L2302005 Fomento das destrezas orais en linguas estranxeiras [1]
Enviado por portalcfrlugo a Lun, 26/02/2024 - 16:48Este mércores 28 de febreiro iniciamos unha nova actividade de Idiomas no CFR de Lugo. L2302005 - Fomento das destrezas orais en linguas estranxeiras contará con 12 horas presenciais para mellorar a capacidade comunicativa dos nosos docentes. Cristina Cabal e Paula Gómez serán as mestras de cerimonias dunha actividade que terá as dúas últimas sesións na vindeira semana, os próximos venres 8 e sábado 9 de marzo.
Obxectivos
1. Desenvolver a competencia comunicativa do profesorado e a súa autonomía investigadora.
2. Enriquecer as boas prácticas educativas con distintos recursos analóxicos e dixitais.
3. Actualizar a formación metodolóxica do profesorado a través da súa lingua de aula: alemán, francés, inglés, italiano e portugués.
Contidos
1. Análise de temáticas transversais e relevantes para o proceso de ensino-aprendizaxe.
2. Recursos para a mellora das prácticas educativas.
3. Estratexias para o desenvolvemento das destrezas de expresión e mediación orais en alemán, francés, inglés, italiano e portugués.
