Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > A Consellería de Cultura e Educación comeza as obras de reposición do actual patio no verinés CEIP Amaro Refojo

A Consellería de Cultura e Educación comeza as obras de reposición do actual patio no verinés CEIP Amaro Refojo [1]

As obras suporán un investimento de máis de 40.000 euros grazas ao que os nenos e nenas do CEIP Amaro Refojo de Verín contarán o vindeiro curso cun renovado espazo de recreo

Gallego
CEIP Amaro Refojo
CEIP Amaro Refojo

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de comezar as obras de mellora do patio do CEIP Amaro Refojo (Verín), actuación na que se invisten máis de 40.000 euros. O proxecto aborda a reposición da pavimentación dos case 900 metros cadrados cos que conta o centro como espazo para o lecer e actividades complementarias, co fin de que o alumnado conte o vindeiro curso cun novo patio de xogos.

Picarase e levantarase o pavimento actual, executando un novo pavimento consistente en sollado de formigón armado con mallazo e acabado de cor vermella, que finalmente será debidamente marcado e acondicionado con pintura epoxídica con dous completos campos de xogos.

As melloras que se están a realizar no centro veñen a subliñar o compromiso deste departamento coa atención ás necesidades educativas da zona, un firme compromiso que se mantén malia aos actuais tempos de crise económica.

Construcións e melloras [2]
Educación infantil [3]
Educación primaria [4]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [5]
Secretaría Xeral Técnica [6]
Centros [7]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/9845

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/9845
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/240
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/81
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/82
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/5
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros