Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > L2401038 Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel C1

L2401038 Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel C1 [1]

Enviado por portalcfrlugo a Lun, 16/09/2024 - 18:13
60 horas presenciais na EOI Ribadeo
A actividade terá lugar durante os martes do presente curso
Gallego

Seguimos apostando forte polas Linguas neste inicio de curso. Presentamos unha nova actividade de Inglés para a zona da Mariña, concretamente en Ribadeo: L2401038 Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel C1. A mesma terá lugar na Aula 3D da EOI Ribadeo durante a meirande parte dos martes do curso académico, ata completar 60 horas de formación. O horario será de 20:00 horas a 22:00 horas e para participar resulta imprescindible ter acreditado o nivel anterior no idioma (B2).

 

OBXECTIVOS
1. Utilizar o idioma con fluidez e naturalidade, tanto na linguaxe oral coma na escrita, adaptándose con facilidade a unha gama extensa de situacións e rexistros.
2. Comprender e producir textos complexos sobre temas xerais, da súa especialidade e/ou dos ámbitos académico e profesional, cun bo dominio dun repertorio amplo de recursos lingüísticos.
3. Contextualizar as interrelacións entre a lingua e as distintas áreas que se imparten no centro, facendo fincapé nos temas, textos, competencia profesional, situacións aspectos socioculturais e léxico.

 

CONTIDOS
1. A comunicación: idiomas e sociedade.
2. As relacións persoais, a cultura, a economía, o mundo natural,...
3. As relacións sociais, académicas e profesionais.
4. Recursos idiomáticos: usos idiomáticos frecuentes.
5. Énfase na autonomía da aprendizaxe e a autoavaliación.
6. Utilización das TIC.

ingles
CFR Lugo [2]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/44380

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/44380
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/728