Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Resolución provisional de adxudicación e de persoas excluídas do concurso de traslados entre persoal funcionario docente non universitario

Resolución provisional de adxudicación e de persoas excluídas do concurso de traslados entre persoal funcionario docente non universitario [1]

Enviado por administrador a Xov, 15/02/2024 - 08:30
Gallego

Xúntase a Resolución do 14 de febreiro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (código de procedemento ED012A).

O persoal concursante poderá presentar reclamación á resolución provisional ou renuncia á participación obrigatoriamente por medios electrónicos mediante os trámites activados para estes efectos na Carpeta cidadá no prazo comprendido entre o día 16 de febreiro ata o 29 de febreiro de 2024, ambos incluídos.

  • Para formular RECLAMACIÓNS deberá proceder do seguinte xeito:

a) para reclamar ao baremo provisional

Nota: Cómpre revisar previamente as puntuacións outorgadas que se refliten na lapela de baremo da súa solicitude presentada no enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/cxt/ [2]

1.-Unha vez feita esta comprobación, acceder a www.edu.xunta.gal/cxt [3]

2.-Na opción Participación do menú poderá ver a súa solicitude validada, prema na ligazón "Reclamar baremo" da columna Prazo reclamación resolución provisional e abrirase unha nova xanela.

3.-Nesta nova xanela poderá redactar en cada un dos apartados as súas reclamacións.

4.-Cando remate as reclamacións prema no botón "gardar" e a continuación no botón "volver".

5.- Na ligazón PDF Reclamacións da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar e descargar o informe coa reclamación no buzón de informes.

6.-Unha vez descargado e gardado o informe pdf de reclamación, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/ [4]) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) do ano 2023 e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Alegacións”.

7.-Cubra o formulario de “Alegacións” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debe subir o documento pdf de Reclamacións xerado na aplicación do concurso que previamente descargou e gardou.

8.- Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa reclamación premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a reclamación como o recibo de presentación desta.

 

b) para reclamar á exclusión provisional

Deberá reclamar accedendo directamente á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/ [4]), localizando o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) do ano 2023, premer no botón “Acción” para elixir a opción “Alegacións” de conformidade cos pasos descritos no punto anterior.

  • Para formular RENUNCIA deberá proceder do seguinte xeito:

1.-Acceder a www.edu.xunta.gal/cxt [3]

2.-Opción "Participación" do menú, na parte inferior da páxina está a opción de Renuncia ao concurso.

3.-Marcar o recadro Renuncia ao concurso no corpo de participación e premer no botón "Renunciar".

4.-Descargar o documento PDF que está ao lado do recadro que acaba de marcar.

5.-Unha vez descargado e gardado o informe pdf de renuncia, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/ [4]) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) do ano 2023 e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Renuncia”.

6.-Cubra o formulario de “Renuncia” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debe subir o documento pdf de Renuncia xerado na aplicación do concurso que previamente descargou e gardou.

7.- Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa renuncia premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa renuncia estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a renuncia como o recibo de presentación desta.

 

Información relacionada

Anuncio principal: 

Concurso xeral de traslados dos corpos de persoal docente non universitario dependente da Consellería competente en materia de educación 2023 [5]

Servizo relacionado: 

CXT [6]
Concurso de traslados [7]
Ensinanzas de réxime xeral [8]
Ensinanzas de réxime especial [9]
Educación de persoas adultas [10]
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos [11]
Subdirección Xeral de Recursos Humanos [12]
Profesorado [13]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42387

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42387
[2] https://www.edu.xunta.gal/cxt/
[3] http://www.edu.xunta.gal/cxt
[4] http://sede.xunta.gal/
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/cxt2023
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/1771
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/195
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/218
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/109
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/112
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/9
[12] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/49
[13] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado