, da linguaxe.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Unha lingua, unha cultura Unidade 1 Na primeira unidade o alumnado vai realizar un primeiro achegamento ao contexto histórico da historia da lingua e da literatura nos séculos XX e XXI co obxectivo de que adquira unha serie de claves que lle permitan situar autores ou obras nas súas coordenadas histórico literarias. O alumnado vai achegarse ao éuscaro como mostra da diversidade lingüística do Estado e vai ampliar os seus coñecementos da lingua portuguesa con textos xornalísticos e producións líricas. Mediante o xénero argumentativo o alumnado reflexionará sobre a importancia do galego como vehículo transmisor dunha cultura. Aproveitaremos agora tamén para estreitar relacións co portugués e conseguir maior competencia nesta lingua así como para ver o éuscaro dende a súa propia idiosincrasia dentro do panorama multilingüe de España. 20 21
2 Sempre vivas Unidade 2 O alumnado achegarase á evolución do xénero narrativo dos últimos dous séculos mediante a lectura e análise de textos de diferentes épocas e temáticas e mediante a súa propia creación literaria. Inclúese tamén aquí o booktuber da lectura autónoma de xénero narrativo do primeiro trimestre. «Agrido coa lingua e agrido a túa lingua» será o proxecto de investigación centrado no bloque «As linguas e os seus falantes» que inclúe traballo de campo e logo a análise dos usos lingüísticos discriminatorios (incluiremos aquí o coñecemento e defensa das variantes dialectais) tanto coas mulleres como coa propia lingua, o galego. O proxecto remata cunha intervención didáctica nas aulas do centro que conciencie da importancia que ten o que dicimos cando agredimos unha muller ou unha lingua. 20 20
3 E será verdade? Unidade 3 Elabora un traballo de investigación en parellas sobre a manipulación informativa mediante un seguimento durante tres semanas. Na análise dos textos estudaremos a importancia da sintaxe na transmisión da información. Tamén terá un encontro con xornalistas de medios en galego para analizar este tema. Finalmente expoñerán na aula a investigación realizada e as conclusións ás que chegasen. Nesta unidade o xénero literario protagonista será o ensaio, o alumnado analizará diferentes textos así como tamén valorará a evolución desta tipoloxía textual na nosa literatura en relación ao proceso de normalización cultural. 10 15
4 Veño de aquí Unidade 4 Dentro da tipoloxía textual o alumnado traballará o currículo como instrumento fundamental para o seu futuro social tanto a través da vida académica como da vida profesional. Elaborará un booktuber en vídeo sobre a obra escollida para lectura autónoma poética de carácter trimestral. Nesta unidade o xénero literario protagonista será a poesía, o alumnado analizará diferentes textos así como tamén valorará a evolución desta tipoloxía textual na nosa literatura. Desenvolverá tamén o proxecto en gran grupo coa denominación «Veño de aquí» centrado no achegamento ao xénero poético. Partindo do verso e da obra de Luísa Villalta o alumnado realizará unha intervención de poesía xeolocalizada para poñer en valor o seu lugar no mundo e todo o patrimonio que posúe. 20 16
5 Que vai ser de min Unidade 5 Dentro da tipoloxía textual o alumnado traballará a carta de motivación como instrumento fundamental para o seu futuro social tanto a través da vida académica como da vida profesional. No plano oral traballarase a entrevista de traballo e nela valorará con criterio crítico a información laboral aparecida nos medios de comunicación e nas redes sociais. En ambos casos traballaranse os mecanismos de enriquecemento e precisión léxica así como a corrección ortográfica e gramatical e a utilización de construcións morfosintácticas máis xenuínas evitando castelanismos e outras deturpacións. Nesta unidade o xénero literario protagonista será o teatro, o alumnado analizará diferentes textos así como tamén valorará a evolución desta tipoloxía textual na nosa literatura. En pequenos grupos confeccionan unha peza teatral partindo de referentes dramáticos da historia da literatura galega dos séculos XX e XXI na que a temática xire ao redor da escolla de futuro ou da procura de traballo. 10 18
6 Camiños diversos Unidade 6 A protagonista da unidade vai ser a diversidade dende múltiplas perspectivas, a diversidade de xénero, a da creación literaria, a de camiños que o alumnado pode elixir despois de abandonar 4º de ESO na busca dunha despedida de etapa alegre e chea de posibilidades de futuro. Agora achegarémonos á literatura por proximidade cronolóxica centrándonos nas manifestacións e tendencias dos nosos anos 20 para facer da lectura un produto de consumo cultural atractivo e actual que pode responder aos intereses do alumnado. En parellas elaborarán unha selección de doce textos con valoración crítica que ofrezan unha visión global da nova creación literaria galega. O alumnado tamén elaborará un booktuber en vídeo sobre a obra escollida para lectura autónoma teatral de carácter trimestral. Para rematar, creará textos literarios multimodais que conversen con outras linguaxes artísticas e audiovisuais da literatura galega da última década para unha intervención creativa na fin de curso. 20 15

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. As linguas e os seus falantes
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA1.1 - Recoñecer e valorar, a partir da explicación da orixe común do galego e do portugués e do seu desenvolvemento histórico e sociolingüístico, as semellanzas e diferenzas entre as dúas linguas, identificando e contrastando os trazos lingüísticos máis salientables e ampliando o repertorio léxico en lingua portuguesa.
CA1.2 - Recoñecer e valorar as variantes dialectais do galego, identificando os trazos fónicos, gramaticais e léxicos máis característicos dos bloques e das principais áreas lingüísticas, establecendo as diferenzas respecto da norma e distinguindo estes trazos dos sociolectais e de rexistro en manifestacións orais, escritas e multimodais.
CA1.3 - Identificar e cuestionar prexuízos e estereotipos lingüísticos adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal a partir da análise da diversidade lingüística da contorna escolar e social próxima e da exploración e reflexión sociolingüística sobre os fenómenos de contacto entre linguas e da indagación dos dereitos lingüísticos individuais e colectivos.
CA1.4 - Valorar a lingua éuscara, analizando as súas características máis salientables para coñecer e comprender a realidade lingüística de España.
CA1.5 - Elaborar traballos de investigación de maneira progresivamente autónoma en diferentes soportes sobre diversos temas de interese académico, persoal ou social, partindo da información seleccionada.
Contidos
C1.1 - Ampliación do coñecemento do portugués. Semellanzas e diferenzas léxicas entre o galego e o portugués (falsos amigos).
C1.2 - Fenómenos dialectais fónicos, gramaticais e léxicos dos bloques e das áreas lingüísticas do galego. Comparación entre a norma e as variedades dialectais.
C1.3 - Diferenzas entre os trazos dialectais, os sociolectos e os rexistros.
C1.4 - Desenvolvemento da reflexión sociolingüística. Exploración e rexeitamento de prexuízos e estereotipos lingüísticos. Os fenómenos do contacto entre linguas: bilingüismo, diglosia, préstamos, interferencias.
C1.5 - Indagación sobre os dereitos lingüísticos e a súa expresión en leis e declaracións institucionais.
C1.6 - Valoración e comprensión das principais características do éuscaro.
C1.7 - Elaboración de traballos de investigación relacionados con temas de interese académico, persoal ou social.
Bloque B2. Comunicación
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA2.1 - Comprender e valorar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais, escritos e multimodais de certa complexidade de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos e avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
CA2.2 - Realizar exposicións e argumentacións orais e escritas de certa extensión e complexidade con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social, educativo e profesional axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez, coherencia e cohesión e co rexistro adecuado en diferentes soportes, utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
CA2.3 - Participar de maneira activa e axeitada en interaccións orais informais e en situacións orais formais de carácter dialogado, mantendo actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
CA2.4 - Comprender, valorar e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais de certa complexidade, realizando as inferencias necesarias e avaliando a súa calidade e fiabilidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados.
CA2.5 - Planificar a redacción de textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle, presentando, despois da súa revisión, un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado.
CA2.6 - Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira progresivamente autónoma procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e reelaborala e comunicala de maneira creativa adoptando un punto de vista crítico e respectando os principios de propiedade intelectual.
CA2.7 - Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable das tecnoloxías dixitais con relación á procura e á comunicación da información, reflexionando sobre as posibles manipulacións presentes nas canles de transmisión da información.
CA2.8 - Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e identificar e solucionar os problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
CA2.9 - Identificar e desterrar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe partindo da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación.
CA2.10 - Utilizar estratexias para a resolución dialogada dos conflitos, procurando consensos, tanto no ámbito persoal coma no educativo e no social.
Contidos
C2.1 - Xéneros discursivos desde o punto de vista da produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
C2.1.1 - Secuencias textuais básicas, con especial atención ás argumentativas.
C2.1.2 - Propiedades textuais: coherencia, cohesión e adecuación.
C2.1.3 - Xéneros discursivos propios do ámbito social. Redes sociais e medios de comunicación. Etiqueta dixital e ris-cos de desinformación, manipulación e vulneración da privacidade na Rede. Análise da imaxe e dos elemen-tos paratextuais dos textos icónico-verbai
C2.1.4 - Xéneros discursivos propios do ámbito profesional: o currículo, a carta de motivación e a entrevista de traballo.
C2.2 - Procesos de produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
C2.2.1 - Interacción oral e escrita de carácter informal e formal: cooperación conversacional e cortesía lingüística. Es-coita activa, asertividade e resolución dialogada dos conflitos.
C2.2.2 - Comprensión oral: sentido global do texto e relación entre as súas partes, selección e retención da informa-ción relevante. A intención do emisor. Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal, dos abusos a través da palabra e dos uso
C2.2.3 - Produción oral formal: planificación e procura de información, textualización e revisión. Adecuación á audien-cia e ao tempo de exposición. Elementos non verbais. Trazos discursivos e lingüísticos da oralidade formal. A deliberación oral argumentada. A ex
C2.2.4 - Comprensión lectora: sentido global do texto e relación entre as súas partes. A intención do emisor. Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e icónica. Os abusos de poder e a manipulación a través da lin-guaxe. As falsas noticias. Valoración
C2.2.5 - Produción escrita: planificación, textualización, revisión e edición en diferentes soportes. Corrección gramati-cal e ortográfica. Propiedade léxica. Usos da escritura para a organización do pensamento: toma de notas, esquemas, mapas conceptuais, definici
C2.2.6 - Alfabetización mediática e informacional: procura e selección da información con criterios de fiabilidade, cali-dade e pertinencia; análise, valoración, reorganización e síntese da información en esquemas propios e trans-formación en coñecemento; comunica
C2.3 - Recoñecemento e uso discursivo dos elementos lingüísticos en textos orais, escritos e multimodais.
C2.3.1 - Mecanismos de cohesión. Conectores textuais de causa, consecuencia, condición e hipótese. Mecanismos de referencia interna, gramaticais e léxicos (nominalizacións e hiperónimos de significado abstracto).
C2.3.2 - Correlación temporal na subordinación de oracións e no discurso relatado.
C2.3.3 - Corrección lingüística e revisión ortográfica e gramatical dos textos. Uso de dicionarios, de manuais de consul-ta e de correctores ortográficos en soporte analóxico ou dixital.
C2.3.4 - Os signos de puntuación como mecanismo organizador do texto escrito. A súa relación co significado.
Bloque B3. Educación literaria
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA3.1 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais de certa complexidade, realizando as inferencias necesarias e con diferentes propósitos de lectura.
CA3.2 - Valorar criticamente o contido e a forma de textos de certa complexidade avaliando a súa calidade e fiabilidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados.
CA3.3 - Ler de maneira autónoma textos seleccionados en función dos propios gustos, intereses e necesidades e deixar constancia do progreso do propio itinerario lector e cultural explicando os criterios de selección das lecturas, as formas de acceso á cultura literaria e a experiencia da lectura.
CA3.4 - Compartir a experiencia da lectura en soportes diversos relacionando o sentido da obra coa propia experiencia biográfica, lectora e cultural.
CA3.5 - Explicar e argumentar a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico, atendendo á configuración e á evolución dos xéneros e subxéneros literarios.
CA3.6 - Establecer de maneira progresivamente autónoma vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas e culturais en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do lector na lectura.
CA3.7 - Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e coa axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, a partir da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.
Contidos
C3.1 - Lectura autónoma. Implicación na lectura de obras de forma progresivamente autónoma a partir dunha prese-lección de textos variados e reflexión sobre os textos lidos e sobre a propia práctica da lectura.
C3.1.1 - Criterios e estratexias para a selección de obras variadas que inclúan autoras e autores galegos e, en menor medida, do ámbito lusófono a partir da utilización autónoma da biblioteca escolar e pública dispoñible.
C3.1.2 - Participación activa en actos culturais vinculados co circuíto literario e lector.
C3.1.3 - Expresión da experiencia lectora utilizando progresivamente unha metalinguaxe específica. Apropiación dos textos lidos a través de distintas formas de recreación.
C3.1.4 - Toma de conciencia e verbalización dos propios gustos e identidade lectora: aclarar os propósitos, activar o coñecemento de base, atender os contidos principais, avaliar a consistencia interna entre os contidos e os co-ñecementos previos, formular e avali
C3.1.5 - Mobilización da experiencia persoal, lectora e cultural para establecer vínculos de maneira argumentada entre a obra lida e aspectos da actualidade, así como con outros textos e manifestacións artísticas e culturais.
C3.1.6 - Estratexias para a recomendación das lecturas en soportes variados, respectando sempre a propiedade inte-lectual, ou ben oralmente entre iguais, enmarcando de maneira básica as obras nos xéneros e subxéneros li-terarios.
C3.2 - Lectura guiada. Lectura de obras e fragmentos relevantes da literatura do patrimonio literario galego e, en menor medida, do lusófono, inscritas en itinerarios temáticos ou de xénero, que atravesan épocas, contextos culturais e movementos artísticos.
C3.2.1 - Estratexias e modelos de construción compartida da interpretación das obras, como discusións, conversas lite-rarias, debates e emisión razoada das opinión persoais coa incorporación progresiva da metalinguaxe especí-fica.
C3.2.2 - Estratexias de utilización de información sociohistórica, cultural e artística básica para construír a interpreta-ción das obras literarias: achegamento ao contexto, á corrente literaria, ao autor ou autora e establecemento de parentescos literarios.
C3.2.3 - Relación e comparación dos textos lidos con outros textos orais, escritos ou multimodais, con outras manifes-tacións artísticas e culturais e coas novas formas de ficción en función de temas, tópicos, estruturas e lingua-xes. Elementos de continuidade e d
C3.2.4 - Estratexias para interpretar obras e fragmentos literarios a partir da integración dos diferentes aspectos anali-zados e atendendo aos valores culturais, éticos e estéticos presentes nos textos. Lectura con perspectiva de xénero. Visibilización do univers
C3.2.5 - Lecturas de obras que promovan a defensa dos dereitos humanos e a conciencia ambiental.
C3.2.6 - Lectura expresiva, dramatización e recitación dos textos atendendo aos procesos de comprensión, apropia-ción e oralización implicados.
C3.2.7 - Creación de textos a partir da apropiación das convencións da linguaxe literaria e en referencia a modelos dados (imitación, transformación, continuación etc.).
Bloque B4. Reflexión sobre a lingua
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA4.1 - Incorporar procedementos para enriquecer os textos atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical, valorando o dominio do sistema fonético-fonolóxico, o uso do léxico tradicional e as construcións morfosintácticas máis xenuínas.
CA4.2 - Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e identificar e solucionar os problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
CA4.3 - Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e a metalinguaxe específica.
CA4.4 - Formular xeneralizacións sobre algúns aspectos do funcionamento da lingua a partir da observación, a comparación e a transformación de enunciados, así como da formulación de hipóteses e a procura de contraexemplos, utilizando a metalinguaxe específica e consultando de maneira progresivamente autónoma dicionarios, manuais e gramáticas.
Contidos
C4.1 - Elaboración de conclusións propias sobre o funcionamento do sistema lingüístico cunha linguaxe específica a partir da observación, comparación e clasificación de unidades comunicativas e do contraste entre linguas.
C4.1.1 - Diferenzas relevantes e interseccións entre a lingua oral e a lingua escrita atendendo a aspectos sintácticos, léxicos e pragmáticos.
C4.1.2 - Distinción entre a forma (categoría gramatical) e a función das palabras. A subordinación. A consolidación dos procedementos léxicos (afixos) e sintácticos para a mudanza de categoría.
C4.1.3 - Relación entre os esquemas semántico e sintáctico da oración composta (subordinada). Observación e trans-formación de enunciados de acordo con estes esquemas e uso da terminoloxía sintáctica necesaria.
C4.1.4 - Procedementos de adquisición e formación de palabras. Reflexión sobre as mudanzas no seu significado, as relacións semánticas entre palabras e os seus valores denotativos e connotativos en función do contexto e do propósito comunicativo.
C4.1.5 - Estratexias de uso progresivamente autónomo de dicionarios e manuais de gramática para obter información gramatical básica. Elaboración de glosarios, recoñecemento de distintos tipos de dicionarios, potenciación das TIC a través do emprego do dicionario d
C4.1.6 - Promoción dun modelo lingüístico afastado da castelanización e da deturpación para conseguir unha lingua de calidade.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Unha lingua, unha cultura
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Recoñecer e valorar, a partir da explicación da orixe común do galego e do portugués e do seu desenvolvemento histórico e sociolingüístico, as semellanzas e diferenzas entre as dúas linguas, identificando e contrastando os trazos lingüísticos máis salientables e ampliando o repertorio léxico en lingua portuguesa.
Proba escrita
Recoñece os trazos lilngüísticos que asemellan e diferencian galego e portugués e domina un repertorio léxico en lingua portuguesa que lle permite ler e comprender un xornal en portugués. 15
CA1.4 Valorar a lingua éuscara, analizando as súas características máis salientables para coñecer e comprender a realidade lingüística de España.
Proba escrita
Valora nun texto expositivo as características máis salientables do éuscaro e ponas en relación coa realidade multilingüe de España. 5
CA2.5 Planificar a redacción de textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle, presentando, despois da súa revisión, un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado.
Táboa de indicadores
Elabora un texto multimodal destinado ao alumnado onde se explique e demostre con exemplos concretos como unha lingua, o galego, é transmisora dunha cultura con coherencia, cohesión e rexistro formal. 40
CA2.8 Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e identificar e solucionar os problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
Táboa de indicadores
Revisa os seus textos aplicando os seus coñecementos sobre coherencia e cohesión, corrección ortográfica e gramatical. 10
CA3.5 Explicar e argumentar a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico, atendendo á configuración e á evolución dos xéneros e subxéneros literarios.
Proba escrita
Explica e argumenta a pertenza dun texto ou obra a un dos grandes períodos da literatura dos séculos XX e XXI e relaciónao cun contexto histórico determinado. 25
CA4.2 Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e identificar e solucionar os problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
Táboa de indicadores
Revisa os seus textos utilizando os instrumentos dixitais dos que dispomos (dicionarios, correctores ortográficos...). 5

