Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


 

A materia de modalidade Economía e Emprendemento está exposta como matería optativa en cuarto curso da educación secundaria obrigatoria e persegue dúas finalidades: por unha banda, que o alumnado dispoña dunha educación económica e financeira para desenvolver, de maneira responsable e viable, os seus proxectos vitais, profesionais e, no seu caso, empresariais; e, por outra banda, que o alumnado poida buscar solucións innovadoras para afrontar os retos que se propoñan, a través do seu autocoñecemento, o coñecemento adquirido e a colaboración cos demais.

 

 

 

O estudo da economía e as finanzas, ademais de poder coñecer as regras que explican os acontecementos económicos e as consecuencias das propias decisión financeiras, proxecta valores como a solidariedade entre persoas, a importancia da sostenibilidade ou a xestión responsable dos recursos. O emprendedor, cunha formación económica e financeira adecuada, desempeña un papel importante na busca de oportunidades e ideas que contribúan a satisfacer as necesidades da contorna, xerando valor, innovando e contribuíndo a mellorar o benestar persoal, social e cultural.

 

 

 

O Decreto 156/2022 constitúe a base da programación do curso, e reparte os criterios de avaliación e contidos en catro bloques que contribuirán á consecución dos obxectivos da materia:

 

 

 

1. O bloque "O perfil da empresa emprendedora, iniciativa e creatividade" vincúlase coa análise e desenvolvemento do perfil da persoa emprendedora facendo fincapé no autocoñecemento e no desenvolvemento de habilidades persoais para poder afrontar contextos cambiantes e incertos nos que emprender.

 

 

 

2. O bloque "A contorna como fonte de ideas e de oportunidades" lígase á análise das distintas contornas -económica, empresarial, social, ambiental, cultural e artística-, así como o desenvolvemento de estratexias que lle permitan ao alumnado identificar necesidades e buscar oportunidades que xurdan, facéndoo consciente de como a contorna condiciona os seus propios proxectos persoais e profesionais.

 

 

 

3. O bloque "Recursos para levar a cabo un proxecto emprendedor" céntrase na captación e xestión dos recursos humanos, materiais, inmateriais e dixitais como elementos necesarios para que un proxecto se poida levar á realidade. Abórdanse cuestións sobre as fontes de financiamento, recursos financeiros e formación e funcionamento efectivo dos equipos de traballo.

 

 

 

4. O bloque "A realización do proxecto emprendedor" trata de dar a coñecer como facer un proxecto emprendendor desde a idea inicial ata a execución e validación do prototipo final.

 

 

 

Esta programación vai dirixida ao alumnado de 4º de ESO do IES .......................... que cursa a materia de Economía e Emprendemento...

 

 

 

 

 

 


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Analizar e valorar as fortalezas e as debilidades propias e as dos demais, reflexionando sobre as aptitudes, xestionando de forma eficaz as emocións e as destrezas necesarias que promovan unha actitude vital creadora para adaptarse a contornas cambiantes e deseñar un proxecto persoal único, cunha actitude emprendedora que xere valor para os demais.
OBX2 Utilizar estratexias de conformación de equipos, así como habilidades sociais, de comunicación e innovación áxil, aplicándoas con autonomía e motivación ás dinámicas de traballo en distintos contextos, para constituír grupos de traballo eficaces e descubrir o valor de cooperar con outras persoas durante o proceso de ideación e desenvolvemento de solucións emprendedoras.
OBX3 Elaborar, con sentido ético e solidario, ideas e solucións innovadoras e sostibles que dean resposta ás necesidades locais e globais detectadas, utilizando metodoloxías áxiles de ideación e analizando tanto os seus puntos fortes e débiles coma o impacto que poidan xerar esas ideas na contorna, para lograr a superación de retos relacionados coa preservación e co coidado da contorna natural, social, cultural e artística.
OBX4 Seleccionar e reunir os recursos dispoñibles no proceso de desenvolvemento da idea ou solución creativa proposta, coñecendo os medios de produción e as fontes financeiras que proporcionan estes recursos e aplicando estratexias de captación destes para poñer en marcha o proxecto que leve á realidade a solución emprendedora.
OBX5 Presentar e expoñer ideas e solucións creativas utilizando estratexias comunicativas áxiles e valorando a importancia dunha comunicación efectiva e respectuosa para transmitir mensaxes convincentes adecuadas ao contexto e aos obxectivos concretos de cada situación e validar as ideas e as solucións presentadas.
OBX6 Comprender aspectos básicos da economía e das finanzas, valorando criticamente o problema da escaseza de recursos e a necesidade de elixir, así como os principios de interacción social desde o punto de vista económico, para relacionar os devanditos aspectos coa procura e planificación dos recursos necesarios no desenvolvemento da idea ou da solución emprendedora que afronte o reto exposto de maneira eficaz, equitativa e sostible.
OBX7 Construír e analizar de maneira cooperativa, autónoma e áxil prototipos innovadores e sostibles, aplicando estratexias eficaces de deseño e execución, avaliando todas as fases do proceso de maneira crítica e ética e validando os resultados obtidos tanto para a mellora e perfeccionamento dos prototipos creados coma para a aprendizaxe e o desenvolvemento persoal e colectivo.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 A economía como ciencia. A ciencia económica. A escaseza de recursos e a necesidade de elixir. O custo de oportunidade. A toma de decisións. 11 12
2 A organización económica. Os axentes económicos e o fluxo circular da renda. Os sectores produtivos. 9 10
3 A empresa e a súa contorna. Análise da contorna específica ou microcontorna. A responsabilidade social corporativa. Análise da contorna xeral ou macrocontorna. 12 12
4 O mercado. O funcionamento dos mercados. Comercio, benestar e desigualdades. Os retos do século XXI. 12 12
5 A organización da empresa. Funcións da empresa. Elementos da empresa. Os equipos nas empresas. Traballo en equipo. 12 12
6 Inversión e financiamento. O sistema financeiro. As finanzas. Fontes e control de ingresos e gastos. Recursos financeiros a curto e longo prazo. Endebedamento. Xestión de riscos e seguros. 12 12
7 O emprendemento. O perfil da persoa emprendedora: habilidades e calidades. Análise DAFO da persoa emprendedora. A xestión das emocións. 9 10
8 A idea de negocio. A idea de negocio e as oportunidades empresariais. Comunicación, motivación e liderado. Dinámicas de traballo en grupo. 9 10
9 O proxecto emprendedor. Misión e visión da empresa emprendedora. Planificación, xestión e execución dun proxecto emprendedor. Viabilidade económica e financeira da empresa. A elección da forma xurídica. 14 15

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. O perfil da persoa emprendedora, iniciativa e creatividade
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA1.1 - Adaptarse a contornas complexas e crear un proxecto persoal orixinal e xerador de valor, partindo do autocoñecemento e tomando conciencia de que o proceso emprendedor constitúe unha forma de enriquecemento e crecemento persoal.
CA1.2 - Utilizar estratexias de análise razoada das fortalezas e debilidades persoais e da iniciativa e creatividade propia e da dos demais.
CA1.3 - Xestionar de forma eficaz as emocións e as destrezas persoais, promovendo e desenvolvendo actitudes creativas, asumindo o risco que supón un proxecto innovador e aprendendo dos erros que cometemos.
CA1.4 - Pór en práctica as habilidades sociais da persoa emprendedora, de comunicación aberta, motivación, liderado e de cooperación e innovación áxil, tanto de maneira presencial como a distancia, en distintos contextos de traballo en equipo, valorando, respectando e asumindo as achegas dos demais nas distintas dinámicas de traballo en grupo.
CA1.5 - Superar os retos propostos a partir de ideas e solucións innovadoras e sostibles, avaliando o seu impacto na sociedade.
CA1.6 - Construír ideas creativas e sostibles aplicando metodoloxías áxiles que faciliten a superación dos retos expostos con sentido ético e solidario.
CA1.7 - Validar as ideas e solucións utilizando estratexias comunicativas áxiles adaptadas a cada situación comunicativa.
CA1.8 - Presentar e expoñer, con claridade e coherencia, as ideas e solucións creativas, adquirindo habilidades e técnicas de expresión oral con apoio audiovisual na posta en común destas.
Contidos
C1.1 - A importancia económica e social da persoa emprendedora.
C1.2 - O perfil da persoa emprendedora: habilidades.
C1.2.1 - -Autoconfianza, autocoñecemento, empatía, perseveranza, iniciativa e resiliencia.
C1.2.2 - -Técnicas de diagnóstico de debilidades e fortalezas internas. Análise DAFO da persoa emprendedora.
C1.2.3 - -Creatividade, ideas e solucións. A innovación áxil.
C1.2.4 - -Comunicación, motivación e liderado da persoa emprendedora. Habilidades sociais. Dinámicas de traballo en grupo.
C1.2.5 - -Xestión de emocións. A importancia da motivación para emprender. Estratexias de xestión da incerteza e to-ma de decisións en contextos cambiantes. O erro e a validación como oportunidades para aprender.
Bloque B2. A contorna como fonte de ideas e de oportunidades
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA2.1 - Adaptarse a contornas complexas e crear un proxecto persoal orixinal e xerador de valor, partindo da valoración crítica sobre as propias aptitudes e as posibilidades creativas.
CA2.2 - Xestionar de forma eficaz as emocións e as destrezas persoais promovendo e desenvolvendo actitudes creativas.
CA2.3 - Preservar e coidar a contorna natural, social, cultural e artística a partir de propostas e actuacións locais e globais que promovan o desenvolvemento sostible, con visión creativa, emprendedora e comprometida.
CA2.4 - Propoñer ideas e solucións innovadoras e sostibles, avaliando o impacto que poidan xerar no eido persoal e na contorna e aplicando metodoloxías áxiles para a obtención de solucións ás necesidades detectadas con sentido ético e solidario.
CA2.5 - Afrontar os retos en distintos contextos e situacións, reais ou simuladas, transferindo os coñecementos económicos e financeiros necesarios e sendo consciente da importancia para a persoa emprendedora da capacidade de anticipación aos cambios da contorna.
CA2.6 - Valorar criticamente o problema económico da escaseza de recursos, a necesidade de elixir e a proposta de solucións que supoñan un mellor aproveitamento dos recursos e a reutilización circular das desfeitas xerados que contribúan á sostibilidade do sistema.
Contidos
C2.1 - A economía como ciencia. A perspectiva económica da contorna. O problema económico: a escaseza de recursos e a necesidade de elixir. A elección en economía: custos, análise marxinal, incentivos. O comportamento das persoas nas decisións.
C2.2 - A contorna económico-empresarial. Os axentes económicos e o fluxo circular da renda.
C2.3 - O funcionamento dos mercados. Comercio, benestar e desigualdades.
C2.4 - O mercado e as oportunidades de negocio: análise da contorna xeral ou macrocontorna; análise da contorna específica ou microcontorna. Análise DAFO de proxectos empresariais. Estratexias de exploración da contorna. Procura e xestión da información.
C2.5 - O sistema financeiro.
C2.6 - A empresa e a súa responsabilidade social. A decisión empresarial e a innovación como fonte de transformación social.
C2.7 - O impacto da actividade empresarial: a responsabilidade social corporativa. A contorna social, cultural e ambiental desde unha perspectiva económica. A economía colaborativa. A pegada ecolóxica e a economía circular. A economía social e solidaria. Os obxe
C2.8 - Sectores produtivos e xéneros da contorna cultural e artística. Axentes que apoian a creación de proxectos culturais emprendedores.
C2.9 - A visión emprendedora.
Bloque B3. Recursos para levar a cabo un proxecto emprendedor
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA3.1 - Constituír equipos de traballo baseados en principios de equidade, coeducación e igualdade entre homes e mulleres, actitude participativa e visualización de metas comúns, utilizando estratexias que faciliten a identificación e a optimización dos recursos humanos necesarios que conduzan á consecución do reto proposto.
