Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > L2301037 - Xestión do benestar do alumnado

L2301037 - Xestión do benestar do alumnado [1]

Enviado por portalcfrlugo a Mér, 13/09/2023 - 10:58
20 horas (5 delas non presenciais) coa relatora Yolanda Fernández López.
Tes ata o 15 de setembro para inscribirte en FProfe
Gallego

A entrada da educación emocional nas aulas da mans de docentes competentes na materia contribúe ao coidado intrapersoal e interpersoal e á mellora do clima de convivencia nos centros educativos. Esta actividade, L2301037 - Xestión do benestar do alumnado, pretende servir para formar ao profesorado na adquisición de estratexias e dinámicas dirixidas ao coidado das persoas e das relacións. Tes ata o 15 de setembro para inscribirte en FProfe.

Datas: 18 e 25 de outubro e 8, 15 e 22 de novembro (16:15 a 19:15 horas). Ademais haberá 5 horas non presenciais para a elaboración de tarefas.

Lugar de celebración: IES Perdouro de Burela, centro colaborador do CFR de Lugo-Burela.

Relatora: Yolanda Fernández López (IES Perdouro de Burela).

 

Obxectivos

1.Coñecer o marco teórico da intelixencia emocional para favorecer a xestión do benestar.

2.Adquirir mecanismos prácticos de detección e intervención de problemas emocionais e desenvolver actuacións de aula e centro para a prevención e detección de problemas socioemocionais no alumnado.

3.Implementar na aula actividades de benestar emocional.

 

Contidos

1.Marco teórico da intelixencia emocional. O desenvolvemento das competencias emocionais.

2.Mecanismos prácticos de prevención e detección de problemáticas de tipo emocional no alumnado. Factores de protección e indicadores de risco.

3.Estratexias e pautas de intervención ante situacións de risco.

benestar
CFR Lugo [2]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/40913

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/40913
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/728