Vista preliminar da
Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.
1. Introdución (Elaborado)
A presente programación didáctica, elaborada para a materia de Formación e Orientación Persoal e Profesional do 4º curso da ESO, ten como referencia o currículo que establece Decreto 156/2022 do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Para a elaboración das unidades didácticas que desenvolverá a programación tívose como referencia un currículo que ten como obxectivo o desenvolvemento das competencias transversais mediante a realización de proxectos significativos para o alumnado e a resolución colaborativa de problemas, reforzando a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade. Con esta materia preténdese que o alumnado se coñeza a si mesmo e sexa consciente da contorna sociocultural en que se atopa, de modo que facilite a súa aprendizaxe ao longo da vida e o seu desempeño académico e profesional.
Outro aspecto que foi tido en conta á hora de deseñar a presente programación foi o centro no que se ía implementar: as características do mesmo, as do seu alumnado e a súa contorna.
Esta programación didáctica está pensada para ser levada á práctica no IES Marco do Camballón de Vila de Cruces.
O IES Marco do Camballón, construído no ano 1998, é un centro educativo situado no Concello de Vila de Cruces, na provincia de Pontevedra.
En canto ao contexto socioeconómico, cabe destacar que Vila de Cruces é un concello rural cunha poboación que ronda as 5.000 persoas. Nos últimos anos, o concello está a sufrir un forte despoboamento debido a factores como o desprazamento da xente nova a espazos urbanos para traballar e vivir ou o saldo vexetativo negativo.
En todo o concello, existen preto de 700 empresas sendo a maioría empresas familiares de pequeno tamaño a excepción da empresa Industrias Guerra S.A. que conta cuns 200 traballadores é resulta un dos principais motores económicos da zona. Dentro do texido empresarial, cabe destacar o importante peso que ten o sector primario xa que case a metade das empresas do concello son explotacións gandeiras de carácter familiar.
O IES Marco do Camballón é un centro de carácter rural cuxo alumnado ronda as 250 persoas repartidas nas seguintes etapas educativas:
-Educación Secundaria Obrigatoria
-Bacharelato
-Formación Profesional Básica de servizos administrativos
-Formación Profesional de Grao medio de soldadura e caldeiraría
-Formación Profesional de grao medio de atención a persoas en situación de dependencia
O grupo seleccionado de 4º ESO, está composto por 18 alumnos e alumnas que elixiron cursar esta materia optativa. Para posibilitar a impartición da mesma foi necesario subdividir o grupo en dous subgrupos.
Todos estes aspectos serán tidos en conta a nivel metodolóxico.
4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)
A metodoloxía didáctica nesta materia debe favorecer a capacidade do alumnado por aprender por se mesmo tendo en conta a diversidade e os diferentes ritmos de aprendizaxe e promover a aprendizaxe en equipo facendo fincapé na relación dos aspectos teóricos da materia coas súas aplicacións prácticas na sociedade. Así mesmo, traballaranse os valores transversais fomentando especialmente a comprensión lectora e a integración e o uso das tecnoloxías da información e da comunicación na aula. A metodoloxía didáctica adaptarase ás características de cada estudante, favorecendo a súa capacidade para aprender por si mesmo e para traballar en equipo. Ademais fomentarase a capacidade de autonomía do alumnado e desenvolver a capacidade de aprender a aprender.
* PRINCIPIOS METODOLÓXICOS
No proceso de ensinanza e aprendizaxe han de asegurar distintos tipos de aprendizaxe:
1º: Aprendizaxe significativa: partindo dos coñecementos previos, as alumnas e os alumnos, han de ser capaces de aprender a aprender, adquirindo unha serie de coñecementos, habilidades e actitudes para poder establecer relacións entre a materia e a súa propia realidade.
2º: Aprendizaxe funcional: os novos contidos deberán ser aplicados en diferentes contextos cando os estudantes o precisen.
3º: Aprendizaxe cooperativa: traballar a materia en grupo, no laboratorio, no desenvolvemento de proxectos de investigación ou mediante debates favorecerá o interese pola mesma e axuda ao estudante no seu perfeccionamento persoal e social.
4º: Aprendizaxe mediante o emprego das TICs: coa utilización de Internet, de vídeos divulgativos e do encerado dixital, que será utilizado como recurso de apoio.
A metodoloxía didáctica adaptarase ás características de cada estudante, favorecendo a súa capacidade para aprender por si mesmo e para traballar en equipo. Ademais fomentarase a capacidade de autonomía do alumnado e desenvolver a capacidade de aprender a aprender.
* TIPOS DE ACTIVIDADES E PROXECTO PERSOAL
Entre as distintas actividades que conformarán o portfolio do alumnado, atoparanse:
- Preparación de entrevistas laborais entre os distintos grupos de alumnado. Simulacro e representación da entrevista. Debate grupal e coavaliación.
- Elaboración dun DAFO e deseño dun perfil persoal / profesional. Actividade relacionada co taller impartido por profesionais do sector da orientación laboral no cal traballarán con ferramentas para elaborar perfís profesionais, CV...
- Realización de diversas tarefas que favorezcan o coñecemento da realidade laboral por parte do alumnado para isto pódense organizar charlas, visitas a empresas, entrevistas a profesionais etc...
* DESENVOLVEMENTO DAS UNIDADES
O fío condutor que se seguirá á hora de desenvolver as distintas unidades didácticas será o seguinte:
a) Introdución á unidade didáctica.
b) Análise dos coñecementos previos dos alumnado.
c) Desenvolvemento da unidade a través de diferentes tarefas e actividades.
d) Resumo e síntese dos contidos da unidade.
* TIPOS DE AGRUPAMENTOS
As diversas formas de agrupamento que se utilizarán, divídense en tres tipos:
- Gran grupo.
- Equipos de traballo cooperativo.
- Traballo individual.
* CONTRIBUCIÓN A PLANS E PROXECTOS
Preténdese realizar unha adecuada contribución ao proxecto de Radio do centro coa realización de diversos podcast sobre a materia.
A materia tamén deberá contribuír a outros plans incluídos no Proxecto Educativo do centro como o Plan de Actividades do Departamento de Orientación, o Plan de Acción Titorial, o Plan de Atención á Diversidade ou o Proxecto Lingüístico de Centro, tendo presente en todo momento a Programación Xeral Anual que se redactou a inicio de curso.
5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)
Ao inicio de curso, nas primeiras sesións, realizarase unha proba inicial baseada en competencias clave. O seu obxectivo é facilitar información sobre distintos aspectos do alumnado, tales como posibles dificultades de aprendizaxe ou capacidades por riba da media do grupo. A dita información servirá para programar as adaptacións precisas, así como para a elaboración das actividades de reforzo e de ampliación no caso de ser necesarias.
Os resultados da dita proba daranse a coñecer durante unha reunión establecida polo centro ao inicio do curso e na que se atopará a totalidade da xunta avaliadora. En función dos resultados obtidos, e sempre coa intervención do departamento de orientación levaranse a cabo as medidas de atención pertinentes.
5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)
5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)
6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)
Para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo serán deseñadas de xeito específico de modo que se facilite o desempeño do seu rol no proxecto. Do mesmo modo, prestaráselle unha maior atención na aula e nas acividades fóra da aula, estando pendentes en todo momento do seu desempeño así como da consecución das súas tarefas individuais. Todo isto sen prexuízo de que a medida que avance o curso poida detectarse a necesidade deste tipo de actividades individualizadas noutros alumnos/as establecéndose, de ser o caso, os necesarios reforzos educativos.
Por outra banda, tamén están previstas actividades de ampliación para aquel alumnado que presente un maior ritmo de aprendizaxe. Tratarase de actividades motivadoras que, en todo caso, vaian máis alá dos xa afianzados mínimos da materia e que supoñan un maior desafío na busca de información, así como a interrelación dos diferentes contidos.
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)
A principal referencia da que se disporá para este procedemento de seguimento e autoavaliación será a temporalización definida ao inicio do curso, debéndose analizar de xeito periódico se o programado se corresponde coas necesidades do alumnado, de modo que o desenvolvemento das unidades didácticas siga o calendario previsto.
O documento elaborado para levar dito seguimento constituirase como un caderno de traballo na aula. Neste caderno do docente, reflectirase o desenvolvemento efectivo das sesións, facendo fincapé no aproveitamento destas e dos recursos dispoñibles.
O propio seguimento da programación será realizado en Proens cando menos, unha vez ao mes, tal e como se reflicte na normtativa, deixando constancia nas actas de reunión de departamento.