2 Sempre vivas
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Recoñecer e valorar as variantes dialectais do galego, identificando os trazos fónicos, gramaticais e léxicos máis característicos dos bloques e das principais áreas lingüísticas, establecendo as diferenzas respecto da norma e distinguindo estes trazos dos sociolectais e de rexistro en manifestacións orais, escritas e multimodais.
Proba escrita
Recoñece as variantes dialectais do galego atribuíndo ao seu bloque dialectal mensaxes diversas segundo a procedencia dos falantes. 10
CA1.3 Identificar e cuestionar prexuízos e estereotipos lingüísticos adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal a partir da análise da diversidade lingüística da contorna escolar e social próxima e da exploración e reflexión sociolingüística sobre os fenómenos de contacto entre linguas e da indagación dos dereitos lingüísticos individuais e colectivos.
Táboa de indicadores
Identifica e cuestiona os prexuízos e estereotipos lingüísticos que se producen na súa contorna. 10
CA1.5 Elaborar traballos de investigación de maneira progresivamente autónoma en diferentes soportes sobre diversos temas de interese académico, persoal ou social, partindo da información seleccionada.
Táboa de indicadores
Investiga en grupo o maltrato verbal ás mulleres e o maltrato verbal á lingua galega e cos resultados realizan a intervención intermodal "Agrido coa lingua e agrido a túa lingua" onde se vinculen ecofeminismo e ecolingüismo. 15
CA2.9 Identificar e desterrar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe partindo da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación.
Táboa de indicadores
ldentifica nun traballo en grupo os usos discriminatorios da lingua e os abusos a través da palabra e destérraos do seu uso particular. 10
CA2.10 Utilizar estratexias para a resolución dialogada dos conflitos, procurando consensos, tanto no ámbito persoal coma no educativo e no social.
Táboa de indicadores
Na intervención educativa "Agrido coa lingua e agrido a túa lingua" utiliza estratexias para a resolución dialogada de posibles desavenencias nas aulas. 5
CA3.3 Ler de maneira autónoma textos seleccionados en función dos propios gustos, intereses e necesidades e deixar constancia do progreso do propio itinerario lector e cultural explicando os criterios de selección das lecturas, as formas de acceso á cultura literaria e a experiencia da lectura.
Táboa de indicadores
Elabora un booktuber en vídeo sobre a obra escollida para lectura autónoma narrativa de carácter trimestral (entre as tres propostas) explicando o seu criterio de selección e a experiencia lectora. 5
CA3.4 Compartir a experiencia da lectura en soportes diversos relacionando o sentido da obra coa propia experiencia biográfica, lectora e cultural.
Táboa de indicadores
Elabora un booktuber en vídeo sobre a obra escollida para lectura autónoma narrativa de carácter trimestral (entre as tres propostas) relacionándoa coa súa experiencia biográfica e cultural. 5
CA3.5 Explicar e argumentar a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico, atendendo á configuración e á evolución dos xéneros e subxéneros literarios.
Táboa de indicadores
Elabora un booktuber en vídeo sobre a obra escollida para lectura autónoma narrativa de carácter trimestral dando conta das relacións internas dos seus elementos constitutivos, das relacións externas co seu contexto histórico e do seu posicionamento no xénero, subxénero e etapa literaria. 10
CA3.7 Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e coa axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, a partir da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.
Táboa de indicadores
Crea un texto narrativo con intención literaria partindo de referentes narrativos da historia da literatura galega dos séculos XX e XXI. 20
CA4.3 Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e a metalinguaxe específica.
Táboa de indicadores
Explica os efectos no receptor das eleccións lingüísticas inapropiadas en relación á violencia de xénero. 10

3 E será verdade?
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.5 Elaborar traballos de investigación de maneira progresivamente autónoma en diferentes soportes sobre diversos temas de interese académico, persoal ou social, partindo da información seleccionada.
Táboa de indicadores
Elabora un traballo de investigación en parellas sobre a manipulación informativa mediante un seguimento durante tres semanas. 10
CA2.2 Realizar exposicións e argumentacións orais e escritas de certa extensión e complexidade con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social, educativo e profesional axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez, coherencia e cohesión e co rexistro adecuado en diferentes soportes, utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
Táboa de indicadores
Realiza en parellas unha exposición oral argumentada en rexistro formal do seu traballo de investigación con fluidez, coherencia e cohesión en rexistro formal e cunha utilización adecuada dos recursos verbais e non verbais. 20
CA2.4 Comprender, valorar e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais de certa complexidade, realizando as inferencias necesarias e avaliando a súa calidade e fiabilidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados.
Táboa de indicadores
Comprende, valora, interpreta e avalía a calidade e fiabilidade de textos dos medios de comunicación. 10
CA2.6 Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira progresivamente autónoma procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e reelaborala e comunicala de maneira creativa adoptando un punto de vista crítico e respectando os principios de propiedade intelectual.
Táboa de indicadores
Contrasta a información en diversos medios de comunicación adoptando un punto de vista crítico. 10
CA3.1 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais de certa complexidade, realizando as inferencias necesarias e con diferentes propósitos de lectura.
Proba escrita
Interpreta de maneira completa un texto ensaístico dando conta da súa estrutura, da información máis relevante e da intención do emisor e relacionándoo coa etapa literaria en que foi producido. 10
CA3.2 Valorar criticamente o contido e a forma de textos de certa complexidade avaliando a súa calidade e fiabilidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados.
Proba escrita
Valora criticamente un texto ensaístico dos séculos XX e XXI analizando os procedementos lingüísticos empregados. 10
CA4.1 Incorporar procedementos para enriquecer os textos atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical, valorando o dominio do sistema fonético-fonolóxico, o uso do léxico tradicional e as construcións morfosintácticas máis xenuínas.
Táboa de indicadores
Enriquece o seu traballo con precisión léxica, corrección ortográfica e gramatical e construcións morfosintácticas máis xenuínas na nosa lingua. 10
CA4.2 Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e identificar e solucionar os problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
Táboa de indicadores
Revisa o seu traballo de investigación de forma autónoma utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso. 10
CA4.4 Formular xeneralizacións sobre algúns aspectos do funcionamento da lingua a partir da observación, a comparación e a transformación de enunciados, así como da formulación de hipóteses e a procura de contraexemplos, utilizando a metalinguaxe específica e consultando de maneira progresivamente autónoma dicionarios, manuais e gramáticas.
Proba escrita
Identifica os valores de elementos lingüísticos concretos en secuencias sintácticas de subordinación e transforma eses enunciados mantendo eses valores. 10

4 Veño de aquí
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Comprender e valorar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais, escritos e multimodais de certa complexidade de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos e avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Táboa de indicadores
Comprende e valora as características de seu do currículo analizando a eficacia dos procedementos comunicativos empregados. 10
CA2.5 Planificar a redacción de textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle, presentando, despois da súa revisión, un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado.
Proba escrita
Dado un suposto, redacta en rexistro formal de maneira satisfactoria un currículo tendo en conta a situación comunicativa, a persoa destinataria, o propósito e a canle e que cumpra as características de adecuación, coherencia e cohesión. 25
CA2.8 Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e identificar e solucionar os problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
Proba escrita
Revisa o seu texto e soluciona os problemas de comprensión lectora que puidese presentar. 5
CA3.3 Ler de maneira autónoma textos seleccionados en función dos propios gustos, intereses e necesidades e deixar constancia do progreso do propio itinerario lector e cultural explicando os criterios de selección das lecturas, as formas de acceso á cultura literaria e a experiencia da lectura.
Táboa de indicadores
Elabora un booktuber en vídeo sobre a obra escollida para lectura autónoma poética de carácter trimestral (entre as tres propostas) explicando o seu criterio de selección e a experiencia lectora. 5
CA3.4 Compartir a experiencia da lectura en soportes diversos relacionando o sentido da obra coa propia experiencia biográfica, lectora e cultural.
Táboa de indicadores
Elabora un booktuber en vídeo sobre a obra escollida para lectura autónoma poética de carácter trimestral (entre as tres propostas) relacionándoa coa súa experiencia biográfica e cultural. 5
CA3.5 Explicar e argumentar a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico, atendendo á configuración e á evolución dos xéneros e subxéneros literarios.
Táboa de indicadores
Elabora un booktuber en vídeo sobre a obra escollida para lectura autónoma poética de carácter trimestral dando conta das relacións internas dos seus elementos constitutivos, das relacións externas co seu contexto histórico e do seu posicionamento no xénero, subxénero e etapa literaria. 10
CA3.6 Establecer de maneira progresivamente autónoma vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas e culturais en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do lector na lectura.
Táboa de indicadores
Nas súas creacións poéticas establece vínculos con outras obras da nosa tradición literaria e con outras artes. 15
CA3.7 Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e coa axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, a partir da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.
Táboa de indicadores
Crea textos poéticos con intención literaria partindo de referentes poéticos da historia da literatura galega dos séculos XX e XXI con especial atención a Luísa Villalta para, coma ela, poñer en valor o lugar do que procede. 20
CA4.1 Incorporar procedementos para enriquecer os textos atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical, valorando o dominio do sistema fonético-fonolóxico, o uso do léxico tradicional e as construcións morfosintácticas máis xenuínas.
Táboa de indicadores
Emprega ferramentas dixitais (correctores e dicionarios) para enriquecer os seus textos tanto ortográfica como gramaticalmente, aumentar a súa precisión léxica e usar construcións morfosintácticas máis xenuínas. 5

5 Que vai ser de min
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Comprender e valorar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais, escritos e multimodais de certa complexidade de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos e avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Táboa de indicadores
Comprende e valora as características de seu da entrevista de traballo e da carta de motivación analizando a eficacia dos procedementos comunicativos empregados. 10
CA2.3 Participar de maneira activa e axeitada en interaccións orais informais e en situacións orais formais de carácter dialogado, mantendo actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
Táboa de indicadores
Participa de forma correcta nunha entrevista como aspirante a unha oferta de traballo mantendo a escoita activa, a cooperación conversacional e a cortesía lingüística. 20
CA2.5 Planificar a redacción de textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle, presentando, despois da súa revisión, un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado.
Proba escrita
Dado un suposto, redacta en rexistro formal de maneira satisfactoria unha carta de motivación tendo en conta a situación comunicativa, a persoa destinataria, o propósito e a canle e que cumpra as características de adecuación, coherencia e cohesión. 20
CA2.7 Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable das tecnoloxías dixitais con relación á procura e á comunicación da información, reflexionando sobre as posibles manipulacións presentes nas canles de transmisión da información.
Táboa de indicadores
Procura e valora con criterio crítico a información laboral que se ofrece nos medios de comunicación e nas redes sociais reflexionando sobre as posibles manipulacións presentes nas ofertas de traballo. 10
CA3.7 Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e coa axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, a partir da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.
Táboa de indicadores
En pequenos grupos confeccionan unha peza teatral partindo de referentes dramáticos da historia da literatura galega dos séculos XX e XXI na que a temática xire ao redor da escolla de futuro ou da procura de traballo. 20
CA4.1 Incorporar procedementos para enriquecer os textos atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical, valorando o dominio do sistema fonético-fonolóxico, o uso do léxico tradicional e as construcións morfosintácticas máis xenuínas.
Proba escrita
Dado un texto, enriquéceo con precisión léxica, corrección ortográfica e gramatical así como tamén coa utilización de construcións morfosintácticas máis xenuínas evitando castelanismos e outras deturpacións. 20

6 Camiños diversos
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.2 Realizar exposicións e argumentacións orais e escritas de certa extensión e complexidade con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social, educativo e profesional axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez, coherencia e cohesión e co rexistro adecuado en diferentes soportes, utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
Táboa de indicadores
Realiza unha argumentación escrita respectando as características do xénero discursivo con fluidez, coherencia e cohesión ao redor do tema da diversidade. 10
CA3.1 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais de certa complexidade, realizando as inferencias necesarias e con diferentes propósitos de lectura.
Táboa de indicadores
Comprende textos literarios da última década e, en parellas, elabora unha selección de doce textos que, na súa consideración, nos ofrecerían unha visión global da nova creación literaria galega. 15
CA3.2 Valorar criticamente o contido e a forma de textos de certa complexidade avaliando a súa calidade e fiabilidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados.
Táboa de indicadores
Valora criticamente a ducia de textos que forman parte da súa selección da nova creación literaria galega dun xeito argumentado e con referencias á evolución do xénero. 10
CA3.3 Ler de maneira autónoma textos seleccionados en función dos propios gustos, intereses e necesidades e deixar constancia do progreso do propio itinerario lector e cultural explicando os criterios de selección das lecturas, as formas de acceso á cultura literaria e a experiencia da lectura.
Táboa de indicadores
Elabora un booktuber en vídeo sobre a obra escollida para lectura autónoma teatral de carácter trimestral (entre as tres propostas) explicando o seu criterio de selección e a experiencia lectora. 5
CA3.4 Compartir a experiencia da lectura en soportes diversos relacionando o sentido da obra coa propia experiencia biográfica, lectora e cultural.
Táboa de indicadores
Elabora un booktuber en vídeo sobre a obra escollida para lectura autónoma teatral de carácter trimestral (entre as tres propostas) relacionándoa coa súa experiencia biográfica e cultural. 5
CA3.5 Explicar e argumentar a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico, atendendo á configuración e á evolución dos xéneros e subxéneros literarios.
Táboa de indicadores
Elabora un booktuber en vídeo sobre a obra escollida para lectura autónoma narrativa de carácter trimestra dando conta das relacións internas dos seus elementos constitutivos, das relacións externas co seu contexto histórico e do seu posicionamento no xénero, subxénero e etapa literaria. 10
CA3.6 Establecer de maneira progresivamente autónoma vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas e culturais en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do lector na lectura.
Proba escrita
Establece vínculos entre textos literarios galegos da última década e o seu contextos histórico e cultural. 20
CA3.7 Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e coa axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, a partir da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.
Táboa de indicadores
Crea textos literarios multimodais que conversen con outras linguaxes artísticas e audiovisuais da literatura galega da última década. 15
CA4.2 Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e identificar e solucionar os problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
Proba escrita
Revisa o seu traballo textual de forma autónoma utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso. 10

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


LIÑAS METODOLÓXICAS:

O principal propósito que se procura é mellorar a competencia comunicativa en lingua galega. Non esquezamos que a clase de lingua estivo tradicionalmente orientada, na meirande parte dos casos, á realización dunha serie de actividades pouco motivadoras, encamiñadas a conseguir uns contidos formais que dificilmente teñen relación co uso real da lingua.

Sabemos que o desenvolvemento intelectual pode ser acelerado mediante o emprego de determinadas estratexias didácticas, por iso, a metodoloxía de ensino en Lingua Galega e Literatura tratará de ser o máis activa posible e alternará traballos individuais con traballos cooperativos que melloren os vínculos entre o alumnado e mesmo favorezan as relacións interculturais, por suposto, incluíndo na mesma liña a ensinanza por competencias. Segundo a Teoría de Intelixencias Múltiples de Gardner existen diferentes estilos de aprendizaxe, por conseguinte, tratarase na medida do posible de atender os diferentes ritmos para que todo o alumnado vaia adquirindo os coñecementos básicos.

Outra cuestión a ter en conta é o traballo da oralidade, pois en boa parte dos casos o uso da lingua polos rapaces e rapazas queda relegado a unha práctica ritual forzada polas clases de Lingua Galega e as outras materias que se imparten obrigatoriamente en galego. Por outra parte, somos moi conscientes de que a propia actitude do profesorado inflúe na motivación e rendemento do alumnado, pois como sinalou Jurjo Torres Santomé na súa teoría sobre o currículo oculto, en moitos aspectos, os valores transmitidos informalmente dende as aulas poden ter efectos moito máis determinantes e poderosos que os contidos curriculares explícitos. Teremos isto en conta para que non se produza ningún tipo de desaxuste na conformación do autoconcepto nin na traxectoria académica do alumnado.

LIÑAS DE ACTUACIÓN NO PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE:

-O uso de distintos métodos que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado, favorezan a capacidade de aprender por si mesmos e que o capaciten para acceder á formación superior ou ao futuro profesional de forma competente.

-A realización de tarefas complexas, de xeito que o alumnado teña que mobilizar un amplo conxunto de recursos e saberes para afrontar con éxito as diferentes situacións comunicativas e sexa quen de responder aos retos da sociedade do século XXI, que require persoas cultas, críticas e ben informadas.

-O deseño de proxectos significativos para o alumnado, baseados en contextos recoñecibles, que teñan en conta, se for posible, as súas vivencias particulares e o reforzo do seu compromiso co desenvolvemento sostible, a defensa dos dereitos humanos e a convivencia igualitaria, inclusiva, pacífica e democrática. A análise do sexismo na publicidade, a comparación de escenas de películas, a elaboración de trípticos... servirían como exemplos que hai que seguir.

-O traballo cooperativo, coa proposta de tarefas nas que o alumnado debe regular a súa conduta e a súa capacidade para se relacionar cos demais, estimulando o respecto crítico a outros puntos de vista, o recoñecemento dos propios valores e limitacións, a adaptación ás necesidades colectivas, a asunción de responsabilidades e o respecto ás normas acordadas.

Alén diso, o traballo colaborativo en proxectos debe potenciar que cada persoa teña os seus tempos e os seus espazos de recoñecemento da súa valía persoal e da súa capacidade de contribuír a desenvolver a actividade, reforzando así a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade.

-A énfase na atención á diversidade, na atención individualizada, na prevención das dificultades de aprendizaxe e na posta en practica de mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten estas dificultades ou de tarefas de ampliación para aquel alumado que precise afondar máis nos contidos.

-Uso de estratexias para traballar transversalmente a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, a competencia dixital, o fomento da creatividade, do espírito científico e do emprendemento. A adquisición destas destrezas pode acadarse a través da lectura de distintos tipos de textos, da súa comprensión e da reflexión arredor deles.

-O desenvolvemento gradual e progresivo dos obxectivos e dos contidos de maneira que, alén de incrementar a dificultade dos procesos e situacións comunicativas, tamén se vaian adquirindo habilidades máis complexas que propicien a aprendizaxe individual e autónoma.

