Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Relación provisional de persoas admitidas e excluídas, de puntuacións provisorias e de adxudicación provisional correspondente ao concurso específico de méritos de prazas sometidas a convenio ou a programas específicos

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas, de puntuacións provisorias e de adxudicación provisional correspondente ao concurso específico de méritos de prazas sometidas a convenio ou a programas específicos [1]

Enviado por administrador a Xov, 04/07/2024 - 12:43
Gallego

Xúntase a Resolución do 4 de xullo de 2024 da Comisión de Selección pola que se aproban e se fan públicas a relación provisional de persoas admitidas e excluídas, as puntuacións provisorias e a adxudicación provisional correspondente ao concurso específico de méritos para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería, convocado mediante a Orde do 21 de maio de 2024 (DOG n.º 106, do 3 de xuño)

O persoal concursante poderá presentar reclamación á resolución provisional ou renuncia á participación obrigatoriamente por medios electrónicos mediante os trámites activados para estes efectos no procedemento normalizado ED013C no prazo comprendido entre o día 5 de xullo ata o 11 de xullo de 2024, ambos incluídos.

  • Para formular reclamacións deberá elixir o trámite “Alegacións” da solicitude de participación ED013C presentada na sede electrónica (lembre: o trámite debe realizarse na última solicitude presentada en sede electrónica neste procedemento).

Unha vez cuberto, debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa reclamación premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a reclamación como o recibo de presentación desta.

  • Para formular renuncia deberá elixir o trámite “Renuncia” da solicitude de participación ED013C presentada na sede electrónica (lembre: o trámite debe realizarse na última solicitude presentada en sede electrónica neste procedemento).

Unha vez cuberto, debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa renuncia premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa renuncia estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a renuncia como o recibo de presentación desta.

 

Información relacionada

Anuncio principal: 

Convocado concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes non universitarios para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería (ED013C) [2]
Comisións de servizo [3]
Ensinanzas de réxime xeral [4]
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos [5]
Profesorado [6]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/43782

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/43782
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/43381
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/194
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/218
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/9
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado