C1203002: II Encontros de atención a diversidade desde os departamentos de orientación e o equipo de orientación específico [1]
Enviado por pedrolado a Ven, 12/04/2013 - 11:37Summary:
Estas actividades, teñen como principal finalidade a creación dunha rede estable de formación e intercambio de experiencias, recursos e boas prácticas para a mellora da actuación da orientación educativa e profesional.
Contidos:
1.Estratexias de prevención e intervención na atención á diversidade coordinadas entre os Departamentos de Orientación e o Equipo de Orientación Específico nas distintas especialidades.
2.O traballo en rede entre orientadores para consultar dúbidas e compartir materiais, recursos e boas prácticas.
3.Modelos, protocolos, materiais e recursos de atención á diversidade entre os Departamentos de Orientación e o Equipo de Orientación Específico.