-A potenciación da reflexión interlingüística, centrada especialmente na lingua galega e portuguesa. Buscamos a intercomunicación nos dous idiomas con actividades que favorezan a adquisición doutras habilidades que, como a mediación, poden resultar moi útiles na futura traxectoria profesional da mocidade galega. Con este fin, os centros educativos, a través do profesorado de Lingua Galega, o equipo de dinamización da lingua galega, a biblioteca ou outros departamentos así como a través de programas internacionais, poderán promover actuacións que, de xeito presencial ou virtual, propicien os intercambios lingüísticos entre o alumnado galego e lusófono (encontros, concursos, festivais...).

-Traballo interdisciplinario e a coordinación con outros departamentos e equipos do centro, especialmente co equipo de dinamización da lingua galega e o equipo de biblioteca como mellor vía para promover actuacións tanto de xeito presencial como virtual: saídas didácticas, exposicións, espectáculos...

-A proposta de lectura de obras que, alén de ampliar os ámbitos de coñecemento do alumnado e de melloraren o seu nivel de capacidade verbal, promovan a defensa de valores socioculturais e éticos (dereitos humanos, conciencia ambiental, benestar animal...).

-A recomendación de lecturas en soportes variados, enmarcando as obras nos xéneros literarios e evitando a memorización descontextualizada dun conxunto de características, autores e títulos de obras.

-A énfase nas estratexias que fomenten a oralidade e as competencias activas co fin de que o alumnado adquira os recursos necesarios para se expresar correctamente nunha ampla variedade de situacións comunicativas (espontáneas ou planificadas) e de contextos (formais e informais). Entre o amplo abano de actuacións que contribúen ao desenvolvemento desta destreza, están o cinema, as dramatizacións e representacións teatrais, a radio coas súas múltiples posibilidades (informativos, publicidade, teatro radiofónico...), a música (rap, poemas musicados...) e todo tipo de iniciativas en formato audiovisual.

-O cultivo da sensibilidade estética e cultural do alumnado para que sexa quen de apreciar a beleza das obras literarias e para fomentar o enriquecemento do seu acervo cultural e das súas posibilidades de expresión, a través, por exemplo, da realización de exposicións, comentarios, adaptacións audiovisuais de relatos etc.

-O desenvolvemento da competencia dixital en lingua galega a través das TIC e o coñecemento de recursos dixitais que faciliten a procura de información, a revisión dos textos e a súa posterior divulgación, sempre respectando os dereitos da propiedade intelectual.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
BIBLIOGRAFÍA
Beltrán Carballeira, Ramón X. (2019): Manual práctico de galego. A Coruña: Baía Edicións
Callón Torres, Carlos. (2012): Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez. Vigo. Xerais.
Callón Torres, Carlos. (2017): Galegocalantes e galegofalantes. Vigo. Xerais.
Callón Torres, Carlos. (2022): O libro negro da lingua galega. Vigo. Xerais.
Cunha, Celsa & Cintra, Lindley (2017). (7ª Ed.): Nova gramática do português contemporâneo de acordo com a nova ortografía. Rio de janeiro: Lexikon Editora Digital.
Dosil, Benxamín (2015): Escrita doada: consellos para redactar ben. Vigo: Xerais
Dosil, Benxamín (2021): Manual de uso da lingua galega. Vigo: Xerais.
Feixó Cid, Xosé G. (2021): Gramática da lingua galega. Síntese práctica (6ª Edición). Vigo: Xerais.
Fernández Fernández, Isaac (2010): Diccionario galego-euscaro, euskara-galiziera. Vigo: Universidade de Vigo.
Fernández Rei, Francisco (2003): Dialectoloxía da lingua galega. Vigo: Xerais de Galicia.
Fernández Salgado, Benigno (Dir.) (2004): Dicionario Galaxia de usos e dificultades da Lingua Galega. Vigo: Galaxia.
Formoso Gosende, Valentina. (2013): Do estigma á estima: propostas para un novo discurso lingüístico. Vigo. Xerais.
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2013): Estilística da Lingua Galega. Vigo: Xerais.
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2020): Idioma e sociedade. Sobre normalización e planificación da lingua galega. Santiago: Laiovento.
Gutiérrez Izquierdo, Ramón (2000): Lecturas de nós. Introducción á Literatura galega. Vigo. Xerais.
Iglesias Álvarez, Ana. (2003): Falar galego: no veo por qué : aproximación cualitativa á situación sociolingüística de Galicia. Vigo. Edicións Xerais de Galicia.
López Viñas, Xoán; Lourenço Módia, Cilha & Moreda Leirado, Marisa (2011). (2ª Ed. Corrixida): Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión. A Coruña: Baía Edicións
Méndez Álvarez, Mª Xesús (2004): Ortografía da Lingua Galega. Vigo: Xerais.
Monteagudo Romero, Henrique. (2009): As razóns do galego. Apelo á cidadanía. Vigo: Galaxia.
Monteagudo Romero, Henrique. (2021): O idioma galego baixo o Franquismo. Da resistencia á normalización. Vigo: Galaxia.
Núñez Singala, Manuel (2017): Sacar a lingua é de mala educación. Oportunidades do multilingüísmo na infancia e na idade adulta. Vigo. Galaxia.
Novo Folgueira, Paulino (1999): Dicionario de uso para a comunicación. Vigo: Xerais.
Núñez Singala, Manuel. (2009): En galego, por que non? Contra os prexuízos e as simplificións en contra da lingua galega. Vigo. Galaxia.
Núñez Singala, Manuel. (2010): Lingua e futuro. Laiovento. Ensaio.
Pena Sánchez, Xosé Ramón (2016): Historia da literatura galega III. De 1916 a 1936. A xeira das Irmandades. Xerais.
Pena Sánchez, Xosé Ramón (2019): Historia da literatura galega IV. De 1936 a 1975. A "longa noite". Xerais.
Queixas, Mercedes. (2016). De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal. Breve historia da literatura galega. Vigo. Xerais.
RAG/ILG. (2003): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego-
Ramallo, Fernándo (coord.). (2021): A lingua en 2050. Editora Catroventos.
Ramallo, Fernándo (coord.). (2023): A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050. Editora Catroventos.
Regueira, Xosé Luís (2010): Dicionario de pronuncia da lingua galega. A Coruña: Real Academia Galega.
Rodríguez Carnota, Miguel (2022): Lingua, poder e adolescencia. Vigo: Xerais
Rosales Cereijo, Manuel (2002): A linguaxe literaria. Guía de recursos para a análise textual. Vigo: Xerais.
Vilavedra, Dolores (coord.) (1995): Diccionario da Literatura Galega I: Autores. (Vigo: Galaxia).
Vilavedra, Dolores (coord.) (1997): Diccionario da Literatura Galega II: Publicacións periódicas. (Vigo: Galaxia).
VVAA (2009): 55 mentiras sobre a lingua galega. A Coruña. Laiovento.
Vilavedra, Dolores. (1999): Historia da Literatura Galega. Galaxia.
Vilavedra, Dolores (coord.) (2000): Diccionario da Literatura Galega III: Obras (Vigo: Galaxia).
Vilavedra, Dolores (coord.) (2003): Diccionario da Literatura Galega IV: Termos e Institucións Literarias (Vigo: Galaxia).
VVAA. (2009): Gran Dicionario Xerais da lingua. 2 tomos. Vigo: Xerais.
VVAA. (2007): Dicionario Xerais castelán-galego de usos, frases e sinónimos. Vigo: Xerais.
WEBGRAFÍA
| LG3 | O soportal da Literatura Galega do Consello da Cultura Galega: http://culturagalega.gal/lg3/
Aulas Galegas: https://aulasgalegas.org/
Aulas Galegas - Materia de Lingua Galega e Literatura: https://aulasgalegas.org/category/linguas/galego/
Dicionario castelán-galego. Rinoceronte Editora: https://rinoceronte.gal/dicionario/
Dicionario da RAG: https://academia.gal/dicionario
Dicionario de Pronuncia da Lingua Galega. USC.: https://ilg.usc.es/pronuncia/
Dicionário Estraviz: https://www.estraviz.org/avanzada.php
Dicionario fluvial (é un dicionario visual dos ríos galegos): https://www.rios-galegos.com/
Dicionario de termos literarios. AS-PG: http://literaturagalega.as-pg.gal/termos-literarios/a.html
Equipos de Dinamización da Lingua Galega no Portal da Lingua Galega. Secretaría Xeral de Política Lingu¿ística: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega
Glosario de erros léxicos e fraseolóxicos máis comúns en galego. Servizo de Normalización Lingüística da USC: https://www.usc.es/gl/servizos/snl/asesoramento/dubidas/glosario
Historia da Literatura Galega. AS-PG: http://literaturagalega.as-pg.gal/
Portal da Lingua Galega. Secretaría Xeral de Política Lingüística: https://www.lingua.gal/portada
Portal das Palabras. Real Academia Galega e Fundación Barrié: http://www. portaldaspalabras.org/
Real Academia Galega: https://academia.gal/inicio
Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLG), RAG / ILG, Galaxia (http://www. realacademiagalega.org/recursosvolg)

As aulas e a biblioteca son os lugares en que o alumnado ten ao seu alcance a maioría dos recursos e materiais do centro. A biblioteca ofrece, ademais, obras de lectura, libros de texto, mapas, revistas, xornais e recursos dixitais para consultar información, realizar traballos de investigación etc. En resumo, dispoñemos de:

- Medios audiovisuais: ordenadores, pantallas dixitais, canón, impresoras, tablets...

