L2401044 Formación para profesorado en chinés. Nivel A1.2 [1]
Enviado por portalcfrlugo a Xov, 09/01/2025 - 12:43A globalización chega ao CFR de Lugo da man da actividade L2401044 Formación para profesorado en chinés. Nivel A1.2. 60 horas presenciais que permiten adquirir un nivel básico neste idioma universal. A actividade desenvolverase do 20 de xaneiro de 2025 ata o 19 de maio deste mesmo ano na EOI de Lugo. As sesións terán lugar os luns e os mércores de 18:00 horas a 20:00 horas. Para acceder á formación debe poder acreditarse o nivel A1.1 en chinés. Xa podes anotarte nesta actividade a través de FProfe! A que estás agardando?
OBXECTIVOS
1. Comprender e producir textos orais de nivel de lingua A1.2.
2. Comprender e producir textos escritos de nivel de lingua A1.2.
3. Adquirir coñecementos iniciais sobre a cultura chinesa.
CONTIDOS
1. Contidos socioculturais e sociolingüísticos propios do nivel A1.2 (fórmulas de cortesía, relacións sociais, etc.).
2. Contidos estratéxicos, funcionais e discursivos propios do nivel A1.2 (felicitar, pedir e dar información sobre datos persoais, datas, etc.).
3. Contidos sintácticos e léxicos propios do nivel A1.2 (ampliación información persoal básica, actividades, etc.).
4. Contidos fonético-fonolóxicos e ortotipográficos propios do nivel A1.2 (fonemas, tons, pinyin, trazos, etc.).
