Do 11 ao 14 de abril vanse desenvolver na Coruña a Mostra do Ensino Galicia 2012 e o Congreso Formación e competencias na nova sociedade, con actividades relacionadas coa orientación e a atención á diversidade [1]
Enviado por administrador a Ven, 23/03/2012 - 18:51Do 11 ao 14 de abril vaise desenvolver a Mostra do Ensino Galicia 2012, e coincidindo con esta terá lugar o congreso Formación e competencias na nova sociedade, e gustaríanos contar coa presenza dos profesionais da orientación e da atención á diversidade.
A Mostra vai dirixida á comunidade educativa en xeral, e especialmente ao alumnado de 4º de ESO, PCPI, 2º de bacharelato e de ciclos formativos, así como a familias, sectores produtivos e sociedade en xeral e concretamente relacionado coa temática de orientación e atención á diversidade perséguese:
- A difusión das posibilidades do Sistema Educativo galego: a orientación ao alumnado e a sociedade sobre as oportunidades de promoción, a oferta formativa, a aprendizaxe e formación permanente e/ou as posibilidades de inserción laboral.
- A información dos diferentes programas e colaboracións con distintas institucións.
- O destaque da importancia da cultura do emprendemento do noso alumnado así como o coñecemento das demandas laborais dos sectores produtivos de Galicia.
- A resposta ás familias e ás ANPA sobre as posibilidades educativas e formativas dos seus fillos/as.
Destacar na Mostra do Ensino a existencia de varios pavillóns relacionados coa orientación e coa atención á diversidade, como son:
- Pavillón de orientación educativa e profesional e atención á diversidade (V.02)
- Pavillón de acreditacións profesionais (A.29)
- Pavillón eduemprende (A.35)
- Aula de emprendemento (A.34). Ver programa de actividades desta aula:actividades da Mostra [2] ou actividades da aula de empredemento [3].
Máis información da Mostra: http://www.mostradoensino.es/ [4]
Paralelo á Mostra, desenvólvese o Congreso de “Formación e competencias na nova sociedade” no que cabe destacar, en relación coa temática de orientación e atención á diversidade:
Actividades do día 11. Formación Profesional.- Diferentes actividades dirixidas ao profesorado e relacionadas coa orientación educativa e profesional.
Actividades do día 14. Diversidade e familia.- Xornada de portas abertas, dirixida a sociedade en xeral (alumnado, profesorado, familias, outros colectivos) na que se desenvolverán dúas Mesas redondas:
- Convivencia, un labor de todos.
- Diversidade nas aulas: a inclusión como oportunidade para o sistema educativo.
Máis información do Congreso: http://www.mostradoensino.es/congreso.htm [5]