Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos Innova-Lab

Convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos Innova-Lab [1]

Enviado por administrador a Mar, 15/10/2024 - 19:39
i [2]
Gallego

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a Resolución do 15 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establecen as bases para a convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos Innova-Lab dirixido aos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2024/25.

Esta resolución vén publicada ao abeiro do Plan MEGA e está dirixida aos centros educativos públicos de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Neste programa ofértanse 4 modalidades relacionadas coa innovación educativa:

1. Mat-Lab: o centro educativo como promotor do razoamento científico e do uso das novas tecnoloxías, con especial fincapé na competencia matemática

2. Leo-Lab: o centro educativo como promotor da mellora da comprensión lectora da comunidade escolar

3. Inter-Lab: o centro educativo como promotor da competencia en comunicación lingüística, da competencia plurilingüe e da internacionalización do seu alumnado

4. Sosti-Lab: o centro educativo comprometido cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

O prazo de solicitudes estará aberto dende o día seguinte á publicación desta resolución no portal educativo ata o día 13 de novembro, ámbolos dous incluídos.

 

Acceso á aplicación [3]

 

File: 

PDF icon Resolución do 15 de outubro de 2024: Convocatoria [4]
PDF icon Resolución provisional [5]
PDF icon Resolución definitiva [6]
Programas e plans [7]
Ensinanzas de réxime xeral [8]
Educación de persoas adultas [9]
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa [10]
Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa [11]
Servizo de Innovación e Programas Educativos [12]
Profesorado [13]
Centros [14]
Boletín [15]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/44716

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/44716
[2] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/programa_innovacion.jpg
[3] http://www.edu.xunta.gal/programaseducativos
[4] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/convocatoria_innova-lab_2024-25_definitiva.pdf
[5] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_provisional_innova-lab_24-25.pdf
[6] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_definitiva_innova-lab_24-25_asinada.pdf
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/133
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/218
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/112
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/2075
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/43
[12] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/1800
[13] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[14] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros
[15] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613