- Recursos dixitais: dicionarios en liña, xornais dixitais e acceso a diversos portais da lingua (Portal da Lingua Galega, Portal das Palabras), blogs, aplicacións etc.

- Material bibliográfico: libros de lectura, libros de texto e de consulta, dicionarios en papel, xornais, revistas, mapas etc.

Tamén se debe contemplar, tal como se especifica no artigo 78 da Orde do 8 de setembro de 2021, a necesidade de materiais axeitados para a atención á diversidade. O centro dispón dunha equipación adecuada para todo o alumnado, mesmo para aquel que teña dificultades de accesibilidade ás súas instalacións (cadeiras de rodas, elevadores, escada rolante, muletas etc.). Se se precisa algún outro material complementario adaptado a este tipo de alumnado, será solicitado á Consellería a través dos informes correspondentes.


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


A avaliación inicial, cuxo fin é diagnosticar e valorar o nivel de coñecementos previos do alumnado, efectuarase nas primeiras sesións do curso. Será, xunto coa información obtida a través do Departamento de Orientación e da consulta do expediente académico do alumno ou alumna no XADE, unha ferramenta esencial para que o profesorado poida coñecer o nivel académico do alumnado nas distintas competencias, co fin de poder adaptar o seu proceso de ensinanza e a súa proposta didáctica a ese nivel.

Alén diso, a avaliación inicial constitúe un factor preventivo esencial na atención á diversidade, especialmente cando se trata de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Os resultados da avaliación inicial servirán como referente para adoptar as decisións de tipo educativo que correspondan e, nos casos en que for necesario, para demandar da xefatura do Departamento de Orientación a realización dunha avaliación psicopedagóxica.

Esta proba, que poderá partir dun texto literario, xornalístico etc., constará das seguintes partes:

- Comprensión oral. O alumnado deberá responder, a partir da escoita ou visionado dun audio ou vídeo, preguntas sobre o seu contido.

- Comprensión escrita. O alumnado deberá contestar preguntas pechadas sobre o contido dun texto escrito.

- Produción oral. O alumnado extraerá ao chou dúas palabras, unha será unha palabra común no noso idioma e outra será unha palabra un chisco máis específica. A continuación disporá de cinco minutos para preparar individualmente e sen posibilidade de axuda externa unha exposición oral de catro minutos en rexistro formal na que poderá establecer a relación que desexe entre as dúas palabras sempre e cando sexan o centro da súa exposición.

- Produción escrita. O alumnado realizará unha pequena composición escrita de carácter argumentativo que estará relacionada co texto da comprensión escrita.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 20.0 20.0 10.0 20.0 10.0 20.0 100.0
Proba escrita 45.0 10.0 30.0 30.0 40.0 30.0 30.0
Táboa de indicadores 55.0 90.0 70.0 70.0 60.0 70.0 70.0

4º de ESO

O  sistema de cualificación para a avaliación ordinaria será o seguinte:

1 Prácticas de expresión oral (individuais ou en grupo): 10%. Avaliaranse mediante un rexistro do profesorado e rúbricas. En cada práctica oral o profesorado explicará os criterios concretos de puntuación. Realizarase, como mínimo, unha práctica oral planificada (individual ou en grupo) por avaliación.

2 Libro de lectura: 10%. Haberá que ler un libro por trimestre escollido do listado que previamente establecerá o profesorado; será avaliado me diante unha proba oral ou escrita. Ademais, o alumnado poderá ler un máximo de dous libros voluntarios por avaliación, que computarán ata 0,3 puntos cada un e que se sumarán á nota global da avaliación, pero sempre a partir do aprobado e despois de realizar a proba de control correspondente.

3. Traballos escritos : 20%. Recolleranse como mínimo un traballo por avaliación (individuais ou en grupo) relacionados con tarefas de comprensión e análise de textos, lingua e sociedade ou literatura.

4. Exames: 40%. Realizaranse dous exames por avaliación. Será necesario obter en cada un deles unha nota mínima de 3,5 puntos para poder sumar os demais apartados. De non acadar esta nota mínima consideraríase suspensa a avaliación.

5. Rúbrica da competencia social e cívica (CSC): 10%

6. Rúbrica de competencia aprender a aprender: 10%

7. Ademais, a participación voluntaria do alumnado en actividades educativas do Equipo de Dinamización Lingüística e/ou da biblioteca do centro, relacionadas directamente coa programación desta materia, poderán ser valoradas para subir nota ata un máximo de 1 punto.

Das cualificacións de todas as probas e traballos restarase puntuación por erros ortográficos (máximo 2 puntos) e de presentación (máximo -0,5 puntos); as faltas de ortografía descontaranse do seguinte xeito:

a. Faltas copiadas ou moi graves: 0,1 puntos cada unha

b. Resto de faltas, incluídos os acentos gráficos: 0,1 puntos cada 2 faltas

Cando se descubra a un alumno ou alumna copiando anularáselle a parte implicada ou a totalidade do exercicio, segundo corresponda; no caso de anular a totalidade do exercicio o profesorado fixará outro día para repetilo.

A nota de cada avaliación calcularase sumando as notas de cada un dos instrumentos anteriores debidamente ponderados; para obter unha cualificación positiva será necesario obter unha nota de 5 puntos ou superior. A cualificación da avaliación final obterase mediante o cálculo da media aritmética das tres avaliacións (sen redondeo), sempre que estean todas aprobadas. Cando haxa que recuperar algunha avaliación, a nota que computará para o cálculo da cualificación final será a da recuperación (sen redondeo)

 

 

 

 

Recuperacións

Cando un alumno/a teña unha avaliación suspensa pode aprobar directamente na final sempre que a media das tres avaliacións supere os 5 puntos; se a media non chega para aprobar directamente ou cando teña suspensas dúas avaliacións deberá realizar un ou dous exames de recuperación, respectivamente, sobre os contidos da/s avaliación/s pendente/s, ademais dunha proba oral de lectura no caso de que só lese un libro no curso; a nota desta avaliación calcularíase outorgándolle o 90% do peso ao/s exame/s e o 10% á lectura; sería necesarioobter 5 puntos para considerala recuperada. Pola contra, o alumnado que non superase ningunha das tres avaliacións ao longo do curso non terá opción de recuperación en xuño edeberá presentarse ao exame da convocatoria extraordinaria de setembro.

Na convocatoria extraordinaria de xuño, dado que non hai tempo de facer probas de expresión oral, efectuarase un exame escrito sobre os estándares mínimos de comprensión e expresión escrita, funcionamento da lingua, lingua e sociedade e mais literatura. Será necesario acadar 5 puntos para superar a materia. O baremo de cualificación de cada parte será o mesmo que se aplicou durante o curso.

Atendendo á Orde de modificación do calendario de fin de curso publicada pola Consellaría de educación do 27 de decembro de 2022.

Os membros do departamento de lingua galega e literatura acordamos as seguintes modificacións nos criterios de recuperación nos cursos de 2º e 4º da ESO

Modificación dos criterios de recuperación:

O alumnado que non teña superada todas as avaliacións cunha media aritmética de 5 ao finalizar a 3ª avaliación terá a posibilidade de recuperar as partes da materia que non teña superadas nas datas acordadas na CCP do centro para as recuperacións de xuño.

As recuperacións realizaranse mediante un exame, de modo que serán avaliados os estándares CCL. Cando un alumno/a teña unha avaliación suspensa pode aprobar directamente sempre que a media das tres avaliacións sexa igual ou superior a 5 puntos; se a media non chega para aprobar directamente ou cando teña suspensas dúas avaliacións deberá realizar un ou dous exames de recuperación (segundo proceda). A cualificación global da recuperación calcularíase outorgándolle ao exame a mesma porcentaxe que durante o curso ten a CCL (70% na 1º e 70% na 2ª e 3ª avaliacións) e sumándolle as notas correspondentes da CCA, CSC, CCEC e CD; sería necesario obter 5 puntos para considerala aprobada.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Non resulta de aplicación neste curso

5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


As medidas de atención á diversidade enténdense como o conxunto de actuacións educativas dirixidas a darlles resposta ás diferentes capacidades, motivacións e intereses, ritmos e estilos de aprendizaxe e situacións persoais do alumnado. Estas medidas oriéntanse a alcanzar os obxectivos e as competencias establecidas para a ESO e réxense polos principios de equidade, calidade e igualdade de oportunidades, non discriminación, integración, accesibilidade e cooperación da comunidade educativa.

Segundo o artigo 49 da Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación, "as administracións educativas asegurarán os recursos necesarios para que as alumnas e alumnos que requiran unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentaren necesidades educativas especiais, por atraso madurativo, por trastornos do desenvolvemento da linguaxe e a comunicación, por trastornos de atención ou de aprendizaxe, por descoñecemento grave da lingua de aprendizaxe, por se acharen en situación de vulnerabilidade socioeducativa, polas súas altas capacidades intelectuais, por se teren incorporado tarde ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de historia escolar, poidan acadar o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades persoais e, en todo caso, os obxectivos establecidos con carácter xeral para todo o alumnado".

A partir da avaliación inicial, proporanse as correspondentes actuacións de seguimento e atención ao alumnado, tanto as medidas ordinarias como as extraordinarias. Faranse actividades especificamente deseñadas para cada caso.

Así, en concreto, o plan específico personalizado para o alumnado que permaneza un ano máis no mesmo curso, obrigado polo artigo 52 da Orde do 8 setembro de 2021 de atención á diversidade incluirá os seguintes apartados:

a) Identificación da alumna ou do alumno

b) Relación das necesidades educativas que motivaron a repetición do curso

c) Medidas ordinarias aplicadas no curso anterior

d) Estratexias metodolóxicas que se utilizarán no seu desenvolvemento

e) Recursos necesarios para o desenvolvemento do plan

f) Se for o caso, oferta de medidas extraordinarias

g) Acreditación da información á familia

En cada sesión de avaliación farase o seguimento do plan específico personalizado e, se for necesario, realizaránselle os axustes que procedan. Ao final do curso, na mesma sesión de avaliación, informarase sobre o seu desenvolvemento e aproveitamento.

Débese ter en conta o establecido no artigo 41 da citada Orde que, de conformidade co artigo 7 do Decreto 229/2011, do 7 de decembro, define as medidas de atención á diversidade como as actuacións, estratexias e/ou programas destinados a proporcionar unha resposta axustada ás necesidades educativas do alumnado.

Estas medidas clasifícanse en ordinarias e extraordinarias e deberán estar recollidas no Plan xeral de atención á diversidade e nas concrecións anuais do dito plan.

Nas medidas ordinarias, por exemplo, teranse en conta os reforzos educativos (RE) e nas extraordinarias as adaptacións curriculares (ACS)

No caso dos RE, se for precisa a súa aplicación, elaborarase, un informe individual final de curso sobre as medidas de reforzo educativo onde consten os datos do alumno ou alumna e os datos do reforzo educativo en que se inclúa a data de comezo e de remate e a descrición das medidas desenvolvidas (motivo, descrición das medidas, temporalización, axuda do profesorado, corrección, e valoración final e coa previsión para o seguinte curso se ten que continuar ou non o RE.

Aínda que no momento da elaboración desta PD non se coñece a natureza dos alumnos e alumnas que cursarán esta materia, e aínda pendentes da avaliación inicial, logo de analizar os informes do centro de procedencia e da información facilitada polo/a orientador/a, espérase contar cun alumno con TDAH ao que se lle vai aplicar o Protocolo de Consenso sobre TDAH na Infancia e na Adolescencia nos Ámbitos Educativo e Sanitario que se concreta nas seguintes actuacións:

O alumno con TDAH debe estar nunha aula con bo clima de traballo e, se for posible, na que non coincida con alumnado con problemáticas semellantes. Estará sentado cerca da mesa do profesorado e ao lado de compañeiras ou compañeiros que lle sirvan de modelo de tranquilidade, de orde e de axuda. Contará cunha axenda que o axudará na súa organización. Evitarase a proximidade a portas, xanelas, papeleiras e lugares de maior tránsito, así como estímulos sonoros ou visuais.

Implementaranse outras medidas como:

-Alternar actividades teóricas con traballo práctico.

-Antes de empezar unha actividade, explicarase en que consiste de xeito claro e sinxelo, e asegurarase de que a entendeu todo o alumnado.

-Empregar estratexias para captar a atención inicial, como mudanzas de entoación, xesticulación e dramatización.

-Segmentar as actividades longas e limitar o número destas.

-Supervisar frecuentemente a realización, para reforzar positivamente ou para reconducir a execución ou as distraccións.

-Usar reforzos e apoios visuais na instrución oral.

-Combinar actividades máis estimulantes con outras menos motivadoras.

-Propor exercicios variados.

-Conseguir a colaboración dun compañeiro ou dunha compañeira para que o axude a comprender e a realizar as tarefas; o que á súa vez contribuirá a potenciar a súa zona de desenvolvemento próximo, segundo a teoría de Vygotsky.

-Utilizar reforzos positivos para motivar (eloxios privados e públicos, colocar os seus traballos no taboleiro da clase, levar os traballos á casa cunha felicitación, utilizar un sistema de puntos ou economía de fichas etc.)

En canto ás tarefas ou deberes que se lle proporán terase presente o seguinte:

-Reducir e fragmentar as actividades.

-Supervisar os exercicios e asegurarse de que entendeu o que ten que facer.

-Utilizar reforzos e apoios visuais na instrución oral.

-Non sobrecargar de tarefas para a casa, cómpre que o profesorado do curso se coordine e seleccione aquelas que se consideren máis importantes.

En canto ás probas escritas e, co fin de as mellorar, será necesario:

-Fixar as datas dos exames con suficiente antelación.

-Traballar con mostras de formato de exames. Serve de gran axuda para todos poder adestrarse con exercicios e formatos tipo do que van atopar no día sinalado.

-Utilizar diferentes formas e instrumentos de avaliación.

-Acurtar os exames escritos e formular preguntas breves, pechadas, claras e con vocabulario sinxelo. En ningún caso se formularán preguntas que poidan resultar ambiguas ou que teñan unha dobre interpretación.

-Complementar os exames escritos de forma oral, cando se observa que están incompletos.

-Alternar a forma de presentación das cuestións que ten que responder o alumnado (de forma oral, escrita ou coas novas tecnoloxías).

-Pactar a fórmula máis idónea para realizar os exames (oralmente ou utilizando o computador).

-Dar máis tempo para realizar as probas ou os exames escritos, inclusive dividilos en dúas sesións, e ser flexibles na súa duración.

-Presentar escrito o texto dos exames, salientando en letra negra as partes máis importantes de cada cuestión e, no caso de preguntas complexas, diferenciando ben cada tarefa. Na media do posible, utilizar un tipo de letra de maior tamaño.

-Deixar suficiente espazo entre as preguntas (dobre espazo e, preferiblemente, un exercicio por páxina), e supervisar a súa comprensión e execución durante o tempo no que se desenvolva o exame.

-Posibilitar que o alumnado poida recuperar, durante a avaliación, os exames suspensos.

-Pedir que se revisen os traballos e os exames antes de entregalos.

-Supervisar que a/o alumna/o respondeu a todas as cuestións antes de entregar o exame.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
1 - A comunicación audiovisual
2 - A competencia dixital
3 - O emprendemento social e empresarial
4 - O fomento do espírito crítico e científico
5 - A educación emocional e en valores
6 - A igualdade de xénero
7 - A creatividade

O Decreto do currículo de ESO establece que en todas as materias e, polo tanto, en Lingua Galega e Literatura de 3º de ESO, se traballarán os seguintes elementos transversais:

- a comprensión lectora

- a expresión oral e escrita

- a comunicación audiovisual

- a competencia dixital

- o emprendemento social e empresarial

- o fomento do espírito crítico e científico

- a educación emocional e en valores

- a igualdade de xénero

- a creatividade

Alén diso, pola peculiaridade da materia de Lingua Galega e Literatura, a comprensión lectora e a comunicación oral e escrita, ao formar parte do currículo, serán elementos tratados dunha ou doutra maneira en todas as unidades didácticas, polo que non aparecen singularizados en ningunha delas.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Clube da Lingua Participación
Clube da Regueifa Paticipación en improvisación oral en verso
Proxecto Matrix Actividades sobre o Neofalantismo e o Paleofalantismo
Somos activistas da lingua Actividades proactivas variadas en favor da lingua

As actividades complementarias insírense de cheo nas unidades didácticas da programación, é por iso que o alumnado poderá realizar actividades de carácter voluntario para incrementar a súa nota trimestral mediante proxectos ou actividades asociados a elas.

Garantirase que a súa valoración sexa obxectiva e que a súa realización sexa accesible a todo o alumnado independentemente da súa situación económica familiar ou de calquera outra forma de dificultade.

O incremento de nota será dun máximo de 1 punto na cualificación da materia e só se fará efectivo unha vez se teña chegado á cualificación de 5 sobre 10 nos instrumentos de avaliación de cada trimestre.

Estas tarefas desenvolveranse fóra da aula e poderán xirar arredor destes aspectos:

a) Lectura voluntaria de obras escollidas pola/o alumna/o e confirmadas pola/o docente. (0,3 cada obra voluntaria lida) (Máx. 1 punto)

b) Investigación de distintos aspectos da cultura, da lingua, da literatura e da sociedade galega propostos pola/o alumna/o e confirmadas pola/o docente. (Máx. 1 punto)

c) Investigación sobre sociolingüística a través do EDLG ou sobre un tema proposto pola/o alumna/o e confirmado pola/o docente. (Máx. 1 punto) )

d) Asistencia probada a aos actos culturais no concello (obra de teatro, presentación literaria, conferencia) (0,5 puntos), se vai acompañada da crónica do acto ou dunha entrevista para a web do EDLG (1 punto).

e) Colaboración co EDLG, con mostras de traballo evidentes (podcast, textos etc.). (Máx. 2 puntos. Non se sobe nota por formar parte do EDLG, ten que haber envidencias de traballo.)

Por outro lado, procurarase realizar saídas e organizar actividades multidisciplinares con outros departamentos.

- "Agrido coa lingua e agrido a túa lingua" contará coa colaboración dos membros do EDLG do centro e co Grupo de Igualdade.

- O roteiro de Castelao por Pontevedra organizarase co departamento de Xeografía e Historia.

