Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > L2301025 - Metodoloxías innovadoras e inclusivas para unha aprendizaxe activa en educación infantil e primaria

L2301025 - Metodoloxías innovadoras e inclusivas para unha aprendizaxe activa en educación infantil e primaria [1]

Enviado por portalcfrlugo a Mér, 08/11/2023 - 11:43
Un curso de 20 horas no CFR de Monforte de Lemos.
Terá lugar os luns e os mércores neste mes de novembro
Gallego

O vindeiro luns 13 de novembro iniciaremos a actividade L2301025 - Metodoloxías innovadoras e inclusivas para unha aprendizaxe activa en educación infantil e primaria. Un curso de 20 horas de duración que se celebrará no CFR de Monforte de Lemos. Desde o nomeado luns 13 ata o día 29, terás unha cita os luns e mércores na cidade do Cabe. Un agradable rato para abordar as diferentes e modernas metodoloxías que non deixan a ninguén atrás na aula.

 

Obxectivos

1. Identificar estratexias de xestión da aprendizaxe na aula e instrumentos de avaliación das metodoloxías activas.

2. Fomentar a inclusión do alumnado a través do emprego das metodoloxías activas.

3. Deseñar unha proposta didáctica innovadora con metodoloxías activas, para fomentar o desenvolvemento competencial e a creatividade.

 

Contidos

1. Reflexión sobre a necesidade de innovar metodoloxicamente na práctica docente tendo en conta as achegas da neurociencia.

2. Formación do profesorado nas metodoloxías activas para fomentar a innovación e a inclusión na práctica docente a través do traballo colaborativo, da docencia compartida e da figura do alumno/a-titor/a.

3. Planificación e deseño dunha proposta didáctica innovadora e inclusiva na que estean presentes o traballo colaborativo, a docencia compartida e a figura do alumno/a-titor/a.

4 .Instrumentos e procedementos de avaliación aplicados ás metodoloxías activas.

5. Posta en común, retroalimentación e avaliación da proposta didáctica.

metodoloxias
CFR Lugo [2]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/41536

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/41536
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/728