Publicación no DOG da resolución definitiva de adxudicación e de persoas excluídas do concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos e PES, PT, EOI, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de FP... [1]
Enviado por administrador a Lun, 08/05/2023 - 10:14No DOG n.º 87 do 8 de maio de 2023 publicouse a Resolución do 26 de abril de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (código de procedemento ED012A).
O persoal interesado poderá presentar recurso de reposición contra a citada resolución obrigatoriamente por medios electrónicos no prazo comprendido entre o día 9 de maio ata o 8 de xuño de 2023, ambos incluídos, do seguinte xeito
a) Persoal concursante do ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia:
Aquelas persoas que presentaron na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal [2]) unha solicitude de participación no procedemento ED012A, para formular o dito recurso deberán acceder ao dito procedemento e seleccionar o trámite "recurso de reposición".
b) Persoal concursante do ámbito de xestión doutras comunidades autónomas:
Para aquelas persoas que participaron dende outra comunidade autónoma e solicitaron destinos nesta comunidade autónoma, para formular o dito recurso deberán acceder a dita sede electrónica (https://sede.xunta.gal [2]), a través do procedemento PR004A (premer aquí [3]) e no dito formulario da solicitude debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:
-No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO RELACIONADO: Recurso de reposición contra a resolución do 26 de abril de 2023. (secundaria e outros)
-No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.