Relación definitiva de persoas que se exclúen das listas definitivas de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de ingreso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da FP, EOI... [1]
Enviado por administrador a Mar, 06/06/2023 - 15:38Xúntase a Resolución do 6 de xuño de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se exclúen das listas definitivas de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de ingreso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres (código de procedemento ED001A), convocados mediante a Orde do 5 de decembro de 2022 e anunciada mediante Resolución do 12 de decembro de 2022 (DOG n.º 242, do 22 de decembro) ás persoas que acceden ao corpo por concurso de méritos.
- O prazo de interposición do recurso potestativo de reposición contra esta resolución é dun (1) mes, contado dende o día seguinte ao desta publicación.
O dito recurso deberá formularse por medios electrónicos, na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal [2]), mediante o trámite de Recurso de Reposición activado para estes efectos no procedemento normalizado ED001A utilizando a última solicitude presentada na sede co código de procedemento ED001A.