- O encontro con xornalistas organizarase co departamento de Filosofía e co de Xeografía e Historia.

- A intervención poética na nosa vila "Veño de aquí" organizarase para o 21 de marzo, Día Mundial da Poesía. Trátase dunha acción sobre a contorna a través de poesías xeolocalizadas realizadas polo alumnado que procuran poñer en valor as paisaxes, a arquitectura e todo o patrimonio cultural do lugar que habitamos, comezando pola lingua.

- Na exposición "Un mundo multicolor" colabórase co Equipo de Igualdade e co EDLG.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 1. Propiciouse un ambiente motivador na aula.
Metodoloxía empregada 2. Respectouse o alumnado e demostrouse sensibilidade ante os seus problemas e as súas diferenzas, tanto culturais como de procedencia.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos 3. Atendeuse adecuadamente a diversidade do alumnado e aplicáronse os protocolos correspondentes
Medidas de atención á diversidade 4. Logo de realizarse a avaliacion Inicial e de recibir a Intormacion transmitida polo Departamento de Orientación, mantivose o seguimento personalizado de todo o alumnado ao longo do curso
Clima de traballo na aula 5. O alumnado fol Intormado detalladamente dos criterios e instrumentos de avallacion e cualificacion establecidos.
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais 6. Impartiuse a clase de forma amena, con explicacións claras e exemplificacións sinxelas e comprensibles.
Outros 7. Respectouse a puntualidade á hora de entrar na aula e mostrouse unha actitude entusiasta e dinámica.
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais 8. Procurouse a actualización profesional, tanto no que se refire a aspectos didácticos xerais e específicos da materia como no ámbito das novas tecnoloxías.
Clima de traballo na aula 9. Fíxose un seguimento continuo da programación didáctica ao longo do curso e realizáronse as modificacións e adaptacións necesarias.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 10. Estableceuse unha comunicación fluída e constante con outros departamentos, equipos e grupos de traballo específicos.
Metodoloxía empregada 11. Estableceuse unha comunicación continuada co alumnado imposibilitado para asistir temporalmente ao centro (atención domiciliaria, hospitalización etc.), a través da aula virtual ou doutras comunicacións telemáticas.
Clima de traballo na aula 12. Axustáronse as unidades didácticas á temporalización indicada e desenvolvéronse as actividades propostas de acordo á súa secuenciación.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos 13. Mantívose a coherencia entre obxectivos, criterios de avaliación, contidos e os mínimos de consecución.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 14. Utilizáronse procedementos, criterios e instrumentos de avaliación adecuados.
Clima de traballo na aula 15. Empregouse unha metodoloxía precisa e variada, con uso de materiais diversos.
Outros 16. Propuxéronse e concretáronse actividades de seguimento para atender a diversidade do alumnado: NEAE, repetidores/as, ACS, reforzos.
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais 17. Participouse no Plan lector do centro e en actividades programadas por outros grupos ou equipos docentes (EDLG, Equipo de Biblioteca etc.).
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 18. Asistiuse ás reunións de departamento achegando ideas, información e modificacións á PD, valorando os resultados das avaliacións do alumnado e propondo estratexias de mellora.
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais 19. Analizáronse as cualificacións do alumnado e valoráronse as porcentaxes de aprobados e suspensos na materia.
Outros 20. Potenciouse a participación, o diálogo e a reflexión dentro da aula.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 21. Corrixíronse as probas no prazo establecido, e analizáronse e comentáronse posteriormente na aula.
Metodoloxía empregada 22. Mantívose contacto regular coas familias para seren informadas de todo o proceso de ensino-aprendizaxe das fillas ou fillos.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos 23. Pasóuselle ao alumnado un cuestionario-enquisa a respecto da práctica docente do profesor ou profesora.
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais 24. Fomentouse que o alumnado utilizase a lingua galega habitualmente na clase co profesor ou profesora e cos seus compañeiros e compañeiras.

Resulta fundamental que o profesorado posúa ferramentas e empregue procedementos útiles para avaliar o proceso do ensino e a súa práctica docente. Esta valoración efectúase, tal e como indica a normativa vixente, a través duns indicadores de logro "o profesorado avaliará tanto as aprendizaxes do alumnado como os procesos de ensino e a súa propia práctica docente, para o cal establecerá indicadores de logro nas programacións docentes".

Estes indicadores xiran arredor de tres aspectos: ao referente á actitude profesional dentro da aula, ao coñecemento e á actitude a respecto do alumnado e ao cumprimento do establecido na programación didáctica.

Os ditos indicadores de logro valoraranse nunha escala de 0 a 5, e os seus resultados deben ser inseridos dentro da memoria final.

Para recompilar información e elaborar os indicadores de logro poderanse utilizar os cuestionarios que lle foron proporcionados ao alumnado, mesmo ao final de cada trimestre e ao remate do curso.

Todos estes datos formarán parte de memoria final e deben terse en conta para que se poidan corrixir as deficiencias detectadas na PD do próximo curso.


 


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


 

Para a elaboración da programación didáctica partiuse do seguimento das directrices establecidas pola Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP). Alén diso, tivéronse en conta as propostas de mellora existentes na memoria do curso pasado.

A estrutura da PD inclúe os apartados que recolle a Resolución do 26 de maio de 2022 que se expresan a seguir:

-Introdución

-Obxectivos e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias

-Relación de unidades didácticas, coa súa secuenciación e temporalización, que conteñen a parte do currículo da materia que se traballou e a relación dos instrumentos de avaliación.

-Metodoloxía, coas concrecións metodolóxicas e os materiais e recursos didácticos

-A avaliación, que refire o procedemento para a avaliación inicial, os criterios de cualificación coa indicación dos mínimos de consecución para superar a materia

-Medidas de atención á diversidade

-A concreción dos elementos transversais

-As actividades complementarias

-A práctica docente, que inclúe o procedemento para avaliar o proceso de ensino e a práctica docente cos seus indicadores de logro e o procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora da propia programación didáctica.

En previsión de calquera circunstancia imprevista, tipo COVID ou outras, achegaríase unha addenda coas correspondentes modificacións, basicamente en canto a modificación da metodoloxía e dos indicadores de logro mínimos por se fose necesaria unha atención virtual do alumnado.

Rematado o curso, para proceder a unha avaliación, revisión e propostas de mellora da PD, débense considerar os seguintes apartados:

-A programación entregouse no prazo establecido normativamente.

-O desenvolvemento da programación didáctica foi analizado e revisado na última reunión de departamento de cada trimestre.

-Valorouse o grao de cumprimento da secuenciación e temporalización das respectivas unidades didácticas, e se o seu deseño se axustou aos distintos elementos do currículo.

-Valorouse a metodoloxía seguida e se os materiais e recursos didácticos empregados deron os resultados previstos.

-En canto á avaliación, analizouse se o deseño das probas de avaliación inicial e os mecanismos para a súa realización foron os adecuados.

-Así mesmo, valorouse se os criterios de avaliación establecidos ao longo do curso foron os axeitados.

-Revisáronse as medidas adoptadas a respecto do alumnado NEAE presente nas aulas.

-Valorouse a pertinencia dos distintos elementos transversais e o grao de cumprimento e participación en actividades complementarias.

-Analizouse se os mecanismos de información ás familias estaban dando os resultados previstos e se foron útiles e axeitados.

-Incluíuse a avaliación da práctica docente e da propia PD.

-Partiuse do seguimento das directrices establecidas pola Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP) e tivéronse en conta as propostas existentes na memoria do curso anterior.

Para levar a cabo esta análise e comprobación da adecuada aplicación da PD, elaboráronse os seguintes indicadores de logro, que deberán ir acompañados das correspondentes puntuacións nunha táboa de 1 a 5.

1. Conseguise acadar o grao de cumprimento dos obxectivos didácticos propostos, co correspondente desenvolvemento das competencias clave.

2. A secuenciación das UD propostas foi a axeitada, así como o número delas e a súa distribución cronolóxica.

3. As concrecións metodolóxicas e os materiais e recursos didácticos utilizados axustáronse aos fins perseguidos.

4. Os criterios de avaliación foron ben aplicados.

5. Os instrumentos de avaliación foron os adecuados.

6. Os mínimos de consecución para cada criterio de avaliación estiveron ben establecidos.

7. Atendeuse debidamente a diversidade do alumnado (seguindo os protocolos de actuación correspondentes).

8. Atendéronse suficientemente os contidos transversais e as actividades complementarias.

9. A materia contribuíu aos distintos plans do centro: PLC, Plan lector, TIC, Convivencia....

10. Realizouse un seguimento regular da PD por parte do departamento.

11. Avaliouse o cumprimento da PD aplicando unha escala de 1 a 5 .

12. Establecéronse propostas para emendar as deficiencias observadas na aplicación da PD.

13. Estas propostas foron incluídas na memoria final do departamento.

Na acta da última reunión do departamento recolleranse todas as modificacións ou adaptacións feitas ao longo do curso e as propostas de mellora suxeridas. Todos estes datos incluiranse, ademais, na memoria final do departamento para seren tidas en conta na PD do próximo curso; tamén serán transmitidas e expostas, se for o caso, na primeira reunión da Comisión de Coordinación Pedagóxica.

Por último, convén sinalar que todos os membros do departamento didáctico realizarán a necesaria actualización para poderen elaborar e facer o correspondente seguimento da PD a través da aplicación PROENS.

 


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver