Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Alumnos do Instituto Plurilingüe de Valga plantan unha camelia nos xardíns da Xunta en San Caetano

Alumnos do Instituto Plurilingüe de Valga plantan unha camelia nos xardíns da Xunta en San Caetano [1]

Gallego
O conselleiro posando nos xardíns da Consellería cun grupo de alumnos

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañou hoxe a un grupo de alumnos do Instituto IES Plurilingüe de Valga na plantación dunha camelia nos xardíns da sede da Xunta de Galicia en San Caetano. A camelia é unha doazón do centro e os responsables de plantala foron os estudantes de Formación Profesional do ciclo de grao medio en Xardinaría e floraría do centro valgués.

 

O conselleiro agradeceu ao instituto o agasallo e convidou aos alumnos a manter viva a tradición que vencella moi estreitamente o concello de Valga coa camelia. Non en balde, este concello pontevedrés acolle cada ano unha mostra dedicada a esta flor que é unha cita obrigada para os afeccionados e vai xa pola súa décimo sétima edición.

 

Información xeral [2]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [3]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/46109

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/46109
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/123
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206