12 meses, 12 paisaxes [1]
Enviado por asacido a Ven, 31/08/2012 - 11:21
12 meses 12 paisaxes terá por finalidade un mellor coñecemento da paisaxe próxima ao alumnado. Concienciar sobre a importancia do seu valor natural, cultural, emocional e económico e como ferramenta para conseguir un territorio máis sostible.
Asociaranse os coñecementos curriculares para desenvolver a capacidade de ler e interpretar a paisaxe dende unha mirada interdisciplinar. A partir da formación do profesorado e con obradoiros nos centros, invitarase a desenvolver unha proposta educativa baseada no apadriñamento polo alumnado dunha pequena área na súa comunidade onde poda propor unha mellora paisaxística asumible pola comunidade educativa.
Espérase do alumnado, ademais do vencello dos seus coñecementos curriculares co seu entorno, unha actitude proactiva motivada por valores de respecto do medio ambiente, a convivencia, a identificación cultural, así como o desenvolvemento da súa capacidade para traballar en equipo, aportando iniciativa persoal e aportando propostas positivas para a súa sociedade.
Alumnado ao que vai dirixido: Infantil, primaria, ESO, bacharelato e FP
Temporización: Anual
Número de centros participantes: 40
Criterios de selección:
Terán prioridade os centros:
- Da Comarca Paisaxística do Deza (concellos de Lalín, Rodeiro, Vila de Cruces, Silleda, Dozón e Agolada)
- Cun proxecto de traballo que se axuste mellor ao esquema e aos obxectivos marcados nas liñas mestras da Estratexia da paisaxe galega [11] en materia de formación e sensibilización.
Entidade responsable: Instituto de Estudos do Territorio
Teléfono: 981541026
Correo electrónico: manuelsb@edu.xunta.es [12]
Tema:
Colectivo:
Sección: