L2301014 - Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel C1 [1]
Enviado por portalcfrlugo a Xov, 23/11/2023 - 13:11Un ano máis volvemos cos famosos cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC) en Lingua Inglesa. Desde o 1 de febreiro de 2024 ata o vindeiro 16 de maio do citado ano, a EOI de Lugo acollerá a actividade L2301014 - Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel C1. 60 horas de duración en modalidade semipresencial, coa profesora María del Rosario Carrecedo. Aínda quedan prazas libres para esta actividade e a inscrición pecharase o vindeiro 30 de novembro.
Obxectivos
1. Utilizar o idioma con fluidez e naturalidade, tanto na linguaxe oral coma na escrita, adaptándose con facilidade a unha gama extensa de situacións e rexistros.
2. Comprender e producir textos complexos sobre temas xerais, da súa especialidade e/ou dos ámbitos académico e profesional, cun bo dominio dun repertorio amplo de recursos lingüísticos.
3. Contextualizar as interrelacións entre a lingua e as distintas áreas que se imparten no centro, facendo fincapé nos temas, textos, competencia profesional, situacións e aspectos socioculturais e léxico.
Observacións
Esta formación levarase a cabo de maneira semipresencial. As clases presenciais serán os xoves de 18:00 horas a 20:00 horas.
Contidos
1. A comunicación: idiomas e sociedade.
2. As relacións persoais, a cultura, a economía, o mundo natural,...
3. As relacións sociais, académicas e profesionais.
4. Recursos idiomáticos: usos idiomáticos frecuentes.
5. Énfase na autonomía da aprendizaxe e a autoavaliación.
6. Utilización das TIC.
