Un total de 1.200 alumnos desde 6º de Primaria a 4º de ESO poderán mellorar as súas competencias en inglés na ‘Digitalweek’ o vindeiro outono [1]
As estadías organizadas pola Xunta desenvolveranse nun centro residencial en Galicia en quendas dunha semana de duración
Cada centro poderá participar cun máximo de 25 alumnos do mesmo nivel educativo
A actividade é totalmente gratuíta para as familias
Un total de 1.200 alumnos desde 6º de Primaria a 4º de ESO poderán mellorar a súas competencias en inglés o vindeiro outono participando na iniciativa Digitalweek organizada pola Xunta de Galicia. O Portal Educativo [2] publica a convocatoria deste programa de estadías lingüísticas, que se desenvolverá durante o primeiro trimestre do curso escolar 2023/24 nun centro residencial situado en Galicia en quendas dunha semana (desde o domingo pola tarde ata o sábado seguinte pola mañá).
O obxectivo é a práctica do idioma e a súa utilización en diferentes contextos para mellorar a comunicación oral a través de actividades dixitais, co apoio de profesorado nativo en lingua inglesa.
Así mesmo, o alumnado participante contará con actividades formativas non só académicas, senón tamén que fomenten a actividade física, a socialización e o coñecemento cultural e tecnolóxico cunha metodoloxía adecuada á súa etapa educativa. A metodoloxía será activa, lúdica e cooperativa, incidindo na educación en valores democráticos e nos aspectos relacionados coa sustentabilidade e coñecemento da contorna.
De balde para as familias
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 25 de xuño e os centros interesados realizarana a través da aplicación de Programa Educativos [3]. Cada centro poderá solicitar participar cun máximo de 25 alumnos do mesmo nivel educativo. O grupo irá acompañado dun docente cun coñecemento da lingua inglesa acorde e responsabilizarase da adecuada participación do seu grupo.
A actividade, á que a Consellería destina unha inversión de 597.00€ e que é totalmente de balde para as familias, organizarase nas seguintes quendas:
QUENDA |
DATAS |
CURSO |
ALUMNADO |
|
|
1ª quenda |
1 – 7 outubro |
6º de Primaria |
125 |
|
|
2ª quenda |
8 – 14 outubro |
6º de Primaria |
125 |
|
|
3ª quenda |
15 – 21 outubro |
6º de Primaria |
125 |
|
|
4ª quenda |
22 - 28 outubro |
6º de Primaria |
125 |
|
|
5ª quenda |
29 outubro – 4 novembro |
1º de ESO |
125 |
|
|
6ª quenda |
5 – 11 novembro |
1º de ESO |
125 |
|
|
7ª quenda |
12 – 18 novembro |
2º de ESO |
125 |
|
|
8ª quenda |
19 – 25 novembro |
3º de ESO |
125 |
|
|
9ª quenda |
26 novembro – 2 decembro |
4º de ESO |
100 |
|
|
10ª quenda |
10 – 16 decembro |
4º de ESO |
100 |
|
|
TOTAL ALUMNADO |
1.200 |
Esta acción enmárcase tanto na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2030 (Edulingüe), como na Estratexia Galega de Educación Dixital 2030 (Edudixital), dado que a aprendizaxe do alumnado realizarase a través de actividades do ámbito dixital.