Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Axudas a concellos para a redución do abandono escolar para o ano 2012

Axudas a concellos para a redución do abandono escolar para o ano 2012 [1]

Enviado por administrador a Mar, 06/03/2012 - 11:35
Gallego

Xúntase a  Orde do 1 de marzo de 2012 pola que se establecen as bases e se convocan, en réxime de concorrencia competitiva, subvencións para o desenvolvemento de programas dirixidos á redución do abandono escolar, nos concellos de Galicia para o ano 2012.

Para tentar axilizar o proceso informático, os concellos interesados en participar desta convocatoria deben ter en conta o seguinte:

Se a persoa que vai ser responsable da tramitación destas axudas por parte do concello solicitante xa dispón dunha conta concelloXXX@edu.xunta.es [2]  coa que o concello xa tramitou as axudas de apertura de centros fóra do horario lectivo o ano  pasado (acace 2011), recibirá nos vindeiros días unha comunicación no seu correo electrónico de contacto con instrucións de reactivación da conta.

Se a persoa responsable da tramitación das axudas por parte do concello solicitante non dispón de conta no dominio edu.xunta.es, requisito establecido na convocatoria, deberá:

Enviar por fax ao número 981546550 un escrito dirixido a: "Dirección Xeral de Educación, F.P. e Innovación educativa. Servizo de Ordenación, Innovación e Orientación Educativa",  no que conste o nomeamento da persoa responsable para realizar os trámites necesarios para participar na convocatoria de subvencións a concellos para o desenvolvemento de programas dirixidos á redución do abandono escolar (Orde do 1 de marzo de 2012).

No escrito deberán constar os seguintes datos:

-Nome e apelidos da persoa responsable, DNI e conta de correo electrónico de contacto (na que recibirán as claves).

-Nome e CIF do concello.

Para máis información pode dirixirse a:

  • Asesoría de Programas Educativos
  • 881 997 096

File: 

PDF icon Orde do 1 de marzo de 2012 (DOG) [3]
PDF icon Anexo I [4]
PDF icon Resolución da convocatoria (DOG) [5]
PDF icon Corrección de erros da resolución da convocatotia (DOG) [6]
Axudas e premios [7]
Ensinanzas de réxime xeral [8]
Entidades autonómicas [9]
Profesorado [10]
Centros [11]
Boletín [12]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/4250

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/4250
[2] mailto:concelloXXX@edu.xunta.es
[3] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2012/03/06/20120313_reduccion_abandono_concello_subvencion.pdf
[4] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2012/03/06/2_anexo_formateado_ed533a_g.pdf
[5] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2012/03/06/20120711_abandonos_concellos_subvencion.pdf
[6] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2012/03/06/correccion_erros_abandono.pdf
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/117
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/218
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/404
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros
[12] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613