CA3.2 - Poñer en práctica habilidades sociais, de comunicación aberta, motivación, liderado e de cooperación en distintos contextos de traballo en equipo, valorando as achegas dos demais nas distintas dinámicas de traballo e respectando as decisións tomadas de forma colectiva
CA3.3 - Planificar e poñer en marcha un proxecto viable que leve á realidade unha solución emprendedora, seleccionando e reunindo os recursos materiais, inmateriais e dixitais máis adecuados ao noso proxecto.
CA3.4 - Utilizar con autonomía estratexias de captación e xestión de recursos coñecendo as súas características e aplicándoas ao proceso de conversión das ideas e solucións en accións e planificando con coherencia a súa organización, distribución, uso e optimización.
CA3.5 - Presentar e expoñer, con claridade e coherencia, ideas e solucións creativas, co fin de captar recursos para o financiamento e o mecenado deste.
CA3.6 - Desenvolver unha idea ou unha solución emprendedora vendo a relación entre os coñecementos adquiridos e os recursos necesarios e dispoñibles que permitan o seu desenvolvemento, identificando os máis adecuados en distintos contextos e situacións, reais ou simuladas e aplicando os coñecementos económicos e financeiros necesarios.
Contidos
C3.1 - Misión, visión e valores da empresa ou entidade: a cultura empresarial. A organización e a xestión das entidades emprendedoras. Funcións da empresa.
C3.2 - Os equipos nas empresas e organizacións. Estratexias áxiles de traballo en equipo. Formación e funcionamento de equipos de traballo. Estratexias de comunicación, negociación e solución de conflitos.
C3.3 - As finanzas da persoa emprendedora: control e xestión do diñeiro. Fontes e control de ingresos e gastos. Recursos financeiros a curto e a longo prazo e a súa relación co benestar financeiro. O endebedamento. Fontes de financiamento e captación de recursos
Bloque B4. A realización do proxecto emprendedor
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA4.1 - Adaptarse a contornas complexas cun proxecto persoal orixinal e xerador de valor, logrando pro-gresivamente o control consciente das emocións.
CA4.2 - Superar os retos propostos a partir de ideas e solucións innovadoras e sostibles, avaliando o seu impacto no eido persoal e na contorna.
CA4.3 - Poñer en marcha un proxecto viable analizando os recursos materiais, inmateriais e dixitais dispoñibles no proceso de ideación creativa.
CA4.4 - Utilizar con autonomía estratexias de captación e de xestión de recursos coñecendo as súas características e aplicándoas ao proceso de conversión das ideas e solucións en accións.
CA4.5 - Validar as ideas e as solucións presentadas mediante mensaxes convincentes e adecuadas, co fin de presentar e expoñer, con claridade e coherencia, as ideas e as solucións creativas, mantendo unha comunicación eficaz e respectuosa ao longo de todo o proceso levado a cabo.
CA4.6 - Desenvolver unha idea ou unha solución emprendedora a partir dos coñecementos, destrezas e actitudes adquiridos desde o ámbito da economía e das finanzas, vendo a relación entre estes e os recursos necesarios e dispoñibles que permitan o seu desenvolvemento.
CA4.7 - Coñecer e comprender con precisión os contidos necesarios do ámbito económico e financeiro aplicándoos con coherencia a situacións, actividades ou proxectos concretos.
CA4.8 - Afrontar os retos de maneira eficaz, equitativa e sostible, en distintos contextos aplicando os coñecementos económicos e financeiros necesarios.
CA4.9 - Utilizar estratexias eficaces de deseño e execución do prototipo final utilizando métodos de traballo áxiles, cooperativos e autónomos, analizando de maneira crítica o proceso de deseño e execución levado a cabo e valorando a súa viabilidade e adecuación empregada na construción deste.
Contidos
C4.1 - O reto ou o desafío como obxectivo.
C4.2 - Planificación, xestión e execución dun proxecto emprendedor. Do reto ao prototipo.
C4.3 - Desenvolvemento áxil do produto.
C4.4 - Técnicas e ferramentas de prototipado rápido.
C4.5 - Métodos de análise da competencia. Estratexias competitivas.
C4.6 - Mercadotecnia do produto. Presentación e introdución do prototipo na contorna. Estratexias de difusión.
C4.7 - Validación e testado de prototipos. Valoración do proceso de traballo. Innovación áxil.
C4.8 - Estudo de viabilidade do produto e elección de forma xurídica.
C4.9 - O usuario como destinatario final do prototipo. A toma de decisións dos usuarios. O usuario como consumidor. Dereitos e obrigacións dos consumidores.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 A economía como ciencia.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.5 Afrontar os retos en distintos contextos e situacións, reais ou simuladas, transferindo os coñecementos económicos e financeiros necesarios e sendo consciente da importancia para a persoa emprendedora da capacidade de anticipación aos cambios da contorna.
Táboa de indicadores
Entender o proceso básico da toma de decisión e valorar criticamente as consecuencias das decisións tomadas ou non. Introducir o concepto de responsabilidade empresarial. 10
CA2.6 Valorar criticamente o problema económico da escaseza de recursos, a necesidade de elixir e a proposta de solucións que supoñan un mellor aproveitamento dos recursos e a reutilización circular das desfeitas xerados que contribúan á sostibilidade do sistema.
Proba escrita
Entender o proceso básico da toma de decisións de carácter económico en distintas contornas. Comprender o concepto de escaseza económica e relacionalo co custo da renuncia das alternativas perdidas. 90

2 A organización económica.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.5 Afrontar os retos en distintos contextos e situacións, reais ou simuladas, transferindo os coñecementos económicos e financeiros necesarios e sendo consciente da importancia para a persoa emprendedora da capacidade de anticipación aos cambios da contorna.
Proba escrita
Comprender o papel dos distintos axentes no fluxo circular da renda. Clasificar as distintas actividades económicas por sectores. 90
CA2.6 Valorar criticamente o problema económico da escaseza de recursos, a necesidade de elixir e a proposta de solucións que supoñan un mellor aproveitamento dos recursos e a reutilización circular das desfeitas xerados que contribúan á sostibilidade do sistema.
Táboa de indicadores
Identificar algún problema económico da súa contorna, razoando as posibles causas e valorando solucións. 10

3 A empresa e a súa contorna.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.3 Preservar e coidar a contorna natural, social, cultural e artística a partir de propostas e actuacións locais e globais que promovan o desenvolvemento sostible, con visión creativa, emprendedora e comprometida.
Proba escrita
Identificar a contorna específica e xeral dunha determinada empresa. Recoñecer distintas propostas para evitar o impacto negativo das empresas na súa contorna natural, social e cultural. 90
CA2.4 Propoñer ideas e solucións innovadoras e sostibles, avaliando o impacto que poidan xerar no eido persoal e na contorna e aplicando metodoloxías áxiles para a obtención de solucións ás necesidades detectadas con sentido ético e solidario.
Táboa de indicadores
Valorar o impacto da actividade empresarial na súa contorna. Recoñecer a importancia da responsabilidade social corporativa das empresas. 5
CA2.6 Valorar criticamente o problema económico da escaseza de recursos, a necesidade de elixir e a proposta de solucións que supoñan un mellor aproveitamento dos recursos e a reutilización circular das desfeitas xerados que contribúan á sostibilidade do sistema.
Táboa de indicadores
Identificar estratexias de responsabilidade social corporativa en empresas da contorna. 5

4 O mercado.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.5 Afrontar os retos en distintos contextos e situacións, reais ou simuladas, transferindo os coñecementos económicos e financeiros necesarios e sendo consciente da importancia para a persoa emprendedora da capacidade de anticipación aos cambios da contorna.
Proba escrita
Aplicar razoamentos básicos para interpretar problemas económicos provenientes das relacións económicas da súa contorna. 90
CA2.6 Valorar criticamente o problema económico da escaseza de recursos, a necesidade de elixir e a proposta de solucións que supoñan un mellor aproveitamento dos recursos e a reutilización circular das desfeitas xerados que contribúan á sostibilidade do sistema.
Táboa de indicadores
Valorar o papel do mercado na asignación dos recursos. Propoñer solucións para reducir as desigualdades que se poidan xerar e incrementar o benestar. Identificar as características da economía social e solidaria, e a economía circular. 10

5 A organización da empresa.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Constituír equipos de traballo baseados en principios de equidade, coeducación e igualdade entre homes e mulleres, actitude participativa e visualización de metas comúns, utilizando estratexias que faciliten a identificación e a optimización dos recursos humanos necesarios que conduzan á consecución do reto proposto.
Proba escrita
Identificar as funcións da xestión dos recursos humanos. Seleccionar equipos de traballo que conduzan á consecución dos obxectivos propostos. 45
CA3.2 Poñer en práctica habilidades sociais, de comunicación aberta, motivación, liderado e de cooperación en distintos contextos de traballo en equipo, valorando as achegas dos demais nas distintas dinámicas de traballo e respectando as decisións tomadas de forma colectiva
Proba escrita
Identificar e aplicar estratexias de traballo en equipo. Identificar e aplicar distintas técnicas de resolución de conflitos, comunicación e motivación. 45
CA3.3 Planificar e poñer en marcha un proxecto viable que leve á realidade unha solución emprendedora, seleccionando e reunindo os recursos materiais, inmateriais e dixitais máis adecuados ao noso proxecto.
Táboa de indicadores
Identificar os distintos elementos da empresa, e aplicalos a unha empresa en concreto. 10

6 Inversión e financiamento.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.5 Afrontar os retos en distintos contextos e situacións, reais ou simuladas, transferindo os coñecementos económicos e financeiros necesarios e sendo consciente da importancia para a persoa emprendedora da capacidade de anticipación aos cambios da contorna.
Proba escrita
Explicar o papel do sistema financeiro. 45
CA3.3 Planificar e poñer en marcha un proxecto viable que leve á realidade unha solución emprendedora, seleccionando e reunindo os recursos materiais, inmateriais e dixitais máis adecuados ao noso proxecto.
Táboa de indicadores
Aplicar a casos prácticos os coñecementos sobre financiamento e investimento adquiridos. 2
CA3.4 Utilizar con autonomía estratexias de captación e xestión de recursos coñecendo as súas características e aplicándoas ao proceso de conversión das ideas e solucións en accións e planificando con coherencia a súa organización, distribución, uso e optimización.
Proba escrita
Entender as posibilidades de financiamento que existen nos mercados financeiros, valorando os riscos e custos das distintas fontes. 45
CA3.5 Presentar e expoñer, con claridade e coherencia, ideas e solucións creativas, co fin de captar recursos para o financiamento e o mecenado deste.
Táboa de indicadores
Xustificar a elección dunha fonte concreta de financiamento para un caso determinado. 4
CA3.6 Desenvolver unha idea ou unha solución emprendedora vendo a relación entre os coñecementos adquiridos e os recursos necesarios e dispoñibles que permitan o seu desenvolvemento, identificando os máis adecuados en distintos contextos e situacións, reais ou simuladas e aplicando os coñecementos económicos e financeiros necesarios.
Táboa de indicadores
Determinar os investimentos e fontes de financiamento necesarios para o desenvolvemento dunha idea emprendedora. 4

7 O emprendemento.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Adaptarse a contornas complexas e crear un proxecto persoal orixinal e xerador de valor, partindo do autocoñecemento e tomando conciencia de que o proceso emprendedor constitúe unha forma de enriquecemento e crecemento persoal.
Proba escrita
Realizar a análise DAFO propia. Valorar o proceso emprendedor como forma de enriquecemento persoal. 45
CA1.2 Utilizar estratexias de análise razoada das fortalezas e debilidades persoais e da iniciativa e creatividade propia e da dos demais.
Proba escrita
Identificar as fortalezas e debilidades persoais propias e dos demais que se identifican coa iniciativa emprendedora. 45
CA1.3 Xestionar de forma eficaz as emocións e as destrezas persoais, promovendo e desenvolvendo actitudes creativas, asumindo o risco que supón un proxecto innovador e aprendendo dos erros que cometemos.
Táboa de indicadores
Valorar as características propias do emprendedor necesarias para poñer en marcha un proxecto innovador. 4
CA1.4 Pór en práctica as habilidades sociais da persoa emprendedora, de comunicación aberta, motivación, liderado e de cooperación e innovación áxil, tanto de maneira presencial como a distancia, en distintos contextos de traballo en equipo, valorando, respectando e asumindo as achegas dos demais nas distintas dinámicas de traballo en grupo.
Táboa de indicadores
Utilizar habilidades sociais propias da persoa emprendedora tanto no traballo individual como en grupo. 2
CA2.1 Adaptarse a contornas complexas e crear un proxecto persoal orixinal e xerador de valor, partindo da valoración crítica sobre as propias aptitudes e as posibilidades creativas.
Táboa de indicadores
Realizar unha valoración crítica da análise DAFO propia. Identificar as calidades persoais e as destrezas asociadas á iniciativa emprendedora. 2
CA2.2 Xestionar de forma eficaz as emocións e as destrezas persoais promovendo e desenvolvendo actitudes creativas.
Táboa de indicadores
Aplicar estratexias de xestión de emocións. 2

8 A idea de negocio.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.5 Superar os retos propostos a partir de ideas e solucións innovadoras e sostibles, avaliando o seu impacto na sociedade.
Táboa de indicadores
Avaliar o impacto na sociedade de distintas ideas e solucións innovadoras. 5
CA1.6 Construír ideas creativas e sostibles aplicando metodoloxías áxiles que faciliten a superación dos retos expostos con sentido ético e solidario.
Proba escrita
Propoñer ideas creativas que contribúan ao desenvolvemento sostible da súa contorna. 45
CA1.7 Validar as ideas e solucións utilizando estratexias comunicativas áxiles adaptadas a cada situación comunicativa.
Proba escrita
Aplicar estratexias comunicativas áxiles na presentación das ideas propostas. 45
CA1.8 Presentar e expoñer, con claridade e coherencia, as ideas e solucións creativas, adquirindo habilidades e técnicas de expresión oral con apoio audiovisual na posta en común destas.
Táboa de indicadores
Aplicar estratexias de comunicación ás ideas propostas. 5

9 O proxecto emprendedor.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1 Adaptarse a contornas complexas cun proxecto persoal orixinal e xerador de valor, logrando pro-gresivamente o control consciente das emocións.
Táboa de indicadores
Presentar un proxecto emprendedor a partir dunha idea de negocio. 1
CA4.2 Superar os retos propostos a partir de ideas e solucións innovadoras e sostibles, avaliando o seu impacto no eido persoal e na contorna.
Táboa de indicadores
Avaliar o impacto da idea de negocio no eido persoal e na contorna. 1
CA4.3 Poñer en marcha un proxecto viable analizando os recursos materiais, inmateriais e dixitais dispoñibles no proceso de ideación creativa.
Proba escrita
Planificar o proxecto de empresa presentado. 45
CA4.4 Utilizar con autonomía estratexias de captación e de xestión de recursos coñecendo as súas características e aplicándoas ao proceso de conversión das ideas e solucións en accións.
Táboa de indicadores
Manexar estratexias de captación e xestión dos recursos necesarios para a posta en marcha do proxecto presentado. 1
CA4.5 Validar as ideas e as solucións presentadas mediante mensaxes convincentes e adecuadas, co fin de presentar e expoñer, con claridade e coherencia, as ideas e as solucións creativas, mantendo unha comunicación eficaz e respectuosa ao longo de todo o proceso levado a cabo.
Táboa de indicadores
Aplicar ferramentas de comunicación ao proxecto presentado. 1
CA4.6 Desenvolver unha idea ou unha solución emprendedora a partir dos coñecementos, destrezas e actitudes adquiridos desde o ámbito da economía e das finanzas, vendo a relación entre estes e os recursos necesarios e dispoñibles que permitan o seu desenvolvemento.
Táboa de indicadores
Determinar os recursos necesarios para desenvolver o proxecto presentado. 2
CA4.7 Coñecer e comprender con precisión os contidos necesarios do ámbito económico e financeiro aplicándoos con coherencia a situacións, actividades ou proxectos concretos.
Táboa de indicadores
Analizar a viabilidade do proxecto presentado. 2
CA4.8 Afrontar os retos de maneira eficaz, equitativa e sostible, en distintos contextos aplicando os coñecementos económicos e financeiros necesarios.
Táboa de indicadores
Avaliar o impacto na contorna do proxecto presentado en termos de equitatividade e sostibilidade. 2
CA4.9 Utilizar estratexias eficaces de deseño e execución do prototipo final utilizando métodos de traballo áxiles, cooperativos e autónomos, analizando de maneira crítica o proceso de deseño e execución levado a cabo e valorando a súa viabilidade e adecuación empregada na construción deste.
Proba escrita
Realizar un estudo de viabilidade do produto. 45

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


 

A metodoloxía proposta é de ensinanza activa, na que a participación do alumnado é o elemento esencial, procurando a súa formación integral como cidadán. Prestarase atención especial á consecución da súa motivación. Trata de dar unha resposta competencial, pasando da aprendizaxe memorística a aplicar o coñecemento a situacións diversas e cambiantes, cun enfoque interdisciplinar e favorecendo o traballo colaborativo.

 

 

 

No deseño da práctica de ensino e aprendizaxe desta materia consideranse os principios e orientacións pedagóxicas do Decreto 156/2022 polo que se establece a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

 

 

A selección de recursos didácticos e situacións de aprendizaxe realizarase atendendo ás condicións persoais e necesidades específicas do alumnado.

 

 

 

Empregaranse múltiples vías (verbal, auditiva, visual...) na presentación de contidos ao tempo que se promoverá que o alumnado exprese o coñecemento empregando diferentes vías.

 

 

 

Empregaranse recursos tecnolóxicos accesibles para todo o alumnado, comprobando que coñecen e son quen de manexar as ferramentas precisas para realizar as actividades propostas.

 

 

 

Exporanse os obxectivos das tarefas propostas, proporcionando guías de traballo. No estudo de casos, aplicaranse procedementos que permitan verificar os pasos seguidos dende a formulación ata o resultado final.

 

 

 

Fomentarase a análise crítica dos contidos, actividades e tarefas propostas.

 

 

 

Proporanse tarefas, actividades de síntese con traballos individuais ou grupais que permitan relacionar coñecementos. Resulta fundamental promocionar a participación nos programas e plans educativos do centro que faciliten o desenvolvemento das competencias clave e o tratamento dos elementos transversais.

 

 

 

Ao inicio de cada unidade didáctica exporanse os instrumentos de avaliación a aplicar e a súa ponderación.

 

 

 

Deseñaranse e aplicaranse probas e tarefas axustadas ás características do alumnado, actividades de avaliación con diferentes niveis de complexidade, activando diferentes recursos cognitivos.

 

 

 

Avaliación continua nunha ampla variedade de situacións, avaliando tarefas individuais e grupais. Nas tarefas grupais avaliararanse, ademais dos progresos na aprendizaxe, a implicación e aportacións do alumnado participante.

 

 

 

A avaliación, ademais de informar dos erros cometidos e da puntuación acadada, trasladará propostas de mellora. Deseñaranse criterios de avaliación ou rúbricas para autoavaliación ou coavaliación do alumnado.

 

 

 

No caso de ser preciso realizar atención educativa non presencial procederase tal como se expón: 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  • Desenvolvemento das sesións empregando a videoconferencia como ferramenta. Sesións individuais de reforzo ao alumnado que presenta maiores dificultades (desenvoltas en sesións distintas das previstas para a materia nos horarios dos grupos).
  • Foros Aula Virtual: facilitadores da comunicación colectiva.
  • Mensaxería Aula Virtual: facilitadora das comunicacións individuais.
  • Entrega de tarefas Aula Virtual: facilitan o envío dos exercicios propostos.

 

 


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Economía y emprendimiento. Anxo Penalonga Sweers & Abelardo Fdez. Bagüés. Editorial McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 978-84-486-3784-2
Aula virtual do centro en webs dinámicas.
Servizo de videoconferencia: Eduxunta Webex, Falemos Edu.
Biblioteca.
Plans, proxectos e programas de centro.
Aula de informática.
Software específico libre. Paquete openoffice.
Actividades complementarias.

 

Espazo dixital de traballo que permite dispoñer dun espazo web online para organizar os contidos das unidades didácticas, documentos e enlaces a outros recursos dixitais; espazo de intercambio e comunicación entre profesorado e alumnado (foros e mensaxeria), e de avaliación, seguimento e recuperación (realización de tarefas, cuestionarios, probas ensaio ....).

 

 

 

Plataformas de videoconferencia que permiten ao docente interactuar en tempo real co alumnado: compartindo contidos e facilitando a exposición dos mesmos, facendo cuestionarios e exercicios en tempo real e de xeito colaborativo...

 

 

 

Desenvolvemento de actividades de promoción da lectura no ámbito económico.

 

 

 

Desenvolvemento de actividades nos plans, proxectos e programas nos que participa o centro, vinculados aos contidos da materia, fomentando o traballo dos elementos transversais.

 

 

 

O acceso á aula de informática é imprescindible para o desenvolvemento dos contidos.

 

 


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


A avaliación inicial realizarase durante as primeiras sesións do curso co fin de favorecer o coñecemento personalizado do alumnado e da súa situación educativa. Formularase como proba escrita co fin de avaliar os coñecementos previos da materia e o nivel competencial do alumnado. Permitirá axustar o proceso de ensino ás características específicas que presenta cada alumno e alumna.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 11.0 9.0 12.0 12.0 12.0 12.0 9.0 9.0 14.0 100.0
Proba escrita 90.0 90.0 90.0 90.0 90.0 90.0 90.0 90.0 90.0 89.99999999999999
Táboa de indicadores 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0

Cualificación avaliación parcial

Calcularase como media ponderada das cualificacións de cada unidade didáctica determinadas pola aplicación dos instrumentos de avaliación referidos. Proporanse dúas probas parciais escritas (en principio, eliminatorias da materia no caso de terse superadas) por cada trimestre, isto é, cada aproximadamente seis semanas de traballo.

Dado que a nota de cada avaliación é numérica exacta, o redondeo será:

  • Ao enteiro superior máis próximo no caso de que a cifra das décimas sexa igual ou superior a 5.
  • Ao enteiro inferior máis próximo no caso de que a cifra das décimas sexa inferior a 5.

Entenderase superada a avaliación cando o alumnado obteña unha cualificación igual ou superior a 4,5, a consecuencia da aplicación dos criterios anteriores.

 

Cualificación avaliación final

Calcularase como media ponderada das cualificacións das avaliacións parciais sen aplicar o redondeo.

Dado que a cualificación da avaliación final é numérica exacta, o redondeo será:

  • Ao enteiro superior máis próximo no caso de que a cifra das décimas sexa igual ou superior a 5.
  • Ao enteiro inferior máis próximo no caso de que a cifra das décimas sexa inferior a 5.

  A alumna ou alumno terá superada a materia se a súa cualificación final é igual ou superior a 4,5, a consecuencia da aplicación dos criterios anteriores.

 

O alumnado que non supere a ponderación das avaliacións parciais será convocado a unha proba escrita que versará sobre os contidos específicos da avaliación non superada. Ademais, abriranse prazos para que poida entregar as tarefas pendentes, ou repetilas, no caso de ser preciso. A proba escrita terá lugar sempre nas tres primeiras semanas do trimestre seguinte.

A cualificación será o resultado de aplicar os instrumentos de avaliación referidos.

Dado que a cualificación da proba de recuperación  é numérica exacta, aplicarase ao resultado final o redondeo detallado na programación.

Entenderase superada a materia cando a cualficación da avaliación final sexa igual ou superior a 4,5, por aplicación dos criterios de redondeo antes detallados.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Non resulta de aplicación neste curso

5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


 

Son medidas de atención á diversidade as actuacións, estratexias e/ou programas destinados a proporcionar unha resposta axustada ás necesidades educativas do alumnado (Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación e Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011).

 

 

 

De ser preciso, desenvolveranse as seguintes medidas de atención á diversidade:

 

 

 

Ordinarias. Aquelas que faciliten a adecuación do currículo, sen alteración siginificativa dos obxectivos, contidos nin criterios de avaliación, ao contexto do centro e ás características do alumnado. Teñen como finalidade dar resposta ás diferenzas en competencia curricular, motivación, intereses, relación social, estratexias, estilos e ritmos de aprendizaxe, e están destinadas a facilitar a consecución dos obxectivos e competencias establecidas nas diferentes ensinanzas. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  • Adecuación da xestión da aula ás características do alumnado, procurando a participación, o acceso aos recursos, favorecendo a convivencia e aprendizaxe compartida.
  • Adecuación da programación didáctica ao alumnado e circunstancias do seu contorno. Logo de identificadas as barreiras (accesibilidade física, sensorial, cognitiva e emocional) deseñaranse actividades partindo dos principios do deseño universal de aprendizaxe para que as aprendizaxes sexan accesibles.
  • Metodoloxías baseadas no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos, titoría entre iguais, aprendizaxes por proxectos.
  • Adaptación dos tempos, dos instrumentos e dos procedementos de avaliación ás circunstancias do alumnado, tales como, forma de comunicación co alumnado, secuenciación de tarefas, verificación da comprensión das tarefas, dispoñibilidade dos recursos tecnolóxicos, concesión do tempo necesario. Aplicaranse as propostas recollidas nos plans, proxectos, programas, guías e protocolos elaborados pola Consellería.
  • Aulas de atención educativa e convivencia. No caso de ser preciso derivar alumnado, o profesorado proporcionará as tarefas que debe realizar, que serán corrixidas e avaliadas.
  • Reforzo educativo. Posta en práctica de mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten dificultades no progreso do alumnado.
  • Programas de enriquecemento curricular para o alumnado que presenta altas capacidades intelectuais.

 

 

 

Extraordinarias. Aquelas dirixidas a dar resposta ás necesidades educativas do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que poden requirir modificacións significativas do currículo ordinario e/ou supor cambios esenciais no ámbito organizativo, así como, de ser o caso, nos elementos de acceso ao currículo o una modalidade de escolarización. Aplicaranse logo de esgotadas as de carácter ordinario ou por resultaren insuficientes.

 

 

 

O alumnado con necesidade específica de apoio educativo é aquel que require unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentar necesidades educativas especiais, por atraso madurativo, por trastornos do desenvolvemento da linguaxe e da comunicación, por trastornos de atención ou de aprendizaxe, por descoñecemento grave da lengua de aprendizaxe, por se atoparen en situación de vulnerabilidade socioeducativa, polas súas altas capacidades intelectuais, por se teren incorporado tarde ao sistema educativo ou por condición persoais ou de historia escolar.

 

 

 

O alumnado que presenta necesidade educativas especiais é aquel que afronta barreiras que limiten o seu acceso, a súa presenza, a súa participación ou a súa aprendizaxe, derivadas de discapacidade ou de trastornos graves de conduta, da comunicación e da linguaxe, por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, e que require determinados apoios e atención educativas específicas para a consecución dos obxectivos de aprendizaxe adecuados ao seu desenvolvemento.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  • Flexibilización da duración do período de escolarización na etapa da educación secundaria obrigatoria. Dirixida a alumnado con altas capacidades intelectuais ou alumnado con necesidades educativas especiais
  • Atención educativa ao alumnado que, por circunstancias diversas, presenta dificultades para unha asistencia continuada ao centro. 

 

 

 

O docente colaborará co profesorado titor e coa xefatura do departamento de orientación na planificación e desenvolvemento de actuacións destinadas ao axuste dos procesos de ensino e aprendizaxe.

 

 

 

A avaliación inicial permitirá adaptar as ensinanzas ao alumnado e facilitar a debida progresión na súa aprendizaxe.

 

 

 

No proceso de avaliación promoverase o uso de instrumentos de avaliación variados, diversos, flexibles e adaptados ás distintas situacións de aprendizaxe que permitan a valoración obxectiva do alumnado e garantan que as condicións de realización dos procesos asociados á avaliación se adapten ás necesidades do alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

 

 


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
1 Comprensión lectora
2 Expresión oral e escrita
3 Comunicación audiovisual
4 Competencia dixital
5 Emprendemento social e empresarial
6 Fomento do espírito crítico e científico
7 Educación emocional e en valores
8 A igualdade de xénero
9 A creatividade

 

En todo caso, fomentaranse de maneira transversal a igualdade entre mulleres e homes, a educación para a saúde, incluída a afectivo-sexual, a formación estética, a concienciación e formación sobre o cambio climático, a educación para a sustentabilidade e o consumo responsable, o respecto mutuo e a cooperación entre iguais. Promoverase a aprendizaxe da prevención e resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como dos valores quesustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto polos dereitos humanos e o rexeitamento de calquera tipo de violencia, a pluralidade e o respecto polo Estado de dereito.

 

 

 

Evitaranse os comportamentos, estereotipos e contidos sexistas, así como aqueles que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero. Así mesmo, empregarase unha linguaxe libre de prexuízos e estereotipos sexistas e que sexa non sexista, nos termos establecidos legalmente.

 

 

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Visita empresas. Co fin de analizar a toma de decisións dun dos principais axentes económicos.
Participación en concursos e/ou programas de innovación educativa asociado cos contidos da materia. Finanzas para mortais (Plan Eduemprende), i-Comercio (Dirección xeral de Comercio e Consumo), Pon o teu diñeiro a salvo! (AFundación), As túas finanzas o teu futuro (Fundación Junior Achivement).
Charlas formativas a cargo de empresas e/ou institucións. Charlas que pretenden achegar a realidade económica ao alumnado.
Actividades vinculadas cos ODS da Axenda 2030. Participación no programa Galicons-net, Plan Proxecta curso 2022/23.

Non se rexistraron observacións

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Inclúe os elementos curriculares na programación didáctica adaptándoos ás características do alumnado e contexto do centro.
Metodoloxía empregada Elabora as unidades didácticas utilizando como referente a programación didáctica da materia.
Medidas de atención á diversidade Realiza a avaliación inicial co fin de identificar as dificultades do alumnado, así como as súas necesidades de atención educativa.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Presenta e publica a programación didáctica incidindo especialmente na metodoloxía, instrumentos e proceso de avaliación e cualificación.
Metodoloxía empregada Planifica, coa antelación suficiente e tendo en conta a dispoñibilidade do alumnado, o calendario de probas a realizar segundo a tipoloxía.
Medidas de atención á diversidade Ofrece ao alumnado múltiples formas de presentación dos contidos e de acción e expresión.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Emprega as tecnoloxías da información e da comunicación na aula como medio didáctico para desenvolver as tarefas de ensino e aprendizaxe.
Metodoloxía empregada Propón actividades complementarias que contribúan á mellora da aprendizaxe do alumnado.
Metodoloxía empregada Procura a transparencia do proceso de avaliación.
Medidas de atención á diversidade Fomenta e estimula as habilidades de comprensión de lectura e de uso da información, de expresión escrita e en público.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Selecciona e secuencia de forma progresiva os contidos da programación de aula en función das características do grupo.
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais Planifica a actividade educativa coordinada con outras materias.
Metodoloxía empregada Establece criterios e instrumentos de avaliación e autoavaliación que permitan facer o seguimento do progreso do alumnado e comprobar o grao de adquisición de competencias.
Metodoloxía empregada Presenta ao inicio de cada sesión o plan de traballo, sinalando os obxectivos que se pretenden lograr.
Metodoloxía empregada Analiza os resultados da avaliación cos alumnos e alumnas. Informa dos logros acadados e dificultades atopadas, propoñendo estratexias de mellora.
Clima de traballo na aula Recoñece o esforzo do alumnado, non só os resultados.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Relaciona os contidos da materia cos feitos da actualidade.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Organiza actividades complementarias axeitadas que completen a aprendizaxe tendo en conta as inquedanzas do alumnado, na procura de facer atractiva a participación no desenvolvemento das mesmas.
Clima de traballo na aula Fomenta a participación do alumnado no desenvolvemento da materia, promovendo o debate e a análise crítica dos temas propostos.
Clima de traballo na aula Emprega na aula un discurso que estimula e mantén o interese do alumnado polos contidos obxecto de estudo.
Clima de traballo na aula Amosa unha actitude aberta e receptiva e fomenta a interacción co alumnado.
Clima de traballo na aula Xestiona a intelixencia emocional na aula, facilitando a expresión do alumnado, ensinando estratexias comunicativas.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Os mínimos de consecución e os criterios de cualificación e recuperación están claramente definidos.
Medidas de atención á diversidade Establece as medidas de atención á diversidade necesarias para facilitar o acceso ao currículo do alumnado
Metodoloxía empregada Propón ao alumnado a realización de actividades de recuperación e reforzo, de enriquecemento e ampliación, en función das súas necesidades.
Metodoloxía empregada Rexistra e avalía o seguimento da súa propia actuación no desenvolvemento das clases.
Medidas de atención á diversidade Emprega instrumentos de avaliación variados, diversos, flexibles e adaptados ás distintas situacións de aprendizaxe.
Medidas de atención á diversidade Establece as medidas máis adecuadas para que as condicións de realización das avaliacións se adapten ás necesidades do alumnado.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Participa en actividades de formación dirixidas á actualización de coñecementos científico-técnicos, didácticos e/ou psicopedagóxicos.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Emprega os resultados da avaliación para mellorar o proceso de ensino.
Clima de traballo na aula Realiza actividades, traballos e proxectos de investigación e innovación educativa relacionados coa práctica docente.

Tal e como establece a normativa, O profesorado avaliará tanto as aprendizaxes do alumnado como os procesos de ensino e a súa propia práctica docente, para o cal establecerá indicadores de logro nas programacións docentes. Tales indicadores consisten nunha serie de items que permiten reflexionar sobre a actuación co alumnado e os aspectos reflectidos na programación:

  • planificación,
  • motivación do alumnado,
  • desenvolvemento do proceso de ensino,
  • idoneidade dos materiais empregados e das actividades propostas
  • seguimento e avaliación do proceso de ensinanza-aprendizaxe

Valoraranse de 0 a 5.

Obxectivos da avaliación da práctica docente:

  • Axustala ás peculiaridades do grupo e a cada alumno/a.
  • Comparar a planificación curricular coa súa execución. 
  • Favorecer a reflexión individual e colectiva.
  • Mellorar a comunicación e coordinación

8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


 

Ao iniciar o curso revisarase a programación a partir das propostas de mellora recollidas na correspondente memoria do departamento do curso anterior.

 

 

 

A avaliación da presente programación farase a través do seguimento na aplicación Proens ao final de cada unidade didáctica por parte do/a profesor/profesora que imparta a materia a cada grupo e nas reunións mensuais de departamento. O informe de seguimento require indicar o número de sesións empregadas en cada unidade didáctica, grao de cumprimento, propostas de mellora e observacións.

 

 

 

Nas reunións de departamento comprobarase o grao de consecución dos obxectivos programados e as dificultades que se poidan atopar co fin de introducir as modificacións que sexan precisas.

 

 

 

O informe de seguimento facilitará a redacción da Memoria Final.

 

 

 

Ferramentas a empregar para analizar o grao de cumprimento dos indicadores de logro:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  • Diario de aula.
  • Rúbrica de autoavaliación.
  • Estatísticas de resultados.
  • Cuestionarios e enquisas ao alumnado.

 

 


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver