Publicación das datas, horas e lugares en que se fará a presentación das persoas opositoras e a primeira parte da proba dos procesos selectivos no concurso-oposición para ingreso a corpos docentes, convocados pola Orde do 5 de decembro 2022 [1]
Enviado por administrador a Ven, 09/06/2023 - 08:01Xúntase a Resolución do 8 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as resolucións dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de ingreso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 5 de decembro 2022 (anunciada por Resolución do 12 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no DOG do 22 de decembro) polas que se anuncian as datas, as horas e os lugares en que se fará a presentación das persoas aspirantes e a primeira parte da proba (proba A) e, se é o caso, o exercicio práctico B.2.